View
224
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Ciencia Divertida
Citation preview
SEN SOPRAR
Materiais:1 botellaVinagre
BicarbonatoGlobos
Procedemento:Enchemos un terzo da botella con
vinagre. Despoisenchemos a metade do globo con
bicarbonato.A continuación axustamos a
boquilla do globo á dabotella. E finalmente poñemos
vertical o globo edeixamos caer o bicarbonato.
SEN SOPLARExplicación:
Cando o bicarbonato entra en contacto co vinagre prodúcese unha reacción química. O bicarbonato de sodio ao entrar en contacto co
ácido acético que contén o vinagre inicia unha reacción algo parecida a unha reorganización das súas moléculas. Desta reorganización resultan tres materiais novos. O vinagre e o bicarbonato transfórmanse en auga, sal
que queda diluído no anterior e o dióxido de carbono. Este é o que nos interesa, pois ao ser un gas tende a expandirse intentando escapar pola boquilla da botella. Ao colocar o globo estámoslle entorpecendo a saída e facemos que se acumule dentro do inchándoo pouco a pouco.
FLOTA OU AFÚNDESE?
Materiais:3 vasos grandes
1 ovo auga Sal
Procedemento:
Enchemos dous vasos con auga, e a continuación engadímoslle a un deles sal pouco a pouco e removémolo ben.Coloca o ovo no vaso que ten só auga: irase ao fondo.Colócao agora no vaso no que disolviches o sal: observarás como queda flotando.Pon o ovo e auga ata que o cubra e un pouco máis, no terceiro vaso. Engade auga con sal, da que xa tes, e beiras como de novo flota pero se nese momento de novo lle engadimos un pouco de auga sen sal, observarás que se afunde. E así sucesivamente.
FLOTA OU AFÚNDESE?
Explicación:
Sobre o ovo actúan dúas forzas, o seu peso (a forza con que o atrae a Terra) e o pulo (a forza que fai cara a arriba a auga). Se o peso é maior que o pulo, o ovo afúndese. No caso contrario flota e se son iguais, queda entre dúas augas. O pulo que sofre un corpo nun líquido, depende de tres factores:A densidade do líquidoO volume do corpo que se encontra mergulladoA gravidadeAo engadir sal á auga, conseguimos un líquido máis denso que a auga pura, o que fai que o pulo que sofre o ovo sexa maior e supere o peso do ovo: o ovo flota. Así tamén se pode explicar o feito de que sexa máis doado flotar na auga do mar que na auga de ríos e piscinas.
A PELOTA QUE LEVITA
Materiais:
Unha pelota pequena.Un secador
Procedemento:
Se acendemos o secador e deixamos a pelota na parte central da corrente de aire, vemos que permanece en repouso sen caer.Ao inclinar un pouco o secador vemos que a pelota non cae.Se achegamos o secador coa boliña a unha parede, vemos que a boliña ascende máis.
A PELOTA QUE LEVITA
Explicación:
• A corrente de aire ascendente que sae do secador xera unha presión e unha forza que compensa o peso da boliña. É o Principio de Bernouilli :
• A velocidade do aire que sae do secador é maior na parte central e menor nos bordos. As rexións onde o aire se move con maior velocidade son de baixa presión e as rexións onde o aire se move con menor velocidade son de alta presión.
• Cando a pelotiña desprazase lixeiramente da parte central da corrente xérase unha diferenza de presión (e unha forza neta) que empurra a pelotiña de regreso ao centro da corrente.
LÍQUIDO OU SÓLIDO?
Materiais:MaicenaAuga
Procedemento:
Neste experimento queremos demostrar a forma na que inflúe a superficie ao exercer presión nun corpo, xa que se se premía con toda a man non se afundiría, non obstante se o facemos cun só dedo, isto si acontece.
LÍQUIDO OU SÓLIDO?
Explicación:A mestura de maicena e auga forma o que se coñece como un "fluído non newtoniano": a súa viscosidade varía en función de que se axite ou de que permaneza en repouso.
VELOCES BOTES DE FÓSFORO
Materiais:- auga- 1 cunca - xabón líquida- fósforos de madeira Procedemento:
Enchemos un recipiente con auga e coloca algúns fósforos na auga.Botamos unha pequena cantidade de xabón líquida no centro da cunca de auga e observa aos fósforos saír disparado a través da superficie da auga como poderosos barcos.
VELOCES BOTES DE FÓSFORO
Explicación:
Isto débese a que a xabón emite unha capa oleosa que se apresura ao exterior, o que rompe a tensión superficial da auga e impulsa os fósforos.
BURATO NA AUGA
Materiais:• Pos de talco• Xabón• Auga• 1 recipiente
Procedemento:
Botamos auga nun recipiente, que posteriormente cubriremos de pos de talco. Se metemos un dedo, veremos que o burato feito non se manterá, non obstante se enxaboamos o dedo vemos que si.
BURATO NA AUGA
Explicación:
Se enxaboamos o dedo e o volvemos meter non se pecha porque o xabón rompe a tensión superficial da auga.
AS TRES CAPAS FLOTANTES
Materiais: Aceite Auga Mel 1 cortiza 1 moeda 1 cereixa 1 botella longa e transparente
Procedimiento:• Enche un terzo da botella con mel.• Enche o outro terzo da botella con aceite.• O terzo restante éncheo con auga.• Espera a que os tres líquidos se asenten.• Por último deixa caer dentro da botella a cortiza, a moeda e a cereixa.
Explicación:
Cada un dos elementos (cortiza, moeda e cereixa) queda flotando nun dos fluídos (auga, mel e aceite). Cada liquido e elemento ten unha densidade distinta á dos outros e por iso é que quedan flotando en capas separadas de acordo á súa densidade. Os elementos e líquidos de maior densidade encontraranse ao fondo da botella, mentres os menos densos na parte de arriba.
AS TRES CAPAS FLOTANTES
GLOBO RESISTENTE
Materiais:
• Un chisqueiro.
• Unha vela.
• Un par de globos.
• Auga.
•Procedemento:
•Enchemos dous globos, un con aire e outro con auga.
•Acendemos a vela co chisqueiro.
•Se achegamos o globo cheo de aire á chama explota inmediatamente.
•Se achegamos o globo cheo de auga á chama vemos que non explota.
GLOBO RESISTENTE
• Ao achegar o globo cheo de auga á chama sobe a temperatura do globo e da auga.Pero ao chegar a 100º C a auga absorbe moita enerxía (necesaria para o cambio de estado) e non deixa que a temperatura suba, impedindo que o globo se quente e explote.
GLOBO QUE NON ROMPE
Materiais:
– Globo
– Obxecto punzante.
Procedemento:
Atravesamos o globo co obxecto punzante.
Explicación
Non explota porque temos picando nunha parte do globo menos expandida e aguanta a presión do imperdible.
O LIMÓN FROTA
• Materiais:• 2 limóns• 1 pelador• 1 recipiente• Auga
Procedemento:
Poñemos un limón en auga e observamos como navega contento pola superficie. Entón é máis lixeiro que a auga.Se mondamos un limón, cun pelapatacas, e o botamos outra vez na auga, veremos como se afunde.
O LIMÓN FROTA
Explicación:
Ao mondalo, quitámoslle o seu chaleco salvavidas, xa que a súa pel está chea de miles de diminutas burbullas de aire. Se lla quitas, a polpa que queda é máis densa que a auga.
CIENCIA DO SOPRIDO
• Materiais:
• 1 boca dunha botella
• 1 pelota de ping-ponProcedemento:
• Colocamos a pelota dentro da botella e logo sopramos e a continuación vemos como a pelota sobe.
• Explicación:
Se o aire aumenta a súa velocidade, a presión baixa tanto que o aire próximo corre a encher o oco. Cando sopras cara a abaixo, o aire trata desesperadamente de subir polo envase. A pelota está na traxectoria do aire, polo que se ve impulsada cara a arriba, aínda que sopres con todas as túas forzas.
CIENCIA DO SOPRIDO
ARDE O AZUCRE?
Materiais:
• Dous terróns de azucre.
• Un chisqueiro.
• Cinza.
Procedemento:Se aproximamos unha chama a un terrón de azucre vemos que non arde.Tóstase e fóndese formando caramelo.Se impregnamos o terrón de azucre en cinza e achegamos a chama, vemos que o azucre comeza a arder.
Explicación:
• A cinza actúa como un CATALIZADOR que acelera a reacción de combustión.
ARDE O AZUCRE?
CORTIZA MÁXICA Materiais:
1 botella de cristal1 cortiza1 bolsa de plástico
Procedemento:
Metemos a cortiza dentro da botella, para iso necesitaremos algo resistente. Logo metemos unha bolsa, volteamos a botella de tal forma que a cortiza quede entre unha das súas paredes e a bolsa. Inchamos a bolsa e tiramos polas asas.
CORTIZA MÁXICA
• Explicación:
Ao inflar a bolsa dentro da botella substituímos o aire no seu interior polo aire que se encontra dentro da bolsa, cando tiramos fortemente da bolsa provocamos un efecto de succión que forma un valeiro(redución da presión) que provoca a saída da cortiza, coma se fose absorbido.
MOCO-LOCO
Materiais:
BoraxCola
Tempera2 vasosAuga
Procedemento:
Prepárase unha disolución de bórax. Para iso temos que poñer unhas culleradas de bórax nun vaso cheo de auga ata a metade. Asegurándonos de poñer bórax abondo para que aínda que mesturemos ben sempre quede un pouco de bórax no fondo, sen disolver.A continuación poñeremos no outro vaso a cantidade de cola que vexamos conveniente engadímoslle auga e mesturámolo todo moi ben.
Finalmente engadiremos a solución de bórax ( tan só o líquido, non o bórax que quedo no fondo) á cola, revólvese todo devagar e..¡xa temos o noso moco-tolo!.
MOCO-LOCO
Explicación:A cola de pegar, como todas as substancias coñecidas do Universo, está composta de partecitas incriblemente pequenas: as moléculas. Do mesmo modo que a area está composta de moitos granitos de area. As moléculas de cola de pegar son longas e flexibles, coma se fosen cadeas de ganchiños clip como a da figura. O bórax fai que as moléculas de cola de pegar se entrelacen unhas con outras, formando redes. Pero, por que a consistencia de moco? Aínda que sexa pegañenta, a cola de pegar é líquida e flúe nas túas mans, por iso é difícil agarrala. No moco, en cambio, as moléculas están entrelazadas formando redes. Por iso, se tiramos da punta dunha das redes, todo o resto móvese tamén. Iso é o que lle dá ao moco a súa consistencia elástica. Canto máis entrelazadas estean as moléculas de cola de pegar, máis dura poñerase a mestura. Por iso, canto máis bórax agregues á mestura, máis duro vólvese o teu moco. Pero se lle engades demasiado pouco, non alcanza para que adquira unha consistencia elástica.
O FUME SOBE OU BAIXA? Materiais:
Unha botella.Un chisqueiro.Papel.
Procedemento:En primeiro lugar facemos un par de buratos na botella de plástico, un na parte superior e outro preto da base da botella. Logo collemos a folla papel e recortamos un rectángulo de 10 x 15cm. Enrolamos o papel para obter un pequeno cilindro duns 15 cmde lonxitude. Por último introdúcese o tubiño de papel polo burato superior da botella. Ao acender o tubiño de papel cun misto fórmase unha pequena chama e obsérvase que polo outro extremo do tubiño sae unha columna de fume moi denso que cae dentro da botella. No exterior apenas hai fume. Se tapamos o burato inferior cun dedo apágase o tubiño de papel e non sae fume.
O FUME SOBE OU BAIXA?
Explicación:• Ao queimar o tubiño parte do papel despréndese en
forma de partículas que, xunto cos gases que se forman na combustión e o aire forman o fume. En circunstancias normais, o fume ascende arrastrado polo aire quente da combustión (correntes de convección)
• No noso experimento, o fume que se produce na parte interior do tubiño viaxa ao longo del. No interior da botella non hai aire quente, de maneira que cando o fume sae polo extremo inferior do tubiño non se producen correntes ascendentes de convección e o fume (máis denso que o aire) se precipita ao fondo da botella.
A MOEDASALTARINA
Materiais:• Unha botella.• Unha moeda.• Un conxelador.
Procedemento:
Colocamos unha botella baleira e destapada no conxeladorPasados 30 min. Sacamos a botella do conxelador.Inmediatamente poñemos na boca da botella unha moeda que previamente teremos molladoObservamos que a moeda dá saltitos.
Explicación:• Ao sacar a botella do conxelador o aire
atrapado nela quéntase.• Debido a iso aumenta a presión interna e
o aire intenta escapar polo burato da botella.
• Pasados uns minutos, ao diminuír a diferenza da presión diminúe a frecuencia dos saltiños.
A MOEDASALTARINA
1+1=2 ??
Materiais:
• 1 l de auga.
• Alcohol.
• Dúas cubetas.
Procedemento:
Se mesturamos dous volumes iguais de auga o resultado é o esperado:1+1=2Pero se mesturamos volumes iguais de auga e alcohol o volume resultante é menor que a suma dos dous volumes. 1+1< 2
1+1=2 ??
Explicación:
Ao mesturar auga e alcohol prodúcese
unha unión entre as moléculas (ponte
de hidróxeno) que produce a
diminución de volume.
OXIDACIÓN DA FROITA Materiais:
• Unha mazá.
• Un plástico.
• Un limón.
• Xeo.
Procedemento:
•No prato número un colocamos un dos anacos de mazá.•Envolvemos co plástico outro anaco de mazá e colocámolo no prato número dous.•No prato número tres poñemos outro anaco de mazá e engadimos un pouco de xugo de limón.•Por último, no prato número catro poñemos o último anaco de mazá e cubrímolo con xeo.
OXIDACIÓN DA FROITA
Procedemento:
• Transcorridos uns 30 minutos vemos o estado en que se encontran os anacos de mazá:
- O anaco de mazá número un escurécese. - No anaco número dous o cambio de cor é menor.- Nos outros anacos de mazá non se aprecia cambio de cor.
Explicación:
• A oxidación é unha reacción química que se produce na froita ao reaccionar co osíxeno do aire. No noso experimento apréciase doadamente pola coloración escura que adquire a superficie da mazá.
• A oxidación da froita pode atrasarse por refrixeración ou envolvéndoa cun plástico para que o osixeno non entre en contacto coa froita.
• Outra opción para atrasar a oxidación é engadir un pouco de xugo de limón á froita. O xugo de limón contén vitamina C (ácido ascórbico) que actúa como antioxidante.
• É por isto que en moitos restaurantes as ensaladas de froita levan un pouco de zume de limón que mantén os anacos de froitas coa súa cor orixinal.
OXIDACIÓN DA FROITA