2
CONVIVENCIA ESCOLAR É importante saber, que tanto os pais e nais como os profesores/as teñen unha responsabilidade no proceso educativo do alumno/a. A asistencia diaria a clase é obrigatoria e necesaria. Os alumnos/as teñen que chegar puntuais cada día. As faltas de asistencia deben ser xustificadas por escrito ó titor/a polo pai, nai ou titor/a legal do alumno/a. Na medida en que sexa posible, evitarase faltar as clases cando haxa exames, entrega de traballos,… para non alterar a actividade avaliadora. O alumnado só poderá abandonar o centro en horario escolar co permiso da Dirección, cunha previa autorización escrita dos pais ou titores legais e sempre que saian acompañados dun adulto autorizado. Asegúrense de que o seu fillo/a teña, o antes posible, os libros e o material escolar solicitado. O alumno/a deberá traer o material necesario para cada área:libros, cadernos, roupa e calzado para E. Física,… Inculquen ós seus fillos/as a importancia de coidar a súa escola e o material que a diario utilizan. Polo seu ben e polo respecto ós demais, deberán saber que todo isto sae do esforzo de todos, incluído o de vostedes. Os libros gratuitos que se lle entreguen ó alumnado ó inicio do curso deberán ser devoltos ó finalizar en perfectas condicións de uso. Non se pode empregar o teléfono móbil no horario da clase. A nosa escola é un centro aberto e comunicativo. Calquera dúbida ou problema relacionado coa educación do seu fillo/a deberá ser tratado aquí no centro, falando co seu profesor/a titor/a. A BIBLIOTECA ESCOLAR Os alumnos/as poderán facer uso da biblioteca escolar os mércores de 16:00 a 17:40. Para iso deberá anotarse previamente na lista que está na entrada da biblioteca. Alí terán tamén ordenadores a súa disposición para a realización de traballos ou actividades de carácter académico. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Ó longo do curso organizaranse saídas de interese cultural para os/as alumnos/as. Non se lle permitirá a asistencia a estas actividades ó alumnado que non teña un comportamento axeitado nas aulas ou que non amose interese polo estudo. Sempre que se faga unha unha saída didáctica os/as alumnos/as deberán entregar ó seu/súa titor/a ou profesor/a encargado da actividade a autorización para realizala asinada polo pai, nai ou titor/a legal. MATERIAS PENDENTES Os alumnos/as deben aprobar, con carácter prioritario, as áreas pendentes, xa que rematado o curso se terán en conta todas as materias non aprobadas á hora de decidir a promoción ó seguinte curso e a titulación. Aqueles alumnos/as con materias pendentes de anos anteriores deberanse comunicar cos profesores/as para informarse dos traballos e/ou exames que terán que realizar para poder aprobalas. NON DUBIDEN EN ACUDIR A NÓS SEMPRE QUE O CONSIDEREN NECESARIO. INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS Trimestralmente, coincidindo coas avaliacións, enviarase ás familias información sobre o proceso de aprendizaxe de cada alumno/a a través do boletín informativo coas cualificacións. Dito boletín deberá ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal e devolto ó centro para verificar a súa entrega. Para evitar calquera incidencia que afecte á seguridade do alumnado e ó bo funcionamento das clases, terase en conta o seguinte: a) Os pais e nais non poderán acceder ás aulas, corredores, etc., sen a debida autorización, pola seguridade dos nenos/as e o correcto desenvolvemento das clases. b) Sempre que sexa posible eviten entrar cos vehículos no recinto escolar para garantir a seguridade dos alumnos/as, c) Non se pode fumar dentro do recinto escolar. d) A hixiene e vestimenta axeitada debe ser coidada con todo esmero pola familia para inculcar uns bos hábitos ós/ás vosos/as fillos/as. e) Os problemas de disciplina serán correxidos conforme á lei e as normas de convivencia establecidas para o noso centro. Os pais/nais serán informados cando haxa acumulación de partes de incidencias. CONSERVE ESTE IMPRESO, XA QUE A INFORMACIÓN QUE NEL FIGURA É VÁLIDA PARA TODO O CURSO ESCOLAR.

CIRCULAR PRINCIPIO DE CURSO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Triptico secundaria 2010/2011

Citation preview

CONVIVENCIA ESCOLAR

É importante saber, que tanto os pais e nais como os

profesores/as teñen unha responsabilidade no

proceso educativo do alumno/a.

A asistencia diaria a clase é obrigatoria e

necesaria.

Os alumnos/as teñen que chegar puntuais cada día.

As faltas de asistencia deben ser xustificadas por

escrito ó titor/a polo pai, nai ou titor/a legal do

alumno/a. Na medida en que sexa posible, evitarase

faltar as clases cando haxa exames, entrega de

traballos,… para non alterar a actividade avaliadora.

O alumnado só poderá abandonar o centro en

horario escolar co permiso da Dirección, cunha previa

autorización escrita dos pais ou titores legais e

sempre que saian acompañados dun adulto autorizado.

Asegúrense de que o seu fillo/a teña, o antes

posible, os libros e o material escolar solicitado. O

alumno/a deberá traer o material necesario para cada

área:libros, cadernos, roupa e calzado para E. Física,…

Inculquen ós seus fillos/as a importancia de coidar a

súa escola e o material que a diario utilizan. Polo seu

ben e polo respecto ós demais, deberán saber que

todo isto sae do esforzo de todos, incluído o de

vostedes.

Os libros gratuitos que se lle entreguen ó alumnado

ó inicio do curso deberán ser devoltos ó finalizar en

perfectas condicións de uso.

Non se pode empregar o teléfono móbil no horario

da clase.

A nosa escola é un centro aberto e comunicativo.

Calquera dúbida ou problema relacionado coa

educación do seu fillo/a deberá ser tratado aquí no

centro, falando co seu profesor/a titor/a.

A BIBLIOTECA ESCOLAR

Os alumnos/as poderán facer uso da biblioteca

escolar os mércores de 16:00 a 17:40. Para iso deberá

anotarse previamente na lista que está na entrada da

biblioteca.

Alí terán tamén ordenadores a súa disposición para a

realización de traballos ou actividades de carácter

académico.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Ó longo do curso organizaranse saídas de interese

cultural para os/as alumnos/as. Non se lle permitirá a

asistencia a estas actividades ó alumnado que non

teña un comportamento axeitado nas aulas ou que non

amose interese polo estudo.

Sempre que se faga unha unha saída didáctica os/as

alumnos/as deberán entregar ó seu/súa titor/a ou

profesor/a encargado da actividade a autorización

para realizala asinada polo pai, nai ou titor/a legal.

MATERIAS PENDENTES

Os alumnos/as deben aprobar, con carácter

prioritario, as áreas pendentes, xa que rematado o

curso se terán en conta todas as materias non

aprobadas á hora de decidir a promoción ó seguinte

curso e a titulación.

Aqueles alumnos/as con materias pendentes de anos

anteriores deberanse comunicar cos profesores/as

para informarse dos traballos e/ou exames que terán

que realizar para poder aprobalas.

NON DUBIDEN EN ACUDIR A NÓS SEMPRE

QUE O CONSIDEREN NECESARIO.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Trimestralmente, coincidindo coas avaliacións,

enviarase ás familias información sobre o proceso de

aprendizaxe de cada alumno/a a través do boletín

informativo coas cualificacións. Dito boletín deberá

ser asinado polo pai, nai ou titor/a legal e devolto ó

centro para verificar a súa entrega.

Para evitar calquera incidencia que afecte á

seguridade do alumnado e ó bo funcionamento das

clases, terase en conta o seguinte:

a) Os pais e nais non poderán acceder ás aulas,

corredores, etc., sen a debida autorización,

pola seguridade dos nenos/as e o correcto

desenvolvemento das clases.

b) Sempre que sexa posible eviten entrar cos

vehículos no recinto escolar para garantir a

seguridade dos alumnos/as,

c) Non se pode fumar dentro do recinto

escolar.

d) A hixiene e vestimenta axeitada debe ser

coidada con todo esmero pola familia para

inculcar uns bos hábitos ós/ás vosos/as

fillos/as.

e) Os problemas de disciplina serán correxidos

conforme á lei e as normas de convivencia

establecidas para o noso centro. Os pais/nais

serán informados cando haxa acumulación de

partes de incidencias.

CONSERVE ESTE IMPRESO, XA QUE A

INFORMACIÓN QUE NEL FIGURA É

VÁLIDA PARA TODO O CURSO ESCOLAR.

EQUIPO DIRECTIVO

Director: Pedro Martín Méndez

Xefa de Estudos: Beatriz Martínez García

Secretario: Rafael Redondo Monroy

EQUIPO EDUCATIVO DE SECUNDARIA

DEPARTAMENTO DE CIENCIAS

Isabel Razquín Lizarraga

María González Villardefrancos

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Vicente Fontenla Piñón

Eva Mª López Pérez

DEPARTAMENTO DE E. PLÁSTICA E VISUAL

Alfonso loureiro Arias

DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

Olga de Larriva Pereira

DEPARTAMENTO DE FRANCÉS

Pilar Lozano Bernal

DEPARTAMENTO DE HISTORIA

Mª Jesús Vidal Alves

Mª Carmen Pena Souto

DEPARTAMENTO DE INGLÉS

Fátima Miragaya de los Reyes

Beatriz Martínez García

DEPARTAMENTO DE L. GALEGA

Elisa Roca Rodríguez

Aurora Carballada Gómez

DEPARTAMENTO DE L. CASTELÁ

Natalia Pardavila Pazos

Rosa Obelleiro Piñón

DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS

Pedro Martín Méndez

José Luis Vidal Souto

DEPARTAMENTO DE MÚSICA

Sonia Rodríguez Area

DEPARTAMENTO DE RELIXIÓN

José Ramón Fernández Feijoo

DEPARTAMENTO DE TECNOLOXÍA

Ana Tilve Costas

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Cristina González Piñeiro ( Orientadora )

Rafael Redondo Monroy ( Pedag. Terapeútica )

P.C.P.I.

Mª Isabel Otero Gago

VACACIÓNS E DÍAS NON LECTIVOS

Comezo das clases: O día 17 de setembro

Martes 12 de outubro: Festivo

Luns 1 de novembro: Festivo

Xoves 11 de novembro: Festividade de San Martiño

6, 7 e 8 de decembro: Festivos e día do ensino

marcado pola Consellería.

Vacacións de Nadal: dende o 23 de decembro ata o

7 de xaneiro, ambos os dous inclusive.

Entroido: 7, 8 e 9 de marzo

Semana Santa: do 18 ata o 25 de abril inclusive.

16 e 17 de maio: Letras Galegas

Remate das clases: O día 23 de xuño

HORA DE ATENCIÓN A PAIS E NAIS

O titor/a ________________________________

de ___________ estará ó seu dispor para atendelos

ós _____________ de __________ a _________,

Para poder ofrecerlles unha información máis

completa, deberán avisar previamente para que o

titor/a poida recoller tamén a información necesaria

dos especialistas que lle dan clase ó seu/súa fillo/a.

CENTRO PÚBLICO

INTEGRADO

DO TOURAL

Direc.: Toural nº 34 36141

Vilaboa, Pontevedra

Teléfono / fax: 986 70 83 41

Páx.web:

centros.edu.xunta.es/cpidotoural

Curso 2010 - 2011