15
Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio Galego –– Xuño 2008 Comprensión de lectura Apelidos e nome da persoa candidata: ......................................................................................... XUÑO 2008 Galego Proba de certificación de nivel intermedio Comprensión de lectura Puntuación e duración: NON ESCRIBA Espazo para a corrección Tarefa 1 Aprox. 15 minutos 9 puntos Tarefa 2 Aprox. 10 minutos 8 puntos Tarefa 3 Aprox. 25 minutos 8 puntos TOTAL máx. 50 MINUTOS TOTAL 25 PUNTOS ....... /25 Materiais ou instrumentos que se poden empregar durante a proba: Bolígrafo de tinta negra ou azul. Advertencias para o alumnado: Os tempos son orientativos e non haberá pausa ningunha entre as distintas tarefas. Os teléfonos móbiles deben permanecer apagados durante a proba. Non se avaliará ningunha tarefa escrita a lapis ou emendada con líquidos ou cintas correctoras. Anularanse as respostas nas que se marque máis dunha opción, sempre que non se indique con suficiente claridade que se trata dun erro. En caso de erro, as persoas candidatas marcarán a nova resposta cun X rodeado dun círculo X Anularanse as respostas que non sexan claras e/ou lexibles e que non estean dentro dos espazos habilitados para tal fin.

CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego –– Xuño 2008 Comprensión de lectura

Apelidos e nome da persoa candidata:

.........................................................................................

XUÑO 2008

Galego Proba de certificación de nivel intermedio

Comprensión de lectura

Puntuación e duración:

NON ESCRIBA Espazo para a

corrección Tarefa 1 Aprox. 15 minutos 9 puntos Tarefa 2 Aprox. 10 minutos 8 puntos

Tarefa 3 Aprox. 25 minutos 8 puntos

TOTAL

máx. 50 MINUTOS TOTAL

25 PUNTOS ....... /25

Materiais ou instrumentos que se poden empregar dur ante a proba: • Bolígrafo de tinta negra ou azul.

Advertencias para o alumnado:

• Os tempos son orientativos e non haberá pausa ningunha entre as distintas tarefas. • Os teléfonos móbiles deben permanecer apagados durante a proba. • Non se avaliará ningunha tarefa escrita a lapis ou emendada con líquidos ou cintas

correctoras. • Anularanse as respostas nas que se marque máis dunha opción, sempre que non se

indique con suficiente claridade que se trata dun erro. En caso de erro, as persoas candidatas marcarán a nova resposta cun X rodeado dun círculo X

• Anularanse as respostas que non sexan claras e/ou lexibles e que non estean dentro dos espazos habilitados para tal fin.

Page 2: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego- Xuño 2008 Comp rensión de lectura

Páxina 2

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio- Comprensión de lectura Tarefa 1

CONTEXTO: En palabras de Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura da Xunta de Galicia: “Os/as galegos/as temos identidade propia como país, conformada pola nosa historia, a nosa lingua e as nosas particularidades nunha Europa que precisa facerse forma coa suma dos seus pobos”. Nunha entrevista que lle realizou hai pouco a revista GPS á conselleira sobre cal considera que debe ser o decálogo do/a bo/a galego/a, estas foron as súas respostas.

TAREFA : Asocie cada resposta co titular correspondente, segundo o exemplo A-10. Teña en conta que hai dous titulares máis ca respostas.

BORRADOR R E S P O S T A S

A - 10 A. Ante os ventos máis adversos somos sempre os que non nos deixamos vencer. Se fai falla emprendemos novos camiños.

B - B. Cando miras os ollos dun/ha galego/a, ves tras deles ese pensamento complexo, esa forma de analizar especial que fai que a resposta sexa sempre inesperada e profunda. Algúns “non nos entenden, non”.

C - C. Este recurso, tan dificilmente definible, non é máis ca unha forma diferente de mirar o mundo e a vida, medio de esguello, medio relativizándoo todo. Probablemente é un dos nosos principais recursos vitais, e non sabemos canto do que hoxe somos se debe a esa fortaleza que temos.

D - D. O galego é máis ca a nosa lingua, é a nosa forma de interpretar o mundo e de sentir. Hai palabras que só poden ser nosas porque expresan un sentimento propio que nos galegos se torna case unha sensación física. A nosa relación coa terra, as nosas perdas, todos eses sentires teñen verbas propias que o galego, ás veces, só pode explicar botando a man ao corazón.

E - E. Os oficios máis arriscados, unha historia de emprendedores/as... déronlles aos/ás galegos/as ese merecido recoñecemento. Nunca o perderemos porque sabemos enfrontar o mundo de cara máis ca ninguén.

F - F. Porfiamos ata o final, espertos, veloces, retándonos sen perder nunca a nosa posición e empregando no noso favor os argumentos do contrario.

G - G. Sen decatarnos, a historia converteunos nun misterioso estoxo de coñecemento. Somos fillos/as dunha cultura milenaria, nos nosos cerebros vai acumulándose a sabedoría de tantos e de tantas, e en nós está representada esa rica mestura dos pobos de Europa. A nosa cultura e a intelixencia da nosa xente é a nosa mellor contribución.

H - H. Só hai que limar un pouco e sae á luz o noso orgullo de ser. Coma cando, na miña adolescencia, un grupo de profesores/as novos/as do instituto Agra do Orzán, nos fixo comprender a aqueles/as adolescentes do barrio que podiamos facer todo o que nos propuxésemos. É unha lección que debemos aprender sempre.

I - I. Somos fillos do mundo que percorremos obrigados desde hai tempo. Sabemos de discriminación e logramos que a nosa xente nova sexa tolerante e solidaria, aprendemos deles.

L - L. Somos país, somos nación. Recoñecémonos na diferenza, levamos a nosa identidade durante moito tempo coma un estigma, é tempo de levala con moito orgullo, temos razóns abondosas para facelo.

Fonte: GPS – Galicia por seccións www.canalgps.es (Adaptación)

Page 3: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego- Xuño 2008 Comp rensión de lectura

Páxina 3

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio –Comprensión de lectura Tarefa 1

CUESTIONARIO

TITULARES.......................................... ..................................................................... 1. Autoestima 2. Autoodio 3. Coñecemento 4. Fala 5. Identidade 6. Idiosincrasia

7. Inconformismo 8. Reflexión 9. Retranca 10. Tenacidade 11. Tolerancia 12. Valor

Resposta Titular NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

A. 10 √

B.

C.

D.

E.

F.

G.

H.

I.

L.

PUNTOS: /9

Page 4: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego- Xuño 2008 Comp rensión de lectura

Páxina 4

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio -Comprensión de lectura Tarefa 1

SOLUCIONARIO

Resposta Titular NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

A. 10 √

B. 8

C. 9

D. 4

E. 12

F. 7

G. 3

H. 1

I. 11

L. 5

PUNTOS: /9

Page 5: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 5

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio - Comprensión de lectura Tarefa 2

DOCUMENTO 1

CONTEXTO:

O movemento feminista que apareceu no século pasado deu os seus froitos en diferentes ámbitos da sociedade. Con todo, estes avances cómpre que teñan continuidade ata acadar a plena igualdade. No seguinte artigo,Yolanda Castaño fai unha reflexión sobre a evolución deste movemento.

TAREFA: Tendo en conta a información do texto seguinte, o/a candidato/a marcará cun X a resposta correcta na casa correspondente. En caso de erro, marcará a nova resposta cun X rodeado por un círculo X A última columna da dereita servirá para contar as respostas correctas marcadas con √

Vive la femme !

Hoxe síntome reivindicativa e penso empregar esta pequena grande tribuna para a miña persoal alegación feminista. (Aviso!, por se alguén se quere retirar da lectura a tempo; que non hai como ollos que non vexan para que o

corazón non sinta). Iso si, a miña vivencia e crenza feminista pódese considerar moi persoal (no pasado, algunha vez tense dubidado do meu feminismo porque se me daba por depilar as axilas ou porque teño escrito algún libro enchoupado de desexo, mesmo de desexo por un home!). O meu feminismo actual, coma o de moitas e

varios, afástase daquelas agresivas versións tan programáticas dos setenta, felizmente superadas pero necesarias no seu tempo: superadas precisamente porque puideron selo.

En liñas xerais, o que penso é que, se ben nos últimos decenios houbo significativos avances no plan lexislativo, social, etc., en definitiva: nos papeis, o reto que encara o novo feminismo é, sen dúbida, “o que non está escrito”.

As lentas e fondas conquistas teñen que vir agora nas cabezas, nos comportamentos básicos, nas conciencias. Hai quen asina as cotas de igualdade e logo na casa confunde a parenta co servizo. Non sempre as leis seguen os movementos sociais, ás veces é xusto ao revés.

Porque, por exemplo, en materia laboral estanse facendo logros por que cada vez

Page 6: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 6

sexa menos doado atopar unha que cobre menos ca un, ou promover as contratacións femininas e todo iso... Agora ben, o que eu teño visto por todas as partes é: un home merece o posto que ocupa ata que non se demostre o contrario, mentres que, unha muller non merece o posto que ocupa ata que ela non deixe a pel en demostrar o oposto: “Temos xefe novo! –Ah! “Temos unha nova xefa” –E logo como chegaría aí?”.

Ás “tipas” xúlganas máis, máis intensa, máis estritamente e desde máis puntos de vista. Temos que chegar, a poder ser, antes da hora, marchar de últimas, facelo todo perfecto, non queixarnos de nada, ser supersimpáticas con todas e sobre todo con todos, doces e encantadoras e, por riba, estar sempre estupendas. O físico é un dos aspectos que, para nós, está permanentemente no punto de mira.

“Que queres que che diga? A Maricarme esa, a pobre, traballar traballa, pero ten un cu de cesto....!” “Pois a señora directora será moi señora directora, agora ben, dígoche a ti que ten tanto sexapil coma un

sacho”. Sempre hai un comentario directo cara á pinta da individua en cuestión, xa sexa actriz (profesión na que a pinta si semella xogar algún papel) ou conselleira (ocupación na que, que eu saiba, non). En cambio eu tiven xefes que se parecían a Jude Law en que tamén tiñan dous brazos e dúas pernas (se é que aquilo eran pernas) e alí non soou un reproche por parte de ninguén, nin escrito na porta do lavabo!. Eles poden parecer preñados de oito meses e de xemelgos e alí ninguén abre a boca.

Eles non están gordos coma teixugos: locen un aspecto moi baril. En definitiva, que se despide dun xeito socialmente diferente o último cabelo nunha caluga masculina ca a última turxencia dun peito de muller. Con todo, o efecto contrario tamén nos ameaza: unha rapaza riquiña queda ben en calquera recanto... menos nun oficio supostamente intelectual!. Aí levanta

suspicacias, desconfianzas e

descréditos (“Que vai ser escritora esa... con ese escote!). En definitiva, que en calquera caso, a imaxe debería ser un capricho extra, un luxo prescindible, un plus que non contase... pero igual para todos e todas.

Fonte: Revista GPS (Adaptación) Fotografía: Femme à la fleur de Picasso

Page 7: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 7

DOCUMENTO 2

CONTEXTO: Nun artigo publicado hai pouco no xornal Galicia Hoxe vostede tivo ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo, realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

TAREFA: Tendo en conta a información do seguinte texto, o/a candidato/a marcará cun X a resposta correcta na casa correspondente. En caso de erro, marcará a nova resposta cun X rodeado por un círculo X A última columna da dereita servirá para contar as respostas correctas marcadas con √

Fonte:

Page 8: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 8

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio -Comprensión de lectura Tarefa 2

CUESTIONARIO

DOCUMENTO 1 V F

NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

Cuestións

0. A autora sempre foi considerada como un fito feminista

⃞ X √

1. A autora presenta unha actitude pragmática próxima ás orixes do movemento feminista

⃞ ⃞

2. A autora defende que as conquistas pendentes dependen das cotas de igualdade

⃞ ⃞

3. No eido laboral chegouse a unha equiparación case plena e está condicionada á valía persoal

⃞ ⃞

4. En xeral, a sociedade xulga equitativamente o traballo realizado por homes ou mulleres

⃞ ⃞

PUNTOS: /4

DOCUMENTO 2 V F

NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

Cuestións

1. Ao longo do día, os galegos gastan máis tempo ca as galegas nos coidados persoais

⃞ ⃞

2. As galegas pasan na cociña máis do dobre do tempo que pasan os galegos

⃞ ⃞

3. Ao pasar máis horas no traballo, as mulleres galegas dispoñen de menos horas ca os homes galegos para dedicar ao lecer

⃞ ⃞

4. Os homes galegos adican menos tempo aos deportes cás mulleres galegas á vida social

⃞ ⃞

PUNTOS: /4

Page 9: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 9

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio -Comprensión de lectura Tarefa 2

SOLUCIONARIO

DOCUMENTO 1 V F

NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

Cuestións

0. A autora sempre foi considerada como un fito feminista

⃞ X √

1. A autora presenta unha actitude pragmática próxima ás orixes do movemento feminista

⃞ X

2. A autora defende que as conquistas pendentes dependen das cotas de igualdade

⃞ X

3. No eido laboral chegouse a unha equiparación case plena e está condicionada á valía persoal

⃞ X

4. En xeral, a sociedade xulga equitativamente o traballo realizado por homes ou mulleres

⃞ X

PUNTOS: /4

DOCUMENTO 2 V F

NON ESCRIBA

Espazo para a corrección

Cuestións

1. Ao longo do día, os galegos gastan máis tempo ca as galegas nos coidados persoais

X ⃞

2. As galegas pasan na cociña máis do dobre do tempo que pasan os galegos

X ⃞

3. Ao pasar máis horas no traballo, as mulleres galegas dispoñen de menos horas ca os homes galegos para dedicar ao lecer

⃞ X

4. Os homes galegos adican menos tempo aos deportes cás mulleres galegas á vida social

⃞ X

PUNTOS: /4

Page 10: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 10

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio - Comprensión de lectura Tarefa 3

CONTEXTO: Vostede atopa un/ha amigo/a da infancia co/a que compartiu moitos momentos felices da súa infancia ao longo de varios veráns. Nese encontro, lembra que, ao se faceren maiores, un día recibiu unha carta na que lle narraba as súas vivencias desa época. Cando quedan para tomar algo, o/a seu/súa amigo/a formúlalle unha serie de preguntas.

TAREFA: Tendo en conta a información do texto seguinte, o/a candidato/a marcará cun X a resposta correcta na casa correspondente. En caso de erro, marcará a nova resposta cun X rodeado X por un círculo. A última columna da dereita servirá para contar as respostas correctas que irán marcadas con √ . Lembre que só unha opción é válida.

A lingua do paraíso

Hai quen di que a patria é a infancia e outros mesm o afirman, con convicción, que a patria é a lingua. Eu digo que se cadra as dúas cou sas son certas e unha. Explícome. Desde ben pequeno lembro que cada verán, logo de invernos infinitos, de física e escuridade, de temporal e matemáticas, de chuvia mol e ciencias naturais, de sarabia e química, embarcabamos nun autobús con rumbo á praia. Un autobús que me parecía enorme, cheo de xente, de tías e curmáns en primeiro e segundo grao, de tías avoas e de amigos, de irmáns e pai e nai, por descontado, cargado ata o teito de mobles e colchóns, de cadeiras e aparadores, de parasoles e caldeiros, de ilusións renovadas e abafos pola calor. En chegando á vila, aos nenos deixábannos ir á praia para que non andaramos enredando no medio dos maiores, para que eles tivesen oportunidade de descargar os vultos e colocar todo no seu sitio antes da sagrada hora da cea. Xa na praia, saltabamos e batuxabamos ata a extenuación, e aprendiamos das tías avoas o nome das cousas nunha lingua estraña. As “olas” eran ondas e as algas, argazos. Os peixes tiñan todos nome de seu: un ancorado no fondo e cheo de picos era un escarpón, e aqueloutro esquivo, nadando nunha fochanca era un lorcho, aquela que bulía por entre as pedras lambidas pola marea era, con seguridade, unha anguía, e aquel que, no verán pasado, fixera chorar de dor o pai non era outra cousa que un fodón; aquela posta era dunha raia, dunha quenlla ou dunha quimera monstruosa; a mancha azul, como de xelatina arrastrada deica a area, era unha augamar ou unha medusa; o que alá voaba

Page 11: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 11

era unha gaivota, e máis alá un mascato, e aquilo que xurdía do medio da auga unha rocha inzada de arneiros, e máis alá flutuaban madeiras chegadas dun naufraxio; e iso que emporcaba os nosos pés era piche ou chapapote. Nadabamos e corricabamos pola malleira, que non é senón a liña de xunción de auga e area, deitabámonos ao sol ou faciamos castelos, e barreiras, e foxos, para que as augas respectasen a nosa obra de enxeñaría medieval. Chegaba a hora da merenda e entón pan con chocolate e limoada ben doce conservada nun termo ancestral, tratado con meco, coma se fose ouro. Na noite, logo da cea e mentres uns recollían a mesa e fregaban pratos e cubertos, ao luar sempre renovado en formas e reflexos, as nosas tías avoas contábannos historias de príncipes aurigas e doncelas raptadas nun castelo, de animais que falaban e xenios que vivían nunha lámpada, de mazás pezoñentas e casiñas de chocolate, de homes grandes coma mundos e outros pequenos coma insectos en ámbar. Logo de días innúmeros, coa pel torrada polo sol e as pernas cheas de rabuñaduras, de cando iamos ás moras ou cando faciamos excursións polo bosque na procura de piñóns e de escaravellos de ouro, chegaba un novo outono que sabía a inverno, caían as follas das árbores e do calendario, e os mestres falaban de cousas incomprensibles nunha lingua na que non había xenios nin lámpadas marabillosas, príncipes louriños nin animais que falasen, sen praia e sen argazos, sen croques nin ourizos, sen castelos de area nin casiñas de chocolate. Así, devagar, ano tras ano, aprendemos a lingua do frío e a lingua do verán, a lingua dos deberes e a lingua dos xogos e das vacacións, a lingua da chuvia e a lingua do sol. Sen darnos conta, xa non eramos nenos e a vida foinos afastando a todos, remataron as vacacións no autobús e os contos de fadas logo de cear. Un día entramos na vida en serio e daquela todos falaban a lingua do frío e da chuvia, todos a lingua da física e da relixión, a lingua dos negocios e da matemática, a da sarabia e da escuridade estatística. Daquela, soubemos que, dalgún xeito, sen saber ben como, nun tránsito insensible e paseniño, foramos perdendo a lingua que falabamos na infancia, nas vacacións, nas xeiras felices e distintas, aquela lingua querida, a lingua na que falaban as tías avoas: a lingua do paraíso.

Xavier Queipo : “A lingua do paraíso”, (adaptación)

Page 12: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 12

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio - Comprensión de lectura Tarefa 3

CUESTIONARIO

Nº C U E S T I Ó N S NON ESCRIBA Espazo para a

corrección 0. A viaxe á praia facíana por vía:

□ a) Aérea □ b) Marítima

c) Terrestre �

1. Ao chegaren á vila, aos nenos deixábanos ir á pr aia para que:

□ a) Enredasen coa area

□ b) Non amolasen aos maiores

□ c) Tivesen tempo de xogar antes da cea

2. A mancha azul que aparecía na praia era:

□ a) Unha augamar

□ b) Unha anguía

□ c) Unha quenlla

3. A rocha que xurdía no medio da auga estaba chea de:

□ a) Algas

□ b) Chapapote

□ c) Incrustacións

4. Nadaban e corricaban pola:

□ a) Auga

□ b) Auga e area

□ c) Area

5. A merenda consistía en:

□ a) Chocolate e limoada moi doce

□ b) Pan e limoada servida con meco

□ c) Pan con chocolate e limoada doce

Page 13: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 13

6. Pola noite, as tías avoas contábanlles historias de:

□ a) Príncesas raptadas e animais que falaban

□ b) De animais que falaban con xenios

□ c) Mazás pezoñentas e casas enfeitizadas

7. A lingua do frío, da chuvia, da sarabia era:

□ a) O castelán

□ b) O galego

□ c) O inglés

8. A lingua do verán, dos xogos, do sol era:

□ a) O castelán

□ b) O francés

□ c) O galego

PUNTOS: /8

Page 14: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 14

Galego. Xuño 2008 Nivel intermedio - Comprensión de lectura Tarefa 3

SOLUCIONARIO

Nº C U E S T I Ó N S NON ESCRIBA Espazo para a

corrección

0. A viaxe á praia facíana por vía:

□ a) Aérea □ b) Marítima

c) Terrestre �

1. Ao chegaren á vila, aos nenos deixábanos ir á pr aia para que:

□ a) Enredasen coa area

b) Non amolasen aos maiores

□ c) Tivesen tempo de xogar antes da cea

2. A mancha azul que aparecía na praia era:

a) Unha augamar

□ b) Unha anguía

□ c) Unha quenlla

3. A rocha que xurdía no medio da auga estaba chea de:

□ a) Algas

□ b) Chapapote

c) Incrustacións

4. Nadaban e corricaban pola:

□ a) Auga

b) Auga e area

□ c) Area

5. A merenda consistía en:

□ a) Chocolate e limoada moi doce

□ b) Pan e limoada servida con meco

c) Pan con chocolate e limoada doce

Page 15: CL Gal I€¦ · ocasión de consultar os datos da Enquisa de emprego do tempo , realizada polo Instituto Nacional de Estatística (INE). TAREFA: Tendo en conta a información do

Escolas Oficiais de Idiomas Proba de certificación de nivel intermedio

Galego – Xuño 2008 Comprensión de lectura

Páxina 15

6. Pola noite, as tías avoas contábanlles historias de:

a) Príncesas raptadas e animais que falaban

□ b) De animais que falaban con xenios

□ c) Mazás pezoñentas e casas enfeitizadas

7. A lingua do frío, da chuvia, da sarabia era:

a) O castelán

□ b) O galego

□ c) O inglés

8. A lingua do verán, dos xogos, do sol era:

□ a) O castelán

□ b) O francés

c) O galego

PUNTOS: /8