Upload
centro-amfar
View
222
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Tipoloxías de Currículo Vitae en función da información aportada
Citation preview
CLASES DE CURRÍCULO VITAE
CRONOLÓXICO
O c.v. cronolóxico é o máis utilizado. Elíxese cando existe moita formación e pouca
experiencia.
É moi usado polos estudantes, porque permite ver a súa evolución continua, xa que recolle
moi ben a súa traxectoria formativa dunha maneira lóxica.
Neste currículo reflíctese a información ordenada por datas. Aparece primeiro o máis recente,
dándolle máis énfase ao último realizado. Cando os traballos anteriores teñen máis relación col
posto ao que optamos, a orde pode ser inversa.
FUNCIONAL
O currículo funcional é aquel no que se agrupan os datos e experiencias da candidata por
temas e se especifican todas as funcións que se realizaron na traxectoria profesional.
Acentúa os teus puntos fortes porque pon o énfase nas habilidades necesarias para
desempeñar un posto de traballo concreto. Atenúa os teus puntos débiles, xa que admite a
posibilidade de prescindir de datas e isto axuda a que non se detecten períodos en branco ou
cambios frecuentes de traballo.
É recomendable para persoas con moita experiencia profesional. Cando teñen dúas profesións
ben diferenciadas ou ben dúas actividades diferentes nunha mesma profesión.
CURRÍCULO EUROPEO
O currículo europeo é un documento no que se reflicte o nivel de preparación ou traxectoria
profesional dos cidadáns da Unión Europea.
O modelo europeo de currículo vitae baséase na idea de garantir un trato máis igualitario ás
persoas que buscan trabalo e ás que desexan acceder a prazas en cursos de ensino ou
formación na Unión Europea.
É un recurso para a presentación sistemática, cronolóxica e flexible das cualificacións e
competencias dunha persoa.
É unha ferramenta de uso voluntario, pódese presentar en papel ou en formato electrónico.
O currículo vitae europeo inclúe diferentes categorías:
• Información persoal: Nome, dirección, teléfono, fax, correo electrónico,
nacionalidade e data de nacemento.
• Experiencia laboral: Datas (de - a), Nome e dirección do empregador, Tipo de
empresa ou sector, Posto ou cargo ocupados, Principais actividades e
responsabilidades. Empezando polo posto máis recente e engadindo aparte a mesma
información para cada posto ocupado.
• Educación e formación: Datas (de – a), Nome e tipo de organización que impartiu a
educación ou formación, Principais materias ou capacidades ocupacionais tratadas,
Título da cualificación obtida (se procede), Nivel alcanzado na clasificación nacional.
Empezar pola formación máis recente e engadir a seguinte aportando a mesma
información en cada unha.
• Capacidades e aptitudes persoais: adquiridas ao longo da vida e da carreira educativa
e profesional, pero non necesariamente avaladas por certificados e diplomas oficiais.
o Lingua materna
o Outros Idiomas: Lectura, Escritura, Expresión oral.
o Capacidades e aptitudes sociais: Vivir e traballar con outras persoas, en
contornas multiculturais, en postos onde a comunicación é importante e en
situacións onde o traballo en equipo resulta esencial.
o Capacidades e aptitudes organizativas: por exemplo, coordinación e
administración de persoas, proxectos, orzamentos; no traballo, en labores de
voluntariado, no fogar, etc.
o Capacidades e aptitudes técnicas: con ordenadores, tipos específicos de
equipos, maquinaria, etc.
o Capacidades e aptitudes artísticas: música, escritura, deseño, etc.
o Outras capacidades e aptitudes que non se nomearon anteriormente.
o Permiso(s) de condución.
• Información adicional: Introducir calquera información que se considere importante,
como persoas de contacto, referencias, etc.