20
CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS Reino Moneras Reino Protoctistas Reino Plantas Reino Animais Reino Fungos

CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS - edu.xunta.gal Moneras e... · a este reino pertencen os protozoos e as algas. É un grupo taxonÓmico moi complexo: estÁ formado por organismos moi

  • Upload
    others

  • View
    25

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

CLASIFICACIÓN DOS SERES VIVOS

Reino Moneras

Reino Protoctistas

Reino Plantas

Reino Animais

Reino Fungos

REINO MONERAS

O REINO MONERAS ESTÁ FORMADO POR ORGANISMOS MICROSCÓPICOS UNICELULARES PROCARIOTAS.

A este reino pertencen as bacterias; uns seres vivos moi primitivos que están en todos os lugares da Terra e que posiblemente foron os

primeiros habitantes do planeta.

A súa estrutura é moi sinxela:

• Unha parede bacteriana

• Unha membrana celular

• Citoplasma

• Material xenético (sen membrana nuclear)

• Nalgúns casos teñen flaxelos

Teñen diferentes formas e moitas veces viven en colonias.

Cocos

Vibrións

Bacilos

Espirilos

Hai bacterias de nutrición autótrofa, que realizan a fotosíntese como as plantas...

... e outras de nutrición heterótrofa semellante á das células animais.

Normalmente reprodúcense por bipartición, cada célula nai produce dúas células fillas.

REINO PROTOCTISTAS

O REINO PROTOCTISTAS ESTÁ FORMADO POR ORGANISMOS UNICELULARES E PLURICELULARES, CON CÉLULAS EUCARIOTAS, SEN TECIDOS NIN ÓRGANOS.

A ESTE REINO PERTENCEN OS PROTOZOOS E AS ALGAS.

É UN GRUPO TAXONÓMICO MOI COMPLEXO: ESTÁ FORMADO POR ORGANISMOS MOI DIFERENCIADOS; ÁS VECES SEN APENAS CARACTERÍSTICAS COMÚNS, POLO QUE SE DEFINE COMO O REINO DOS SERES VIVOS EUCARIOTAS QUE NON SON ANIMAIS, NIN PLANTAS, NIN FUNGOS.

• Son unicelulares e heterótrofos.

• Teñen reprodución asexual por bipartición.

• Viven en medios acuáticos, lugares moi húmidos ou no interior doutros organismos.

• A maioría poden desprazarse, pero hainos sésiles.

Poden clasificarse en 4 grandes grupos:

OS PROTOZOOS

Rizópodos Flaxelados Ciliados Esporozoos

Vorticela (Vídeo mov.)

• Poden ser unicelulares ou pluricelulares.

• Son autótrofas, realizan a fotosíntese.

• Viven en medios acuáticos; libres, formando colonias ou fixas ó substrato.

• Hainas de reprodución sexual e asexual (bipartición).

AS ALGAS

POLA SÚA COR, AS ALGAS PODEN CLASIFICARSE EN:

Verdes; pola

abundancia do

pigmento da clorofila.

Pardas; pola presenza

dun pigmento laranxa

mezclado coa clorofila.

Vermellas; polo predominio

dun pigmento vermello.

OS MICROORGANISMOS

NA BIOSFERA

A maioría dos microorganismos son beneficiosos para a vida.

Empréganse para elaborar medicamentos (antibióticos)

Forman a flora intestinal

Bacterias do iogur

Bacterias do viño

Fabricación de queixo

A maioría dos microorganismos son beneficiosos para a vida.

Descompoñen os restos orgánicos ...

... e transfórmanos en materia inorgánica.

A maioría dos microorganismos son beneficiosos para a vida.

< Provocan enfermidades >

< Contaminan e estragan os alimentos >

... pero tamén hai algúns que son prexudiciais para as persoas e os demáis seres vivos.

Os virus son organismos moito máis pequenos e sinxelos que as células e resultan sempre prexudiciais para os

seres vivos.

Teñen formas moi variadas

Virus da varicela

Virus da gripe

Virus do ébola Virus da sida

Virus bacteriófago

A estrutura básica dos virus é moi simple

Como non están formados por células e

non realizan as 3 funcións vitais,

OS VIRUS NON SE CONSIDERAN

SERES VIVOS.

Só realizan a función de reproducción.

Para reproducirse entran nunha célula e inféctana, logo multiplícanse no seu interior e por último, os novos virus saen para infectar outras células.