10
CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ Naceu en Cenlle (Ourense). Secretario da xunta Rectora do Museo do Pobo Galego, e da sección de Etnografía e Folklore do Instituto «P. Sarmiento» de Estudos Galegos; membro da ponencia de Antro- poloxía do Consello da Cultura Galega, etc. Autor de numerosas A antiga Coca de Monção. Deseño de João de Almeida, publicado en 1886 en O Minho Pitoresco, de José Augusto Vieira. publicacións, entre as que destacan: O refraneiro do mar (Pontevedra, 1988); A festa dos Maios en Galicia (Pontevedra, 1989); A festa dos Maios (Vigo, 1989); Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense: Notas históricas e situación presente (Lugo, 1991); As festas cíclicas do ano (Noia, 1992); A coca e o mito do dragón (Vigo, 1993); A producción tradicio- nal do ferro en Galicia. As grandes ferrerías da provincia de Lugo (Lugo, 1994); Sociedade e tecnolo- xía tradicionais do val de Ancares (con González Reboredo, Santiago de Compostela, 1996); Mendiño, Martín Codax, Xoán de Cangas (Noia, 1997), Roberto Blanco Torres (Noia, 1998), etc.

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ - Dialnet › descarga › articulo › 5958800.pdfSecretario da xunta Rectora do Museo do Pobo Galego, e da sección de Etnografía e Folklore do Instituto

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

CLODIO GONZÁLEZ PÉREZ

Naceu en Cenlle (Ourense).

Secretario da xunta Rectora do

Museo do Pobo Galego, e da sección

de Etnografía e Folklore do Instituto

«P. Sarmiento» de Estudos Galegos;

membro da ponencia de Antro-

poloxía do Consello da Cultura

Galega, etc. Autor de numerosas

A antiga Coca de Monção. Deseño de João de Almeida, publicadoen 1886 en O Minho Pitoresco, de José Augusto Vieira.

publicacións, entre as que destacan:

O refraneiro do mar (Pontevedra,

1988); A festa dos Maios en Galicia

(Pontevedra, 1989); A festa dos

Maios (Vigo, 1989); Aproximación

etnográfica á cultura material da

montaña lucense: Notas históricas

e situación presente (Lugo, 1991);

As festas cíclicas do ano (Noia,

1992); A coca e o mito do dragón

(Vigo, 1993); A producción tradicio-

nal do ferro en Galicia. As grandes

ferrerías da provincia de Lugo

(Lugo, 1994); Sociedade e tecnolo-

xía tradicionais do val de Ancares

(con González Reboredo, Santiago

de Compostela, 1996); Mendiño,

Martín Codax, Xoán de Cangas

(Noia, 1997), Roberto Blanco Torres

(Noia, 1998), etc.

57~

A festa do Corpus de Ribadavia:

a “Becha” II (Continuación de Raigame nº 6. 1998)

Clodio González Pérez

I. FIGURAS, PASOS,DANZAS...

Ribadavia celebroudurante séculos afesta do Corpo de

Deus do mesmo xeito queoutras moitas poboacións,pois esta solemnidade relixio-sa era das máis uniformes, portratarse dunha festa de carác-ter universal. O maior oumenor número de figuras, asícomo de “pasos” e actuaciónsgremiais, dependía da impor-tancia da vila, do número deveciños e, en particular, do deartesáns.

Polo de agora temos rexistra-dos os seguintes:

1. A COCA (A BECHA): Eraun dos principais protagonis-tas da procesión. Sempre habíaun gremio que tiña a enco-menda de andar con ela, asícomo de arranxala ou de cons-

fai nesta poboación portugue-sa, tamén se desenvolvía enOurense, Redondela, Com-postela,... e outras máis. EnRibadavia a loita tiña lugar,segundo parece, nos arredo-res do convento de SanDomingos, o que non sabe-mos é se era antes ou logodespois de remata-la proce-sión.

Unha das primeiras poboa-cións onde se rexistra é nacidade belga de Aalst, no ano1424

1. Polo que atinxe a

Galicia, sábese que en 1570xa se representaba enSantiago de Compostela, poisen tal data saíron tódolos gre-mios a recibir ó arcebispoFernández Valtodano, entre osque estaban os zapateiros coaCoca e San Xurxo: Iten man-daron que salga al dicho res-cibimiento la confradía delos çapateros con su oficio dela coca según la suelen llevar

truír unha nova se facía falta,que nos máis dos casos adoita-ba se-lo dos zapateiros (deObra Prima). Na nosa Terracontaron con ela, entre outraspoboacións, Allariz, Baiona,Betanzos, Compostela, ACoruña, Ourense, Pontevedra,Redondela, Tui, etc.

Á de Ribadavia adícaselle máisadiante un apartado monográ-fico.

2. O COMBATE CON SANXURXO: Na mesma orela dorío Miño, na vila fronteiriza deMonção, aínda se pode admi-rar tódolos anos o únicoenfrontamento que actual-mente se escenifica entre ungarboso cabaleiro (que repre-senta a San Xurxo), e a Coca(o símbolo do demo). O ven-cedor xa se sabe que semprevai se-lo primeiro. Malia a queo monçanense sexa agora oúnico, do mesmo xeito que se

TRADICIONS

1. POTTER, F. / BROECKAERT, J.: Geschiedenis der Stad Alst, Gante, 1873/76, III, pp. 270 e 286.

58~

en la procesión de Corpusxpi con la historia de S. Jorjea caballo cuando fue lo deldragón e de la doncella, conveinte e cuatro gitanos2.

3. OS XIGANTES: Descoñé-cese o número pero, ó menos,debía andar unha parella. En1754 gastáronse quince reaisna composición de losGigantes y quien los lleva3.Non dependían de ningúngremio, senón que corríanpor conta do concello. Estasfiguras saían en case tódalaspoboacións onde se celebrabao Corpus con certa solemni-

dade, así como tamén noutrasfestas ó longo do ano, en espe-cial as patronais, como nocaso de Ribadavia as da Virxedo Portal

4.

4. O FENO: Era un home dis-frazado de demo rebuldeiro epillabán que ía bailando emeténdose cos espectadoresna procesión, comitiva, etc.Levaba amarradas ó cintovarias chocas, coas que facíabarullo, e en casos taménunha bincha de porco inchadae atada na punta dun pao, coaque lle arreaba a aqueles quepretendían meterse con el.

Polas chocas e abincha semellabaa certas máscarastradicionais doEntroido. Estabaencomendado ógremio dos for-neiros: y el fenose queda en elatrio de laIglesia (de

Santiago)5. Tamén saía noutras

partes, pero con distintasdenominacións, como a decentulos en Pontevedra,gamachiños en Betanzos,diabretes en Redondela, etc.

6.

Coidamos que o mesmo quenoutras partes, en Ribadaviatampouco debería haber moi-tos voluntarios para andarfacendo de feno, procedendoquizais os máis deles de lonxepara que non os coñecesen osveciños, o mesmo que sefacía, poñamos por caso, enPontevedra, como deixouconstancia en verso o polifa-cético P. Sarmiento, a media-dos do século XVIII:

A actual Coca deBetanzos, con tresgamachiños oudemiños, que sonos que andan conela

2. “Archivo histórico de la ciudad de Santiago. Actas consistoriales, competencias, pleitos y decretos reales sobre ceremonial para el recibimiento de losseñores arzobispos”, Galicia Diplomática, Compostela, II, 16-XII-1883, pp. 173 ss.3. AHPOurense: Concello de Ribadavia, caixa 346.4. Así, por exemplo, o 13 de agosto de 1865 o concello destinou 80 reais para os Gigantes y su composición, para a festa do Portal (AHPOurense: Concellode Ribadavia, Actas de sesións). Sobre a difusión e importancia destas figuras en toda Europa véxase, entre outros: MEURANT, R.: Gèants processionnelset de cortège en Europe, en Belgique, en Wallonie, Ministère de la Culture Française, Bruxelles, 1979.5. Manuscristo sen data, publicado por S. EIJÁN: Obr. cit., p. 403. Aínda hai unha familia de forneiros en Ribadavia que se coñece polos “do feno”, lem-brando que algún dos devanceiros foi disfrazado deste persoaxe na procesión do Corpus.6. En particular sobre o Centulo pontevedrés existe unha nota do século pasado verbo da súa indumentaria: Llevaba una careta de palo, con cuernos y eltraje era de lienzo de color de sabandija enterino desde la cabeza y se abrochaba por atrás, estaba emulando ser lagartos, sapos y culebras y sabandi-jas. No mesmo manuscrito tamén figura a seguinte cantiga:

Hei de ir a ver o Centulodía de Corpus na vila;coas súas chocas novasbeilando na Ferrería.

(Colección “Casal”, Museo Provincial de Pontevedra, LXII-3).

59~

De Deza e Trasdezae de Carboeiroson os que as levande cote e arreo.Estes as morneancon moitos maneos,e fan o centuloou o fareleiro...7.

5. AS PENLAS: Trátase denenas moi ben enfeitadas quebailan sobre os ombreiros demulleres (as burras) ou, nal-gúns casos, tamén de homes.Tanto en Ribadavia, como nasdemais poboacións, as encar-gadas de andar con elas adoi-taban ser sempre as panadei-ras, que se dedicaban á vendae reparto do pan. Son moianteriores á festa do Corpo deDeus, pois xa se rexistranpolo século X-XI, sendo portanto unha manifestación tras-pasada á celebración eucarísti-ca logo despois de ser instituí-da a procesión. Hóuboas enPontevedra, Compostela,Baiona, Ponteareas, Monção,... Actualmente en Galicia sóquedan as dúas de Redondela,que pasan toda a procesiónfacendo reverencias e bailan-do diante do Santísimo

8.

6. XAN DA ARZÚA: No 1778consta no veredicto do preitoentre o alcalde de Ribadavia eo mestre de Obra Prima, quese trataba da figura de unhombre a cavallo de unaBaca. Os encargados de andarcon el adoitaban ser case entodas partes os carniceiros.

Descoñécese o significadodesta pantomima, non faltan-do quen pretenda relacionalacos xudeus, e tampouco por-que se fai procede-lo persoa-xe da vila coruñesa da Arzúa enon doutro sitio. A mesmafigura tamén saía en Ourensee Allariz con igual denomina-ción. A vaca ou o boi sobre oque ía era un dos lidados polatarde na praza maior.

7. AS DANZAS: Corrían porconta dos gremios e eranvarias, como consta en 1778:y otras danzas de herreros,Molineros, Carpinteros,Zapateros, Labradores. Aíndaque non se di nada sobre elas,nin sequera se nomean, qui-zais unha das máis importan-tes debeu se-la “danza deespadas”, moi popular tantoen Galicia como en toda apenínsula, que en Ourense xa

se bailaba en 1441: andaselogo a dita confraría deSanta Oufémea depúus aconfraría de Santa María aMadre con sua Danza deEspadas9. Tamén era coñecidaen Compostela, Pontevedra,Betanzos, Baiona, Marín,... eactualmente en Redondela

10.

Como mostra para facerseunha idea do variado quepodían ser estes bailes, abon-da un texto de 1565 referidoós dos gremios que tiñan queasistir a esta celebración enSantiago de Compostela: A losplateros una [danza] de gita-nas con que vayan muy bienadereçadas, y a los azaba-cheros, una dança demuchachos y lleben suSantiago y dos discípulos, yla dança sea de nuevaynbención de como mejorfuere: a los sastres, su dançade espadas con que ellos

7. É dicir, que sabían mover ben as chocas. A denominación tamén de “fareleiro”, indica que levaban farelo para botarllo ó público. FILGUEIRA VALVER-DE, X.: “O remate inédito das coplas galegas de Fray Martín Sarmiento”, Cuadernos de Estudios Gallegos, XXIX, Compostela, 1974-75, pp. 13-14.8. Foron prohibidas polo cristianismo no século X-XI, como consta nun penitencial peninsular (Codex Vigilians ou Albendensis) existente na biblioteca doEscorial: Qui in saltatione feminaeum habitum gestiunt et monstruose se fingunt et maias et orcum et PELAM et his similia exercent, I annum poenitentiae;ASENSIO, E.: Poética y realidad en el Cancionero peninsular de la Edad Media, Madrid, 1970, p. 241. Tamén GONZÁLEZ PÉREZ, C.: As penlas e a danzade espadas, Concello de Redondela, Vigo, 1987.9. FERRO COUSELO, X.: Obr. cit., II, Vigo, 1967, p. 145.10. GONZÁLEZ PÉREZ, C.: As penlas e a danza de espadas, 1987.

A Coca de Monção é vencida tódolos anos por San Xurxo.

60~

vayan bien aderesçados; y aloficio de los correeros llebensu figura de Sant Estebocomo suelen, con sus discípu-los y sus caballos y los pintende nuebo y sus almetes; y eloficio de los çapateros llevenuna dança pastoril comoconviene, con sus cayadospintados; y al oficio de SantoThomé, que son pedreros ycarpinteros, lleven unadança de arcos muy bienhecha; los armeros llevenuna dança de salvajes; y aloficio de ferreros lleven suSan Julián, con sus paxes ylos más que solían llevar consus capitanes; y a las tecela-nes, lleven una dança deromeros y romeras; y los car-niçeros lleven una fulía por-tuguesa; y los horneros lle-ven sus pelas muy bien ade-reçadas; y los oficios que sue-len llevar figuras las llevenasimismo11.

8. TOUROS: Xa queda ditoque na procesión ía un touroou unha vaca co monifate deXan da Arzúa. Logo pola tardetiña lugar a festa profana, daque a parte máis concorridaera a da lida taurina que seorganizaba na praza maior.Nas contas do concellocorrespondentes a esta cele-bración figuran cantidadesdestinadas ós encargados detrae-lo gando ata a praza etamén logo de vende-la carne:en 1753 déronlle 137 reais ósdous cortadores que traballa-ron na cortadoría (dos ttalle-ros para la corttaduría); en

1792 entregáronselle catroreais ós carniceiros por ponerlos Toros o Bacas en laPlaza

12. Adoitaban ser tres

vacas, como se desprende doacordo tomado pola corpora-ción o 6 de agosto de 1865sobre unha petición do arren-datario do matadoiro munici-pal: se le permita tambiéncomo de costumbre en des-pachar con preferencia lasvacas que se corren que sontres de cada vez en cada unade las tres épocas del año13.Non sabemos se chegaban aintervir profesionais do tou-reo, mesmo entre os veciños,ou non participaban máis queespontáneos. Igual que nasdemais festas, a corporaciónasistía á lida dende o balcónda casa do concello.

9. COMEDIAS, HISTORIAS,PASOS: Non dispoñemospolo de agora de documentosnos que conste se antes deempeza-la procesión, ó rema-tar ou mesmo ó longo dela serepresentaban “historias” ou“pasos”, xa por parte dos veci-ños ou por profesionais ambu-lantes que se dedicaban a talmester. Se estas dramatiza-cións corrían a cargo dos gre-mios, entón non é doado che-gar a saber da súa existencia,pois os gastos non figuranreseñados nas contas do con-cello. Están moi ben docu-mentados en Ourense, quetiñan lugar na praza maior: lasHistorias Sagradas represen-tativas que de immemorialtiempo desta parte se acos-

tumbran poner en la plazamayor de este Pueblo el díade la festividad de CorpusCristi para obsequio de tangran festividad, incorpora-das estas en la Procesiónpara su mayor lucimien-to...14. Sempre se trataba depasaxes da Biblia (en particu-lar do Antigo Testamento) oufeitos sobranceiros da vida desantos, entre os que destacabaa loita entre San Xurxo e odragón.

Estas comedias eran corren-tes en tódalas poboacións,tanto por esta festa, como nasmáis importantes do ano,como en Ribadavia as doPortal. Entre as ben documen-tadas do Corpus áchanse as deSantiago de Compostela ePadrón. Por certo, no ano1566 nesta última vila coruñe-sa acordaron escenificar elabto e ystoria de la viña quepidió Acab a Nabod, en elqual an de entrar catorcepersonas de danza con dosque mueren, que son Acab yNabod [...]

15.

Nestas representacións podeesta-la orixe da “Festa daHistoria” que se celebrou atao 1868, cadrando coas patro-nais da Virxe do Portal, e quefoi recuperada hai uns anos,pois cómpre ter en conta queesta festa é moito máis recen-te que a eucarística (a advoca-ción mariana non figura atadespois de 1622). O costumede escenificar temas “xudeus”o día do Corpus vén de moi

11. PÉREZ COSTANTI, P.: Notas viejas galicianas, II, Vigo, 1926, p. 85.12. AHPOurense: Concello de Ribadavia, caixa 348 (fs. 15v ss.)13. AHPOurense: Concello de Ribadavia, acta do 6 de agosto de 1865. Estas “corridas” celebráronse por última vez o ano 1899 (EIJÁN, S.: Obr. cit., p.409, nota 3).14. AHPOurense: Concello de Ourense, Actas, 27 de maio de 1784.15. PÉREZ COSTANTI, P.: Obr. cit., II, p. 74.

61~

antigo, e dase o caso que unhadas derradeiras que se fixeronera así, como o testemuñan asseguintes palabras deLeopoldo Meruéndano: y enuna de las últimas represen-taciones se figuró la lucha dehebreos y filisteos en tiempode su primer rey Saúl, cayen-do éste muerto en ella.

El director de la pantomimaal caer muerto el rey, excla-maba con grandes voces:Llorad, hijos de Jerusalem, lamuerte de vuestro rey Saúl:Maldito sea el monte deGelboe en que cayó el ungi-do del Señor16.

Aínda é de supoñer que hou-bese máis espectáculos nestaprocesión da nosa querida vilado Avia, malia a non estardocumentados, como porexemplo a imaxe de SanCristovo, que se rexistra nou-tras veciñas, como en

Redondela e Monção, queconsistía nunha figura xigantepor debaixo da que nalgúnssitios (Redondela) había o cos-tume de pasa-los nenos quetiñan o tangaraño (raquitis-mo)

17.

II. A “BECHA”

O mesmo que sucede coainmensa maioría destas figurasprocesionais, nada podemosdicir sobre a data en queempezou a percorre-las rúasde Ribadavia. É clara a súaorixe e difusión por toda acristiandade, como xa quedavisto, pero non a súa chegadaa nosa vila.

Se fose un espectáculo pro-movido polo concello -comoos xigantes, poñamos porcaso-, entón figuraría o gastoanual correspondente, emesmo algunha vez o custo da

súa feitura ou arranxo.Pero neste caso corríatodo por conta do gre-mio e, que saibamos,actualmente non se con-serva ningunha docu-mentación. A única quepodía ser de grandeinterese, a da confraría eirmandade de SanXurxo sita na igrexa deSanta María da Oliveira,desapareceu logo des-pois de 1920, data enque foi consultada poloP. Eiján, descoñecéndo-se dende entón o seuparadoiro, se é queaínda existe, non que-dando rastro dela no

arquivo parroquial deRibadavia, nin tampouco nodiocesano da capital.

No 1437 saía en Ourense acoquetrix, pero catro anosdespois xa se lle dá o nomeque había de conservar ata osnosos días: qoqa e coqa, édicir, Coca. Coquetrix proce-de do baixo latín cocatrix, eeste do latín crocodilus, poloque vén a se-la crocodila. Estenome xeralizouse en Portugal,Catalunya e Galicia, anque nasegunda actualmente o popu-lar é o de drac. O castelán dis-puxo de dúas denominacións:gomia e tarasca. A primeira émoi corrente nos escritoresdo século de ouro da literatu-ra castelá (entre os que seconta o propio Cervantes),mentres que a segunda véndende o francés tarasque, e asúa vez do provenzal tarasco,que é o nome que recibe omonstro procesional da cida-

16. Los judíos de Ribadavia, Ribadavia, 1915, p. 22.17. GONZÁLEZ PÉREZ, C. “Dúas manifestacións comúns a Portugal e a Galicia: a Coca e San Cristovo”, Actas do III Congreso de Historia da Antropoloxíae Antropoloxía Aplicada, Compostela, 1997.

Cabeza da Coca de Redondela.

62~

de de Tarascón, o máis coñe-cido de todos a nivel interna-cional

18.

Ademais destas denomina-cións, que podemos dicirxenéricas, había outras decarácter estrictamente local: ade Rouen coñecíase por lagargouille de saint Romain,porque a súa feitura debíalembrar a dunha gárgolamedieval; a de Bayeux era labête de saint Loup, a deProvins denominábana lalézarde de saint Quiriace, ade Poitiers chamábase laGrand Goule ou Gran’gueulede San Hilario, a de Rheimsviña se-la Bailla, ... EnCatalunya, o drac de Lleidaera coñecido polo Marroco;en Andalucía pervive en Jaéno Lagarto de la Malena ouMagdalena. En Galicia temos ocamelo de Betanzos e a bechade Ribadavia, aínda que é desupoñer que as demais conta-sen con nome de seu. Omesmo que a da vila do Avia,a veciña portuguesa deMonção tamén é coñecidaalgunhas veces pola bicha.

A denominación de becha (oubicha) procede do latín vulgarbestiu, e aplícase a unhaserpe ou mesmo verme moigrande e, en xeral, a calqueraanimal vermiforme que saiafora do normal polo grandor.Tamén se pode referir a per-soa, co significado – o mesmoque a castelá tarasca— de fea,de aspecto ridículo ou mesmomala. Afonso X o Sabio, nacantiga CLXXXIX, contacomo Santa María salvou un

home dunha bescha queachou no camiño cando ía deperegrinación ó santuario deSalas:

........................................A ssí viir hûa beschacome dragon toda feita,de que foi muit’ espantado;pero non fugiu ant’ ela,ca med’ ouue se fogisseque sería acalçado;et aa Uirgen bêeitafez logo ssa oraçonque o guardasse de morteet de dan’ e d’ocaion.........................................

O home logo de rezar matou abescha coa espada, pero ófende-lo corazón salpicoulle oveleno e deulle o bafo quebotaba pola boca, ficandoentón empezoñado, pero aVirxe tamén o curou, porque

Ben pode Santa Maríaguarir de toda poçon,pois Madr’ é do que trillouo basilisqu’ e o dragon19.

A Coca participaba activamen-te na procesión. En Ourense,poñamos por caso, dependíada confraría dos zapateiros amediados do século XV, e omesmo que a nosa deRibadavia, que tamén corríapor conta dos traballadores de“obra prima”. Nos últimosanos quizais xa unicamentefose a figura do dragón, perodurante séculos tivo lugar(antes ou despois da proce-sión), unha concorrida esceni-ficación na que o cabaleiroSan Xurxo loitaba co monstro,rematando sempre por vence-

lo, simbolizando deste xeito aderrota do Mal e o triunfo doBen. Segundo parece, esteenfrontamento desenvolvíaseno adro ou campo de SanDomingos. En Ourense era undos espectáculos máis popula-res, e igual acontecía nasdemáis poboacións, o mesmoque agora nos nosos días navila miñota de Monção, á queacoden centos de persoas,aínda sabendo de antemánque o gañador vai se-lo santo.

Non se sabe cando empezaríaa percorre-las costeiras eestreitas rúas de Ribadavia,pero poido ser na primeirametade do século XV, máis oumenos cando a de Ourense,Tui e outras, porque a súadifusión debeu cadrar polamesma época, ó tempo que seestendía a celebración da festado Corpo de Deus por todaEuropa.

A nivel popular, o mesmo quesucede coas de Redondela eMonção, e con outras delonxe (como a francesa deTarascón), contaríase que eraa figura dun monstro que vivi-ra nas augas do Avia ou doMiño, e se fose neste último,entón mesmo podía ser irmáou estar emparentada coas deMonção e Tui, das que taménse di que subiran por este ríodende as profundidades doocéano Atlántico. Deboraríatanto á xente como ós ani-mais, pero ninguén se atrevíaa enfrontarse con ela, ata queapareceu un cabaleiro desco-ñecido que a venceu, non senexpoñe-la vida. Ese valente

18. Sobre esta Coca véxase: DUMONT, L.: La Tarasque. Essai de description d’un fait local d’un point de vue ethnographique, Gallimard, París, 1951. Verboda denominación de gomia, VERY, F.G.: The Spanish Corpus Christi procession: A literary and folkloric study, Valencia, 1962, pp. 62 ss.19. AFONSO X, O SABIO: Cantigas de Santa María, editadas por Walter Mettmann, Ed. Xerais de Galicia, 1981, cantiga 189, pp. 37 ss.

máis, a de Pontevedra tiraría acrocodilo, segundo deixoudito o P. Sarmiento: La cabezade la Coca de Pontevedra notanto es de serpiente como de“cocatrix”, el cocodrilo y, porconseguiente, el Leviathánque Cristo venció21.

A estructura (o “esqueleto”)estaba feita de vimbios e varasde salgueiro, e a cabeza demadeira, articulada de xeitoque a persoa que ía dentropoidese movela e facerlleabrir e pecha-la boca.

Cubríase con tea ou lona22,

pintada de cor verdosa-amarela, a semellanza dapel dos crocodilos, lagar-tos, serpes, etc. A media-dos do século XVIII a súafeitura podía importar uns176 reais, sen conta-losmateriais (madeira, vim-bios, tea,...), que foi ocusto da de Tui en 1748: oconcello pagou a Rosendode Morays 88 reais polotraballo de carpintería, aXoán de Louriño, 18 reaispor prepara-lo vestido, e aPedro Regalado de Silva eRuybal, 70 reais por pinta-la tea, que en total eran 28varas (23’38 m2)

23.

Tanto o groso do corpocoma o longo, variaban dun-has a outras, como sucedeagora se comparamos a deMonção, que anda poloscinco metros de longo e sobredous de alto, coa deRedondela, que é moito máispequena.

era San Xurxo, e dende entónos veciños acordaron celebrartódolos anos a loita para lem-bra aquel importante feito,pasando a ser padroeiro dogremio dos artesáns, quepuxeron a confraría baixo asúa protección.

Os séculos dourados da Cocaforon o XVI e o XVII, a partirde entón comeza a decaden-cia, a se escoita-las primeirasvoces contrarias á súa presen-cia na procesión.Nada se sabe no tocante á súa

feitura. Tanto das galegas,como das portuguesas, arepresentación iconográficamáis antiga é un deseño da deMonção debido a João deAlmeida, publicado en 1886en O Minho Pitoresco de JoséAugusto Vieira. Polo que se

63~

refire ás nosas, a fotografíamáis vella que se ten da deRedondela foi dada a coñecerna revista pontevedresaGalicia Moderna, o 15 dexullo de 1897. Carecemos dedescripcións completas, nonpodendo máis que tirar algúnsdetalles dos textos, como -poñamos por caso- que a daCoruña portaba sobre elaunha figura de “xudeu”: poraver llevado la Coca oTarasca a la porteria de Sn.Francisco desarmada de sumanto y puesta encima della

Un Judio o Fariceo con unabucina en la boca y un letre-ro en las espaldas decia: A rebobo, tratando a los onbresde Vien de tales...20. A deBetanzos tiña chepas, aten-dendo á denominación de OCamelo; e, por non citar xa

20 GONZÁLEZ PÉREZ, C.: A Coca e o mito do dragón, p. 117; e “A Coca da Coruña”, Brigantium, 8, 1993/94.21. SÁNCHEZ CANTÓN, F.J.: “El Padre Sarmiento, los gigantones en Corpus y... Pontevedra al fondo”, Nodales, Pontevedra, 1959. Tamén no t. XXV darevista do Museo de Pontevedra, 1971, pp. 165 ss.22. Sábese dalgunha non galega recuberta con coiro, como a de Bergen-op-Zoom (Países Baixos), en 1479, MEURANT, R.: Obr. cit., p. 521.23. F.-VALDÉS COSTA, M.: “Estampas antiguas del Corpus: Gigantes y Tarascas”, Faro de Vigo, 4-VI-1953, e “Calendario folklórico, Corpus Christi”,Boletín de Información del Centro de Iniciativas y Turismo de Tuy, maio-1961, p. 2.

O Dragón sigue sendo un dos principais protagonistas do Corpus de Redondela,"A Festa da Coca". Fotografía de Pacheco, 1925.

64~

Da Becha non sabemos nada:nin a feitura, nin os materiais,nin tampouco as dimensións.É de supoñer que tendese áforma que se considera tradi-cional dos dragóns (serpenti-forme, con ás e patas); e queestivese feita de varas e vim-bios, e recuberta con tea pin-tada, como eran todas, emesmo aínda agora a deRedondela

24. Do único que

non podemos dicir nada é dasdimensións, que variabanmoito entre unhas e outras.

III. A MORTE DA“BECHA”

O 10 de abril de 1772, porunha real resolución ordenou-se que deixaran de saír enMadrid los gigantones, gigan-tillas y tarasca, porque lejosde autorizar semejantes figu-rones la procesión y culto delSantísimo Sacramento, cau-saban no pocas indecencias,y servían solo para aumen-tar el desórden, y distraer oresfriar la devoción de laMagestad Divina25. Poucosanos despois, o 20 de febreirode 1777, Carlos III asinabaunha real cédula como res-posta a unha “representación”do bispo de Plasencia, polaque se prohibían unha seriede manifestacións relixiosasde orixe medieval na súamaioría, dende os disciplinan-tes e empalados, ata outrosespectáculos que tiñan lugarnas procesións de SemanaSanta, Santa Cruz, rogativas eoutras, así como tamén as dan-

zas que se celebraban dentrodos templos, nos adros e noscemiterios. A sociedade ficabadividida entre os partidariosde continuar con estes actos eos que os consideraban comoalgo xa fóra de época e, polomesmo, que cumpría supri-mir.

Entre os alcaldes galegos par-tidarios de seguir como sem-pre, estaban os de Compos-tela, Ourense, Pontevedra, Tuie Ribadavia. Como a realcédula non especifica nada enparticular sobre o Corpus,varios gremios –coma o com-postelán dos zapateiros– soli-citaron ó real consello que seincluya, comprenda y entien-da, la de dichas Farsas oDanzas, y la referida Coca oTarasca y mas redículas figu-ras... Recibiron resposta favo-rable no mes de xuño de1778, constando na mesmaque tamén entraban os ridícu-los figurones que saían naprocesión do Corpo deDeus

26. Pero aínda non que-

dou o asunto así, pois o 10 dexullo de 1780 Carlos III achán-dose no palacio de SanIldefonso asinou outra realorde, dispoñendo que en nin-guna Iglesia de estos reynos,sea Catedral, Parroquial oRegular, haya en adelantedanzas ni gigantones; y cesedel todo esta práctica en lasprocesiones y demás funcio-nes eclesiásticas, como pococonforme a la gravedad ydecoro, que en ellas serequiere27.

Como queda dito, o alcalde deRibadavia, Bernardo deCastro, era contrario á supre-sión destas figuras tradicionaisna procesión, pero dende1777 a Becha non volveu ásrúas da vila, porque se negoua andar con ela o mestre deobra prima ou dos zapateiros,Cecilio Álvarez. Na súa defen-sa alegaba que, como fielBasallo de su Magd., só obe-decía as súas ordes e non asdo alcalde, que ignoraba asdisposicións reais. Pero orexedor non estaba de acor-do, porque non figuraba nasmesmas explícitamente asupresión da Coca, obrigán-doo a seguir indo como sem-pre na procesión, ó que senegou o mestre, polo que omandou entón prender eembargar algúns bens.

Cecilio Álvarez apelou á RealAudiencia de Galicia, sita naCoruña, que o 20 de xuño de1781 fallou ó seu favor, orde-nándolle ó alcalde que devol-vese as pertenzas y efectos qe.por razon de dha. Causa lehubiésedes sacado o embar-gado28.

Así foi como morreu a Becha,despois de máis de trecentosanos de vida. Dende entónnon volveu a percorre-las rúasde Ribadavia, esquencéndosepaseniñamente a xente deque existira tal monstro naprocesión do Corpo de Deus,que era o terror dos nenos eaínda de moitos maiores.

Cando a ela finaron outras

24 Ata 1997, en que foi reformada, Faro de Vigo, 11-VI-1998.25 MARTÍNEZ ALCUBILLA, M.: Códigos antiguos de España..., Madrid, 1885, II, p. 764.26 COUSELO BOUZAS, J.: “Los juegos y danzas en las fiestas compostelanas”, Boletín de la Real Academia Gallega, XV, A Coruña, 1926, p. 44.27 MARTÍNEZ ALCUBILLA, M.: Obr. cit., p. 764.28 AHPOurense: Concello de Ribadavia, a continuación da acta do 9 de decembro de 1781.

65~

moitas, non só no territorioespañol, senón tamén noutrospaíses europeos: o 25 de abrilde 1728 o bispo de Troyes(Franza) xa prohibira levar naprocesión a figura indecentedo dragón de San Lupo, paradeter no futuro desordes tancontrarios á santidade danosa relixión29; en 1732 oxuíz de Elvas recibiu unhaorde na que se lle comunicabaque foi o rei servido mandartirar nesta corte as ditas figu-ras e usos antigos paramaior solenidade e devoçãoda mesma procissão30. O 10de maio de 1786, Joseph II deHabsburgo, emperador deAlemaña e Austria, dispuxoque se retirasen as estatuas eimaxes nas procesións

31.

Durante a revolución francesa(1789-1799), moitas Cocasforon destruídas: Dunkerque,Douai, Ypres, Ath,...

32.

En Galicia tamén desaparece-ron todas, agás a deRedondela, que ou seguiu ouaxiña foi recuperada de novo,chegando ata os nosos días de

forma semellante a como eraantes de 1777. E a uns coren-ta quilómetros, a portuguesade Monção, que despois deter pasado por diferentes vici-situdes, aínda é posible con-templar agora tódolos anos aloita entre a Coca e o cabalei-ro San Xurxo.

IV. ¿VOLVERÁ A“BECHA”...?

Non hai moitos anos que logode levar esquencida máis dedouscentos, a Coca deBetanzos -O Camelo- presen-touse de novo na vila, nestecaso na procesión de SanRoque, o 16 de agosto, xuntocos danzantes e na compañados seus amigos os gamachi-ños (é dicir, os demiños). E omesmo lle pode suceder aoutra calquera o día menospensado.

A de Ribadavia desapareceuen 1777, pero unicamente foia figura, pois o espírito, asemellanza dos seus parentes

os lagartos e as cobras, aletar-gouse no recanto máis escuroe fondo das augas do río Avia.E alí leva escondida 222 anos,sen que ninguén dende entónteña dado con ela, porqueagora fuxe da xente. Pero,como lle pasou á betanceira,quizais o seu sono non sexaeterno, porque o Centro deEstudios Medievais tenta de arecuperar, de convidala a saírda auga e a que suba ata apraza maior con tódoloshonores que lle correspon-den. Alí, no medio das demaisfiguras e persoaxes da Festada Historia, de seguro que seha de sentir a gusto e fachen-dosa, e ata pensará que otempo se detivo e ela seguesendo a mesma de sempre, ócomprobar que, como na súaépoca, Ribadavia é a capitalindiscutible de todas estasterras do Avia e do Miño, rega-das tódolos anos polos millei-ros de moios de viño que danas súas cepas ó chega-lo outo-no.

29 LALORE, CH.: “Le Dragon –vulgairement dit Chair-Salée–, de Saint Loup évêque de Troyes. Étude iconographique”, Annuaire administratif, statistique etcommercial du départament de l’Aube, 51, 1877, p. 150.30 CHAVES, L.: “Os oficios mecânicos de Coimbra”, O Instituto, 89, Coimbra, 1953, p. 363.31 MEURANT, R.: “Gèants et monstres d’osier”, Bulletin de la Société Royale Belge d’Anthropologie et de Préhistoire, LXXI, Bruxelles, p. 20.32 MALBRANKE, C.: “La Révolution française face aux gèants processionnels”, Comité Flamand de France, Lille, 1952.

Concello de Redondela, Vigo, 1987.--- : As penlas e a danza de espadas, Departamento de Cultura doConcello de Redondela, Vigo, 1987.--- : “A coca de Betanzos”, Anuario Brigantino, 15, Betanzos,1992.--- : A coca e o mito do dragón, Ir Indo, Vigo, 1993.--- : “A coca da Coruña”, Brigantium, 8, A Coruña, 1993/94.--- : “A becha de Ribadavia”, La Región, Ourense, 28-VIII-1994.--- : “Dúas manifestacións comúns a Portugal e a Galicia: a Cocae San Cristovo”, Actas do III Congreso de Historia da Antropoloxíae Antropoloxía Aplicada, Pontevedra, Santiago de Compostela,1997. MERUÉNDANO ARIAS, L.: Los judíos de Ribadavia, Ribadavia,1915.

BIBLIOGRAFÍA

a) Fontes documentaisArquivo histórico provincial de Ourense: Concello de Ribadavia.Idem: Concello de Ourense.(Ver Apéndice Documental. Páx. 103).

b) PublicaciónsCHAO REY, J.L.: “Bienvenida “A Becha”, coquetriz de Ribadavia”,La Región, Ourense, 21-XII-1996.Constituciones Synodales del Obispado de Tuid..., Compostela,1761.EIJÁN, S.: Historia de Ribadavia y sus alrededores, Madrid, 1920.GONZÁLEZ PÉREZ, C.: A Coca, Departamento de Cultura do