4
OBoletín Nº 3 SETEMBRO 2019 GALEGO Toma de posesión da nova Xunta de Go- berno COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA www.copoga.com EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer, polo seu traballo, aos nosos predecesores Juan Dios Tomé.- As miñas primeiras palabras como presidente deben ser de agradecemento e compromiso. En primeiro lugar, agradecemento aos nosos predecesores no cargo, polo seu traballo fronte á institución durante estes últimos 9 anos; polo alto lugar no que a deixan, polo seu agarimo durante os 4 anos nos que colaboramos, ao ser eu tamén membro da Xunta de Gober- no saínte, e tamén por un traspaso de poderes realmente exemplar. Tamén quero agradecer a confianza dos meus compañeiros actuais que acepta- ron enfrontarse a traballar pola profe- sión con ilusión. O listón quedou moi alto, pero, precisamente isto convérteo nun reto maior. O compromiso primordial do COPOGA é coa profesión e cos colexiados, que son a razón de ser e o motor fundamen- tal que dan sentido á existencia do Co- lexio. Os membros que compoñemos a Xunta de Goberno aceptamos este de- ber con ilusión, con ganas de traballar, pero tamén con prudencia e responsa- bilidade. A nova Xunta de Goberno do COPOGA tomou posesión dos seus cargos como consecuencia da celebración do proceso electoral que se convoca cada catro anos. Esta está composta por Juan Dios Tomé como presidente, acompañado de Rocío Dono Gago como vicepresidenta, Celia Sieiro Rodríguez como tesoureira, Cris- tina Fernández Espiño como secretaria, e Gonzalo Barros García, xunto a Martín Veiga Jalda, como vogais. O traballo da nova candidatura electa centrásese “en conseguir a incorpo- ración do podólogo ao Servizo Ga- lego de Saúde” sen abandonar “o bo funcionamento e os servizos que veñen prestando na actualidade; velando porque estes acheguen calidade, seguridade e garantías tanto aos podó- logos colexiados como á sociedade que demanda os seus servizos.” “Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia vemos como un alicerce básico das nosas accións, aquelas que se dedican á promoción e di- fusión na sociedade dos diferentes ámbitos da nosa profesión para axudar á cidadanía a coñecer e saber buscar a podólogos cualificados, para o que a colexiación é unha garantía de fiabilidade”, explica o novo presidente da organización colexial. É de vital importancia “pór en valor o labor que prestan os podólogos como sanitarios con ampla capacitación pro- fesional” Nesta nova etapa tamén se traballará a colaboración con outros colexios profe- sionais e na loita contra o intrusismo para a defensa tanto da saúde da cidada- nía como do sector. A formación continuada, o rigor nas intervencións podolóxicas e a cola- boración entre o coñecemento académi- co e o ámbito profesional son claves que imos seguir traballando dende o COPO- GA”, sinala Juan Dios. Juan Dios Tomé, presidente do COPOGA Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA Boletín€¦ · Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno. COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA. EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer,

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA Boletín€¦ · Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno. COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA. EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer,

OBoletínNº 3SETEMBRO 2019

GALEGO

Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno

COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA

www.copoga.com

EDICIÓN TRIMESTRAL

“Queremos agradecer, polo seu traballo, aos nosos predecesores Juan Dios Tomé.- As miñas primeiras palabras como presidente deben ser de agradecemento e compromiso.

En primeiro lugar, agradecemento aos nosos predecesores no cargo, polo seu traballo fronte á institución durante estes últimos 9 anos; polo alto lugar no que a deixan, polo seu agarimo durante os 4 anos nos que colaboramos, ao ser eu tamén membro da Xunta de Gober-no saínte, e tamén por un traspaso de poderes realmente exemplar.

Tamén quero agradecer a confianza dos meus compañeiros actuais que acepta-ron enfrontarse a traballar pola profe-sión con ilusión. O listón quedou moi alto, pero, precisamente isto convérteo nun reto maior.

O compromiso primordial do COPOGA é coa profesión e cos colexiados, que son a razón de ser e o motor fundamen-tal que dan sentido á existencia do Co-lexio. Os membros que compoñemos a Xunta de Goberno aceptamos este de-ber con ilusión, con ganas de traballar, pero tamén con prudencia e responsa-bilidade.

A nova Xunta de Goberno do COPOGA tomou posesión dos seus cargos como consecuencia da celebración do proceso electoral que se convoca cada catro anos.

Esta está composta por Juan Dios Tomé como presidente, acompañado de Rocío Dono Gago como vicepresidenta, Celia Sieiro Rodríguez como tesoureira, Cris-tina Fernández Espiño como secretaria, e Gonzalo Barros García, xunto a Martín Veiga Jalda, como vogais.

O traballo da nova candidatura electa centrásese “en conseguir a incorpo-ración do podólogo ao Servizo Ga-lego de Saúde” sen abandonar “o bo funcionamento e os servizos que veñen prestando na actualidade; velando porque estes acheguen calidade, seguridade e garantías tanto aos podó-logos colexiados como á sociedade que demanda os seus servizos.”

“Dende o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia vemos como un alicerce básico das nosas accións, aquelas

que se dedican á promoción e di-fusión na sociedade dos diferentes ámbitos da nosa profesión para axudar á cidadanía a coñecer e saber buscar a podólogos cualificados, para o que a colexiación é unha garantía defiabilidade”, explica o novo presidente daorganización colexial.

É de vital importancia “pór en valor o labor que prestan os podólogos como sanitarios con ampla capacitación pro-fesional”

Nesta nova etapa tamén se traballará a colaboración con outros colexios profe-sionais e na loita contra o intrusismo para a defensa tanto da saúde da cidada-nía como do sector.

“A formación continuada, o rigor nas intervencións podolóxicas e a cola-boración entre o coñecemento académi-co e o ámbito profesional son claves que imos seguir traballando dende o COPO-GA”, sinala Juan Dios.

Juan Dios Tomé, presidente do COPOGA

Xunta de Goberno do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia

Page 2: COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA Boletín€¦ · Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno. COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA. EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer,

2

SETEMBRO 2019BALANCE TRIMESTRAL

Coñeces os estudos biomecánicos da marcha?. Novo vídeo dedicado ao intrusismo

Un curso de cirurxía MIS en setembro e planifica-ción do próximo trimestre

Sesión teórica e práctica do curso de Iniciación á Cirurxía de Mínima Incisión.

Coa finalidade de continuar alertando aos cidadáns sobre as consecuencias ne-gativas que o intrusismo, no noso ámbito, pode levar na súa saúde, difundiuse por redes sociais o segundo vídeo da cam-paña “Non a xogues, visita o teu po-dólogo”.

Nesta ocasión o tema elixido foron os estudos da marcha e a importancia de acudir a profesionais sanitarios cua-lificados para a realización dos mesmos. Non esquezas colaborar coa difu-sión desta mensaxe e compartir nos teus propios perfís o vídeo, ao que podes acceder desde as nosas redes sociais.

No terceiro trimestre do ano organi-zouse o Curso de Iniciación de Mínima Incisión que se celebrou o día 28 de setembro en Santiago de Compostela. O curso foi impartido polo director do Máster en Cirurxía Mínima Incisión (MIS) na Universidade Católica de Va-lencia, Eduardo Nieto García e o profe-sor do Máster en Cirurxía MIS da UCV, e secretario da Asociación Española de Cirurxía de Mínima Incisión do Pé, San-tiago Nieto Farrán.

Tamén se abriu o prazo de inscrición ao Taller de Biomecánica do Corre-dor, impartido por Luís Enrique Roche, podólogo doutorado en biomecánica pola Universidade de Granada, que se

celebrará o vindeiro día 26 de outubro de 2019 e no que se decidiu a ampliar o nº de prazas debido ao rotundo éxitode inscricións; aínda así non foi posibleaceptar a unha gran parte das persoasque aínda están na listaxe de agarda.

O planing de formación do último tri-mestre do ano completarase cun Taller teório-práctico de Ortesioloxía Dixital, que impartirá o profesor Salo-món Benhamú Benhamú o día 30 de novembro na sede colexial e un Semi-nario Informativo sobre Actuali-zación en Lexislación, Protección de Datos e Contratación Laboral para Podólogos na mañá do día 14 de decembro.

Fragmento do segundo vídeo, dedicado ao intrusismo

O 8 de Outubro conmemoramos con orgullo o noso labor profesionalO ano pasado a FIP-IFP (International Federation of Podiatrists) decidiu levar unha campaña anual de concienciación sobre a importancia da saúde do pé en-tre o público xeral e outros profesionais da saúde o día 8 de outubro, nacendo así o Día Internacional da Podiatría.

Este é o segundo ano que se celebra e dende o Consejo General de Colegios Oficiales de Podólogos pídennos que nos unamos a eles para facer chegar este día á maior poboación posible.

Dende a IFP están a realizar vídeos e infografías que publican nas súas redes

sociais e que animan a compartir nas de todos os colexiados/as; ademais disto, no que respecta ao día 8 de outubro en concreto, propoñen que os profesio-nais nos realicemos selfies do noso traballo como podólogos e que os publiquemos (se é posible co logo-tipo do DIP) coas seguintes etiquetas estándar, ademais dos vosas propias: #LosPiesImportan #DíaInterna-cionaldelaPodiatría #Derrotala-EnfermedaddelPie #FeetMatter #InternationalPodiatryDay #FI-PIFP #DefeatFootDisease

Gonzalo Barros García, selfie conmemorativo 8 de outubro

Page 3: COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA Boletín€¦ · Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno. COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA. EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer,

3

Nº3 ACTUALIDADE

Coñeces a historia de Xanciño?

Yolanda Rial Vázquez, pedagoga

O Día Internacional da Podoloxía en Galicia pon o foco nos nenos e nos juturos profesionais

Como adiantabamos no anterior boletín o Colexio Oficial de Podólogos de Gali-cia editou un conto infantil, escrito polapedagoga Yolanda Rial Vázquez, coa in-tención de achegar aos máis pequenosaspectos craves dos pés.

O libro cóntanos a historia de como Xan-ciño, o protagonista, decide crear o mes-mo unha especie de robot que substitúa aos seus xoguetes, sen ser consciente de que se esqueceu de engadirlle os pés e a importancia que teñen estes para soster o seu peso.

Este conto infantil distribuirase, con motivo do Día da Podoloxía, entre os Colexios de Infantil de Galicia, acom-pañado de 120.000 dípticos de pé infantil “os pés dos teus fillos non son cousas de nenos” para os pais e contará co apoio dun vídeo que ensinará aos máis pequenos como fabricar un robot como o de Xanciño.

Cartel do acto do Día Internacional de Podoloxía

Dende o Colexio Galego non po-diamos deixar pasar a oportu-nidade de celebrar o Día da Po-doloxía; este ano organizando, en colaboración coa Facultade de Po-doloxía (UDC) unha Xornada de pé Infantil, que se celebrará en horario de 10.30 a 13.30h no Salón de Ac-tos do Vicerreitorado da Facultade de Podoloxía, onde impartirán as char-las “Podoloxía na infancia: Pés e trope-zóns” pola profesora Carolina Rosen-de Bautista, “O pé infantil ben merece unha tese” pola colexiada Ana Requeijo Constenla e “Actuación ortopodolóxica no pé infantil” da profesora Fátima San-

talla Borreiros.

Tamén se realizará un acto de conmemoración polo Día Mundial da Podoloxía e a presentación do conto infantil “Só tres letras teño, pero ou teu peso sosteño” escrito pola pedagoga Yolanda Rial Vázquez.

Todos os colexiados estades convi-dados a asistir a esta xornada na que se agasallará aos asistentes cunha copia do conto infantil que se pre-senta e que, tal e como xa sabedes, esta sendo distribuído por toda a xeografía galega.

José Rebollido.- Ante a realidade de que cer-tos profesionais que, cotizando no réxime de autónomos, son considerados pola xurispru-dencia como traballadores por conta allea, os colexiados deben ter en conta de que existen indicios dunha relación laboral (por conta allea) se;

- Os podólogos desempeñan as súas tarefasprofesionais durante o horario de aperturaao público da clínica, aínda que teñan distin-tas xornadas.

- Os pacientes abonan o importe da facturadirectamente á clínica, e esta ingresa men-sualmente a cada facultativo unha cantidadeproporcional ao número de traballos realiza-dos.

- Os prezos cobrados a cada paciente fosenexactamente os mesmos independente doprofesional que os atendeu.

Se se cumpren estes requisitos convén revi-sar a existencia de *ajeneidad ou non na re-lación laboral.

En definitiva, aínda que nestes supostos ha-berá que revisar o caso concreto e ter en con-ta todas as circunstancias para determinar se existen relacións laborais ou mercantís, dase gran importancia a se os podólogos asumen as consecuencias da falta de pagamento dos servizos prestados por parte dos clientes, es-timando que tal circunstancia é fundamental á hora de determinar a natureza xurídica da relación.

Falsos autónomos en podoloxía

José Rebollido, asesor fiscal do COPOGA

Portada do conto infantil “Só tres letras teño, pero o teu peso sosteño”

Page 4: COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA Boletín€¦ · Toma de posesión da nova Xunta de Go-berno. COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA. EDICIÓN TRIMESTRAL “Queremos agradecer,

Vía Láctea Comunicación.- A podoloxía é unha especialidade sanitaria destinada ao estudo, diagnóstico e tratamento de enfermidades que afectan ao pé, aínda que interfere en aspectos moi diversos da saúde en xeral. A diversidade temática axuda a difundir multitude de temas no-ticiosos cos que o Colexio de Podólogos de Galicia alcanzou este 2019 un gran im-pacto mediático.

Un exemplo diso é a nota de prensa sobre os coidados dos pés das mulleres emba-razadas, unha información nova que re-colleron El Correo Gallego, o suplemento YES de La Voz de Galicia e o dixital Con Salud, ademais de facer entrevistas en Radio Voz Galicia, COPE Vigo, COPE Pontevedra, Radio Galega, RNE Galicia e Radio Pontevedra.

Coa chegada do verán, e xa como é habi-tual nos últimos anos, distribuíuse unha noticia sobre o coidado dos pés dos pere-

grinos, un tema que esperta moito intere-se entre os medios de comunicación polo aumento de peregrinos en todas as rutas xacobeas. Publicouse en El Correo Galle-go, La Voz de Galicia-Santiago, Europa Press, La Región, La Opinión, Revista Diez Minutos, 16 cimas e Diario Santiago. Ademais, os portavoces do Colexio reali-zaron entrevistas no programa A Revista de TVG, Radio Galega, Onda Cero Lugo, Radio Voz Compostela, COPE Vigo e Ra-dio Pontevedra.

Xa no verán, enviáronse dúas informa-cións aos medios, unha sobre a protec-ción dos pés do sol e os fungos e outra sobre a necesidade dunha hidratación exhaustiva. Publicáronse nas páxinas da sección Al Sol de La Voz de Galicia, La Voz de Galicia-Santiago, El Correo Ga-llego, en Infosalus da axencia Europa Press, na sección dixital Estar bien da revista HOLA, e noutros medios dixitais como Galicia Confidencial, Galicia Press,

compostela24horas, La Voz de Asturias, Valencia Praza, e na web da cadea COPE. Ademais, os membros da xunta de gober-no realizaron entrevista en Radio Galega, Radio Voz Galicia, Radio Voz Ourense e Radio Intercoruña.

Pero tamén se abordaron cuestións rela-cionadas co pé infantil, cunha informa-ción a principios de anos sobre o calza-do para os nenos e outra nota de prensa no mes de setembro para a volta ao cole. Conseguiuse unha gran repercusión in-formativa, con noticias no YES de La Voz de Galicia, La Voz de Galicia Santiago, O Correo Galego, ABC Galicia, Infosalus de Europa Press e no portal dixital Con Salud. En medios audiovisuais fixéronse entrevistas en Radio Galega, Radio Voz Galicia, Radio Pontevedra e Radio Meli-de, ademais dunha entrevista en directo no estudio do programa A Revista Fin de Semana de TVG.

0 COPOGA nos medios de comunicación

SETEMBRO 2019COLEXIO OFICIAL DE PODÓLOGOS DE GALICIA

Juan Dios Tomé na Revista Fin de Semana da TVG

Paloma Sánchez-Martínez.- Os avogados enfrontámonos a varios problemas á hora de denunciar o intrusismo profesional, entre eles, os máis recorrentes son a difi-cultade para atopar testemuñas dispostas a declarar, a pouca conciencia social, a permisibilidade das institucións nos casos dubidosos e que as penas non son eleva-

das.Aínda así o Colexio segue traballando niso e lembrámosvos que está á vosa disposi-ción na páxina web colexial o formulario de denuncia, desde o cal podedes pór en coñecemento do Colexio aqueles casos dos que teñades constancia.

A dificultade de loitar contra o Intrusismo

Paloma Sánchez Martínez- Zárate, asesora xurídica do Colexio