Upload
others
View
1
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
COMPRENSIÓN LECTORA A TRAVÉS DE CONTOS
Imos a traballar estos contos:
- A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.
- Elmer.
- A casa da mosca chosca.
- O coelliño branco.
- Garavanciño.
- A bruxa regañadentes.
Non pasa nada se non os tendes na casa, a continuación déixovos os enlaces para visualizalos en youtube.
O traballo e ler o libro ou visualizalo dúas veces e facer a ficha de comprensión lectora do mesmo. Despois revisar se se contestou correctamente. Facer un conto semanal.
https://www.youtube.com/watch?v=zJmzxjZPO_o
https://www.youtube.com/watch?v=T3u0AoA-E-s
https://www.youtube.com/watch?v=CfzEpFwj1_E
https://www.youtube.com/watch?v=C7S8TGTGtKs
https://www.youtube.com/watch?v=6m7TUj0VT8k
https://www.youtube.com/watch?v=PB4haxhiEAA
A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA.
1. Quen é a protagonista do conto?
2. Por qué está enfadada a toupiña?
3. A que animais lle preguntou a toupiña?
4. Quen é o que fai asi.......
Muuuuu!! _______________________________________________
Oink, oink!! _____________________________________________
5. Que insecto sae no conto?
6. Quen lle fixo caca na cabeza á toupiña?
7. Que significa que a toupiña era curta de vista?
8. Como se chamaba o can do carniceiro?
9. Onde vive a toupiña?
10. Algunha vez che fixeron caca na cabeza? Quen foi?
Fai un debuxo da parte do conto que máis che gustara:
ELMER
1. Que tipo de animal era Elmer?
2. Como era Elmer?
3. Que pensaba a noite que non podía durmir?
4. Con que froita se refregou Elmer?
5. Que pasou cando a chuvia caeu por riba de Elmer?
6. Como celebran o día de Elmer?
Colorea a Elmer. Cada cadriño dunha cor diferente.
Busca 5 ELMER na sopa de letras. Repasa os diferentes elefantes.
Axuda a Elmer a chegar ao bosque
Recorta e pega por orde as ilustracións do conto e escribe debaixo de cada unha unha oración contando o que ocorre.
Propostas de manualidades con Elmer para facer na casa
A CASA DA MOSCA CHOSCA
1. Onde vivía a Mosca Chosca?
2. Que preparou a mosca para inaugurar o seu fogar?
3. Cantas banquetas e pratos colocou?
4. Que animais foron convidados?
5. Como rematou o conto?
6. Pareceche ben o final do conto? Por que?
7. Dos convidados á mesa (escaravello, morcego, sapo, moucha, raposa, lobican, oso). Cal é o teu favorito? Escribe como se presenta ese personaxe cando entra á casa.
8. Debuxa o teu convidado favorito.
9. Repasa e colorea estos personaxes.
QUEN CHEGOU Á CASA DA MOSCA CHOSCA? ORDE PERSONAXE NOME
1º
Escaravello Revello
PROPOSTA DE MANUALIDADES DO CONTO
COELLIÑO BRANCO
1. Para que foi por coles o coelliño branco?
2. Quen se meteu na súa casa mentres foi á horta?
3. A que animais pediu axudan o coelliño e non lle axudaron? Por que?
4. Que pequeno animal decidiu axudar ao coelliño branco?
5. Como entrou na casa a formiga?
6. Como botou da casa a formiga á cabra?
7. Colorea estes debuxos do conto e escribe o que ocorre:
MONTA O TEU COELLIÑO
GARAVANCIÑO 1. Por que seus pais lle puxeron de nome Garavanciño?
2. Que ingrediente lle faltaba á nai para facer o xantar?
3. Por que a nai non quería que Garavanciño saíse só da casa?
4. Que tivo que facer para que lle atendera o tendeiro?
5. Onde se escondeu Garavanciño da chuvia?
6. Que dicía cando chamaba aos seus pais dentro do boi?
7. Como saiu do boi?
DEBUXA Á TÚA MANEIRA O MUNDO DE GARAVANCIÑO Á TÚA MANEIRA A PARTIR DO MONTÍCULO CENTRAL
REPASA E COLOREA AO TENDEIRO E ESCRIBE QUE ALGO QUE DIRÍA.
A BRUXA REGAÑADENTES
1. Onde lles decía a nai aos tres irmáns que non podían ir?
2. Como eran os dentes da bruxa?
3. De que estaba feito o valado da casa da bruxa?
4. Cal dos irmáns viu a casa dende o alto do bosque?
5. Que lle pediu de cear o irmán pequeno á bruxa para poder durmir?
6. Cales eran os obxectos máxicos da bruxa?
7. Escribe en que se converteu cada obxecto máxico:
O xabón ________________________________________________
O peite __________________________________________________
O coitelo _________________________________________________
8 Repasa e colorea a bruxa e despois escribe como é. Podes usar estas palabras para axudarte:
fea - dentes de ferro - nariz moi longo - cabelo branco- vella -malvada
DEBUXA A BRUXA VOANDO NA SÚA VASOIRA
AQUÍ TES A GAIOLA DA CASA DA BRUXA. DEBUXA OS TRES IRMÁNS NUNHA CARTOLINA E PÉGAOS ENCIMA
UNE OS PUNTOS E DESCUBRE A IMAXE. COMEZA NO 1