Upload
dinhmien
View
218
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
II XUNTA DE GALlCIAD CONSELLERíA DE SANIDADE O SERVIZO Dirección de Recursos Humanos., GAlEGO
de SAÚDE
Asunto: Regulación da concesión da situación administrativa de excedencia
por coidado de fi/las, fi/los e familiares ao cargo do persoal estatutario das
institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Orixe: Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.
Ámbito: Servizos de persoal dos centros de xestión de atención especializada
e atención primaria, servizos de recursos humanos das Direcci6ns Provinciais
do Servizo Galego de Saúde e servizos de persoal das fundacións e empresas
públicas sanitarias de Galicia.
A Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público (EBEP)
recolle, dentro das situacións administrativas reguladas no seu título VI, a
excedencia por coidado de familiares (artigo 89, apartados 1.c) e 4). Excedencia
que abrangue, na condición de beneficiarios, tanto os fillos e fillas por natureza,
adopción ou acollemento permanente ou preadoptivo; como os familiares que se
encontren ao cargo do empregado público, ata o segundo grao de
consanguinidade ou afinidade, sempre que por razóns de idade, accidente,
enfermidade ou discapacidade non poidan valerse por si mesmos e non
desempeñen unha actividade retribuida.
o Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto
refundido da Lei da función pública de Galicia incorpora á súa regulación, no
apartado 4 do artigo 57 e baixo a rúbrica "Excedencia para o coidado de fil/as,
fil/os e familiares", a devandita situación administrativa, cunha redacción idéntica
no substancial á recollida no EBEP.
En ambas as normas establécese que o tempo de permanencia nesta situación
será computable para os efectos de trienios, carreira e dereitos no réxime da
Seguridade Social que sexa aplicable, así como a reserva, cando menos durante
dous anos, do posto desempeñado. Reserva que pasará a ser dun posto na
recu rsos. [email protected]. 881 5428 DO- Fax 881 542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxina 1 de 8XACOBEO 2010GALlCIA
II XUNTA DE GALlCIACONSELLERiA DE SANIDADE qSJ SERVIZO Dirección de Recursos Humanos
., GALEGOde SAÚDE
mesma localidade e de igual retribución ao transcorrer ese período.
Pola súa vez e logo da entrada en vigor das leis descritas, é de xeral aplicación
nas ofertas públicas de emprego e nos concursos de traslados convocados polo
Servizo Galego de Saúde, o criterio de que os períodos nos que os aspirantes
permanecen na excedencia por coidado de familiares, deberán ser valorados
como tempo efectivo de servizos prestados, para os efectos dos baremos de
méritos. Este criterio incardínase no cumprimento do principio de igualdade no
emprego público, así como na garantía e promoción da protección da maternidade
e a conciliación da vida persoal, familiar e laboral; aos que este organismo público
está obrigado pola súa condición.
Por outra parte, constitúe un principio esencial do ordenamento xurídico,
consagrado no Código Civil español, a esixencia de interpretar as normas
segundo o sentido propio das súas palabras, en relación co contexto, os
antecedentes históricos e lexislativos, e a realidade social do tempo no que deben
aplicarse, atendendo fundamentalmente ao espírito e finalidade daquelas (artigo
3° Cc.).
o propio Código Civil determina, así mesmo, que o exercicio de calquera dereito
deberá realizarse en todo CasOconformé asesixencias da boa fe, proscribindo o
abuso do dereito ou o exercicio antisocial deste (artigo 7°). E establece asemade
que todo acto ou omisión que pola intención do seu autor, polo seu obxecto ou
polas circunstancias en que se realice, exceda manifestamente os límites normais
do exercicio dun dereito, con dano para terceiro, dará lugar -entre outros
aspectos- á adopción das medidas administrativas que impidan a persistencia no
abuso.
No entanto, tras os últimos procesos de selección e provisión convocados por
este organismo, vénse apreciando un crecente e progresivo incremento das
solicitudes de excedencia por coidado de familiares, focalizadas de xeito particular
nos aspirantes que acadan os seus destinos nas institucións sanitarias má[email protected]. 881542800 - Fax 881542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxina 2 de 8
•f& XACOBEO 2010::m ~ GALlCIA
IIXUNTA DE GALlCIACONSELLERIA DE SANIDADE r& SERVIZO Dirección de Recursos Humanos
" GAlEGOde SAÚDE
afastadas dos principais núcleos de poboación da Comunidade Autónoma. Logo
do cal e unha vez obtida a devandita situación administrativa, boa parte deses
solicitantes pasan a prestar os seus servizos na mesma categoría profesional ou
noutra categoría do seu mesmo ámbito funcional, noutros centros,
establecementos, entidades e institucións sanitarias, mesmo pertencentes ao
propio Sistema Nacional de Saúde, a través de diversas figuras contractuais ou de
nomeamentos administrativos.
Oeste xeito, coa práctica descrita estase a deturpar a finalidade da excedencia por
coidado de familiares, que non é outra que procurar a atención das fillas ou fillos
menores ou dos familiares dependentes ao cargo dos solicitantes. Producíndose
realmente un efecto alleo a aquela e non pretendido polo ordenamento, cal é o só
propósito de evitar a prestación de servizos en localidades e centros non
apetecidos polos destinatarios, cando non o de acceder directamente a outros
postos da súa mesma categoría á marxe da normativa reguladora dos sistemas
de cobertura e provisión de prazas do persoal ao servizo das Administracións
Públicas. Cando, porén, o tempo transcorrido na devandita excedencia resultará
computado nos seguintes procesos de mobilidade nos que vaian participar eses
mesmos profesionais.
A citada conduta pugna directamente co disposto no artigo 7° do Código Civil,
plenamente aplicable ás relacións in ter partes suxeitas ao ordenamento xurídico
administrativo. Sobre todo, tendo en conta as dificultades de substitución de
profesionais e cobertura asistencial naqueles centros e hospitais (sobre todo
comarcais) nos que se concentra a meirande parte das situacións descritas. O cal
supón un importante prexuízo para a asistencia sanitaria que este servízo de
saúde ten o deber de garantir.
Xa que lago, resulta necesano articular un procedemento a través do ea! se
reconduza a concesión das excedencias por coidado de familiares á finalidade
desta situación administrativa, evitando asemade, ou reducindo na medida do
posible, situación s que privilexien inxustificadamente a uns profesionais sobre [email protected]!. 881 542800· Fax 881 542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 . Santiago de Compostela . A Coruña
Páxina 3 de 8
•
~ ~ XACOBEO 2010~ ~ GALlCIA
• XUNTA DE GALlCIAH CONSELLERiA DE SANIDADE V SERVIZO Dirección de Recursos Humanos., GALEGO
de SAÚDE
resto de participantes nos procesos de selección e provisión, con base no emprego
abusivo da excedencia.
Polos motivos expostos, dítanse as seguintes
INSTRUCIÓNS
Primeira.- Obxecto e ámbito de aplicación.
As presentes instrucións teñen por obxecto establecer o procedemento de
concesión da excedencia para o coidado de fillas, fillos e familiares prevista no
artigo 57.4 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o
texto refundido da Lei da función pública de Galicia; segundo o artigo 89.4 da Lei
7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público. E aplicaranse
ás solicitudes de excedencia formuladas polo persoal estatutario ao servizo das
institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e das fundacións e empresas
públicas sanitarias integrantes do Sistema Público de Saúde de Galicia.
Segunda.- Solicitude da excedencia para o coidado de fillas, fillos e
familiares.
1.- As solicitudes da excedencia realizaranse a través do modelo normalizado que
se xunta como anexo ás presentes instrucións, e irán dirixidas á Dirección Provincial
do Servizo Galego de Saúde correspondente ao centro de destino do/a
interesado/a, para os efectos de que aquela emita a pertinente resolución de
declaración da situación administrativa, de conformidade coas competencias
atribuidas na Orde do 15 de xuño de 2009 sobre delegación de competencias en
órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde.
2.- As persoas interesadas deberán cubrir obrigatoriamente todos os datos
precisados no devandito modelo, achegando asemade a documentación requirida
[email protected]!. 881 542800 - Fax 881 542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxina 4 de 8
•
~. '& XACOBEO 2010~ ~ GALlCIA
IIXUNTA DE GALlCIACONSELLERiA DE SANIDADE
~
SERVIZO Dirección de Recursos Humanos'"" GALEGO
de SAÚDE
nel. De non facelo, as súas solicitudes serán desestimadas.
De xeito particular, e con base no preceptuado no artigo 89.4 do Estatuto Básico do
Empregado Público e no artigo 57.4 do texto refundido da Lei da función pública de
Galicia,apersoasoliCitantedeberáfacer -constar, .atra'lés dun:fla declaraciÓn
xurada, que ningún outrola empregadola públicola goza da excedencia polo mesmo
suxeito causante.
3.- As solicitudes de concesión da excedencia deberán ser resoltas pola Dirección
Provincial correspondente e notificadas ás persoas interesadas no prazo máximo de
dous meses, desde a súa recepción. Transcorrido o dito prazo sen notificarse a
resolución expresa, as solicitudes entenderanse estimadas.
Terceira.- Comunicación da realización de actividades retribuidas.
Segundo se fará constar no propio modelo normalizado de solicitude, os
profesionais aos que se lIes conceda a excedencia para o coidado de fillas, fillos e
familiares deberán comunicar, por escrito dirixido ao seu centro de destino, o
comezo de calquera prestación de servizos retribuídos por conta propia ou allea
durante a vixencia da excedencia. Esta comunicación levarase a cabo xuntando
unha copia compulsada do correspondente contrato laboral ou nomeamento
administrativo coa maior brevidade posible e, en todo caso, co límite máximo dos
dez días seguintes ao comezo da nova activídade.
eo fin de que o Servizo Galego de Saúde teña coñecemento debidamente
actualizado da actividade destes profesionais, a Dirección de Recursos Humanos
poderalles requirir de oficio, durante a vixencia da excedencia, información relativa
ao seu réxime de prestación de servizos (xornada, horario, lugar de traballo ou
outras condicións de prestación).
A información referida no parágrafo anterior limitarase, exclusivamente, ao obxecto
recursos. [email protected]. 881 542800 - Fax 881 542818Edificio Administrativo San Lázaro. sIn15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxina 5 de 8XACOBEO 2010GAlICIA
II XUNTA DE GALlCIAHCONSELLERIA DE SANIDADE r& SERVIZO Dirección de Recursos Humanos., GAlEGO
de SAÚDE
de promover a análise e estudo de posibles medidas de f1exibilización do horario ou
lugar de traballo nas institucións do Sistema Público de Saúde de Galicia, para os
efectos de aliñar, na medida do posible, as necesidades da organización sanitaria
coas dos propios profesionais. De xeito que se posibilite acadar, no marco do
ordenamento xurídico vixente, o obxectivo pretendido co goce da excedencia por
coidado de fillas, fillos e familiares, sen necesidade de solicitar esta.
Cuarta.- Efectos da realización de actividades retribuídas durante o período da
excedencia.
1.- A prestación de servizos retribuidos durante todo ou parte do periodo de goce
da excedencia para o coidado de fillas, fillos e familiares, previamente comunicada
polo/a interesado/a, será obxecto de valoración, de ser o caso, nos futuros procesos
selectivos nos que estela participe.
As citadas actividades profesionais serán avaliadas dentro da epígrafe de
experiencia profesional recollida no baremo da convocatoria do concurso-oposición,
ou concurso de traslados, correspondente, se resulta procedente de acordo cos
diferentes apartados da devandita epígrafe en atención á natureza -pública ou
privada- do centro, establecemento, empresa, institución ou entidade na que ola
interesado/a prestase os seus servizos. Servizos que poden abranguer os prestados
na mesma categoría profesional ou noutra categoría do mesmo ámbito funcional á
de orixe.
Para tal efecto, os interesados deberán remitir á Dirección de Recursos Humanos
do Servizo Galego de Saúde unha copia da comunicación e a documentación
xustificativa recollida na instrución terceira, no prazo que se determine por este
órgano directivo no seo do proceso selectivo de que se trate, co fin de que o tribunal
cualificador, ou a comisión de valoración correspondente, poidan valorar os citados
serv'izos nos teímos da convocatoria consonte as presentes instrucións.
recu [email protected]!. 881542800· Fax 881542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 . Santiago de Compostela . A Coruña
Páxina 6 de 8XACOBEO 2010GALlCIA
liIXUNTA DE GALlCIAD CONSELLERIA DE SANIDADE~
SERVIZO Dirección de Recursos Humanos., GALEGO
de SAÚDE
Sen prexuízo do anterior, e coa finalidade de facilitar o proceso de valoración de
méritos nestes supostos, a Dirección de Recursos Humanos solicitará de oficio a
devandita documentación a todos os aspirantes dos que conste que teñen
concedida esta excedencia.
2.- No suposto de que se verifique, ben a través da intervención de organismos
como o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade
Social, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, ou como consecuencia dos
mecanismos de control que se establezan, que ola interesadola desempeñou
unha actividade retribuida durante o período da excedencia por coidado de
familiares, e sen que aquela fose previamente comunicada nos termos das
presentes instrucións, procederá a revogación da excedencia concedida.
Revogación qu'e suporá a declaración simultánea dola interesado/a na situación
de excedencia voluntaria, recollida nos artigos 62 e 67 da Lei 55/2003, do 16 de
decembro, do Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde.
Esta revogación levará aparellada a non valoración deses servizos nos procesos
des~l~cGión e provisión nos que participen as persoas afectadas, duranteo
tempo no que se manteña a excedencia e ata a data da reincorporación ao
servizo activo das devanditas persoas.
A revogación será declarada por medio dunha resolución expresa desta Dirección
de Recursos Humanos, logo da apertura do correspondente expediente
administrativo. A dita revogación será así mesmo comunicada de xeito inmediato
á Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde á que estea adscrito o centro
de destino do/a profesional afectado/a, ou ao órgano que, de ser o caso e de
conformidade coa normativa en materia de estrutura orgánica e delegación de
competencias, en cada momento vixente, teña encomendada a competencia
relativa á declaración das situacións administrativas.
A resolución que, de ser o caso, declare a revogación da excedencia por coidado
recursos. [email protected]!. 881542800 - Fax 881542818Edificio Administrativo San Lázaro. sin15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxina7 de 8XACOBEO 2010GALlCIA
· . 11XUNTA DE GALlCIAD CONS:LLERiA DE SANIDADE~
SERVIZO Dirección de Recursos Humanos'"" GALEGO
de SAÚDE
de familiares e o pase á situación de excedencia voluntaria, porá fin á vía
administrativa. Polo que contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-
administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa
notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, de
conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da
Xurisdicción Contencioso-Administrativa, ou potestativamente e con carácter
previo, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado
a partir do día seguinte á súa notificación.
o de Compostela, 14 de setembro de 2010.
a de Recursos Humanos
ández Lago
DIRECCIÓNS PROVINCIAIS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE
CENTROS DE ATENCiÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA
FUNDACIÓNS E EMPRESAS PÚBLICAS DO SISTEMA PÚBLICO DE SAÚDE DE
GALlCIA
[email protected] 881 542800 - Fax 881542818Edificio Administrativo San Lázaro, s/n15703 - Santiago de Compostela - A Coruña
Páxiná 8 de 8XACOBEO 2010GALlCIA
Dirección de Recursos Humanos11XUNTA DE GALlCIAUCONSELLERiA DE SANIDADE~
SERVIZO'..... GALEGO
de SAÚDEANEXO
SOLlCITUDE DE EXCEDENCIA PARA O COIDADO DE FILLAS, FILLOS E FAMILIARESAO CARGO DO PERSOAL ESTATUTARIO DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE E O SISTEMA
PÚBLICO DE SAÚDE DE GALlCIA '
INTERESADO/A (Nome e apelidos) .
DNI: Enderezo: .
Con ce 110: ,........................................................................ Prov incia: .
Te Iéfo no/s de co ntacto: / / .
Categ o ria profes io nal: .
Centro de destino: .
SOLICITA
o A excedencia para o coidado do seu fillo/da súa filla, de conformidade cos seguintes datos:
- Data de inicio do permiso maternal: de do 20 .
- Data de finalización do permiso maternal: de do 20 .
- Data de nacemento do/a fiIIo/a: de do 20 .
- Data de inicio da excedencia: de do 20 .
o A excedencia para o coidado dun familiar ao seu cargo, con inicio na data do (indicar):
................. de do 20 .
Ola solicitante abaixo asinante manifesta que son certos os datos que se fan constar na presentesolicitude, á que achega os documentos que ao pé se relacionan, e declara que non desempeñaactividade que poida impedir ou menoscabar o coidado persoal da filla, fillo ou familiar ao seu cargo .
. de de 20 .
Sinatura:
Documentación a achegar coa solicitude:
o Fotocopia do Libro de Familia (para o caso da excedencia por coidado de fillo!a).
o Acreditación do parentesco (para a excedencia por coidado de familiar).
o Certificación ou acreditación de que o familiar se enconlra a cargo dota solicitante (para a excedencia por coidado de familiar).
o Informe médico acreditativo do accidente ou enfermidade e da imposibilidade do famIliar para valerse por si mesma.
o Declaración xurada dota Interesado!a de que durante a vixencia temporal da excedencia queda obrigado!a a po~er en co~ecemento destecentro calquera prestación de servizos retribuidos xuntando copia compulsada do correspondente contrato QU nomeamento subscrito, no prazodos 10 dlas inmediatamenle posteriores ao comezo da súa efectiva prestación de servizos. O incumprimento desta obrigación levar~ consigo arevogación da excedencia concedida (para ambos tipos de excedencia).
rU:¡!l~I¡¡ración xurada sJp!ainteresado!a de que ningún outro!a empregado!a público!a goza da excedencia polo mesmo suxeito causante (paral'¡¡{5O'J19~J1~rS1t\l¡¡eñ~ígas.eswww.sergas.esTe!. 881542800 - Fax 8815428 18 .~ XACOBEO 2010Edificio Administrativo San Lázaro, sin . GAlletA15703 - Santiago de Compostela - A Coruña ~