4
A memoria é o tema esencial da obra. Os meus libros son como motas de po. Hai unha imaxe que explica moi ben como se vai formando unha historia, que é como esas pelotiñas de po que se forman grazas a que hai un pelo no seu centro. Neste caso o “pelo” de Ardalén foi un poema que escribín nos anos 1984-86 que falaba de alguén que vivía no alto dun monte, pero esa persoa era e se sentía un náufrago sen ter saído dos altos da serra. A sensación de naufraxio interior é o que quería expresar no poema. Quedou aí en espera, pero co paso do tempo vanse acumulando feitos, traballos, debuxos, escritos, que nun momento dado acaban por coincidir, como unha bola de neve á que se lle van pegando cousas. Na miña cabeza teño tamén a sensación desas noites de Pub onde é difícil falar e entenderse e, neses caso, se me dá por observar os humanos falando entre ruído e fume e copas, sen escoitarse, asimilados a peixes que boquexan, pechados nun acuario. Estas ideas originaron antes a película “De profundis”. Non podería facer Ardalén sen ter feito antes De profundis (e tardei catro anos en facelo, con 53 anos). Tiña un náufrago e foron aparecendo os símbolos, un ser na montaña rodeado de peixes e augamares. Comezou o proceso narrativo de montar

Conversa con Miguelanxo Prado

  • Upload
    ana-sio

  • View
    214

  • Download
    1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Conversa con Miguelanxo Prado no café La Historia en Vigo

Citation preview

Page 1: Conversa con Miguelanxo Prado

A memoria é o tema esencial da obra. Os meus libros son como motas de po. Hai unha imaxe que explica moi ben como se vai formando unha historia, que é como esas pelotiñas de po que se forman grazas a que  hai un pelo no seu centro. Neste caso o “pelo” de

Ardalén foi un poema que escribín nos anos 1984-86 que falaba de alguén que vivía no alto dun monte, pero esa persoa era e se sentía un náufrago sen ter saído dos altos da serra. A sensación de naufraxio interior é o que quería expresar no poema. Quedou aí en espera, pero co paso do tempo vanse acumulando feitos, traballos, debuxos, escritos, que nun momento dado acaban por coincidir, como unha bola de neve á que se lle van pegando cousas.

Na miña cabeza teño tamén a sensación desas noites de Pub onde é difícil falar e entenderse e, neses caso, se me dá por observar os humanos falando entre ruído e fume e copas, sen escoitarse, asimilados a peixes que boquexan, pechados nun acuario.

Estas ideas originaron antes a película “De profundis”. Non podería facer Ardalén sen ter feito antes De profundis (e tardei catro anos en facelo, con 53 anos).

Tiña un náufrago e foron aparecendo os símbolos, un ser na montaña rodeado de peixes e augamares. Comezou o proceso narrativo de montar unha liña temporal, antecedentes, causas, os porques… Imaxinei un home de idade avanzada, empecei a esbozar a súa biografía. Tiña un só personaxe, pensei que necesitaba un interlocutor para el. Así aparece a muller de corenta anos, separada, como arquetipo ou paradigma dese momento en que albiscamos que o conto chinés do futuro non é nada. Esta sospeita levoume a valorar o pasado, a memoria. De aí a busca do avó da protagonista Sabela, que lle fai entrar en contacto

Page 2: Conversa con Miguelanxo Prado

con este home náufrago e tecer un pano en común cos fíos da memoria de cada un: lembranzas.

Esta historia fixo que me implicara –cousa que non adoito facer coas miñas historias escritas- e comecei a lembrar os propios dilemas que eu tiven coa memoria. Somos o que recordamos, pensei. Eu non son o que planifico ser. Hoxe penso moito en recordos. Pero a memoria é inexacta, deformada. Empecei a documentarme sobre a memoria e ao final saíu isto, unha historia sobre a memoria en clave de “realismo máxico”. Somos memoria, somos porque lembramos, se non temos memoria non podemos querer a ninguén, nin odiar nin nada. Para desenvolver os sentimentos necesitamos a memoria. Podemos preguntarnos  se o recordo é algo que temos ou algo que perdimos (Woody Allen, Outra muller). Poño o exemplo do filme “Blade Runner”, onde os androides tiñan problemas e desequilíbrios psicolóxicos porque non tiñan pasado. Tamén existen as proxeccións de futuro, isto é único na nosa especie. Ata para o futuro necesitamos a memoria, para proxectarnos e saber que queremos ser. No libro plásmase a angustia que os ocos da memoria producen, e despois están as memorias que están ao redor.  Somos, pero tamén somos o eu social, que é o que lembran os demais. “Cando morres, todo o que queda son os recordos que creaches na vida dos demais”, dicía un personaxe do filme “My blueberry nights” de Wong-Kar-Wai.

En Ardalén quixen introducir falsos artigos científicos, falsos documentos que parecen moi verosímiles, quixen facer unha reconstrución documentada nos detalles (barco, liña trasatlántica, actas xudiciais…) para tirar do lector e que sentise esa parte real que hai nesta historia de realismo máxico.

No fondo hai unha pátina de nostalxia, de melancolía inevitable, pero non hai un final escuro nin traumático. Podo dicir que teño unha relación feliz coa memoria, o meu máximo temor de futuro sería perdela. Por  iso cheguei a un final luminoso, docemente melancólico.

Con respecto ao meu proceso de traballo dicir que non fago un só debuxo namentres non teño a historia definida.

Page 3: Conversa con Miguelanxo Prado

No meu caso, o autor que pinta non é o que escribe. Cando fago banda deseñada son un narrador; así pois a imaxe ten que vir no último momento, porque se me poño a debuxar dende o principio é tan pasional, visceral e absórveme de tal xeito que amoldaría os personaxes ao debuxo e non debe ser así. Os pasos que sigo son escribir a historia, planificar os personaxes, despois empezo a facer esquemas, debuxos e xa a imaxe.

Levo tempo con historias na cabeza que non acaban de realizarse, pero están latentes e xa sairán, como esa triloxía urbana que teño como teima en espera da peza que falta. Recoñezo que non teño a capacidade de construír unha historia con inmediatez, ten que pousar, buscar; mais, si teño inmediatez para debuxar. Cara ao final do proceso de creación narrativa non me importa que xa empecen a aparecer as imaxes que vou construír.

Estudei arquitectura, sen acabar a carreira, pero me serviu, por fortuna, para chegar ao mundo da BD da man dun compañeiro de carreira e despois colaborando con Fran Jaraba en “Xofre”. Foi estupendo comprender que había leis físicas que explicaban a que para min era fácil de facer. Teño unha gran memoria visual que me permite que cando comezo a debuxar teña a sensación de ter as imaxes que quero crear metidas na cabeza: así saen fácilmente caras, rúas, espazos…

Creo que o debuxo é a poesía da imaxe, a base total da abstracción. O debuxo é a representación do universo interno e externo por medio dunha total abstracción. Hai  métodos diferentes de debuxar: máis esforzado ou menos, pero o resultado final é tan válido un coma outro. É necesaria a ximnasia, a práctica, o traballo.

Miguelanxo Prado