Upload
others
View
4
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A fórmula cooperativa presén-tase como unha importante al-ternativa de autoemprego para aquelas persoas que teñen unha idea empresarial viable e queren levala adiante cuns valores de igualdade, axuda mutua e res-ponsabilidade compartida.
Neste sentido, cómpre salientar o importante papel que están a xogar as cooperativas tanto en termos de emprego como de desenvolvemento social e rural, xa que as súas características específicas facilitan a súa adap-tación á realidade socioeconómi-ca galega.
Dado o seu destacado comporta-mento no mantemento e na crea-ción de emprego, esta exposición
quere afondar na promoción e divulgación da fórmula coopera-tiva como unha opción de futuro para emprendedores e público en xeral.
A exposición encádrase na Rede Eusumo para o fomento do coo-perativismo e a economía social, unha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, que reúne os esforzos de diferentes axentes para estender o labor de promoción do cooperativismo e a economía social con dous obxec-tivos: a posta en marcha de no-vos proxectos cooperativos como motores de creación de emprego e a consolidación das empresas de economía social xa existentes.
a fórmula cooperativa: unha gran opción de futuro para emprendedores
2
“Descubre as cooperativas” é un per-corrido dinámico e interactivo polas potencialidades e solucións que ofre-ce o cooperativismo como modelo empresarial capaz de manter e crear emprego nun contexto de crise econó-mica como o que estamos vivindo.
Esta exposición, organizada a través da Dirección Xeral de Traballo e Econo-mía Social, permite ao visitante coñe-cer as claves do modelo cooperativo:
• que son as cooperativas• tipos de cooperativas que existen• como funcionan• cales son os seus valores• que pasos dar para crear unha• que apoios existen
www.cooperativasdegalicia.coopwww.eusumo.coop
a exposición
3
SABÍAS QUE?Unha cooperativa é unha asociación autónoma de per-soas que se unen de XEITO VOLUNTARIO para satisfacer as súas necesidades económicas, sociais e culturais EN COMÚN mediante unha empresa de PROPIEDADE CONXUNTA e de XESTIÓN DEMOCRÁTICA (ACI, 1995).
> Nos últimos 4 anos creáronse en Galicia 191* empresas cooperativas.
> Preto do 2%* das persoas ocupadas galegas teñen vinculación co cooperativismo.
> Unha persoa por cada 11* fogares galegos é socia dunha cooperativa.
* Datos de decembro 2012
4
PRINCIPIOS COOPERATIVOSAs cooperativas operan e xestiónanse baixo a esencia duns principios e valores, que constitúen as regras bási-cas do seu funcionamento.
1. Principio de adhesión voluntaria2. Xestión democrática3. Participación económica de socios/as 4. Autonomía e independencia 5. Educación, formación e información6. Intercooperación 7. Interese pola comunidade
VALORES COOPERATIVOS > Axuda mutua> Responsabilidade e Compromiso> Igualdade e Equidade> Solidariedade> Honestidade> Transparencia> Responsabilidade Social> Preocupación polas demais persoas
5
Calquera actividade pode desenvolverse mediante a fórmula empresarial de sociedade cooperativa.
Algúns tipos máis de cooperativas:
• Traballo asociado• Agrarias• Vivenda• Consumo e persoas usuarias• Servizos• Ensino • Transportes • Mar• Explotación
comunitaria da terra• Explotación de
recursos acuícolas
Tamén existen outros tipo como
• Cooperativas de crédito
• Cooperativas de seguros
• Cooperativas sanitarias
• Cooperativas de integración social
• Cooperativas de servizos sociais
• Cooperativas de explotación de recursos acuícolas
• Cooperativas mixtas de traballo asociado
CAL É O TEU TIPO DE COOPERATIVA?
6
CARACTERÍSTICAS SOCIETARIASDEMOCRACIAO máximo órgano de decisión na cooperativa é a
ASEMBLEA XERALFormada por todos os socios e so-cias, que chegan a acordos sobre as cuestións relevantes da cooperativa:
• A estratexia económica• As normas internas• O sistema de prezos, retribucións
e demais cuestións económicas que afectan ás persoas socias
• Elíxense os membros do consello reitor
Para chegar aos acordos séguese, con carácter xeral, o principio de
UNHA PERSOA = UN VOTONon ten máis poder o que ten máis capital, porque todas as persoas son igual de importantes.
O CONSELLO REITORÉ o órgano encargado do goberno da coopera-tiva, é dicir, de levar adiante as liñas aprobadas na asemblea. Os membros do consello reitor son elixidos pola asemblea xeral.
AS NOSAS PROPIAS REGRASA Lei galega de cooperativas regula ás coope-rativas da nosa comunidade. Pero hai moitos aspectos que a Lei deixa abertos para que cada cooperativa se autorregule.
Nos estatutos fíxase o capital mínimo, como está formado o consello reitor, de canto tempo é o seu mandato, que comportamentos poden ser considerados faltas graves ou moi graves e que sancións se aplicarían neses casos, entre outras moitas cuestións. Os estatutos son públicos e ins-críbense no Rexistro de Cooperativas.
No regulamento interno fíxanse normas relati-vas á convivencia, á prestación do traballo e ao funcionamento diario da cooperativa. O regula-mento interno non é público.
Tamén existen outros tipo como
• Cooperativas de crédito
• Cooperativas de seguros
• Cooperativas sanitarias
• Cooperativas de integración social
• Cooperativas de servizos sociais
• Cooperativas de explotación de recursos acuícolas
• Cooperativas mixtas de traballo asociado
7
CARACTERÍSTICAS ECONÓMICAS DAS
COOPERATIVASPara constituír a cooperativa, entre todas as so-cias e socios debemos achegar un capital míni-mo de 3.006 €, que non ten que ser exclusiva-mente en diñeiro.
A achega de cada persoa socia ao capital da cooperativa non ten por que ser de igual im-porte.A participación máxima dunha persoa socia no capital social da cooperativa debe ser inferior ao 50% deste.
O capital social das cooperativas é variable en función das altas e baixas dos Socios.
As persoas socias traballadoras da cooperativa perciben mensualmente un anticipo societario a conta dos excedentes da cooperativa.
As persoas socias tamén poderán percibir un xuro polo capital achegado.
8
Os beneficios da cooperativa deben repartirse do seguinte xeito:
O reparto dos beneficios de li-bre disposición que as persoas socias acorden – retorno coo-perativo-, farase en función da súa participación na activida-de cooperativizada e non polo capital achegado.
Un 20 % serán reinvestidos na propia organización
O resto quedará a libre disposición da asemblea xeral das persoas socias
Un 5 % destinarase a formación
9
EMPRENDEMENTO COOPERATIVOAlgunhas razóns para emprender en clave cooperativa:
• Son sociedades de persoas e non de ca-pital
• Son empresas de participación demo-crática
• A prioridade das cooperativas é o empre-go estable e digno para todas as persoas socias
• A natureza solidaria e participativa lles confire unha notable capacidade de adaptación ás circunstancias cambian-tes dos mercados
• Existe un maior nivel de compromiso das persoas socias coa empresa en com-paración con outro tipo de sociedades
• Manteñen o emprego en circunstancias económicas adversas
• Defenden a igualdade e valoran a diver-sidade
• Fomentan a incorporación de mulleres ao mundo laboral e fan efectivos os seus proxectos e potencialidades
• Potencian a autoestima e a proxección profesional das persoas
• Achegan aos seus socios e socias segu-ridade, estabilidade, confianza e protec-ción en situacións de crise económica
• Posibilitan o arraigo territorial
• Contribúen a fixar poboación no territo-rio e evitan a fuga de recursos
• Xogan un papel apreciable na prestación de servizos locais de proximidade
• Son unha canle axeitada para a diversifi-cación de actividades no espazo rural
• Cumpren funcións importantes como xes-toras do medio e no mantemento e conso-lidación da actividade en zonas rurais
10
EMPRENDEMENTO COOPERATIVO
Vexamos estas diferenzas respecto as Sociedades Limitadas e as Sociedades Anónimas
CARACTERÍSTICAS SOCIEDADE COOPERATIVA SOCIEDADES MERCANTÍS (S.L. e S.A.)
Fin Satisfacer as necesidades das persoas socias Sacar un beneficio ao capital investido
ObxectivosDependentes das necesidades e aspiracións dos socios e socias
Fixados por quen ten a maioría do capital
Reparto beneficios En proporción á actividade cooperativizada En proporción ao capital investido
Capital social mínimoO que establezan os estatutos, non sendo inferior a 3.006 euros
3.000 euros nas S.L. e 60.000 € nas S.A.
Número mínimo de persoas socias
Tres Poden ser unipersoais
Tipos de persoas sociasSocias usuarias, socias traballadoras, so-cias de traballo, socias a proba, socias excedentes e socias colaboradoras
Só existe a persoa socia de capital
TransferibilidadeA condición de socia é intransferible, se ben se poden transmitir as achegas
A condición de socia é transferible: pódense vender as participacións no capital
Fondos obrigatoriosSon irrepartibles e de dous tipos: fondo de reserva obrigatorio (20% dos excedentes) e fondo de formación e promoción (5% dos excedentes)
Existen reservas legais ata cubrir un 20 % do capital
Dereito de voto Principio xeral de unha persoa, un voto O voto é proporcional ao capital investido
Operacións con terceiros non socios
Limitada Ilimitada
A cooperativa, en virtude da súa natureza e das características que lle son propias, teñen diferenzas salientables con respecto a outras fórmulas societarias.
11
CONSTITUCIÓN DE EMPRESAS COOPERATIVAS NOS úLTIMOS CINCO ANOS
COOPERATIVAS CONSTITUÍDAS POR ANO E CLASE EN GALICIA
ANO 2009 2010 2011 2012 TOTAIS
Agrarias 9 5 10 6 30
Consumidores e usuarios 2 1 3
Ensino 0
Explotación comunitaria da terra 2 1 3
Mar 2 1 1 4
Mixta de traballo asociado 1 1
Segundo grao 1 1
Servizos 1 1 2
Servizos sociais-traballo asociado 1 1
Traballo asociado 18 21 28 41 108
Transportistas 5 1 2 8
Vivenda 4 12 9 5 30
TOTAIS 43 42 48 58 191
Algúns datos que debes coñecer:
• En Galicia existen 1.135* cooperativas activas
• Máis de 19.000* persoas ocupadas están vinculados ao cooperativismo en Galicia
• As cooperativas galegas son altamente com-petitivas cun volume de facturación superior aos 2.435.000 .000 €*
• No total de persoas socias traballadoras nas cooperativas o peso da muller representa un 47,8%*
61,7 38,3
48,9 51,1
58
*ata decembro 2012
191
12
ASESORAMENTO INICIAL • Axudas para o asesoramento e acom-
pañamento de proxectos que com-prende desde a realización de activi-dades previas ao inicio da actividade, tales como a orientación do proxecto e accións formativas e informativas do grupo, ata o seguimento e asesora-mento na súa execución.
• Axudas para estudos de viabilidade, organización, comercialización, etc, para a elaboración de estatutos sociais e regulamentos de réxime interno e para a formalización da escritura pú-blica de constitución.
FINANCIAMENTO • Axudas á cooperativa pola incorpo-
ración de persoas desempregadas como socias traballadoras.
• Axudas ás persoas socias traballa-doras que se incorporan á cooperativa para efectuar a súa achega ao capital social.
XESTIÓN EMPRESARIAL • Axudas para a formación das persoas
socias en dirección e xestión empresarial e tecnoloxías da información e as comu-nicacións.
• Axudas para a contratación de persoal de dirección ou xerencia necesario para a viabilidade da cooperativa.
AS COOPERATIVAS NON ESTáN SOAS NA SúA POSTA EN MARChA NIN NOS DESAFÍOS QUE VAN XURDINDO NO DÍA A DÍA
Tedes unha idea empresarial?
Na páxina
www.eusumo.coop podedes localizar o centro máis próximo
Atoparedes información, formación, orientación e
asesoramento para pór en marcha o voso proxecto...
Incluso acompañándovos nese proceso.
13
+ INFORMACIÓN>
14
Coa finalidade de promocionar e fomentar o cooperativismo, o emprendemento e a creación de emprego nace a Rede Eusumo
Achegádevos a un dos centros da Rede Eusumo. Podedes localizar o máis próximo en
www.eusumo.coop
Teléfono: 881 999 285 [email protected]
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL. SUBDIRECCIÓN XERAL DE COOPERATIVAS E ECONOMÍA SOCIAL
Edificio Administrativo San LázaroCP 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 544 647
DEPARTAMENTOS TERRITORIAIS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
SERVIZOS DE RELACIÓNS LABORAIS:
A Coruña: Salvador de Madariaga 9-1º (C.C Elviña)
CP 15008 / Teléfono: 981 185 895
Lugo: Ronda da Muralla, 70
CP 27071 / Teléfono: 982 294 329
Ourense: Habana nº 79-7º
CP 32004 / Teléfono: 988 386 389
Vigo: Concepción Arenal 8
CP 36201 / Teléfono: 986 817 008
CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVASEdificio Administrativo San Lázaro CP 15781 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 268
www.cooperativasdegalicia.coop
AGACAAsociación Galega de Cooperativas Agrariashttp://agaca.coop
SINERXIAFederación galega de empresas cooperativashttp://www.sinerxia.org
UCAFEUnión de cooperativas agrarias de Ferrol
UCETAGUnión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galiciahttp://ucetag.org
UCOGATRAUnión de cooperativas de transporte de Galicia
UGACOMARUnión Galega de Cooperativas do Marhttp://ugacomar.org
UGACOTAUnión Galega de Cooperativas de Traballo Asociadohttp://www.ugacota.org
UGACOVIUnión Galega de Cooperativas de Vivendas
UCAFE
Ademais as diferentes entidades asociativas do cooperativismo galego prestan apoio e asesoramentos ás súas asociadas: