40
MEMORIA DO ANO ACADÉMICO 2003-2004 Servizo de Normalización Lingüística

Copia de Memoria 2003-2004 - Universidade de Santiago de

  • Upload
    others

  • View
    0

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

MEMORIA

DO ANO ACADÉMICO 2003-2004

Ser

vizo

de

Nor

mal

izac

ión

Ling

üíst

ica

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

1

1. O Servizo de Normalización Lingüística……………………………………………… 3

1.1. Persoal……………………………………………………………………………… 4

1.2. Infraestrutura……………………………………………………………………… 5

1.2.1. Locais………………………………………………………………………. 5

1.2.2. Soporte informático………………………………………………………. 5

1.2.3. Internet…………………………………………………………………….. 6

1.2.4. Comunicacións……………………………………………………………. 6

1.2.5. Biblioteca e documentación……………………………………………… 8

1.3. Relacións con outros organismos……………………………………………….. 8

1.3.1. Mediante convenio……………………………………………………… 8

1.3.2. Mediante participación………………………………………………….. 9

1.3.3. Outros……………………………………………………………………… 11

1.4. Formación do persoal……………………………………………………………. 12

1.4.1. Asistencia a cursos, congresos e xornadas…………………………… 12

1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………………………. 13

2. Asesoramento lingüístico……………………………………………………………… 14

2.1. Xeneralidades............................................................................................... 15

2.2. Corrección…………………………………………………………………………… 15

2.2.1. Esixencias.......................................................................................... 15

2.2.2. Límites................................................................................................ 15

2.3. Tradución.............................................................…………………………….. 16

2.3.1. Tradución castelán-galego................................................................. 16

2.3.1.1. O ES-GA...................................................................................... 16

2.3.1.2. A tradución ordinaria.................................................................... 17

2.3.2. Tradución galego-castelán.................................................................. 17

2.4. A nova normativa lingüística........................................................................... 17

2.5. Asesoramento informático para correctores.................................................... 18

2.6. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento............................................ 18

2.7. Traballo realizado.............................................................................................. 19

2.7.1. Corrección.............................................................................................. 19

2.7.2. Tradución................................................................................................ 20

3. Formación……………………………………………………………………………….. 22

3.1. Cursos organizados……………………………………………………………… 23

Índice xeral

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

2

3.1.1. Dirixidos ao persoal de administración e servizos……………………. 23

3.1.1.1. Cursos de reciclaxe de lingua galega……………………………. 23

3.1.1.2. Cursos de linguaxe administrativa.............................................. 24

3.1.2. Dirixidos aos estudantes………………………………………………… 24

3.1.2.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación…. 24

3.1.2.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……………… 24

4. Dinamización lingüística………………………………………………………………. 23

4.1. Datos sobre o uso do galego na docencia………………………………........ 24

4.2. Informes proposta sobre teses, memorias e proxectos................................ 24

4.3. Informe-proposta sobre manuais de informática en galego......................... 25

4.4. Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC.................................. 25

4.5. Propostas para estudantes dos programas de intercambio........................ 26

4.6. Xestión de queixas lingüísticas.................................................................... 26

4.7. O Cartafol..................................................................................................... 26

4.7.1. O Cartafol dixital............................................................................... 26

4.7.2. O Cartafol en papel.......................................................... ................ 27

4.8. Actualización e mellora do sitio web do SNL...............………………………. 27

4.9. Seguimento e apoio das CNL dos centros................................................... 28

4.10. Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación....... 30

5. Terminoloxía…………………………………………………………………………… 32

5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística)… 33

5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL…………………….. 34

5.1.2. Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL……….. 35

5.2. Elaboración de terminoloxías..........………………….................................... 35

5.3. Difusión de terminoloxía............................................................................... 36

5.3.1. Edición do Léxico básico de MIDE.................................................... 36

5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”......................................................... 36

5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm.................................................. 37

5.4. O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos………………………………………. 37

5.5. Produtos Realiter………………………………………………………………... 37

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

3

1 O

Ser

vizo

de

Nor

mal

izac

ión

Ling

üíst

ica

1.1 Persoal

1.2 Infraestrutura

1.2.1 Locais

1.2.2 Soporte informático

1.2.3 Internet

1.2.4 Comunicacións

1.2.5 Biblioteca e documentación

1.3 Relacións con outros organismos

1.3.1 Mediante convenios

1.3.2 Mediante participación

1.3.3 Outros

1.4 Formación do persoal

1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas

1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios

presentados

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

4

1.1. Persoal O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas: • Director

Manuel C. Núñez Singala

• Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

• Bolseiras Ana Vigo Castromil Concepción Diéguez Diéguez (ata novembro de 2003) Ana García García (dende febreiro de 2004) Ana Belén González Basanta (dende febreiro de 2004) María Pilar López Suárez (ata novembro de 2003) Susana Suárez Recouso (ata marzo de 2004)

• Administración Francisco Javier Amigo Pombo

Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

Cursos de Lingua Galega para non galegofalantes

Mª Carme González Bueno Isabel Paños Rodríguez Sara Pino Ramos Xosé Portela Varela

Curso de linguaxe administrativa

Xosé Ramón López Boullón

Curso de reciclaxe de lingua galega Mª Soraya Domínguez Portela

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

5

Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

Concepción Diéguez Diéguez Xoán Antón Lado Lago Sara Pino Ramos

Curso de actualización e normalización docente Carlos E. Santos Mato

Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

Léxico de contratos de comercio internacional Iolanda Galanes Santos Susana Suárez Recouso

Termos esenciais de Botánica Elvira Díez Vizcaíno Antonio Regueiro Rodríguez

Xusto A. Rodríguez Río Juan José Villarino Urtiaga

1.2 Infraestrutura 1.2.1 Locais O SNL ocupa tres despachos no segundo andar da Casa da Balconada, no número 6 da rúa Nova en Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo. 1.2.2 Soporte informático A infraestrutura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte: Campus de Lugo

Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora láser, branco e negro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

6

Campus de Santiago

Dous ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP Cinco ordenadores tipo PC, S.O. Windows 98 Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

Unha impresora a cor, de inxección de tinta Dúas impresoras láser, branco e negro

Un escáner

1.2.3 Internet O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC e que se actualiza con frecuencia. http://www.usc.es/snlus

1.2.4 Comunicacións A infraestrutura de comunicacións ó dispor do SNL é a seguinte: Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL grazas á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

7

Campus de Lugo:

A extensión telefónica 23582 Os seguintes enderezos electrónicos:

Xeral [email protected] SNL.Campus de Lugo Persoal [email protected] Xusto A. Rodríguez Río

Campus de Santiago

Unha liña telefónica externa, o 981 528018 As seguintes extensións telefónicas:

11312 Manuel Núñez Singala 11309 Isabel Vaquero Quintela 11327 Manuel Bermúdez Blanco 11316 Francisco Javier Amigo Pombo 11364 Bolseiros 11314 Bolseiros 11324 Bolseiros 11369 Bolseiros 11369 Bolseiros

Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

Xerais [email protected] SNL. Campus de Santiago [email protected] Administración Persoais [email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel Vaquero Quintela [email protected] Manuel Bermúdez Blanco [email protected] Fco. Javier Amigo Pombo [email protected] Bolseiros [email protected] Bolseiros [email protected] Bolseiros [email protected] Bolseiros

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

8

1.2.5 Biblioteca e documentación O SNL conta cunha biblioteca constituída por arredor de 1 100 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servizo de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas. Durante o curso 2003-2004 engadíronse 56 novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos. Tódolos exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servizo e ó mesmo tempo fichado en soporte informático. Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios: La Voz de Galicia El Correo Gallego Galicia Hoxe A Nosa Terra El País 1.3 Relacións con outros organismos 1.3.1 Mediante convenio Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

O SNL ten asinado, dende o ano 1991, un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, o devandito convenio revísase e

actualízase mediante o asinamento dunha addenda anual. En concreto, na addenda para o ano 2003 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudantes, PAS e PDI, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos e o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación, tamén a edición do Plan de Normalización Lingüística da

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

9

USC e outras actividades. A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 55.000 €. Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue. O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de

información e documentación no eido da terminoloxía. O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións: Unión Latina. DTIL. París (Francia) Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España) Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia) Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de

Corse. Córsega (Francia) PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia) Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

Vigo di Fassa (Italia) Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

Udine (Italia) 1.3.2 Mediante participación. O SNL participa e coopera cos seguintes organismos: Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen . Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

10

Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue colaborando no proxecto LINMITER.

. AETER. Asociación Española de Terminoloxía

O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade

Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servicio son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. O director do Servicio é o coordinador da devandita Comisión. Durante o curso pasado ambos os dous asistiron a unha reunión desta comisión, o días 31

de abril de 2005. Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

Manuel Bermúdez Blanco incorpórase a esta comisión, e como novo membro asiste á tres reunións os días 24 de setembro e 11 de decembro de 2004, e o 3 de marzo e o 30 de xuño de 2005

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

11

RITerm. Red Iberoamericana de Terminología

O Servizo de Normalización Lingüística decide adherirse, como membro institucional, á RITerm, organización en cuxos encontros e simposios viñan participando membros do Servizo desde uns anos atrás.

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O director do Servizo participa nun grupo de investigación para a adaptación ao contexto galego do Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación do Consello de Europa.

1.3.3 Outros O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servizos lingüísticos: • Universidade da Coruña • Universidade de Vigo • Universidade do País Vasco • Universidade Pública de Navarra • Universitat Autònoma de Barcelona • Universitat d’Alacant • Universitat de Barcelona • Universitat de Girona • Universitat de les Illes Balears • Universitat Jaume I • Universitat de Lleida • Universitat Politècnica de Catalunya • Universitat Pompeu Fabra • Universitat Ramon Llull • Universitat Rovira i Virgili • Universitat de Valencia • Universitat de Vic

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

12

Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica • TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia • Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia • TERMCAT. Cataluña. • Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña • Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos

Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil • Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia • TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina. • Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá. • Office québécois de la langue française. Quebec. Canada. • Université de Paris VIII Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación… Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística. 1.4 Formación do persoal 1.4.1 Asistencia a cursos, congresos e xornadas ♦ VIII Encontros para a Normalización Lingüística. Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Consello da Cultura Galega. Outubro de 2003. Santiago de Compostela. Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río ♦ I Simposio Galego de Terminoloxía. Centro Ramón Piñeiro e Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. Novembro de 2003. Santiago de Compostela. Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río ♦ Coloquio Internacional. A neoloxía científica e técnica: balance e perspectivas. Academia de Romanía en Roma. Piazza José De San Martín (Valle Giulia). 28 de novembro de 2003. Roma, Italia. Manuel Núñez Singala

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

13

♦ Curso de dinámicas e técnicas grupais aplicadas á normalización lingüística. Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística. Novembro, 2003. Santiago de Compostela.

Isabel Vaquero Quintela 1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados ♦ I Simposio Galego de Terminoloxía. Centro Ramón Piñeiro e Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela. Novembro de 2003. Santiago de Compostela. Presentación dun relatorio sobre o “Rexistro de produtos terminolóxicos”

Manuel Núñez Singala

♦ Simposio Prescrición e Variación. Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Novembro-decembro de 2003. Santiago de Compostela. Presentación dun relatorio sobre “A corrección lingüística das cláusulas de relativo”

Isabel Vaquero Quintela

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

14

Responsable da área Manuel Bermúdez Blanco

2 A

seso

ram

ento

ling

üíst

ico

2.1 Xeneralidades

2.2 Corrección

2.2.1 Esixencias

2.2.2 Límites

2.3 Tradución

2.3.1 Tradución castelán-galego

2.3.1.1 O ES-GA

2.3.1.2 A tradución ordinaria

2.3.2 Tradución galego-castelán

2.4 A nova normativa lingüística

2.5 Asesoramento informático para correctores

2.6 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

2.7 Traballo realizado

2.7.1 Corrección

2.7.2 Tradución

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

15

2.1 Xeneralidades A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a tradución de documentos. Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Tres bolseiros están adscritos especificamente a esta área. 2.2 Corrección 2.2.1 Esixencias O SNL estableceu neste período uns criterios para a admisión de documentos para conseguir tres obxectivos básicos: facilitar a xestión dos documentos, facer corresponsable da calidade ao autor do documento e, por último, gañar en fiabilidade na tarefa de corrección. Á parte disto, os documentos que o SNL vaia corrixir terán que contar cunha mínima calidade lingüística. Se non fose así, o SNL resérvase o dereito a lle devolver ao autor o documento sen corrixir. Por outra banda, o autor do documento terá que respectar as seguintes normas: En papel Os documentos para corrixir entregados en papel deberán cumprir as seguintes pautas:

• Ter pasado un corrector ortográfico actualizado á norma 2003 • Ter un tipo de letra mínimo de 12 ptos.

En soporte informático Os documentos que se envíen en formato dixital, deben cumprir as seguintes esixencias:

• Ter pasado un corrector ortográfico actualizado á norma 2003. • Estar libres de virus. • Seren enviados nun formato o máis estándar posible.

2.2.2 Límites Coa idea de pasar dunha corrección masiva a unha selectiva, onde o SNL decida que paga a pena corrixir e que non, establecéronse uns límites para garantir, por un lado, que a corrección se converta nunha ferramenta normalizadora e, polo outro, que os medios limitados poidan chegar ao maior número de xente posible. Con este obxectivo, os documentos susceptibles de corrección serán aqueles que destaquen polo seu carácter divulgativo e permanente. Establécense diferencias segundo o colectivo de que se trate (PAS, PDI ou estudantes).

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

16

2.3 Tradución 2.3.1 Tradución castelán-galego O SNL vén considerando dende hai tempo a tarefa de tradución como un labor secundario dado que, con boa lóxica, entendeuse que a tradución ao galego supuña que se creasen textos en castelán, cousa ben lonxe do que é unha sociedade lingüisticamente normalizada. De todos os xeitos, a evolución da informática cambiou esta perspectiva ao xurdiren programas de tradución automática. No período anterior (2002-2003) a Área de Asesoramento fixo un importante esforzo na contratación do único tradutor automático que estaba no mercado (traduza-g), na idea de que a boa utilización desta ferramenta podía dar novas oportunidades á normalización do galego na nosa Universidade. A negociación coa empresa que comercializaba o tradutor quedou parada cando xurdiu a posibilidade de utilización do programa de tradución automática en poder da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o ES-GA. Este programa supuxo un cambio fundamental na política que ata este momento mantiña o SNL en relación á tradución, ao abrir unha serie de posibilidades que cumpría aproveitar. 2.3.1.1 O ES-GA A Universidade de Santiago dispón, grazas a un acordo coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Educación, dun tradutor automático castelán-galego. A utilización desta ferramenta consegue un aforro de tempo que chega ao 85% en relación á tradución tradicional, malia ter unhas limitacións que hai que ter moi en conta. A posibilidade de contar con este tradutor automático é, sen dúbida, unha boa noticia para a normalización do noso idioma. Non obstante, a súa utilización indiscriminada pode resultar contraproducente se provoca que os textos se escriban en orixe en castelán. Por esta razón, e para respectar as regras do mercado e o acordo coa DXPL, fíxose necesario dispoñer criterios para seleccionar os documentos que se enviarán ao tradutor automático. Por outra parte, unha vez aceptado polo Servizo de Normalización Lingüística o documento para a súa tradución, o usuario deberá velar por que os documentos que mande cumpran certos requirimentos técnicos necesarios para non bloquear a máquina e facer máis áxil todo o proceso de tradución Por último, fíxose necesario establecer unha serie de limitacións de uso para que a utilización do tradutor automático non fose unha cambadela ao proceso normalizador e si establecese un novo camiño cheo de posibilidades.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

17

2.3.1.2 A tradución ordinaria A tradución castelán-galego levada a cabo polo Servizo é absolutamente marxinal. En boa medida grazas a un proceso de mentalización da comunidade universitaria sobre o feito de que a galeguización de textos non é un asunto exclusivo do SNL senón que debe implicar o compromiso individual de cada un. 2.3.2 Tradución galego-castelán A tradución galego-castelán, loxicamente, é tamén marxinal dentro dos labores do SNL. Só se leva a cabo en casos excepcionais, nomeadamente no caso da tradución de títulos que deban surtir efectos fóra da nosa comunidade autónoma. 2.4 A nova normativa lingüística En xullo de 2003 a Real Academia Galega aprobou un novo texto normativo para o noso idioma. Con este motivo, difundiuse un documento a través do web do Servizo onde se explicaban os cambios que se establecían consonte este acordo. Este documento tamén se imprimiu en papel para facelo chegar ás unidades e servizos da USC. Ao mesmo tempo a Universidade, coa idea de harmonizar a lingua na súa documentación oficial, escolle, dentro das opcións que dá a Norma, unhas determinadas variantes co obxecto de achegar á documentación emanada da Universidade a necesaria coherencia interna. Cítanse a seguir, a modo de exemplo, algunhas das escollas:

• Empregar ao no lugar da contracción ó.

• Usar a segunda forma do artigo só coa preposición por e o adverbio u.

• Usar o sufixo –aría: consellaría, libraría.

• Usar a terminación –ble: amable, perceptible, admirable.

• Utilizar os signos de interrogación e de admiración só ao remate da frase • Representación para o encontro da conxunción comparativa ca co artigo

determinado (o, a, os, as) a forma sen contraer.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

18

2.5 Asesoramento informático para a instalación de correctores Desde que se dispuxo da actualización do corrector ortográfico –comezos de 2004- a Área de Asesoramento Lingüístico distirbuiuno entre a comunidade universitaria. Por vía telefónica tamén se axudou ás persoas no proceso de instalación dos ficheiros. 2.6 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento Partimos do convencemento de que a corrección no ámbito da normalización lingüística non pode conformarse co obxectivo de paliar os erros ortográficos e morfolóxicos dun documento. A corrección que se intenta facer procura non só solucionar os erros senón achegar propostas que melloren o proceso comunicativo. A forma de corrección séguese facendo con sistema de control de cambios, de maneira que o usuario recoñeza cales son os que o SNL lle propón. Con este sistema conséguense dous obxectivos: a corrección é máis fiable e ademais convértese nunha boa oportunidade para a formación. Por outra parte, procurouse a axilización do traballo e o cumprimento dos prazos fixados para a súa realización. A este respecto cómpre dicir que o resultado foi excelente:

Antes de prazo26% Despois de

prazo6%

No prazo previsto

68%

Grao de cumprimento de prazos

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

19

2.7 Traballo realizado Durante o curso de referencia o SNL procesou un total de 8 088 folios. Destes, 2 029 corresponden a traducións, e 6 059 a correccións. Cómpre subliñar que, a diferenza dos anos anteriores, a tradución galego-castelán (380 páxinas) está moi por baixo da tradución castelán-galego (1 649). A primeira é exclusivamente de traducións feitas de títulos en galego para castelán. (o balance entre traducións do galego ao español e viceversa está moi equilibrado).

Traducións

Correccións

0

1000

2000

3000

4000

5000

6000

7000

2.7.1 Corrección Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

2366

1223

2476

0

500

1000

1500

2000

2500

Alumnado Profesorado PAS

C1

Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

20

3519

2540

Linguaxe específicaLinguaxe xeral

2.7.2 Tradución Hai que salientar o aumento do número de páxinas traducidas con respecto aos anos anteriores. A razón é sen dúbida a posta en marcha do tradutor automático que fixo que aumentasen moito as traducións castelán-galego. As traducións galego-castelán aumentan moito menos e pertencen todas ao sector do alumnado, e en concreto á tradución de títulos da USC para que tivesen efectos fóra de Galicia. Tamén deberamos aclarar que houbo moitas máis peticións para o acceso ao tradutor automático que foron desestimadas por non cumpriren os requisitos normalizadores esixidos.

380451

1198

0

200

400

600

800

1000

1200

Alumnado Profesorado PAS

C1

Distribución de páxinas corrixidas segundo o

tipo de linguaxe

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

21

Responsable da área Manuel Núñez Singala

2 Fo

rmac

ión

3.1 Cursos organizados

3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e

servizos

3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega

3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa

3.1.2 Dirixidos aos estudantes

3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de

traballos de investigación

3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non

galegofalantes

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

22

3.1 Cursos organizados Durante o curso 2003-2004 o Servizo de Normalización Lingüística organizou un total de 10 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución:

2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 1 cursos de lingua galega, de reciclaxe 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación 1 curso de linguaxe administrativa

Por campus, a distribución foi a seguinte:

Campus de Santiago de Compostela: 6 cursos

1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 2 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación 1 cursos de lingua galega, de reciclaxe 1 curso de linguaxe administrativa

Campus de Lugo: 4 cursos

1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 1 curso de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 2 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

O número total de estudantes matriculados nos cursos do SNL foi de 135 persoas, das cales 104 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 31 no Campus de Lugo. 3.1.1 Dirixidos ao persoal de administración e servizos Os cursos orientados ó persoal de administración e servizos (PAS) organízanse conxuntamente co Servizo de Planificación e Programación de PAS. 3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos. Durante o ano de referencia tivo lugar un único curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 10 persoas.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

23

3.1.1.2 Cursos de linguaxe administrativa Estes cursos diríxense ao persoal de administración que desexe perfeccionar os seus coñecementos do tecnolecto administrativo galego. Durante o ano de referencia tivo lugar un curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 30 persoas. 3.1.2 Dirixidos aos estudantes 3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura, traballos de investigación tutelados e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.5) Estes cursos computan un crédito de libre configuración. Durante o curso de referencia realizáronse catro cursos, cun total de 55 matriculados. Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela e outros dous no campus de Lugo. 3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes Organízanse en dous niveis, un nivel elemental, dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e un nivel de competencia, orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua. Os cursos teñen unha duración de oitenta horas, e ocupan a totalidade do ano académico, de novembro a xuño. Durante o período de referencia tiveron lugar catro cursos: dous deles do nivel elemental, un no campus de Lugo e outro no campus de Santiago; e outros dous do nivel de competencia, nos campus de Santiago e de Lugo igualmente. O total de matriculados nestes cursos foi de 40 persoas: 30 no nivel elemental e 10 no de competencia. Cada curso computou cinco créditos de libre configuración. A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

24

Galicia

Estado Español

AlemañaArxentina

AustraliaBrasil

ChileCuba

Colombia

Estados Unidos

Gran Bretaña

GuineaItalia

MéxicoPolonia

Portugal

Uruguai

Verbo da procedencia daqueles estudantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

Andalucía

Asturias

CanariasCantabria

Castilla-León

Cataluña

Extremadura

Illas Baleares

Madrid

MurciaNavarra

País Vasco

Valencia

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

25

Responsable da área Isabel Vaquero Quintela

4 D

inam

izac

ión

lingü

ístic

a

4.1 Datos sobre o uso do galego na docencia

4.2 Informes-proposta sobre teses, memorias e

proxectos

4.3 Informe-proposta sobre manuais de informática en

galego

4.4 Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC

4.5. Proposta para dar a coñecer a realidade lingüística

da USC ós estudiantes dos programas de

intercambio

4.6 Xestión de queixas lingüísticas

4.7 O Cartafol

4.7.1 O Cartafol dixital

4.7.2 O Cartafol en papel

4.8 Actualización e mellora do sitio web do SNL

4.9 Seguimento e apoio das comisións de normalización

lingüística dos centros

4.10 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de

investigación

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

26

4.1 Datos sobre o uso do galego na docencia As xestións realizadas nos cursos anteriores perante o Vicerrectorado de Ordenación Académica para contar con datos actualizados anualmente sobre o uso do galego na docencia, deron por fin o seu froito. En novembro de 2002 o vicerrector confirma que na nova aplicación informática que se construíu para xestionar o Programa de Docencia Anual (PDA)1 se recolleran os ítems sobre o idioma que solicitaramos. En maio e xuño, tras un primeiro achegamento ó funcionamento da base de datos, e unha serie de propostas, solicítase en setembro unha serie de consultas, e o 17 de setembro remítesenos unha folla de cálculo cos datos en bruto para analizar, o que se fará no primeiro trimestre do curso 2003-2004. Sen embargo, xa hai uns primeiros datos xerais moi ilustrativos:

1. Do total de 482.485,48 horas lectivas que se imparten na docencia das diferentes titulacións da USC, 382.320,27 horas son en castelán e 100.525,21 horas, en galego (o 79,2% e o 20,8%, respectivamente).

2. O uso do idioma varía segundo o carácter das horas lectivas: o 23,7% das horas de teoría impártense en galego; o 29,6% das prácticas, e o 12,7% das horas de laboratorio.

3. Non hai diferencias significativas por sexo: o 21,88% dos homes e o 19,31% das mulleres dan clases en galego.

4. Hai diferencias significativas segundo a categoría profesional e segundo o profesorado imparta clases en escolas universitarias ou en facultades.

4.2 Informes-proposta sobre teses, memorias e proxectos A principios de ano constatouse que as dúas unidades de xestión académica de Santiago seguían métodos diferentes para recoller os datos de usos lingüísticos neste tipo de traballos, e que na de Lugo, nin se recollían, polo que se elaborou un informe-proposta co obxectivo de acadar coherencia e globalidade nos datos, que se lles presentou ós responsables das UXA e ó secretario xeral adxunto. A proposta foi aceptada, polo que estes datos se recolleran nunha ficha única e nas tres UXA. Por outra banda, elaborouse un informe verbo dos traballos de investigación básica que contempla na actualidade os estudios de terceiro ciclo, e mais sobre a evolución do uso do galego en teses, memorias e proxectos. Como conclusión, proponse ampliar a campaña de axudas ó uso do galego nos traballos de investigación tutelados (TIT) e mellorar a difusión destas axudas.

1 O PDA recolle previsións en canto a diversos aspectos –neste caso, tamén o idioma- para a docencia do curso seguinte.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

27

Finalmente, tívose coñecemento de que no Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF) estaban a esixirlles ós doutorandos que redactan a súa tese en galego, á hora de depositala, que entregasen un documento asinado polo seu director no que se garantise que todos os membros do tribunal entendían o idioma. Dende a Área elaborouse un informe-proposta recomendando a eliminación do dito requisito, que se lles presentou ó vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente e ó secretario xeral. A dita proposta foi aceptada, e trasladada á Comisión do Terceiro Ciclo, onde foi aprobada. 4.3 Informe-proposta sobre manuais de informática en galego En marzo presentóuselle un informe ó xerente da USC, recomendando a adopción dos manuais de informática en galego elaborados polo persoal que imparte os cursos de informática integrados no programa de formación de PAS, como material didáctico propio destes cursos, e que se faga unha distribución dos manuais nos diversos servicios de PAS, para utilizar como fontes de consulta. A proposta foi moi ben acollida polo daquela xerente, o Sr. Portomeñe, quen fixo xestións para integralos nun proxecto de formación a través de Internet que se estaba xestando xunto coa Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo. 4.4 Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC A ampliación da oferta da USC en catro novas titulacións que se comezarán a impartir no curso 2003-2004, así como a renovación do plan de estudios de Dereito, motivou a presentación dun informe-proposta perante o Vicerrectorado de Ordenación Académica co obxectivo de aproveitar a oportunidade para promover o uso da lingua na docencia, con base no Plan Estratéxico e no Plan de Normalización Lingüística. Nunha entrevista co vicerrector con tal motivo, acórdase varias medidas inmediatas e outras para o vindeiro curso académico (elaborar unha proposta para a edición de material didáctico en galego e outra sobre a promoción do galego na docencia, coas medidas contempladas no PNL –contratos-programa, selección do profesorado, etc.- para poñer a andar no curso 2004-2005. Como resultados inmediatos, envíaselle o 17 de xuño un correo electrónico dirixido a todo o profesorado lembrando a obriga de que os programas das materias se fagan en galego e informando sobre ferramentas de apoio ó uso do galego. Ademais, o informe-proposta dirixido ó vicerrector envíaselle, parcialmente modificado ó secretario xeral, ós decanos e directores dos centros e a tódolos membros das comisións de normalización lingüística. 4.5 Proposta para dar a coñecer a realidade lingüistica da USC ós estudiantes dos programas de intercambio

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

28

O 22 de maio, nunha entrevista co vicerrector de Comunicación e Proxección Exterior, preséntaselle unha proposta para que os estudiantes que veñan á USC dende o estranxeiro, como froito dos programas de intercambio, poidan coñecer previamente a situación lingüística da USC e de Galicia mediante o envío dun díptico informativo. O obxectivo é sensibilizalos favorablemente cara ó noso idioma e que poidan coñecer os recursos con que contan á hora de comprender e falar galego, mesmo antes da súa incorporación á USC. A proposta é acollida moi favorablemente polo vicerrector, quen recomenda coordinación co responsable do Servicio de Relacións Exteriores, sen que ata o momento se teña ningún contacto con el. 4.6 Xestión de queixas lingüísticas As principais xestións refírense ás queixas polo idioma en que se ofrecía información dende os puntos de información universitaria (PIU), polo uso dun topónimo deturpado nunha carta do rector que acompañaba a tarxeta de identificación universitaria, e polo web da Facultade de Dereito, aparecido en setembro de 2003, soamente en castelán. No primeiro e no segundo caso, ademais de responder a cada unha delas para comunicarlles que se iniciaba a xestión da queixa, trasladáronse estas diante do secretario xeral da USC. No caso dos PIU, procedeuse á traducción e posta en liña da información en galego como contido por defecto; no caso da carta, o rector trasladou as súas desculpas á profesora en cuestión. No caso do web de Dereito, os acontecementos precipitáronse antes de poder tomar algunha iniciativa na Área: houbo unha pregunta ó respecto no Consello de Goberno do 23 de setembro que propiciou as explicacións pertinentes por parte da decana do centro e do rector, e na actualidade os membros da comisión de normalización lingüistica de Dereito están procedendo á tradución dos contidos do web para a súa posta en liña. 4.7 O Cartafol 4.7.1 O Cartafol dixital Durante o curso 2002-2003 O Cartafol dixital <ocartafol.usc.es> bota a andar, por fin, de maneira estable: a área planificou, coordinou e elaborou os números 2-3-4-5-6-7-8. En total, máis de 50 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar das iniciativas verbo da normalización lingüística na USC, e os correspondentes nas seccións “Pasa a folla”, e “¿Sabías que...?”, así como información breve na “Axenda” e no “Ruxe-ruxe”.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

29

Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que con case 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS, así como numeroso alumnado. Ademais, dende a Área de Dinamización elaborouse unha lista de difusión para o Cartafol dixital, con mensaxes tamén en inglés: asociacions, centros de referencia, medios de comunicación, servicios lgcos. e de normalizacion de dentro e de fóra de Galicia... En total, 210 subscritores, algúns dos cales serven como axentes indirectos de difusión no resto da sociedade. No pasado mes de xullo solicitóuselle á Área das TIC as estatísticas de accesos ó web do Cartafol dixital, pois non constan dentro das estatísticas xerais -por contar con subdominio propio-, sen que dispoñamos delas ata o momento. 4.7.2 O Cartafol en papel Planificouse, elaborouse, coordinouse e difundiuse os números 27, 28, 29 da versión en papel de O Cartafol, que consta de contidos diferentes ós da versión dixital. Faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servicios. Dende a Área elaborouse unha relación de centros ós que se lles fai un reparto proporcionado ó número de lectores potenciais en cada un deles. Así dende o SNL faise un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade (anexo). 4.8 Actualización e mellora do sitio web do SNL O sitio web do SNL segue unha liña continua de actualización e mellora. En concreto, e como principais modificacións do curso 2002-2003, cómpre citar as incorporacións que se citan a seguir:

• O Plan de Normalización Lingüística. • Novos vocabularios: Vocabulario de Química, Glosario Panlatino de Internet • Información sobre os concursos de deseño gráfico (vid. apdo.) • Memoria de actividades do SNL no curso 2001-2002 • Axudas concedidas en 2002 a teses, memorias de licenciatura e proxectos de fin

de carreira en galego Ademais, actualizouse a información sobre o SNL trala mudanza, sobre as axudas ós traballos de investigación para 2003, sobre as comisións de normalización lgca., así como as ligazóns. Por outra banda, fíxose un seguimento das estatísticas de acceso do web do SNL no conxunto da USC; segundo estas,

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

30

• O web do SNL é un dos sitios de servicios máis visitados dentro da USC,

precedido polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF), e polo COIE (Centro de Orientación e Información ó Estudiante).

• Ó longo do curso pasado a páxina máis visitada do sitio tivo un mínimo de 655 accesos.

• As páxinas que máis interese espertaron son: vocabularios, axudas á investigación en galego, comisións de normalización, plan de normalización, concursos de deseño e ligazóns.

• Existe unha clara relación entre actualización ou incorporación de páxinas web, difusión destas (a través da rolda da USC, do Cartafol, etc.) e incremento dos accesos ás páxinas.

A cada vez maior complexidade do web, que resulta difícil de manter e xestionar por unha soa persoa, como ata a actualidade, aconsellou elaborar unha proposta de reestructuración do web, tanto en canto á xestión de contidos como, parcialmente, en canto ós propios contidos. A proposta aprobada polo SNL contempla unha descentralización do web polas áreas en que funciona, e botarase a andar no vindeiro curso 2003-2004. 4.9 Seguimento e apoio das comisións de normalizacion ingüística (CNL) dos centros Durante o primeiro trimestre do curso fixéronse pesquisas para contar cun censo das cnl existentes e actualizar os seus datos. Durante todo o curso foise realizando un seguimento e brindnado apoio ó funcionamento das existentes, e asesorando ás de nova creación. Cómpre indicar que o xurdimento de novas cnl se viu estimulado pola recomendación realizada pola Secretaría Xeral neste senso ós decanatos e direccións dos centros, seguindo o Plan de Normalización Lingüística. O 23 de xaneiro de 2003, baixo a convocatoria do secretario xeral ás dez comisións existentes daquela, celebrouse unha reunión de coordinación das cnl. Asistiron os representantes das cnl de: Dereito Escola Politécnica Superior Física Bioloxía CC. da Educación Psicoloxía Matemáticas Xeografía e Historia Así mesmo, asistiron representantes doutros centros interesados en montar cnl nos seus centros, buscando información.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

31

Na reunión, o secretario xeral explicou a necesidade de incardinar o traballo das cnl dentro do Plan de Normalización Lingüística; fíxose un repaso das actividades das cnl no anterior curso académico e algunhas presentaron os seus proxectos para o curso 2002-03. Explicáronse os termos do convenio de colaboración coa Xunta en materia de normalización lingüística, para que as cnl presenten solicitudes de financiamento ás súas actividades. Con este gallo abriuse un prazo para a presentación de proxectos e solicitudes de financiamento, para o cal a Área de Dinamización elaborou un formulario-tipo. En total presentaron proxectos as seguintes cnl:

• CNL de Psicoloxía, para a edición dunha revista e para a organización dun curso de actualización de páxinas web docentes.

• CNL de Bioloxía, para a realización dun concurso de deseño que dea a coñecer a existencia da comisión.

• CNL da Escola Politécnica, para a publicación duns minivocabularios de botánica e de construcción.

• CNL de Medicina, para a constitución dun equipo que elabore un Vocabulario de termos médico-cirúrxicos.

Por outra banda, a Área de Dinamización organizou un concurso para toda a USC co obxectivo de dotar dun logotipo común ás cnl, de xeito que lles dea unidade ás súas accións no marco da USC. O logotipo vaise usar para cada comisión en particular, personalizado, e tamén para actuacións conxuntas de todas elas, e plasmarase en soportes variados e de diferentes dimensións. Organizouse unha exposición cos traballos presentados, que foi inaugurada o 10 de xuño no Claustro da Facultade de Xeografía e Historia, onde ficou ata finalizar o mes. A Área de Dinamización creou unha lista electrónica con todos os membros das cnl existentes, co obxecto de facilitar o intercambio de iniciativas, así como manter permanentemente informadas e apoiadas as cnl. Neste labor de apoio das súas iniciativas, cómpre salientar: Escola Politécnica Superior

• Exposición e ciclo de conferencias conmemorativas dos 80 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos (novembro) • Reparto de carteis, dípticos e adhesivos de difusión da cnl • Posta en marcha dunha caixa de suxestións para a cnl • Elaboración de minivocabularios

Facultade de Química

• Presentación do Vocabulario na Facultade de Química en outubro, mediante unha táboa redonda na que participou a técnica da Área de Dinamización. • Presentación do Vocabulario na Fac. de Ciencias de Lugo o 21 de novembro

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

32

• Presentación do Vocabulario no Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia de Galicia, onde hai unha nutrida representación de químicos docentes no ensino secundario) do 21 ó 23 de novembro en Verín

Facultade de Psicoloxía • Elaboración e difusión de modelos de documentos de uso frecuente en disquete

para facilitar o uso do galego entre o profesorado. A Área encargouse da corrección lingüística e de deseño de quince modelos de documentos, da personalización destes para 78 profesores (= 1.170 páxinas), e da gravación de cadanseu disquete para a totalidade do profesorado. • Apoio e asesoramento para a organización do curso de actualización de páxinas

web docentes en galego que se celebrará, finalmente, en outubro-novembro de 2003. Facultade de Bioloxía • Organización do concurso de deseño gráfico para a campaña de presentación da cnl:

elaboración das bases do concurso, edición dos dípticos e carteis de difusión, elaboración de notas de prensa para os medios.

• Elaboración dos borradores dos textos para os dípticos informativos da cnl. • Elaboración da primeira parte do estudio-diagnóstico sobre a Facultade. • Asesoramento sobre o enfoque dos posibles traballos terminolóxicos. Facultade de Medicina • Asesoramento sobre o enfoque do traballo terminolóxico en curso (o vocabulario de

termos médico-cirúrxicos, a traducción ó galego da nómina anatómica) Facultade de Dereito • Elaboración da primeira parte do estudio-diagnóstico sobre a Facultade. 4.10 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación Dende o ano 1993 o SNL mantén unha campaña de apoio lingüístico e económico para a promoción do uso do galego nas teses de doutoramento. Unha campaña similar, dirixida ás memorias de licenciatura mantense desde o ano 1994. E desde o ano 1996 funciona unha dirixida ós proxectos de fin de carreira. Durante o curso de referencia está en estudio a posibilidade de ampliar esta liña de axudas ós traballos de investigación tutelados. Durante o ano 2002 beneficiáronse destes programas: • 10 teses de doutoramento • 8 memorias de licenciatura • 69 proxectos de fin de carreira

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

33

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

34

Responsable da área Xusto A. Rodríguez Río

5 Te

rmin

olox

ía

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de

Normalización Lingüística)

5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no

BD_SNL

5.1.2 Difusión da información recollida no

BD_SNL (o bUSCatermos)

5.2 Elaboración de terminoloxías

5.3 Difusión de terminoloxía

5.3.1 Edición dos Termos esenciais de botánica

5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm 5.4 O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos

5.5 Productos Realiter

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

35

5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística) O Banco de termos do Servizo de Normalización Lingüística comezou a constituírse no ano 2000 para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servizo e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas puntualmente, case sempre para ofrecer solucións a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ao que se lle foron engadindo pouco a pouco os traballos de terminoloxía sistemática realizados ou coordinados polo Servizo, así como algúns editados por outras entidades, pero que consideramos interesantes para a comunidade universitaria. Durante o curso de referencia continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos, pero paralelamente desenvolvéronse todos os traballos técnicos que permitiron que desde abril de 2004 os usuarios do dominio usc.es poidan consultalo a través da ferramenta bUSCatermos. 5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

36

Como xa indicamos, durante o curso 2003-04 o Banco foi aumentando o volume de información que contén, tanto coa inclusión das fichas que se realizan no SNL sobre problemas terminolóxicos puntuais, como coa integración dos seguintes repertorios: • Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa

e comentada." Chioglossa, 1: 121-138. • Reyes Oliveros, F. (dir.) (2002) Diccionario galego de termos médicos, Santiago

de Compostela, Xunta de Galicia • González González, M, et alii (2003) Léxico panlatino do comercio electrónico.

Bureau de la traduction. http://www.translationbureau.gc.ca/pwgsc_internet/en/publications/gratuit_free/lex_pan_comm/toc_g.htm [Consultado o 30/11/2004]

En paralelo a este labor de inclusión de fontes realízase tamén un labor de depuración e reelaboración do material incluído, completando ou refacendo fichas incompletas ou con información inexacta e eliminando as que recollían datos redundantes. Ao final do período descrito o Banco de termos conta con máis de 125 000 fichas terminolóxicas, nas que se recollen máis de 160 000 denominacións galegas. 5.1.2 Difusión da información recollida no BD_SNL (o bUSCatermos) O volume e a variedade da información recollida no Banco de termos do SNL fíxonos apostar por darlle unha maior difusión dentro da USC (aínda sendo conscientes de que se trata dun material en elaboración). Para iso, en colaboración co persoal técnico dos Servizos Informaticos desta Universidade deseñamos o bUSCatermos, unha interface que permite consultar desde calquera equipo pertencente ao dominio da USC o Banco de termos a través de Internet. Unha descrición máis detallada das súas características pode lerse en http://www.ti.usc.es/buscatermos/Caracteristicas.htm

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

37

O día 29 de abril de 2004 púxose a andar unha versión beta que estivo funcionando en probas durante boa parte do mes de maio. A partir desa data xa se pode acceder á versión definitiva que tivo, ata o 30 de setembro de 2004, 1997 consultas.2 5.2 Elaboración de terminoloxías Durante o curso 2003-2004 continuouse co traballo de elaboración dos repertorios terminográficos citados na memoria do 2002-2003, titulados provisionalmente Vocabulario de especies ornamentais, Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria, Vocabulario xeral de medicina e Vocabulario do cine. Durante este mesmo período deseñouse a colección “Termos esenciais de…”, coa que se pretende dar a coñecer entre o alumnado da USC a terminoloxía básica de diversas áreas de especialidade, aquela que con máis frecuencia vai ter que empregar na súa vida académica. A finais de setembro viu a luz o primeiro exemplar da colección: Termos esenciais de botánica, do que se falará no apartado seguinte. 5.3 Difusión de terminoloxía 5.3.1 Edición dos Termos esenciais de botánica Durante o curso de referencia foi editado e distribuído o glosario Termos esenciais de botánica, primeiro título da colección “Termos esenciais de…” xa presentada no parágrafo anterior. O volume foi elaborado por Elvira Díaz Vizcaíno, profesora titular do Dpto. de Botánica da USC, Antonio Rigueiro Rodríguez, catedrático do Dpto. de Produción Vexetal da USC, Juan José Villarino Urtiaga, profesor titular do mesmo departamento, e por Xusto A. Rodríguez Río, técnico do Servizo de Normalización Lingüística, que tamén asumiu o labor de coordinación. 5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso” Durante o curso 2003-2004 a Área de Linguaxes de Especialidade mantivo a súa colaboración co sitio web Canalciencia.com e seguiu editando a sección Un idioma preciso, na que se comentan casos dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística.

2 O día en que se redactan estas liñas (13 de decembro de 2004) o número de consultas realizadas á base de datas é de 3900.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

38

A finais do curso 2004, levábanse publicados 35 artigos (aproximadamente un cada dúas semanas tendo en conta as pausas vacacionais), nos que se trataron termos como arenisca, fundraising, coaching, CD-ROM… A afluencia ás páxinas foi medrando durante todo o curso, de tal maneira que nos últimos meses acadamos as 2000 visitas mensuais.

5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm Tamén segue en funcionamento a rolda terminolóxica USC-Lexiterm, creada en maio de 2003 e en boa medida coordinada e animada desde a Área de Linguaxes de Especialidade.3

3 Pódese ver unha descrición máis detallada dos seus obxectivos na memoria do curso 2002-2003.

Memoria do Servizo de Normalización Lingüística. Curso 2003-2004

39

Neste momento a lista conta con 145 persoas subscritas e neste ano académico cruzáronse unhas 150 mensaxes das máis diversas áreas de especialidade. 5.4 O Rexistro de proxectos terminolóxicos Séguese mantendo activo o Rexistro de proxectos terminolóxicos que se creou durante o curso 2001-2002. Actualmente recóllense 14 proxectos 5.5 Produtos Realiter O SNL forma parte da Rede Panlatina de Terminoloxía, e como tal participa na elaboración dos equivalentes en lingua galega dos glosarios, léxicos e vocabularios multilingües promovidos pola dita rede. Durante o curso 2001-2002 colaborouse na realización dos seguintes produtos: ♦ Glosario panlatino de biotecnoloxía: Mellora xenética de plantas e cultivo de tecidos, promovido polo Centro LexTerm, da Universidade de Brasilia. ♦ Glosario panlatino das normas ISO de terminoloxía, promovido por TERMAR, Grupo Argentino de Terminología. ♦ Vocabulario panlatino de hemodinámica, promovido pola Associazione Italiana pera la Terminologia. ♦ Léxico panlatino de contratos de comercio internacional, promovido pola Universidade de París VIII.