Upload
nguyendang
View
218
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
PLAN LECTOR Páx. 1 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
PLAN LECTOR Páx. 2 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
INDICE
1.- CONTEXTUALIZACIÓN ..................................................................................... 3
1.1. O NOSO CENTRO: Descrición do Centro. ...................................................................... 3
1.2. AS NOSAS AULAS: ¿ Onde estamos?, ¿ Quen somos?: Situación e características. ...... 3
2.- FUNDAMENTACIÓN ........................................................................................... 6
3.- OBXECTIVOS. ....................................................................................................... 8
3.1. LINGUA ORAL ................................................................................................................ 8
3.2. APROXIMACIÓN Á LINGUA ESCRITA ...................................................................... 9
3.3. ACERCAMENTO Á LITERATURA. ............................................................................ 10
4.- A BIBLIOTECA ...................................................................................................11
5.- PAUTAS DE ACTUACIÓN E INTERVENCIÓN EDUCATIVA .....................13
6.- ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS ...........................................................19
6.1. CONCRECIÓN DE PAUTAS PARA PAIS E NAIS...................................................... 20
7.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN .......................................................................21
PLAN LECTOR Páx. 3 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
1.- CONTEXTUALIZACIÓN
1.1. O NOSO CENTRO: Descrición do Centro.
Somos un Centro Educativo Rural con alumnado de 2º ciclo da Etapa de
Educación Infantil, creado no ano 1999 a partir da agrupación das antiguas
escolas unitarias dispersas no concello de Tomiño. Somos un C.R.A. de
Educación Infantil.
Ao xubilarse o noso compañeiro Manuel Garcés que levaba 30 anos
como mestre na escola de Estás, do noso CRA, onde antes estivera toda a
vida como mestre o seu pai, a nosa comunidade educativa quixo levar o seu
nome, como símbolo do valor das persoas concretas e cercanas ,os mestres e
mestras rurais que co seu traballo sementando e coidando ano tras ano o
eido educativo, participaron e participan no crecemento de todos nós
1.2. AS NOSAS AULAS: ¿ Onde estamos?, ¿ Quen
somos?: Situación e características.
O noso Colexio Rural Agrupado “Mestre Manuel Garcés” de
Tomiño, está constituído por 13 edificios escolares/aulas e unha sede
administrativa no centro urbano de Tomiño.
PLAN LECTOR Páx. 4 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
AMORÍN : Aula situada na parroquia de San Xoan de
Amorín. O edificio escolar atópase a poucos metros da igrexa e a uns cen
metros da estrada Tui-A Guarda.A zona é unha zona rural, cun núcleo de
casas nas proximidades do colexio,na súa maioría vivendas unifamiliares,
rodeado por zonas verdes de monte e leiras.
AURORA : Aula situada nunha zona chamada Costa, no rural
do interior do Baixo Miño. O seu emplazamento xeográfico, nun alto rodeado
por natureza é un regalo para todos nós. O edificio, emblemático na nosa
zona, foi feito polos veciños emigrantes, en terreo doado para uso escolar
pola Sociedade “Aurora del Porvenir” de Tomiño.
BARRO :Barro é unha zona situada a un kilómetro, oitocentos
metros aproximadamente do centro urbán de Tomiño, en dirección do interior,
cara a Tebra. O alumnado que se acolle nela procede do propio Barro e das
zonas de Lameira, a Pedra e Hospital.
CARREGAL :A escola está situada na estrada principal que
vai de Tui- A Guarda, a uns cinco kilómetros do centro de Tomiño.
FIGUEIRÓ: Aula situada na entrada principal ó lugar de
Figueiró, sito a uns oito kilómetros do concello pola estrada que vai de Tui á
Guarda.
PLAN LECTOR Páx. 5 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
FORCADELA :A escola está situada na estrada xeral entre Tui e
A Guarda. O entorno son casas unifamiliares rurais.Está situada a uns tres
kilómetros do centro.
PIÑEIRO :Aula a oito kilómetros da sede do centro. O edificio
escolar é de pedra e atópase en bastante bó estado. Consta dun vestíbulo,
unha aula ampla e uns baños. O espacio exterior é amplo e rodea a escola.
SEIXO :Escola composta por tres unidades de Educación
Infantil atópase situada nun edificio de pedra con tres aulas amplias e dous
patios pechados. O edificio está situado na rúa Gondomar nº 18 e atópase
anexo á sede do C.R.A.
TABORDA :O edificio, de pedra, con dous andares, no
primeiro deles sitúase a aula, á que se accede por unhas escaleiras. O patio é
amplo, atópandose fraccionado en dúas partes, unha a cada lado do edificio. A
escola atópase a seis kilómetros da sede.
VILACHÁN :A escola dista da sede uns dous kilómetros, é un
edificio de pedra con dúas plantas. Na planta baixa atópase o ximnasio e os
baños e na planta superior hai dúas aulas,tamén con baños.Ten un patio de
recreo cun pequeno anaco cuberto.
PLAN LECTOR Páx. 6 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
VILAMEÁN :A escola está situada a sete kilómetros da sede. O
edificio é unha construcción antiga de pedra, con grandes ventanais. Consta
de dúas aulas contiguas das cales unha úsase para impartir clases de
Educación Física. Nesa aula celebránse tamén xuntanzas e actividades da
asociación de montes da parroquia. Accédese a ambas a través dun soportal
que a súa vez serve de patio cuberto para o recreo.
2.- FUNDAMENTACIÓN
A Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, a LOE, recolle a necesidade de
potenciar o hábito lector entre os alumnos/as, ante a constatación das
deficiencias de expresión oral e escrita que éstes presentan; ao mesmo tempo
sinálase que o currículo para a Educación Infantil deberá incluir actividades
que estimulen o interese e o hábito de lectura.
O proxecto lector de centro marca as actuacións destinadas ao fomento
da lectura e da escritura e á adquisición das competencias básicas.
Incorporando a biblioteca de centro , a biblioteca itinerante e as bibliotecas de
aula como recursos fundamentáis para a súa posta en marcha.
O plan lector, de acordo coa lexislación vixente, a LOE, defínese como
un conxunto de estratexias para fomentar, incitar e promover nos nenos e
nenas o apego aos libros, o gusto pola lectura a partires de situacións
creativas, lúdicas e placenteras. Estas estratexias están orientadas a
desenvolver nos nenos e nenas unha actitude positiva en relación coa lectura
e a escritura, que permita constituÍla nunha ferramenta para o
desenvolvemento de capacidades para a vida, de cara á formación de
cidadáns activos e solidarios.
PLAN LECTOR Páx. 7 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Por outra banda, deseñaránse estratexias de comprensión lectora
traballando diversos tipos de texto: contos, poesías, trabalinguas, ditos,
textos xornalísticos, dixitais…
Fomenta-lo hábito lector é tarefa de todos aqueles que comparten a
responsabilidade na educación dos nenos e nenas e compromete a toda a
sociedade, especialmente ás familias e aos centros educativos.
O ámbito familiar é un dos máis influíntes no fomento dos hábitos
lectores nos nenos e nenas. Que os pais lean cando os nenos/as son cativos,
que os agasallen cun libro, e que se preocupen polo que os seus fillos/as len,
son actuacións que terán unha influencia fundamental nos futuros hábitos
lectores dos seus fillos/as.
A escola tamén ten un papel relevante neste senso. A lectura é un dos
principais instrumentos de aprendizaxe e abre portas a novos coñecementos,
por iso o desenvolvemento dos hábitos lectores debe comenzar a idades moi
temperás.
Os diferentes frentes dos que partiremos para incentivar os nenos/as
serán :
Dende a lectura: debemos poñer ao alcance dos alumnos/as
unha oferta variada e atractiva de libros; hai que darlles liberdade para a súa
elección. Presentándolles os novos libros de xeito atractivo.
Dende a escritura: participación na revista escolar, na recollida
de ditos, nos eslogans de nadal, nos carteis das diferentes festas e na
elaboración das súas propias produccións.
Dende a linguaxe oral: traballar a linguaxe e a expresión oral;
facer xogos coas palabras, recitar poesías ou retahílas; cantar cancións;
contar contos, anécdotas e historias, inventar historias disparatadas,
principios e finais de contos…
PLAN LECTOR Páx. 8 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Dende outras formas de expresión: utilizar a fotografía, o
vídeo, o teatro, o cine, as dramatizacións, a música e demais recursos que
potencien a expresión en tódo-los ámbitos.
O plan lector no noso centro levarase a cabo dun xeito globalizado,
empregándoo como un recurso que dinamize o proxecto de centro;
concretado nos diversos talleres didácticos que se levan a cabo.
3.- OBXECTIVOS.
3.1. LINGUA ORAL
Utilizar e valorar progresivamente a lingua oral para evocar e
relatar feitos, expresar e comunicar ideas e sentimentos e como axuda para
regular a propia conducta e a dos demais.
Usar progresivamente, acorde coa idade, un léxico variado cunha
estructuración apropiada de frases, entonación axeitada e pronunciación clara.
Participar e escoitar activamente nas situacións habituais de
comunicación.
Acomodar progresivamente os enunciados aos formatos
convencionais.
Utilizar axeitadamente as normas que rixen o intercambio
lingüístico, respetando a quenda de palabra, escoitando con atención e
respecto.
Amosar interese por participar en interaccións orais en lingua
estranxeira, en rutinas e situacións habituais de comunicación e valorar a
lingua estranxeira como un instrumento para comunicarse.
PLAN LECTOR Páx. 9 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Desenvolver estratexias básicas para apoiar a comprensión e
expresión oral de mensaxes en lingua estranxeira.
Manter unha actitude positiva cara as diferentes linguas utilizadas
no contorno e hacia os usos particulares que fan delas as persoas.
3.2. APROXIMACIÓN Á LINGUA ESCRITA
Aproximarse á lingua escrita como medio de comunicación,
información e disfrute.
Amosar interese por explorar algúns dos seus elementos.
Distinguir entre as formas escritas e outras formas de expresión
gráfica.
Identificar palabras e frases escritas moi significativas e usuais e
recoñecer as diferenzas e semellanzas entre elas.
Usar autónomamente e de xeito gradual, os diferentes soportes da
lingua escrita; como libros, revistas, periódicos, ordenadores, carteis ou
etiquetas.
Interesarse pola escoita de poesías, narracións, explicacións ou
descripcións transmitidas ou lidas polas persoas.
Iniciarse no uso da escritura para cumplir finalidades reais: avisos
as familias, elaboración de carteis, notas informativas, invitacións…
Aproximarse ao uso dalgunhas convencións do sistema da lingua
escrita como linealidade, orientación e organización do espazo.
PLAN LECTOR Páx. 10 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
3.3. ACERCAMENTO Á LITERATURA.
Escoitar e comprender contos, lendas, poesías, rimas ou adiviñas,
tanto tradicionais como contemporáneas, como fonte de placer e de
aprendizaxe.
Recitar poesías, rimas, textos de tradición cultural ou de autor,
disfrutando das sensacións producidas polo ritmo, a rima e a beleza das
palabras.
Divertirse e aprender coa participación en xogos lingüísticos.
Favorecer a capacidade de dramatización, disfrutando coa
expresión e axuda de recursos extralingüísticos.
Mostrar interese por compartir as sensacións e emocións
provocadas polos contos, textos…
Utilizar a bibliteca con respeto e coidado, valorándoa como recurso
de información, aprendizaxe, entrenemento e disfrute.
Escoitar, comprender e memorizar fragmentos de cancións,
poesías ou rimas en lingua estranxeira.
PLAN LECTOR Páx. 11 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
4.- A BIBLIOTECA
A biblioteca constitúe unha das ferramentas máis importantes, para
animación e fomento da lectura e como fonte de información, motivo polo que
cada curso intentamos enriquecela con novas adquisicións; sobre todo
relacionadas co proxecto didáctico que abordamos cada ano escolar e cos
talleres que se artellan.
A día de hoxe, existe unha considerable selección, onde podemos atopar
gran variedade de tipos de texto (enciclopedias, contos, poesía, adiviñas,
DVD....)
A biblioteca do C.R.A. estructúrase do seguinte xeito:
Biblioteca común do centro
Biblioteca itinerante
Biblioteca de aula
O centro conta cunha biblioteca común para tódalas unitarias,
organizada según os contidos curriculares:
Coñecemento de si mesmo e autonomía personal:
Corpo e a propia imaxe
Xogo e movemento
Actividade e a vida cotidiá
Coidado persoal e a saúde
PLAN LECTOR Páx. 12 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Coñecemento do entorno
Medio físico: elementos, relación e medidas
Acercamento á Naturaza
Cultura e vida en sociedade
Linguaxes: Comunicación e representación
Linguaxe verbal:escoita, fala, conversa
aproximación á linguaxe escrita
acercamento á literatura
Linguaxe audiovisual e tecnoloxías da información e a
comunicación.
Linguaxe artístico
Linguaxe corporal
Esta biblioteca está ubicada na sede do C.R.A., onde tamén se ubican as
caixas co material da biblioteca itinerante
A biblioteca itinerante, consiste nunha selección de libros variados,
contos de dramatización, marionetas e DVD, que irán rotando temporalmente
entre as diversas unitarias.Este curso será presentada por un personaxe
imaxinario chamado Lectoriño, habitante do planeta Librolandia, que disfruta
lendo e viaxando polo seu planeta do saber.
Lectoriño vainos propoñer diversas actividades para levar a cabo co
material que nos ofrece. Estes libros son viaxeiros, e serven de préstamo ás
familias o fin de semana.
A biblioteca de aula, conta cos traballos dos proxectos didácticos que
ano a ano vanse recollendo en forma de dossier, as revistas escolares, contos
inventados polos alumnos/as; e libros convencionais como dicionarios, libros
de información, libros de cociña, contos, revistas variadas...
PLAN LECTOR Páx. 13 de 22
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
5.- PAUTAS DE ACTUACIÓN E INTERVENCIÓN
EDUCATIVA
No noso centro partimos dun enfoque metodolóxico baseado no
construtivismo, motivo polo que a nosa intervención educativa lévase a cabo
dun xeito globalizado, partindo de situacións contextualizadas e significativas
para o neno/a.
Entendemos que no plan lector, está sumerxido toda a comunidade
educativa e abrangue dende a psicomotricidade, grafomotricidade, linguaxe
oral, dramatización, música …
Algunhas das actividades máis concretas que levamos a cabo son do
tipo:
Etiquetado de recunchos e materiais escolares
Rutinas: data, calendario, pasar lista…
Traballo da sonoridade das letras a partir de
cartas
Xogo do bingo de nomes
Tempo adicado aos contos
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Elaboración de abecedarios temáticos
Lectura de imaxes
Exploración de trazos e liñas
Elaboración de murais (normas, proxecto…)
Producción de notas informativas para as
familias.
Creación de contos entre tódalas unitarias
Libros elaborados a partir dos coñecementos
do proxecto didáctico
Dende o equipo das TICS, a ferramenta empregada fundamentalmente
é o encerado dixital xunto co ordenador, a través dos cales se fomenta a
comprensión das mensaxes audiovisuais e se propoñen tarefas e xogos
propios da lectoescritura, apoiados en soportes diferentes aos convencionais.
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
En relación co Taller de Xogos de
pensar, queremos
destacar a través
de xogos como as
ras saltarinas, sair
do atasco, a
familia tres en
liña… a
importancia da
adquisición de destrezas intelectuais. O
obxectivo específico para o plan lector, vai
enfocado cara a mellorar a comprensión e
resolución de problemas, empregando a
linguaxe oral de maneira axeitada.
No Taller de non- matemáticas ten relevancia a lectura, comprensión
e interpretación de símbolos da vida cotiá relacionados coa matemática.
Na Biblioteca itinerante, para que sexa operativa, todo o material
itinera nunhas caixas, que conteñen un bloc para realizar actividades do tipo:
Contos absurdos: a partires de tres palabras que van no sobre, cada aula
crea un conto que escribe e ilustra.
Adiviñas: cada aula escribe e ilustra dúas adiviñas (algunha relacionada
co proxecto).
Poesía: a partires de dúas poesías que xa van no bloc refacémolas e
completámolas
Trabalinguas: escribir e ilustrar dous trabalinguas
Rimas: facemos rimas cos nomes dos planetas e ilustrámolas
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
O calcetín amarelo: a partires da lectura do libro cada aula fará a súa
creación cun calcetín. No bloc poñeremos por diante a foto e por detrás a
explicación da realización
Dramatización de contos, que poderán ser postos en escena nas festas
común do centro
Dende o de Departamento Orientación, a especialista en Audición e
Linguaxe, propón
Unha serie de suxerencias, para unha mellora na adquisición do proceso
lectoescritor.
Para chegar a adquirir a lectoescritura debemos traballar os seguintes
procesos:
Procesos perceptivos
Procesos léxicos tanto pola ruta visual como pola ruta fonolóxica
Procesos sintácticos
Procesos semánticos.
EXEMPLIFICACIÓN DOTRABALLO DOS PROCESOS PERCEPTIVOS
En Educación Infantil resulta imprescindible o traballo dos procesos
perceptivos que son básicos para o desenvolvemento da lectoescritura. Para
traballalos facemos actividades como as seguintes:
Actividades visuais
identificar unha imaxe concreta entre varias
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
BUSCA NESTE DEBUXO: UNHA
XIRAFA, UN POLBO, UN COCRODILO…
discriminar entre imaxes iguais e diferentes
FACEMOS TARXETAS CON DEBUXOS IGUAIS E CON OUTROS
SEMELLANTES E OS NENOS/AS DEBEN IR DICINDO SE SON IGUAIS OU NON
A UN MODELO QUE LLE DAMOS.
atopar as diferenzas entre dous debuxos case iguais
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
Actividades auditivas
-Escoita de onomatopeas e imitación das mesmas. Dámoslle a imaxe
para que eles fagan o ruído correspondente.
- Discriminación auditiva de sons.
Partindo de cintas nas que estean gravados sons do medio ambiente
como por exemplo: cantos de paxaros, o ruído da choiva, martelos
golpeando... Traballamos a discriminación auditiva de sons.
- Discriminación figura-fondo auditiva.
Os nenos/as deben distinguir dous sons que aparecen simultaneamente
no CD que escoitamos, por exemplo o ruído duns pasos fortes e dunha porta
que se pecha.
- Discriminación auditiva de palabras semellantes. Con tarxetas que
conteñan imaxes de palabras case iguais foneticamente como por exemplo:
bota-gota, rata-pata ...
NAVE CHAVE
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
6.- ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS
A nosa comunidade educativa de educación infantil afronta unha
problemática crecente no eido da audición e linguaxe. Cada ano son máis ons
nenos e nenas que chegan ao noso centro con dificultades na linguaxe, con
frecuencia xunguidas a outras necesidades no eido da autonomía personal. A
sobreprotección e os malos hábitos alimenticios ( que prolongan o estadio de
“bebé” ata idades próximas a escolaridade obligatoria) favorecen unha
inmadurez que sería pouco previsible no mundo mediático cheo de estimulos
no que vivimos.
O papel das familias na estimulación lingüística e no fomento da
competencia en todos os ámbitos das linguaxes nos parece un eido
imprescindible de traballo para atallar esta e outras problemáticas asociadas.
Este curso 2008-2009 empeza a funcionar unha iniciativa compartida
“Escola Municipal de nais e pais” organizada pola concellalía de asuntos
sociais, pensada para tratar temáticas de reflexión e formación para as
comunidades escolares do noso Concello.
Pensamos ir desenvolvendo de xeito progresivo estratexias para
fomentar a sensibilización das familias e a formación conxunta da nosa
comunidade educativa nestes temas de tanta interese a medio e longo plazo
hacia a adquisición das competencias básicas facendo fincapé no ámbito
comunicativo e de relación.
Estas carencias obrígannos a impulsar a implicación das familias,
ofertándolle unha serie de pautas que parten de nocións moi básicas, pero
non menos importantes.Pois sentarán as bases de futuros aprendizaxes.
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
6.1. CONCRECIÓN DE PAUTAS PARA PAIS E NAIS
Coa fin de que o desenvolvemento lingüístico dos nosos nenos/as vaia
en aumento e poidamos corrixir algúns erros de pronunciación sabemos que é
indispensable evitar algúns hábitos inadecuados e fomentar outros:
-Despois dos dous anos non deben usar o chupete nin o biberón.
¿Por que? Porque poden aparecer deformacións nos dentes, alteracións
no padal, cambios na musculatura dos labios, dificultades no
desenvolvemento psicoemocional e erros na pronunciación de algúns fonemas
e palabras. O mesmo ocorre se adquiren o costume de chupar un dedo.
- É moi aconsellable comer sólidos e alimentos duros como pan de
barra, chocolate, froitas enteiras (non partidas)... O tomar sempre purés,
bocadillos de pan sen cortiza, ... non é beneficioso porque deixan de traballar
algúns músculos da boca que logo precisan para pronunciar axeitadamente
fonemas como o /r/ que require unha grande precisión dos movementos da
lingua.
- Non debemos imitar ao neno/a nas súas producións erróneas. Por
exemplo se o neno/a di: a caziña de Zara (en vez de “A casiña de Sara” o que
debemos facer e repetir nós esa frase correctamente para darlle un bo modelo
pero nunca nos debe facer graza nin debemos imitalo.
- Ter un tempo ao día para dedicar exclusivamente a falar co
neno/a. É importante estimular ao neno/a, facelo saber escoitar e que vexa
que o escoitades. Os contos son unha boa ferramenta para practicar todos
estes exercicios e ademais con eles aprenden vocabulario, a estruturar a
linguaxe e a traballar a atención auditiva.
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
7.- SEGUIMENTO E AVALIACIÓN
O seguimento e avaliación do Plan Lector, é un elemento esencial xa
que permite a valoración do grado de consecución dos obxectivos propostos,
das actuacións que se levan a cabo e dos recursos e medios utilizados asi
coma a realización de propostas de mellora.
A valoración do plan ten que ser continua, co fin de ir axustando os
obxectivos e actuacións previstas, ás necesidades, demandas e problemáticas
do centro. Un filtro importante será a través das xuntanzas da Comisión de
Coordinación Pedagóxica.
Aspectos que valoraremos serán:
Grado de cumprimento dos obxectivos plantexados.
Repercusión do Plan Lector nos documentos do centro: Proxecto
didáctico, Proxecto de Normalización Lingüística, Programación
Xeral Anual ...
Nivel de implicación do Plan Lector cos talleres postos en marcha
Utilización dos materiais e recursos asignados para a dinamización
da biblioteca e a potenciación do hábito lector
Receptividade por parte do profesorado ante as posibles propostas
que recolle o noso Plan Lector.
Para sistematizar o proceso de seguimento e avaliación das actuacións
que se desenvolven, realizarase:
Un proceso de seguimento das actividades propostas, que estará
envolto nunha dinámica de autoavaliación, nas que se analizarán :
CRA MESTRE MANUEL GARCÉS Rúa Gondomar 48, 1º 36740 Tomiño [email protected]
A metodoloxía empregada
As actitudes e motivacións do profesorado, das familias e do alumnado
A idoneidade das propostas desenvolvidas, materiais e recursos
Para realizar este seguimento é convinte levar un rexitro das incidencias,
logros... das experiencias postas en marcha.
Unha avaliación final que sintetice aspectos como:
O grado de consecución dos obxectivos propostos
A consecución das actuacións plantexadas e a coherencias cos proxectos
didácticos.
Aproveitamento de recursos
Implicación do profesorado, das familias e dos alumnos e alumnas.
Desenvolvemento de medidas de coordinacións.
As conclusións da avaliación final, así como as propostas de mellora, se
procede, incluiranse ao rematar o curso escolar, na memoria anual do centro.
Servindo de referente para a revisión das actuacións ao inicio do curso
seguinte.