Upload
satelite1
View
197
Download
5
Embed Size (px)
Citation preview
ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DE XOVENES DE ENTRECULTURAS
O pasado día 25 de outubro, un grupo de 22 alumnas e alumnos do CPI Virxe da
Cela, fomos participes do primeiro encontro do curso da rede solidaria de xoves de
Entreculturas, no que tivemos a oportunidade de celebrar o seu 10° aniversario.
Como de costume neste encontro tivemos a oportunidade de participar en
talleres con nenos e nenas doutros colexios, nos que este ano aprendemos algo máis
sobre os dereitos humanos. Despois destes talleres puidemos seguir aprendendo algo
máis sobre os dereitos, pero doutra forma distinta, facendo diversos xogos, nos que o
pasamos moi ben. Este ano como novidade tivemos tamén un pequeno taller para
coñecer e practicar algo sobre a capoeira, o baile tradicional de Brasil, do cal tivemos
unha pequena exhibición.
Eu quérovos animar a todos aqueles que non estivéchedes presentes, que si
vos aparece a oportunidade non a desaproveitedes, por que se pasa un bo día cos
compañeiros, coñecese xente e é un día diferente.
EREA FERNÁNDEZ LENCE 4° ESO