2
FESTIVAL DE NADAL 2011 Crónica de Antonio González López O pasado 21 de decembro de 2011, os alumnos e alumnas da ESO, organizamos, participamos e disfrutamos do Festival de Nadal, que celebramos nas dúas últimas horas do día. Pola mañá, tivemos a sorte de ir ó mosteiro de Monfero e escoitar un concerto alí, da man de Mijail Moriatov e dos seus familiares e coñecidos. Foron instrumentos de corda (violín, viola, violoncello e contrabaixo). Interpretaron moi ben temas de música clásica e de música actual. A acústica foi estupenda, así que, pese ó frío, a estancia foi moi agradable. Tras chegar do mosteiro, tivemos o recreo de forma normal. Logo, déronnos as notas. No comedor, visitounos inesperadamente Papá Noel, pero a visita era para os máis pequenos. Nas dúas últimas horas, cada grupo actuou, fíxoo, en primeiro lugar, o grupo de teatro de 1.º da ESO, que interpretaron a obra titulada “Santo Domingo de La Calzada, onde cantou a galiña despois de asada”, que trataba do roubo dunha bolsa de cartos nunha pousada por parte de dúas mulleres que por alí estaban, e que culparon do roubo ó fillo de dous peregrinos que tamén estaban hospedados alí. A obra foi interpretada perfectamente polos/as alumnos/as de 1.º da ESO. É preciso destacar o traballo que hai detrás desa interpretación, que vai dende o decorado e a busca de vestiario ata os ensaios nos recreos. As alumnas e o alumno de 4.º curso da ESO, bailaron “Pitufo Mix”, unhas cancións moi ben bailadas. Todo o alumnado cantamos a canción “Noël des enfants du monde”, en francés, ó son dos carillóns que tocaban os de 4º e do piano, que tocaba María, tamén de 4º. A canción inglesa “Noel” tocámola na frauta tódolos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO. Todo saíu moi ben. Os de 3º, fixeron unha parodia do concurso televisivo “Tú si que vales”. Durante un descanso que se fixo entre as actuacións, a profesora de Educación Plástica e Visual e as profesoras de Lingua Castelá, entregaron os premios do “Concurso de Postais de Nadal” e do “Certamen Literario”. Foi unha xornada moi amena e que contribuíu a continuar coa tradición da escola e, sobre todo,

Crónica festival de nadal 2011

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica festival de nadal 2011

FESTIVAL DE NADAL 2011Crónica de Antonio González López

O pasado 21 de decembro de 2011, os alumnos e alumnas da ESO, organizamos, participamos e disfrutamos do Festival de Nadal, que celebramos nas dúas últimas horas do día. Pola mañá, tivemos a sorte de ir ó mosteiro de Monfero e escoitar un concerto alí, da man de Mijail Moriatov e dos seus familiares e coñecidos. Foron instrumentos de corda (violín, viola, violoncello e contrabaixo). Interpretaron moi ben temas de música clásica e de música actual. A acústica foi estupenda, así que, pese ó frío, a estancia foi moi agradable.

Tras chegar do mosteiro, tivemos o recreo de forma normal. Logo, déronnos as notas. No comedor, visitounos inesperadamente Papá Noel, pero a visita era para os máis pequenos.

Nas dúas últimas horas, cada grupo actuou, fíxoo, en primeiro lugar, o grupo de teatro de 1.º da ESO, que interpretaron a obra titulada “Santo Domingo de La Calzada, onde cantou a galiña despois de asada”, que trataba do roubo dunha bolsa de cartos nunha pousada por parte de dúas mulleres que por alí estaban, e que culparon do roubo ó fillo de dous peregrinos que tamén estaban hospedados alí. A obra foi interpretada perfectamente polos/as alumnos/as de 1.º da ESO. É preciso destacar o traballo que hai detrás desa interpretación, que vai dende o decorado e a busca de vestiario ata os ensaios nos recreos.

As alumnas e o alumno de 4.º curso da ESO, bailaron “Pitufo Mix”, unhas cancións moi ben bailadas. Todo o alumnado cantamos a canción “Noël des enfants du monde”, en francés, ó son dos carillóns que tocaban os de 4º e do piano, que tocaba María, tamén de 4º. A canción inglesa “Noel” tocámola na frauta tódolos alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO. Todo saíu moi ben. Os de 3º, fixeron unha parodia do concurso televisivo “Tú si que vales”.

Durante un descanso que se fixo entre as actuacións, a profesora de Educación Plástica e Visual e as profesoras de Lingua Castelá, entregaron os premios do “Concurso de Postais de Nadal” e do “Certamen Literario”. Foi unha xornada moi amena e que contribuíu a continuar coa tradición da escola e, sobre todo, foi adicado na súa totalidade a dúas compañeiras, Sheila e Anaís, que se foron da escola e ás cales os seus compañeiros de clase e todos os da ESO en xeral, as temos en gran estima. Por elas, o seu recordo sempre estará presente.

Monfero, febreiro de 2012.