4
GALA FIN DE CURSO 2014 Fermosa e emotiva gala de Despedida do Curso 2013-2014 no CPI Virxe da Cela, unión de sentimentos contrapostos. Por un lado desexamos rematar dunha vez este mes de xuño, sempre repleto de exames, traballos e carreiras dun lado para outro ao borde da taquicardia, e así por fin vernos liberados gozando dunhas merecidas vacacións. Por outra banda, poñer o punto final a unha travesía na que inevitablemente algúns terán que abandonar o barco: o alumnado de 4º da ESO, rapaces e rapazas que pasaron a meirande partes das súas vidas compartindo aula, compañeiros, profesores e cargados de centos de recordos. A partir de agora terán que deixar esta a súa casaatrás e camiñar cara a novos horizontes, enfrentándose a novas situacións e comezando novas relacións de amizade. Tamén foi o momento de despedir a Pedro García, Abel Soto e Mª Carmen Espiñeira, profesores que mudan destino ou ben rematan a súa traxectoria profesional, e que tamén viviron esta xornada como unha despedida. Como xa ven sendo toda unha tradición no noso centro, foron os alumnos/as de 3º da ESO os encargados de organizar e presentar esta gala, e o fixeron con todo detalle e cariño, obsequiando aos seus compañeiros/as de 4º e aos profesores que deixan o centro cunha fermosísima rosa vermella, orixinais diplomas e simpáticas presentacións audiovisual cos mellores momentos e con algún material inédito que fixo arrancar as gargalladas do público alí presente. Houbo tamén espazo para as bágoas, que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida e xa foi imposible poñerlles freo unha vez que soaron os fermosos arpexios do comezo da canción Cuando me vaya, que cantamos todos xuntos en unión e que puxo punto final a este curso 2013-2014.

Crónica fin de curso 2014

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Crónica fin de curso 2014

GALA FIN DE CURSO 2014

Fermosa e emotiva gala de Despedida do Curso 2013-2014 no CPI Virxe da Cela,

unión de sentimentos contrapostos. Por un lado desexamos rematar dunha vez este

mes de xuño, sempre repleto de exames, traballos e carreiras dun lado para outro ao

borde da taquicardia, e así por fin vernos liberados gozando dunhas merecidas

vacacións. Por outra banda, poñer o punto final a unha travesía na que

inevitablemente algúns terán que abandonar o barco: o alumnado de 4º da ESO,

rapaces e rapazas que pasaron a meirande partes das súas vidas compartindo aula,

compañeiros, profesores e cargados de centos de recordos. A partir de agora terán

que deixar esta a súa “casa” atrás e camiñar cara a novos horizontes, enfrentándose a

novas situacións e comezando novas relacións de amizade. Tamén foi o momento de

despedir a Pedro García, Abel Soto e Mª Carmen Espiñeira, profesores que mudan

destino ou ben rematan a súa traxectoria profesional, e que tamén viviron esta

xornada como unha despedida.

Como xa ven sendo toda unha tradición no noso centro, foron os alumnos/as

de 3º da ESO os encargados de organizar e presentar esta gala, e o fixeron con todo

detalle e cariño, obsequiando aos seus compañeiros/as de 4º e aos profesores que

deixan o centro cunha fermosísima rosa vermella, orixinais diplomas e simpáticas

presentacións audiovisual cos mellores momentos e con algún material inédito que

fixo arrancar as gargalladas do público alí presente. Houbo tamén espazo para as

bágoas, que comezaron a asomar a través da lectura dalgunha carta de despedida e xa

foi imposible poñerlles freo unha vez que soaron os fermosos arpexios do comezo da

canción “Cuando me vaya”, que cantamos todos xuntos en unión e que puxo punto

final a este curso 2013-2014.

Page 2: Crónica fin de curso 2014
Page 3: Crónica fin de curso 2014
Page 4: Crónica fin de curso 2014