24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 27 - Marzo de 2016 Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) [email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94 Amortiguadores Mecánica en xeral e neumáticos Revisións I.T.V. Cambios de aceite Embragues Distribucións Frenos Presupostos sen compromiso Diagnoses multimarca Aliñado de dirección Aire acondicionado Taller multimarca Mecánica e Neumática As medidas saídas da re- cente reunión de ministros de Agricultura da Unión Eu- ropea tampouco servirán para recuperar en pouco tempo os prezos que reciben os Gandeiros da comarca polo leite que producen. A peción da Consellería e do Ministerio para que se ele- vase o prezo de interven- ción do leite en pó e da man- teiga non foi atendida. Como moito, ábrese a porta a que no sector se acorde reducir a produción. Os sindicatos agrarios cren que só serviría para que veña máis leite fo- ráneo, posto que o mercado español é deficitario. A Unión Europea tampouco ofrece solucións á crise leiteira Páx. 14 A Xunta dá por selado o 85% do vertedoiro da Areosa CERCEDA Páx. 8 O Concello pídelle á Xunta un centro polivalente ORDES Páx. 3 Páx. 2 O PXOM de Ordes, aprobado Grave vertido de purín ao rego entre o Mesón e Bruma ORDES - MESÍA Páx. 10 Outra obra, de un quilómetro, na estrada de Mercurín CERCEDA - ORDES Páx. 7 O debate dos orzamentos segue despois do pleno OROSO Páx. 4 Pedro Sánchez visita o Concello e unha granxa MESÍA Páx. 24 A zumba solidaria move centos de persoas en Ordes DEPORTES Páx. 20 Votan a favor o PP e o BNG, abstense o PSOE e UxO auséntase

Cronicas comarcadeordes n27 marzo2016

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 27 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 27 - Marzo de 2016

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña)[email protected] / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

AmortiguadoresMecánica en xeral e neumáticosRevisións I.T.V.Cambios de aceiteEmbragues

DistribuciónsFrenosPresupostos sen compromisoDiagnoses multimarcaAliñado de direcciónAire acondicionado

Taller multimarcaMecánicaeNeumática

As medidas saídas da re-cente reunión de ministros de Agricultura da Unión Eu-ropea tampouco servirán para recuperar en pouco

tempo os prezos que reciben os Gandeiros da comarca polo leite que producen. A petición da Consellería e do Ministerio para que se ele-

vase o prezo de interven-ción do leite en pó e da man-teiga non foi atendida. Como moito, ábrese a porta a que no sector se acorde reducir

a produción. Os sindicatos agrarios cren que só serviría para que veña máis leite fo-ráneo, posto que o mercado español é deficitario.

A Unión Europea tampouco ofrece solucións á crise leiteira

Páx. 14

A Xunta dá por selado o 85% do vertedoiro da Areosa

CERCEDA

Páx. 8

O Concello pídelle á Xunta un centro polivalente

ORDES

Páx. 3

Páx. 2

O PXOM de Ordes, aprobado

Grave vertido de purín ao rego entre o Mesón e Bruma

ORDES - MESÍA

Páx. 10

Outra obra, de un quilómetro, na estrada de Mercurín

CERCEDA - ORDES

Páx. 7

O debate dos orzamentos segue despois do pleno

OROSO

Páx. 4

Pedro Sánchez visita o Concello e unha granxa

MESÍA

Páx. 24

A zumba solidaria move centos de persoas en Ordes

DEPORTES

Páx. 20

Votan a favor o PP e o BNG, abstense o PSOE e UxO auséntase

2

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016

Crónicas da Comarca Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en: [email protected]

Non fixo falta esperar ata o úl-timo día, pero case. O pleno de Ordes aprobou de maneira inicial o Plan Xe-ral de Ordenación Municipal (PXOM) só un par de días antes da entrada en vigor da nova lei autonómica do solo, a espada de Damocles que apurou as negociacións. O documento reci-biu os votos a favor do grupo de go-berno (PP) e dos tres concelleiros do BNG, sumando así a maioría absoluta necesaria. O PSOE, cunha soa conce-lleira, abstívose, e o principal grupo da oposición, Unión por Ordes (UxO), ausentouse na votación.

O alcalde, José Luis Martínez San-jurjo, defendeu o PXOM como “a aprobación máis importante a nivel de desenvolvemento das infraestru-turas deste mandato”. O rexedor con-siderou positivas as negociacións en-tre os grupos políticos desde que o pasado mes de decembro fracasara unha primeira votación do PXOM. “Este documento recolle a totalidade dos núcleos urbanos e rurais e a to-talidade do límite municipal en to-das e cada unha das cualificacións e clasificacións existentes”, manifestou Martínez, sinalando que se corrixi-ron erros previos e considerando que o plan “dará vida e riqueza ao pobo”, emulando o desenvolvemento in-dustrial e urbanístico de municipios próximos como Oroso ou Santiago.

“PELOTAZO”Pola contra, Unión por Ordes ex-

plicou que nin sequera quixo partici-par na votación porque estamos ante “un pelotazo urbanístico en toda re-gra, onde queda de manifesto que en Ordes hai veciños de primeira e de segunda”. Mediante un comuni-cado, o líder desta formación e exal-calde, Manuel Regos, afirmou que o PXOM aprobado “claramente favo-rece os máis ricos, recalificando por exemplo unha importante superficie de solo que pasará a ter a condición de terciario/comercial, na entrada de Ordes, a maiores do uso residencial que xa tiña”.

UxO cuestiona a “présa” do go-berno por sacar adiante o documento antes da nova Lei do Solo, cando se-gundo din a nova norma mellora a anterior e podería “favorecer as ex-pectativas de moitos veciños e veci-ñas, en especial os do rural”.

O goberno defendeu a este res-pecto que iniciar de novo o PXOM

PP e BNG aproban inicialmente o Plan XeralORDES Unión por Ordes ausentouse do pleno no intre da votación e a única concelleira do PSOE abstívose

“Esta aprobación é importante para dar vida e riqueza ao pobo, grazas á regularización de zonas industriais ou parques empresariais, como vén sucedendo en Oroso ou Santiago”José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde (PP)

“Este Plan Xeral obedece a intereses particulares é un pelotazo urbanístico

en toda regra, onde queda de mani-festo que en Ordes hai veciños de

primeira e de segunda”Manuel Regos (UxO)

“Para nós era moi doado votar en con-tra, mais optamos por facer alta políti-ca, conseguindo corrixir os erros que detectamos e desbloquear un planea-mento vital para o concello” Pablo Vidal Ríos (BNG)

“O tempo porá de manifesto os inte-reses que pode haber detrás de tanta premura na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ordes”

Verónica Gómez (PSdeG-PSOE)

implicaría, ademais de perder varios anos de tramitacións, un custo eco-nómico duns 260.000 euros, sen que probablemente se puidese acceder a unha subvención autonómica para redactar un novo plan.

Regos critica “falta total de cohe-rencia” por parte do actual alcalde. Acúsao de promover agora practica-mente o mesmo plan que no man-dato anterior vía “imposible” aprobar polos erros no planeamento e eivas nos núcleos rurais e urbán que apre-zaba. O anterior mandatario, que ase-gura que no seu mandato non levou o plan a pleno ao ver que non era posi-ble consensualo, advirte que os acor-dos acadados nas reunións desde de-cembro “non se recolleron” no docu-mento que se votou agora. Por iso, califica o proceso como “un paripé, un queda-ben ante a cidadanía” e ad-virte de “certo grao de inseguridade xurídica” que, na súa opinión, supón

ter un plan baseado nunha lei xa de-rogada. “Na súa aplicación hai per-manentes conflictos legais que en nada favorecen a interpretación e a aplicación das súas ordenanzas”, ase-gura UxO.

“ALTA POLÍTICA”O BNG fundamenta o seu voto

afirmativo na “notable modificación” acadada con respecto ao PXOM que se votara en decembro. “Malia que non é un documento perfecto -indi-can os nacionalistas- si que acada uns mínimos para proceder á súa aproba-ción inicial, e animamos á veciñanza a facer as alegacións que estime opor-tunas para melloralo”.

O Bloque sinala como consecu-cións cambios como a conformación dunha alternativa de circulación á Rúa da Coruña por Alfredo Brañas, a inclusión de 54 novos bens arquitec-tónicos catalogados, a reordenación

do viario urbano, a delimitación de máis terreos para ampliar a depura-dora das Casillas ou a revisión de to-dos os núcleos rurais.

Tamén valoran positivamente os nacionalistas que se estableza un mecanismo para poder seguir con-cedendo determinadas licenzas du-rante o período de suspensión. As de nova obra seguirán dándose nas par-celas onde o PXOM non altere a súa catalogación con respecto ás normas subsidiarias. Iso si, teñen que cumprir os dous planeamentos. Tamén obte-rán licenzas as obras de conservación e as licenzas de actividade.

Pablo Vidal, voceiro do BNG or-dense, manifesta que “para nós era moi doado non presentar as no-sas condicións para aprobar inicial-mente o PXOM e votar en contra no pleno indicando o que consideramos errado, mais optamos por facer alta política conseguindo corrixir os erros que detectamos e desbloquear un planeamento vital para o desenvol-vemento deste concello”.

“MANTÉN DEFICIENCIAS”Desde o PSOE, Verónica Gómez

considera que o plan continúa con-tendo “moitas deficiencias que po-den comprometer gravemente o fu-turo do municipio, en gran parte pola mala xestión do PP, que primeiro [na oposición] bloqueou e ignorou o do-cumento e despois [no goberno] quixo aprobalo a contrarreloxo”. A portavoz socialista amosouse con-vencida de que “o tempo daranos a razón e porá de manifesto os intere-ses que pode haber detrás de tantas présas para aprobar este documento por parte do PP”.

Sen embargo, Gómez admite que nas reunións entre os concelleiros e o equipo técnico do plan producíronse avances que permitiron resolver va-rios erros. En todo caso, parécelle in-suficiente e sinala que moitas das propostas do PSOE nas reunións non se trasladaron ao documento apro-bado. Como exemplos, cita os “es-quecementos” de reservar solo para un heliporto a carón do centro de saúde “abrindo a porta a que os te-rreos poidan destinarse a outros inte-reses”. Tamén se queixa da redución de zonas verdes e da ampliación cara ao sur do polígono de Merelle, á que, segundo di, tamén se opoñía o actual alcalde cando lideraba a oposición.

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016 3

O goberno de Ordes quere un centro polivalente, un edifi cio no que poder desenvolver diversas acti vida-des culturais e formati vas máis servi-zos de carácter social. O desexo tras-ladáronllo o alcalde, José Luis Mar-tí nez Sanjurjo, e a concelleira de Servizos Sociais, Susana García, ao conselleiro de Políti ca Social, José Manuel Rey, que visitou o Concello.

A administración local non deta-llou onde lle gustaría emprazar esa hipotéti ca infraestrutura, ata a que pretende trasladar algúns dos servi-zos mancomunados ata agora situa-dos nos baixos da Alameda. O rexe-dor defende que “a relocalización re-percuti ría positi vamente tanto para os usuarios e usuarias como para os traballadores e traballadoras”.

Martí nez Sanjurjo agarda que o goberno autonómico colabore. Se-gundo o Concello, Rey Varela “com-prometeuse a valorar a peti ción for-mulada e a seguir mantendo un con-tacto directo para estudalo deti -damente e traballar en prol do seu desenvolvemento”.

Sen embargo, o comunicado emi-

ti do pola Xunta despois da reunión obvia calquera referencia concreta a este asunto. Políti ca Social si fai fi n-capé en cambio en que o goberno local e o conselleiro “acordaron es-tudar novas vías de colaboración en temas relacionados coa atención ás

persoas dependentes e aos maiores, así como a infancia”. A visita de Rey Varela enmárcase nunha rolda de contactos con responsables locais de toda Galicia para tratar de incremen-tar a coordinación e o diálogo no seu ámbito.

O Concello pídelle apoio á Xunta para construír un centro polivalente

ORDES Acollería actividades culturais e formativas e servizos de carácter social

Rey Varela, diante, co alcalde de Ordes e coa concelleira de Servizos Sociais

A visita do conselleiro a Or-des ti vo unha segunda parte nas dependencias da Mancomuni-dade. Acompañado pola direc-tora xeral de Maiores, o presi-dente da enti dade supramunici-pal, Roberto Rey, e representan-tes de varios Concellos, ti veron ocasión de coñecer o Servizo de Atención Temperá, recoñecido en 2015 cun premio Coopera.

Entre os aspectos que abor-daron na visita, están as condi-cións nas que se desenvolve o servizo, o perfi l dos usuarios e usuarias e a prestación de servi-zos en xeral.

Ademais, a delegación ta-mén ti vo contacto con respon-sables do Centro de Informa-ción á Muller, do programa de Prevención en Drogodependen-cias, Servizos Sociais, Servizo de Normalización Lingüísti ca ou a Ofi cina de Cooperati vismo, to-dos dependentes da Mancomu-nidade.

Visita de Rey Varela á Mancomunidade para coñecer os servizos da entidade comarcal

COMARCA

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

solu

ción

s in

form

átic

assolucións inform

áticas

Asesoramento Técnico

Solucións Empresariais á medida

Servizo de Asistencia Técnica

Mantementos Integrais (Hard/Soft)

Solucións de Seguridade

Reparación de Smartphones e Tablets

Redes e Conectividade

Venda de Ordenadores e Periféricos

Software de Xestión Comercial

Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña)Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922

Fax: 981 97 35 62 / [email protected]

4

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016

Rescatan o cadáver do condutor dun coche que caeu ao río desde a N-550 en Montaos

ORDES

O cadáver dun home duns trinta e cinco anos de idade foi rescatado das augas do río Cabrón en Montaos, despois de que o ve-hículo que conducía se saíra da estrada N-550 e caera ao cauce, xusto no punto entre a antiga e a nova ponte.

Os feitos sucederon na madru-gada do 5 ao 6 de marzo en Guin-dibóo de Abaixo. Non se puido de-terminar a hora. A primeira hora da mañá, unha veciña descubriu os danos ocasionados polo im-pacto no gardarraíl da estrada, que o vehículo levou por diante antes de bater contra unha árbore e ir á auga.

Ao descubrir o coche mergu-llado, a veciña avisou os servizos de emerxencia, que acudiron á zona para proceder ao rescate e foron os que localizaron o cadáver. Foi preciso excarceralo tras izar o coche, coa intervención dos Bom-beiros de Ordes e do Grupo Espe-cial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil.

Sen que aínda fose posible de-terminar con exactitude a causa do sinistro, crese que o coche cir-culaba a considerable velocidade. Ía en dirección á Coruña e saíuse pola marxe dereita nunha curva.

O falecido era de nacionali-dade romanesa e non estaba em-padroado en Ordes, se ben era unha persoa coñecida na locali-dade, posto que efectuaba traba-llos forestais como autónomo.

COLISIÓN NO PEÑASCO Por outra parte, uns días des-

pois dous homes resultaron feri-dos na colisión entre dúas motos na estrada autonómica entre Or-des e Lanzá (Mesía) á altura do Pe-ñasco, no límite entre Vilamaior (Ordes) e Abellá (Frades). Un de-les, de maior idade, foi evacuado no helicóptero medicalizado que acudiu desde Santiago para dar-lle soporte ao equipo médico. O outro, un mozo, foi trasladado en ambulancia.

Traballos de retirada do vehículo

COMARCA Formou vinte persoas, cun gasto de 178.000 euros para a Xunta

Conclúe o obradoiro de emprego conxunto de Ordes, Frades e Trazo

Rematou o obradoiro de emprego ‘Terras de Trastámara’, no que du-rante seis meses participaron vinte veciños e veciñas de Ordes, Frades e Trazo en situación de desemprego. Serviulles para obter un certificado de profesionalidade e outros coñe-cementos cos que aumentar as súas posibilidades de éxito no mercado la-boral.

A clausura da iniciativa, coa co-rrespondente entrega de diplo-mas acreditativos, tivo lugar na es-tación da Pontraga coa presenza do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, e os alcaldes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e de Frades, Roberto Rey. O Concello de Trazo es-tivo representado unicamente por un edil.

Calvo mencionou a relevancia da formación que ofrecen os obradoiros de emprego e tamén destacou o pro-veito común que supoñen as obras realizadas na parte práctica da inicia-tiva, con especialidades de albane-lería, pintura decorativa en constru-ción, e actividades auxiliares en vivei-

ros, xardíns e centros de xardinería.En Ordes, os vinte alumnos e

alumnas traballaron na rehabilita-ción do local sociocultural da rúa Ga-licia. En Frades, na dos locais sociais de Ledoira e de Papucín. E en Trazo interviron na casa reitoral de Chaián. A Xunta achegou uns 178.000 euros

para financiar o obradoiro. No acto, a concelleira ordense Su-

sana García reivindicou ante o dele-gado provincial a concesión dun novo obradoiro de emprego, neste caso conxunto entre Ordes e Frades, valo-rado nuns 700.000 euros e centrado na mocidade desempregada.

Acto de entrega dos diplomas acreditativos, ao que acudiu o delegado da Xunta

OROSO O PP cre que aumentan os impostos e o goberno fala de presión fiscal baixa

O debate sobre os orzamentos municipais críspase despois do pleno

O debate dos orzamentos do Con-cello de Oroso para este ano trascen-deu o pleno no que se aprobaron, ata o punto de que a tensión dialéctica foi maior nos días posteriores que na propia sesión. O PP, que lidera a opo-sición e que se abstivo no orzamento, acusou ao alcalde de “subir un 21 % o orzamento a costa do peto dos ve-ciños” e o goberno replicou dicindo que a presión fiscal no municipio é considerablemente inferior ás me-dias española e galega.

Para Alexander Doval, portavoz do PP de Oroso, resulta adecuado fa-lar de “saqueo” e ofrece o exemplo dos ingresos por plusvalías, que esti-man en 165.000 euros. Cren “inxusto e innecesario que sexan os veciños, con máis impostos, os que soporten o incremento do orzamento previsto polo goberno local”.

O PP tamén critica que as partidas de emerxencia social e para as axu-das ás asociacións de veciños con-ten “só” con cadanseus 15.000 eu-ros. Contrapono aos 21.000 euros que aprezan en gastos protocola-

rios. “Encheselles a boca falando de servizos sociais e de axudar aos veci-ños -afirma Doval- pero logo á hora de plasmar esa preocupación vemos que non se corresponde”.

A dereita critica tamén por “ex-cesivos” os 163.000 euros previstos para retribuír o goberno e o persoal de confianza, ou os 18.000 que atri-búen a “propaganda institucional” e un gabinete de prensa externo.

O único acordo que amosan é coas obras planeadas, se ben Doval precisa que “a maioría delas figura-ban no programa electoral do seu partido”. Incide tamén en que o exe-cutivo debería “afondar nas amorti-zacións dos créditos pendentes”.

A resposta do goberno ofreceuna Antonio Leira como voceiro. Acusou a Doval de “ter o mal costume de di-cir na prensa o que non se atreve a dicir nos plenos, porque son cons-cientes de que só din mentiras e im-properios que se desmontan sós”, di o edil socialista.

O goberno defende que a presión fiscal de Oroso é de 304 euros por ha-

bitante, un 41 % inferior á media es-pañola (516 euros) e un 21 % menor que a galega (386 euros).

“O señor Doval ou non entendeu as contas ou volve intentar confundir os cidadáns”, declara Leira, que de-fende que boa parte dos recursos do Concello “son froito das xestións fei-tas por este goberno diante doutras administracións e da boa xestión que facemos no Concello”.

Leira reitera que “os veciños sa-ben ben que non subimos os impos-tos nos últimos catro anos nin o fa-remos neste mandato” e sinala que este ano prevén 17.000 euros menos en taxas e outros ingresos. O porta-voz do goberno conclúe que “o que máis lle molesta ao señor Doval e ao PP é que o Concello funcione ben”.

Leira tamén se detén nas partidas concretas criticadas. Sinala que as axudas ás asociacións mantéñense e ademais contemplan investimentos paa os locais sociais. E asegura que a contía para emerxencia social é ini-cial, sen descartar un incremento se fose necesario.

MEDiO AMBiENTE

Crónicas - Marzo 2016 5

Sogama acadou o pasado ano os seus máximos históricos en eficiencia industrial

A planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, a termoeléctrica e a de coxeneración bateron récords de produción

A Sociedade Galega de Medio Am-biente (Sogama) acadou o pasado ano os seus máximos históricos en efi-ciencia industrial. Así, a planta de re-ciclaxe, tratamento e elaboración de combustible superou a súa capacidade de deseño e chegou a tratar preto de 584.000 toneladas de residuos; men-tres que as plantas de coxeneración e valorización bateron tamén récords en produción enerxética. De feito, a ter-moeléctrica logrou ser a de maior efi-ciencia e produción das 10 infraestru-turas destas características que existen en España.

Así o expuxo o presidente de So-gama, Javier Domínguez Lino, na pre-sentación do balance da actividade da empresa pública durante 2015. Ao res-pecto, recordou que Sogama asume ac-tualmente a xestión dos residuos urba-nos de 295 concellos galegos, o que re-presenta o 94 por cento do total. Conta coas seguintes instalacións: o com-plexo medioambiental de Cerceda, o vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cerceda) e unha rede con-formada por 37 plantas de transferen-cia distribuídas polas catro provincias. Destas, 20 están baixo a súa titu-laridade, repar-tíndose o resto da seguinte forma: 11 miniplantas na provincia de Ou-rense, construí-das pola Deputa-ción provincial; 5 plantas construídas pola Xunta en diferentes concellos; e unha planta na mancomunidade do Morrazo.

En concreto, en 2015 as plantas termoeléctrica, de coxeneración e de biogás produciron máis de 516.000 MWh, case un 4,5 por cento máis que en 2014 e preto dun 30 por cento máis que en 2008. De feito, a enerxía xe-rada en Sogama equivale ao 11 por cento da consumida polos fogares ga-legos.

No caso das 584.000 toneladas de residuos tratadas na planta de re-ciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, esta cifra supuxo un 1,25 por cento máis que en 2014 e practi-camente un 28 por cento máis que en 2008.

Ademais da eficiencia indus-trial, o informe coñecido polo Con-sello achega outros datos relevantes

de xestión. Grazas á maior eficiencia de Sogama, descenderon os residuos enviados ao vertedoiro da Areosa. Esta baixada é dun 55 por cento se se compara coas magnitudes de 2008. En concreto, hai sete anos vertíanse 413.000 toneladas, unha cantidade que

se reduciu ata 185.000 tonela-das en 2015. De feito, o pasado ano foi o exer-cicio no que me-nos cantidade de lixo se desviou a Areosa.

Por outra banda, continúa unha ten-dencia á alza na entrada de envases li-xeiros. En 2008 entraban na planta de clasificación unhas 11.200 toneladas, mentres que en 2015 acadouse unha cifra de case 21.000 toneladas.

“En definitiva”, rematou Domín-guez Lino, “estamos falando, sen lu-gar a dúbidas, dos mellores resultados da historia de Sogama”.

A actividade de Sogama destacou tamén noutros aspectos, que se suman aos referidos á eficiencia industrial. Segundo explicou o presidente de So-gama, esta empresa pública está a des-envolver un importante traballo de di-vulgación, información e formación de cara á sociedade.

Neste ámbito, destacan actividades como o programa de compostaxe do-méstica, que se continuou ampliando en 2015. Actualmente, están adheri-dos á mesma 107 concellos, 53 centros educativos, e 9 colectivos sociais. Só o ano pasado Sogama repartiu 1.000 composteiros , ascendendo a máis de 5.000 o total de recipien-tes distribuidos desde o inicio do programa. Esta campaña inclúe tamén cursos de formación, edición de material didác-tico e asesoramento técnico aos Con-cellos participantes na mesma.

O pasado ano tamén se organizaron tres cursos de formación en liña, nos que participaron unhas 150 persoas entre representantes municipais, axen-tes da Garda Civil e profesorado de Educación Secundaria. Neste mesmo ámbito de actuación tamén destacou o xogo xigante “Un partido polo pla-neta”, que circulou de forma itinerante por preto de medio cento de colexios galegos.

Nos centros educativos tamén se desenvolveu outra iniciativa, o pro-grama “Recíclate con Sogama”, que fomenta a recollida selectiva de resi-duos, estando canalizado a través do Plan Proxecta pertencente á Xunta de Galica, que persegue a educación en valores.

Tamén cabería destacar as visitas

ao complexo de Cerceda e ás plan-tas de transferencia, que se saldaron, en 2015, cun balance de 3.269 visitan-tes (un 5% máis que en 2014). No obs-tante, desde o inicio da súa activida-des, máis de 66.500 persoas pasaron por esta infraestrutura industrial.

Por último, en 2015 Sogama vol-veu colaborar na campaña “Separe-mos ben, reciclaremos mellor”, que chegou a más de 53.000 persoas en-tre agosto de 2014 e xullo de 2015. A campaña xestiónase a través de forma-ción directa con actividades en aula móbil, centros comerciais, eventos de-portivos, ou visitas ao complexo am-biental de Cerceda.

O obxectivo é seguir mellorando Sogama. Por iso, está previsto que a compañía invista uns 35 millóns de euros neste ano e os seguintes para ampliar a súa infraestrutura indus-trial. Gran parte dese orzamento des-

tinarase á cons-trución dunha nova planta de recuperación de envases proce-dente do lixo en masa, que per-mitirá incremen-tar nun 30 por

cento a achega ao reciclaxe e reducir, na mesma medida, o depósito no ver-tedoiro de Areosa. A capacidade do complexo verase aumentada nun mí-nimo do 36 por cento. O obxectivo marcado é que unicamente se verta aquela parte de residuos que non poida ser reciclada, nin valorizada material ou enerxeticamente.

Tamén se abordará a construción e posta en marcha dunha nova planta de compostaxe, con capacidade para tratar 15.000 toneladas anuais de resi-duos orgánicos, e que estará situado no propio vertedoiro.

Grazas á boa xestión realizada, poderanse realizar estes investimen-tos e, ao mesmo tempo, manter en 2016 o mesmo canon a todos os con-cellos, polo que a contía este ano será a mesma que en 2015 (67,18 euros + IVE por tonelada de lixo xestionada), tal como se publicou xa no Diario Ofi-cial de Galicia.

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, presentando o balance de 2015

Sogama mantén o mesmo canon en 2016

e investirá en dúas novas plantas

Outras actividades

Novas actuacións

A enerxía xerada por Sogama equivale ao 11 % da consumida

polos fogares galegos

6

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016

TORDOIA Estaba na cuneta e sospéitase que puido ser atropelado por un coche

Un lobo ferido en Andoio recupérase nun centro para a fauna en Oleiros

Un lobo foi rescatado en Andoio (Tordoia), ao pé da estrada entre A Silva e Anxeriz. O animal estaba in-móbil na cuneta. Sospéitase que as súas feridas se puideron deber a un atropelo nocturno. Testemuñas veci-ñais cren que podía ter fracturada al-

gunha extremidade. Os veciños da zona descubrírono

coas primeiras luces do día e avisa-ron á Policía Local de Tordoia, que acudiu á zona acompañada por un axente forestal e medioambiental da Xunta.

Para retiralo da cuneta, apre-sárono cun gancho e arrastrárono ata o vehículo co que foi trasladado ao centro de protección da fauna en Oleiros. Alí restablece a súa saúde co propósito de ser devolto ao medio natural cando sexa posible.

O animal estaba inmóbil na cuneta cando o descubriron os veciños e foi trasladado ata o vehículo arrastrado cun gancho

O alumeado e a situación dos parques, principais motivos para usar a Liña Verde

OROSO

As incidencias no alumeado público e as relativas á situación dos parques públicos foron os principais motivos dos veciños de Oroso para facer uso do servizo ‘Liña Verde’, que lles permite co-municar calquera anomalía que observen nos equipamentos pú-blicos ou resolver consultas am-bientais.

No seu primeiro ano e medio de funcionamento, a ‘Liña Verde’ atendeu 276 comunicacións. Se-gundo o Concello de Oroso, to-das recibiron “unha resposta in-mediata”, aínda que tres de cada catro recibiron solución satisfac-toria e as demais están en trami-tación, normalmente por precisar un prazo de execución máis longo.

O servizo é accesible a través da páxina web do Concello. A súa aplicación pode descargarse tanto nos teléfonos portátiles de última xeración, incluso os de penúltima, ou para tabletas. A comunicación de incidencias ao Concello con este sistema é inmediata.

Ordes envía cada día máis de doce toneladas de residuos para ser procesadas en Sogama

ORDES

O Concello de Ordes enviou 4.502 toneladas de residuos á planta de tratamento de Sogama o pasado ano 2015. O promedio supera as 12 toneladas diarias.

Do total, unhas 4.369 toneladas son das consideradas de bolsa ne-gra, refugallos que non poden ser reciclados por outras vías. Os plásti-cos e envases, os que van ao conte-dor amarelo, sumaron máis de 133 toneladas.

O mes no que máis residuos se xeran é o de agosto, con case 394 to-neladas, seguido das 384 toneladas de outubro e as case 380 de setem-bro. No outro extremo, en febreiro, o mes máis curto, Ordes produciu 312 toneladas de residuos con des-tino a Sogama. E en xaneiro foron 346 toneladas.

En 2014, a cantidade total de re-siduos xerada foi de 4.476 tonela-das. Entón 4.351 toneladas foran de bolsa negra e unhas 125 de bolsa amarela. É dicir, en 2015 Ordes re-ciclou 27 toneladas máis que no ano previo.

OROSO

O PP pide axuda municipal para o tellado da igrexa de Deixebre

O PP de Oroso reclama axuda municipal para reparar o tellado da igrexa de Santa Margarida de Deixebre. A petición naceu a partir dunha reunión con veciños da pa-rroquia, onde o principal grupo da oposición foi informado da exis-tencia de filtracións de auga ao in-terior do templo.

Os concelleiros Alexander Do-val e Pablo Parga consideran que este problema está deteriorando a igrexa e ademais causa molestias na celebración de actos litúrxicos. A súa petición é que o Concello en-víe operarios municipais ao lugar para retirar unha vara de fogos de artificio que se incrustou entre as tellas e que o orificio polo que en-tra a auga sexa tapado con tea as-fáltica impermeable.

“É completamente inxustifi-cable por parte do goberno local que non se poña fin a este tipo de problemas”, advertiu Doval, á vez que puxo de manifesto que “neste caso, o alcalde non poderá dicir que non ten diñeiro para iso”.

Sen embargo, desde o grupo de goberno indican que o que non é xustificable é a petición do PP. Lembran que unha eventual re-paración do templo excede cal-quera competencia municipal, ao tratarse dun ben de natureza pri-vada sobre o que o Concello non ten ningún tipo de dominio.

A igrexa de Santa Margarida sitúase ao pé da N-550, á altura dos Carballos

Os plenos aproban os protocolos para adherirse á creación da Vía Verdea Compostela

CERCEDA - TORDOIA

Os plenos dos Concellos de Cer-ceda e de Tordoia aprobaron, nos dous casos por unanimidade, o pro-tocolo para a creación, xestión, ex-plotación e mantemento da ‘Vía Verde a Compostela’.

Súmanse así a unha iniciativa na que xa están as entidades locais de Ordes, Oroso e Santiago. As cinco pretenden constituír un Consorcio que asuma a iniciativa de acondicio-nar para uso lúdico o trazado da an-tiga liña ferroviaria, en case 37 quiló-metros de longo.

A cesión do tramo será solicitada ante o ADIF. Tamén agardan contar coa implicación das institucións pro-vincial, autonómica e estatal para acondicionar o tramo como ‘Vía Verde’, da que o propio texto apro-bado nos plenos municipais asegura que “tería unha gran trascendencia e repercusión non desenvolvemento socioeconómico dos cinco concellos e na promoción turística da zona, na medida en que enlazaría por unha ruta alternativa a capital de Galicia cos concellos veciños”.

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016 7

Aprobada a petición do BNG para dotar de desfibriladores os locais públicos municipais

ORDES

A Casa da Cultura, os polide-portivos, os campos de fútbol, as escolas municipais e a propia casa consistorial serán equipados “pau-latinamente” con desfibrilado-res externos automáticos. Así se acordou no pleno municipal, que apoiou por unanimidade unha proposta presentada polo BNG.

O goberno municipal asegurou que “hai xa tempo” que traballaba para contar con este tipo de equi-pamentos nas instalacións públi-cas máis concorridas. Anuncia que analiza detidamente para saber se a fórmula máis rendible sería alu-gar ou mercar os aparatos.

A dotación de caixas de urxen-cias e desfibriladores é impresci-dible para actuar correctamente ante unha parada cardiorrespira-toria. Estímase que en toda Gali-cia suceden unhas 800 ao ano e a rápida intervención incrementa as posibilidades de supervivencia. O acordo solicita tamén que a Xunta equipe con estes dispositivos os centros educativos.

COMARCA O investimento suma uns 234.000 euros, a cargo dun plan provincial

En obras un quilómetro máis da estrada que une Cerceda con Ordes

A estrada que une Cerceda e Or-des por Virís, a coñecida como es-trada de Mercurín, ten un novo tramo en obras. Esta vez é algo máis dun quilómetro desde o linde de Cer-ceda en dirección a Ordes. Os traba-llos consisten no reformado e na me-

llora do firme. Están financiados con cargo a un plan da Deputación da Coruña, por un importe de 234.000 euros. A proposta inicial do proxecto foi modificada co obxectivo de poder ampliar o vial dos sete ata os nove metros de anchura.

No pasado mes de setembro, o vial xa vira mellorado o seu tramo inicial de medio quilómetro, naquela ocasión partindo desde Ordes. Pero o resto da estrada, de titularidade municipal, continúa presentando un estado extremadamente precario e perigoso para a circulación. A dete-rioración do vial debeuse ao intenso tráfico pesado que pasaba pola zona en dirección ás industrias de Cer-ceda. Tal tipoloxía de tráfico foi li-mitada para frear o agravamento do firme, pero as accións de man-temento moi puntuais non abondan para normalizalo.

Ademais destas dúas obras, a que se executa nestas semanas e a do pasado setembro, o Concello de Ordes reiterou que a Xunta de Gali-cia ten consignados nos seus orza-mentos 750.000 euros para inves-tir este ano na estrada. Para o vin-deiro 2017, estarían contemplados outros 750.000. E a maiores reserva 250.000 euros para a expropiación do solo necesario para os ensancha-mentos previstos.

O proxecto en execución consiste en anchear o tramo e acondicionaro seu firme

8

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016

O vertedoiro de Sogama na Areosa (Cerceda) ten o 85% da súa superfi-cie “perfectamente clausurada e se-lada”. Así o asegurou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Te-rritorio, Beatriz Mato, nunha visita á zona, onde o seu departamento ten por obxectivo trasladar a menor can-tidade de residuos posible.

Neste sentido, a Xunta asegura que nos últimos anos reduciuse dun xeito “notable” o volume de refu-gallos que non pode ser reciclado, reutilizado ou valorizado. Como da-tos comparativos, ofrece o de 2008, cando na Areosa se depositaron 413.000 toneladas, e o de 2015, cando a cifra caera a 185.000.

Segundo Mato, para que o verte-doiro sexa a “última opción” tratarán de seguir promovendo entre a cida-danía a importancia da redución e da reutilización, por unha parte, e aca-dar maiores cotas de recuperación e reciclaxe durante o procesamento do lixo. “Redución, reutilización, re-ciclaxe e recuperación enerxética da parte non reciclable conforman os 4

erres, que son unha guía imprescindi-ble á hora de tratar cos residuos”, in-cidiu a conselleira.

Para os que inevitablemente te-ñen que ir ao vertedoiro, a responsa-ble autonómica de Medio Ambiente destacou que as instalacións que os

acollan deben cumprir “estritamente as esixencias de control e seguridade, como é o caso da Areosa”.

Beatriz Mato sinalou que nos úl-timos anos se acometeron varias ac-cións no vertedoiro, como incremen-tar a capacidade de almacenaxe de

lixiviados con dúas balsas de 4.000 metros cúbicos cada unha, construír dúas novas depuradoras ata as catro actuais, o aproveitamento da enerxía da planta de biogás, ou a ampliación da parte sur do vertedoiro, a única en explotación na actualidade, cunha capacidade para almacenar 3,2 mi-llóns de toneladas que, ao ritmo ac-tual, daría para quince anos de uso.

Ademais de investir anualmente oito millóns de euros para o mante-mento do vertedoiro, segundo Me-dio Ambiente nos vindeiros anos está prevista unha nova planta de com-postaxe, cunha capacidade de 15.000 toneladas e un orzamento duns catro millóns de euros.

No propio complexo de Sogama, segundo Mato vaise construír unha nova planta de recuperación de en-vases procedentes do lixo en masa, ademais de remodelar a actual de re-ciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. Todas estas actuacións teñen un investimento previsto duns trinta millóns de euros. Actualmente están en fase de concurso, de acordo coa información do executivo auto-nómico.

A nova planta servirá para incre-mentar a capacidade de tratamento do complexo de Sogama en Cerceda, que en 2015 acadou a súa máxima ci-fra de 583.000 toneladas procesadas. Coa nova instalación, poderá acadar as 750.000 toneladas anuais.

Visita da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao vertedoiro da Areosa

A Xunta dá por clausurado o 85%do vertedoiro de Sogama na Areosa

CERCEDA Nos últimos anos, reduciuse a cantidade de residuos derivada alí

O TSXG tamén apreza que Dafonte vulnera o exercicio de funcións por parte da oposición

O Tribunal Superior de Xus-tiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso de apelación inter-posto polo alcalde de Trazo, José Dafonte, ante unha sentenza do contencioso-administrativo de se-tembro pasado sobre a actitude de obstrucción ás funcións públi-cas da voceira do PSOE, Beatriz Domínguez, como concelleira da oposición.

Á vista da desestimación, que fai firme a sentenza e non admite recurso, os socialistas aseguran que o TSXG “confirma que se vul-nerou o dereito fundamental da concelleira ao exercicio das súas funcións”. Domínguez expuxo que a decisión xudicial “confirma o que levamos anos dicindo, que desde o Concello se está actuando de mala fe co único obxectivo de en-torpecer o noso labor como opo-sición, cando somos lexítimos re-presentantes escollidos polo pobo de Trazo”.

O PSOE manifesta que aínda na actualidade o Concello segue re-trasando a entrega das actas das xuntas de goberno local. “Enviar as actas cunha demora de tres ou catro meses non só incumpre a lei, que establece un prazo máximo de dez días, senón que demostra o medo que o señor Dafonte lle ten á transparencia e a que os veciños coñezan a súa pésima xestión á fronte do Concello”, declara a por-tavoz socialista en Trazo.

A sentenza de setembro, agora confirmada polo TSXG, sinalaba que o rexedor “lesionou” o dereito fundamental de participación en asuntos públicos, por impedir o acceso a tempo á documentación do Plan Xeral aínda “aparentando legalidade”.

O TSXG establece, ademais de rexeitar o recurso de apelación, que o alcalde asuma as costas su-fridas en segunda instancia pola representante da oposición.

TRAZO O Bloque acusa ao rexedor de vetar un encontro sobre obras entre os tres partidos

O BNG de Trazo describe un veto por parte do alcalde a unha reunión entre as tres formacións políticas con representación no Concello para unha posta en co-mún dos proxectos e obras que se poderían incluír nos plans provin-ciais.

O Bloque rexistrou no Conce-llo un escrito, dirixido ao PP e ao PSOE, citándoos a tal encontro. Foi no propio pleno no que se aproba-ron os proxectos no que compro-baron que o grupo de goberno, ademais de non responder, “ocul-toulle ao PSOE” o documento.

Frustrouse así unha iniciativa de diálogo e de posta en común de propostas para os plans, que os nacionalistas pedían que “a po-der ser” se celebrase diante da ve-ciñanza. O representante do Blo-que, Martín Rei, lamenta a falta de capacidade negociadora de Da-fonte e que non acceda a dedicar unha parte dos plans sociais a bol-sas de estudos e ás persoas afec-tadas pola crise.

A Policía Local evita o extravío dun ancián de 80 anos, que camiñaba desorientado pola vila

ORDES

A Policía Local de Ordes evitou no serán do 5 de marzo que un ancián de 80 anos de idade chegase a extra-viarse.

Nunha patrulla polo ámbito da vila, os axentes observaron que o home camiñaba desorientado na in-tersección das rúas Lagartos, Paraíso e Rosalía de Castro. Tras conversar con el, comprobaron que estaba to-talmente perdido e non sabía regre-sar ao seu domicilio.

Tampouco lles soubo achegar máis información sobre o seu ende-rezo ou datos persoais, polo que os policías tiveron que facer as pescu-das e comprobacións pertinentes co seu DNI, que levaba consigo, para poder reconducir a situación.

Finalmente foi así e o home foi trasladado á súa vivenda, onde o agardaba a súa esposa. Desde o Con-cello indican que se tratou dunha si-tuación de máximo risco por mor das baixas temperaturas rexistradas e a proximidade de zonas de monte, ademais da desorientación do an-cián.

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016 9

Demandan obter unhaaxuda autonómica para a oficina de promoción do cooperativismo

COMARCA

O pleno da Mancomunidade de Ordes, integrado polos sete al-caldes da comarca, decidiu na súa reunión ordinaria de marzo solici-tar ante a Xunta unha subvención para manter en funcionamento a Oficina de Cooperativismo.

A contía solicitada supera os 36.000 euros e inclúe tanto gas-tos de persoal como a realización de actividades promocionais e for-mativas sobre as cooperativas e outras iniciativas semellantes re-lacionadas coa economía social.

Nos últimos catro anos, o ser-vizo da Mancomunidade vincu-lado co cooperativismo desenvol-veu, entre outras iniciativas, en-contros e xuntanzas de traballo con profesionais de distintos sec-tores, con especial interese nas producións agrícola e gandeira.

Xornadas, cursiños, obradoi-ros ou a participación en eventos como ExpoOrdes son outras ta-refas da oficina, na que se ofrece asesoramento e orientación a cal-quera persoa interesada.

O Concello de Ordes presentou ante a Dirección Xeral de Patrimonio e ante o organismo Augas de Galicia dous proxectos e memorias para re-parar a Ponte de Pereira, que hai un-has semanas tivo que ser cortada ao tráfico por mor dos riscos que supo-ñían os danos e deformacións apre-zados na súa estrutura.

O goberno espera que as dúas en-tidades se pronuncien sobre a ma-neira máis idónea do arranxo, co pro-pósito de recuperar a normalidade na zona canto antes. Patrimonio e Augas teñen competencias na mate-ria, posto que se trata dun elemento arquitectónico e histórico vinculado ao Camiño Inglés e ao cauce fluvial.

A información foi facilitada polo executivo en pleno a instancias do grupo do BNG. Os nacionalistas soli-citaron que na medida do posible se separe o viaduto e a ponte medieval, de maneira que se poida protexer mellor o elemento patrimonial.

A finais de xaneiro, despois de va-rios temporais, foi cando se fixeron máis evidentes as anomalías tanto na

ponte como na propia estrada entre os lugares do Mendo e do Ludiño, o que aconsellou evitar o tráfico.

Nun primeiro momento, o Conce-llo barallaba substituír a tubaxe me-tálica por unha estrutura de formi-gón realizada no propio lugar, ou ben colocar unha tubaxe de formigón ar-

mado de dimensións semellantes, realizando o seu emboquillado en pedra para aparentar unha mellor in-tegración no conxunto. Sen embargo, mentres non se pronuncien os orga-nismos dependentes da administra-ción autonómica non optará por nin-gunha das posibilidades.

Presentan dúas opcións para reparar a Ponte de Pereira en Patrimonio e Augas

ORDES Cortouse ao tráfico tras aprezar danos e deformacións na súa estrutura

Os danos na ponte, ao pé do Camiño Inglés, obrigaron a prohibir o tráfico rodado

10

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016

ORDES - MESÍA

Unha grave vertedura de purín contamina un afluente do Samo

Unha vertedura incontrolada de purín con orixe na Piolla (Or-des), preto do Mesón do Vento, contaminou o regato que pasa por Hospital de Bruma (Mesía) e pola parroquia de Ardemil (Ordes) ata confluír, augas abaixo, co río Tra-veso, á súa vez afluente do Samo.

Os feitos, que causaron graves danos á fauna do río, sucederon o sábado 12 de marzo pola mañá. Os veciños, alarmados pola cor e o cheiro que presentaba o caudal, avisaron ao 112 para dar conta do sucedido. De inmediato, despra-záronse á zona efectivos da Garda Civil de Ordes, que localizaron o punto inicial da vertedura nunha eira particular da Piolla.

Horas despois, acudiron profe-

sionais de Augas de Galicia e axen-tes da Policía Autonómica, que to-maron mostras da auga conta-minada e, xunto cos gardas de Ordes, tamén procederon á iden-tificación das persoas responsa-bles da vertedura.

Ao peche desta edición, desco-ñécense as causas exactas da ver-tedura, de maneira que non foi posible determinar se se tratou dun accidente, unha neglixencia, unha imprudencia ou incluso un acto voluntario. As consecuencias para os responsables variarían en función de cal teña sido a causa concreta, pero mesmo tratándose dun accidente enfróntanse a posi-bles sancións económicas se non se tomaron medidas para evitalo.

O auditorio da Casa da Cultura será adaptado para cadeiras de rodas

ORDES

O auditorio da Casa da Cultura prescindirá de oito asentos na pri-meira fila para gañar espazo e facili-tar así o acceso de persoas con algún tipo de discapacidade que lles obri-gue a utilizar cadeiras de rodas ou elementos semellantes. Así o anun-ciou o goberno municipal ante unha iniciativa presentada polos naciona-listas, que foi sometida a votación e obtivo o apoio unánime de todos os integrantes da corporación local.

Unha comisión política plural fará seguimento das contratacións de persoal do Concello

ORDES

Unha nova comisión munici-pal, con integrantes de todas as for-macións políticas representadas no pleno, encargarase de facer se-guiento da contratación de persoal por pate do Concello de Ordes. A iniciativa foi presentada polo BNG e aprobada coa única abstención do PP.

O grupo do goberno asegura que a proposta “coincide” co seu inte-rese e das demais forzas, pero pre-cisa que se viu “obrigado a absterse debido a un aspecto na redacción dun dos puntos do texto que os na-cionalistas se negaron a corrixir”. Re-fírense á petición de que o alcalde comunique de inmediato os proce-sos de selección e remitir toda a do-cumentación.

Seguno o executivo, que bota man de explicacións ofrecidas polo secretario municipal, esta petición “contradí” a Lei de Réxime Local. Con todo, o alcalde ofreceuse a facilitar toda a información e documentación requirida na correspondente comi-sión, como di que xa se fai agora.

Curso: primeiros auxilios para bebés e infancia

ORDES

A Cruz Vermella de Ordes desen-volverá un curso de primeiros auxi-lios para bebés e infancia os días 1 e 2 de abril, o venres de 16 a 21 horas e o sábado de 9 a 14 horas. O prezo polo curso é de 55 euros, con des-contos para desempregados, volun-tarios e outros colectivos. Inscricións en http://formacion.cruzvermella.org/curso/ppaa-bebes-ordes-abril/

O Punto de Atención á Infancia admite renovación de prazas durante o mes de marzo

TORDOIA

O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Tordoia mantén aberto durante todo o mes de marzo o prazo de reserva de praza para os actuais usuarios e usuarias do ser-vizo, dispoñible no municipio desde hai pouco tempo.

Tal como recolle o artigo 10 do Regulamento de Réxime Interno do PAI, os nenos e nenas xa matricula-dos previamente teñen preferencia para a adxudicación de prazas para o vindeiro curso. Despois admítense os que xa teñan un irmán ou irmá no centro, os menores con medidas ad-ministrativas de tutela ou en acollida familiar. E as prazas sobrantes do proceso serán as que se convoquen para novas matriculacións, aplicando os baremos establecidos no mesmo regulamento.

Tal como informan desde o Con-cello, as persoas interesadas en ob-ter máis información deben dirixirse ao propio Punto de Atención á Infan-cia, ao departamento municipal de Servizos Sociais ou á educadora fa-miliar.

Piden novos usos para a escola de Montaos e para un local no Campomaior

ORDES

O pleno ordense, a proposta do goberno local, aprobou por unanimi-dade solicitarlle á Consellería de Cul-tura, Educación e Ordenación Uni-versitaria a autorización que lle per-mita utilizar para servizos de carácter social a escola unitaria de Santa Cruz de Montaos, que pechou como cen-tro educativo no curso anterior. Ta-mén se pide utilizar para labores e proxectos educativos a casa do con-serxe do CEIP Campomaior.

Gómez instruirá o expediente de Cendal

ORDES

O expediente para concederlle a Isabel Cendal o título de filla pre-dilecta de Ordes será instruído pola concelleira Verónica Gómez (PSOE). Este cometido estaba asignado a Sil-via Marín (UxO), tenente de alcalde no anterior mandato, que renunciou. Cendal, nada en Parada en 1773, participou na expedición Balmis, que levou a vacina da variola a América.

Vista da vertedura, a carón do albergue de peregrinos de Bruma, en Mesía

ORDES

Adeus ao carballo do institutoComo el caen centos cada ano

no monte, moitos por efecto da concentración parcelaria e incum-prindo claramente a legalidade, pero sen ningún tipo de castigo. Pero este resultou especial polo seu emprazamento. O carballo si-tuado nas inmediacións do IES-1 de Ordes foi talado hai uns días, para disgusto dalgúns veciños e mesmo do alumnado. Descoñécese se foi por aproveitamento ou por seguri-dade, ao ter preto un edificio. Anti-gos estudantes do vetusto instituto expresaron ante Crónicas o seu dis-gusto tras ver como a motoserra se levou por diante unha parte dos seus escenarios de mocidade.

ACTUAliDADE

Crónicas - Marzo 2016 11

Expo Ordes celebrarase do 22 ao 24 de abril e incluirá un novo salón de moda e eventos

ORDES

A feira multisectorial e de ma-quinaria agrícola Expo Ordes 2016 está xa fixada no calendario para os días 22, 23 e 24 de abril. A xor-nada máis festiva será a do do-mingo, coa celebració da vixésimo sétima edición da Festa do Cham-piñón. É a primeira vez que o ac-tual goberno organiza o evento, que cada ano atrae milleiros de persoas á vila, co epicentro nas mostras e actividades asentadas no Campo da Feira.

Sen embargo, unha das gran-des novidades este ano estará em-prazada no polideportivo Caste-lao I. Será a celebración do Salón Moda & Eventos. Contará con re-presentación dos sectores do téx-til, o calzado, os complementos, a beleza, a coctelería e a restaura-ción, as ambientacións musicais, a decoración e outras propostas en xeral vinculadas coas últimas tendencias sobre todo o necesa-rio para a planificación, organiza-ción e celebración dos máis varia-dos eventos sociais.

O comercio de Ordes ofrecerá unha nova edición da Feira de Opor-tunidades este ano. Así se anunciou despois da celebrada na primeira fin de semana de marzo, que rematou cunha “valoración altamente posi-tiva dos establecementos participan-tes”, segundo o Concello.

Nesta ocasión, foron quince ne-gocios os que ofreceron produtos de fin de tempada de moi diversos sec-tores a prezos moi rebaixados. Ase-guran que houbo maior afluencia de público que na edición anterior e que ademais tiña unha procedencia máis variada, polo que conclúen que a Feira de Oportunidades comeza a ser máis coñecida fóra de Ordes.

Entre as actividades complemen-tarias que se ofreceron, tamén no primeiro andar da Praza de Abastos, cabe destacar os cursos de reposta-ría, cun bo número de participan-tes. Entre os contidos dalgún destes cursiños, figuraron receitas de doces adaptadas a persoas celíacas ou dia-béticas.

Este ano haberá outra Feira de Oportunidades

ORDES Na celebrada en marzo participaron quince negocios

Os obradoiros de repostería foron unha das actividades complementarias da feira

Quince establecementos ofreceron artigos de fin de tempada a prezos reducidos

O Concello de Frades utilizará 13.352 euros do Plan de Aforro e In-vestimentos 2016 da Deputación para amortizar o único préstamo bancario que lle resta por pagar. A

decisión tomouse por unanimidade de todas as formacións políticas no pleno. O alcalde, Roberto Rey, afirma que a utilización deste plan con tal fin permitirá “amortizar o préstamo

bancario que temos e aforrar os in-tereses, xa que a devolución faise en dez anos e sen xuros”.

Ademais, o goberno informou no pleno de que solicitou 120.000 euros

do Fondo de Compensación Ambien-tal con Mesía para manter e arranxar áreas recreativas. Tamén pediu na Xunta 40.000 euros para unha piscina infantil a carón da actual.

O Concello utilizará uns 13.000 euros dun plan provincial para cancelar a súa débeda bancariaFRADES O goberno indica que solicitou fondos para poñer ao día áreas recreativas e construír unha piscina infantil

12

ESPECiAl - XX ANiVERSARiO DUNHA ASOCiACiÓN iMPRESCiNDiBlE

Crónicas - Marzo 2016

A Asociación Cultural “Obradoiro da História” naceu no mes de marzo do ano 1996 cando un grupo de ami-gos e amigas decidiu organizarse e consti tuírse en asociación co obxec-ti vo inicial de encher, dalgún xeito, o baleiro cultural crónico que padecía a comarca de Ordes e que as insti tu-cións políti cas non se molestaban en atallar.

Outra das pretensións iniciais era defender e dar a coñecer o patrimo-nio histórico, arqueolóxico e natural tantas veces ameazado, desprotexido e desprezado.

As denuncias pola desfeita do pa-trimonio arqueolóxico (castros, me-dorras, camiños medievais...) e a pu-blicación dos primeiros traballos de

historia local xeraron unha expecta-ción e admiración recíproca entre a veciñanza e o grupo de acti vistas que lideraban a asociación.

Esta aceptación mutua levou a que os seus responsábeis aumenta-sen os obxecti vos no eido da investi -gación e da divulgación histórica local e doutros campos como o da arqueo-loxía (descubriron o dolmen de Aiazo, en Frades), a etnografí a ou a memo-ria histórica.

Xa no ano 1997, a enti dade come-zou a investi gar no eido do que poste-riormente se chamaría “Memoria His-tórica”, sendo esta asociación unha das pioneiras en Galicia... Coa edición de dous cadernos sobre o tema, os veciños de Ordes puideron coñecer

o acontecido durante a Segunda Re-pública, a represión do 36 e a loita da Guerrilla Anti franquista.

O núcleo da asociación estaba for-mado pola súa directi va: Manuel Pa-zos, Daniel Pereiro, María Souto, Be-goña Pérez e Suso Louro.

Paralelamente, contaba cunha rede de socios e socias distribuídos pola comarca de Ordes e da colabora-

ción dun grupo de empresas que pa-trocinaban as acti vidades, ante a falta de axudas insti tucionais, sobre todo durante os primeiros anos de vida da asociación.

Na actualidade a asociación cul-tural dedícase, basicamente, a edi-tar publicacións en formato libro e o seu presidente, Manuel Pazos, segue á fronte dela.

Primeiro acto público da asociación. Presentacion do libro ‘Os Camiños Antigos do Concello de Oroso’. 1996. Desde a dereita: Manuel Mirás, Manuel Pazos e Luís Álvarez Pousa

O BALANCE A entidade naceu para paliar o baleiro cultural crónico que padecía a comarca de Ordes

A Asociación Cultural “Obradoiro da História” de Ordes cumpre 20 anos

Membros da directiva co poeta Manuel María en Ordes no ano 2000

Tres campos de actividade para cumprir os obxectivosPara tentar cumprir os obxecti vos

marcados, a asociación desenvolve as súas acti vidades en tres campos:

EDICIÓN DE PUBLICACIÓNS Distribuídas de balde, maiorita-

riamente, e que supoñían unha no-vidade na recuperación e difusión da historia local. Publicacións en forma de folletos ti po A3, que a xente co-leccionaba. Por exemplo biografi a-ron a persoeiros descoñecidos da zona como Manuel García Gerpe, Ni-colás del Río Castelo, Alfonso Senra Bernárdez, Manuel Lois García, Vi-cente Carnota Pérez, Antonio Fran-cisco de Castro, Moncho Valcarce... Posteriormente pasaron a publica-cións en formato libro.

ACTOS PÚBLICOS Que signifi can un contacto di-

recto cos veciños, alternando as ofertas: xornadas literarias, presen-tación de libros, conferencias, etc. Nas Xornadas Literarias (que mes-turaban literatura e música) pasa-ron por Ordes persoeiros da talla

de Neira Vilas, Manuel María, Suso de Toro, Méndez Ferrín, Bernardino Graña... Tamén organizaron exposi-cións sobre temas etnográfi cos e da Memoria Histórica, todas con grande éxito de asistencia e interese. Igual-mente editaron “Segrel”, a revista li-

teraria da Terra de Ordes.

DENUNCIAS A Asociación Cultural Obradoiro

da História é pioneira na bisbarra por denunciar as agresións ao patri-monio histórico, artí sti co, arqueoló-xico e natural; denuncias dirixidas a varias insti tucións: Dirección Xe-ral de Patrimonio, Valedor do Pobo, prensa… Algunhas destas denuncias, por consti tuíren unha novidade, ti -veron gran repercusión nos medios de comunicación e axudaron a con-cienciar aos veciños da necesidade de protexer e respectar vesti xios ar-queolóxicos.

Primeiro libro editado polo Obradoiro da História, de 1996

Ao longo do tempo, a A.C. Obra-

doiro da História deu o seu apoio a varios colecti vos de carác-ter cultural, ecolóxico e social, com-prometéndose sempre coa defensa da lingua e da cultura do noso país.

O 12 de marzo de 2005, a A.C. Obradoiro da História recibiu o

“Premio Irmandade Moncho Val-carce” na modalidade de “Defensa da Terra”.

O segundo galardón recibido pola asociación foi o día 28 de se-tembro do ano 2008, cando lle foi concedida a “Cunca das Artes 2008” pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa.

Premios

ConmemoraciónUn dos eventos máis signifi -

cati vos da conmemoración do vixésimo aniversario vai ser a publicación, nos vindeiros me-ses, dun trípti co biográfi co sobre Lois Porteiro Garea. Obradoiro da História aproveitará deste xeito que este ano se lembra o centenario da fundación das Ir-mandades da Fala (1916-2016). Lois Porteiro foi un dos seus im-pulsores, presidente da Irman-dade de Santi ago. Está soterrado no cemiterio de Gafoi (Ponte Ca-rreira), concello de Frades. Reci-birá unha homenaxe merecida.

ESPECiAl - XX ANiVERSARiO DUNHA ASOCiACiÓN iMPRESCiNDiBlE

Crónicas - Marzo 2016 13

A Asociación Cultural “Obradoiro da História” de Ordes cumpre 20 anos1996-2016

Manuel Pazos, o alma máterManuel Pazos Gómez, nunha imaxe tomada ante a Fundación José Saramago

Nota do premio Nobel José Saramago a Manuel Pazos. Lanzarote, 2001

Manuel Pazos Gómez (nado na parroquia de Marzoa, Oroso) é di-plomado en Maxisterio pola Univer-sidade de Santi ago de Compostela (USC), ademais de especialista uni-versitario en Arquivísti ca pola Univer-sidade Nacional de Educación a Dis-tancia (UNED).

Realizou cursos ofi ciais relaciona-dos coa animación cultural, bibliote-conomía, arquivísti ca, museoloxía e centros de documentación en xeral.

Na actualidade as súas liñas de in-vesti gación céntranse na produción historiográfi ca sobre disti ntos aspec-tos da historia contemporánea na bis-barra de Ordes.

É promotor e responsábel do Ar-quivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e presidente da Asociación Cultural Obradoiro da História, unha das enti dades pioneiras no estudo da denominada “memoria histórica” do noso país.

Manuel Pazos, acti vista cultural é autor da maioría de traballos edita-dos pola asociación, considérase un afortunado debido a que todos os ac-tos realizados pola asociación (tanto públicos como a edición de publica-cións) foron un éxito, polo que de-nota que a xente demanda coñecer a súa historia máis achegada.

Tamén se considera afortunado pois debido ao seu acti vismo cultu-ral nestes últi mos 20 anos coñeceu e

comparti u experiencias culturais, en persoa ou a través de relación episto-lar con grandes (e históricos) persoei-ros da cultura, moitos xa falecidos, por exemplo: Antón Fraguas, Fran-cisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Manuel María, Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, José Saramago, Xesús Alonso Mon-tero... E tamén cos máis importantes historiadores da Memoria Histórica.

Caderno sobre Manuel Ponte Pedreira.1997

Libro ‘A República da Berxa’.2014

Libro ‘Ordes. Crónica fotográfi -ca do século XX’. 2002

Libro ‘Despois da guerra’2003

Concello de Oroso. Guía Histó-rica en Imaxes. 2004

Caderno sobre a Segunda República en Ordes. 2001

‘San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo’. 2007

Guía Turística de Oroso. 2008

Libro ‘A guerra silenciada’, sobre mortes violentas na comarca

Catálogo de imaxes de Victorino Verea Montero.

Dúas décadas de publicacións

14

ECONOMÍA

Crónicas - Marzo 2016

Unha pequena expectativa que-dou nun gran fiasco. A reunión de mi-nistros de Agricultura da Unión Eu-ropea para abordar a crise do sector leiteiro rematou sen solucións efecti-vas, nada que permita recuperar os prezos de inmediato.

Se o que se desexaba era un incre-mento nos prezos de intervención do leite e da manteiga para que o mer-cado reaccionase con subas, as auto-ridades europeas laváronse as mans e desbotan medidas de control sobre o mercado. Unicamente duplicarán os volumes de leite en po e manteiga que se mercarán a prezo fixo.

Coa produción á alza desde a fin do sistema de cotas, non se contem-pla ningunha medida de contención. O máximo que consentiu o comisario de Agricultura, Phil Hogan, é estudar a autorización de acordos voluntarios e temporais no sector, basicamente entre os produtores e a industria no foro da Interprofesional Láctea.

A ministra de Agricultura en fun-cións, Isabel García Tejerina, decla-rou que a decisión comunitaria era a esperable e asumiu que as medi-das tomadas ata agora non permiti-ron recuperar os prezos. Mentres, a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, que nos días previos insistía na necesidade de aumentar os pre-zos de intervención, fala agora dun “reto que marca Europa para mello-rar o mercado lácteo”.

A proposta da responsable auto-nómica tras as noticias chegadas de Bruxelas é que produtores, interpro-fesionais e cooperativas establezan eses acordos voluntarios para baixar

a produción e rematar co exceso de oferta.

Desde a oposición, acusaron á Xunta de deixar os Gandeiros “des-protexidos diante dunha industria cuxa única estratexia comercial está baseada en comprar leite barato” e

que nos últimos días intensifica a po-sición dominante con ameazas de non recoller para forzar que o prezo baixe ata os 18 céntimos por litro, en palabras do parlamentario Pablo Gar-cía, do PSdeG-PSOE.

Os sindicatos insistiron en que as

decisións da UE non solucionan nada. Argumentan que baixar a produción en España, que moxe menos do que bebe, só servirá para que entre máis leite foráneo, pero non para facer su-bir os prezos. En todo caso, defen-den que unha baixada de produción sexa coordinada en toda España, non en acordos individuais. Auguran que a industria e a distribución farán va-ler a súa posición de abuso para se-guir trasladando a produción ao sur e o leste españois.

LEITE As industrias ameazan co cese da recollida para baixar aínda máis os prezos

A Unión Europea tampouco ofrece solucións á ruína do sector leiteiro

GaliciaAndalucía AragónAsturiasBalearesCanariasCantabriaCastela-A ManchaCastela e LeónCataluñaExtremaduraMadridMurciaNavarraEuskadiA RioxaValencia

ESPAÑA

PREZOS DO LEITE XANEIRO / DECEMBRO

(euros/litro)0,2880,3380,3130,3260,3270,4510,3000,3230,3140,3180,3220,3170,2990,3140,3440,3250,325

0,308

0,2880,3430,3210,3250,3310,4500,3030,3260,3170,3230,3260,3220,3090,3240,3430,3290,322

0,311

MEDIA ESPAÑOLA ÚLTIMOS ANOS2013201420152016

0,3530,3620,3100,308

Fonte: FEGA (01-03-2016)

GaliciaEspaña

214.325 tn554.243 tn

PRODUCIÓN XANEIROQueiman unha cisterna de leite Río en Abellá

Unha cisterna para o transporte de leite rotulada coa imaxe de Leite Río foi incendiada na madrugada do 7 ao 8 de marzo en Abellá (Fra-des). Estaba estacionada ao pé da estrada autonómica que vai de Ordes a Lanzá. Un camioneiro que durmía nas inmediacións enterouse do que sucedía ao espertar co estourido das rodas. Ao lugar dos feitos acudi-ron os Bombeiros máis efectivos da Garda Civil. A unidade afectada per-tencía a un autónomo que recolle e transporta para a empresa de Jesús Lence. Ninguén viu nada, pero pénsase que esta acción puido ser obra de persoas en situación crítica por mor da falta de solucións á ruína do sector leiteiro. As entidades sindicais rexeitan o uso destes métodos para protestar e no sector defenden as mobilizacións intensas pero pacíficas.

221.511 tn588.275 tn

2015 2016

As comarcas de Ordes e de Lemos, esta en Lugo, son as primeiras nas que se está presentando o proxecto E-monte, para a poxa de madeira a través de internet. En realidade, é xa máis un feito que un proxecto, posto que xa permite efectuar operacións de compraveda, aínda que ata maio estea en fase de probas.

E-monte (www.emonte.es) ten por obxectivo ser útil tanto para os propietarios de madeira como para as empresas que se dedican a mer-cala. Para ambas as dúas partes, con-

formarase como unha lonxa virtual das producións forestais.

A utilización para os vendedores de madeira é de balde e o funciona-mento resulta bastante sinxelo. Os propietarios teñen que ofrecer os da-tos esenciais sobre a parcela e a es-pecie que venden, co propósito de que facilitar as valoracións.

Os compradores presentan as súas ofertas a través da web e o ven-dedor decide, á vista de como evolu-cionen as propostas, cando chega o momento máis propicio para vender.

Os propietarios de madeira non coñecerán que empresas lles lanzan ofertas. Só coñecerán a identidade da compradora á que lle acepten a oferta. Deste xeito, garántase que a transacción se materialice a través de E-monte. Hai que ter en conta que os ingresos do proxecto, cando estea en pleno funcionamento, corresponde-rán ao 1 % do importe e cada com-pravenda. De todos os xeitos, se o vendedor da madeira se fai usuario de pago si pode coñecer que empre-sas lle van formulando ofertas.

Para quen estea pensando nesta iniciativa, que tamén conta cunha app para móbiles, como un bo mé-todo para taxar a súa madeira, debe saber que os creadores de E-monte teñen contemplado o cobro dunha cantidade para quen desista da venda despois de ter chegado a un acordo co comprador. E por un tempo tam-pouco poderá volver a presentar lo-tes de madeira para a poxa.

As empresas que desexen pugnar pola madeira en venda deben rexis-trarse previamente. Recibirán a infor-mación documental e gráfica precisa sobre a ubicación do terreo, pero por suposto nunca datos confidenciais da propiedade.

Ademais dos sete municipios da comarca ordense, E-monte abrangue nesta fase inicial outros quince nas comarcas de Arzúa, Melide e Com-postela.

FORESTAL E-monte, en probas ata maio, xa permite operacións de compravenda

Preséntase en Ordes unha web para a poxa de madeira a través de internet

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Marzo 2016 15

A celebración do Díada Xuventude 2016 tenlugar este xoves 24 naAlameda en Sigüeiro

OROSO

Este próximo xoves, día 24 de marzo, é a data sinalada para a celebración do Día da Xuventude 2016 en Oroso. A festa terá lugar na Alameda de Gois, situada en Si-güeiro, a capital municipal.

Os organizadores programaron as actuacións de dúas orquestras: París de Noia e Marbella. Será en sesión nocturna, nunha tradicio-nal verbena que comezará a parti r das 22:00 horas da noite.

A previsión meteorolóxica an-ti cipa para o xoves unha xornada de ceos con intervalos nubosos e unha probabilidade de precipi-tación do 25 %. Non obstante, a organización ten previsto contar cunha carpa para poder estar a cu-berto. Aínda que non chova, axu-dará a resgardarse das tempera-turas, pouco elevadas pola noite nesta época do ano.

Outro dos atracti vos do Día da Xuventude de Oroso é que con-tará cunha pulpeira, moi úti l para quen non queira pensar en prepa-rar a cea nunha xornada festi va.

Ordes mergúllase estes días nos actos conmemorati vos da Semana Santa, que terán como evento máis multi tudinario a procesión da Virxe das Dores e da Soidade, o venres con percorrido polas principais rúas da vila.

Xa este pasado domingo cele-brouse a bendición de ramos, coa novidade de que ti vo lugar no es-pazo público da Alameda. Pola tarde, foi programada unha misa e unha re-fl exión coresmal baixo o tí tulo ‘Con-verternos á Misericordia’.

Segundo o programa, difundido polo Concello de Ordes, estes luns e martes a misa vesperti na é ás 19:30 horas, novamente con refl exión co-resmal, luns sobre ‘O Pai Misericor-dioso’ e o mar

Xa o Mércores Santo, haberá pe-nitencia para nenos e nenas ás 12:30 horas, e a dos adultos ás 19:30 horas. O Xoves Santo ás 18 horas darán co-mezo os ofi cios relixiosos e ás 21 ho-ras a conmemoración da Hora Santa.

O Venres Santo, tras a celebración do solemne Vía Crucis ás 12 do me-

diodía, e a Morte do Señor ás 17 ho-ras, ás 21 horas arrancará a procesión da Virxe das Dores e da Soidade. Cón-tase coa parti cipación de milleiros de persoas, venerando a imaxe da Virxe nun percorrido polas rúas Alfonso Senra, Rosalía de Castro, Lagartos, Recreo e Mediodía. Máis de 300 in-

tegrantes da confraría levan semanas preparando este acto, e terán apoio da Garda Civil, a Policía Local ou os Bombeiros de Ordes.

E o Sábado Santo, vixilia pascual a parti r das 21 horas. Terá lugar tamén na igrexa parroquial de Santa María de Ordes.

Ordes mergúllase na Semana Santa, con actos litúrxicos todos os días ata o sábado

ORDES Prevese que milleiros de persoas participen na procesión do Venres Santo

Un aspecto da procesión do Venres Santo polas rúas da vila, o ano pasado

Rúa do Muiño, 10 - 1º D - 15680 ORDES (A Coruña)Telf.: 981 680 138 - Móvil: 696 962 490e-mail: [email protected]

OPERADOR DE CAMIÓN GRÚACumpliendo la norma UNE 58451-2014Formación de los operadores de carretillas de manutención hasta 10.000 kg.

OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORASCumpliendo la norma UNE 58451-2014Formación de los operadores de carretillas hasta 10.000 kg.

175 €

175 €

PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES

EN AMBOS CURSOS: 8 horas de formación teórica.

• Grupos de 10 alumnos: 6 horas de prácticas.• Grupos de 12 alumnos: 8 horas de prácticas.

Con posibilidad de bonifi ciación a través de los Seguros Sociales - Fundación Tripartita

SOLICITA INFORMACIÓN:• 981 68 01 38• [email protected]• Reme Gende Reme Gende

16

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Marzo 2016

O ciclo de sesiónsde observaciónastronómica comezou en Montaos

ORDES

O ciclo de xornadas de obser-vación astronómica que chegará a varios lugares de Ordes come-zou na parroquia de Santa Cruz de Montaos. A actividade ‘Obser-vando o cosmos’ congregou un-has trinta persoas no campo de fútbol.

Botando man dun telescopio, e escoitando as explicacións dos monitores, aprezaron en deta-lle a lúa, nesa xornada en cuarto crecente, ademais doutros cor-pos celestes. O programa irá che-gando as vindeiras semanas a ou-tras localidades do municipio.

A conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller deulle o maior protagonismo aos escolares nas súas actividades, con obradoiros, representacións teatrais e outras propostas didácticas que fan fincapé na igualdade de xénero e na necesidade de erradicar calquera tipo de discriminación.

Non obstante, desenvolvéronse tamén iniciativas para a poboación en xeral, como é o caso do Concurso de Fotografía ‘Muller Traballadora’, que este ano acadou a súa sexta edi-ción en Oroso.

Desde a Mancomunidade de Or-des, emitiron un manifesto no que se expresa que “as mulleres consegui-mos moitos logros, inimaxinables hai só unhas décadas, pero entendemos que máis que nunca debemos mirar adiante e darlle sentido a este Día”, para avanzar na loita contra o ele-vado paro feminino, a desigualdade salarial, a explotación laboral, a vio-lencia de xénero, ou as sobrecargas sociais e familiares.

O Día da Muller orientouse aos máis pequenos

COMARCA As actividades nos colexios tiveron o maior protagonismo no 8-M

Representación de ‘A viaxe de Rosalía’, espectáculo de monicreques, en Frades

Belén Cores e Leticia Blanco gañon o concurso de fotos ‘Muller Traballadora’ en Oroso

lacón, grelos e leite para unha festa maior de idadeA XVIII Festa do Lacón con Grelos

levou milleiros de persoas ao Me-són do Vento (Ordes) durante a fin de semana do 12 e o 13 de marzo. Para o Concello, a entrada na maio-ría de idade “non puido ser mellor” e vincúlao ao “enfoque lúdico e fes-tivo co que o actual equipo de Go-berno plantexou a organización”. Pode considerarse unha resposta ás críticas recibidas días antes desde o BNG, que cuestionara que se elimi-nase do programa a exposición de gando, afirmaba que había malestar veciñal e acusaba ao alcalde de que-rer “estragar e desmantelar a festa”.

Polo demais, o evento tivo os in-gredientes habituais. Unha feira de artesanía, desfile serodio de en-troido, mostra de vehículos de oca-sión e de maquinaria agrícola, pro-bas cabalares e caninas... Novidade foi o encontro folclórico, no que se deron cita Sementes da Arte, Ca-miño Real de Poulo e a asociación de Leira. Protagonistas tamén a con-centración moteira e para a visita da directora xeral de Gandeiría, Agricul-tura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, esta promovendo o consumo de leite galego.

ORDES O Concello asegura que a cita gastronómica do Mesón do Vento “non puido ser mellor”

A promoción do leite con orixe galega e as actuacións do encontro folclórico, algunhas das actividades programadas na festa

O recinto feiral acolleu postos de artesanía e alimentación A degustación do lacón con grelos atrae moito público o domingo

A actividade, no campo de fútbol

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Marzo 2016 17

A primeira das actuacións que conmemora o vixésimo quinto ani-versario da fundación da Banda de Música de Ordes encheu o aforo da discoteca LP 45. A formación musi-cal actuou xunto ao trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’ e ofreceron un es-pectáculo no que as partituras se impregnaron de moito humor e re-tranca.

A actuación, organizada pola Aso-ciación Cultural Amigos da Música coa colaboración do Concello de Or-des, a Deputación da Coruña e a dis-coteca LP 45, tivo precisamente o propósito de darlle un enfoque có-mico á música. Nas outras dúas que se programaron, o acento vaise po-ñer nunha perspectiva máis tradicio-nal cun concerto popular ‘A tres ban-das’ e no lecer dos cativos e das súas familias, con ‘Teatro de Banda’.

O próximo acto conmemora-tivo da banda vai ser a edición dun cedé conmemorativo, que prepara-ron conxuntamente con entidades musicais da comarca, como corais ou agrupacións folclóricas. As novas

actuacións vinculadas ao vixésimo quinto aniversario están programa-das para o 6 de agosto, o 19 de no-vembro e as datas de Nadal.

Tal como indican desde a Banda, o espírito da conmemoración é involu-

crar a todos os veciños e veciñas po-sibles de Ordes e da súa contorna, como levan facendo desde o 26 de xullo de 1991 espallando a música feita desde Ordes con innumerables actuacións por todas partes.

Aforo completo na primeira actuación que celebra o cuarto de século da Banda

ORDES A formación actuou co trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’ en LP 45

Humor e música fusionáronse na actuación con ‘Vaamonde, Lamas e Romero’

O 4 de abril remata o prazo para inscribirse na excursión municipal a Segovia e Ávila

FRADES

Ata o vindeiro 4 de abril, está aberto o prazo de anotación para participar na excursión a Segovia e Ávila que o Concello de Frades programou para os días 15, 16 e 17 de abril.

O Concello asegura que o lí-mite de prazas dispoñibles é de 55, equivalentes a un autobús. As inscricións hai que efectualas na Casa do Concello (981 695 567). A excursión ten un prezo de 160 eu-ros para persoas empadroadas en Frades. Os de fóra teñen que pa-gar 185 euros e só poderán parti-cipar se os censados non comple-tan todas as prazas.

O custo inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, des-prazamento e visitas a Pedraza, Sepúlveda, Alba de Tormes, Aré-valo, Segovia e Ávila. Esta nova proposta lúdica dálle continui-dade a outras viaxes organizadas polo Concello de Frades nos últi-mos tempos, con destinos como Asturias, Cantabria, Salamanca ou Portugal.

A prevención de infeccións, nun novo Martes Saudable

A prevención de infeccións foi o tema xeral dunha nova edi-ción dos Martes Saudables, o pro-grama de charlas relacionadas coa saúde, o benestar e os servizos so-ciais que o Concello de Oroso des-envolve cos maiores.

Na sesión, que se prolongou durante case dúas horas nas insta-

lacións do local social da terceira idade, os arredor de quince veci-ños e veciñas participantes tiveron ocasión de coñecer consellos rela-cionados coa seguridade no fogar e coa saúde na mesa.

A intención desta iniciativa é que os maiores poidan adoptar pautas cotiás máis saudables.

OROSO FRADES

Máis de 500 persoas acudironá Festa da Filloa e da Cachucha

A Festa da Filloa e da Cachu-cha, que se celebrou por quinto ano en Abellá (Frades), superou os 500 participantes, segundo cal-cula a organización, que tamén es-tima que se distribuíron de balde unhas 4.000 filloas e vinte cachu-chas. A bebida si era de pago.

Dez persoas encargáronse de

preparar as filloas desde primeira hora da xornada do 13 de marzo no pavillón. Ademais, sorteáronse dúas cestas de produtos, que re-caeron en Marisé Neira e en Ma-ría Seoane. Da música encargouse a Escola de Música Tradicional de Mesía. A organización agradeceu todas as colaboracións.

Entrega dunha das dúas cestas de produtos que se sortearon durante a festaPúblico nunha nova sesión do programa ‘Martes Saudables’ en Oroso

18

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Marzo 2016

Unha obradoiro analiza a Rosalía como defensora da muller

Unha charla-obradoiro anali-zou en Ordes a figura de Rosalía de Castro como defensora dos derei-tos e da condición feminina.

As participantes na iniciativa, organizada polo Servizo de Nor-malización Lingüística da Manco-munidade, descubriron e estuda-ron aspectos e cuestións relacio-nadas co papel da muller na so-

ciedade ou dentro da estrutura familiar, o seu posicionamento nas relacións de parella, a facilidade que ten para acceder á cultura e ao coñecemento... Todo coa base dalgúns dos seus poemas contex-tualizados na época na que foron escritos para despois establecer unha comparación coa época ac-tual.

A iniciativa enmárcase nos actos do 179 aniversario do nacemento da escritora

ORDES

Un curso sitúa os ordenses na vangarda da fotografía dixital

Unhas trinta persoas participan durante este trimestre nun curso de fotografía dixital en Ordes, im-partido polo fotógrafo e artista vi-sual Xosé Rivera dentro do pro-grama cultural e deportivo muni-cipal.

Xa a primeira das sesións, que se desenvolven cada sábado en horario matinal, deu moito de si,

abordando os conceptos básicos da composición fotográfica. Como unha boa maneira de sentar as ba-ses da aprendizaxe é coñecer a orixe das cousas, a primeira prác-tica consistiu en tomar unha foto cunha cámara estenopeica, cons-truída cunha simple caixa metá-lica. De aí á vangarda desta arte, só lles quedan unhas semanas.

Alumnado do curso, no intre en que se retrataron cunha cámara estenopeica

ORDES

A poda está feita, agora queda ver como se vai dando a froita

A comezos deste mes de marzo, todos os grupos participantes re-mataron o curso de poda organi-zado polo Concello de Ordes. Non podían demorarse moito máis, posto que polo xeral esta é unha actividade que debe efectuarse pouco antes dos primeiros indicios da primavera.

As clases superaron as trinta persoas participantes. Recbiron os coñecementos teóricos sobre as técnicas que se deben usar se-gundo a especie, o momento e a situación. E tamén tiveron tempo para realizar algunhas prácticas, ensaiando os enxertos inglés, de fendedura, de coroa, ou de xema.

ORDES OROSO

Entréganse os diplomas de monitoraxe de tempo libre

O alumnado do curso de moni-toraxe de tempo libre de Oroso re-cibiu os diplomas tras a conclusión do tramo teórico, que deu paso a unha etapa de 150 horas de prác-ticas laborais. En total, participan nesta acción formativa 23 mozos e mozas.

No acto de entrega de diplo-

mas, o concelleiro de Xuventude, Luis Rey, púxose como retos con-seguir a creación dunha asocia-ción xuvenil e darlle máis utili-dade á Aula da Xuventude. O al-calde, Manuel Mirás, dixo botar en falta a mocidade nas actividaes e animounos a incrementar a súa implicación social.

No curso, con teoría e prácticas laborais, participan 23 mozos e mozasAlgúns dos alumnos, no transcurso dunha das sesións prácticas do curso

XENTE DE AQUÍ

Crónicas - Marzo 2016 19

Charla sobre acompañamento de persoas con cancro

A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ordes, en co-laboración co Concello de Ordes, ofrece unha charla sobre o acom-pañamento para persoas con can-cro.

A intervención correu a cargo do psicólogo Marcos Calvo, que ofreceu unha serie de premisas e

consellos para as persoas que pa-san por esa situación, tanto os en-fermos como os seus familiares ou amizades.

Esta actividade reuniu nume-roso público na Casa da Cultura de Ordes. Entre os asistentes, es-tivo presente a concelleira Ana So-neira.

ORDES TORDOIA

Vinte horas para pillarlle o xeito ao teléfono móbil

O curso que ofreceu o Conce-llo de Tordoia para aprender a ma-nexar o teléfono móbil intelixente rematou despois dun mes de cla-ses.

En total, foron vinte horas nas que os participantes aprenderon as habilidades máis básicas na uti-lización deste tipo de terminais,

pero tamén no uso de aplicacións, correo electrónico e navegación por internet. O Concello anuncia novos cursos deste tipo ao longo do ano.

Na programación municipal, fi-gura tamén un curso de técnicas de busca de emprego para per-soas en situación de paro.

Os participantes aprenderon habilidades básicas e algunha utilidade avanzadaAlgúns dos alumnos, no transcurso dunha das sesións prácticas do curso

Tres días de excursión por terras castelás para veciños de Cerceda

Veciños e veciñas de Cerceda participaron na excursión que o Concello organizou para os días 11, 12 e 13 de marzo con destino a Salamanca, Zamora, Toro, La Al-berca e Puebla de Sanabria. Na viaxe, detivéronse a coñecer os lu-gares turísticos máis emblemáti-cos de todas estas paraxes.

A próxima actividade deste

tipo ten como destino Asturias, con visitas ao Museo da Minería, a Oviedo, a Covadonga, a Cangas de Onís, a Lastres, a Xixón e a Avi-lés. Será tamén de tres días de du-ración, en concreto o 3, 4 e 5 de xuño. O prazo para anotarse co-meza este 30 de marzo. O prezo é de 150 euros por persoa, con aloxamento en cuarto doble.

A viaxe permitiu coñecer algúns dos emblemas turísticos das zonas visitadas

CERCEDA

Mónica Cores, de Montaos, gaña o ‘Rosalía verso a verso’

O concurso ‘Rosalía verso a verso’, da Mancomunidade de Or-des, tivo como gañadora a Mónica Cores Vázquez, natural de Santa Cruz de Montaos (Ordes).

O traballo co que gañou foi unha videomontaxe a partir do poema ‘Unha vez tiven un cravo’, da obra ‘Follas novas’. Ela mesma encargouse de poñerlle voz á crea-

ción audiovisual, que recibiu máis de 130 votos por parte dos segui-dores do certame.

O premio, consistente nun lote de libros e material audiovisual sobre Rosalía, foi entregado polo presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüís-tica (SNL), Irene Bravo.

O presidente da Mancomunidade e a responsable do SNL entregaron o premio

COMARCA

20

DEPORTES

Crónicas - Marzo 2016

ZUMBA A primeira master class solidaria de Ordes recada diñeiro para a AECC e alimentos para Cáritas

Cando a solidariedade axita todo un pavillónMáis de duascentas persoas, de

case todas as idades, tratando de se-guir o paso dos monitores de zumba, unhas con máis coordinación que outras, durante máis de tres horas. O ‘espectáculo’ tivo algo de cómico, de perda de complexos innecesarios. Pero no fondo resulta conmovedor, se se pensa que o que axitou tantas almas no pavillón Castelao I de Ordes foi a solidariedade.

E é que a I Master Class de Zumba, organizada pola monitora Noelia Moledo e polo Concello, tiña como fin recadar diñeiro para a xunta lo-cal da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e alimentos para Cá-ritas de Ordes. Superáronse os 1.300 euros e a media tonelada de comida.

Cabe destacar a participación da veciñanza do municipio e de varios lugares da contorna, por suposto, pero tamén a implicación do comer-cio local e de diversas firmas do sec-tor deportivo, que colaboraron con material e facilitaron ademais un sor-teo de agasallos.

Desde o Concello aseguran que teñen a petición dunha nova convo-catoria deste tipo, polo que estuda-rán posibles datas. Se por algo se caracteriza a zumba, é pola enerxía nos movementos e o desenfado co que se desenvolven as sesións

Ouros para Ánxeles Rodríguez en lanzamento de peso e para Alejandra Souto en 50 metros lisos

A ordense Ánxeles Rodríguez lo-grou a medalla de ouro no Campio-nato Galego de Atletismo de pista cuberta en cateogoría de veteranos, que se disputou nas instalacións de-portivas de Riazor (A Coruña).

Concretamente, Rodríguez po-

sicionouse como a mellor galega da súa categoría na proba de lan-zamento de peso, cunha marca de 7,48. Superou por pouco á súa com-pañeira no club Atlética A Silva Ana María Abuín (7,46), subcampioa.

Rodríguez destacou tamén nas

probas de salto de altura, na que unha marca de 1,00 deulle a cuarta posición, e de lonxitude, novena con 2,79.

Ademais, outra ordense do Club Atlética A Silva, Alejandra Souto Vieites, proclamouse campioa ga-

lega alevín na proba de 50 metros lisos e subcampioa galega alevín en salto de lonxitude. Como é ha-bitual neste tipo de éxitos deporti-vos, Souto Vieites recibiu unha fe-licitación por parte do Concello de Ordes.

Rodríguez, do Atlética A Silva, no máis alto do podio de lanzamento de peso, coa súa compañeira Abuín segunda

ATLETISMO - CAMPIONATO GALEGO EN PISTA CUBERTA

Alejandra Souto Vieites tamén foi subcampioa en salto de lonxitude

PUBliCiDADE

Crónicas - Marzo 2016 21

22

DEPORTES

Crónicas - Marzo 2016

CICLISMO O primeiro Memorial do fundador de Tambre Bike reúne case oitenta competidores no seu recordo

Seguir pedaleando, a mellor homenaxe a Abad

O I Memorial Fernando Abad, dis-putado en Oroso o sábado 27 de fe-breiro, sumou 77 ciclistas. Máis que competir, esta vez uniunos o recordo ao compañeiro e fundador do club Tambre Bike, falecido tristemente en 2015. A entidade, xunto ao Con-cello, encargouse da organización da proba.

Amancio Espiñeira, presidente de Tambre Bike, anticipou que este evento “levará o seu nome de aquí en diante, polo que nos aportou como deportistas e como persoas”. En presenza de seus pais, asegurou que “na lembranza e no tempo, Fer-nando estará sempre con nós”. Fer-nando Abad pai e Esther Roca, a nai, recibiron senllas placas conmemo-rativas e encargáronse do corte de cinta do inicio da carreira.

No aspecto deportivo, a chu-via e a friaxe foron condicionantes importantes. Ao remate, gañou Vi-cente Allo, do Código Atlántico Club Ciclista, que a dúas voltas do remate lanzou unha pequena escapada que lle reportaría finalmente a vantaxe

necesaria para poder entrar en soli-tario na meta. Segundo foi Gonzalo Aguiar, da Asociación Galega de Ci-clistas, e terceiro Francisco Iglesias, do Supermercados Froiz.

Os tres primeiros clasificados per-tencen á categoría M-40. Na M-30, o primeiro foi Emilio de la Campa, do Master Morrazo e quinto na xe-ral. Rubén Fernández (Norinver) foi segundo e Iván Raña terceiro na ca-tegoría. O ordense participou a tí-tulo individual co fin de homenaxear o seu amigo Abad “porque a mellor homenaxe que lle podemos facer é pedaleando a facendo o que máis lle gustaba”.

Os premios foron entregados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto. Estiveron acompañados por varios concelleiros do goberno.

A proba consistiu en 12 voltas a un circuíto de asfalto con saída e che-gada en Sigüeiro e traxecto polas in-mediacións. O conxunto do perco-rrido foi de 64,8 km. Acto de entrega de premios, nunha proba na que influíron a chuvia e a friaxe

Alba Diéguez, entre as primeiras

Alba Diéguez Veiras, patina-dora pertencente ao club de pa-tinaxe Galia, de Ordes, logrou cla-sificarse entre as dez primeiras da categoría infantil da competición do Trofeo da Deputación da Co-ruña.

Esta foi a primeira ocasión na que a entidade deportiva ordense participou nesta competición, que se desenvolveu en instalacións de-portivas situadas no municipio de Culleredo a principios do mes de marzo.

TROFEO DE PATINAXE DA DEPUTACIÓN

Dúas estrelas do salvamento

Antía Martínez Sánchez e Lara López Fernández, as dúas de Or-des, participaron con resultados moi destacables no Campionato de España de Salvamento e So-corrismo Infantil e Cadete, que

se disputou en Valladolid hai uns días.

López fíxose co quinto posto e Martínez foi duodécima na proba de 100 metros maniquí aletas in-fantil feminina.

Antía Martínez Sánchez

NATACIÓN

Lara López Fernández

OPiNiÓN

Crónicas - Marzo 2016 23

Os paxariños da Alameda

Todo sexa dito, a verdade é que o guionista leva va-rios capítulos acertando de pleno, evitando que os ac-

tores tropecen nas súas interpreta-cións e que as tramas se retorzan máis do necesario. Así que chapó, chapó, chapó. Por méritos.

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

O que leva a pensar que en películas anteriores falla-ron tamén os intérpretes, ata o punto de nin deixarse

aconsellar. Xa o apuntou a anduriña cando os viu asentarse no niño, que como non teñan coidado desfano. Eles tamén...

Ía a pomba camiño do en-contro co lagarto e parou a pensar se habería algún misterio entre tanto miste-

rio. Semellaba o día en que o estor-niño da lagoa se atopara coa garza do río, que nunca ata ese momento reparara ningún dos dous no pro-veitosa que podería ser unha sim-biose. Proveitosa en común fronte ao inimigo, que é o que o ornitó-logo entende que deberían ir ava-liando todos.

Tantos ciumes quería cau-sar no bispo a gaivota do hórreo (a traballadora, que ninguén se confunda) que

ao fi nal levouse un chasco. E menos mal que non sabe que o bispo ob-servou toda a operación con indife-rencia, despreocupado e diverti do. Para que se vai molestar por un sim-ple disparo canónico. O importante para el, como se fose unha pega cleptómana, é ter o euro na arca. Aí é onde mellor toma proveito cando chegue o momento. Amorti za moi ben. Ou non? Quizais facendo con-tas sae caro. Pero sae.

Andan as rosas do Tambre, que por certo non pensa-ban atopar un polbo no río, lanzando mensaxes a

través dun bípedo rodado de verde capa? De ser así, van erradas se pensan que os recados se poden entender por ese procedemento. Éralles mellor emiti r mensaxes como no seu día as pitas de monte, directas e sen remordementos, nin previos nin posteriores.

A verdade é que os cien-tí fi cos intentarán estudar o caso con detalle, avaliar ben as causas e sobre todo

determinar se só é un asunto pa-saxeiro ou se aínda por riba se debe a un defecto na evolución da espe-cie, que non sería o primeiro.

Por que calan as aves? Por que non pía ningunha, sexa cal sexa a cor do seu fí o? Por que non moven unha

soa á? Tan cosidas están ao mundo irreal? Tanto medo lle teñen ás agu-llas? De verdade non saben nada? De verdade non o queren saber? De verdade pensan que van poder disimular sempre?

Tan contento e entusias-mado voaba algún carrizo sobre a roseira que nin se-quera se deu conta de que

se facía tarde, de que se metí a na noite e de que se non se apartaba a tempo acabaría cheo de espiñas. Foi unha especie de emoción pa-trióti ca, de intoxicación pseudo-etí lica polo cheiro que desprenden as fl ores en descomposición. Non soubo disti nguir os efectos publici-tarios da vida real. Un fenómeno de persuasión colecti va impropio da ave. Pero sucedeu. Hai que temer.

Ñam, ñam, ñam... Xa nou-tras pólas, así funcionan as trituradoras en datas re-centes no despacho podre.

Apareceu certa documentación mal perfumada, que lonxanamente po-dería ter copia nalgún Azeta-Net. Así que primeiro machacan e des-pois ao lume da casa, que de noite aínda vai frío e en Sogama agora re-ciclan moito e nunca se sabe...

Unha gaivota que se foi pousar estes días en cúpula allea, invadindo terreo da cegoña, deuse conta tarde

de que botara mal os cálculos. Pero se os bota ben tamén verá que aínda sae gañando algo, sempre e cando se mova sobre o terreo e non tanto sobre as planas ti pográfi cas.

Temos unha empresa en común:

Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente

norserco slNORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.

CrónicasCrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 18-03-2016. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

VISITA O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, veu á comarca e comprometeu solucións á crise do leite

Por Mesía, camiño á Moncloa... ou non

Por unha tarde, o secretario xe-ral do PSOE desconectou das nego-ciacións, os debates e as votacións do seu primeiro intento de investi-dura, fallido, como presidente do Go-berno. Por unha tarde, Pedro Sánchez tratou de conectar coa realidade de a pé, da que pouco ten que ver coas in-trigas da ‘alta’ política, da realidade que queda moi lonxe da Moncloa pero coa que na comarca nos damos de bruces a diario. Si, por unha tarde Pedro Sánchez estivo na zona, en con-creto en Mesía.

O paso do deputado e aspirante a dirixir o país tivo á vez tintes de vi-sita institucional e de acto preelecto-ral. Ben se pode pensar que é o máis axeitado nun país que tanto pode ter presidente á volta dunhas semanas como ter que votar de novo á volta doutras cantas. As liñas ás veces po-den ser moi finas, tanto que se des-debuxan.

A visita comezou no Concello, re-cibido polo alcalde, Mariano Iglesias, e varios concelleiros e veciños. Aínda que para a prensa a chegada trascen-deu cunha antelación moito máis es-

casa do habitual, a maioría dos pre-sentes no salón de plenos debían de estar algo máis prevenidos. Pero a al-gún que outro o evento pillouno de sorpresa, con toda a sorpresa que permite unha escuadra de cámaras e fotógrafos merodeando pola praza desde unha hora antes. Son os pro-pios para preguntarlles, enterarse de se pasou algo ou vai vir alguén e, en función da resposta e dos intereses de cadaquén, quedarse a mirar ou marchar. De todo houbo.

Quizais a reivindicación máis sin-cera que recibiu Sánchez no consisto-rio é a que lle plantaron, entre bicos, uns nenos: que cumpra o compro-miso de limitar os deberes. E quizais a lección máis útil, pero quen sabe se aplicable, recibiuna do rexedor. Sán-chez interesouse pola composición da corporación. Iglesias, o Iglesias de Mesía, o que se peitea en curto, ex-plicoulle que son 9 edís do PSOE e 2 do PP. Sánchez non foi tan bo actor como para disimular un pouco de en-vexa. “Coa metade diso, xa apañaba”, puido dicir o xesto. E Mariano, o Ma-riano de Mesía, non o de Pontevedra,

advertiulle de que o seu grupo come-zara con catro concelleiros en 2003 e que foi a forza de “traballo e xestión” como incrementou o apoio electoral.

Aí, pouco máis. As cámaras agar-daban o escenario prometido, o lu-gar de onde obter os recursos para o noticieiro da noite e quen sabe se algunha imaxe graciosa para adere-zar algún espazo de entretemento. O destino era a Granxa Carro, en Boado.

Explotación moderna, laboriosa, innovadora, ben xestionada, con cen-tos de vacas e xatos... Moi idílica como paisaxe electoral. Pero Sánchez sabía ben ao que ía. E se lle esquecese polo camiño, algunhas caras que atopou ao chegar refrescaríanlle o acordo. Porque ía a outro encontro coa reali-dade de a pé, da que a moitos nenos da comarca lles preocupa aínda máis que a carga dos deberes. E xa non di-gamos aos seus pais! Sánchez ía verse cun grupo de Gandeiros da zona para analizar con eles as consecuencias da furibunda crise de prezos do leite que padecen desde hai un par de anos, agravada ata extremos insospeitados nos últimos meses.

Comentaron a escasa marxe de manobra que lles queda por mor das prácticas da industria e da distribu-ción, os problemas de non artellar un mercado no que cada peza poida avanzar sen que necesariamente afunda as demais, as dificultades que supón que non houbese nunca unha estratexia para o sector na Adminis-tración, a falta de expectativas de fu-turo claras... En definitiva, a contra-

dición de que o país das vacas estea pensando en malvender as vacas. Así ata o punto de que Sánchez piou pouco despois no seu twitter que “urge un compromiso en Europa que ponga fin a la crisis del sector lácteo”.

Mais esa é unha das súas urxen-cias a medio prazo. Antes, Pedro Sán-chez ten outra, que debe atender se despois quere ocuparse das demais. É, claro está, a de intentar de novo a designación como presidente do Go-berno. Quédanlle moitos camiños e encrucilladas por explorar para dar co salvoconduto que o poida levar como inquilino á Moncloa. Pero nese itine-rario xa puxo a Mesía.

Sánchez escoitou as demandas dos Gandeiros ante a grave crise do leite

En Crónicas aproveitamos a visita a Mesía para intentar gañar un lector máis

Un grupo de nenos pediulle a Sánchez que reduza os deberes se chega a presidente

O líder do PSOE percorreu toda a granxa