5

De acuarelas - Edicións do Cumio · acuarelas, lapis, dous ou tres pinceis (cargamos con eles «por se acaso» e sempre usamos o mesmo, no meu caso un putois), un recipiente para

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

De acuarelaspor Santiago

Eduardo Baamonde

cumio

Director editorial Francisco Villegas Belmonte

© do autor: Eduardo Baamonde

Primeira edición, marzo �010

Maquetación: Natalia Susavila Moares

© da ediciónEdicións do Cumio, S. A.A Ramalleira, 5 - 36140 Vilaboa (Pontevedra)Tel. 986 679 [email protected] / www.cumio.com

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra soamente pode ser realizada coa autorización dos titulares, salvo excepción prevista pola lei.Diríxanse a CEDRO (Centro Español de Derechos Reprográficos, www.cedro.org) se precisan fotocopiar, escanear ou facer copias dixitais dalgún fragmento desta obra.

ISBN: 978-84-8�89-���-1Impresión: C/A GráficaDepósito legal: Impreso en España

4 5

Paradoxo do debuxante

Imaxinen por un momento que existe o cargo de Pintor Oficial de Compostela. A persoa que desempeñe este oficio está obrigada, baixo estrito contrato, a representar só a cidade de Santiago du-rante toda a súa vida. A dotación do cargo inclúe grandes privi-lexios económicos e sociais, pero ditamina a condena artística de non poder pintar outro tema. Ano tras ano aparecen as láminas publicadas en series ou coleccións clasificadas: Arcos, Tímpanos e Arquitrabes. Columnas, Capiteis e Balaústres. Portas, Ventás e Balcóns. Baseamentos, Paramentos e Coroamentos. Rúas, Ruelas e Entrerrúas etc. Despois as series agrúpanse en recompilacións de tipo xeral: Santiago Románico, Santiago Barroco, Santiago Modernista… A continuación os grandes tomos: A Catedral de Santiago. O monográfico con esa etiqueta sería un volume des-comunal. Catedralicio, en todos os sentidos deste termo. Se o pintor ou pintora non morre esmagado pola carga do seu contra-to, pode pasar da paisaxe urbana ao retrato das xentes: Frades, Cóengos e Bispos. Acibecheiros, Ebanistas e Prateiros. Tendeiros, Feirantes e Tratantes. Poetas, Falabaratos e Políticos. Monicrequei-ros, Rufiáns e Tiraboleiros…

O paradoxo do debuxante consiste en que este singular con-trato non contempla o dereito á xubilación. Comprobouse que, incluso nos casos de pintores máis lonxevos, rematan os

seus días no exercicio da súa función. Véselles rosmando polas rúas palabras indescifrables, bosquexando sen descanso nos seus roídos cadernos, ameazando co lapis os visitantes e, en definitiva, desacougados polos moitos detalles que aínda non debuxaron.

Cando comecei a pintar as primeiras acuarelas, non estaba sometido á vixilancia deste contrato imaxinario, pero confeso sufrir as mesmas consecuencias do paradoxo: creo que só pin-tei a milésima parte do que nos ofrece esta monumental es-cenografía. Neste caderno atoparedes algunhas panorámicas da catedral, as súas torres, as súas fachadas. O Pórtico da Glo-ria, os mosteiros, os pazos, as igrexas e os museos. Prazas, rúas, recantos e algúns detalles ornamentais.

Compañeiros de viaxe

Carnet de Voyage, Taccuini, bloc de apuntes, álbum de bos-quexos son suxestivas palabras que identifican esa especie de diarios gráficos que serven para rexistrar as nosas impresións ao longo dunha viaxe. Foron moi populares no século xix entre os viaxeiros ingleses que percorrían o mundo acompañados dun caderno e dunha caixiña de acuarelas. Turner foi quizais un dos exemplos máis coñecidos destes viaxeiros debuxantes. As súas

6 7

acuarelas maxistrais inauguraron unha tradición que chega aos nosos días. A acuarela asóciase en pintura cos conceptos de rapidez, audacia, espontaneidade, soltura, luminosidade… Permite nun tempo breve captar unha fugaz impresión na que a frescura se impón ao exceso de información. Ás veces é un impacto de luz sobre uns volumes o que nos fai abrir o noso ca-derno, bosquexar uns trazos xerais de composición e, deseguido, situar con lixeiras masas de auga e cor as zonas de sombra, as intermedias e as de luz. O branco do papel encárgase do resto. Se o tema presenta moito detalle, faise necesaria unha revisión máis pausada no estudio. Outra vantaxe moi práctica deste me-dio é a comodidade á hora de viaxar. Unha pequena mochila pode conter todo o material necesario: caderno, caixa de doce acuarelas, lapis, dous ou tres pinceis (cargamos con eles «por se acaso» e sempre usamos o mesmo, no meu caso un putois), un recipiente para auga (mellor de boca ancha e de plástico) e, imprescindible, un chapeu. Isto é todo o que precisamos para observar de forma activa o que nos rodea.

Compañeiros de viaxe

8 9

Catedral. Cara oeste do claustro

A torre das Campás (dereita) ergueuse en 1670 sobre deseños de José de Vega y Verdugo e Domingo Antonio de Andrade, pero rematouna Fernando de Casas Novoa (17�0-173�), que tamén se encargou da torre da Carraca, dende 1738, e do retablo central (1738-1750). Achegado á catedral atópase o Pazo Arcebispal, ou de Xelmírez, quen o mandou construír no ano 11�0

Aquí sitúanse a Biblioteca e a Sala Capitular. A balco-nada que pecha o claustro foi trazada por Xacome Fernández (1614). A torre da Vela ergueuse a seme-llanza da torre-pirámide de inspiración precolombiana que remata a fachada do Tesouro

Fachada barroca do Obradoiro