16
Pachi Vázquez Debate Estado Autonomía

Debate Autonomía 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Intervención de Pachi Vazquez no Debate da Autonomía (13/03/2012)

Citation preview

Page 1: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezDebate Estado Autonomía

Page 2: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

1

Sra. Presidenta; Sras. e Sres. Deputados:

Celebramos este Debate sobre a política xeral de Galicia nun dos peores momentos da historia da nosa autonomía. Estamos vivindo unha situación crítica, que afecta ao conxunto da cidadanía galega.

A angustia polo presente e a desesperanza ante o futuro, son os dous sentimentos máis xenerali-zados neste momento entre as galegas e os galegos.

A nosa prioridade é a busca de solucións e alternativas que permitan paliar esta situación para ir mellorando as expectativas e incrementar a confianza da cidadanía nas institucións e nos seus representantes políticos.

Máis que nunca se nos esixe un esforzo adicional para acadar o consenso necesario sobre os prin-cipais problemas de Galicia, que son:

— O paro.— A reactivación económica.— E o mantemento dos servizos públicos básicos.

Temos a obriga de chegar a acordos que contribúan a resolver estes déficits, porque nesta situa-ción extrema calquera outro posicionamento está condenado ao fracaso.

Neste sentido resulta relevante o balance desta lexislatura, en comparación co balance da ante-rior:

Récord histórico do número de persoas no paro: 274.675.

Son case 68.000 persoas máis no paro.

Vostede pasará á historia como o presidente que destruíu máis emprego en Galicia.

Menor crecemento da nosa economía

No 2011, crecemos un 0,5%, dúas décimas menos que no conxunto do Estado. Mentres no 2008 o diferencial era de 8 décimas favorables a Galicia.

E menos servizos públicos básicos

Este ano dedícase a sanidade, educación e acción social, 2.270 €/habitante; cando no 2009, se lle dedicaba 2.571 €/habitante.

Polo tanto, cada galega e galego dispuxo nos tres anos do seu goberno de 900 euros menos para a sanidade, educación e acción social.

Estes son datos obxectivos. Non hai comparación.

Sr. Presidente: A onde levou vostede a este país?

Page 3: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

2

Cúmprense tres años da súa chegada á Presidencia da Xunta. E o que para vostede será unha con-memoración, para Galicia é sen dúbida unha data triste.

Unha data que nos recorda desde cando carecemos dun proxecto de país.

Desde cando deixamos de crer na posibilidade dun futuro mellor, desde cando nos somerxemos nun goberno que nunca estivo á altura das circunstancias.

Un goberno que en vez de centrarse na resolución dos problemas e atender ás necesidades da cidadanía, dilapidou o tempo e os recursos en facer oposición, desmontar o que estaba feito e mirar cara atrás.

Este Debate é a oportunidade para cambiar de actitude e comezar a mirar cara adiante.

Suxírolles que, por primeira vez na lexislatura, se ocupen con prioridade dos problemas de Galicia e dos galegos. Problemas que comezan pola desastrosa xestión económica destes últimos anos.

Non escondan a súa responsabilidade na crise económica xeral. Galicia está sufrindo os embates da crise con maior dureza que outros territorios, incluso que algúns nos que o peso do sector da construción era moito maior.

Os galegos están en condicións de denuncialo por incumprimento de contrato.

O seu famoso contrato con Galicia, demostrou responder ao seu carácter insubstancial, puro mar-keting sen contido. En definitiva, un fraude.

Vostede, Sr. Feijóo, tiña hoxe a oportunidade de facer un balance de lexislatura, expoñendo os resultados e explicando os logros e os déficits. Pero a súa intervención foi, coma sempre, unha fuxida cara adiante. Seguir prometendo máis para ver si así a xente esquece as súas anteriores promesas non cumpridas.

Tal actitude pode valer unha vez, ou dúas incluso, pero tres xa parece excesivo e denota con clari-dade a carencia de resultados positivos na súa xestión.

Cál é o balance económico da súa xestión? Déixeme usar as conclusións do Servizo de Estudos do BBVA. Na súa última análise da economía galega, no mes de Decembro, titula Galicia 2011 de máis a menos.

De novo, isto non é máis ca constatación do fracaso da súa política. Isto non é unha teima da opo-sición, xa llo din desde fóra.

En que quedaron os seus compromisos? Temo que esta pregunta admite a mesma resposta dos anteriores debates sobre o estado da autonomía: en nada.

O seu compromiso coa creación do emprego sáldase cun espantoso fracaso que sume ás familias galegas na desesperanza.

O Paro no 2011 creceu o dobre en Galicia que en España. Un 14% fronte a un 7,9%.

Page 4: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

3

Desde que é Presidente o ritmo interanual de destrución de emprego é superior ao que hai na economía española.

Desapareceron 13.300 empresarios con asalariados, o 16% dos que había, e 51.400 traballadores asalariados.

O número de persoas paradas aumentou en 68.000.

Igualmente resulta moi negativa a evolución da afiliación nos dous últimos anos.

Con vostede se baixou amplamente dun millón da cifra de afiliados á Seguridade Social. Unha cifra récord que nos fai retroceder nove anos.

Se tivésemos os mesmos resultados que a media do Estado, en Galicia habería 20.000 afiliados máis.

O máis grave non é só que aumente o paro, o malo é que de cara ao futuro nunha análise polo miúdo das actividades económicas vese como en todas as consideradas estratéxicas para Galicia, nas que a Xunta debería ter un posicionamento claro e eficiente, teñen unha perda de emprego moi superior á media estatal.

Este diferencial amosa a ausencia dunha política económica eficaz, mesmo de calquera política máis aló da propaganda.

Un repaso sustenta claramente esta posición:

— A industria perdeu un 9,2 %, 13.806 empregos. Esta perda é 2,2 puntos superior á media estatal.

— O sector agrícola e gandeiro perdeu un de cada dez empregos, mentres a media de perda do Estado foi un de cada cen.

— No sector dos servizos, Galicia perdeu 1,1 puntos en relación coa media estatal.

– No conxunto deste sector, naqueles servizos que son competencia exclusiva da comunida-de autónoma, a perda diferencial de empregos é de 3.475. Así:

• Na Sanidade e nos Servizos Sociais, fronte a un incremento medio do 7,9%, en Galicia soa-mente foi de 5,1 puntos. Co mesmo ritmo habería 2.165 afiliados máis.

• No ensino Galicia aumentou soamente 0,7 puntos en vez de medrar en 4,3 puntos como o fixo o Estado. Se medrara na mesma proporción teríamos 1.150 empregos máis.

• Un de cada dous postos perdidos por riba da media nos servizos, son responsa-bilidade directa deste goberno da Xunta.

Pero a súa ineficacia non só atinxe ás cifras de paro. Os que teñen a sorte de ter un traballo gañan en Galicia un salario que é, por termo medio, un 12% máis baixo que o dun traballador español.

Page 5: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

4

A isto hai que engadir que a pensión media en Galicia é un 16% menor que en España.

Temos menos traballo e peor pagado. E cando nos retiramos seguimos peor tratados.

Un gran balance señor Feijóo.

A súa preocupación polo desemprego non deixa de ser pura retórica.

A loita contra o paro require dúas cosas: ideas e recursos.

Vostede reduciu os recursos e non ten ideas.

Este Debate é para falar dos principais problemas de Galicia. E o principal problema é o desem-prego.

Vostede non lle dedicou a este problema nin cinco minutos. Hai que poñer solucións. Anote:

Eu propóñolle xerar máis recursos para dedicarllos ao emprego.

Fágolle unha proposta concreta, baseada en tres eixos de actuación:

— Acción pública— Nova fiscalidade— Emprego

Estes son os eixos da nova economía de valor engadido que propoño.

Trátase de xerar ingresos, sen gravar as rendas medias e baixas e sen vulnerar o obxectivo de défi-cit, para destinalos á creación de emprego.

FISCALIDADE

Propoño a introdución de novos tipos nos tramos autonómicos do IRPF que graven con máis xustiza ás rendas máis altas.

Propoño a creación dun novo imposto sobre a banca, gravando os depósitos bancarios segundo o seu uso e rendibilidade e coa prohibición legal de transferir o custe do imposto aos clientes.

Propoño o incremento do imposto de patrimonio e a revisión do imposto de sucesións, que grave máis a quen máis reciba.

Isto iría na liña do presentado na nosa emenda aos orzamentos deste ano, e que acadaría unha recadación de preto de 200 millóns de euros.

Propoño o estudo de novas figuras impositivas para gravar os custes medioambientais das gran-des areas de venda, da emisión de contaminantes á atmosfera, e do aproveitamento empresarial das augas, das terras e dos recursos naturais.

Page 6: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

5

Aos recursos xerados por todos estes novos elementos fiscais, hai que engadirlle o menor pago derivado do aprazamento de 5 a 10 anos da liquidación do 2010, que sería duns 215 millóns de euros.

Con estes ingresos e coa reasignación eficiente dos recursos para políticas activas de emprego, a Xunta pode mobilizar ate 500 millóns de euros.

Eses 500 millóns irían integramente á creación directa de postos de traballo.

PLAN DE EMPREGO

Propoño crear 25.000 becas/contrato de formación para mozos e mozas. Estas becas/contrato, dun ano e duración e unha contía de 500 € mensuais, recibiríanse a cambio de traballo para a comunidade nos múltiples sectores e ámbitos de actividade da empresa pública galega.

Esta beca/contrato podería ser no seu caso compatible con calquera outras prestacións, contratos ou oportunidades laborais.

Unha segunda liña de actuación complementaria sería a conversión do IGAPE nunha axencia de crédito público.

Unha axencia que facilitaría préstamos directos e instantáneos a pemes e emprendedores, ate 50.000 euros a un 1% de interese simbólico.

Por último, crear uno fondo especial de 120 millóns de euros para a promoción do emprego, con tres liñas de actuación:

— Promoción da contratación de mozos e mozas en paro.— Mantemento do emprego en sectores en dificultades.— Promoción do emprego en economía social, en colaboración cos concellos.

Estas propostas son concretas, realistas e valentes, e abordan de fronte o fracaso do seu compro-miso cos sectores produtivos.

Sectores produtivos como o eólico:

Empeñáronse en enredar no sector eólico e deixaron escapar un tren que dificilmente vai volver a parar.

A súa incapaz xestión do sector, enredando durante tres años cun concurso eólico cuxa potencia adxudicada debería de estar xa instalada, provocou que Galicia perda a súa posición de liderado.

Cánta potencia perderá Galicia coa moratoria ao desenvolvemento das enerxías renovables que o seu partido impuxo desde Madrid?

Xa llo digo Sr. Feijóo: Galicia perdeu os 14.000 empregos e os 6.000 millóns de euros de inver-sión.

Page 7: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

6

Por que non se engane nin engane a ninguén, non van construírse os novos parques, nin van a desenvolverse os proxectos industriais asociados.

Algo semellante ocorreu co noso sector financeiro, unha nova mostra de que cando vostede e o seu goberno se poñen a enredar, conseguen que se materialice o peor resultado posible para Galicia.

Xeralmente vostede ponse de lado ante os problemas de Galicia, pero case é peor cando intenta facer algo.

Galicia contaba con tres entidades financeiras de tamaño mediano, entidades pegadas ao territo-rio, entidades con vínculos fortes coas empresas e as familias deste país.

A súa intervención neste asunto supuxo un cúmulo de despropósitos, e vostede é directamente responsable do proceso de bancarización que vai acabar coas nosas caixas.

Galicia é a única comunidade histórica que vai quedar sen entidade financeira propia, mantendo as caixas menos do 7% das acción de Novagalicia Bank.

Unha participación que fai inviable a obra social.

Onde están os millóns de euros de indemnizacións millonarias que prometeu facer devolver aos exdirectivos das caixas?

E qué dicir do millón de euros do peto de todos os galegos que pagou a KPMG por dicir o que a vostede lle conviña.

Cánto botamos de menos ese millón de euros.

E a maiores segue sen dar resposta ao “corralito galego”.

Sr. Feijóo:

O resultado destes tres últimos anos en Galicia, exprésase con catro lamentacións:

— Debilitamento da economía. — Paralización das infraestruturas. — Desmantelamento dos servizos públicos.— E perda de identidade.

Non hai unha soa iniciativa da Xunta nesta lexislatura da que se poida dicir algo positivo.

Repasemos a súa política e a súa acción de goberno destes últimos tres anos:

POLÍTICA TRIBUTARIA:

Pasouse de propoñer unha rebaixa do tramo autonómico do IRPF, que ía beneficiar especialmente

Page 8: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

7

a 600.000 galegos con rendas medias e baixas, a subir os impostos a todos os galegos sen excep-ción.

Unha suba, por certo, que xa se empezou a notar nas nóminas de febreiro, e que conta coa súa loubanza.

INFRAESTRUTURAS:

Pasou de pedir cada fin de semana unha reunión do Pacto do Obradoiro a dicir que falaremos en catro meses.

Co cambio de goberno en Madrid perdeu vostede toda a presa pola chegada do AVE.Ningunha das infraestruturas previstas se executa, nin por asomo, en prazo:

Doulle algún exemplos notorios:

— Autovía da Costa da Morte: Obra licitada en varias ocasións cun escándalo maiúsculo ao pretender adxudicar esta concesión á oferta máis desvantaxosa e cun sobrecusto de 215 millóns de euros. Formalizado o contrato de concesión en xuño de 2011. 2 anos perdidos.

— Corredor Sarria – Monforte: horizonte 2013. 28 quilómetros de percorrido que deberían estar en funcionamento a finais do ano 2011. Está paralizada porque a Xunta non está asumindo o pago das certificacións ás empresas construtoras.

— VAC do Baixo Miño: Dos catro treitos que conforman os 38 quilómetros da actuación, dous deles deberían estar as obras rematadas. Variouse o trazado en Tomiño, cunha afectación drástica á marxe do río Miño.

En ningunha lexislatura se produciu un recorte máis drástico no investimento en obra pública:

No 2008, 1.210 millóns de euros. No 2009, 520 millóns de euros.No 2010, 547 millóns de euros. No 2011, 264 millóns de euros.

Investiuse tanto no 2008 como nestes últimos tres anos xuntos.

Pasou vostede toda a lexislatura reprochando ao goberno central o retraso das infraestruturas estatais en Galicia, en especial do AVE.

Pero o investimento do Estado en Galicia nestes últimos catro anos foi de 4.500 millóns de euros.

Agora, en cambio, que só hai promesas, non parece vostede tan reivindicativo.

ORDENACIÓN DO TERRITORIO:

Tras dez anos da aprobación da Lei do Solo, soamente un 18% dos concellos teñen plan adaptado

Page 9: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

8

ao seu planeamento urbanístico. Mentres rebaixan as subvención ao planeamento.

Pola contra, se modifica a Lei do Solo, desprotexendo os espazos naturais.

MEDIO AMBIENTE:

Incumprimento absoluto da normativa europea de depuración das augas residuais.

Incumprimento do Plan de Saneamento das Rías Galegas, e iso que estaba en execución cando chegaron vostedes.

Apostaron claramente pola incineración dos residuos e cando se propuxeron levalo á práctica, provocan unha das protestas máis notorias de Galicia, como está sendo o intento de crear a Soga-ma do sur no Irixo.

Incluso se revelan os dirixentes do seu partido na provincia de Ourense, votando en contra desta instalación.

MEDIO RURAL:

Con respecto á súa preocupación pola agricultura e a gandería galegas, voulle dar un dato:

Mentres no Estado o sector primario gaña peso relativo, subindo a afiliación á seguridade social, en Galicia ocorre todo o contrario, baixa.

Mentres no Estado abandonaron este sector 1 de cada 100 empregados, en Galicia o aban-donaron 1 de cada 10. Dez veces máis.

E iso que este sector estase facendo cada vez máis cativo, pois en Galicia supón o 4,8% do total de afiliados, mentres no Estado supón o 6,7%.

Da política de loita contra os incendios forestais, o acontecido o verán pasado ilustra dabondo o seu resultado: máis incendios ardendo máis días, algúns durante semanas.

A vostedes tampouco lles preocupa o desenvolvemento do medio rural, como o amosa o grao de execución do Plan de Desenvolvemento Rural, que é só do 30%.

PESCA:

Aquí o primeiro que hai que dicir é que a pesca foi vítima do seu goberno: Suprimiuse a Conselle-ría de Pesca. E fíxose precisamente nun ano clave para a negociación da Política Común de Pesca.

Vostede pasou de propoñer no 2009 unha Consellería do Mar que ordenase e defendese os inte-reses pesqueiros e marítimos, a facela desaparecer.

Tamén pasou de propor o mantemento da flota comunitaria de propiedade galega, a favorecer o despezamento desta flota, como o amosa o feito de que esta partida é das poucas que medran nos orzamentos deste ano.

Page 10: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

9

A multitude de conflitos existentes actualmente na pesca de baixura coas confrarías e as asocia-cións de pescadores, describen con claridade a situación do sector pesqueiro en Galicia.

Hai uns días presentaron vostedes unha “Estratexia Galega de Acuicultura”. Supón unha licenza para estragar o patrimonio natural do litoral. Pero aínda así tampouco vai axudar a desenvolver o sector.

Suprimiron o Plan Galego de Acuicultura, perdendo a oportunidade de crear 3.000 postos de tra-ballo e un investimento preto dos 350 millóns de euros.

Como resultado: neste período non se construíu nin un só metro cadrado de instalación acuícola que xestionasen vostedes.

COMERCIO:

Neste sector os datos son relevantes. Nos últimos tres anos, pecharon as súas portas máis de 15.000 comercios.

A isto contribuíu sen dúbida a rebaixa das axudas nun 30%.

Onde está o seu goberno?É normal que non se execute o 60% do orzamento de Industria e Comercio, mentres non hai cré-dito para os comerciantes?

TURISMO:

Sube en España e baixa en Galicia.

A única noticia resaltable foi a visita do Papa no Xacobeo do 2010, que non cumpriu coas expec-tativas creadas.

Agora, coa supresión do Plan Xacobeo, a única promoción do turismo en Galicia quedará nas mans do tempo.

Os datos do 2011 son os peores dos últimos anos, cunha caída de viaxeiros e pernoctacións do 15% con respecto á media dese período.

POLÍTICA DO BENESTAR:

Pero se en todas estas áreas de goberno a súa xestión denota unha carencia absoluta de medidas positivas e resultados, onde máis se percibe o efecto negativo da súa acción de goberno é nos Servizos Públicos básicos.

Vostede está desmantelando o sistema do benestar en Galicia.

Cando asumiu a presidencia da Xunta todos os galegos e galegas tiñan unha Sanidade e unha Educación públicas, universais, gratuítas e de calidade.

Page 11: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

10

Hoxe estanse privatizando, restrinxindo o acceso, cobrando por prestacións e empeorando os ser-vizos. Precisamente cando máis falla fan, por mor da crise, máis se encarecen.

SANIDADE:

Unha boa parte dos problemas da Sanidade residen en que conta con 500 millóns de euros me-nos.

Hai menos persoal, non se substitúen as baixas e os contratos son precarios, por días ou horas incluso.

A modificación da Lei da función pública vai repercutir directamente no deterioro dos servizos hospitalarios e sanitarios.

Esta reforma significará ademais que ante a xubilación de 450 médicos por ano, soamente se con-vocarán 200 prazas, cunha perda neta só nos próximos dous anos de 500 médicos.

Hai 300.000 galegos e galegas esperando por unha intervención cirúrxica, unha primeira consulta ou unha proba diagnóstica.

Nas listas de espera para unha operación, hai 1.500 persoas máis que fai tres anos, e teñen que esperan 14 días máis que no 2009 para ser operados.

A situación sanitaria é tan crítica que motivou unha protesta contundente dos colexios médicos. Denuncian a falla de medios e a precariedade laboral, que leva a que non lle podan dedicar aos enfermos máis de dous minutos por consulta.

Moi a miúdo colápsanse os servizos de urxencias e énchense os pasillos de camillas e cadeiras, por falla de camas hospitalarias. E todo por aforrar onde non se debe.

Onde está a anunciada Lei de garantías de prestacións e a carteira de servizos do Sergas, esta-blecendo máximos de demora de 45 días para probas diagnósticas e 60 días para intervención cirúrxica?

Un aspecto especialmente relevante é a privatización dos centros hospitalarios como acontece co novo Hospital de Vigo, que supón un investimento de 1.270 millóns de euros pola xestión durante 20 anos, triplicando o custe que ía ter como obra pública.

Non se constrúe nin un só dos centros de saúde comprometidos.

Pero o que resulta máis sorprendente, precisamente neste período de crise, é que as persoas sen recursos queden sen cobertura sanitaria, ou que se esixa un empadroamento mínimo de 6 meses aos inmigrantes para poder ir ao médico, ou que se cobren 10 euros pola renovación da tarxeta sanitaria.

Page 12: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

11

EDUCACIÓN:

Como a Sanidade, a Educación tamén conta con 500 millóns de euros. 418 millóns de euros de recortes e 82 millóns que quedaron sen executar.

Vostedes comezaron a lexislatura anunciando consenso, un Pacto social pola Educación e unha Lei de Educación. E cando está a punto de rematar, non hai nin consenso nin pacto nin lei.

O que hai son 1.000 profesores menos e 3.000 alumnos máis.

A Educación nesta lexislatura caracterizouse por tres cuestións: recortes e supresións nas presta-cións e subas para as familias.

Recortes no ensino, no profesorado, nos orzamentos das universidades e na investigación.

Supresión da gratuidade dos libros de texto, supresión de comedores escolares e supre-sión de becas.

Suba dos comedores escolares.

Como o público non é do agrado deste goberno, prímanse aos centros privados e concertados. Isto é especialmente relevante nos programas de informatización, como o Abalar, ou de inmersión lingüística.

Ou decidindo non anular o concerto con aqueles centros que discriminan ao alumnado en fun-ción do sexo.

Paralizáronse todas as actuacións anteriores en FP e reducíronse un 50% as becas para formación en centros de traballo.

Non se aposta pola educación básica nin pola educación universitaria.

Este goberno é especialmente lesivo cos universitarios. O é mentres estudan e tamén ao rematar.

Só 1 de cada 10 contratos de traballo que se asinan correspóndese cun mozo universitario.

Aos mozos titulados só lles queda irse fóra, emigrar.

Galicia non pode perder o máis importante que ten, o capital humano, o talento, a xuventude mellor preparada da historia.

DEPENDENCIA:

A atención ás persoas maiores dependentes debe ser unha das prioridades de Galicia.

O envellecemento da nosa poboación, o illamento, as baixas xubilacións e a precariedade na que viven moitos miles de persoas maiores, fai que a aplicación da Lei de Dependencia sexa en Galicia unha necesidade.

Page 13: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

12

Sen embargo, nestes últimos tres anos, a lista de espera medrou un 400%.

Hai máis de 50.000 persoas dependentes sen atender.

Pero o que é peor, no paquete de recortes do goberno central paralízanse as prestacións para a aplicación da Lei de Dependencia.

Unha decisión que parece contar co beneplácito do presidente da Xunta, malia a que Galicia sae moi prexudicada.

SERVIZOS SOCIAIS:

Os Servizos Sociais son unha das principais prestacións que realizan os concellos.

Son os concellos as institucións máis próximas aos cidadáns e quen mellor poden prestar os servi-zos ás persoas máis necesitadas.

Sen embargo, é nesta materia onde o goberno galego realizou un dos maiores recortes deste período.

Un recorte traumático do Plan Concertado de Servizos Sociais, cunha redución dun 80% nas sub-vencións aos concellos por este Plan, que é a pedra angular dos servizos sociais municipais.

Por isto, son os propios concellos os que teñen que destinar unha boa parte dos seus recursos para atender as demandas crecentes neste tempo de crise de moitas persoas necesidades.

Non esquezamos que en Galicia estase producindo un paulatino aumento da pobreza. E que hai xa preto de 600.000 persoas que están en risco de exclusión social.

É sorprendente que nesta situación aínda non estea aprobado un Plan de Emerxencia Social.

E é preocupante que teñan que desaparecer as oficinas e os equipos de traballo para a inclusión social nas grandes cidades.

Claro que máis grave é aínda que fose o Partido Popular de Galicia quen propuxese no Congreso Nacional do seu partido en Sevilla cobrar polos servizos sociais.

Igual que na Sanidade, tamén nos Servizos Sociais este Goberno optou pola privatización e o co-pago.

Privatización das Residencias, dos Centros de Día e das garderías, cunha suba importante das tarifas.

IGUALDADE:

Un goberno que suprime o Servizo da Muller non é un goberno que estea a favor da igualdade.

En Galicia son especialmente importantes as eivas que hai en materia de igualdade.

Page 14: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

13

Igualdade no traballo, igualdade nos salarios, igualdade no acceso aos postos directivos e facili-dades para a conciliación familiar e laboral.

Nada se ten avanzado neste sentido. Abonda con dicir que a situación do paro afecta en maior medida ás mulleres.

De feito, a taxa de paro feminina creceu 15 puntos máis que no conxunto do Estado.

CONCELLOS:

Os concellos son goberno, son país e son unha parte esencial das administración públicas en Ga-licia.

Os concellos prestan servizos moi importantes aos cidadáns. Unha boa parte da sociedade do benestar non sería posible se non fose polos concellos.

O saneamento e abastecemento. A recollida do lixo. As infraestruturas municipais. Os servizos sociais. E moitas outras competencias que son necesarias para mellorar a vida dos cidadáns, son prestacións municipais.

Pero sen recursos non é posible asumilos e prestarllos aos cidadáns. E moito menos cando dende os propios concellos se asumen competencias que non lle corresponden.

Nunca os concellos galegos tiveron menos apoio que con este goberno.

Foi cativo para todos, pero especialmente para os concellos nos que non goberna o Partido Po-pular.

Hai unha discriminación evidente na concesión de axudas e subvencións segundo a cor de cada concello.

Isto non pode ser. Non pode concederse ningún tipo de axuda que non estea regulada por princi-pios obxectivos: poboación, servizos que se prestan, etc.

Só quero dicir que agora temos unha oportunidade de proceder a unha reforma en serio da ad-ministración local.

O principal problema é o financiamento, pero existe tamén un problema competencial.

Os concellos teñen que ter os recursos suficientes para cumprir os seus cometidos. E aqueles que non poidan cumprir deben ser asumidos pola Administración autonómica.

Con respecto ás Deputacións Provinciais, resulta xa incongruente que, trinta anos despois de aprobarse o Estatuto de Autonomía, aínda non fosen reformadas para adaptarse á Administración galega e prestar servizos aos concellos máis pequenos.

A Reforma da Administración é unha das asignaturas pendentes deste Goberno que non fixo ata agora nada ao respecto.

Page 15: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

14

Ao máximo que chegou foi a presentar unha modificación da función pública que demoniza aos funcionarios e rebaixa os salarios dos interinos e contratados, precarizando a vida laboral dos em-pregados públicos.

É o maior ataque aos dereitos dos traballadores públicos que nunca se atreveu a facer ninguén en Galicia.

Sen empregados públicos non é posible ter servizos públicos de calidade.

Esta reforma é un ataque aos traballadores e aos propios servizos públicos.

EMIGRACIÓN:

A Emigración deixou de ser unha prioridade da Xunta. Non só porque reduciu o orzamento nun 40%, senón polo abandono ás entidades socio asistenciais en contraposición ás de carácter re-creativo ou lúdico.

Entidades como o Centro Galego de Bos Aires. O Fogar Español de Ancianos de Montevideo. E o Hospital Casa de Galicia de Montevideo, quedaron abandonados á súa sorte.

CONCLUSIÓN

Como conclusión, Sr. Feijóo:

Non ten nin tivo nunca un plan nin unha idea de país.

Deixou transcorrer toda unha lexislatura sen resolver un só problema.

Limitouse a deixar pasar o tempo e a invocar o mantra da austeridade e os recortes sen ofrecer ningunha alternativa, ningunha iniciativa política, ningunha idea, ningún interese.

Amosouse cada día máis afastado das preocupacións dos galegos.

A súa receita de recortes indiscriminado e vitimismo institucional xa non nos sirve.

Reitero o que dixen ao comezo da miña intervención:

Nesta situación crítica de Galicia e con este balance tan negativo de lexislatura, estamos todos obrigados a entendernos e ofrecer alternativas que axuden a sacar a Galicia da crise.

Hai que centrarse nos principais problemas da cidadanía e intentar darlle unha solución.Solucións como as que lle propuxen, xerando máis ingresos e dedicándollos ao principal proble-ma de Galicia: o paro.

Sr. Feijóo:

As cousas pódense facer doutra maneira.

Page 16: Debate Autonomía 2012

Pachi VázquezIntervención Debate Estado Autonomía

13/03/2012Parlamento de Galicia

15

Coa súa política está máis que demostrado que non imos saír da crise.

En tres anos non conseguiu un só resultado positivo.

Convóquenos, reunámonos e desenvolvamos as propostas que presentemos.

Seguro que podemos chegar a acordos que beneficien á cidadanía.

Moitas grazas.