11
Charles Dickens 24 de Outubro Día das Bibliotecas Escolares

Día das Bibliotecas Escolares 2012

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Hoxe lembramos a Charles Dickens na conmemoración do bicentenario do seu nacemento.

Citation preview

Page 1: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Charles Dickens

24 de Outubro

Día das Bibliotecas Escolares

Page 2: Día das Bibliotecas Escolares 2012

El ensinounos a celebrar o Nadal, aínda que

tamén quen denunciou a dureza da

Inglaterra vitoriana. Quen representa mellor

o espírito do Nadal, ou a falta del, que

Ebenezer Scrooge, o vello forrón que

inventou Dickens en 1843? O personaxe e a

súa lenda traspasaron de sobra a súa

historia,hoxe todos coñecen esta figura,

'resucitada' en diversos formatos: dende o

parrulo animado de Disney -o Tío Gilito- ao

Sr. Burns de The Simpsons. O seu éxito

converteuno no autor máis seguido do seu

tempo, precursor da era dos escritores

mediáticos líderes de opinión.

Page 3: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Converteu persoaxes infantís en

protagonistas absolutos de novelas

serias.

Dickens disecciona e saca á luz o

peor do ser humano; tamén o mellor.

'Oliver Twist' é a vítima do sistema

por excelencia. Un mozo orfo que

crece no campo e foxe dunha vida que

o aterra para topar con outra peor.

Segunda novela de Dickens, é

considerada a primeira en inglés cun

neno protagonista.

Page 4: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Humillación, abandono, soidade,

todo iso aderezado coa lousa do

traballo. Si, un neno é o

protagonista desta secuencia.

«Eu non recibía ningún consello,

ningún apoio, ningún estimulante,

ningún consolo, ningunha

asistencia de ningún tipo, de

ninguén que me puidese recordar.

Canto desexaba ir ao ceo», reza

David Copperfield.

Page 5: Día das Bibliotecas Escolares 2012

A clase obreira, protagonista do

relato.

Utilizando o humor e o seu dominio

da sátira, Dickens consegue en

Tempos difíciles (1854) denunciar o

trato dispensado polos empresarios

aos traballadores, considerados

meras mans, en plena revolución

industrial, prescindibles apéndices

das máquinas que manexaban.

Page 6: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Publicou a súa primeira gran novela con

24 anos. A obra presentouse por

entregas e máis tarde se reditó como

única. É unha historia disparatada e

cómica das aventuras de catro

membros dun club moi especial, cuxo

nome é do filántropo-filósofo Samuel

Pickwick, un dos membros que, xunto a

outros tres, fan unha viaxe por

Inglaterra onde viven divertidas

aventuras cheas de frescura e sentido

do humor.

Page 7: Día das Bibliotecas Escolares 2012

En 'Historia de dúas cidades',

Dickens esquece os nenos para

somerxerse na Revolución

Francesa. Detalla o terror, as

execucións, a violencia e as vítimas

do conflito. Confronta as realidades

de Inglaterra e a Francia

revolucionaria na historia do doutor

Manette (entre outros), un nobre

inocente, que tras pasar anos

encarcerado, logra saír e viaxa a

Londres.

Page 8: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Un goberno incompetente, unha sociedade

hipócrita e un sistema caduco. A

ineficiencia e a corrupción non entenden de

séculos. Xa os denunciaba Dickens en 'A

pequena Dorrit', a sátira, que tamén lle

dedica o seu espazo á banca. Dickens

centra a acción desta obra no cárcere de

debedores e evidencia o absurdo de

encerralos, sen posibilidade de traballar, ata

que non pagasen as súas débedas. Pon a

pan pedir a «innecesaria» burocracia da

Facenda británica creando un

'Departamento do Circunloquio' para 'non'

facer nada‘.

Page 9: Día das Bibliotecas Escolares 2012

Trala morte do seu pai, Nicholas Nickleby

debe facer fronte a un dilema de difícil

solución: seguir xunto á súa irmá Kate e a súa

nai, ás que non pode asegurar o sustento

económico, ou que estas poidan ser mantidas

polo tío Ralph mentres el busca traballo fóra

da capital inglesa.

Nicholas consegue un emprego en Yorkshire

como profesor. Pero ao chegar alí dáse conta

que se trata dunha situación que dista do

ideal. Os alumnos reciben clases nuns nunhas

condicións vexatorias polo que Nicholas

finalmente fuxe e entra a formar parte dunha

compañía teatral ambulante.

Page 10: Día das Bibliotecas Escolares 2012

O gardavía é un relato no que se

mestura terror e elegancia

demostrando que poden ir da man.

Dickens cóntanos a historia dun

espectro que se aparece nas vias de

ferrocarril, nunha zona lúgubre perdida

na nada, xurdindo da boca dun túnel

tenebroso, sendo portador de malas e

nefastas noticias. Cada vez que o

fantasma se aparece o guardavias

vixiante desa etapa do ferrocarril sabe

que a morte axexa e polo tanto lle

invade unha ansiedade e medo

terribles.

Page 11: Día das Bibliotecas Escolares 2012

O seu universo reduciuse a Londres, Yorkshire ou Brighton e non obstante,

200 anos despois do seu nacemento, Charles Dickens segue ocupando un

dos primeiros postos na literatura universal. A súa prosa denunciou sen

ridiculizar as condicións de vida dunha metrópole que seguía sendo capital

do mundo. Pero na que moitos morrían de fame e de miseria.