2

Click here to load reader

Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014

XI Concurso de cartas“Dillo a quen

maltrata” 2014

A presente convocatoria ten por obxectoa concesión de premios do XI Concursode cartas “Dillo a quen maltrata”,organizado polo Concello de Lalín, através da Oficina de Igualdade, co fin depromover a reflexión sobre aproblemática da “violencia de xénero”nas súas diferentes manifestaciónsfísica, psicolóxica, sexual, económica,estrutural,... así coma os efectos econsecuencias da mesma.

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. Poderán participar todas as persoasque así o desexen. Cada participantepoderá enviar un máximo de tres cartas.

2. As cartas deberán ser remitidas xuntocoa ficha de inscrición ao Rexistro Xeraldo Concello de Lalín (Praza de Galicia,nº 1 - 36500 Lalín - Pontevedra), dentrodun sobre pechado no que figuraráXI Concurso de cartas “Dillo a quenmaltrata”, tamén poderán enviarse porcorreo electrónico a [email protected],indicando no asunto XI Concurso decartas “Dillo a quen maltrata”.

3. A temática á que deben axustarse ostraballos é: “A violencia de xénero”

4. Os traballos presentaranse en galegoou español e terán unha extensiónmáxima de dous folios, escritos por unhasoa cara a dobre espazo,preferiblemente en letra Arial, tamaño 12e formato DIN A4.

5. Todos os traballos que se presentendeberán ser orixinais, inéditos e nonpresentados en anteriores concursos.

6. Os criterios de valoración para elixirás persoas premiadas serán osseguintes: contido e tratamento do tema(ata 4 puntos), orixinalidade (ata 3puntos), expresión e presentación enxeral (ata 3 puntos).

7. O prazo para a presentación dascartas remata o mércores 5 denovembro.

8. A organización do concurso procederáá preselección de vinte cartas. Osorixinais quedarán en poder da Oficinade Igualdade, que se reserva o dereitopara a súa publicación, exposición,doazón,… ou calquera outro tratamentoposterior, sempre sen ánimo de lucro.

9. Das vinte cartas preseleccionadas, unxurado decidirá cales son as tresfinalistas, e concederá un diplomaacreditativo, e os seguintes premios:

1º premio: Tablet Android 10” 8GB

2º premio: Tablet Android 7” 4GB

3º premio: E-Book táctil 7”

10. Os premios daranse a coñecer enacto público ao que deberán asistir , se éposible, as persoas gañadoras, queserán avisadas con antelación. Ospremios poderán ser declaradosdesertos e o fallo do xurado seráinapelable.

11. As cartas gañadoras poderándivulgarse a través dos medios decomunicación locais.

12. As persoas participantes serán asúnicas responsables do contido das súascartas en canto a esixencias legais dedereitos de autoría ou plaxios, segundoas leis vixentes. Cada participante, polomero feito de participar, acepta estasbases. Calquera outra circunstancia nonprevista nas mesmas, será resolta poloxurado, e as súas decisións seráninapelables.

Page 2: Díptico xi concurso de cartas dillo a quen maltrata 2014

FICHA DE INSCRICIÓN

Nome.....................................................

Apelidos.................................................

Idade......................................................

Enderezo...............................................

Poboación..............................................

C.P. .......................................................

Telf. .......................................................

E- mail...................................................

Centro de traballo ouestudios ....................................................................................................................

Pola presente declaro a autoría dasobras presentadas ao concurso e aposesión dos seus dereitos de autoría.Autorizo á Oficina de Igualdade doConcello de Lalín para a súa libreexposición, reprodución e publicación enactividades sen ánimo de lucro. Coamiña participación acepto as bases doconcurso.

Firma: Data:

DESEXO QUE A AUTORÍA DA MIÑA CARTAQUEDE NO ANONIMATO EMPREGANDO O

PSEUDÓNIMO..................................................

OFICINA DE IGUALDADE

Praza de Galicia, nº 136500 Lalín (Pontevedra)

Telf.: 986 78 00 [email protected]

XI Concurso de cartas:

“Dillo a quen

maltrata”novembro 2014

ORGANIZA:

Concello de Lalín Concellería de Igualdade

www.lalin.org