46
CADERNO DE ACTIVIDADES Psicoloxía 2 Eva Garea Traba (coord.) Miguel Vázquez Freire BACHARELATO

psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

CADERNO DE ACTIVIDADES

Psicoloxía2Eva Garea Traba (coord.)Miguel Vázquez Freire

BACHARELATO

Page 2: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

Director editorial:Manuel Bragado Rodríguez

Coordinadora editorial:Anaír Rodríguez

© Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire, 2016Dr. Marañón, 12. 36211 [email protected]

Reservados todos os dereitos. O contido desta obra está protexido pola lei, que prohibe a reprodución, plaxio, distribución ou comunicación pública, en todo ou en parte, dunha obra literaria, artística ou científica, ou a súa transformación, interpretación ou execución artística fixada en calquera tipo de soporte ou comunicada a través de calquera medio, sen a preceptiva autorización.

Page 3: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

ÍNDICE

Instrucións previa para a posta en marcha do proxecto persoal da materia .............................................. 5Tarefa 1 ............................................................................................................................................................................................... 7 Rúbrica da Tarefa 1 .................................................................................................................................................................12Tarefa 2 .............................................................................................................................................................................................15 Rúbrica da Tarefa 2 .................................................................................................................................................................20Tarefa 3 .............................................................................................................................................................................................23 Rúbrica da Tarefa 3 .................................................................................................................................................................28Tarefa 4 .............................................................................................................................................................................................31 Rúbrica da Tarefa 4 .................................................................................................................................................................36Tarefa 5 .............................................................................................................................................................................................39 Rúbrica da Tarefa 5 .................................................................................................................................................................44Tarefa 6 .............................................................................................................................................................................................47 Rúbrica da Tarefa 6 .................................................................................................................................................................50

Page 4: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 5: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

INSTRUCIÓNS PREVIAS PARA A POSTA EN MARCHA DO PROXECTO PERSOAL DA MATERIA

O alumno ou alumna deberá iniciar un proxecto de traballo durante este curso e comezar un por-tafolio de actividades. Cada unidade presenta unha tarefa con tres actividades, que á súa vez están compostas por varios exercicios:

Actividade 1: Diario dun navegante. Os exercicios desta actividade teñen por obxectivo asegurar a com-prensión dos conceptos fundamentais propostos na Unidade Didáctica. O alumno ou alumna realizará os exercicios propostos, que consistirán en comentarios de lectura, aplicación a actividades físicas, recompila-ción de materiais, casos, imaxes e procesos sobre as temáticas traballadas, realización de esquemas, mapas conceptuais etc.

Actividade 2. Cruzando o abismo. A través da análise de obras cinematográficas, literarias, de banda deseñada etc., tentarase que o alumnado aplique os coñecementos adquiridos e realice unha análise crítica da obra ou obras propostas, desde unha perspectiva psicolóxica. Achéganse ademais novas propostas de traballo.

Actividade 3. Reflexión metacognitiva. Na última actividade de cada tarefa o alumnado abordará indivi-dualmente a integración dos materiais producidos nas actividades anteriores elaborando unha produción persoal (que poderá ter o formato de artigo, resumo ou presentación temática). Este proxecto deberá:

a) Abordar o tema desde unha perspectiva persoal.

b) Atenderá como resumo final as seguintes cuestións: Que se aprendeu? Como se aprendeu? Para que pode servir? Onde se poderá aplicar?

c) Proporcionará unha bibliografía final do material consultado para realizar o artigo:

– Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

– Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

– Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns) ou de produción propia.

5

Page 6: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 7: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

7

UNIDADE 1

TAREFA 1: A CHAVE DA ALMA

TEMPORALIZACIÓN: 4 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 10

a) Introduce no seguinte cadro as diferentes definicións de psicoloxía que poidas atopar, indicando o século ou época á que pertencen e a rama do saber e autor que as produciu.

DEFINICIÓN ÉPOCA OU SÉCULO RAMA DO SABER E AUTOR

b) Constrúe un mapa conceptual ou un póster que expoña a historia da psicoloxía e sitúe esta ciencia no conxunto do saber.

Exercicio 2. páx. 13

Lectura do artigo de José Moya Santoyo: «Antecedentes filosóficos de la psicología». A partir del:

a) Elaborar unha presentación sobre a teoría psicolóxica dun dos autores da historia precientífica da psi-coloxía.

MÉTODO AUTOR E ESCOLA OBXECTIVO

b) Elaborar un cadro que poña en relación os principais autores, escolas e métodos da historia científica da psicoloxía.

Exercicio 3. páx. 15

Traballo con textos:

Page 8: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

8

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

a) De entre os textos propostos como lecturas complementarias na páxina 28 do libro de texto, extrae un fragmento de cada autor que permita comparar as diferentes formas de entender a psicoloxía de cada un. Explica como entenden o ser humano, o obxecto da psicoloxía e o seu método.

WUNDT FREUD SKINNER JAMES MASLOW

Texto(fragmento)

Definición do ser humano

Obxecto da psicoloxía

Método

b) Realiza un comentario dun dos textos e autores propostos que inclúa: notas biográficas, resumo da obra, resumo do texto, explicación de cada parte do texto, análise crítica e comparación con outros autores.

Exercicio 4. páx. 21

Elixe un autor ou unha corrente psicolóxica e realiza unha presentación (ben en formato presentación pro-piamente dita ou en formato videolección) sobre calquera das seguintes teorías: psicanálise, condutismo, teoría cognitiva, Gestalt, humanismo e psicobioloxía.

Exercicio 5. páx. 27w

Propón e deseña unha posible investigación no terreo da psicoloxía en calquera das súas ramas (educacional, marketing, dinámica de grupos...). Explica a importancia que tería, a hipótese principal que manexarías, os métodos que aplicarías para a obtención de datos e a forma en que aplicarías á practica os teus resultados.

Recursos

– http://www.edu.xunta.gal/centros/iesames/aulavirtual/mod/book/view.php?id=3401&chapterid=383

– http://www.ehowenespanol.com/propuesta-temas-investigacion-psicologia-info_181514/

– http://www.um.es/docencia/agustinr/docum/manual.htm

Page 9: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

9

UNIDADE 1

ACTIVIDADE 2: CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 28

O océano Solaris cumpre unha función de espello que lles permite aos astronautas mudar a imaxe que teñen de si mesmos e reconstruír a súa personalidade1. Podes ver a película Solaris de Tarskosky, ler a novela de Stalisnaw Lem na que se basea e, despois, elaborar un artigo que comente os diferentes aspectos psicolóxi-cos da estrutura da personalidade que se poden ver no filme: a relación e o papel da nai na construción da personalidade; o papel do pai; a morte. Para elaborar a túa crítica podes consultar os recursos que che propoñemos sobre o tema e tamén a seguinte ficha de traballo.

Recursos

– Olga Osorio (2014): Solaris. Guía para ver y analizar. Nau Libres: http://www.cineypsicologia.com/2011/08/solaris-y-la-funcion-del-espejo.html

– Titorial. «Como facer unha análise crítica dun filme»: https://www.movenote.com/v/hoB5t9gYRvTYY

FICHA DE TRABALLO

1. Despois de ver a película Solaris realiza a ficha técnica.

2. A viaxe. Describe que tipo de viaxe realiza o protagonista, tanto en sentido literal como metafórico. Cales son os personaxes relevantes para a súa vida e en que escenas aparecen? Que relación gardan estas figu-ras coas teorías psicolóxicas da personalidade?

3. A función do espello. Os espellos están moi presentes na película, en que escenas? Describe os diferentes personaxes que producen imaxes especulares para o protagonista. De onde proceden?

4. A creación do Eu. Describe o personaxe principal: en que medida a súa personalidade só se desvela a tra-vés dos seus recordos? Os recordos son fieis? En que medida transforman ao personaxe?

5. Interpretación da secuencia final. O protagonista regresa á Terra? É o mesmo protagonista que saíu dela?

Exercicio 2. páx. 28

Lectura, resumo e avaliación crítica da obra O Alienista de Machado de Assis. Pódese presentar en forma de texto ou ben en forma de presentación dixital tipo Prezi.

Recursos

– El malestar femenino en el positivismo. Una lectura de «El Alienista»: http://repositorio.uchile.cl/bits-tream/handle/2250/116144/El-malestar-femenino-en-el-positivismo.pdf?sequence=3&isAllowed=y

1. Para unha lectura sobre o «estadio do espello» en Lacan ver «El estadio del espejo como formador de la función del yo (je) [1949]», en http://www.elortiba.org/lacan5.html.

Page 10: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

10

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

– ¿Quién es el verdadero alienado? Algunas reflexiones sobre el tema de la locura en «El Alienista» de Machado de Assis: http://www.geocities.ws/camorris_2105/locura_alienista.htm

FICHA DE TRABALLO

1. Xunta datos sobre o autor e a obra e redacta unha introdución breve sobre o escritor, a época en que foi escrita a novela e as súas intencións.

2. O protagonista. Por que se interesa o protagonista polas enfermidades mentais? Que relación garda isto coa súa vida familiar e co seu matrimonio? A que obedece o nome de «Alienista»? Que valoración desta profesión se desprende da obra?

3. A crítica á actitude científica. Ao longo da historia a ironía cara á investigación científica está presente en varias ocasións. Identifícao e explica, no contexto en que foi escrita a obra, por que ten relevancia esa crítica.

4. A definición de normal. Nos estudos psicolóxicos a definición de normal é moi relevante, pois é o criterio que distingue o paciente de quen non o é. Que criterios usa o Alienista para sinalar coma tolos aqueles que pecha na Casa Verde?

5. Dúas mulleres (a do Alienista e a do Boticario) envíanse por distintas razóns á Casa Verde. Cales foron esas razóns? Por que consideraban anormais esas formas de actuar? Que relación garda isto coa situación da muller no contexto do século XIX?

6. É o mesmo estar tolo que non ser normal? Quen decide a normalidade?

Outras lecturas para contrastarEl Alienista (2000). Caleb Carr. Punto de Lectura. A historia sitúase en Nova York no ano 1896. John Schuyler Moore, periodista de sucesos do New York Times, recibe a chamada do seu antigo compañeiro de estudos en Harward, o famoso psicólogo (o alienista) Laszlo Kreizler, para que lle axude a resolver un crime. Ambos os amigos colaborarán coa policía describindo o perfil psicolóxico do asasino. Na obra ilústrase moi ben a época e os comezos da psicoloxía criminal.

ACTIVIDADE 3: REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

Page 11: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

11

UNIDADE 1

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

Page 12: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

12 13

UNIDADE 1PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

TAREFA 1. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable)D COMPETENCIAS

CLAVE

PS-B1.1

2º-PSB1.1.1 - Explica e constrúe un marco de referencia global da psicoloxía, desde as súas orixes en Grecia (nas filosofías de Platón e Aristóteles), até o seu recoñecemento como saber independente da man de Wundt, Watson, James e Freud, definindo as acepcións do termo psicoloxía ao longo da súa evolución: desde o etimolóxico, como «ciencia da alma», aos achegados polas correntes actuais: condutismo, cognitivismo, psicanálise, humanismo ou Gestalt.

Elaboración deficiente e pouco coidada. Non persoal.

Elabora mapas e esquemas, pero non están todos os autores nin se distinguen etapas.

Elabora mapas e esquemas completos, pero a orde lóxica está mal elaborada.

Elabora mapas completos, loxicamente co-rrectos e orixinais.

CAA

PS-B1.12º-PSB1.1.2 - Recoñece e valora as cuestións e os problemas que investiga a psico-loxía desde os seus inicios, distinguindo a súa perspectiva das proporcionadas por outros saberes.

Non logra. Realiza, pero usando ideas alleas.Usa ideas persoais, pero non afonda nas cuestións.

Usa ideas persoais e perspectiva crítica. CMCCT

PS-B1.22º-PSB1.2.1 - Explica e estima a importancia dos obxectivos que caracterizan a psi-coloxía: describir, explicar, predicir e modificar.

Non completa a tarefa.Comprende os obxectivos de forma inco-rrecta.

Comprende e propón os obxectivos de for-ma correcta.

Comprende os obxectivos de forma correcta é aplícaos a problemas específicos.

CMCCT

PS-B1.2

2º-PSB1.2.2 - Distingue e relaciona as facetas teórica e práctica da psicoloxía, e iden-tifica as ramas en que se desenvolven (clínica e da saúde, da arte, das actividades físico-deportivas, da educación, forense, da intervención social, ambiental etc.), in-vestigando e valorando a súa aplicación nos ámbitos de atención na comunidade, como na familia e na infancia, na terceira idade, en minusvalías, muller, xuventude, minorías sociais e inmigrantes, cooperación para o desenvolvemento etc.

Non comprende nin aplica a distinción.Aplica a distinción de forma ás veces inco-rrecta.

Aplica a distinción de forma correcta sempre e con exemplos.

Aplica a distinción e é quen de facelo de for-ma práctica e en contextos reais.

CSC

PS-B1.2

2º-PSB1.2.3 - Describe e aprecia a utilidade das técnicas e das metodoloxías de in-vestigación psicolóxica, explicando as características de cada unha, como son os métodos comprensivos (introspección, fenomenoloxía, hermenéutica, test, entrevista persoal, dinámica de grupos etc.) e os seus obxectivos (observación, descrición, expe-rimentación, explicación, estudos de casos etc.).

Descoñece a meirande parte dos métodos.Coñece case todos os métodos, pero non os describe correctamente.

Describe correctamente os métodos e os seus obxectivos, pero non valora.

Valora obxectivamente os diferentes méto-dos propoñendo exemplos e casos.

CAA

PS-B1.32º-PSB1.3.1 - Explica e recoñece a importancia das achegas que a psicoloxía realizou na comprensión dos fenómenos humanos, identificando os problemas específicos dos que se ocupa e as conclusións achegadas.

Non distingue as cuestións psicolóxicas.Confunde cuestións psicolóxicas con cues-tións filosóficas ou doutras ciencias.

Identifica ben as cuestións psicolóxicas e as solucións propostas.

Identifica ben as cuestións e é quen de xerar unha opinión persoal.

CCEC

PS-B1.32º-PSB1.3.4 - Utiliza a súa iniciativa para expor as súas conclusións argumentada-mente, mediante presentacións gráficas, en medios audiovisuais…

Non usa. Usa de forma deficiente.Usa unha ferramenta dixital de forma efec-tiva.

Usa máis dunha ferramenta de exposición de forma complementaria.

CD CSIEE

PS-B1.3

2º-PSB1.3.2 - Utiliza a súa capacidade de aprender a aprender –realizando os seus propios mapas conceptuais, utilizando medios informáticos–, acerca das seguintes teorías: psicanálise, condutismo, teoría cognitiva, Gestalt, humanismo e psicobio-loxía.

Non investiga nos temas de forma autóno-ma.

Investiga, pero non recoñece a información relevante nin xera un criterio.

Investiga e recoñece información relevante.É quen de usar a información relevante para xerar nova información.

CAA

PS-B1.32º-PSB1.3.3 - Analiza e valora criticamente textos sobre os problemas, as funcións e as aplicacións da psicoloxía de autores como W. Wundt, S. Freud, A. Maslow, W. James e B. F. Skinner, entre outros.

Non comprende nin analiza o texto de xeito autónomo.

A comprensión dos textos é mínima e non tira conclusións deles.

Comprende os textos e tira conclusións, pero estas son moi básicas e non as explica.

Comprende os textos, as conclusións son importantes e están ben elaboradas.

CCL

Page 13: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 14: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

15

UNIDADE 2

TAREFA 2: O CEREBRO. O CORAZÓN DA MÁQUINA

TEMPORALIZACIÓN: 6 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 33

Investiga e despois explica as túas conclusións ilustrándoas mediante un gráfico:

1. Cales son as partes do cerebro que controlan a nosas emocións?

2. Que parte do cerebro xera os soños?

3. En que lugar do cerebro se orixina o amor?

Exercicio 2. páx. 34

Realiza unha videopresentación que teña como eixe central a filoxénese e evolución do cerebro, así como a relación que garda coa conduta. Crea primeiro un guión para a túa presentación. Poderás usar diferentes técnicas: representación teatral, danza, narración…

Exercicio 3. páx. 41

Realiza un dos seguintes experimentos, ou inventa ti un, e mostra despois o que significan explicando a forma en que ten lugar a relación estímulo-resposta e as consecuencias que ten relativas ao funcionamento do cerebro. Describe o proceso mediante un gráfico.

1. A man de mármore1

Pedirlles a varias persoas voluntarias que poñan a man sobre a mesa, nun medio illado; golpear a súa man dereita cun pequeno martelo (sen facer dano). Ao mesmo tempo, producir un son dun martelo contra unha peza de mármore. Despois de tres ou catro minutos, preguntarlles aos suxeitos como senten a man. Por que muda a percepción do corpo? Que fai o noso cerebro para crear esa sensación?

2. Frío-quente Recrear o dilema do prisioneiro. Preguntar por separado a varios compañeiros ou compañeiras da clase

(3 ou 4) se aceptarían que o profesor/a lle subise a cualificación 2 puntos a todos os colegas da clase, sempre que todos coincidisen nesa elección. Débeselle advertir ao suxeito que en caso de que algún non o permitise, a puntuación baixaría para todos e todas en 2 puntos. Realizar ese mesmo experimento con outros compañeiros (o mesmo número e suxeitos diferentes), pero agora uns deben manter na súa man un obxecto quente e outros frío. Obtense a mesma reposta?

1. Experimento realizado por investigadores da Universidade de Bielefeld, do Instituto Max-Planck para a Cibernética Biolóxica (Alemaña), e da Universidade de Milano-Bicocca (Italia).

Page 15: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

16

3. Son e fala2

Realizar unha gravación dun dos experimentadores dicindo unha sílaba, por exemplo «ba». Logo gravar o son «ma» e montar o vídeo eliminando o primeiro son e usando o segundo. Pasar o vídeo aos compañeiros e compañeiras e pedirlles que digan o son que escoitan mentres ven o vídeo. Que ocorre?

Exercicio 4. páx. 49

Traballo de investigación. De verdade as mulleres vimos de Venus e os homes de Marte? Deseña un traballo de investigación para comprobar se as diferenzas entre cerebro masculino e feminino subsisten na realidade.

a) Define con que variables tes que traballar.

b) Postula unha hipótese de traballo.

c) Define a metodoloxía de traballo.

d) Deseña un experimento que permita contrastar a hipótese.

e) Presenta os resultados da túa investigación.

ACTIVIDADE 2. CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 50

A película Espertares do director Penny Marshall (1990) baséase na epidemia de encefalite alérxica que tivo lugar durante a década de 1920. Podes ver a película, ler a novela de Oliver Sacks e elaborar un artigo que comente algunhas das seguintes cuestións:

– Que trato reciben os enfermos no hospital e a que é debido? Que cousas nos fan supor que os enfermos durmidos seguen sendo capaces de sentir? Que conclusións poden extraerse despois do fracaso da tera-pia, cando os enfermos volven durmir? Estaba xustificado o experimento do doutor Malcom Sayer? Que quere dicir o paciente Leonard Lowe cando lle di ao doutor, «ti si que estás durmido, home solitario e asustado»?

Para elaborar a túa crítica podes consultar a bibliografía que propomos sobre o tema e tamén a ficha de traballo.

Recursos

– Oliver Saks: Despertares. Editorial Anagrama.

– http://campus.usal.es/~revistamedicinacine/Vol_3/3.3/esp.3.3.htlm/despert.htm

– http://medicinaycine.blogspot.com.es/2013/06/despertares.html

– Titorial. Como facer unha análise crítica dun filme: https://www.movenote.com/v/hoB5t9gYRvTYY

2. Este experimento fundaméntase no Efecto MacGurk.

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 16: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

17

UNIDADE 2

FICHA DE TRABALLO

1. Despois de ver a película realiza a ficha técnica.

2. A percepción do paciente:

a. Describe o proceso da enfermidade e a relación entre esta e a conduta do doente. Que funcións supe-riores están alteradas nos doentes que sofren encefalite letárxica? Que manifestacións clínicas poden observarse directamente en Leonard e nos demais doentes? Con que medios indirectos poderían ob-servarse esas manifestacións?

b. Cal é o mecanismo de acción da L-dopa? Que rango de concentracións de L-dopa resulta útil na pelí-cula? Correspóndese coas concentracións utilizadasna actualidade?

c. Explica cal é a posición do doente respecto do tratamento e do médico.

d. Que sentido ten a poesía de Rilke sobre a pantera? Pódese aplicar a Leonard?

3. A percepción do médico:

a. Explica cales son as razóns que levan ao médico, na película, a tratar eses pacientes. Por que non os trata a todos?

b. Cal é a posición dos demais médicos respecto do tratamento? Que conflitos se presentan e cal é a túa valoración deles?

c. Na película, os pacientes sofren dous tipos de espertar, identifícaos.

4. Mostra a relación da película cos pasos do método científico, sinalando as escenas onde poden presen-tarse analoxías.

5. Comenta a frase final da película: «O espírito humano é máis poderoso ca calquera droga. Pero tes que alimentalo con traballo, ocio, amizade, familia... As cousas máis sinxelas, as que tiñamos esquecidas.»

6. A historia orixinal.

a) Busca información sobre Oliver Sacks.

b) Visualiza o vídeo https://www.youtube.com/watch?v=P0ZS-k_mno4

c) Explica cales son as diferenzas entre a historia real e a de ficción e fai unha valoración ao respecto.

Outras películas para analizarSin límites, Neil Burgers (2011). Trata o uso das drogas para ampliar as posibilidades das capacidades mentais dun escritor fracasado e os límites éticos dese uso.

Exercicio 2. páx. 50

Lectura, resumo e avaliación crítica d’O curioso incidente do can á media noite. Pódese presentar en forma de texto ou ben en forma de presentación dixital tipo Prezi.

Page 17: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

18

FICHA DE TRABALLO

1. Busca información sobre o autor e as posibles motivacións que tivo para escribir a historia.

2. Elabora un resumo da novela.

3. Busca información sobre a «síndrome de Asperger» e localiza na historia os momentos nos que se reflicte claramente que o protagonista padece esta síndrome.

4. Decribe as relacións que mantén Christopher coa súa familia e co resto de persoas da súa contorna. Como están condicionadas pola súa enfermidade?

5. Valora os seguintes fragmentos tirados da edición castelá (El curioso incidente del perro a medianoche Mark Haddon. Edit. Salamandra, 2007) explicándoos desde a perspectiva e síntomas da enfermidade que padece Christopher.

a. «Eu non digo mentiras. Nai adoitaba dicir que era así porque son boa persoa. Pero, non é porque sexa unha boa persoa. É porque non sei dicir mentiras» (pax. 32).

b. «Calculei potencias de 2 na miña cabeza porque me tranquilizaba. Logrei chegar ata 33554432 que é 235...» (páx. 153).

c. «E entón formulei un Plan. E iso fixo que me sentise mellor porque tiña algo na cabeza que tiña unha orde e unhas pautas, e tan só tiña que seguir as instrucións unha detrás doutra.» (páx. 166).

d. «Así que fixen respiracións fondas, tal como Siobhan me dixera... e contei cincuenta respiracións e fixen cubos dos números cardinais mentres contaba, así: 1, 8, 27, 64, 125, 216, 343, 512, 729, 1000, 1331, 1728 etc.» (páx. 256).

e. «Cando abrín o exame e o lin todo non souben como responder a ningunha das preguntas, e ademais non podía respirar correctamente. Quería pegarlle a alguén ou...» (páx. 255).

6. Por que lle gustan a Christopher as matemáticas e a lóxica? Por que lle recomenda a mestra que escriba a historia que está investigando?

7. A pesar das súas fobias, Christopher foxe a Londres para ir coa súa nai: a que lle tivo que facer fronte no traxecto?

8. Fai unha valoración persoal e crítica da historia explicando o que aprendiches con ela.

ACTIVIDADE 3: REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 18: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

UNIDADE 2

Page 19: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

20 21

TAREFA 2

TAREFA 2. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable)D COMPETENCIAS

CLAVE

PS-B2.22º-PSB2.2.1 - Realiza unha presentación, con medios informáticos, en colaboración grupal, sobre a morfoloxía neuronal e a sinapse, describindo o proceso de transmisión sináptica e os factores que a determinan, o impulso nervioso e os neurotransmisores.

Non se realiza ou non se utilizan medios gráficos de representación.

A representación é moi limitada e falta a maior parte dos conceptos fundamentais.

Están os conceptos fundamentais, pero a representación non é propia nin está per-sonalizada.

A presentación é propia e persoal. Presenta as relacións dunha forma clara e precisa.

CD

PS-B2.22º-PSB2.2.2 - Investiga e explica a organización das áreas cerebrais e as súas fun-cións, e localiza nun debuxo as devanditas áreas.

Non realiza investigación autónoma e limí-tase a repetir o tema.

Realiza unha pequena investigación, pero non seleciona ben o material nin emprega un criterio científico.

Selecciona ben os materiais e realiza unha investigación autónoma, pero as respostas son insuficientes.

Realiza unha investigación concienzuda e o traballo elaborado está completo e é persoal.

CMCCT

PS-B.2.12º-PSB2.1.1 - Identifica, contrasta e valora a nivel anatómico diferentes tipos de encéfalos animais en comparación co humano, valéndose de medios documentais.

Non realiza investigación autónoma e limí-tase a repetir o tema.

Realiza unha pequena investigación, pero non seleciona ben o material nin emprega un criterio científico.

Selecciona ben os materiais e realiza unha investigación autónoma, pero as respostas son insuficientes.

Realiza unha investigación concienzuda e o traballo elaborado está completo e é persoal.

CMCCT

PS-B.2.12º-PSB2.1.2 - Investiga a través de Internet a filoxénese humana e a evolución do cerebro, explicando e apreciando a relación directa que mantén co desenvolvemento da conduta humana.

Non comprende a maior parte do proceso de filoxénese do cerebro nin é quen de ex-plicalo.

Comprende unha boa parte do proceso, pero a explicación carece de rigor.

Comprende o proceso, a explicación é ri-gorosa, pero os medios expresivos non son persoais nin usa as ferramentas adecuadas para a exposición.

Comprende o proceso, a explicación é ri-gorosa e a exposición das ideas é persoal e creativa. Utiliza as ferramentas informáticas adecuadas.

CD

PS-B2.32º-PSB2.3.1 - Describe e compara as técnicas científicas de investigación do cerebro: anxiogramas, EEG, TAC, TEP, IRM, intervencións directas e estudo de casos.

Non investiga nos temas de forma autóno-ma.

Investiga, pero non recoñece a información relevante nin xera un criterio.

Investiga e recoñece información relevante.É quen de usar a información relevante para xerar nova información.

CMCCT

PS-B2.32º-PSB2.3.2 - Analiza e aprecia o impulso que estas técnicas de investigación cere-bral lle deron ao coñecemento do comportamento humano e á solución dalgunhas patoloxías.

Non busca información nin comprende con-ceptualmente o tema.

Non é quen de relacionar os conceptos aprendidos aplicándoos a un exemplo.

Comprende a maior parte dos conceptos e recoñéceos, pero non é quen de crear unha valoración na aplicación.

Coñece e comprende os conceptos, aplícaos e emite unha valoración autónoma aplicán-doa no contexto.

CSC

PS-B2.42º-PSB2.4.1 - Explica a influencia dos compoñentes xenéticos que interveñen na con-duta e investiga e valora se estes teñen efectos distintivos entre a conduta feminina e a masculina.

Non busca información nin comprende con-ceptualmente o tema.

Non é quen de relacionar os conceptos aprendidos aplicándoos a un exemplo.

Comprende a maior parte dos conceptos e recoñéceos, pero non é quen de crear unha valoración na aplicación.

Coñece e comprende os conceptos, aplícaos e emite unha valoración autónoma aplicán-doa no contexto.

CMCCT

PS-B2.42º-PSB2.4.2 - Relaciona e aprecia a importancia das alteracións xenéticas coas doen-zas que producen modificacións e anomalías na conduta, utilizando o vocabulario técnico preciso: mutación, trisomía, monosomía, deleción etc.

Non busca información nin comprende con-ceptualmente o tema.

Non é quen de relacionar os conceptos aprendidos aplicándoos a un exemplo.

Comprende a maior parte dos conceptos e recoñéceos, pero non é quen de crear unha valoración na aplicación.

Coñece e comprende os conceptos, aplícaos e emite unha valoración autónoma aplicán-doa no contexto.

CCL

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 20: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 21: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

23

UNIDADE 3

TAREFA 3: OS LADRILLOS DA MENTE

TEMPORALIZACIÓN: 4 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 58

Elabora un esquema que faga explícitas as catro fases da sensibilidade (excitación, transdución, transmisión e recepción) e que recolla os principais elementos que interveñen na percepción humana (estímulo, sentido, sensación, limiares da percepción, codificación, sinal nervioso, cortiza...).

Exercicio 2. páx. 62

Recolle fotografías e elabora un mural que propoña exemplos da vida real nas que se poida observar como funcionan as leis da Gestalt.

Exercicio 3. páx. 65

Elabora unha presentación con medios audiovisuais que recolla os principais fenómenos perceptivos e sub-ministre información e exemplos deles (percepción extrasensorial, percepción por estimulación eléctrica ou constancia perceptiva). Logo dá a túa opinión persoal sobre as posibilidades de investigación que abre o estudo de cada un destes fenómenos.

Exercicio 4. páx. 67

Investiga sobre os principais experimentos que explican a influencia dos prexuízos na percepción (Allport e Kramer, por exemplo) e replica algúns adaptándoos para a súa realización no contorno inmediato e cos com-pañeiros e compañeiras de aula. Despois, realiza unha presentación cos resultados e a información previa recollida para entender e realizar o experimento.

ACTIVIDADE 2. CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 76

A historia que nos relata Memento presenta un personaxe, Leonard, que sofre amnesia anterógrada, o que lle impide fixar novos recordos mentres recorda perfectamente a súa vida anterior. Entre os seus recordos máis penosos está a violación e asasinato da súa muller durante un ataque no que el sofre un traumatismo

Page 22: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

24

no lóbulo temporal. Antes do ataque, Leonard dedicábase á investigación de fraudes para unha compañía de seguros e, no seu traballo, tivo que facer a análise dun home, Jenkins, que padecía, ao igual ca el mesmo ago-ra, amnesia anterógrada. Leonard determinou que a amnesia era de orixe psicolóxica e non física, polo que a compañía non tiña que cubrir os custos da súa enfermidade. Como consecuencia da amnesia de Jenkins, este esquece que xa lle subministrara a medicación á súa muller diabética, e esta morre por sobredose de insulina.

Unha das peculiaridades da película reside na súa liña temporal, narrada mediante constantes analepses e prolepses, amosando en ocasións as causas das escenas vistas en vez de amosar as súas consecuencias. Tamén existen dúas historias paralelas, unha en branco e negro e outra en cores, intercaladas na historia e que converxen ao final da película.

Recursos

– Titorial: Como facer unha análise crítica dun filme: https://www.movenote.com/v/hoB5t9gYRvTYY

– http://www.aulafacil.com/psicologia-tratamiento/curso/psicologia-memento.htm

– Memento. Francisco Javier Gómez Tarín: http://www.bocc.ubi.pt/pag/tarin-francisco-memento.pdf

– Alfonso Muñoz Corcuera. Cine y memoria: La huella de Nietzsche en Memento: http://cfj.filosofia.net/2008/textos/cine_y_memoria.pdf

FICHA DE TRABALLO

1. A película manexa dous tempos: un, o presente da investigación, e outro, o pasado da vida de Leonard. O presente nárrase cara a atrás e a primeira escena será cronoloxicamente a última, o que permite explicar en certa medida que problemas poden xurdir para comprender como funciona a memoria.

2. Sitúa o problema da memoria de Leonard entre o conxunto de alteracións da memoria e elabora unha presentación gráfica.

3. Os recordos do pasado de Leonard poden ser enganosos? A que se debería? A quen llos conta? Relaciona o papel destes recordos cunha das alteracións da memoria estudadas.

4. Como afecta a falta de memoria á identidade de Leonard?

5. Comenta as seguintes citas dos protagonistas relacionándoas coa teoría da memoria coas que cres que se corresponden e coas funcións da memoria ás que se refiren:

• Leonard: «A memoria pode mudar a forma dun cuarto, a cor dun coche. Os recordos poden distor-sionarse, son unha interpretación, non un simple rexistro e, ademais, son irrelevantes se coñeces os feitos.»

• Leonard: «Teño que crer que existe o mundo fóra da miña mente. Teño que crer que os meus actos aínda teñen sentido, malia que non poida recordalos. Teño que crer que se pecho os ollos o mundo aínda segue aí. Aínda está o mundo aí? Aínda está aí?... Si. Todos precisamos espellos para recordar quen somos. Eu non son diferente. Como poden curar as feridas se non sinto o paso do tempo?»

6. Sobre que temas che fixo reflexionar a película. Elabora un comentario persoal.

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 23: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

25

UNIDADE 3

Outras películas para analizar

– Recuerda. Alfred Hitchcock (1945): a chegada dun novo director a unha clínica psiquiátrica produce a curiosidade de Constance Petersen que ve nel os síntomas dunha amnesia causada por un trauma.

– El cuaderno de Noah. Nick Cassavetes (2004): unha historia de amor que convive coa devastación do Alzhéimer e o esquecemento.

Exercicio 2. páx. 76

Lectura, resumo e avaliación crítica da banda deseñada Enrugas de Paco Roca.

Recursos

– http://www.guiadelcomic.es/paco-roca/entrevista-2008-crespo.htm

– http://www.zonanegativa.com/arrugas-el-comic-y-la-pelicula-vejez-memoria-alzheimer/

FICHA DE TRABALLO

1. Describe a técnica que usa o autor do cómic para mostrar o paso dos días na residencia de anciáns.

2. Estuda e fai un comentario sobre a relación médico-doente na historia. Pensas que é adecuada a forma en que se lles comunica a enfermidade a Emilio e ao seu fillo?

3. Fai unha análise dos procesos de perda de memoria que sofre Emilio e as consecuencias que ten para a súa vida cotiá, a súa identidade e as súas relacións.

4. Como se denominan as historias que conta Emilio para suplir as súas lagoas de memoria? Por outra parte, contrasta a enfermidade de Emilio con outros síntomas manifestados polos seus compañeiros de residen-cia.

5. Investiga como se manifesta a enfermidade de Alzhéimer e cal é o seu prognóstico, despois aplica eses coñecementos á análise do cómic usando de exemplos as diferentes viñetas nas que podes observar a enfermidade.

ACTIVIDADE 3. REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

Page 24: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

26

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 25: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 26: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

28 29

UNIDADE 3

TAREFA 3. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable) D COMPETENCIAS CLAVE

PS-B3.12º-PSB3.1.1 - Distingue e relaciona os elementos que interveñen no fenómeno da per-cepción (estímulo, sentido, sensación e limiares de percepción), recoñecéndoos dentro das fases do proceso perceptivo (excitación, transdución, transmisión e recepción).

O esquema é moi limitado, faltan os concep-tos principais e non se amosan as relacións entre eles.

O esquema non está completo aínda que están os elementos esenciais.

O esquema presentado é unha recreación dun esquema previamente publicado, pero é completo e correcto.

O esquema é elaborado, recolle todos os ele-mentos traballados no curso e as relacións entre eles, as cales son loxicamente correc-tas. É persoal.

CMCCT

PS-B3.12º-PSB3.1.2 - Compara e valora as achegas das principais teorías acerca da percepción: asociacionismo, Gestalt, cognitivismo e neuropsicoloxía.

Non usa información do tema en ningún momento e as respostas aos exercicios non teñen nivel conceptual adecuado.

Usa pouca información do tema para desen-volver os exercicios e cando o fai non é per-tinente.

Usa a información adquirida sobre o tema en diferentes momentos, mais dun xeito non integrado, salpicando a tarefa sen conectar con esta.

Usa os coñecementos adquiridos nas aná-lises dos diferentes documentos dun xeito persoal e ben integrado.

CCEC CAA

PS-B3.1

2º-PSB3.1.3 - Elabora unha presentación con medios audiovisuais e en colaboración grupal, desenvolvendo a súa iniciativa persoal e as leis gestálticas da percepción, valo-rando a súa achega conceptual e identificando exemplos concretos de como actúan (por exemplo, a través de obras pictóricas ou fotografías).

Non se elaboran máis que algunhas das leis e os exemplos non son pertinentes nalgúns ou en todos os casos.

Só están representadas algunhas leis, pero son as principais. Os exemplos non son re-collidos polo propio alumno/a.

Están representadas todas as leis, pero non é capaz de poñer exemplos persoais.

O mural está completo, preséntase un exem-plo por lei e estes son orixinais, recollidos polo propio alumno/a.

CSIEE

PS-B3.12º-PSB3.1.4 - Procura e selecciona información, utilizando páxinas web, verbo dalgúns tipos de ilusións ópticas, diferenciándoas dos trastornos perceptivos como as alucina-cións e a agnosia.

O resultado é froito dunha opinión anecdó-tica sen que se teña recollido información.

Recóllese información, pero non é pertinen-te ou está mal estruturada e usada. Non se citan as fontes.

Recóllese información pertinente de dife-rentes fontes, pero en moitos casos non se citan.

A información recollida de diferentes fontes está ben seleccionada e citada no documen-to final.

CD

PS-B3.1

2º-PSB3.1.5 - Comenta e aprecia algúns fenómenos perceptivos, como a constancia perceptiva, a percepción subliminar e extrasensorial, o membro pantasma e a percepción por estimulación eléctrica do cerebro (por exemplo, o ollo de Dobelle), entre outros, e expón as súas conclusións a través de soportes de presentación informáticos.

Non recoñece a maioría dos fenómenos perceptivos nos documentos nin comenta sobre eles.

Só recoñece algún dos fenómenos percep-tivos nos documentos e non comenta sobre eles.

Recoñece os fenómenos perceptivos nos documentos para analizar, pero non é quen de valoralos nin de facer un comentario persoal.

Recoñece os fenómenos perceptivos nos diferentes documentos para analizar e fai comentarios axeitados e persoais sobre eles.

CD

PS-B3.2

2º-PSB3.2.1 - Discirne e elabora conclusións, en colaboración grupal, sobre a influencia dos factores individuais (motivación, actitudes e intereses) e sociais (cultura e hábitat) no fenómeno da percepción, utilizando, por exemplo, os experimentos sobre prexuízos realizados por Allport e Kramer.

Non coñece nin explica os principais nesgos cognitivos.

Formula e explica os diferentes nesgos cog-nitivos, pero non é quen de experimentar con eles nin recoñecer a súa importancia en diferentes áreas.

Coñece e recoñece os principais nesgos cognitivos e é quen de realizar de novo un experiemento xa realizado sobre eles.

Coñece e recoñece os principais nesgos cog-nitivos e é quen de realizar un experimento de propia creación sobre eles.

CSC

PS-B3.32º-PSB3.3.1 - Relaciona os conceptos de atención e concentración como puntos de par-tida da memoria, distinguindo os tipos de atención e os tipos de alteración que poden sufrir.

Non fala dos procesos de atención e con-centración.

Só menciona a atención e a concentración como importantes, pero sen explicalas nin usalas no seu comentario dos documentos.

Recoñece a importancia da atención e a concentración no documento para analizar, pero non é quen de valoralos nin de facer un comentario persoal.

Recoñece a importancia da atención e a concentración nos diferentes documentos para analizar e fai comentarios axeitados e persoais sobre eles.

CCL

PS-B3.3

2º-PSB3.3.2 - Utiliza a súa iniciativa persoal para deseñar e elaborar, con medios in-formáticos, un cadro comparativo sobre diferentes tipos de memoria (sensorial, MCP e MLP), analizando a correspondencia entre elas e valorando a utilidade que teñen na aprendizaxe humana.

Non é quen de situar os trastornos que se poden visualizar nos documentos propos-tos nin introduce un esquema que permita situalos no conxunto dos procesos da me-moria.

Sitúa os trastornos que se poden visualizar nos documentos propostos ou introduce un esquema copiado que permite situalos no conxunto dos procesos da memoria, pero sen relacionar estes dous aspectos entre si.

Sitúa os trastornos que se poden visuali-zar nos documentos propostos e introduce ademais un esquema copiado que permite situalos no conxunto dos procesos da me-moria.

Sitúa os trastornos que se poden visualizar nos documentos propostos e introduce ade-mais un esquema persoal que permite situa-los no conxunto dos procesos da memoria.

CSIEE

PS-B3.3

2º-PSB3.3.3 - Procura e selecciona información en páxinas web e libros especializados, acerca das principais causas do esquecemento, tales como as fisiolóxicas, as producidas por lesións, por represión, por falta de procesamento, por contexto inadecuado, etc., e elabora conclusións.

Non é quen de situar os trastornos que se poden visualizar nos documentos propos-tos nin introduce un esquema que permita situalos no conxunto dos procesos da me-moria.

Sitúa os trastornos que se poden visualizar nos documentos propostos ou introduce un esquema copiado que permite situalos no conxunto dos procesos da memoria, pero sen relacionar estes dous aspectos entre si.

Sitúa os trastornos que se poden visuali-zar nos documentos propostos e introduce ademais un esquema copiado que permite situalos no conxunto dos procesos da me-moria.

Sitúa os trastornos que se poden visualizar nos documentos propostos e introduce ade-mais un esquema persoal que permite situa-los no conxunto dos procesos da memoria.

CAA CD

PS-B3.32º-PSB3.3.4 - Procura e selecciona información en páxinas web. Analiza e valora a im-portancia dalgúns dos efectos producidos na memoria por desuso, interferencia, falta de motivación etc., e expón as súas consecuencias de xeito argumentado.

O resultado é froito dunha opinión anecdó-tica sen que se teña recollido información.

Recóllese información, pero non é pertinen-te ou está mal estruturada e empregada. Non se citan as fontes.

Recóllese información pertinente de dife-rentes fontes, pero en moitos casos non se citan.

A información recollida de diferentes fontes está ben seleccionada e citada no documen-to final.

CCL

PS-B3.32º-PSB3.3.5 - Exemplifica, a través de medios audiovisuais, algunhas distorsións ou alte-racións da memoria, como a amnesia, a hipermnesia, a paramnesia e os falsos recordos, desenvolvendo a súa capacidade emprendedora.

Non é quen de recoller os exemplos das alte-racións da memoria dos documentos.

Toma exemplos dos documentos para ex-plicar as diferentes alteracións da memoria, aínda que son incompletos e non fai comen-tarios persoais explicativos sobre elas.

Toma exemplos dos documentos para ex-plicar as diferentes alteracións da memoria e recoller comentarios doutros explicativos sobre elas.

Toma exemplos dos documentos para expli-car as diferentes alteracións da memoria e fai comentarios persoais explicativos sobre elas.

CD

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 27: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 28: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

31

UNIDADE 4

TAREFA 4: SERES PENSANTES

TEMPORALIZACIÓN: 4 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 81

Lectura de Abriendo la caja de Skinner. Grandes experimentos psicológicos del siglo veinte, traducido ao cas-telán como Cuerdos entre locos, editorial Alba. A partir da lectura, elaborar unha reflexión crítica sobre a valoración moral que pode atribuírse aos experimentos condutistas aplicados aos seres humanos.

Véxase: http://blog.isdfundacion.org/2012/11/12/experimentos-psicosociales-n%C2%BA6-el-pequeno-al-bert-jhon-broadus-watson-1920/#more-3500

Exercicio 2. páx. 84

Investiga sobre as técnicas de condicionamento que se usan na publicidade e elabora unha presentación con exemplos concretos de aplicación deses métodos. Podes buscar información na Rede e ver un exemplo en https://auladefilosofia.net/2010/12/10/ambiguedad-y-condicionamiento-clasico/

Exercicio 3. páx. 96

Confecciona un cadro comparativo das teorías da aprendizaxe: condicionamento clásico (Pavlov e Watson); aprendizaxe por ensaio-erro (Thorndike); condicionamento instrumental (Skinner); teoría cognitiva (Piaget); Gestalt (Khöler); aprendizaxe social ou vicaria (Bandura) etc. Para realizalo, cómpre ter en conta o proceso de aprendizaxe, o obxectivo que se quere conseguir, o papel do suxeito na aprendizaxe e os medios utilizados.

Exercicio 4. páx. 103

Elabora un mapa conceptual ou esquema que inclúa as principais teorías da intelixencia, indicando as ache-gas de cada unha: Piaget, teoría factorial, multifactorial, teoría de Cattell, Vernon, Sternberg, Gardner etc.

Exercicio 5. páx. 108

Valora a importancia das teorías de Gardner e Goleman, realizando un esquema das competencias da in-telixencia emocional e a súa importancia no éxito persoal e profesional. Busca situacións e personaxes que ilustren esas competencias.

Page 29: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

32

ACTIVIDADE 2. CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 112

Traballo sobre a película O milagre de Anne Sullivan que nos presenta un caso exemplar sobre o que poder traballar o desenvolvemento da intelixencia, a súa conexión coa linguaxe e a aprendizaxe como interacción social e comunicativa. O alumnado deberá identificar a orixe das dificultades comunicativas de Hellen e os obstáculos familiares, sociais e psicolóxicos que se opoñen á súa aprendizaxe e desenvolvemento.

Recursos

– http://cineyeducacion.bligoo.es/content/view/800357/El-milagro-de-Ana-Sullivan-analisis-didactico.html#.VyJAUPmLSUk

– http://edukazine.blogspot.com.es/2008/01/el-milagro-de-ana-sullivan-en-10.html

– http://cesar-ramon.blogspot.com.es/2007/01/el-milagro-de-ana-sullivan-miracle.html

– La fuente de la educación. Análisis de El Milagro de Anne Sullivan, en http://myslide.es/documents/la-fuente-de-la-educacion-analisis-de-el-milagro-de-anna-sullivan.html

FICHA DE TRABALLO

1. Cal é o problema que aparece no contexto familiar e que require a intervención dun «educador» externo?

2. Cales pensas que son as posibles causas que fan que este problema persista. Pensa tanto en causas per-soais (de Helen) coma do contorno familiar.

a. Helen Keller. Calidades persoais, comportamento, obstáculos físicos e psicolóxicos.

b. Pai. Pautas educativas que establece (identifica os reforzos negativos e positivos). Actitude cara á dis-capacidade da súa filla. Como se sente respecto da súa filla?

c. Nai. Pautas educativas. Actitude cara á súa filla e expectativas respecto do seu desenvolvemento per-soal.

d. Profesora. Cales son as bases da súa proposta respecto de Hellen? Cal é a chave do éxito do seu plan de traballo? Describe que estratexias motivacionais usa e valóraas. Describe o momento da película en que consideras que se produce o vínculo entre Anne e Helen que permite a aprendizaxe e cal é a causa.

3. Identifica as diferentes teorías da aprendizaxe en distintos momentos da película e pon exemplos: condu-tismo, aprendizaxe social e familiar…

4. Investiga que é o coeficiente intelectual (CI) e a escala de Stanford-Binet, que clasifica estes valores desde a deficiencia profunda ata a sobredotación, apreciando a obxectividade real dos seus resultados e examinando criticamente algunhas técnicas de medición da intelixencia. Intenta explicar como poderían aplicarse á situación de Hellen na película.

5. Aplica a definición de «pensamento» e explica como poderían aplicarse os distintos factores do pensa-mento (validez do razoamento, creatividade ou toma de decisión) á situación de Hellen Keller.

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 30: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

33

UNIDADE 4

Outras películas para analizar

– El pequeño Tate, Jodie Foster (1991).

Exercicio 2. páx. 112

Traballo sobre o conxunto de relatos recompilados en Yo, robot de Isaac Asimov. O obxectivo será ofrecer unha visión da intelixencia artificial (IA), determinando se este tipo de intelixencia sería comparable coa intelixencia humana, sinalando as súas diferenzas e as súas similitudes.

Recursos

– http://www.monografias.com/trabajos30/inteligencia-asimov/inteligencia-asimov.shtml

– http://www.letrafria.com/index.php/component/k2/item/4760-desde-la-ciencia-yo-robot.html

FICHA DE TRABALLO

1. Análise dos capítulos e das problemáticas propostas polo autor: que competencias intelectuais teñen os robots en cada un dos contos de Asimov? Que problemas propón cada unha desas competencias na súa relación cos seres humanos? Que situacións humanas poden ser asimilables, pon exemplos.

2. Aplica o que levas aprendido sobre a intelixencia á psicoloxía dos robots de Asimov no relativo á validez tanto do razoamento como da creatividade na resolución de problemas e na toma de decisións.

3. Cal sería a diferenza entre os valores dunha intelixencia artificial e os dun ser humano? Explica a cita extraída do libro:

«(...) se se detén vostede a estudalas, verá que as tres Leis da Robótica non son máis ca os principios esenciais dunha gran cantidade de sistemas éticos do mundo. Todo ser humano se supón dotado dun instinto de conservación. É a Terceira Lei da Robótica. Todo ser humano bo, con conciencia social e sentido da responsa-bilidade, deberá someterse á autoridade constituída, obedecer o seu doutor, o seu Goberno, o seu psiquiatra, o seu compañeiro; aínda que sexan un obstáculo para a súa comodidade e seguridade. É a Segunda Lei da Robótica. Todo ser humano bo debe, ademais, amar o seu próximo coma a si mesmo, arriscar a súa vida para salvar os demais. Esta é a Primeira Lei da Robótica.» (palabras do personaxe da doutora Susan Calvin)

4. Pensas que a imaxe que transmiten os relatos dan unha visión negativa ou positiva da intelixencia artifi-cial? Podería chegarse a conclusións contrarias? Expresa a túa opinión sobre os perigos para o ser humano que pode representar a IA pola súa capacidade.

ACTIVIDADE 3. REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

Page 31: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

34

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 32: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 33: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

36 37

UNIDADE 4

TAREFA 4. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable) D COMPETENCIAS CLAVE

PS-B4.1

2º-PSB4.1.1 - Utiliza a súa iniciativa persoal para confeccionar, utilizando medios in-formáticos, un cadro comparativo das teorías da aprendizaxe: condicionamento clásico (Pavlov e Watson); aprendizaxe por ensaio-erro (Thorndike); condicionamento instru-mental (Skinner); teoría cognitiva (Piaget); Gestalt (Khöler); aprendizaxe social ou vicaria (Bandura) etc.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos pero non son creativos.

Presenta un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos creativos.

CSIEE

PS-B4.12º-PSB4.1.2 - Analiza e aprecia os resultados da aplicación das técnicas de condicio-namento na publicidade, mediante a localización destas últimas en exemplos de casos concretos, utilizados nos medios de comunicación audiovisual.

Non é quen de definir as técnicas de condi-cionamento nin as recoñece nas súas apli-cacións.

Só é quen de definir a teoría do condicio-namento, pero non a recoñece nas súas aplicacións.

Recoñece algunhas técnicas de condiciona-mento, pero falla na aplicación a contextos concretos.

O alumno/a recoñece as principais técnicas de condicionamento e aplícaas en contextos concretos.

CCECCD

PS-B4.12º-PSB4.1.3 - Describe e valora a importancia dos factores que inflúen na aprendizaxe, como por exemplo os coñecementos previos adquiridos, as capacidades, a personalida-de, os estilos cognitivos, a motivación, as actitudes e os valores.

Non recoñece a maior parte dos factores que inflúen na aprendizaxe nin é quen de definilos e valoralos.

Coñece os factores que inflúen na aprendi-zaxe dun xeito teórico e a reflexión que fai non é persoal.

Coñece os factores que inflúen na aprendi-zaxe, pero non os recoñece facilmente nin pode dar unha opinión persoal aplicada a un contexto.

Recoñece nun contexto os factores que in-flúen na aprendizaxe, é quen de describilos e reflexiona sobre o seu alcance dun xeito persoal.

CCL

PS-B4.2

2º-PSB4.2.1 - Elabora mapas conceptuais dalgunhas das actuais teorías sobre a inte-lixencia, valorando as achegas que no seu estudo tivo cada unha delas, como por exem-plo a teoría factorial de Spearman, a multifactorial de Thurstone e as de Cattell, Vernon, Sternberg, Gardner etc.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos pero non son creativos.

Presenta un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos creativos.

CAA

PS-B4.22º-PSB4.2.2 - Utiliza a súa iniciativa persoal para elaborar un esquema explicativo sobre as fases do desenvolvemento da intelixencia segundo J. Piaget, valorando a importancia das influencias xenéticas e do medio neste proceso.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos pero non son creativos.

Presenta un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos creativos.

CSIEE

PS-B4.2

2º-PSB4.2.3 - Investiga, en páxinas de Internet, o que é o CI e a escala de Stanford-Binet, que clasifica estes valores desde a deficiencia profunda ata a superdotación, apreciando a obxectividade real dos seus resultados e examinando criticamente algunhas técnicas de medición da intelixencia.

Non coñece a definición de CI nin as súas escalas e aplicacións.

Sabe o que é o CI, pero non reflexiona criti-camente sobre o seu uso nin aplica o con-cepto a ningún contexto.

Sabe o que é o CI e reflexiona criticamente sobre o seu uso, pero non é quen de aplicalo a un contexto.

Sabe o que é o CI e reflexiona criticamente sobre o seu uso aplicándoo a un contexto.

CD

PS-B4.22º-PSB4.2.4 - Analiza que é o pensamento, apreciando a validez tanto do razoamento como da creatividade na resolución de problemas e na toma de decisións.

A definición de pensamento que usa é erró-nea e está mal aplicada.

Coñece os factores do pensamento, pero non os define con rigor nin é quen de apli-calos.

Coñece os factores do pensamento e re-flexiona a nivel teórico sobre eles, pero non é quen de aplicalos á valoración dun contexto.

É quen de aplicar a definición de pensamen-to e os seus factores a unha reflexión crítica sobre un contexto determinado.

CCEC

PS-B4.32º-PSB4.3.1 - Valora a importancia das teorías de Gardner e Goleman, realizando un esquema das competencias da intelixencia emocional e a súa importancia no éxito per-soal e profesional.

Explica deficientemente as teorías da inte-lixencia emocional.

Coñece as teorías da intelixencia emocional, pero non é quen de valoralas nin sequera de forma teórica.

Coñece as teorías da intelixencia emocional e valóraas teoricamente, pero non emite un xuízo persoal ao respecto.

É capaz de facer unha valoración crítica persoal sobre as teorías da intelixencia emo-cional.

CAA

PS-B4.42º-PSB4.4.1 - Avalía, en traballo grupal, as vertentes positivas e negativas das apli-cacións da intelixencia artificial, así como os perigos que pode representar pola súa capacidade para o control do ser humano, invadindo a súa intimidade e a súa liberdade.

Non é quen de recoñecer as diferenzas entre IA e intelixencia humana nin facer unha re-flexión crítica sobre eses conceptos.

Non aplica os diferentes factores da inte-lixencia á análise da intelixencia artificial en comparación coa humana. Usa só defi-nicións xerais.

Traballa cos conceptos de intelixencia arti-ficial e humana, pero non é quen de valorar ou reflexionar criticamente sobre eles.

É quen de facer unha reflexión persoal sobre as diferenzas e similitudes entre IA e inte-lixencia humana, afondando nos problemas éticos que pode presentar.

CMCTCSIEE

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 34: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 35: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

39

UNIDADE 5

TAREFA 5: SER UN MESMO

TEMPORALIZACIÓN: 4 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 121

Cubre ou realiza un cadro de dobre entrada que reflicta as diferenzas entre as distintas teorías da motivación (homeostática; das necesidades; do incentivo; cognitivas; psicanalíticas; humanistas). Para rematar, dá a túa opinión sobre as vantaxes e desvantaxes das diferentes perspectivas.

HomeostáticaDas

necesidadesDo incentivo Cognitivas Psicanalíticas Humanistas

Autoría

Explicación

Teoría do ser humano implicada

Método de eliminación da

frustración

Exemplo

Solución proposta

Exercicio 2. páx. 123

Realiza unha presentación na cal se expliquen as diferentes teorías desde as que pode abordarse o problema da frustración e a súa eliminación. Fai unha valoración e pon exemplos de aplicación a través da proposta de casos, por exemplo, no ámbito educativo.

Exercicio 3. páx. 131

Elixe unha das teorías da personalidade propostas e fai, a través dela, un exercicio de introspección sobre as túas propias características persoais, distinguindo entre carácter e temperamento, recollendo as característi-cas máis importantes dos compoñentes emotivos e do patrón de conduta na satisfacción de necesidade que reflicte a túa actividade diaria. Despois elabora unha historia de vida e analiza como se foi formando a túa personalidade en base ás experiencias vividas até o momento. Por último, tenta pasar un test non proxectivo (por exemplo, o indicado no tema). Cos datos, elabora un pequeno ensaio no que expoñas conclusións acerca das vantaxes deste tipo de reflexión persoal.

Page 36: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

40

Exercicio 4. páx. 143

Realiza un cadro esquemático que recolla as diferentes perspectivas de abordaxe das psicopatoloxías e os principais tipos de trastornos.

Exercicio 5. páx. 143

Investiga sobre os estados alterados de conciencia provocados polas drogas, valorando criticamente a súa influencia nas alteracións da personalidade, e presenta as túas conclusións de maneira argumentada. Inclúe unha parte práctica no teu traballo introducindo as historias de vida ou entrevistas a un número limitado de usuarios habituais de substancias que permitan poñer exemplos e contrastar a información teórica recollida.

Máis información en https://franciscomartintorres.wordpress.com/2015/11/19/estados-de-conciencia-2/

ACTIVIDADE 2. CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 144

Na película Inside Out podemos coñecer, da man de Riley, a protagonista, como procesa a nosa mente os recordos, as emocións e a percepción da realidade, como construímos a nosa personalidade a través deses procesos e tamén como se producen as alteracións psicolóxicas que poden dificultar a nosa maduración psicolóxica.

Recursos

– http://befullness.com/analisis-de-inside-out-del-reves-visto-por-una-psicologa/

– http://eduardopaz.com/neurocine-en-la-pelicula-inside-out-o-del-reves-pixar-keltner-y-bitbrain- technologies/

– http://losqueno.com/la-pelicula-de-las-emociones-del-reves-explicada-por-un-neurologo-y-una- psicologa/#.VyRujfmLSUm

– http://maribelium.blogspot.com.es/2015/07/luces-y-sombras-de-la-pelicula-inside.html

– http://www.eduardpunset.es/420/charlas-con/por-que-nos-emocionamos

FICHA DE TRABALLO

1. Describe a través dun gráfico as principais emocións e a interrelación entre as emocións que se produce na película. Atribúe a cada unha a etiqueta de innata ou adquirida, segundo corresponda.

2. Segundo o que levas aprendido sobre as emocións básicas, cales faltan na mente de Riley e que función terían? Como se relacionan coas emocións secundarias?

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 37: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

41

UNIDADE 5

3. Realiza un cadro comparativo das teorías sobre a emoción, por exemplo, como experiencia, como com-portamento ou como suceso fisiolóxico; despois fai unha valoración crítica da película tentando relacio-nala cunha destas teorías.

4. A interacción das emocións na mente da protagonista é unha interacción mecánica ou creativa? Quen a dirixe? Define que modelo de mente se propón a partir da resposta a estas cuestións e establece os parale-lismos oportunos coa teoría computacional da intelixencia que vimos no tema anterior. Explica os tipos de afectos (sentimento, emoción e paixón), especificando os seus determinantes hereditarios e aprendidos, e analizando a relación entre emoción e cognición.

5. Que relacións mantén a experiencia coas emocións e como se forma a personalidade, segundo a historia? Que relacións se describen entre emocións e memoria? Que pautas emocionais se establecen como apro-piadas?

6. Investiga, a través de Internet, algúns trastornos emocionais (indiferenza emocional, dependencia afec-tiva, trastorno maníaco-depresivo, descontrol emotivo etc.) e problemas emocionais (medo, fobias, an-siedade, estrés, depresión etc.). Busca exemplos deles na película e despois extrae conclusións acerca da presentación que fai o filme dos trastornos emocionais.

7. Que importancia se dá na película á linguaxe verbal e non verbal como medios de comunicación emocio-nal na nosa vida cotiá; pon exemplos de como esa interacción inflúe na transformación das emocións.

8. Na película podemos identificar de que modo inflúen diferentes factores como a afectividade e a sexuali-dade. Extrae os momentos en que estes factores se expresan no filme e explica como se usan na historia e como se relacionan coa maduración da persoa e a formación da súa personalidade.

Exercicio 2. páx. 144

Lectura da novela Un feliz novo mundo de Aldoux Huxley.

Recursos

– http://filosofiahoy.es/index.php/mod.pags/mem.detalle/idpag.5625/cat.4073/chk.dc81bfe986e16d5 e7f45178e79f88ba8.html

– https://www.academia.edu/10691045/An%C3%A1lisis_de_la_novela_Un_mundo_feliz_

FICHA DE TRABALLO

1. Pon exemplos da utilización das técnicas de condicionamento clásico na novela. En que sectores se usan na sociedade actual esas técnicas?

2. Que emocións se querían modificar mediante as técnicas de condicionamento na novela? Que tipo de individuos se producen e con que tipo de trastornos emocionais?

3. A desaparición da familia no Mundo Feliz, como inflúe no comportamento emocional das persoas? Rela-ciona este feito coas teorías psicanáliticas verbo da importancia da familia e os afectos na construción da personalidade. Compara a personalidade dun habitante de «Mundo Feliz» coa dun habitante de «Malpaís».

Page 38: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

42

4. Cita un fragmento da novela en que poida observarse o funcionamento do complexo de Edipo. Describe os aspectos fundamentais do comportamento sexual en ambos os países e como inflúen nos seus habi-tantes.

5. Cal é a función das drogas na sociedade de Un feliz novo mundo? En que se diferencia do uso que facemos delas na sociedade actual? Como inflúen as drogas nas emocións?

6. A arte é algo que se pretende erradicar da sociedade en Un feliz novo mundo. Por que?

7. Por que pensas que o protagonista se suicida ao final da novela?

ACTIVIDADE 3. REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 39: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 40: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

44 45

UNIDADE 5TAREFA 5. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable) D COMPETENCIAS CLAVE

PS-B5.12º-PSB5.1.1 - Utiliza e selecciona información acerca das teorías da motivación (ho-meostática; das necesidades; do incentivo; cognitivas; psicanalítcas; humanistas), utili-zando mapas conceptuais e elabora conclusións.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos pero non son creativos.

Preséntase un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos creativos.

CAA

PS-B5.1

2º-PSB5.1.2 - Recorre á súa iniciativa para realizar unha presentación, con medios in-formáticos, acerca das causas da frustración, partindo da clasificación dos conflitos de Lewin e valorando as respostas alternativas a esta, como a agresión, o logro indirecto, a evasión, a depresión ou a súa aceptación (tolerancia á frustración).

Non é quen de definir as técnicas nin as re-coñece nas súas aplicacións.

Só é quen de definir a teoría, pero non a re-coñece nas súas aplicacións.

Recoñece algunhas técnicas e teorías, pero falla na aplicación a contextos concretos.

O alumno/a recoñece as principais técnicas e teorías e aplícaas en contextos concretos.

CSIEE

PS-B5.12º-PSB5.1.3 - Argumenta, en colaboración grupal, sobre a importancia da motivación no ámbito laboral e educativo, analizando a relación entre motivación e consecución de logros.

Non é quen de definir as técnicas nin as re-coñece nas súas aplicacións.

Só é quen de definir a teoría, pero non a re-coñece nas súas aplicacións.

Recoñece algunhas técnicas e teorías, pero falla na aplicación a contextos concretos.

O alumno/a recoñece as principais técnicas e teorías e aplícaas en contextos concretos.

CSIEE

PS-B5.2

2º-PSB5.2.1 - Describe, establecendo semellanzas e diferenzas, as teorías da personali-dade, como as provenientes da psicanálise, o humanismo, as tipoloxías, o cognitivismo e o condutismo, valorando as achegas que cada unha delas realizou ao coñecemento da natureza humana.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos pero non son creativos.

Preséntase un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos creativos.

CAA

PS-B5.2

2º-PSB5.2.2 - Recorre á súa iniciativa persoal para realizar unha presentación, a tra-vés de medios audiovisuais, sobre as fases do desenvolvemento da personalidade, por exemplo segundo a teoría psicanalista, e elabora conclusións sobre os cambios que se producen en cada unha delas.

O percorrido polas partes constitutivas da personalidade está incompleto, mal estrutu-rado e sen aplicación concreta.

O percorrido polas partes constitutivas da personalidade está completo, pero a súa estrutura non está elaborada nin se aplica á realidade.

O percorrido polas partes constitutivas da personalidade está completo e ben estru-turado, pero non está aplicado á realidade.

O percorrido polas partes constitutivas da personalidade está completo, ben estrutu-rado e é creativo.

CSIEE

PS-B5.2

2º-PSB5.2.3 - Analiza, valorando criticamente, as limitacións dalgúns métodos e es-tratexias para a avaliación da personalidade, como son as probas proxectivas (test de Rorschach, TAT, test da frustración de Rosenzweig etc.), as probas non proxectivas (16 FP, NEO-PI-R e MMPI) e as técnicas fisiolóxicas (tomografías etc.).

A avaliación é parcial e nada estruturada, non se fai aplicación práctica.

Faise unha avaliación teórica e superficial, pero sen unha aplicación práctica.

Faise unha avaliación teórica e superficial, pero non se realiza unha aplicación práctica.

Faise unha avaliación exahustiva de cada método e realízase unha aplicación práctica.

CMCT

PS-B5.22º-PSB5.2.4 - Diserta sobre a complexa relación entre a función da conciencia e os procesos inconscientes, analizando algúns fenómenos inconscientes, como os soños ou a hipnose.

Non hai definición precisa de conciencia e non se aplica a ningún contexto nin exem-plo.

Coñece e establece unha definición de con-ciencia, pero sen relación con teorías psico-lóxicas a algún contexto concreto.

Coñece e establece unha definición de con-ciencia respecto unha formulación teórica e aplícaa a diferentes contextos.

Coñece e establece unha definición de con-ciencia en función de diferentes teorías e aplícaa a diferente contextos.

CCL

PS-B5.22º-PSB5.2.5 - Investiga, en traballo grupal, sobre os estados alterados de conciencia provocados polas drogas, valorando criticamente a súa influencia nas alteracións da personalidade, e presenta as súas conclusións de maneira argumentada.

Non hai investigación propiamente dita, só recompilación de datos sobre a temática.

A investigación é teórica, sen metodoloxía científica e sen parte práctica.

A investigación é exahustiva, con metodo-loxía científica e parte práctica. Non presen-ta memoria.

A investigación é exahustiva, con metodo-loxía científica e parte práctica. Presenta memoria.

CSC

PS-B5.22º-PSB5.2.6 - Indaga sobre a relación entre identidade e autoestima, valorando criti-camente a importancia do concepto de si mesmo/a e as repercusións que iso ten no desenvolvemento persoal e vital.

As definicións non están ben construídas e as relacións factorais tampouco. A valora-ción non está presente ou é errónea.

As definicións están ben construídas, pero a relación con outros factores non é correcta ou non está explícita. A valoración é persoal pero non teórica.

As definicións están ben construídas e as relacións factorais tamén. A valoración é teórica e non persoal.

As definicións están ben construídas e as relacións factorais tamén. A valoración é persoal e crítica.

CSIEE

PS-B5.32º-PSB5.3.1 - Describe perspectivas e modelos de estudo da psicopatoloxía, e reflexiona sobre os métodos utilizados por cada unha delas.

O esquema está mal construído, incompleto e non se poñen exemplos ou os que están non son pertinentes.

Están as teorías no esquema, pero a orde é deficiente. Non se relacionan coas súas defi-nicións nin se poñen exemplos.

O esquema está completo, pero a estrutura é confusa e pouco visible. Dá exemplos.

Preséntase un esquema completo, persoal e ben estruturado loxicamente, con exemplos prácticos.

CMCT

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 41: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,
Page 42: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

47

UNIDADE 6

TAREFA 6: DIME CON QUEN ANDAS…

TEMPORALIZACIÓN: 4 SEMANAS

ACTIVIDADE 1. DIARIO DUN NAVEGANTE

Exercicio 1. páx. 151

Fai unha análise sobre as diferenzas culturais entre individuos de dúas culturas (por exemplo, a cultura xapo-nesa e a española), exemplificándoas coa súa literatura, cultura empresarial, relacións persoais e sistema de valores... Estrutura o traballo nun cadro recorrendo a imaxes.

Exercicio 2. páx. 155

Describe o proceso de socialización dun individuo na nosa cultura a través de exemplos extraídos da vida persoal ou familiar directa. Usa esa descrición para realizar un vídeo ou unha presentación dixital do proceso.

Exercicio 3. páx. 159

Realiza un cadro comparativo dos estereotipos de xénero vixentes na nosa cultura e relaciona estes coas diferentes actitudes que deben adoptar homes e mulleres nela. Busca exemplos gráficos e reais e elabora unha presentación.

Exercicio 4. páx. 163

Realiza unha presentación xeral das teorías psicolóxicas de Le Bon e Erikson acerca do comportamento das masas. Introduce citas que apoien a túa presentación.

ACTIVIDADE 2. CRUZANDO O ABISMO

Exercicio 1. páx. 176

A película La ola transmite a mensaxe do doado que é manipular un grupo de persoas que se converten nunha masa. Como defendía Gustave Le Bon no seu libro Psicoloxía das masas, o individuo, dentro dunha masa, crea un vínculo con esta que o transforma nun sentimento e nun acto contaxioso. Nunha masa os inividuos que a compoñen teñen un motivo común e sométense á lei da unidade: http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/temaslaola.htm

Page 43: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

48

FICHA DE TRABALLO

1. Cal é o obxectivo do grupo que se conforma a partir da aula de «Autocracia». Que diferencia a este grupo de estudantes dos outros grupos do centro de estudos.

2. Busca exemplos, na película, de personaxes que reflictan as características do individuo inmerso na masa: impulsividade, intolerancia, inconsciencia, falta de perseveranza, volubilidade e falta de capacidade críti-ca, entre outras.

3. Pon exemplos na película que reflictan o estudo psicolóxico das masas realizado por Gustav Le Bon en relación ás seguintes cuestións: o poder de persuasión, o contaxio de sentimentos e emocións, a perda da personalidade individual da persoa.

4. Cales son os mecanismos que conseguen conformar inicialmente a masa? En que medida eses meca-nismos iniciais deixan de ser necesarios no momento en que a masa está xa constituída? Pon exemplos tirados da película.

5. Por que algúns alumnos foxen do proxecto? Que factores inflúen? Elabora a partir desa descrición con-clusións sobre as pautas de conduta preventiva necesarias para que non se formen as masas.

6. Explica a escena final da película tendo en conta as causas psicolóxicas das condutas violentas, tal como as describe Erikson.

Outras películas para analizar

– Hoolligans, Lexi Alexander (2005).

Exercicio 2. páx. 176

Na obra teatral El método, levada ao cine por Marcelo Pyñeiro (2005), sete aspirantes a un posto de executivo preséntanse a unha proba de selección de persoal dunha empresa multinacional. As súas personalidades son moi diferentes: o triunfador, o agresivo, a insegura, o crítico, o indeciso…

Recursos

– http://www.guillermoalegre.es/analisis-de-la-pelicula-el-metodo-gronholm/

– http://www.gestiopolis.com/metodo-gronholm-aplicado-a-los-recursos-humanos/

– http://buscarempleo.republica.com/general/dinamicas-de-grupo-en-la-entrevista-de-trabajo.html

FICHA DE TRABALLO

1. Investiga sobre o método Gronholm para entrevistas de traballo e explica que quere detectarse con el e cales son os seus obxectivos. Como se consegue na trama da obra? Pensas que é un método efectivo para contratar o mellor persoal?

2. Asume o rol dun personaxe e explica que mudarías na súa actuación para conseguir que o contratasen.

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 44: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

49

UNIDADE 6

3. Pon exemplos de calidades laborais que presente cada personaxe: adaptación, innovación, colaboración, xestión de coñecementos, creatividade, autoestima...

4. Tendo en conta factores fundamentais para a empresa –como a proposición de retos, a motivación, o fomento da participación, a autonomía ou a xeración de ambientes creativos–, que personaxes da obra contratarías para a túa empresa? Xustifica a resposta.

5. En que medida se podería dicir que este método de selección é pouco ético e en que medida supón un risco de partida para a saúde laboral? Que outros métodos de selección de persoal serían mellores.

ACTIVIDADE 3. REFLEXIÓN METACOGNITIVA

Exercicio 1

Elabora un artigo para publicar no teu diario de clase que atenda ás seguintes partes:

a) Elaborar un resumo do aprendido no tema que inclúa os principais resultados dos exercicios realizados.

b) Escribir unha valoración do aprendido despois das actividades. Que aprendín? Como o aprendín? Para que me serviu? Onde o poderei aplicar?

c) Confeccionar a bibliografía usada para realizar o artigo final:

• Selección de lecturas e pequeno comentario delas.

• Selección de webs comentadas (enderezo web e pequena sinopse).

• Selección de vídeos e presentacións recompilados na web (ligazóns).

Page 45: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,

50 51

UNIDADE 6TAREFA 6. RÚBRICA

CRITERIO DE AVALIACIÓN ESTÁNDARES A B C

(mínimo agardable) D COMPETENCIAS CLAVE

PS-B6.12º-PSB6.1.1 - Analiza e valora as diferenzas culturais e o seu impacto no comportamen-to das persoas ao exercer a súa influencia nos esquemas cognitivos, a personalidade e a vida afectiva do ser humano.

Non selecciona os ítems correctos e a elabo-ración da comparación é deficiente e escasa ou nula.

Selecciona os ítems correctos e a compara-ción é correcta, pero sen introducir exem-plos e elementos elaborados.

Selecciona os ítems correctos e a análise é suficiente, con exemplos pertinentes e ele-mentos de todos os campos da actividade humana.

Os ítems son correctos e a análise é comple-ta e creativa, con exemplos orixinais froito da investigación persoal.

CSC

PS-B6.12º-PSB6.1.2 - Realiza unha presentación, colaborando en grupo e utilizando medios informáticos, sobre o proceso de socialización humana e a influencia dos grupos, os papeis e os status sociais no desenvolvemento da persoa.

Non se tratan todos os elementos esenciais, a presentación non ten un esquema e os exemplos están mal integrados ou son cla-ramente irrelevantes para o contido.

A presentación é correcta, están tratados os aspectos fundamentais dos procesos de socialización, pero os exemplos non son re-levantes ou non están ben elaborados.

A presentación é correcta, traballa todos os apartados do proceso de socialización, pero os exemplos son estereotipados e pouco orixinais.

Recóllense todos os procesos de socializa-ción e exemplifícanse de xeito creativo e orixinal. A presentación é de calidade e in-novadora.

CD

PS-B6.12º-PSB6.1.3 - Investiga acerca da orixe social das actitudes persoais, valorando a súa uti-lidade para a predición da conduta humana e a súa influencia en condutas de violencia escolar, laboral, doméstica e de xénero, entre outras.

O traballo non toca máis ca aspectos tanxenciais e está baseado en exemplos pouco relevantes. A presentación está mal elaborada ou non ten estrutura.

O traballo é froito dun refundido de diver-sos documentos ao respecto, sen exemplos nin elaboración persoal, mais toca todos os aspectos.

A presentación final do traballo é un resu-mo estandarizado da problemática, pero os exemplos son persoais.

A comparativa de valores e actitudes re-lacionadas co xénero é creativa e persoal, axúntase material propio na produción final do exercicio.

CSC

PS-B6.22º-PSB6.2.1 - Procura e selecciona información en Internet acerca das características da conduta do individuo inmerso na masa, tales como impulsividade, intolerancia, incons-ciencia, falta de perseveranza, volubilidade e falta de capacidade crítica, entre outras.

Aplica algún exemplo pero de forma inco-rrecta e non ten unha estrutura ordenada nin está completo.

Aplica os conceptos ao exemplo, pero non é quen de explicalos correctamente nin es-truturalos.

Está ben reflectido o traballo teórico de Le Bon, pero non atina cos exemplos e a expli-cación é moi pouco persoal.

É quen de extraer as características do in-dividuo masa a través dunha investigación, que reconstrúe de xeito creativo e con exemplos.

CD

PS-B6.2

2º-PSB6.2.2 - Utiliza e selecciona información acerca do estudo psicolóxico das masas, realizado por Gustav Le Bon, e elabora conclusións verbo do poder da persuasión, o con-taxio de sentimentos e emocións que se produce nas masas e os seus efectos na perda temporal da personalidade individual e consciente da persoa.

Descoñece a teoría e a explicación do exem-plo está descontextualizada e mal expresa-da.

Coñece a teoría deficientemente e non é quen de relacionala co exemplo, que explica de forma incorrecta.

Coñece a teoría, pero non é quen de ver a relación co exemplo. Explica o exemplo ou a teoría desconectados entre si.

É quen de extraer a teoría mediante indu-ción a partir do exemplo e explicalo de for-ma creativa e orixinal.

CSC

PS-B6.2

2º-PSB6.2.3 - Indaga na psicoloxía de Erikson e destaca algunhas das causas psico-lóxicas explicativas que sinala acerca dos actos terroristas ou do pensamento radical e irracional que se pon de manifesto en seguidores/as de equipos deportivos, artistas, grupos políticos, relixiosos etc.

Non coñece a teoría nin é quen de explicala no exemplo. A explicación está descontex-tualizada e é errónea.

Coñece mal a teoría e non é quen de aplicala ao exemplo, que non explica ou explica de forma errónea.

Coñece a teoría, pero non é quen de aplicala ao exemplo ou faino de forma deficiente.

É quen de explicar de xeito persoal un exem-plo da conduta violenta aplicando a teoría de forma exacta e coherente.

CSC

PS-B6.22º-PSB6.2.4 - Elabora conclusións, en colaboración grupal, e formula pautas de conduta preventivas co fin de evitar que as persoas se convertan en parte da masa, perdendo o control da súa conduta, dos seus pensamentos e dos seus sentimentos.

Descoñece a teoría e a explicación do exem-plo está descontextualizada e mal expresa-da.

Coñece a teoría deficientemente e non é quen de relacionala co exemplo, que explica de forma incorrecta.

Coñece a teoría, pero non é quen de ver a relación co exemplo. Explica o exemplo ou a teoría desconectados entre si.

É quen de extraer a teoría mediante indu-ción a partir do exemplo e explicalo de for-ma creativa e orixinal.

CSC

PS-B6.3

2º-PSB6.3.1 - Comenta e aprecia a importancia da aplicación da psicoloxía no mundo laboral, en temas tales como os aspectos psicolóxicos que inflúen na produtividade e no desenvolvemento empresarial, a importancia dos métodos e das técnicas psicolóxicos para a selección de persoal segundo os perfís laborais e a resolución de conflitos etc.

Descoñece a teoría e a explicación do exem-plo está descontextualizada e mal expresa-da.

Coñece mal a teoría e non é quen de aplicala ao exemplo, que non explica ou explica de forma errónea.

Coñece a teoría, pero non é quen de aplicala ao exemplo ou faino de forma deficiente.

É quen de facer unha valoración crítica per-soal do exemplo aplicando a teoría e tirando conclusións a partir da análise.

CSIEE

PS-B6.32º-PSB6.3.2 - Procura e selecciona información sobre recursos humanos: selección de persoal e desenvolvemento de programas profesionais favorecedores da integración do persoal traballador na empresa, e a súa evolución persoal e profesional.

O traballo realizado está mal estruturado, carece de rigor e non é quen de aplicalo ao exemplo.

Produce un traballo estereotipado e repetiti-vo da información acadada sen tirar propos-tas alternativas propias.

Produce un traballo estereotipado e repetiti-vo da información acadada e tira propostas alternativas típicas.

Fai unha investigación persoal e unha re-elaboración creativa achegando propostas alternativas ao exemplo.

CSIEE

PS-B6.3

2º-PSB6.3.3 - Describe a importancia dos factores psicolóxicos que inflúen no desen-volvemento laboral, como a adaptación, a innovación, o traballo colaborador, a xestión de coñecementos, a creatividade e a autoestima, identificando factores fundamentais, como a proposición de retos, a motivación, o fomento da participación, a autonomía e a xeración de ambientes creativos, mediante exemplos de casos concretos e reflexionando criticamente sobre a súa aplicación en diversos ámbitos de traballo.

O traballo realizado está mal estruturado, carece de rigor e non é quen de aplicalo ao exemplo.

Produce un traballo estereotipado e repetiti-vo da información acadada sen tirar propos-tas alternativas propias.

Produce un traballo estereotipado e repetiti-vo da información acadada e tira propostas alternativas típicas.

Fai unha investigación persoal e unha re-elaboración creativa achegando propostas alternativas ao exemplo.

CCL

PS-B6.32º-PSB6.3.4 - Investiga, en páxinas de Internet, acerca dos principais riscos para a saúde laboral, como son o estrés, a ansiedade, o mobbing e a síndrome de Burnout.

O traballo realizado está mal estruturado, carece de rigor e non é quen de aplicalo ao exemplo.

Produce un traballo estereotipado e repe-titivo da información acadada sen análise crítica.

Produce un traballo estereotipado e repetiti-vo da información acadada e non é capaz de facer unha interpretación crítica do exem-plo, mais fai unha valoración persoal.

Fai unha investigación persoal e unha reela-boración creativa achegando unha interpre-tación crítica do exemplo.

CD

PSICOLOXÍA. CADERNO DE ACTIVIDADES

Page 46: psicoloxiado1.files.wordpress.com · Director editorial: Manuel Bragado Rodríguez. Coordinadora editorial: Anaír Rodríguez © Eva Garea Traba (coord.), Miguel Vázquez Freire,