Upload
ngodung
View
223
Download
4
Embed Size (px)
Citation preview
Pregunta 1
1. Os seres vivos teñen vida e a materia inerte non ten, nin tivo nin terá vida.2. Os seres vivos están formados por células e a materia inerte por átomos.3. Os seres vivos realizan as función vitais: nutrición, relación e reprodución, e a materia
inerte non.4. Os seres vivos teñen a capacidade de movemento ou desprazamento e a materia
inerte non.
Pregunta 2
Porque dicir SER pode levar a confusión de que algunha vez tivo vida.
Pregunta 3
Nutrición, relación e reprodución.
Pregunta 4
1. Autótrofa: Fabrican os seus propios nutrientes (materia orgánica) a partir de substancias minerais (auga e sales minerais) e enerxía (luz solar).
2. Heterótrofa: consomen outros seres vivos ( de calquera dos cinco Reinos) para obter os nutrientes (materia orgánica). Non son capaces de fabricar o seu propio alimento.
Pregunta 5
É a reación dos seres vivos ante os cambios que se producen no seu medio.
Pregunta 6:
1. Sexual: dous seres vivos da mesma especie e de distinto sexo xuntan as suas células reprodutoras para que se fecunden. De esa célula fecundada nace un novo ser vivo, da mesma especie.
2. Asexual: participa tan so un individuo que é capaz de formar por el mesmo un novo ser. Por exemplo a estrela de mar.
Pregunta 7
1. Célula: é a unidade máis pequeña que forma os seres vivos. Realiza as tres función vitais.
2. Tecido: Conxunto de células que se especializan na mesma función.
3. Órgano: estrutura complexa formada por distintos tecidos que se xuntan para realizar distintas tarefas de maneira coordinada.
4. Aparellos ou sistemas: conxunto de órganos distintos coordinados para realizar unha mesma función.
5. Organismo ou ser vivo: resultado da acción coordinada de todos os aparellos e sistemas.
Pregunta 8
Trátase dunha célula animal.
- Núcleo: nel está o material xenético. Controla o funcionamento da célula.- Mitocondrias: orgánulo encargado de producir enerxía.- Citoplasma: líquido que enche a célula e no que flotan os orgánulos.
Pregunta 9
Trátase dunha célula vexetal.
- Núcleo: nel está o material xenético. Controla o funcionamento da célula.- Mitocondrias: orgánulo encargado de producir enerxía.- Citoplasma: líquido que enche a célula e no que flotan os orgánulos.- Cloroplastos: exclusivos das células vexetais, conteñen no seu interior
clorofila, que se encarga de realizar a fotosíntese.- Parede celular: capa ríxida que protexe a célula vexetal, formada por
celulosa.
Pregunta 10
Células que o forman Función
Tecido muscular Fibras musculares Encárgase da contracción dos músculos
Tecido nerviosoNeuronas Encárganse de recibir os
estímulos e producir respostas axeitas.
Tecido conectivo Un exemplo son os glóbulos vermellos
Sostén do organismo e transporte de substancias.
Tecido epitelial Células moi unidas entre elas Protexer tecidos e órganos.
Pregunta 11
É a cantidade e variedade de seres vivos que hai nunha zona.
O Amazonas con moita biodiversidade.
O Sáhara con pouca biodiversidade.
Pregunta 12
Monera Protista Fungos Plantas AnimaisNº células unicelulare
sUni/pluricelulares
Uni/pluricelulares
pluricelulares pluricelulares
Nutrición Auto/hete Auto/hete hete auto heteÓrganos dos sentidos
non non non Si si
Desprazamento
Si Si Non Non si
Reproducción Asexual Asexual/sexual Asexual/sexual Asexual/sexual
Asexual/sexual
Exemplo bacteria alga seta Castiñeiro lobo
Pregunta 13
Porque non realizan a función de reprodución e precisan infectar a outro ser vivo para que se reproduza por eles.
Pregunta 14
Na simbiose (un cocodrilo e un paxaro) os dous seres vivos benefícianse e no parasitismo (o can e a pulga) o hóspede sae perxudicado (o can).
Pregunta 15
Para desprazarse empregan prolongacións do seu corpo que se chaman cilios e flaxelos. Os cilios son máis pequenos e abundantes e o flaxelo é un e máis longo.
Pregunta 16
Algas ProtozoosNº células Uni/pluri uniTipo de células Similares as das plantas -----------------------------Nutrición auto heteMedio de vida Na auga En zonas húmidasMovemento Non, son movidas pola auga Son capaces de desprazarse