Upload
others
View
6
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
Do 30 de decembro ó 3 de xaneiro
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 1 -
1. LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA C.A. DE GALICIA PARA O 2014
2. OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2013 NO SERGAS
3. FLEXIBILIDADE HORARIA E TELETRABALLO NA ADMINISTRACIÓN XERAL DA C.A. DE
GALICIA
4. TOMA DE POSESIÓN DEFINITIVA DE ESCALAS NA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA
XUNTA
5. OFERTAS PÚBLICAS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL
6. NOVAS LEXISLATIVAS EN MATERIA DE PERSOAL AO SERVIZO DAS ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS
7. NOVAS LEXISLATIVAS EN MATERIA DE SEGURIDADE SOCIAL E SERVIZOS SOCIAIS
8. NOVAS LEXISLATIVAS DE INTERESE ECONÓMICO E TRIBUTARIO
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 2 -
1. LEI DE ORZAMENTOS XERAIS DA C.A. DE GALICIA PARA O 2014
PRESIDENCIA DA XUNTA - DOG, 3 DE XANEIRO
Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2014.
TÍTULO II: GASTOS DE PERSOAL
CAPÍTULO I: Dos gastos do persoal ao servizo do sector público (Art. 12 ao 17)
CAPÍTULO II: Dos réximes retributivos (Art. 18 ao 26)
CAPÍTULO III: Outras disposicións en materia de réxime de persoal activo (Art. 27
ao 33)
CAPÍTULO IV: Universidades (Art. 34 ao 36)
Disposición adicional décimo sexta. Medidas en relación co V Convenio colectivo único para o persoal
laboral da Xunta de Galicia
Durante o ano 2014 quedará suspendida a aplicación do artigo 19 do V Convenio colectivo único para o
persoal laboral da Xunta de Galicia.
Disposición derradeira segunda. Ampliación do prazo de vixencia da Lei de medidas de emprego
público
De acordo co previsto na disposición derradeira única da Lei 1/2012, do 29 de febreiro, de medidas
temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma, unha vez analizada a
evolución do produto interior bruto real de Galicia e do aforro primario dos orzamentos, mantéñense as
medidas contidas na citada lei para todo o exercicio 2014. A próxima revisión realizarase no proceso de
elaboración dos orzamentos para o ano 2015.
2. OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO 2013 NO SERGAS
CONSELLERÍA DE SANIDADE - DOG, 30 DE DECEMBRO
Decreto 186/2013, do 19 de decembro, polo que se aproba a oferta de
emprego público correspondente a diversas categorías de persoal estatutario
do Servizo Galego de Saúde para o ano 2013.
Na oferta de emprego público inclúense as necesidades de recursos humanos, con asignación
orzamentaria, que se deban prover mediante a incorporación de persoal de novo ingreso e mediante a
promoción profesional. O sistema de selección será o de concurso-oposición.
Reservarase un cincuenta por cento do total das prazas que se convoquen en cada categoría para a súa
provisión polo sistema de promoción interna. O número de prazas reservadas para persoas con
discapacidade en cada categoría indicarase nas respectivas convocatorias.
Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito das persoas usuarias dos
distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal
do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, nas probas selectivas que se convoquen en
desenvolvemento desta oferta incluirase un exame de galego, agás para aquelas persoas aspirantes que
acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente. As bases das convocatorias dos
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 3 -
procesos selectivos establecerán o carácter deste exame así como a valoración da dita proba e da
equivalente acreditación do coñecemento da lingua galega.
Co obxecto de axilizar a súa tramitación e reducir as cargas administrativas, a xestión dos procesos de
selección e provisión de prazas efectuarase a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides),
Relación de prazas ofertadas:
Médico/a de familia: 40 prazas.
Enfermeiro/a: 125 prazas.
3. FLEXIBILIDADE HORARIA E TELETRABALLO NA ADMINISTRACIÓN XERAL DA C.A. DE
GALICIA
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, AA.PP. E
XUSTIZA - DOG, 31 DE DECEMBRO
Orde do 20 de decembro de 2013, conxunta da Vicepresidencia e
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da
Consellería de Facenda, pola que se regulan a acreditación, a
xornada e o horario de traballo, a flexibilidade horaria e o
teletraballo dos empregados públicos no ámbito da Administración
xeral e do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia.
A presente orde ten por obxecto regular a acreditación do persoal empregado público, a xornada e o
horario laboral, a flexibilidade horaria, o sistema de control horario e, finalmente, a prestación de servizos
en réxime de teletraballo do persoal empregado público da Administración xeral e do sector público
autonómico de Galicia.
Ámbito de aplicación
a) Ao persoal funcionario e estatutario que presta servizos na Administración xeral da Comunidade
Autónoma de Galicia.
b) Ao persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de
Galicia enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e
funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
O persoal laboral ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e entidades
incluídas no punto anterior rexerase pola lexislación laboral e polas demais normas convencionalmente
aplicables, así como polas disposicións desta orde que pola súa natureza sexan de aplicación, en canto
non resulten incompatibles coa referida normativa.
Queda excluído da aplicación desta orde:
• Persoal que presta servizos en centros docentes.
• Persoal ao servizo da Administración de xustiza.
• Persoal que preste servizos nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde de Galicia.
Tipos de xornada laboral
Xornada ordinaria: a duración máxima da xornada de traballo será de trinta e sete horas e trinta minutos
semanais.
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 4 -
Xornada de especial dedicación: a duración máxima correspondente aos postos de traballo con xornada de
especial dedicación será de corenta horas semanais.
Xornada de verán: durante o período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos
incluídos, establecerase unha xornada de traballo distinta á ordinaria, cuxa duración será determinada
pola consellería competente en materia de función pública, sen prexuízo do establecido na disposición
transitoria segunda da presente orde.
(...)
A presente orde entra en vigor o día 2 de xaneiro de 2014.
4. TOMA DE POSESIÓN DEFINITIVA DE ESCALAS NA ADMINISTRACIÓN ESPECIAL DA XUNTA
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 2 DE XANEIRO
Orde do 20 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de
destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o
ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo
A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do
28 de decembro de 2007.
Convocar os funcionarios en destino provisional que figuran na Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se
procede ao nomeamento como funcionarios do corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia,
subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais ao acto de elección de destino definitivo que
terá lugar no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o
día 8 de xaneiro de 2014, ás 10.00 horas.
Orde do 20 de decembro de 2013 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as
aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de
Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros agrónomos, convocado pola Orde do 28 de decembro de 2007.
Convocar os/as funcionarios/as en destino provisional que figuran na Orde do 23 de xullo de 2009, pola
que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia,
subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as agrónomos ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar
no salón de actos número 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 8 de xaneiro
de 2014, ás 10.30 horas.
5. OFERTAS PÚBLICAS NA ADMINISTRACIÓN LOCAL
CONCELLO DE ARTEIXO - BOP DA CORUÑA, 30 DE DECEMBRO
Convocatoria xeral e bases xerais reguladoras dos procesos de selección, para cobertura en propiedade de
diversos postos de persoal laboral fixo polo procedemento de concurso-oposición correspondentes a OEP
do 2012.
RELACIÓN DE POSTOS:
1 Monitor/a cociña: grupo C1- grupo III segundo Convenio p. laboral
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 5 -
1 Mediadora intercultural: grupo C1- grupo III segundo Convenio p. laboral
3 Conserxes de centro social: grupo AP- grupo V segundo Convenio p. laboral
1 Animador/a cultural: grupo C1- grupo III segundo Convenio p. laboral
2 Psicólogos/as ( 1 adscrito ao CIM e 1 adscrito a SS:SS): grupo A1- grupo I segundo Convenio p. laboral
2 UTS ( 1 adscrito ao CIM e 1 adscrito a SS.SS):grupo A2-grupo II segundo Convenio p. laboral
1 Orientadora laboral: grupo A2-grupo II segundo Convenio p. laboral
1 Educadora familiar: grupo A2-grupo II segundo Convenio p. laboral
2 Alfabetizadores de adultos: grupo A2-grupo II segundo Convenio p. laboral
1 Téc. medio de educación: grupo A2-grupo II segundo Convenio p. laboral
4 capataces restrinxidos promoción interna ( 3 adscritos a obras/servizos e 1 á xardins- medioambente):
grupo AP grupo IV segundo Convenio p. laboral
REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
Estar en posesión do nivel de estudios/titulación requerida como requisito de acceso establecido nas bases
específicas de cada unha das convocatorias unitarias. Na convocatoria restrinxida á promoción interna ( 4
Capataces) deberá acreditarse a condición de empregado público do Concello de Arteixo na categoría
/grupo profesional inferior ao posto convocado ( aberto ao grupo V e grupo VI )
PRAZO:
20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de cada convocatoria
unitaria no BOE.
CONCELLO DE CERVANTES - BOP DE LUGO, 31 DE DECEMBRO
Convocatoria para a actualización da bolsa de emprego de auxiliar de axuda no fogar en réxime laboral
temporal, mediante o sistema de selección de concurso-oposición.
REQUISITOS:
Posesión de carné de conducir B e dispoñibilidade de vehículo ou compromiso de posibilidade de
desprazarse ao centro de traballo.
PRAZO:
20 días naturais a contar dende o seguinte ao anuncio da convocatoria no BOP de Lugo.
CONCELLO DA PASTORIZA - BOP DE LUGO, 28 DE DECEMBRO
Convocatoria para a contratación con carácter de persoal laboral temporal a tempo parcial dunha (1)
praza de administrativo adscrita á oficina veterinaria.
As bases reguladoras da selección: atoparanse a disposición dos interesados/as nas oficinas do
Concello,podéndose consultar, así mesmo, no taboleiro de anuncios da Entidade e na paxina web do
Concello http://www.concelloapastoriza.es
PRAZO:
Dez días naturais a contar dende o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOP de Lugo.
CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA - BOP DE OURENSE, 30 DE DECEMBRO
Convocatoria para a contratación laboral de oito prazas de auxiliares de servizo de axuda no fogar
baixo a modalidade de contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado, a xornada parcial,
baixo o sistema de selección de concurso de méritos.
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 6 -
PRAZO:
Cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP.
CONCELLO DE RIBEIRA - DOG, 31 DE DECEMBRO
Anuncio de convocatoria para a provisión dunha praza de notificador/a e dunha praza de
programador/a de exposicións.
PRAZO:
20 días naturais que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación do extracto do
anuncio destas convocatorias no BOE.
CONCELLO DE SADA - BOP DA CORUÑA, 31 DE DECEMBRO
Bases da convocatoria de proceso selectivo para a provisión interina dunha (1) praza de traballador/a
social
O obxecto da convocatoria.- A provisión interina polo procedemento de concurso-oposición, en quenda
libre, dunha (1) praza de traballador/a social, integrada na Escala de Administración Especial, Subescala
Técnica, clase Técnicos medios, pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2 de funcionarios.
REQUISITOS DOS ASPIRANTES:
Estar en posesión do título de diplomatura universitaria en traballo social, ou do título de grao en traballo
social.
PRAZO:
10 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP da Coruña.
DEPUTACIÓN DE OURENSE - DOG, 31 DE DECEMBRO
Anuncio polo que se fai pública a oferta ordinaria de emprego público correspondente o exercicio 2013.
Funcionarios de carreira:
Unha praza de Técnico especialista de xestión orzamentaria e contable, subgrupo A2, Escala de
Administración especial, subescala técnica, clase media.
Dúas prazas de Administrativo de Administración xeral, subgrupo C1, Escala de Administración xeral,
subescala administrativa.
6. NOVAS LEXISLATIVAS EN MATERIA DE PERSOAL AO SERVIZO DAS ADMINISTRACIÓNS
PÚBLICAS
PRESIDENCIA DA XUNTA - DOG, 3 DE XANEIRO
Lei 11/2013, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o
ano 2014.
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Ley 27/2013, de 27 de diciembre, de racionalización y sostenibilidad de la Administración Local.
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 30 DE DECEMBRO
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 7 -
Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta
de Galicia do 19 de decembro de 2013 polo que se aproba a modificación da relación de postos de
traballo da Consellería de Facenda.
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 30 DE DECEMBRO
Resolución do 20 de decembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta
de Galicia, do 19 de decembro de 2013, polo que se aproba a modificación da relación de postos de
traballo da Axencia Turismo de Galicia.
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 28 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1044/2013, de 27 de diciembre, por el que se aprueba el Estatuto de la Entidad Pública
Empresarial ADIF-Alta Velocidad.
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA - BOE, 28 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1049/2013, de 27 de diciembre, por el que se modifica el Real Decreto 187/2008, de 8 de
febrero, por el que se establece el procedimiento de integración en la condición de personal
estatutario del personal laboral de la Red Hospitalaria de la Defensa.
7. NOVAS LEXISLATIVAS EN MATERIA DE SEGURIDADE SOCIAL E SERVIZOS SOCIAIS
PRESIDENCIA DA XUNTA - DOG, 3 DE XANEIRO
Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias.
PRESIDENCIA DA XUNTA - DOG, 31 DE DECEMBRO
Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR - DOG, 30 DE DECEMBRO
Decreto 187/2013, do 27 de decembro, polo que se establecen axudas sociais de carácter
extraordinario a favor de pensionistas de xubilación e invalidez, na súa modalidade non
contributiva, a favor de persoas perceptoras das pensións do Fondo de Asistencia Social e de persoas
beneficiarias do subsidio de garantía de ingresos mínimos
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1043/2013, de 27 de diciembre, sobre revalorización y complementos de pensiones de
clases pasivas para el año 2014.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1045/2013, de 27 de diciembre, sobre revalorización de las pensiones del sistema de la
Seguridad Social y de otras prestaciones sociales públicas para el ejercicio 2014.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 31 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1050/2013, de 27 de diciembre, por el que se regula el nivel mínimo de protección
establecido en la Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de Promoción de la Autonomía Personal y
Atención a las personas en situación de dependencia
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 8 -
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 31 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1051/2013, de 27 de diciembre, por el que se regulan las prestaciones del Sistema para
la Autonomía y Atención a la Dependencia, establecidas en la Ley 39/2006, de 14 de diciembre, de
Promoción de la Autonomía Personal y Atención a las personas en situación de dependencia.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1046/2013, de 27 de diciembre, por el que se fija el salario mínimo interprofesional para
2014.
La cuantía del SMI para el año 2014, se ha fijado en 21,51 euros diarios o 645,30 euros mensuales.
8. NOVAS LEXISLATIVAS DE INTERESE ECONÓMICO E TRIBUTARIO
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 28 DE DICIEMBRE
Ley 25/2013, de 27 de diciembre, de impulso de la factura electrónica y creación del registro contable
de facturas en el Sector Público.
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 28 DE DICIEMBRE
Ley 26/2013, de 27 de diciembre, de cajas de ahorros y fundaciones bancarias.
JEFATURA DEL ESTADO - BOE, 28 DE DICIEMBRE
Real Decreto-ley 17/2013, de 27 de diciembre, por el que se determina el precio de la energía eléctrica
en los contratos sujetos al precio voluntario para el pequeño consumidor en el primer trimestre de 2014.
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1041/2013, de 27 de diciembre, por el que se modifica el Reglamento de los Impuestos
Especiales, aprobado por el Real Decreto 1165/1995, de 7 de julio, y se introducen otras disposiciones en
relación con los Impuestos Especiales de fabricación y el Impuesto sobre el valor de la
producción de la energía eléctrica
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 30 DE DICIEMBRE
Real Decreto 1042/2013, de 27 de diciembre, por el que se aprueba el Reglamento del Impuesto sobre los
Gases Fluorados de Efecto Invernadero, y por el que se modifican el Reglamento del Procedimiento para el
ejercicio de la potestad sancionadora, aprobado por el Real Decreto 1398/1993, de 4 de agosto, el
Reglamento del Impuesto sobre Sociedades, aprobado por el Real Decreto 1777/2004, de 30 de julio, el
Reglamento del Impuesto sobre la Renta de las Personas Físicas, aprobado por el Real Decreto
439/2007, de 30 de marzo, y el Reglamento del Impuesto sobre el Valor Añadido, aprobado por el Real
Decreto 1624/1992, de 29 de diciembre.
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 3 DE ENERO
Resolución de 17 de diciembre de 2013, del Departamento de Gestión Tributaria de la Agencia Estatal de
Administración Tributaria, por la que se modifica la de 3 de enero de 2011, por la que se aprueba el
modelo 145, de comunicación de datos del perceptor de rentas del trabajo a su pagador o de la
variación de los datos previamente comunicados.
DO 30 DE DECEMBRO AO 3 DE XANEIRO
- 9 -