15
APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO Pura González Nada na parroquia de Chaín (Gondomar) Ecoloxista e Profesora de Ciencias Naturais.

DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Embed Size (px)

DESCRIPTION

APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO O cruce do río Zamáns á altura do Pego Negro debuxa unha paisaxe cargada de biodiversidade que na actualidade atópese en grave perigo. A fauna e flora autóctona libran un combate diario pola súa sobrevivencia nun enclave onde a acción humana pon en risco o feble equilibrio da cadea ecolóxica. A profesora Pura González alerta desta desfeita a través do artigo que hoxe presentamos, así como do importante patrimonio histórico agochado na súa espesura, vítima tamén do esquecemento e unha deficiente conservación. A autora A profesora Pura González Martínez (IEM) , naceu en Chaín- Gondomar, e actualmente mora na veciña parroquia de Morgadáns. A preocupación polo medio natural vénlle por tres vías: vida aldeá dende o nacemento, traballo como voluntaria no ecoloxismo dende os anos oitenta e profesora de Ciencias Naturais no Ensino Secundario. Ten publicado diversas colaboracións e un libro no que estuda os cotos ou outeiros rochosos que

Citation preview

Page 1: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

APROXIMACIÓN AOS VALORES DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Pura GonzálezNada na parroquia de Chaín (Gondomar)Ecoloxista e Profesora de Ciencias Naturais.

Page 2: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

"Unha xeira para a inspección do río feita por voluntarios"

Trátase dun percorrido de 1300 m río arriba, dende o barrio do Río en Vilaza ata os Agunchos, de difícil acceso na meirande parte

do treito. O río vai encaixado e nalgúns puntos forma verdadeiros canóns entre as paredes de rochas nas que se aprecia o granito

en contacto cos paragneises. Considérase que este leito se formou a favor dunha falla tectónica.

Page 3: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

A complicada orografía preserva esta paraxe da alteración

humana aínda que os restos de distintos tipos de lixo

poidan chegar a el. Trátase dun río que se despena entre

grades bloques de pedras e que aínda así atopa lugares

onde a agua aboia, ben en remansos naturais, ben nos

varios peiraos feitos ao longo dos anos en que o río era

recurso para a vida da xente das parroquias de Chaín e

Vilaza. O impresionante desnivel dende as estradas que o

bordean forma un lugar acubillado e arredado da luz que

probablemente dea lugar ao seu nome, pero tamén

arredado da vida das persoas de toda a veciñanza, e por

iso descoñecido para os máis. Estas características fan

que conserve un ecosistema particular e de alto valor.

Page 4: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

As negras pedras do leito son o resultado das colonias de algas que cobren penedos o croios. O Carex pendula, planta dos ríos

sombrizos que noutros tempos era tan abondosa, ata o punto de que se apañaba para darlle de comer ao gado cando na época de

estío non había herba nos campos e é agora cada vez máis escasa nos ríos do sur do país, loce esplendorosa no medio deste río.

Abundan o loureiro, as abeleiras e as pereiras bravas, pero non deixamos de atopar carballos, amieiros, salgueiros e algúns

freixos. Infinidade de especies herbáceas, algunhas de gran valor, así como outras arbustivas, fan as delicias deste lugar. Pero o

ambiente de permanente penumbra, sempre sombrizo, fai que os fentos atopen neste lugar o seu perfecto hábitat, e de entre todos

habemos de destacar pola súa rareza a cabriña (Davallia cannariensis), pero, sobre todo, o aínda máis raro Vandesvoschia

speciosa, xa que é unha especie considerada vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

Carex pendula Vandesvoschia speciosa Davallia cannariensis

Page 5: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Da truita, do reo e da anguía dannos información os

pescadores que son quen de frecuentar este couto, da

raposa e da xeneta os naturalistas avezados seguindo o

seu rastro, e nós nas inspeccións periódicas, case seguro

que nos atopamos co melro rieiro (Cinclus cinclus) ou coa

lavandeira real (Motacilla cinerea). E tamén co visón

americano, xa que esta especie foránea colonizou os ríos

do Val Miñor fuxido das granxas que aquí houbo nos anos

setenta do século anterior. As libeliñas e cabaliños do

demo indícannos que a primavera xa chegou ao río.

Cinclus cinclus

Motacilla cinerea

Visón americano

Page 6: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Muíño de Sara (6 rodas)

Page 7: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Non menos impresionantes que os valores naturais son os elementos patrimoniais. Restos duns vinte muíños fálannos de como

era a vida no Val Miñor tempo atrás. Os de Vilaza, de doado acceso por varios camiños, traballaron ata os anos setenta do século

XX en réxime de maquía; aos que había que chegar por carreiros máis complicados convertéronse en ruínas xa antes, algún

deles, de gran valor etnográfico, moía xofre nos tempos anteriores aos produtos químicos na agricultura. Pero hai outros que

custa entender como chegaba aquí o gran e como de aquí saía a fariña. Pois si, eran enxeños dos nosos bisavós, e algún deles

sorprendente, con cubo circular, pedra a pedra ata unha altura seis ou máis metros. Os peiraos son outro belo elemento antrópico

hoxe xa totalmente integrado no leito fluvial, e as levadas agora teñen unha finalidade para a que non foron feitas, marcan os

únicos carreiros que pode ter o visitante! Ata os labores do liño viñan facer aquí os veciños de Chaín! E cando a necesidade

apertaba plantábanse verzas nos socalcos máis altos das bandas do río.

Page 8: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

E a fábrica da luz! Construída en 1907 pouca vida tivo, pero

deixou pegada, non só na memoria colectiva, senón nos

elementos complementarios que aínda vemos no río e

arredores: unha mina que se abre na estrada e se dirixe

decenas de metros horizontalmente baixo terra tentou

complementar a forza da agua para a maquinaria. Tamén temos

unha fermosa parede que forma unha pequena presa á beira do

que hoxe son as ruínas da instalación eléctrica, e un quilómetro

máis arriba a presa que abastecía a chamada por todos "a

fábrica da luz de Pego Negro".

Page 9: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Fábrica d

a Luz

Page 10: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Porque non hai mal que por ben non veña, seguro que hoxe o bosque en Pego Negro é máis frondoso que nos tempos acabados

de describir: o abandono dos recursos do río xunto coa inaccesibilidade do lugar posibilitou a recuperación do hábitat natural.

Aínda así os eucaliptos e as acacias flanquean a fraga asediándoa, e aos pés a invasora africana Tradescantia xa lle comeu un bo

espazo ás plantas autóctonas, e a americana Bidens tripartita estase abrindo camiño.

Page 11: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Pero un problema que o río non tiña a principio do século

vinte é o lixo e o entullo, verdadeiras desgrazas do rural

galego. Rodas, motores, chasis e outras partes dun par de

coches espérannos en cada xeira ano tras ano. Porispan,

trapos, botellas de plástico e outros útiles domésticos

sorprendentemente chegan a este lugar recóndito como

resultado do arrebolado ás beiras das estradas río arriba.

Page 12: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Pero o colmo da actitude incívica, ambientalmente falando, son os depósitos de entullo e aterramentos á beira mesmo do río que

se fan de modo continuado e que tras cada denuncia dos cidadáns responsables aos organismos e autoridades competentes

persisten e se repiten no mesmo lugar. Na marxe esquerda do río hai anos denunciouse repetidas veces un aterramento que

medraba e medraba, e outras tantas veces continuouse con el, ata conformar un soar agora xa asfaltado. O resultado disto é o

entullo e a terra de mala calidade que baixou por unha pendente de case 90º ata estragar a vexetación desa ladeira.

Page 13: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Os organismos públicos non

teñen menos delito, xa que ao

arranxar unha das estradas,

preto da ponte antiga, as pedras

da obra foron parar mesmo ao

río. E nun treito máis arriba do

aquí descrito a destrución do río

foi total chegando a ser

entubado. As ricas marxes que

alí tiña o Zamáns son agora un

lugar de difícil descrición,

deprimente o que antes era un

remanso usado como espazo

de lecer por xente de aquí e de

fóra que viña nas fins de

semana, un espazo húmido de

alto valor florístico convertido en

vertedoiro de colchóns, mobles

tirados, ladrillos, aterramentos

etc etc etc.

Agora trátase da marxe

dereita, na que nos últimos

anos se pretende facer outro

soar onde de natural só hai

unha ladeira colgada. Co

resultado desta entulleira o

barro, lama, area e distintos

tipos de terra xa chegaron ao

leito do río, e os entullos

campan polas súas beiras.

Page 14: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Dende aquí pedimos protección para este espazo natural que debera estar perfectamente considerado no Plan Xeral de

Ordenación Municipal. Así mesmo pedimos que as autoridades velen porque a lexislación con respecto aos entullos se cumpra e

as denuncias non sexan papel mollado e non vaian pasando duns organismos a outros sen que ningún deles se faga cargo do

atropelo ambiental.

Temos déficit de espazos naturais preservados, e o Pego Negro merece esta consideración.

Page 15: DO RÍO ZAMÁNS no PEGO NEGRO

Texto: Pura González

Imaxes: Vicente Pintos e Pablo Casal