26
DOCE LÚAS Héctor Pose Alberto Rodríguez Fariña

Doce luas hector pose

Embed Size (px)

DESCRIPTION

 

Citation preview

Page 1: Doce luas hector pose

Doce lúas

Héctor Pose

Alberto Rodríguez Fariña

Héctor Pose (Malpica de Bergantiños, 1964), Naceu

en Malpica, soleira da Costa da Morte, e trata de vivir

corresponsablemente na cidade da Coruña, en cuxa

Universidade ensina e aprende. Aboia na soidade da

escrita tentando entender.

alberto Rodríguez Fariña (Malpica de Bergantiños,

1983) inicia a súa relación coa fotografía no Instituto de

Imaxe e Son da Coruña antes de emprender unha viaxe

de ida e volta de varios anos a Londres, onde amplía os

seus estudos. A súa obra combina os seus dous grandes

intereses, a fotografía e a viaxe, e desta unión nacen

diversos proxectos noutros tantos paises.

Un novel licenciado en Farmacia arriba desde o sur a unha vila mariñeira. Mocea, casa e comeza

un proxecto vital. Viven das crebas que o mar deita no areal. Mais o infortunio chega nunha marea

para tronzar a felicidade da familia. Un galeno local receita baños de sol e mar no Atlántico para

a filla adolescente. Certo día de calma chicha, unha manda de arroaces achégase ao áxil nadar da

cativa e esta vira o sentido da súa derrota fuxindo pola escorrentía cara ao horizonte.

Doce lúas é o diario dun home que decide encasar e outear meditativo o mundo que o rodea.

Un ano escrito desde o descarnado sentir. Textos e imaxes que maridan con sutil elegancia

para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a

condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo

que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haikai para cada instante.

1 Lapsus Alfonso Pexegueiro

2 Delourando os días José Lorenzo Tomé

3 Doce lúas Hector Pose

Alberto Rodríguez Fariña

Page 2: Doce luas hector pose
Page 3: Doce luas hector pose

Doce lúas

Héctor Pose

Alberto Rodríguez Fariña

Page 4: Doce luas hector pose

Este libro contou cunha axuda á edición

da RIUL - Rede Internacional de Universidades Lectoras

Doce lúas, 2015

Fotografía de cuberta: Alberto Rodríguez Fariña

Revisión lingüística: Xesús M. Mosquera

Deseño e maquetción: Gif Estudio _ www.gifestudio.com

Axustes de deseño: Juan Gallego _ www.juangallegoestudio.com

Edición: axóuxere

Xens, 75

15984 Araño, Rianxo

Galiza

[email protected]

axouxerestream.com

Impresión: Lugami Artes Gráficas. Betanzos

ISBN: 978-84-941379-9-0

Depósito legal: C 1247-2015

Page 5: Doce luas hector pose

Doce lúas

Page 6: Doce luas hector pose
Page 7: Doce luas hector pose

a Bea, Alba e Manuel,trepia vital

Galicia-Londres-Amsterdam-Buda-Galicia

Page 8: Doce luas hector pose
Page 9: Doce luas hector pose

O viaxeiro ve sempre o que leu

Edward Said

Page 10: Doce luas hector pose
Page 11: Doce luas hector pose

UnHA - 11

Unha

Cíclica andoriña, comeza todo de novo.

Debaixo da lembranza e neste perdido ollar, ao sur do meu corpo atalaiado, a baixamar

descobre a area empezoñada.

Descifro a vista de paxaro o perfil dun peixe plano gravado a cicel. Fósil efémero, trampantollo

de vida mariña.

Page 12: Doce luas hector pose

12 - DoCE LúAs

Por tellado a melancolía desprendida das nubes, orballo de ausencias

que empapa, ata anegalo, o sentir.

Madrugo e inicio os matíns de andar pautado. Catorce pasos

lévanme e devólvenme da orixe á diáspora doméstica, fronteira da dor.

Interrompe a miña marcha o que me circunda, como a afastada

proximidade dunha fiestra sen intimidade.

Vexo desde este claustro a muller que ofrenda as súas costas

á parella, amplificando o silencio que os reboza. Baten portas

para argumentar. Eu esquivo o duelo e a desapracible intemperie

arroupado con Van Morrison.

Espértame un día máis a alba negra petando nos cristais. Vai a máis

unha chuvia insolente impedindo o meu viacrucis.

Page 13: Doce luas hector pose

UnHA - 13

Page 14: Doce luas hector pose

14 - DoCE LúAs

Page 15: Doce luas hector pose

UnHA - 15

ole abril a mirra caduca, a mácula de area e a humidade que as igrexas matriz exhalan.

o ceo é un iglú grafitteado de corvos mariños e gaivotas nun esborranchado voar

mentres as embarcacións bailan solto ao son da maraxe. A cuberto, aturo as isóbaras

adversas co cantaruxar da fala do lugar.

Escampa, impás para regresar á miña ágora. Acampo o sentido nas varandas

azuladas, balcón á paisaxe que somos.

Escoito transcorrer a mañá. Gabean cara a min os ruídos diferenciados das motoras

e os saúdos monosilábicos dos que fan a súa cotiá ruta da saúde. Luxan a atenta

escoita as onomatopeas sonoras das adiccións dixitais.

nas escaleiras de atraque que a marea baldea, unha muller maza un polbo, abre en

canal un peixe sapo, tora para carnada entre chapuzaduras especies rexeitadas. o

falar podre de seu mariñeiro reprégame ao meu cuarto como a esquiva morena.

Mergullado entre sabas, outro mar, o mar de Iris Murdoch, reaviva a dor da perda.

Casilda, cándida tenrura, bicos con sabor a iodo!

Page 16: Doce luas hector pose
Page 17: Doce luas hector pose

UnHA - 17

Page 18: Doce luas hector pose
Page 19: Doce luas hector pose

DúAs - 19

Dúas

Rememoro o meu clan. Artesáns da saúde, colleitabamos o que o océano vomitaba nos areais.

Valume para beberaxes farmacéuticas ou estrume nas leiras; tamén refugallo do home, que aquí

din crebas.

A nosa única filla medraba oufana entre a frescura dos argazos e os ungüentos dunha nai coraxe.

Algúns días a tona do mar padece acne. Rizos brancos apincaran a súa cambiante cute. outros,

maquillada polo sol, pratea con tal intensidade que esixe reverencia.

Page 20: Doce luas hector pose
Page 21: Doce luas hector pose

DúAs - 21

Rebento as paredes de tanto habitalas.

necesito entregarme ao chou da madrugada. sucede a cada pouco, cando nin a literatura me

dá abasto. Abro a porta de piñeiro para saír á fresca da noite. É un andar deambulado, sen

rumbo fixo, que abrangue o territorio afectivo labrado no convivir. os inverosímiles chafráns

danme abeiro se intúo unha sombra feita persoa. Algún mariñeiro vello con insomnio, talvez

un expulsado do leito matrimonial, ambos en tránsito cara ao purgatorio do bar aberto.

Vou apañando retallos de conversas, saúdos e encontros vividos nun atado de intres que

alimentarán o meu encerro.

Convencido de que a vila soña, encamíñome cara ao adro da igrexa onde sobreviven heroicos

magnolios ao abrigo da paz e o rezo silabado. o salitre e a insensibilidade fustríganos. sento

entre volutas de albanel, bordos de pedra amaneirada. Acompáñame alguén máis neste exilio

nocturno. Unha anciá á espera da campá anunciadora quere dar a nova do seu pasamento. os

cativos pelotean estrábicos, cun ollo no balón e outro no cíngulo do cura. Un cigarro prendido

fumea o delito do imberbe adolescente.

Arrecunchado, o outrora cemiterio alberga nomes que só en braille se deletrean. Exhumados

os corpos, lápidas agretadas testemuñan vidas que ninguén lembra. Arañeiras, silvas e ruídos

que xorden tras matas silvestres colonizan este espazo público. o vento brúa entre óxidos,

follas secas e pedras que o xogo infantil lanza desde a lindeira tapia, sonorizando un mapa

que atraveso ás apalpadas. Piso tempo humedecido polas bágoas vertidas por outros que

tampouco están. A vella nogueira segue aí, espallando sombra ata o alpendre ateigado de avíos

para os oficios relixiosos: crucifixos con couza; formas inertes baixo cobertores; mechas aínda

virxes; candelabros mancos e veas con barbas de cera ardida; antas sen iconas que levaron

décadas a ombreiros os fregreses; misais sen algúns salmos; sotanas, casullas e roquetes

despezados. Ecoan pecados sen remite entre este atrezzo do temor de Deus.

Page 22: Doce luas hector pose

22 - DoCE LúAs

Un muro vulgar como o feito de que exista impide o paso ao anexo carreiro dos Defuntos.

Arteria deforme, angosto atallo para viandantes que o atravesan fuxidiamente acotío.

Rabuñando as imperfeccións do peche, camiño constrinxido por alturas e usurpacións

indecentes. Ao dobrar un dos seus meandros, escoito chapuzar na lindeira Fonte Vella.

Quen sacia a sede na alborada? Unha filla obediente sostén o recado cotián dos seus pais.

Treméndolle o pulso, enche un porrón de barro de Buño. Auga fresca para aturar o labor

fronte ao océano…

o meu penar polo fluír do tempo non acontece segundo o reloxo pendurado no descansiño,

agullas prendidas nas 8:47 desde hai lustros. En hora tal, un novel licenciado en Farmacia

apeouse do voo doutra andoriña camiño de África.

Atrincheirado neste barbeito vital, reduto de fantasmagorías, a duras penas sosteño a miña

sombra. Empúrroa, pois o nordeste, vento que arenga ao suicida, esvaece o rostro no seu

persistente soprar. Procuro abeiro na prédica de Bufalino.

Page 23: Doce luas hector pose

DúAs - 23

A babor do meu ver, a anciá presa na súa cela pola insensatez construtiva, implora con ollos

de despedida: “Recórdame, recórdame!”. Traslado a súa pregaria mar adentro mentres o sol

debuxa nel o meu perfil gaseado. Mariñeiría inconsciente xera un arco da vella bastardo que

devoran peixes que o padal humano despreza.

Fatídica hora na que non intuín a súa presenza diante do absorto cometido de recollida a

tractor. souben cando xa era ductilidade atropelada.

Aciaga manobra enquistada na memoria.

Eterna cicatriz.

Page 24: Doce luas hector pose
Page 25: Doce luas hector pose
Page 26: Doce luas hector pose

Doce lúas

Héctor Pose

Alberto Rodríguez Fariña

Héctor Pose (Malpica de Bergantiños, 1964), Naceu

en Malpica, soleira da Costa da Morte, e trata de vivir

corresponsablemente na cidade da Coruña, en cuxa

Universidade ensina e aprende. Aboia na soidade da

escrita tentando entender.

alberto Rodríguez Fariña (Malpica de Bergantiños,

1983) inicia a súa relación coa fotografía no Instituto de

Imaxe e Son da Coruña antes de emprender unha viaxe

de ida e volta de varios anos a Londres, onde amplía os

seus estudos. A súa obra combina os seus dous grandes

intereses, a fotografía e a viaxe, e desta unión nacen

diversos proxectos noutros tantos paises.

Un novel licenciado en Farmacia arriba desde o sur a unha vila mariñeira. Mocea, casa e comeza

un proxecto vital. Viven das crebas que o mar deita no areal. Mais o infortunio chega nunha marea

para tronzar a felicidade da familia. Un galeno local receita baños de sol e mar no Atlántico para

a filla adolescente. Certo día de calma chicha, unha manda de arroaces achégase ao áxil nadar da

cativa e esta vira o sentido da súa derrota fuxindo pola escorrentía cara ao horizonte.

Doce lúas é o diario dun home que decide encasar e outear meditativo o mundo que o rodea.

Un ano escrito desde o descarnado sentir. Textos e imaxes que maridan con sutil elegancia

para descifrar o convivir en contextos miúdos onde a identidade, os patrimonios, a paisaxe e a

condición humana revelan aspectos da face que nos compón e define. A experiencia do tempo

que vive o ser, escrita como se a existencia pedise un haikai para cada instante.

1 Lapsus Alfonso Pexegueiro

2 Delourando os días José Lorenzo Tomé

3 Doce lúas Hector Pose

Alberto Rodríguez Fariña