10

Click here to load reader

Dosier de presentación infodrogas asfedro

Embed Size (px)

DESCRIPTION

O programa “educando no lecer” , é una aposta socioeducativa, da área de prevención de ASFEDRO, deseñada para adaptarse aos novos paradigmas preventivos na redución de riscos asociados ó consumo de drogas.

Citation preview

Page 1: Dosier de presentación infodrogas asfedro

1

DOSIER DE PRESENTACIÓN

Subprograma “Infodrogas”

EDUCANDO NO LECER, 2013

Page 2: Dosier de presentación infodrogas asfedro

2

ÍNDICE

1. ASFEDRO……………………………………….…………………………………………………………………Páx 3

2. EDUCANDO NO LECER……………………………………………………………………………………..Páx 4

3. INTRODUCCIÓN A REDUCCIÓN DE RISCOS……………………………………………………....Páx 7

4. INFODROGAS……………………………………………………………………………………………………Páx 8

5. CONTACTA CON ASFEDRO………………………………………………..………………………………Páx 10

Page 3: Dosier de presentación infodrogas asfedro

3

1. ASOCIACIÓN FERROLANA DE DROGODEPENDENCIAS (ASFEDRO)

ASFEDRO é o acrónimo da Asociación Ferrolana de drogodependencias. ASFEDRO fundouse nos anos

80 para dar resposta ás problemáticas derivadas do consumo de drogas e das adiccións a estas.

Anualmente máis de 5000 persoas se benefician dos recursos e actividades que xestiona e desenvolve a

entidade .

Recursos xestionados por Asfedro:

Unidade asistencial de drogodependenzas: Nesta unidade desenvólvense os programas de

tratamento en réxime ambulatorio:

Programa libre de drogas

Programa de mantemento con antagonistas opiáceos(naltrexona)

Programa de mantemento con metadona

Outros…

Comunidade Terapéutica “O Confurco”: Recurso terapéutico en réxime de internamento no que

os/as usuarios/as interiorizan novas pautas de comportamento para enfrontarse á realidade do mundo

exterior, anteriormente alterada polo consumo de drogas

Unidade de día /Programa Semiresidencial: Recurso complementario á Unidade Asistencial e

Comunidade Terapéutica no que se desenvolven un amplio programa de actividades socioeducativas,

ocupacionáis e terapéuticas.

Área de Prevención: Esta área traballa en diferentes ámbitos; escolar, familiar, laboral, e

mocidade.

O traballo que se desenvolve coas familias vai orientado a proporcionarlles as estratexias e recursos

precisos para xestionar, resolver e evitar os posibles conflitos no fogar.

Con respecto ao ámbito escolar, un dos principais obxectivos é retrasar a idade de inicio do consumo,

este tipo de prevención vai destinada a toda a comunidade escolar sen ningún tipo de distinción.

Page 4: Dosier de presentación infodrogas asfedro

4

Dende outra perspectiva xa en contextos recreativos traballase con consumidores/as de drogas

mozos/as, este tipo de intervencións desenvolvese fundamentalmente en festivais, raves, concertos,

discotecas,etc.

Composición do Equipo técnico de ASFEDRO:

Actualmente o equipo técnico está composto por 29 profesionáis

Perfil do persoal técnico: médicos, psiquiatras, psicólogos, farmacéutico, mestra, enfermeiras,

traballadoras sociais, educadores sociais, monitores e persoal administrativo.

Área de actuación: A área de influencia e actuación, corresponde coa área sanitaria de Ferrol no que

se refeire a Unidade Asistencial Ambulatoria, e a toda a provincia da Coruña para a Área de Prevención.

Nembargante a entidade acolle a persoas de toda Galicia, si son derivadas doutros recursos.

EDUCANDO NO LECER

O programa “educando no lecer” , é una aposta socioeducativa, da área de prevención de ASFEDRO,

deseñada para adaptarse aos novos paradigmas preventivos na redución de riscos asociados ó consumo

de drogas.

A área de Prevención de ASFEDRO para adaptarse a esta nova realidade implementou no 2009, un

programa fundamentado na Redución de Riscos asociados ao consumo de drogas, e que se suma a os

diferentes recursos e dispositivos que xestiona a entidade. Esta liña de intervención nace para dar

resposta á demanda social e ás problemática derivadas do consumo de drogas en determinados contextos

onde os mozos e mozas ocupan parte do seu tempo de lecer.

No programa Educando no Lecer considérase moi importante a participación e implicación dos mozos

e mozas nas actividades preventivas, xa que o seu grupo de iguais, visualízanos como fontes cribles e

fiables de información. Deste xeito, os mozos e mozas posiciónanse coma correa de transmisión da

información preventiva e poden favorecer que se reduzan os riscos no caso de consumir drogas ou se

desista counsumir se unha vez ponderados os pros e os contras, así se valora.

Page 5: Dosier de presentación infodrogas asfedro

5

Educando no lecer é unha proposta de intervención socioeducativa baseada en tres liñas de

intervención ou subprogramas: Formación e capacitación de mediadores/as na reducción de riscos

asociados ao consumo de drogas, Intervención en contextos de lecer nocturno (INFODROGAS), e

Intervención nas redes sociais facilitando información veraz e obxectiva.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA EDUCANDO NO LECER

Obxectivo Xeral

Crear un espazo de referenza onde se informe e asesore, á mocidade que consume drogas no seu

tempo de lecer, sobre os riscos asociados ao seu consumo.

Obxectivos específicos

Implicar á toda a comunidade na sensibilización/información sobre a diminución de riscos das novas

tendencias de consumo.

Formar a mediadoras que funcionen coma informadores para evitar riscos no consumo de drogas.

Promover a redución de riscos asociada ao consumo de drogas, a través das intervencións nos

espazos de lecer (Festivais, Concertos, Festas,…).

Empregar as tics como ferramenta fundamental de difusión, participación, etc.

PROGRAMA:

EDUCANDO NO LECER

FORMACIÓN DE

MEDIADORES/AS

INFODROGAS

Intervención en raves,

festivais, concertos, …

Intervención nas

redes sociais e

internet e radio

(twitter, facebook,...

SUBPROGRAMAS DE EDUCANDO NO LECER

Fluxo

grama d

o p

rogram

a Edu

cand

o n

o Lecer

Page 6: Dosier de presentación infodrogas asfedro

6

Ámbito de actuación: Provincia da Coruña

Poboación destinataria:

Curso de mediadores/as: Mozos e mozas profesionáis dos ámbitos social e sanitario, e

voluntarios/as con interese polo traballo na reducción de riscos asociados ao consumo de drogas.

Redes Sociais e Internet: Mozos e mozas que desexen ter información veraz e actualizada sobre a

redución de riscos asociados ao consumo de drogas

InfoDrogas: Persoas consumidoras e non consumidoras que acoden a eventos festivos, interesadas

en ter información veraz e actualizada sobre pautas de consumo de drogas e sobre as sustancuias e os

seus efectos.

Persoal que desenvolve o programa: 2 educadores, traballadores da área de Prevención de ASFEDRO,

máis un grupo de voluntarios/as que desenvolven a parte práctica do curso de mediadores/as.

Page 7: Dosier de presentación infodrogas asfedro

7

2. INTRODUCCIÓN Á REDUCCIÓN DE RISCOS

O modelo de intervención da redución de riscos, está baseado na metodoloxía da redución do dano

que comézase a empregar nos anos 80, para tentar frear a extensión do VIH entre a poboación usuaria de

drogas inxectables.O modelo da redución de danos é neutral, en relación á moralidade e non debe ser

considerado como un movemento para legalizar ou promover, o uso de drogas.

O modelo de redución de riscos orixina un cambio conceptual entre dano- risco. Xurde nos anos 90

en Europa pola aparición de novos patróns de consumo. Obsérvase que un número considerable de

persoas consume drogas recreativas en contextos de lecer , non presentan adiccións e polo tanto non son

susceptibles de acudir ás unidades asistenciais de atención ao drogodependente. Dende este modelo se da

resposta a un conxunto de necesidades específicas.

A metodoloxía da redución de riscos é válida tanto para as persoas consumidoras, coma as non

consumidoras. Nas persoas que consumen drogas, pretende ofrecer información baseada na evidencia

para que o consumo de drogas se realice co menor risco posible, ofrecendo pautas para modifica-los

consumos problemáticos.

A redución de riscos tamén ten coma destinatarias as persoas que actualmente non consumen drogas,

porque pode que consuman alcohol, sustancias que non se considera drogas por parte de moitas persoas.

Algunha destas persoas estarán preto doutras persoas que consumen e poden asesoralas, tamén pode

que non consuman drogas na actualidade momentos, pero sí pensen consumilas nun futuro.

A redución de riscos é unha proposta máis das xa existentes, nembargantes é altamente valorada

polas persoas destinatarias, polas seguintes cuestións:

A persoa síntese aceitada e respetada

A persoa síntese libre para poder falar

Permite traballar dende realidades distintas

Fomenta unha actitude responsable

Diminúe a atracción polo prohibido

Recoñece ao consumidor o seu desexo de preservar a saúde e,

Da respostas ao consumidor e aos non consumidores

Page 8: Dosier de presentación infodrogas asfedro

8

Polo tanto, a redución de riscos pretende ser unha ferramenta eficaz para reducir os efectos

perxudiciais nos consumidores e consumidoras de drogas, e empoderar a estes para que sexan capaces de

consumir nas mellores condicións , cando decidan facelo e rexeitalo consumo cando así o consideren.

3. INFO-DROGAS

Info- drogas é o nome dun dos subprogramas de Educando no Lecer. Trátase dun servizo itinerante de

redución de riscos para consumidores e consumidoras de drogas. Info- drogas é unha proposta

socioeducativa baseada na prevención selectiva e indicada, na que se traballa directamente nos

contextos de lecer, con usuarios de drogas que non presenten consumos problemáticos.

Eixos no que se basea Info- drogas:

• Intervención no lecer nocturno

• Intervención a través do grupo de iguais.

• Establecemento de vías efetivas de comunicación:

• Elementos de proximidade cas/os destinatarios

• Estética

• Linguaxe e xeitos de falar

• Semellanzas: gustos e preferenzas

Atitudes:

• Aceptación, respeto polas decisións tomadas polos usuarios e usuarias dos servizos

• Escoita activa (confianza e autenticidade da mensaxe)

Page 9: Dosier de presentación infodrogas asfedro

9

Sobre qué se informa en Info- drogas

características propias da sustancia: farmacoloxía, dosificación, vía e forma de consumo,

interacións, efetos agudos e a medio e longo prazo.

dos praceres e dos riscos: sustancia, individuo, contexto, patrón de consumo, coidados

complementarios (antes e despois)

pautas sensatas e razoables /máis perigosas e problemáticas

cómo identificar sinais de alarma

cómo reaccionar ante dificultades y reacciones adversas

O dispositivo Info- drogas pódese instalar en multitude de espazos, no interior dunha nave,

discotecas, festivais, concertos ou no exterior/ aire libre pois dispoñemos dunha carpa totalmente

acondicionada.

Page 10: Dosier de presentación infodrogas asfedro

10

4. Contacta con ASFEDRO

Telefonos de Contacto: 981372112- 12 (preguntar por Carlos ou Xaquín)

Correio elctrónico: [email protected]

Blogue Informativo: http://educandonolecer.blogspot.com.es

: educandonolecer.asfedro

: Infodrogasfedro

: programa O Pinchacarneiro na 93.3 FM. Ou em opaii.blogspot.com