43

EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

  • Upload
    others

  • View
    2

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta
Page 2: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

EDICIÓNGrupo de Acción Costeira Ría de Vigo-A Guarda

TEXTOSMarta Dacosta

FOTOGRAFÍASPaula Pérez

DESEÑO GRÁFICOAstropenta Medioambiente SL

IMPRESIÓNFeito SL.

DEPÓSITO LEGAL

Os datos estadísticos foron extraídos do libro “La mujer en el mundo de la pesca en Galicia”.Xunta de Galicia. Consellería de Pesca e Asuntos marítimos. Decembro 2003.

Page 3: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

É un instrumento de divulgación da aplicación práctica do programa operativo es-

pañol do Fondo Europeo de Pesca 2007-2013 en Galicia.

Co fin de avanzar cara á consecución dos obxectivos do Tratado da Unión Europea

en materia de desenvolvemento sostible e de integración do medio natural en todas

as demais políticas comunitarias aplicadas nas zonas costeiras, a través do programa

preténdese que nas zonas costeiras sexa acadado todo o seu potencial a través dun

proceso de desenvolvemento sostible, mediante a explotación óptima de todas as

súas fortalezas, xa que se constitúen como zonas con alto potencial económico, eco-

lóxico e turístico, de forma que reúnen moitas máis potencialidades que outras zonas

do territorio.

As prioridades estratéxicas que marca o programa para o desenvolvemento inte-

grado das zonas costeiras no próximo período (2007-2013) teñen como fin último a

consecución dun desenvolvemento sostible destas zonas.

GRUPO DE ACCIÓN COSTEIRA

3

Page 4: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

As prioridades, por orde de importancia, son:

1. Manter a prosperidade económica social das áreas e a revalorizar

os produtos da pesca e da acuicultura.

2. Potenciar a calidade ambiental costeira.

3. Manter e desenvolver os postos de traballo: diversificación económica

e reestruturación social.

4.Promover a cooperación nacional e transnacional entre zonas de

pesca.

A Consellería do Mar da Xunta de Galicia, coas competencias en materia de pesca,

é a entidade que impulsa e respalda os GAC dende o seu inicio.

4

Page 5: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Engloba a liña costeira entre Cabo Udra e o río Miño; o 11,4% dos 1.195 Km de lonxi-

tude da costa galega. O mar é o patrimonio esencial das comunidades costeiras galegas.

As actividades extractivas, a industria e servizos vencellados ao mar representan unha

fracción importante da economía do territorio litoral que nos últimos anos vese amea-

zada pola evolución socio económica e o impacto ambiental.

O GAC7 trata de promover a participación social no deseño do proceso de desenvol-

vemento socioeconómico do seu territorio. Cos seguintes obxectivos:

1. Fortalecer a competitividade do sector produtivo do mar: pesca,marisqueo e

acuicultura.

2. Mellorar a contorna natural e a calidade ambiental.

3. Promover a valorización do patrimonio marítimo.

4. Fomentar a cooperación e a igualdade de oportunidades.

5. Contribuir á dinamización social e a xestión participativa do

desenvolvemento.

GAC 7 RÍA DE VIGO - A GUARDA

5

Page 6: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

6

Page 7: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

... a todas as mulleres do mar.

7

Page 8: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

8

Page 9: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Sen elas non existiría o mar. Ese mar que golpea as rochas converténdoas en

piñas de percebes saborosos, ese mar que acariña a area mentres medran cro-

ques e ameixas, ese mar que nunca é tan escuro que non mostre as nasas afun-

didas. Rosana, Eva, Rosana, Elisa, Begoña, Mª Alicia, Consuelo, Carmen,

Mercedes, Ana Belén, Silvia, Guillermina, Carmen e Concepción son as penélopes

de hoxe, as mulleres que non se resisten a agardar sen máis e que, mentres o ma-

riñeiro non regresa, deseñan as súas propias cartas de navegación, dispostas a

levar o leme do futuro.

O salitre curtiu esa sabiduría súa, saben que poden e por tanto queren. Queren

manter os seus oficios, loitar porque melloren as condicións en que os desenvol-

ven, loitar por un medio que siga alimentando a produtividade do mar. Saben que

poden e por tanto reclaman o lugar que lles corresponde, no traballo e na organi-

zación. Porque poden e o saben.

MARTA DACOSTA

9

Page 10: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

10

ROSA

NA

VILL

AR

lonx

eira

89 mulleres traballaban no 2004 nas labores de apoio das Confrarías en Galicia. Hoxe, son máis.

Page 11: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

11

ROSANA VILLAR

Ela di que leva o mar nas veas, que será por iso que non imaxina un futuro di-

ferente a este presente, a este día a día en que nécoras, navallas ou percebes

pasan polas súas mans, pesa, etiqueta, garda, poxa, remata e comeza de novo a

baldear caixas, limpar caixas, varrer chan, baldear chan. A Rosana, neta de per-

cebeiro, que antes foi coa tía vender marisco na praza, o seu traballo é o que máis

lle gusta, ese contacto coa xente... Nun mundo que era só dos homes, porque ás

mulleres sempre lles reservaron os traballos peor considerados. Mais desde hai

unha década a muller decide, enfróntase e elixe oficios para os que antes estaba

mal vista.

Non leu a Isabel Rauber, mais sabe perfectamente que as mulleres precisan em-

poderarse: formar parte dos órganos de dirección e gobernar, non desde o des-

pacho, senón desde abaixo, con coñecemento de causa. Por iso pregunta para

cando unha patroa maior.

Page 12: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

12

EVA

CO

RDEI

ROm

ariñ

eira

Cada día son máis as mulleres do mar con visión empresarial que plantexan plans de explotaciónexperimentais para novas especies, como a anémona.

Page 13: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

13

EVA CORDEIRO

Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo

adiante. Mais na volta dos anos agardaba de novo o mar, no ano en que a ameixa

foi tan abundante. Todo comezou ben e Eva quedou en Cangas, construíndo aos

poucos o futuro, con María e con Anita, as naos que como dúas fillas acompañan

as tarefas da mariñeira e o seu home.

E chegou a nena, así, sen máis, cun petate de cariño e outro de entrega, por iso

a muller traballa mentres todos dormen e desde as tres da mañá recolle, clasifica

e vende nécoras ou camaróns na lonxa. Outra veces vai por anémonas, abrindo o

camiño a unha nova vía de explotación do mar, mais procurando saber exacta-

mente como extraer esta riqueza, porque de nada vale o pan para hoxe, se se

torna fame para mañá.

Seu pai quería que o irmán estudara, non sabía que quen acabaría indo ao mar

sería a rapariga, aínda que soñara ser dentista.

Page 14: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

14

ROSA

NA

BA

STÓ

Nba

teei

ra

As bateeiras polo xeral representan o 50% dos ingresos da unidade familiar.

Page 15: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

ROSANA BASTÓN

Non era o salitre o que acompañaba as súas horas de mocidade. Sobre o

plano, os seus dedos lixados de grafito facían avanzar escuadra e cartabón. Mais

desexaba tempo, máis tempo, o dominio das horas do día. E enrolouse no barco,

as súas mans longas e delgadas deixaron de debuxar sobre a mesa dos planos

para ordenar mexillóns azulado.

O día está medido. Cada hora ten o seu destino. E ela a forza para continuar,

mesmo cando a cativa non durmía a noite enteira, cando a nai roía na muller.

Tal vez cumprise máis, sentirse acompañada neste desexo de liberarse polo tra-

ballo, porque Rosana sabe que precisa desalienarse da vida doméstica, aínda que

nunca oíra a ClaraZetkin dicir que para que as mulleres sexan seres humanos li-

bres non debemos suprimir nin limitar o traballo feminino.

15

Page 16: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

16

ELIS

A P

OCE

IRO

mar

isca

dora

a p

é

No marisqueo a pé é onde menos fillos pensan continuar os pasos profesionais das nais, tan só un 30%.

Page 17: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

17

Na súa estirpe está o salitre das mulleres que se erguen cedo para sementar

as areas do mar, loitando coas algas que impeden que o osíxeno chegue á cría.

Nai, avoas e tataravoas recollendo o froito do mar, por iso a nena comeza traba-

llar na baixamar até que un día deixa todo para ir á fábrica da louza, esa que pe-

chou, e entón, de novo, agora que non é nena, volve á colleita do mar, apoiándose

na súa estirpe de sal.

Outra vez a loitar coas algas e agora tamén a loitar polo espazo que rouba no

mercado o marisco que chega sen atrancos desde outros mares. Cada vez hai

menos traballo.

Leva no seu sangue esa angueira de estar na ribeira, co restrelo enterrado na

area negra, á procura dos furados que deixan as ameixas. Elisa segue sendo a

nena que desde o fondo da ría divisa o lento fluír da marea e vixía o medre da se-

mente que é o seu tesouro.

ELISA POCEIROMariscadora a pé

Concello de Vilaboa

Page 18: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

18

BEG

A G

ON

ZÁLE

Zna

seira

Un tercio das mariñeiras levan máis de 31 anos exercendo a súa profesión.

Page 19: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

19

BEGOÑA GONZÁLEZMariñeira. Nasa butrón

Concello de Soutomaior

Pode ser que un home pregunte a onde vai unha muller. Ela responderá que vai

marear igual cós homes. Despois de vinte anos, Begoña sabe que cando se quere

algo, iso é o que hai que facer, por iso tamén é nai de mariñeira, a filla que apren-

deu o oficio canda ela: ir ao mar, levantar redes, recoller anguías, largar redes, vol-

ver a terra. Sumar o traballo da casa, facer as redes á tarde, e volta a roda a xirar,

mentres o longo peixe escorre entre as mans ocultando a súa saborosa carne.

É posíbel que ao primeiro o medo apertase, mais hoxe sábese capaz, igualmente

capaz e por iso igualmente destinataria dos mesmos dereitos, esa conquista in-

conclusa que é unha vitoria. Aquí seguirá até que lle toque entregar o relevo, dei-

xar o seu posto para que sexa ocupado por outra muller, nese oficio en que sempre

hai o mesmo número de traballadoras e traballadores.

Page 20: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Mª A

LICI

A Á

LVA

REZ

reco

lect

ora

20

Un 9% das mariscadoras a pé diversifican a súa actividade coa explotación de novos recursoscomo os poliquetos.

Page 21: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Mª ALICIA ÁLVAREZExtracción de poliquetos

Concello de Redondela

Mais as mulleres somos expertas en abrir camiños. Botámonos ao mundo e,

aos poucos, vemos atrás de nós as rodeiras de días laboriosos, dando o seu froito

na organización e na regulamentación dos traballos, por máis innovadores que

estes sexan.

Alicia atravesou o espello por moi pouco tempo, porque o mar da súa infancia

agardaba por ela. E aínda que ensaiou outros labores, volveu rapidamente á unha

realidade de horas de traballo duro que lle permitiron sacar adiante á filla, compa-

xinar as xornadas coas que as mulleres cargamos.

Á fronte a evidencia de que o mar precisa de nós, afastándoo da contaminación

e da especulación que o destrúen vorazmente, co mesmo coidado co que lle dá

osíxeno aos primitivos seres que captura e mantén vivos na súa delicadeza ex-

trema.

21

Page 22: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

CON

SUEL

O D

IZm

ariñ

eira

22

Un alto porcentaxe de mariñeiras están enroladas en embarcacións con alternancia de artes.

Page 23: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

CONSUELO DIZMariñeira. Trasmallos

Concello de Redondela

Deixa o trasmallo entre a illa e a costa e entre os panos da rede quedan os

chocos envoltos na súa propia tinta, sen poderen fuxir. Dúas veces ao día deixa o

trasmallo e recólleo, deitando a rede do traballo do abrente ao solpor. Non sabía

do mar, mais está nel como se herdase varios ferrados de salitre aquí onde a

marea deixa paso a un corredor de area, polo que nunca volverá a amante aban-

donada que cantara Meendinho.

Consuelo chegou ao mar despois de deixar o traballo na conserveira por coidar

da pequena, e agora déixase levar polo seu vaivén mentres bota ou apaña a rede.

Do mar vén o pan que enche a súa mesa, e a do seu fillo, xeración que continúa

os labores familiares.

23

Page 24: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

24

CARM

EN C

HA

MO

RRO

rede

ira

Os datos oficiais din que existen arredor de 700 redeiras aseguradas, coas ilegais cóntanse 1.200.

Page 25: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

CARMEN CHAMORRORedeira do cerco

Vicepresidenta da Asociación de RedeirasConcello de Nigrán

L evamos o traballo como herdanza do noso sexo. Non importa cando, non im-

porta onde. As avoas e as netas traballamos sen descanso.

Carmen aliste as redes do cerco, tal e como aprendeu do pai. E faino co mesmo

orgullo co que procura cada día un futuro máis digno, levando a súa loita a todos

os lugares que correspondan, sen límite, nin fronteira, por dignidade. Sabe que

cómpre dotarse de ferramentas, sabe que o horizonte non é infinito, que calquera

ano desaparecen as redeiras. Un escuro futuro que un día anunciou o chapapote.

E hai moito mar por navegar, porque aínda o barco dos homes ten maior eslora

e calado e pode avanzar máis seguro contra o embate das ondas, mentres elas,

quedan atrás, aínda, traballando para fortalecer as chalanas que non van aban-

donar. Teñen clara a súa rota, saben que deben tomar o leme, por iso nunca dei-

xan de vogar.

25

Page 26: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

26

MER

CED

ES L

EMA

mar

isca

dora

a p

é

As mariscadoras a pé conforman o colectivo profesional de mulleres máis numeroso, cun 64%.

Page 27: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

27

Tan só dous anos para pasar o relevo, deixar atrás as mañás de frío e esque-

cer o calendario das mareas. A praia agardará os seus paseos. Nada máis. Porén,

serán moitos os días en que rememore todos estes anos recollendo marisco,

meses enteiros pasando as mans polo raño.

Merchi veu ao mundo en Sabarís, Baiona, e acabou deixando atrás o Atlántico

para transitar as rúas de Madrid e Barcelona coa ilusión de sacar adiante as dúas

fillas. Cando volveu, a mediados dos oitenta, redescubriu a praia e os seus tesou-

ros: mariscar non era só o xeito de levar pan a casa, era a tarefa compartida, a

constatación das melloras que precisa o medio, a dirección da asociación de ma-

riscadoras, mulleres decididas que seguen a desenvolver con orgullo un oficio ar-

tesanal e que ela dirixe desde hai dez anos.

Erguida, co raño ao ombro, Mercedes Lema entrégase ao seu labor.

MERCEDES LEMA

Page 28: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

28

AN

A B

ELÉN

RO

DRÍ

GU

EZna

seira

Un 12% exerce a súa profesión, entre outras razóns, pola vocación ao traballo no mar.

Page 29: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Cada día no mar é unha nova aprendizaxe, unha sorpresa dentro da nasa, o

lombo brillante dun arroaz recortando a luz da mañá. Ana Belén róuballe horas á

noite e sae seguindo a corda das nasas, coma quen segue un fío dentro do labi-

rinto do mar. E ela a muller capaz de os guiar a todos e todas, de halar e soltar as

nasas, á procura dun polbo cada vez maior.

Ensaiou na infancia vendendo carrapicho, así que o seu é un longo coñecemento

en rochas e ondas, en separar a xeito os lamparóns ou coller os ourizos sen ma-

goarse.Nada foi doado. Mais aí estaba a man do irmán para a soster con forza. E

cada tarde os sorrisos infantís que pagan todas as entregas.

Sabe o que quere, por iso é quen de gobernar o seu propio leme, seguir unha

rota que ela mesma debuxa, capitana contra as treboadas da vida, navega certa

de que o tempo devólvenos máis sabias.

ANA BELÉN RODRÍGUEZ

29

Page 30: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

30

GU

ILLE

RMIN

A S

ESTO

perc

ebei

ra

Un 45% das percebeiras a pé considera que o seu traballo é valorado socialmente.

Page 31: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

31

Atende ao parte. Guillermina sempre pon o telexornal para saber se mañá,

cando saia á costa rochosa, non haberá nin vento, nin chuvia, nin néboa que pexen

o seu traballo. Salta lixeira, antes de que a onda chegue, segúrase e logo volve

polos percebes. É como bailar un valse coa rompente, vou, vés.

Un valse co mar e coa casa, agora saltando as rochas, antes aleitando os fillos,

despois coidando dos avós. Sen perder o ritmo. Muller ou fulcro sobre o que des-

cansa unha casa enteira. Muller ou forza para bailar co mar. Muller ou sabedoría

adquirida en horas de dedicación e alerta. Muller que demostra cada día que o

mundo tamén é noso.

A Guillermina Sesto Fernández gústalle a música do mar, o seu compás de nove

ondas cun horizonte limpo. Por iso sempre agarda paciente coa rasqueta e o saco

no van, aínda que nunca saiba canto vai gañar ese día.

GUILLERMINA SESTOPercebeira

Concello de Oia

Page 32: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

32

SILV

IA D

OM

ÍNG

UEZ

ouric

eira

Un 36% das percebeiras a flote compaxina a súa actividade coa extracción de especies como o ourizo.

Page 33: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

33

SILVIA DOMÍNGUEZ

Sobe os salabardos desde o fondo do mar coma quen tira auga dun pozo pro-

fundo. Salabardos cheos de pugas brillantes, acoirazados que gardan as saboro-

sas gónadas. Sempre que sae ao mar, na procura dos ourizos, sabe cantos debe

traer. Sobe os salabardos ela que podería estar no fondo do mar recontando os

corpos fráxiles dos animais prehistóricos, mais a tona da auga é unha barreira in-

franqueábel, aínda.

De pequena recollía argazo, o mesmo argazo que envolveu a Broustenac cando

emerxeu das augas na gamboa de Oia, e deitábao a secar ao sol atlántico desta

costa rochosa. Houbo un tempo en que o mar non era a súa vida. Mais tornou,

porque o leva dentro, porque forma parte do seu ser como esa lingua que conta en

que lugar naceu Silvia, aquí onde o Argallo se precipita, e a terra semella que parou

de vez ante a maxestosidade do océano.

Tamén ela pertence a esta tribo de mulleres botadas ao mar, mariñeiras que na-

vegan á par de Ulises.

Page 34: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

34

CARM

EN B

ARB

OSA

rede

ira

Un 68%, máis da metade das redeiras, din coñecer persoas que realizan a súa mesma actividadede maneira irregular.

Page 35: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

35

CARMEN BARBOSARedeira

Integrante da Xunta Directiva do GACConcello de A Guarda

Na casa de Tinita as nenas somerxen as mans nas redes. Un balbordo de

nenas bisnetas da mesma avoa, continuadoras da estirpe. Nenas ou penélopes

que aprenden a gobernar os fíos enchendo agullas. Despois nas chabolas seguen

enchendo agullas, limpando cordas, colocando panos... armando redes. Oficio de

mulleres, penélopes que tecen e destecen as redes de Ulises, gardando o seu

reino mentres el non regresa.

Un día as cordas e os fíos quedan atrás para coidar dos fillos e da casa. Só anos

despois, volve a angueira do traballo compartido nese ir e vir de mans que nunca

paran, mentres cantan as vellas cantigas.

Carmen tece e destece, os seus fillos partiron polo mundo adiante e ela segue a

tecer, como esas palabras súas estremeiras do mar e do río, verdadeira rede que

reúne nun único lance as terras de aquén e alén Miño.

Page 36: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

36

CON

CEPC

IÓN

ORT

EGA

xere

nte

Un 40% de mulleres ocupan postos de responsabilidade nos órganos de goberno de confrarías ou en xuntas directivas de agrupacións de pescadores.

Page 37: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

37

CONCEPCIÓN ORTEGAXerente da Asociación de Espadeiros de A Guarda

Integrante da Xunta Directiva GACConcello de A Guarda

Primeiro foron os estudos, logo a docencia e finalmente a paixón do mar. Hoxe

está satisfeita de traballar no medio que máis a atrae, desenvolver o seu labor no

ámbito que soñou un día, cando deixaba atrás as aulas universitarias. A pesar de

que o século XXI comezou o seu tránsito, ás veces houbo que botar man dun traxe

masculino para ser escoitada, para erguer a voz nun medio que a miraba con des-

confianza. Petaba co seu ábaco contra o teito de cristal en que quedan atrapadas

tantas mulleres que demostraron en anos de estudo a súa valía.

Concepción goberna o seu barco e forma parte da tripulación que ten a enco-

menda de levar adiante os proxectos necesarios para facer visíbeis as nosas re-

deiras, mariscadoras, mariñeiras. O imprescindíbel labor de derrubar os muros que

non nos deixan ver que as mans, a ollada, as palabras das mulleres son absolu-

tamente necesarias.

Page 38: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

38

Page 39: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

39

Moitas grazas ás asociacións de mulleres, aos Centros de Información á Muller e ás

organizacións profesionais do sector pesqueiro da zona GAC 7 pola súa axuda na

elaboración desta publicación.

Agradecementos especiais ás mulleres entrevistadas.

Page 40: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

40

Page 41: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

41

Page 42: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

Empresa realizadora

Page 43: EDICIÓN TEXTOS FOTOGRAFÍAS DESEÑO GRÁFICO IMPRESIÓN ... Mar de Mulleres_4.pdf · Nacer na mesma area en que se constrúen os barcos e partir polo mundo adiante. Mais na volta

U N M A R D E M U L L E R E SUn proxecto de valorización da muller no mar

G A CRía de Vigo - A Guarda