20
EMBATE Voceiro Nacional de ADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega) abril-maio-xuno 2007 numero 6

EMBATE 6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Voceiro de Adiante Mocidade Revolucionaria Galega

Citation preview

Page 1: EMBATE 6

EMBATEV o c e i r o N a c i o n a l d e A D I A N T E ( M o c i d a d e R e vo l u c i o n a r i a G a l e g a )

abril-maio-xuno 2007 numero 6

Page 2: EMBATE 6

ESPA

DEL

AART

ESAN

ATO

· R

úa d

o Vi

lar,

58-

B

Com

post

ela

GRÁFI

CAS

PLAN

ETA

· Pe

drau

cha

9 ·

Tam

eiga

-Mos

LIBR

ERIA

MEN

DIN

HO

· A

vda.

Cas

tela

o, 7

· V

igo

CASA

DAS

CREC

HAS

· Vía

Sac

ra,

3 ·

Com

post

ela

APO

LAN

APO

LA·

Rúa

Cer

vant

es,

19 ·

Vig

o

O B

ARD

O ·

Cer

vant

es 5

, Ba

ixo

· Vig

oLI

BRARIA

AN

DEL

· Rúa

Pin

tor

Lugr

ís,

10 ·

Vig

o

AN

ILPE

RRU

QU

EIRO

S· P

raza

de

Feix

óo,

nº 3

Com

post

ela

P U B L I C I D A D E

[email protected]

ALJ

AM

Rib

adav

iaEM

BORA

· Rúa

Tra

s Fi

z de

Sol

ovio

, 2·

Com

post

ela

ATU

LLA

· En

trer

rúas

, 1·

Com

post

ela

EMBATE

2

Page 3: EMBATE 6

EMBATE

número 6 - abril, maio, xuño 2007

y

Voceiro Nacional deADIANTE (Mocidade Revolucionaria Galega)

y

[email protected]

y

EMBATE non ten por que compartir

necesariamente a totalidade das opiniónsaquí expresadas

y

Pódense reproducir os artigos citando afonte

y

Dep. Legal: C-1813-2005

CONtidos

Non van ser os próximos anos bos tempos para o pobo traballador galego, se é que o foron algunhavez. Os principais indicadores sociais e económicos elaborados nos distintos servizos de estatísticado inimigo así o confirman e as tendencias que prevén deseñan un panorama desolador cara ohorizonte (non tan afastado) do 2020. As bases materiais da nación están en serio perigo. E mentresresistimos.

Resistimos @s que podemos, onde podemos, precarizad@s, rodead@s, na paciencia revolucionariado día a día, saturad@s, asfixiad@s, moitas veces reprimid@s. E porén resistimos.

Resistimos organizándonos nos sindicatos nacionais e de clase ou mesmo na clandestinidadereticular no interior dos centros de traballo.

Intentamos resistir defendendo o que queda dun sistema público de educación, cada vez máisatacado polas directivas das oligarquías organizadas na Europa dos mercaderes. E, como sempre,non deixamos de reclamar unha escola nacional e popular, alicerce de pedagoxías liberadoras.

Resistimos creativamente erguendo asociacións culturais e centros sociais, pequenos espazosliberados, que devagar vanse espallando por toda a xeografía nacional.

Ou facendo frente na batalla mediática coas nosas dispersas forzas, desde distintas barricadas, condistintas voces.

Ou as mozas que porque si, porque nos peta, queremos vivir libres. Libres nunha Galiza liberada.

Ou, sempre, na defensa da terra porque Galiza nin se compra nin se vende.

Resistimos organizando candidaturas populares nos concellos que con ser poucas, apenas en tresconcellos ou, o que é o mesmo, non chegan ao 1% dos concellos do conxunto da nación, indican ocamiño a seguir. Desde ADIANTE tamén chamamos a ocupar os concellos en maio, a apoiaractivamente as candidaturas populares de Vigo, Cangas ou Ponteareas.

Resistimos, e contodo, desde ADIANTE cremos na necesidade de crear ferramentas políticas amplase plurais, nacional-populares, que permitan á nosa xeración seguir empuxando cara a Galizaliberada, que, máis alá da utopía, é hoxe unha necesidade vital. Desde a base, desde a construciónnacional no día a día, temos que elevarnos a maiores cuotas de organización. Cos obxectivosestratéxicos da Independencia Nacional e o Socialismo enriba da mesa, sen buscarlles agocho, ecomo principios básicos a Autodeterminación e o Poder Popular, deberiamos @s revolucionari@sgaleg@s ir cara un congreso nacional-popular, no que todo sexa posíbel, sen condicións ninpartidismos. Un congreso que represente o punto de partida dunha nova etapa do movementosoberanista. Só así poderiamos seguir turrando de Galiza coas suficientes garantías para que taménaquí a primavera sexa algo máis que un anaco do calendario e que podamos desfrutar milprimaveras máis como galegas e galegos libres, soberan@s, camiñando con alegría cara o socialismodo século XXI.

[páx.3] Editorial

[páx. 4--6] A independencia de Escocia?Unha lección de democracia

[páx. 7] Que acontece coa Núria?

[páx. 8-9] Loita contra a precariedade

[páx. 10-13] Entrevista a Fuga em Rede

[páx. 14--17] Referentes históricos da loitaxuvenil - Ógra Shinn Féin

[páx. 18] Do movemento de okupación

[páx. 19] Música/libros/www

Editorial

EMBATE

3

Page 4: EMBATE 6

EMBATE

4

A Independencia dE Escocia??Unha lec-ción de democracia.

Un novo Estado na Europa occidental?

O 1º de maio deste ano 2007 a Acta deUnión entre Escocia e Inglaterra cumprirá 300anos.Nas eleccións do 3 de maio, o Partido NacionalEscocés (SNP) pode

chegar a con-verterse no par-

tido máis votadode Escocia(segundo o xornalinglés e conserva-dor The Times, oSNP conseguiría45 escanos fron-

te aos 42 doslaboristas de

E s c o c i a ,dun totalde 129),

dominandoo parlamento de Hollyrood en

Edinburgh (restituído desde 1998).Aínda que a priori parece que o sistema pro-

porcional vaille impedir obter unha maioría

absoluta de escanos, pretende convocar un refe-rendo democrático sobre a vontade dos e dascidadás de Escocia de elixir o seu futuro, isto é, aindependencia da nación escocesa ou a súa conti-nuidade no Reino Unido xunto con Inglaterra,Gales e o Ulster irlandés. Ademais, o SNP nonestará só; respáldano os Partidos Socialista,Verdee Solidarity, tamén independentistas.

O nacionalismo escocés (Socialistas, Verdes, etamén o SNP) caracterízase polas súas posiciónsprogresistas e de intervención pública a través depolíticas sociais.

Ademais, posiciónase contra a invasión de Iraq eas centrais nucleares, apostando por unha Escociaecolóxica e socialmente máis xusta.

O nacionalismo de esquerda, representado poloSSP (Partido Socialista Escocés) e agora o novo partido Solidarity (cons-tituído a partiresdunha escisión do SSP no transcurso de 2006 feitapolo anterior líder Tom Sheridan,debido a un escándalo na súa vida privada) defen-de tamén o dereito democrático de todas as

BRAIS FIDALGO

Page 5: EMBATE 6

EMBATE

5

nacións á autodeterminación, entendida coma aconstrución dunha estrutura política (Estado)encargada de facer políticas públicas para as clasespopulares e traballadoras escocesas.

No seu programa o SSP propón o referendo sobrea independencia para finais deste mesmo ano,reclamando a oportunidade de ouro que se llepresenta os favorábeis do SI, e acusando ao SNPde cometer un erro histórico para Escocia se nono fai así.

Por outra banda, Alex Salmond, líder dos nacio-nalistas e o SNP, conta non só co poder que lleoutorgan as enquisas como gañador para arrancarcoa campaña electoral, senón tamén co apoiofinanceiro das empresas máis importantes deEscocia como o Royal Bank of Scotland (que é a ter-ceira entidade máis importante do mundo) e oseu director, e con estrelas da grande pantalla quefan ao SNP e á súa causa moi popular, coma SeanConnery.

Programa do SNP:

u Referendo 2010. uComida gratis nas escolas aos nenos/as de ata 5 anos o primeiro ano, feito que seespallaría e a todas as idades no futuro. uArranxo de infraestruturas (en concreto estradas) uRetirada de todas as plantas nucleares de Escocia e oposición ao gasto públiconeste senso, que sería substituído por enerxías renovábeis. uAumento de impostos nos salarios substituíndo o alto imposto dos concellos sobreos inquilinos das vivendas. u1000 políticas públicas máis, entre elas unha grande maioría de carácter social,algunhas tamén preparatorias para o referendo e a autonomía de Escocia.

Escocia conta cun importante recurso que a faicoñecida en Europa e que é unha arma irresistibleque o independentismo escocés non pode obviar:o petróleo do mar do Norte que foi descubertonos anos 70 e quelevanta unha importan-tísima industria noReino Unido ao nonter que depender deimportacións destetipo.

A independencia, a pesares de que o nacionalismo(sinónimo de independentismo no caso escocés)gañe as eleccións do 3 de maio, non está garanti-

da, pero si a existencia dunha consulta popularque lle vai permitir a máis de cinco millóns decidadáns de Escocia expresar a súa vontade demo-crática sobre o seu futuro, como pobo que pode

decidir.Os inquéritos que semanexan falan dun 52%de apoio á independenciano caso da convocatoriado referendo, e dun 35%

de apoio á continuidade no Reino Unido.

A estrutura territorial do Reino Unido foi semprea dun Estado unitario, non nos enganemos, nonexistindo, até datas recentes, ningún nivel de

“O SSP propón o referendo sobre a

independencia para finais de ano”

Page 6: EMBATE 6

tas Comunidades Autónomas e sendo o ReinoUnido un Estado fortemente centralizado en

Londres.

b)Desde o socio-

político:

As enquisas feitas napropia Inglaterra, non só enEscocia, móstrannos taménunha maioría de opciónsfavorábeis á independencia

dos seus veciños do norte.Así, de acordo coa enquisafeita pola empresa ICM epublicada en The Sunday

Telegraph, o 48% dos ingle-ses estaría a favor da posibili-

dade de que Inglaterra se sepa-re de Escocia, Gales e o Ulster

irlandés. E o 59% dos e das ingle-sas aceptan a independencia deEscocia, sendo rexeitada por

só 28%. Ademais, o 68%dos e das inglesas des-

exarían que o seu paístivera un parla-mento propio (doestilo que teñenEscocia, Gales e oUlster), sendo o25% as que non oconsideran necesa-rio.

O máis sorprendentepara as e os cidadáns das

nacións sen estado que habita-mos no Reino da España é que

este debate se trata entre os polí-ticos profesionais británicos, nas institucións,medios de comunicación e, en xeral, na opiniónpública da illa, con total naturalidade, certa nor-malidade e sen dramatismos demagóxicos nin ruí-dos de sabres golpistas.

EMBATE

6

goberno entre o poder central e local. Aínda así,os entes locais sempre gozaron de amplas compe-tencias, desenvolvidasaínda máis como conse-cuencia da expansión noséculo XX do "estadode benestar", sendoestas as encargadas deimplementar numerosas políticaspúblicas.

Esta posibilidade de consultapopular nas nacións sensoberanía do EstadoEspañol sería un imposí-bel, e isto a pesares de serpresuntamente un dos Estadoscunha maior "descentraliza-ción" territorial da Europa.Cómpre aclararneste punto queunha cousa é des-centralización polí-tica e outra descen-tralización administrati-va, e unha cousa é unEstado plurinacional e outra un Estadonacionalista; no caso do Reino daEspaña, as segundas das opcións son asparadigmáticas.

Así, facendo unha análise comparati-va dos dous Estados dende diferen-tes eidos pódemolo visualizar mellor:

a)Desde o político-

institucional:

O Reino Unido é unEstado cunha forte com-poñente plurinacional Así, Escocia, Gales eIrlanda do Norte (aínda que este caso é distinto ásoutras dúas por ser parte da nación irlandesa) sondenominadas nacións, e iso a pesares de dispor demoita menor autonomía administrativa que moi-

“Esta posibilidade de consulta popular

nas nacións sen soberanía do Estado

Español sería un imposíbel”

ORGANIZATE E LOITA!www.adiantegz.org

Page 7: EMBATE 6

EMBATE

7

Que acontece coa Núria?XENÍZAR V.G.

Núria Pòrtulas é unha educadora social de 26 anos natural da vila catalá de Sarrià de Ter. A Núria levasecuestrada nunha cadea española dende o pasado 7 de Febreiro acusada baixo a chamada "lei anti-terrorista".

A falsa imputación foi executada pola Área Central de Información dos Mossos d´Esquadra, dependentes dosmembros de ICV-EUiA Joan Saura e Joan Boada, "comunistas" arrepentidos.

Os "motivos" da súa detención serían, por unha banda, a presunta relación da Núria co activista Surroche, acu-sado da sabotaxe dos trens italianos que deportan emigrantes, e pola outra, os contidos da axenda persoal darapariga, axenda na que se relatarían preparativos e contactos "terroristas". Así, con ese termo. Todo o mundosabe que @s terroristas consideran coma tal ás súas accións e a si mesm@s. É todo demasiado absurdo…

Pois iso, con tan grandes "evidencias", Núria foi secuestrada eincomunicada, o seu domicilio en Can Rusc (Casa Colmea) e odos seus parentes foron literalmente saqueados, e o seu barriofoi ocupado baixo unha especie de estado de excepción porducias de carros "anti-disturbios" (ten coña o nome).

O propio xuíz Pedraz, do tribunal político "Audiencia Nacional" (antigo TOP franquista), perante a evidenciapola cagada da montaxe dos Mossos de Saura, retirou os cargos. Pero @s ex-comunistas (e non hai peor fascis-ta que @ convers@…) convenceron ao xuíz de que "algo atoparían". Escadaloso. Primeiro deténse e despoisprocúranse as probas… O caso é que perante a claridade da pantochada toda a veciñanza da Núria e todos oscolectivos e partidos (excepto ICV-EUiA e o PP) levan case dous meses botándose á rúa para exixir a inmedia-ta liberación da súa compañeira, amiga, familiar, veciña,…

Aquí, á Galiza, non chegou ningún tipo de información. Iso que agora "estamos en democracia" e isto "non éCuba nin Venezuela", que dirían @s progre-fachas de PRISA. Pero se non chegou nada é, sobre todo, porquenon convén descubrir estes grandes casos de represión.

Porque o que está a acontecer coa Núria é un verdadeiro caso de represión política, dos de verdade. Non é esa"repressom" que padecen de cando en vez algún/has universitári@s en "vacacións revolucionarias" por iren trasa madeira para que @s leven a durmir ao caldeiro e seren as estrelas do internet ao día seguinte. Non. Este é unauténtico ataque, unha auténtica represalia, ao corazón e á esencia das persoas autenticamente antagonistas, loi-tadoras, críticas, con espírito transformador.

O caso da Núria é tamén un aviso a esas/es compatriotas nos@s que se fan pallas pensando na inminente crea-ción dunha policía "galega" por parte do bipartido PsoE-BNG. Os ICV-EuiA eran até hai pouco asídu@s mani-festantes contra a lei "anti-terrorista" e en contra dos abusos policiais. Pensamos que non vai a acontecer omesmo co/as nos@s "amig@s" bloqueir@s rexindo un corpo cipaio nunha "Consellería de Interior"? Mudaráalgo cunha "Ertzainza galaica"? O caso da Núria é un de tantos…

Tarde ou cedo Núria estará na casa. O seu secuestro é un xigante con pés de barro. E a Núria seguirá a traballar,de seguro, dende a base por unha Catalunya igualitaria nun mundo libree sen clases. Pero namentres precisa de todo o noso alento. E despois pre-

cisaremos seguirmos en garda. Porque nun mundo que aínda é capita-lista, seguirán as manipulacións, as montaxes, a chantaxe, a distor-

sión, a represión e o crime. Pero con solidariedade e firmeza de clase,co exemplo da Núria Pòrtulas, a nosa loita é imparábel. E o saben.

NÚRIA PÒRTULAS OLIVERASCENTRO PENITENCIARIO MADRID

AP 200 COLMENAR VIEJO MÒDULO 1228770 MADRID (CASTELA)

Page 8: EMBATE 6

EMBATE

8

LOITA CONTRA A PRECARIEDADEFolga en Pizza Hut

É xa coñecida por tod@s a práctica habi-tual do capitalismo por afogar á clase obreira.Unha práctica que ó longo do tempo, pouco apouco, foise perfeccionando e especializando naexplotación por sectores de poboación. É o casodalgunhas multinacionais que invisten grandescantidades de capital en campañas publicitariasadicadas ao "reclutamento" da mocidade para asíconseguir man deobra dócil e barata.Desta maneira pode-mos entender a proli-feración de grandesmultinacionais colo-nialistas como McDonalds, Telepizza, Pizza Hut,Burguer King, e demais empresas da xa chamadacomida-lixo.O auxe económico destas grandes multinacionaisvése sustentado basicamente por dous piares:oferta dun produto, que obteñen a moi baixocuste debido á nefasta calidade do mesmo; xuntocoa explotación do seu persoal - que non supera amedia de 27 anos de idade-. Dous factores quexuntos resultan unha fórmula maxistral para ama-sar grandes cantidades de beneficios económicos.A oferta de media xornada laboral xunto coacompatibilidade cos estudos resulta un cebo moiapetecíbel para a mocidade. Sen embargo a reali-dade dista moito destas campañas publicitarias. Ocerto é que as medias xornadas acaban alongándo-se ata converterse en xornadas case completas e a

compatibilidade cos estudos, un dereito que reco-lle o mesmo convenio laboral deste tipo deempresas, pouco a pouco deixa de respectarseatendendo, por exemplo, a necesidades de produ-ción. A promoción e ascenso dentro da empresa éoutro dos cebos publicitarios que chama a aten-ción, @s moz@s que confían nesta posibilidadeacostuman atoparse coa cruenta realidade: oscontratos temporais. A promoción na empresaresulta complicada cando é difícil superar os seismeses traballando na mesma.Vai facer dous anos que un grupo de traballa-dor@s de Compostela protagonizan unha intensaloita sindical a favor dos seu dereitos laborais.Falamos con Xosé Manuel Mahía Cotón, repre-sentante d@s traballador@s de Pizza Hut:

Cómo foron os teus comezos nesta loita?

Eu levaba traballando dez anos na empresa e ungrupo de traballador@s decidimos asesorarnosno sindicado (a CIG) cando xa non aguatábamosmáis. O primeiro paso que demos, e fundamen-tal, foi elixir un representante sindical, cargo que

ata entón ocupaba oxerente da tenda. Ninimaxinábamos o que senos viña enriba, a convo-catoria de eleccións foitomada pola empresa

como unha declaración de guerra en toda regra,até o punto de que a algúns compañeiros chegou-lles a custar o despido.

Houbo algún detonante que vos impulsa-

ra a dar este paso?

O detonante foron as horas extras que facíamos enon cobrabamos, ou que se nos dera tan só un díalibre á semana, dos dous que nos correspondíanpor convenio. Así de mal estaban as cousas. Asíque cando fixemos as eleccións, a miña candidatu-ra foi votada por tod@s @s meus compañ[email protected] partires de aí comezamos un largo camiño quese iniciou con sucesivas demandas á Inspección deTraballo, pero os avances eran lentos e a empresa,lonxe de entrar en razón, cada vez radicalizabamáis a súa postura. O ambiente pouco a pouco

SABELA ROMERA

“A folga foi positiva, pero de todos os

xeitos, seguimos na loita”

Page 9: EMBATE 6

EMBATE

9

A CONTRA A PRECARIEDADEolga en Pizza Hut

foise quentando, así que despois de varias asem-bleas decidimos que o único camiño era a folga.

Cales eran as reivindicacións desa folga?

Pedimos a retribución e compensación das horasextra, o cumprimento dos calendarios de vaca-cións, dous días libres á semana. Exiximos unmínimo dun 80% de contratacións indefinidas naplantilla, ter fins de semana libres…

Como foi o comportamento por parte da

empresa? E cal é a vosa valoración do

resultado da folga?

A empresa, sinxelamente, non o podía crer. Oprimeiro día que saímos á rúa todo o equipo dexerencia era "un alabar a dios". E a verdade e queisto beneficiounos. A situación resultoulles tangrave que aos catro días de folga o "ninguneo" ini-cial de “no tenemos absolutamente nada quehablar con vosotros”, converteuse na aceptaciónde todas e cada unha das nosas reivindicacións.Polo tanto, para nós a folga foi, por suposto, posi-tiva. De todos xeitos, seguimos na loita. Traloremate da folga e despois de seis meses de calmaviñeron as represalias. Varios compañeiros foronsancionados, unha compañeira que traballabanunha academia impartindo clases, perdeu o tra-ballo porque non lle foron respectados os hora-rios do outro chollo, e eu mesmo fun despedido.

Cal é agora a vosa situación?

O meu despido foi declarado nulo pola xuíza einmediatamente incorporeime ó meu posto detraballo nas mesmas condicións que tiña. A situa-ción dos outr@s compañeir@s tamén se norma-lizou, iso si, pola vía xudicial. Dende a folga ataaquí moit@s compañeir@s foron marchando,pero inda resistimos uns [email protected] verdade e quea empresa fixo unha forte e lucrativa campaña nanosa contra, e todo aquel que se nos achega étachado de "radical" e a súa renovación periga.Por outro lado tamén o esquirolismo está á ordedo día. Con todo, somos optimistas. Dende quecomezou a loita ata o de agora a nosa situaciónlaboral mellorou, e era iso o que pretendíamos,temos polo tanto razóns para ser optimistas.Saúde e boa sorte!

S o r t e t a m é n p a r a t o d o s / a s

o s / a s m o z o s / a s q u e d e n d e

e m p r e s a s s i m i l a r e s a e s t a

( e n C o m p o s t e l a T e l e p i z z a e

P i z z a M ó v i l e s t i v é r o n s e

m o b i l i z a n d o r e c e n t e m e n t e ) ,

e s t á n a l o i t a r o r g a n i z a -

d o s / a s p a r a d e m o s t r a r q u e

a m o c i d a d e n o n s o m o s m a n

d e o b r a b a r a t a e m a n s a

d o a d a d e c o n t r o l a r .

l o i t a m o s

unid@s, vence-

remos loitando!!

Page 10: EMBATE 6

Entrevistamos a...

EMBATE

10

Aprendemos doutras luitas, mas para crear movimento aqui“ ””

EMBATE - Como se formou Fuga em Rede?

FeR - Fuga em Rede jurdiu realmente daCorunha, dum grupo de gente do A Treu.Tinhamganhas de há tempo de fazer um colectivo de soli-dariedade internacional que criara também umharede galaica.Figerom umha primeira viagem a Palestina trêspessoas, e ai se lança Fuga em Rede. Forom-seplantejando todas as dimensões do projecto. Porum lado, a faze telemática, a web. Parece-nosimportante o trabalho local, que todo o que faga-mos se visualice. Porque, com todo, o que se podedebater e falar sobre se há muito ou pouco movi-mento antagonista na Galiza, eu creo que nom se

vê. Entóm o plantejamento também era o de queisto se veja. Depois, a parte, também estám as bri-gadas, os projectos directamente de colaboraçom,que nom quere dizer que seja "turismo político".A história é que a gente já militante, com umhatrajectória antagonista, entre a fazer parte de bri-gadas para que nós aprendamos delas/es parareverter logo aquí e que poidamos entrar emdiversas colaborações. O projecto há pouco quecomezou a andar.EMBATE - Traer isso e amossa-lo...

FeR - Amossa-lo, sim. Nom só na web, senóm empalestras, nos centros sociais aqui. Amossar a rea-lidade galega, à gente de a pé, e à gente do movi-

Desta volta conversamos com umha jovem integrante do colectivo brigadista Fuga em Rede. Este

grupo trabalha por espalhar na Galiza as aprendizagens colheitadas nas suas viagens internacio-

nalistas a zonas em resistência como Chiapas ou Palestina.A nossa convidada relata-nos as suas

impressões durante a sua estadia de meio ano nas comunidades indigenistas que luitam por criar

espaços colectivos autónomos ao Governo do Estado Mexicano. Centra a sua crítica especialmente

no fenómeno do "turismo político" que é practicado por certas/os mal-chamadas/os brigadistas.

Page 11: EMBATE 6

fuga em rede

EMBATE

11

”mento também.Tiramos aprendizagens que nos figerom vêr ascousas ou incorporar jeitos de actuar ou dinámi-cas do movimento distintas das que conheciamosaté agora. E a nossa ideia é também pôder brin-dar-lhe e compartir isso com todo o mundo.

EMBATE - Que trabalho fam as brigadas?

FeR - A brigada do ano passado a Palestina erapara estabelecer contactos, basicamente. Porqueera a primeira vezque se ia. Entomseleccionarom-seaqueles projectoscom os que se queria colaborar, a maoiria noEstado de Israel, movimentos da sociedade civilorganizada, alguns de apoio directo à causapalestina como Anarquistas contra o muro.Começarom sendo um movimento Queer, ummovimento de libertaçom sexual. Remataromtambém por fazer um campamento contra omuro da vergonha, vinculando-se aos campospalestinos. Desde elas/es até ISM (MovimentoS o l i d a r i oInternacional) ,que se adicam àacçom directanom-violenta.E agora este anopretende-se seguira trabalhar com elas/es com vistas a poder fazerum trabalho de contínuo no que se supere o"turismo político" e no que o movimento desolidariedade seja mútuo. Nom ir a salvar-lhe avida a ninguém, porque sabem perfeitamentecomo salva-la. Mas sim para compartir e apren-der.

EMBATE - Nom vos preocupa que se vos

confunda com umha ONG?

FeR - Somos todo o contrário a umha ONG. Aquestom é fazer as cousas bem para para quenom se nos confunda com umha ONG. Ser coe-rentes.Desde que se botou a andar, queremos que senos vexa com qualidade galega, queremos que seveja que se viaja e que se aprende doutras luitas,mas para criar movimento aqui. E movimento

galaico, que comprenda a toda Galiza mas descen-tralizadamente, porque cremos nesse modelo.

EMBATE - Conta-nos mais algo sobre a tua

estadia em México.

FeR - As pessoas que estivemos em Méxicofomos previamente ao projecto de Fuga em Rede.Eu estivem um dia em Oaxaca, conhecim a gentedo circo, e depois estivem três meses em Chiapasvivindo numha comunidade e conhecendo o

Caracol .Ascomunidadesseriam umhaespécie de

aldeinhas no rural galego. Logo, diversos municí-pios autónomos e outras comunidades, que toda-via nom som completamente zapatistas mas nasque há um 50% de zapatistas (eu estivem, porexemplo, numha comunidade na que havia um50% de zapatistas e um 50% de "perredistas" -PRD é o partido de pseudo-esquerda-) formamum território englobado de todos estes municí-pios e estas comunidades híbridas, que estám con-

glomeradas em Caracois.

EMBATE - Caracois?

FeR - Os Caracois somcomo umha espécie decentro social enorme noque representantes de

todas as comunidades vam, assembleiam-se etomam decissões. A estrutura é mais descentrali-zada, há decissões que se tomam directamente nascomunidades. Eu puidemassistir a muitas assem-bleias de comunida-des nas que hádesde criançasde três anosaté velhas/osde 90.S e n t a m - s eem círculo ealí se tomam asdecissões maispragmáticas ou asdecissões de que pro-postas de cada comunidade se

“Somos todo o contrário a umha ONG”

“Interessa-nos o trabalho nos

centros sociais autogestionados”

Page 12: EMBATE 6

EMBATE

12

Referentes

his

tóricos

internacio

nais

da

loita

xuvenil

revolucio

naria

vam levar à assembleia do Caracol.Há um total de cinco Caracois em todo Chiapas.Cobre um território bastante grande que inclue azona dos altos, a zona da selva, etc,... e depoisestá o EZLN e o Comité Indígena, que som os quecoordinam que entre esses cinco Caracois nom seproduza um desenvolvimento desequilibrado.

EMBATE - Que importancia tem a educa-

çom nos Caracois?

FeR - Elas/es escapam da educaçom oficial e nosCaracois há escolas para formar a "promotores deeducaçom", que assím se chamam. E o que fam émontar às suas próprias escolas, porque o gover-no federal mexicano aprénde-lhes a história desdeque os espanhois "descobrirom" México. Nomconhezem nada do seu passado maia nem se lhesaprende a sua língua. Onde eu estava mui poucagente sabia falar "castilla", que é como lhe cha-mam ali ao castelhano.A maioría falava tzotzil, queé umha língua milenária. A parte aplicam pedago-gias visuais, já que mui poucas crianças sabiam"castilla". E nós si que nos ponhemos a aprendertzotzil, mas como comprenderás nom é comopara que numha semana... nom é como umha lín-gua latina.

EMBATE - Em México da-se mais o que

chamas "turismo político"?

FeR - Em Chiapas si. De feito conhecim algunspersonagens que chegarom a dizer que como essagente nom sabia quem era Lenine nom se podiadizer que eram políticos. A mim isto parece-meumha garrulada tremenda. Estamos a falar degente que adica a sua vida à resistência e a cons-truir umha vida alternativa,e, estejas de acordoou nom, é legítimo. Ademais nom podes julga-las/os como se nom foram políticos porqueteriam umha vida muito mais doada doutro jeito.

EMBATE - Pretendem ir a aprender-lhes a

elas/es...

FeR - Pretendem ir de occidentais "sabe-lo-todo" que lerom muitos livros e a maioría das/osque falam assim nom moverom um dedo na suavida por mudar a sua realidade, e chegam ali a

México a julgar o que está a fazer essa gente, queobviamente som lavradoras/es, e que obviamentenom sabem quem é Nietzsche nem Lenine, peroque nom o precissam para mudar a sua realidade.

EMBATE - Ocorre isto também em

Palestina?

FeR - Nom, porque se trabalha com gente deIsrael, mais occidental em quanto à cultura.Tampouco me atrevo a ser categórica nesta res-posta porque ainda nom estivem em Palestina.Entóm tampouco me atrevo a dizer se isso é dis-tinto. Mas creio que sim, porque nom se trata demovimentos lavregos.

EMBATE - Como som os os colectivos de

Palestina e Israel?

FeR - Eu agora vou ir a um campo de refugiadosem Nablus. Ai está gestionado pola universidade.Mas o trabalho que se fai em Israel está mui rela-cionado com o movimento Queer, e é um movi-mento de acçom directa nom-violenta, que vaidesde entrar numha casa ocupada militarmentepolo Exército israelita, até exercer de interme-diárias/os ou interceder polas/os palestinas/osno valado quando há umha cárrega. Quando as/osprópias/os palestinas/os vam fazer umha acçom evai haver umha agressom, consistiria em fazer deescudos humanos.Ao igual que em México havia umha funçom queera a de "observadoras/es internacionais", que nofundo era exercer de protecçom.

EMBATE - Em Palestina nom se corre o

perigo de levar hóstias por ambos lados?

FeR - Já nom só em Palestina. Isto foi algo que se

“Pretendemos fazer um

trabalho de contínuo noque se supere o turismo

político”

Page 13: EMBATE 6

reflexionou. O discurso quese tenta manter desde Fugaem Rede pode chegar a sermui polémico. Porque setrabalhas desde a sociedadecivil israelita e só pensas em dinámicas de brancoe preto, sem matiz de gris, pensam que nom estása prol de Palestina, quando o trabalho realmentese orienta a intentar ver umha saída do conflitoque passe por ver à tua gente cum trabalho hori-zontal a prol dos povos e em contra dos estados.Isso também implica que antes que trabalhar cummovimento palestino completamente vertical, seprefire trabalhar cum movimento israelita hori-zontal. E si que se corre o perigo de levar hóstiasde todos os lados.

EMBATE - Que tedes pensado fazer proxi-

mamente aqui no País?

FeR - Temos projectada umha viagem ao norlesteitaliano. À volta de Itália vai-se intentar difundiressa mensagem por palestras.Até hai pouco se fôrom difundindo tanto a viagema Palestina como a de Chiapas-Nicaragua; naRevolta, na Cova dos Ratos, na Formiga(Redondela),…

EMBATE - Trabalhades muito com os cen-

tros sociais…

FeR - Basicamentepretende-se adifussom destam e n -sagemn o sc e n t ro ssociais.

Figerom-se pales-tras na faculdade deCC´s Políticas emCompostela ou no local deAmarante em Ponte-Vedra. Hai vecesque se abrem outros espaços que podemresultar interessantes. Mas antes nos interessa otrabalho nos centros sociais autogestionados.

EMBATE - E na rua…

FeR - E na rua mesmo. De feito figerom-se acçõ-es conjuntas descentralizadas o 22 de Dezembro,que era a acçom internacional global de apoio a

Oaxaca pola situaçom que está a haver de repres-som, e saimos. Forom acções na Corunha,Compostela, Ourense e Vigo.Dependendo das posibilidades logísticas de cadasítio fíjo-se dum jeito ou doutro. Em Vigo e emCompostela saímos com vídeos e figemos umhaprojecçom repartindo flyers com texto.

EMBATE - Hai colectivos similares a Fuga

em Rede noutros países?

FeR - Colectivos de solidariedade conhezo bas-tantes. Em Itália há YA BASTA, em Barna oColectiu Zapatista, a travês do qual me fum eu aChiapas; há plataformas de apoio ao povo palesti-no em diversos sítios, mesmo Galiza porPalestina, etc,… mas que reunam todas asdimenssões, nom conhezo a nengúm. Porque, porexemplo, o Colectiu Zapatista de Barna apoiaexclusivamente à loita zapatista, e logo a nívellocal apoia cousas coma a Plataforma contra aGuerra, mas nom tem umha vissom de projectolocal.

EMBATE - E vos coordinades também com

colectivos doutros países?FeR - Sim. É um trabalho que estamos começan-do a fazer. Essa é a intençom, estabelecer contac-tos com distintos colectivos. Agora em Itália vai-se a um Global Meeting que vai a haver, um

encontro global e já há uns contactos previosestabelecidos. Pretende-se estabelece-

los e que se dea umha rela-çom mais forte entre

nós e, porsupos-

t o ,

q u ei s t ot e n h aumha continui-dade.

EMBATE

13

“O discurso que se tenta manter desde Fuga

em Rede pode chegar a ser mui polémico”

Page 14: EMBATE 6

EMBATE

14

REFERENTES

HI S

TÓRICOS

INTERNACIO

NAIS

DA

LOITA

XUVENIL

REVOLUCIO

NARI A

(II)

ÓGRA SHINN FÉINMANIFESTO/PROGRAMA ELECTORAL DO 2004

2 de Xuño de 2004

Ógra Shinn Féin é a sección xuvenil doSinn Féin. Estamos entregadas/os ao establece-mento dunha república democrática socialista de32 condados. A nosa filosofía é que toda a xenteque habita na illa de Irlanda teña o dereito a vivirnunha sociedade alicerzada no principio de igual-dade.

Participación en políticaA xente nova está interesada nos temas

políticos, pero moitos pensan que os políticos nonrepresentan os seus intereses. Isto non significaque as/os nosas/os mozas/os sexan apolíticas/os.A boa vontade que teñen moitas/os mozas/ospara participar na acción política reflectiuse nasprotestas contra a guerra do Iraq, xa que as cifrasde mozas/os manifestantes foron moi elevadas.Ógra Shinn Féin ten como obxectivo construír unmovemento de xente nova que traballe cara unhasociedade moito máis equitativa. Estivemos aampliar os nosos plans para conseguilo e agora haimozas/os delegadas/os sindicais vencellados portodo o país, cinco delegadas/os rexionais damocidade e un executivo nacional.As decisións que afectan ás/aos mozas/os tómaaso goberno e, que estas/es non estean representa-das/os a ese nivel é discriminatorio. Teñen quevivir coas decisións do goberno, e este é o moti-vo polo cal deben tomar parte en ditas decisións.Cremos que é preciso que se dirixa un certonúmero de actividades á xente nova para lles darunha participación xusta na sociedade irlandesa erematar coa desilusión e a falla de dereitos quesinten moitas/os.

Respectar a nosa diversidadeTodas/os as/os habitantes de Irlanda deben terdereito á cidadanía irlandesa. Irlanda debe ser unfacho de esperanza para as persoas oprimidas.Non se poden tolerar as leis racistas de inmigra-ción; cómpre oporse a elas.

Deben respectarse as variedades relixiosas, lin-güísticas e políticas das/os irlandesas/es, asícomo as súas diferenzas étnicas. Non se debefomentar ningunha idea de "irlandés/a" sobreoutra. Isto ten unha importancia obvia para apoboación unionista do norte de Irlanda.

Cómpre rexeitar o racismo e as sectas.

Como dicíamos no número anterior, con estcionamos amosar unha pequena mostra dalgúns dos principnacionais da mocidade anti-sistema na historia recente.

Tras a primeira entrega, adicada a Jarrai, presentFéin (OSF), mocidades do movemento republicano irlandés, outra das maiorese máis importantes organizacións xuvenís da esquerda real europea.

O texto consiste nun manifesto realizado pola mocidade pmotivo das eleccións de 2004 no que se analizan os principxuventude da illa e as alternativas que ofrece OSF

É salientábel a firmeza da mocidade organizada en OSF na defensa de mocidade irlandesa sen atender a fronteiras impostEire coma dos condados ocupados polo Reino Unido no Ulster

Page 15: EMBATE 6

EMBATE

15

ÓGRA SHINN FÉINMANIFESTO/PROGRAMA ELECTORAL DO 2004

Non aceptamos as estruturas patriarcais impostassobre as mulleres, dentro e fóra do fogar, e com-prometémonos a fomentar a igualdade de oportu-nidades en todas as áreas da vida para todas asmulleres irlandesas.As relacións homosexuais deben ter o mesmo sta-tus e a mesma lexitimidade perante a lei que oresto, e as parellas homosexuais deben ter os mes-mos dereitos legais que as súas homólogas hetero-sexuais.

Rexeitar o ReferendoÉ preciso rexeitar o referendo racista e

reaccionario do goberno, que impón restriciónsna cidadanía irlandesa. O referendo viola oAcordo de Belfast e é unha traizón áProclamación de 1916.Rexeitamos totalmente a opinión do goberno deque esta proposta non é necesaria ou desexada. Seisto ocorre, estímase que dous bebés que nazan namesma sala de hospital o mesmo día, teñan dife-rentes dereitos constitucionais. A estes cativosnegaráselles o mesmo status ou dereito.A Comisión de Dereitos Humanos descubriu queo ministro McDowell adoitaba apoiar o seu casopara un referendo que non estaba investigado ninanalizado dun modo axeitado. Tamén se dixo queo goberno debía ter consultado con outros parti-dos do Acordo de Belfast o impacto do referendono Acordo.Ógra Shinn Féin insta á gente a votar "NON" aoreferendo racista, feble e mal concibido.

O goberno adoece de vontade políticaA actitude actual respecto ao traballo da

mocidade di que debemos conformarnos co quetemos e que debemos permitir qua a xente novacaia no esquecemento. O Goberno adoece devontade política para tratar as principais desigual-dades da sociedade irlandesa. Calcúlase que adecisión que tomou o Goberno o pasado ano dereducir o imposto de sociedades custaranos 350millóns, nun estado que ten o imposto máis baixode Europa.Por que se enchen as nosas prisións de xentenova, na súa maioría procedentes dunha clasesocial necesitada, sen títulos académicos e seningresos, mentres que ningún/ha evasor/a deimpostos ou ningún/ha política/o corrupta/oestá en prisión?

A xente nova está farta dun sistema políticocorrupto que está pouco disposto a corrixirse

, con esta nova sección da nosa revista ten-cionamos amosar unha pequena mostra dalgúns dos principais referentes inter-nacionais da mocidade anti-sistema na historia recente.

ras a primeira entrega, adicada a Jarrai, presentamos un texto de Ógra ShinnFéin (OSF), mocidades do movemento republicano irlandés, outra das maiores

antes organizacións xuvenís da esquerda real europea.

O texto consiste nun manifesto realizado pola mocidade patriótica irlandesa conmotivo das eleccións de 2004 no que se analizan os principais problemas daxuventude da illa e as alternativas que ofrece OSF.

É salientábel a firmeza da mocidade organizada en OSF na defensa de TODA amocidade irlandesa sen atender a fronteiras impostas, sexa da República de

ados polo Reino Unido no Ulster.

Page 16: EMBATE 6

EMBATE

16

pero que sempre quere encarcerar á mocidade, eque non pensa nas graves circunstancias económi-cas e sociais que son un enorme factor contribu-tivo para o crime.Ógra Shinn Féin apoia o traballo vital que realizanos grupos de mozas/os por todo o país, e estivoen primeira plana en campañas contra a pobrezaestudantil, para incrementar a asistencia financei-ra e outras medidas para terminar coa desigualda-de no acceso á educación.Ógra tamén recoñece a necesidade de respaldar áxente nova para que consiga o seu propio fogar.Deploramos as mudanzas que fixo o Goberno nosrequisitos para a vivenda, que están feitos paraobrigar á mocidade a que se vaia da casa dos seuspais, mentres as/os aliadas/os do Goberno naindustria inmobiliaria manipulan os prezos davivenda para tirar ás/aos mozas/os fóra do mer-cado.

Acceso á educaciónO 2% das/os estudantes a tempo com-

pleto de dez universidades einstitutos de 26 condados pro-ceden de fogares nos que osseus pais son obreiras/osmedianamente cualificados ounon cualificados. Como por-centaxe da poboación, estesfogares realizan máis dun 25% da man de obra.A/os que proceden dos fogares máis pobres dos26 condados teñen maior probabilidade de aban-donar o instituto sen conseguir o título de gra-duado que as/os que proceden de fogares máisricos.As/os que veñen de fogares máis pobres teñen un4% máis de posibilidades de conseguir puntosnegativos para alcanzar a universidade, e un 3%menos de posibilidades de ir, embora teñan a pun-tuación precisa.De acordo coa Unión de Estudantes de Irlanda(USI), a subvención máxima dispoñíbel para uni-versitarios non cubre os custos de aloxamentoda/o estudante que ten que marchar da súa casapara ir á universidade.O gasto en desvantaxe representa menos dun 5%do orzamento de educación primaria e secunda-ria.Todas/os as/os nosas/os fillas/os teñen o dereitoa unha educación superior, pero moitas/os reci-ben tratamento de segunda clase por culpa dapolítica do goberno.

Ógra cre que o financiamento débese dirixir aafrontar a desigualdade en todos os niveis do sis-tema educativo. Como parte disto, estamos afacer un chamamento para que se aumenten asbolsas actuais para estudantes.

Os dereitos das/os nenas/osProtexer a todas/os as/os nenas/os da

nación de forma equitativa é un principio funda-mental do republicanismo, pero o índice de

pobreza infantil enIrlanda é o maiorde Europa; omesmo acontececo abismo que haientre pobres e

ricas/os. Este Goberno presidiu un dos períodosmáis desiguais da historia irlandesa. Aqueles quese poden permitir unha educación privada teñen

Dereito a voto: Ógra Shinn Féin pide que todas as futuras eleccións e rcelebren os fins de semana, para que as/os mozas/os traballadoras/es e que rdan exercer o seu dereito.

Falla de vivenda: Ógra Shinn Féin demanda unha axtifique os edificios públicos que non están utilizados e que os prmente ás persoas que viven en malas condicións

Emprego: Ógra Shinn Féin pide que se incrmínimo.

Seguro do motor: Ógra Shinn Féin pide que se estabpara proporcionar un seguro a terceiros e por fin ao timo que se lle está a fdutoras/es segundo a súa idade.

REIVINDICACIÓNS BÁSICAS

“Ógra Shinn Féin propón unha rela-

ción de política internacional que se

opoña ás alianzas militares”

Page 17: EMBATE 6

máis posibilidades de conseguir un título univer-sitario, e inda hai sectores da sociedade para osque a educación universitaria é unha quimera.A lei debe protexer os dereitos das/os nenas/os.Un/ha de cada catro nenas/os irlandeses vive napobreza e temos un dos índices máis altos demalos tratos de Europa.Ógra propón que:

y Os pais sexan conscientes do perigoque supón espancar ás/aos nenas/os.

y As/os nenas/os teñan o dereito dedenunciar calquera abuso que poidan sufrir.

y Se proporcionen sistemas axeitadosde axuda.

Un/ha presidenta/e para todas/osÓgra Shinn Féin convida ao Goberno de

Dublín a que permita votar nas eleccións presi-

denciais ás/aos cidadán/s que viven nos seis con-dados. Coma un paso cara a reunificación do nosopaís, cremos que as/os cidadán/s que viven noNorte deben ter o dereito de escoller un/ha pre-sidenta/e que represente á totalidade da illa deIrlanda.Na actualidade, temos unha presidenta que naceuen Belfast, pero a maioría da xente que medroucon ela (e que vive en Belfast), non a pode votar!Ampliar os dereitos de votar nas eleccións presi-denciais aos seis condados é un paso cara unhasociedade moito máis inclusiva. Somentes tere-mos un/ha presidenta/e que verdadeiramentepoida representar a Irlanda na súa totalidadecando el ou ela sexa escollida/o por todas/osas/os irlandesas/es.

Neutralidade positiva na acciónA decisión de transferir o aeroporto de

Shannon para a guerra de Estados Unidos no Iraqamosou exactamente o que este Goberno pensasobre a neutralidade irlandesa. O Goberno igno-rou as protestas da xente e puxo en perigo a neu-tralidade de Irlanda.Ógra Shinn Féin propón unha relación de políticainternacional independente e progresiva que seopoña ás alianzas militares e que traballe na coo-peración internacional e na negociación nos con-flitos. Esta política debe dirixirse cara unhamudanza social democrática e cara o respectopolos dereitos humanos; tamén cara a desmilitari-zación universal e o desarme nuclear.Con esta fin, a neutralidade debe figurar naConstitución Irlandesa e contemplarse na lexisla-ción. Non nos debemos involucrar coa ForzaRápida de Reacción dos Estados Unidos nin coaOTAN para conseguir a pazra Shinn Féin pide que todas as futuras eleccións e referendos se

para que as/os mozas/os traballadoras/es e que residen fóra poi-

ra Shinn Féin demanda unha axencia regulamentaria que iden-licos que non están utilizados e que os prepare para aloxar temporal-

en en malas condicións.

ra Shinn Féin pide que se incremente dun xeito substancial o salario

ra Shinn Féin pide que se estableza un patrocinador públicoos e por fin ao timo que se lle está a facer ás/aos con-

REIVINDICACIÓNS BÁSICAS

EMBATE

17

Page 18: EMBATE 6

EMBATE

18

O movemento de okupación lonxe deser algo novo e innovador é unha experienciaque se materializou ao longo do tempo, é unhaforma máis de perpetuar a expropiación, de nosapropiar o que nos pertence; con isto non querodicir que se entenda como a necesidade de teralgo en propiedade, senón ao contrario, a necesi-dade de colectivizar os espazos individuais, dei-xar dun lado a insolidariedade e abrirnos aoslazos de afinidade e interrelación, que por exem-plo existían na Galiza, no rural.Todo isto aban-donouse en prol do progreso e, consubstancial-mente en detrimento, empeora a nosa calidadede vida.

A okupación enténdese como a creación de espa-zos de voz, de expresión de ideas, de confrontoao poder establecido, e son un pulso á orde pre-determinada. É tempo de soñar, e facer realidadeos nosos soños, que coma moitas paredes reflic-ten, son os seus pesadelos (os deles).

Ante a apropiación de vivendas ou locais queteñen donas ou donos, nace a evidente preocu-pación das propietarias do mundo de ser elas asseguintes. Quero deixar claro que as vivendas oulocais que se adoitan okupar levan anos e anosabandonadas, en mal estado e totalmente esque-cidas polos seus propietarios ou na espera depoder especular con elas.

O sistema de cousas fainos sentir seguridadeante a consecución de obxectos, ter e ter máis éo que move á sociedade do consumo... ante isto,a eterna pregunta: habendo tantas casas baleirase tanta xente sen casa, non sería mellor que esascasas tiveran xente, que facer e facer máis casas?é sostíbel?. É sostíbel para as empresas da cons-trución e especuladores que se lucran con estenegocio e mesmo ás veces, ultimamente de xeitomaioritario, chegan a métodos mafiosos parapoder botar á xente que non lle convén das pro-piedades que eles ansían.

Ao mesmo tempo que se okupa eu non podoconcibir unha vida sen un pouco máis de cor,explícome: non so é ter unha casa bonitiña, écrear un espazo social, onde se desenvolvan acti-vidades, onde os cartos non o sexan todo, inten-tando xerar unhas relacións de igual a igual,horizontais.

Inténtase loitar contra a explotación das nosasvidas, en todos os sensos e materias, sen nosesquecer que fomos educadas neste sistema eque temos moito que traballar dentro de nósmesmas para poder mudar algo, xa que hai moi-tos estereotipos que temos interiorizados e prac-ticamente non somos conscientes de tal.Taménás veces, cáese nunha endogamia, e pérdese rela-ción entre a xente e "movementos" que, pornon ser do noso, deixamos de lado sen decatar-nos que compartimos moitas loitas.. poño porexemplo organizacións veciñais; aínda que o seumodo non sexa o mesmo si que comparten ainquedanza por un mundo mellor.

O importante dende logo non son os espazossenón as sementes que alí agroman, cada centrosocial desaloxado, cada casa queda no noso cora-zón e na memoria colectiva, para min CasaEncantada, Hamsa e un longo etcétera non sonsó nomes senón sementes que un día agromarone que seguen a medrar, noutros espazos, noutrosproxectos... Isto non fixo máis que comezar...

Do movemento

de okupación

xosefa vázquez

Page 19: EMBATE 6

nada, de 28

As paisaxes e ambientes sonoros que factura o pontevedrés Javier Méndez Ubeda baixo o

alcume de Nada apenas teñen precedente na Galiza, tan falta de pulo vangardista no

musical. Por iso este seu disco de electrónica experimental -28- vén ser unha onda de ar

fresco para a música instrumental feita no país. Nada bebe de fontes que van dende

Wagner a Aphex Twin. De John Cage a Mogwai. De Third Eye Foundation a Ryoji Ikeda. De

Sun Ra a Tortoise. Do sinfónico ao minimalismo. Do harmónico ao ruidismo. Da música

electrónica á música concreta.

http://www.aregueifa.net

A Regueifa é unha plataforma adicada á cultura galega. Órgao de expresión d@s nov@s creadores,esta plataforma defínese como un netlabel “sen ánimo de lucro dende o que todos aquelescreadores e creadoras que o desexen poden difundir, distribuir e amosar a súa obra. Non importao que fagas (música,videocreación, fotografía,poesía, pintura, bandadeseñada..)”.

MUSICA

mulheres em açao: práticas discursivas,práticas políticas

Tania Navarro Swain (coord), ed. Mulheres, 2005

Que diferencia é esta que aprisiona ás mulheres aos seus corpos, a un

destino biolóxico, a unha condición inferior no social, que pasa a ser a

“condición feminina”?

A loita dos feminismos contemporáneos foi, coma dende o século pasado, expor

os mecanismos que crean e articulan o social en termos de inferior/superior,a

construción dos axentes e papeis sociais, os valores que crean representacións e

as recitan incansabelmente, apoiando nesta repetición os seus fundamentos.

Neste volume, publicado pola editorial brasileira Mulheres (que poderás atopar en

internet), afóndase nos estudos de xénero, propoñendo tamén novas visións e

novas alternativas para derrocar ao sistema patriarcal que, día a día, nos conforma e nos oprime.

libros

www

EMBATE

19

arxilosaElvira Riveiro Tobío , ed. Litoral das Rías, 2005

Segundo poemario individual desta autora, que fixo as súas primeiras achegasartísticas no mundo da arxila. Na súa obra introdúcenos na linguaxe da olería parapoñela ao servizo do poema, do sentimento, da epiderme, da sexualidade.“Gústame escribir sen trabas nin censuras”, asegura a poeta. “Arxilosa” desliza asnosas mans polo tacto húmido e suave da arxila, da pel; conforma figuras,desfainas e crea outras... “Esgromo e festexo cada barro/ branco/ negro/

vermello/ son devota/ da arxilosa poligamia.”.

Page 20: EMBATE 6