9

En tempos de crise

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: En tempos de crise
Page 2: En tempos de crise

Consumimos constantemente recursos naturais que son limitados.

Como consumidores temos que elixir entre as distintas posibilidades que nos ofrecen, tendo en conta a protección do medio, a solidariedade e outros valores.

Para ser consumidores responsables temos que ter en conta todas as repercusións:

• Sociais

• Ambientais e

• Económicas

cando eliximos entre as opcións que nos ofrece o mercado.

Os cinco R do consumo responsable son:

• REDUCIR: mercar o necesario

• RESPONSABILIZAR: debemos ter en conta ademais do prezo e a calidade o impacto ambiental e social.

• RECICLAR: separar e tirar ao colector que corresponda

• REUTILIZAR: non tires o que poida servir para outros usos.

• RECLAMAR: pregunta, infórmate, súmate ás campañas, fai que a túa voz se escoite e exerce os teus dereitos como persoa consumidora

Este curso imos aprender un pouco mellor a ser CONSUMIDORES RESPONSABLES DE

AUGA E ENERXÍAAUGA E ENERXÍAAUGA E ENERXÍAAUGA E ENERXÍA

Page 3: En tempos de crise

O ciclo da auga explica as súas transformacións e movementos pola Terra: o Sol evapóraa do mar e, ao condensarse, cae de novo en forma de chuvia, neve ou xeo. Filtrándose a través da terra pode acumularse en acuíferos subterráneos . O 97% encóntrase no mar, o 2% en forma de xeo e o 1% en ríos, lagos e acuíferos.

A procedente do xeo e dos acuíferos xeralmente xa é potable e non precisa tratamento. Pero a auga que chega ás casas adoita obterse dos ríos e tratarse en plantas depuradoras mediante filtrados e engadindo desinfectantes. A auga que procede das plantas desalinizadoras de auga de mar é de moita máis calidade. Imaxina que un día te ergues e non sae auga da billa. Fai un repaso pola túa actividade diaria e pensa no que non poderías facer.

A OMS estima en 50 l. por persoa ao día a cantidade de auga necesaria para cubrir as necesidades básicas dunha persoa. A media española está en 171 l por persoa ao día, máis do triplo. Unha dilapidación que quizais non nos podamos permitir.

A Directiva Marco da Auga Europea establece que o recibo da auga incluirá todos os custos de subministración e de tratamento de augas residuais, o que suporá un incremento apreciable na factura.

Compre pois un cambio nos nosos hábitos e costumes, para que non chegue o día no que nos falte e para contaminar o menos posible.

• No inodoro: Non tires innecesariamente da cadea doWC, de cada vez estás a gastar entre 10 e 15 l. de auga. Podes introducir na cisterna unha botella chea de area, para descargar menos auga.

• A ducha mellor que o baño: se para encher a bañeira necesitas máis ou menos 300 litros, cunha ducha de cinco minutos consumirás aproximadamente 100 litros.

Page 4: En tempos de crise

• Abre as billas só o necesario cando laves os dentes ou as mans.

• Instala alcachofas de ducha especiais, ou perlizadores, que mesturan o aire coa auga, o que pode supor un aforro de ata o 40%.

• Na cociña:

o Utiliza o lavalouza cando estea cheo

o Se fregas a man non teñas aberta a billa todo o tempo.

o Garda auga no frigorífico e non esperes a que saia auga fría da billa.

• Para lavar a roupa:utiliza a lavadora cando estea chea e evita o prelavado sempre que sexa posible.

• Para regar: rega as plantas á mañá ou á noite, pois evaporarase menos, sempre que poidas emprega a auga da chuvia ou a que usaches para cocer verdura ou pasta.

• Pecha ben as billas e arranxa as que goteen: 10 pingas de auga por minuto son máis de 1000 litros perdidos ao ano.

• NO BAÑO o Non uses o retrete coma se fose unha papeleira, xa que se o fas

gastarás máis auga e contaminarala máis. o Non uses desodorizantes para o WC dos que se disolven na auga. o Utiliza vinagre para limpar inodoro, lavabos, ..., así evitarás a

destrución do equilibrio bacteriano das augas residuais. • NA COCIÑA

o Utiliza o menos posible aqueles produtos de limpeza que sexan agresivos, e decídete polos ecolóxicos ou por solucións caseiras (vinagre, limón...)

o Non tires polo vertedoiro residuos, aceites, graxas. o Non abuses do deterxente cando esteas fregando, utiliza só o

necesario. • NA COADA

o Utiliza deterxentes sen fosfatos e modera a cantidade. o Non laves o coche preto de fontes, regatos e ríos, e sempre que

poidas faino en lugares habilitados, así contaminarás e consumirás menos.

Page 5: En tempos de crise

Son aquelas que non se esgotan nunca porque usan como abastecemento un recurso que se rexenera coa intervención dos homes, pero que ao mesmo tempo, non teñen a súa dispoñibilidade garantida xa que depende de factores como o clima ou as condicións xeográficas.

• Enerxía hidráulica: aquela que aproveita a forza dos cursos das augas superficiais ou a das mareas para xerar electricidade.

• Enerxía eólica: a que aproveita a forza do vento para xerar electricidade utilizando os muíños de vento.

• Enerxía solar: con equipos especializados (placas térmicas e placas fotovoltaicas), recóllese a enerxía que o sol produce.

• Enerxía xeotérmica: é aquela que se desprende da codia terrestre e que deriva da actividade magmática no interior da terra. Utilízase sobre todo para a produción de calor.

• Biomasa: É a enerxía que se acumula nos restos vexetais, e que pode aproveitarse mediante a combustión da materia orgánica ou pola combustión do gas que se desprende coa súa descomposición.

Son aquelas que teñen recursos limitados e

diminúen a medida que as imos consumindo podendo, no caso de non facer un uso responsable, esgotarse ou dispararse o seu custo. Estas son o petróleo, o carbón, os biocombustibles, a enerxía nuclear e o gas natural.

Page 6: En tempos de crise

Es consciente de canta enerxía consumides no teu fogar? Fíxate nesta imaxe

É preciso que cada persoa e cada familia se comprometa a aforrar o

máximo de enerxía. Basta con introducir algún cambio nos costumes e ter en conta criterios ambientais e económicos no momento de adquirir aparatos novos e de usar os que temos.

O obrigado etiquetado enerxético europeo de electrodomésticos é unha fonte de información moi útil para o consumidor. Permite detectar dunha ollada a cualificación enerxética de lavadoras, frigoríficos e conxeladores grazas a un sistema de letras –da moi eficiente A á pouco rentable G- e cores que van do verde ao vermello.

Page 7: En tempos de crise

• Cando vaias mercar un electrodoméstico, elixe o que menos enerxía consuma. A etiquetaxe enerxética dos electrodomésticos infórmanos do consumo de enerxía e outros datos complementarios.

o No caso de electrodomésticos de frío (frigoríficos, conxeladores…) hai outras dúas categorías (A+ e A++) para aparatos con eficiencia enerxética superior aos da clase A.

• Desconecta os aparatos eléctricos (aparato de música, televisor, ordenador, DVD…) da rede cando non estean funcionando. A pequena luz vermella que indica o modo stand by tamén consome enerxía. Se tes varios aparatos deste tipo nun mesmo cuarto, podes conectalos todos a un ladrón de conexión múltiple con interruptor, así cando apagues ese interruptor apagarás todos os aparatos conectados e poderás aforrar ata 40 euros anuais.

• A enerxía que producen as pilas é 600 veces máis cara ca a da rede. Conecta os aparellos á rede sempre que sexa posible.

• A calefacción. Non esquezas que a mellor calefacción é un bo illamento.

� Non abras as fiestras coa calefacción acendida.

� Pecha as persianas pola noite.

� Para ventilar chega con 10-15 minutos.

� Non tapes radiadores con cortinas ou mobles.

� Instala un termostato e non poñas máis de 20º de día e 17º de noite.

� Pecha os radiadores que non precises.

• O frigorífico.

� Colócao lonxe de fontes de calor.

� Se vas desconxelar alimentos, pásaos ao frigorífico, gañarás frío nesa zona.

� Deixa que os alimentos quentes se arrefríen completamente antes de metelos na neveira.

� Evita ter a porta aberta moito tempo.

Page 8: En tempos de crise

• Cociña e forno: � Para cociñar , xestiona con eficiencia os recursos:

microondas, cociña con ola a presión e forno en último lugar.

� Tapa as potas durante a cocción � Non abras a porta do forno. � Utiliza a lavadora e lavalouza a carga completa.

• A iluminación: � Sempre que poidas utiliza a luz natural. � Non deixes luces acendidas onde non se estea. � Substitúe as luces incandescentes polas de

baixo consumo, aforrarás cartos e enerxía . � Usa tubos fluorescentes onde precises máis luz

durante moitas horas, como na cociña. • O ordenador:

� Se vas mercar un, escolle un que teña sistema de aforro de enerxía.

� Cando non vaiamos empregalo durante períodos curtos podemos apagar só a pantalla.

� As pantallas LCD aforran un 37% da enerxía en funcionamento e un 40% en modo de espera.

Para aprender xogando:

http://www.inega.es/inega/Xogo_Enerx_as_Renovables/index.html

http://xogo.climantica.org/

Para informarnos mellor:

http://eduprimaria.climantica.org/wq/wq1.htm

http://www.repsol.com/es_gl/casa_y_hogar/energia_en_casa/reportajes/ahorro_energetico/

http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-didacticas/unidade-2

http://www.eroski.es/ga/aforraenerxia/consellos

http://www.inega.es/inega/2007/web/portada.php

http://www.inega.es/inega/2007/web/index.php?dep=19

Page 9: En tempos de crise