20
1 PROXECTO INTERDISCIPLINAR. 1º ESO A/B. ENTRA NO MUNDO DOS CONTOS; ENTRA NOS CONTOS DO MUNDO (Curso 2011/12: 3º ano de proxecto)

Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Proxecti Interdisciplinar 1º E.S.O.

Citation preview

Page 1: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

1

PROXECTO INTERDISCIPLINAR. 1º ESO A/B.

ENTRA NO MUNDO DOS CONTOS; ENTRA NOS CONTOS DO MUNDO

(Curso 2011/12: 3º ano de proxecto)

Page 2: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

2

O Proxecto Interdisciplinar enténdese no noso IES como un traballo de investigación en equipo, do alumnado de 1º de ESO, arredor dun eixe temático no que se debe profundizar ao longo do curso académico, correspondéndolle unha hora lectiva semanal. Esta proposta educativa vense interpretando como un método de traballo baseado no achegamento conxunto de varias materias a un tema e, simultáneamente, ás competencias básicas; dese xeito os alumnos adestráronse para construir un coñecemento global a partir de diversos puntos de vista disciplinares. No curso 2009-10 inaugurouse, para traballar 1 hora semanal, un proxecto denominado Entra no mundo dos contos; entra nos contos do mundo deseñado para mellorar durante varios cursos a educación documental desde unha óptica interdisciplinar. Neste curso, e por terceiro ano consecutivo, seguiuse traballando no mesmo. O deseño das tarefas programadas permite que o alumnado se familiarice de xeito absoluto cos esquemas típicos da narrativa breve; ao mesmo tempo cada conto seleccionado introduce aos grupos de alumnos en países e culturas diferentes, o que permite investigar sobre aspectos tan variados como poboación (cálculos matemáticos), xeografía física e política, clima ( temperaturas, precipitacións, cambios de estado, flora e fauna típicos...), economía (a moeda e a súa conversión a euros), política, língua (tipos de alfabetos...), relixión, vestimenta, gastronomía... Dentro dos plantexamentos que se ofrecen no marco legal, óptouse pola modalidade que consiste en traballar co mesmo proxecto nos dous grupos durante todo o curso.

1. CONSECUCIÓN DE OBXECTIVOS

O proxecto interdisciplinar supón unha contribución básica a unha grande parte dos obxectivos xerais da ESO. Pensamos que coa posta en práctica deste traballo de investigación e de creación conseguiuse aproximar ao alumnado, neste curso 2011-12, ó cumprimento, en diferente medida e grao, segundo o perfil de cada rapaz, dos obxectivos que seguen:

a) Asumir responsablemente os seu deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás outras persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidaridade entre as persoas e grupos, exercitarse no diálogo afianzando os dereitos humanos como valores comúns dunha sociedade plural e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática.

b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal.

c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres.

d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas outras persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo, os comportamentos sexistas e resolver pacificamente os conflitos.

e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes da información para, con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación.

f) Concibir o coñecemento científico como un saber integrado que se estrutura en distintas disciplinas, así como coñecer e aplicar os métodos para identificar os problemas nos diversos campos do coñecemento e da experiencia.

g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades.

h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexos, e valorar as destrezas lectoras como importante medio para a consecución deste fin.

i) Comprender e expresarse en máis dunha lingua estranxeira de maneira apropiada.

Page 3: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

3

j) Coñecer, valorar e respectar os aspectos característicos do país propio (linguas, cultura, historia, xeografía...) e doutros países do mundo.

k) Apreciar a creación artística e comprender a linguaxe das distintas manifestacións da arte, utilizando diversos medios de expresión e representación.

l) Coñecer e valorar os aspectos básicos do patrimonio lingüístico, cultural, histórico e artístico de Galicia, participar na súa conservación e mellora e respectar a diversidade lingüística e cultural como dereito dos pobos e das persoas, desenvolvendo actitudes de interese e respecto cara ao exercicio deste dereito.

l 2. CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS O proxecto que se está acabando de pór en práctica neste curso 2011-12 contribuiu ó desenvolvemento das competencias básicas do xeito que a continuación se expón:

a) COMPETENCIA EN COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA. Os alumnos tiveron necesariamente que buscar información en distintas fontes disciplinares, tivérona

que comprender, seleccionala, resumila, confrontala e preparala, de xeito interrelacionado, para expoñela de xeito correcto. Ao mesmo tempo, a presenza de varias linguas naturais dentro do proxecto foi unha clara aportación á mellora desta competencia.

b) COMPETENCIA DIXITAL. Os coñecementos informáticos e, en xeral sobre novas tecnoloxías, perfeccionaronse ao longo do proxecto, en tanto que @s alumnos valéronse da Internet e dos procedementos informáticos en xeral para buscar información e para elaborar os diferentes traballos.

c) COMPETENCIA PARA APRENDER A APRENDER. Os rapaces perfeccionaron esta competencia en tanto que melloraron a súa competencia comunicativa en xeral ao traballar con fontes de información verbais e non verbais; a necesidade, dada a natureza do proxecto, de elixir as informacións máis convenientes e de relacionar coñecementos contribuiu tamén a mellorar a capacidade de aprender a aprender.

d) COMPETENCIA EN AUTONOMÍA E INICIATIVA PERSOAL. Os compoñentes dos equipos de traballo deberon levar a diante as tarefas que se encomendaron dentro do grupo, aportando a súa visión persoal, elixindo opcións e traballando autónomamente para a consecución dun fin común.

e) COMPETENCIA SOCIAL E CIDADÁ. O feito de traballar en equipo dentro do proxecto, ensinou a cooperar, a participar e a decidir como comportarse en diferentes situacións, a ser responsable da tarefa encomendada e a ser respectuoso e tolerante co traballo e coas opinións ou opcións que os compañeiros espuxeron en cada momento, segundo as circunstancias.

f) COMPETENCIA CULTURAL E ARTÍSTICA A conexión entre manifestacións culturais e artísticas pertencentes a diferentes países presentouse como unha actividade frecuente dentro do proxecto, que enriqueceu, cremos, a formación integral do alumnado.

g) COMPETENCIA MATEMÁTICA. O traballo con números, coas operacións e símbolos básicos e co razoamento matemático ( traballouse con problemas matemáticos e coa conversión de unidades de superficie e monetarias ) axudoulles a coñecer mellor a realidade e a resolver problemas relacionados coa vida cotiá.

Page 4: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

4

h) COMPETENCIA EN COÑECEMENTO E INTERACCIÓN CO MUNDO FÍSICO. Ao analizar algúns aspectos relacionados coa natureza desde a óptica da xeografía física e política, reforzouse o coñecemento do mundo físico que nos rodea e polo tanto contribuiuse a unha mellor interacción co mesmo.

3.CONTIDOS TRABALLADOS NO PROXECTO “ENTRA NO MUNDO DOS CONTOS; ENTRA NOS CONTOS DO MUNDO” - Coñecemento e dominio dos elementos propios dos textos narrativos breves: narrador, personaxes, argumento, espacios e tempo. - Construcción de relatos breves, resumo e modificación dos mesmos. - Comprensión de diferentes contos. - Enriquecimento das posibilidades expresivas (ortográficas, léxicas, gramaticais e textuais) do alumnado. - Coñecemento da realidade xeográfica, lingüística, relixiosa, económica, política, gastronómica... dos diferentes países do mundo, partindo dun relato breve. - Entendemento do traballo interdisciplinar (con contidos de distintas áreas) como medio de enriquecimento cultural e persoal. - Valoración positiva do traballo en equipo e das exposicións para outros grupos como medio de perfeccionamento das competencias sociais do individuo. - Uso e aprecio do respecto como ferramenta necesaria para calquer traballo de implicación social. - Dominio e valoración positiva dos diferentes procedementos de busca de información (dixitais, impresos...) e dos distintos soportes para expoñer as tarefas realizadas. 4. TEMPORALIZACIÓN, METODOLOXÍA E RECURSOS Tendo en conta que só se conta cunha hora lectiva semanal, o traballo organizouse en torno a dous tipos de relatos (cada un ocupou un trimestre e medio): - De outubro ao comenzo de febreiro : A chepa dos búfalos, Lenda sobre o Wendigo, Lenda sobre o Ogopogo, monstro do Lago Okanagan ( centro de análise: Canadá). - De febreiro a mediados de xuño: selección de relatos extraídos do volume Cuentos y Leyendas de los Juegos Olímpicos, de Gilles Massardier ( centro de análise: Os xogos olímpicos gregos / Londres).

Seguíronse catro fases dentro da actividade desenvolta arredor de cada relato:

� PLANIFICACIÓN: determinación do tema, obxectivos, deseño do contido, determinación dos enfoques disciplinares participantes e aproximación ás liñas de traballo de cada un ,temporalización, recursos, métodos de traballo, como avaliar o produto final…

Page 5: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

5

� DESENVOLVEMENTO: organización do traballo en grupos, busca de información e tratamento da mesma, elección de opcións, posta en común de distintas propostas, organización consensuada das informacións obtidas de cara a súa presentación final.

� PRESENTACIÓN DO TRABALLO: nos soportes elixidos recolleuse se o resultado interdisciplinar da

investigación.

� FASE DE AVALIACIÓN DO PROXECTO: ao remate de cada trimestre o profesor avaliou o labor dos rapaces tendo en conta varios factores, tales como o resultado final, a adecuación a obxectivos e prazos, o proceso de elaboración do traballo, os medios empregados, as actitudes mostradas e o desenvolvemento das competencias básicas.

A metodoloxía aplicada é variada: combina as técnicas de traballo individual e grupal, e defende en todo momento o papel activo e crítico do alumnado, tanto na busca de información como na súa selección e tratamento: é importante que saiban traballar na consecución dun mesmo fin, sabendo que cada individuo e cada grupo pode facer a súa aportación peculiar. Os recursos empregados foron diversos: fotocopias, información extraída da Internet, obras literarias, audicións musicais, DVD, prensa, enciclopedias de arte…

Page 6: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

6

PROXECTO 1: ESTE ANO VIAXAMOS A ...CANADÁ

TEXTOS LIGADOS AO ESPAZO CANADENSE

TEXTO 1. LENDA DA TRIBU CHIPPEWA - CANADÁ: A CHEPA DOS BÚFALOS

Hai moito tempo, cando o mundo ainda estaba empezando a ser mundo, o búfalo non tiña chepa. A súa

crueldade cos paxaros foi a causa de que este animal se volvese chepudo.

Ao búfalo gustáballe correr polas pradarías por pracer. Os raposos corrían diante del e avisaban aos animais pequenos de que o seu xefe, o búfalo, viña.

Un día cando, o búfalo corría polas pradarías, dirixiuse cara a onde viven os pequenos paxaros que aniñan no chan. Os paxaros avisaron ao búfalo e aos raposos que ían na dirección onde tiñan os seus niños. Pero ninguén lles prestou atención. O búfalo, correu e pisou baixo as súas pesadas patas os niños dos paxaros. Mesmo, cando escoitou as pobres aves chorando, seguiu correndo sen parar.

Ninguén sabía que Nanabozho, un dos espíritos creadores da terra, estaba preto. Este decatouse da desgraza sucedida cos niños dos paxaros e sentiu pena por eles. Correu, prantouse diante do búfalo e os raposos e fíxoos parar. Co seu bastón golpeou fortemente ao búfalo nos ombreiros. O búfalo, temendo recibir outro golpe, agachou a cabeza entre os seus ombreiros. Nanabozho, mirándoo fixamente, soamente dixo: -Ti, a partires de hoxe, sempre levarás unha chepa sobre os teus ombreiros. E levarás a cabeza gacha por vergoña.

Os raposos, correron para escapar de Nanabozho, escarbaron buracos no chan e escondéronse dentro. Pero Nanabozho atopounos e impúxolles un merecido castigo: -Por ser crueis cos paxaros, sempre viviredes no frío chan.

Desde entón, os raposos teñen os seus tobos en buracos no chan, e os búfalos cargan cunha incómoda chepa.

Page 7: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

7

TEXTO 2. LENDA SOBRE O WENDIGO ( PERSONAXE DO FOLCLORE CANADENSE)

O Wendigo é descrito como un ser raquítico, ata o punto de inanición, a súa pel esta tensada ao longo do seu corpo axustándose aos seus ósos. A cor da súa cara é similar ás cinzas da morte, e os seus ollos parecen estar afundidos nas súas concas; onde deberían estar os seus beizos agora só hai vestixios de pel e sangue. Sucio e apestoso, o Wendigo ten bochas na súa pel e deixa tras de sí un cheiro de descomposición. É sabido que o Wendigo é un espírito que prefire habitar lugares solitarios, por iso adoita agacharse nos montes, feito que lle permite asexar silenciosamente a súa presa, nunca está á vista e espera o momento indicado para abalanzarse sobre ela. Segundo a lenda este ser, metade humano metade besta, chama ás súas vítimas polo seu nome; a chamada asemellaríase ao encanto das sereas e impulsa aos que a escoitan a entrar na espesura do monte, onde os mata. A Orixe do Wendigo

Esta lenda nace das tribos de Norte America e Canadá, que crían que todos os elementos da natureza, xa fosen animais, vexetais, montañas ou ríos entre outros, tiñan espíritos que podían facer tanto o mal como o ben; estes espíritos eran considerados deuses por eles.

É nestas crenzas onde aparece o espírito do Wendigo, o cal representaba os vicios como a glotonería, a avaricia e calquera exceso, nunca quedaba satisfeito e despois de matar unha persoa, sempre estaba á espreita de novas victimas. En moitas tradicións, os humanos que eran consumidos pola avaricia facilmente podían converterse en Wendigos; este mito usábase como un método para motivar a cooperación e moderación no comportamento dos membros da tribo.

O Wendigo tería a súa orixe nun ser humano, que despois de ser posuído por un espírito maligno, pasa a transformarse nunha besta sen moral, consumida por unha fame tan voraz pola carne humana que cazará e matará a todo co que se cruce para non morrer de inanición.

O mito creouse para evitar que as tribos indias caeran no canibalismo durante os tempos de escaseza de comida e durante os fríos invernos que illaban as súas fontes de alimento. Sábese que durante estas penurias non era estraño que se practicase o canibalismo entre tribos.

Page 8: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

8

TEXTO 3. LEYENDAS CANADIENSES SOBRE EL OGOPOGO (MONSTRUO DEL LAGO OKANAGAN)

Ogopogo es el nombre que actualmente se le da a un supuesto monstruo de agua que habita el lago Okanagan. El nombre original indio es Kel-Oni-Won, que luego se convertiría en N’ha-a-itk, N’ha-a-cti o Naitaka.

Dave Parker, un folklorista especialista en las tradiciones de los nativos americanos, cuenta que Kel-Oni-Won fue un hombre poseído por los demonios que asesinó, con su maza, a un anciano indefenso. Los dioses decidieron castigar al asesino convirtiéndolo en una serpiente de lago que tendría que permanecer en la escena del crimen por toda la eternidad. Una bella diosa del lago se encarga de vigilar el cumplimiento de esta sentencia. Se dice que el único animal que tolera la compañía del Naitaka es la serpiente de cascabel.

N’ha-a-cti significa “Demonio de agua” o “Monstruo del lago” y para apaciguarlo los indios le ofrecen sacrificios de animales, un poco de oro y tabaco, en su legendaria guarida en Squally Point, cerca de Rattlesnake Island, una pequeña formación rocosa en el lago Okanagan. Los que no hacían sacrificios corrían el riesgo de morir. Se decía que la rocosa orilla de la isla estaba plagada de los sangrientos restos de los que olvidaban hacer los sacrificios. Un ejemplo de lo anterior es la historia de Timbasket.

Timbasket era un jefe indio famoso por su cinismo e incredulidad. Cierto día que quiso visitar la isla Rattlesnake, los indios Westbank le dijeron que tenía que sacrificar un perro a la diosa del agua para poder salir de Squally Point. Pero Timbasket se burló de esas viejas tradiciones. Es más, desafiando todo consejo, decidió viajar cerca del cabo rocoso. Entonces surgió el demonio del lago y azotó la superficie del agua con su larga cola. La barca en donde navegaba Timbasket y su familia se hundió en el lago.

Una historia similar es la del descendiente de indios americanos, John MacDougall. MacDougall conocía las tradiciones de su pueblo y las respetaba. Acostumbraba arrojar al lago un pollo o un puerco antes de cruzarlo. Pero cierto día, en 1854 o 1855, cuando se dirigía al rancho de John y Susan Allison para ayudarlos con el forraje, se olvidó de hacer la ofrenda a la diosa del lago. MacDougall llevaba un par de caballos amarrados a su canoa. Cuando iba por la mitad del lago, una gran fuerza comenzó a tirar de ellos hacia el fondo. MacDougall estaba aterrorizado, pero aún más cuando se dio cuenta de que su canoa, azotada por los caballos, estaba a punto de ser hundida. Él agarró un cuchillo, cortó las cuerdas y rápidamente remó hacia la orilla. Nunca más volvió a ver sus caballos. Quedó convencido de que el monstruo del lago había tomado su parte del sacrificio.

Las leyendas y el miedo hacia el Naitaka continúan hasta nuestros días. En 1926 el gobierno de Kelowna anunció que el nuevo ferry que se estaba construyendo para los viajes a través del lago Okanagan también estaba equipado con “dispositivos especiales para repeler al monstruo”. Se supone que el puente flotante tiene suficiente apoyo y fuerza para resistir cualquier roce o golpe de Ogopogo.

Page 9: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

9

ACTIVIDADES PROPOSTAS:

- BLOQUE 1: ENFOQUE COMPRENSIVO/EXPRESIVO

Na primeira fase de traballo, potenciarase no alumnado a actividade comprensiva-expresiva, a través dos tres textos anteriores, directamente relacionados coa cultura e as tradicións canadenses. A continuación aparecen as cuestións propostas, que serán realizadas de xeito individual.

1. Lectura atenta dos tres textos.

2. Comprensión:

a) Termos que nos remiten a unha realidade xeográfica concreta. Debémolos anotar no caderno para, máis tarde, buscar información sobre eles.

b) TEXTO 1: - Que actividade lle gustaba moito facer ao búfalo?

- Que desgraza sucedeu por mor do egoísmo deste animal?

- Quen o castigou e de que maneira?

- Recaeu en alguén máis o castigo? Se foi así explica que sucedeu.

- Resumo do conto.

c) TEXTO 2: elabora unha batería coas preguntas que se faría o autor do texto sobre o wendigo para poder compoñer este texto expositivo. Respóndeas.

d)TEXTO 3: fai o mesmo co último texto.

e) Elabora un pequeno resumo dos textos 2 e 3.

3. Explica ante que tipos de textos estás en cada caso (no 1º, cómpre que expliques os elementos que confiren entidade narrativa á mensaxe).

4. Substitue por sinónimos (e por antónimos, cando sexa posible) os termos en negriña.

BLOQUE 2: ENFOQUE INTERDISCIPLINAR

Na segunda fase de traballo, o alumnado acomete un extenso labor de investigación interdisciplinar, buscando información xeográfica, lingüística, económica, política, histórica... O traballo organízase de xeito grupal: a información obtida exponse por grupos concretos en cada caso. As fontes que se manexan están en soporte papel e dixital: libro impreso e a Internet. Os espazos de traballo son a aula e a biblioteca.

Page 10: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

10

PLANIFICANDO A NOSA VIAXE A CANADÁ

Imaxinades que este verán poidésemos pasar un par de semanas nese país? Por se acaso podemos facer realidade os soños, imos ir programando a viaxe, non vaia ser que por esas casualidades da vida poidamos ir e non esteamos preparados para coñecer Canadá, para visitar os espazos máis coñecidos, para falar cos seus habitantes, para manexarnos economicamente, para ver que tipo de roupa necesitamos... ou mesmo para saber se a hora de aquí é a mesma que a de alí... O primeiro que nos convén saber é onde está exactamente o país que imos visitar e cales son os seus limites: non vaia a ser que poidamos, unha vez alí, desprazarnos a lugares veciños. Mans á obra:

1. Busca un mapa no que apareza situado Canadá: que países o rodean? Hai mares ou océanos limítrofes? En que medio ou medios de transporte podemos viaxar desde Curtis ali?

2. Unha vez alí, a bon seguro nos gustará visitar as cidades máis destacadas. Elabora unha lista con

media ducia delas e indica a súa situación. Por certo, será posible ir a todas elas nun día? Explica a túa resposta.

3. Só hai un país no mundo máis grande que Canadá. Investiga cal é. Poderías facer unha lista cos seis

paises de maior extensión? Cales son os dous máis pequenos e onde están? De todos eles a cal che gustaría viaxar e por que?

4. Non olvides os cartos: son fundamentais para movernos dun lugar a outro. Valennos os euros para

pagar en Canadá? De ofreceres unha resposta negativa, indica que moeda necesitamos e que equivalência ten en euros.

5. Levamos 1300 euros para gastar nestes 15 días. Cantos euros podo gastar cada día?. Calcula as

equivalencias na moeda canadense.

6. Hai uns días, nunha axencia de viaxes, fixéronnos unha lista do que non podíamos deixar de visitar se íamos a Canadá. É a que a continuación se ofrece. Poderias explicar que nos interesa de cada proposta e a onde teremos que desprazarnos?

O SKYDOME , O MONTE SAINT HILAIRE, TERRANOVA, ASENTAMENTOS DE INUITS, PARQUE DAS MONTAÑAS ROCHOSAS, PARQUE PROVINCIAL DOS DINOSAURIOS, CATARATAS DO NIÁGARA, A TORRE CN, , PEGGY´S COVE, LOS LAGOS HURÓN, GRAN LAGO DEL OSO, WINNIPEG, ERIE Y ONTARIO

Velaquí algúns dos materiais que os rapaces trouxeron á aula, trala labor de investigación:

Page 11: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

11

Ciudad Provincia

Hab. N°

Ciudad Provincia Hab.

1 Toronto Ontario 5.052.522

11

London Ontario 363.448

2 Montreal Quebec 3.430.917

12

Victoria Columbia Británica

316.911

3 Vancouver

Columbia Británica

2.044.298

13

Saint Catharines-Niagara

Ontario 314.644

4 Calgary Alberta 1.078.793

14

Oshawa Ontario 291.959

5 Edmonton

Alberta 928.760 15

Windsor Ontario 288.743

6 Ottawa Ontario 879.364 16

Halifax Nueva Escocia

287.082

7 Ciudad de Quebec

Quebec 676.875 17

Saskatoon

Saskatchewan

205.697

8 Hamilton Ontario 667.977 18

Barrie Ontario 189.468

9 Winnipeg

Manitoba

649.227 19

Regina Saskatchewan

178.809

10

Kitchener

Ontario 450.917 20

San Juan de Terranova

Terranova y Labrador

153.820

Toronto

Montreal

Vancouver

Calgary

Edmonton

Ottawa

Page 12: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

12

1 EURO=1,4 CAD PAÍSES MÁIS GRANDES DO MUNDO: 1 Rusia 17.098.242 País más grande del mundo. País más grande de Asia y de Europa.2

Antártida 14.000.000 Con territorios reclamados por Argentina,3 Australia,4 Chile,5 Francia,6 Noruega7 Nueva Zelanda8 y el Reino Unido.9

2 Canadá 9.984.670 País más grande de América.

3 Estados

Unidos 9.826.675 No incluye territorios.10

4 China 9.596.961 No incluye territorios11 ni reclamaciones territoriales.12 13

5 Brasil 8.514.877

6 Australia 7.741.220 País más grande de Oceanía. No incluye territorios ni reclamaciones territoriales.4

7 India 3.287.263 No incluye reclamaciones territoriales.14

8 Argentina OS DOUS PAÍSES MÁIS PEQUENOS: Mónaco e finalmente a Cidade do Vaticano.

242 Gibraltar 7 Administrado por el Reino Unido.9

243 Isla Clipperton 6 Administrada por Francia.6

244 Islas Ashmore y Cartier 5 Administradas por Australia.4

Islas Spratly 5 Sin administración actual.27

245 Islas del Mar del Coral 3 Administrado por Australia.4

246 Mónaco 2

247 Ciudad del Vaticano

O QUE PODEMOS VISITAR:

• SkyDome (Toronto). El estadio más lujoso y moderno del mundo. Su techo retractil , se repliega con el mal tiempo y permite disfrutar del buen tiempo. Un techo de cuatro partes con un ancho de 209 metros.

• Dispone de un hotel con más de 300 habitaciones. Desde algunas se puede contemplar la actividad

del estadio.

Page 13: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

13

LA POBLACIÓN INUIT

Los Inuit construyendo un igloo con ladrillos de nieve / vivienda de verano, construida con pieles superpuestas sobre un marco.

Page 14: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

14

• La Torre Nacional de Canadá (Canadian National Tower en inglés), o simplemente Torre CN (CN Tower como es conocida internacionalmente) es una estructura no sostenida por cables en tierra firme, la cuarta más alta del mundo, con una altura de 553,33 metros. Cuenta con un observatorio ubicado a los 447 m, siendo éste el tercero más alto del mundo también. Es considerada como una de las Siete Maravillas del Mundo moderno por parte de la Sociedad Americana.

• Se sube en 58 segundos en un ascensor de vidrio, para disfrutar de una panorámica sin igual. • Se encuentra en el centro de la ciudad canadiense de Toronto, principal icono de la ciudad junto con

otra gran atracción túristica: el Rogers Centre. La torre es uno de los grandes atractivos de la ciudad, atrayendo más de 2 millones de turistas cada año.

EL TITANIC

El Titanic, buque insignia de la compañía White Star Line, se hundió el 15 de Abril de 1912 frente a la costa de Terranova. Se llevó consigo las vidas de 1.500 personas. En aquella noche, las clases sociales no sirvieron para decidir quién había de morir y quién no. Ser rico o ser pobre no tuvo nada que ver en la multitud de escenas de heroísmo (y de cobardía, por qué no decirlo) que se observaron en aquel infortunado navío.

El hundimiento del Titanic es una gran historia, humana y llena de controversia, sobre la que se ha hablado mucho y escrito más. Hace poco volvió a la actualidad debido al fallido intento de rescate de una sección del pecio, que yace sumergido en las profundidades del Océano Atlántico. También se ha comercializado alguna película de cine con motivo del desastre.

El naufragio del Titanic tal vez fue provocado por la excesiva confianza en las posibilidades reales de un buque, el más rápido, grande, moderno y lujoso de la época. El desastre, que acabó con este orgulloso producto de la tecnología de principios de siglo, tiene un cierto paralelismo con la explosión, en Enero de 1986, de la lanzadera espacial Challenger, la cual era a su vez la mayor y más compleja nave espacial jamás construida.

Posición del hundimiento del Titanic

Page 15: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

15

BLOQUE 3: ACTIVIDADE DE RECAPITULACIÓN De xeito conxunto, o alumnado das dúas aulas de 1º, durante tres sesións, elaborou un mural no que se recollen todas aquelas informacións importantes sobre Canadá que conseguiron desde o comenzo do proxecto. Velaquí unha parte dos materiais icónicos que usaron para este traballo final:

GROENLANDIA ALASKA BAHÍA DE HUDSON MAR DE LABRADOR

POBOADOS INUITS OCÉANO ATLÁNTICO OCÉANO PACÍFICO

Page 16: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

16

PROXECTO 2: A NOSA VIAXE NO TEMPO: DE OLIMPIA A LONDRES Xa que no mes de xullo se celebra unha nova edición dos Xogos Olímpicos en Londres, pareceunos oportuno, partindo de tres relatos sobre a orixe e celebración dos primeiros xogos na Antiga Grecia, facer un percorrido xa non só na xeografía, senón tamén no tempo para coñecer aspectos ben interesantes destas coñecidas competicións deportivas. Obviamente, na parte final do traballo, investigamos sobre espazos que poderíamos visitar en Londres neste próximo verán. TEXTOS PROPOSTOS PARA LER EN VOZ ALTA NA AULA: varios relatos contidos no volume, publicado en Anaya, Cuentos y Leyendas de los Juegos Olímpicos, de Gilles Massardier. - BLOQUE 1: ENFOQUE COMPRENSIVO/EXPRESIVO

Na primeira fase de traballo, potenciarase no alumnado a actividade comprensiva-expresiva, a través tres textos anteriores, directamente relacionados coas tradicións olímpicas na Antiga Grecia. A continuación aparecen as cuestións propostas, que serán realizadas de xeito individual.

1. Lectura atenta dos textos.

2. Comprensión:

a) Termos que nos remiten a unha realidade xeografica, cultural e deportiva concreta (Grecia, deuses, heroes, competicións deportivas). Debémolos anotar no caderno para, máis tarde, buscar información sobre eles.

b) O alumnado debe respostar preguntas concretas sobre feitos que suceden no primeiro relato.

c) Logo, deberá formular por escrito as preguntas que consideraria axeitadas para comprobar que o lector entendeu os feitos narrados nos relatos 2º e 3º.

d) Elaboración dun pequeno resumo do texto 2.

3. Explica ante que tipos de textos estás en cada caso (no 1º, cómpre concretar os elementos que confiren entidade narrativa á mensaxe).

4. Substitue por sinónimos (e por antónimos, cando sexa posible) os termos en negriña.

BLOQUE 2: ENFOQUE INTERDISCIPLINAR

Como se explicou no proxecto anterior, na segunda fase de traballo, o alumnado acomete un extenso labor de investigación interdisciplinar, buscando información xeográfica, lingüística, económica, política, histórica... O traballo organízase de xeito grupal: a información obtida exponse por grupos concretos en cada caso. As fontes que se manexan están en soporte papel e dixital: libro impreso e a Internet. Os espazos de traballo son a aula e a biblioteca.

Page 17: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

17

OS XOGOS OLÍMPICOS: UN POUCO DE HISTORIA

http://www.educa.madrid.org/web/ies.garciamorato.madrid/Dep_Griego/juegos/trabajos/historia_juegos.htm

(Unha boa parte da información o alumnado poderá atopala na web que se vén de recomendar. Os dous grupos de 1º ESO, despois de rematar este labor de investigación, asistirán, nunha sesión lectiva, a unha charla impartida polo alumnado de grego (1º BAC), que baixo a dirección e coordinación da súa profesora realizou un importante traballo sobre esta temática. Con todos os datos compilados, darán resposta ás seguintes cuestións)

1. Cando e onde se van celebrar os próximos Xogos Olímpicos? Cando e onde se celebraron os

últimos? 2. Onde se crearon estes xogos e cando?

3. Para que se celebraban?

4. Que quere dicir que un pobo é politeísta?

5. Explica quen eran estes deuses: Zeus, Ares, Apolo, Hefesto, Hades, Artemisa, Poseidón.

6. Con que periodicidade se celebraban os xogos na antigüidade e por que se pararon de organizar?

7. Como incidía a celebración das olimpiadas sobre a actividade militar?

8. En que época do ano se celebraban os xogos? Por que se elixían estas datas?

9. Na celebración dos xogos había 3 fases: explica cales eran.

10. Indica se é verdadeira a seguinte afirmación: “ Nos antigos Xogos Olímpicos participaban homes e mulleres nas mesmas probas”. Corrixe os erros que atopes nela.

Page 18: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

18

11. Cando se celebran os primeiros xogos olímpicos da modernidade? Quen os restaura e onde se

celebran?

12. Que novas modalidades de xogos se crearon no século XX?

13. Busca o lema olímpico e explica que quere dicir. Fai o mesmo coa bandeira olímpica (pega unha imaxe no teu caderno).

VISIONADO DE ASTÉRIX EN LOS JUEGOS OLÍMPICOS

- Durante tres sesións, o alumnados dos dous grupos ve a película Astérix en los Juegos Olímpicos. A actividade final é elaborar unha reseña en grupo, que será publicada no Blog da Biblioteca Sarmiento. Para facilitar a elaboración desta actividade final, tralo visionado, adicamos dúas sesións a analizar, en gran grupo, a longametraxe: a análise faise de xeito oral e séguese como guía o seguinte guión:

ASTERIX EN LOS JUEGOS OLÍMPICOS: actividades orais.

1. Astérix e Obélix: quen son, onde viven, que relación teñen cos romanos? 2. Caracterízaos fisicamente. Son ben diferentes; cres que se pretende algo ao xuntar dous personaxes

tan distintos?

3. Que outros personaxes viven na aldea gala e aparecen na película? Indica tamén as súas características principais.

4. Que feito motiva que os galos decidan participar nas Olimpíadas gregas?

5. Quen é Bruto e por que se ve na obriga de participar tamén? Caracterízao tendo en conta o que

viches na película.

6. Cal é o seu antagonista? Indica que trazos os opoñen.

7. Ao longo da película vemos como a estas competicións acuden deportistas desde diferentes puntos xeográficos: que teñen en común todos estes lugares? Por qué está César presidindo os Xogos?

8. Cando aparece nunha gran sala o rei dos gregos, pódese ver a estatua dun importante deus: quen é

e cales son os seus atributos?

9. Cal é o vestiario dos atletas que entrenan e que logo van competir?

10. Cando Lunátix chega a Olimpia vaise inscribir para os Xogos. Nese intre o Xurado Olímpico está a inventar un novo deporte olímpico, cal pensas que é?

11. Ao remate da película séguense a inventar xogos relacionados cunha pelota, cales son?

Page 19: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

19

12. Cando comenzan os xogos desfilan as delegacións das distintas provincias participantes: consérvase algo desa costume na actualidade? Cal é a delegación máis chamativa e por que?

13. Ao longo da película aparecen diferentes deportes olímpicos: indica cales son e onde se celebran.

14. Durante as competicións hai dous personaxes que teñen un incidente cunha estatua. Cal é o

incidente e cal é a estatua?

15. Que é unha cuadriga? Que personaxe actual conduce unha na película?

16. Un anacronismo é a aparición de personaxes, feitos ou obxectos que producen sorpresa por encadrarse nunha época que non lles corresponde: podes sinalar que anacronismos aparecen na carreira de cuadrigas e na festa final?

17. Que se entregaba aos gañadores das Olimpíadas?

18. Indica que aspectos dos Xogos Olímpicos coñeciches a través desta película.

19. Fai unha pequena reseña sobre Asterix nos Xogos Olímpicos: debes facer un pequeno resumo e

logo falar sobre aqueles aspectos que máis che agradaron ou disgustaron, xustificando a túa opinión (personaxes, tema e comicidade, efectos especiais, decorados, ritmo da película, espazos...)

UNHA PEQUENA VIAXE POR GRAN BRETAÑA. DESTINO FINAL: LONDRES

Xa como terceira fase do traballo sobre os Xogos Olímpicos, propóñense actividades destinadas ao coñecemento de aspectos xeográficos, históricos, económicos, culturais, gastronómicos de Gran Bretaña. Para rematar o alumnado investigará e buscará algún dato relevante sobre monumentos ou lugares interesantes para visitar na cidade de Londres. Para traballar estes contidos, a profesora de Língua Inglesa destes grupos de 1º colaborou ofrecendo dúas presentacións en Power Point nas que se recolle, obviamente en inglés, información e imaxes sobre os aspectos anteriormente citados. Tal material serviunos para artellar na aula unha boa parte da actividade prevista: o alumnado complementou semanalmente, de xeito escrito unhas veces, e oral outras, as imaxes vistas ou a información contida nas presentacións. Adxúntanse ambas presentacións en calidade de anexos. Como actividade final o alumnado, en grupos de 2, elaborará sobre un mapa un percorrido por Gran Bretaña (rexións e cidades que lle gustaría visitar). A continuación elaborá por escrito unha lista de espazos londinenses aconsellables para un turista (cantidade mínima de 7) : debe complementar a información explicando que pode atopar o visitante en cada un deles.

Para rematar, cómpre sinalar que o interese polos Xogos Olímpicos deu lugar a unha interesante tarefa impulsada polo Equipo de Biblioteca: elaborouse co alumnado de ESO e BACHILLERATO unha exposición sobre a historia desta celebración, curiosidades dos Xogos, mascotas e Xogos Parolímpicos. Tamén se artellou, sobre este traballo, o concurso Queres ouro, prata ou bronce?, a piques de rematar estes días, e que consiste na busca de datos concretos sobre a temática olímpica.

Page 20: Entra no mundo dos contos, entra nos contos do mundo

Nombre de archivo: PROXECTO INTERDISCIPLINAR PARA MEMORIA BIBLIO.doc

Directorio: E:\POÑENCIA\MATERIAIS\18. PROXECTO INTERDISCIPLINAR\PROXECTO INTERDISCIPLINAR 2012

Plantilla: C:\Users\EQUIPO\AppData\Roaming\Microsoft\Plantillas\Normal.dot

Título: PROXECTO INTERDISCIPLINAR Asunto: Autor: MARIA Palabras clave: Comentarios: Fecha de creación: 07/06/2012 2:23:00 Cambio número: 2 Guardado el: 07/06/2012 2:23:00 Guardado por: MARIA Tiempo de edición: 2 minutos Impreso el: 05/05/2015 10:10:00 Última impresión completa Número de páginas: 19 Número de palabras: 8.063 (aprox.) Número de caracteres: 44.351 (aprox.)