41
Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de Galicia y de la Universidade de Santiago de Compostela. DE SER UTILIZADO DEBE SER CITADO COMO Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia (PXFSDAG). Universidad de Santiago de Compostela - Xunta de Galicia. 2004 Autores: Universidade de Santiago de Compostela (USC) D. Manuel Fco. Marey Pérez ([email protected]) D. Sergio Fernández Alonso D. Rafael Crecente Maseda Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente D. Jacobo Aboal Viñas

Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

���

Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de Galicia y de la Universidade de Santiago de Compostela.

DE SER UTILIZADO DEBE SER CITADO

COMO

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia (PXFSDAG). Universidad de Santiago de Compostela - Xunta de Galicia. 2004

Autores:

Universidade de Santiago de Compostela (USC) D. Manuel Fco. Marey Pérez ([email protected])

D. Sergio Fernández Alonso

D. Rafael Crecente Maseda

Xunta de Galicia - Consellería de Medio Ambiente D. Jacobo Aboal Viñas

Page 2: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

O Plans de Xestión Sostible dos Distritos Ambientais en Galicia redáctanse como posible aplicación da Lei 43/2003, de 21/11/2003 de Montes, onde se mencionan os instrumentos chamados Plans de Ordenación dos Recursos Forestais como ferramenta de xestión forestal no marco da ordenación do territorio.

Segundo a Lei 43/2003 o seu ámbito territorial será os territorios forestais con características xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais ou paisaxísticas homoxéneas, de extensión comarcal ou equivalente, puidéndose adaptar a aquelas comarcalizacións e divisións de ámbito subrexional trazadas pola ordenación do territorio ou outras divisións administrativas específicas das comunidades autónomas. No caso de Galicia, os Distritos ambientais parecen a división idónea.

1. INTRODUCCION

Artigo 1.

Os Plans de Xestión Forestal Sostible de Distrito teñen como fin a xestión forestal no marco da ordenación do territorio, como chanzo intermedio entre os Proxectos de Ordenación ou Plans Simples de Xestión Forestal e o Plan Forestal de Galicia.

Artigo 2.

Considérase de interese xeral a elaboración de Plans de Xestión Forestal de Distrito, e rexeranse polas normas contidas nestas Instruccións, así como por complementarias que se dicten pola Dirección Xeral de Montes.

Artigo 3.

A administración forestal, dependente da Consellería de Medio Ambiente, dará a debida preferencia ós Plans de Xestión Sostible e determinará a sucesión e ritmo de elaboración dos mesmos nos distritos da Comunidade Autónoma.

Page 3: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

2. PLANS DE XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE

Artigo 4.

Todo Plan de Xestión Forestal Sostible estará formado por seis títulos:

1. Obxectivo, Xustificación e Normativa de Aplicación

2. Información territorial

3. Análise e Diagnose

4. Planificación

5. Implementación

6. Planos

2.1. TITULO PRIMEIRO. OBXECTIVO, XUSTIFICACIÓN E NORMATIVA DE APLICACIÓN

Artigo 5.

O título I dividirase nos seguintes capítulos:

1. Principios Autonómicos de Xestión Forestal Sostible

2. Obxectivos do Plan Forestal de Galicia

3. Xustificación de Obxectivos xerais a nivel de Distrito ambiental

4. Normativa Legal de Aplicación Xeral

5. Outras Normas e Plans que afecten ó Distrito

2.1.1. CAPITULO I. Principios Autonómicos de Xestión Forestal Sostible

Artigo 6.

Page 4: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

Recolleranse no plan os principios indicados na Estratexia Galega de Xestión Forestal Sostible, principios que deberán contribuír á xestión, conservación e desenvolvemento sostible dos bosques satisfacendo as necesidades sociais, económicas, ecolóxicas, culturais e espirituais do pobo galego, en desenvolvemento dos cales se realiza o Plan de Xestión Sostible.

2.1.2. CAPITULO II.Obxectivos do Plan Forestal de Galicia

Artigo 7.

Consideraranse no plan o sistema de obxectivos e metas operativas do Plan Forestal de Galicia coma base fundamental do Plan de Xestión Sostible, prestando especial atención ós distintos modelos de monte propostos para ás comarcas xeoforestais nas que se atopa o distrito.

2.1.3. CAPITULO III.Xustificación de obxectivos xerais a nivel de Distrito ambiental

Artigo 8.

Propoñeranse obxectivos xerais a nivel de Distrito ambiental en desenvolvemento dos obxectivos do Plan Forestal de Galicia e dos Principios Autonómicos de Xestión Forestal Sostible, establecéndose en liñas xerais as estratexias a desenvolver no Plan de Xestión Sostible.

2.1.4. CAPITULO IV. Normativa Legal de Aplicación Xeral

Artigo 9.

Recollerase a lexislación de interese e as institucións con responsabilidade no ámbito do plan, constituíndose o marco legal e institucional que establece e controla as regras do xogo que interveñen no sistema territorial.

2.1.5. CAPITULO V. Outras Normas e Plans que afecten ó Distrito

Artigo 10.

Page 5: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

���

Recolleranse os plans de ámbito provincial, supramunicipal ou municipal que poidan afectar ó desenvolvemento do Plan de Xestión Sostible. Deberá incluír os instrumentos de ordenación do territorio vixentes no distrito e os instrumentos de planificación de espacios naturais, así coma calquera outro plan sectorial que afecte á totalidade ou a parte do distrito.

2.2. TITULO SEGUNDO. INFORMACIÓN TERRITORIAL

Artigo 11.

O título II dividirase nos seguintes capítulos:

1. Análise Histórica

2. Estudio do Medio Físico Abiótico

3. Estudio do Medio Físico Biótico

4. Hábitats singulares a nivel estatal, autonómico e local.

5. Ecosistemas forestais

6. Estudio do Medio Socioeconómico

2.2.1. CAPITULO I. Análise Histórica

Artigo 12.

Realizarase un estudio dos últimos dez anos da evolución das catástrofes que poidan influír na actividade forestal do distrito , entendendo as mesmas coma incendios, vendavais, inundacións, pragas e enfermidades, realizando un análise por causas e incidencia das mesmas nos sistemas forestais.

2.2.2. CAPITULO II. Estudio do Medio Físico Abiótico

Artigo 13.

O capítulo II dividirase nas seguintes seccións:

1. Topografía

Page 6: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

2. Clima

3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía

4. Hidroloxía

5. Procesos erosivos

6. Paisaxe

7. Paisaxes singulares

8. Entornos singulares

2.2.2.1. SECCIÓN 1ª. Topografía

Artigo 14.

Estabelecerase a relación do distrito cos grandes sistemas montañosos, indicando as principais orientacións e altitudes extremas e dominantes e reseñaranse as súas pendentes.

2.2.2.2. SECCIÓN 2ª. Clima

Artigo 15.

Consignaranse os datos meteorolóxicos e os índices ou diagramas climáticos que se consideran indispensables para a clasificación do clima a efectos da planificación. Os datos procederán das estacións existentes no propio distrito ou, no seu defecto, dos observatorios da rede do Servicio Meteorolóxico Nacional.

2.2.2.3. SECCIÓN 3ª. Xeoloxía e Xeomorfoloxía

Artigo 16.

Realizarase unha análise das características do chan e a rocha nai, así como das unidades xeomorfolóxicas presentes no distrito, localizándose xeográficamente cando sexa posible.

Page 7: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

2.2.2.4. SECCIÓN 4ª. Hidroloxía

Artigo 17.

Consignarase a situación do distrito respecto ás cuncas hidrográficas principais e secundarias e os cursos de auga que nel nacen, atravesan ou limitan. Nos casos nos que haxa lugar, sinalarase tamén a torrencialidade das correntes que causan danos apreciables, relacionándoa co estado das cuncas.

2.2.2.5. SECCIÓN 5ª. Procesos erosivos

Artigo 18.

Estudio de zonas por risco de erosión baseándose en tipo de substrato, cuberta e climatoloxía.

2.2.2.6. SECCIÓN 6ª. Paisaxe

Artigo 19.

Valoración xeral do paisaxe do distrito como unión de elementos visuais, patrimoniais e ambientais.

2.2.2.7. SECCIÓN 7ª. Paisaxes singulares

Artigo 20.

Inventario de zonas de alto valor paisaxístico.

2.2.2.8. SECCIÓN 8ª. Entornos singulares

Artigo 21.

Semellante ó anterior, pero a escala máis detallada.

Page 8: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

2.2.3. CAPITULO III. Estudio do Medio Físico Biótico

Artigo 22.

O capítulo II dividirase nas seguintes seccións:

1. Vexetación

2. Relación das principais especies vexetais.

3. Presencia de especies vexetais protexidas a nivel europeo

4. Presencia de especies vexetais protexidas a nivel nacional

5. Fauna

6. Relación das principais especies de fauna existentes.

7. Presencia de Especies contempladas na Directiva Hábitat

8. Presencia de Especies Catalogadas como de Interese Especial ou en Perigo de Extinción

2.2.3.1. SECCIÓN 1ª. Vexetación

Artigo 23.

Realizarase o estudio da vexetación contemplando os seguintes aspectos: encadre fitoxeográfico, vexetación potencial e vexetación actual; onde se describirán as distintas comunidades vexetais existentes no distrito, seguindo, dentro do posible, a división establecida na Directiva 92/43/CEE, de forma que se facilite posteriormente a aplicación da mesma.

2.2.3.2. SECCIÓN 2ª. Relación das principais especies vexetais.

Artigo 24.

Farase unha relación das especies vexetais características das comunidades estudiadas anteriormente, caracterizando especialmente as propias de ecosistemas forestais, nas que se diferenciará a vexetación en función da súa estructura vertical, indicando ós estratos ós que pertence cada unha das especies.

Page 9: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

Para o resto das comunidades vexetais relacionadas indicaranse as especies máis características, baseándose nas asociacións descritas na bibliografía existente.

2.2.3.3. SECCIÓN 3ª. Presencia de especies vexetais protexidas a nivel europeo

Artigo 25.

Entre as especies vexetais identificadas relacionaranse neste apartado aquelas contempladas dentro dalgunha das categorías de protección establecidas pola Directiva 92/43 CEE, segundo os diferentes grados de protección establecidos.

2.2.3.4. SECCIÓN 4ª. Presencia de especies vexetais protexidas a nivel nacional

Artigo 26.

Entre as especies vexetais identificadas relacionaranse neste apartado aquelas contempladas dentro dalgunha das categorías establecidas pola Lei 4/1989 de Conservación dos Espacios Naturais e da flora e fauna silvestres, que figuren no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, segundo os diferentes grados de protección establecidos.

2.2.3.5. SECCIÓN 5ª. Fauna

Artigo 27.

Realizarase a caracterización da fauna presente no distrito, estudiando os grupos de vertebrados segundo ás clases ás que pertencen e os principais hábitats que ocupan, atendendo especialmente a aquelas especies que poidan dar lugar a aproveitamentos de interese, ou cando a súa importancia ou intervención nos ecosistemas forestais se considere igualmente interesante.

2.2.3.6. SECCIÓN 6ª. Relación das principais especies de fauna existentes.

Artigo 28.

Page 10: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

���

Expoñerase unha una relación das especies zoolóxicas presentes no distrito, atendendo especialmente ós grupos de vertebrados segundo as súas clases, para ter unha visión, o mais clara posible, do estado actual da diversidade animal, e poder así identificar posibles interaccións co proceso de planificación territorial.

2.2.3.7. SECCIÓN 7ª. Presencia de especies de fauna protexidas a nivel europeo

Artigo 29.

Entre as especies zoolóxicas identificadas relacionaranse neste apartado aquelas contempladas dentro dalgunha das categorías de protección establecidas polas Directivas 92/43 CEE e 79/409/CE, segundo os diferentes grados de protección establecidos nas mesmas.

2.2.3.8. SECCIÓN 8ª. Presencia de especies de fauna protexidas a nivel nacional

Artigo 30.

Entre as especies zoolóxicas identificadas relacionaranse neste apartado aquelas contempladas dentro dalgunha das categorías establecidas pola Lei 4/1989 de Conservación dos Espacios Naturais e da flora e fauna silvestres, que figuren no Catálogo Nacional de Especies Ameazadas, segundo os diferentes grados de protección establecidos.

2.2.4. CAPITULO IV. Hábitats singulares a nivel estatal, autonómico e local.

Artigo 31.

Expoñerase unha relación daqueles hábitats presentes no distrito que se atopan tipificados pola Directiva comunitaria DC 92/43/CEE coma “Hábitats de Interese Comunitario” ou coma “Hábitats prioritarios”.

Page 11: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

2.2.5. CAPITULO IV. Ecosistemas forestais

Artigo 32.

O capítulo IV dividirase nas seguintes seccións:

1. Estructuración de Usos e Aproveitamentos.

2. Estudio de combustibles.

3. Caracterización segundo tipos forestais;

4. Relación de principais tipos forestais.

5. Presencia e caracterización de bosque ripícola.

6. Presencia e caracterización de ecotonos.

7. Estado de rexeneración.

8. Presencia e estado de Pragas e Enfermidades.

2.2.5.1. SECCIÓN 1ª. Estructuración de Usos e Aproveitamentos.

Artigo 33.

Este apartado deberá incluír os indicadores relacionados coa clasificación da superficie do distrito respecto o seu uso, o que proporcionará información referente ó tipo de cuberta vexetal e permitirá unha explotación da información en distintos niveis de concreción ou detalle, ata identifica-los tipos diferenciais de vexetación a nivel morfoespecífico e a nivel específico. Darase un tratamento detallado ó uso forestal, caracterizando estructuralmente as poboacións arbóreas presentes no distrito segundo a súa estructura e distribución espacial, a súa estructura específica e a súa estructura de idades.

2.2.5.2. SECCIÓN 2ª. Estudio de combustibles.

Artigo 34.

Deberase informar sobre os elementos do sistema forestal que inflúen na reacción ó fogo e na resistencia ó incendio, xa que dita información axudará á toma de decisións en materia de vixilancia, prevención e extinción.

Page 12: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

Atenderase especialmente á combustibilidade dos diferentes estratos de vexetación clasificándoos nos modelos de combustible establecidos polo ICONA.

2.2.5.3. SECCIÓN 3ª. Caracterización segundo tipos forestais.

Artigo 35.

Deberase realiza-la caracterización das principais especies forestais existentes no distrito segundo as súas variables dendrométricas e dasométricas, atendendo especialmente a aquelas que son obxecto de aproveitamento; o servirá de base para a toma de decisións, actuando na planificación das operacións silvícolas.

2.2.5.4. SECCIÓN 4ª. Relación de principais tipos forestais.

Artigo 36.

Describiranse as diferentes formacións arbóreas que se atopan no distrito e que ocupen unha extensión significativa, facendo referencia ás principais características estudiadas no apartado anterior, ademais da súa estructura, ecoloxía e distribución, indicando datos coma utilidade, influencia do home e outros aspectos que poidan ser de interese.

2.2.5.5. SECCIÓN 5ª. Presencia e caracterización de bosque ripícola.

Artigo 37.

Realizarase un estudio o máis detallado posible deste tipo de formacións debido á súa grande importancia, tanto pola biodiversidade que presentan, coma polos seus efectos na regulación das avenidas e na estabilidade dos álveos, consignándose a súa tipoloxía e distribución e describindo os seus principais aspectos estructurais e ecolóxicos.

2.2.5.6. SECCIÓN 6ª. Presencia e caracterización de ecotonos.

Artigo 38.

Page 13: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

Estudiaranse os ecotonos entre usos valorando sobre todo o contraste entre manchas de usos distintos, dado que poden albergar unha maior diversidade.

2.2.5.7. SECCIÓN 7ª. Estado de rexeneración.

Artigo 39.

Estudiarase o estado da rexeneración das principais especies forestais presentes no distrito distinguindo o tipo de rexeneración segundo a súa orixe, seu estado de desenvolvemento en función da altura e o diámetro normal, e a densidade de rexeneración en función do número medio de plántulas por hectárea.

2.2.5.8. SECCIÓN 8ª. Presencia e estado de Pragas e Enfermidades.

Artigo 40.

Conterá información referente ó estado fitosanitario das masas forestais presentes no distrito, atendendo principalmente ós danos que presenta a vexetación, segundo os axentes causantes e o grado de deterioro, o que posibilitará avalia-lo estado sanitario dos sistemas forestais e aconsellar medidas en materia de prevención.

2.2.6. CAPITULO V. Estudio do Medio Socioeconómico

Artigo 41.

O capítulo V dividirase nas seguintes seccións:

1. Demografía e Estructura da Poboación

2. Mercado Laboral

3. Patrimonio Cultural

4. Valores recreativos

5. Vías Pecuarias

6. Agricultura

Page 14: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

7. Gandería

8. Outros Sectores. Industria e Servicios

9. Espacios Naturais Protexidos

10. Planes de Xestión Forestal vixentes

11. Recursos Forestais (madeirables e non madeirables)

2.2.6.1. SECCIÓN 1ª. Demografía e Estructura da Poboación

Artigo 42.

Estudiarase a evolución da poboación, tentando chegar ó maior detalle posible, sendo a idónea a escala parroquial, polas características territoriais e de organización socioeconómica de Galicia. Deberanse obter datos absolutos e relativos para unha mellor comprensión, estructurándoos por grandes grupos de idade.

2.2.6.2. SECCIÓN 2ª. Mercado Laboral

Artigo 43.

Reseñaranse os datos de ocupación por sectores e subsectores á como mínimo escala de concello e por sexos, facendo ademais unha valoración da súa evolución.

2.2.6.3. SECCIÓN 3ª. Patrimonio Cultural

Artigo 44.

Reflectiranse os catálogos de patrimonio e as zonas de protección dispostas para os seus elementos nos planeamentos dos concellos da zona, de xeito que se teñan en conta na planificación dos aproveitamentos forestais.

2.2.6.4. SECCIÓN 4ª. Valores recreativos

Artigo 45.

Page 15: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

Localizaranse as zonas recreativas, miradores, parques, etc., se é posible con datos sobre estado, servicios dispoñibles, superficie e número de visitantes potenciais e reais, como parte dos usos múltiples do monte.

2.2.6.5. SECCIÓN 5ª. Vías Pecuarias

Artigo 46.

Non existen en Galicia.

2.2.6.6. SECCIÓN 6ª. Agricultura

Artigo 47.

Realizarase unha caracterización da actividade agrícola da zona, vendo sobre todo a evolución do tamaño das explotacións, e localizando xeográficamente os resultados, para saber en que lugares pode quedar solo infrautilizado.

2.2.6.7. SECCIÓN 7ª. Gandería

Artigo 48.

Realizarase unha caracterización da actividade gandeira da zona, vendo sobre todo a evolución da carga gandeira, e localizando xeográficamente os resultados, para saber as zonas onde pódese dar maior problema de interacción do gando co monte.

2.2.6.8. SECCIÓN 8ª. Outros Sectores. Industria e Servicios

Artigo 49.

Caracterizaranse os outros sectores productivos por concello, localizando as áreas nas que predominan uns e outros, o que axudará a determinar subzonas dentro do distrito que poden ter distintas prioridades na planificación dos montes.

Page 16: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

2.2.6.9. SECCIÓN 9ª. Espacios Naturais Protexidos

Artigo 50.

Expoñerase unha relación das áreas incluídas na Rede Galega de Espacios Protexidos presentes na zona de estudio ou con área de influencia na mesma, quedando excluídas da ordenación, pero puidendo condicionar as prioridades nos usos forestais a promover nas súas zonas limítrofes.

2.2.6.10. SECCIÓN 10ª. Plans de Xestión Forestal vixentes

Artigo 51.

Farase referencia ó tipo e alcance dos proxectos de ordenación e plans técnicos ou dasocráticos vixentes na zona de estudio, indicando a súa significación e distribución territorial, así coma as súas principais características; estes plans deberán verificar, na súa correspondente revisión, o seu grado de adecuación ó proposto polo Plan de Xestión Forestal Sostible, coa finalidade de realiza-las correccións que sexan oportunas.

2.2.6.11. SECCIÓN 11ª. Recursos Forestais (madeirables e non madeirables)

Artigo 52.

A sección 11ª debe contar cos seguintes puntos:

1. Declaración de Obxectivos Territoriais

2. Estructura da Propiedade

3. Existencias e Aproveitamentos Forestais

4. Material forestal de reproducción

5. Rede de Infraestructuras

6. Industrias relacionadas cos Sistemas Forestais

7. Análise estado cinexético e piscícola.

Page 17: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

2.2.6.11.1. Declaración de Obxectivos Territoriais

Artigo 53.

Débense consignar neste punto os obxectivos territoriais existentes para a actividade forestal que emanen de plans xa operativos, para podelos articular co presente plan.

2.2.6.11.2. Estructura da Propiedade

Artigo 54.

Realizarase a caracterización da estructura da propiedade forestal, atendendo ás particulares características de cada tipo e a súa distribución xeográfica, así coma o tipo de xestión dos montes segundo a súa relación coa administración. Así mesmo farase relación daqueles montes declarados coma de utilidade pública ou montes protectores existentes na zona de estudio.

2.2.6.11.3. Existencias e Aproveitamentos Forestais

Artigo 55.

Reflectiranse neste punto os datos sobre existencias estimadas na zona de estudio, atendendo principalmente ás especies madeireiras que abastecen á industria. Consignaranse tamén os datos existentes sobre cortas realizadas, establecendo si é posible a evolución das mesmas nos últimos anos segundo as distintas especies.

2.2.6.11.4. Material forestal de reproducción

Artigo 56.

Débense reflectir datos sobre usos absolutos e relativos de material identificado e seleccionado nos últimos anos nas repoboacións do distrito, así como as procedencias máis utilizadas das distintas especies.

2.2.6.11.5. Rede de Infraestructuras

Page 18: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

Artigo 57.

Estudiarase a idoneidade das infraestructuras para o aproveitamento forestal, distinguindo o seu tipo e estado, para estimar a accesibilidade ás distintas zonas forestais do distrito.

2.2.6.11.6. Industrias relacionadas cos Sistemas Forestais

Artigo 58.

Localizaranse e caracterizaranse as principais industrias forestais que operan no distrito, con estimacións de consumo de materia prima por tipos e especies. Ademais farase unha previsión razoable da evolución dos prezos e da demanda no mercado de productos forestais, con expresión da tendencia da mesma cara calidades ou dimensións determinadas, e as posibles melloras tecnolóxicas na execución dos aproveitamentos, transportes e canais de comercialización. Por último, describiranse as características da man de obra dispoñible, expresando a súa capacitación tecnolóxica, estacionalidade en alternativa cos traballos agrícolas, nivel de salarios ou outras variables relacionadas coa mesma.

2.2.6.11.7. Análise estado cinexético e piscícola.

Artigo 59.

Deberase consignar neste punto a delimitación de TECOR e zonas de veda e cotos dentro do distrito, así como a caracterización de capturas e evolución das mesmas nos derradeiros anos.

2.2.6.11.8. Outras produccións complementarias

Artigo 60.

Relacionaranse as produccións complementarias dos montes do distrito, coma cogomelos, plantas aromáticas ou recendentes, froitos, mel ou calquera outro producto obtido nos mesmos, incluíndo datos de cantidade obtida e localización si é posible, e evolución nos derradeiros anos.

Page 19: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

2.3. TÍTULO TERCEIRO. ANÁLISE E DIAGNOSE.

Artigo 61.

O título III dividirase nos seguintes capítulos:

1. Análise de Riscos e Deficiencias

2. Estado de Conservación dos Sistemas Forestais. Avaliación de Indicadores de Sostenibilidade

3. Conclusións da Análise

4. Caracterización en Unidades Territoriais

2.3.1. CAPITULO I. Análise de Riscos e Deficiencias

Artigo 62.

O capítulo I dividirase nas seguintes seccións:

1. Erosión

2. Incendios

3. Enfermidades e Pragas

4. Herbívoros (domésticos e silvestres)

5. Introducción de especies e procedencias

6. Propiedade

7. Lexislación forestal aplicable

2.3.1.1. SECCIÓN 1ª. Erosión

Artigo 63.

Farase unha valoración dos riscos de erosión presentes no distrito, situándoos xeográficamente se é posible.

Page 20: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

2.3.1.2. SECCIÓN 2ª. Incendios

Artigo 64.

Realizarase unha valoración de riscos de incendio no distrito baseado nos estudios dos datos de catástrofes seguindo unha metodoloxía como pode ser a proposta na Monografía 24 do ICONA.

2.3.1.3. SECCIÓN 3ª. Enfermidades e Pragas

Artigo 65.

Valoraranse os riscos por enfermidades e/ou pragas nas masas forestais do distrito, se é posible cunha certa localización xeográfica dentro do mesmo.

2.3.1.4. SECCIÓN 4ª. Herbívoros (domésticos e silvestres)

Artigo 66.

Valoraranse os riscos de danos por herbívoros nas masas forestais do distrito, se é posible cunha certa localización xeográfica dentro do mesmo.

2.3.1.5. SECCIÓN 5ª. Introducción de especies e procedencias

Artigo 67.

Valoraranse as deficiencias do material forestal utilizado no distrito, por non ser identificado ou controlado, ou por deficiencias de calidade.

2.3.1.6. SECCIÓN 6ª. Propiedade

Artigo 68.

Valorarase a problemática da propiedade forestal, a partir se é posible de datos catastrais; problemas específicos a valorar serán o minifundismo e o abandono da propiedade.

Page 21: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

2.3.1.7. SECCIÓN 7ª. Lexislación forestal aplicable

Artigo 69.

Estimarase a problemática á que da lugar ou se prevé que poida dar lugar o seu cumprimento no contexto do distrito, tanto por parte de particulares, como por empresas, ou na explotación de montes de xestión pública ou privada.

2.3.2. CAPITULO II. Estado de Conservación dos Sistemas Forestais. Avaliación de Indicadores de Sostenibilidade

Artigo 70.

O capítulo II dividirase nas seguintes seccións, coincidindo cos criterios de xestión forestal sostibles dados na norma UNE 162002-2:

1. Mantemento e mellora dos recursos forestais e a súa contribución os ciclos globais do carbono

2. Mantemento da saúde e vitalidade do ecosistema forestal

3. Mantemento e potenciación das funcións productivas dos montes

4. Mantemento, conservación e mellora apropiada da diversidade biolóxica nos ecosistemas forestais

5. Mantemento e mellora apropiada de funcións de protección na xestión do bosque

6. Mantemento doutras funcións e condicións socioeconómicas

Artigo 71.

Cando sexa posible, na valoración dos indicadores, débese incluír unha comparativa do valor do indicador na provincia, a comunidade autónoma, e mesmo a nivel nacional e europeo, así coma o ggrado de adecuación dos valores obtidos para ó distrito a estes referentes.

Page 22: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

2.3.2.1. SECCIÓN 1ª. Mantemento e mellora dos recursos forestais e a súa contribución os ciclos globais do carbono

2.3.2.1.1. Superficie e Estructura

Artigo 72.

Descrición da área de monte que comprende a unidade de xestión, os tipos de bosque, a densidade de ditas zonas e a estructura que presentan as masas existentes en canto a clases de idade e/ou clases diamétricas, porcentaxes e distribución de especies, etc. Ademais deberá valorar tamén os trocos producidos en dita estructura polas actuacións forestais.

2.3.2.1.2. Existencias e taxas de crecemento

Artigo 73.

Medición das existencias e a taxas de crecemento dos recursos forestais como un dos principais elementos caracterizadores e indicadores, para medir a calidade da xestión e a súa sostenibilidade.

2.3.2.1.3. Fixación de carbono

Artigo 74.

Evaluación da capacidade das masas forestais para actuar coma fixadores de carbono. O aumento das masas forestais en extensión ou en existencias comportará unha valoración positiva deste indicador.

2.3.2.1.4. Existencia de Plans de Xestión

Artigo 75.

Determinación da superficie xestionada mediante plans de xestión tales coma proxectos de ordenación ou plans técnicos, dado que a súa existencia deberá asegurar a persistencia e a optimización das funcións das masas forestais a longo prazo.

Page 23: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

2.3.2.1.5. Lexislación forestal

Artigo 76.

Recopilación do marco xurídico que determina, entre outros, os dereitos e deberes da propiedade forestal e demais usuarios dos montes e establezce as normas de conservación e defensa do patrimonio forestal.

2.3.2.1.6. Instrumentos económicos

Artigo 77.

Recopilación instrumentos económicos da política forestal, dado que a xestión forestal sostible require dun marco económico que lle permita cumprir coas demandas sociais en condicións de plena competencia internacional.

2.3.2.1.7. Información forestal

Artigo 78.

Estudio do estado da información forestal e o acceso á mesma no contexto do Distrito ambiental, pois a complexidade crecente das demandas forestais e o seu alcance temporal e espacial requiren de sistemas de información transparentes, accesíbeis e eficientes, así como dunha actividade investigadora importante, ademais de formas efectivas de participación.

2.3.2.2. SECCIÓN 2ª. Mantemento da saúde e vitalidade do ecosistema forestal

2.3.2.2.1. Estado sanitario da cuberta forestal

Artigo 79.

Estudio da incidencia e gravidade dos danos bióticos coma indicadores da calidade da xestión, dado que poden ser decisivos para a estabilidade e medra da cuberta forestal.

2.3.2.2.2. Plans de defensa contra incendios

Page 24: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

Artigo 80.

Estudio das actuacións encamiñadas á prevención e extinción de incendios forestais enmarcadas en instrumentos de planificación. Este indicador recollerá aqueles plans municipais ou supramunicipais de defensa contra incendios forestais que inclúan medidas de prevención e defensa, considerando especialmente a accesibilidade.

2.3.2.2.3. Estado nutricional do solo

Artigo 81.

Avaliación da calidade do solo, segundo diferentes parámetros, fundamental coma sustento do ecosistema forestal. Considerarase tamén o uso de fertilizantes.

2.3.2.2.4. Técnicas de control de pragas e enfermidades

Artigo 82.

Estudio da utilización de técnicas de manexo integral de enfermidades e pragas e a súa adecuación ó contexto do distrito, detallando doses, inocuidade, especificidade e biodegradabilidade.

2.3.2.2.5. Técnicas aplicadas nos traballos forestais

Artigo 83.

Avaliación das técnicas empregadas nos traballos forestais no contexto do distrito, estas técnicas deberán evitar causar desperfectos por danos físicos ó chan e a cuberta forestal e o aumento do risco de expansión de enfermidades e incendios.

2.3.2.2.6. Estado de rexeneración de zonas afectadas por catástrofe

Artigo 84.

Page 25: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

Valoración do estado da rexeneración en zonas afectadas por catástrofes tales coma pragas, enfermidades, incendios, ventos ou nevadas, cuantificando, no seu caso, as medidas efectuadas para a mesma.

2.3.2.2.7. Danos orixinados por herbívoros

Artigo 85.

Valoración de danos causados por herbívoros, domésticos ou silvestres, nas masas forestais do distrito, si é posible distinguindo zonas por intensidade dos mesmos.

2.3.2.2.8. Danos por catástrofes

Artigo 86.

Avaliación dos danos ocasionados por catástrofes nos sistemas forestais, co obxectivo de actuar sobre as súas causas e/ou mellorar a resistencia dos mesmos.

2.3.2.3. SECCIÓN 3ª. Mantemento e potenciación das funcións productivas dos montes

2.3.2.3.1. Seguimento e avaliación de la producción

Seguimento e avaliación da producción; composta de productos principais, fundamentalmente madeireiros, e secundarios; a efectos tanto de rendibilidade económica coma de multifuncionalidade dos sistemas forestais.

2.3.2.3.2. Relación Aproveitamento/Crecemento

Artigo 87.

Avaliación do grado de concordancia da medra das masas arbóreas do distrito co seu aproveitamento coa finalidade de perpetuar a producción.

2.3.2.3.3. Rendibilidade económica

Page 26: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

Artigo 88.

Avaliación dos aspectos económicos da xestión e das medidas tendentes á mellora dos resultados económicos.

2.3.2.3.4. Accesibilidade

Artigo 89.

Valoración da idoneidade de tamaño e estado da rede de infraestructuras de transporte, en particular nas áreas forestais, que deberá ser acorde cos usos, aproveitamentos e características do distrito.

2.3.2.3.5. Información socioeconómica forestal

Artigo 90.

Seguimento dos principais parámetros de información socioeconómica forestal no contexto do distrito.

2.3.2.4. SECCIÓN 4ª. Mantemento, conservación e mellora apropiada da diversidade biolóxica nos ecosistemas forestais

2.3.2.4.1. Estimación de la biodiversidade

Artigo 91.

Estimación da diversidade biolóxica, ben sexa de xeito descriptivo, ou ben mediante parámetros ou índices estandarizados; a conservación ou incremento cualitativo da biodiversidade deberá ser compatible co uso do territorio.

2.3.2.4.2. Conservación de espacios protexidos

Artigo 92.

Page 27: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

Avaliación da xestión forestal realizada nos espacios naturais protexidos, dacordo coa normativa aplicable e os obxectivos da xestión.

2.3.2.4.3. Conservación e mellora de hábitats singulares e ecotonos

Artigo 93.

Avaliación do estado de conservación e protección de hábitats singulares e ecotonos; as actividades realizadas no territorio non afectarán negativamente ós hábitats singulares e á estructura ecotónica.

2.3.2.4.4. Especies ameazadas

Artigo 94.

Valoración da medida na que as especies ameazadas están identificadas no territorio do distrito e son obxecto de plans de conservación.

2.3.2.4.5. Árbores mortas

Artigo 95.

Valoración da presencia de árbores mortos nas áreas forestais do distrito e estimar a idoneidade para o mantemento da biodiversidade, pero sen provocar riscos de pragas ou incendios.

2.3.2.4.6. Espacios forestais naturais e seminaturais

Artigo 96.

Valoración da presencia deste tipo de masas forestais no distrito por superficie e tipoloxía; deberase manter cando sexa posíble, a superficie de espacios forestais naturais e seminaturais.

2.3.2.4.7. Calidade de rexeneración

Page 28: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

��������

Artigo 97.

Estimación da calidade de rexeneración nas áreas forestais do distrito; potenciarase unha rexeneración de calidade ben sexa a través da rexeneración natural, artificial ou mesturada.

2.3.2.4.8. Material reproductivo forestal

Artigo 98.

Avaliación do material reproductivo forestal utilizado en repoboacións e reforestacións; estudiarase a representación de rodais selectos e hortos sementeiros das principais especies forestais e a utilización de material reproductivo forestal selecto.

2.3.2.4.9. Bosques mixtos

Artigo 99.

Valoración da presencia deste tipo de masas forestais no distrito por superficie e tipoloxía; o manter ou aumentar a porcentaxe de bosques mesturados comportará unha valoración positiva.

2.3.2.5. SECCIÓN 5ª. Mantemento e mellora apropiada de funcións de protección na xestión do bosque

2.3.2.5.1. Control da erosión

Artigo 100.

Reflectirase a superficie forestal afectada por erosión e a súa localización, así como as inversións na zona en medidas de restauración hidrolóxico-forestal.

2.3.2.5.2. Augas

Artigo 101.

Page 29: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

Avaliarase a calidade das augas, a regulación do ciclo hidrolóxico, a estabilización de álveos e a conservación de ribeiras. En todo caso consideraranse os efectos a corto e longo prazo.

2.3.2.5.3. Montes protectores

Artigo 102.

Valorarase a superficie de montes declarados como protectores ou análogos por razóns de chan, auga ou aludes.

2.3.2.5.4. Xestión de residuos non forestais

Artigo 103.

Avaliación do tratamento de residuos non forestais resultantes de traballos de xestión realizada no distrito, cumprimento da lexislación e existencia de melloras neste campo como creación de redes autorizadas de recollida destes residuos.

2.3.2.6. SECCIÓN 6ª. Mantemento doutras funcións e condicións socioeconómicas

2.3.2.6.1. Conservación de árbores e entornos singulares

Artigo 104.

Verificarase a existencia de catálogos de árbores e entornos singulares, e o estado de conservación destes elementos presentes no distrito.

2.3.2.6.2. Condicións sociolaborais dos traballadores na unidade de xestión

Artigo 105.

Verificación de que as condicións laborais (xornada, retribución, saúde, etc.) dos traballadores do ámbito forestal do distrito serán acordes cos convenios laborais existentes e demais normativa de aplicación. Avaliarase o

Page 30: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

cumprimento do convenio colectivo e da lexislación, así como a sinistralidade laboral.

2.3.2.6.3. Formación dos traballadores en materia de xestión forestal sostible e en riscos laborais.

Artigo 106.

Os traballadores que realicen tarefas na unidade de xestión deben ter uns coñecementos que aseguren que se senten partícipes da xestión forestal sostible. Débese minimizar a probabilidade de ocorrencia de incidentes/accidentes a través dunha formación proporcionada en base ós riscos identificados. As empresas subcontratadas deberán cumprir os mesmos requirimentos. Avaliarase neste apartado a cantidade de horas dedicadas polos traballadores á formación en xestión forestal sostible e riscos laborais.

2.3.2.6.4. Patrimonio histórico

Artigo 107.

As áreas forestais poden albergar testemuñas prehistóricas e históricos que é obrigado preservar, de xeito que se avaliará a existencia de catálogos de bens identificados, e o seu estado de conservación (facendo fincapé na existencia ou ausencia de danos causados pola xestión forestal).

2.3.2.6.5. Valores recreativos, paisaxísticos e culturais

Artigo 108.

Avaliación dos servicios intanxibles dos montes que benefician á sociedade no seu conxunto e ó entorno próximo en particular. A evolución cara unha sociedade terciaria fai cada vez mais relevante coidar a calidade e diversidade paisaxística do territorio. A valoración destes servicios, é fundamental para o logro das funcións socioeconómicas indicadas. Avaliarase a superficie forestal por habitante, o número e dotación de áreas recreativas por cada 100.000 habitantes, así como a existencia de estudios de valoración paisaxística, cultural e recreativa dos montes do distrito e existencia de normativa para a protección da paisaxe forestal.

Page 31: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

2.3.2.6.6. Socio-economía forestal

Artigo 109.

A contribución da actividade forestal á riqueza é especialmente significativa en termos de emprego e para as zonas de montaña caracterizadas por unha situación demográfica crítica. Avaliarase a porcentaxe de contribución ó PIB da actividade forestal primaria e do sector forestal no seu conxunto, o porcentaxe de emprego forestal primario no distrito e das industrias forestais, así como as condicións de vida da poboación en áreas predominantemente forestais do distrito (densidade, avellentamento, renda, servicios públicos, etc,) e a súa evolución comparativa. Ademais, realizarase unha estimación, onde existan, das externalidades e doutros bens públicos en relación co PIB.

2.3.3. CAPITULO III. Conclusións da Análise. Diagnose (DAFO)

Artigo 110.

Para a realización da diagnose empregarase a técnica D.A.F.O., coa que se destacarán os aspectos que poden condicionar o futuro do sector forestal no Distrito ambiental, e que se deberán ter en conta na planificación:

− Fortalezas: aspectos positivos internos ó territorio, que se deben potenciar de cara a un desenvolvemento do mesmo.

− Debilidades: problemas internos que debemos resolver ou cando menos minimizar os seus efectos negativos.

Por outra banda, atendendo ás relacións que a área de estudio mantén co medio socioeconómico co rodea, serán identificadas:

− Oportunidades: aspectos positivos externos ó territorio ou futuros que poden axudar no desenvolvemento territorial.

− Ameazas: elementos, externos ou futuros, que poden poñer en perigo aspectos do desenvolvemento territorial.

Page 32: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

2.3.4. CAPITULO IV. Caracterización en Unidades Territoriais

Artigo 111.

Definirase a caracterización en unidades territoriais dos Plans de Xestión Sostible dos Distritos ambientais coma un instrumento técnico-científico de planificación do uso sostible dos recursos naturais renovables que busca ordenar o uso da terra de acordo a súa aptitude, tomando en consideración as condicións socioeconómicas baixo as cales opera a poboación usuaria da terra en cada rexión ou área de estudio.

Os obxectivos principais que persegue a caracterización en unidades territoriais dos Plans de Xestión Sostible dos Distritos ambientais son:

− Determinar as aptitudes de uso da terra, identificando os factores que limitan as súas posibilidades de aproveitamento, para utilizar ditos coñecementos na formulación de planos e proxectos dirixidos ó aproveitamento sostible da terra e á coordinación das intervencións territoriais.

− Sentar bases e formular recomendacións relativas ó uso e manexo dos recursos naturais e a situación socioeconómica, orientadas a asegurar o aproveitamento sostible da terra e a mellorar a propia capacidade de resposta dos usuarios en consideración ás súas condicións socioeconómicas.

− Contar con un instrumento básico para a formulación de planos de desenvolvemento rexional e ordenamento territorial, tanto para o uso da terra como para a ocupación do territorio, así como para deseñar políticas e estratexias de desenvolvemento económico e social sostible de mediano e longo prazo.

O ámbito da caracterización territorial dos Plans de Xestión Sostible dos Distritos ambientais será toda a superficie pertencente ó distrito no que se poida levar a cabo unha actividade forestal, quedando excluídos de zonificación aqueles terreos comprendidos nalgún dos seguintes supostos:

Page 33: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

��������

− Aqueles terreos pertencentes á rede galega de espacios protexidos, que deberán contar cun instrumento de planeamento dos recursos naturais en desenvolvemento da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza.

− Aqueles terreos calificados na actualidade coma solo urbano ou coma núcleos rurais por calquera dos instrumentos de ordenación establecidos pola lexislación urbanística vixente.

− Aqueles terreos ocupados por infraestructuras viarias, entendéndose estas coma as estradas, autoestradas, autovías e vías rápidas, independentemente da súa titularidade; ademais dos terreos ocupados polas infraestructuras ferroviarias, portuarias e aeroportuarias.

− Aqueles terreos ocupados por sistemas xerais, entendendo estes coma as superficies, usos, construccións, instalacións e/ou elementos naturais e urbanos, adscritos ó cumprimento dun interese público nas súas distintas modalidades, a nivel supramunicipal, que contribúen a lograr os obxectivos do planeamento nas súas respectivas materias de comunicación, espacios libres e áreas verdes, servicios técnicos, equipamento comunitario e calquera outro obxectivo de interese xeral.

A escala mínima de presentación de resultados dos Plans de Xestión Sostible dos Distritos ambientais, determinada polos obxectivos que persegue o estudio e o nivel de detalle da información a obter, será como mínimo de 1:25.000.

As unidades de integración da caracterización serán as categorías de ordenación, que se definen coma zonas adoptadas como base para definir os niveis de uso do territorio e o modo en que poden desenvolverse as actividades humanas para que se garanta a conservación e explotación dos recursos que contén. Os criterios para levar a cabo dita caracterización deberán contemplar, como mínimo, as aptitudes ou vocacións da terra con respecto ó uso forestal, a propiedade dos terreos forestais e o tipo de xestión dos mesmos, tendo especialmente en conta a existencia ou non de relación coa administración respecto da mesma.

Page 34: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

O número e denominación das categorías de ordenación dependerá dos criterios que se adopten e da casuística particular do Distrito ambiental obxecto de planificación, e deberá ser consensuada coa administración forestal responsable, coa finalidade de responder ás necesidades operativas da xestión do distrito.

Así mesmo recoméndase que o nivel de fragmentación das unidades territoriais non sexa inferior a unha hectárea, coa finalidade de de dotar ó plano dunha maior funcionalidade, coherencia e cohesión territorial de cara á xestión.

Finalmente, deberán considerarse tamén, en plano aparte, aquelas afeccións que operan sobre o territorio, definíndose estas coma condicionantes que van a afectar ás categorías propostas, que operan superpoñéndose ás mesmas, de modo que non limitan o uso, senón a forma na que este se vai a desenvolver tendo en conta os seus riscos derivados. Estas afeccións poden estar determinadas pola lexislación vixente, os distintos plans sectoriais con incidencia na planificación e propias da mesma (ver tamén Artigo 128).

2.4. TÍTULO CUARTO. PLANIFICACIÓN

Artigo 112.

Constará dos seguintes capítulos:

1. Obxectivos particulares de Xestión Forestal

2. Disposicións xerais

3. Normas xerais de usos e actividades

4. Normas particulares das unidades territoriais

5. Directrices especiais para os condicionantes á actividade forestal

6. Directrices particulares para as zonas de afección

7. Modelos básicos de xestión forestal

8. Deficiencias e supostos na planificación

9. Análise de sensibilidade da planificación

Page 35: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

������

2.4.1. CAPITULO I. Obxectivos particulares de Xestión Forestal

Artigo 113.

O capítulo III dividirase nas seguintes seccións, e nelas enumeraranse os obxectivos particulares de cada tipo que articulen os obxectivos xerais coa situación territorial observada:

1 Conservación do Medio Natural e da Biodiversidade

2 Defensa Forestal

3 Restauración do Medio Natural

4 Silvicultura, Usos e Aproveitamentos

5 Obxectivos transversais

2.4.2. CAPÍTULO II. Disposicións xerais

Artigo 114.

Mencionarase a natureza e ámbito de aplicación do Plan (xeográfico e administrativo).

2.4.3. CAPÍTULO III. Normas xerais de usos e actividades

Artigo 115.

Os instrumentos a definir pretenden dotar ó Plan dos elementos necesarios para levar a cabo a planificación adoptada. Para iso primeiro téñense que coñecer todas e cada unha das actividades que poden ser obxecto de regulación, e as normas particulares para elas segundo a lexislación vixente. A partir das actividades que na actualidade se desenvolven sobre o territorio obxecto de estudio e daquelas que se puidesen levar a cabo nun futuro, elaborarase un listado de actividades que van ser obxecto de regulación polo Plan, ou simplemente van afectar no ámbito do Plan. Cada unha delas irá acompañada dunha táboa cun resume de lexislación cos seguintes contidos:

Page 36: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

− EIA: Casos nos que é necesario algún tipo de trámite relacionado con avaliación de impacto ambiental para levar a cabo a actividade.

− PE: Casos nos que é necesario un permiso especial por algún organismo público para levar a cabo a actividade.

− PM: Casos nos que a realización da actividade estará dalgún modo condicionada polo planeamento municipal

− PTS: Casos nos que a realización da actividade está regulada por un Plan Territorial Sectorial

− Prohibidas: Casos nos que se prohibe a realización da actividade.

2.4.4. CAPÍTULO IV. Normas particulares das unidades territoriais

Artigo 116.

Este apartado desenvolverase mediante fichas, unha por cada tipo de unidade territorial contemplada, nas que figuren as actividades forestais ou aquelas que se poidan considerar como parte do uso múltiple do monte, onde se definirá o grado de idoneidade da actividade nesa unidade territorial, así como as directrices horizontais a promover nos terreos que pertenzan a esa unidade, e a normativa horizontal a cumprir (polo menos algún aspecto importante da mesma a lembrar).

2.4.5. CAPÍTULO V. Directrices especiais para os condicionantes á actividade forestal

Artigo 117.

Este apartado desenvolverase tamén en fichas, nas que figurarán directrices horizontais a promover nas zonas onde se atope este condicionante. Se existe máis dun condicionante aplicaranse as directrices de tódolos que aparezan, tomando sempre en caso de dúbida as máis restrictivas de cada. Nos Planos de Zonificación aparecerá a delimitación xeográfica destas áreas a escala 1:25.000, aínda que as directrices deberían aplicarse sempre que se observe a presencia

Page 37: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

��������

destes condicionantes. No caso de que se de máis dun deles ó mesmo tempo, aplicaranse as directrices máis restrictivas de cada un.

2.4.6. CAPÍTULO VI. Directrices particulares para as zonas de afección

Artigo 118.

Este apartado desenvolverase mediante fichas, cunha ficha para cada tipo de solo contemplado na Lei 9/2002 onde se poida levar a cabo actividade forestal (a modo de revisión lexislativa, aínda que no capítulo II faise referencia en ocasións dentro de cada actividade á clasificación do solo no que esta se desenvolva segundo a Lei 9/2000 ). As actividades están clasificadas nas fichas do xeito seguinte (aínda que en última instancia prevalecerá o que indiquen os planeamentos dos concellos):

− Sen limitacións: non se require de ningún permiso nin autorización das administracións públicas (excepto pode ser en zonas da súa xestión, por exemplo montes de utilidade pública ou consorciados, o que reflectirase na ficha propia de actividade no apartado 4.2.).

− Usos autorizables por licencia municipal: os compatibles coa protección de cada categoría de solo rústico, sen perxuízo da esixibilidade de licencia urbanística municipal e das demais autorizacións administrativas sectoriais que procedan.

− Usos autorizables pola Comunidade Autónoma: os suxeitos a autorización da Administración autonómica, previamente á licencia urbanística municipal e nos que deban valorarse en cada caso as circunstancias que xustifiquen a súa autorización, coas cautelas que procedan.

− Usos prohibidos: os incompatibles coa protección de cada categoría de solo ou que impliquen un risco relevante de deterioración dos valores protexidos.

Page 38: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

���������

Nas fichas figurarán ademais directrices horizontais a promover pola Administración Forestal nos terreos que pertenzan a esa unidade, e a normativa horizontal a cumprir (polo menos algún aspecto importante da mesma a lembrar).

2.4.7. CAPÍTULO VII. Modelos básicos de xestión forestal

Artigo 119.

Propoñeranse modelos básicos de xestión forestal segundo obxectivos de tipo de materia prima a obter (en principio so madeira para distintos usos) para como mínimo as especies índice da zona propostas no Plan Forestal de Galicia, incluíndo dende a preparación do solo ó aproveitamento e método de rexeneración, pasando por recomendacións silvícolas variadas.

2.4.8. CAPÍTULO VIII. Deficiencias e supostos na planificación

Artigo 120.

Neste punto definirase de forma exhaustiva aquela información interesante que non se puido incluír no proceso de planificación pero que de obterse podería ser moi útil en revisións posteriores do plan. Ademais, detallaranse os casos nos que se fixera algún tipo de avance na planificación utilizando hipóteses a partir da información de base, de forma que se teña claro que se estes supostos cambian, ou deixan de darse, a planificación debería tamén cambiar en maior ou menor medida.

2.4.9. CAPÍTULO IX. Análise de sensibilidade da planificación

Artigo 121.

Tratarase de ver como a posible variación dos factores usados na planificación daría lugar a variacións na propia planificación, ou si se conseguira información sobre os mesmos parámetros máis detallada.

2.5. TÍTULO QUINTO

Artigo 122.

Page 39: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�������

Este título contará cos seguintes capítulos:

1. Control e seguimento

2. Avaliación

3. Documentación e interpretación do plan

2.5.1. CAPÍTULO I. Control e seguimento

Artigo 123.

Neste capítulo precisarase a vixencia que ten o plan e cando se deberá levar a cabo a revisión do mesmo, entendéndose por revisión do Plan toda alteración do seu contido que motive a adopción de novos criterios respecto da estructura xeral e orgánica do territorio ou a zonificación do solo, e introduza cambios sustanciais nos obxectivos ou directrices de xestión.

2.5.2. CAPÍTULO II. Avaliación

Artigo 124.

Realizarase atendendo ós indicadores de xestión forestal sostible propostos na norma UNE 162002-2 de Criterios e Indicadores Complementarios para a avaliación a escala rexional.

2.5.3. CAPÍTULO III. Documentación e interpretación do plan

Artigo 125.

O Plan incorpora os seguintes contidos:

a) Estudio territorial de subsistemas e diagnose.

b) Planificación, directrices de xestión forestal e fichas.

c) Planos de información e zonificación.

Artigo 126.

Page 40: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

����

A interpretación auténtica deste Plan corresponde ó organismo autonómico competente de Montes, e realizarase aplicando os seguintes criterios:

a) A documentación do Plan constitúe un todo que deberá interpretarse homoxeneamente, buscando a coherencia entre os seus diversos elementos.

b) No caso de discrepancia entre o contido do Plan Forestal de Galicia e o Plan de Xestión Sostible do Distrito I prevalecerá o disposto no Plan Forestal de Galicia, salvo que do contexto se desprenda claramente a existencia de errores nas mesmas ou existan no texto elementos que coincidan plenamente co sinalado nos Planos ou nas fichas.

c) As discrepancias entre planos de escalas diversas resolveranse a favor daqueles que conteñan maior detalle.

d) Con carácter xeral preferiranse aquelas interpretacións que por levar consigo a mellor conservación do medio ambiente resulten máis favorables para a sociedade.

2.6. TÍTULO SEXTO. PLANOS DE INFORMACIÓN E ZONIFICACIÓN

Artigo 127.

Deberase incluír nas follas impresas tanto os planos de información como os de zonificación, para mellorar a manexabilidade das mesmas.

Artigo 128.

Nos planos de información incluiranse como mínimo os relativos a pendentes, usos do solo, tipo de substrato (sexa xeoloxía, clases agrolóxicas ou, preferiblemente, solos) e afeccións legais (que deberían incluir o planeamento). A escala será como mínimo 1:100.000, e no caso das afeccións legais 1:75.000.

Artigo 129.

Page 41: Este documento es propiedad intelectual de la Xunta de ... · 3. Xeoloxía e Xeomorfoloxía 4. Hidroloxía 5. Procesos erosivos 6. Paisaxe 7. Paisaxes singulares 8. Entornos singulares

Instruccións Xerais para a elaboración de Plans de Xestión Forestal Sostible nos Distritos Ambientais de Galicia

�����

Nos planos de zonificación a escala será de 1:25.000.