28
RESERVA DA BIOSFERA MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA (2014- 2015)

ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

  • Upload
    others

  • View
    4

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

RES

ERV

A D

A B

IOSF

ERA

MA

RIÑ

AS

CO

RU

ÑES

AS

E TE

RRA

S D

O M

AN

DEO

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL,

COMUNICACIÓN E

PARTICIPACIÓN PÚBLICA

(2014- 2015)

Page 2: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

2

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

PROGRAMA DE EDUCACIÓN AMBIENTAL,

COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA

RESERVA DE BIOSFERA “MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

ELABORADO POR:

Asociación Mariñas – Betanzos

Maio 2015

Maio 2015

Page 3: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

3

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

AGRADECEMENTOS:

A todas as entidades que participaron na realización do traballo e a todas as institucións

que facilitaron os datos que se lles solicitou.

Page 4: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

4

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

INDICE

1. PRESENTACIÓN ............................................................................................................................... 5

2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS ........................................................................................ 8

3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA ....................................................................... 9

4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA ........................................................................10

5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN E PARTICIPACIÓN PÚBLICA .................12

5.1. INTRODUCIÓN ....................................................................................................................................... 12

5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA .................................................................................................................. 12

6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DA BIOSFERA ............................................................13

6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO). .................................................................................... 13

6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO). ......................................................... 14

6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO). ........................................................................................... 14

6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO ROMANO (CAMBRE). ............................. 15

6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL). ................................................................................................ 15

6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIROS). ................................................................................................ 16

6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO). .................................................................................... 17

6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO). ......................................................................................... 17

6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO MANDEO (CURTIS). ........................... 18

6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEXO-SERANTES (OLEIROS). ............................... 18

6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS) ...................................................................................................... 19

6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO). ................................................................................... 20

6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE). .......................................................................................... 20

6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO). ....................................................................................... 21

6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS) .................................................................................................... 21

7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA .................................................................22

7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA. ............................................................................................. 22

7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE BIOSFERA. .................................................. 23

7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA ......................................................................... 23

7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO. ................................................................................................... 24

7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA. ..................................................................................... 24

7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS. ...................................................................................................................... 25

7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO. ............................................................................................. 26

7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA. ............................................................................................. 27

Page 5: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

5

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

1. PRESENTACIÓN

s RESERVAS DE BIOSFERA xurden no ano 1976, no marco do programa Home

e Biosfera (MaB) da UNESCO, como espazos nos que se conxuga e se

traballa activamente polo equilibrio entre o desenvolvemento

socioeconómico e a protección dos recursos naturais. Na actualidade, España

conta con 45 Reservas de Biosfera das 621 que existen a nivel mundial, estando

representados territorios con moi diversas características, desde uns cunha

clara prevalencia do medio natural, a outras Reservas máis poboadas e onde

se conxugan outro tipo de retos.

Os obxectivos que deben perseguir as Reservas da Biosfera se fixaron na

Estratexia de Sevilla aprobada na Conferencia Xeral da UNESCO do ano 1995,

así como polo sucesivos Plan de Acción de Madrid (2008- 2013) e Plan de

Acción de Montseny (2009-2013). Entre estes obxectivos están o de utilizar as

Reservas de Biosfera “como modelo de ordenación do territorio e lugares de

experimentación do desenvolvemento sostible, ademais de lugares de

aprendizaxe para a investigación, adaptación e mitigación en relación ao

cambio climático”.

As Reservas de Biosfera son por tanto, zonas de ecosistemas terrestres, e

costeiros ou mariños, cuxa finalidade é convertirse en modelos de cómo a

humanidade podería convivir coa natureza. Deste modo, as Reservas

pretenden conservar e protexer o patrimonio natural e cultural propio dun

determinado espazo, favorecendo o desenvolvemento socioeconómico da

súa poboación local.

O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita dos espazos

protexidos, xa que ata o momento as zonas adicadas á conservación de

especies e ecosistemas se aillaban da actividade humana, mentres nas

Reservas se fomenta a participación cidadá e o seu desenvolvemento

socioeconómico en respecto coa natureza. Para os territorios declarados

Reserva de Biosfera ábrense unha serie de novas oportunidades, tales como:

Page 6: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

6

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Situar ó territorio no mapa mundial, pertencendo a unha rede de

excelencia e de intercambio de experiencias.

Dar prestixio ó territorio, ás súas empresas e ós seus produtos.

Ampliar os mercados para os produtos, a través das Marcas de

Calidade.

Recuperar as actividades económicas tradicionais e fomentar a

innovación.

Incentivar e fortalecer as iniciativas ligadas ó turismo sostible.

Xerar oportunidades de emprego ligadas á natureza e ó medio rural.

Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e

proxectos ligados ó desenvolvemento sostible e á conservación

ambiental.

Mellorar o entorno ambiental e sensibilizar sobre os recursos naturais á

poboación xeral.

Coñecer mellor estes territorios, os seus espazos naturais e a súa

evolución.

Actualmente, Galicia conta cun total de seis espazos recoñecidos como

Reservas de Biosfera:

“Área de Allariz”

“Xurés- Gerês”.

“Os Ancares lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá”,

“Terras do Miño”

“Río Eo, Oscos e Terras do Bourón”.

“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”

A Lei 42/2007, de 13 de decembro, de Patrimonio Natural e da Biodiversidade

establece que as Reservas da Biosfera deberán contar:

1. Ordenación espacial

a) Zona núcleo

b) Zona tampón/protección

c) Zonas de transición

2. Plan de Xestión. Programa de actuacións adaptado aos obxectivos do

Programa Home e Biosfera (MaB).

3. Órgano de Xestión, responsable de aplicar o Plan de Xestión e que garante

a participación dos axentes locais.

Page 7: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

7

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, está situada

ao noroeste da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro da provincia de A

Coruña e conta cunha superficie de 114.000 hectáreas terrestres.

Esta Reserva, a diferenza doutras, nace da cooperación entre as distintas

administracións, as organización sociais e o tecido socioeconómico do

territorio.

Ademais, esta Reserva de Biosfera, ten presente 49 tipos de hábitats de

interese comunitario, doce dos cales son tipificados como prioritarios pola

“Directiva Hábitats”.

Dentro do territorio da Reserva existen Espazos Naturais Protexidos incluídos na

Rede Natura 2000, como as Zonas de Especial Conservación (ZEC), ademais

doutras pequenas áreas de interese ambiental.

Dentro destas áreas, destacan o ZEC Abegondo- Cecebre, ZEC Costa da

Morte, ZEC Betanzos- Mandeo e o ZEC Costa de Dexo.

Figura 1.- Zonificación do territorio declarado Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Page 8: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

8

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

2. A ASOCIACIÓN MARIÑAS BETANZOS

A Asociación de Desenvolvemento Rural “Mariñas-Betanzos” constitúese no

ano 2008 coa finalidade de ser núcleo de integración e representación dos

diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto

públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do

territorio de actuación. Ten xestionado o programa LEADER (2007-2013), dirixido

a promover o desenvolvemento rural.

O ámbito territorial da Asociación Mariñas – Betanzos, localízase no Noroeste

de Galicia, cunha extensión de 113.912 ha. e que corresponden aos municipios

de Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós,

Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado, coincidindo

co territorio da Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”,

que corresponden coas cuncas hidrográficas dos ríos Mandeo e Mero. Esta

área inclúe zonas costeiras, vales litorais e serras interiores, estendéndose

dende o litoral ata o límite coa provincia de Lugo, onde enlaza coa Reserva

de Biosfera “Terras do Miño”.

Ten 128 entidades asociadas, que son as que forman a Asemblea Xeral, que

está organizada en Mesas Sectoriais, das que os representantes de cada mesa

conforman a Xunta Directiva. Actualmente as Mesas Sectoriais están

organizadas da seguinte forma: 1) Mesa do sector agrario, gandeiro e

cooperativo; 2) Mesa do sector forestal e da madeira; 3) Mesa de asociacións

de mulleres; 4) Mesa de asociacións xuvenís e colectivos xuvenís; 5) Mesa de

asociacións deportivas, recreativas, de veciños, culturais, ANPAS; 6) Mesa de

artesanía; 7) Mesa de asociacións e colectivos medioambientais ou

actividades na natureza; 8) Mesa do sector de turismo e hostalería; 9) Mesa de

asociacións de empresarios multisectoriais; 10) Mesa de colectivos de interese

social, discapacidade e ONG´s; 11) Mesa do sector institucional; 12) Mesa das

administracións locais; 13) Mesa da pesca, marisqueo, acuicultura.

Conta cunha poboación de 189.902 habitantes (IGE 2011) sendo a súa

densidade de 166,62 habitantes/km2.

Page 9: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

9

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Figura 2.- Ubicación do territorio recoñecido como Reserva de Biosfera.

3. ENTIDADE XESTORA DA RESERVA DA BIOSFERA

A entidade de xestión da Reserva de Biosfera é a Asociación de

Desenvolvemento Rural Mariñas- Betanzos, que ademais dos 17 concellos,

aglutina a representantes do tecido económico e social da Reserva. Ten

constituído dentro do Organigrama de Xestión, un Comité Científico e un

Comité de Participación.

Figura 3.- Órganos de Xestión da Reserva de Biosfera.

Page 10: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

10

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

4. PLAN DE XESTIÓN DA RESERVA DE BIOSFERA

Este documento é o instrumento a través do cal se enmarca a estratexia a

seguir no período (2013- 2017), definindo as principais liñas de acción.

Nel se definen 5 grandes áreas de traballo:

I. Xestión Adaptativa, Comunicación e Cooperación.

Accións encamiñadas á posta en marcha dos órganos de xestión da

Reserva de Biosfera; seguimento dos resultados; creación da imaxe da

Reserva e divulgación dos seus valores; así como o impulso a proxectos

de cooperación con outras Reservas de Biosfera e con outros territorios.

II. Conservación dos recursos naturais e patrimoniais.

Accións encamiñadas á conservación, recuperación, difusión e

mellora dos recursos naturais e patrimoniais, fundamentalmente nas

“Zonas núcleo” da Reserva.

III. Sostibilidade do medio rural e mariño, producións e servizos.

Accións para mellorar a calidade de vida da poboación, fomentando

a sostibilidade e a diversificación das actividades agrogandeiras e do

mar, e facilitando a incorporación de novos activos. Asemade,

reforzaríanse as actividades artesanais e de calidade, a

comercialización e o consumo local, creando unha Marca para

produtos e servizos da Reserva que cumpran determinados requisitos.

Page 11: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

11

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

IV. Ciencia e desenvolvemento de capacidades

Fomentar a investigación e o coñecemento sobre os recursos da

Reserva de Biosfera e o seu aproveitamento sostible.

V. Entorno socioeconómico, emprego e cambio climático.

Accións dirixidas a fomentar o emprego e o emprendemento sostible na

Reserva, así como a Responsabilidade Social Corporativa como

ferramenta de cambio, que implique ó tecido socio-económico do

territorio.

Page 12: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

12

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

5. PROGRAMA DE EDUCACIÓN, COMUNICACIÓN

E PARTICIPACIÓN PÚBLICA

5.1. INTRODUCIÓN

Con este documento preténdese impulsar o

compromiso da Reserva de Biosfera coa difusión

dos valores que este territorio acolle, así como

dispoñer dunha ferramenta na que vertebrar

actividades que se realizan no territorio da Reserva,

no eido ambiental en sentido amplo.

Trátase de que sexa un instrumento de

participación pública, no que a poboación local

interactúe, e que en definitiva, sirva para dar a coñecer a Reserva de Biosfera.

5.2. OBXECTIVOS DO PROGRAMA

1.- Integrar nun mesmo Documento actividades no eido ambiental que se

ofrezan de maneira estable, polas distintas institucións e colectivos do ámbito

xeográfico da Reserva.

2.- Difundir os valores da Reserva e fomentar a educación e sensibilización

medioambiental nos centros educativos.

3.- Fomentar a colaboración entre axentes, establecendo un programa de

actividades conxunto e coordinado.

4.- Animar á participación pública no eido da Reserva de Biosfera e establecer

unha nova canle de cooperación, co fin de fomentar sinerxías e lograr un

desenvolvemento socioeconómico deste territorio.

Page 13: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

13

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6. REDE DE EQUIPAMENTOS DA RESERVA DE

BIOSFERA

Os equipamentos de educación ambiental constitúen unha ferramenta clave

para a divulgación dos valores do patrimonio natural e cultural.

A Rede de equipamentos de educación ambiental presentes no territorio da

Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” son:

6.1. AULA DA NATUREZA DE CRENDES (ABEGONDO).

Centro interactivo de educación ambiental que conta con diversos paneis

interpretativos da fauna e flora do entorno natural do Encoro Abegondo-

Cecebre. Ademais organiza rutas de sendeirismo guiadas.

Enderezo: Lugar Vilar, 86 – Crendes, Abegondo

Teléfono: 981 647 909

Correo electrónico: [email protected]

Horario: Sábados e domingos, de 10 a 13.30 h.

Máis información: www.abegondo.es

Actividades complementarias:

Roteiro pola Zona de Especial Conservación

(Z.E.C.) Encoro Abegondo- Cecebre.

Coordenadas

43º15´51.77´´ N

8º 16´23.69´´ O

Page 14: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

14

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.2. CASA DAS ABELLAS. CENTRO DIVULGACIÓN APÍCOLA (ABEGONDO).

Centro de visitantes que realiza actividades relacionadas coas abellas, a

ecoloxía, o medio ambiente e os produtos das abellas. Realízanse obradoiros

para a elaboración de mel e cera, e conta cun parque temático exterior con

colmeas de observación.

Enderezo: Meangos, Abegondo

Teléfono: 630 069 635

Correo electrónico: [email protected]

Horario: Aberto para grupos concertados,

Sábados de 11 a 14 h. e de 16 a 19 h.

Máis información: www.casadasabellas.com

6.3. AULA DE NATUREZA MUÍÑO VELLO (ARTEIXO).

Centro de educación ambiental que realiza actividades con fins pedagóxicos

e culturais. O seu muíño, un dos máis grandes da zona, conéctase cun tramo

de paseo fluvial dentro do medio rural.

Enderezo: Travesía de Arteixo 309- A, Arteixo

Teléfono: 981 600 009 - 981 647 146

Correo electrónico: [email protected]

Horario: luns a venres, de 10 a 13 h.

Máis información: www.arteixo.org

Coordenadas

43º13´21.33´´ N

8º 15´10.76´´ O

Coordenadas

43º17´59.93´´ N

8º 30´39.32´´ O

Page 15: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

15

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.4. CENTRO INTERPRETACIÓN E RECEPCIÓN DE VISITANTES XACEMENTO

ROMANO (CAMBRE).

Centro que forma parte da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Ofrece unha explicación exhaustiva non só dos restos conservados, tamén da

romanización en Galicia, co obxectivo de mostrar unha interpretación das

relacións económicas, humanas e sociais da vida na época romana.

Enderezo: Praza do Mosteiro, 1 – Cambre

Teléfono: 981 656 217 Fax: 981 675 969

Correo electrónico: [email protected]

Horario: luns a venres, de 11 a 14 h. e 17 a 20 h.

Sábados e domingos, de 11 a 14 h.

Máis información: http://www.cambre.org

6.5. ECO-MUSEO COSTA DA EGOA (CARRAL).

Constituído por catorce muíños de auga e unha central hidroeléctrica,

pretende mostrar a beleza do seu entorno natural, moi ben preservado, así

como a súa historia.

Enderezo: Estrada N-550, Carral

Teléfono: 981 672 580 - 981 613 520

Correoelectrónico:

[email protected]

Horario: Aberto para grupos concertados.

Máis información: www.concellocarral.com

Coordenadas

43º17´30.90´´ N

8º 20´41.91´´ O

Coordenadas

43º11´13.59´´ N

8º 22´05.84´´ O

Page 16: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

16

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Actividades complementarias: conecta coa Ruta de Sendeirismo PR-G 101.

Percorrido: 13 km. (3,5 horas)

Dificultade: media- baixa. Tipo de trazado: lineal e circular.

Punto de inicio/fin: Igrexa de San Estevo de Paleo/Muíño da Costa da Égoa.

6.6. AULA DA NATUREZA DE CHELO (COIRÓS).

Equipada cunha interesante exposición permanente sobre o río e a auga, nela

pódese aprender todo sobre a fauna e flora da cunca hidrográfica, o

funcionamento dos muíños ou os diferentes usos da auga.

Enderezo: Chelo, Coirós

Teléfono: 981 796 088

Correo electrónico: [email protected]

Horario: Ata o 31 de agosto,

de martes a venres, de 10 a 13 h. e de 16 a 19 h.,

sábados e domingos de 10 a 13 h. e de 16 a 20 h.

Luns e festivos pechado.

Máis información: www.coiros.es

Actividades complementarias:

Conecta con varias rutas de sendeirismo, coa SM. 19 (Paseo Fluvial dos

Caneiros) e coa Ruta SM. 12 (Ruta do Bocelo).

Información sobre as rutas en: www.riomandeo.com

Coordenadas

43º16´24.62´´ N

8º 10´28.06´´ O

Page 17: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

17

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.7. AULA DA NATUREZA JUAN LAMBEYE (CULLEREDO).

Centro de educación ambiental, que realiza visitas ao Xardín Botánico “Ría do

Burgo” e que leva a cabo actividades medioambientais e culturais.

Enderezo: Xardín Botánico do Burgo

Avda. Juan Carlos s/n, Culleredo

Teléfono: 981 665 597

Horario: luns a venres, de 18 a 21 h.,

Sábados de 11 a 13.30 h. e de 18 a 21 h.

Máis información: www.culleredo.es/

6.8. MUSEO DOS MUÍÑOS DE MAREA (CULLEREDO).

Museo que recolle todos os elementos necesarios para coñecer o mundo dos

muíños de marea e o seu labor no medio rural, e introducirse nunha

experiencia chea de tradición galega.

Enderezo: Acea da Ama, O Burgo, Culleredo

Teléfono: 981 665 597

Horario: Aberto para grupos concertados

Correo electrónico: [email protected]

Máis información: www.culleredo.es

Coordenadas

43º19´10.06´´ N

8º 22´20.52´´ O

Coordenadas

43º19´07.27´´ N

8º 22´19.25´´ O

Page 18: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

18

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.9. CENTRO FORMACIÓN E INTERPRETACIÓN VALORES ETNOGRÁFICOS DO

MANDEO (CURTIS).

Centro de interpretación situado no medio do bosque, que nos ensina o máis

importante e destacado da etnografía que o rodea. Ademais, dende o centro

existe unha ruta de sendeirismo de aproximadamente dous km. ata a aldea “A

Restreva”.

Enderezo: Acceso ao paseo fluvial, Teixeiro, Curtis.

Teléfono: 981 789 589

Horario: De martes a venres, de 10 a 13 h.

De 16 a 19 h., sábados e domingos de 10 a 13 h.

Luns e festivos pechado.

Correo electrónico: [email protected]

6.10. AULA DO MAR. CENTRO DE RECEPCIÓN VISITANTES COSTA DEXO-

SERANTES (OLEIROS).

Antiga Casa do fareiro dedicada á recepción de visitantes que desexen

coñecer o Monumento Natural Costa Dexo-Serantes, chea de paisaxes con

cantis.

Alberga unha exposición interpretativa permanente, distribuída en dúas salas e

dous miradoiros, un laboratorio, áreas para a proxección de audiovisuais,

ampla terraza e puntos de observación ornitolóxica.

Coordenadas

43º08´14.41´´ N

8º 02´20.87´´ O

Coordenadas

43º22´59.52´´ N

8º 21´13.24´´ O

Page 19: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

19

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Enderezo: Mera, Oleiros.

Teléfono: 981 630 618

Horario: Aberto para grupos concertados

(máis de 10 persoas).

Máis información:

www.ceida.org/costadexo/index.php/centro-de-visitantes.html

6.11. CASTELO DE SANTA CRUZ (OLEIROS)

Centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. Promove a

educación ambiental en todos os sectores sociais, así como o intercambio

científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas

ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.

Enderezo: Castelo de Santa Cruz, s/n.

Teléfono: 981 630 618.

Horario: Outubro-marzo:

De luns a venres, de 9 a 14 h.

Sábados de 11 a 14 h.

Abril-Setembro:

De luns a venres, de 10 a 14 h. e de 17 a 20 h./

Sábados de 11 a 14 h.

Correo electrónico: [email protected]

Máis información: www.ceida.org

Coordenadas

43º20´54.08´´ N

8º 21´00.43´´ O

Page 20: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

20

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.12. GRANXA-ESCOLA CASA DO QUEIXO (SOBRADO).

Complexo inmerso en plena natureza formado por unha Granxa-Escola, un zoo

de animais domésticos, un museo do queixo e unha fábrica de queixos, en

definitiva, un espazo natural no que aprender divertíndose e saboreando os

manxares autóctonos da gastronomía galega.

Enderezo: Casal de Abaixo, 2 Grixalba,

Sobrado dos Monxes

Teléfonos: 981 195 729,

650 955 265 e 650 955 260

Correo electrónico: [email protected]

Horario: Aberto para grupos concertados,

Luns a domingo, de 10.30 a 17 h.

Máis información: www.casadoqueixo.com

6.13. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (PADERNE).

Lugar que permite a observación de aves na Zona de Especial Conservación

“Betanzos- Mandeo”, dotado de paneis informativos didácticos para os

visitantes, e outros de tipo técnico para os expertos.

Teléfono: 981 797 001 (Concello).

Apertura permanente.

Máis información: www.riomandeo.com

Coordenadas

43º05´13.06´´ N

7º 58´21.25´´ O

Coordenadas

43º18´21.99´´ N

8º 12´36.75´´ O

Page 21: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

21

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

6.14. OBSERVATORIO ORNITOLÓXICO (BERGONDO).

Situado a carón do Pazo de Mariñán, onde se poden contemplar as diferentes

aves das marismas. Está dotado de binoculares de campo e paneis

informativos didácticos para os visitantes non expertos e de tipo técnico para

os expertos.

Teléfono: 981 791 252 (Concello)

Apertura permanente

Máis información: www.riomandeo.com

6.15. PARQUE DO PASATEMPO (BETANZOS)

Parque temático que está distribuído en diferentes áreas que contan con

numerosos elementos relativos á cultura universal (elementos naturais,

elementos ornamentais e arquitectónicos,...).

Enderezo: Rúa Fraga Iribarne, Betanzos.

Teléfono: 981 773 698

Máis información: www.betanzos.net

Coordenadas

43º18´52.50´´ N

8º 12´57.49´´ O

Coordenadas

43º16´39.61´´ N

8º 13´08.90´´ O

Page 22: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

22

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

7. ACTIVIDADES ANUAIS NA RESERVA DE BIOSFERA

7.1. ESPECIE DO ANO DA RESERVA DE BIOSFERA.

A Reserva da Biosfera adicará cada ano a unha especie emblemática,

endémica ou en perigo de extinción presente no territorio. Trátase de difundir

entre a cidadanía os valores da especie en cuestión, as súas ameazas,

distribución, así como o seu hábitat. É importante destacar que non só se trata

de sensibilizar, senón de que a sociedade participe e se involucre neste tipo de

iniciativas ambientais. Desenvolvéranse actividades e seminarios temáticos.

(Actividade coordinada co Grupo Naturalista Habitat)

Figura 4.- Cartaz sobre a Especie do Ano 2014 na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

Page 23: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

23

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

7.2. PLANTACIÓN DE ÁRBORES NOS 17 CONCELLOS DA RESERVA DE

BIOSFERA.

Data: 21 de marzo (Día da Árbore).

Actividade desenvolvida en colaboración cos

concellos integrantes da Reserva de Biosfera

“Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Neste

evento, farase fincapé na plantación de árbores

autóctonas en colaboración con centros

escolares do territorio.

7.3. ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE RESERVA DE BIOSFERA

Data: 28 de Maio

O día 28 de maio de cada ano realízanse

diversas actividades para conmemorar a data en

que a Unesco declarou os 17 concellos que

forman parte das Mariñas Coruñesas e Terras do

Mandeo como Reserva de Biosfera.

Page 24: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

24

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

7.4. SEMANA DA CUSTODIA DO TERRITORIO.

Data: Última semana de setembro.

Organiza: Fundación Fragas do Mandeo e

colabora Asociación Mariñas- Betanzos.

Semana repleta de actividades xornadas,

conferencias, voluntariado ambiental, etc., co

obxectivo de sensibilizar á cidadanía e mellorar o

medio natural do territorio declarado Reserva de

Biosfera.

7.5. MARATÓN ORNITOLÓXICA RESERVA DE BIOSFERA.

Data: mes de abril.

Organiza: Grupo Naturalista Hábitat e Asociación Mariñas – Betanzos.

Competición por equipos cun experto ornitólogo á cabeza, na que a cada

equipo se lle asigna un concello dos 17 que conforman o territorio declarado

Reserva. Algúns dos obxectivos son tratar de que a sociedade coñeza dunha

maneira divertida a biodiversidade presente neste espazo natural, así coma o

fomento desta área como lugar de investigación, ademais de demostrar a gran

riqueza natural deste territorio, confirmándose como un lugar idóneo para o

turismo ornitolóxico.

Máis información: www.naturalista.blogspot.com / Tlfno. 981 135 014

Page 25: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

25

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Figura 5.- Cartaz da I Maratón Ornitolóxica na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

7.6. ESCOLA DE NATURALISTAS.

Organiza: Grupo Naturalista Hábitat.

Actividades teórico- prácticas nas que se ensina a

escoitar, ver e identificar os distintos elementos da

biodiversidade galega. Organízase unha

actividade mensual de formación impartida por

un especialista nunha determinada área de

coñecemento, con charlas e unha saída de

campo.

Máis información: www.naturalista.blogspot.com

Tlfno. 981 135 014

Page 26: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

26

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

7.7. PROGRAMA DE SEGUIMENTO FENOLÓXICO.

Organiza: Red Española de Reservas de Biosfera.

Programa de Educación ambiental e recollida de datos fenolóxicos sobre

distintos cambios ocorridos nas especies autóctonas máis emblemáticas do

territorio en relación co cambio climático a nivel global.

O Programa de Seguimento Fenolóxico da Rede Española de Reservas da

Biosfera consiste en realizar un seguimento continuado de especies comúns de

fauna e flora nas reservas da biosfera, co fin de analizar cambios a longo prazo

(adiantos ou retrasos) das datas nas que teñen lugar os diferentes feitos

biolóxicos que caracterizan ás especies estudadas: migracións, floracións,

reprodución, etc.

O obxectivo deste Programa é avaliar, a través de estudos fenolóxicos, os

efectos do cambió climático na Rede Española de Reservas da Biosfera,

involucrando no seu desenvolvemento aos diferentes sectores da sociedade

representados nestes espazos: xestores, profesionais, profesores, escolares,

agricultores, gandeiros e público en xeral. Fomentarase a sensibilización da

sociedade cara a reserva da biosfera e se fomentará a súa participación en

proxectos comúns.

Máis información:

http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/grupos-de-trabajo-y-seminarios/red-

espanola-reservas-biosfera/fenologia-cambio-climatico-reservas-biosfera.aspx

Page 27: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita

27

Programa de Educación Ambiental, Comunicación e Participación Pública

Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

7.8. PRESENTACIÓN EN CENTROS DE ENSINANZA.

Coa finalidade de achegar á comunidade escolar as vantaxes que supón

formar parte desta Reserva de Biosfera e darlle a oportunidade de tomar parte

activa dela, organízanse durante todo o ano, diversas actividades nos centros

de ensino do territorio, na procura da implicación tanto do centro educativo

como dos rapaces e rapazas, así como das súas familias.

Figura 6.- Presentación en Centros de Ensinanza do territorio.

Page 28: ESTUDO DE MERCADO DOS PRODUTOS ECOLÓXICOSNO …marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2017/01/Programa... · 2018-10-16 · O Programa MaB (Home e Biosfera) supuxo unha visión inédita