49
OS FENÓMENOS RELIXIOSOS Nesta lección tentaremos abordar o fenómeno relixioso poñendo as bases dun debate acerca da súa orixe, funcións e formas. Dado que estes materiais adicaranse a unha orientación non confesional, abordaremos o tema dende a perspectiva dun non-crente e o noso interese será crítico e descritivo. O fenómeno relixioso é un feito innegable. En calquera cidade que se visite atoparemonos restos visibles das prácticas relixiosas dos seus habitantes pasados e presentes, algúns son claramente visibles na arquitectura ( catedrais, sinagogas, pagodas, mezquitas). Outros atoparemolos a pouco que nos interesemos polas manifestacións artísticas, pois as tradicións relixiosas e as súas prácticas impregnan moitos cadros famosos, composicións musicais e mesmo a literatura. Tamén na vida cotiá atopamos un conxunto de elementos que teñen unha orixe claramente relixiosa: expresións, refráns, ritos (bodas, bautizos...), festas tradicionais, mesmo o nome das cidades ou as calles ten ás veces unha orixe claramente relixiosa. Os historiadores e antropólogos que estudian a prehistoria, afirman que este fenómeno semella estar ligado á mesma orixe do ser humano. Unha das claves que axudan a este estudiosos a distinguir os restos de poboacións humanas dos restos dos nosos antepasados animais, é atopar xunto con eles restos de sepulturas, monumenos megalíticos, pinturas rupestres, etc. que fan pensar en ofrendas, sacrificios, ritos e espacios sagrados. A historia da conta tamén de que o culto aos deuses nas súas diversas manifestacións está presente dende os comezos da civilización humana como se demostra nas mitoloxías que todavía conservamos na actualidade. Pero ademáis as relixións vixentes na actualidade teñen, na meirande parte dos casos unha antiga orixe, e os seus libros son verdadeiros documentos históricos que reflicten parte da historia da humanidade: O Coran, As Upanisads, A Biblia...Pero, ¿En que consiste este fenómeno relixioso? 1

fenómenos relixiosos

Embed Size (px)

DESCRIPTION

propuesta de trabajo

Citation preview

Page 1: fenómenos relixiosos

OS FENÓMENOS RELIXIOSOS

Nesta  lección  tentaremos abordar o fenómeno relixioso poñendo as bases dun debate acerca da súa orixe, funcións e formas.

Dado que estes materiais adicaranse a unha orientación non confesional, abordaremos o tema dende a perspectiva dun non-crente e o noso interese será crítico e descritivo.

O fenómeno relixioso é un feito innegable. En calquera cidade que se visite atoparemonos restos visibles das prácticas relixiosas dos seus habitantes pasados e presentes, algúns son claramente visibles na arquitectura ( catedrais, sinagogas, pagodas, mezquitas). Outros atoparemolos a pouco que nos interesemos polas manifestacións artísticas, pois as tradicións relixiosas e as súas prácticas impregnan moitos cadros famosos, composicións musicais e mesmo a literatura. Tamén na vida cotiá atopamos un conxunto de elementos que teñen unha orixe claramente relixiosa: expresións, refráns, ritos (bodas, bautizos...), festas tradicionais, mesmo o nome das cidades ou as calles ten ás veces unha orixe claramente relixiosa.

Os historiadores e antropólogos que estudian a prehistoria, afirman que este fenómeno semella estar ligado á mesma orixe do ser humano. Unha das claves que axudan a este estudiosos a distinguir os restos de poboacións humanas dos restos dos nosos antepasados animais, é atopar xunto con eles restos de sepulturas, monumenos megalíticos, pinturas rupestres, etc. que fan pensar en ofrendas, sacrificios, ritos e espacios sagrados.

A historia da conta tamén de que o culto aos deuses nas súas diversas manifestacións está presente dende os comezos da civilización humana como se demostra nas mitoloxías que todavía conservamos na actualidade. Pero ademáis as relixións vixentes na actualidade teñen, na meirande parte dos casos unha antiga orixe, e os seus libros son verdadeiros documentos históricos que reflicten parte da historia da humanidade: O Coran, As Upanisads, A Biblia...Pero, ¿En que consiste este fenómeno relixioso?

Os crentes de calqueira credo, afirman atopar na súa relixión solucións a necesidades humanas como a busca do sentido, a explicación da desgracia e a morte e mesmo o anceio de perfección, que nin a ciencia nin a técnica son capaces de satisfacer. As preguntas que se fai o ser humano, pola súa conciencia de si mesmo e o seu entorno, parecen ser universais e estar presentes en tódalas culturas e en todos os individuos. Neste tema tentaremos comprender as raíces psicoloxicas e históricas delas e das súas posibles respostas.

As respostas relixiosas ao contrario que as filosóficas ou as científicas non apelan á nosa intelixencia nin á nosa razón, senon que se dirixen ao ámbito da intuición e dos sentimentos. Isto fai a comprensión do fenómeno moi difícil dende fora e que as súas manifestacións sexan moi variadas posto que, aínda que as preguntas foron sempre as mesma, as actitudes que provocan e as respostas que deron foron distintas. Algunhas destas respostas deron lugar ás distintas relixións ó longo da historia. Relixións que diron cohesions ás sociedades e axudaron a organizar e xustificar as normas que regulaban esas sociedades, pero que tamén perseguiron, discriminaron o diferente e xustificaron guerras en nome da fe. Con todo é innegable que a relixión forma parte indisociable do transfondo cultural de calqueira sociedade e da historia da humanidade en xeral. Dende esa perspectiva afondaremos nos fenómenos relixiosos.

1

Page 2: fenómenos relixiosos

Para pensar.......Pedimos milagros, como se non fose o milagro máis evidente que os pidamos.

Miguel de UnamunoACTIVIDADE EMPÍRICA

ESQUEMA DE TRABALLO

Análise

Coñecete a ti mesmo

Comentario de resultados

CONCLUSIÓNS

Coñecete a ti mesmo.

Conta a tradición que o gran filosofo e mestre de Platón, Sócrates, nunha ocasión consultou ao Oráculo acerca de quen era o home máis sabio de Grecia, e o Oráculo contestou: `Coñecete a ti mesmo´. A historia pode ter varias lecturas. Nunha afirmase que o Oráculo quería dicir que Socrátes era o home máis sabio, pero como se sabe as respostas dos Oráculos atinaban sempre porque podían ten moitas lecturas. Socrátes entendeu que o camiño da sabiduría comezaba polo propio coñecemento, por averiguar cales eran as crenzas coas que viviamos, para así poder separar a verdade da falsedade.

En ocasións as nosas crenzas están tan soterradas na nosa mente e son tan obvias na nosa vida que xa non somos quen de lograr velas e faise necesario un exercicio de investigación sobre a nosa mente, os nosos valores e a nosa vida. Imos tentar facelo cun cuestionario.

A actividade consistirá en encher un cuestionario sobre a nosa valoración dalgunhas afirmacións para poder recoñecer: 1) o nosos grao de crenza en fenómenos relixiosos e 2) as nosas contradiccións. Tamén se pedirá que predigamos o comportamento do noso grupo e, por último, que valoremos tanto o resultado do cuestionario como o grao de desviación das nosas previsións con respecto ao resultado real.

Ver CD

2

Page 3: fenómenos relixiosos

1.Con cal destas afirmacións estás máis de acordo. Ao mellor non estás de acordo con ningunha pero postos a elixir ¿cómo as ordearias?

As relixións non son verdade pero Deus existeExisten persoas con poderes especiais como as bruxas ou os magosTódolos fenómenos teñen unha explicación científica.O mundo carece de sentidoÉn ocasións sintes que existe unha orde natural nas cousas que suceden

Como cres que as ordeará o grupo?As relixións non son verdade pero Deus existeExisten persoas con poderes especiais como as bruxas ou os magosTódolos fenómenos teñen unha explicación científica.O mundo carece de sentidoÉn ocasións sintes que existe unha orde natural nas cousas que suceden

2. ¿Cómo denominarias a deus? Ao mellor tampouco estas de acordo con ningunha das opcións, pero postos a elixir......

Un pai bondadosoA mente do UniversoA enerxía que percorre tódolos seres vivosUnha forza interiorUn extraterrestre

Como cres que as ordeará o grupo?Un pai bondadosoA mente do UniversoA enerxía que percorre tódolos seres vivosUnha forza interiorUn extraterrestre

3. As razóns pola que as persoas cren na relixión son segundo ti por orde de preferencia:

O medo á morteO intento de buscar unha explicación á vidaO costumeA necesidade de ter unhas regras de relación cos outrosA obriga que impón a sociedade

Como cres que as ordeará o grupo?O medo á morteO intento de buscar unha explicación á vidaO costumeA necesidade de ter unhas regras de relación cos outrosA obriga que impón a sociedade

3

Page 4: fenómenos relixiosos

Análise dos resultados

A tabulación de datos farémola seguindo o seguinte proceso:a) Pidese aos alumnos e alumnas que erguan a man segundo se vaia solicitando e un alumno vai

tomando nota do número de alumnos que puntuaron 1, 2, 3, 4, ou 5 segundo as proposicións que se plantexaban e traslada estes resultados á seguirte táboa.

b) Logo súmanse os resultados totales e anotánse na casilla de sumas.c) Por último esa suma traducese nun valor que se calcula de acordo coa seguirte fórmula:

R =Suma de resultados 1 n + 2 n ....N = nº de sujetosK = nº de elementos que se ordeanV = novo valor redondeando os decimais (oscila entre 0 e 100)N = nº de votos

Os elementos así ordeados sitúanse nunha escala númerica do 0 ao 100, de forma que o valor que adquire cada resposta, é independente do número de suxeitos que interveñan no cuestionario e do número de elementos á ordear. Este método permitíranos, entre outras cousas comparar resultados entre grupos dun xeito moi doado.

1.1 2 3 4 5 Suma V

1A As relixión non son verdade pero Deus existe1B Existen persoas con poderes especiais 1C Tódolos fenómenos teñen explicación científica.1D O mundo carece de sentido1F Existe unha orde natural nas cousas que suceden

2.1 2 3 4 5 Suma V

2A Un pai bondadoso2B A mente do Universo2C A enerxía que percorre tódolos seres vivos2D Unha forza interior2F Un extraterrestre

3.1 2 3 4 5 Suma V

3A O medo á morte3B O intento de buscar unha explicación á vida3C O costume3D A necesidade de ter unhas regras de relación 3F A obriga que impón a sociedade

4

V= 100- ( R- N 100) Nk -N

Page 5: fenómenos relixiosos

Graficos de Resultados e valoracións

Agora transformaremos os resultados obtidos nuns gráficos que nos permitirán ver máis doadamente a correlación de resultados e apreciar algunhas características

1. Distribue no gráfico os valores para cada resposta usando a súa clave:1A As relixión non é verdade pero Deus existe1B Existen persoas con poderes especiais 1C Tódolos fenómenos teñen explicación científica.1D O mundo carece de sentido1F Existe unha orde natural nas cousas que suceden

100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0

2. Distribue no gráfico os valores para cada resposta usando a súa clave:2A Un pai bondadoso2B A mente do Universo2C A enerxía que percorre tódolos seres vivos2D Unha forza interior2F Un extraterrestre

100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0

3. Distribue no gráfico os valores para cada resposta usando a súa clave:3A O medo á morte3B O intento de buscar unha explicación á vida3C O costume3D A necesidade de ter unhas regras de relación 3F A obriga que impón a sociedade

100 90 80 70 60 50 40 30 20 10 0

Valora agora os datos:1. Que desviación existe entre os datos obtidos como resultado do grupo e a previsión que ti fixeches.

Da razóns que a expliquen2. ¿Os valores para as respostas están próximos entre sí ou moi illados? ¿En calqueira caso, qué

significa iso? Ten en conta que valores moi próximos entre sí indican pouca unanimidade nos resultados. Da unha valoración neste sentido.

3. ¿Poderías dicir á luz dos resultados se estás ante un grupo con crenzas relixiosas? ¿Poderías tentar dicir de que tipo?

5

Page 6: fenómenos relixiosos

Para pensar.......Só cando os homes aprenden a rezar, comezan a

crer Coolidge

ACTIVIDADES TEÓRICAS

Pensamentos e opinións

A DEFINICIÓN DE RELIXIÓNA DEFINICIÓN DE RELIXIÓN

As orixes da relixionAs orixes da relixion Os rituais e a maxiaOs rituais e a maxia

Os conceptosMorteMorte

e esentidosentido

A feA feee

O SobrenaturalO Sobrenatural

O inefableO inefable e e

o símboloo símbolo

Aínda que as relixións son moi numerosas todas elas teñen algo en común que as define como tales relixións e que as diferencia doutras manifestacións do espíritu humano. Neste apartado nos ocuparemos de definir os elementos que definen o fenómeno relixioso e trataremos tamén de comprender a súa orixe.

As orixes do sentimentos relixioso teñen sido obxecto dunha debate moi importante entre os historiadores da relixións e os enfoques tamén son variados. Dende as perspectivas evolucionistas, ata as metafísicas ou psicoloxicas, todos os intentos de definir a relixión atendendo as súas orixes tropezan co feito da pluralidade da experiencia relixiosa e a complexidade do fenómeno a abarcar.

Ao achegarnos ao fenómeno relixioso dende o tratamento dos caracteres que lle son propios analizaremos, tanto os elementos psicoloxicos propios da experiencia relixiosa como o tipo de discurso característico da transmisión dos contidos relixiosos. A busca de respostas ante as situacións vitais, o recoñecemento da existencia de poderes superiores ao ser humano, a fe na natureza bondadosa de tales poderes, e transmisións simbólica dese coñecemento articulan un espacio sagrado en relación coa persoa que vivencia ese sentimento relixioso.

Un home ve un xardín florido, pero sabe: non ollará sempre esas flores e eses arbustos porque morrerá un día; e sabe tamén: ese xardín non estará sempre ahí, porque o mundo desaparecerá no seu momento. E sabe igualmente: esa relación con ese fermoso xardín viu dada polo destino, porque se o home se atopase no medio do deserto, non vería o xardín, veo só porque o destino lle ten colocado a él, ao home, aquí e non en outro lugar.Pero na rexión máis interior da nosa alma reside o Espíritu, en el o xardín está contido coma un xerme; e se nós amamos ese xardín -¿e cómo non poderíamos amalo posto que é dunha beleza paradisíaca?- faremos ben en buscalo ahí onde sempre estivo e onde estará sempre, a saber, no Espíritu; manténte no Espíritu, no teu propio centro, e terás o xardín e ademáis tódolos xardines posibles. E polo mesmo: no Espíritu no hai morte, porque aquí eres inmortal; e no Espíritu a relación entre contemplante e contemplado non é só una fráxil posibilidade, senón que reside polo contrario na natureza mesma do Espíritu e é eterna coma él. (...) Busca o xardín en ti mesmo, na túa indestructible sustancia divina, entón esta daráche un xardín novo e imperecedeiro. Frithjof Schuon. La transfiguration de l homme. Ed. L ´Age d Homme

6

Page 7: fenómenos relixiosos

Para pensar..........non podo posuir ao mesmo tempo o evidente e o incomprensible P. Bayle

A definición do fenómeno relixioso

A palabra relixión designa un sistema, máis ou menos complexo, de conviccións e accións relacionado co sagrado, que, polo xeral, é supervisado por determinadas institucións que regulan a vida individual e colectiva. Debe dicirse tamén que esta definición dependerá en grande medida do contexto socio-cultural no que se atope o fenómeno. Durante os séculos IV a.C.-XVII d.C., o concepto de relixión adquire moitos significados que van, dende a actitude interna do home respecto á divinide, ata a configuración sociopolítica da relixión como institución social e mesmo estatal, sen esquecer o feito de que distintas relixións indican formas concretas de vida reguladas por reglas e autoridades recoñecidas. Nos séculos XVII-XVIII, no que respecta ao mundo occidental, comezase a distinguir entre relixión pública (de carácter oficial) que se caracteriza por imponer unhas determinadas tradicións ao conxunto da sociedade, é unha relixión privada, a miudo denominada relixiosidade que consiste na vivencia persoal do ámbito do sagrado, diferenciada segundo o talante do individuo e segundo as diferentes e cambiantes situacións históricas.

Sir Edward Tylor foi o primeiro en plantexar, que todo o que hai de netamente relixioso na mente humana ten a súa base no animismo, na crenza de que os homes comparten o mundo cunha poboación de seres extraordinarios, extracorpóreos, na súa maioría invisibles, que comprenden dende as almas e os espíritus ata os antos e as fadas, os ánxos e querubins, os demos, xenios, diaños e deuses. (Marvin Harris. Nuestra Especie, pax. 361Ed. Alianza)

Poderíase dicir que a historia das relixións, das más primitivas ás máis elaboradas, está constituida por unha acumulación de hierofanías, polas manifestacións das realidades sagradas. Da hierofanía máis elemental (por exemplo, a manifestación do sagrado nun obxecto calqueira, unha pedra ou unha árbore) ata a hierofanía supema, que é para un cristian, a encarnación de Deus en Xesucristo, non existe solución de continuidade. Tratase sempre do mesmo acto misterioso: a manifestación de algo “completamente diferente”, dunha realidade que non pertence ao noso mundo, en obxectos que forman parte integrante do noso mundo “natural”, “profano”. Mircea Eliade O Sagrado e o profano pax 15 Paidós. Barcelona 1998.

Cuestións:¿Cáles son as características básicas do relixioso segundo os textos? En que sentido coinciden e en que sentido se opoñen.¿A maxia sería, segundo os textos un tipo de relixión? ¿Cal sería a diferencia entre maxia e relixión? Podes poñer un exemplo de cada unha.

En calquera caso, na orixe do sentimento e as practicas relixiosas está a busca de respostas, tanto ás raíces da propia existencia, como aos problemas que o ser humano enfronta. A condición humana consiste precisamente nesta busca de resposta aos sucesos da vida e na reflexión sobre a súa propia natureza. A conciencia que acadaron os humanos, ao aumentar a súa capacidade de razoamento, levounos a sentir medo de aquello que está por vir. Ben certo que os animais teñen limitada a súa capacidade de previsión e, polo tanto, limitada a angustia e o medo que supón o non poder controlar o que pode suceder. O control sobre si mesmo e sobre o seu entorno obrigou ao ser humano a dotarse de ferramentas que lle permitiran sentirse seguro e acadar a felicidade. Unha desas ferramentas foi o pensamento científico, pero esa foi unha resposta relativamente recente no percorrido da humanidade. Miles de anos antes de que xurdira o primeiro atisbo de pensamento racional en Grecia o ser humano xa tiña creado formas de resposta ás preguntas que o acompañaron dende ás súas orixes: a arte e a relixión. A arte móstralle ao Ser humano representacións de sí mesmo e da realidade tal como a capta ou a comprende, e permite o uso do símbolo para logar o control do representado. A Relixión xurde tamén como unha tentativa de control das forzas da natureza e, por iso, nace xunto coa arte dun xeito indisoluble. Na orixe da relixión a diferencia entre maxia e relixiosidade non pode

7

Page 8: fenómenos relixiosos

realmente facerse. A `maxia´ é o intento de facer reaccionar as forzas sobrenaturais por medio de determinados ritos de forma que nos aseguren o éxito e, polo tanto, de controlar o noso entorno e contestar as cuestións sobre o porvir, o destino, en firn, á vida humana e ás súas preocupacións. A relixión primitiva é fundamentalmente animista, outorgalle a tódalas cousas unha forma de existencia psíquica, é polo tanto intencional. A relixión primitiva xurde da convicción de que todo está cheo de alma, de que non existe a materia separada do espírito e de que a relación entre o ser humano e o mundo pode establecerse en termos de relación persoal. Os bruxos, os magos, os adiviños convertense nos mediadores entre os homes e as entidades que os rodean, de xeito que se poidan controlar, converter, aplacar...

Calquera que sexa a definición concreta de relixión que se teña adoptado, os ociólogos, e particularmente os antropólogos, teñense esforzado por distinguir entre relixión e maxia. Coinciden en afirmar que a diferencia radica principalmente en que a relixión é un culto propiciatorio a obxectos non humanos ou sagrados, mentras que a maxia é a manipulación para controlar ditos obxectos. Está desmotrado que na práctica ambalas dúas poden coexistir ou mezclarse, e qie, na celebración dun rito, mentras alguns participantes lle atribuen un sentido relixioso, outros, aínda que se sirvan das mesmas palabras e xestos, lle atribúen un valor máxico. Así pois, pode considerarse o sacrificio como un medio para demostrar sumisión e adoración, ou como unha prenda por medio da que quen ofrece o sacrificio apremia á divinidade para que, a cambio, realice os seus desexos. Betty R. Scharf El Estudio Sociológico de la religión. Pax. 50. Seix Barral 1974

Cuestións:¿Podes poñer algún exemplo de dúas persoas que vivan un mesmo rito dos dous xeitos que explica o texto: relixioso e máico?Pon exemplos de conductas, ritos ou crenzas que consideres parte da máxia.

É certo que dende aqueles tempos primitivos o ser humano evolucionou, e os seus xeitos de relacionarse e comprender o mundo variaron, e a relixiosidade comezou a separse da concepción animista deixando os ritos que se relacionaban con elas como rituais mecánicos que carecen dun sistema coherente de creenzas persoal e , deste xeito, os rituais máxicos convertense en supersticións.

Así, a relixión afástase da tentativa de control sobre o mundo natural para converterse nunha forma de relación coa propia existencia humana. Nas raíces da relixión, e ligado profundamente con ese intento de control, está o misterio que supón para o home a existencia do mundo que lle rodea, as causas dos suscesos fortuítos, as desgracias, a dor, a morte, a orixe da propia existencia.... en fin o sentido. A relixión consite no recoñecemento de seres superiores, máis aló da nosa experiencia que, ao estar en relación con nós, dan sentido á nosa existencia e á toda a realidade que nos rodea.

Dar sentido equivale a dar significado e tamén a dirixir a vida humana cara o seu proposito e fin último. Neses seres superiores a persoa atopa a resposta sobre o sentido das súas experiencias positivas e negativas averiguando. ¿por qué?, ¿para qué? Pero tamén, e ao mesmo tempo outorgalle unha cosmovisión, é dicir o sentido que ten o mundo como totalidade. As relixións pretende dar razón do mundo: a súa orixe, o seu destino final, a súa organización. E despois, explicar a relación de cada parte do mundo coa totalidade deste: os seus problemas, dores....

Todos aqueles espacios e obxectos que se ligan a esas explicacións e respostas, que teñen que ver coa experiencia dese sentimento de misterio do que falabamos convertense en sagrados e, polo tanto, obxecto de veneración, culto e orixe de ritos

Para o home relixioso o espacio non é homoxéneo; presenta roturas, escisións: hai porcións de espacio cualitativamente diferentes das outras: “Non te achegues aquí –dio Señor a Moisés-, quita o calzado dos teus pes; pois o lugar onde te atopas e unha terra santa” (Éxodo 3,5). Existe, pois,

8

Page 9: fenómenos relixiosos

un espacio sagrado e, por consiguinte, “forte”, significativo, e hai outros espacios non consagrados e, por conseguinte, sen estructura nin consistencia; nunha palabra: amorfos. Máis aínda, para o home relixioso esta ausencia de homoxeneidade espacial tradúcese na experiencia dunha oposición entre o espacio sagrado, o único que é real, que existe realmente, e todo o resto, a extensión informe que o rodea. (...)Para poñer de manifesto a non homoxeneidade do espacio tal como a vive o home relixioso, pódese recurrir a un exemplo trivial: Unha Igrexa nunha cidade moderna. Para un crente esta igrexa participa doutro espacio diferente do da rúa onde se atopa. A porta que abre cara dentro da igrexa sinala unha solución de continuidade. O umbral que separa os dous espacios indica ao mesmo tempo a distancia entre os dous modos de ser: profano e relixioso. O umbral é ao mesmo tempo o hito, a fronteira, que distingue e opón os dous mundos e o lugar paradóxico onde ditos mundos se comunican, onde se pode efectuar o tránsito do mundo profano ao mundo sabrado. Mircea Eliade: Lo sagrado y lo profano. 22-24. Paidós

Cuestións:Describe como son as entradas das igrexas cristiáns, que elementos as componen, a iluminación....¿Cal é o ritual que se leva a cabo ao entrar nunha igrexa? ¿Qué pensas que simboliza? ¿Coñeces algun ritual doutras relixións?Existe algún modelo de comportamento especial que deba adoptarse nunha igrexa. Se non sabes contestar achegate algunha levando un lápiz e un papel e vai anotando os comportamentos máis curiosos que observes.

O concepto de Sagrado definese como todo o que está, máis ou menos íntimamente, relacionado coa divinidade, coa relixión e cos seus misterios e que, por iso suscita actitudes contradictorias e complexas de atracción e repulsión.En tódalas relixións atopamos seres e cousas, que se mostrar como separadas do mundo cotiá (profano) e que se convirten en obxecto de respeto e veneración. Este respeto exprésase en forma de prohibicións, tabús e mesmo rituais, os obxectos de veneración en símbolos do sagrado. Neste sentido para que algo se recoñeza como sagrado debe estar ligado á manifestación dunha desas forzas superiores e sobrenaturais. En ocasións esa manifestación consiste nunha irrupción desas forzas no mundo ordinario (hierofanía), pero en ocasións non é máis que un signo que se entende como vontade de Deus, como pode ser calqueira elemento do mundo natural que presente unha particularidade (floración antes de tempo, unha pedra cunha forma particular, un raio especialmente forte...)

As dúas características do sagrado son a separación e a inviolabilidade. Sagrado é aquello que está separado do espacio habitual no que se desenvolve a vida ordinaria porque pertence ao ámbito do sobrehumano. A separación deste espacio sagrado faino un espacio inviolable, un espacio que non se pode tocar ou transgredir sen sufrir o encontrar unha forza de orde superior. Precisamente por estar relacionado con forzas superiores ao ser humano, convertese nun espacio perigoso ou mesmo algo maldito, en calquera caso algo relacionado cun poder que sobrepasa a capacidade de pensar humana. A relación con estes espacios sagrados é para o ser humano a percepción do misterio, do inexplicable, pero ao mesmo tempo do fascinante, do que exerce unha atracción irresistible.

Emil Durkheim foi o primeiro que veu na oposición sagrado-profano o binomio a través do que organizan a realidade as distintas relixións. Así, o sagrado é o separado e o prohibido e o ritual e o culto son os procesos utilizados para poder controlar ou achegarse a ese ámbito. O sagrado consiste así na esencia mesma da relixión. Unha relixión pode existir sen deuses, pero non se da ninguna que non manteña a distinción sagrado profano. A concepción do sagrado que conleva toda relixión plasmouse, ao longo da historia das civilizacións, en distintas formas de arquitectura, de forma que os distintos sentidos da sacralidade que ten cada relixión e os distintos rituais deron lugar a que arquitectura sagrada adoptara formas particulares sintetizando formas de expresar o simbolico e a relación co sobrenatural con elementos funcionais que permitían as distintas formas de culto e os distintos rituais.

9

Page 10: fenómenos relixiosos

As moradas do sagrado

O único templo elevado sobre lugar sagrado do xudaísmo foi o Templo de Xerusalen. Nel existían todo tipo de rituais, tabúes e prohibicións relacionados co culto a Yahvé. A sinagoga, pola contra, sempre foi un lugar de reunión dos crentes, aínda que despois da destrucción do Templo de Xerusalen foi adquirindo certo carácter sagrado.

O culto islámico ten como característica esencial a simplicidade e a arquitectura dos seus lugares sagrados, as mesquitas. A mesquita redúcese a un muro (quibla) onde se sitúa o mihrab (nicho para a oración) orientado cara á Meca. A estrutura coa que se protexe ou cubre o muro pode ser moi variada, por iso é tanta a variedade de mesquitas.

Pola súa historia e o que expresa a igrexa catedral é a manifestación sublimada da relixión católica. O seu esquema arquitectónico ten en conta a separación entre cristiáns (bautizados) e os catecúmenos. No lugar destes últimos sitúase a pía do bautismo. A nivel artístico o esforzo decorativo centrase no uso da luz que se filtra por numerosas aberturas no alto do muros e que para o cristián representa a emanación de Deus. A cotío situada cara a cidade e cunha praza diante que representa o lugar de transición entre o mundo profano e o mundo sagrado da catedral. Con pórticos onde os fieis poidan exercer os seu rituais para cambiar psicoloxicamente de espacio Os lugares de culto do Budismo son históricamente de

dous tipos, ou ben santuarios rupestres de orixe natural vinculados a algunha situación misteriosa e privilexiada. Ou posteriormente os templos-mosteiros cuio edificio máis alto é un pagode. A arquitectura budista está presidida pola idea de espacio infinito, as súas estancias e corredores multiplicanse ata o infinito e mesmo as columnas e os stupas ao redor do que xiran os fieis no ritual potencian esa imaxe de infinito ligada á divinidade do Buda

10

Page 11: fenómenos relixiosos

Para pensar.........Débolle un galo a Esculapio, tenme curado da vida, vou morrer. Sócrates.

A morte e o sentido

A morte

Iván Ilich vía que estaba morrendo e desesperábase. No fondo da súa alma dábase perfecta conta de que morría, pero el non estaba acostumado a iso; ademais, non o comprendía, non podía comprendelo. O exemplo de siloxismo que aprendeu na lóxica de Kiseveter: “Caio é home, os homes son mortais, logo Caio é mortal”, no transcurso de toda a súa vida pareceulle xusto só no tocante a Caio, pero de ningún xeito respecto de sí mesmo. Aquel era Caio-home, o home en xeral, e o da morte era completamente xusto; pero el non era Caio nin un home en xeral, senón un ente distinto, completamente distinto de tódolos demais. Foi Vania con mamá, con papá, con Mitia e Volodia, cos xoguetes, co cocheiro, coa aia e logo con Katia, con tódalas alegrías, amarguras e entusiasmos da infancia, da adoslescencia e da xuventude. ¿Acasa para Caio existía aquel olor da pelota de coiro que tanto gustaba a Vania? ¿Acaso bicaba Caio de tal xeito a man da nai e susurraban para Caio do mesmo xeito os pregues do vestido de seda da nai? ¿Sublevábase el, quizais,polas empanadillas na escola de Xurisprudencia? ¿Por ventura estivo tan enamorado Caio? ¿Tería podido dirixir do mesmo xeito a vista dunha causa, Caio? “Caio, en efecto, é mortal e é xusto que morra; pero eu, Vania, Iván Ilich, con tódolos meus sentimentos e pensamentos, é outra cousa. Non é posible que teña que morrer. Sería demasiado horrible.”Isto era o que sentía. “De ter que morrer, como Caio, saberíao, diríamo a miña voz interior, pero nada semellante se ten dado en mín; tanto eu como os meus amigos comprendíamos que non nos ía ocurrer o que a Caio. E agora, ¡Aquí o tes! –dicíase-. Non é posible, non é posible, pero é. ¿Que pasou? ¿Como explicalo?” Non o podía comprender e esforzábase por alonxar de si este pensamento falso, erróneo, morboso, e substituílo por outros pensamentos xustos e saudables. Mais aquel non era só un pensamento; semellaba realidade; prensentábase de novo e detíñase perante el. Invocaba outros pensamentos, un tras outro para que ocuparan o lugar daquel, coa esperanza de atopar neles un sostén. Tentaba voltar aos seus antigos razoamentos, que lle servían antes para ocultar a idea da morte. Pero cousa rara, todo canto antes ocultaba, cubría e aniquilaba a conciencia da morte, xa resultaba incapaz de producir o mesmo efecto. Leon Tolstoi. La muerte de Iván Ilich e outros relatos. Pax. 61-62 Orbis Barcelona

Cuestións:No relato de Tolstoi descríbese a anguria que provoca a cercanía da morte. Iván Ilich non pode comprender a súa inminencia, nen se pode enfrontar a ela. ¿Pensas que todos nos enfrontaremos á mesma situación?.No texto de Delibes a preocupación pola relixión ten a súa orixe na cercanía da morte e o medo ao xuízo. ¿Cres que toda relixión se basea nese medo? Xustifica a túa resposta.A cita de Rosa Regas recórdanos que basicamente estamos sempre sós e iso é máis claro no momento da morte. ¿Poderías explicalo?Esculapio era o deus da medicina en Grecia ao que se lle facían ofrendas cando un curaba ¿Se Sócrates vai morrer porque di que lle debe unha ofrenda? ¿En que sentido a morte pode ser unha cura?

Case tódalas relixións tratan o destino da alma humana. A frase de Mahoma: “traballa por este mundo como se foses a vivir 1000 anos, e polo próximo, como se foses a morrer máñá” fálanos da

11

... " cuando abriu a boca apenas se lle entendeu unha palabra : relixión. Cando a oiu o seu tío extendeu o brazo e púxolle unha man efusiva no ombreiro: - Ese é o rincón máis íntimo da alma -dixo- . Obra en conciencia e non te preocupes do demais. Con esa medida seremos xulgados." (Delibes, O herexe)

Cando es consciente da morte acabas asumindo a túa propia soedade. Rosa Regas

Page 12: fenómenos relixiosos

brevidade da vida e da necesidade dunha preparación espiritual, que non só axude a pasar o trance da morte, senón que dea sentido á existencia do individuo. Tódalas relixións tentan explicarnos o destino da alma despois da morte: os budistas cren na reencarnación, e a tradición Xudeo-cristiana sostén que a alma someterase a un xuízo final polo que recibirán premio ou castigo.

Esta preocupación da relixión pola morte arranca, como a mesma relixión, das orixes máis ancestrais da cultura humana. O home primitivo aceptaba a vida como un feito e consideraba a morte un suceso inexplicable. O concepto de morte como fin natural e previsto para a vida non podía ser claro para unha conciencia que, salvo en moi raras ocasións, se atopaba cunha morte natural e non violenta. A morte sen violencia volvíase así un fenómeno misterioso e aterrador. Tódalas culturas posúen lendas de homes inmortais que ben poderían ser residuos desa actitude primitiva cara á morte. A comprensión da impotencia fronte ás forzas da natureza e ao recoñecemento da morte como un misterio inevitable para a debilidade humana xerou a idea dun mundo espiritual do que proviña todo o inexplicable na vida humana: a enfermidade e a morte, as calamidades azarosas... Un mundo inmaterial que explicaba estes misterios, axudaba a sobrelevalos e a controlalos.

Máis tarde xurdirá o concepto dunha existencia futura como un antídoto para evitar o temor á morte que sempre vai asociado ao instinto de autopreservación. Esta idea de supervivencia trala morte non necesariamente debe identificarse cunha crenza na inmortalidade, senón que tamén pode dar lugar a interesantes teorías sobre a reencarnación e a transmigración. Este concepto dunha existencia futura tomou diferentes formas nas diferentes culturas. Os gregos crían que os homes febles tiñan almas febles e o Hades converteuse no lugar a onde se enviaban esas almas. Os poboadores dos Andes crían que a almas dos mortos retornaban ás súas terras ancestrais. Os chineses e os exipcios crían que a alma e o corpo non se separaban trala morte e por iso construían tumbas moi sofisticadas e soterraban os mortos cos enseres necesarios para levar unha boa vida de ultratumba, e tratábase de deter o deterioro do corpo por medio de técnica de embalsamamento. A civilización hebrea foi a primeira en afirmar que a alma do individuo, unha vez que baixaba a sheol, non podería retornar á terra dos vivos. Esta idea desvinculaba definitivamente alma e corpo e deu orixe a tradición xudeo-cristiana.

Mantén (Pereira) quen non o copiou todo, copiou só algunhas liñas, que son as seguintes e que pode aportar á documentación: “a relación que caracteriza dunha maneira máis profunda e xeral o sentido do noso ser é a que une a vida coa morte, porque a limitación da nosa existencia pola morte é decisiva para a comprensión e a valoración da vida”. A. Tabucchi. Sostiene Pereira. Pax 9 Anagrama

Cuestións:¿Pensas que só valoramos a vida porque comprendemos que un día morreremos? ¿Se foses inmortal quererías seguir levando o mesmo tipo de vida?

Na novela de Tabucchi, Mantén Pereira, o protagonista Pereira é un individuo moi obeso e marcado polo recordo da súa esposa defunta coa que aínda conversa a través da súa fotografía. A maior preocupación de Pereira é a morte. Como bo católico non consegue crer na resurrección da carne, aínda que si na da alma, porque está seguro de ter unha alma.A cuestión da vida e a morte, como unha oposición entre dous estados que se negan un ao outro, é tamén un dos problemas filosóficos máis antigos. A oposición entre a vida e a morte constitúe un risco característico da cultura occidental. O pensamento oriental non ten ese medo á morte porque parte da identidade do home coa natureza e da identidade de contrarios. As reflexións da filosofía occidental centráronse en ocasións sobre o medo á morte e o xeito de erradicalo

Non hai que temer a morte ; cando nós somos, ela non é, cando ela é, nos xa

Acostumáte a pensar que a morte nada é para nós, porque todo ben e mal reside na

12

Page 13: fenómenos relixiosos

non somos. A. Machado sensación, e a morte é privación do sentir. Epicuro

Cuestións:Os textos de Machado e Epicuro afirman o mesmo, que a morte non debería preocuparnos. ¿Convénceche o razoamento? Xustifica a resposta.¿Cres na vida despois da morte? Xustifica a resposta.

A mesma reflexión filosófica naceu coa reflexión sobre a oposición vida-morte ou ser-nada tal e como a expuxo Parménides: se algo comeza a ser, ou procede do ser ou da nada. Se procede do ser, xa era, se provén da nada non, é pois da nada non pode xurdir algo. ¿Que sentido ten, entón, que algo deixe de ser? E, non obstante, a morte é o destino dos humanos. Nese sentido dicía Heidegger que somos seres para a morte. A morte representa o final de calquera desexo e, polo tanto, a fin da mesma vontade de vivir, e nese sentido é o horizonte final da vida humana e o que lle dá sentido. A morte permite ao ser humano percatarse da importancia da súa existencia porque lle dá valor ás eleccións que asumimos e ao camiño que percorremos. A opción de aceptala e asumir o destino como necesario é unha opción distinta á opción relixiosa de pensar a morte como un tránsito cara a outra vida.

As relixións, tanto as orientais como as occidentais móstrannos o verdadeiro sentido da nosa existencia na vida e na morte. As deidades budistas incorporan na súa simboloxía a unidade de vida e morte como o demostra a figura de Siva, deus da destrucción e da xeración. As súas cabezas representan a morte e o órgao sexual (lingam) a forza de xeración masculina. A figura de Xesucristo móstranos algo similiar ao incorporar a morte e a resurrección simbolizando a idea de que a morte reafirma a vida.

As representacións da morte son un elemento importante en calquera civilización:

deus-morte Representación Azteca deus da morte.

Ilustración sobre a celebración mexicana do día dos mortos nos manuais de Inglés de McGraw Hill.

Para saber máis: http://www.acabtu.com.mx/diademuertos/LOS

Representación do arcano que representa a morte no

Tarot A imaxe do túnel (esférico), a luz (vida) ao cabo como representación do tránsito da morte suxire a reencarnación como o

sentido último da morte.

13

Page 14: fenómenos relixiosos

Para Pensar...Cebamos os animais para comelos, á vez

cebámosnos a nós mesmo para dar de comer aos vermes.

William Shakespeare (Hamlet)O sentido

"(...) máis exacto que afirmar que a vida non ten sentido, como se fixeramos con iso un terrible descubrimento (só comprensible se se parte do suposto de que a vida debera ter un sentido predeterminado) é afirmar que a vida ten múltiples sentidos e, sobre todo, múltiples pseudosentidos (os que lle atribúen os iluminados, os fanáticos, os profetas e os salvadores da humanidade). E, sobre todo, que debemos alegrarnos de que a vida non teña sentido predeterminado: non é este un descubrimento terrible, senón polo contrario, tranquilizador. Pois se efectivamente a nosa vida tivera un sentido predeterminado (que debéramos descubrir), teríamos que considerarnos como unha saeta lanzada en mans alleas, é dicir, teríamos que ter de nós mesmos unha visión que é incompatible coa nosa liberdade) Gustavo Bueno, El sentido de la vida, Pentalfa, Oviedo, 1999

Cuestións:¿Cres que ten algún sentido a cadea alimenticia da que fala a cita de principio de paxina?¿Cál é, segundo ti, o sentido da vida? ¿Cales son os problemas máis importantes nesta vida? ¿Teñen solución ou resposta? ¿Cal sería?Se o mundo fose obra dun Deus omnipotente ¿Cres que deixaría que sucedesen catástrofes, mortes e sufrimento sen ningunha razón? ¿Cales serían, segundo ti, as razóns que podería ter para que sucedesen?Pensa nalgunha situación que, polas circunstancias nas que sucedeu, non a poidas explicar. ¿Cres que se podería dicir que tivo que existir algunha natureza que ordenara que sucedera así?O sufrimento ¿Ten alguna finalidade? Pon exemplos. ¿Que parte de responsabilidade temos nós no noso propio sufrimento?Na Biblia cóntase a historia de Job, ao que Deus lle impón un castigo tras outro para probalo. ¿Podes contar algún caso no unha persoa se teña reposto dun grande sufrimento ou dunha inxustiza? ¿Que foi, segundo ti o que lle axudou a reporse?

14

"O outro día un cabaleiro contaba un caso de providencia especial. El coñecíao. Tiña sido partícipe del. Había uns anos ía subir a un barco cando algo o demorou. Non foi, e o barco perdeuse con tódolos que estaban a bordo. '¡Sí!', dixen eu, '¿Cre vostede que a xente que afogou cría na providencia?'. Pensemos no infinito egoísmo de tal doutrina. Un home que se salva de subir a un barco de quiñentos pasaxeiros e eles van ao fondo do mar; pais, nais, nenos, e amorosos esposos e esposas agardan nas costas. ¡Aquí un pobre diaño que non foi! E el cre que Deus, o Ser Infinito, interfiriu na súa pobre e reseca vida ao seu favor, e deixou que tódolos demais morreran. Isto é a providencia. ¿Por que a providencia permite todolos crimes? ¿Por que son protexidos os maltratadores de mulleres, e por que as esposas e nenos quedan indefensos, se a man de Deus está sobre todos nós? ¿Quen protexe os tolos? ¿Por que a providencia permite a loucura? Pero a Igrexa non pode renunciar á providencia. Se tal cousa non existe, non serven as pregarias, nin a adoración, nin as igrexas, nin os sacerdotes." [Robert G. Ingersoll, "Orthodoxy", 1884]

¡Ah! condición das cousas humanas! Prósperas, unha sombra pode darlles a volta; se vén o infortunio, unha esponxa mollada, tirada contra elas, borra o debuxo. É isto, moito máis que aquelo, o que

me move á piedade. " Agamenón (fragmento)

Page 15: fenómenos relixiosos

Carece de sentido dicir que as persoas estamos prefiguradas a actuar de determinada forma, nin siquera podemos afirmar que esteamos determinados polos compoñentes culturais ou sociais que nos rodean. Así que, por iso mesmo, debemos afirmar que a vida do individuo carece propiamente de sentido espiritual, posto que este sentido só pode resultar da traxectoria biográfica que a persoa ten que percorrer.

O sentido da vida humana non está prefigurado nin prefixado, pois se deriva da propia persoa a medida que desenvolve todas as posibilidades que ten elixindo entre elas. Toda elección dun sentido supón unha renuncia doutros sentidos posibles. En calquera caso, o sentido da vida non está asegurado a priori, senón que só pode ser resultado do proceso da vida mesma. Podemos imaxinar, se queremos, que o ser humano é un proxecto dividino feito para cumprir algún propósito oculto, pero sempre será a costa de renunciar ao máis característico da personalidade humana, a liberdade.

A pregunta polo sentido da vida xorde, case sempre, cando se ten perdido o sentido, a orientación da propia vida, cando non se ten unha idea clara de a que conducen as tarefas que a vida nos impón. Descubrirlle un sentido á vida supón conseguir ter unha percepción da súa orientación e o seu destino final. O ser humano parece non atoparse a gusto cando non pode dar unha explicación do que lle sucede. Esa explicación supón respostar ás cuestións: ¿Por que?, ¿Para que? Todo nos parece que debe ter unha finalidade, porque medimos as cousas pola utilidade que teñen para nós, no noso afán de controlar o noso mundo. A meirande parte das persoas agradecen atopar unha finalidade nas accións que realizan cada día, algunhas das cales non son, en absoluto, agradables e algunhas outras son totalmente rutinarias. Esa finalidade introduce estabilidade, ilusión e, polo tanto, certa sensación de felicidade e sosego.

Unha das respostas posibles ante a busca do sentido consiste en buscar unha causa á propia existencia e unha finalidade da mesma que sirvan de indicadores para saber qué debemos facer. A busca desta causa e desta finalidade pode facerse dende unha perspectiva racional, ou ben dende unha perspectiva sentimental, intuitiva e mesmo irracional. Deste último tipo xorden as respostas relixiosas, míticas e máxicas.

Outra posible resposta é o recoñecemento da carencia de sentido que posúe a vida e atopar na propia vida un valor e unha xustificación suficiente da mesma. Esta posición chamouse historicamente nihilismo.A última posibilidade é eliminar a preocupación pola busca do sentido, deixando de lado a necesidade de buscar unha finalidade totalizadora da vida, reducindo esta ás experiencias sucesivas e a felicidade aos praceres ou os exitos individuais.

15

Xénero:Comedia

Nacionalidade:Gran Bretaña

Director:Terry GilliamTerry Jones

Actores:Graham ChapmanJohn CleeseTerry GilliamEric IdleTerry JonesMichael Palin

Os Monty Python plasman unha continua sucesión de situacións cómicas sobre a vida, a morte e tódalas preocupacións, avances técncos, mitos e obsesiónss da sociedad occidental actual.

Os Monty Python plasman unha continua sucesión de situacións cómicas sobre a vida, a morte e as preocupacións da sociedade actual

Page 16: fenómenos relixiosos

-Dr. Papaderos, ¿cál é o sentido da vida? –preguntéi ao vello profesor alemán de historia e cultura grega.Oeuse a risa de sempre e os alumnos erguéronse para marchar. Papaderos levantou a man para facelos calar a todos. A aula quedou en silencio. Miroume moito tempo, estudiándome coa mirada para ver se falaba en serio. Leu nos meus ollos que efectivamente así era.-Responderei á súa pregunta –respondeu ao cabo.Levou a man a un peto e sacou unha unha billeteira de coiro. Desta sacou un espello redondo moi pequeno, como do tamaño dunha moeda. Logo, contou o seguinte:"Durante a guerra, cando era moi pequeno, a miña familia era moi pobre. Viviamos nun pobo moi alonxado de todo. Nunha ocasión, ao pasar por un camiño, atopei os anacos dun espello roto. Unha motocicleta alemá destrozárase nun accidente nese lugar.Busquei, sen éxito, tódolos trozos para reunilos e pegalos. Entón, quedei só co máis grande. Este. Froteino contra unha pedra para lle dar forma redonda. Converteuse no meu xoguete e quedei fascinado ao ver que podía reflectir a luz en lugares a onde o sol non chegaría nunca: por exemplo, en pozos profundos, gretas e armarios escuros. Inventei un xogo: levar luz aos lugares máis inaccesible que atopara. Fun medrando, e quedei co espelliño. Sacábao en momentos de ocio e continuaba aquel xogo . Na idade adulta cheguei á conclusión de que aquilo era algo máis ca un xogo de nenos: era unha ilustración do que podía facer coa miña vida. Comprendín que non son a luz nin a fonte dela. Non obstante, a luz –é dicir, a verdade, o entendemento, o coñecemento- está presente e só brillará en moitos lugares escuros se eu o reflicto. Son o trozo dun espello do que deseño e forma descoñezo. Sen embargo, co que posúo podo reflectir a luz en ricóns escuros –é dicir, nos puntos máis lóbregos do corazón do homes- e lograr transformar algunhas persoas. É posible que outros vexan e fagan o mesmo. Iso é o que son. Ese é o sentido da miña vida.” De seguido, sostivo de novo o espello e con coidado atrapou uns luminosos raios de luz que proviñan da ventá, reflectíndoos no meu rostro e nas miñas mans, que descansaban cruzadas sobre o escritorio. Recordo moi pouco do que estudiei de historia e cultura grega aquel ano. Pero na carteira da miña memoria aínda gardo un pequeno espello redondo. Ted Cashion

Para visitar en Internethttp://usuarios.lycos.es/a8z/ un xogo sobre o sentido da vida. Participahttp://www.iespana.es/La-Muerte-Humana/ Ideas, crenzas, tópicos, emocións, sentimentos que o ser humano desenvolveu para tentar comprender a realidad da morte humana ou po lo menos paliar a anguria que provoca. www.revista.unam.mx/vol.1/art2/introd.html Concepción relixiosa dos nenos e os adolescentes sobre a morte. Sobre cómo esta concepción evoluciona co desenrrolo e está condicionada por unha morte cercana. www.pepe-rodriguez.com/Morir/Morir_menu.htm Baseándose no libro de Pepe Rodríguez, “Morir es nada”, esta páxina recolle un estudio sobre a axuda para afrontar a morte realizado en 100 personas.

 Suxerencias para a lectura

16

Plaza & Janés. Colección Mundos imaginarios. Barcelona 1999. Título original: A Maze of Death. Traducción: Carlos Gardini. 256 páginas. ISBN: 84-01-54099-2 Nun mundo llamado Delmak-O catorce colonos esperan instruccións para iniciar un proxecto que descoñecen. Cerca da colonia erguese un edificio que cada un percibe de xeito diferente e do que saen uns insectos mecánicos que os vixian. Todo ten un aire de irrealidade, e un día comezan a ocurrir extranos accidentes: a partir de entón os colonos sentiranse como ratas nun laberinto de morte.

Page 17: fenómenos relixiosos

Para pensar.........Non podería crer nun deus ao que comprendera.

Graham GreenA fe e o sobrenaturalA fe O crente sitúase nunha perspectiva esencialmente relixiosa da vida. Isto significa que tódolos eventos, percances e desgracias son asumidos, por un acto de fe, dende a perspectiva de que obedecen a designios dun ser superior, dunha realidade de decide e domina a vida dos individuos. O crente experimenta a vida como un don ou unha gracia e por iso vive as situación que lle acaecen con gratitude e polo tanto con alegría fronte as desgracias, porque dalgún xeito as comprende ao remitilas a unha vontade superior á que se lle outorga a capacidade de saber o que é o mellor para o ser humano.

A persoa relixiosa compórtase dun xeito diferente ao resto dos humanos e, mostrase diferente a si mesmo cando se compromete relixiosamente. A crenza obriga á persoa a introducir esa crenza no conxunto da vida mundana. Para dar lugar a ese proceso establecénse ritos de iniciación que logran o paso dunha forma de ser (non crente) a unha vida baseada na fé e na crencia. Pero ademáis dos ritos sociais, como o bautismo ou os ritos relacionados coa morte, a aceptación da crenza polo individuo supón unha revolución interior, un cambio de actitude, que se chama conversión. O estado psicoloxico que xe xera deste xeito fundamentase na fe e n obediencia á crenza que se reforza con prácticas e técnicas, distintas para cada relixión (misa, ascesis, ioga...)

O fundamental da fe é contraponerse ao coñecemente racional. Cremos cegamente naquilo que non ten explicación racional posible, porque o que é posible probar racionalmente non precisa da crenza. Deste xeito a oposición entre ciencia e fe converteuse na base dun debate permanente dende a antigüidade ata os nosos días.Fun lentamente polo camiño, algo intranquilo. Non sabía que opinaban os handdaratas dos turistas. En verdade sabía moi pouco deles. O handdara é unha relixión sen institucións, sen sacerdotes, sen xerarquías, sen votos e sen credo; non sei aínda se teñen ou non Deus. É unha relixión elusiva, que semella sempre algunha outra cousa. A única manifestación constante do handdara é a que se mostra nas fortalezas, sitios de retiro onde a xente vai pasar unha noite, ou a vida enteira. Non me tivese interesado tanto en investigar este culto, curiosamente intanxible, nos seus lugares segredos se non desexase unha resposta á pregunta que os investigadores tiñan deixado sen contestar: ¿Quenes son os profestas e qué fan realmente. Eu tiña estado en Karhide máis tempo que os investigadores, e pensaba ás veces que as historias a propósito dos profetas e as súas profecías podían non ser certas. As lendas de prediccións son moi comúns en tódolos dominios do home. O deuses falan, os espíritos falan, as computadoras falan. A ambigüedade oracular ou a probabilidade estatística alimenta aos crédulos, e a fe borra as discrepancias. (...) O xove Goss, a quen lle agradaba o papel de guía, dixome unha vez que a miña pregunta aos profetas podía referirse a calqueira cousa, e non había fórmulas precisa. –Canto máis específica e limitada sexa a pregunta, máis exacta será a resposta –dixo-. A vaguedade enxendra vaguedade, e algunhas preguntas, por suposto, non teñen resposta. (...)-Bueno, vimos aquí, á fortaleza, á aprender, e sobre todo a non preguntar.-Pero as respostas veñen de vostedes-¿Non entende aínda, Genry, por qué perfeccionamos e practicamos a profecía?-Non-Para mostrar que non serve de nada ter unha resposta cando a pregunta está equivocada. (...) O descoñecido –dixo a tranquila voz de Faxe no bosque-, o imprevisto, o indemostrable... o fundamento da vida. A ignorancia é o campo do pensamento. O indemostrable é o campo da acción. Se se probase que non hai Deus, non habería relixión. Nin handdara, nin yomesh, nin deuses tutelares, nada. Pero se se probase que hai un Deus, tampouco habería relixións... Dígame, Genry, ¿Qué sabe? ¿Qué hai de certo neste mundo, predicible, inevitable, o único certo que se sabe do futuro de vostede, e do meu?- Que morreremos.Si. Só unha pregunta ten resposta, Genry, e xa coñecemos a resposta.... . O único que fai posible a vida é a incertidume permanente, intolerable: non saber qué é o que virá." Ursula K. LeGuin, La mano izquierda de la oscuridad pp. 67-68 Minotauro

17

Page 18: fenómenos relixiosos

Cuestións:¿Quén pensas que pode soportar mellor as adversidades da vida, unha persoa con fe ou unha que careza dela? ¿Cres que é necesario comprender para crer nunha relixión?Escolle de entre o seguintes termos, os que pensas que se relacionan coa palabra fe: Depresión, liberdade, anguria, esperanza, claridade, escuridade, desilusión, alegría, tristura.Relaciona o texto de LeGuin coa conciencia da incertidume na vida humana que tratamos no apartado anterior¿É capaz a ciencia de eliminar esa incertidume e, polo tanto, facer innecesaria a crenza relixiosa? ¿Sería desexable?

18

Page 19: fenómenos relixiosos

Para pensar.........maravillosa en extremo é para mín esta ciencia;

sublime; non a entendo (Sal 139,6)..

O Sobrenatural

Deteñámonos un momento nas manifestacións primeiras e máis rudas deste pavor numinoso. Este sentimento constitúe a verdadeira nota distintiva da chamada `relixión dos primitivos´ onde se presenta en forma de terror demoníaco, dunha primeira conmoción inxenua e sen desbastar. (...) O sentimento numinoso distánciase moito nos seus graos superiores do simple pavor demoníaco. Pero non por isto nega a súa común proxenie e parentesco. Aínda alí onde a crenza en demos se elevou, dende moito tempo atrás, á forma de crenza en deuses, sempre conservan os deuses, por canto son númenes, algo do seu primeiro carácter fantasmal; a saber, ese carácter propio do que desasosega e amedrenta, que se completa e perfecciona na súa sublimidade ou se esquematiza nela. E este compoñente sentimental tampouco desaparece no estado máis alto, a pura crenza en Deus, nin é mester que desapareza; só se sosega e ennobrece. Aquel estarrecemento primario volve a repetirse na forma infinitamente ennobrecida dun tremor e enmudecemento do espírito, que chega ata as súas últimas raíces. Rudolf Otto, Lo santo, Madrid, Alianza 1980, pp 26-27

Cuestións:Para R. Otto, alemán, teólogo e historiador das relixións, o `pavor numinoso´ é o característico do sentimento relixioso. Pon algún exemplo dese sentimento. ¿O medo normal á enfermedade ou a morte pode converterse nese sentimento do que fala Otto?Numinoso é sinónimo de sobrenatural ¿As persoas non crentes padecerían ese sentimento de pavor do que fala o texto?

Para autores como R. Otto a experiencia relixiosa garda unha relación directa coa crenza nun poder que se sitúa máis aló do ámbito do humano, que trascende a experiencia de calquera ser humano, e que por iso non é produto do individuo, senón o obxecto da súa experiencia relixiosa. A concepción do sagrado fundaméntase así no misterio e o terror que o ser humano experimenta ante a presencia fascinante daquilo que o sobrepasa e o domina. Consistiría este sentimento nun temor ao decoñecido, ao inabarcable, á divinidade en suma. Pero ao mesmo tempo este sentimento atrae e capta o ser humano de xeito que produce unha enorme atracción desprazando o mundo ordinario e descubrindo unha nova orde de valores.

Canto máis imbuído está un home coa ordenada regularidade de tódolos eventos, máis firme é a súa convicción de que no hai sitio, do lado desta ordenada regularidade, para as causas dunha natureza distinta. Para el, nin as regras humanas nin as regras divinas existirán como causas independentes dos eventos naturais. De seguro, a doutrina dun Deus persoal que interfire en eventos naturais xamais poderá ser refutada no sentido real pola ciencia, porque a súa doutrina pode sempre refuxiarse nos dominios nos que o coñecemento científico non puido aínda poñer pé. Pero estou convencido que tal comportamento de parte dos representantes da relixión non só é inadecuado senón tamén fatal. Unha doutrina que se mantén non na luz clara, senón na escuridade perderá necesariamente o seu efecto na humanidade, cun dano incalculable ao progreso humano. Na súa loita polo ben ético, os mestres de relixión deben renunciar á doutrina dun Deus persoal, isto é, renunciar á fonte de medo e esperanza que no pasado puxo un grande poder en mans dos sacerdotes. No seu labor, deben apoiarse naquelas forzas que son capaces de cultivar o ben, a verdade e a beleza na mesma humanidade. Isto é de seguro unha tarefa máis difícil, pero incomparablemente máis

19

Xénero: suspense Nacionalidade:Norteamericana

Director: M. Night Shyamalan

Actores: Bruce Norris, Bruce Willis, Donnie Wahlberg, Glenn Fitzgerald,

Un coñecido psicólogo infantil, obsesionado porque foi incapaz de axudar a un xove paciente, ve a oportunidade de redimirse facendo o posible por outro neno de oito anos. Pero non está preparado para coñecer a verdade acerca do don sobrenatural que este posúe.

Page 20: fenómenos relixiosos

meritoria e admirable. Albert Einstein Ideas y Opiniones. Nueva York, Crown BooksCuestións:O texto de Einstein fala de eliminar o medo e a esperanza das doutrinas relixiosas ¿poderíase entón falar de relixión? ¿Que distinguiría a relixión da ética neste caso?

O numinoso consistiría para algúns historiadores na característica principal da conciencia relixiosa nas súas orixes. O pensamento primitivo estaría determinado, segundo esta teoría, a non posuír unha fronteira definida entre o mundo espiritual e o natural e, polo tanto, entre a mente humana e o mundo circundante. Esta ausencia de límites definidos daría orixe ás experiencias místicas, que se definirían como unha sensación de fusión entre o organismo humano e o seu medio ambiente. Como resultado desta unidade os obxectos materiais e o mundo no seu conxunto posúen poderes de orde espiritual ou mental. E non só as cousas externas e os lugares, senón tamén os seres humanos, serían posuidores desa atmósfera numinosa, como o exemplifica a figura do chamán e o feiticeiro. Pero as sociedades contemporáneas abandonaron fai moito tempo esa visión unitaria da realidade, separando e escindindo o mundo material-natural do espiritual-humano e alonxáronse, dese xeito, da atmósfera numinosa que caracteriza o mundo primitivo. A cultura elabora unha imaxe coherente e ordenada do mundo e atribúe así ao poder numinoso, que está detrás do mundo natural, unha coherencia, orde e unidade que non posúen as civilizacións primitivas. A crenza en que a orde natural do mundo está baseada nun modelo intelixente, que non procede do ser humano, leva á cultura a atribuir esa orde a unha intelixencia diferente da humana e a formular unha concepción de Deus. A maravilla e a fascinación subsiste, aínda que dominada e controlada pola comprensión racional do mundo. As relixións actuais estarían segundo esta teoría libres da fascinación polo numinoso e do medo a os poderes sobrenaturais. Sen embargo, o medo ancestral do ser humano a esa falta de control da súa realidade e a crenza na existencia de entidades sobrenaturais de diversa índole non abandonou de todo a humanidade e, a maior parte dos seres humanos, seguen a ter medos irracionais, como demostra o auxe dos xéneros artísticos (literatura, cine....) adicados ao sobrenatural e o numinoso.

Para visitar en Internethttp://www.cetico.hpg2.ig.com.br/abc/oculsob.html fenómenos paranormales e sobrenaturaishttp://www.showmacabro.hpg.ig.com.br/sobrenatural.htm Citas, comentarios, textos e fotos sobre o sobrenatural.

 Suxerencias para a lectura

20

Alianza editorial. Libro de bolsillo. Barcelona 1999. Título: En las Montañas de la locura. Traducción:. páginas. ISBN: “A emoción máis antiga e máis intensa da Humanidade é o medo, e o máis antigo e máis intenso dos medos, é o medo ao descoñecido.” Esta breve reflexión de Lovecraft fai que nos fixemos nunha das máis antigas contradiccións do ser humano.

Page 21: fenómenos relixiosos

Para pensar.........As relixións, como os vagalumes precisan da

escuridade para brillar.Arthur Schopenhauer

O inefable e o símbolo

O inefableComo xa dixemos o característico do fenómeno relixioso é a crenza nun espacio sagrado e na existencia duns poderes sobrenaturais que rexen o destino do home. Esa percepción do sagrado é imposible de transmitir a unha persoa non-crente, pois os sentimentos son experiencias individuais e, polo tanto, imposibles de transmitir en toda a súa profundidade. Pero, as realidades coas que se enfronta o ser humano relixioso tampouco son susceptibles de ser descritas a través da linguaxe ordinaria. A grandeza dos deuses, que supera toda calidade humana, fai imposible que unha linguaxe humana sexa capaz de describila. A linguaxe conceptual de tódalas relixións non pode reflectir a Realidade máxima que se converte deste xeito en indecible ou inefable. De Deus só podemos falar por aproximación. A relixión, ao contrario da ciencia, non posúe un discurso transmisible nin se apoia en argumentos lóxicos, apela á fe e á crenza gañadas no ámbito dunha experiencia non transmisible a aquel que non está “iniciado”.

Estando prisioneiro descubriu de pronto e non por medio de palabras nin de razoamentos, senón pou un sentimento íntimo, unha cousa que sempre lle dixera a súa aia: que Deus estaba en todas partes... Experimentaba a sensación dun home que acaba de atopar aos seus pés o obxecto que buscaba forzando a vista para mirar ao lonxe. Durante toda a súa vida mirara ao lonxe por riba das cabezas dos homes que o rodeaban, cando en realidade non tiña por qué forzar a vista, senón só mirar ante si. Antes non soubera ver en nada o grande, o inaccesible e o infinito. Unicamente presentía que estaba nalgunha parte e dedicábase a buscalo. No familiar e comprensible vía intereses limitados, mesquiños, mundanos e insensatos. ... Agora, sen embargo, aprendera a ver a parte magna, infinita e eterna de tódalas cousas e, como é natural, para vela mellor, para disfrutar desa contemplación, tiña abandonado o anteollo que empregara antes. Xa non miraba por riba das cabezas dos demais homes, agora contemplaba con alegría a vida infinita, inaccesible, sempre grandiosa e coas súas eternas variacións que se desnvolvía en torno a el. E cando máis de cerca de miraba, tanto máis tranquilo e feliz se sentía. Leon Tolstoy, Guerra e paz, parte XV, cap XIII Paidós

Cuestións:A personaxe do texto atopa a Deus e tenta describir ese coñecemento, ¿que recursos utiliza para facelo?Tódalas experiencias anteriores transfórmanse e despois do seu descubremento veas doutro xeito ¿Como é posible que ocorra isto? ¿Podes poñer algún exemplo da túa vida que coñezas.¿Cres que o sentimento de crenza nunha relixión pódese demostrar e transmitir?¿Como se pode falar de algo que non admite un concepto e unha descrición clara? ¿De que medio te valerías ti para explicar un sentimento a outra persoa?

O discurso relixioso aproxímase máis ao discurso poético que transmite mellor os sentimentos e as emocións, non en van os grandes místicos de tódalas relixións foron tamén poetas.

Cuestións:

Explica que quere dicir o verso: muero porque no mueroXustifica por qué este poema amosa unha actitude relixiosa

21

Vivo sin vivir en mí,Y de tal manera espero,Que muero porque no muero.Vivo ya fuera de mí,Después que muero de amor;Porque vivo en el Señor,Que me quiso para sí.Cuando el corazón le di,Puse en él nuestro legtrero:Que muero porque no muero.(...)

Page 22: fenómenos relixiosos

Para pensar.........A arte serve para abrir portas do outro lado da realidade.

Octavio PazA linguaxe simbólica

Como a relixión nos fala de realidades trascendentes, numinosas que non se mostran a través da experiencia ordinaria, a linguaxe ordinaria tamén é incapaz de captalas e dicilas. O ámbito do sagrado é o ámbito do inefable, e os signos que utilizados na linguaxe ordinaria só se refiren a obxectos coñecidos, observados e polo tanto comprensibles por todos. Para poder transmitir ese ámbito do inefable e as particularidades da experiencia relixiosa necesitamos recorrer aos símbolos. O símbolo refirese a un obxecto dun xeito metafórico, tanxencial e aproximado que permite transmitir unha carga semántica moito máis ampla que a que permiten os signos ordinarios. Para comprender os textos relixiosos deberemos entón familiarizarnos coas súas metáforas.Simbolizar significa etimoloxicamente xuntar as dúas partes dunha moeda, previamente separadas. Tamén a relixión usa os símbolos para reunir ao ser humano coa súa dimensión espiritual, coa súa metade sagrada.

Unha vez un pai viuvo que tiña dous fillos pequenos, aínda sen uso de razón, sabía que as circunstancias da súa vida ian a levar a cabo entre eles a pena dunha separación. Sabía ademáis este bo pai que a mortal enfermidade que lle afectaba non lle ia permitir organizar o reencontro dos seus fillos. De xeito que ideou un xeito de facelo posible, de axudar ao azar a serlles favorable, porque non hai mellor favor da fortuna que o de gozar da existencia dun bon irman ou irmá cando os bos pais teñen deixado de existir. A sorte podería reunir aos irmáns separados, se o destino non se amosaba demasiado contrario e testán. Mais o problema a superar polo inxenio do amante pai era o do futuro recoñecemento mutuo dos nenos: cando os deuses os volveran a reunir, os nenos terían crecido e xa non serían nenos, serían adultos, terían cambiado e non se semellarían á imaxe que gardaban na súa memoria recíproca, polo que o recordo non lles serviría para identificarse como fillos do seu pai. Así que colleu un vello medallón que pertencía por herencia á familia e parteuna en dous, entregando un fragmento del a cada un, pedíndolles que o gardasen como o máis preciado da súa vida.Anos despois, en efecto a casualidade produciu o agardado reencontro. Os dous irmáns viron un curioso fragmento de medallón colgando dos seus pescozos e ipso facto trataron de comprobar se as súas siluetas encaixaban para cadrar os seu círculo. E cando as dúas partes do símbolo foron reconstruidas na súa unidade, tivo lugar o recoñecemento. Ámbolos dous irmáns coñeceronse outra vez. E coñeceron que eran irmáns, e coñeceron canto os tiña cambiado o tempo e a separación. E foron xuntos a celebar o reencontro e a brindar polo inxenio do cariñoso pai desaparecido.A etimoloxía da palabra símbolo –que veño de ilustrar coa técnica narrativa de conto de fadas- remítenos, como se ten visto, ao concepto de recoñecemento. E, éste último, ao de coñecemento, porque recoñecer algo é coñecelo por segunda vez, só que tendo en conta informacións que no primeiro coñecemento non se retiveron, porque non se tiveron conscientemente, non se percibiron como tales.. Francisco Fortuny A función cognitiva do símbolo nas artes poéticas e literarias. Ensaio dunha filosofía da figuración poética en www.librelect.com

Para visitar en Internethttp://metaphysic.free.fr/enseigs7.htmlIDO descrición dos simbolos religiosos y sus significaciones

 Suxerencias para a lectura

22

Alianza editorial. Libro de bolsillo. Madrid 1999. Título: El Aleph. J.L. BorgesEste volumen reúne dezaoito relatos de Jorge Luis Borges, entre eles: O inmortal, os teólogos, A espera que mostran as posibilidades expresivas da da literatura de Borges, inimitable fusión de mentalidade matemática, profundidade metafísica e captación poética do inefable.

Page 23: fenómenos relixiosos

Para pensar.........O home no seu orgullo, creou a Deus á súa imaxe

e semellanza F. Nietzsche

ACTIVIDADES D APLICACIÓN

ESQUEMA DE TRABALLO

Aplicación

O FENÓMENO RELIXIOSOen

LITERATURA ARTE

PUBLICIDADE MÚSICA

CINE

Creación CONCLUSIÓNS

A través destas actividades terás que aplicar os datos que conseguiches sobre a relixiosidade e o fenómeno relixioso e tentar descubrir nas diversas mostras da arte e dos comportamentos sociais o elementos característicos da relixión. Ao mesmo tempo tratáse de que logres aplicar o teu sentido crítico para facer análises destes elementos que permitar mostrar elementos non tan obvios da experiencia relixiosa e o uso que se fai deles.

A presencia dos fenómenos e sentimentos relixiosos está moi presente en tódolos ámbitos de creación artística. O temor á morte, os rituais, a captación do sobrenatural son moitos dos temas que prestaron inspiración aos grandes artistas e literatos. A música, pola súa banda tivo un uso específicamente relixioso, pero no mundo profano tamén usa as metáforas relixiosas como medio de transmitir sentimentos que doutro xeito se fan difíciles de explicar. Mesmo nun mundo tan alonxado da relixión como o comercial, podemos atopar referencias ao mundo simbólico das relixións, por canto forman parte do legado cultural da humanidade e son fonte de sentidos múltiples.Despois de analizar os fenómenos relixiosos dende todas estas perspectivas, remataremos vendo e analisando unha película, para tentar descubrir como se recollen nela os riscos e elementos propios da relixión.

Ver CD

23

Page 24: fenómenos relixiosos

Para pensar.........Buscade lendo e aprenderedes meditando.

San Juan de la Cruz.A literatura

1. Explica cada un dos textos tentando resumir coas túas palabras o que queren dicir.

2. Sinala que elementos, presentes en cada texto, caracterizan o fenómeno relixioso

3. Explica que recursos utiliza cada texto para transmitir esa experiencia relixiosa

4. Cal dos textos che resulta máis interesante: a) pola súa temática, b)pola menxase que transmite c) polos recursos que utiliza.

5. Aporta ti outros textos e comenta de que xeito están relacionados co fenómeno relixioso.

24

"No haberá nunca unha porta. Estás dentroe o alcázar abarca o universoe non ten nin anverso ni reversonin externo muro nin secreto centro.Non esperes que o rigor do teu camiñoque tercamente se bifurca en outro,terá fin. É de ferro o teu destiñocoma o teu xuíz. Non agardes a embestidado touro que é un home e cuia extranaforma plural da horror á marañade interminable pedra entretecida.Non existe. Nada agardes. Nin sequerano negro crepúsculo a fera.Jorge Luis Borges, "Laberinto", en "Elogio de la sombra" Emecé

A pregunta

O pai volveu ao lugar da incineración.O neno seguiuno, cos seus sete anos e un amuleto de ouro

ao redor do pescozo, ficaba só, de pe ante a ventá máis alta da casa, na rua solitaria. O pai non sabía que estaba pensando.

O sol matinal besaba a copa do nimbo da India; o froiteiro tiña pasado xa, pregoando os seus mangos aínda verdes.

O pai entrou e sentou ao neno nos sionllos.-¿Onde esta mai? –dixo o neno.-Nos ceos –respostou o pai, erguendo a cabeza.Esa noite, cheo de anguria, o pai marmuraba inquedo no

medio dos soños.No portal brilaba a mortecina luz dunha lámpada;Sobre as paredes, corrían un par de lagartillas.En fronte, na terraza aberta, foi a quedarse o neno.Ao seu redor, as casas, coas luces apagadas, semellaban

guardas dalgunha cidades demoníaca, durmidos de pe.O neno nú miraba ao ceo. A súa mente perturbada

preguntaba sen saber a quen:-¿Onde está o camiño cara os ceos?Non tivo resposta dos ceos. Dende as estrelas, caían as

bágoas da silenciosa escuridade.(Rabindranath Tagore. Lipika en Obras Selectas. Tomo I.pax. 184 Ed. Edicomunicación, S.A..)

Currículum O conto é moi sinxelo vostede nace contempla atribulado o vermello azul do ceo o paxaro que emigra o torpe escarabello que o seu zapato aplastará valente vostede sufre reclama pola comida e por costume por obriga chora limpo de culpas esgotadoata que o soño o descalifica vostede ama se transfigura e ama por unha eternidade tan provisoria que ata o orgullo voltaselle tenro e o corazón profético convertese en escombros vostede aprende e usa o aprendido para voltar lentamente sabio para saber que ao cabo o mundo é isto no seu mellor momento unha nostalxia no seu peor momento un desamparo e sempre sempre un lío entón vostede morreMario Benedetti Uruguay 1920

Page 25: fenómenos relixiosos

Para pensar.........A arte é unha mentira que nos permite

darnos conta da verdade. Pablo PicasoAnálise dun cadro:1. Anxo da Coca-cola. Howard Finster. Mainstreet gallery

Describe o que ves Expresa as túas impresiónsDescrición obxectiva dos elementos do cadro

Interpreta o que ves

Estrutura e composición

Análise do que está implicito e non se ve

Luz, cor e ambientación

¿Qué sensacións lle produce? ¿Gustache?

2. Completa o cadro seguirte con obras de arte que coñezas e teñan unha temática relixiosa, implicita ou explicita.

Relixión e arte

Título Autor Contenido Valores Observaciones

MoisésEscultura (Renacimiento)

Miguel Ángel

Moisés sentado con autoridad, símbolo da sabiduría e a xustiza.

A unión con Deus e a virtude da sabiduria.

Contan que cando rematou pareculle tan perfecto que lle dixo: Fala"

 

 

25

Page 26: fenómenos relixiosos

Para pensar.........A musica é a linguaxe que me permite

comunicarme co máis aló .Robert. Schumann

A Musica

Una Experiencia Religiosa. Enrique Iglesias

Un poco de ti para sobrevivir esta noche que viene fría y sola,Un aire de éxtasis en la ventana

Para vestirme de fiesta y ceremonia.Cada vez que estoy contigo yo descubro el infinito,

Tiembla el suelo, la noche se ilumina,Y el silencio se vuelve melodía.

Y es casi una experiencia religiosaSentir que resucito si me tocas,

Subir al firmamento prendido de tu cuerpo, es......Contigo cada instante, en cada cosa,...Vuelve pronto mi amor te necesito ya

porque esta noche tan honda me da miedo,necesito la música detu alegría

para callar los demonios que llevo dentro.......ya no hay sombra ni peligro,

las horas pasan mejor entre tus brazos,me siento nuevo y a nada le hago caso

1. A canción de Enrique Iglesias compara o amor cunha experiencia relixiosa, que teñen en común segundo a canción.

2. Cales son os conceptos que utiliza para describir a experiencia do amor ¿Qué relación gardan coa experiencia relixiosa.

3. Consideras que é unha canción antirelixiosa ¿En que sentido?

4. Completa o seguinte cadro con tódalas obras que conexas que transmitan un sentimento relixioso ou se aproximen nalgún aspecto ao fenómeno relixioso. ( Non teñen porque ser obras clásicas) E preparade unha audición delas para o resto da clase.

Requiem Mozart Oficio de difuntos  Século: XIX Relación: morte

26

Page 27: fenómenos relixiosos

Para pensar.........Ningunha proba, ningunha rectificación nin

desmentido pode anular o efecto dunha publicidade ben feita

Keyserleing, Hermann

A publicidade

Análise dun anuncio publicitario

Describe o que ves Expresa as túas impresiónsDescrición obxectiva dos elementos do anuncio

Interpreta o que ves. ¿Qué temas relixiosos utiliza?Relaciónaos co que se anuncia.

¿Qué elementos iconicos da relixión usa? ¿qué función teñen?

Análise do que está implicito e non se ve

Luz, cor e ambientación

Con cal das relixións que coñeces relacionas o anuncio

Agora busca outros anuncios que usen símbolos relixiosos e elabora un mural con eles. Por exemplo

Para pensar.........

27

Page 28: fenómenos relixiosos

O cine ten que producir sosego. AzorinNo cine

Sinopse:

Unha das películas mestras do xénero da Ciencia Ficción. Segundo palabras do propio autor, prentendía facer con ela unha reflexión sobre o que é verdadeiramente humano. Narra a historia dun grupo de androides indistinguibles dos humanos (replicantes), creados para servir de man de obra en situación lonxanas e perigosas. Estes replicantes son rexeitados pola sociedade e expulsados ás colonias espaciais. Pero estas replica de seres humanos xeran os seus propios sentimentos e esperanzas e un grupo deles retorna á terra á procura de respostas que o mellor non existen.

Título: Blade Runner (EE.UU., 1982)Director: Ridley ScottActores principales: Harrison Ford (Deckard), Rutger Hauer (Batty), Sean Young (Rachael), EdwardJames Olmos (Gaff), M. Emmet Walsh (Bryant), William Sanderson (Sebastian), Daryl Hannah (Pris), BrionJames (Leon)Música: Vangelis

Cuestións:1. ¿Consideras que os replicantes deberían ser considerados humanos?

¿Cáles son as características que máis os achegan aos seres humanos?2. Ao final do film o último replicante conversa co seu executor:

¿qué anceios humanos pon de manifesto? ¿Qué relación gardan coa relixiosidade do ser humano?

3. No film a relación entre humanos e animais non se pon tan de manifesto como na novela de K. Dick. Nesta última a posesión de animais convirtese no centro dunha relixión propiamente humana. No film as preguntas que se lle fan aos suxeitos para distinguir entre replicantes e humanos ¿Qué teñen en común? ¿Qué relación teñen coa relixiosidade humana.

4. Os replicantes buscan dun xeito desesperado respostas sobre a súa mortalidade. ¿A quen preguntan? ¿Qué similitude garda esta busca coa do ser humano?

Bibliografía

BATAILLE, Georges, Teoría de la religión, Ed. TaurusBATESON, Gregory y Mary-Catherine, El temor de los ángeles.Epistemología de lo sagrado, Ed. GedisaCOHEN, Esther, El silencio del nombre, Ed. AnthroposDIAZ DE VELASCO, Francisco, Hombres, ritos, dioses. Introducción a la historia de las religiones, Ed. TrottaDURKHEIM, Emilio, Las formas elementales de la vida religiosa, Ed. AkalELIADE, Mircea, Lo sagrado y lo profano, Ed. GuadarramaFIERRO, Alfredo, Sobre religión, Ed. TaurusGOLDMANN, Lucien, El hombre y lo absoluto. El dios oculto, Ed. PenínsulaHOSTIE, Raymond, Del mito a la religión, Ed. Amorrortu

28

Page 29: fenómenos relixiosos

JAMES, E.O., Historia de las religiones, Alianza Ed.JAMES, E.O., La religión del hombre prehistórico, Ed. GuadarramaJAMES, William, Las variedades de la experiencia religiosa, Ed. PenínsulaMALINOWSKY, Bronislaw, Magia, ciencia, religión, Ed. ArielMORRIS, B., Introducción al estudio antropológico de la religión, Ed. PaidósPANIKER, R., Religión y religiones, Ed. GredosRICOEUR, Paul, Finitud y culpabilidad, Ed. TaurusTIBON, G., El ombligo, centro cósmico. Una contribución a la historia de las religiones, Ed. F.C.E.MARVIN HARRIS. Nuestra Especie, AlianzaBETTY R. SCHARF El Estudio Sociológico de la religión. Seix Barral GUSTAVO BUENO, El sentido de la vida , PentalfaRUDOLF OTTO, Lo santo, Alianza

29