Ferrolanos en Mathausen

Embed Size (px)

Citation preview

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    1/6

    Antonio Cendn Rodrguez o Caudillo.

    Naceu no concello de Ferrol o 6 de agosto de 1916. Era fillo de Jos Cendn Gabeiras (auxiliar dealmacns do Arsenal) e de Evangelina Rodrguez Prieto. Formaba parte dunha familia numerosa etia seis irmns maiores: Dolores, 10 anos; Manuel, 8 anos; Jos, 6 anos; Guillermo, 4 anos;

    Ricardo, 2 anos e Antonio, 1 ano. A sa nai tia s 26 anos cando deu a luz. Vivan no nmero 6 dara Soto. O historiador ferroln Eliseo Fernndez, experto no movemento libertario, considraomilitante de base da CNT.

    Cando os militares se sublevaron contra o goberno republicano, estaba destinado no cruceiroMiguel de Cervantes como marieiro. Case toda a informacin oral que temos sobre osacontecementos vividos por Antonio Cendn Rodrguez procede da sa viva Mara Perini. Nocruceiro Miguel de Cervantes coincidiu con Joaqun Daz Castieira. Eran moi amigos e os dousforon feridos nun ataque da aviacin italiana, compartindo hospital en Barcelona e mis tardecativerio no Stalag de Mauthausen. Despois estivo destinado nun buque de pequena tonelaxe enPort de la Selva, preto da fronteira francesa. Cando se derrubou a fronte republicana pasou a Franciae foi internado no campo de refuxiados de Argels-sur-Mer.

    En setembro de 1939 estalou a Segunda Guerra Mundial. Na alcalda desta localidade leron unpapel onde pedan voluntarios para alistarse nas Compaas de Traballadores Estranxeiros.Decidiron apuntarse e estiveron a construr fortificacins na lia Maginot. Cando Francia se rendeu,Antonio Cendn Rodrguez e outros mis pasaron a Suza para pedir asilo poltico, pero asautoridades entregronos s SS.

    O seu primeiro Stalag foi o XVII-B de Fallingbostel, a metade de camio entre Bremen eHamburgo. Al estivo seis meses ata que foi deportado a Mauthausen o 27 de Xaneiro de 1941, con

    nmero de matrcula 5.879, e foi liberado o 5 de maio de 1945. Era alcumado El Caudillo por naceren Ferrol.

    Fotografa area do Stalag de Fallingbostel.

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    2/6

    Outro ex-preso, chamado Fermn Arce, foi testemua dun asombroso feito que cambiou a sorte deAntonio Cendn. A escena est recollida na obra de Oscar Luengo Fernndez, La colina de lamuerte, e en resumo vn ser a seguinte.

    O 19 de marzo de 1942, ao regreso do traballo, Antonio Cendn Rodrguez foi separado dos demaise enviado fila dos que deban entrar nas cmaras de gas cicln co que as SS exterminaban os que

    tian un aspecto fsico moi deteriorado e eran considerados non aptos para render no traballo.Cando El Caudillo soubo o destino que lle esperaba botou a correr nun desesperado intento paraescapar. Foi alcanzado e derrubado rapidamente por unKapo, quen procedeu a levantar a maza paracastigalo cando, ante o asombro dos demais presos, quedou inmbil e tras intercambiar unhas

    palabras (que evidentemente non puideron escoitar), o Kapo levantou o ferroln e o puxo baixo asa proteccin.

    Fermn Arce nunca soubo o que falaron, pero relatou que o Kapo lle daba alimentacin extra e ElCaudillo recuperou rapidamente a sade. O 1 de maio de 1972, escribiu unha carta deagradecemento a Fermn Arce, polo cario con que narrou este episodio.

    Non obstante, a sa viva deunos unha versin diferente:

    Antonio estaba moi enfermo e xa non serva para traballar, polo que o levaron enfermara

    para matalo coa inxeccin de gasolina no corazn. Soou a camp da comida, atrasando o

    momento da sa execucin. Entn, os compaeiros dixronlle que escapase e se escondese,

    que eles falaran para salvalo. Deberon de chegar a algn acordo, porque non o mataron e

    un amigo seu que traballaba na enfermara lle subministraba a medicacin e os coidados

    para que recuperase a sade, de maneira que puido reincorporarse ao traballo.

    Esta versin menos asombrosa, pero mais entraable, porque demostra a solidariedade que habaentre os presos espaois. O cambio de fortuna de Antonio Cendn Rodrguez foi total. Mesmoentrou no equipo de ftbol dos espaois. Mara Perini explcanos o que lle contou o seu marido:

    Os espaois fixeron unha pelota de ftbol con papel e na hora de paseo que lles daban no

    patio, puxronse a xogar. Os SS que os vixiaban dende as torres non lles dixeron nada,

    senn que os retaron a xogar contra eles. Xogaron un partido e os espaois gaaron. Os SS

    enfadronse moito por perder pero non os mataron.

    Ao comezo da mia investigacin, cra que era un dos nove superviventes do grupo de vinte e seispresos espaois que en 1941 sufriron experimentos mdicos perpetrados polo tristemente famosomdico das SS Aribert Heim, alcumado "Doutor Morte". Os republicanos espaois alcumbano "O

    banderilleiro". Utilizou centos de presos como cobaias e sabemos polo libro de operacins deMauthausen, que se conservou, que practicou 26 intervencins a presos espaois, dos calessobreviviron Antonio Cendn Rodrguez (Ferrol), Manuel Fernndez Martnez (Madrid), ManuelFernndez Canga (Mieres), Jos Abad Segura, Olegario Serrano Calero, Manuel Elena Hernndez,Juan Farr Rebola (Barcelona), Antonio Roig Llivi (Barcelona) e Joaqun Velilla Celma (Torre deVilella - Teruel). Ariber Heim viviu na posguerra tranquilamente en Alemaa, exercendo comoxineclogo e pediatra ata 1962 e logo escapou a Exipto ao sentirse inseguro, morrendo en agosto de1992 por causas naturais.

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    3/6

    Aribert Heim.

    Cando o comisario alemn Aedtner abriu nos anos sesenta unha investigacin para deter a AribertHein, solicitou localizar estas nove persoas. A informacin aparecida en El Pas indicaba que os tres

    primeiros residan en Alemaa, os tres seguintes en Francia e os outros tres en Espaa. Outro ex-

    preso interrogado, Enrique Ruiz Torres, de Orihuela e residente na cidade austraca de Bregenzdeclarou que este mdico salvoume a vida. Non todas as operacins eran para experimentar. En1976, de acordo con informacin aparecida no diario El Pas, a fiscala alem solicitou sautoridades espaolas que localizaran a Antonio Cendn Rodrguez para que puidese declarar, perodescoecemos se o fixeron. Porn, a sa viva quedou sorprendida ao coecer esta informacin:

    Non sei nada desa operacin. Antonio nunca me contou nada diso. As nicas feridas que

    tia no seu corpo eran as da guerra civil espaola, cando o seu barco foi bombardeado

    pola aviacin italiana e pasou cinco das nun hospital de Barcelona.

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    4/6

    Antonio Cendn Rodrguez, de p, segundo pola dereita e sinalado por un garabato. Era titular no

    equipo de ftbol de Longwy, da primeira divisin francesa.

    Talvez se tratase dalgunha operacin intranscendente para curar algunha lesin deportiva. Unha fotopublicada no libro Los cerdos del comandante, escrito por Mariano Constante e Eduard PonsPrados, retrata os espaois antes de iniciar un partido. A foto tomouse aos poucos das da liberacine mostra a Antonio Cendn Rodrguez cun aspecto saudable. posible que fose un deportistasuficientemente importante como para serprominentem como o seu vecio Marcelino Pardal Pouso(Xelo), que est detrs sa. A diferenza de Xelo, non hai constancia documental de que AntonioCendn Rodrguez fose futbolista en Espaa e tampouco aparece o seu nome nas crnicasdeportivas ferrols durante a Repblica. Non obstante, Mara Perini sorprendeunos novamentecontndonos que Antonio, no ano 1947, foi a Longwy-Haut porque o ficharon para xogar no equipode ftbol, onde o fixo durante moitos anos na primeira divisin de Francia.

    O ftbol en Francia era naqueles anos o terceiro deporte nacional francs despois do rugby e do

    ciclismo, e a sa liga non era tan potente como na actualidade, nin era unha liga profesional. EnLongwy-Haut, Antonio gaaba a vida traballando nun taller. bastante probable que elixise estalocalidade conscientemente, porque estaban instalados nela algns dirixentes da CNT desde 1939 eas poda sentirse mis arroupado. O lder mis importante do anarquismo francs, Jules Sellenet,combatera na Columna Durruti durante a Guerra Civil.

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    5/6

    Antonio Cendn en 1953. dereita, coa sa muller, Mara Perini, en 1961.

    A sa viva contounos que en Francia falaba da CNT con algns compaeiros, pero non participabaa outros niveis. O goberno francs condecorouno coa Medalla do Deber xa que durante 25 anos erao portaestandarte dos espaois deportados nos actos que se celebraban en Pars.

    A Guerra Civil separouno do resto dos seus irmns, que combateron nas filas do exrcito franquista.O seu irmn Guillermo formaba parte da tripulacin do acoirazado Espaa como cabo demarieira. A sa tripulacin mantvose fiel Repblica pero non poda facerse ao mar e cando osgolpistas dominaron Ferrol, fusilaron corenta tripulantes e encarceraron o resto. Guillermo pasoudezaoito das no buque prisin Plus Ultra, que estaba ancorado na metade da ra de Ferrol. Despois,foi posto en liberdade e continuou con xito a sa carreira profesional na flota franquista. Chegou aser contramestre de cargo do Sector Naval e Comandancia de Maria de Barcelona e foi nomeado o18 de maio de 1968 instrutor de Tecnoloxa Naval da Escola Nutica de Barcelona. O 13 de marzode 1971 recibiu a Cruz ao Mrito Naval en Barcelona e a prensa di que estaba tan emocionado quenon puido pronunciar palabra ningunha.

    Finalmente, segundo a viva de Antonio Cendn, houbo reconciliacin:

    Antonio fixo as paces coa sa familia. Como el non poda entrar en Espaa con Franco

    vivo, foi o seu irmn Guillermo quen veu visitarnos a Francia e puidmonos ver en Pars.

    Eu si poda entrar en Espaa e fxeno acompaada polos seus familiares. Despois de

    morrer Franco, xa puido entrar en Espaa e visitaba os seus familiares con normalidade.

    Veraneabamos en Torremolinos, e tamn iamos en Nadal. Visitabamos tamn o seu irmn

    Jos que estaba na Comandancia Naval de Algeciras. A Ferrol fomos en das ocasins

    acompaados por un amigo que tamn estivera en Mauthausen. Chambase Julio

    Mesoneros e era dun pobo chamado Casares.

  • 7/31/2019 Ferrolanos en Mathausen

    6/6

    Efectivamente, Casares unha localidade das Hurdes, na provincia de Cceres, pero ao poernos encontacto co seu alcalde, informounos por correo electrnico que no padrn municipal xa nonquedaban vecios con ese apelido.

    Un sobrio residente en Barcelona, Ricardo Cendn Blanco, explcanos como se produciu ocontacto:

    - O meu to Antonio era coecido como O Toln e perdraselle totalmente a pista. Foi o nico da

    familia que loitou no bando republicano. Ningun saba que estivera en Mauthausen, nin sequera

    se saba que estaba vivo. Un da, a mia nai viu no xornal La Vanguardia, unha foto dun acto

    poltico que se celebrara en Londres e creu recoecer o meu to. Decidiu pedir informacin Cruz

    Vermella. Curiosamente, meu to nunca estivo en Londres, pero recibimos resposta e soubemos que

    estaba vivo e estivera preso en Mauthausen. Non veu a Espaa mentres Franco viviu, pero a sa

    muller si. Debeu de ser cara ao ano 1966, porque eu lle ensinei a cidade.

    Efectivamente, parece que as diferenzas polticas tan acentuadas non foron un problema paramanter relacins.

    - O meu irmn Antonio, xa falecido, naceu en 1940 e levouo nome na sa honra pois os meus pais

    pensaban que falecera. Fixo unhas practicas durante os seus estudos en Metz. Elixiu esta cidade

    por estar prxima a Longwy, e pasaba as fins de semana na casa do noso to. O fillo do seu irmn

    Guillermo, do mesmo nome, estudou enxeara en Nancy e durante certos perodos de tempo viviu

    na casa do seu to, casando coa filla duns amigos de Longwy.