4
Tarde de Fiadeiro VIDE 29 de maio 2011 Historia de Farruco o ghaiteiro Recollida aos irmáns Gil de Vilar de Cabeiras. Arbo BIBLIOTECA A2. UITARIA DE VIDE

Fiadeiro Vide 2011

Embed Size (px)

DESCRIPTION

cantiga recollida aos irmáns Gil

Citation preview

Page 1: Fiadeiro Vide 2011

Tarde de Fiadeiro VIDE

29 de maio 2011

Historia de Farruco o ghaiteiro Recollida aos irmáns Gil de Vilar de Cabeiras. Arbo

BIBLIOTECA A2. U�ITARIA DE VIDE

Page 2: Fiadeiro Vide 2011

Maruxiña miña nena Hoxe véñote pedir Tanto ben como che quero Soio estou pensando en ti Pois se ti me queres ben Tranquila podes estar Si é que teu pai nos deixa Pronto nos vamos casar

Do meu pai non é a culpa É pior a miña nai Que dixo que me mataba Antes de deixarme casar Pois si túa nai non quere Facemos desta maneira Casamos como os paxaros Por detrás da silvareira.

Miña nai por aí ven Por aí ven metelo ghando Pídelle con moito xeito Que ten un xenio danado Boas tardes miña sogra Véñolle pedir a filla

Si ma da séntome un pouco Si non márchome ensegui-da

A miña filla ghaiteiro E moi nova para casar Aínda ten corenta anos E ti pódesma estragar. Valgame dios de los cielos O que dice a miña sogra Si a filla dela é nova Xa non ten dentes nin mo-las

A túa ghaita ghaiteiro Traeme a miña filla tola Xa non come xa non bebe Si non pensando na boda

Pois pra deixala tanquila Ten que ma deixar casar Que despois de estar casa-da Ghaita non lle há de faltar.

Page 3: Fiadeiro Vide 2011

E dalí a pouco tempo Arreghlaron os papeles E dalí a pouco tempo Casaronse moi contentes.

E o sair da igrexia Díxolle a pobre rapaza Farruco si non recelas Ensiname a túa ghaita.

Estate calada rapaza Que a teño aquí ghardada Xa verás a media noite Ha tocala foliada.

Ao chegar a media noite A rapaza non se olvidaba Botoulle a vista ao punteiro E dixo que lle ghustaba.

Despedironse de todos E tamén do señor cura E marcharon pra estación Dacabalo dunha burra.

E así se acaba la historia Daquel fámoso ghaiteiro Que pra casar coa Maruxa Tocoulle a ghaita primeiro.

Pandereteiras de Vide

Vide, 29 de maio de 2011

Page 4: Fiadeiro Vide 2011

EDITORIAL Unitariadevide

Biblioteca A2. Maio 2011.

Vide