2
ALUMNO/A………………………………………………………………………………… FICHA ASISTENCIA CONCERTO DIDÁCTICO Martes 4 novembro 2014. Pavillón polideportivo de Monfero O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións. 1.- Reflexiona sobre o significado do título do concerto.

Ficha asistencia concerto didáctico martes 4 nov 2014

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Ficha asistencia concerto didáctico martes 4 nov 2014

ALUMNO/A…………………………………………………………………………………

FICHA ASISTENCIA CONCERTO DIDÁCTICO

Martes 4 novembro 2014. Pavillón polideportivo de Monfero

O pasado martes 4 de novembro o cantante Pablo Balseiro, acompañado pola súa banda, visitou o CPI Virxe da Cela para ofrecer un divertido concerto, titulado Per-Versións. Durante hora e media dedicaron ao seu público de ESO unha morea de versións de diferentes temas que habitan na nosa cultura popular, desde pasodobres, rumbas e outros ritmos de orquestra, versións de famosas cancións da década dos oitenta e os noventa, e tamén algunha incursión na música máis actual. Aínda que os rapaces e rapazas animaban timidamente con palmas desde os seus asentos, os músicos deixaron a pel no escenario, baténdose en duelo constante coas pésimas condicións acústicas do pavillón polideportivo, os ruídos de maquinaria dos operarios que nese momento realizaban tarefas de restauración do edificio e incluso a forte treboada con intensa choiva que se escoitou ao final do concerto, rebotando e retumbando na uralita do tellado!!! A nota divertida e de cor a puxeron un grupo de rapazas de 2º da ESO, que pediron a famosa canción da Macarena e saíron a bailar á pista. Posteriormente tamén realizaron un tren chu-chu que se desprazou polo espazo ao ritmo das cancións. 

1.- Reflexiona sobre o significado do título do concerto.

2.- Realiza unha lista cos títulos dos temas que lembres.

3.- Describe detalladamente cada un dos instrumentos musicais que se empregaron no concerto e clasifícaos segundo a familia musical que pertenzan.

4.- Un dos ritmos máis utilizados neste concerto foi a rumba. Fai un pequeno traballo de investigación sobre este ritmo musical.

5.- Fai unha crónica de entre 10-20 liñas de este evento musical celebrado no noso centro.

6.- Realiza unha entrevista ficticia a Pablo Balseiro.

Page 2: Ficha asistencia concerto didáctico martes 4 nov 2014