Upload
aurora-gay
View
218
Download
3
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Folleto con información sobre as actividades do Centro, horarios e tarifas de comedor, reunións con pais/nais, servizos e actividades ofertadas polo Centro e calendario...
Citation preview
INFORMACIÓN
COMEDOR
Funcionará desde o 11 de setembro de 2013 ata o 20 de xuño de 2014,
das 14.40 ás 15.30 horas.
Aportacións :
Familias beneficiarias da totalidade da axuda:
Curso completo
Por un fillo/a ................................. 30,00 €
Por dous ou máis ........................... 50,00 €
Nos documentos de ingreso figurarán o nome e o curso do alumno/
a.
Conta para ingresar:
C.E.I.P. “A PONTE” NCG Banco - (Rúa Montevideo, 6)
Conta: 2080 0163 86 3040056439
(Servizo previa solicitude)
As familias que non sexan beneficiarias da totalidade das boni-
ficacións aboaran a cantidade que lles corresponde segundo a
renda anual per cápita:
Renda entre 7.000,01 a 8.000,00 €..............1 € por día
Renda entre 8.000,01 a 9.000,00 €….....2,50 € por día
Renda igual ou superior a 9.000,01 €... ..4,50 € por día
Alumnado matriculado fóra de zona……..4,50 € por día
(Pagamento)
Nos cinco primeiros días do mes seguinte ao de prestación
do servizo, ás familias sen dereito á gratuidade recollerán
no centro os impresos para facer o pagamento en calque-
ra das entidades de depósito autorizadas pola Conselle-
ría de Facenda do 1 ao 20 de cada mes.Despois presen-
tarán no centro, nese mesmo mes, o xustificante de
“pagamento para a Administración”, debidamente
validado pola entidade bancaria onde se fixo o ingreso.
O non pagamento dun mes impedirá o uso do comedor
nos meses seguintes.
C.E.I.P. “A PONTE”
Paseo Álvaro Cunqueiro, s/n
27004 - Lugo
Teléfono e fax: 982 221 215
Correo: [email protected]
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipaponte
C.E.I.P. “A PONTE”
LUGO
E.D.L.G
Xornada lectiva en sesión única de mañá, das 09:40 ás 14:40 horas. Os autobuses do transporte escolar sairán despois do xan-tar, entre as 15:30 e as 15:40 horas. As actividades extraescolares desenvolveranse do 15 de outubro do 2013 ao 31 de maio do 2014, de luns a xoves, ambos os dous incluisive, das 15:30 ás 16:30 horas.
HORARIO
BIBLIOTECA
TITORÍAS
As entrevistas individuais coas familias, cando elas o solici-ten ou o profesorado as considere convenientes, realizaran-se os martes, das 15.30 ás 16.30 horas, previa cita co titor/a.
REUNIÓNS CON PAIS E NAIS
Estas reunións xerais e de carácter informativo celebraranse ás 15.30 horas nas aulas onde o alumnado recibe as clases e nas datas que se relacionan.
Infantil ................................ 23/09/2013 e 24/02/2014
1º ciclo de primaria ........... 24/09/2013 e 25/02/2014
2º ciclo de primaria ........... 25/09/2013 e 26/02/2014
3º ciclo de primaria ........... 26/09/2013 e 27/02/2014
Durante o horario lectivo para que o profesorado acuda
co seu grupo de alumnos/as e trate de fomentar o traba-
llo de investigación, a motivación lectora e a autoapren-
dizaxe.
Durante os recreos para préstamos ao alumnado, profe-
sorado, pais / nais e persoal non docente.
En horario extraescolar (luns, mércores e xoves), das
15.30 ás 16.30 horas, para toda a comunidade educati-
va. O alumnado poderá acceder á información nos dis-
tintos soportes documentais, realizar traballos de in-
vestigación ou tarefas de estudo e lectura.
AULAS ABALAR
O alumnado inmerso
no mundo das novas
tecnoloxias.
Achegándose
de forma crí-
tica a todo un
mundo de
posibilidades
informativas
e formativas.
ACTIVIDADES
Realizamos actividades de carácter cultural, deportivo e
de ocio que non supoñan saídas fóra do recinto.
Aquí incluímos as organizadas polo Concello, Depu-
tación, Coordinadora dos Equipos de Dinamización da
Lingua Galega, Servizo de Política Lingüística e outras
entidades: “Día da Ciencia en galego”, “O Breogán fo-
mentando o deporte”, “O Xadrez estimula as mentes”,
“Os beneficios e riscos de Internet”, “Prevención de
accidentes”, “Climatoloxía”, “Produción de curtas e li-
pdub”, “Adaptación de curtas para alumnos-as con TEA,
“Nós tamén creamos!”…
Actividades relacionadas coas festas do ciclo anual:
Samaín, Magosto, Nadal, Entroido, Maios…
CONMEMORACIÓNS Declaración Universal dos Dereitos Humanos, Día da
Constitución, Día do Estatuto de Autonomía, Día da Paz,
Semana da Prensa, Día Internacional da Muller Traballado-
ra, Día do Libro, Semana das Letras Galegas…
ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ANPA
Fútbol sala, karate e baloncesto.