Upload
others
View
1
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
2019/2020
PLAN ANUAL DE FOMENTO DA LECTURA
CEIP de Roxos
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
1
ÍNDICE
INTRODUCCIÓN Páx. 2
OBXECTIVOS XERAIS Páx. 2
INTERVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA Páx. 3
CONCRECIÓN DO PLAN ANUAL DE LECTURA Páx. 8
EDUCACIÓN INFANTIL Páx. 8
- Obxectivos.
- Tempos adicados á lectura.
- Libros de lectura.
- Biblioteca escolar.
EDUCACIÓN PRIMARIA Páx. 11
- Fomento da lectura.
- Fomento da escritura.
- Intervencións destinadas a ensinanza de estratexias de comprensión lectora.
- Formación de usuarios.
- Educación documental.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
2
INTRODUCCIÓN
Este documento recolle a programación de obxectivos e accións para o desenvolvemento do
proxecto lector do noso centro.
O obxectivo principal do noso Proxecto Lector é formar aos alumnos e alumnas como
lectores competentes e mellorar a lectura, a comprensión oral e escrita e a expresión oral e
escrita.
A finalidade arriba descrita podemos concretala nos seguintes obxectivos xerais
establecidos no Proxecto Lector deste centro aprobado polo claustro e consello escolar o 28
de Xuño de 2013.
OBXECTIVOS XERAIS
1. Potenciar a comprensión lectora como base de toda aprendizaxe, como axuda para
mellorar a comunicación oral e escrita, e como estímulo do espírito crítico, contribuíndo, en
definitiva, ao enriquecemento persoal do alumnado.
2. Integrar as actividades de comprensión lectora no contexto da clase e no traballo diario,
respondendo ás características e necesidades propias de cada materia.
3. Traballar a lectura comprensiva conxuntamente coa escritura e a expresión oral en todas
as áreas do currículo.
4.-Considerar a comprensión lectora como unha materia transversal que implica todas as
áreas, e que se pode traballar de diversos xeitos: en voz alta ou en silencio, co profesor ou
co alumno de protagonistas, en dramatizacións ou en recitais, individualmente ou con varias
voces, etc.
5. Deseñar actividades de comprensión lectora por ciclos e/ou niveis que teñan como marco
os principios do proxecto lector de centro, utilizando todo tipo de textos (literarios,
expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos) e de soportes (impresos ou electrónicos).
6.-Facilitar ao alumnado textos escritos que lles poidan servir como referentes á hora de
crear as súas propias producións escritas (descricións, narracións, diálogos, textos
expositivos, textos poéticos...).
7.-Prestar especial atención ao desenvolvemento da expresión oral, tanto nas actividades de
comprensión lectora, como na exposición das súas propias producións escritas,
dramatizacións, intervencións en conversas, debate....co obxectivo de iniciar/afianzar ao
alumnado nas normas que rexen a comunicación oral (escoitar, respectar, esperar,
interactuar), mellorar a fluidez verbal e vencer a timidez a expresarse en público.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
3
8.-Utilizar os recursos da biblioteca escolar que se irán actualizando cada curso segundo as
necesidades xurdidas, de xeito que a biblioteca sexa considerada coma o espazo central
da vida diaria do centro, tanto para o alumnado como para profesorado.
9.-Impulsar e/ou deseñar actividades de promoción lectora que contribúan a fomentar a
lectura como fonte de pracer.
10.- Implicar ás familias no desenvolvemento lector das súas fillas e fillos con
recomendacións por parte do centro.
11.- A biblioteca será o axente impulsor e dinamizador do Proxecto Integrado do Centro.
INTERVENCIÓNS DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA
HORA DE LER.
No CEIP de Roxos están establecidos 20 minutos diarios de lectura despois do recreo
independentemente do mestre/a ou especialista que imparta clase na cuarta sesión.
Cada titor/a dispón de 25 títulos que pode escoller da Biblioteca do Centro, renovables de
mes en mes. Trátase de préstamos para formar pequenas bibliotecas de aula. A partir deste
momento, a xestión das bibliotecas de aula pasan a ser responsabilidade do titor/a, que
debe asegurarse de cambiar os documentos por outros coa regularidade necesaria para
fomentar o interese e o hábito lector dos seu alumnado.
Todo isto non impedirá que os titores/as podan solicitar ao seu alumnado que traia fondos
persoais para engadir á biblioteca de aula.
Organización da hora de ler:
Cada titor/a organizará este tempo como mellor lle conveña, tendo en conta que deben ler
tanto en galego como en castelán. Como pauta proponse:
Lectura silenciosa e libre: Cada neno/a elixe a lectura que desexa de forma libre e le
en silencio autonomamente. ( É importante que o alumnado vexa facer o mesmo ao
profesorado).
Lectura en voz alta por parte do mestre/a: O mestre/a escolle a lectura e le en voz alta
para o seu alumnado aproveitando para servir de modelo lector correcto e traballar a
entoación e expresividade.
Lectura do alumnado en voz alta dun en un: para estimular a atención, expresividade
e fluidez lectora.
Lectura dramatizada: O alumnado le unha obra de teatro de forma colectiva
adxudicando a cada neno/a un personaxe.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
4
Lectura de producións propias elaboradas polo alumnado.
Lectura en grupiños de dous ou tres.
Presentación de libros: Un alumno/a ou dous, presentan aos seus compañeiros/as un
libro que xa leron e que lles gustou moito, explicando quen é o autor ou autora, quen
o ilustrou, por qué lles gustou, de que vai…e animando aos demais a lelo.
Lectura de prensa: O centro está incluído no programa Prensa Escola, polo que a Voz
de Galicia, un día á semana, envía un bo número de exemplares para o alumnado de
5º e 6º.
MOCHILAS VIAXEIRAS.
Como nos cursos anteriores, continuaremos desenvolvendo a actividade das Mochilas
Viaxeiras. O obxectivo das mochilas é fomentar e compartir a lectura en familia. En
definitiva, lograr que as familias aprendan a compartir os momentos de lectura cos seus fillos
e fillas.
O Equipo de Biblioteca elaborou os deseños dos materiais complementarios: logo, caderno
viaxeiro, follas explicativas, modelos de inventarios, etc.
Hai unha mochila viaxeira para cada aula que permanece no domicilio de cada alumno/a
durante unha semana. As quendas do alumnado son determinadas polos titores/as.
Os criterios de selección dos materiais que se inclúen en cada mochila son:
Literatura infantil en galego.
Literatura infantil en castelán.
Literatura infantil en inglés a partir do 3º nivel.
Un ou dous libros informativos axeitados a idade e intereses do alumnado.
Banda deseñada adecuada a cada nivel.
Libro de poesía en galego preferentemente, pero tamén en castelán.
Una revista infantil, tipo Caracola, Leo leo ou Reportero Doc.
Cada mochila inclúe un caderno viaxeiro no que as familias e os nenos e nenas
poden recoller as súas impresións sobre esta actividade.
Aínda que nos cursos anteriores se fixo desde a biblioteca, será cada titor/a, asesorado
polo Equipo de Biblioteca, quen se encargue de seleccionar os materiais da mochila da
súa aula,
de elaborar o inventario correspondente e comprobar que non se perde ningún documento.
Polo tanto, a xestión desta actividade é responsabilidade dos titores e titoras, aínda que
reciban asesoramento e axuda por parte da coordinadora da biblioteca.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
5
EMPRÉSTITO DE FONDOS DA BIBLIOTECA.
O empréstito de fondos será xestionado da seguinte maneira:
Na hora do recreo, xa que a biblioteca do centro permanece aberta sempre nese horario.
O alumnado que acude á biblioteca no recreo, pode levar un libro en préstamo durante
unha semana. Neste horario, será a coordinadora da biblioteca quen xestione o
empréstito.
Na hora semanal que cada titoría ten asignada: Aquí serán os titores/as, quen xestionen
os préstamos e devolucións.
No horario de tarde da biblioteca: Neste horario, serán os mestres/as de garda quen
xestione os préstamos.
EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS E DIFUSIÓN DOS FONDOS DA BIBLIOTECA.
Ao longo do curso organízanse exposicións de fondos con motivo dalgunhas festividades
anuais que se celebran no noso centro e tamén arredor dalgunhas temáticas que poidan ser
do interese do centro ao longo do curso.
O obxectivo é que se coñezan polo miúdo os fondos dos que dispoñemos e xerarlle ao
alumnado, intereses novos para que sintan novas curiosidades e accedan ás lecturas que
doutra forma, lles pasarían inadvertidas.
ELABORACIÓN DE GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS.
Outra estratexia de animación á lectura que seguiremos empregando é elaborar Guías de
Lectura que aconsellen libros de calidade por idades, para que as familias saiban que tipo de
literatura mercarlle aos seus fillos e fillas.
Nos procesos de elaboración teremos moi en conta os consellos ou a opinión do Equipo de
Dinamización da Lingua Galega, co fin de promocionar a lectura en galego.
VENDAVAIS DE CONTOS.
Esta actividade realízase na hora de ler e organízase desde a biblioteca. Cada titor/a
propón unha lectura ou conto que contará na súa aula. Será o alumnado quen escolla que
conto quere escoitar ese día. Polo tanto, os días que se realizan os vendavais, créase unha
gran expectativa entre o alumnado, e os grupos estarán mesturados, o que enriquece a
actividade.
Neste curso organizarase como mínimo un vendaval de contos en torno ao mes de febreiro.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
6
APADRIÑAMENTOS LECTORES.
Esta experiencia lévase poñendo en práctica durante os últimos cursos para conmemorar o
Día do Libro, e repetirémola novamente neste.
A fórmula básica consiste en que un neno ou nena acompaña na lectura a outro ou outra de
menor idade, léndolle, contándolle ou xestionando a lectura conxunta dun libro, nun tempo
en un lugar específico organizado pola biblioteca: nos patios, nas aulas, nos espazos
verdes, en pequenos currunchos…
Si ese día chovera, trasladarase a outro, xa que se trata tamén de crear un ambiente
especial, ao aire libre, ao que lle engadirá unha experiencia emocional e unha motivación
extra ao feito da lectura.
ENCONTROS CON AUTORES.
Intentarase realizar algún encontro con algún autor ou autora, de feito xa se está
xestionando desde a biblioteca esta posibilidade.
ENCONTROS CON ILUSTRADORES.
Neste punto, xa levamos varias experiencias no centro e é unha actividade moi ben recibida
polo alumnado. Seguiranse organizando sesións deste tipo na medida do posible.
SESIÓNS DE CONTACONTOS.
É habitual chegar a acordos ou contratar con algunha editorial, sesións de contacontos na
biblioteca, experiencia que normalmente é moi ben acollida polo alumnado, e que
intentaremos repetir neste curso novamente.
DÍA DAS LETRAS GALEGAS Todos os anos celébrase este día de diversas maneiras:
Actividades sobre a biografía do homenaxeado/a, investigación das súas obras, lecturas de
libros, poemas ou fragmentos...
Esta actividade faise, normalmente, xunto ao Equipo de Dinamización da Lingua.
DÍA DE ROSALÍA, 24 DE FEBREIRO.
Tamén, xunto co Equipo de Dinamización, se conmemora este día de diversos xeitos:
Exposición da obra de Rosalía.
Ilustracións de poemas da autora.
Lectura de poemas.
Investigación da súa biografía.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
7
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, (24 DE OUTUBRO).
Trátase de resaltar este día realizando algunha actividade desde a biblioteca, para motivar
ao alumnado a facer uso dela.
Aparte de todo a anterior, este curso haberá un proxecto a realizar no segundo trimestre, en
colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, chamado “PEDRA, PAPEL,
TESOIRA”, en torno ó xogo, no que participará todo o alumnado. Este proxecto será outra
fonte estupenda para o fomento da lectura e sobre todo para o aprendizaxe de búsqueda de
información, e dicir, de tratamento do libro de consulta, xa que haberá obradoiros de
investigación, búsqueda de información, lecturas, etc.
BIBLIOTECAS INCLUSIVAS
O programa de Bibliotecas Inclusivas pretende sensibilizar sobre a necesidade de avanzar
cara unha biblioteca que responda, realmente, ás necesidades de todo o alumnado do
centro e que enfronte os retos que presenta a diversidade. Trátase de potenciar a biblioteca
coma un espazo máis de inclusión dentro do centro educativo. Sendo imprescindible para
iso:
Repensar e redeseñar os espazos:
- Accesibles
- Practicables (que faciliten a circulación)
- Diversos: lectura informal, traballo individual e traballo en grupo, recuncho audiovisual
e informático para un uso autónomo, pero tamén creativos, multisensoriales,
manipulativos, libres de estímulos (“espazos de acougo”).
- Con mobiliario adecuado
- Con equipamento adaptado (pantallas, teclados adaptados, pulsadores, lupas,
tabletas, mesa táctil, etc.)
Contemplar na colección:
- Textos adaptados: letra grande, lingua de signos, pictogramas, braille, subtitulación,
audiodescrición, audiolibros, redactados con criterios de “lectura fácil”.
- Recursos en diferentes soportes e formatos.
- Xogos e material manipulativo.
- Material multisensorial
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
8
Ofrecer oportunidades para:
- Actividades significativas e adaptadas para todo o alumnado.
- Uso de ferramentas facilitadoras do acceso á información.
- Acceso igualitario a todo tipo de servizos (formación de persoas usuarias, préstamos,
actividades de lectura, escritura, obradoiros, clubs de lectura, lecturas compartidas e
outras).
- Enfoque participativo no deseño e realización das actividades.
Desenvolver unha actitude cara a diversidade: normalizadora, visibilizadora, sensibilizadora,
respectuosa e de trato igualitario; de axuda, apoio e comunicación adaptada, coñecedora
das diferentes necesidades.
Tamén se fará fincapé este curso no fomento da escritura, organizando actividades
destinadas a tal fin como:
Concursos de relatos en torno a algún tema: Samaín, 14 de febreiro…
Elaboración de producións propias.
Elaboración de poemas en torno á Semana da Poesía.
Elaboración de reportaxes xornalísticos…
CONCRECIÓN DO PLAN ANUAL DE LECTURA.
EDUCACIÓN INFANTIL.
Tendo en conta o carácter globalizador da Educación Infantil e a flexibilización dos horarios
nesta etapa acorde cos intereses, capacidades de atención e ritmos dos alumnos e alumnas
destas idades , O Equipo Docente de Educación Infantil concreta o Plan Lector do seguinte
xeito:
OBXECTIVOS:
• Promover no alumnado o interese pola lectura empregando diferentes formatos de
contos.
• Buscar que a lectura sexa para o/a alumno/a un elemento de desfrute persoal.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
9
TEMPOS ADICADOS Á LECTURA.
No Primeiro Nivel (3 anos) realizaranse:
• Lecturas de libros a través das imaxes a cargo dos propios alumnos que
autonomamente ou de xeito compartido coa profesora ou cos seus compañeiros
durante períodos de 10 minutos principalmente despois doutra actividade colectiva.
• Hora do Conto. Cada xornada despois do tempo no patio realizase a lectura dun
conto a cargo da profesora para que nun segundo momento o fagan os propios
alumnos.
• Carpeta Viaxeira. Unha vez á semana as nenas e os nenos deste nivel levarán un
libro da Biblioteca de Aula para ler no fogar e así implicar ás familias no
desenvolvemento dunha actitude favorable á lectura a través dos contos de gran
importancia emocional.
• Préstamo da Biblioteca do Centro. Desenvolverase durante o curso acompañados
da titora ou polas tardes acompañados dun adulto.
• As familias poderán participar de maneira voluntaria na lectura de contos nas aulas
relacionados cos proxectos traballados.
No Segundo Nivel (4 anos) realizaranse:
• Lectura de Textos Informativos a cargo da profesora durante a primeira sesión da
mañá sobre temas relacionados co Pequeno Proxecto posto en marcha . Estes textos
son aportados polos propios alumnos , pola profesora ou mediante préstamos da
Biblioteca do Centro.
• Lectura de Contos polos propios alumnos en pequenos grupos.
• Hora do Conto. Tanto na aula como na Biblioteca do Centro preferentemente
despois do tempo no patio ou cando xurde un centro de interese.
• Préstamo da Biblioteca do Centro. Desenvolverase durante o curso acompañados
da titora ou polas tardes acompañados dun adulto.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
10
• As familias poderán participar de maneira voluntaria na lectura de contos nas aulas
relacionados cos proxectos traballados.
No Terceiro Nivel (5 anos) realizaranse:
• Lectura de Frases con apoio de Pictogramas. Durante a primeira sesión da mañá.
• Lectura Individual. Empregando textos de Lectura Progresiva.
• Hora do Conto. Tanto na aula como na Biblioteca do Centro preferentemente
despois do tempo no patio ou cando xurde un centro de interese.
• Lectura Libre. Tanto de Textos Informativos relacionados cos Proxectos de Aula ou
Textos Literarios empregados como Recuncho de Actividade.
• Préstamo da Biblioteca do Centro. Desenvolverase durante o curso acompañados
da titora ou polas tardes acompañados dun adulto.
• As familias poderán participar de maneira voluntaria na lectura de contos nas aulas
relacionados cos proxectos traballados.
LIBROS DE LECTURA.
A continuación especificamos unha serie de textos que a modo orientativo poden servir de
referencia buscando o encontro cos intereses e motivacións de cada unha das idades pero
que non se corresponden en absoluto con “libros de lectura obrigatoria”.
•“Tres osos” Marisa Núñez. OQO Editora.
•“Corre, corre, cabaciña”. Eva Mejuto. OQO Editora.
• “Quieres ser mi amigo” ERIC CARLE. Ed. Kokinos.
•“El grillo silencioso”. ERIC CARLE. Ed. Kokinos.
•“Unha eiruga moi larpeira” ERIC CARLE. Ed. Kokinos.Kalandraka.
•“Queres xogar comigo”. ERIC CARLE. Ed. Kalandraka.
• “Rato Ron e Rata Tomasa”. Adapt. De MARISA NÚÑEZ.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
11
• “Moncho e a Mancha” Kalandraka Editora
•“Eu non fun” Kalandraka Editora
• “¿A qué sabe a lúa?” Miro. Kalandraka Editora
• “Coelliño Branco” Kalandraka Editora
•“Cocoricó”. MARISA NÚÑEZ. Ed. OQO.
•“A Merliña”. Ed.. Kalandraka“A Princesa do Caurel”. OQO Editora
•“O Gato lambón”. Ed.. Kalandraka.
•“Chibos Chibóns” O. GONZALEZ/ F. FERNANDEZ.
•“A casa da mosca chosca” Mejuto/Mora. Ed. Kalandraka
•“Gato Guille e os monstros” R.MARTINEZ. Ed. Kalandraka.
•“Los amigos de Elmer” David Mckee
•“Elmer y el tiempo” David Mckee
•“Los colores de Elmer” David Mckee
ACTIVIDADES FAVORECEDORAS DA COMPRENSION LECTORA.
•-Lectura Libre.
•-Escoita e comprensión de textos, poemas, contos, información, etc. En todo tipo de
soporte impreso ou electrónico
•-Dramatizacións.
•-Contacontos.
•-Taller de creación de contos.
•-Ordeacións das secuencias dun conto.
•-Anotación e Lectura de Títulos dos Contos.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
12
BIBLIOTECA ESCOLAR.
Lectura individual ou en pequeno grupo de obras escollidas polos propios nenos para
desenvolver así a familiarización e uso deste espacio como fonte de pracer e recursos.
Realizaranse préstamos semanais de libros para ler na casa coa familia.
O presente curso decidiuse traballar dende a biblioteca un proxecto común que
abranguerá a tódolos niveis e que se traballará durante o curso escolar.
Faise durante o curso un “Apadriñamento Lector” no que os nenos e nenas de Ed.
Primaria apadriñan a un neno/a de EI e saen ao patio para lerlles contos.
EDUCACIÓN PRIMARIA.
O alumnado do 1º e 2º nivel de primaria participará ao longo de todo o curso en aquelas
actividades que veñen recollidas no PLAN ANUAL DE LECTURA que forma parte da
Programación Xeral Anual do centro e que se elabora a partir da concreción do noso
PROXECTO LECTOR DE CENTRO.
FOMENTO DA LECTURA.
O alumnado participará na HORA DE LER: 20 minutos de lectura diaria despois do recreo.
Na Hora de Ler organizamos tempo arredor do seguinte tipo de actividades:
- Lectura silenciosa e libre
- Lectura compartida e guiada polo mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte do mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte dun alumno ou alumna.
- Lectura dramatizada
- Hora do conto
- Presentación de libros
- Contamos aos demais
Cada aula contará ademais cunha pequena biblioteca de aula para facilitar a Hora de
Ler. Esta biblioteca estará dotada de documentos que inclúen narrativa, poesía, teatro,
cómic, texto informativo,… Trátase de préstamos da biblioteca do centro ás bibliotecas de
aula. A partir deste momento, a xestión das bibliotecas de aula pasan a ser responsabilidade
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
13
do titor/a, que debe asegurarse de cambiar os documentos por outros coa regularidade
necesaria para fomentar o interese e o hábito lector do alumnado.
Participaremos na actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS: cada semana un neno/a leva a
mochila para a súa casa e disfruta dos materiais que selecciona o Equipo de Biblioteca, en
compañía da súa familia. O obxectivo das mochilas é fomentar a lectura en familia. En
definitiva, lograr que as familias aprendan a compartir os momentos de lectura cos seus
fillos. O lema é “Se ti les, eles len”.
Os criterios para a selección dos materiais que as titorías incluirán en cada mochila serán os
seguintes:
- Literatura infantil para o rapaz seleccionado en función dos seus intereses e gustos.
- Revista infantil axeitada á idade.
- Libros informativos axeitados á idade e intereses do alumnado.
Cada mochila inclúe un caderno viaxeiro no que as familias e os rapaces e rapazas poderán
recoller as súas impresións sobre esta actividade.
O/a titor/a poderá seleccionar os materiais da mochila da súa aula se así o desexa e será o
encargado de modificar o inventario correspondente e comprobar que non se perde ningún
documento. Polo tanto, a xestión desta actividade é responsabilidade dos titores ou titoras,
aínda que recibirán asesoramento do Equipo de Biblioteca.
O alumnado achegarase e disfrutará das EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS DE FONDOS
ORGANIZADAS DENDE A BIBLIOTECA. O obxectivo é que os rapaces coñezan polo miúdo
os fondos dos que dispoñemos e xerarlles intereses novos para que sintan novas
curiosidades e accedan a lecturas que por si mesmos, ao mellor, non descubrían.
Tamén sacaremos proveito das GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS
elaboradas pola biblioteca e fomentarase o aproveitamento das guías por parte das familias
para que realicen compras de materiais de lectura de calidade para os seus fillos. Estas
guías de lectura editadas polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de
Dinamización da Lingua galega fomentarán en todo momento a adquisición de literatura en
galego.
A biblioteca tamén dispón dun Blogue no que se inclúen páxinas web ou wikis con
recompilacións de recursos para mestres e alumnos sobre diferentes temáticas (Día do libro,
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
14
Magosto, Samaín, Dereitos dos nenos, Día da Constitución, O Apalpador, Día da Paz, Letras
Galegas, as campañas de animación do centro…)
O EMPRÉSTITO do centro será xestionado no horario do recreo. Neste horario serán os
alumnos quenes decidan de forma persoal se queren levar libros e cales escollerán. Pero o
empréstito tamén poderá ser xestionado polas/os titoras/es se así o desexan no horario
semanal que cada titoría ten reservado.
O alumnado destes niveis participará tamén noutras actividades organizadas desde a
biblioteca escolar dirixidas ao fomento da lectura como:
Contacontos dos pais e nais
Apadriñamentos lectores (realizarase no 3º trimestre).
Encontros con autores
Encontros con ilustradores
Sesións con contacontos
Sesións con monicreques
Teatro.
O alumnado destes niveis participará tamén nas actividades organizadas pola biblioteca
relacionadas coa temática dun pequeño Proxecto Integrado que realizaremos este ano
entorno aos xogos no patio que levará por título “PEDRA, PAPEL, TESOIRA”.
FOMENTO DA ESCRITURA.
Estes niveis participarán tamén en Actividades de Fomento da Escritura organizadas desde
a Biblioteca como:
- Concursos literarios: levarase a cabo un concurso de Relatos de medo coincidindo co
Samaín no 1º trimestre.
- Reportaxes xornalísticos.
- Redacción de contos: realizarase un “Vendaval de contos” no 2º trimestre.
- Conto viaxeiro.
- Elaboración de traballos en soportes diversos despois dun traballo de busca
documental.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
15
INTERVENCIÓNS DESTINADAS A ENSINANZA DE ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN
LECTORA:
Poñeremos en práctica as intervencións destinadas a Ensinanza de Extratexias de
Comprensión Lectora:
- ANTES DA LECTURA:
Motivar para a lectura
Identificar o obxectivo da lectura
Activar os coñecementos previos
Animar aos alumnos a que expoñan o que coñecen sobre o tema
Establecer predicións sobre o texto
Promover as preguntas dos alumnos sobre o texto
- DURANTE A LECTURA:
Primeira lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura
expresiva ou unha lectura exemplificadora por parte do mestre.
Lectura compartida a través da cal o mestre amosa como constrúe as súas propias
predicións, como as verifica, en que puntos do texto se detén máis para unha cousa
ou outra…
Trala lectura, o mestre conducirá aos alumnos a través de catro estratexias básicas:
Primeiro, encárgase de facer un resumo do libro e solicita o acordo
dos rapaces.
Pode despois pedir aclaracións ou explicacións sobre determinadas
dúbidas que plantexa o tema.
Máis tarde, formula aos nenos unha ou algunhas preguntas cuxa
resposta fai necesaria a lectura.
Tras esta actividade, establece as súas predicións sobre o que
queda por ler, reiniciándose deste modo o ciclo (ler, resumir, solicitar
aclaracións, predicir), esta vez a cargo doutro “responsable” o
moderador
Lectura independente, na cal o lector impón o seu propio ritmo e “trata” o texto
para o seu fin. Será a maneira de comprobar a funcionalidade das estratexias
traballadas ata o momento. Para isto o mestre preparará textos co propósito de
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
16
que practiquen pola súa conta algunhas estratexias que puideran ser obxecto das
tarefas de lectura compartida, con toda a clase, ou en pequenos grupos o parellas,
como os seguintes:
Textos con erros para identificar
Textos con lagoas para completar
Textos con frases pirata
Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos criterios.
Pedir aos alumnos que subliñen as palabras descoñecidas dun texto e que
borren, logo dunha segunda lectura, as que puideron interpretar.
- DESPOIS DA LECTURA:
A idea principal
Elaboración de resumos
Formulación e resposta de preguntas
Actividades que fomenten a creatividade e o pensamento diverxente: traballar con
textos que formulen un problema e que os alumnos teñan que propoñer diferentes
solucións.
Actividades que formen lectores críticos: traballar con textos que expoñan
problemáticas sociais ante os cales os alumnos teñan que ofrecer a súa opinión
persoal.
Actividades que desenvolven a afectividade: traballar con textos que expoñan
situacións nas que os rapaces teñan que poñerse “en lugar de” é dicir, que traballen a
empatía.
FORMACIÓN DE USUARIOS.
Neste punto, o noso obxectivo xeral será:
Formar usuarios autónomos capaces de recoñecer as súas necesidades de
información e atendelas por si mesmos, mediante o emprego de acertadas estratexias de
busca e o manexo eficiente dos diferentes recursos bibliográficos e servizos que posúe a
biblioteca.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
17
Os OBXECTIVOS que traballaremos en concreto no 1º e 2º nivel de Primaria son os que
seguen:
Entender a biblioteca como centro de recursos do colexio e como servizo para toda a
comunidade
- Coñecer o espazo da biblioteca e as distintas seccións.
- Coñecer as funcións da biblioteca e os seus servizos: consulta, sala de lectura,
préstamo...
- Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.
Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha biblioteca
- Respectar as normas establecidas na biblioteca.
- Respecta e coidar os materiais.
- Coñecer as normas de utilización da sala de lectura, onde colocar os libros que se len
(utilización dos “marcaposicións”)
Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio
- Diferenciar entre documentos de información e de ficción. Observar o diferente
tratamento temático nuns e outros.
- Coñecer o lugar no que están ubicados dentro da biblioteca os fondos de consulta
e os de ficción.
Buscar e localizar información dentro da biblioteca
- Localizar na biblioteca do centro os libros para Prelectores (baldas azuis), Primeiros
Lectores (baldas azuis) e Lectores Autónomos (baldas verdes) e coñecer o seu sistema de
organización.
- Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección
empregando a margarida da CDU e baseándonos nas súas cores e pictogramas.
- Colocar correctamente os libros nos estantes
- Coñecer a existencia de catálogos e a súa función.
- Coñecer o concepto de sinatura como sistema para localizar documentos.
Coñecer e utilizar axeitadamente os documentos
- Recoñecer as partes físicas dun libro: cuberta, lombo, portada e contraportada
- Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título, editorial,
ilustrador
- Diferenciar as funcións de autor e ilustrador.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
18
- Establecer relacións entre as imaxes e a información entender: as imaxes como
fontes de información.
No marco da Formación de Usuarios tamén nos gustaría facer unha visita didáctica á
Biblioteca Anxel Casal de Santiago para realizar actividades entorno a esta temática e co
obxectivo de que os nosos alumnos saiban moverse con autonomía nunha biblioteca
pública.
EDUCACIÓN DOCUMENTAL (Educación para o acceso á información).
“Alfabetización en información é a capacidade de comprender xunto co conxunto de
habilidades que capacitan aos individuos para recoñecer cando se necesita información e
posuír a capacidade de localizar, organizar, avaliar e utilizar con eficacia e ética a
información requirida”.
Para desenvolver esta capacidade traballaremos unha serie de habilidades básicas ao longo
de toda a Primaria:
Saber identificar as necesidades de información.
Saber que tipo de fontes de información, que tipo de documento ou recurso contén
previsiblemente os datos que se precisan.
Saber chegar a esa fonte de información, ser usuario eficaz dunha biblioteca real ou
virtual e dos diferentes tipos de documentos que nela se poden atopar.
Coñecer a forma en que están relacionados os diferentes medios de comunicación e
fontes de información posibles.
Obter con eficacia e no menor tempo posible os datos que se precisan, asociando o
que se sabe cos novos datos, para obter unha información máis completa, máis significativa.
Facer unha lectura comprensiva dos textos en función do obxectivos e as finalidades.
Reelaborar esa información obtida e empregala para cubrir a necesidade que se
presenta.
A Educación Documental implica un cambio na metodoloxía de ensinanza. Obríganos entón
desenvolver pequenos proxectos de traballo ou de investigación..
No presente curso, todo o centro participará nun pequeno proxecto documental en torno á
temática dos Ilustradores Galegos de Literatura Infantil e Xuvenil. Trátase dun proxecto
interdisciplinar no que se inclúen actividades de fomento da lectura, busca documental e
traballo curricular.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
19
Este proxecto implicará:
Coñecer as distintas linguaxes e soportes de información (textual, numérico,
icónico, visual, gráfico e sonoro)
Coñecer as distintas fontes de información e o seu manexo
Seleccionar a fonte e o soporte de información axeitados ao tema que estou
investigando
Empregar para a selección da información recollida criterios claros de veracidade,
fiabilidade, obxectividade, legalidade e moralidade.
Clasificar, organizar e almacenar a información seleccionada en función dos
diferentes apartados dun proxecto de traballo.
Reflexionar sobre a información recollida
Redactar o proxecto de traballo baseándose na información recollida respectando
as normas básicas de redacción e presentación dun proxecto documental
Citar as fontes de información respectando sempre os dereitos de autor. (Ética)
Revisar o traballo para realizar posibles correccións e decidir o soporte (en papel o
en dixital) no que será editado.
Expoñer ao público o resultado dun proxecto documental rematado
O alumnado do 3º e 4º niveis participará ao longo de todo o curso en aquelas actividades
que veñen recollidas no PLAN ANUAL DE LECTURA que forma parte da Programación
Xeral Anual do centro e que se elabora a partir da concreción do PROXECTO LECTOR DE
CENTRO.
FOMENTO DA LECTURA.
O alumnado destes cursos participará na HORA DE LER: 20 minutos de lectura diaria
despois do recreo. Na Hora de Ler organizamos tempo arredor do seguinte tipo de
actividades:
- Lectura Silenciosa e Libre.
- Lectura Compartida e Guiada polo mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte do mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte dun alumno ou alumna.
- Lectura dramatizada
- Presentación de libros
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
20
- Contamos aos demais, expoñemos traballos de investigación
- Lectura da Prensa
- Escritura no caderno de Lermiño
Cada aula contará cunha pequena biblioteca de aula para facilitar a Hora de Ler. Esta
biblioteca estará dotada de documentos que inclúen narrativa, poesía, teatro, cómic, texto
informativo,… Trátase de préstamos da biblioteca do centro ás bibliotecas de aula. A partir
deste momento, a xestión das bibliotecas de aula pasan a ser responsabilidade do titor ou
titora, que debe asegurarse de cambiar os documentos por outros coa regularidade
necesaria para fomentar o interese e o hábito lector do seu alumnado.
Participaremos na actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS: cada semana un neno/a leva a
mochila para a súa casa e goza coa súa familia dos materiais que selecciona a titora co
asesoramento do Equipo de Biblioteca. O obxectivo das mochilas é fomentar a lectura en
familia. En definitiva, lograr que as familias aprendan a compartir os momentos de lectura
cos seus fillos. O lema é “Se ti les, eles len”.
Os criterios para a selección dos materiais que as titorías incluirán en cada mochila serán os
seguintes:
- Literatura infantil para o rapaz/a seleccionado en función dos seus intereses e gustos.
- Revista infantil axeitada á idade.
- Libros informativos axeitados á idade e intereses do alumnado.
Cada mochila inclúe un caderno viaxeiro no que as familias e os rapaces e rapazas
poderán recoller as súas impresións sobre esta actividade.
O titor ou a titora poderá seleccionar os materiais da mochila da súa aula e modificar
inventario correspondente, así como comprobar que non se perde ningún documento. Polo
tanto, a xestión desta actividade é responsabilidade dos titores e das titoras, aínda que
recibirán asesoramento do Equipo de Biblioteca.
O alumnado de 3º e 4º achegarase e sacará proveito das EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS DE
FONDOS ORGANIZADAS DENDE A BIBLIOTECA. O obxectivo é que os rapaces/zas
coñezan polo miúdo os fondos dos que dispoñemos e xerarlles intereses novos para que
sintan outras curiosidades e accedan a lecturas que por si mesmos, ao mellor, non
descubrirían.
Tamén sacaremos proveito das GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS
elaboradas pola biblioteca e fomentarase o aproveitamento das guías por parte das familias
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
21
para que realicen compras de materiais de lectura de calidade para os seus fillos/as. Estas
guías de lectura editadas polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de
Dinamización da Lingua galega fomentarán en todo momento a adquisición de literatura en
galego.
O EMPRÉSTITO do centro será xestionado en diferentes momentos, aínda que serán os
alumnos/as quen decidan de forma persoal se queren levar libros e cales escollerán.
No horario do recreo da mañá.
No horario semanal que cada titoría ten reservado.
No horario no que permanece aberta a biblioteca escolar polas tardes: martes,
mércores, xoves e venres de 16:30 a 18:30
O alumnado de 3º e 4º participará tamén noutras actividades organizadas desde a biblioteca
escolar dirixidas ao fomento da lectura como:
- Apadriñamentos lectores
- Encontros con autores/as
- Encontros con ilustradores/as
- Sesións con contacontos
- Charlas de expertos en diferentes materias…
O alumnado deste ciclo participará tamén nas actividades organizadas polo Equipo de
Biblioteca en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega relacionadas coa
temática do PROXECTO INTEGRADO de centro. Este curso o proxecto estará dedicado aos
xogos e levará por título “PEDRA, PAPEL, TESOIRA”.
FOMENDO DA ESCRITURA.
O ciclo participará en Actividades de Fomento da Escritura organizadas desde a Biblioteca,
como:
- Concursos literarios
- Reportaxes xornalísticos
- Redacción de contos
- Conto viaxeiro
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
22
- Elaboración de pequenos traballos de investigación en soportes diversos, despois
da busca, recompilación e selección de información
- Redacción de resumos de libros e relatos de experiencias persoais
Farase especial fincapé na redacción en galego por ser a lingua en cuxa expresión ten máis
dificultades o alumnado.
INTERVENCIÓNS DESTINADAS Á ENSINANZA DE ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN
LECTORA.
Poñeremos en práctica as intervencións destinadas a Ensinanza de Extratexias de
Comprensión Lectora descritas no Plan Anual de Lectura incluído dentro da Programación
Xeral Anual.
- ANTES DA LECTURA:
Motivar para a lectura
Identificar o obxectivo da lectura
Activar os coñecementos previos
Animar aos alumnos/as a que expoñan o que coñecen sobre o tema
Establecer predicións sobre o texto
Promover as preguntas dos alumnos/as sobre o texto
- DURANTE A LECTURA
Primeira lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura expresiva
ou unha lectura exemplificadora por parte do mestre ou mestra.
Lectura compartida a través da cal o mestre ou mestra amosa como constrúe as súas
propias predicións, como as verifica, en que puntos do texto se detén máis para unha
cousa ou outra…
Trala lectura, o mestre/a conducirá os alumnos/as a través de catro estratexias básicas:
Aclaráranse as posibles dúbidas sobre a lectura: vocabulario e/ou comprensión
xeral.
Faise un resumo do lido, guiando aos nenos e nenas, priorizando a idea
principal e desbotando as secundarias.
Formúlase aos nenos/as unha ou algunhas preguntas cuxa resposta fai
necesaria a lectura.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
23
Establécense predicións sobre o que queda por ler, reiniciándose deste modo
o ciclo (ler, resumir, solicitar aclaracións, predicir)
- DESPOIS DA LECTURA
Búscase a idea principal
Elaboración de resumos
Formulación e resposta de preguntas
Actividades que fomenten a creatividade e o pensamento diverxente: traballar con
textos que formulen un problema e que os alumnos/as teñan que propoñer diferentes
solucións.
Actividades que formen lectores críticos: traballar con textos que expoñan
problemáticas sociais ante os cales os alumnos/as teñan que ofrecer a súa opinión
persoal.
Actividades que desenvolven a afectividade: traballar con textos que expoñan
situacións nas que os rapaces teñan que poñerse “en lugar de” é dicir, que traballen a
empatía.
FORMACIÓN DE USUARIOS.
Neste punto, o noso obxectivo xeral será:
Formar usuarios autónomos capaces de recoñecer as súas necesidades de
información e atendelas por si mesmos, mediante o emprego de estratexias de busca e o
manexo eficiente dos diferentes recursos bibliográficos e servizos que posúe a biblioteca.
Os OBXECTIVOS que traballaremos en concreto en 3º e 4º nivel son os que seguen:
Coñecer a función dunha biblioteca e utilizar axeitadamente os recursos que pode
proporcionar.
Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha
biblioteca.
Dominar o espazo da biblioteca e os seus distintos microespazos.
Coñecer e saber utilizar o servizo de préstamo.
Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio.
Distinguir un libro de información dun libro de ficción.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
24
Comprender e utilizar o sistema de clasificación e de organización da colección, a
C.D.U.
Coñecer o concepto de sinatura como sistema de localización dos documentos.
Localizar os documentos dentro dos estantes.
Coñecer a función dos distintos sistemas de busca da información e aplicalos.
Recoñecer algunhas partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada,
gardas e sobrecubertas.
Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título, ilustrador,
editorial, colección.
Manexar as fontes de información propias da súa idade e utilizalas correctamente:
dicionarios, enciclopedias.
Utilizar correctamente os instrumentos de recuperación da información: sumarios e
índices.
Coñecer os sistemas de presentación e organización gráfica da información:
imaxes/pés de páxina ou de fotos.
EDUCACIÓN DOCUMENTAL (Educación para o acceso á información).
“Alfabetización en información é a capacidade de comprender xunto co conxunto de
habilidades que capacitan aos individuos para recoñecer cando se necesita información e
posuír a capacidade de localizar, organizar, avaliar e utilizar con eficacia e ética a
información requirida”.
Para desenvolver esta capacidade traballaremos unha serie de habilidades básicas:
Saber identificar as necesidades de información.
Saber que tipo de fontes de información, que tipo de documento ou recurso contén
previsiblemente os datos que se precisan.
Saber chegar a esa fonte de información, ser usuario eficaz dunha biblioteca real ou
virtual e dos diferentes tipos de documentos que nela se poden atopar.
Coñecer a forma en que están relacionados os diferentes medios de comunicación e
fontes de información posibles.
Obter con eficacia e no menor tempo posible os datos que se precisan, asociando o
que se sabe cos novos datos, para obter unha información máis completa, máis
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
25
significativa. Facer unha lectura comprensiva dos textos en función dos obxectivos e
as finalidades.
Reelaborar esa información obtida e empregala para cubrir a necesidade que se
presenta.
A Educación Documental implica un cambio na metodoloxía de ensinanza. Obríganos entón
a traballar por proxectos. Por iso neste curso todo o centro participará nun Proxecto
Integrado en torno á temática dos xogos. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que se
inclúen actividades de fomento da lectura, busca documental e traballo curricular.
Este proxecto implicará:
Coñecer as distintas linguaxes e soportes de información (textual, numérico, icónico,
visual, gráfico e sonoro).
Coñecer as distintas fontes de información e o seu manexo.
Seleccionar a fonte e o soporte de información axeitados ao tema que se está
investigando.
Empregar para a selección da información recollida criterios claros de veracidade,
fiabilidade, obxectividade, legalidade e moralidade.
Clasificar, organizar e almacenar a información seleccionada en función dos
diferentes apartados dun proxecto de traballo.
Reflexionar sobre a información recollida.
Redactar o proxecto de traballo baseándose na información recollida respectando as
normas básicas de redacción e presentación dun proxecto documental.
Citar as fontes de información respectando sempre os dereitos de autor.
Revisar o traballo para realizar posibles correccións e decidir o soporte (en papel o en
dixital) no que será editado.
Expoñer ao público o resultado dun proxecto documental rematado.
O alumnado do 5º e 6º nivel participará ao longo de todo o curso en aquelas actividades que
veñen recollidas no PLAN ANUAL DE LECTURA que forma parte da Programación Xeral
Anual do centro e que se elabora a partir da concreción do noso PROXECTO LECTOR DE
CENTRO.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
26
FOMENTO DA LECTURA.
O alumnado de estes cursos participará na HORA DE LER: 20 minutos de lectura diaria
despois do recreo independentemente do mestre ou especialista que imparta clase na
terceira sesión. Na Hora de Ler organizamos tempo arredor do seguinte tipo de actividades:
- Lectura Silenciosa e Libre
- Lectura Compartida e Guiada polo mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte do mestre ou mestra.
- Lectura en voz alta por parte dun alumno ou alumna.
- Lectura dramatizada
- Presentación de libros
- Contamos aos demais
-Lectura da Prensa (Participamos no Programa Prensa Escuela da Voz de Galicia).
Cada aula contará ademais cunha pequena biblioteca de aula para facilitar a Hora de Ler.
Esta biblioteca estará dotada de documentos que inclúen narrativa, poesía, teatro, cómic,
texto informativo,… Trátase de préstamos da biblioteca do centro ás bibliotecas de aula. A
partir deste momento, a xestión das bibliotecas de aula pasan a ser responsabilidade do titor
ou titora, que debe asegurarse de cambiar os documentos por outros coa regularidade
necesaria para fomentar o interese e o hábito lector dos seus alumnos.
Participaremos na actividade das MOCHILAS VIAXEIRAS: cada semana un neno/a leva a
mochila para a súa casa e goza coa súa familia dos materiais que selecciona a titora co
asesoramento do Equipo de Biblioteca. O obxectivo das mochilas é fomentar a lectura en
familia. En definitiva, lograr que as familias aprendan a compartir os momentos de lectura
cos seus fillos. O lema é “Se ti les, eles len”.
Os criterios para a selección dos materiais que as titorías incluirán en cada mochila serán os
seguintes:
- Literatura infantil para o rapaz ou rapaza seleccionado en función dos seus intereses
e gustos.
- Revista infantil axeitada á idade.
- Libros informativos axeitados á idade e intereses do alumnado.
Cada mochila inclúe un caderno viaxeiro no que as familias e os rapaces e rapazas
poderán recoller as súas impresións sobre esta actividade.
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
27
O/A titor/a poderá seleccionar os materiais da mochila da súa aula e de modificar inventario
correspondente e comprobar que non se perde ningún documento. Polo tanto, a xestión
desta actividade é responsabilidade dos titores ou titoras, aínda que recibirán asesoramento
do Equipo de Biblioteca.
O alumnado de 5º e 6º achegarase e sacará proveito das EXPOSICIÓNS TEMÁTICAS DE
FONDOS ORGANIZADAS DENDE A BIBLIOTECA. O obxectivo é que os rapaces coñezan
polo miúdo os fondos dos que dispoñemos e xerarlles intereses novos para que sintan novas
curiosidades e accedan a lecturas que por si mesmos, ao mellor, non descubrían.
Tamén sacaremos proveito das GUÍAS CON RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS
elaboradas pola biblioteca e fomentarase o aproveitamento das guías por parte das familias
para que realicen compras de materiais de lectura de calidade para os seus fillos. Estas guías
de lectura editadas polo Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da
Lingua galega fomentarán en todo momento a adquisición de literatura en galego.
A biblioteca tamén dispón dun Blog no que se inclúen páxinas web ou wikis con
recompilacións de recursos para mestres e alumnos sobre diferentes temáticas (Día do Libro,
Magosto, Samaín, Dereitos dos nenos, Día da Constitución, O Apalpador, Día da Paz,
Violencia de Xénero, Día da Muller Traballadora (Igualdade de xénero)…do que está á
disposición da comunidade educativa.
O EMPRÉSTITO do centro será xestionado no horario do recreo da mañá. Neste horario
serán os alumnos quenes decidan de forma persoal se queren levar libros e cales
escollerán. Pero o empréstito tamén poderá ser xestionado polas titoras se así o desexan no
horario semanal que cada titoría ten reservado. Tamén se prestarán fondos os martes,
mércores, xoves e venres de 16:30 a 18:30 no horario no que permanece aberta a biblioteca
escolar polas tardes.
O alumnado de 6º curso pode ser colaborador voluntario da Biblioteca Escolar durante o
recreo e nas tarefas de empréstito e axudará a facer cumprir as normas de comportamento
da biblioteca.
O alumnado de 5º e 6º participará tamén noutras actividades organizadas desde a biblioteca
escolar dirixidas ao fomento da lectura como:
- Apadriñamentos lectores
- Encontros con autores
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
28
- Encontros con ilustradores
- Sesións con contacontos
- Charlas de expertos
O alumnado deste ciclo participará tamén nas actividades organizadas polo Equipo de
Biblioteca en coordinación co Equipo de Dinamización da Lingua Galega relacionadas coa
temática do PROXECTO INTEGRADO de este ano dedicada á os xogos e que levará por
título “PEDRA, PAPEL, TESOIRA”.
FOMENDO DA ESCRITURA.
O ciclo participará en Actividades de Fomento da Escritura organizadas desde a Biblioteca
como:
- Concursos literarios
- Reportaxes xornalísticos
- Redacción de contos: actividade “Vendaval de contos”
- Conto viaxeiro.
- Elaboración de traballos en soportes diversos despois dun traballo de busca
documental
Farase especial fincapé na redacción en galego por ser a lingua en cuxa expresión ten máis
dificultades o alumnado.
INTERVENCIÓNS DESTINADAS A ENSINANZA DE ESTRATEXIAS DE COMPRENSIÓN
LECTORA.
Poñeremos en práctica as intervencións destinadas a Ensinanza de Extratexias de
Comprensión Lectora
- ANTES DA LECTURA:
Motivar para a lectura
Identificar o obxectivo da lectura
Activar os coñecementos previos
Animar aos alumnos a que expoñan o que coñecen sobre o tema
Establecer predicións sobre o texto
Promover as preguntas dos alumnos sobre o texto
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
29
- DURANTE A LECTURA
Primeira lectura individual e silenciosa previa a calquera actividade de lectura expresiva
ou unha lectura exemplificadora por parte do mestre ou mestra.
Lectura compartida a través da cal o mestre ou mestra amosa como constrúe as súas
propias predicións, como as verifica, en que puntos do texto se detén máis para unha
cousa ou outra…
Trala lectura, o mestre conducirá aos alumnos a través de catro estratexias básicas:
Primeiro, encárgase de facer un resumo do libro e solicita o acordo dos
rapaces.
Pode despois pedir aclaracións ou explicacións sobre determinadas dúbidas
que plantexa o tema.
Máis tarde, formula aos nenos unha ou algunhas preguntas cuxa resposta fai
necesaria a lectura.
Tras esta actividade, establece as súas predicións sobre o que queda por ler,
reiniciándose deste modo o ciclo (ler, resumir, solicitar aclaracións, predicir),
esta vez a cargo doutro “responsable” o moderador
Lectura independente, na cal o lector impón o seu propio ritmo e “trata” o texto para o seu
fin. Será a maneira de comprobar a funcionalidade das estratexias traballadas ata o
momento. Para isto o mestre preparará textos co propósito de que practiquen pola súa
conta algunhas estratexias que puideran ser obxecto das tarefas de lectura compartida,
con toda a clase, ou en pequenos grupos o parellas, como os seguintes:
Textos con erros para identificar
Textos con lagoas para completar
Textos con frases pirata
Completar textos, engadir finais, reescritura segundo diversos criterios.
Pedir aos alumnos que subliñen as palabras descoñecidas dun texto e que borren, logo
dunha segunda lectura, as que puideron interpretar.
- DESPOIS DA LECTURA
A idea principal
Elaboración de resumos
Formulación e resposta de preguntas
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
30
Actividades que fomenten a creatividade e o pensamento diverxente: traballar con
textos que formulen un problema e que os alumnos teñan que propoñer diferentes
solucións.
Actividades que formen lectores críticos: traballar con textos que expoñan
problemáticas sociais ante os cales os alumnos teñan que ofrecer a súa opinión
persoal.
Actividades que desenvolven a afectividade: traballar con textos que expoñan
situacións nas que os rapaces teñan que poñerse “en lugar de” é dicir, que traballen a
empatía.
FORMACIÓN DE USUARIOS.
Neste punto, o noso obxectivo xeral será:
Formar usuarios autónomos capaces de recoñecer as súas necesidades de
información e atendelas por si mesmos, mediante o emprego de acertadas estratexias de
busca e o manexo eficiente dos diferentes recursos bibliográficos e servizos que posúe a
biblioteca.
Os OBXECTIVOS que traballaremos en concreto no 5º e 6º nivel son os que seguen:
Buscar información na biblioteca
- Coñecer o sistema de organización adoitado na nosa biblioteca para os fondos de
ficción: prelectores, primeiros lectores, lectores autónomos, lectores expertos,
lectores adultos.
- Coñecer o sistema de funcionamento e de organización da biblioteca: CDU e o
seu manexo.
- Localizar, seguindo a CDU, distintos materiais na biblioteca.
- Consultar o catálogo MEIGA de títulos, autores e materias.
- Buscar tódolos materiais existentes sobre un tema concreto na biblioteca.
Localizar a información nos documentos.
- Distinguir as obras de consulta ou de referencia do resto dos libros informativos.
- Coñecer os distintos tipos de obras de referencia ou consulta: distintos tipos de
dicionarios e enciclopedias, atlas, anuarios, biografías, obras informativas
periódicas (periódicos, revistas), obras audiovisuais (CD-Roms, DVDs)
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
31
- Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun libro
informativo:índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías, notas a pé de
páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios, introducións,
prólogos, etc...
- Coñecer as estratexias básicas de busca en internet: buscadores.
Coñecer e utilizar axeitadamente as distintas fontes de información.
- Avaliar a idoneidade da fonte de información en función do que se investiga.
- Contrastar a información obtida en distintas fontes.
- Desenvolver o sentido crítico ante a información.
Coñecer o proceso de fabricación dun libro e as súas partes.
Empregar autonomamente o sistema de empréstito da biblioteca.
Desenvolver o gusto pola lectura.
Respectar as normas de comportamento e de uso establecidas para a biblioteca.
No marco da Formación de Usuarios tamén poderíamos propoñer unha visita didáctica a
unha biblioteca pública de Santiago para realizar actividades de formación de usuarios co fin
de que os nosos alumnos saiban moverse con autonomía en calquera biblioteca pública.
EDUCACIÓN DOCUMENTAL (Educación para o acceso á información).
“Alfabetización en información é a capacidade de comprender xunto co conxunto de
habilidades que capacitan aos individuos para recoñecer cando se necesita información e
posuír a capacidade de localizar, organizar, avaliar e utilizar con eficacia e ética a
información requirida”.
Para desenvolver esta capacidade traballaremos unha serie de habilidades básicas:
Saber identificar as necesidades de información.
Saber que tipo de fontes de información, que tipo de documento ou recurso contén
previsiblemente os datos que se precisan.
Saber chegar a esa fonte de información, ser usuario eficaz dunha biblioteca real ou
virtual e dos diferentes tipos de documentos que nela se poden atopar.
Coñecer a forma en que están relacionados os diferentes medios de comunicación e
fontes de información posibles.
Obter con eficacia e no menor tempo posible os datos que se precisan, asociando o
que se sabe cos novos datos, para obter unha información máis completa, máis
Plan Anual de Fomento da lectura
15022590 CEIP de Roxos
Rúa da Barrosa, 74 Roxos Villestro (Santa María) 15896 Santiago de Compostela – A Coruña Tfno.: 8818 674 34 [email protected]
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiproxos/
32
significativa. Facer unha lectura comprensiva dos textos en función do obxectivos e as
finalidades.
Reelaborar esa información obtida e empregala para cubrir a necesidade que se
presenta.
A Educación Documental implica un cambio na metodoloxía de ensinanza. Obríganos entón
a traballar por proxectos por iso neste curso todo o centro participará nun Proxecto Integrado
en torno á temática dos xogos. Trátase dun proxecto interdisciplinar no que se inclúen
actividades de fomento da lectura, busca documental e traballo curricular.
Este proxecto implicará:
Coñecer as distintas linguaxes e soportes de información (textual, numérico, icónico,
visual, gráfico e sonoro)
Coñecer as distintas fontes de información e o seu manexo
Seleccionar a fonte e o soporte de información axeitados ao tema que estou
investigando
Empregar para a selección da información recollida criterios claros de veracidade,
fiabilidade, obxectividade, legalidade e moralidade.
Clasificar, organizar e almacenar a información seleccionada en función dos
diferentes apartados dun proxecto de traballo.
Reflexionar sobre a información recollida
Redactar o proxecto de traballo baseándose na información recollida respectando as
normas básicas de redacción e presentación dun proxecto documental
Citar as fontes de información respectando sempre os dereitos de autor. (Ética)
Revisar o traballo para realizar posibles correccións e decidir o soporte (en papel o en
dixital) no que será editado.
Expoñer ao público o resultado dun proxecto documental rematado
Colgar no blogue da biblioteca ou no blogue de aula o seu traballo.