Upload
others
View
0
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
A folga do sector público do 8 de
xuño foi seguida por seis de cada dez
persoas chamadas a participar. Este
Galicia SindicalNÚMERO 8 - XUÑO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
. . . .
Importante seguimento dafolga do sector públicon Galicia foi a segunda comunidade autónoma con maior participación na xornada reivindicativa
D I X I T A L
www.galicia.ccoo.es
Con motivo da folga, houbo manifestacións nas principais vilas e cidades do país
Logo de máis dunha semana de
folga, o persoal de Urbaser, empresa
que xestiona a recollida do lixo de San-
tiago de Compostela, logrou conside-
rables melloras na negociación do vin-
deiro convenio. Para iso resultou cru-
cial o papel de CCOO, que ten a maio-
ría no comité. / Páx. 8
NOTABLES MELLORAS PARA O PERSOAL DE URBASER
dato sitúa a Galicia como a segunda
comunidade autónoma con mellores
cifras de participación na xornada rei-
vindicativa. Ademais, preto de 15.000
persoas participaron nas diferentes
manifestacións./ Páxs. 2-5
GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
2
www.galicia.ccoo.es
Máis do 60% do persoal do sector
público secundou a folga en Gali-
cia. O seguimento máis numeroso
foi na Administración local, cun
67,75%. No resto de servizos pú-
blicos, o 62,75% do persoal da Ad-
ministración do Estado apoiou a
convocatoria, o 61% na sanidade,
o 60,5% na Xunta de Galicia, 59,75
en Correos e 51,25% no ensino.
Manifestacións
Ademais da folga, CCOO convo-
cou manifestacións e concentra-
cións en toda Galicia, actos nos que
participaron preto de 15.000 per-
soas. A manifestación máis multi-
tudinaria foi na Coruña, con
4.500 participantes. Seguiuna
Vigo (3.000), Pontevedra (entre
2.500 e 3.000), Ferrol (2.000), Vi-
lagarcía de Arousa (1.500 a 2.000)
e Ourense (1.500). Na cidade de
Lugo houbo unha concentración
que congregou a 500 persoas.
Comisións lembra que os recor-
tes anunciados supoñen «romper
unilateralmente o diálogo social no
sector público», porque o Acordo
2010—2012 «xa recollía hai sete
meses medidas de contención sa-
larial suficientes».
O triplo que en maio
Por outra parte, o dato de partici-
pación nos actos reivindicativos do
8 de xuño triplica os rexistrados o
pasado 20 de maio, cando case
5.000 persoas amosaron en toda
Galicia o seu rexeitamento ao plan
Máis do 60% do persoal apoiou afolga do sector público en Galician Preto de 15.000 persoas participaron nas manifestacións e concentracións
de axuste proposto polo Executivo
central e participaron nas concen-
tracións convocadas diante da De-
legación do Goberno na Coruña e
as subdelegacións de Lugo, Ou-
rense e Pontevedra.
GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
3
www.galicia.ccoo.es
O Goberno aprobou un plan de
axuste para reducir o déficit pú-
blico que lesiona os dereitos de
pensionistas, empregados públi-
cos, persoas dependentes e para-
dos. As rendas máis altas e as ren-
das de capital quedan á marxe do
axuste.
Que supón o recorte?
As medidas aprobadas polo Go-
berno (conxelar pensións, rebaixar
o salario aos empregados públicos,
suprimir o período transitorio para
a xubilación parcial, suprimir a re-
troactividade en materia de depen-
dencia e reducir o investimento) le-
van o país a unha situación de
desastre e traspasan todos os lími-
tes nunha dinámica que conduce á
confrontación.
Para CCOO son inxustas, porque
castigan as persoas e colectivos de
traballadores máis vulnerables. Ta-
mén son desequilibradas, porque
soamente perseguen reducir o
gasto público, en lugar de buscar
un aumento dos ingresos do Es-
tado. Ademais, Comisións considé-
raas antieconómicas, porque a con-
xelación das pensións, o recorte
dos salarios dos empregados pú-
blicos e a redución do investimento
público provocarán un forte des-
censo no consumo, o que pode ca-
Un duro golpe a traballadores,traballadoras e pensionistas
rrexar unha perda adicional de pos-
tos de traballo.
Finalmente, as medidas ameazan
a negociación colectiva. Hai empre-
sas do sector privado que xa rom-
peron ou bloquearon a negociación
dos convenios, aproveitando o re-
corte de salarios anunciado polo
Para Comisións Obreiras, hai ou-
tra forma de abordar a saída da
crise que garante máis ingresos e
menos gastos para atallar o déficit,
e distribúe máis equitativamente os
esforzos que cómpre realizar, sen
recortar os dereitos dos traballado-
res e traballadoras:
— Recuperando os impostos so-
bre patrimonio, sucesións e doa-
zóns.
— Establecendo un novo tramo
no IRPF cun tipo de gravame do
50% para os ingresos superiores
aos 120.000 euros.
— Recuperando o tipo de gra-
vame do 35% para as sociedades
cunha facturación superior a 500
millóns de euros.
— Loitando de maneira efectiva
contra a fraude fiscal e a economía
somerxida.
CCOO PROPÓN UNHA ALTERNATIVA
- Mediante unha política econó-
mica que faga do emprego o seu
obxectivo principal, e unha reforma
laboral que erradique a temporali-
dade inxustificada e a dualidade do
mercado de traballo.
Con estas medidas poderíase re-
ducir o déficit nunha cantidade su-
perior á estimada polo Goberno,
sen lesionar os dereitos sociais e
laborais.
CCOO insta o Goberno a que re-
conduza o plan de axuste e pre-
sente un paquete de medidas máis
acordes ás necesidades do país. Fai
falta un grande acordo social e po-
lítico para superar a crise.
Se o Goberno insiste en recortar
o gasto social e lesionar dereitos
dos traballadores, CCOO afanarase
para preparar a convocatoria dunha
folga xeral.
Goberno. O plan de axuste quebra,
ademais, a lexitimidade do diálogo
social e da actividade do Congreso
dos Deputados, ao anular acordos
recentemente asinados e vulnerar
consensos parlamentarios sobre o
sistema público de pensións aca-
dados no Pacto de Toledo.
GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
4
www.galicia.ccoo.es
Imaxes das mobilizaciónscontra os recortes do Goberno
GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
5
www.galicia.ccoo.es
GALICIA SINDICAL N.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
6
www.galicia.ccoo.es
CCOO e a F10M rendéronlle unha emotiva
homenaxe a Xosé Manuel Iglesias en Ferrol
Unha sentenza recoñécelles a oito
afiliados a CCOO o dereito a perci-
biren o complemento de penosi-
dade e toxicidade na antiga Megasa
en Vilagarcía de Arousa, actual-
mente propiedade do grupo
Mpress Metal Packaging.
Os servizos xurídicos do sindi-
cato interpuxeran a pertinente de-
manda diante do Xulgado do Social
n.º 1 de Pontevedra após a actual
dirección da empresa, do mesmo
xeito que a anterior, se negara a
aceptar a aplicación do convenio
colectivo, en cuxo artigo 20 fala
deste complemento.
CCOO lembra que, se ben a ac-
Percibirán o complemento depenosidade e toxicidade
ción do sindicato se centra en mi-
nimizar o risco ao máximo, consi-
dera «de xustiza» a percepción do
citado complemento, especial-
mente «se temos en conta as con-
dicións nas que anteriormente se
viña traballando, alén da actitude
dunha empresa que sempre consi-
derou a seguridade e saúde laboral
pouco menos que como un luxo».
O pasado 27 de maio, o Sindicato
Nacional de CCOO e a Unión Comar-
cal de Ferrol, así como a Fundación
10 de Marzo, rendéronlle unha emo-
tiva e intensa homenaxe ao compa-
ñeiro Xosé Manuel Iglesias (Mugar-
dos, 1944-2008) con motivo da
presentación do libro que lle dedica
a F10M.
Preto de 300 persoas ateigaron o
salón de actos da Fundación Caixa
Galicia de Ferrol, que mesmo que-
dou pequena para acoller ducias de
veciñas e veciños de Mugardos que
se quixeron sumar á lembranza que
CCOO lle dedicou a Iglesias, unha
persoa íntegra que dedicou a súa
vida ao labor político e sindical.
n Oito afiliados de CCOO na antiga Megasa
blica», primando as prestacións de ca-
lidade no canto do «afán de lucro».
O hospital ha de garantir o dereito
da cidadanía á saúde pública nos vin-
deiros vinte anos, dando servizo a
unha poboación de 242.226 habitantes
—e que no prazo dunha década pode-
ría superar os 318.000, segundo datos
da propia Consellaría de Sanidade—,
cumprindo así mesmo as recomenda-
cións da Organización Mundial da Sa-
úde (OMS) canto ao número de camas
por cada mil habitantes (oito por mil),
e mesmo converxer coa media europea
(cinco por mil).
Equipamento
Ademais, deberase encargar da car-
teira de servizos do Complexo Hospita-
lario de Pontevedra (CHOP), e contar ta-
mén con medicina nuclear, radioterapia,
GALICIA SINDICALN.º 8 - Xuño 2010 (1.ª quincena)
7
www.galicia.ccoo.es
Comisións Obreiras insta a que o
novo hospital para o norte da provincia
de Pontevedra se constrúa con fondos
públicos e a que a súa xestión sexa
exclusivamente pública. Así o recolle
unha resolución aprobada pola orga-
nización sindical o 1 de xuño.
Na resolución, CCOO oponse «radi-
calmente» ás intencións do Goberno
da Xunta de Galicia de introducir o ca-
pital privado na sanidade galega e, en
consecuencia, «participaremos activa-
mente en todas as actuacións que se
programen co obxecto de modificar os
plans do Goberno en relación co finan-
ciamento da sanidade».
O Sindicato Nacional de CCOO de Ga-
licia considera que o novo centro debe
construírse «necesariamente» con fi-
nanciamento público e a súa xestión
tamén deberá ser «exclusivamente pú-
CCOO defende un hospital públicopara o norte de Pontevedran Así o recolle unha resolución aprobada polo sindicato o pasado 1 de xuño
Tarxeta vermella ao maltratador
O día 1 de xuño tiveron lugar as
eleccións sindicais para elixir os
membros da Xunta de Persoal do
Parlamento de Galicia, nas que
CCOO obtivo tres dos cinco dele-
gados que conforman este órgano
de representación.
Para Comisións é un fito histó-
rico, xa que é a primeira vez na
historia da democracia que un sin-
dicato gaña as eleccións sindicais
na Cámara autonómica.
CCOO GAÑA AS ELECCIÓNSSINDICAIS NO PARLAMENTO
A Comisión Executiva Nacional de CCOO sumouse á campaña do Ministerio deIgualdade para sacar tarxeta vermella ao maltratador. A iniciativa conta co apoio de
persoas recoñecidas no ámbito profesional, político e das organizacións sociais
neurocirurxía, cirurxía infantil, UCI pe-
diátrica, maxilofacial, cirurxía pediátrica
ou xeriatría. Contará cunha área de apar-
camento público gratuíto e suficiente,
complementado con frecuentes liñas de
autobús. Por último, «deberá integrarse
funcionalmente co Hospital do Salnés»
para aproveitar os recursos da área, ga-
rantíndolle á cidadanía do Salnés unha
atención de calidade nas consultas ex-
ternas, na hospitalización ou urxencias
de especialidades.
NÚMERO 8 - XUÑO 2010 (1.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es
Galicia Sindical: A negociación foi
moi complexa, pero finalmente a em-
presa aceptou a maior parte das rei-
vindicacións.
Valentín Pereira: Exacto. A condi-
ción imprescindible era a readmisión
dos tres compañeiros despedidos, e
logrouse.
Outras reivindicacións que se cum-
pren son a libranza unha fin de semana
de cada mes e o compromiso de reali-
zar un estudo sobre a posibilidade de
librar un sábado adicional todos os me-
ses, a suba do IPC ata 2012, a regula-
ción de vacantes e ascensos, e a prio-
ridade para a conversión en persoal
indefinido daquelas persoas que están
a cubrir a xornada de compañeiros/as
con xubilación parcial.
G.S.: Cómpre lembrar que o prea-
cordo non recibiu ningún voto en
contra dos traballadores...
V.P.: Efectivamente. É moi importante
destacar isto, porque se comproba que
a xente estaba connosco, e estívoo ata
o final, aínda que foi unha negociación
complexa. Mesmo no caso concreto de
CCOO aumentamos a afiliación, creo
«Os obxectivos cumpríronse,a xente está encantada»
que ese é o mellor
exemplo da satisfac-
ción cos logros.
G.S.: Após o asina-
mento do preacordo,
cal é o ambiente que
vivides co resto de
compañeiros?
V.P.: A resposta dos
compañeiros é fantás-
tica, porque ven que se
cumpriron os obxecti-
vos, como no caso dos
tres despedidos, que
acabaron por ser read-
mitidos e sen ningunha
sanción. A xente está encantada.
G.S.: Durante o conflito viviuse
unha situación anómala, co Concello
de Santiago adoptando unha posi-
ción de parte...
V.P.: Desde logo, a actuación do
Concello foi impresentable, e no caso
particular da concelleira Álvarez-San-
tullano, que proferiu contra os tra-
balladores de Urbaser unhas aprecia-
cións extremadamente graves, xa
que nos chamou pouco menos que va-
gos e maleantes, ademais de nos acu-
sar de actos semiterroristas. Isto non
vai quedar así, e o Comité de Empresa
vai emprender accións legais contra
esta persoa por inxurias e calumnias.
G.S.: O preacordo xa foi apoiado
polo persoal. Cando se asina o texto
definitivo?
V.P.: Será neste mes de xuño. As me-
lloras salariais entrarán en vigor nese
momento; e as sociais, máis importantes
para nós, a partir de xaneiro.
Valentín Nieves Pereira, presidente do Comité de Urbaser
n Valentín Pereira (CCOO), presidente do Comité de Empresa de Urbaser
A comezos do pasado mes de maio, e durante máis
dunha semana, o persoal de Urbaser mantívose en folga
para reclamar o desbloqueo da negociación do convenio
colectivo, e para reclamar no novo texto melloras de ca-
rácter social.
O conflito estivo marcado polas negativas da empresa
a negociar e pola postura do Concello de Santiago, ins-
talado nunha posición de parte que consistiu en trasladar
ao persoal de Urbaser e á cidadanía as mesmas mensa-
xes que a empresa. O conflito recruou ata tal punto que
nos últimos días de folga tres traballadores foron des-
pedidos. Finalmente, a empresa viuse obrigada a rectifi-
car e a aceptar a maior parte das demandas sociais, así
como a readmisión dos tres empregados. Conversamos
con Valentín Pereira, presidente do comité de empresa
de Urbaser por CCOO.