16
Tema 08 Poesías GUÍA DIDÁCTICA Orientacións didácticas Solucionario Competencias Clave - Intelixencias Múltiples Atención á diversidade – Actividades de Reforzo – Actividades de Ampliación Recursos Didácticos – Navegamos por Tiching Libro Dixital Educamos en valores [] Valid. 25/02/2017

GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-1

Tema 08 Poesías

GUÍA DIDÁCTICA

• Orientacións didácticas

• Solucionario

• Competencias Clave - Intelixencias Múltiples

• Atención á diversidade

– Actividades de Reforzo

– Actividades de Ampliación

• Recursos Didácticos

– Navegamos por Tiching

• Libro Dixital

• Educamos en valores

[] Valid. 25/02/2017

Page 2: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-2

Orientacións didácticas

■ Esta unidade propón a lectura dunha serie de poemas.

Antes de responder as preguntas de comprensión das páxinas se-guintes, os alumnos realizarán es-tas actividades:

● Responderán de forma oral so-bre o seu gusto persoal sobre a poesía.

● Observarán as ilustracións e de-ducirán cal é a súa relación coas poesías.

● Lerán os poemas e marcarán ne-les as palabras que non com-prendan. Se algunhas destas pa-labras está salientada en ne-gra, indicarémoslles que lean a súa definición, que está nos re-cadros grises da páxina esquer-da e dereita.

Para acabar, leremos os poemas por quendas e posteriormente o alum-nado responderá a pregunta núme-ro 1 da páxina da esquerda e a nú-mero 2 da páxina da dereita.

Solucións das actividades

Antes de ler

– Resposta persoal.

– Resposta persoal. A modo de exemplo:

– Na páxina da esquerda pode-mos ver un debuxo que repre-senta o vento soprando moi for-te. A relación que pode ter co poema de Celso Emilio Ferreiro é que fale precisamente dalgún tipo de vento.

– Na páxina da dereita podemos ver un personaxe subido a ca-balo pasando diante dunhas ro-seiras nunha zona de campo. A relación que poida ter co poema é que se fale de roseiras e dun príncipe ou deste personaxe no poema.

1. Resposta persoal.

2. O poema “Fermosas roseiras” refírese ao conto da Bela dur-minte e explica como se picou co fuso e durmiu cen anos ata que chegou o príncipe e a es-pertou cun bico de amor.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Interpretar e empregar diferen-tes tipos de códigos e lingua-xes.

Interpretar e expor a información que transmiten as ilustracións que acompañan os poemas. Antes de ler.

APRENDER A

APRENDER Desenvolver estratexias e em-pregar diversas ferramentas pa-ra reforzar a adquisición de léxico e o coñecemento da lin-gua.

Favorecer a adquisición de léxico a través da lectura de poemas e dos glosarios que acompañan as lecturas. Lectura.

SENTIDO DA INICIATIVA

E ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Participar en actividades colec-tivas e escolares para iniciativa propia e mostrando interese e iniciativa.

Participar nunha conversa sobre o gusto pola poesía relacionán-doo coas lecturas. Antes de ler. Comentar se lle gustaría que lle explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1.

SOCIAIS E CÍVICAS Participar en actividades colec-tivas de forma colaborativa, res-pectando as achegas dos ou-tros.

Participar no comentario colectivo sobre o conto ao que se refire o poema “Fermosas roseiras” res-pectando as quendas de palabra. Pregunta 2.

[] Valid. 25/02/2017

Page 3: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-3

Actividades de reforzo

1. Para comprobar que o alumna-do comprendeu o contido do texto, podemos facerlles as seguintes pre-guntas:

– No primeiro poema cres que o autor fala positivamente ou ne-gativamente do vento que non deixa durmir o neno?

– A ti gústache oír o vento ou a-sústaste?

– No segundo poema fálase do conto da Bela durminte… Podes explicar brevemente de que fa-laba este conto?

– Cres que alguén pode durmir realmente cen anos? Que pode simbolizar durmir cen anos?

Solución:

– Respostas persoais.

Educamos en valores

■ O primeiro poema fálanos dun vento que non deixa durmir un ne-no, pero que se especifica que é bo.

Aproveitaremos para falar co alum-nado dos sentimentos negativos que nos provocan ás veces certos fe-nómenos meteorolóxicos máis de-sagradables, como a chuvia, a né-boa ou o frío, aínda que son tan ne-cesarios como calquera outro para a sucesión da vida no planeta.

Para isto, podemos facerlles pregun-tas do estilo:

– Cres que podería haber prados verdes, plantas e vida sen chu-via? Por que?

– Coñeces algunha persoa ou ti mesmo falaches negativamente da chuvia, da néboa ou do frío?

– Que pasaría no planeta se todos os días fora calor e tiveramos un sol moi forte?

– Que paisaxes che gustan máis persoalmente? En que tipo de climas se encontran?

– E cales che gustan menos?

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/87196 - Neste recurso temos dúas poesías que falan da primavera.

Faremos un traballo semellante ao da dobre páxina sobre eles. Pedirémoslle ao alumnado que busque as rimas, as personificacións, etc., despois de lelas en voz alta.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 4: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-4

Orientacións didácticas

■ A través das actividades que se propoñen no apartado Ler e com-prender traballaremos os seguintes contidos:

● Comprensión das ideas princi-pais e do contido do texto.

● Localización das veces que a-parecen certas palabras nun poe-ma.

● Localización das palabras que riuman entre elas dos poemas.

● Transformación dun poema en prosa.

■ No apartado Gramática traballa-remos os seguintes contidos:

● Estudo dos pronomes persoais.

● Compleción dun diálogo con pro-nomes persoais.

Solucións das actividades

Ler e comprender

1. As respostas son as seguintes:

– De que fala o primeiro poema?

O poema fala do vento de Celano-va, que vai e vén con moitos ele-mentos e persoas e que fai moito ruí-do, ás veces desagradable. O neno ten medo porque cre que o vento o pode levar, pero o narrador tran-quilízao dicíndolle que é o seu amigo.

– Como é o vento? Que fai?

O vento é peleriñante, un teinoso ron-cón, vagabundo. O vento vai e vén con moitos elementos e persoas. Vai coa lúa, cos mozos, coa neve, coas nubes viaxeiras, cos paxaros… Vén co sol, cos vellos, coa flor, co pan-deiro da chuvia, cos morcegos…

– Como é o seu son?

O son do vento parece un roncón fungando e é grave e tristeiro.

– Con quen vai o vento? Con quen vén?

O vento vai con: a lúa, os mozos, a neve, coas nubes viaxeiras por ca-miños de romaxe, cos paxaros… O vento vén co sol, cos vellos, coa flor, co pandeiro da chuvia reprenicando a paisaxe, cos morcegos….

– De que fala o segundo poema?

O segundo poema fala dunha prin-cesa que se picou co fuso e quedou

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lóxico-matemática 2 Contar as veces que aparecen nun poema varias palabras.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

COMUNICACIÓN

LINGÜÍSTICA Desenvolver a habilidade e a comprensión lectora.

Traballar a comprensión dos poe-mas respondendo cuestións so-bre o seu contido. Act. 1.

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Familiarizarse con diferentes ma-nifestacións e producións artís-ticas e culturais.

Valorar a poesía como unha for-ma de expresión literaria artística e estética. Ler e comprender.

APRENDER A

APRENDER Aplicar o coñecemento adquiri-do para resolver actividades pos-teriormente.

Recoñecer as palabras que riman nuns versos. Act. 3.

Completar un diálogo cos prono-mes persoais aprendidos na pá-xina. Act. 8.

[] Valid. 25/02/2017

Page 5: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-5

durmida durante 100 anos. Ten que vir un príncipe para espertala cun bico de amor.

– Que palabra se repite máis no segundo poema? Por que?

A palabra que aparece máis veces é “durme”, porque fai referencia á maldición da princesa, que ao pi-carse co fuso quedou durmida du-rante os 100 anos.

2. O número de veces que apare-ce cada palabra é o seguinte:

– Vento: 9 veces

– Vai: 6 veces

– Vén: 6 veces

3. As palabras que riman son:

– ten-vén

– roncón-son

4. Resposta persoal.

5. O número de estrofas e versos é o seguinte:

– Poema “Cantiga para durmir a un neno”

– Ten 7 estrofas, todas elas de 4 versos.

– Poema “Fermosas roseiras”

– Ten 7 estrofas.

– 1ª e 2ª teñen catro versos

– 3ª, 4ª, 5ª e 6ª teñen dous versos

– 7ª ten 4 versos

6. Resposta persoal. A modo de exemplo:

– Acorda, acorda, princesa

– que o príncipe aí vén coa lám-pada acesa

7. Resposta persoal.

Gramática

8. As respostas son:

– Ti estudas / Vós estudades.

– El estuda / Eles estudan.

– Nós estudasmos / Eu estudo.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/687239 - Este enlace lévanos a unha páxina que nos ofrece un exercicio sinxelo sobre pronomes persoais.

Pedirémoslle ao alumnado que o resolva e que o tome como modelo para escribir nun folio un texto no que deixarán os ocos de pronomes persoais para que o resolva outro compañeiro e compañeira.

Así, todos os nenos e nas farán un problema e resolverán o feito por outro compañeiro ou compañeira.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 6: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-6

Orientacións didácticas

■ Nesta dobre páxina seguiremos traballando o apartado de Gramáti-ca e os pronomes persoais coas seguintes actividades.

● Compleción de oracións de for-ma correcta cos pronomes per-soais que correspondan.

● Escritura de oracións usando os pronomes persoais.

● Substitución en oracións de gru-pos nominais por pronomes per-soais.

● Substitución de pronomes per-soais por nomes que poderían substituír.

■ No apartado Ortografía traballa-remos o uso correcto da letra b. Pa-ra isto:

● Explicarán o significado de pa-labras subliñadas en oracións e o motivo polo que se emprega a letra b.

● Escribirán unha aventura urando unha serie de palabras dadas.

● Resolverán unha sopa de letras na que aparecen palabras que levan b.

Solucións das actividades

Gramática

9. As oracións completas quedan do seguinte xeito:

– Ela está moi cansa.

– Eu leo un tebeo.

– Ti fixeches un debuxo.

– Nós chegaremos axiña.

– Eles viñeron contentos.

– Vós gañastes o partido.

10. Resposta persoal. A modo de exemplo:

– Eu sempre me ergo cedo

– Ti fuches ao cine

– El colleu o xersei azul

– Ela vén hoxe merendar aquí

– Nós imos ao parque

– Eles dixeron que chegarían ás cinco

– Elas sempre van xuntas

11. Resposta persoal. A modo de exemplo:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 14 Explicar o significado de varias palabras subliñadas en oracións, que levan a letra b e explicar o motivo polo que estas palabras levan b e non v.

Espacial 16 Atopar nunha sopa de letras todas as palabras correspondentes a unhas imaxes e coa característica de que todas elas levan a letra b.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

SOCIAIS E CÍVICAS Valorar a importancia da co-rrección lingüística na comuni-cación da vida cotiá.

Escribir unha aventura usando di-versas palabras que levan a letra b, valorando a importancia de rea-lizar os nosos escritos con co-rrección ortográfica. Act. 15.

APRENDER A

APRENDER Interiorizar os coñecementos e aplicalos correctamente na re-solución das actividades.

Escribir diversas oracións usando os pronomes persoais aprendidos na páxina anterior. Act. 10.

SENTIDO DE INICIATIVA

E ESPÍRITO

EMPRENDEDOR

Confiar nos propios coñecemen-tos para resolver actividades.

Substituír pronomes persoais po-los nomes que poderían agachar-se detrás deles con seguridade. Act. 13.

[] Valid. 25/02/2017

Page 7: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-7

– Non che dixo nada?

– Envioulles o agasallo.

– Xa nolos deu

12. As oracións quedan do seguinte xeito:

– Nela, todas as casas os teñen.

– Eles gañárono.

– El falou con eles para recollela.

– El chamounos e convocouna.

– Ela tamén as ten.

– O xoves, eles chamárona.

13. Resposta persoal. A modo de exemplo:

– Manuel viaxará en xullo a Pon-tevedra, para ver a súa tía.

– María xogaba moitísimo cos seuscadelos.

– Ana e mais eu explicarémosllesmañá o asunto.

– Non collas a carteira, esa car-teira é miña.

– Contou o conto na festa, pero eu xa sabía o conto.

– Laura e Silvia chegarán cando digas, Arturo.

– Amalia e Luís sodes quen o so-lucionastes todo moi ben.

– Eu encargareime de recoller o paquete á hora prevista.

Ortografía

14. Os significados e motivos son osseguintes:

– bimotores: dous motores/prefixobi-

– bimensual: dous meses/prefixo bi

– biscoitos: doce/ comeza por bis-

– bisavoa: a nai da avoa ou do avó/ prefixo bi

– submarino: por debaixo da au-ga/ prefixo sub.

15. Actividade persoal.

16. As palabras son:

– Horizontais: bolboreta, fibela, pol-bo.

– Verticais: bubela, billa, abelá.

– Diagonal: móbil.

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/41857 - Neste enlace atopamos un documento con moitas palabras con b e v.

Pedirémoslle ao alumnado que se organice en parellas e que creen unha sopa de letras que logo lle darán a resolver a outra parella.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 8: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-8

Orientacións didácticas

■ A través das actividades que se propoñen no apartado Vocabulario traballaremos os seguintes conti-dos:

● Aprendizaxe do concepto de neo-loxismo.

● Relación de neoloxismos co seu significado

● Explicación do significado de no-vos termos relacionados coa informática

● Escritura de oracións empregan-do neoloxismo

■ No apartado Escoitar e falar tra-ballaremos os seguintes contidos:

● Aprender a recitar poesías.

● Comprensión oral dun poema e recitación posterior imitando.

● Creación de rimas cos compa-ñeiros e compañeiras.

● Aprendizaxe de exemplos de me-táforas e creación doutras pro-pias.

Solucións das actividades

Vocabulario

17. As relacións son:

– parafarmacia: establecemento on-de se venden produtos relacio-nados coa saúde que non son medicamentos.

– spot: mensaxe publicitaria que amosa as calidades dun produ-to e se emite a través da tele-visión ou do cine.

– báner: espazo publicitario que aparece nas páxinas da Inter-net.

– escanear: transmitir imaxes ou textos a un ordenador cun es-cáner.

– share: porcentaxe de audiencia na televisión.

18. Os significados son:

– baixar: descargar a través da Internet un documento, arquivo, música, etc.

– buscador: servidor que nos per-mite atopar todo tipo de infor-mación na Internet.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

LINGÜÍSTICA Coñecer os neoloxismos. Relacionar unha serie de neolo-xismos que se dan coas defini-cións correspondentes. Act. 17.

Explicación persoal do significado de diversas palabras aplicadas no mundo da informática. Act. 18.

CONCIENCIA E

EXPRESIÓNS CULTURAIS

Valorar a literatura en xeral e a literatura galega en particular como fonte de coñecemento e forma de lecer.

Valorar os poemas como unha fonte de coñecemento e transmi-sión de cultura e tamén como forma de lecer persoal. Acts. 20 a 22.

SOCIAIS E CÍVICAS Evitar linguaxes discriminatorias coas diferenzas e sexistas.

Facer rimas empregando ios no-mes dos compañeiros e compa-ñeiras evitando en todo momento a linguaxe sexista ou unha lingua-xe discriminatoria coas diferen-zas. Act. 21.

[] Valid. 25/02/2017

Page 9: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-9

– rato: aparello que serve para moverse pola pantalla do orde-nador.

– cartafol: carpeta do ordenador onde podemos meter documen-tos, imaxes, etc.

– arquivo: calquera tipo de docu-mento, imaxe, etc, que temos gardado no ordenador.

– ligazón: enderezo web que nos leva a un determinado lugar da Internet.

19. Resposta persoal. A modo de exemplo:

– Onte pasei todo o día navegan-do polo ciberespazo.

– Ultimamente sempre leo as no-vas nun ciberxornal.

– O meu veciño é un cibernauta case obsesivo.

– A semana pasada fixemos unha proba de clase na ciberaula do centro.

Escoitar e falar

20. Actividade persoal.

21. Respostar persoais.

22. Actividade persoal en parellas.

■ http://www.tiching.com/737930 - Entraremos neste enlace e leremos o pri-meiro artigo, que nos fala de produtos que veñen de fóra e, polo tanto, de no-vas palabras que tivemos que incorporar ao galego.

Pedirémoslle ao alumnado que o lea e logo faremos unha listaxe no en-cerado con todos os neoloxismos que saen e os que diga o alumnado.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente, corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 10: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-10

Orientacións didácticas

■ A través das actividades que se propoñen no apartado Escribir tra-ballaremos os seguintes contidos:

● Aprendizaxe das partes e da es-trutura dunha poesía.

● Localización de palabras que ri-man

● Localización das personificacións dun poema.

● Escritura de poemas propios.

■ No apartado O trasno das pala-bras traballaremos os seguintes con-tidos:

● Compleción dun poema bus-cando as rimas cunhas pala-bras dadas.

● Procura de palabras dun poema que teñen as letras desordenadas.

● Eficacia lectora de palabras con formas e direccións non habi-tuais.

● Valoración da literatura como me-dio de coñecemento e recurso de lecer persoal.

Solucións das actividades

Escribir

En primeiro lugar, o alumnado lerá o poema de forma comprensiva para recoñecer a estrutura e as súas par-tes e recursos.

23. As palabras do poema que ri-man son as seguintes:

– cabelos-negros

– mar-descansar

24. As personificacións que apare-cen no poema son:

– o sol ten brancos cabelos

– o sol ten a pel moi dourada

– o sol ten olliños negros

– o sol déitase no leito

– o sol sente a friaxe

25. Resposta persoal.

26. Resposta persoal.

O trasno das palabras

1. O poema completo quedará do seguinte xeito:

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Espacial 2 O trasno Localizar nos poemas do tema as palabras que agachan unha serie de letras desordenadas.

Lingüística 24 Recoñecer e escribir as personificacións que aparecen nun poema.

3 O trasno Ser capaz de ler unha serie de palabras que aparecen en formas estrañas de forma correcta.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

DIXITAL Empregar correctamente os pro-cesadores de textos.

Escribir un poema sobre algo que lle gusta empregando con correc-ción un procesador de texto. Act. 26.

APRENDER A

APRENDER Interiorizar as complexidades lin-güísticas e ser capaz de deco-dificar palabras con dificultades visuais.

Ordenar as letras de palabras pa-ra saber cal é e localizalas en poemas do tema. Act. 2 O trasno.

Ser capaz de completar un poe-ma recoñecendo as posibles ri-mas e empregando unhas pala-bras que se facilitan correctamen-te. Act. 1 O trasno.

[] Valid. 25/02/2017

Page 11: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-11

Ábrese un gromo

sae unha flor.

A primavera

ole a calor.

Todas as plantas

falan de amor.

Sol

Choiva

Vento

Cor

Primaveriña…!

Que ledo estou!

Antonio García

2. As palabras que están agacha-das nas letras desordenadas son, de arriba a abaixo e de esquer-da a dereita:

– roseiras

– teimoso

– vagabundo

– viaxeiras

– morcegos

– príncipe

3. As palabras que teñen que ler son:

– semicircular

– sobe

– baixa

– longuísimo

– grande

– pequena

– tremer

Finalmente, leremos o fragmento do libro que se recomenda no apar-tado Lectura recomendada de An-tonio García Teijeiro, Cacarabín.

Intentaremos que o alumnado se in-terese por localizar e ler este libro valorando a aprendizaxe que lle po-de achegar.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/737931 - Empregaremos este vídeo do coñecido programa Cifras e Letras para xogar co alumnado a que realicen as mesmas probas de letras que se fan no programa.

Iremos ata a primeira proba. O alumnado copiará as letras no seu caderno e cando acabe o tempo miraremos quen conseguiu a palabra máis longa de todas.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 12: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-12

Orientacións didácticas

■ A través das actividades que se propoñen no apartado Aprendín tra-ballaremos os seguintes contidos:

● Repaso con actividades diver-sas dos pronomes persoais; das palabras que levan b e dos neo-loxismos.

● Realización correcta dun ditado.

■ No apartado Avalío as miñas com-petencias traballaremos os seguin-tes contidos:

● Traballo con conceptos relacio-nados con fenómenos atmosfé-ricos coñecidos.

● Aprendizaxe de como funciona a rosa dos ventos.

Solucións das actividades

Aprendín

1. As oracións completas quedan do xeito seguinte:

– O can e o gato xogan: Eles xogan.

– Paula ten oito anos: Ela ten oito anos.

– Henrique e mais ti estudades poucos: Vós estudades pouco.

– Os pais e eu imos ao cine: Nós imos ao cine.

– María e Laura mercan mazás: Elas mercan mazás.

– Mariña, remata as tarefas: Ti, re-mata as tarefas.

2. A análise queda do seguinte xeito:

– lles: terceira persoa, plural, mas-culino ou feminino.

– nós: primeira persoa, plural, mas-culino ou feminino.

– los: terceira persoa, plural, mas-culino.

– te: segundas persoa, singular, masculino ou feminino.

– el: terceira persoa, singular, mas-culino.

– a: terceira persoa, singular, fe-minino.

– me: primeira persoa, singular, masculino ou feminino.

– nas: terceira persoa, plural, fe-minino.

INTELIXENCIA MÚLTIPLE ACTIVID. TAREFA PARA DESENVOLVER EN CADA ACTIVIDADE

Lingüística 4 Aprendín Recoñecer que palabras son neoloxismos dentro dunha listaxe dada e explicar o seu significado, que buscará no dicionario se o precisa.

Intrapersoal Ditado Preparar un ditado antes de escribilo para comprender que dificultades poderá encontrar.

Naturalista 2 Aprendín Relacionar tipos de ventos segundo a súa forza coa descrición da outra columna.

3 Aprendín Relacionar unhas fotografías correctamente co clima que se dá nelas.

Espacial 4 Aprendín Relacionar correctamente os ventos da listaxe coa rosa dos ventos.

COMPETENCIA INDICADORES TAREFAS E ACTIVIDADES

LINGÜÍSTICA Coñecer os distintos tipos de palabras.

Definir con corrección os prono-mes persoais, tanto da serie tóni-ca como da serie átona empre-gando os termos axeitados. Act. 2 Aprendín.

[] Valid. 25/02/2017

Page 13: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-13

– vós: segunda persoa, plural, mas-culino ou feminino.

– che: segunda persoa, singular, masculino ou feminino.

3. Actividade persoal. A modo de exemplo:

– Buxaina: xogo moito coa buxaina.

– Bimotor: ese avión é bimotor.

– Biodinámica: esa casa construíuse con arquitectura biodinámica

4. As palabras que son neoloxis-mos son as seguintes:

– Sprint: incremento da velocida-de que realiza un corredor nun momento dado nunha carreira.

– Xigabyte:unidade de información que equivale a 1.024 megabytes.

– Chat: Lugar da Internet onde po-demos falar con outras persoas.

– Tráiler: Adianto do contido dun filme para promocionalo.

– Webcam: Cámara que nos per-mite falar con outras persoas véndonos en vídeo.

5. Actividade persoal.

Finalmente, o alumnado realizará un ditado.

Avalío as miñas competencias

1. Actividade persoal. A modo de exemplo:

– Un día de inverno as tempera-turas serán moito máis baixas que un día de verán.

2. As relacións son:

– Brisa: vento suave; Vendaval: vento forte; Furacán: vento moi forte.

3. As relacións son:

– a. clima de interior./ b: clima de costa. / c: clima de montaña.

4. As relacións son:

– n:tramontana ; nl: gregal; l: le-vante; sl: siroco; s: solano; so: ávrego; o: poñente; no: mistral.

ANOTACIÓNS

.....................................................

.....................................................

.....................................................

NAVEGAMOS POR TICHING

■ http://www.tiching.com/737932 - Usaremos este enlace para repasar máis o uso de b e v.

Pedirémoslle ao alumnado que vaia escribindo as palabras que están es-critas completáncoas con b ou v.

Cando acaben, poremos en común o resultado e corrixiremos os erros que poidan aparecer.

LIBRO DIXITAL

■ Actividades autocorrectivas que o alumnado poderá resolver individual-mente e comprobar se as solucións son correctas.

■ Actividades abertas que o alumnado poderá solucionar e o profesor ou profesora, posteriormente corrixirá.

[] Valid. 25/02/2017

Page 14: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

8-14

NAVEGAMOS POR TICHING

TICHING WEBS

http://www.tiching.com/41857 http://centros.edu.xunta.es/ceipdefrions/xogos/ortogal/ie/docs/listaxe.pdf

http://www.tiching.com/87196 http://bibliopoemes.blogspot.com.es/2008/04/poesia-infantil-gallega-primavera.html

http://www.tiching.com/687239 http://replgalega3.webcindario.com/02-8.htm

http://www.tiching.com/737930 https://dubidasdogalego.wordpress.com/category/neoloxismos/

http://www.tiching.com/737931 https://www.youtube.com/watch?v=AIgNrUx6m9g

http://www.tiching.com/737932 https://gl.wikibooks.org/wiki/Exercicios_de_ortograf%C3%ADa_en_lingua_galega/b-v

[] Valid. 25/02/2017

Page 15: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS

© V

ICEN

S V

IVE

S

..............................................................................................................................

Page 16: GUÍA DIDÁCTICA - auladecarmela.comauladecarmela.com/wp-content/uploads/2018/10/Lingua_4_Guia_T_01_15... · explicaran o poema antes de ir durmir. Pregunta 1. SOCIAIS E CÍVICAS