10
GUÍA DE LECTURA 2012-2013 ESTE NADAL: Brega nas intrigantes tramas de crimes sen resolver, Imaxina mundos exóticos a través de nomes evocadores e distantes, B aila entre vívidas descripcións que che trasportan a lugares inventados ou reais, Libera emocións e sentimentos que poida que nunca chegarás a ter, Identíficate con héroes medievais, magos artúricos, lobisomes lexendarios, Olla paisaxes de coloridas letras, arriscados símiles e fermosas metáforas Tece os fíos das vidas de seres ordinarios, extraordinarios, fantásticos, entrañables E scoita o piar dos paxaros, o golpeteo da choiva sobre os cristais, as cadencias melancólicas de tempos pasados, os choros contidos e risas agochadas dos nenos Conecta con outros lectores ávidos de atopar aos seus iguais Arrecende o cheiro do sangue fresco, o salgado aroma do mar, o quente vaho da comida recén feita, a esencia doce da palla e das flores … TRASPASA AS FRONTEIRAS DO IES E AMPLÍA HORIZONTES Nas procelosas augas dos océanos e os mares non é doado ás veces atopar un “lugar” , un “tempo” e unhas “xentes” que nos agraden e coas que, de xeito case instintivo e sen sabermos nada delas, sintamos conexión e empatía, por iso tivemos a ben facer esta folla de ruta para tentar darvos unhas pinceladas sobre os distintos mundos cos que vos podedes atopar na nosa biblioteca (Barcelona, África, a contorna de Vigo, os mundos fantásticos de Tolkien, librerías, cemiterios …) así como albiscar as persoas e seres que teredes a sorteo u a desgracia de coñecer (Artemis Fowl, Bevilacqua y Chamorro, Bilbo Bolsón, Frank Soutelo …) . Nesta tarefa contamos ademáis coa inestimable axuda de Laura Gallego que para mostrar o seu agradecemento a un dos nosos alumnos por ser un ávido lector da súa obra, se brindou a facer unhas suxestións de libros de lectura interesantes. SEDE BENVIDOS E SENTÍDEVOS COMA NA VOSA CASA!!!

Guia de lectura do Nadal

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Algunhas lecturas para o lecer

Citation preview

Page 1: Guia de lectura do Nadal

GUÍA DE LECTURA 2012-2013

ESTE NADAL:

Brega nas intrigantes tramas de crimes sen resolver,

Imaxina mundos exóticos a través de nomes evocadores e distantes,

B aila entre vívidas descripcións que che trasportan a lugares inventados ou reais,

Libera emocións e sentimentos que poida que nunca chegarás a ter, Identíficate con héroes medievais, magos artúricos, lobisomes lexendarios, Olla paisaxes de coloridas letras, arriscados símiles e fermosas metáforas Tece os fíos das vidas de seres ordinarios, extraordinarios, fantásticos, entrañables E scoita o piar dos paxaros, o golpeteo da choiva sobre os cristais, as cadencias melancólicas de tempos pasados, os choros contidos e risas agochadas dos nenos Conecta con outros lectores ávidos de atopar aos seus iguais Arrecende o cheiro do sangue fresco, o salgado aroma do mar, o quente vaho da comida recén feita, a esencia doce da palla e das flores …

TRASPASA AS FRONTEIRAS DO IES E

AMPLÍA HORIZONTES

Nas procelosas augas dos océanos e os mares non é doado ás veces atopar un “lugar” , un “tempo” e unhas “xentes” que nos agraden e coas que, de xeito case instintivo e sen sabermos

nada delas, sintamos conexión e empatía, por iso tivemos a ben facer esta folla de ruta para tentar darvos unhas pinceladas sobre os distintos mundos cos que vos podedes atopar na nosa

biblioteca (Barcelona, África, a contorna de Vigo, os mundos fantásticos de Tolkien, librerías, cemiterios …) así como albiscar as persoas e seres que teredes a sorteo u a desgracia de coñecer

(Artemis Fowl, Bevilacqua y Chamorro, Bilbo Bolsón, Frank Soutelo …) . Nesta tarefa contamos ademáis coa inestimable axuda de Laura Gallego que para mostrar o seu agradecemento a un dos nosos alumnos por ser un ávido lector da súa obra, se brindou a facer

unhas suxestións de libros de lectura interesantes.

SEDE BENVIDOS E SENTÍDEVOS COMA NA VOSA CASA!!!

Page 2: Guia de lectura do Nadal

NOVELAS GAÑADORAS DE PREMIOS LITERARIOS NO 2012

1) La marca del meridiano. Lorenzo Silva. Ganador del Premio Planeta, 2012.

Ambientada na Cataluña actual, esta absorbente novela policíaca de Lorenzo Silva, mestre indiscutible do xénero, presenta un sólido retrato do ser humano ante a dúbida moral, o combate interior e as decisións equivocadas. Outras obras de Silva que habitan a nosa biblioteca: Algún día, cuando pueda llevarte a Varsovia. El cazador del desierto El alquimista impaciente.

2) La vida Imaginaria. Mara Torres. Finalista del Premio Planeta, 2012.

Que pasa pola túa cabeza cando a persoa á que queres se vai? Que farías coa túa vida cando tes que pensala outra vez? Invéntala? O mundo de Nata énchese de preguntas cando Beto a deixa. Pero o tempo non se detén, e os episodios que Nata conta da súa propia historia vana levando cara un lugar onde todo se volve posible. Nova e contemporánea, esta novela ten o nervio dun relato confesional, divertido e emocionante. Pero, por riba de todo, descobre a Fortunata Fortuna, un personaxe fascinante que veu ao mundo da ficción para quedar.

3) Tonas de laranxa. María Lorenzo Miguens e Manuel Lorenzo Baleirón. Premio Xerais 2012.

A través de Uxío Oliveira, da súa cativadora avoa Aurora dos Santos, do inmigrante Amir Alfarat e da súa filla Oriana, do misteriosamente desaparecido Amaro e da curiosa peixeira Sofía Costa, e de tantos outros personaxes, os autores constrúen unha fabulación extraordinaria, que debulla os pequenos feitos que suceden na vila de Moreira.

Page 3: Guia de lectura do Nadal

4) Palabras de auga. Marcos Calveiro. Editorial: Merlín. Premio Merlín de Literatura infantil, 2012.

(Ilustracións de Ramón Trigo)

Palabras de auga é unha viaxe cara ao interior do continente africano e da súa cultura, mais tamén un camiño iniciático cara á madurez. Un relato emocionante, cativador e conmovedor. O seu autor Marcos Calveiro afirma que o xerme da novela foi “unha nova nun xornal na que se falaba das chamadas “termitières”, mulleres que no Chad para alimentar aos seus fillos recollen o gran nos formigueiros. Esa imaxe, a dunha nai roubando o alimento ás formigas, impresionoume de tal xeito que me me empurrou a escribir esta novela. Unha homenaxe a esas mulleres africanas que malia a súa discriminación social son os verdadeiros alicerces das súas familias e tribos”.

5) A punta de pistola. Fran Alonso. XII Premio Novela por Entregas, La voz de Galicia, 2012.

Para o seu autor, A punta de pistola é unha road movie de «ritmo trepidante», con vocación de «enganchar» ao lector, pero que tamén quere propoñer unha reflexión sobre a «desestruturación social». A novela ábrese cunha escena na que un delincuente de pouca monta, coñecido como O Varas, e a súa muller, Rica, acoden a un punto de encontro familiar para ver aos seus fillos, baixo tutela dos servizos sociais. Pero unha vez alí os secuestran e os levan a punta de pistola. Así comeza unha frenética fuxida por Vigo e a súa contorna, narrada cun pulso que recolle o ritmo das mellores persecucións cinematográficas. De xeito alterno a novela presenta a unha camioneira galega, que non só conduce o seu vehículo, senón que tamén escribe un blog no que recolle as súas reflexións e pensamentos vitais. Esta segunda trama, máis intimista e repousada, supón un contrapunto ao ritmo de vertixe da fuxida e persecución da parella de delincuentes cos seus fillos, para confluír nun remate inesperado.

Page 4: Guia de lectura do Nadal

LIBROS DOS CLUBES DE LECTURA

6) Lume de Cobiza, de Miguel Anxo Fernández con ilustracións de Miguel Anxo Prado. Editorial Galaxia,

Logo da súa peripecia nos depravados ambientes de Hollywood, Frank Soutelo regresa para afrontar o seu primeiro caso en Galicia. Un mozo acaba de morrer e a súa familia sospeita que o pasamento foi inducido. Coa axuda do ex-garda civil Poncio e da moza Dalia Maxino, Soutelo rematará por mergullarse no mundo do ladrillo e da especulación, entre a vaga de lumes que arrasa o país no verán de 2006. Sen esquecer o humor, Miguel Anxo Fernández aborda nesta novela un dos asuntos máis controvertidos da actualidade.

7) Tardes con Margueritte. Marie-Sabine Roger.

Hai encontros improbables que lle poden cambiar a vida a un e iso é o que lle ocorre a German Chazes, un home de 45 luces sen moitas luces quen da man de Margueritte, unha anciá delicada e cultivada, descubrirá un universo novo e cheo de experiencias, o mundo das letras e os libros. Unha fábula moderna de amizade e amor aos libros.

8) El Prisionero del Cielo. Carlos Ruiz Zafón. Planeta, 2011.

Barcelona, 1957. Daniel Sempere e o seu amigo Fermín, os heroes da Sombra do Vento, regresan de novo á aventura para afrontar o maior desafío das súas vidas. Xusto cando todo empezaba a sorrirlles, un inquietante personaxe visita a librería de Sempere e ameaza con desvelar un terrible segredo que leva enterrado dúas décadas na escura memoria da cidade. Ao coñecer a verdade, Daniel comprenderá que o seu destino lle arrastra inexorablemente a enfrontarse coa maior das sombras: a que está crecendo no seu interior. Unha novela rebosante de intriga e emoción.

Page 5: Guia de lectura do Nadal

OUTRAS RECOMENDACIÓNS

9) Ardalén. Miguel Anxo Prado. El Patito editorial (edición en galego) e Norma (edición en castelán), 2012.

"Ardalén" é unha historia arredor da memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia, da percepción da nosa propia vida, da nosa identidade. Somos o que recordamos. Pero a memoria non é un rexistro obxectivo e inalterable. Tamén somos o que os demais recordan. E nesas memorias, propias e alleas, hai amor e agarimo, e hai rancores e odios. Por iso recordar non é inocuo. Pero quen non recorda, non vive.

10) Romansanta. Historia y Leyenda. VVAA Auria Editorial, 2012

Só a verdade e nada máis que a verdade sobre o caso do lobisome ourensano. Un traballo multidisciplinar de 10 autores e 2 fotógrafos para achegarse ao caso de Branco Romasanta.

11) As voces baixas. Manuel Rivas. Editorial: Xerais, 2012.

Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas? Son as criaturas, os nenos e nenas, as mulleres quefalan soas, os mortos, os animais... As voces baixas é un libro escrito ao modo dunha autobiografía que arrinca nunha xeografía real (o barrio de Monte Alto, a aldea urbana de Castro de Elviña, o lugar de Corpo Santo, coa luz do faro de Breogán, a prisión provincial, o cemiterio de Santo Amaro, o poboado céltico, o Monte Xalo onde as nenas pastoras pisan o sol...) onde a mirada da infancia vai descubrindo, cunha mestura de medo, estupor e marabilla, o que de extraordinario hai na existencia da xente corrente. Unha xeografía real na que se entrelazan a memoria persoal e a colectiva para un pobo marabilloso: as «voces baixas» que non queren dominar e que se alimentan de contos.

Page 6: Guia de lectura do Nadal

12) Rapoemas. Aid. Editorial: Galaxia, 2006

Rapoemas é un libro-disco da rapeira Aid no que se musican os grandes clásicos da literatura galega (a Rosalía de Castro, Curros, Cunqueiro). Nunca antes se escoitara a Rosalía ou a Curros cantados desta maneira. Rapoemas é unha viaxe que vai dende o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos que tan ben coñecemos, ata este século XXI cheo de ritmos novos. Un libro-disco que vai facer que movamos as pernas e o corazón.

13) Dúas letras. Fina Casalderrey. Editorial: Galaxia.

Dúas letras gravita en torno a carta que non dá chegado, a misiva do fillo que está na emigración, pelexando co destino e a sorte, e a nai que espera a chegada da carta que lle dará, ademais de novas, algo de esperanza. Os autores foron quen de construir unha historia visualmente moi poderosa, rodada en branco e negro para suliñar a viaxe no tempo que nos propón, chea de tenrura e dureza. Algunha edición conta ademáis cun DVD (cos seus extras en forma de entrevistas con director, guionista, primeira actriz, making off, localizacións?) e dous traballos, un sobre a emigración galega a América, a cargo de Víctor F. Freixanes, e outro sobre a correspondencia entre as dúas beiras atlánticas escrito por Francisco Castro.

Page 7: Guia de lectura do Nadal

RECCCOMENDACIÓNS DE LAURA GALLEGO

1. Los juegos del hambre. Suzanne Collins. Editorial: Molino. 2. Saga Temerario. Naomi Novik.

El dragón de su majestad. El trono de Jade. La Guerra dela Pólvora. El imperio de Marfil.

3. Saga Artemis Fowl. Edin Colfer

Artemis Fowl. Encuentro en el Ártico. El cubo B. La venganza de Opal

4. Trilogía de Bartimeo. Jonathan Stroud.

El amuleto de Samarkanda. El ojo de Golem. La puerta de Ptolomeo.

5. Los doce clanes. Jonathan Stroud. 6. La Puerta Oscura.David Lozano. 7. El ciclo de la Luna roja. Juan Antonio Cotrina

La cosecha de Samhein Los Hijos de las Tinieblas La sombra de la luna

Ahí os dejo unas cuantas recomendaciones para que

estas Navidades disfrutéis de la lectura.

Page 8: Guia de lectura do Nadal

O CURRUNCHO DOS CLÁSICOS

200 ANIVERSARIO DE CHARLES DICKENS

O Nadal sempre é unha época axeitada para volver as nosas lecturas ao gran xenio que tan ben soubo retratar a Inglaterra victoriana. Nomes como Scrooge, as pantasmas do pasado e do futuro ou David Copperfield traspórtanos a un universo cheo de ambicións, penurias, xenerosidade ou falla dela, industrialización, infancias aciagas …

Para ler a Dickens na biblioteca:

Oliver Twist

Un rapaz orfo sufre a fame, o maltrato, a explotación, e o mundo da hampa londinense, sen perder a súa inocencia e a súa bondade. Se queres saber das súas aventuras, busca o libro na sección de literatura inglesa, ou traducido ao galego ou ao castelán.

Historia de dos ciudades

“Era o mellor dos tempos, era o peor dos tempos…” Publicada como A Tale of Two Cities en 1859, é a particular visión de Dickens sobre a Revolución Francesa, a partir dunha historia de amor e sacrificio que se desenvolve entre as dúas beiras da Canle da Mancha, entre París e Londres.

Page 9: Guia de lectura do Nadal

El grillo del hogar

A tradición chinesa di que un grilo que canta na casa atrae a boa sorte. A Cricket of the Heart é a historia dun fogar feliz (como non o tivo o propio Dickens) Canción de Nadal/ Canción de Navidad/ Villancico navideño Das tres maneiras podedes atopar, traducido ao galego e ao castelán, A Christmas Carol, que é sen dúbida a novela curta máis famosa do autor. Este Nadal, facede que os espíritos do Nadal pasado, presente e futuro convirtan ao vello Scrooge nunha persoa moito mellor.

E aproveitando que se vai estrear a película THE HOBBIT, sempre é un bo momento para darlle unha re-lectura ao clásico de Tolkien.

Page 10: Guia de lectura do Nadal

Todo o equipo de biblioteca deséxavos un MOI BO NADAL e un PROSPERO ANINOVO. Déixamosvos una receita inglesa para ter unha existencia feliz no 2013

Take twelve fine, full-grown months; see

that these are thoroughly free from old

memories of bitterness, rancor and hate,

cleanse them completely from every clinging

spite; pick off all specks of pettiness and

littleness; in short, see that these months

are freed from all the past—have them fresh

and clean as when they first came from the

great storehouse of Time.

Cut these months into thirty or thirty-one

equal parts. Do not attempt to make up the

whole batch at one time (so many persons

spoil the entire lot this way) but prepare

one day at a time.

Into each day put equal parts of faith,

patience, courage, work (some people omit

this ingredient and so spoil the flavor of the

rest), hope, fidelity, liberality, kindness,

meditation, rest (leaving this out is like

leaving the oil out of the salad dressing—

don't do it), and one well-selected

resolution.

Put in about one teaspoonful of good spirits,

a dash of fun, a pinch of folly, a sprinkling of

play, and a heaping cupful of good humor.

Toma doce meses buenos y totalmente

desarrollados; mira que estén completamente

libres de antiguos recuerdos de amargura,

rencor y odio, límpialos por completo de todo

resentimiento pegajoso; elimina cualquier

mancha de mezquindad e insignificancia, en

definitiva, comprueba que estos meses esté

libres de todo resto del pasado; mantenlos

frescos y limpios como cuando llegaron por

primera vez del gran almacén del Tiempo.

Corta estos meses en treinta o treinta y una

partes iguales. No intetes hacer toda la

hornada de una sola tacada (¡son tantas las

personas que estropean todo el lote de esta

manera!!!!), sino que debes preparar cada uno

de los días uno a uno.

En cada día pon a partes iguales fe, paciencia,

coraje, trabajo (algunos omiten este

ingrediente y así estropean el sabor del

resto), esperanza, fidelidad, generosidad,

bondad, meditación, descanso (dejando esto es

como dejar el aceite del aliño de la ensalada -

no lo hagas) y una determinación bien

escogida.

Anádele aproximadamente una cucharadita de

buen humor, un poco de diversión, una pizca

de locura, una pizca de juego, y una taza

colmada de buen humor.