72

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para ... · 3 Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria Indice Índice Presentación Relación

Embed Size (px)

Citation preview

3

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Indice

Índice

Presentación

Relación de abreviaturas

Obxectivos

Captación

Criterios de inclusión

Avaliación do paciente hipertenso

Tratamento

Control e seguimento

Avaliación do protocolo

ANEXO I:

ANEXO II:

ANEXO III:

ANEXO IV:

Hipertensión secundaria.

Recomendacións xerais para a

medición da presión arterial.

Criterios electrocardiográficos de

hipertrofia ventricular esquerda.

Factores de risco cardiovascular e

afectación de órganos diana en

pacientes hipertensos.

3

7

9

13

13

13

15

18

21

23

29

31

37

39

4

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

5

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Indice

Bibliografía consultada

ANEXO V:

ANEXO VI:

ANEXO VII:

ANEXO VIII:

ANEXO IX:

ANEXO X:

ANEXO XI:

Medidas non farmacolóxicas no

tratamento da hipertensión arterial:

modificacións do estilo de vida.

Fármacos habituais no tratamento

da hipertensión arterial.

Criterios de derivación ó especialista.

Crises hipertensivas.

Valoración do cumprimento

terapéutico.

Monitorización dos efectos

secundarios.

Educación sanitaria.

41

47

53

55

59

61

63

65

Presentación

A hipertensión arterial é o factor de risco máis importante naaparición de enfermidades cerebrovasculares, cardiopatíacoronaria, insuficiencia cardíaca, aneurismo aórtico e nefropatía.En Galicia o accidente cerebrovascular e a enfermidadecoronaria son a primeira causa de mortalidade. A prevalencia dahipertensión arterial sitúase na poboación adulta arredor do20% sendo un dos motivos máis frecuentes da consulta enatención primaria. Esto último é debido fundamentalmente ácrecente posta en funcionamento de programas de prevenciónmultifactorial das enfermidades cardiovasculares, dos cales undos obxectivos é o control da HTA.

O Plan de Saúde de Galicia 1998/2001 recolle entre os seusobxectivos para as enfermidades cardiovasculares os seguintesrelacionados coa HTA: aumentar a proporción de pacientesdiagnosticados e tratados nun 40% e que nun 80% dospacientes diagnosticados de hipertensión estén controlados.Para a súa consecución propón ademáis unhas líneas deactuación: incrementar a intervención sobre a poboaciónadulta que acuda ós centros de atención primaria controlandoa presión arterial, potenciar a formación continuada dosprofesionais sanitarios e establecer protocolos de tratamento.

A edición desta guía de manexo da HTA, elaborada pormédicos, enfermeiros e farmacéuticos de atención primaria ebaseada na documentación máis relevante sobre o tema,pretende ser un documento de apoio para prevención,diagnósticos, tratamento e seguimento dos pacienteshipertensos, sen limitar as decisións que o clínico poida tomaren pacientes concretos.

José Mª Hernández CochónConselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

Presidente do Servicio Galego de Saúde

7

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

9

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

10

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

11

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Hipertensión arterial

OBXECTIVOS.• Reduci-la morbimortalidade cardiovascular asociada a

HTA. • Mellora-la detección e control dos pacientes

hipertensos.• Aumenta-la calidade de vida dos pacientes en

tratamento.

CAPTACIÓN.Determinación da tensión arterial a toda persoa queacuda a consulta por calquera motivo.En persoas sas recoméndase toma-la PA alomenos unhavez ata os 14 anos, e dende os 14 cada dous anos.

CRITERIOS DE INCLUSIÓN.Calquera persoa pertencente á área de saúde quecumpra os criterios diagnósticos de HTA .

Criterios diagnósticos:• Hipertensión arterial definida: en maiores de 14 anoselevación das cifras de PAS ≥ 140 e/ou PAD ≥ 90 mmHg.• Hipertensión sistólica illada (HSA) : PAS ≥ 140 con PAD< 90 mmHg.• Hipertensión arterial resistente :

- PA persistentemente elevada (≥ 140/90 mmHg) ecúmprense ademais as seguintes condicións: tripleterapia (incluído un diurético) alomenos durante tresmeses, bo cumprimento terapéutico, non consumoexcesivo de alcol e dúas visitas consecutivas

13

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

14

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

separadas en dúas semanas.- En caso de HSA en anciáns se PAS ≥ 160 mmHg sese cumpren as mesmas condicións que no apartadoanterior.

• Hipertensión de bata branca, HTA illada na clínica oude consulta: cifras de PA elevadas exclusivamente naconsulta, con cifras normais fóra dela.• Hipertensión arterial no embarazo: defínese porcalquera destas dúas circunstancias:

- Aumento da PAS ≥ 30 mmHg e/ou PAD ≥ 15 mmHg,respecto do comezo do embarazo, se estas soncoñecidas.- PA > 140/85 mmHg a partir da 20ª semana deembarazo ou nas 24 horas seguintes ó parto. Aaparición de proteinuria favorece este diagnóstico.

Clasificación

Segundo a etioloxía:- HTA esencial ou primaria: 95% dos casos enatención primaria.- HTA secundaria: 5% restante (Anexo I).

Segundo a severidade:Recomendámo-la utilización da clasificación daOrganización Mundial da Saúde e da SociedadeInternacional para o Tratamento da Hipertensión(WHO-ISH de 1999).

AVALIACIÓN DO PACIENTE HIPERTENSO

Obxectivos• Desbotar HTA secundaria.• Valoración de órganos diana.• Establece-lo perfil de risco cardiovascular global.• Determina-la patoloxía asociada.

Estudio inicial

Historia clínica• Antecedentes familiares: HTA, diabete mellitus (DM),cardiopatía coronaria, dislipemia, accidente cerebrovascular(ACV), insuficiencia renal (IR).• Antecedentes persoais:

- Historia previa de HTA (cifras tensionais,tratamentos, efectos secundarios).

15

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Cando a PAS e PAD dun paciente se sitúan en categorías diferentes,débese aplicar a categoría superior.

- HTA secundaria.- Outros factores de risco cardiovascular.- Hábitos tóxicos, factores psicosociais e ambientais.

Exploración física• Medida correcta da PA (Anexo II).• Peso, talla e índice de masa corporal (IMC).• Exploración cardiovascular (auscultación cardiopulmonar,

frecuencia cardíaca, pulsos periféricos).• Fondo de ollo (obrigado na Asociación de HTA e DM).• Exploración do sistema nervioso (lesión vascular cerebral).

Probas de laboratorio• Básicas:

- Sangue: bioquímica (glucosa, colesterol total, urea,creatinina, sodio e potasio).- Ouriños: DRAS e sedimento. En HTA asociada a DMmicroalbuminuria nos primeiros ouriños da mañá.

• Opcionais: Segundo o resultado da historia clínica,exploración física e probas de laboratorio básicas (HDLcolesterol, LDL colesterol, triglicéridos, ácido úrico,actividade de renina plasmática, aldosterona en plasma,catecolaminas en ouriños e microalbuminuria nosprimeiros ouriños da mañá -se é positivamicroalbuminuria en 24 horas-).

Exploracións complementarias• Básicas:

- Electrocardiograma (Anexo III).• Opcionais:

- Monitorización ambulatoria da presión arterial(MAPA) en HTA illada da consulta, hipotensiónarterial sintomática en pacientes tratados, HTArefractaria ó tratamento, discordancia entre cifras dePA e presencia de dano orgánico.

16

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

- Automedida da PA (AMPA), con indicaciónssimilares á MAPA.

Outras probas opcionais:- Radiografía de tórax e abdome. - Ecocardiograma (hipertrofia ventricular esquerda,lesión de órgano diana ou outra enfermidade cardíaca).

- Ecografía vascular en arteriopatía. - Ecografía renal en nefropatías.

Estratificación do risco cardiovascularRecomendamos utiliza-la estratificación do riscopublicada no Sexto Informe do Joint NationalCommittee:

• Grupo de risco APacientes con PA normal-alta ou HTA grao 1, 2 ou 3 senfactores de risco cardiovascular, lesións en órgano diananin enfermidade cardiovascular asociada (Anexo IV).

• Grupo de risco BPacientes con PA normal-alta ou HTA grao 1, 2 ou 3 senlesións de órgano diana nin enfermidade cardiovascularpero con un ou máis factores de risco cardiovascularexcepto DM.

• Grupo de risco CPacientes con PA normal-alta ou HTA grao 1, 2 ou 3 conenfermidade cardiovascular ou afectación de órganosdiana e/ou DM con ou sen outros factores de risco.

17

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

TRATAMENTO

A decisión terapeútica baséase na estratificación do riscocardiovascular

Medidas non farmacolóxicas (Anexo V)

As modificacións do estilo de vida sobre as que existe unamplo acordo respecto da súa utilidade para reduci-laPA, e o uso das cales debe considerarse en tódolospacientes ós que poida aplicarse, son:

• Reducción do peso.• Aumento da actividade física regular.• Reducción do consumo de sal.• Reducción do consumo excesivo de alcol.• Abandono do tabaco.• Manter unha axeitada inxesta de potasio.• Non demostraron a súa utilidade:

- Aumento da inxesta de calcio e magnesio.- Reducción da inxesta do café.

18

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Tratamento farmacolóxico:

• Criterios para seleccionar un medicamento: Para a elección dos fármacos, especialmente nunhaprimeira fase do tratamento, considéranse os seguintesaspectos:

- Efectividade na prevención cardiovascular dunfármaco.-Adecuación ás características de cada paciente.-Facilidade de administración (dose única diaria).-Boa tolerancia.-Rexistro de seguridade a curto prazo.-Propia experiencia persoal.-Custo.

19

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

• Esquema de tratamento da HTA

20

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

• Asociacións de antihipertensivos recomendadas.

• Tratamento das crises hipertensivas (Anexo VIII).

CONTROL E SEGUIMENTO

A frecuencia das visitas dependerá da estratificaciónglobal de risco e das cifras de PA:

Sistemática :• Toma de PA.• Frecuencia cardíaca e peso.• Valoración do cumprimento terapéutico (Anexo IX).• Detección de efectos secundarios (Anexo X).• Educación sanitaria (Anexo XI).

21

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

PeriodicidadeDependerá de se se alcanzan ou non os obxectivos decontrol da PA:

- Bo control: revisión por enfermería cada 2 -3 meses econtrol médico anual.- Mal control: individualizar en cada caso (cada 10-15días revisión polo médico e/ou enfermeira).

Avaliacións• Pacientes sen complicacións, nin factores de risco,valoración anual de:

- Exploración física - Electrocardiograma.- Laboratorio: hemograma, bioquímica,

microalbuminuria en DM.• Pacientes con complicacións e/ou factores de riscoe/ou patoloxías asociadas: individualiza-la periodicidadedas exploracións complementarias para realizar en cadacaso.

22

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

AVALIACIÓN DO PROTOCOLO

Indicador de coberturaNº de persoas hipertensas >14 anos incluídas no protocolo * 100

Nº total de persoas> 14 anos.• Incluiranse tódalas persoas que cumpran o seguintecriterio diagnóstico:

- Que fosen diagnosticadas mediante 3 tomas de PAseparadas nun periodo máximo de 3 meses e queteñan un promedio superior ou igual a 140/90mmHg.Incluiranse no numerador de cobertura: pacientescon diagnóstico de HTA previo (existencia dalgunhareferencia ó diagnóstico, control ou tratamento deHTA nos 6 meses seguintes á apertura da historiaclínica) e pacientes con HTA grave.

Indicadores de cumprimento do protocolo

Criterios de correcta atención• Que fosen diagnosticadas mediante 3 tomas de PAseparadas nun período máximo de 3 meses cunpromedio que sexa igual ou superior a 140/90 mmHg eser clasificado segundo os seus niveis de PA e/ou fase derepercusión visceral e/ou risco.Excepción: pacientes menores de 18 anos• Ter realizada anamnese sobre: antecedentes familiaresde HTA, antecedentes persoais (diabete, dislipemias eenfermidade cardiovascular) e hábitos tóxicos (alcol etabaco).• Ter realizada unha exploración física nos 2 últimosanos que inclúa alomenos: peso (con talla de referencia),auscultación cardiopulmonar, pulsos periféricos eedemas de membros inferiores.

23

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

• Que realizasen alomenos nunha ocasión dende odiagnóstico da enfermidade e con periodicidade mínimade 5 anos unha analítica básica que inclúa: hemograma,glicemia, creatinina, sodio, potasio, triglicéridos,colesterol, ácido úrico e sistemático de ouriños.•Realizar e informar un ECG alomenos nunha ocasióndende o diagnóstico da enfermidade e cunhaperiodicidade de 5 anos.Excepción: pacientes inmobilizados en domicilio nosderradeiros 5 anos.• Que recibisen consello/información sobre medidashixiénico-dietéticas alomenos unha vez no último anosobre: consumo de tabaco e alcol, dieta e exerciciofísico.Excepción: persoas nas que conste expresamente nahistoria clínica a ausencia de consumo de alcol e tabaco.• Ter realizado alomenos 3 controis anuais que inclúan:medición da PA, adherencia ó tratamento e planterapéutico: medidas hixiénico-dietéticas e dose/pautafármaco/s.

24

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

25

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo I

HIPERTENSIÓN SECUNDARIA

29

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo II

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA AMEDICIÓN DA PA

O diagnóstico de HTA non debe realizarse nunha soadeterminación. Os valores inicialmente elevados deberánser confirmados en alomenos dúas visitas posterioresrealizadas unha ou varias semanas despois, a menos quePA≥≥210/120 mmHg.No exame inicial a medida de PA farase nos dous brazos.Posteriormente, as sucesivas medidas faranse no brazono que se detectasen as maiores cifras tensionais e quechamaremos brazo control.

Recoméndase efectua-la medición baixo asseguintes condicións:

• O paciente permanecerá cómodamente sentado oudeitado, co brazo extendido á altura do corazón eapoiado sobre unha superficie. Non debeu comer,fumar, ni tomar café nos 30 minutos anteriores á tomanin debeu realizar exercicio físico. Determina-la PA enbipedestación en anciáns, diabéticos e outros trastornosnos que é frecuente a hipotensión ortostática.

• Hai que realiza-la medida despois de 5 minutos derepouso nun ambiente tranquilo.

• Utilízase un manguito de tamaño axeitado ó brazo dopaciente.

31

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

• A medida efectuarase preferentemente cunmanómetro de mercurio. Tamén pode utilizarse unmanómetro ou un aparello electrónico correctamentecalibrados.

• O rexistro realizarase dos valores de PAS e PAD. A PAScalcúlase primeiro por palpación sobre a arteria braquialou a radial. Unha vez inflado o manguito 20-30 mmHgpor riba deste valor empézase a desinflar a un ritmo de3 mmHg por segundo; a aparición dos ruidos (fase I deKorotkoff) indicaráno-lo valor da PAS. A desaparicióndos ruidos (fase V de Korotkoff) indicaráno-lo valor dePAD; se por calquera motivo se considera a fase IV(atenuación dos ruídos) deberá indicarse.

• Ó rexistra-las cifras de PA non ter preferencia pordeterminados díxitos (terminados en 0 ou 5).

32

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

• Realizaranse 2 medicións cun intervalo de 2 minutos.Se entre as dúas medidas hai unha diferencia superior a5 mmHg efectuaranse determinacións adicionais ata quese estabilice, considerando como PA da visita a mediadas dúas últimas. Se existe unha arritmia recoméndasemedir 5 veces e promediar.

Tipos de manguito

Das dúas dimensións que configuran a cámarahinchable do manguito, a lonxitude é máis importanteco largo. A lonxitude da cámara deberá envolver na súatotalidade, ou alomenos nun 80%, a circunferencia dobrazo.

Recoméndase dispoñer de varios manguitos concámaras de 12, 15 e 18 cm de largo para as seguintessituacións:

- 12 x 23 cm para suxeitos normais.- 15 x 31 ou 15 x 39 cm para suxeitos obesos.- 18 x 36 a 50 cm con casos de obesidade mórbida oupara determina-la presión nas pernas.

A circunferencia ideal do brazo para aplicar undeterminado manguito obtense multiplicando o largodo manguito por 2,5. Un manguito pequenosobreestima as cifras de PA, e un demasiado grandeinfravalóraas, pero o maior desequilibrio obtense óutilizar manguitos pequenos en brazos grandes. En casode dúbida é preferible utilizar un manguito grande.

A seguinte táboa contén os factores de corrección quepoden ser utilizados para cada unha das medidas do

33

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

manguito segundo a circunferencia do brazo dopaciente.

34

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

35

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo III

CRITERIOS ELECTROCARDIOGRÁFICOSDE HIPERTROFIA VENTRICULARESQUERDA *

37

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo IV

FACTORES DE RISCO CARDIOVASCULAR EAFECTACIÓN DE ÓRGANOS DIANA ENPACIENTES HIPERTENSOS

39

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo V

MEDIDAS NON FARMACOLÓXICASNO TRATAMENTO DA HTA:MODIFICACIÓNS DO ESTILO DE VIDA

Deben utilizarse en tódolos casos. Inclúen:

•Reducción de peso.

En todo paciente cun sobrepeso superior ó 10% deberáinstaurarse unha dieta hipocalórica e un programa deexercicio para lograr que o reduza.Isto reducirá a presión arterial nunha ampla proporcióndos suxeitos. A reducción da PA aparece xa nas fasesiniciais do programa, con perdas de peso de só 4 a 5 kg.A perda de peso ademais aumenta a eficacia dosfármacos antihipertensivos e mellora outros factores derisco cardiovascular.

Nos pacientes con HTA lixeira e exceso de peso aperda de peso e outras medidas non farmacolóxicasdeben probarse por un período de 3 a 12 mesessegundo grupo de risco, antes de inicia-lo tratamentofarmacolóxico. A recuperación de peso é frecuente; perodebe terse en conta o fin a longo prazo de atenua-laganancia de peso coa idade.

• Aumento da actividade física.

A actividade física regular é beneficiosa tanto para prevircomo para trata-la HTA. Ademais facilita a perda depeso, mellora o nivel funcional do paciente e reduce o

41

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

risco cardiovascular e a mortalidade total conindependencia do seu efecto antihipertensivo. Oexercicio físico regular pode reduci-la PAS en 10 mmHgen pacientes hipertensos. A actividade non precisa sercara ou complexa. En pacientes sedentarios basta unhaactividade moderada (30 a 45 minutos camiñando aprésa 3-5 veces por semana). Os pacientes concardiopatía isquémica previa ou con outrasenfermidades cardíacas ou problemas de saúde severosprecisan unha avaliación a fondo, incluíndo confrecuencia un test de esforzo antes do programa deexercicicio, pero o resto dos pacientes poden iniciargradualmente o seu programa sen precisar unhaavaliación médica máis alá da dictada pola propia HTA.Debe evitarse o exercicio isométrico (pesas, flexións) porincrementa-la PA. O exercicio anaeróbico (exerciciosbreves e bruscos como as carreiras de velocidade e otenis violento) non é eficaz (pero tampouco perxudicial)para reduci-la PA e o nivel de risco vascular.

• Reducción da inxesta de sodio.

Non son precisas restriccións severas; pero non debeengadirse sal en absoluto ás comidas e debenconsumirse con moita moderación os pratosprecociñados, co obxectivo de reduci-la inxesta de sodioa 100 mmol. (aproximadamente 3,5 gramos de salcomún) ó día. Os anciáns e obesos son máis sensibles aestas medidas que a poboación xeral.

Recomendacións xerais na dieta hiposódica.

• Alimentos prohibidos ou moi restrinxidos

- Sal de cociña e mesa

42

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

- Embutidos (incluído xamón doce ou de York)- Comidas precociñadas- Alimentos enlatados- Augas gasificadas- Sopas de sobre e pastillas de caldo

• Aspectos relacionados coa elaboración das comidas

- A cocción ó vapor e á prancha manteñen máis o gusto.- Poden utilizarse condimentos.- Poden utilizarse aceites gustosos (50 ml/día de aceitede oliva).

• Reducción da inxesta de alcol.

O consumo excesivo de alcol eleva a PA e pode causarresistencia ó tratamento antihipertensivo.

• Supresión do hábito tabáquico

Non produce HTA e o seu cesamento non reduce a PA;pero é un factor de risco cardiovascular e ten un efectoque é máis que aditivo coa HTA e a súa continuaciónlimita a protección fronte ás enfermidadescardiovasculares obtida co tratamento da HTA.

• Inxesta de potasio

Basta con manter unha boa inxesta de potasio(alomenos 3 pezas de froita ó día). Os suplementosfarmacolóxicos son necesarios se a terapia (diuréticos)causa hipopotasemia ou tal vez se o paciente non podereduci-la inxesta sódica.

43

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

A eficacia destas medidas está claramente probada.Reducen a presión arterial de moitos pacientes que asseguen e melloran ademais outros factores de risco deenfermidade cardiovascular precoz. O principalproblema é a dificultade de mantelas.

• Non é útil sen embargo:

- Incrementa-la inxesta de calcio e magnesio.- Reduci-la inxesta de cafeína (salvo se existe outro motivo).- Incrementa-la inxesta de allo e cebola.

44

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

45

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo VIFÁRMACOS HABITUAIS NOTRATAMENTO DA HTA

Ista táboa amplíase nás páxinas seguintes.

Nota: o listado de contraindicacións ou precaución, ou de efectos

secundarios non é total.

* Indica a existencia de xenérico comercializado.

47

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

48

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

49

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

50

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

51

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo VII

CRITERIOS DE DERIVACIÓN ÓESPECIALISTA

Programada• HTA secundaria non farmacolóxica.• HTA asociada a insuficiencia renal: creatinina > 2,5mg. e/ou proteinuria maior de 500 mg/día.• HTA no embarazo• HTA resistente:

Desbotar:- Mal cumprimento, terapéutico ou na modificacióndo estilo de vida.- Consumo de fármacos que eleven a PA

• Lesión en órganos diana que requiren estudiosdiagnósticos non dispoñibles.

- HVI- Cardiopatía isquémica.- Arteriopatía periférica.- Aneurisma aórtico.- Retinopatía hipertensiva: hemorraxias ou exudadoscon ou sen edema de papila.- Enfermidade renal.- Enfermidade cerebrovascular.

Emerxencia hipertensiva: precisa controlinmediato.

53

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo VIII

CRISES HIPERTENSIVAS

Urxencia hipertensiva ou crise hipertensivasimple.

É aquela elevación da PA que non supón un compromisovital inmediato e polo tanto permite a súa corrección noprazo dunhas horas, con tratamento por vía oral e senprecisar necesariamente a asistencia hospitalaria.Inclúense neste apartado as crises asintomáticasidiopáticas e as crises en pacientes con antecedentes decardiopatía isquémica ou insuficiencia cardíaca, entransplantes renais, nos períodos preoperatorio eposoperatorio, e nas queimaduras extensas.

Emerxencia hipertensiva.

É a elevación tensional que se acompaña de alteraciónsorgánicas graves que comprometen a vida do pacientede modo inminente e por iso requiren o descenso da PAno prazo máximo de 1 hora, con tratamentopreferentemente por vía parenteral nunha instituciónhospitalaria. Inclúense neste concepto as crises que seacompañan de encefalopatía hipertensiva, eclampsia,edema agudo de pulmón, insuficiencia coronaria,accidente vascular cerebral, aneurisma disecante deaorta, HTA maligna ou acelerada (lesión retiniana severapor HTA), traumatismo craneoencefálico e a insuficienciarenal aguda.

55

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

No tratamento dunha urxencia hipertensiva o tipo defármaco que se utilizará dependerá da patoloxíaasociada, tanto aquela que acompaña a crisehipertensiva como outras patoloxías crónicas queconflúan nun determinado paciente. Distinguiremosdúas situacións:

• Pacientes que non reciben habitualmentetratamento antihipertensivo: nestes casos abondarácon iniciar dito tratamento, mesmoambulatoriamente, con doses habituais dos fármacosantihipertensivos.

• Pacientes que reciben tratamento crónicoantihipertensivo: nestes casos, despois de comprobarque as doses e intervalos de dosificación son oscorrectos, asociarase un segundo fármaco.

56

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

ALGORITMO DE ACTUACIÓN NASELEVACIÓNS AGUDAS DA PA

57

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo IX

VALORACIÓN DO CUMPRIMENTOTERAPÉUTICO

• Datos subxectivosInformación recollida do propio paciente ou do seuacompañante- ¿Cantas pastillas toma ó día?- ¿Deixou algunha pastilla na última semana?

• Datos para rexistrar na historia- Bo cumprimento. Cando a valoración foi positiva.- Mal cumprimento. Cando a valoración foi negativa.

• Condicións para mellora-lo cumprimento- Simplifica-lo tratamento, axustando horarios óshábitos do paciente.- Amosa-lo máximo interese polo paciente.- Implica-lo paciente nas decisións que se tomenrespecto dos cambios dos seus hábitos de vida.- Animar para que comente os posibles problemas.- Informar sobre os posibles efectos secundarios.- Diminuí-lo tempo de espera antes das visitas.- Asegura-lo ritmo das visitas interesándose portodos aqueles pacientes que non acudan ás visitas decontrol.- Non adoptar actitudes de ameaza ante sospeita demal cumprimento, ou non se consiga o obxectivo dotratamento.- Aumento das visitas a pacientes non cumpridores.

59

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo XMONITORIZACIÓN DOS EFECTOSSECUNDARIOS

61

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

Anexo XI

EDUCACIÓN SANITARIA

• Obxectivos- Consegui-la participación directa do hipertenso- Responsabiliza-lo paciente- Cambio de hábitos- Cambio de actitude- Atender aspectos psicosociais

• Hai que ter en conta os seguintes factores- Carácter asintomático e permanente da HTA- Variabilidade da PA- Implementación da dieta hiposódica- Valoración de efectos secundarios do tratamento- Valoración de factores de risco cardiovascular- Disciplina de controis periódicos

• Normas de educación- Linguaxe sinxela- Conceptos claros- Correxir malos entendidos- Reforzo positivo

• Normas de comunicación- Establecer un clima de confianza e de comprensión

mutua- Saber escoitar- Saber conversar- Aconsellar de maneira práctica

• Técnicas de educación- Entrevista personalizada- Implicación dalgún membro da familia

63

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

64

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

BIBLIOGRAFÍA

CONSULTADA

1.- Protocolo de Hipertensión Arterial en AtenciónPrimaria. Sociedad Española de Medicina Familiar yComunitaria. FMC 1999; 6 (supl 3).

2.- The Sixth Report of the Joint National Committeeon Prevention, Detection, Evaluation and Treatment ofHigh Blood Pressure. Arch Intern Med 1997;157: 2413-2446.

3.-Guidelines for the Management of Hypertension.World Health Organization-International Society ofHypertension 1999.

4.-Clinical Practice Guidelines (1ª ed.). New Zealand:Adis International Limited, 1998.

5.- Blasco M. Manual de hipertensión arterial enMedicina de Familia. Madrid: Jarpyo Editores SA, 1997.

6.- Sociedad Española de Medicina Familiar yComunitaria. Programa del adulto. Madrid: EdicionesDoyma SA, 1997.

7.- De la Figuera M, Dalfó A. Hipertensión arterial. En:Martín Zurro A, Cano Pérez JF, editores. AtenciónPrimaria. Conceptos, organización y práctica clínica. (4ªed.). Madrid: Harcourt Brace, 1999: 658-689.

65

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

8.- Reverte Cejudo D, Moreno Palomares JJ, FerreiraPasos EM. Hipertensión Arterial: actualización de sutratamiento. Inf Ter Sist Nac Salud1998; 22:81-94.

9.- Martindale. The complete drug reference. (32ªed.) Londres: Pharmaceutical Press, 1999.

10.- Cartera de Servicios de Atención Primaria:definiciones, criterios de acreditación, indicadores decobertura y normas técnicas (3ªed.). Madrid: InstitutoNacional de la Salud 1999.

11.- Florez J. Farmacología humana (3ª ed.).Pamplona: Eunsa, 1997.

12.- Harrison. Principios de Medicina Interna (14ªed.). Madrid: McGraw-Hill Interamericana de España,1998.

66

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

67

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

68

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

69

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

70

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

71

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria

72

Guía de práctica clínica da hipertensión arterial para atención primaria