72

Guia de senderismo

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Guia de senderismo das fragas

Citation preview

Page 1: Guia de senderismo
Page 2: Guia de senderismo
Page 3: Guia de senderismo

ÍndiceO parque natural e o ouro das fragas ............................... 4

A rede de sendas ...................................................................... 5

Consellos ...................................................................................... 5

Os camiños de Caaveiro .................................................... 7

Os camiños do sur ................................................................ 29

Especies que se citan .............................................................. 48

Fichas de ruta .......................................................................... 49

Mapas ......................................................................................... 57

Libros recomendados .............................................................. 71

Enderezos e datos de interese ............................................. 71

Páxina

3

Page 4: Guia de senderismo

fragas

O parque natural eo

O parque natural Fragas do Eume, declarado polo Gobernoautónomo no ano 1997, abarca 9.125 hectáreas, que se repar-ten entre os concellos de Pontedeume, Monfero, As Pontes deGarcía Rodríguez, A Capela e Cabanas.

Consideradas como unha das xoias forestais ibéricas, as Fragasdo Eume son un conxunto de bosques seminaturais que acom-pañan o río Eume cerca da desembocadura. Aquí a auga cice-lou un angosto val hoxe cuberto por un denso dosel arbóreodunha de gran beleza e incalculable valor patrimonial. Naactualidade, este ecosistema constitúe o exemplo vivo máisrepresentativo, do que foron os bosques e a paisaxe que entempos pasados poboaban a maior parte do litoral galego.

Non obstante, estas fragas albergaron, e aínda o fan, unhamultitude de actividades humanas que, lonxe de danalas, con-tribuíron á súa conservación. Toda a actividade dos habitantesdesta comarca durante centos de anos mantívose en harmoníaco medio natural. Moitas das actividades foron extractivas:como a caza, o aproveitamento de árbores para madeira eleña, os froitos, a pesca, a minería de ferro e outras tantas. Aforza da auga era aproveitada para a transformación nas ferre-rías e nos muíños hidráulicos. Os solos fértiles das valgadas,onde non escasea a auga, eran os preferidos para cavar o bos-que, e plantar en pequenas superficies, pereiras, maceiras,pexegueiros e outras árbores froiteiras, ou incluso viñas. Alí, aosol, co aire dos carballos e a auga do ceo, maduraban os froi-tos: o ouro das fragas.

ourodas fragas

4

Page 5: Guia de senderismo

A rede

Consellos

A rede de sendasUn total de seis rutas compoñen o conxunto de camiños sina-lizados do Eume que discorren polos ecosistemas máis repre-sentativos do parque. En certa medida, a rede de sendas, vénrevelar o gran valor recreativo de espazos tan auténticos comoas fragas da Ventureira ou os cumes de Pena Cavada. Por estemotivo, edítase esta guía co fin de brindar a información nece-saria para gozar deles.

Os camiños teñen unha lonxitude apropiada para seren anda-dos por unha gran variedade de público; no entanto, existe aposibilidade de que o visitante enlace varios deles facendopercorridos máis longos.

Por outra parte, tivéronse en conta especialmente ós nenos nodeseño destas rutas e, aínda que todas son adecuadas paraeles, dúas foron concibidas de xeito particular para que adul-tos e nenos gocen dunha xornada especial. É o caso doCamiño dos Encomendeiros, que se realiza a pé, e do Camiñode Pena Fesa, para facer en bicicleta.

Convidámolos a redescubrir o pracer de camiñar.

Consellos

• Modere a velocidade do seu vehículo cando circule poloparque. Vaia sempre por estrada.

• Pedras e troncos caídos adoitan ser esvaradíos.• Planifique con detalle a súa visita e equípese convenien-

temente.• Arrincar flores e plantas pon en perigo especies singulares.• Cerre de novo as cancelas que encontre ao seu paso.• O lume pode destruír a vida do parque.• Deposite o lixo en contedores.• Non se permite a acampada.• Non deixe o seu can solto.• Use as áreas recreativas e aparcadoiros.• Non dubide en preguntarlle ao persoal do parque, estamos

á súa disposición.

5

Page 6: Guia de senderismo

6

Page 7: Guia de senderismo

O aroma a brión e terra mollada

acompáñanos polos camiños máis

coñecidos do parque que discorren

polo fondo do val, ao bordo do

Eume e o mosteiro de San Xoán

de Caaveiro.

- Camiño dos Encomendeiros

- Camiño da Ventureira

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

7

Page 8: Guia de senderismo

Os bboossqquueess ddee rriibbeeiirraa son os cami-ños que habitualmente utiliza afauna para os seus desprazamen-tos, pero non só para os pequenosdesprazamentos diarios, senóntamén para aqueles outros máisimportantes en virtude dos cales asespecies avanzan e retroceden sobre oterritorio.

Estes bosques, tamén chamados “bosque galería” pola súaforma, cumpren a importante función de interconectar bioló-xicamente áreas xeográficas distantes, favorecendo o inter-cambio e a variedade xenética.

A ribeira dos ríos é o reino dos aammeenneeiirrooss, pero non só aquí,senón en practicamente todos os ríos europeos. Os científicoscoñéceno como Alnus glutinosa, nome latino que significa relu-cente e que se refire ás súas follas lustrosas. Das súas ramas col-gan pequenas piñas en forma de cono, que os biólogos chamanestróbilos, e que albergan diminutas sementes de tamaño infe-rior ao dunha lentella. Estas, están dotadas de dous diminutosflotadores de cortiza que as axudan a flotar na auga, favorecen-do así a dispersión da especie. As raíces do ameneiro presentan

8

A ribeira

dos ríos

é o reino

dos

ameneiros

O dentabrú tingue deocre as ribeiras candochega o outonao

Page 9: Guia de senderismo

tumoracións de cor parda nasque se aloxa simbioticamente abacteria Frankia alni, que fixa onitróxeno do aire e lle permite áárbore asentarse sobre terreosempobrecidos.

A súa madeira non é demasiado dura edescomponse con facilidade ao contactoco aire, pero na auga é moi duradeira, poloque se empregou moito en obras realizadasbaixo a auga. Incluso se afirma que gran partede Venecia se sustenta sobre pilotes de ameneiro.

O solo forestal é moi húmido. A cobertura vexetal limita a eva-poración da auga, e favorece a existencia de grupos vexetaispouco evolucionados en cuxa reprodución a auga ten un papelimportante. Baixo as árbores, tapizan o solo do bosque multi-tude de ffeellggooss. Súas frondes -follas- abrollan do mesmo puntoformando curiosos círculos. O ciclo vital dos felgos divídese endúas partes. As frondes dos felgos albergan unhas diminutasbolsas marróns cheas de esporas. Cando caen ao solo húmido,comeza a seguinte fase do ciclo: das esporas nace o prótalo,unha pequena folliña de dous centímetros, con forma de cora-zón, que adoita pasar desapercibida, e que posúeverdadeiros órganos reprodutores que daránlugar a un novo felgo.

O ddeennttaabbrrúúnn ten unha enorme fronde ehabita sempre cerca da auga. Por estarsempre tan á man, acaba tapizando ointerior dos cestos dos pescadoresfacendo que as súas capturas per-manezan frescas.

9

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

Felgo

Coas ramas do ameneirofabricábanse sonoros pitos(chifles)

Page 10: Guia de senderismo

A ffeennttaa, un pequeno felgo duns vinte centímetros, ten por cos-tume apousentarse no alto das árbores; esta característica com-pártea con outro ilustre felgo das fragas, a delicada cabriña.Rube serpeando ás árbores por medio dun groso rizoma. É ilus-

tre por pertencer a esascontadas especies

do parque que,como o seu

nome científico indica -Davallia canariensis-, pertenceu aunha antiga vexetación que no

pasado habitaba en Galicia, hoxereducida a uns poucos lugares

como as Illas Canarias.

Outro dos efectos beneficiosos do bosque de ribeira é a som-bra que proxecta sobre a auga do río, que contribúe a mantera súa temperatura estable. Os peixes do Eume máis esixentes,como a troita, soportan mal as augas que non están frías ninosixenadas. Tampouco o fan os rreeooss, peixes parecidos aos sal-móns que a ciencia describiu como unha variedade migratoriada troita común. Algunhas troitas, pouco despois de naceren,emigran ao mar, onde abunda a comida, e están varios mesesou incluso anos vagabundeando pola costa. Durante estetempo a alimentación mariña coloreou a súa carne de rosa, assúas escamas de cor prata e o peixe alcanzou un bo tamaño.Convertéronse en reos que a partir da primavera remontan orío para reproducirse. A diferenza dos salmóns, estes podenretornar en varias ocasións, xa que non morren despois dafreza. Os reos acadan tamaños considerables. O couto depesca de Ombre ten dado exemplares de ata cinco quilos depeso e máis de setenta centímetros de lonxitude, aínda que amaioría das capturas miden arredor de trinta centímetros.

Malia que hoxe en día só está permitida a pesca con cana, tra-dicionalmente usáronse os ccaanneeiirrooss para capturar salmóns deforma masiva. “[…] Son os caneiros unha especie de parada depedras formada nalgún punto do río onde o caudal é favorablepola disposición das rochas do fondo, que, constituíndo unharepresa, permiten formar un ou varios chorros nos que se axus-

10

Page 11: Guia de senderismo

11

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

Os reos remontan o río

para reproducirse

a partir da primavera

tan voitróns, de modo que a pesca queda atrapada neles.[…]”,relata un cronista do século XIX, época na que se lle atribuía aesta pesca a diminución de salmóns no río. Os caneiros doEume pertenceron á Casa de Alba, e o traslado dos salmóns aMadrid realizábase por correo urxente a cabalo.

Caneiros

Page 12: Guia de senderismo

O ccaarraaccooll ddee QQuuiimmppeerr pódese diferenciar facilmente porque asúa cuncha non se desenvolve cara aos lados, é plana e nocentro ten un pequeno orificio. O raro molusco habita unica-mente na cordilleira Cantábrica e na Bretaña francesa. É acti-vo pola noite ou en días chuviosos, e pasa os días acubilladobaixo o confortable manto de follas mortas do bosque.Aliméntase dos fungos que medran sobre as árbores caídas edas follas de castiñeiros e carballos.

Os caracois teñen unha forma moi particular de comer. Comonon dispoñen de mandíbulas, tampouco mastigan os alimen-tos, senón que os relan literalmente sobre a rádula (que eti-moloxicamente significa relador), unha especie de linguadotada dunha infinidade de dentiños.

Aínda que lentos, os caracois son extremadamente escorregadi-zos e inquietos. Se os colocamos nunha pequena caixa, pasea-ranse por toda a súa superficie ata encontrar a saída, pero taménse os deixamos nun extenso parque, automaticamente marcha-rán cara aos extremos e intentarán escapar. Ademais, o seu mus-culoso pé é unha perfecta ferramenta de fuga que lles permiteempoleirarse sobre calquera superficie, desde suaves brións atapunzantes toxos. Os caracois son un delicioso manxar para moi-tos outros animais: ratos, toupas, ourizos, musarañas, lagartos, epara unha infinidade de aves, como tordos e merlos.

12

Aínda

que lentos,

os caracois son

extremadamente

escorregadizos

e inquietos

Page 13: Guia de senderismo

A gran familia do ameneiro tamén o é da abeleira. Trátase dunhaárbore de pequeno porte, nunca maior de seis metros de altura.Os seus deliciosos froitos, as abelás, maduran de xullo a outubro;son moi apreciadas polos animaliños debido ao seu enorme valornutritivo, xa que conteñen ata un 60% de aceites, ademais dal-gunhas proteínas e azucres. Por iso as buscan con dedicación;porén, a grosa e dura casca fai difícil chegar á parte carnosa e osanimais teñen que gastar unha considerable enerxía en facelo.As aabbeellááss da fotografía foron pacientemente roídas por un rato,xa que os esquíos -con mandíbulas máis poderosas- adoitan abri-las en dúas metades.

13

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

Abeleira

Page 14: Guia de senderismo

A poucos centos de metros do inicio dos Encomendeiros,encontraremos unha explanada á esquerda; sobre ela, embos-cadas, pódense descubrir unhas construcións de pedra. Son aschamadas ccuurrrriippaass,, que foron usadas tradicionalmente paraalmacenar as ccaassttaaññaass no propio monte.

A castaña foi un alimento de referencia, fundamental tanto naeconomía como na dieta da antigüidade, sendo a principalfonte de hidratos de carbono en tempos de escaseza.

Para a súa recolección e para extraero froito dos ourizos (petelado), usá-ronse unhas pinzas de madeira fei-tas das flexibles varas novas da pro-

pia árbore e que se chamaron ccoollllee--ddeeiirraass, e que eran dobradas a lume.

Na mesma explanada, volvendo a vista cara ao río, poderemosver un tramo que a auga abandonou en busca dun camiño máisrápido. É un lugar excepcional para, observando a rúa de casco-tes, imaxinar como é o contorno onde habitan os peixes. Hoxeen día esta ccaannllee eessqquueecciiddaa soamente recibe auga durante ascrecidas maiores do inverno, e non é estraño encontrar nas char-cas que se forman alevíns de troita que quedaron atrapados.

As curripas usábanse para almacenar as castañas

14

Page 15: Guia de senderismo

Se á última hora da tardeaínda, nos encontramoscamiñando polo bosque,case con toda segurida-de oiremos o misteriosooulear da aavveellaaiioonnaa, quese espreguiza para darinicio á súa xornada decaza. Trátase dunha ave rapaznocturna, duns corenta centíme-tros, sen “orellas”, con grandes ollose plumaxe apincharlada de cor marrón, gris e ocre. É ben certoque as aves nocturnas dispoñen de ollos moi sensibles á luz,pero non é menos certo que a súa habilidade cazadora res-ponde principalmente a un finísimo oído capaz de detectar elocalizar o máis irrelevante movemento entre a follada. Damesma maneira que sucede cos mamíferos, o son é detectadopor uns pelos sensoriais, moito máis densos nas aves que noshumanos, o que lles permite diferenciar sons que se producenmáis próximos no tempo e, polo tanto, desentrañar mensaxesmáis complexas. Aliméntanse principalmente de pequenosratos. As avelaionas contan con outras adaptacións específicaspara a caza nocturna: o seu disco facial, formado por plumasconcéntricas, dirixe as ondas sonoras cara aos oídos -douspequenos orificios cerca dos ollos, colocados un máis arriba

A avelaiona corta cunhas potentes garras

15

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

As aves nocturnas

dispoñen de ollos moi

sensibles á luz

Page 16: Guia de senderismo

Unha delicada beleza adoita acompañar ós variados bbrriióónnssque hai na fraga e que polo xeral pasan desapercibidos. Nonobstante, descubriuse que, lonxe de seren insignificantes,desenvolven un papel notable no funcionamento do bosque,pois acumulan entre o 1,5% e o 5% do sodio e potasio quechega a el. Por outra parte, mentres as árbores toman osnutrientes das reservas do solo, os brións cáptanos dos mine-rais disoltos na chuvia, que, de non ser así, se perderían.Tamén son importantes para a fauna, pois albergan numero-sos invertebrados. Un estudo encontrou en 350 cc de brión1.152 individuos pertencentes a docegrupos de artrópodos. E tampouco édifícil presumir certa importancianos extensos tapices de brióná hora de reter auga e man-ter a humidade xeral doecosistema.

Os brións desenvolven un papel notable no equilibrio do bosque

que o outro para precisar a localizaciónda presa-. Coa finalidade de non dela-tarse durante o asexo, dispoñen nassúas plumas dunhas prolongaciónsmoi finas chamadas sedas que lle con-firen un tacto aveludado, facilitandoque o seu voo sexa extremadamentesilencioso. Durante o día, dormen no

alto dalgunha árbore, nos ocos dostroncos ou, incluso, nalgunha cova entre

pedras nas que se sintan seguras.

16

Page 17: Guia de senderismo

17

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

Carballo

Se hai unha árbore común e caracte-rística das fragas, esta é o ccaarrbbaalllloo.Trátase dunha árbore robusta quepode alcanzar os corenta metros dealtura, aínda que tardará moitotempo en conseguilo debido ao seulento crecemento. O epíteto quedesigna esta especie no seu nomecientífico -Quercus robur- era empre-gado polos romanos para lle darnome a calquera tipo de madeiradura, e incluso para referirse á soli-dez e á constancia de ánimo. Enxeral, non encontraremos carballosmoi lonxevos nas nosas camiñadaspola fraga debido a que estes foronintensamente explotados na antigüi-dade. De entre os moitos usos que selles daba ata hai pouco tempo, cóm-pre falar da existencia enPontedeume dunha industria de cur-tir peles, que usaba como materiaprima a casca da árbore pola súariqueza en ácidos tánicos.

Page 18: Guia de senderismo

Tamén son moi ricos en taninos asbbuuggaallllaass, que nunca se deben con-fundir cos froitos dos carballos: aslandras. As bugallas son crecemen-tos anormais causados por estímu-los externos, como insectose vermes. As máis habi-tuais son as queteñen forma debóla. No inte-rior desenvólve-se a larva daavespa -de 3 mmde tamaño- Andricuskollari. Dentro, as larvas estánprotexidas dos depredadores e dis-poñen de alimento en abundancia.Porén, chegado o momento de abandonar o seu refuxio,barrenan un pequeno orificio por onde saen. A súa primaAndricus quercustozae orixina outras bugallas similares,máis grandes e dotadas dunha coroa de protuberancias. Ociclo biolóxico das Andricus é moi curioso, xa que unha xera-ción sexuada de machos e femias produce unha xeraciónasexuada de femias que poñen os ovos da seguinte xeraciónsexuada e completan o ciclo, todo no mesmo ano.

18

Bugallas

As diminutas andicus orixinan bugallas dun tamaño considerable

Page 19: Guia de senderismo

Baixo a cuberta dos carballos, éfácil que pasen desapercibidos oscarreiros polos que os animais semoven dentro do bosque, e queconforman unha extensa mallaparalela ás nosas sendas. Os maio-res, como o xxaabbaarriill, son animais decostumes que adoitan realizar osmesmos traxectos. O porco bravo éun enorme habitante da fraga,esencialmente vexetariano, aínda

19

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

O porco bravo é un

enorme habitante

da fraga

Page 20: Guia de senderismo

que non rexeita larvasde insectos ou restosorgánicos. Igual que amaioría dos habitantesdo bosque, é máis activonos crepúsculos e bastan-te difícil de observar; noentanto, é relativamentefácil encontrar as súas pega-das impresas nas barreiras.Para protexer a súa pel dosinsectos, avorcállanse na lama;resulta frecuente encontraralgún dos seus “baños” no medioda fraga, e con seguridade taménveremos nas proximidades algunhaárbore con sinais de que se refrega-ron contra el. Moi ao contrario doporco doméstico, o xabaril manténun especial coidado coa súa pel. Estesanimais desenvolven uns temibles eafiados dentes caninos que lles propor-cionan un aspecto fero. En realidade,nos encontros fortuítos cos humanos, elesson os primeiros en saír correndo a inter-narse no bosque.

20

Os xabariles desenvolven uns afiados dentes caninos

Page 21: Guia de senderismo

21

A vexetación organízase como

un pequeno crebacabezas

Os biólogos dividen o territorio nunha serie de provincias nasque a vexetación é homoxénea. O curioso é que as Fragas doEume se sitúan no límite das carballeiras máis habituais dosur, e as que desde Asturias dominan o norte de Galicia. Sonos chamados Sector Galaico-Portugués e Sector Galaico-Asturiano. No Eume, a vexetación organízase como un peque-no crebacabezas, no que se colocan pezas dun e outro sectoratendendo a diferentes razóns: a altitude, a microclimatoloxía,a orientación, etc., pero en calquera caso, existe unha especialriqueza, xa que coexisten especies dos dous dominios.

Page 22: Guia de senderismo

Nas carballeiras do norte, ocarballo vai acompañado deespecies, como o castiñeiro ouo pradairo. Entre as plantas demenor tamaño, encontramosfrecuentemente adherida áspedras húmidas, a seixebra.

Nas zonas un pouco máis cáli-das, como as ladeiras orienta-das ao sur, os carballos teñenuns acompañantes diferentes.Son moi característicos os aro-máticos loureiros, tradicional-mente considerados como sím-bolo de vitoria. Con loureiroscoroáronse os triunfadores dasbatallas e os emperadoresromanos; non obstante, o ver-dadeiro loureiro do César pare-ce que foi unha especie deRuscus que non existe enEspaña.

22

Loureiro e sementes

Pradairo

Page 23: Guia de senderismo

23

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

Seixebra

Aquí, a vexetación

organízase como un pequeno

crebacabezas

Page 24: Guia de senderismo

24

Nas fragas habita un parente próxi-mo, a xxiibbaarrddaa ou ssiillbbaarrddaa, Ruscusaculeatus, unha pequena plantasempre verde, con falsas follas pun-zantes que dá uns froitos globososde cor vermella moi atraentes. Atahai pouco recollíanse para facervarredoiros.

A xibarda non debe confundirse coacivro, que tamén ten follas punzan-tes e froitos vermellos, pero o acivroé unha árbore. O acivro está protexi-do na Comunidade Autónoma porser unha especie de folla perenneque proporciona abrigo á faunadurante o inverno.

Xibarda

Page 25: Guia de senderismo

Acivro

É unha fonte de alimentopara algunhas especiescomo os ffeerrrreeiirriiññooss ssuubbeellii--ññooss, que, malia sereninsectívoros, non dubidanen peteirar as apeteciblesbagas vermellas en épocade escaseza. Os ferreiriñosrecoñecerémolos axiña por-que son os alborotadoresdas fragas. Aparecen enbandadas ás que, atraídospolo ruído, acoden outrasespecies de ferreiriños,estreliñas ou gabeadores.

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

25

Page 26: Guia de senderismo

A dificultade de acceder á fraga foi precisamente a caracterís-tica buscada por unha serie de eremitas para fundar, a finais dossééccuulloo IIXX, o mosteiro de San Xoán Bautista na vila de Calavario.Na segunda metade do ssééccuulloo XXII convértese en mosteiro decóengos regulares de San Agostiño. Nunca chegou a ter máisde nove cóengos, aínda que sempre acolleu aquelas persoasque buscaron retiro no illamento da fraga, como sucedeu conSan Rosendo. Durante os séculos XI, XII e XIII o mosteiro reci-be doazóns particulares e privilexios reais que o levan a alcan-

26

BB rr ee vv ee hh ii ss tt oo rr ii aa dd oo

mosteiromosteiro dede

Idealización do aspectodo mosteiro antes de 1896

Page 27: Guia de senderismo

27

Os camiños de

Os camiños deCaaveiroCaaveiro

zar un notable dominio xurisdicional. No século XXIIVV cae baixoa encomenda da familia Andrade. Superada a crise baixo-medieval, a diferenza do que ocorre noutros mosteiros de cóen-gos regulares, Caaveiro non desaparece, pero cun alto custo: ospriores deixan de vivir no mosteiro, e este secularízase. En 11880000suprímese a colexiata, aínda que a estrutura económica doseñorío mantense baixo o goberno dun caseiro e un adminis-trador ata a desamortización. Entre 1891 e 1896 don PíoGarcía Espinosa -veciño de Pontedeume-, acomete a restaura-ción do mosteiro, cuxo uso adquirira por diferentes fontes. Nelarespéctase a torre barroca e derrúbanse as casas situadas entreas dúas porterías, a igrexa prioral, o cabido e a sancristía; noseu lugar levántase un pavillón ameado. Tamén é reedificada aigrexa de Santa Isabel. En 11997755 é declarado monumento deinterese provincial.

CaaveiroCaaveiro

Page 28: Guia de senderismo

28

Page 29: Guia de senderismo

As serras de Sanguiñedo e Queixeiro

enmarcan estes marabillosos

percorridos de media montaña.

Son terras solitarias, de longas vistas,

ventosas, co encanto do auténtico e

beleza abraiante. Nelas a matogueira

apodérase do monte ata que

chegamos aos terreos públicos do

Teixeiro, Os Cerqueiros e Pena Fesa,

nas que os piñeiros toman o relevo.

- Camiño da Pasa da Vella

- Camiño dos Cumios de Sanguiñedo

- Camiño dos Cerqueiros

- Camiño en bicicleta de Pena Fesa

Os camiños doOs camiños dosursur

29

Page 30: Guia de senderismo

Paga a pena desviarse uns metros de calquera das dúas rutasque comezan en SSaann BBaarrttoolloommeeuu, para achegarse a ver a ermi-da na aldea a que lle dá nome. É unha diminuta construciónsen estilo definido, de tipoloxía rural, cunha soa nave rectan-gular. Chama a atención polo sinxelo das súas formas e asobriedade dos materiais propios da zona: muros de cachote-ría miúda con reforzo de granitos nas esquinas e cuberta delousa a dúas augas.

Aínda que chove máis nas zonas altas do interior, polas quediscorren estes camiños, a vexetación ten que adaptarse acerta escaseza de auga e nutrientes. Debido a que a capa desolo é moi delgada, a auga desaparece con rapidez, lavando,ademais, os nutrientes producidos pola descomposición da

30

Nas ladeiras dominan o

toxo femia máis o toxo arnal

No sistema agrícola

tradicional as toxeiras

supuxeron un verdadeiro

cultivo

Page 31: Guia de senderismo

31

materia orgánica. En xeral, as plantas loitan contra isto desen-volvendo extensas raíces que atrapan a maior cantidade posi-ble de auga no menor tempo e que, asemade, proporcionanagarre contra os ventos fortes que se producen durante as tor-mentas. Este é o caso do toxo, que pertence á familia das legu-minosas, unha das máis amplas do reino vexetal (18.000 espe-cies) e de gran importancia na alimentación: garavanzos, chí-charos, feixóns, lentellas…

Nestas ladeiras dominan tanto o pequeno ttooxxoo ffeemmiiaa, comoo maior ttooxxoo aarrnnaall, de duras espiñas. Este dominio podeparecer produto do abandono dos montes, pero en realida-de garda relación co sistema agrícola tradicional, que nece-sitaba de grandes cantidades desta vexetación. O toxo utili-zouse para formar o leito das cortes (o mulime), que se con-verterá, mesturado co excremento das vacas, nun excelentefertilizante (o esterco) para as terras de labradío. Por cadahectárea de labradío necesitábanse varias de toxo, e a ela-boración do esterco supoñía en torno ao 20% da faena dia-ria da explotación.

As toxeiras supuxeron un verdadeiro cultivo, tal como relata oantropólogo Fernández de Rota: …O monte é cavado periodi-camente.[…] A roza, realizada con pesados instrumentos deno-minados legóns, era queimada, e a súa cinza empregábase

Os camiños doOs camiños dosursur

Page 32: Guia de senderismo

como fertilizante. O primeiro ano sementábase centeo e obtí-ñanse unha ou dúas colleitas. […] Despois sementábase (grai-ñábase) o toxo, a primeira colleita era aproveitada como ali-mento para cabalos e vacas. Posteriormente o toxo utilizábasepara facer esterco.

TTooxxooss,, qquueeiirruuggaass ee ggrraammíínnee--aass acompañarannos desdeTorre ata Campo de Abeledosalferindo os montes deverde, amarelo e púrpura.Naqueles lugares extrema-damente empobrecidos apa-recerá xunto a elas tamén accaarrqquueeiixxaa.

32

Carqueixas, gramíneas e queirugas fanse

máis presentes conforme ascendemos

cara Pena Cavada

Page 33: Guia de senderismo

33

Os camiños doOs camiños dosursur

Estas landas de longa vistason o lugar idóneo para o mmiiññaa--ttoo, unha ave de presa de grantamaño e aspecto robusto. Tena plumaxe do lombo e o dorsodas alas de cor escura, men-tres que as partes inferioresson máis claras, case brancas.Non é difícil descubrilo asexan-do sobre promontorios ou plane-ando, xa que posúe unha extraor-dinaria capacidadepara aproveitar ascorrentes de aire eremontarse a gran-de altura nun vooen espiral, realizadosempre con grancalma e mestría.Considérase que avista do miñato édas máis agudas detodas as aves depresa, entre seis eoito veces máis efi-ciente que a humana. A posición lateral dos ollos fai que o campode visión binocular, que usa para cazar, se reduza á fronte, que-dando un amplo campo de visión periférica que utiliza, sobre

A vista do miñato é das máis agudasde todas as aves de presa

Comparativa entre a visión binocular. Na foto, os cráneos pertencen a un miñato (primeiro esquerda), un peto e unha curuxa

Page 34: Guia de senderismo

todo, para vixiar o contorno. Esta área é especialmente sensible aomovemento. Aliméntase de pequenos mamíferos, ras, lagartas,insectos e algún que outro paxariño ou incluso de prea. A adap-tabilidade da dieta do miñato é unha das razóns polas que a aveé relativamente abundante.

Veremos moi a miúdo os miñatos pousados sobre as solitariascristas louseiras da Serra de Sanguiñedo, cerca da aldea domesmo nome e que se refire á abundancia desta arboriña, ossaanngguuiiññoo, de tons avermellados. Abundan tamén outros topó-nimos referidos ás árbores,como abeledo, campode abeledo, teixei-ro..., ou ben ámatogueira, comovilarxestoso.

As matogueiras son tamén lugares de caza para as ssaannttiiññaass.Permanecen inmóbiles sobre a vexetación, ao asexo dunhapresa, coa parte superior do corpo erguido e as patas anterio-res nunha posición característica, como se estiveran rezando,de aí os seus nomes: santiña, mantis relixiosa ou santateresa.Ten a cabeza triangular, moi móbil, e grandes ollos compostos.

Gustan dos lugares solea-dos onde cazar saltóns ou cal-

quera outro coitado que se poñaao alcance das súas patasanteriores, que lanza conrapidez.

34

Santiña

Sanguiño

Page 35: Guia de senderismo

A medida que nos introdu-cimos na fraga do Mosqueiro,no tramo final do camiño da Pasada Vella, comezamos a recoñecerde novo as especies e osambientes que percorriamoscerca de Caaveiro.Acompáñannos de novo oscarballos e os castiñeiros, coa dife-renza de que aquí parecen ser moito máisvellos. Tamén descubrimos unha nova arboriña,o éérrbbeeddoo, que destaca especialmente no inver-no, cando as outras árbores perderon a follae el mantén as súas. Os etimólogos non sepoñen de acordo sobre o significado doseu nome científico, se arbutus significaarboriña, ou ben deriva do celta arbois, que di áspe-ro, rudo. Quen os vise coar as raíces polas estreitasfendas dos granitos da Pena dos Mouros non dubi-dará en sumarse á segunda opción. En canto a unedo -oepíteto científico-, deriva do verbo latino edo: comer, e donumeral unus: un. “Comer só un” advirten os romanos,porque, referidos aos froitos, se están ben maduros, teñenfama de embriagar por conter certa cantidade de alcohol,e cando non o están, saben a horrores.

35

Os camiños doOs camiños dosursur

No outonopódense ver osfroitos do érbedona fraga doMosqueiro

Page 36: Guia de senderismo

Cando chegamos a Pena Cavada a paisaxe cambia, as formasaborregadas da matogueira deixan paso a extensos piñeiraisacompañados aínda por toxos e queirugas, entre os que existeunha complexa rede de camiños polos que circulan as vacas ecabalos que viven en semiliberdade.

As agullas do ppiiññeeiirroo ddoo ppaaííssrecoñécense axiña por serengrandes -miden ata vintecentímetros-, robustas eagruparse en pares. Se aíndaasí non lográsemos recoñe-cer a especie, podemos uliras nosas mans despois demanipular os ramalletes,pois, sen dúbida, deixaran-nos un pegañento e fragran-te rastro de resina. Estasárbores adoitan ter o fusterecto, a copa con forma de parasol e unha casca grosa con pro-fundas regañas. A madeira úsase para fabricar taboleiros eembalaxes; a de mellor calidade vai para serra e chapa. Ospiñeiros teñen as flores masculinas e femininas sobre a mesmaárbore e sempre cerca dos extremos das ramas. As femininasestán dispostas en espiral arredor dun eixe, coas súas partes

As piñas do piñeiro insigneson asimétricas e as do silvestre son depequeno tamaño

Agullas de piñeiro do país, piñeiro silvestre e piñeiro insigne

36

Page 37: Guia de senderismo

37

Coa cortiza dos piñeiros os nenos fabricaban barquiños de xoguete

A “ala” membranosados piñóns facilita

que caia máis lonxe

Existe unha complexarede de camiños

polos que circulanvacas e cabalos

en semiliberdade

Os camiños doOs camiños dosursur

fértiles protexidas por escamas leñosas; cada unha protexe unpar de óvulos na parte máis profunda. O conxunto é a ppiiññaa,que espera o pole impulsado polo vento. As flores masculinas,insertas tamén en espiral, non teñen endurecidas as escamasque sosteñen os sacos de pole; estes, ao seren golpeados, dei-xan escapar unha nube de fino po amarelo. Para diminuír avelocidade da caída, cada un dos diminutos grans de pole dis-pón de dous flotadores que, con axuda das correntes de aire,lles permiten alcanzar grandes distancias. As piñas madurasagachan no seu interior un pequeno segredo moi apreciadopor moitos dos animaliños do bosque: os ppiiññóónnss, deliciososfroitos ricos en materia graxa, que tamén fan uso da correntesde aire para prolongar a súa caída ao solo, xa que dispoñendunha “ala” membranosa.

Page 38: Guia de senderismo

38

Estes bosques de piñeiros proceden de repoboacións.Encontraremos principalmente tres especies de piñeiro:ppiiññeeiirroo ddoo ppaaííss -o máis abundante, con diferenza-, ppiiññeeiirroo ssiill--vveessttrree e ppiiññeeiirroo iinnssiiggnnee. Os piñeiros do país e silvestres agru-pan as súas acículas en pares, pero as do primeiro son moitomáis grandes e robustas. O insigne reúneas de tres en tres.Esta especie, orixinaria de California, estendeuse por dife-rentes lugares do planeta, dado que alcanza notables crece-mentos; o seu destino principal é a trituración, para fabricarcelulosa ou taboleiro.

Estes lugares en que a vexetación forma un mosaico, alter-nando piñeiral, matogueira e prado, son os preferidos porxabarís, cervos, coellos, lebres e corzos para se alimentaren,pois en caso de perigo unha curta carreira permítelles desa-parecer case de inmediato.

O ccoorrzzoo adoita cualificarse de especie netamente forestal, peroadáptase moi ben aos ambientes humanizados e non é difícilvelo na proximidade das aldeas. Se temos a sorte de sorpren-der algún, a súa observación será tan breve que apenas nosdará tempo a ver o escudo claro que rodea a súa cola antes deque se agache entre a maleza. Os corzos demostran unha granaxilidade que lles permite defenderse ben dos lobos, o seu prin-cipal depredador, xunto cos raposos, que, aínda que non ata-can os adultos, si causan numerosas baixas entre os corciños.

Page 39: Guia de senderismo

A dieta componse de todo tipo demateria vexetal: herba, froitos,follas, landras... A reproducióndo corzo é moi curiosa, porquea femia detén o desenvolve-mento do embrión ata 120 días,xusto despois de ser fecundada,o que permite que os partos seproduzan a finais da primave-ra seguinte. Esta peculiarida-de -única entre os cérvidos-permítelle criar máis facil-mente os corciños, xa que asubministración de alimentosé maior.

A medida que nos metemos nosbosques do Teixeiro e dosCerqueiros, o son do vento mestú-rase co tamborileo dos paxaros car-pinteiros, que golpean sen descansoos troncos das árbores.

39

A principios da primavera osmachos restregan a cornacontra a cortiza das árborespara quitar a morna de terciopelo que a envolve

Peto verdeal

Nos bosques doTeixeiro e dos

Cerqueiros o son do vento mestúrase co tamborileo

dos paxaros carpinteiros

Os camiños doOs camiños dosursur

Page 40: Guia de senderismo

40

O ppeettoo vveerrddeeaall, máis quetamborileo, efectúa un sono-ro rinchar. A súa plumaxe gor-nécese de cores verde e ver-mella; o seu voo é moi caracte-rístico e profundamente ondu-lado, con prolongados cerra-mentos de alas entre cadaascenso. Como outros paxarosque desenvolven gran parte dassúas actividades en posición verti-

cal agarrados aos troncos das árbo-res, o peto dispón na cola de plu-

mas moi endurecidas que lle servende apoio, ademais de garras opostas.

É frecuente observalo no solo alimen-tándose de formigas, e tamén captura

insectos e larvas xilófagos nas árbores;para iso válese da súa lingua pegañosa

e longa, que introduce polas fendas.

As matogueiras son bos lugares decaza para os ooppiilliióónnss, unhas arañasatípicas con oito longas patas quenon teñen o corpo dividido en dous,non dispoñen de veleno e nonfabrican seda. Aliméntanse demoscas, mosquitos ou efé-meras, aínda que tam-pouco desdeñan cal-quera resto orgánico queencontren no seu camiño.

O peto dispón de plumas

endurecidas na cola que lle

serven de apoio

Opilión

Page 41: Guia de senderismo

Os pequenos regatos que drenan estes montes son ideais paraobservar a zzaammppeexxaa, sempre tendo en conta que os anfibiosestán protexidos pola lei. A esta pequena ra de longas patasdistinguirémola, en primeiro lugar, pola súa axilidade e polosseus longos saltos, normalmente destinados a agacharse entrea vexetación que bordea os regatos. Trátase dun endemismodo noroeste ibérico, dunha cor marrón máis ou menos clara,cun escudo escuro que cobre a metade superior da cabeza, oollo e o tímpano.

No terreo do Teixeiro, especialmente, encontraremos suxeitasaos piñeiros caixas niño de cor verde. Estes aniñadoiros colo-cáronse para favorecer a cría de pequenos paxariños, de dife-rentes especies, que cada vez son menos abundantes. En oca-sións tamén son aproveitadas por ratiños de campo.

Zampexa

41

Os camiños doOs camiños dosursur

Page 42: Guia de senderismo

Malos amigos das ras son os corvos, que as incorporan á súadieta. Aínda que xeralmente estas aves son tan frecuentespola súa capacidade de alimentarse case de calquera cousa.Adoitan voar en bandadas, que atacan sen compaixón aoutras aves como o miñato, o azor ou, incluso, o seu paren-te próximo, o ccoorrvvoo ccaarrnnaazzaall. O carnazal é moitísimo menosfrecuente, tamén omnívoro, e recoñecerémolo en voo polaterminación da súa cola, en forma de cuña, fronte á redon-deada do corvo. En xeral, o voo do carnazal será moito máiselegante e maxestoso; demos-tra un fantástico dominiodas correntes de aire e éposible confundilo cunhaave rapaz. Os corvos car-nazais e outras aves,

42

É fácil imaxinar a sorpresa do biólogo portuguésBarbosa de Bocagecando, en 1863capturou algunhaspíntegas...

Page 43: Guia de senderismo

pasan moito tempo planeando, e aforran unha gran canti-dade de enerxía. Exploran as ladeiras buscando as correntesde aire ascendente, produto do sol sobre as ladeiras.

Os habitantes máis visi-bles dos cerqueirosserán as vacas, queviven aquí en semili-berdade. Normalmentevixían os nosos move-mentos cunha mesturade aburrimento e curiosi-dade, pero en calqueracaso non debemos achegar-nos a eles nin molestalos. Assúas dexeccións proporciónanllealimento e acubillo ao robusto ccaassccuuddoo ddooeesstteerrccoo, que os ingleses chaman con sorna “o conserxe piollo-so”, debido a que adoita estar infestado de ácaros, outrosbichos moito máis pequenos de cor morada que o parasitan.Escavan unha serie de galerías debaixo da bosta ás que trans-portan porcións dela e logo depositan os ovos. Normalmenteo cascudo enterra máis esterco do que logo usan as larvas,polo que acelera a volta dos nitratos ao solo, o que resulta útil.

43

Cascudo do esterco

A saramaganta é unha especie singular

Os camiños doOs camiños dosursur

Page 44: Guia de senderismo

44

É fácil imaxinar a sorpresa do biólogo por-tugués Barbosa de Bocage cando, en 1863,capturou algunhas salamántigas nas proxi-midades de Coimbra que en nada se parecí-an á pezoia e que non se describiran para aciencia ata entón. Eran máis pequenas,cunha cola enorme e nin rastro das caracte-rísticas manchas amarelas; tratábase daChioglossa lusitanica, a saramaganta, unhaespecie singular con multitude de curiosi-dades á que os científicos dedican grancantidade de loanzas, entre as que se repi-te a de ser unha xoia do noso patrimonionatural. O parque alberga unha nutridapoboación delas e, igual que sucede cos fel-gos, este territorio parece que funcionoucomo refuxio para as especies durante ascrises climáticas do Cuaternario. Duranteesta época, a hoxe desaparecida poboaciónde Chioglossa meini emigrou cara ao sur deEuropa, fraccionándose en dous núcleosque desembocaron en dúas especies: aoriental píntega do Cáucaso e a nosa rabi-longa, en Occidente. Chaman a atención, sepensamos nos lentos movementos dapezoia, os áxiles e esquivos da saramagan-ta, que recordan máis os dunha lagarta.Comparte con elas a capacidade de des-prenderse da cola -autotomía-, que abando-nará retorcéndose espasmodicamente encaso de sentirse acosada. Habita sempre enlugares moi húmidos e na proximidade dearroios con moita corrente; prefire lugarespedregosos, penetrando incluso en covas efendas profundas.

Page 45: Guia de senderismo

45

A miúdo entre as praderías podenverse piñeiros illados; estes sonlugares ideais para buscar ppiiññaass queforon roídas por esquíos ou ratiños.O traballo dos ratos adoita ser meti-culoso: desde a parte superior docono roen as escamas unha a unhaata conseguir os nutritivos piñóns.Os esquíos, dotados de fortes man-díbulas, arrancan as escamas, poloque deixan un traballo máis grosei-ro con barbas colgando.

As ramas do bbiieeiitteeiirroo posúen unha medula espumosa e abran-cazada que se baleira con facilidade, e deixa un tronco amodo de canudo. Esta calidade foi moi apreciada polos nenospara faceren ttiirroottaass ou ppiissttoollaass. Despois de ter o canudo, bus-caban unha baqueta ben dereitiña de madeira máis dura.Como proxectís introducían os froitos esféricos da abrótega,unhas boliñas que encaixaban á perfección; tamén se podían

TirotaOs camiños doOs camiños dosursur

Page 46: Guia de senderismo

disparar outras bagas, anacos de verza pren-sada, ou incluso flores. O disparo anterior dei-xaba unha bóla destas taponando o canón;para disparar introducían un novo proxectilpola parte posterior e empuxábano coabaqueta, lográndose unha gran presión nointerior que o proxectaba con sonoridade. Aosacios de froitos negros do bieiteiro atribuíron-selles multitude de efectos beneficiosos para asaúde. En moitas casas, anualmente fabricá-base con eles un viño que curaba as queima-duras. As follas, os froitos e a casca, candoestán verdes, son lixeiramente tóxicos; porén,os froitos maduros e as flores non o son.

46

As ramas do

bieiteiro foron moi

apreciadas polos nenos

para facer xoguetes

As ramas do bieteiroposúen unha médulaespumosa

Page 47: Guia de senderismo

As vistosas ppeezzooiiaass nunca pasan desapercibi-das. Isto débese á súa combinación de coresatraentes e contrastadas que representan unsigno de advertencia. Tradicionalmente, nomedio rural, atribuíuselles todo tipo de capaci-dades malignas producidas polo seu aire,cuspe ou mexo, que xustificaban un golpe delegón sobre o animaliño para matalo.

47

Lonxe disto, os encontros con algunha pezoiason sempre un acontecemento, e permítennosobservar de cerca un fermoso animal que tencomo hábitat as fragas e os terreos húmidos esombríos. Son tipicamente nocturnas e perma-necen escondidas baixo pedras ou entre afollada durante o día. Aliméntanse sempre deespecies lentas que non voen.

Pezoia

Os camiños doOs camiños dosursur

Page 48: Guia de senderismo

Especies que se citanGGaalleeggoo CCaasstteelláánn CCiieennttííffiiccoo

Abeleira Avellano Corylus avellanaAbrótega Gamón Asphodelus albusAcivro Acebo Ilex aquifoliumAmeneiro Aliso Alnus glutinosaAvelaiona Cárabo Strix alucoAzor Azor Accipiter gentilisBieiteiro Saúco Sambucus nigraCabriña Cabriña Davallia canariensisCaracol de Quimper Caracol de Quimper Elona quimperianaCarballo Roble Quercus roburCarqueixa Carquesa Chamaespartium tridentatumCarrasca blanca Carrasca Erica vagansCascudo Cárabo dorado gallego Chrysocarabus lateralisCascudo do estereo Escarabajo estercolero Geotrupes stercorariusCastiñeiro Castaño Castanea sativaCorvo Corneja Corvus coroneCorvo carnazal Cuervo Corvus coraxCorzo Corzo Capreolus capreolusDentabrún Helecho real Osmunda regalisÉrbedo Madroño Arbutus unedoEspiño Majuelo Crataegus monogynaFelgo Helecho macho DryopterisFenta Polipodio PolypodiumFerreiriño subeliño Mito Aegithalos caudatusFuraño Musaraña Crocidura russulaLoureiro Laurel Laurus nobilisMerlo Mirlo Turdus merulaMiñato Ratonero Buteo buteoOpilión Opilión Leiobonum rotundumOrella de frade Ombligo de Venus Umbilicus rupestrisOurizo cacho Erizo Erinaceus europaeusPeizoque Petirrojo Erithacus rubeculaPeto verdeal Pito real Picus viridisPezoia Salamandra común Salamandra salamandraPintafontes común Tritón ibérico Triturus boscaiPiñeiro silvestre Pino silvestre Pinus sylvestrisPiñeiro do país Pino marítimo Pinus pinasterPiñeiro insigne Pino de Monterrey Pinus radiataPradairo Arce Acer Queiruga das brañas Brezo de turbera Erica tetralixQueiruga de cruz Brezina Calluna vulgarisQueiruga de tres follas Carracina Erica cinereaQueiruga maior Tamborella Daboecia cantabricaQueiruga veluda Carroncha Erica ciliarisRa do monte Rana bermeja Rana temporariaReo Reo Salmo trutta truttaSalmón Salmón Salmo salarSanguiño Arraclán Frangula alnusSantiña Santateresa Mantis religiosaSaramaganta Salamandra rabilarga Chioglossa lusitanicaSeixebra Saxifraga Saxifraga Tordo Zorzal Turdus philomenosToupa Topo Talpa occidentalisToxo arnal Tojo Ulex europaeusToxo femia Tojo gateño Ulex minorTroita Trucha Salmo trutta farioXabarín Jabalí Sus scrofaXibarda ou silbarda Rusco Ruscus aculeatusZampexa Rana patilarga Rana iberica

48

Especies que se citan

Page 49: Guia de senderismo

45

Fichas derutaruta

49

Page 50: Guia de senderismo

50

A ruta parte da pontecolgante do Cal Grandee discorre río arriba atachegar á ponte deCaaveiro; aquí ascendeata o mosteiro para vol-ver sobre si mesmoparalela ao río Sesín.Pódese acurtar a súalonxitude iniciando ocamiño na ponte col-gante de Fornelos ouben camiñando só otramo circular deCaaveiro.

Camiñodos Encomendeiros

LLoonnxxiittuuddee:: TTrraammoo 11.. Da ponte de Cal Grande á ponte de Fornelos: 3 kmTTrraammoo 22.. Da ponte colgante de Fornelos á ponte de Santa Cristina –ou de Caaveiro–: 2,5 km TTrraammoo 33. Circular de Caaveiro: 2 km

DDiiffiiccuullttaaddee:: Baixa

AAcccceessiibbiilliiddaaddee ccoonn bbiicciicclleettaa ddee mmoonnttaaññaa:: Non é apto

GGPPSS Inicio da ruta: Cal Grande (Monfero)43º 25,005' N08º 06,250' W

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

Desde Pontedeume tómase a estrada AC-144 en dirección aMonfero; a escasos dous quilómetros, xírase á esquerda endirección a Ombre e ao mosteiro de Caaveiro –CP-6902–. Haique continuar sempre de fronte –sobre sete quilómetros–,pasando o centro de visitantes do parque, ata chegar ao refu-xio de pescadores de Cal Grande.

PPOONNTTEEDDEEUUMMEE,, MMOONNFFEERROO,, AA CCAAPPEELLAA EE CCAABBAANNAASS

Page 51: Guia de senderismo

51

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

Desde Pontedeume tómase a estrada AC-144 en dirección aMonfero; a escasos dous quilómetros, xírase á esquerda endirección a Ombre e ao mosteiro de Caaveiro –CP-6902–.Continúase sempre de fronte pasando o centro de visitantesdo parque, o refuxio de pescadores de Cal Grande e o refuxiode pescadores da Figueira, ata chegar á ponte de SantaCristina (Caaveiro), onde comeza a ruta.

LLoonnxxiittuuddee:: 6 km (3 km ata a central da Ventureira)

DDiiffiiccuullttaaddee:: Baixa

AAcccceessiibbiilliiddaaddee ccoonn bbiicciicclleettaa ddee mmoonnttaaññaa:: Non é apto

GGPPSS Inicio da ruta: Ponte de Santa Cristina (Monfero)43º 24,875' N

O camiño discorre emboscado polo máis profundo do canón, porpaisaxes insospeitadas e vexetación abraiante. Pasa pola mini-central hidroeléctrica do Parrote e culmina na do Eume. O retor-no faise a media ladeira por unha pista forestal que ofrece exce-lentes panorámicas do mosteiro de Caaveiro entre o arboredo.

MMOONNFFEERROO,, AA CCAAPPEELLAA

Camiñoda Ventureira

Page 52: Guia de senderismo

52

O camiño bordea unha das zonas de reserva do parque natu-ral, polo que teremos especial coidado en non abandonar aruta. Partindo das proximidades de Torre de San Bartalomeu,bordea a Pena dos Mouros e finaliza na fantástica fraga doMosqueiro. Alcanza tamén o encoro e o lugar de onde parte otúnel, de máis de dous quilómetros de lonxitude e tres metrosde diámetro, que alimenta de auga, por debaixo da montaña,a central hidroeléctrica.

Camiño da

Pasa da Vella

LLoonnxxiittuuddee:: 4,5 km

DDiiffiiccuullttaaddee:: Baixa

AAcccceessiibbiilliiddaaddee ccoonn bbiicciicclleettaa ddee mmoonnttaaññaa:: Non é apto

GGPPSS Inicio da ruta: Torre de San Bartolomeu (Monfero)43º 23,900' N08º 01,974' W

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

DDeessddee AAss NNeevveess, na Capela, hai que tomar a estrada que levaá central hidroeléctrica do Eume, para logo ascender por unhaestrada moi sinuosa. Encontramos primeiro a pista doMosqueiro á esquerda, continuamos un pouco e pasamos ocruzamento de Piñeiro e A Hermida; a poucos metros encon-traremos á esquerda o camiño onde comeza a ruta.

DDeessddee oo mmoosstteeiirroo ddee MMoonnffeerroo imos dirección á Visura, onde segui-mos de fronte en dirección a Torre de San Bartolomeu. Seguimossempre de fronte (a única confusión posible será no cruzamentode Vilarxestoso, dirección esta que non deberemos tomar). Unhavez que chegamos ao lugar de Torre de San Bartolomeu, hai quedescender uns poucos metros máis para atopar o inicio da senda.

MMOONNFFEERROO

Page 53: Guia de senderismo

53

LLoonnxxiittuuddee:: 8,5 km

DDiiffiiccuullttaaddee:: Media

AAcccceessiibbiilliiddaaddee ccoonn bbiicciicclleettaa ddee mmoonnttaaññaa:: Apto

GGPPSS Inicio da ruta: Torre de San Bartolomeu (Monfero)43º 23,748' N08º 02,013' W

Fin da ruta: A Portela de Montelongo (Monfero)43º 21,151' N08º 00,252' W

Unha longa camiñada parte de entre as casas de Torre de SanBartolomeu, desde onde a poucos centos de metros, alcán-zanse as espléndidas vistas da Pena do Teixo; aquí xa se albis-ca a maioría da ruta en dirección sueste. Ao fondo vense osmontes de Montelongo en primeiro termo e Pena Cavada noalto. Cara ao norte pódese observar parte do canón do Eumee o monte Fontardión.

Camiño dos

cumios de Sanguiñedo

DDeessddee AAss NNeevveess, naCapela, hai quetomar a estrada queleva á central hidroe-léctrica do Eume,para logo ascenderpor unha estrada moisinuosa. Encontramos primeiro a pista do Mosqueiro á esquer-da, continuamos un pouco e pasamos o cruzamento de Piñeiroe A Hermida, ata chegar ás casas de Torre, onde comeza a ruta.

DDeessddee oo mmoosstteeiirroo ddee MMoonnffeerroo collemos dirección á Visura, ondeseguimos de fronte cara á Torre de San Bartolomeu. Séguesesempre de fronte (a única confusión posible será no cruzamen-to de Vilarxestoso, dirección esta que non se debe tomar).

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

MMOONNFFEERROO

Page 54: Guia de senderismo

A fantástica ruta dos Cerqueiros ofrece un conxunto completodos ecosistemas desta zona do parque, descendendo desde ospiñeirais das zonas máis elevadas ata as fragas cubertas deliques, próximas ao encoro. Ofrece ademais sensacionais vistasdo concello das Pontes de García Rodríguez e do fantásticomonte da Carboeira, nas proximidades da casa dos Esterqueiros.

Camiñodos Cerqueiros

LLoonnxxiittuuddee:: 6,5 km

DDiiffiiccuullttaaddee:: Baixa

AAcccceessiibbiilliiddaaddee ccoonn bbiicciicclleettaa ddee mmoonnttaaññaa:: Apto

GGPPSS Inicio da ruta: A Portela de Montelongo (Monfero)43º 21,115' N08º 00,201' W

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

Desde o mosteiro de Monfero tomaremos dirección á Visura; alíxiramos á dereita cara a Piladaleña e continuamos de fronte atachegar a unha considerable subida (CP-5002). Encontraremosen primeiro lugar o final da ruta dos cumios de Sanguiñedo; apoucos metros, outra pista de terra á man esquerda inicia a ruta.

54

MMOONNFFEERROO

Page 55: Guia de senderismo

LLoonnxxiittuuddee:: 9.900 m

DDiiffiiccuullttaaddee:: Baixa

GGPPSS Inicio da ruta: A Marola (Monfero)43º 21,156' N07º 59,571' W

Esta ruta discorre polos montes da Marola e Pena Fesa, na súamaior parte por pistas forestais despexadas e estradas sen trá-fico. É especialmente recomendable para realizar con nenos apartir de seis anos, que gozarán de excelentes vistas. PenaFesa é un dos montes máis elevados da provincia.

Camiño en bicicleta

de Pena Fesa

Desde o mosteiro de Monfero, collemos dirección á Visura; alíxiramos á dereita cara a Piladaleña e continuamos de fronte atachegar a unha considerable subida (CP-5002). Encontraremosen primeiro lugar o final da ruta dos cumios de sanguiñedo; apoucos metros, outra pista de terra á man esquerda inicia ocamiño dos Cerqueiros, e logo, no alto hai unha explanada ádereita, onde deixamos o coche e aí comeza a ruta.

¿¿CCoommoo cchheeggaarr??

55

MMOONNFFEERROO

Page 56: Guia de senderismo

Camiño en bicicleta de Pena Fesa

56

NNºº XXiirraarr DDiissttaanncciiaa DDeessccrriicciióónn((mm))

11 0 InicioSuave descenso sobre terra

22 Esquerda 1.400 Incorporarse a estrada asfaltadaDescenso sobre asfalto

33 Dereita 1.900 Abandonar asfaltoAscenso moderado sobre pista forestal

44 2.900 Ramal de ascenso a Pena FesaDescenso moderado, precaución freos

55 Esquerda 4.100 Intersección coa pista de retornoAlternan subidas e baixadas suaves

66 Esquerda 6.100 Incorporarse a estrada asfaltadaAscenso moderado

77 Dereita 8.500 Voltamos a nº 2Ascendemos por pista forestal

88 9.900 Fin do camiño

11 yy 88 22 yy 77 33

44 55 66

Page 57: Guia de senderismo

mapasmapas

Page 58: Guia de senderismo

OOss EEnnccoommeennddeeiirrooss11

AA VVeennttuurreeiirraa22

OOss CCuummiiooss ddee SSaanngguuiiññeeddoo33

OOss CCeerrqquuiirrooss44

PPeennaa FFeessaa55

AA PPaassaa ddaa VVeellllaa66

58

Page 59: Guia de senderismo

Localización dos

mapas dos sendeiros

con respecto

ao parque natural

59

Page 60: Guia de senderismo

11

Page 61: Guia de senderismo
Page 62: Guia de senderismo

22

Page 63: Guia de senderismo
Page 64: Guia de senderismo

33

Page 65: Guia de senderismo
Page 66: Guia de senderismo

44

Page 67: Guia de senderismo
Page 68: Guia de senderismo

55

Page 69: Guia de senderismo
Page 70: Guia de senderismo

66

Page 71: Guia de senderismo

Libros recomendados- Galán Regalado, P. & Fernández Arias, G. (1993): AAnnffiibbiiooss ee rrééppttiilleess

ddee GGaalliicciiaa.. Ed. Xerais. ISBN 84-7507-722-6.- Pérez Valcárcel, C. e outros(2003): GGuuííaa ddooss lliiqquueess ddee GGaalliicciiaa.. Baía

Edicións. ISBN 84-96128-49-0.- López González, G. (2004): GGuuííaa ddee llooss áárrbboolleess yy aarrbbuussttooss ddee llaa

ppeenníínnssuullaa IIbbéérriiccaa yy BBaalleeaarreess.. Ed. Mundiprensa. ISBN 84-8476-210-6.- Jonssons Faglar, L. (1993): AAvveess ddee EEuurrooppaa.. Ed. Omega. ISBN 84-

282-1007-1.- Vales, C. (1992): FFoorrggoosseelloo,, eessppaacciioo nnaattuurraall.. Baía Edicións. ISBN 84-

87674-17-8.- Vales, C. e outros(1994): OOss bboossqquueess aattlláánnttiiccooss eeuurrooppeeooss.. Baía

Edicións. ISBN 84-87674-41-0.

Enderezos e datos de intereseSSeerrvviizzoo ddee CCoonnsseerrvvaacciióónn ddaa NNaattuurreezzaa Edificio Administrativo MonelosPraza Luís Seoane s/n, 5ª planta · 15008 A CoruñaTlf. 981 184 585 · Fax 981 184 654

CCeennttrroo ddee vviissiittaanntteessEstrada Pontedeume - Mosteiro de Caaveiro · 15600 PontedeumeTlf. 981 432 528 · Fax 981 430 143

DDiissttrriittoo FFoorreessttaall II:: FFeerrrroollEdificio Administrativo da Xunta de GaliciaPza. Camilo José Cela s/n · 15403 Ferrol · Tlf. 337 342/44

OOffiicciinnaa ddee TTuurriissmmoo ddee CCaabbaannaassApeadoiro de Cabanas s/n · 15621 Cabanas · Tlf. 981 455 506

OOffiicciinnaa ddee TTuurriissmmoo ddee PPoonntteeddeeuummeeCentro de Interpretación dos AndradeTorreón dos Andrade · 15600 Pontedeume · Tlf. 981 430 270

CCeennttrroo ddee IInniicciiaattiivvaass TTuurrííssttiiccaass--EEuummeettuurriissmmooApeadoiro de Cabanas s/n · 15621 Cabanas · Tlf. 981 433 [email protected]

FFuunnddaacciióónn CCoommaarrccaall EEuummeeRúa Inmaculada Concepción 6 · 15600 Pontedeume · Tlf. 981 495 408

CCoonncceelllloo ddaass PPoonntteess ddee GGaarrccííaa RRooddrríígguueezz ... 981 453 116CCoonncceelllloo ddee MMoonnffeerroo ........................................... 981 793 885CCoonncceelllloo ddaa CCaappeellaa .............................................. 981 459 006CCoonncceelllloo ddee CCaabbaannaass ........................................... 981 495 506CCoonncceelllloo ddee PPoonntteeddeeuummee .................................. 981 433 054

GGaarrddaa CCiivviill .............................................................. 062IInncceennddiiooss XXuunnttaa ddee GGaalliicciiaa ............................... 085EEmmeerrxxeenncciiaass ........................................................... 112

www.xunta.es71

Page 72: Guia de senderismo

EEddiittaa:: Xunta de GaliciaConsellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento SostibleDirección Xeral de Conservación da Natureza

CCoonnttiiddooss:: Martín Negreira Souto

RReevviissiióónn lliinnggüüííssttiiccaa:: Ramiro Combo

FFoottooggrraaffííaass:: Víctor Rivera Jove

IIlluussttrraacciióónnss:: Serrano. Novaimaxe Multimedia

PPrroossppeecccciióónn ddaass rruuttaass::Clube de montaña de Ferrol

DDeesseeññoo ggrrááffiiccoo ee mmaaqquueettaacciióónn::mazairagrafismo, sl

XXeessttiióónn ggrrááffiiccaa:: Edym, sl

DDeeppóóssiittoo lleeggaall:: C-1.583/2005

© Xunta de Galicia

72