8

Guías libros nadal 2014 5 3

Embed Size (px)

DESCRIPTION

recomendaciones de lecturas para Navidad

Citation preview

Page 1: Guías libros nadal 2014 5 3
Page 2: Guías libros nadal 2014 5 3

Tralos crimes de Bremen, Erik Vo-gler necesitaba un descanso. Unha cura de repouso, tal e como lle aconsellaron os médicos. Non en balde, os pesadelos co "rei branco" o asediaban case todas as noites. Por ese motivo, acepta a invitación da súa avóa Berta para pasar unha sema-na nun luxoso balneario. Por suposto non imaxinaba que un relaxante baño de barro se ia converter nun verdadeiro inferno.

Escarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defuntaEscarlatina, a cociñeira defunta

Ledicia Costas

Xerais, 2014

Como Román Casas quería ser un au-téntico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mor-tos. E nese día tan especial recibiu un mega-susto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina,unha cociñeira falecida no século XIX.

Erik Vogler en Muerte en Erik Vogler en Muerte en Erik Vogler en Muerte en

el balnearioel balnearioel balneario

Beatriz Osés Edebé, 2014

Formig4s: Misión ParísFormig4s: Misión ParísFormig4s: Misión París

Andrés Meixide, Pere Tobaruela

Xerais, 2014

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FOR-MIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclare-cer os casos máis enigmáticos e complica-dos. “Misión París”, leva os FORMIG4S á ca-pital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise.

Page 3: Guías libros nadal 2014 5 3

Todos os humanos teñen dúas ca-ras: a luminosa e a escura. A primeira é a que normalmente amosamos diante dos nosos semellantes, mais, ás veces, o demo interior pugna por saír á superficie. Que pasaría se esa vertente sinistra tomase o control? E se lle acontecese a unha persoa cun alto potencial como Lúa? E se o poder do Toxo complicase aínda máis a situa-ción? O instituto dos Megatoxos cae en desgraza e unha horrible transformación esténdese polo alumnado e mais o profe-sorado

Os megatoxos e os templarios Os megatoxos e os templarios Os megatoxos e os templarios

da luzda luzda luz

Anxo Fariña Xerais, 2013

Para Ruxe, Ninfa, Lúa e Faísca, a vida non volverá a ser igual despois dos recentes acontecementos vividos. Algo tan inocente como unha viaxe de estudos coa clase vai transformarse, grazas á intervención dos xemelgos Ezbel e Exeria, nun inesperado pe-sadelo. Os Megatoxos descubrirán que as re-des dos misteriosos Templarios da Luz estén-dense a todos os niveis e que, para a súa des-graza, están máis ligados á súa existencia do que lles gustaría aceptar.

Os megatoxos e a cara Os megatoxos e a cara Os megatoxos e a cara

oculta da lúaoculta da lúaoculta da lúa

Anxo Fariña

Os megatoxos e o dragón de Os megatoxos e o dragón de Os megatoxos e o dragón de

xadexadexade

Anxo Fariña

Xerais, 2014

Ruxe, Ninfa, Faísca e Lúa viaxan ao Xapón medieval na procura do Toxo para evi-tar que Namuzu, unha aparición oriental, provoque un terremoto devastador. Alí com-prenderán o importante que son a familia e os nosos devanceiros, ao descubriren co-usas do seu propio pasado. Chegarán a tem-po para impedir que unha moza case por obriga cun sinistro nobre, e tentarán poñer a salvo unha alfaia de gran poder.

Page 4: Guías libros nadal 2014 5 3

Para o estrafalario Erik Vogler, ma-niático da orde e a pulcritude, as cousas non podían empezar peor aquelas vaca-cións de Semana Santa: en lugar da soñada viaxe a Nova York co seu pai, ía ter que pa-sar eses días coa súa avóa. Aínda así, nin no seu peor pesadelo o obsesivo e medo-rento Erik imaxina que se vería involucrado nos asasinatos en serie que estaban con-movendo a toda Alemania.

Suite ScarlettSuite ScarlettSuite Scarlett

Maureen Johnson

Maeva, 2014

Se vivir nun hotel art déco a cinco mi-nutos de Central Park che parece un bo plan, deberías falar con Scarlett Martin, que vive no Hopewell. Vivir nun hotel pode non ser tan marabilloso como soa, sobre todo se non hai hóspedes nin diñeiro. O verán de Scarlett preséntase moi mal cando os seus país lle píden que pase todas as vacacións traba-llando gratis.

Erik Vogler y los crímenes Erik Vogler y los crímenes Erik Vogler y los crímenes

del rey blancodel rey blancodel rey blanco

Beatriz Osés Edebé, 2014

ExoExoExo

Jordi Olloquequi

La galera, 2014

Ziggy é un adolescente extraterres-tre amante da música da Terra, que gaña a opción de viaxar ao noso planeta para co-ñecelo. Moi pronto se namorará dunha no-va bióloga terrícola. Pero as relacións con persoas doutro planeta están completa-mente prohibidas. A través das súas inves-tigacións, descubriremos algúns dos con-ceptos máis importantes da biolo- xía...entre suspiros e risas .

Page 5: Guías libros nadal 2014 5 3

Tengo un secreto: El dia-Tengo un secreto: El dia-Tengo un secreto: El dia-

rio de Meririo de Meririo de Meri Blue Jeans Planeta,2014

Na nova novela, que arrasará entre todos/as, veremos como e por que empe-zou todo, seremos cómplices das dúbidas, medos e inseguridades de todos os In-comprendidos e, por fin, saberemos como seguen as súas vidas despois do sorpren-dente final de Podo soñar contigo? Unha lectura imprescindible para comprender todo o universo do Club dos Incomprendi-dos .

Los señores de los siete Los señores de los siete Los señores de los siete

tronos: La puertatronos: La puertatronos: La puerta

Carlos González Sosa

Roca Editorial,2014

Un feiticeiro intentará alcanzar a Porta que une os mundos para pedir clemencia aos deuses, que sospeitan do crecente poder dos homes. Con todo, os deuses estábano espe-rando. Necesitaban que alguén abrise ese portal para poder enviar as súas criaturas a cumprir cos seus designios. E así é como lle subtraerán os seus poderes arcanos e lle im-poñeran o castigo máis cruel que un home po-dería soportar ...

Verano de miedoVerano de miedoVerano de miedo

Carlos Molinero

Minotauro,2014

Cando a súa nai lle di que ten que pasar o verán derreténdose en Veiga Alta, o pobo da súa avoa, o primeiro pensamen-to de Juan é que vai morrer de aburri-mento. Pero a construción duns chalés nos arredores desenterra a unha criatu-ra sedenta de sangue que fai que o abu-rrimento a partir dese momento sexa im-posible. O de morrer xa é outra cousa.

Page 6: Guías libros nadal 2014 5 3

Andy Mulligan

Salamandra, 2014

O libro conta a historia de tres ami-gos que gañan a vida removendo entre o lixo, ata que, un día, un deles atopa algo que lles cambiará a vida por completo e que lles fará vivir situacións que nunca imaxinaran.

AniquilaciónAniquilaciónAniquilación

Jeff Vandermeer

Destino, 2013

Nun futuro non determinado, a área X é un lugar remoto e escondido declarado zo-na de desastre ambiental desde hai déca-das. A natureza salvaxe conquistou o lugar e o seu acceso está prohibido. A axencia esta-tal Southern Reach enviou diversas expedi-cións pero case sempre fracasaron: todos os membros dunha expedición suicidáronse; outros tolearon e acabaron matándose entre si, e os integrantes da última expedición re-gresaron convertidos en sombras do que un día foron.

Trash. Ladrones de Trash. Ladrones de Trash. Ladrones de

esperanzaesperanzaesperanza...

A dos centímetros de tíA dos centímetros de tíA dos centímetros de tí

Elizabeth Eulberg

Minotauro. 2013

Poden rapaces e rapazas realmen-te ser amigos? Ou sempre están a unha pelexa de non volverse a falar nunca? ou a un bico de atopar o amor verdadei-ro?«Os mozos e as mozas poden ser ami-gos. Eu só digo que é perfectamente posi-ble que un mozo e unha moza sexan ami-gos. Nunca entendín cal é o problema

Page 7: Guías libros nadal 2014 5 3

A vinganza do defuntoA vinganza do defuntoA vinganza do defunto

Carlos G. Reigosa

Xerais, 2014

Un arrepiante suceso acontecido durante a II Guerra Mundial en Vigo –cidade daquela ateigada de espías nazis e aliados– ten dramáticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario Eli-seo Sandamil Bentraces teme ser vítima dunha vinganza e contrata o detective Ni-vardo Castro, que actúa, coma outras ve-ces, acompañado polo xornalista Carlos Conde .

El impostorEl impostorEl impostor

Javier Cercas

Random House, 2014

Velaquí unha fascinante novela sen ficción saturada de ficción; a ficción non a pon o autor: pona Enric Marco. Un nonaxe-nario barcelonés que se fixo pasar por su-pervivente dos campos nazis e que foi des-enmascarado en maio de 2005, logo de presidir durante tres anos a asociación es-pañola dos superviventes, pronunciar cen-tenares de conferencias, conceder dece-nas de entrevistas, recibir importantes dis-tincións e conmover nalgún caso ata as bágoas aos parlamentarios españois reuni-dos para render homenaxe por vez primei-ra aos republicanos deportados polo III Reich.

Ofrenda á tormentaOfrenda á tormentaOfrenda á tormenta

Dolores Redondo

Xerais, 2014

A trama comeza cando unha muller atopa sospeitosa a morte súbita da súa ne-ta, aínda un bebé de berce, dado o estraño comportamento do pai da nena, detido can-do intentaba roubar o cadáver. Na trama entra tamén en xogo, da man da avoa, unha criatura máxica arraigada no val, chamada Inguma, un ser maléfico que é quen de dur-mir persoas ás que lles arrebata a vida.

Page 8: Guías libros nadal 2014 5 3