Upload
adiante-galiza
View
224
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Voceiro comarcal de ADIANTE Vigo
Citation preview
Nº 4_Ano II_Setembro/Outubro 07_Edita ADIANTE Vigo/O Morrazo
Gume [lat. acumen] s. m. (1) Fío, lado afiado dun instrumento cortante. (2) Fig. Perspicacia, agudeza.
… Editorial …
O fascismo reármase Achéganse as eleccións antidemocráticas ao parlamento español e o estado volve a perder o monopolio da violencia. É por iso que os dous partidos homólogos -que se alternan no poder e perpetuan o lavado de cara monárquico do rexime saído do golpe de estado do 1936- volven a coincidir para someter aos movementos de liberación nacional e á clase obreira en xeral. Grupos empresariais, banqueiros, empresas de (des)información, exército golpista, xuíces “independentes”,… todos coordinados para rearmar a represión e a opresión. Toca resistir e loitar. Como levamos facendo dende sempre.
Mileuristas?? Este é un termo que se inventaron os xornalistas españois para alcumar á precariedade xuvenil. Este termo viría de que a mocidade hipotecada, precarizada e exploada cobraría supostamente ao redor dos 1000 €. Pero iso onde? Será en Madrid ou en Barcelona? Non o cremos. Coñecemos á mocidade das capitais de Castela e dos PPCC e dficilmente atopas algún/ha moz@ que chegue a esta cifra nos seus ingresos. O que sí temos clarísimo e que o termo “mileurista” non se corresponde para nada coa realidade da mocidade traballadora galega. Quen nos dera ser “mileuristas”…
…12 de Outubro: nada que celebrar
Hai 525 anos, o recén inventado Estado Imperialista Español (EIE), comezaba o maior xenocidio da historia da humanidade ao “descobrir” o continente americano.
É difícil calcular os millóns de persoas asasinadas polo EIE, e a cantidade de pobos e tribos, culturas e linguas exterminadas no nome da sacrosanta e católica “grandeza de España”. Hoxe en día, o EIE non só non se avergoña ou pide
perdón por estes mais de 5 séculos de crimes imperialistas, senón que reivindica a data do 12 de Outubro como “día nacional” (antes “dia de la Raza”).
Nós como independentistas, e sobretodo, como internacionalistas e antifascistas, non temos nada que celebrar. O único que desexamos celebrar canto antes é a completa destrución do sinistro estado español e a liberdade das nacións baixo o seu abafante xugo.
INDEPENDENCIA E SOCIALISMO… VENCEREMOS!!
…Até a vitoria, e mais alá, sempre
Neste mes de Outubro, cargado de simbolismo proletario, cúmprense 40 anos da queda, que non derrota, do comandante Ernesto Guevara de la Serna, o noso Che. Non foi derrota porque a semente de liberdade e revolución que portaba nas mans e no bico xa estaba botada.
Catro décadas despois da cobarde execucución do noso guerrilleiro en Bolivia, o imperialismo tenta apoderarse da súa imaxe para homologala, manipulala, amansala, terxiversala. Non é extrano atopar a súa efixie en variados obxectos de mercadeo, como tampouco é raro ler variopintas versións reviosionistas e interesadas sobre a súa memoria.
Por iso é vital para a mocidadade revolucionaria de Galiza, de Latinoamérica e do resto do mundo erguer o seu exemplo para seguir combatendo todas as formas de explotación e de opresión.
Cómpre continuarmos co seu legado emancipador para conquerir a liberdade dos pobos oprimidos e conseguir un mundo igualitario e sen clases. Continuar a loita. E non só até a victoria, senón até mais alá.
…WANTED. Recompensa: Vivendas Dignas para a mocidade
Xente sen casa, casas sen xente. Entretanto, @s especuldadores profesionais seguen a se lucrar a costa dos nosos espazos cidadáns ante a permisibilidade e complicidade dos políticos corruptos que habitan as cámaras municipais.
Zonas con vivendas ruinosas, sen apoio dos concellos, como acontece co casco vello de Vigo, son unha lambetada para os especuladores: banqueiros, construtores novos-ricos, inmobiliarias corruptas, ex-futbolistas mafiosos, políticos sobornados,… E entretanto a mocidade ten que hipotecarse até o día do seu pasamento para poder mercar unha vivenda medianamente digna.
De ADIANTE, como organización xuvenil que loita contra os abusos do capitalismo e a pola mellora das
condicións de vida da mocidade traballadora, queremos denunciar a todos estes bandidos simbolizando a nosa recompensa -as vivendas dignas que nos correponden á xente xoven de Galiza- nun WANTED ao estilo do lonxano oeste dos foraxidos mais coñecidos de entre os que se queren lucrar especulando co casco vello de Vigo e con outros barrios da nosa área: os bandidos Karpin e Michel.
…Que non te recluten O Estado español segue a se aproveitar da situación de desemprego e exclusión, que el mesmo provoca na mocidade galega, para converter ás camadas mais novas do noso pobo nunha canteira para os corpos militares (exército, garda civil) e represivos (policía, seguridade privada) que defenden con violencia a contuniudade do rexime monárquico capitalista e os privilexios da burguesía monopolista (naval, metal, Reganosa,…).
Tod@s coñecemos a mozos e mozas do noso bairro, aldea ou parroquia que, desesperad@s pola falla de saída laboral e social, se deixan reclutar nestes corpos represivos. Moi pouc@s son “vocacionais”. Pasan a ser opresores da súa propia xente, canciñ@s fieis dos inimigos o pobo.
Aínda así, o exército ten cada vez menos alistamentos, polo que o ministerio español de “Defensa” leva tempo facendo campañas de promoción en escolas, centros de ensino e nas oficinas do desemprego. Por todo isto, nas próximas semanas dende ADIANTE imos comezar a facer campaña contra os reclutamentos e a prol dun traballo digno. A campaña terá o seu epicentro nos centros de secundaria e bacherelato, tan “prezados” polo ministerio militar.
Colabora e participa nos centros sociais da nosa área !!
Rúa Romil – Vigo Lugar da Formiga – Redondela Rúa Real - Vigo
Reboredo – Cangas Rúa Toledo - Vigo Praza de Abastos – Ponteareas
En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_ En MovEmeNtO_En M
..._ADIANTE publicará en breve na súa web nacional as bases do I Concurso fotográfico da mocidade
revolucionaria galega que anunciamos no anterior número do Gume.
_ A Central Unitaria de Traballadoras/es (CUT) de Galiza representará ao noso País no VIIº Congreso da
CONSEU, o consello europeo das nacións sen estado.
_Constitúese o Foro da Mocidade de Vigo coa participación de A Revolta, ADIANTE, AMI, ISCA!, Faísca e
xoves a título individual, pero aberto a mais colectivos e moz@s.
_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_Bd_BPor Xaquín Marín
www.adiantegz.org [email protected] [email protected]