32
Quinta feira, 19 de setembro de 2013 3,50 euros Número 65, ano II. Milleiros de persoas saen á rúa para reclamar os dereitos nacionais de Galiza. Após a multitudinaria manifestación convocada polo Bloque, desde a fronte nacionalista aseguran que continuarán promovendo o debate soberanista. PÁX. 8 E 9 UNHA MARÉ NA DEFENSA DA SOBERANÍA DE GALIZA A destrución dun país PÁX. 4-5 Que saian á rúa 1,6 millóns de persoas en demanda dun Estado catalán inde- pendente non podía deixar de producir un tremor político, quer en Madrid quer en Bruxelas. E así foi. Madrid lanzou unha ofensiva diplomática contra o ascenso soberanista e o indubidábel suceso da cadea humana, que, alén do máis, tivo unha enorme repercusión nos meios internacionais. Nesa ofensiva, o Goberno Rajoy achou un aliado en Bruxelas. Non se trata só de que Joaquín Almunia, vicepresidente da UE, actuase en función da súa condición de dirixente político español, ligando indubidabelmente a independencia coa per- da automática da condición de membro da Unión. O comisario de Mercado Inte- rior, o francés Michel Barnier, tampouco deixou lugar a dúbidas a respeito de cal é a doutrina oficial do goberno europeu. De acordo cos tratados vixentes, indicou, "se unha rexión [por Catalunya] sae dun Estado membro e se independiza, sae de facto da Unión Europea e necesitaría dun novo tratado de adhesión". O Goberno español confía en que o medo a unha eventual saída da UE poda des- equilibrar a balanza ao seu favor no seu combate político co independentismo. Desde Convergència Democràtica de Catalunya -o partido de Mas- e ERC, defénde- se o criterio de que é posíbel negociar a independencia dentro da UE, mentres as CUP abren o abano e poñen en cuestión non só a pertenza de Catalunya ao Estado español, senón tamén á propia Unión Europea. EDITORIAL e PÁX 22. . Ofensiva do Estado e da UE ante o avanzo do soberanismo catalán

Honduras Inconforme, artículo en Sermos Galiza

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Artículo sobre Honduras en la publicación "Sermos Galiza". Pagina 16

Citation preview

Quinta feira, 19 de setembro de 2013 3,50 euros Número 65, ano II.

Milleiros de persoas saen á rúa para reclamar os dereitos nacionais de Galiza. Após a multitudinaria manifestación convocada polo Bloque, desde a fronte nacionalista aseguran que continuarán promovendo o debate soberanista. PÁX. 8 e 9

►unha maré na defensa da soberanía de galiza

A destrución dun paíspáx. 4-5

Que saian á rúa 1,6 millóns de persoas en demanda dun estado catalán inde-pendente non podía deixar de producir un tremor político, quer en Madrid quer en Bruxelas. e así foi. Madrid lanzou unha ofensiva diplomática contra o ascenso soberanista e o indubidábel suceso da cadea humana, que, alén do máis, tivo unha enorme repercusión nos meios internacionais.

Nesa ofensiva, o Goberno Rajoy achou un aliado en Bruxelas. Non se trata só de que Joaquín Almunia, vicepresidente da Ue, actuase en función da súa condición de dirixente político español, ligando indubidabelmente a independencia coa per-da automática da condición de membro da Unión. O comisario de Mercado Inte-rior, o francés Michel Barnier, tampouco deixou lugar a dúbidas a respeito de cal é a doutrina oficial do goberno europeu. De acordo cos tratados vixentes, indicou, "se unha rexión [por Catalunya] sae dun estado membro e se independiza, sae de facto da Unión europea e necesitaría dun novo tratado de adhesión".

O Goberno español confía en que o medo a unha eventual saída da Ue poda des-equilibrar a balanza ao seu favor no seu combate político co independentismo. Desde Convergència Democràtica de Catalunya -o partido de Mas- e eRC, defénde-se o criterio de que é posíbel negociar a independencia dentro da Ue, mentres as CUP abren o abano e poñen en cuestión non só a pertenza de Catalunya ao estado español, senón tamén á propia Unión europea. eDITORIAL e PÁX 22..

Ofensiva do Estado e da UE ante o avanzo do soberanismo catalán

2 Opinión

As 3 chavesTrompetean os medios próximos ao PSOe que hai cuase empate técnico nas enquisas en Alemaña entre Merkel e a oposición de esquerdas. Falaz, porque o programa do SPD está máis próximo do da CDU que do de Die Linke. O pegamento neoliberal une moito. A grande coligación está ao caer.Rato está imputado e deixoulle ao estado unha factura billonaria, despois de deixar un buraco xigantesco en Bankia. Acoden ao seu resgate Botín e Telefónica. Os plutócratas son así. Teñen a súa caixa de resistencia. Solidariedade de clase.Mas faille as beiras ao PSC e Durán i Lleida ao PP. CiU, máis bifronte que nunca. Practica unha política tan cupular que corre o risco de perder conexión social. Mentres, as CUP xa comezan a cuestionar a Ue. Hai partido no campo do independentismo de esquerdas.

Galegas ou semi-galegas?

María pilar García negroEscritora e profesora da UDC

O título non se refere só ás miñas conxéneres, senón ao conxunto dos galegos. Acontece que, aínda que este semana-

rio e o seu dixital homónimo usen por vía de regra o signo da @ para incluír mulleres e homes, o recurso pode va-ler para a escrita, mais non para a fa-la. De por parte, confeso que non gosto del e, aliás, onde o problema está non é exactamente na forma gramatical, se-nón en que esta arroupe un verdadeiro sentido inclusivo que vaia máis alá da marcación do xénero gramatical. Pode o orador observar con toda pulcritude a regra non escrita do –as/-os, ou vice-versa, e seguir sendo igual de misóxino ou de desprezador da humanidade femi-nina do que antes do costume bimor-

femático. Mais o asunto merece moito máis vagar e espazo do que eu agora dispoño, así que só aclararei que, nes-ta ocasión, escrebo en feminino, para que elas, se quixeren, manden recado: o dilema a que me vou referir é aplicá-bel tanto a mulleres como a homes da nosa nación.

A radio e a televisión públicas gale-gas, en cumprindo o mandato funda-cional (Lei 9/1984), só con iso, poderían ser magníficos altofalantes da identida-de galega. Van camiño de tres décadas consecutivas abdicando desta función e a cada paso o consignismo españoliza-dor é máis esmagador. Reparen en como “aquí” non é Galiza, é españa; “nós” non somos nós, senón os españois; os “no-sos” artistas ou deportistas son Nadal ou Messi ou calquera dos triunfadores na españa. en falando de economía, a

a ghoma rota por nachortas

distorsión tórnase cómica, por non di-cer tráxica: que teñen a ver os 1.200 km. de costa galega co río Manzanares?, por poñer un só exemplo. Non abonda coa confusión histórica (“¡por fin piso tie-rra española!”, exclamou un paisano, na postguerra, que acababa de rema-tar a ‘mili’, ao chegar a Agolada: viña de Lugo, onde lle tocara facela); todo o histórico negador e aberrante non é suficiente; cómpre reforzalo todos os días, non vaia ser que o esquezamos e nos decatemos, en labazada realista, de que somos o que somos, galegas e galegos. “Son labrega galega e quero seguilo sendo”, exclamou, na Praza da Quintana, unha das oradoras que pre-cederon o discurso do portavoz nacio-nal do BNG. Aí está o quid: recoñecér-monos no que somos e exteriorizalo como tal. Sermos galegas e galegos a tempo total ou tolerarmos que se nos deixe selo limitada e inservibelmente. Galegas ou semi-galegas, galegos ou semi-galegos. Para a loita política que nos cómpre, aquí e agora, o alimento básico é este principio de autoestima. Sen el, a despersonalización colectiva está garantida.

xigantescos olmos

A semana en chíos

@cascareloUm bom exercício para entender por que arde o monte consiste em mirar a que se dedicam as terras das famílias em que já nom há agricultores.

@XoseVGagoHoubo un tempo en que a responsabilidade dos incendios era só da Xunta e de Suárez Canal. Agora é "de todos". #oquehaiqueler

@cequelinhosLogo da Operación Pescanova, cantas empresas propiamente galegas quedan cun cadro de máis de 50 traballadores?

Sobre a sentenza da Audiencia nacional en relación á pretensa existencia de Resistencia Galega

@Tawilestou a ler a sentença do juízo farsa é estou no gume do vómito. Já nem choro de raiva. #liberdadeindependentistas.

S o b r e a s p o l í t i c a s "socialdemócratas" do partido Laborista británico

@OwenJones84Moito ruín que as propostas da lideranza laborista sobre como despexar a xente das súas casas sexan máis detalladas do que as que ten para darlles un teito

S o b r e a m a n i f e s t a c i ó n soberanista do 15 de Setembro

@duartecorreagzDigo eu, tanta policia en Compostela será porque se manifestan os de @obloque pola soberanía e os dereitos sociais? Acho que sim

Sobre as eleccións en Alemaña

@VlaFidelSalvadas eleiçons alemás reduzem-se a se há um governo neoliberal CDU-SPD ou um governo neoliberal CDU-FPD #quantaemoçomchico

Sobre a vaga de incendios e a actitude escapista da Xunta

Sobre a toma de control de pescanova polo capital foráneo

Opinión 3Opinión 3

O papel utilizado para a impresión deste semanario conta co selo FSC e foi fabricado e partir de fragas e plantacións xestionadas cos máis altos estándares ambientais, garantindo un tratamento dos recursos sustentábel para o medio ambiente e beneficioso para as persoas. Sermos Galiza asegura, asemade, a reutilización do papel excedente e convida, após a lectura, á reciclaxe das páxinas ou exemplares que non se arquivaren.

Laio e clamor polo Pindo

Laio. «as ás do deforme anxo de lume / bateron no Pindo / ardeu a pedra incombustíbel». Son ver-sos do poderoso poema «arde o Pindo» que escribiu Marilar

Aleixandre despois da vaga de lumes do 2005 e que fai parte do seu libro Mudanzas (2007), alén de figurar en Versos no Olimpo. O monte Pindo na poesía galega (2013), un volume colectivo que xunta 56 poetas e 66 textos, cuxa referencia máis antiga até ago-ra documentada é de Francisco Añón, cun poema de 1861 que di: «eu soñey con ver n’a cume d’o Pindo, / Adornados de mirto e loureiros, / escritores poetas guerreiros, / Que sorrindo se daban a man».

No Limiar desta colectánea promovida pola Asociación Monte Pindo Parque Na-tural, Chisco Fernández Naval e eu propio salientamos: «Foi a literatura quen popu-larizou o carácter sacro do monte dende antigo. Son moitos os autores que insisten na súa denominación de Olimpo, velaí se-nón a Ramón Otero Pedrayo, quen o des-cribe así: 'O monte, formado por enormes masas de granito adopta unha forma de grave testa, e aínda florecen nas súas fisu-ras as figueiras salvaxes das que falan o P. Sarmiento e Jovellanos nas súas Notas de viaxe. Chamóuselle un dos Olimpos célti-cos de Galicia e é, en verdade, un dos máis fermosos montes litorais dela”. Pero agora, grazas ao traballo divulgador da Asociación Monte Pindo Parque Natural, sabemos que nun documento de doazón, recuperado no Tombo de Celanova, con data do ano 942, xa se recollía esta condición: “In Carinota… cum suo monte sacro'».

Mais non só é este inmenso capital sim-bólico o que perdemos. Monte Pindo Parque Natural fala de máis de 2200 has., a práctica totalidade do arborado do macizo graní-tico e boa parte das marismas de Carno-ta. A carraxe, a desolación, a impotencia encheu durante horas os rostros carno-táns, coas súas voces a seren silenciadas no no-do dos telexornais da TVG e que ti-veron o seu altofalante noutros medios e na rede. A televisión do réxime só emitía opinións da conselleira do Medio Rural e do delegado do Goberno e recoñecía o la-bor das equipas de extinción, cuxo traba-llo está fóra de dúbidas. Porén, nin un so comentario crítico a lembrar a absoluta ausencia de investimento público en po-líticas de prevención e de melloramento produtivo do monte.

A culpa é do nordés, a culpa é dos días so-lleiros, a culpa é dos atavismos tradicionais da nosa tribo, a culpa é das mans covardes dos incendiarios (cuxo perfil é diverso), mais nunca da administración que non considera a roza e a posta en valor do monte, que non aproba medidas de protección para o monte e en especial para a raquítica Rede Natura

Catalunya: a cantada reacción imperialista

Na medida en que o proceso au-todeterminista en Catalunya comeza a ser un movemento profundamente popular e con participación masiva e direc-

ta da sociedade daquel país, acéndense as alarmas nas instancias políticas que negan a existencia da nación catalá como titular de dereitos políticos. A resposta do estado español e da Unión europa contra as are-las independentistas da maioría social ca-talá hai que a inserir nesta lóxica de con-trarios, nesta dialéctica entre oprimidos e opresores.

O unionismo españolista e os globalizado-res unión-europeístas son as dúas caras da mesma moeda. A Unión europea realmen-te existente é unha Ue dos estados e non dos pobos, como o nacionalismo galego ten defendido historicamente. Agora isto tór-nase nidiamente claro. Por que con escocia Bruxelas actúa de forma diferente? Porque Londres, isto é, o estado británico, ten un-ha política tamén diferente a respecto de escocia, tanto que até o embaixador nor-teamericano na capital inglesa ten deixa-do entrever que o seu país traballaría sen problemas coa hipótese dunha escocia li-bre [tamén dixo o mesmo a respecto de Ca-talunya, talvez nun desliz do estilo do que tivo John Kerry sobre Siria].

A historia demostra que os procesos de emancipación nacionais son sempre com-plexos e sempre, sempre, baten coa oposición frontal dos poderes imperialistas.

Guerra psicolóxica, guerra económica, guerra propagandística (Ansón a chamar a que o estado "estimule" á imprensa a se en-frontar a Catalunya)...todo vale no combate contra as nacións que se afirman a si propias e que procuran o seu lugar no mundo.

engruñarse non serve de nada. A loita pola soberanía é unha longa marcha. Sabé-molo ben as galegas e os galegos. Despois do suceso do 15-S, esa marcha está hoxe máis fortalecida. Mais non abonda o feito até o de agora. Hai que continuar sumando so-ciedade ao proxecto soberanista, sabéndo-mos que o unionismo é poderoso e nunca, nunca descansa. .

editorial

Xoan Costa, Manuel Mera, Marga Romero, Xoán Colazo, Neme-sio Barxa, Xurxo Souto, Santiago Alvite, Xoan Carlos Garrido, Iria Villar, Xabier P. Igrexas, Francisco Miranda, Xoán Sande, Rubén Lois e Anabel Gulias.

consello de administración

humor gráfico tokio

2000, que non considera a declaración do Monte Pindo como espazo a protexer coa figura dun Parque Natural.

Clamor. «e os homes / os homes aínda xordos / ao que berra a voces / o monte queimado». Acaídos de novo os versos de Marilar Aleixandre para facer escoitar as propostas da Asociación Monte Pindo Par-que Natural, desde o lazo do noso loito verde até as mobilizacións previstas: un Roteiro reivindicativo de subida ao Monte Pindo o sábado 28 de setembro con saída simultá-nea ás 11:00 horas desde O Pindo (Carno-ta), Caldebarcos (Carnota), e o Fieiro (Ma-zaricos) e unha Manifestación Nacional o domingo 6 de outubro en Compostela. As citas son ineludibles para reivindicarmos Lumes, nunca máis. Incompetencia, nun-ca máis!

Miro Villarescritor e membro da Asociación Monte pindo parque natural

<<A carraxe, a desolación, a impotencia encheu os rostros carnotáns, coas súas voces a seren silenciadas no no-do da Televisión de Galicia >>

4 tEMA DA SEMAnA

En apenas catro días arderon 2.400 hectáreas do Monte Pindo.

Olimpo estragadoO lume arrasou o Monte Pindo, un dos espazos naturais e simbólicos máis importantes de Galiza, logo de que a Xunta negase a súa declaración de Parque Natural, que tería servido para limitar os danos dunha acción destrutiva que, segundo a veciñanza afectada e moitas organizacións, evidencia a necesidade dunha nova política forestal.

Difícil atopar máis simbolismo en menos hectáreas, agora 2.400 delas -a súa prácti-ca totalidade- estragadas polo lume. Ardeu o Monte Pindo, berce de mitoloxía nacional pola súa consideración de Olimpo Celta ou pola lenda da Raíña Lupa, que agora daba nome a unha cooperativa agraria cuxa pro-dución tamén ficou calcinada. Porque o lume non só arrasou un espazo máxico, históri-co e sobre todo ecolóxico de característi-cas únicas, senón tamén unha alternativa agora sometida á inquisición das novas fo-gueiras. Co lume no Pindo intentouse quei-mar tamén unha outra forma de relación co espazo natural que vai desde a creación de alternativas sostíbeis como a de Raíña Lu-pa -que naceron en contra da actuación das multinacionais- até a negativa das autori-dades locais a sucumbir á praga da burbu-lla inmobiliaria -apenas perceptíbel na zona especialmente se se compara con concellos veciños- pasando polas diversas mobiliza-cións populares que levan tres anos reivin-dicando a declaración de Parque Natural ou que antes conseguiron desprivatizar a fer-venza do Ézaro, a única de europa na que un río -o Xallas- desemboca no mar e que

Imaxes: SGRodri Suárez

Pode que algunhas delas desaparecesen xa para sempre. “Mesmo houbo sorte de que non se producisen vítimas persoais”, afirma o alcalde. O lume chegou ás portas de numerosas vivendas no Ézaro, Calde-barcos ou Quilmas. Saltou ríos, pistas e estradas. Chegou ao bordo mesmo do mar. “Foi unha milagre que non fose peor, era un inferno como nunca vin porque teño a sensación ademais de que as pedras gar-daban a calor e facían que prendese outra vez cando xa parecía apagado”, conta un veciño desde a porta da súa casa, case ro-deada de cinza por completo. Nalgún caso derretéronse as persianas.

Tanto o goberno local como a Asocia-ción Monte Pindo Parque Natural mante-ñen que de terse atendido a súa deman-da por parte da Xunta, este desastre sería moito menor. “Non somos utópicos, sabe-mos que a declaración de Parque Natural non supón automaticamente que se poi-da impedir que pase algo cunha cabicha, por exemplo, non é poñerlle un manto de plástico ao monte que impida absoluta-mente que se queime, pero si reduciría de xeito relevante a afectación, que fica-ría moi lonxe do cen por cen que foi”. “A extensión do incendio viuse favorecida polas condicións do tempo atmosférico, sobre as que non se pode facer nada, pero

<< Os primeiros focos prenderon xusto á hora na que deixa de ser posíbel a utilización dos medios aéreos>>

arden por espiritual combustión espontá-nea. “Quen queimou o Monte Pindo quería evitar que o declarasen Parque Natural, como levamos tres anos pedindo”, afir-ma consternado o alcalde de Carnota, Ra-món Noceda, do BNG. Polos focos e outros moitos indicios, ninguén discute que o incendio foi intencionado, mesmo apare-ceu algún artefacto que o parece confir-mar. “Os culpábeis mesturan ignorancia e maldade, pero sabían o que facían como se proba pola situación dos focos e onde prenderon, coñecendo ben as pistas para escapar e a orientación do vento. Querían queimar isto enteiro e conseguírono”, en-gade o rexedor. Desde a Asociación Mon-te Pindo Parque Natural (AMPPN), o seu secretario Mario Maceiras achega outros datos ben ilustrativos: “Os primeiros fo-cos prenderon xusto á hora na que deixa de ser posíbel utilizar os medios aéreos, que son os únicos que poden frear con rapidez un lume no Pindo”.

Desde a AMPPN están agora traballan-do sobre o terreo para valorar os danos. “Aínda non podemos facer unha valora-ción completa, atopamos moitas sorpresas negativas e algunha positiva, pero é unha desfeita”, avanza Maceiras. No Pindo había máis de 600 especies, case medio cento delas en perigo de extinción ou únicas.

agora, ao igual que o Pindo, presenta un as-pecto deses que din apocalíptico, no que as árbores ennegrecidas ou o manto de cinza funcionan como depresor.

Xusto na ponte que atravesa o Xallas e serve de fronteira entre Dumbría e Carno-ta, ao pé do Monte, unha pintada protesta: “Non á emigración”. A súa visión estes días une dúas desas circunstancias que adoi-tan presentarse como maldicións insepa-rábeis do destino galaico: as maletas da diáspora e os lumes forestais. Porén, am-bas son circunstancias políticas, cunhas motivacións que desbordan ese presunto mal de ollo orixinal. Nin @s galeg@s emi-gran por tradición histórica nin os montes

tEMA DA SEMAnA 5

O desastre afecta tamén un patrimonio inmaterial, de alto valor simbólico, do pobo galego.

tamén pola absoluta carencia de medidas de prevención, que si era subsanábel e so-bre a que advertimos en varias ocasións. Se o Pindo fose declarado Parque Natural disporía dun órgano reitor con participa-ción d@s veciñ@s, un presuposto anual para o coidado do monte e tamén un cor-po de vixilancia, con todo isto o lume non tería provocado a destrución que xerou”, engaden desde a AMPPN.

e a Xunta? U-la? Instalada na negativa e allea ás demandas que por diversas vías solicitan unha mudanza radical das polí-ticas forestais. Segundo o vicepresidente, Alfonso Rueda, “as dimensións do incendio serían as mesmas malia que declarásemos o Pindo Parque Natural”. O Goberno galego do PP asegura que coa súa pertenza á Re-de Natura 2000 xa é suficiente. “Calquera neno sabe que un monte limpo e mimado é máis complicado que arda, pero na Xun-ta renegan das súas obrigas e agora din que nos poñamos a coller as matrículas dos coches que anden polo monte. Parece que toman todo isto como un pasatem-po”, indígnase Ramón Noceda, que insiste en que o problema dos lumes é “político” non só de orde pública. “As declaracións de Rueda son insolentes, deberían como mínimo ser un pouco máis humildes lo-go do que pasou”, comenta Maceiras, que xunto á súa asociación solicitou a dimi-sión de Agustín Hernández -conselleiro de Medio Ambiente- e de Rosa Quintana, de Medio Rural. “Cunha ínfima parte do que se destina a un Parque Natural como debía ser o do Pindo reduciríanse os efec-tos deste incendio e mesmo aforraríanse cartos gastados na extinción”.

Malia a desfeita, non renuncia a cida-danía organizada da zona -e con apoios por todo o país- á súa reivindicación do Parque Natural e agora tamén á declara-ción de Zona Catastrófica que axude na recuperación da contorna e da súa biodi-versidade. Quedan no ar as culpas máis concretas dunha problemática xeral. Aquí non había os intereses económicos que asoman noutros lumes. “Non foi por cues-tións urbanísticas ou agrogandeiras, o cer-to é que queimaron o Monte desprotexido xusto cando máis crece a nosa demanda e por diversas cuestións máis sona está a conseguir o Pindo. Mediante visitas á nosa web ou outras fórmulas recibimos estes días apoios ou o interese de millei-ros de persoas de todo o mundo polo que sucedeu”, relata Maceiras. Os indicios dan para especular con destrutivos obxecti-vos de vinganza, mesmo con fondo polí-tico. O resultado é un símbolo ecolóxico e popular estragado. Un referente histórico queimado pola máis inxusta das contem-poraneidades.

seguen as mobilizaciónsA destrución do Monte Pindo aumentará a petición dunha nova política forestal. O asunto terá que ser tratado no Parlamento, onde o PP hase de ver obrigado a profundar nunha cuestión que intenta explicar sen fondo estrutural. Crecerá tamén a mobi-lización. este sábado 28, está convocado un roteiro verde que sairá a pé de forma sincronizada -ás 11.00 horas- desde as loca-lidades de O Pindo, Caldebarcos e O Fieiro

<< As veciñas e veciños teiman na reivindicación do parque natural para o Monte Pindo>>

cara o alto do Monte, con remate en A Moa. Contará co acompañamento dunha mar-cha ciclista -e tamén reivindicativa- con orixe en Compostela e na que participarán ex-profesionais como ezequiel Mosquera. Unha semana despois, está xa convoca-da unha manifestación nacional -ás 12.00 na Alameda de Santiago- para esixir “un cambio radical” por parte da Xunta na súa política de protección do medio natural e contra a parálise gobernamental fronte a eterna vaga de lumes.

prevenir o chapapote do monteOs desastres naturais poderían non ter rematado coa extinción do lume do Pin-do, que durou case cinco días e que foi re-collida tamén polas imaxes dos satélites, posto que agora o perigo son as cinzas e a chuvia. Hai un precedente moi claro pega-do a Carnota e Dumbría, o de Cee en 2006, cando unha leve tormenta provocou que os restos dos incendios dos montes for-maran o que algúns veciños cualificaron de “tsunami de lama”, que asolagou a lo-calidade. Agora, nunha orografía con cer-tas semellanzas, existe de novo ese risco, incluso aumentado se non se actuar con rapidez. “O lume chegou á costa e agora unhas chuvias poderían arrastrar os res-tos cara ao mar e contaminar zonas de marisqueo protexidas como as marismas de Caldebarcos”, alerta o alcalde Ramón Noceda. Desde a AMPPN, Mario Maceiras engade que a declaración inmediata de Zo-na Catastrófica serviría para evitar esta posibilidade, “que afectaría aínda máis á biodiversidade e ao tecido económico por culpa da acción do que chamamos o cha-papote do monte”.

xordeira ante un clamorNo seu despregamento mediático da fin de semana dos días 14 e 15, o presidente da Xunta fuxiu de aceptar calquera responsa-bilidade do seu goberno nos lumes destes últimos anos, dos que prefire culpar, por exemplo, a propietarios de terreos. Cando a súa frívola imaxe de 2006 coa manguei-ra aínda circula polas redes e poucos días despois de que se atrevese a declarar en sede oficial que “a campaña dos incendios está sendo extraordinaria”, a realidade é que se queimaron no que vai de verán 15.000 hectáreas. Coincidindo co desastre do Pindo houbo incendios tamén en Ames,

investigación, combate e extinción”, algo xa denunciado desde sindicatos, organi-zacións ecoloxistas ou políticas e outros movementos.

Após o drama do Pindo, o BNG, por me-dio do seu voceiro nacional Xavier Vence, denunciou que “a política curtopracista é unha auténtica ruína para os nosos mon-tes da que o goberno de Feijóo é o máximo responsábel por non tomar as medidas necesarias para acabar coas causas es-truturais que fan arder o monte ano tras ano”. Desde AGe, o deputado Antón Sán-chez afirmou que “a política forestal da Xunta é inexistente e polo tanto irrespon-sábel”. Así mesmo, nun comunicado, @s ecoloxistas de Adega sinalan que “detrás da catástrofe está o desleixo do goberno galego”. Un clamor, por unha banda. e seica una fonda xordeira pola outra. .

Negreira, Fisterra ou o Monte Aloia. Pola súa parte, a propia Fiscalía do es-

tado asegura no seu informe de 2012 que “o recorte de presupostos [caso da Xunta] nas tarefas de prevención de incendios forestais reduciu os medios para a súa

6 AnÁLiSE

a crónica

Ante a falta de iniciativa ou de éxitos contra a crise, o PP afonda aínda máis na súa teima de converter as tarefas de gobernación nunha simple cuestión de orde pública, a única relevante, segundo a súa teoría, á hora de abordar os lumes forestais, a actividade parlamentar ou as propostas alternativas.

Na mesa semana na que, entre outras cou-sas, iniciouse o proceso final para deixar a Galiza sen entidades financeiras pro-pias; comezou un curso escolar con gra-ves problemas por parte de moit@s pais e nais para dotar de libros de texto aos seus nen@s; confirmouse o duro recorte en bolsas para estudos ou se concretou en cifras a importante tesoirada que sufrirán nos próximos anos @s pensionistas, o PP limitouse a intentar eclipsar a realidade cun discurso infantil e marciano segundo o cal o verdadeiro problema do país é que hai moito partidario da desorde e moita delincuencia, formulada de diferentes xei-tos ou maior ou menor grao. Non deixa de ser o reflexo dun fracaso político que se pretende agochar baixo simpleza populis-ta -no peor dos sentidos- sen ir ao cerne dos problemas. A culpa é unicamente d@s que queiman os montes, nunca das políticas forestais. A culpa é d@s que se indignan ante o cons-tante paripé parlamentar, non d@s que o

promoven. A culpa é d@s que non aceptan as limitacións lexislativas -dígase Consti-tución- non d@s que se negan a escoitar as demandas democráticas (entre elas, as de soberanía). A culpa é de que non prio-riza sobre todas as cousas a condena a un suposto problema de “terrorismo” en Ga-liza, non de quen esaxera ameazas para agochar as urxencias sociais. En definiti-va, o problema son os demais, sempre. Así semella ser o discurso do PP neste inicio de curso político. Outra vez. A axenda do partido gobernante marca agora como prioridades converter no pro-duto de grupos minoritarios -e mesmo de-lictivos- boa parte das eivas dun país en grave crise. exemplos deixou a semana. Comezando polos lumes. Intentan iden-tificar a xa moi longa desfeita dos incen-dios -co Monte Pindo en primeiro térmi-no-como un simple problema policial, de orde pública, malia as constantes deman-das dunha outra política forestal e de de-fensa do medio rural que minimice todo o posíbel a constante degradación dos mon-tes e outros recursos naturais. Ao tempo, a Cámara que debería liderar esas mello-ras teima na inacción baixo a maioría do

A política reducida á actuación dun 'sheriff'

Espías nos quiosquesHERDEiROS DO COLECtiVO ALMEnDROSPasaron máis de tres décadas, pero moit@s aínda sentirán un arrepío ao ler o nome do Colectivo Almendros. Era un columnista. Como os de agora das diversas cavernas mediáticas pero aínda máis perigoso, porque eran varios, baixo seudónimo e con pistola no cinto. Literalmente. O Colectivo Almendros foi un grupo de militares, dos que chamaban “nostálxicos”, e falanxistas que durante a mal chamada Transición dedicouse a escribir artigos no desaparecido

-pero bastante herdado- diario El Alcázar, unha especie de voceiro da extrema dereita. Nos seus textos traballaban polo golpe militar que acabaría confluíndo desde varias vías -algunha oficial- no 23-F. Nunca foi investigado a fondo nin condenado, noutro deses numerosos pactos de silencio co fascismo propios da época. Pero, con novas e máis complexas formulacións, semella que o espírito do Colectivo Almendros segue vivo. Non había máis que ler certos medios o día posterior á Diada. O exemplo máis rechamante apareceu nas

páxinas do ABC, nas que un editorial suxería que o goberno debería aplicar xa o artigo VIII da Constitución, ese polo cal o exército está obrigado a actuar cando se trata de impoñer a sacrosanta “unidade de España”. A prensa democrática, en estado puro. Hai moito “nostálxico” nos medios hexemónicos. Púxolles dos nervios que o BNG reunise en Compostela a milleiros de persoas nunha manifestación soberanista. Con dubidoso gusto en vista do que esas horas se vivía no Pindo, La Gaceta de Intereconomía

cualificouna como “outro incendio”. Gran sensibilidade. En ABC e V Televisión afirmaron que nela apoiouse o “terrorismo”. Todo por unha pancarta paralela á marcha de Ceivar contra a Audiencia Nacional, que aparece no mesmo lugar todos os anos. Ou sexa, que non era apoio ningún, nin sequera era novidade. Un costume reivindicativo convertido en suposta noticia mal interpretada. Xornalismo?

Cosme torreiroXornalista

rebeldes, como se o normal fose aceptar en silencio o que acontece. Criminalízase o debate político e a disidencia. Até seme-lla que soñan con ilegalizacións. Como se as urnas non elixisen un goberno, senón un simple e déspota sheriff.

Rodri Suárez

PP, que axudado polos seus altofalantes prefire poñer o foco crítico nas tensións internas que se viven no Parlamento po-la insistencia da oposición en demandar solucións e non ventiladores. O discurso, nese caso, é que hai deputad@s demasiado

O PP criminaliza o debate político e a disidencia.

Opinión 7GALizA 7

A defensa d@s 4 independentistas exixe a nulidade do xuízo na AnNo recurso que será presentado perante o Supremo denuncian a violación dos dereitos d@s acusad@s. Aliás, din que se vulnerou o principio de legalidade ao dar por demostrada a existencia de "banda terrorista" sen atender a un criterio fundamental: a alarma social.

Que o xulgamento sexa declarado nulo por "vulnerar" o dereito á defensa, o dereito a un xuíz imparcial, o principio de contradición das probas e o principio de legalidade, así como pola "desproporción" das penas impostas. É a petición que figura no recurso de casación que elevarán ao Tribunal Supremo os avogados da defensa de Antom Santos, eduardo Vigo, María Osório e Roberto R. Fialhega, @s catro galeg@s xulgad@s en Madrid entre o 24 e o 27 de xuño e condenadas a 56 anos de prisión e outros 36 de liberdade vixiada.

Así as cousas, a defensa mostrou a súa dis-posición a presentar tamén un recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional e a ir petar á porta de estrasburgo se for pre-ciso, pois consideran que nas catro xornadas que durou o xuízo se deron mostras dabondo dunha "violación flagrante" do dereito á tutela xudicial efectiva, recoñecido no artigo 24 da Constitución española e que aglutina todas as garantías enumeradas máis arriba.

"NON EXISTE PERCEPCIÓN SOCIAL DE TERRO-RISMO", MAIS ISO "NON IMPLICA NADA"

"Inventaron unha organización terrorista sen atender a un criterio fundamental, como é o da alarma social", apuntan desde a defensa. A propia sentenza dá por constatado que na Galiza "non hai unha percepción social de que existe terrorismo". Porén, ao entender do tri-bunal que presidiu o xuíz Alfonso Guevara, tal afirmación "non implica nada á hora de de-terminar se se produciron actos terroristas ou non", polo que no fallo dan por probada a existencia dunha "banda armada" e a perten-za d@s acusad@s á mesma.

A respeito do "desorbitado" das penas im-postas, a defensa sinalou que agardaban unha sentenza "máis axustada á realidade do noso País". Con todo, recoñecen que "esta era unha das posibilidades" e enfatizan que, ao non ser firme a sentenza,"quedan outras catro posibi-lidades para discutir, noutras salas e con tri-bunais distintos, se existe esa organización chamada Resistencia Galega". Refírense aos

Imaxe: GalizaContrainfoBeti Vázquez

Protesto en Compostela contra a condena a 56 anos de cárcere ditada pola Audiencia Nacional española contra M. Osório, A. Santos, E. Vigo e R. Fialhega.

"A sentenza vai a xogo cun xuízo onde non se conseguiu probar nada", acrecentou, ca-drando con Catalina Alonso, compañeira de Roberto R. Fialhega, en que as penas impos-tas son "desproporcionadas". Con todo, Alonso explicou que "non me sorprendeu que o fallo fora tan duro, porque xa antes de comezar estaba claro que era un xuízo político". Por derradeiro, Santos ironizou co feito de que en Madrid "decidiron que estes rapaces per-tencían a unha banda armada que só coñece quen redactou a sentenza".

DE "LITERATURA REVOLUCIONARIA" E CRISE

Na Audiencia Nacional española, ao mesmo tempo que os peritos da defensa —Bernardo Máiz e Carlos Taibo— foron expulsos da sala polo xuíz Guevara, aos letrados negóuselles a

próximos xulgamentos doutros catro mili-tantes independentistas imputados por "per-tenza": Júlio Saiáns, en liberdade provisoria; e Carlos Calvo, Xurxo R. Olveira e Hadriam Mosqueira 'Senlheiro', en prisión preventiva. Os letrados apuntan que detrás na sentenza "tiveron moito a ver informes da policía e de-claracións do ministerio de Interior, terxiver-sando e manipulando a realidade".

FALAN AS FAMILIAS: "A SENTENZA FAI XOGO CUN XUÍZO ONDE NON SE DEMOSTROU NADA"

Na sala onde se celebrou o xuízo estaban pre-sentes familiares e amizades. "O que vin é que non se respectaban, xa non digo as formalida-des dun xuízo, digo as normas máis elemen-tais da educación", apuntou Xosé Luís Santos Cabanas, o pai de Antom Santos.

Direito ou barbarie

Xosé MexutoDirector de Sermos Galiza

opinión

referendos no Québec e en escocia).Só unha cousa máis: Paula Prado, porta-

voz do PP, botou en cara no Parlamento gale-go a BNG e AGe que "o comunismo ten máis de 100 millóns de mortos ás súas costas". en que estaría pensando Paula Prado, a devota seguidora do demócrata Manuel Fraga? es-taría pensando talvez nos 20 millóns de cida-dáns soviéticos que entregaron as súas vidas para librar ao mundo dese monstro fascista chamado Adolf Hitler?

A sentenza ditada pola Audiencia Nacional contra catro militantes independentistas galegos é un despropósito xurídico. Obedece a unha lóxica basicamente polí-

tica e, por tanto, non ten o direito -o principio de as acusacións teren de ser suportadas con probas e non con indicios ou prexuízos- como principio rector. A sentenza non deixa de ser a consecuencia lóxica do propio desenvolvimento do xuízo, cando de forma escandalosa se anula-ron parte das probas periciais achegadas pola defensa. existía unha predeterminación, non só a de condenar a unhas persoas, senón sobre todo a de estabelecer como incontrovertíbel a existencia dun fenómeno terrorista en Galiza,

oposición, a súa inhabilitación en termos po-líticos. Se a criminalizamos, anulámola e, por-tanto, a democracia degrádase e devalamos ca-ra á un réxime democrático nas formas, mais materialmente autoritario. ese é o proxecto da direita neste momento histórico.

Criminalízanse non só organizacións po-líticas, senón basicamente ideas, aplicando a mesma ideoloxía que informou no seu tempo a Lei de Partidos pactada por PP e PSOe. O es-tado español cristaliza así como un proxec-to totalitario con vocación de eternidade. É a mesma lóxica que leva a postular que no refe-rendo catalán teñen que votar todos os espa-ñois (lóxica aberrante aos ollos dos canadianos ou dos ingleses, que toleran sen problemas os

fenómeno que a sociedade en absoluto percibe como tal. É, como acertadamente a cualificou a práctica totalidade do nacionalismo galego, unha sentenza política.

A mesma existencia da Audiencia Nacional, residuo do antigo réxime, é unha anomalía no sistema democrático español. Éo como tamén o é o facto de o fiscal xeral ser diretamente nomeado polo Goberno. Non se garante así a necesaria división de poderes, sen a cal non hai democracia digna de tal nome.

Quen dubide que a sentenza é política, non ten máis que ollar para o Parlamento galego. Faltoulle tempo ao PP para atacar o BNG e a AGe como pretensos defensores do terroris-mo (?). este é o obxectivo, a criminalización da

posibilidade de formular preguntas a respeito do informe de intelixencia presentado por un garda civil. Tal documento situaba RG "nun-ha correlación de organizacións terroristas desde a UPG de Moncho Reboiras" e atribuía a Antom Santos o papel de "líder ideolóxico do terrorismo galego" porque "posuía abundante literatura revolucionaria" e polo seu "amplo historial de militancia independentista".

Aliás, o perito de grafoloxía da policía es-pañola explicou que non se practicaron todas as probas para demostrar que os documen-tos polos que foron condenados a 8 anos de prisión eran, efectivamente, falsos. Non se fixeron, dixo, "porque estamos en crise".

en 2009, o grupo fascista Falange y Tradi-ción perpetuou até 25 ataques violentos con-tra cidadás e cidadáns vasc@s; non foi decla-rado nunca 'organización terrorista'.

8 GALizA

Até doce conflitos sociais foron expostos desde o micro dunha Quintana ateigada. Segundo valora o Bloque, todos eles fican unidos por un fío condutor: ''a situación de dependenza" do noso País.

Unha multitude pola soberaníaMiles de galegas e galegos participan na manifestación do 15-S, convocad@s por un BNG que aposta en dar o debate “desde a base” e que emprestará todo o seu apoio a Galiza pola Soberanía (GpS).

Máis de 10.000 persoas participaron o pa-sado 15 de Setembro nunha multitudinaria marcha en favor dunha Galiza soberana. A manifestación, baixo o lema “Por unha Pa-tria soberana”, era unha convocatoria do BNG. Miles de galegas e galegos tomaron as rúas da capital de Galiza, nunha mobili-zación que a executiva nacional valora co-mo “moi positiva”.

O suceso da marcha convocada polo Blo-que foi recollido pola imprensa de maneira desigual dentro e fóra do país. O secretario de Organización da fronte, Bieito Lobeira, considera que “situamos Galiza no mapa me-diático español”, ao tempo que asegura terse sorprendido pola “ausencia” de determina-dos medios nacionais na cobertura desta mobilización, sinala.

No entanto, para Lobeira, “a chave” foi “o traballo desenvolvido pola militancia” que conseguiu “encher a Praza da Quintana”, máis unha vez. Algo que, di, “merece o noso re-coñecemento e agradecemento” ao consti-tuír, acrecentou, “o maior valor que ten o Bloque”.

Desde a organización frontista están xa a cavilar no traballo que fica por diante. “In-

Imaxes: GZ Vídeos / X. SoliñoAutora: Olalla Rodil

sistiremos na divulgación do debate arre-dor da soberanía” que, din, espallarán por todas as localidades e comarcas do país. Para Lobeira, na Galiza “hai moitas persoas que son nacionalistas”, que “acreditan nun país con capacidade de decisión” real e plena so-bre os seus intereses.

Mais para este labor, desde o BNG asegu-ran que centrarán todo o seu “compromiso” e esforzo na Plataforma Galiza pola Sobe-ranía (GpS), un instrumento que está cha-mado, afirman, a se converter na mellor fe-rramenta para a construción da conciencia nacional. e neste senso, desde o BNG teñen claro que a soberanía non é un fetiche senón que hoxe se torna “unha necesidade”, salien-ta o secretario de Organización da fronte nacionalista, para superar a situación que atravesa Galiza.

Durante o acto que clausurou a mobili-zación do pasado 15 de setembro, a Praza da Quintana deu voz a unha ducia de re-presentantes dos conflitos sociais e labo-rais que arestora marcan o panorama po-lítico galego. Traballadoras da conserva, de T-Solar ou da sanidade pública; estudantes, desempregad@s, emigrad@s, estafadas polo calote das preferentes e portavoces da loita veciñal contra as agresións ecolóxicas, to-maron a palabra para denunciaren o des-leixo institucional e político que padecen e

a urxencia de que Galiza teña capacidade de decisión real e plena para os defender os seus intereses.

“Queriamos lanzar unha mensaxe”, asegu-ra Bieito Lobeira en relación ás intervencións da Quintana, “e é que existe un fío condu-tor” que une todos os conflitos sociais. “Non son conflitos atomizados” que no naval non se estean a construír barcos ou que cen-tos de milleiros de familias fosen roubadas por NCG coa cumplicidade dos gobernos da

Xunta é Madrid; todos eles, explica o núme-ro dous do BNG, “deveñen da situación de dependencia” que sofre o país” e do “espolio do pobo galego” por parte de instancias fo-ráneas. eis, para o Bloque, a urxencia dunha Galiza soberana. Neste senso, e após a mul-titudinaria manifestación, o BNG márcase a curto prazo como obxectivo “introducir desde a base” o debate soberanista “cunha perspectiva pedagóxica” e para iso, di, da-rán todo o seu apoioa a GpS.

GALizA 9

Unha inmensa bandeira da Patria encabezou a multitudinaria manifestación. Movementos sociais e veciñais acompañaron o BNG nesta xornada e reclamaron soberanía real para Galiza como ferramenta chave para a superación da situación actual. Música de gaitas amenizou a xornada que rematou coa entoación do himno galego.

10 SOCiAL

Os ángulos mortos de inditex

Traballadores montan unha tenda de Zara en Azerbaián.

Un volume de negocio de 15.946 millóns de euros -un 16% máis que en 2011-, bene-ficios despois de impostos por valor de 2.361 millóns -un 22% máis-, un plantel que xa supera as 120.000 persoas -10.800 máis do que no exercicio anterior- e unha arañei-ra de máis de 6.000 tendas nos cinco con-tinentes que reflicte unha presenza cada vez maior en todo o planeta. Inditex é hoxe unha das compañías máis rendíbeis de eu-ropa, a que máis medra no exterior e a que máis réditos reporta aos seus accionistas. Os resultados desde a súa saída á Bolsa de Valores en 2001 son desorbitados e foxen da lóxica que cabería agardar na conxun-tura actual. e é que a expansión da mul-tinacional cuestiona un concepto, a crise, que obviamente non afectou en absoluto as grandes fortunas, senón máis ben todo o contrario.

As cifras do monstro téxtil galego, cuxa historia é narrada desde o albor do século XX polos medios de comunicación de ma-sas case que como unha epopea irrepetíbel do “grande soño americano” protagoniza-

Xornadas maratonianas, precariedade, salarios decrecentes e estrés, marcan as condicións laborais dos traballadores das empresas que contrata a multinacional de Amancio Ortega na montaxe das tendas de Zara no exterior

X. LorenzoImaxes:SG

da polo arquetipo moderno do “self-made man”, o austero e discreto Amancio Ortega agochan, porén, outras realidades colate-rais que atinxen a prácticas moi concre-tas das empresas coas que o grupo Indi-tex mantén relacións comerciais desde hai décadas, practicamente desde o mo-mento, finais dos 80 e primeiros anos da década seguinte, nos que principiou, des-de Portugal, a pousar os seus tentáculos por todo o mundo.

denuncias por explotaciónAsí, a imaxe modélica de Inditex non é todo o inmaculada que se pretende facer ver. De feito, son coñecidas as denuncias de dife-rentes organizacións –ningunha delas es-pañolas, por certo, como Setem ou o Center of Research on Multinational Corporations- e tamén de institucións como o Ministério de Trabalho do Brasil ou medios como a bri-tánica BBC verbo das condicións laborais dos traballadores que, a través de interme-diarias ou, como ocorría en Galiza antes da deslocalización da fabricación, de coope-rativas, producían roupa para Inditex. Na maior parte dos casos o conflito resolveuse con compensacións millonarias.

Mais as precarias condicións dos que, dun ou doutro xeito, directa ou indirecta-

O Grupo Caamaño ou Cándido Hermida son só dous exemplos, os máis veteranos se cadra, dunha relación comercial con moita raigame.

estrutura verticalA propia empresa e os expertos en márke-ting sinalan como un dos factores explica-tivos do éxito do universo Zara o seu pe-culiar modelo de xestión: unha estrutura vertical que blinda a tutela e mais o con-trol de todas as fases do proceso da moda: deseño, fabricación, loxística e venda en tendas propias. Neste modelo organizati-vo que abrangue toda a cadea comercial, o espazo, a tenda, é o “elemento clave”. Para Inditex, só así se crea unha ambientación óptima para establecer unha relación “con-fortábel” co cliente.

A relación de Cándido Hermida con In-ditex remóntase ao ano 1991. Daquela, a empresa de Amancio Ortega comezaba o seu despegue e precisaba empresas que lle axudasen a preparar e instalar as múlti-ples tendas que ía abrindo, baseadas nese peculiar concepto de establecemento que se apoia tamén no reclamo que supoñen os inmóbeis privilexiados nos que se ubi-can. Para tal cometido, Ortega confiou “nos da casa”, e continúao facendo coa maioría

"Neste tipo de traballos pasas moito tempo fóra de casa, até 8 ou 9 semanas seguidas e o ritmo é brutal"

mente, traballan no exterior para o grande grupo téxtil galego non fican só no pro-ceso de fabricación das prendas. Sen che-gar a eses extremos –son varios os ca-sos probados de explotación de menores e non tan menores nas empresas que lle fan as prendas-, outras fases da actividade vencellada a Inditex deixan ángulos mor-tos nos que se rexistran decote prácticas abusivas e actitudes neglixentes, como manifestan varias testemuñas. eis o ca-so da montaxe das tendas, unha encarga que, con apenas variacións, continúa a re-caer nos mesmos talleres de carpinteiría e deseño que acompañaron a Inditex desde o inicio da súa expansión internacional.

SOCiAL 11

Aspecto dun trinque de Zara.

"O salario bruto que percibe quen segue amoblando os estabelecimentos de Zara caeu un terzo"

deles. Noutros, como é o caso da recen-te inauguración da tenda piloto de roupa de baixo custe Lefties no centro comercial coruñés Marineda City da Coruña, instala-da por una empresa da zona, Tecais, unha auxiliar habitual do sector naval, o acordo está aínda por concretarse, pero semella que finalmente frutificará.

ese matrimonio levou á empresa do ebanista de San Sadurniño a encargar-se da fabricación e mais da montaxe dos móbeis de moitas das tendas que Indi-tex, principalmente Zara, inauguraba en todo o mundo. É “vox populi” que as con-dicións nas que eses traballadores veñen desempeñando o seu traballo non son as máis acaídas, situación que se acentuou debido “á crise e ás reformas laborais dos últimos tempos”, sinala o responsable da Federación da Construción e a Madeira en Ferrolterra, Marcos Sánchez, pois “ataca-ron duramente ás condicións de traballo no exterior, que se realizan sen control ningún”. A flexibilidade, a mobilidade e a redución dos salarios como fórmula para baixar o número de desempregados, así como o abaratamento do despedimento, só serviron para xerar máis paro e, no caso dos que aínda conservan o posto de tra-ballo, rebaixar as condicións que xa tiñan.

Os técnicos de Prevención e Saúde Laboral coñecen ben a situación dos traballadores no exterior, pero advirten de que esas prácticas son difíciles de contrastar debido á escasa información que lles chega. Nese senso, sinalan que coa crise se impuxo tamén un manto de silencio sobre un aspecto clave, a seguridade no traballo. “As empresas”, contan, “nunca din abertamente que non invisten nisto ou en formación, pero indirectamente inoculan nos traballadores o medo a perderen o posto de traballo. Hoxe, despedir sae case debalde e por iso moitos preguntan se os poden botar por unha baixa, aínda que sexa unha continxencia común”. Por iso, engade, o operario non é hoxe tan esixente coa seguridade: “Veo como algo secundario”, apuntan. Entre os técnicos en prevención adoita ilustrarse a situación cunha anécdota que reflicte a realidade do Estado español neste eido. “Cando imos a congresos ou xuntanzas internacionais, os compañeiros estranxeiros fan mofa coa suposta inexistencia de enfermidades profesionais no Estado, como figura nas estatísticas”, din. “Hai unha práctica estendida que consiste na infradeclaración de accidentes e nós e cremos de feito que non se informa nin a cuarta parte das que hai”, alegan.

Falamos cun traballador que estivo sete anos montando tendas para Inditex. Calcula que tería traballado nun cento de instalacións en todo mundo. Chegou a estar até tres meses seguidos sen voltar a casa. As condicións eran duras, mais recoñece que o salario era aceitábel. Agora xa non o é. “Cando eu comecei traballabamos 12 horas como mínimo que se pagaban a máis de dez euros; hoxe páganse a menos de sete e como tales extras só se computa o tempo que excede de 8 horas”. Con meses de máis de 200 horas extras, o salario bruto que percibe quen segue amoblando as tendas de Zara caeu un terzo.Ademais dos cartos, hai outros factores que afectan o traballo. Principalmente, o estrés. “Chegabamos co tempo xusto, agás que se tratase dunha tenda piloto, e nalgunha delas, e non precisamente no estranxeiro, tivemos xornadas de 18 horas”. Os descansos son outro dos aspectos que non se coidan en exceso. “Non é a primeira vez que baixamos do avión logo de varias horas de voo, deixamos a equipaxe no hotel e nos poñemos a traballar doce horas seguidas”, relata. “Teñen moita sorte de que aínda non houbese unha desgraza”, láiase antes de asegurar que “as fábricas de Bangladesh témolas nós tamén en casa”.

a seguridade e o medo a

perder o traBallo

"as fáBricas de Bangladesh

témolas tamén en casa”

No sector da construción, este descenso é máis acusado, pois a crise chegou antes e os seus efectos foron máis devastadores. “O pouco que queda deste sector”, explica Sánchez, “está moi mal: hai pouca obra e, polo tanto, as condicións vanse deterioran-do. Moitas veces as empresas que conco-rren a unha obra, sexa pública ou privada, van a custe mínimo, con moita baixa no orzamento, e iso repercute nas condicións traballadores e traballadoras”.

"despedimentos para meter medo"Nos traballos fóra de fábrica de Cándido

Hermida ocorre isto mesmo. Aínda que nas reunións entre a dirección desta e doutras empresas do ramo coa parte social adoita falarse da dificultade de atopar un perfil de profesional que estea disposto a coller a equipaxe e botar un, dous ou tres meses fóra da casa montando unha tenda tras outra, a realidade, indica o responsable da CIG, “é que ao mesmo tempo despiden operarios que levaban sete e oito anos facendo ese traballo”. Para o sindicalista, o máis sangrante é que até pouco antes de recibir o finiquito, estes empregados viñan cobrando pluses e incentivos. O motivo do despedimento, pa radoxa l mente , era u n ha “ ba i xa produtividade”. “É a máis flagrante das contradicións”, apunta Sánchez, quen alude ao carácter “exemplarizante” dos mesmos: “Ás veces dános a impresión de que o único que pretenden é meter medo e preparar á xente para que acepte o que sexa”.

Só unha remuneración acorde podería compensar unhas condicións de traba-llo especialmente duras. Noutros tempos esas retribucións si eran aceptábeis; ago-ra non o son. “Hai que entender que neste tipo de traballos pasas moito tempo fóra de casa, até 8 ou 9 semanas seguidas e

o ritmo é brutal”, apunta o responsábel da CIG. “Hai que apurar moito porque os prazos son os que son, coas dificultades de que a maquinaria non chega a tempo e, polo tanto, todo se complica, incluída a seguridade e a saúde laboral, na que se pasan por riba moitas cousas”.

O sindicalista ten claro que as pré-sas “ponas Inditex”. “A súa forma de ac-tuar”, subliña, “é decidir que nun prazo moi curto de tempo queren abrir ca-tro, cinco ou seis tendas en diferentes países do mundo, e queren abrilas xa. Hai moi pouco tempo para desenvolver o proxecto, pois non son precisamen-te establecementos cativos, senón ma-crotendas nas que hai moito que facer, ás veces comezando de cero”. Ademais, a posición preeminente de Inditex en calquera relación comercial determina mesmo as marxes das empresas que lles emprestan servizos. “Sabemos como tra-ballou Inditex no téxtil”, lembra o sin-dicalista, “é dicir, impoñendo prezos no caso da montaxe actúa dun xeito seme-llante, mesmo con ultimatos de que hai outras empresas que fan ese traballo máis barato, en definitiva, os mesmos argumentos que empregan as empresas que ameazan con deslocalizarse”.

pescanova: Galiza pode perder o que quere gañar AlemaniaA multinacional afástase da Galiza cun consello foráneo sobre o cal paira a sombra do grupo teutón Oekter

Pescanova ten xa novo Consello de Adminis-tración, eleito por unha abrumadora maio-ría de accionistas mais tamén con polémica (con impugnación da votación incluída). Un órgano presidido por José Manuel Urgoiti, ex-presidente do Banco Gallego e conselleiro de Inditex, que se apresou a dicir, nada máis ser eleito, que non habería recortes no per-soal e que a pesqueira seguiría a ser galega. Dúas afirmacións que xa fixeron saltar os sinais de alerta e o temor a despedimentos e a a que o poder de decisión de Pescanova bascule cara outras latitudes ben afastadas de Chapela e a Ría de Vigo.

Desde os sindicatos exíxense garantías de que non haberá despedimentos. "Can-do alguén novo chega a unha empresa en dificultades o primeiro que di e que non se botará a ninguén. e meses despois comeza a desfilar xente para a rúa", alegan desde o comité de empresa.

e a isto engádese que a posibilidade de que Pescanova deixe de ser unha empresa gale-ga é factíbel. Así o recoñece o economista Julián Rodríguez: "Galiza perde o timón de Pescanova. É unha multinacional con pre-senza nunha vintena de países mais o cen-tro de decisión sempre estivo en Chapela. Agora, quen sabe desde onde se levará o te-món...". Unha pregunta, por certo, que se fan non pouc@s en círculos tanto empresariais como políticos do país; mais que semella non preocupar en demasía en Monte Pío.

quen é quenO novo consello de Pescanova ten un úni-

Imaxe: SGX.M.P

José Manuel Urgoiti, o novo presidente de Pescanova.

O único galego é Yago Méndez, fillo do ex-director xeral de Caixa Galicia, e cun currículum con moitos buratos

Oetker, a poderosa firma alemá, ve na pesqueira galega un bocado apetitoso

co galego, que xa estaba no anterior: Yago Méndez Pascual. Fillo do ex-director xeral de Caixa Galicia, entrou neste órgano cando o seu pai e Fernández de Sousa eran ami-gos e socios. Por suposto, era un consellei-ro pro-Sousa. Até que saltou o escándalo da quebra e pasou a posicionarse co grupo Damm, o segundo socio de Pescanova e o

hallo, pescanoven?Coa vitoria da lista de Damm para o novo Consello, entra en xogo un novo actor: o grupo alemán Oetker, que posúe o 25% da cervexeira catalá e que ten no seu órgano de dirección varios representantes.

Oetker é un conglomerado que factu-ra 10.000 millóns de euros anuais e ten nos conxelados un dos seus alicerces. e Pescanova, actualmente moi debilitada, é un bocado do máis gorentoso para es-ta multinacional de Renania-Westfalia. O propio Urgoiti fala para a nova etapa dun socio "de confianza" e "economicamente potente" á marxe dos bancos. Fala ale-mán ese socio?

vencedor no novo consello. Yago Méndez foi director para empresas de fóra de Galiza de Caixa Galicia. e traballa desde Madrid pa-ra enrique Buñuelos, un dos protagonistas da burbulla inmobiliaria no estado español, burbulla que endebedou a CG.

No que atinxe ao novo presidente, José

Manuel Urgoiti, este madrileño foi o pre-sidente do Banco Gallego, entidade inter-vida polo FROB e vendida mediante poxa após poñer 245 millóns de euros para sa-neala. Tamén estivo na Fundación Cidade da Cultura.

Outro conselleiro do novo órgano é Pé-rez-Nievas, que ten o 3,39% de Pescano-va a través de Iberfomento. está imputa-do por uso de información privilexiada e abuso de mercado. Alejandro Legarda, Sán-chez-Merlo, José Carceller (do grupo Da-mm), François Tesch completan esta equipa. Destes sete conselleiros, tres xa estiveron co anterior órgano, presidido por Fernán-dez de Sousa.

12 ECOnOMÍA

Caderno de análise.Quinta-feira, xx de xxx de 2013 • Número xx

a fond

A AMÉRICA LATINA INVISÍBELDo que non se fala non existe, esa frase é perfectamente aplicábel á realidade de algúns pequenos estados de América Latina aos que apenas prestamos atención no día a día, pois hoxe non fan parte desa maioría na que se desenvolven procesos políticos e sociais transformadores.

Estados nos que os intereses do imperialismo norteamericano e as políticas neoliberais ditan as leis, poñen e quitan gobernos.

limiar

A relación entre os Estados Unidos e Amé-rica Latina estivo historicamente sig-nada pola necesidade norteamericana de manter controlado o seu “patio tra-seiro”. Desde a Doutrina Monroe, a co-

mezos do século XIX -que buscaba manter o control xeopolítico sobre o todo o continente americano, evi-tando calquera tipo de inxerencia europea- pasando pola Doutrina da Seguridade Nacional que, durante a Guerra Fría, adestrou a militares latinoamerica-nos na Escola das Américas co fin de que puidesen combater calquera foco de comunismo dentro dos seus países. A historia continúa nos nosos días coa sinatura de plans de cooperación económico-militar para a loita contra o narcotráfico. Son claras mos-tras do interese xeopolítico que sempre tivo Esta-dos Unidos en América Latina e o Caribe.

O século XXI veu acompañado dunha avanza-da militarista sen precedentes. A sinatura en 1999

do acordo de cooperación entre o ex presidente de Colombia Andrés Pastrana e o ex presidente norte-americano Bill Clinton foi a porta de entrada para o desembarco mi-litar de Estados Unidos neste novo milenio. A partir de entón, Colom-bia pasou a se converter no prin-cipal receptor rexional de asis-tencia militar norteamericana e o terceiro no mundo despois de Israel e Exipto. A necesidade de a Casa Blanca pechar este acordo viña dada, entre outras cuestións, polo imperativo de compensar a perda da fortaleza militar en Pa-namá e a importancia estratéxica de garantir a súa presenza militar nunha zona rica en petróleo.

Os atentados terroristas do 11 de setembro del 2001 recruaron a situación. América Latina non quedou fóra da cruzada antiterro-rista que emprendeu Estados Uni-

dos no mundo. A nivel continental, baixo a doutri-na da “guerra preventiva”, produciuse un aumento exponencial da presenza militar e o Plan Colombia deu un xiro drástico, agora o narcotráfico pasaba a ser narcoterrorismo e a guerrilla era considerada o novo inimigo. A esta importante presenza militar no continente, súmaselle a reactivación da IV Fro-ta do Comando Sur dos Estados Unidos, a partir do 1° de xuño do 2008, co fin de manter controladas as augas latinoamericanas.

Como mencionei, o aumento das bases militares en diferentes países de América Latina e o Caribe creceu exponencialmente. Na actualidade podemos encontrar enclaves militares norteamericanos en: Chile, Guayana Francesa, Paraguai, Perú, Aruba, Cu-ba, Costa Rica, O Salvador, Honduras, Panamá (hai denuncias de que novamente Estados Unidos está ocupando a zona), Puerto Rico, República Domini-cana e Curacao.

Pero a este descomunal poder de vixilancia e con-trol dos Estados Unidos, hai que agregarlle dous am-biciosos plans de cooperación económico- militar, que sumados ao Plan Colombia manteñen o control xeopolítico de todo o Gran Caribe. Estamos a falar do Proxecto Mesoamérica e o Plan Mérida.

O primeiro naceu en 2001 como un proxecto para integrar a zona sur-sureste de México e Centroaméri-ca ao mercado internacional. Foi deseñado completa-

Ollando tamén as outras realidades

2

a f

on

do

mente por Estados Unidos, pero dado a coñecer como unha proposta mexicana para o desenvolvimento de toda a área mesoamericana. Segundo estabelece a propaganda oficial, o proxecto ten como obxecti-vo a mellora da calidade de vida dos habitantes en materia de desenvolvemento social, infraestrutura e conectividade. Porén, a distribución dos recursos demostra a tendencia a aumentar as desigualdades sociais e a reproducir a miseria por atender só a ló-xica dos mega-proxectos de investimento. Pódese observar, a modo de exemplo, a seguinte distribu-ción no orzamento: realización de estradas 85,2%, desenvolvemento humano 0,8 %1.

O Plano Mérida, por outro lado, xorde como un acordo de cooperación entre os Estados Unidos e México no ano 2008. O obxectivo oficial estabelecía a cooperación entre ambos os países para a pro-fesionalización da policía, a reforma xudicial e pe-nitenciaria, o reforzamento das tecnoloxías da in-formación, o desenvolvemento de infraestrutura, a seguridade fronteiriza e o fomento da cultura da legalidade.

É interesante observar e comprender como o Plan Colombia, a Iniciativa Mérida e o Proxecto Meso-américa interrelaciónanse non só no territorial, se-nón tamén nos obxectivos que perseguen. Estados Unidos ten actualmente unha grande presenza en toda a rexión, pondo en evidencia a continuidade da perigosa política do goberno de Obama dirixida onte, hoxe e sempre, a promover, financiar e exe-cutar intervencións militares nos países de Amé-rica Latina e o Caribe, coa explícita finalidade de subordinar aos gobernos da rexión aos seus desig-nios hexemónicos.

Por Duarte Correa PiñeiroCoordenador deste A Fondo

<<Neste segundo caderno sobre

América Latina, ampliamos a

información sobre a política intervencionista dos Estados Unidos na

rexión>>

en prOfundidade 3

Por Cintia Verónica RuizCoordinadora da Comisión de Paz e libre determi-nación dos pobos na Asemblea Permanente polos

Dereitos Humanos de Arxentina

Xxxxxxxxxxxx.

algunhas consideracións sobre a intervención dos eua en américa latina

reactivación da IV Frota do Comando Sur dos Estados Unidos, a partir do 1° de xuño do 2008, co fin de manter controladas as augas latinoamericanas.

Como mencionei, o aumento das bases militares en diferentes países de América Latina e o Caribe creceu exponencialmente. Na actualidade podemos encontrar enclaves militares norteamericanos en: Chile, Guayana Francesa, Paraguai, Perú, Aruba, Cuba, Costa Rica, O Salvador, Honduras, Panamá (hai denuncias de que no-vamente Estados Unidos está ocupando a zona), Puerto Rico, República Dominicana e Curacao.

Pero a este descomunal poder de vixilancia e con-trol dos Estados Unidos, hai que agregarlle dous am-biciosos plans de cooperación económico- militar, que sumados ao Plan Colombia manteñen o control xeopolítico de todo o Gran Caribe. Estamos a falar do Proxecto Mesoamérica e o Plan Mérida.

O primeiro naceu en 2001 como un proxecto pa-ra integrar a zona sur-sureste de México e Cen-troamérica ao mercado internacional. Foi deseña-

A relación entre os Estados Unidos e Amé-rica Latina estivo historicamente sig-nada pola necesidade norteamericana de manter controlado o seu “patio tra-seiro”. Desde a Doutrina Monroe, a co-

mezos do século XIX -que buscaba manter o control xeopolítico sobre o todo o continente americano, evi-tando calquera tipo de inxerencia europea- pasando pola Doutrina da Seguridade Nacional que, durante a Guerra Fría, adestrou a militares latinoamericanos na Escola das Américas co fin de que puidesen com-bater calquera foco de comunismo dentro dos seus países. A historia continúa nos nosos días coa sina-tura de plans de cooperación económico-militar para a loita contra o narcotráfico. Son claras mostras do interese xeopolítico que sempre tivo Estados Unidos en América Latina e o Caribe.

O século XXI veu acompañado dunha avanzada mi-litarista sen precedentes. A sinatura en 1999 do acor-do de cooperación entre o ex presidente de Colombia Andrés Pastrana e o ex presidente norteamericano Bill Clinton foi a porta de entrada para o desembar-co militar de Estados Unidos neste novo milenio. A partir de entón, Colombia pasou a se converter no principal receptor rexional de asistencia militar nor-teamericana e o terceiro no mundo despois de Israel e Exipto. A necesidade de a Casa Blanca pechar este acordo viña dada, entre outras cuestións, polo impe-rativo de compensar a perda da fortaleza militar en Panamá e a importancia estratéxica de garantir a súa presenza militar nunha zona rica en petróleo.

Os atentados terroristas do 11 de setembro del 2001 recruaron a situación. América Latina non quedou fóra da cruzada antiterrorista que emprendeu Estados Uni-dos no mundo. A nivel continental, baixo a doutrina da “guerra preventiva”, produciuse un aumento exponencial da presenza militar e o Plan Colombia deu un xiro drás-tico, agora o narcotráfico pasaba a ser narcoterrorismo e a guerrilla era considerada o novo inimigo. A esta im-portante presenza militar no continente, súmaselle a

do completamente por Estados Unidos, pero dado a coñecer como unha proposta mexicana para o desenvolvimento de toda a área mesoamericana. Segundo estabelece a propaganda oficial, o proxec-to ten como obxectivo a mellora da calidade de vi-da dos habitantes en materia de desenvolvemen-to social, infraestrutura e conectividade. Porén, a distribución dos recursos demostra a tendencia a aumentar as desigualdades sociais e a reproducir a miseria por atender só a lóxica dos mega-proxec-tos de investimento. Pódese observar, a modo de exemplo, a seguinte distribución no orzamento: realización de estradas 85,2%, desenvolvemento humano 0,8 %1.

O Plano Mérida, por outro lado, xorde como un acor-do de cooperación entre os Estados Unidos e México no ano 2008. O obxectivo oficial estabelecía a coope-ración entre ambos os países para a profesionaliza-ción da policía, a reforma xudicial e penitenciaria, o reforzamento das tecnoloxías da información, o des-envolvemento de infraestrutura, a seguridade fron-teiriza e o fomento da cultura da legalidade.

É interesante observar e comprender como o Plan Colombia, a Iniciativa Mérida e o Proxecto Mesoamé-rica interrelaciónanse non só no territorial, senón tamén nos obxectivos que perseguen. Estados Uni-dos ten actualmente unha grande presenza en toda a rexión, pondo en evidencia a continuidade da perigosa política do goberno de Obama dirixida onte, hoxe e sempre, a promover, financiar e executar interven-cións militares nos países de América Latina e o Ca-ribe, coa explícita finalidade de subordinar aos gober-nos da rexión aos seus designios hexemónicos.

<< Os EUA teñen bases militares nun total de 13 Estados de América Latina e o Caribe, entre eles Cuba (Guantánamo) >>

4

a f

on

do

en prOfundidade

Honduras inconformeque as Forzas Armadas desapareceran do escenario po-lítico. Non poderiamos dicir que é irónico, pero si chama a atención que co golpe de estado a militarización veu da man da destrución do sistema xudicial no país.

Primeiro foi a policía a que foi desenmascarada co-mo responsábel de centenares de mortes extraxudi-ciais, en especial contra mozos no últimos dez anos. Os casos comezaron a saír á luz pública debido ás de-nuncias internacionais que aumentaron coa situación política do país.

Logo seguiulle a Corte Suprema de Xustiza, desarti-culada polo mesmo Congreso Nacional cando xa non quixo acompañar máis a política de privatizar todos os recursos públicos e os recursos naturais.

Finalmente chegamos ao Ministerio Público, cheo de corrupción e recentemente tamén asaltado polo Con-greso Nacional.

Hoxe son os militares os donos da verdade ante os medios de comunicación tradicionais, o Congreso Na-cional concentra os tres poderes do Estado e goberna Honduras dirixido por Juan Orlando Hernández do Par-tido Nacional, actualmente no poder. Hernández che-gou a representar ao seu partido logo dun escandaloso acto de corrupción e fraude nas eleccións primarias de novembro do 2012. Niso os medios tradicionais prefiren non aprofundar.

Inconformes e organIzados

Con todo, este artigo está incompleto. Pois Hondu-ras non é só iso. Desde o golpe veuse experimentando algo sen precedentes no país, a construción paciente dun movemento dinámico autodenominado Resisten-cia Popular.

A Resistencia, como mellor se lle coñece, está en to-do o país e en todas as expresións da vida diaria dos e das hondureñas.

O ano pasado este movemento creou un partido po-lítico chamado Liberdade e Refundación LIBRE para participar nas eleccións presidenciais deste próximo 24 de novembro, e inmediatamente situouse no pri-meiro lugar de todas as enquisas.

É aquí cando se comeza a escribir en páxina branca. Pois desde que apareceu a Resistencia e o Partido Li-bre en Honduras vívense cousas que nunca antes foran rexistradas. O bipartidismo de Liberais e Nacionalistas que gobernaron a nación por máis de 120 anos por pri-meira vez está ameazado. A xente fala de Socialismo no medio de cifras como 20 asasinatos violentos diariamen-te. A xente asegura que estas eleccións serán distintas, que haberá fraude, pero será tanta a diferenza en votos que aínda así é posíbel vencer.

Xiomara Castro, esposa de Manuel Zelaya, é a can-didata actual á Presidencia da República e supera por 10 puntos ao actual presidente do Congreso que con-ta con todos os recursos do Estado para a súa cam-paña. O liderado da candidata de Libre é tal que xa moitos cuestionan se Castro ten superado o nivel de simpatía popular, co que conta o seu esposo, quen coordina o Partido.

Faltan 70 días para o 24 de novembro. Se a resistencia perde as eleccións seguirá a venda do país.

Pero se a resistencia gaña quen perde é o confor-mismo, pois se nun país como Honduras pode gañar un movemento popular desarmado e pacífico (con máis de 200 militantes asasinados impunemente) entón non hai país do mundo onde sexa imposíbel unha vitoria popular.

Por Gerardo Torres ZelayaXornalista hondureño

(Texto traducido por Esther Vázquez)

Honduras é un deses países cuxas estatísti-cas fan que os e as cidadás doutros países poidan volverse conformistas.

Cando queren protestar pola súa reali-dade, aparece Honduras como o país con

máis mortes violentas do mundo por cada cen mil habi-tantes, co índice máis alto de empobrecemento, cunha desenfreada militarización da sociedade, convertida en zona de libre tránsito do crime organizado e golpeada por un grupo empresarial que tomou o Estado sen uso de intermediarios, directamente eles coas súas mans e as súas armas.

É aí cando esoutros cidadáns do mundo que se queixa-ban da súa realidade agradecen que polo menos non están tan mal como Honduras.

O país centroamericano dificilmente podería estar peor. A débeda pública é equivalente case ao 50% do valor do PIB e, desde o golpe de estado do 28 de xuño

do 2009 (cando as Forzas Armadas, a Corte Suprema de Xustiza, o Ministerio Publico, a Policía e o Congreso Nacional puxéronse de acordo para derrocar o presidente Manuel Ze-laya), o valor dos produtos de primeira nece-sidade duplicou, mentres os salarios caeron a menos da metade e 700 mil hondureños que-daron sen emprego.

A intención do golpe era deter a apertura de Honduras a outros mercados e opcións econó-micas. Zelaya propuxera unha consulta popular para saber se a cidadanía estaba na disposición de revisar e reescribir a actual constitución creada a inicios da década de 1980 que mar-cou o paso das ditaduras militares cara á de-mocracia neoliberal. Cambiar ese esquema é algo que o pequeno grupo de familias que son donas do 80% das riquezas no país non estive-

ron dispostos sequera a negociar.Antes de permitir que se modificase o marco legal, os

"golpistas" saíron co apoio do goberno dos Estados Uni-dos a deter o que chamaban o dominio de Hugo Chávez e a Alba sobre Honduras.

O primeiro saldo desa acción foi a polarización da sociedade entre os que celebraban o desterro de Ze-laya e os que estaban en contra dun atropelo máis. E non foi superado aínda.

País ameazado

Van alá máis de catro anos e as consecuencias son moito máis profundas que os antagonismos espontá-neos daquelas xigantescas marchas de ben perfuma-das camisas brancas e, doutra banda, as mobilizacións de suadas camisetas vermellas.

Previo ao golpe de estado, Honduras xa comezara un proceso de militarización logo dun receso de 15 anos en

<<Desde o golpe de Estado contra Zelaya,

en 2009, os prezos máis que se duplicaron

e os salarios caíron máis da metade>>

5entrevista

Podemos falar de democracia en Honduras tras o golpe de 2009?Non, para ser máis rigoroso poderíamos dicir que a democracia en Honduras non existía aínda an-tes do golpe de estado. As condicións de vida dos hondureños e hondureñas empeoraran drastica-mente nos últimos 30 anos, nos que supostamen-te houbo democracia.

A democracia na nosa concepción non consiste nun voto electoral, senón na distribución xusta da riqueza socialmente producida. O neolibera-lismo acabou co nivel de vida da poboación e iso non pode analizarse de forma separada cando se fala de democracia. Despois do golpe o que au-mentou considerabelmente foi a represión á opo-sición política.

Até o de agora desenvolvestes unha forte mo-bilización social, que vos leva a crear Libre e participar nas eleccións? O Frente Nacional mantense como unha opción de mobilización de masas anti- sistémica, mentres que Libre é a oposición electoral ás opcións da oligarquía. Ambas son parte do mesmo proxecto de transformación radical da sociedade.

Cales son as liñas do voso programa electo-ral? Basicamente estamos concentrados na convoca-toria a unha Asemblea Nacional Constituinte para reformar a constitución e incluír a todos os sec-tores da sociedade como suxeitos de dereito do novo Estado. Falamos da necesidade da reconci-liación auténtica da sociedade baixo principios de xustiza social e participación popular directa nas decisións importantes do país.

Coñecendo a forza da oligarquía e a influencia ianqui, tendes opcións a gañar as eleccións? Todas as enquisas dan como gañadora a Xioma-ra Castro de Zelaya con ampla marxe. Se as elec-cións se realizan con todas as garantías de trans-parencia é seguro o noso triunfo. Non entanto, a gran pregunta que circula nas bases do noso movemento é se a oligarquía traspasará pola vía democrática o que hai catro anos conquistou po-las armas. En todo caso, a acumulación das forzas populares é histórica.

Que Xiomara Castro, esposa do presidente Ma-nuel Zelaya, sexa a vosa candidata á presidencia é unha chiscadela a sectores moderados? Xiomara resultou ser máis contundente que os demais dirixentes que puideron ser candidatos. Non é posíbel vela soamente como a compañeira do Presidente Zelaya; ela é tamén unha membro da Resistencia que estivo na rúa e que confrontou aos militares. Xeralmente o padrón machista non nos permite ver con claridade a forza que teñen as mulleres; especialmente Xiomara enfrontou ese prexuízo e saíu ben librada.

O FNRP e Libre son estruturas moi plurais, hai desde marxistas como Los Necios até liberais radicalizados, que vos une? Ambos son frontes anti oligárquicas; unha como expresión da mobilización de masas en contra do sistema, a outra como expresión da vontade popular en contra do bipartidismo que leva máis de 100 anos no poder. O noso principal factor de unidade é o inimigo. Desde o punto de vista dos marxistas como Los Necios, esta alianza é estra-téxica, xa que nos permite, quer na base inter-na do Partido quer coa poboación en xeral, ter un debate amplo e demostrar a través das nosas concepcións científicas a necesidade dunha so-ciedade socialista. Por Duarte Correa Piñeiro

Gil Ríos Munguía,Secretario xeral da Organización Política Los Necios

Considerádesvos parte do proceso plural de construción da nova América Latina?

Somos unha onda máis deste tsunami que per-corre Latinoamérica e o mundo, en busca dun sistema xusto que salve a humanidade do irra-cional sistema capitalista. Cada construción hu-

mana que se dá nese sentido é parte dese instinto global de supervivencia.

“se as eleccións se realizan con todas as garantías de transparencia é seguro o triunfo”Gilberto Ríos Munguía é secretario xeral da Organización Política Los Necios, dirixente do Frente Nacional de Resistencia Popular (FNRP), coordenador da súa Comisión internacional e candidato do Partido Libertad y Refundación (Libre) ao Congreso Nacional de Honduras nas eleccións do vindeiro 24 de novembro.

en prOfundidade6

a f

on

do

paraguai: a ofensiva neoliberal

Unha estraña matanza de 5 gardas dunha estancia na zona norte do país serviu-lle a Cartes para obter un cambio na lei de seguridade. Agora pode actuar en casos de ameazas sen o acordo do Congreso e usando libremente as forzas armadas. Os departamentos norteños de San Pedro, Concepción e Amambay, están baixo o "es-tado de excepción" e unha ocupación militar que afecta principalmente as orga-nizacións de traballadores campesiños, acusados pola intelixencia militar de ser o brazo político dun chamado "Exército do Pobo Paraguaio-EPP", que actúa desde hai uns anos, mediante secuestros e asaltos, sempre dun xeito conveniente para xustificar operativos policiais e militares. En termos dos movementos sociais e políticos paraguaios, o chamado EPP é claramente útil ás necesidades da dereita política e empresarial, incluíndo dentro do empresarial tamén aos empresarios do narcotráfico. O poder narco é un tema implícito no goberno Cartes. O Ministro do Interior é o anterior "zar das drogas" nacional.

Cartes, polo de agora, trata de "reducir persoal" no aparato de estado con máis de mil despedidos nas súas dúas primeiras semanas no estado. Aplica a segunda etapa que é desprestixiar o funcionamento dos servizos e empresas públicas e os seus traballadores, para xustificar privatizacións por razóns de "eficiencia" e a en-trega das obras públicas mediante o mecanismo da "consignación". Outra etapa é a "tercerización" de servizos ao estado.

As resistencias a estas políticas poden ser consideradas unha "ameaza" polo pre-sidente empresario e usar ás forzas armadas se así o considera. Todo isto nunha democracia "normal".

Por Pelao CarvalloXornalista Paraguaio

(Texto traducido por Esther Vázquez)

O empresario, banqueiro e algunha vez investigado pola DEA norteame-ricana por lavado de dólares provenientes do narcotráfico, Horacio Car-tes, asumiu o goberno paraguaio na data normal: o 15 de agosto deste ano, da man do partido colorado (Asociación Nacional Republicana).

Horacio Cartes -quen votou por primeira vez na súa vida nas elec-cións nas que foi electo presidente- sucede ao liberal Federico "Florero" Franco, vi-cepresidente de Fernando Lugo, quen asumiu o seu cargo tras un golpe de estado parlamentario sen atender á máis mínima norma do debido proceso e garantía á defensa, o 22 de xuño de 2012, unha semana despois do masacre de Mariña kue, Curuguaty, na que morreron 17 persoas, 6 delas policías e 11 campesiños, feito que serviu para crear unha artificial situación de crise no país.

O goberno de Lugo, unha alianza que só excluía á extrema dereita, aplicou al-gunhas políticas sociais, o que lle deu apoio popular, sobre todo á súa esquerda, aínda que significou unha desmobilización xeral das organizacións e movemen-tos sociais. Na economía e a cultura política paraguaia, o goberno de Lugo foi de continuidade: un lento avance neoliberal que freou, pero non impediu, a extensión de cultivos de soia e transxénicos, nin a influencia ianqui na economía paraguaia. Impulsou a criminalización das loitas sociais, especialmente da loita campesiña, a través de leis como a antiterrorista.

Federico "Florero" Franco reiniciou a ofensiva neoliberal, en especial a extensión de cultivos de soia e tran-sxénicos. Tras asumir o cargo, por decreto permi-tiu o ingreso de semen-tes transxénicas no país, para algodón e millo. In-tentou, sen éxito, permi-tir a instalación subsidia-da dunha procesadora de aluminio da multinacio-nal Río Tinto Alcán. A súa dedicación principal foi saquear as arcas do es-tado, ao seu favor, da súa familia e do seu partido, o Partido Liberal Radical Auténtico.

Horacio Cartes foi un-ha construción mediática do gran empresariado lo-cal e multinacional pre-sente en Paraguai. Cartes, que nunca participara en política, inscribiuse no partido colorado, e converteuse en candidato á presiden-cia, anulando o procedemento interno establecido que pedía unha militancia de 10 anos polo menos. Gañou as eleccións máis elegantemente fraudulentas da historia, realizadas co aval da OEA, baixo o control dos EUA.

man de oBra BaraTaParaguai reintégrase a todas as instancias internacionais baixo a premisa de

atraer máis investimento estranxeiro e abrir mercado para a carne, a soia e a ma-quila , o elemento novidoso na oferta paraguaia. A maquila é: terreos baratos on-de instalar procesadoras, ensambladoras de produtos que se venderán no exterior e que fabrican man de obra barata paraguaia, sen dereitos nin seguridade social; conseguir esa man de obra barata é a principal tarefa de transformación social que impulsará Cartes, mediante un mecanismo que desde hai décadas vén probando. É un mecanismo de ganancia total para os empresarios, xa que mediante a expulsión de campesiños, despexa terreos para a soia, a gandería e outros cultivos extensivos comerciais e xera unha poboación marxinal, flotante e migrante interna dispoñíbel para a creación de maquilas por toda a ribeira dos ríos Paraguai e Paraná.

A presidencia de Cartes forma parte dunha ofensiva neoliberal e proianqui que pretende contrarrestar a influencia socialdemócrata liderada por Brasil, que se constitúe hoxe nun protoimperio rexional que disputa a histórica zona de influen-cia estadounidense que é (ou era) Sudamérica.

Esta ofensiva non é pacífica, é unha violenta instalación dun autoritarismo pre-sidencial contra os poderes do parlamento (capaz de derrubar un presidente), con-tra os partidos políticos tradicionais (incluíndo o seu propio partido, o colorado) e sobre todo contra os traballadores do campo e a cidade.

Xxxxxxxxxxxxxxxxxx

<<O Goberno Lugo non impediu a extensión de cultivos de soia e transxénicos, nin a influencia ianqui na economía paraguaia>>

en prOfundidade 7

A chegada ao goberno do Partido Patriota en Guatemala, en xaneiro de 2012, im-plica o fin dun ciclo político caracteri-zado pola vixencia (formal) dos Acordos de paz. Fortalécese a partir de entón un

modelo de organización política, económica e social fundamentado en cinco eixos: remilitarización/poder do Exército, aposta polos investimentos extractivos e a transnacionalización da economía, concentración da toma de decisións (autoritarismo), ideoloxización conservadora e uso institucional da violencia.

A remilitarización e o ascenso do poder político do Exército maniféstanse no despregamento de tropas e instalacións militares, pero sobre todo nunha dimen-sión cualitativa, na que o Estado se guía con lóxicas e principios militares.

A acumulación económica agresiva fortalece a repri-marización do modelo primario exportador (por tanto, a subordinación da economía guatemalteca) e o papel político predominante das transnacionais.

O presidencialismo centralista ou autoritarismo político concentra a toma de decisións, controla a institucionalidade e configura un réxime político progresivamente ditatorial.

A ideoloxización conservadora lexitima socialmen-te os trazos autoritarios do proxecto.

A violencia institucional organiza o Estado a par-tir do uso da violencia, baixo o principio de que o modelo económico (excluínte) non pode sosterse sen o uso da forza.

O anterior define un novo momento histórico. Anula, en primeiro lugar, o modelo de estado e o modelo de sociedade deseñado nos Acordos de Paz (os que, en calquera caso, non lograron concretar-se), ao reducir por enésima ocasión as funcións e o poder do Estado, subordinar os actores sociais aos mercados e simplificar a democracia.

En segundo lugar, implica o fin da transición demo-crática iniciada coa conversión de gobernos militares a civís e a promulgación da Constitución de 1985: avala o retorno de militares á xestión do poder político e o control de instancias de goberno.

É un modelo que, seguindo a Boaventura de Sousa Santos, podemos definir como fascismo social (di-ferente do fascismo histórico) que convive (aínda) con réximes electorais e democracias formais. “O fascismo actual trivializa a democracia até o punto que xa resulta innecesario sacrificar a democracia a fin de promover o capitalismo. Trátase dun tipo de fascismo pluralista, nun período no que os Estados democráticos coexisten coas sociedades fascistas”. A economía criminal como actor económico e polí-tico transcendental engade outros matices violen-tos (e antidemocráticos) a este modelo. comunIdade InTernacIonal: a TerceIra conquIsTa

Este escenario neo autoritario ou de “rearme ideo-lóxico da dereita” (Raúl Zibechi) non pode avanzar sen apoios directos da comunidade internacional (du-rante un período promotora dos Acordos de Paz). Os intereses internacionais concéntranse nas oportu-nidades que Guatemala ofrece para o investimento (abundancia de recursos, baixos salarios, réxime fiscal permisivo, lexislación ad hoc, gobernos autoritarios) e no carácter xeoestratéxico do istmo, vía de comu-nicación e ao mesmo tempo bloque de contención dos réximes progresistas do cono sur.

O apoio internacional ao golpe de estado en Hon-

entre o neoliberalismo militarista e a refundación do estado

duras, no ano 2009, simbolizou unha nova fase de co-existencia dos gobernos europeos e americanos con réximes pro militares e ditatoriais, após unha etapa de consensos e acordos democráticos. Este contex-to, no que non se descarta como escenario o golpe de estado e un goberno militar, afasta a Guatemala das tendencias pos neoliberais existentes noutros países de América Latina. .

a refundacIón ImPrescIndíBel

A construción deste modelo non se desenvolve sen tensións e oposición social. En desvantaxe e en ob-via minoría, percíbese hoxe un acumulado de loitas e respostas sociais, que indican avances cualitativos

Por Andrés CabanasXornalista e escritor guatemalteco

(Texto traducido por Esther Vázquez)

<<A remilitarización e o ascenso do poder político do Exército maniféstase en que o Estado se guía con lóxicas e principios militares>>

dos movementos: construción de propostas e novos proxectos (con achegas sobre todo da cosmovisión e o feminismo); emerxencia de novos actores e formas de loita; ampliación das axendas, progresivamente transformadoras e refundadoras; desenvolvemento de loitas cada vez máis profundas, nas “marxes do sistema” (Raúl Zibechi). A constitución da comuni-dade e as loitas territoriais como centro das mobi-lizacións constitúe o salto cualitativo máis impor-tante, ao ampliar tanto demandas como actores e suxeitos participantes.

Paralelamente, o momento máis débil no cumpri-mento dos Acordos de Paz pode representar, para os movementos sociais e os actores críticos e conscien-tes, a transición cara á un novo paradigma, que asuma algúns dos principios do proceso de paz pero trans-céndaos para redefinir as bases constituíntes da no-sa convivencia: no económico, político, social, cultural e ideolóxico, combinando os cambios cara a fóra coa reformulación interna de actores e formas de loita. Desta refundación, é necesario mencionalo, non es-tá ausente a actual democracia electoral e o sistema de partidos.

O conxunto expón tanto a ameaza da reconfigura-ción autoritaria como a recuperación da praxe trans-formadora previa á sinatura dos Acordos de Paz. O reto consiste na reapropiación do espírito de transforma-ción que deu orixe aos Acordos de Paz, para superar o modelo actual e promover un novo consenso social: da inxustiza á superación da miseria; da exclusión á participación; da democracia corporativa ao poder de todas e todos, no marco dun novo Estado Multinacio-nal promotor dos dereitos de homes e mulleres.

conclusión

Dves

tECnOLOXÍA 21

Wearables, tecnoloxía para levar posta

As google glass, un prototipo non comercial, competirán no futuro cos smartphones

Até non hai moitos anos, ver un filme de ciencia ficción era para os frikiños (apaixoados das novas tecnoloxías) to-do un acontecemento no que se deixaren marabillar cos trebellos tecnolóxicos que nel aparecían. Lembremos a Kitt, o coche fantástico, que ademais de respostar a co-mandos de voz era quen de se desprazar de xeito autónomo. Ou aquel móbil con aspecto de portátil que aparecía en The Saint (O Santo), que resultaría ser un Nokia 9000 Communicator. Quen seguira Dra-gon Ball estará a pensar nas scouter, os lentes que utilizaban personaxes coma Vexeta, nos que se lles amosaba diferen-te información.

Os primeiros wearables foron os reloxos intelixentes. Así, a comezos dos 90, Casio puña no mercado unha gama con funcio-nalidades extra, como mando a distan-cia para mudar as canles de televisión ou calculadoras. Na actualidade, os reloxos intelixentes informan das notificacións de redes sociais ou dos correos electró-nicos, permiten seleccionar a música que queremos escoitar e mesmo serven para falar por teléfono ou quitar fotografías, coma no recén presentado Samsung Ga-laxy Gear.

camisetas intelixentesOutro tipo de wearables cunha longa traxectoria son as camisetas intelixen-tes. Os primeiros exemplos eran modelos que incorporaban luces LeD, permitindo ao usuario introducir frases a modo de le-treiro luminoso ou que variaban o deseño dependendo da intensidade de son am-biente. Isto, que pode parecer pouco útil, contrasta co uso principal das camisetas intelixentes hoxe en día, pois ao incluíren sensores biométricos son quen de medir as constantes vitais de quen as leva. As versións máis evolucionadas emprégan-se mesmo no control de doentes, vixian-do as constantes vitais sen que este teña que estar hospitalizado e podendo ade-mais liberar unha dose de menciña se se detecta algunha alteración. Malia todo, o uso máis extendido é a prática de deporte, como Gow Trainer, que recolle as constan-tes (ademais doutros datos como tempos e distancias percorridas) para as analizar logo a través dunha aplicación móbil de xestión da nosa actividade.

Seguindo con dispositivos pensados para o deporte, dun tempo a esta parte tiveron moita aceptación as pulseiras, como Fitbit Flex ou Jawbone Up. O funcionamento de ambas é moi similar a un podómetro que recolle os nosos movementos ao longo do día para descargalos á noite nunha conta persoal en que podemos controlar a nosa actividade ou desbloquear logros que nos animen a mellorar a nosa forma física. O que máis chama a atención é que contan cun modo nocturno que recolle informa-ción sobre as nosas horas de sono ou o que nos movemos ao longo da noite.

Mención á parte merecen os proxectos de lentes de realidade aumentada, en ampla

As posibilidades da r(evolución) tecnolóxica na que estamos inmersos son tan amplas como poidamos imaxinar, aínda que non exentas de riscos, como os da invasión da privacidade

Iago VarelaImaxes:SG

A idea subxacente é empregar as Google Glass para moitas das cousas que viñamos facendo co noso teléfono intelixente, mais sen ter que empregar as mans, pois fun-cionan con comandos de voz. Así, con elas podemos tomar fotografías, actualizar o estado nas redes sociais, facer buscas ou obter indicacións en mapas. As súas po-sibilidades serán aumentadas con novas aplicacións nas que están a traballar des-

As camisetas intelixentes inclúen sensores biométricos e son quen de medir as constantes vitais de quen as leva

envolvedores de cara ao seu lanzamento comercial, previsto para o 2014.

Reloxos, camisetas, lentes… nin os pro-dutos de uso cotiá escapan da imparábel (r)evolución tecnolóxica na que estamos inmersos, cuxas posibilidades son tan am-plas coma poidamos imaxinar, aínda que non exentas de riscos, como os da priva-cidade. Así, por poñer un exemplo, comén-tase que Google ten previsto introducir unha luceciña na versión final dos seus lentes para que se saiba se o propietario está a os usar para gravar. Malia todo, estes e outros riscos que de seguro ire-mos descubrindo co uso dos diferentes wearables non deben frear a nosa ansia de seguir avanzando, pois é precisamen-te sendo usuarios activos como seremos quen de os descubrir e atallar.

expansión especialmente desde que Google deu a coñecer as súas Google Glass, aínda que existen outros proxectos en paralelo con funcionalidades semellantes. A versión ac-tual das Google Glass, un prototipo non co-mercial, consta dunha sinxela montura que

incorpora na patilla dereita unha pequena cápsula (que serve tamén de botón táctil) na que se agocha o hardware e a circuitería ne-cesaria para o seu funcionamento e, sobre o ollo dereito, unha minúscula pantalla na que se amosa a información.

Bruxelas, aliado do españolismo contra o soberanismo catalánO Estado quitou o mesmo argumento do que hai un ano para sementar o medo ao isolamento dun hipotético Estado catalán. Desde Catalunya rexeitan esta posibilidade e hai voces, como a da CUP, que mesmo cuestionan a continuidade na UE.

O espectacular suceso da Diada xerou unha reacción en tromba dos poderes español e comunitario.

ofensiva mediática

española

A “caverna mediática” española re-colleu a mensaxe do comisario Al-munia con prontitude e dilixencia. “Aviso da Ue aos sediciosos cataláns”, titulou o ABC e “A Ue deixa claro a Mas que unha Catalunya indepen-dente quedaría fóra da Ue”, indicaba La Razón mentres Libertad Digital aseguraba que “Bruxelas confirma que unha Catalunya independente estaría fóra da Ue”.

Tamén na mesma liña outros me-dios e axencias levaban este tema ás súas portadas. A axencia eFe re-collía que “Catalunya terá que reci-bir o apoio de españa para estar na Ue”, el País sumábase dicindo que “Bruxelas pecha as opcións sobre o futuro europeo dun estado catalán” e La Vanguardia titulaba "Bruxelas avisa que Catalunya podería quedar fóra da Ue".

Hai alternativa a esta enxurrada españolista? Por suposto, chámase Vilaweb.Com, que está a viver un es-pectacular incremento na súa au-diencia.

A estratexia do estado español contra o independentismo catalán pasa por unha alianza con Bruxelas: a secesión compor-taría saír da UE, afirman estes días desde o goberno español e desde Bruxelas. O éxito da Vía Catalá, catrocentos quilómetros e un millón seiscentos mil participantes, admíte-se desde todas as instancias políticas sexan españolas ou europeas. O caso é que colle de novo por sorpresa a un goberno español que a día de hoxe continúa a negar a realida-de e reacciona do mesmo xeito que en 2012 cando a grande manifestación de Barcelona mostrou o enorme apoio social que a caus independentista ten en Catalunya.

Un dos primeiros no goberno español en recoñecer o éxito organizativo da Diada foi o ministro de Asuntos exteriores, José Ma-nuel García-Margallo. Tamén foi o primeiro en seguir o argumentario destes días polo lado unionista. “Fóra de españa, (Catalun-ya) viviría moito peor”. A outra idea, unha negociación entre Rajoy e Mas que lle dea osíxeno a Madrid, ficou en evidencia coa car-ta do primeiro en resposta as demandas do goberno catalán sobre o referendo no mes de xullo. Ao “diálogo sen data de caducidade” sumábaselle unha estudada negativa que o goberno da Generalitat interpretou como “unha porta aberta”, aínda que non variará a súa folla de rota coa convocatoria, a finais deste ano, da consulta do 2014.

pola ue fala... españa

Embora a doutrina oficial da UE é non opi-nar dos “asuntos internos” dos seus estados membros, o vice-presidente da Comunida-de europea e comisario de Competencia, o socialista Joaquin Almunia, deixou varios titulares nunha conferencia realizada en Barcelona. “A parte segregada [dun estado] non é membro da Ue”, foi o máis directo. esta afirmación foi aplaudida por outro español, Jaime Mayor Oreja, vicepresidente do Parti-do Popular europeo na eurocámara. Horas despois as declaracións eran da portavoz da Comisión, Pia Ahrenkilde, quen continuaba co argumento de que “un estado indepen-dente será, polo feito da súa independencia, un país terceiro respecto da Ue e os trata-dos, desde o día da independencia, xa non serán aplicábeis ao territorio”. De todos os xeitos, a portavoz asegurou que serán “os estados membros” os que soliciten ese de-reito a veto. Ou sexa, o estado español.

As presións de Madrid chegaron a algúns estados que si quixeron dar a súa opinión sobre o proceso soberanista catalán. Foi o caso dos primeiros ministros de dúas re-públicas Bálticas, Algirdas Butkevicius de Lituania, e Vladis Dombrovsku, de Leto-nia, que declararon o seu apoio ao proceso soberanista catalán. Quer polo orgullo de servir de referentes, quer polas súas ideas democráticas, o primeiro aseguraba á Axen-cia Catalá de Noticias que cada país “debe atopar o seu propio camiño” e “ten dereito á autodeterminación”. O segundo deixaba aberto ao recoñecemento a un estado ca-talán “se hai lexitimidade no proceso”. Após as chamadas aos respectivos embaixado-res realizadas desde Madrid, o goberno li-

Antón EscuredoImaxe: Vía Catalana

tuano rectificou, mais o letón mantivo as súas afirmacións.

As últimas declaracións co mesmo ar-gumento desde a Ue foron as realizadas por Jaume Duch, portavoz do Parlamento europeo cun pasado entre a UCD e a UDC, a Catalunya Ràdio.

en todo caso a posición da Ue non está clara. O comisario de Mercado Interior e Servizos Financeiros, Michel Barnier, ase-gurou que o executivo comunitario concre-tará “cando se lles presente un escenario xurídico decidido”.

resposta desde catalunya

“É un debate falso, Catalunya xa forma parte da Ue”. Vicent Partal, director de Vi-laweb.cat, realizaba esta afirmación nun-ha entrevista realizada por Semos Galiza no mes de marzo (SG nº 39). “A diplomacia fará que se recoñeza o novo estado e rema-tará a cuestión”. No seu libro A un pam de la independència dedica un capítulo a esta cuestión con exemplos dos últimos cam-bios no mapa europeo que pasaron por pro-cesos semellantes.O Colectivo Wilson, un-ha entidade formada per seis catedráticos cataláns de renome mundial, presentou a finais de 2012 un estudo sobre a relación dunha Catalunya independente e a Ue. Nel argumentan que malia que o estado espa-

ñol pode “vetar” o seu ingreso na Ue non podería impedir acordos bilaterais de li-bre comercio coa Ue nin a circulación libre de persoas no espazo Schengen. en todo caso, o debate en Catalunya retomouno a CUP mais dun xeito ben diferente ao sinalar que “estar ou non dentro da Ue é cousa dos cataláns”. Quim Arrufat, en declaracións a varios medios de comunicación, lembrou a súa postura contraria a esta europa. “Hai que comezar a cuestionar a validez da Ue como único escenario posíbel para vivir e construír sociedade” .

"Hai que cuestionar a validez da UE como único escenario posíbel para vivir e construír sociedade", din desde as CUP

22 intERnACiOnAL

DEpORtES 23

a gañar o campionato.

Dous títulos en pouco tempo...estou contentísimo. Levaba moito tempo sen xogar e chegar e gañar dous dos campionatos máis importantes do ano... é para estar conten-to. Foi dunha grande axuda o meu treinador, Jesús de la Villa. Aforrei moita enerxía pola súa preparación.

Que tal estás no Sestao Naturgas?Cómodo. Son moi boa xente, semellantes aos galegos nalgunhas cousiñas.

E como ves as túas perspectivas de voltar a Galiza?Xogaría sempre nun clube galego. O caso é que agora mesmo non hai ningún clube galego na máxima división.

Iván Salgadoxadrecista galego e campión estatal

"Se fago un bo traballo estarei entre os 50 mellores do mundo"

A carreira de Iván Salgado no mundo do xadrez continúa a sorprender. Con dezaseis anos xa era Mestre Internacional e con dezaoito acadou o título de Grande Mestre e o subcampionato do mundo sub-18. Hai un ano quedaba cam-pión iberoamericano após conseguir a coroa en todas as categorías base. Agora vén de gañar a única que lle faltaba, o campionato estatal, en Linares, e axudou á súa equipa, o Sestao, a ficar primeiro na clasificación.

Como preparaches estes campionatos?O de Linares foi diferente. Non sabía que xo-gadores tería diante. Cada día tes un xogador novo e cada día, pola noite, tes que decidir co-mo xogar. Traballaba xunto ao meu treinador pola noite. As conclusións e as decisións co-mentabámolas á mañá seguinte. No caso do campionato por equipas falabamos entre os compañeiros para axudármonos.

Tiñas espectativas destes resultados?Pasoume unha cousa extraña. Antes de chegar pensaba que gañaría o torneo. Atopábame en forma. Fixen un grande traballo no verán pa-ra chegar nas mellores condicións e pensaba

que gañaría. Mais antes do torneo principal había un de semirrápidas e nel non xoguei demasiado ben... estaba inseguro ao princi-pio. Logo, no campionato, houbo dúas parti-das, na terceira e cuarta ronda, nas que tiven vantaxe mais sen rematar. Logo gañei varias seguidas e penso que o triunfo foi merecido porque xoguei a un nivel moi alto.

A partida decisoria durou catro horas e foi contra Miguel Illescas...Foi a chave. Iamos líderes e aí quen gaña é ca-se o gañador do torneo. Foi unha das partidas nas que xoguei máis concentrado da miña vi-da e saiu todo perfecto.

Co título na man cal foi o teu primeiro pen-samento?Pois... que quería ir durmir (risos)... estaba can-so. A verdade é que o goce está no proceso, no esforzo de cada día. Unha vez chega a vitoria, esquéceste e a outra cousa.

Logo tiveches que competir por clubes, co-mo foi?Un dos maiores sufrimentos da miña vida. Re-matei tan canso do absoluto que o meu nivel de xogo estivo moi por debaixo do que agardaba. Custoume moito xogar as partidas, mais fun capaz de aguantar e ao final acadar catro dos seis puntos posíbeis e axudar á miña equipa

Antón EscuredoImaxe: RM

gm khamrakulov,ibragim (2484)gómez diéguez,david (2101) v open carlos i sanxenxo, 24.06.2013 En Sanxenxo enfrentabanse o gran mestre Ibragim Khamrakulov, con pezas brancas e un dos xóvenes

xadrez por e.xosé gonzález

que ofrece posibilidades ao bando negro.10...ch5 11.d4 [11.cxe5 cxe5 12.dxh5 cxd3 13.axh6 cxf2 14.tae1 cxh3+ 15.rh2 cf2 16.ag5 de8=]11...df6 12.cxe5 dxe5 13.dxe5? : xogada inexplicable do GM de Uzbekistán, que, tras Dg6 defendendo o cabalo de h5, deixa a este con dous peons pola peza.[13.dxh5 exd4 14.cxd4 cxd4=]13...dg6–+ 14.axa7 Esta é a posición clave da partida, e se ben unha xogada sinxela como é Txa7 dá vantaxe decisiva ás negras, non é tan doado xogar con estas debido ao forte centro de peóns das brancas que, pese a ter peza de menos, aínda teñen posibilidades. Así, é necesario buscar a mellor xogada para non dar opcios a un rival tan forte. Cal é esa xogada?14...cxe5!, pasando amplamente do bispo de a7 e enviando todas as pezas contra o rei rival.15.f4 axh3! Segundo aviso 16.de2 cg3!,

incorporando o ataque a peza que falta17.df2 cd3 18.f5 dg4! 19.df3 e agora unha simple e sinxela transformación da vantaxe lévame a unha situación gañadora: 19.gxh3 Dxh3 20.Df3 Ce5 21.Dg2 Dxg2+ 22.Rxg2 Cxf1 23.Txf1 Txa7–+19...cxf1 20.txf1 dxg2+ 21.dxg2 axg2 22.rxg2 txa7–+, final con calidade e peón de máis que se gaña comodamente, cambiando as pezas menores e avanzando os peóns do flanco dama.23.cf3 c5 24.rg3 b5 25.ad5 cxb2 26.ce5 ca4 27.c4 cc3 28.f6 cxd5 29.cxd5 te8 30.cc6 tc7 31.rf4 e outro sinxelo cambio de pezas para materializar a vantaxe: 31...txc6 32.dxc6 te6 33.c7 txf6+ 34.re5 tc6 35.c8c txc8 36.rd6 c4 37.a3 c3 38.e5 c2

0–1

valores do xadrez ourensán, David Gómez, de 18 anos, con pezas negras. Os seus campionatos galegos en diferentes categorías e mesmo o subcampeonato de España por equipos, logrados por David, parecían pouca bagaxe para enfrentar a un rival tan poderoso, pero, máis unha vez, David venceu a Goliat. El propio fainos o relato do xogo:

1.c4 cf6 2.cf3 d6 3.d4 cbd7 4.cc3 e5 1.e4 e5 2.cf3 cc6 3.ac4 cf6 4.d3 ac5 5.c3 a6, a idea de a6 é poder retirar o bispo a a7 evitando posibles d4 e desde onde controla toda a diagonal g1–a7.6.0–0 aa7 7.h3 d6 8.ab3 h6 9.ae3 0–0 10.cbd2 esta é unha das posicións típicas da Italiana variante Guocco Piano, onde o negro pode elixir diferentes alternativas para continuar co seu xogo, Ch5, por exemplo, é unha das miñas favoritas e pareceume o rival adecuado para poñela en práctica, xa que é unha liña agresiva e

Cal é a túa visión da situación actual do xadrez galego?Xógase mellor que antes, mais o único que non se conseguiu é que algúns rapaces acaden un nivel tan alto como conseguimos outros hai uns anos. O que está claro é que hai moitos rapaces xogan-do e algún día xurdirán bos xogadores.

O teu seguinte obxectivo?Un torneo nun par de semanas na Costa da Morte. Somos cinco xogadores e eu serei o de menos ranking. Unha grande oportunidade para medirme cos mellores.

E mellorar o teu posto na clasificación in-ternacional?en dous anos estarei entre os 50 mellores do mundo se fago un bo traballo.

24 CULtURA

órganos, o patrimonio esquecido dos templosO festival Espazos Sonoros achégase esta fin de semana á paisaxe organística, desta volta, de Ourense. Xunqueira de Ambía, San Rosendo de Celanova e Santa Eufemia de Ourense abren as portas para deixar á vista tesouros agochados en moitas igrexas do país que precisan atención urxente.

Belén Bermejo, directora do festival “espazos sonoros”, foi tamén unha das coordenadoras da catalogación que rexistou a metade do patrimonio organístico galego, o correspon-dente ás dioceses de Mondoñedo-Ferrol, Lu-go e Ourense-Astorga. Presentara o proxecto xunto con Andrés Díaz e Marisol Mendive no ano 2008, diante da situación “de grave per-da da memoria e do control sobre este tipo de bens”. Como exemplo abonda sinalar a au-sencia dunha simple listaxe de órganos de-positada na administración, ou a destrución nunha parroquia dun órgano nos comezos deste milenio, sen constancia na Xunta e sen sequera consciencia por parte do propietario do valor da peza.

Catalogáranse 44 instrumentos nas tres dioceses, arredor da metade dos existentes, que, na actualidade, dan un cómputo de 92 instrumentos. A Xunta deixou de financiar os traballos en 2010, e fica así por catalogar a arquidiocese de Santiago, que conta con 41, e a diocese de Tui-Vigo, con 6.

“Aínda non hai unha cifra global de órganos no país. Descubrimos, por exemplo, un en Aba-des, Silleda, que descoñeciamos. Son obxectos histórico-artísticos que se terían que protexer e inventariar, coma os retablos”, explica Belén Bermejo, para quen, en moitas ocasións, os ór-ganos “considéranse como trastos vellos, que se retiran cando non soan”.

a memoria musical“Fan parte da nosa memoria musical. Na Ga-liza chegou a haber escolas de organeiría. Se se perden os vestixios que a sustentan, tamén desaparece a nosa historia”, sinala a experta, sorprendida tamén polo grande atractivo que os órganos teñen para o gran público, como comproba cada ano en espazos Sonoros e na nova proposta de “paisaxes organísticas”, que o ano pasado visitou distintas parroquias da Mariña e agora se achega a un roteiro por Ourense, na fin de semana do 21 e 22.

O abandono do órgano na liturxia contribuíu para o esquecemento dun patrimonio que es-morece nas igrexas. “Canto máis se usan, máis se conservan. Algúns restauráronse, mais, se non se lles dá uso, se non hai un plan de que facer con eles, non abonda. Como lles damos vida?”, pregúntase Belén Bermejo, que esta fin

Carme VidalImaxe: SG

A catalogación dos órganos é o primeiro paso para a súa conservación.

de semana sentirá tocar os órganos de Ourense e respirará cando vexa que o ar entra de novo nos tubos, sangue para as veas duns instru-mentos que cobran así nova vida. No entanto, é consciente de que órganos que se poidan to-car son moi poucos, e que se precisaría unha atención polo miúdo e detectar as urxencias para poder salvar un patrimonio en perigo.

“Cómpre saber que hai que facer. Ás veces invístense grandes cantidades na restaura-ción dun órgano dunha igrexa central, cando é preciso atender outros que están en núcleos máis afastados, pero teñen relevancia artística e máis urxencia”, explica Belén Bermejo, que lamenta tamén que fique aínda sen elaborar a segunda parte do proxecto que completa-ría a catalogación dos órganos galegos, unha ferramenta imprescindíbel para o seu futuro.

“Para o meu ver, é fundamental, mesmo máis que a restauración. Saber o que hai e cal é o estado é máis importante neste momento do que labores dispersos en órganos que, talvez, non o merecen”, comenta. Mais para a catalo-gación precísase o traballo de especialistas, un equipo e fotografía, gravación de son, pa-ra que fique rexistrado, organeiros, expertos nas caixas... un traballo profesional para o que non atopan financiamento.

os órganos de lourenzá A paixón de Belén Bermejo polos órganos aprézase na propia conversa. Á pregunta de que órgano destacaría de tantos que coñece e estudou para a catalogación, responde que son moitos, mais confesa tamén que cos dous de Lourenzá sentiu unha especial emoción.

Dous órganos xemelgos que se conservaron, un deles intacto. “Teñen unha nobreza de son sorprendente; continúan soando a pesar do tempo. Gustaríame velos restaurados. porque o seu son é impresionante”, comenta. Do patrimonio en maior perigo sinala a necesidade de atender o órgano de Xuqueira de Ambía -que se continúa a tocar, e que conta cun festival de 25 anos-, cunha praga na madeira que ameaza o seu futuro. A maior parte dos instrumentos precisan unha posta a punto, unha atención mínima para continuar resistindo o paso do tempo. É espera de mans que o toquen e volvan producir a singular música, que converte as igrexas en salas de concertos únicas.

Un órgano e unha igrexa como auditorio é unha combinación que ben podería ser o xer-molo de espazos Sonoros, o festival que achega a música a espazos singulares, en especial, ao noso patrimonio histórico. Nesta fin de sema-na, desenvolverán unha acción divulgativa a través de varios órganos de Ourense, Xun-queira de Ambía, San Rosendo de Celanova e Santa eufemia de Ourense

“Para nós é importante que a xente coñeza os órganos e a súa relevancia histórico-musical. Con este roteiro pretendemos achegar o pú-blico a varios exemplos, que poderán escoitar ao vivo, coñecer a súa historia, as anécdotas ou curiosidades, velos de perto e asistir na fin do día a un concerto”, explica Belén Bermejo, a respecto dunha actividade na que incluirán un obradoiro para a cativada, no que poderán construír un tubo de cartón e madeira e parti-llarán unha visita guiada, como primeiro ache-gamento aos órganos. O desuso e o esquece-mento son a súa meirande ameaza..

CULtURA 25

“A vida ponnos ás veces en situacións que nos enfrontan con nós mesmos”

Até que a editorial Xerais publicou en 2009 o seu libro de relatos “O´ salto do can”, Jorge Llorca Freire –Ferrol, 1952- era mestre na escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e tamén un dos artistas plásticos galegos de referencia. Naquel mo-mento, a literatura converteuse na súa outra faceta pública, aínda que o seu cultivo se re-monta moitos anos atrás, xusto cando con 17 anos gañou o concurso de relatos de O Correo Galego. Agora, xusto cando está a piques de se xubilar, Llorca vén de gañar con “O violín de Rembrandt” o XXXI Premio Blanco Amor e, con el, o acicate necesario para retomar unha vella e intensa afección.

Tiña esperanzas en gañar este premio? esperanzas téñense desde o momento en que un se presenta porque se non, non o faría. Mais digamos que eran unhas esperanzas moi remotas e moito máis tratándose dun premio desta categoría, cuns precedentes de tanta sona e que tanto nivel lle dan. e así, ousado como son, decidín presentarme e afortuna-damente saíu ben. Para min, telo acadado su-pón, primeiro, unha satisfacción de ver que a obra é recoñecida cando menos polos mem-bros do xurado e que se vai publicar, que é o máis importante. en segundo termo é un estímulo para seguir facendo cousas, e máis

para min é unha satisfacción. É como ao que lle gusta o deporte e vén de correr a mara-tón: estará canso e con maniotas, pero sa-tisfeito de ter feito o que lle gusta. Para min sempre foi iso e agardo que o siga sendo. Se o sentise como unha obriga ou un traballo, seguramente non o faría.

Para quen non lera “O salto do can”, como é a literatura de Jorge Llorca? Cales son as súas referencias?A min, ante todo, gústame ler. Penso que o escritor nace do lector, non concibo un escri-tor que non sexa lector. A min gustoume de sempre ler e ás veces ese gustarnos o que ve-mos noutros lévanos a facer algo, a intentalo, se cadra sendo un pouco ousado, mais, como todo nada vida, se un non lle bota certa ousa-día, non fai nada. Creo que todo o que se vai aprendendo na vida vai deixando o seu pouso e, dalgunha maneira, nos vai facendo. Parti-cularmente teño unha especial querenza pola literatura que trata da vida real, sen demasia-da fantasía. Unha literatura que nen peque en exceso de preocupación aparentemente lite-raria nen se recree moito en si mesma.

Gústalle escribir en galego?O primeiro que publiquei aos 17 anos foi un relato en galego titulado “Noite de San Xoán”. Daquela tampouco era un grande lector, pe-ro si me gustaba ler e en galego. A segunda publicación, non -foi o relato da estafeta Li-teraria, de ámbito estatal-, pero logo volvín ao galego. Desde entón dediqueime máis a pintar e cando o retomei fíxeno en galego. e penso seguir nese camiño.

a xente, fóra do xurado, valore o texto?O que máis me interesa é que o libro saia á vida para ver como o acolle o público. Iso é para min o máis interesante.

Ten a sensación de ter perdido o tempo por non terlle dedicado máis á literatura?eu comecei moi de cativo a escribir. Aos 17 anos acadei o premio de narracións curtas d´O Correo Galego. esa foi a miña primei-ra publicación. Logo, espalladamente, ga-ñei outros concursos -a estafeta Literaria, o Ateneo Ferrolán…- e publiquei nalgunha revista, mais non puiden dedicarme con toda a intensidade que quixera porque orientei a miña vida profesional, á parte do ensino, á plástica. Porén, nunca deixei de escribir e de desexar máis dedicación. Por fin, hai uns anos, logo dunha xeira de exposicións segui-das, decidín relaxar a actividade pictórica e poñerme a escribir: daí saíron os relatos de "O' salto do can" e agora, este.

Para unha persoa con inquietudes artísti-cas e culturais, ter que expoñer, escribir, etc, é unha necesidade ou un sacrificio?Para min sempre foi, ante todo, un motivo de gozo. Non me sacrifico nin escribindo nin pintando.

Dígoo porque hai xente para a que o pro-ceso creativo é esgotador, case traumá-tico…Para min o traballo que se fai con pracer, en-tendido como satisfacción neste caso inte-lectual, non supón un sacrificio. Aínda que ás veces un remate canso tanto mental co-mo, no caso da pintura, tamén fisicamente,

neste momento no que remato a miña vida profesional como profesor.

Canto tempo lle levou escribir o libro?A miña profesión condicionoume á hora de pintar e escribir e non puiden dedicarlles a continuidade e a intensidade que me gus-taría. O libro funo facendo no lapso que vai desde que publiquei “O salto do can” até hoxe. Un ten unhas obrigas profesionais que son tamén vocacionais e precisan dun tempo que se lle resta a outras cousas.

O xurado destacou o sentido do humor que impregna toda a obra, unha escrita fluída… De que fala “O violín de Rembrandt”?O libro parte dunha anécdota que lle ocorre ao protagonista principal da obra, un profesor de Arte nunha academia, que é atoparse cun Stradivarius e cun posible Rembrandt. A partir daí van sucedendo unha serie de cousas que o poñen na disxuntiva de tomar decisións e ver que fai con ese achádego. Dalgunha maneira, o libro fala de como ás veces a vida ponnos nunhas situacións que nos levan, se cadra, a nos enfrontar con nós mesmos e co noso xeito de ver as cousas. O mellor para non perder a cordura é carecer de oportunidades para fa-celo; até que esas oportunidades se presentan, un non ten a posibilidade de dicir “isto non o faría”. Tamén se reflexiona sobre o mundo da arte, do mercado, dos contactos, etc.

Non é a súa primeira incursión no mundo editorial. Sente agora a necesidade de que

X. LorenzoImaxe: SG

Jorge Llorca escritor

26 CULtURA

FEStiVAL FREAKEMACinE. COnCURSO DE CURtAMEtRAXES. Sexta feira 20 de setembro ás 18:15 e 20:30 no Centro Galego de Artes da imaxe.

ourenseCHOtOKOEU+MEnAGE À tROiS. 20 de setembro ás 22:00 na Sala Berlín.

EXpOSiCión “MEMORiA DA pAiSAXE” DE XULiO GARCÍA RiVAS. Até o 13 de outubro no Centro Cultural Marcos Valcárcel.

BarrantespitO DE piKASSO. Sexta feira 20 de setembro no Bar Encontro.

lariño ASAGHiEiRAS MAStER FEStiVAL. Sábado 21 de setembro. Durante o dia haberá sesión

vermú, “Cabaré de circo”, postos de artesanía. A partir das 22:00, coas actuacións de Maskarpone (Ska-Reggae dende Ourense), The Fe Kaos (Punk dende Ribeira), Zeros (Rock dende Louro), Desterrados

0 CABARÉ DA MULLER pÁXARO. A 20 de setembro ás 20:30 no Fórum Metropolitano. FEStiVAL nOALLA ViVA. A sexta feira 13 e sábado 14.

compostela

pontevedra

riBadeo

a coruña

axenda cultural de galiza

AS pEnizAS FOLK. En AS pEnizAS pARAMOS. Sexta feira 20 de setembro a partir das 20:00, apertura mostra de artesanía, Grupo de Baile e de Gaitas San Xoán de Paramos, Grupo folk A Nosa Xente e Pelepau. O sábado 21, a partir das 11:00, Treboada Baixomiño de Tomiño, Os Terribles de Donas. A partir das 21:00, Na Revolta da Guarda e Berrogüeto.

pRESEntACión DO LiBRO VERSUS CiAnURO. Sexta feira 20 de setembro ás 20:00 no Clavicembalo. Escriben 75 poetas de Galiza nunha campaña contra o plano mineiro da Xunta na mina de Corcoesto. Lerán un comunicado ADEGA, FRUGA, Comisións Labregas. Participarán os poetas Miro Villar, María José Fernández, Verónica Martínez, Rosalía Fernández, Alberte Momán, Modesto Fraga… Na parte musical participan Pilocha, Carolina e o seu grupo + invitados… Ás 24:00 Lugodemedo.

COMpOStELA CinE CLASSiC’13. “O ApARtAMEntO”. Sexta feira 20 de setembro ás 20:30 no Centro Sociocultural de Santa Marta.

tiS CHEtEinS. Concerto a sexta feira 20 de setembro e o domingo 22, ás 22:00 na Gramola Café.

BEA CAMpOS: “COntOS nAS ORELLAS”. Sexta feira 20 de setembro ás 18:00 na sala infantil da biblioteca

MARCHA pOLA nOSA LinGUA AtÉ O FARO DE FiStERRA. Sábado 21 de

setembro ás 11:00 dende a Cruz de Baixar. Música e poesía no Faro.

FEStiVAL DAS BRÉtEMAS. Sexta feira 20 a partir das 19:00 no IES Val do Tea, noite de teatro con “Pan! Pan!”, de A Panadaría, e “Saxo Tenor”, de Faísca Teatro. O sábado 21, a partir das 21:00, noite de cine no Cuore bar, “Con etiqueta”, de Adriana P. Villanueva, e “Cando o sol máis quenta”, de Alba Prol.

Begonte

marÍn

“OS MiSERABLES”. DE OS pALiMOQUiÑOS. O 21 de setembro ás19:30 no Campo da Feira de pacios.

MOFA E BEFA “SEMpRE AO LOnXE”. Sábado 21 de setembro na Sala Ache ás 23:00.

fisterra

ponteareas

tui

ConvocatoriasCOnCURSO intERnACiOnAL DE CARtELiSMO pUBLiCitARiO FRAnCiSCO MAntECónConvocado por Bodegas Terras Gauda e a Autoridade Portuaria de Vigo. Con carácter internacional, conta cunha dotación económica de 10.000 euros para o cartaz gañador e tres premios de 2.000 euros para as mencións especiais.

Prazo: 30 de Setembro do 2013

COnCURSO FOtOGRÁFiCO pARA SELECCiOnAR AS iMAXES DO CALEnDARiO DO COnCELLO DA CORUÑA 2014.As persoas interesadas poden enviar un máximo de 3 fotografías en cor realizadas no termo municipal da Coruña. Escolleranse 12 imaxes, que terán como premio un lote de libros de fotografía e varios exemplares do

calendario. Prazo: 5 de Outubro de 2013.

ii EDiCiOn COnCURSO SAn ELOi pARA DESEÑADORES nOn pROFESiOnAiS.Premio convocado polo colexio oficial de Xoiaría, co Sol como temática a seguir. Os tres premios son respectivamente de 1.000 euros, 500 euros e 200 euros.Prazo: 24 de Outubro de 2013.

CERtAME MiCRORRELAtOS LOnXA LitERARiAConvócase unha única categoría cun premio dun lote de conservas da ria. Os traballos estarán escritos en galego normativo e cunha extensión máxima de 15 liñas a dobre espazo e con letra Times New Roman nº12. O texto deberá conter a palabra RIZÓN.Prazo: 31 de Outubro de 2013.

vigoO SOn DAS MÁMOAS. Sábado 21 de setembro en Candeán. Teatro, obradoiros, xogos populares,

artes plásticas...e as actuacións musicais de: La Raíz, Skandalo GZ, Chotokoeu, A Banda de Andrelo, Taquikardia, Solfabirras, Garcia MC, Pettro.

GALiCiA WOODStOCK. Sábado 21 de setembro durante todo o dia. Sesión vermú, foliada, xogos infantís, e espectáculo musical

durante 6 horas con 100 músicos galegos que tocarán grandes éxitos dos 60.

EXpOSiCión DE AntOniO MURADO. Do 12 de setembro ao 15 de novembro na Galería Vilaseco Hauser A Coruña.

teo

lugoFOLK COn A VOLtA DO AGRO. 25 de setembro ás 23:00 no Clavicembalo.

EXpOSiCión “i OUtOnO DAS ARtES SOCiAiS”. Dende o 19 de setembro até o 19 de decembro na Cova da terra.

pública Antonio Odriozola.

CARLOS BLAnCO. Sexta feira 20 de setembro ás 21:00 no Auditorio novacaixagalicia.

150 anos de

cantares gallegos

Ao longo deste ano de celebración do ses-quicentenario da publicación de Cantares gallegos andei a exercitar a memoria até chegar a rexistrar a fotografía do momen-to ou da circunstancia concreta en que puido ter lugar esa sempre inquietante primeira vez, ese primeiro encontro coa obra de Rosalía de Castro.

Non foi doada esa viaxe introspectiva, non, e cómpre xustificar a razón.

esa primeira impresión non resultou des-acougante nin sorprendente nin moito me-nos emotiva, simplemente pasou desaperci-bida e diluída na lectura na escola dun par de poemas en galego do ramo tradicional-mente alcumado como paisaxístico rurali-zante ou de espírito chorón, que pouco ou nada podían dicirnos á xeración nada a finais dos sesenta, e enmarcados biograficamen-te nunha personalidade feminina enfermi-za, tristemente angustiada e decadente, aos que engadir apenas a lectura dalgún outro disimulado verso de contido folclorista, en-tre a minguada contextualización do libro de lingua castelá, debidamente formatea-da Rosalía a partir do seu auténtico espello literario coetáneo no que se mirar e poder comprender: Gustavo Adolfo Bécquer.

Aínda hoxe mesmo, no momento de re-dacción destas palabras, lemos e recolle-mos en diferentes sitios virtuais senten-zas do tipo: Bécquer y Rosalía, dos de las figuras literarias más importantes de la literatura española ou Bécquer y Rosalía, dos nihilistas románticos. Ou aínda máis, localizamos moi en activo nas aulas de se-cundaria algún libro de texto da materia de lingua e literatura castelá que presenta parcamente a nosa autora ao alumnado, e só desde o tratamento do poemario en las orillas del Sar, como representante do Ro-manticismo tardío, hija de madre soltera, casada con el erudito galleguista Manuel Murguía, refugiada en su soledad.

porta grande, porta de servizoCómpre recoñecermos, xa que logo, que Rosalía non entrou na nosa vida escolar pola porta grande, senón pola porta de ser-vizo onde as presentacións foron simples de máis, pouco formais, pseudoacordes cunha personalidade indefinida, pasaxeira e murcha, no canto do que senlleira e úni-ca, construída a si propia desde o sistema literario galego cara ao universal.

Custou inverter lecturas e pautas inter-

Con Rosalía á escola pola porta grandepediu que o pobo chegase á súa obra para aprendela e aprehendela porque a poeta nos seus verseos falaba de, por e para o pobo que tan ben coñecía e os poemas van ser expresión da voz colectiva dos galegos.

A poesía rosaliana naceu para dicir, es-coitar, cantar, ler e comprender un tem-po e un espazo real, marcado no eixo da cronoloxía do renacemeto lingüístico, li-terario e cultural galego do XIX, mais non debemos os profesionais do ensino acre-ditar no afastamento da obra rosaliana desta contemporaneidade que nos abafa con problemáticas ben semellantes e re-produtoras de tempos que ben deberan ter sido superados xa.

As dramáticas consecuencias da san-gría migratoria, a marxinación e opre-sión da muller, a dignificación do idio-ma galego e o firme compromiso para co seu uso, a defensa da clase traballadora fronte ás programadas e intereseiras des-igualdades sociais por parte da minoría sempre poderosa son, entre outros, te-mas que conviven canda nós nesta Gali-za-Penélope á que o noso alumnado non é alleo nas súas vidas persoais nin debe selo no tratamento didáctico pedagóxico das aulas de hoxe.

a actualidade da escrita rosalianaA lectura da obra rosaliana, nomeadamen-te os Cantares gallegos, é, ao noso ver, un obxectivo irrenunciábel de abordaxe es-colar. Cómpre procurarmos os medios, as ferramentas didácticas máis atraentes e acaídas, os recursos dixitais de uso exten-dido e normalizado en calquera outra dis-ciplina escolar para que o noso alumnado se forme e socialice sen caer na tentación de se sentir lexitimado para prescindir dos autores e autoras clásicos.

A actualidade da escrita de Rosalía e do pensamento consciente e crítico que a sustenta foi explícita ao longo deste 2013 a través de reedicións da súa obra, amplia-ción do abano interpretativo musical, crea-cións videográficas, actividades en rede... educar nesta conciencia e implicar o noso alumnado, progresivamente ao longo das diferentes etapas educativas, é responsa-bilidade nosa como docentes.

A súa primeira demostración de com-promiso vivímola o pasado 24 de febrei-ro, Día de Rosalía de Castro, cando con-seguimos un trending topic ou tendencia nada habitual nas redes sociais en que a nosa mocidade navega lixeiro: #DiaDe-Rosalia.

pretativas canonizadas ao redor dunha obra poética e ensaística cuxa clarividencia fala por si propia dun tempo histórico que ela, in-tencionada e vocacionalmente, quixo deixar retratado para a necesaria reconstrución da historia sempre pendente.

A imposibilidade de acceder a Rosalía de Castro, coa formalidade que lle corres-pondía, na escola decimonónica non im-

Este texto forma parte do proxecto Análise e divulgación

de Cantares Gallegos, promovido pola Sociedade Cultural

Medulio e patrocinado pola Deputación da Coruña.

Mercedes QueixasImaxe: Arquivo histórico

Construíuse a si propia desde o sistema literario galego cara ao universal

CULtURA 25CULtURA 27

28 CULtURA viaxes na miña terra

Na parroquia de Maceira, en te-rras de Covelo, atopamos un ve-llo serradoiro moi ben restau-rado que nos permite coñecer un pouco do noso pasado semi-

industrial máis recente e que nos sorprende con algunha singularidade. O dos Carranos era unha fábrica de diversos produtos ela-borados en madeira, como apeiros diversos, portas, sobrados e outros elementos cons-trutivos das casas, pero que fundamental-mente foi usado para a construción de ca-rros, de aí o seu nome. ergueuse en 1922 sobre os alicerces dun vello muíño cuxo espazo foi ampliado escavando na rocha.

Visitamos o serradoiro hai algúns meses, e fomos perfectamente guiados por Joaquín Vales e o seu fillo, propietarios e traballado-res da última época desta senlleira fábrica. Descubríronnos todos os segredos das ins-talacións, a comezar pola súa grande nora ou roda de auga, de máis de seis metros de diámetro e que xira pegada á parede esterior da edificación principal. É a terceira que se pon dende o comezo do seu funcionamen-to, xa que ao estar en contacto directo coa auga rematan deteriorándose. Non son moi comúns en Galiza estes elementos, fóra dal-gún mazo, das ferrarías e de un que outro muíño, que polo xeral son practicamente todos de rodicio horizontal. en Portugal si temos ollado máis rodas d’água, sen ser nunca moi abondosas, unha delas na zona do Minho nun serradoiro máis pequeno ca este. Os nosos guías transmiten cariño por cada elemento que van amosando e así se pode entender que as instalacións estean abertas e en perfecto estado, non en van alí pasaron moitas horas das súas vidas, e alí deixaron incluso parte dos seus dedos.

A nora recibe auga da presa e da levada que se deriva do regato de Vixiáns, e trans-mite a súa forza por medio dun sistema de rodas e correas de transmisión –estas si orixinais e visíbeis baixo o chan- que fan mover alternativamente a grande serra cir-cular e o torno e o cepillo. Posúe ademais unha serra de cinta e un taladro, todos mo-vidos pola forza da auga. Dende o esterior uns raís rematan no interior da edificación

Unha fábrica en serie de carros

Autores: Colectivo XEA (Adela Leiro, Xoán Colazo e Mon Daporta)imaxes: Colectivo XEA

Carros.

Serra.

Roda de auga.

Transmisión da enerxía hidráulica. Entrada ás diversas construción.

os carranos

principal, e servían para achegar a materia prima, madeira.

Pero estamos a falar de todo un conxunto fabril que precisaba doutras construcións menores para completar a fabricación dos carros. Así, alén do sequeiro da madeira, do armacén para a mesma, e dun forno onde queimar os restos, existía unha pequena forxa para facer as ferraxes das rodas dos carros, isto é, as lamias.

Non deixa de chamarnos a atención es-ta fábrica de carros de bois en serie. De seguro esaxeramos de máis, pero moitas veces batemos con esa sensación estraña

e paradoxal de ver como o novo e o vello se relacionan. Imaxinamos unha liña de produción e montaxe fordista onde moi-tos obreiros estrían atarefados en cons-truír ducias de carros todos os días. e te-mos a visión dun carro do trinque saíndo dos Carranos e rubindo con canto rítmico polo camiño de Ourense, que pasa mesmo pola porta da fábrica.

CULtURA OkAPI NO COUREL 29

Volvermos xogar con xoguetes refugallo

xxxxx

Xogar coma antes, en actividades compar-tidas con enredos sinxelos, construídos con materiais de refugallo. Pescar botellas cunha cana e un aro, ou facer equilibrio cunha escumadeira. Son os segredos de Garabato de Xogos, unha empresa que se dedica a recuperar e inventar xoguetes... sen cabos.

Que acontece ao mudar as pantallas por xoguetes feitos con refugallos? Pois que a cativada comparte a diversión; que as persoas maiores participan, que experi-mentan con xogos de habilidades, onde todo son vantaxes, e que afían a imaxi-nación para elaboraren un brinquedo cun obxecto inservíbel.

Garabato de Xogos parte desta idea, pa-ra ofrecer un paquete de trinta xogos que transforman unha festa ou xuntanza. “Par-timos do efecto búmerang; a capacidade para recuperar cousas e darlle novas utili-dades, sorprendente para as criaturas”, di Cristina Martín, que pasa a súa xornada entre “inventar” novos xoguetes no obra-doiro e poñelos en marcha nos parques.

“Teñen que ver que non só se poden di-vertir con máquinas. Antes herdábanse xoguetes e agora todo é novo. Un bote po-de ser un lapiseiro, e decatarse diso aviva moito a imaxinación”, defende Cristina. Pola súa experiencia, sabe que a propos-ta que levan seduce a cativada. Divírtense e as catro horas pasan voando, nun xogo colaborativo no que nunca hai parada, sen fileiras para agardar quenda.

a física nos brinquedosPropostas? Pois moitas e variadas. De gran-de aceptación é o da bóla azul que semella unha pinga de auga, que cómpre trans-portar a unha billa. A croqueta consegue enganchar criaturas e maiores. Cómpre só un pau e unha escumadeira, que ten que ficar deitada sobre unha plataforma, sen caer. “Son todos orixinais e a maioría xorden a partir das pezas que ves. Reparas

Carme VidalImaxe: SG

nun obxecto e pensas o xogo que podería saír de aí”, comenta Cristina.

Amais de divertidos, os xogos que cons-trúen con refugallo son tamén didácticos. “Traballamos co principio da inercia, da polaridade de imáns, forzas centrífugas... moitos principios de física están na orixe destes xoguetes, e iso leva a que nalgunha actividade con colexios dese tamén para que se puidesen facer explicacións”, co-menta Cristina Martín.

en cada actividade adoitan levar os trinta xogos, todos distintos e moi fáciles de ma-nipular, sen libros de instrucións. Á par de novos inventos están os xogos tradicionais, desde os aros á ra ou á chave, elaborados estes á maneira de sempre, por ferreiros artesáns que continúan co modelo no que se divertían avós e avoas. A pesca da bo-tella cunha cana cun anel na punta é dos máis exitosos dos que levan no catálogo, e que lles farán lembrar a súa infancia ás

persoas con máis idade da familia. “Trátase de ensinar a xogar de novo. Ao

comezo abraiabámonos porque algúns ne-nos e nenas non querían volver intentar se fallaban á primeira. Viñan coas manei-ras das máquinas de xogos e non querían buscar solucións, senón volveren comezar dándolle a unha tecla. Logo, deseguida en-gánchanse e gañan en paciencia e habi-lidade”, explica Cristina, despois de com-probar unha e outra vez que os pequenos logros son tamén grandes festas.

Do xigante de máis de dous metros á ca-nica. Cada quen pode xogar á súa manei-ra, inventando novas normas e imaxinan-do futuros trebellos. Garabato de Xogos propón obradoiros e aparellos para que a imaxinación volva a un espazo lúdico moito máis participativo e divertido. Un parque construído con materiais de re-fugallo, os que estaba previsto destruír e teñen aínda moito futuro por diante.

30 CULtURA pasatempos

pasatempos xoán costa

1 2 3 4 5 6 7 8 9

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11

1

2

3

4

5

6

7

8

9

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

horizontal 1. Coñeceu. 2. Igrexa episcopal ~ Da nosa propiedade. 3. Debaixo ~ Composición musical símbolo dun país. 4. Espazo de tempo que ten certas características. 5. Preposición ~ Parte final do intestino. 6. Pronome demostrativo ~ Pase a vista sobre un texto. 7. Ao revés, substancia solúbel, de gosto acre, utilizada como tempero. ~ País de Asia. 8. Obtusa e sen punta ~ Vocais de astro. 9. No plural, espazo de terra próximo á casa e usado para mallar os cereais.

horizontal 1. Entregouse, concedeuse ~ Unha forma de música de cámara. 2. No plural, comunidade humana que ten a mesma lingua e cultura. 3. Pronome persoal ~ Porto pesqueiro de Xirona ~ Expresa con palabras. 4. Del nacen as aves, peixes, etc. ~ Vibración dun corpo transmitida polo ar. ~ Por segunda vez. 5. Animal anfibio semellante á ra, pero máis grande e coa pel enrugada ~ Peza que leva o beo do muíño da fariña. 6. Instrumento de bronce que por medio dun badalo produce son ~ Semente da cafeeira. 7. Limites ~ Estraño, diferente do normal. 8. Gaba, enxalza, eloxia ~ Que non teñen enfermidade ~ Bebida alcohólica. 9. Ao revés, símbolo do sodio ~ Conduces, fas chegar a un sitio ~ Símbolo do sodio. 10. Tedes a obriga de. 11. Concello da Coruña, entre Ordes e Santiago. ~ Alento, estimulo.

vertical 1. Ao revés, pasades a vista por un texto interpretándoo. 2. Calcular o peso de algo colléndoo na man. 3. Graxa sólida que se obtén de algúns animais herbívoros ~ Bote ar polo nariz con forza para limpar os mocos. 4. Contracción ~ Nota musical. 5. Certa, algunha ~ Ao revés, cada unha das barras de ferro sobre as que circula o tren. 6. Touro ~ Conxunción. 7. Segue co olfacto un cheiro ~ Ao revés, bebida que ten como compoñente auga con gas. 8. Ao revés, símbolo do sodio ~ Desprazábase a un lugar. 9. Enche un espazo.

vertical 1. Informacións que serven para coñecer algo. ~ Acumulación de gases no tubo dixestivo e dor que iso causa. 2. Feito de evitar ou desviar unha cousa. 3. Ao revés, que non está vestido ~ Considera, pensa. ~ Sentimento de pena, compaixón. 4. Río que pasa por Padrón ~ Illas situadas fronte á Ría de Pontevedra ~ Pasas a vista sobre un texto. 5. Resonancias ~ Graxa sólida que se obtén de algúns animais herbívoros. 6. Río afluente do Ulla pola marxe dereita ~ Animal que ten o corpo cuberto de plumas. 7. Teñen por costume ~ Concello próximo á Coruña en que se ubica unha importante fábrica de cerámica. 8. Algúns, certos ~ Taberna ~ Conxunción. 9. Ao revés, adverbio de afirmación. ~ Botar aire polo nariz ou boca con forza ~ Adverbio de afirmación. 10. Expresaron con palabras. 11. Para ela foi unha composición de Bethoven ~ Parte pequena dunha cousa.

ENCRUCILLADO EN BRANCO. 11 CASAS NEGRAS

ENCRUCILLADO II

Solucións. Horizontal: 1. soubo. 2. se ~ nosa. 3. sob ~ himno. 4. epoca. 5. de ~ cu. 6. esa ~ lea. 7. las ~ india. 8. roma ~ oa.9. eiras.Vertical: 1. sedel. 2. sopesar. 3. sebo ~ asoe. 4. co ~ mi. 5. unha ~ liar. 6. boi ~ sen. 7. osma ~ ados. 8. an ~ ia. 9. ocupa.

Solucións. Horizontal: 1. deuse ~ suite. 2. nacións. 3. te ~ roses ~ di. 4. ovo ~ son ~ bis. 5. sapo ~ buxa. 6. sino ~ cafe. 7. fins ~ rara. 8. loa ~ sas ~ ron. 9. an ~ levas ~ na. 10. debedes. 11. oroso ~ animo. Vertical: 1. datos ~ flato. 2. evasión. 3. un ~ opina ~ do. 4. sar ~ ons ~ les. 5. ecos ~ sebo. 6. iso ~ ave. 7. soen ~ sada. 8. uns ~ bar ~ sen. 9. is ~ bufar ~ si. 10. dixeron. 11. elisa ~ anaco.

SUDOKU. DIFICULDADE MEDIA.

RONDANDO

COMO SE XOGA:

COMO SE XOGA:

Encha todas as casas con números de 1 a 9 sen que se repita o mesmo número...... na mesma fila... na mesma columna... na mesma cela de tres por tres casas (as que están marcadas con liña máis grosa).

O xogo resólvese trazando unha liña que pase polo centro de cada cadrado, sen cruzarse até que volva para a praza en que todo comezou. O camiño debe cambiar de dirección cada rotonda, e tamén debe cambiar de dirección só unha vez nas prazas intermediarias entre rotondas. Existe unha única solución única

KAKURO

COMO SE XOGA:

Coloca as cifras, de 1 a 9, en cada casa de xeito que a súa suma sexa a cantidade que figura en cada cadro lateral.Solución:

2993145621

O nó gordiano da transición

liBros

Os xornalistas utópicos

Manuel Veiga

Xerais, 2013

272 páXinas

19,50 euros

le green notes

Maqueta

CULtURA 25CULtURA 31

Baixo o peso da lei

cinema

música

Nalgún momento desta novela un dos protagonistas afirma como, no medio dun contexto no que músicas como o Libertad sin ira de Jarcha atronaban por todas partes, a el preocupáballe máis a discografía de Pink Floyd. e posibelmente, nunha novela chea de simbolismos, subtramas, referencias com-plexas e microhistorias, esta anécdota sexa unha das bandeiras polas que comezar a falar dela. O relato da chamada Transición política española foi, como todo relato feito para lexitimar unha nova orde, unha his-toria manipulada e mutilada, que ademais conta co seu propio folclore e os seus sempi-ternos lugares comúns. Poucas veces escoi-taremos falar dos mortos a mans das forzas de seguridade de estado ou dos atentados da extrema dereita, tamén non de como os tentáculos da Operación Gladio, auspiciada polos servizos secretos norteamericanos, chegaron até o estado español. O discurso oficial pasa sempre por narrar aqueles anos como un logro colectivo, sen vítimas de re-levancia e que axiña cristalizaría nun mo-vemento cultural baleiro dunha ideoloxía consistente pero enormemente divertido e multicolor como foi La Movida.

A última novela de Manuel Veiga exerce un contrapunto constante, e en máis dun-ha fronte do discurso, contra esa perspec-tiva mallada polos medios de comunicación oficiais e mesmo por algúns relatos á con-

esta semana toca crítica á carta por elección dun seareiro do xornal que acertou o fotograma da edición número 62 do Sermos Galiza [no con-curso que o noso crítico propón no seu Facebo-ok, http://www.facebook.com/criticadcinema]. A película que elixiu foi “Down by Law”, tamén coñecida como “Baixo o peso da lei”. escrita e dirixida por Jim Jarmusch, un dos maiores ex-poñentes do cinema independente, constitúe a súa terceira longa após “Permanent Vacation” e “estraños no paraíso”, nas que, por certo, ta-mén contaba coa presenza do multidisciplinar John Lurie (actor, pintor, músico, director e pro-ductor norteamericano). Nesta ocasión acom-páñano Tom Waits, músico crooner de voz ca-racterística e inesquecible no papel de Renfield en “Drácula de Bram Stoker” (1992, Francis Ford Coppola), e Roberto Benigni, moito antes de ser famoso con “A vida é bela”. É ben apuntar antes de nada que o actor, director e guionista italiano sáese coa súa e logra meter no filme, coma case sempre, a súa muller e musa Nicoletta Braschi, nun desenlace dentro da trama que repetiría en case todos os seus filmes, e que máis ben pa-

Atentos a este grupo, descoñecido para moitos, que sacou a súa primeira maqueta hai poucos meses. Gravada por Tomás Ageitos en “estudios Amil”, con Tomás Saiz á cabeza (acordeón, voz, composicións), Ruth Gómez (pianos), Álvaro Sánchez (baixo) e a colabora-ción de Aser Álvarez (batería) complétase o pequeno elenco de músicos que tanto enche. e é que teñen un xeito tan persoal que non se pode catalogar nun estilo en concreto.

Cuns bos diálogos entre o enérxico acor-

deón e o piano, combinan temas cantados e instrumentais (recoñecendo que me decan-to polos instrumentais), “cañeros” e lentiños, circenses ou líricos, ou ambas atmósferas nun mesmo tema, cun acertado paso entre unhas e outras.

Penso que este grupo sería unha opción moi valorable para montar unha boa festa, e mesmo na vosa propia casa somentes dán-dolle ao “play”.

“...Y es que la vida es una mentira/mira sin igual, llegué a despertar/en un amanecer muy ardiente/ donde las cosas podrían cambiar”. olga Brañas

tra destes. O punto de vista dun estudante en Madrid que vive nas propias carnes todo aquel momento de mudanza política e efervescencia social consegue baixar as grandes enunciacións interesadas para dar unha óptica que recolle todas as dimensións do momento: as dúbidas antes os líderes revolucionarios dos movemen-tos estudantís, o medo ante a confrontación social, a pescuda cultural que vai máis alá de Jarcha e tamén a aparición no escenario dos movementos nacionalistas, particularmente o vasco e o galego. O tratamento deste último me-rece unha mención especial pola profundidade de perspectivas coa que é tratado, co protago-nista a bambear entre O atraso económico da Galiza de Beiras, o contacto cun Manuel María que aparece como personaxe e a noción dos no-vos movementos literarios personificados nas obras de Rompente ou na revista Loia.

Porén, dar só a lectura dun relato xuvenil sobre a Transición sería apostar por unha in-terpretación moi limitada de Os xornalistas utópicos. Se algo fai desta novela unha obra orixinal, na liña do mellor Manuel Veiga, é a súa vontade de pescuda literaria, a súa renun-cia aos convencionalismos, non só no contido, senón tamén no que respecta á forma. Cun fío narrativo non lineal, que permite lanzar olla-das certeiras á guerra e ao pasado republicano, pero sobre todo a unha contemporaneidade profundamente marcada, mesmo no simbóli-co, polo pasado político que a xerou, a novela vai empregar tamén a perspectiva múltiple, as tramas paralelas e a narración fragmentaria para construír a súa aposta de interpretación dunha realidade complexa e que segue a afec-tarnos no día a día.

Ao mesmo tempo, Os xornalistas utópicos caracterízase por conter algo semellante a un-ha teoría sobre a literatura e sobre o propio xornalismo. Unha teoría na que ambas disci-plinas se tocan e que imos entrever paulati-namente, tanto nas referencias literarias que

manexan os protagonistas (ricas e pouco habituais) como nos xogos metaliterarios que inzan a narración. elementos aos que se cadra cumpriría sumar outros como a defensa da literatura como arte, a rei-vindicación funcional da precariedade do escritor ou a importancia das testemu-ñas das barbaries como produtoras dun discurso que mestura literatura e pensa-mento político capaz de mudar a realidade. Naturalmente nada disto pode separarse dos escenarios inicial e final da obra, que comeza nunha redacción arrasada polo lume, símbolo, aínda hoxe, desas impo-sibilidades de mesturar o xornalismo e utopía nas cada vez máis escasas veces nas que teñen o atrevemento de cruzarse. Unha novela que fala do hoxe sen deixar de lembrarnos unha perspectiva histórica que contesta á súa fixación convencional e que ademais ten o enorme acerto de facelo dende unha perspectiva literaria innova-dora, capaz de abrir camiños o suficiente-mente interesantes na literatura galega. mario regueira

rece unha obsesión por demostrar ao mundo o moito que quere á súa parella sentimental. “Down by Law” foi nomeada ese mesmo ano para a Palma de Ouro do Festival de Cannes e é considerada unha das películas máis orixinais en que se aborda o tema carcerario. A historia descarta os lugares comúns e convencionalis-mos propios do xénero de películas de cárcere e céntrase nas relacións entres as personaxes e como actúan entre si. De feito, o título orixinal designa en argot a unha conexión especial entre persoas. Historia sinxela pero que ao mesmo tempo cala fondo. Pódese dividir en tres par-tes diferenciadas. Comeza coa presentación das personaxes de Zack e Jack, dous homes de mal vivir que son enganados e os meten na cadea. Alí, encerrados en catro metros cadrados, os seus marcados egos chocan brutalmente en-tre si e fanse a vida imposible.A cousa cambia cando lles meten a Roberto na mesma cela, un turista italiano acusado de asasinato, que apenas sabe expresarse en in-glés. Como ten a imperiosa necesidade de falar e poñer en práctica os seus avances co idioma de Shakespeare, vese na obriga de ter que limar as asperezas entre os outros dous compañei-ros e así lograr unha férrea unión entre os tres. Por último, logran fuxir e teñen que buscarse a vida entre os pantanos. Unha viaxe onde uns

tipos perdidos de si mesmos non atopan o ca-miño. Moi rechamante o desprezo que trans-mite Jarmusch en contar a historia da evasión. Nese intre nos decatamos de que a historia vai máis alá dunha mera película de escape. Aparte dunha excelente fotografía en branco e negro a cargo de Robby Müller, que logra captar to-da a modular e salvaxe natureza dos pantanos de Nova Orleáns e Lousiana, un dos elementos máis destacados do filme é o pausado traballo de cámara. Unha linguaxe fílmica superdotada con planos non intrusivos de longa duración, coa cadencia marca da casa de Jarmusch, que fan que os actores poidan moverse ás súas anchas para deixar total liberdade ao espectador para que interprete os diferentes matices e motiva-cións das personaxes. A personaxe de Rober-to aparece cando xa están na cadea e supón o nexo de unión entre os compañeiros de cela e posteriormente de separación. Roberto é o en-grudo. Cando se namora de Nicoletta, como xa apuntei máis arriba, o grupo desfaise. A pesar da aparente sinxeleza da trama, a realidade é que unha vez repousada pódense facer moitas lecturas da mesma. Unha película suxestiva e indispensable para os seguidores do cinema independente e moi recomendable para quen lle guste ver outro tipo de cinema afastado do de sempre.. andrés castro garcía

Baixo o peso da lei (estados unidos, 1986)

título orixinal: down by law

Director: Jim Jarmusch

Guión: Jim Jarmusch

Fotografía: Robby Müller

Música: John Lurie, Tom Waits

Intérpretes: Tom Waits, Roberto Benigni,

Hohn Lurie, Nicoletta Braschi, Ellen Barkin,

Billie NealDuración: 107 min.

SINOPSE

O picadiscos Zack (Tom Waits), o proxeneta

Jack (John Lurie), e o turista italiano Roberto

(Roberto Benigni) son encarcerados xuntos

nunha cela. Tras un tempo de convivencia chea

de retesías, fanse grandes amigos e conseguen

escapar a través dos pantanos de Louisiana.

Dialogan o enérxico acordeón e o piano

Henrique RabuñalEscritor

Sinto non ser orixinal. As farsas da transición ficaron evidenciadas. O seu modelo económico estoupou para agrandar as desigualdades

e rebaixar dereitos e servizos públi-cos. Os partidos políticos sistémicos e institucións do estado aparecen devorados por gravísimos casos de corrupción. Renace unha dinámica recentralizadora para rebaixar as demandas de autogoberno das na-cións do estado. O soño dunha eu-ropa social e solidaria ficou pospos-to mentres medra a división entre pobres e ricos, outra perversión. O traxe constitucional rebentou e o europeo é unha utopía. e Galiza?

Os que traballamos para que Galiza tivese unha vida cultural, apoiada en moitas pequenas em-presas, en moitas xenerosas ini-ciativas, no labor de moitas entida-des, no talento de moitas persoas, constatamos a súa progresiva des-composición. Unha descomposi-ción consentida polo goberno que comezou a súa andaina cunha po-lítica de agresión á nosa lingua.

Polo camiño asistimos á desapa-rición do sustento do noso pano-rama musical, teatral, audiovisual, editorial… A maioría gobernante non considera preocupante esta desfeita que o puxo todo á venda, en inevitábel redución e en pro-gresiva destrución. É un desprezo ao traballo feito desde os anos 70, aos que nos precederon na defen-sa da nosa cultura. Os chanzos de-sa cultura están derrubados. Para reconstruílos será imprescindíbel contribuírmos a cambiar a política e os políticos que nos trouxeron a esta inquietante situación.

A descomposición da cultura galega

“Podemos ser boas nais e ter vida propia”

Gemma Sesareditora

editora e nai dun neno e unha nena, Gemma Sesar é a autora de Vida de nai (Patito edito-rial) un libro no que relata a súa experiencia para sobrevivir á crise que afecta tamén a súa empresa e criar ao tempo dúas crian-zas felices. Como un desafogo en xornadas que rematan sempre máis tarde do previsto, Genmma Sesar ofrece unha autobiografía en formato cómic e en clave de humor que ilustra o debuxante Ramón Marcos e á que lle pon cor Jorge Castelli.

Desculpe que a moleste porque voste-de, tempo, o que se di moito tempo, non ten...Con dous nenos, a empresa e unha crise bru-tal tes que te estar movendo continuamente e sobrar non sobra. De feito, moitas veces teño que traballar polas noites...

E nesta voráxine, o libro... é un desafo-go?

Para min é. escribino para recoñecer a si-tuación e axudar a moitas mulleres dicín-dolles que a nosa xeración xa non ten que ser a da maternidade entregada, que temos que defender o noso tempo, que non pode-mos dedicar as 24 horas a ser nais! A miña nai traballaba e coidounos a nosa avoa, pero, dalgunha maneira, o modelo de nai ao cen por cen do tempo segue imperando. Se non é así, temos má conciencia e sentimos que non somos boas nais. Antes ninguén ía ao festival de Nadal, mais se hoxe non vas...

Láiase da perda de identidade. A prota-gonista non ten nome, é case sempre a nai de Estela e Teo...A min iso mátame. Non entendo por que temos que perder a identidade. Sempre ti-ven o meu nome e, de repente, tes un fillo e entras nesa dinámica. eu nin sei o nome das nais dos compañeiros dos meus fillos porque xa nin se presentan. Din, “eu son a mamá de...” e eu levo isto moi mal.

Cando, por riba, o trato é moito porque a vida social xira arredor da cativada...eu procuro que non sexa así. Participo na súa actividade, encantada da vida, mais ta-mén da miña. Procuro introducilos no que podan participar sen meter moito rebum-bio, por exemplo, algunha visita a unha ex-posición. Teñen claro que teño vida propia. encántanme os nenos pero non me interesa compartir todo con eles e as súas amizades. Nen todos son aturábeis!Por que lle dá un ton de humor a un tema que merece tanta reivindicación?

tían o que nel se conta.

O pai dos seus fillos é o coñecido debuxan-te de cómic Fausto Isorna, por que non é el o coautor con vostede? Preferiamos que fose unha persoa que dese unha imaxe máis obxectiva, que fose quen de captar a máis público desde maior dis-tancia. Se o fixese unha persoa que estive-se tan implicada sería máis intenso. O tra-ballo de Ramón Marcos e Jorge Castelli é magnífico.

Algunhas mulleres pensarán que voste-de é unha privilexiada, organiza os seus horarios, ten axuda, non hai problemas graves... Son unha privilexiada, seino. Cando tivemos os nenos, para nós era prioritario organizar o noso traballo para compartir tempo con eles. Comen en casa, levámolos nós ás acti-vidades... Eu traballo polas mañás na oficina e logo recollo ás crianzas no cole e estou con elas até as oito. A esa hora Fausto ocúpase das ceas e baños e eu aínda podo traballar unhas horas. Durante moitos anos traballei para empresas e sei o que é un horario fixo. Cómpre lembrar que non se fai abondo pa-ra que a vida familiar poda conciliarse coa laboral, vai na contra das nosas vidas e os responsábeis son os gobernos. Nunca fixe-ron caso ás nais e mesmo así din que que-ren promover a maternidade!!

Son queixas menores a respecto do que outras pasan. e tamén é reivindicación por-que quedo deixar claro que aquí ninguén se preocupou por contribuír a que todo fose máis fácil. Miña avoa dicía que as preñadas e as vellas non lles interesan a ninguén e tiña razón. A crise agudiza todos os problemas, aínda que, tamén é certo, cando chegas a casa as crianzas son a recompensa.

Nese sentido, lembroume o clásico de Libby Purves, “Como non ser unha nai perfecta” no que di “Ri. Chora, tamén, mais funda-mentalmente ri”. Ese é o segredo?Pois para min é. Tal e como están os tem-pos, sei que se non fose polos nenos non me levantaría da cama. Ter que levantarte e levalos á escola fai que tires para adian-te, non podes quedar na casa... tes que se-guir dando todo para que eles teñan unha vida feliz.

O libro ten moito de autobiográfico, como se lle ocorreu facer a súa autobiografía en cómic?estou rodeada de cómic e a min non me pareceu tan raro. Para min é natural! Ade-mais, as mulleres non entramos con faci-lidade no cómic e esta é unha aposta para que se acheguen e logo descubran outras cousas. A temática é máis realista. Moitas mulleres que o leron comentábanme que podían telo escrito elas porque compar-

Carme VidalImaxe: SG

director: Xosé Mexuto.redacción: Carme Vidal, Olalla Rodil, Beti Vázquez e X. M. Pinheiro.deseño: Ángela Costas. maquetación: María Sabarís.enderezo Avenida de Lugo, 2-A. Entresollado A. Compostela.

correo-e [email protected] teléfono 981 51 91 02edita Sermos Galiza S.A. depósito legal C 955-2012www.sermosgaliza.com twitter @SermosGaliza facebook sermosgaliza