Upload
buidien
View
220
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
0
Comisión Muller Rural
INFORME MULLER RURAL
Informe Muller Rural
Coordinación: Secretaría Xeral da Igualdade
Elaboración: Comisión de Muller Rural do Consello Galego das Mulleres
Aprobación: Pleno do Consello Galego das Mulleres, na súa reunión do 3 de xuño de 2016
ÍNDICE
1. AS MULLERES EN GALICIA .................................................................................................. 1
2. MEDIO RURAL ...................................................................................................................... 3
2.1 DEFINICIÓN DE RURAL: CRITERIO EMPREGADO ........................................................... 3
3. O RURAL GALEGO .................................................................................................................... 5
3.1. TERRITORIO ................................................................................................................... 5
3.2. POBOACIÓN ................................................................................................................... 7
3.3. ANÁLISE DEMOGRÁFICA E SOCIAL .............................................................................. 12
3.4. ECONOMÍA .................................................................................................................. 14
3.5. EMPRENDEMENTO ...................................................................................................... 22
3.6. TIC E MOBILIDADE ....................................................................................................... 28
3.7. CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE .................................................................. 32
4. CONCLUSIÓNS .................................................................................................................... 38
ANEXO 1. GRAO DE URBANIZACIÓN DOS CONCELLOS .......................................................... 44
ANEXO 2. MAPA DE SERVIZOS ................................................................................................ 53
1 Informe Muller Rural. CGM 2016
1. AS MULLERES EN GALICIA
Galicia caracterízase pola importancia do seu eido rural, xa que a maior parte do seu
territorio ten esta consideración (arredor do 84% da superficie). O rural e o mar son os
valores sobre os que se sustenta e evoluciona a sociedade galega. Estes non pode ser
explicados sen ter en conta o importante papel que as mulleres galegas levaron a cabo ao
longo de séculos de historia.
O traballo feminino foi dende sempre un piar fundamental para
manter as economías familiares.
A partir dos anos 60 a industrialización incrementou a urbanización das cidades e o auxe
da economía de servizos. Paralelamente a mecanización e modernización da agricultura
que experimentou o rural fixo que se reducira a carga de traballo, o que causou a
invisibilización dos labores exercidos polas mulleres, quedando relegadas a un papel
secundario e invisible, vinculadas ás tarefas domésticas e á axuda familiar. Esta situación
repercutíu de xeito negativo no benestar, a saúde e a autoestima das mulleres, posto que
o traballo doméstico “non ten duración temporal, senón que se dilata indefinidamente
durante todo o día e todos os días do ano. Ao non ser un traballo remunerado, non hai una
valoración cuantificable do cansazo, dedicación, esforzo e habilidades que conleva” (1)
As condicións de vida das mulleres rurais caracterízanse pola falla de oportunidades
laborais e a precariedade dos empregos existentes, a insuficiencia de infraestruturas e
servizos, as dificultades de acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación, e a
escasa afiliación á seguridade social das mulleres traballadoras, segundo o estudo
Condiciones de vida y posición social de las mujeres en el medio rural, MARM (2011c),
elaborado polo Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.
A permanencia dun rural vivo e con futuro pasa pola súa revalorización, como motor
xerador de riqueza e emprego, aproveitando as múltiples potencialidades que ofrece. Para
que o desenvolvemento sexa sostible e integral é necesario poñer en valor o papel da
muller, coma piar fundamental no mantemento dos pobos e no desenvolvemento sostible
de toda a sociedade. As mulleres fixeron achegas esenciais na vida social e económica do
ámbito rural transmitindo valores e contribuíndo de forma decisiva á evolución da
sociedade galega.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------- (1) (Cruz Souza, 2006: 112).
2 Informe Muller Rural. CGM 2016
A procura da igualdade está reflectida no Artigo 14 da Constitución Española, no que
establece que a poboación española é igual ante a lei. A Lei Orgánica 3/2007, de 22 de
marzo, para a Igualdade efectiva de mulleres e homes, constitúe o marco normativo
español para promover a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, e
combater a desigualdade de xénero en España. No artigo 30 fai referencia ao principio de
igualdade na política de desenvolvemento rural, onde se establecen cinco medidas para
transversalizar o enfoque de xénero e favorecer a igualdade entre mulleres e homes no
eido rural.
En Galicia, o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto
refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de
igualdade, dedica o Capítulo VII, de xeito específico, á Participación das mulleres no
desenvolvemento rural. No artigo 42, os dereitos das mulleres no desenvolvemento rural
sinala que “a Xunta de Galicia adoptará, dentro das súas competencias, as medidas
conducentes a eliminar a discriminación contra as mulleres en zonas rurais, coa finalidade de
asegurar, en condicións de igualdade entre as mulleres e os homes, a súa participación nos
beneficios dun desenvolvemento rural sustentable. Establécense 4 dereitos co obxecto de
asegurar a participación das mulleres nos beneficios dun desenvolvemento rural
sustentable. No artigo 43, establece que a “Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias
para facilitarlles ás mulleres o acceso e mantemento da titularidade ou cotitularidade das
explotacións agrarias”.
A Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, ten
como obxectivo o mantemento da poboación rural a través da mellora da súa situación
socioeconómica e o acceso a servizos públicos de calidade, poñendo especial énfase na
incorporación da xente moza do rural ao mercado laboral, fomentando a igualdade de
xénero e a participación das mulleres en todos os ámbitos da vida do medio rural.
A importancia da muller no rural, tamén se puxo de manifesto polo Parlamento Europeo,
que aprobou unha resolución na que considera “a integración da dimensión de xénero no
sector rural é un elemento estratéxico non só para promover a igualdade entre mulleres e
homes senón tamén para o crecemento económico e un desenvolvemento rural sostible”.(2)
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------(2) Resolución do Parlamento Europeo, de 12 de marzo de 2008, sobre a situación da muller nas zonas rurais da
Unión Europea (2007/2117(INI)). Diario Oficial da Unión Europea (20.03.2009/C 66 E/04).
3 Informe Muller Rural. CGM 2016
2. MEDIO RURAL
2.1 DEFINICIÓN DE RURAL: CRITERIO EMPREGADO
Un dos criterios máis habituais é o da densidade de poboación. Segundo a metodoloxía da
OCDE, son municipios rurais aqueles cuxa densidade de poboación está por debaixo dos
150 habitantes / km².
A partir desta metodoloxía, a OCDE establece unha tripla clasificación en canto a grao de
ruralidade:
Rexión Predominantemente Rural (PR), se máis do 50% da poboación vive en
municipios que cumpran o criterio de ruralidade fixado.
Rexión Significativamente Rural (SR), se entre o 15% e o 50% da poboación reside
en municipios de menos de 150 h/km2.
Rexión Predominantemente Urbana (PU), se menos do 15% da poboación vive nos
devanditos municipios.
Segundo os datos anteriores, Galicia é unha comunidade significativamente rural (SR). A
Lei 45/2007, de 13 de decembro, para o desenvolvemento sostible do medio rural, no seu
artigo 3 proporciona as seguintes definicións:
Medio rural: o espazo xeográfico formado pola agregación de municipios ou
entidades locais menores definido polas Administracións competentes que posúan
unha poboación inferior a 30.000 habitantes e unha densidade menor dos 100
habitantes por km2.
Zona rural: ámbito de aplicación das medidas derivadas do Programa de
Desenvolvemento Rural Sostible regulado por esta Lei, de amplitude comarcal ou
subprovincial, delimitado e cualificado pola comunidade autónoma competente.
Municipio rural de pequeno tamaño: o que posúa unha poboación residente inferior
aos 5.000 habitantes.
No ano 2011, o Instituto Galego de Estatística publicou unha clasificación do grao de
urbanización dos concellos galegos, baseada nun estándar europeo. Nela recóllense os
principais indicadores demográficos, sociolaborais e económicos para Galicia e as súas
provincias segundo o grao e o subgrao de urbanización. Este conxunto de indicadores
permite discernir as diferenzas e similitudes entre as distintas zonas de Galicia, ademais
de caracterizar o que habitualmente se denomina urbano ou rural.
4 Informe Muller Rural. CGM 2016
Grao de urbanización: é o tipo de localidade na que reside unha persoa segundo o seu
carácter urbano ou rural, e establécense tres categorías: zonas densamente poboadas
(ZDP), zonas intermedias (ZIP) e zonas pouco poboadas (ZPP).
o Zonas densamente poboadas (ZDP), conxunto contiguo de áreas locais de
densidade superior a 500 hab./Km2 e unha poboación total para a zona de
polo menos 50.000 habitantes.
o Zonas intermedias (ZIP) son o conxunto de áreas locais que non pertencen
a unha zona densamente poboada e cada unha delas ten unha densidade
superior a 100 hab./ Km2 e, ou ben a poboación total da zona é superior a
50.000 habitantes, ou ben é adxacente a unha zona poboada densamente.
o Zonas pouco poboadas (ZPP). Son os grupos de áreas locais que non
pertencen a zonas densamente poboadas nin a zonas intermedias.
Subgrao de urbanización: é unha subdivisión das zonas de urbanización (ZDP, ZIP,
ZPP) en subzonas co fin de diferenciar núcleos de características diferentes. Esta
subclasificación desagrega a ZIP en dúas subzonas (alta, baixa) e a ZPP en tres
subzonas (alta, intermedia e baixa).
O criterio empregado para a realización deste documento é o baseado no estándar
europeo, por ser o que emprega o Instituto Galego de Estatística (IGE), e o que achega os
datos estatísticos dispoñibles. Atendendo a este criterio, os concellos galegos quedan
clasificados do seguinte xeito:
Gráfica 1: Clasificación dos concellos segundo a densidade de poboación
Fonte: IGE- Eurostat
5 Informe Muller Rural. CGM 2016
Táboa 1: Densidade de poboación segundo o grao de urbanización por provincias
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2012.
3. O RURAL GALEGO
3.1. TERRITORIO
Galicia ten unha extensión de 29.874 km2, distribuídos en 4 provincias (A Coruña, Lugo,
Ourense e Pontevedra) que integran un total de 314 concellos. Conta con 1.498 km de
costa, dos cales 161 teñen carácter insular. Distínguense dúas grandes áreas territoriais: o
eixe atlántico, formado polas provincias da Coruña e Pontevedra, e o eixe interior,
formado polas provincias de Lugo e Ourense, caracterizadas pola importancia da
actividade agraria e o despoboamento.
Segundo a metodoloxía de clasificación das rexións en función da súa ruralidade (ICC3)
proposta pola Comisión Europea, as provincias da Coruña e Pontevedra, que ocupan o
42,1 % do territorio, considéranse de condición intermedia, mentres que as de Ourense e
Lugo, que representan o 57,9 % da superficie, son predominantemente rurais.
2.147
0
1.272 1.235
333 299 333 247
52 26 30 45
0
500
1000
1500
2000
2500
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra
ZDP
ZIP
ZPP
6 Informe Muller Rural. CGM 2016
As provincias de Lugo e Ourense son rurais, mentres que A Coruña e
Pontevedra son intermedias
Na seguinte gráfica podemos ver a distribución dos concellos galegos atendendo a súa
extensión en km2.
Gráfica 2: Clasificación dos concellos galegos segundo a superficie.
Fonte: Instituto Galego de Estatística.
7 Informe Muller Rural. CGM 2016
3.2. POBOACIÓN
Galicia conta cunha poboación de 2.734.656 persoas, das cales 1.412.641 son mulleres e
1.322.014 son homes (IGE, 2015), sendo a densidade media de poboación de 92,9
persoas/km2.(IGE, 2014).
O 52% da poboación galega son mulleres
A provincia cunha maior densidade é Pontevedra, con 211 habitantes por km2 , mentres
que Lugo é a provincia coa densidade máis baixa, tendo de media 35 habitantes por km2 .
Táboa 2: Superficie e densidade por provincias
Provincia
Superficie (Km2)
Densidade
(hab/km2)
Galicia 29.575 92,9
A Coruña 7.950 142,6
Lugo 9.857 34,7
Ourense 7.273 44,2
Pontevedra 4.495 211,4
Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Cifras poboacionais de referencia. Ano 2014
O 84% dos municipios galegos defínense como rurais (3)
Aplicando a metodoloxía DGURBA (3) para a clasificación de ruralidade a nivel municipal
atopamos que só os 7 municipios correspondentes ás maiores cidades de Galicia, que
integran o 37 % da poboación, se definen como densamente poboados. Considéranse
pequenas áreas urbanas e clasifícanse como zonas de densidade intermedia 44
municipios, principalmente da Coruña e Pontevedra, que representan o 26 % da
poboación; e 263 municipios, que reúnen ó 37 % da poboación, reciben a clasificación de
rurais pola súa baixa densidade de poboación.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------(3) Metodología DGURBA, delimita e clasifica o territorio en zonas rurais por unidades administrativas locais (LAU2,
municipios en España) dependendo da proporción de poboación que vive en cada tipo de clúster (celdas contiguas
de 1 km2 de superficie).
8 Informe Muller Rural. CGM 2016
Galicia caracterízase pola dispersión da súa poboación.
En Galicia hai 3.772 parroquias, o que representa o 77% do total das parroquias
españolas. Unha de cada tres parroquias galegas atópase na provincia de Lugo, sendo a
provincia con maior número de núcleos diseminados. A provincia con menos parroquias é
Pontevedra, cun 18% do total.
En canto aos núcleos de poboación a maioría concéntranse na provincia da Coruña, con
4.058 núcleos, seguida de Ourense, con 2.599. O 36% da poboación galega reside en
Zonas Densamente Poboadas (ZDP). Pontevedra e A Coruña son as provincias con máis
poboación por Km2.
Un terzo da poboación galega reside en ZDP
(Zonas Densamente Poboadas)
Gráfica 3: Poboación por sexo e grao de urbanización
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2014
O número de mulleres é superior ao de homes en todas as zonas de Galicia. Nas Zonas
Pouco Poboadas concéntranse o 38% das mulleres galegas, nas Zonas Intermedias o 37%,
mentres que nas Zonas Intermedias de Poboación residen unha de cada catro mulleres.
465817
336799
523041 528590
352876
541572
ZDP ZIP ZPP
Homes Mulleres
9 Informe Muller Rural. CGM 2016
Por provincias, o reparto poboacional, queda reflectido nas seguintes gráficas:
Fonte: IGE.Padrón municipal de habitantes. Ano 2014
A poboación galega reside de xeito maioritario nas Zonas Pouco Poboadas, agás na
provincia de Pontevedra, onde o 40% da poboación reside nas Zonas Densamente
Poboadas.
As mulleres galegas residen de xeito maioritario nas provincias da Coruña (41%) e
Pontevedra (34%), mentres que en Lugo e Ourense residen o 12% respectivamente.
4 de cada 10 mulleres galegas residen na provincia da Coruña
0
100000
200000
300000
400000
ZDP ZIP ZPP
179671 156267 124229
198272 162214
130266
Pontevedra
0
50000
100000
150000
200000
ZDP ZIP ZPP
45948 21713
98664 52612
23080
100731
Lugo
0
100000
200000
300000
400000
500000
ZDP ZIP ZPP
191226 138224
214625
219773
145503
223384
Po
bo
ació
n
A Coruña
Mulleres
Homes
0
50000
100000
150000
200000
ZDP ZIP ZPP
48972 20595
85523
57933
22079
87191
Po
bo
ació
n
Ourense
Mulleres
Homes
10 Informe Muller Rural. CGM 2016
As Zonas Pouco Poboadas (ZPP), son as que presentan unha maior porcentaxe de
poboación de máis de 60 anos. Pola contra, as Zonas Intermedias de Poboación (ZIP), son
as que teñen unha porcentaxe maior de xente nova (menor de 20 anos).
Gráfica 4: Poboacións segundo grao de urbanización e grupos de idade
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes 2014.
As mulleres menores de 20 anos residen maioritariamente nas Zonas
Intermedias de Poboación, mentres que as maiores de 60 anos residen
nas Zonas Pouco Poboadas.
Máis da metade da poboación galega ten entre 20 e 59 anos. Segundo a gráfica anterior, o
número de homes é superior ao de mulleres nas persoas menores de 59 anos,
investíndose a tendencia para a poboación de máis de 60 anos, onde o número de
mulleres é superior ao de homes.
15 18 17
19
13 14
54 57
55 58
50
55
30
24 28
23
37
31
0
10
20
30
40
50
60
70
Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes
ZDP ZIP ZPP
Po
rce
nta
xe
Grao Urbanización
<20
20-59
>=60
11 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 5: Idade media da poboación segundo sexo e grao de urbanización
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de INE. Padrón municipal de habitantes. Ano 2012.
A poboación máis envellecida atópase nas Zonas Pouco Poboadas
(ZPP), sendo a idade media das mulleres de 50 anos.
46
45
50
43 42
47
45 44
49
0
10
20
30
40
50
60
ZDP ZIP ZPP
Mulleres
Homes
Total
12 Informe Muller Rural. CGM 2016
3.3. ANÁLISE DEMOGRÁFICA E SOCIAL
O 52% da poboación galega son mulleres.
A poboación feminina é superior á masculina nas franxas de idade superiores aos 44 anos,
acadando a porcentaxe máis elevada no grupo de 85 e máis anos, onde 7 de cada 10 son
mulleres.
Gráfica 6: Pirámide de poboación galega.
Fonte: IGE. Censos de poboación. Padrón Municipal de Habitantes. Ano 2015.
A idade media das mulleres galegas é de 47 anos e 5 meses
A idade media da poboación galega é de 46 anos. É superior nas mulleres, sendo de 47
anos e 5 meses, mentres que para os homes a idade media é de 44 anos e 3 meses.
A poboación galega sufre un progresivo envellecemento, sendo o índice de
envellecemento de 149 persoas, o que implica que por cada 100 persoas menores de 20
anos hai 149 persoas maiores de 65 anos. Esta cifra é superior á media española que se
sitúa en 113 persoas. É máis acusado para as mulleres, que se sitúa en 178, que para os
homes 122, sendo superior en 56 persoas.
150000 100000 50000 0 50000 100000 150000
0-4
10-14
20-24
30-34
40-44
50-54
60-64
70-74
80-84
Número persoas
Idad
e
Mulleres
Homes
13 Informe Muller Rural. CGM 2016
Nas Zonas Pouco Poboadas o número mulleres maiores de 65 anos é de 244 persoas por
cada 100 menores de 20 anos. Esta taxa é máis do dobre da media española. Para os
homes é de 173 persoas.
Á elevada taxa de envellecemento que padece a nosa comunidade hai que engadir a
baixa taxa de natalidade. A taxa media é 7 nacementos por cada 1.000 habitantes.
As Zonas Pouco Poboadas teñen a taxa de natalidade máis baixa,
5,7 nacementos
As zonas que presentan un mellor comportamento en termos de natalidade son as Zonas
Densamente Poboadas, onde a taxa chega os 8,3 nacementos por cada 1.000 habitantes.
A baixa natalidade está presente en boa parte dos concellos galegos. Así, o 43% dos
concellos teñen de media menos de 1 fillo/a por muller. O 32% dos concellos teñen de
media entre 1,1 e 1,7 nenos/as por muller.
As zonas rurais caracterízanse polas elevadas taxas de envellecemento e a baixa
natalidade, motivadas fundamentalmente pola fuxida da mocidade cara ás cidades na
busca de novas oportunidades.
A esperanza de vida media en Galicia é de 79 anos para os homes e de 86 anos para as
mulleres. Segundo o grao de urbanización, a maior esperanza de vida para as mulleres
atópase nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP), onde supera os 86 anos de idade.
En relación á violencia de xénero nas Zonas Densamente Poboadas as medidas de
protección comunicadas no ano 2015 representan o 45,8%, seguido das Zonas Pouco
Poboadas, cun 29,24% e as zonas intermedias que teñen a taxa máis baixa representada
polo 24,97% do total.
Unha de cada catro medidas de protección das vítimas de
violencia de xénero comunicadas en Galicia déronse en zonas
intermedias de poboación.
14 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 7: Medidas de protección comunicadas
Fonte: Xunta de Galicia. Secretaría Xeral da Igualdade. Ano 2015.
3.4. ECONOMÍA
O PIB galego foi de 54.733 millóns de euros, e o PIB per cápita é de
19.954 euros (IGE, 2014).
O consumo dos fogares superou os 46.083 millóns de euros. Os principais sectores
económicos en Galicia son o sector servizos (62,4%), a industria (17,3%) e a construción
(6,3%). A agricultura, gandaría, silvicultura e pesca representa o 4,5% do PIB. En termos
de emprego, os sectores que máis empregos xeran son os servizos e a industria. (IGE
2014).
O sector da agricultura, gandaría e pesca emprega a máis de 139.000
persoas en Galicia.
As Zonas Densamente Poboadas (ZDP) son as que teñen unha maior renda dispoñible
bruta por habitante, correspondendo as rendas máis baixas nas zonas rurais. As
prestacións sociais sobre os recursos son superiores nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP),
sendo menor nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP).
Os salarios máis altos atópanse nas zonas urbanas, e o valor máis
baixo nas zonas rurais.
45,80%
24,97%
29,24%
ZDP ZIP ZPP
15 Informe Muller Rural. CGM 2016
O número de persoas desempregadas por cada mil habitantes é superior nas ZIP e nas
ZDP que nas Zonas Pouco Poboadas. A taxa máis elevada atópase nas Zonas Densamente
Poboadas (ZDP), con 163 persoas por cada mil habitantes. Os índices máis baixos
atópanse nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), posto que contan con menos poboación que
as zonas máis poboadas.
A taxa de paro feminino máis elevada atópase nas Zonas Intermedias
de Poboación, onde acada as 169 mulleres por cada mil habitantes.
Táboa 3: Paro rexistrado por 1.000 habitantes segundo sexo e grao de urbanización
Mulleres Homes Total
ZDP 166,2 160,4 163,4
ZIP 168,9 150,6 159,7
ZPP 147,8 148,1 147,9
Total 160,1 153 156,6
Fonte: Elaboración propia a partir de: IGE. Cifras poboacionais de referencia, Consellería de Traballo e Benestar.
Informe do paro rexistrado e información subministrada directamente. Ano 2013.ÓMICA
As pensións non contributivas presentan certa asociación co grao de urbanización, de
xeito que o seu valor diminúe cando aumenta o grao de urbanización.
As pensións non contributivas son percibidas maioritariamente polas
mulleres das zonas rurais
Estas teñen faciana de muller rural, pois son superiores ás dos homes en todo o territorio
galego. Acadan os valores máis altos nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), por ser as zonas
cun maior grao de envellecemento.
16 Informe Muller Rural. CGM 2016
Táboa 4: Pensións non contributivas por 1.000 habitantes segundo sexo e grao de
urbanización
Mulleres Homes Total
ZDP 23,4 15,5 19,7
ZIP 22,9 11,1 17,1
ZPP 30,1 14,8 22,5
Total 25,9 14,1 20,2
Fonte: IGE. Elaboración propia a partir de: INE. Padrón municipal de habitantes, Consellería de Traballo e Benestar.
Informe sobre a aplicación e avaliación da lei galega de medidas básicas para a inserción social e información
subministrada directamente. Ano 2013.
As pensións contributivas son percibidas en Galicia por 647.182 persoas, das cales
323.876 son mulleres. (Fonte: IGE. Ano 2013)
Táboa 5: Número de persoas pensionistas segundo o grao de urbanización
Mulleres Homes Total
ZDP 103.157 97.754 200.911
ZIP 67.582 75.549 143.131
ZPP 153.099 149.957 303.056
Total 323.876 323.306 647.182
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano
2013.
Segundo o grao de urbanización, as pensións contributivas teñen unha maior incidencia
no eido rural, onde residen o 46% das persoas que as perciben, seguida das ZDP (Zonas
Densamente Poboadas), cun 31% e das ZIP (Zonas Intermedias de Poboación), onde se
atopan o 22% das persoas.
O 47% das mulleres que perciben unha pensión contributiva residen
no eido rural
17 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 8: Importe medio das pensións contributivas segundo sexo e grao de urbanización
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano
2013
O importe medio das pensións é de 834 euros, sendo de 704 euros
para as mulleres e de 963 euros para os homes.
Por provincias, o importe medio máis alto percíbese na provincia de Pontevedra, onde as
pensións medias acadan os 870 euros, seguida da Coruña, con 863 euros. Lugo e Ourense
teñen as pensións medias máis baixas, con 776 euros e 737 euros respectivamente.
As pensións femininas máis elevadas atópanse nas ZDP (Zonas Densamente Poboadas). O
importe medio da pensión percibida polas mulleres da provincia da Coruña é de 825
euros, mentres que na de Pontevedra é de 807 euros.
Total ZDP ZIP ZPP
833,61
975,51
875,93
719,56 704,43
803,67
695,95 641,3
963,03
1156,84
1036,93
799,46
Total
Mulleres
Homes
18 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 9: Importe medio das pensións contributivas segundo sexo, grao de urbanización e
Provincias
718 825
715 633
1005
1208 1088
815 863 1010
915
726
Total ZDP ZIP ZPP
A Coruña
691 778
685 667
867
1015 1023
801 776 891 857
731
Total ZDP ZIP ZPP
Lugo
658 739
633 628
819
984
871
744 737
856 758
685
Total ZDP ZIP ZPP
Ourense
717 807
691 639
1021
1191
1017
823 870 998
862 728
Total ZDP ZIP ZPP
Pontevedra
Fonte: Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social. IGE. Cifras poboacionais de referencia. Ano 2013. Os datos
son relativos a pensións básicas en alta da Seguridade Social de residentes nas Comunidade Autónoma de Galicia.
19 Informe Muller Rural. CGM 2016
O número de persoas afiliadas á Seguridade Social en Galicia é de preto de 918.806
persoas.
As mulleres supoñen o 48% das afiliacións totais á Seguridade Social
O maior número de mulleres afiliadas á Seguridade Social atopámolo nas Zonas
Densamente Poboadas (ZDP), cun 40% do total de afiliacións femininas. (IGE:Información
subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Ano 2014)
As diferenzas máis salientables preséntanse nas Zonas Pouco Poboadas, onde o 53% das
afiliacións son rexistradas para homes e o 47% para as mulleres. As mulleres do rural
teñen menos oportunidades que as que residen en zonas urbanas.
Por sectores de actividade destacan as afiliacións no sector servizos, seguido da industria
e a agricultura. O maior número de afiliacións rexístrase nas Zonas Pouco Poboadas,
seguidas das Zonas Densamente Poboadas.
Gráfica 10: Persoas ocupadas por sector económico e sexo.
Fonte: INE. Enquisa de poboación activa 2014.
0
100
200
300
400
500
600
Agricultura,
gandaría,
caza e
silvicultura
Pesca e
acuicultura
Industria Construción Servizos Total
21,9 3,3 44
4,4
400
473,7
27,2 13,7
110
62,7
310,7
524,3
Mile
s p
ers
oas
Mulleres
Homes
20 Informe Muller Rural. CGM 2016
O número de persoas ocupadas na agricultura e na pesca en Galicia no ano 2014 é de
60.477 persoas, das cales o 36% son mulleres.
Gráfica 11: Afiliacións Réxime Especial Agrario
Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Ano 2014
A afiliación das mulleres ao Réxime especial agrario é superior nas Zonas Intermedias de
Poboación, sendo do 25%, seguido moi de preto polas Zonas Pouco Poboadas, onde a
porcentaxe de afiliación acada o 24%.
Segundo datos da Enquisa sobre a estrutura das explotacións agrícolas, realizada polo INE
no ano 2013, en Galicia hai 79.321 explotacións agrarias, das cales 42.868 teñen
titularidade feminina, 33.145 titularidade masculina e 2.692 teñen personalidade xurídica.
As mulleres son titulares no 54% das explotacións existentes en
Galicia.
19%
37%
28%
81%
63%
72%
ZDP ZIP ZPP
Mulleres Homes
21 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 12: Persoas titulares de explotacións segundo sexo
Fonte: INE. Galicia. Encuesta sobre la estructura de las explotaciones agrícolas año 2013
Nas explotacións agrarias galegas ten grande importancia o traballo familiar, sendo
74.553 as explotacións nas que o traballo é realizado pola persoa titular, e 21.717 nas
que tamén traballa o/a cónxuxe.
En 32.675 explotacións traballan os/as cónxuxes, das cales o 40% son
mulleres
O traballo asalariado fixo vinculado ás explotacións agrarias é maioritariamente
masculino. Das 10.759 persoas asalariadas, o 32% son mulleres e o 68% son homes.
O 86% das mulleres teñen máis de 60 anos
O relevo xeracional é un dos problemas que presentan as explotacións agrarias, pois só o
0,8% das persoas xefas de explotacións teñen menos de 34 anos. As explotacións galegas
caracterízanse pola súa reducida dimensión, xa que o 70% delas teñen entre 1 e 10
hectáreas, sendo o 2% aquelas que superan as 50 hectáreas.
42.868
33.145
76.013
Mulleres Homes Total
22 Informe Muller Rural. CGM 2016
3.5. EMPRENDEMENTO
O apoio ao emprendemento e a creación de empresas é un eixo prioritario dentro da
Estratexia Europa 2020. E moi especialmente a implicación das mulleres neste ámbito,
pois representa un grupo social relevante no emprendemento.
A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de
Galicia, ten entre os seus principios informadores o impulso do emprendemento feminino.
O artigo 14, establece as políticas activas da Xunta de Galicia no eido do emprego e a
ocupación, facendo especial fincapé na promoción do emprendemento feminino a través
de accións de formación, divulgación, asesoramento e acompañamento de proxectos
cooperativos, en particular a través da colaboración de entidades públicas e privadas.
O artigo 17 fai referencia ás políticas públicas de igualdade e non discriminación no apoio
ás persoas emprendedoras. Nel reflíctese que, os plans de apoio ás persoas
emprendedoras terán, entre outros, como obxectivos prioritarios a promoción do
empresariado feminino no marco das políticas de igualdade e o fortalecemento dos
proxectos de emprendemento liderados por mulleres así como a promoción do
emprendemento nos ámbitos rural, agrario e do mar.
O Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das
disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, senta as
bases para acadar unha igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes.
Establécese no artigo 31, fomento do empresariado feminino, a posibilidade de incluír
accións positivas e actuacións de discriminación positiva dirixidas á equiparación de
ambos os dous sexos no emprego por conta propia.
Así mesmo, no artigo 31.3 indícase que “no desenvolvemento regulamentario das medidas
dirixidas ao fomento do empresariado feminino teranse en conta de xeito preferente as
mulleres emprendedoras con especiais dificultades de inserción laboral ou en situacións
marcadas pola desvantaxe social ás que se refire a disposición adicional terceira e mais as
mulleres emprendedoras do medio rural e do sector marítimo-pesqueiro”.
O VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes senta as bases do marco de
referencia para acadar unha igualdade real de oportunidades para as mulleres. A
promoción do emprendemento é un elemento clave para o desenvolvemento económico e
social de un país. A través do eixe tres, aproveitamento do talento feminino, ten como
obxectivo potenciar unha participación máis ampla e diversa das mulleres no
desenvolvemento económico e social de Galicia. O obxectivo operativo 3.2, basease na
promoción do espírito emprendedor e a actividade empresarial das mulleres, cunha especial
atención aos sectores vinculados á tecnoloxía, o coñecemento e a creatividade.
23 Informe Muller Rural. CGM 2016
A promoción do emprendemento feminino, especialmente no eido rural, é un dos eixes
prioritarios de actuación da Secretaría Xeral da Igualdade. Este apoio materializase a
través do Programa Emega, que dende o ano 2009, investiu máis de 4 millóns de euros en
proxectos empresariais innovadores promovidos por mulleres, achegando financiamento e
asesoramento personalizado, creando case 500 postos de traballo feminino.
O emprendemento feminino presenta diferenzas en relación ó masculino, tanto no xeito
de encarar o proceso, coma na tipoloxía de empresas xeradas. Destacan as seguintes (3):
- A actividade emprendedora das mulleres é inferior á dos homes
- Menor presenza das mulleres en todo o proceso emprendedor
- O perfil das emprendedoras é diferente ao dos homes
- As motivacións para emprender son distintas entre ambos os dous sexos
- As empresas creadas por mulleres concéntranse no sector servizos e teñen unha
dimensión e unhas perspectivas de crecemento diferentes.
A maior taxa de emprendemento preséntase na provincia da Coruña, seguida de
Pontevedra. Nestas dúas provincias é onde se asenta de xeito maioritario o tecido
industrial galego.
A taxa de emprendemento en Galicia é de 3,92, sendo a TEA Feminina
de 3,68(4)
Gráfica 13: Evolución Taxa de Actividade Emprendedora Galicia
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(4) Fonte GEM Galicia 2014.
2,26
4,08 4,49
3,42
3,68 3,99
5,39
5,79
4,8
4,17
3,12
4,74
5,13
4,11 3,92
0
1
2
3
4
5
6
7
2010 2011 2012 2013 2014
Mulleres
Homes
Total
24 Informe Muller Rural. CGM 2016
Táboa 6: Perfil socioeconómico da muller emprendedora galega
MULLER
Idade 25-34 anos 37,19
35-44 anos 34,15
Nivel de estudos Obrigatorios 26,99
Bacharelato 22,82
Universitarios 28,63
Con formación específica 31,64
Nivel de renda < 20.000 € 42,02
20.000 - 30.000 € 10,89
> 30.000 € 7,84
NS/NC 39,25
Contorna Urbano 80,24
Situación laboral Emprego activo 90,94
Dedicación Tempo completo 97,08
Tamaño do fogar (media) 3,4
Fonte: GEM Galicia 2014
O perfil da muller emprendedora correspóndese co dunha muller de
zona urbana, entre 25 e 44 anos, cun nivel de estudos universitario e
un nivel de renda inferior ós 20.000 euros. (5)
As mulleres emprenden de xeito maioritario por necesidade, no sector dos servizos de
consumo, e en sectores caracterizados por un baixo compoñente tecnolóxico. Ofrecen
produtos nun mercado moi competitivo, que non exporta e con baixas perspectivas de
crecemento.
Segundo o grao de urbanización, o emprendemento feminino é superior nas Zonas Pouco
Poboadas (ZPP), onde as afiliacións no Réxime Especial de Traballadores/as Autónomos
acadan o 42% das afiliacións totais.
No ano 2014 creáronse en Galicia 4.246 novas empresas, con 5.394 persoas socias e
fundadoras, sendo a porcentaxe de mulleres do 27%.
(5) Fonte: Informe GEM Galicia 2014.
25 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 14: Persoas socias e fundadoras das empresas creadas no ano 2014
Fonte: IGE. Explotación do Boletín Oficial do Rexistro Mercantil (BORME). Ano 2014.
O 53% das empresas creadas por mulleres son no sector servizos e no comercio. En
terceiro lugar atópanse as actividades de hostalería, co 12% das empresas.
Gráfica 15: Socias fundadoras das empresas creadas segundo o sector de actividade
Fonte: GEM Galicia 2014.
1.434
3.960
5.394
Mulleres
Homes
Total
Servizos a
empresas e
outras
actividades de
servizos
26% Agricultura
2%
Industria e
Enerxía
9%
construción
8%
Comercio e
reparación
27%
Hostalería
12%
Transporte e
comunicación
6%
Banca e seguros
3% Actividade
inmobiliaria
7%
26 Informe Muller Rural. CGM 2016
O número de persoas afiliadas á seguridade social en Galicia no ano 2015 foi de 946.120,
das cales o 48% son mulleres e o 52% homes.
457.575 mulleres están afiliadas á Seguridade Social en Galicia.
Fonte: Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Datos decembro 2015.
O maior número de afiliacións femininas atópase no Réxime Xeral, con 333.952 mulleres,
seguido do Réxime especial de autónomos, (non SETA), onde as afiliacións son de 73.589
mulleres.
O menor número de afiliacións para as mulleres correspóndese co Réxime especial do
mar por conta allea, onde as afiliacións femininas son 973.
Gráfica 16: Afiliacións a Seguridade Social segundo réximes e sexo
Fonte: IGE. Información subministrada directamente polo Ministerio de Empleo y Seguridad Social.
Datos decembro 2015.
333.952
1.188
26.952
73.589
16.663
973
4.258
341.751
3.548
589
115.798
11.209
10.504
5.146
675.703
4.737
27.541
189.387
27.872
11.477
9.404
Réxime xeral (excl. Agrario e Fogar)
Réxime xeral- Sistema especial agrario
Réxime xeral- Sistema especial empregados do fogar
Réxime especial autónomos (non SETA)
Réxime especial autónomos (SETA)
Réxime especial do mar (conta allea)
Réxime especial do mar (conta propia)
Total
Homes
Mulleres
27 Informe Muller Rural. CGM 2016
O menor número de afiliacións atópase nas Zonas Densamente Poboadas, onde 4 de cada
10 afiliacións corresponden a mulleres.
Táboa 7: Afiliacións á Seguridade Social en alta laboral segundo sexo e réxime de
afiliación
Mulleres Homes Total
Rex. Especial
Autónomos 90.680 126.087 216.767
Rex. Especial
Agrario 1.128 3.219 4.347
Fonte: IGE. Informacións subministrada directamente. Ano 2014
Gráfica 17: Afiliacións Réxime Especial Autónomos segundo grao de urbanización
Fonte: IGE. Información subministrada directamente. Ano 2014.
40,94% 41,85% 42,36%
59,06% 58,15% 57,64%
ZDP ZIP ZPP
Mulleres Homes
28 Informe Muller Rural. CGM 2016
3.6. TIC E MOBILIDADE
As TIC posibilitan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural, máis se temos
en conta as particularidades do rural galego, nos que o illamento e a baixa densidade
poboacional son elementos comúns. Internet ofrece posibilidades de comunicación,
formación, difusión, etc de grande interese para o rural. Mellorar e facilitar o acceso ás TIC
pode contribuír a asentar e fixar a poboación no rural galego.
As novas tecnoloxías brindan oportunidades como instrumento contra o despoboamento
do rural galego, xa que achega un beneficio social, pois permite superar o illamento
xeográfico e aumentar a interacción social, ó tempo que melloran a calidade de vida e de
traballo da cidadanía do eido rural, facilitando o acceso a novos servizos (formación,
sanidade, cultura, etc), e acercando coñecementos do mundo dixital.
Achegan tamén un beneficio económico, posto que axudan á promoción do
emprendemento e á diversificación das actividades económicas.
O plan de Banda Larga posto en marcha pola Xunta de Galicia permitiu acadar unha
cobertura do 98% do territorio e máis de 1,4 millóns de persoas con posibilidade de
acceso ás redes de nova xeración. Así mesmo, foron postas en marcha axudas para dotar
de cobertura satélite á poboación dos núcleos nos que non é posible o acceso a través das
redes tradicionais.
Os fogares que dispoñen de ordenador en Galicia superan as 681.474 persoas. Destacan
as Zonas Pouco Poboadas con máis de 222.193 ordenadores. O 72% dos fogares con
conexión á internet contratada sitúanse nas Zonas Densamente Poboadas (ZDP), pola
contra, nas Zonas Pouco Poboadas (ZPP), os fogares con conexión á internet son o 53%.
Táboa 8: Fogares que dispoñen de ordenador e conexión a internet segundo o grao de
urbanización do concello
ZDP ZIP ZPP TOTAL
Ordenador (número) 286.921 172.360 222.193 681.474
% fogares con ordenador 72,30 66,91 54,66 64,23
Conexión a internet
contratada (número) 284.667 167.409 217.875 669.952
% fogares con conexión a
internet contratada 71,73 64,99 53,60 63,15
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. Ano 2014.
29 Informe Muller Rural. CGM 2016
En Galicia, no ano 2014, un 69% dos homes usou o ordenador nos últimos tres meses,
fronte ao 64,8% das mulleres. A fenda de xénero é semellante á media estatal, situándose
en 4,2 puntos, fronte aos 4,1 puntos da media española.
O uso de internet increméntase na poboación galega, se ben é superior nos homes,
(71,2%), que nas mulleres (67,4%). (6)
A fenda dixital de xénero está claramente influenciada pola idade: na franxa dos 16 aos
34 anos as mulleres superan aos homes no uso do ordenador. A partir dos 35 anos a
tendencia cambia ata acadar 10,2 puntos de diferenza no uso do ordenador entre homes e
mulleres para as persoas maiores de 65 anos.
Por provincias, os homes empregan o ordenador máis que as mulleres en todas as
provincias, destacando A Coruña e Pontevedra cunha maior incidencia.
Gráfica 18: Mapa de persoas que utilizaron o ordenador nos últimos tres meses por xénero
e áreas comarcais
Fonte: OSIMGA. A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero. Edición 2015.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- (6) Fonte: OSIMGA. A Sociedade da Información en Galicia desde unha perspectiva de xénero. Edición 2015.
30 Informe Muller Rural. CGM 2016
Nos últimos tres meses o número de mulleres que empregaron o ordenador ou se
conectaron á internet é inferior ao dos homes. Os valores máis altos atópanse nas Zonas
Densamente Poboadas e nas Zonas Intermedias de Poboación, rexistrándose os valores
máis baixos nas Zonas Pouco Poboadas. Por provincias, as mulleres que máis se conectan
son as da Coruña e Pontevedra.
Nos núcleos urbanos e semiurbanos é onde a fenda de xénero se manifesta de xeito máis
significativo, mentres que nos hábitats de menos de 5.000 habitantes, o uso do ordenador
entre as mulleres sitúase en valores máis próximos ao dos homes.
En Galicia, no ano 2014, 214.606 mulleres realizaron algunha compra a través de internet,
o que representa o 31% da poboación que empregou internet.
Os teléfonos móbiles son empregados polas mulleres en menor medida que polos homes.
A Coruña e Pontevedra son as provincias nas que elas máis o empregan, mentres que
Lugo e Ourense as que menos.
Táboa 9: Persoas que usan teléfono móbil segundo o sexo
Home Muller
A Coruña 81,52 77,46
Lugo 79,62 72,06
Ourense 78,39 72,49
Pontevedra 80,31 76,33
Fonte: IGE. Enquisa de condicións de vida das familias. Ano 2013
En relación á mobilidade, nas últimas décadas apreciouse un reforzamento da posición da
muller como usuaria do sistema de transporte público, tanto en Galicia como nos países
da nosa contorna, aínda que, paralelamente, non se acadou en ningún destes ámbitos
unha adaptación da oferta de transporte público ás necesidades diferenciadas das
mulleres. Neste sentido, a configuración unitaria da planificación do sistema de transporte
público vén atendendo fundamentalmente á satisfacción da denominada mobilidade
obrigada (estudos e traballo), na que habitualmente non se valoraron as necesidades
específicas de desprazamentos vinculados con actividades diarias desenvoltas por moitas
mulleres.
Esta relación entre transporte público e muller trasládase a índices de utilización do
entorno do 60 -70 % de mulleres fronte un 30-40% de homes. No caso do transporte
31 Informe Muller Rural. CGM 2016
metropolitano de Galicia detéctase que sobre un 67% das usuarias do servizo son
mulleres fronte un 33% de homes (7)
Gráfica 19: Persoas usuarias do transporte metropolitano
Fonte: Enquisa de persoas usuarias do transporte metropolitano de Galicia – 2015. Xunta de Galicia.
Esta maior dependencia do transporte público resulta especialmente relevante na
contorna rural, nos que o papel de primeiras usuarias do sistema de transporte público é
reforzado pola existencia dunha maior proporción de mulleres fronte a homes xunto cun
maior avellentamento da poboación, elementos que inciden na necesidade social de
dotación de servizos de transporte público.
Fronte a esta maior dependencia, o sistema de transporte público presenta dificultades de
adaptación, derivadas das décadas transcorridas dende a configuración dos actuais
servizos e das dificultades de evolución para a súa adaptación a unha realidade social
cambiante.
O vencemento dos actuais contratos de xestión de servizos públicos de transporte regular
de uso xeral deberase aproveitar para repensar o mapa de servizos de transporte e as súas
formas de prestación.
Nesta liña, nos próximos 3 anos, a Xunta de Galicia está a traballar para articular e
desenvolver un novo mapa de servizos de transporte integrados coa implantación de
formas de xestión baixo demanda das persoas usuarias, que permitirá proporcionar unha
oferta adaptada ás necesidades actuais da poboación e, especificamente, da muller rural
galega, chegando con modos máis flexibles de explotación (baixo demanda) a núcleos de
poboación que actualmente carecen de oferta de transporte público colectivo.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------- (7) Información facilitada directamente pola Dirección Xeral de Mobilidade. Conselleria de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestructuras. Enquisa de persoas usuarias do transporte metropolitano de Galicia – 2015.
67%
33%
Mulleres
Homes
32 Informe Muller Rural. CGM 2016
3.7. CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE
A conciliación da vida personal, familiar e profesional é algo que afecta tanto ás mulleres
como os homes. Non obstante, as mulleres teñen máis dificultades para facer compatibles
o ámbito profesional e o persoal.
O Consello da Unión Europea (Helsinki, 2006) no documento Os homes e a igualdade de
xénero, observa que para mellorar a situación das mulleres e fomentar a igualdade de
xénero debe prestarse maior atención ao modo no que os homes se involucran na
consecución da igualdade de xénero e o impacto positivo que esta ten sobre os homes e
sobre o benestar da sociedade no seu conxunto. Recoñece a importancia de establecer
políticas de reconciliación da vida profesional e privada tanto para homes como para
mulleres co fin de apoiar que se compartan dunha forma equilibrada as responsabilidades
e as tarefas domésticas e de coidado de persoas a cargo entre mulleres e homes.
A estratexia Europa 2020, afirma que é necesario “promover novas formas de equilibrio
entre a vida laboral e familiar, políticas de envellecemento activo e incrementar a igualdade
entre sexos”.
O VI Plan Galego para a igualdade entre mulleres e homes conta cun eixo de intervención
adicado á conciliación corresponsable e calidade de vida. As actuacións desta área de
intervención oriéntanse a promover unha asunción equilibrada entre ambos sexos dos
tempos dedicados ás tarefas domésticas e familiares cos tempos dedicados ao traballo
remunerado e á formación, así como ao ocio e á vida social, con fin de que se reduza a
fenda de xénero e se avance nun modelo de organización social que facilite unha boa
calidade de vida para todas as persoas e unha maior produtividade e satisfacción respecto
ao traballo.
O propósito xeral é progresar no desenvolvemento dun modelo de organización social
máis aberto e proclive á corresponsabilidade.
Conta con 4 obxectivos operativos que orientan as actuacións levadas a cabo neste eixo:
- Poñer en valor as tarefas doméstico - familiares e de coidado das persoas no
marco dunha nova cultura dos traballos e da corresponsabilidade.
- Reforzar os modelos de organización social corresponsable que inclúan a
racionalización de horarios e favorezan o equilibrio entre a vida profesional,
familiar e persoal de mulleres e homes.
- Potenciar o desenvolvemento e adecuación dos servizos sociocomunitarios que
facilitan a conciliación con especial atención ás situacións de vulnerabilidade.
- Manter unha organización territorial e de infraestruturas orientada a mellorar a
calidade de vida da cidadanía cun enfoque de igualdade de xénero.
33 Informe Muller Rural. CGM 2016
Estas actuacións seguen a ser moi necesarias, pois a realidade reflicte que a igualdade en
relación co traballo doméstico e de coidados así como cos usos do tempo, amosa
relacións persoais e sociais asimétricas entre mulleres e homes.
Seguen presentes e vixentes roles e estereotipos que atribúen máis actitudes ás mulleres
para atender as responsabilidades de carácter familiar, o que dificulta o seu acceso e
permanencia no mercado laboral.
De feito, as mulleres, son as que se acollen de xeito maioritario ás medidas postas en
marcha para favorecer a promoción da vida persoal, familiar e laboral.
9 de cada 10 medidas de conciliación son solicitadas por mulleres
En total, 114.469 persoas traballadoras empregaron algunha medida de conciliación
laboral para atender aos nenos/as, o 74% das cales son flexibilizacións da xornada de
traballo e o 26% reducións de xornada.
A incidencia na reducións de xornada para as mulleres triplica a dos homes. En canto a
flexibilización ou coordinación da xornada, o 55% son solicitadas por mulleres e o 45%
por homes.
As mulleres solicitan o 74% das reducións de xornada
Táboa 10: Persoas traballadoras con menores de 0 a 12 anos que utilizan medidas de
conciliación laboral para atender as crianzas por sexo.
Redución xornada
Flexibilización ou coordinación
da xornada
Incidencia* Número Incidencia* Número
Muller 17,54 22.262 36,84 46.761
Home 5,15 7.870 24,61 37.576
Total 10,78 30.132 30,16 84.337
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2012. Nota: a incidencia calcúlase como a porcentaxe de núcleos con
redución ou flexibilización de xornada sobre o total de núcleos en Galicia.
As mulleres seguen a levar o peso no papel da conciliación e a corresponsabilidade
familiar. Das 699 excedencias solicitadas no ano 2014 polo coidado de fillos e fillas, o
90% foron solicitadas por mulleres e o 10% por homes.
34 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 20: Excedencia por coidado de fillos/as
Fonte: INE- Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de Estadísticas 2014.
En total, 27.735 persoas traballadoras percibiron algunha prestación de maternidade ou
paternidade. O 98% das cales son prestacións de maternidade e o 2% de paternidade. As
prestacións de paternidade beneficiaron a 11.354 pais no ano 2014.
Gráfica 21: Prestacións por maternidade segundo o sexo da persoa perceptora
Fonte: INE- Ministerio de Empleo y Seguridad Social. Anuario de Estadísticas 2014.
A atención á dependencia é exercida fundamentalmente por mulleres. Das máis de
118.000 persoas coidadoras que hai en Galicia, o 69% son mulleres e o 31% homes.
69
630 699
Home Muller Total
Home Muller Total
314
14.067 14.381
Home Muller Total
Home Muller Total
35 Informe Muller Rural. CGM 2016
Gráfica 22: Persoas coidadoras segundo o sexo
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.
As mulleres son tamén as que dedican máis tempo ao coidado de persoas en situación de
dependencia. O 58% das mulleres dedican máis de 30 horas, mentres que a porcentaxe
baixa ao 46% no caso dos homes.
Gráfica 23: Persoas que coidan persoas en situación de dependencia por número de horas
que lles dedican ao coidado segundo o sexo. Galicia
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.
36.880
82.052
118.931
Home
Muller
Total
Home Muller Total
17768
11962 17027
7818
23447
9626 11988
4165 11823
3309
82052
36880
Mulleres Homes
Menos de 15 horas semanais
De 15 a 29 horas semanais
De 30 a 69 horas semanais
De 70 a 89 horas semanais
90 ou máis horas semanais
Total
36 Informe Muller Rural. CGM 2016
A atención á situación de dependencia implica en moitas ocasións renunciar ou reducir a
vida familiar, social, etc. As mulleres reducen ou suprimen actividades ou relacións en
maior medida que os homes. As mulleres representan o 75% das renuncias, mentres que
os homes son o 25% do total.
No caso das mulleres a principal renuncia son actividades de ocio ou relacións sociais
(33%), seguida da vida familiar (27%), e o traballo doméstico (25%).
Gráfica 24: Actividades ou relacións que as persoas coidadoras tiveron que suprimir ou
reducir para poder coidar a persoas en situación de dependencia segundo o sexo. Galicia
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.
As persoas que coidan persoas en situación de dependencia reducen pouco a pouco o seu
contacto co tecido social. Isto unido ao cansazo físico e psicolóxico xera un desgaste
emocional que afecta a saúde das persoas coidadoras. Un 74% das persoas que ven a
saúde influída polo coidado a persoas en situación de dependencia son mulleres, fronte o
26% dos homes.
A economía dos fogares é outra variable que se ve afectada cando se atende o coidado
das persoas en situación de dependencia do fogar, pois moitas veces obriga a renunciar a
vida profesional. O 70% das mulleres e o 30% dos homes, ven prexudicada a súa
economía.
65834
54128 50759
28642 26475 19145
12057 7635
92309
73273
62815
36277
Actividades de ocio
ou relacións sociais
Vida familiar Traballo doméstico Traballo remunerado
ou estudos
Mulleres Homes Total
37 Informe Muller Rural. CGM 2016
As mulleres son as máis afectadas polo coidado de persoas en
situación de dependencia.
Gráfica 25: Persoas que coidan persoas en situación de dependencia cuxo coidado influíu
na súa saúde ou na economía do fogar segundo o sexo. Galicia
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares. 2011.
19.903
22.892
55.017
52.338
74.920
75.230
Saúde
Economía do fogar
Total Muller Home
38 Informe Muller Rural. CGM 2016
4. CONCLUSIÓNS
As mulleres no medio rural xogan un papel fundamental, pois levan a cabo funcións
produtivas, sociais, culturais e medioambientais. Son un dos alicerces esenciais no
desenvolvemento sostible do medio rural e de contribución á súa valorización.
Na actualidade, a permanencia das mulleres no rural está condicionada pola
desagrarización do campo galego que leva á fuxida das mulleres cara ás cidades na
procura de novas oportunidades e unha mellor calidade de vida. Como consecuencia, o
rural galego caracterízase pola masculinización, o avellentamento e a dispersión da
poboación como elementos estruturais esenciais.
A singularidade das mulleres rurais require dunha atención específica que teña en
consideración as súas diferentes necesidades e expectativas. Tanto a administración,
coma o sector empresarial e demais axentes sociais públicos e privados deben
encamiñarse cara actuacións coordinadas que afronten as ditas particularidades.
Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do
rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma, reducindo a fenda de xénero
existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da
incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así
será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un
desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural.
No marco do Consello Galego das Mulleres, na Comisión de Muller Rural, priorízanse as
seguintes áreas de traballo co obxecto de acadar a igualdade real e efectiva entre
mulleres e homes do rural galego: a visibilidade da muller rural, a promoción de
emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral e o fomento do uso das TIC.
A visibilización da muller no rural remite á necesidade de potenciar a imaxe das mulleres que
viven nesa contorna que ten características propias, diferenciais e ás veces descoñecidas dende
unha perspectiva urbana.
É de vital importancia impulsar o empoderamento das mulleres rurais nos diferentes
ámbitos. Neste eido as asociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para
dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un
pulo á súa dinamización económica, social e cultural.
O movemento asociativo de mulleres é unha importante canle de promoción da igualdade
de oportunidades, polo que é necesario fortalecer e consolidar a súa implantación no
territorio. Neste contexto é clave promover a colaboración dos axentes públicos e
39 Informe Muller Rural. CGM 2016
privados co movemento asociativo e na difusión á sociedade galega sobre a importancia
do papel das mulleres rurais.
En Galicia hai 1.017 asociacións, das cales o 34% están situadas na provincia de
Pontevedra, o 26% na provincia da Coruña e Ourense, e o 14% en Lugo.
As asociacións de mulleres rurais son un espazo de relación e de sociabilidade,
fundamental para a nosa Comunidade, dadas as súas características de dispersión e
desequilibrio poboacional. Por iso é fundamental favorecer e impulsar a creación e
funcionamento das asociacións de mulleres rurais e das súas federacións.
A sociedade actual, ten retos pendentes en relación aos estereotipos sobre o talento e a
dedicación das mulleres, especialmente no eido rural. Para acadar un cambio social
integral e duradeiro é necesario incorporar o enfoque de xénero en todas as políticas e
intervencións dirixidas ao medio rural.
As mulleres rurais desempeñan unha función social e económica que non está
compensada cun recoñecemento en canto a dereitos, visibilización ou valoración das súas
achegas. Durante un longo período da historia, as mulleres e o medio rural foron obxecto
de discriminacións que tiveron grandes consecuencias no desenvolvemento económico e
social da comunidade.
Son as mulleres as que, de forma maioritaria, se responsabilizan das economías familiares,
do traballo doméstico e da atención ás persoas en situación de dependencia. Debe ser
unha obriga por parte da sociedade visibilizar ese traballo, poñelo en valor e dotalo de
recoñecemento social e económico.
Para iso é aconsellable reflectir en toda a documentación ou datos referidos a este eido, a
importante implicación das mulleres e a súa presenza, co obxectivo de recoñecer a súa
achega á sociedade, non permitindo a infravaloración do seu traballo e do seu tempo,
combatendo calquera fenda salarial e situación de desigualdade, deseñando políticas e
actividades ideadas tendo en conta as súas características propias, e poñendo en valor a
súa existencia como factor de fixación de poboación no entorno rural.
A promoción do emprendemento como ferramenta de creación de valor, de oportunidades e de
autonomía económica e persoal.
O futuro do medio rural pasa pola xeración de novas oportunidades e por mellorar a
situación laboral das mulleres. Na actualidade o rural galego carece de alternativas para a
mocidade, cun mercado de traballo pouco dinámico e un nivel de diversificación baixo. As
mulleres abandonan as aldeas cara ás cidades, o que representa unha importante perda
de recursos humanos altamente preparados.
40 Informe Muller Rural. CGM 2016
As oportunidades de emprego da poboación local dependen moi directamente da
facilidade de acceso aos mercados de traballo urbanos. Esta situación pode transformarse
en fonte de novas oportunidades sociais e laborais que permitan aproveitar o potencial
produtivo do rural, xerando alternativas de inclusión socio-laboral no territorio.
O empoderamento é o proceso por medio do cal as mulleres incrementan a súa
capacidade de configurar as súas propias vidas e o seu entorno, unha evolución na
concienciación das mulleres sobre si mesmas, o seu status e a súa eficacia nas
interaccións sociais. O empoderamento das mulleres fai posible trocar situacións nas que
estas se atopan desfavorecidas ou subordinadas, situacións que acontecen con frecuencia
no entorno rural.
Mellorar a situación laboral das mulleres rurais, facilitando a creación de novos empregos
e favorecendo e promovendo o emprendemento feminino, así como a procura de nichos
de riqueza inexplorados no territorio é un elemento estratéxico para o crecemento
económico e un desenvolvemento pleno e duradeiro do medio rural.
O emprendemento feminino no rural é superior ao masculino (tendencia que se inviste no
eido urbano), pois moitas mulleres identifican actividades complementarias á gandaría ou
á agricultura, e ofrecen produtos e servizos de alto valor engadido, como poden ser os
produtos ecolóxicos, o agroturismo ou a artesanía.
Unha canle que facilita o asentamento das novas empresas rurais son as Tecnoloxías da
información (TIC), a través do comercio online, que facilita o acceso a novos mercados e
por tanto a un público máis amplo.
Especial mención merecen as cooperativas de traballo asociado, unha fórmula empregada
polas mulleres rurais como instrumento dinámico na creación de emprego no eido rural, e
nas que é necesario seguir impulsando órganos de dirección e xestión equilibrados en
termos de xénero. En Galicia hai 59 cooperativas de traballo asociado e contan con 217
persoas socias, das cales o 53% son mulleres.
É esencial reforzar as canles existentes de apoio ao emprendemento feminino ou dotar de
novos mecanismos alí onde non existan. A atención personalizada e adaptada ás
necesidades das mulleres é unha das claves do éxito na creación de novos postos
laborais. Debe facerse énfase na formación en coñecementos e capacidades nas áreas que
máis o precisen, así como potenciar tipos de emprendemento alternativos, tanto no sector
económico obxectivo coma na fórmula xurídica escollida. O rural galego conta con
potencial de establecer negocios alternativos, onde as súas peculiaridades supoñen unha
vantaxe fronte ao entorno urbano das cidades. É imprescindible tirar proveito destas
capacidades.
Novas xeracións de mozas e mozos ligados á vida urbana dende sempre, ven o rural como
unha vida desexable e alternativa. É esencial achegar canles que permitan trocar as
41 Informe Muller Rural. CGM 2016
inquedanzas en realidades, potenciando ferramentas, tanto axudas específicas como o
traballo cooperativo, ás propias entidades asociativas rurais ou outro tipo de redes que
faciliten o espallamento e optimización da aprendizaxe individual e colectiva.
A conciliación da vida familiar e laboral como actividade que implica compartir, distribuír
equitativamente e responsablemente as oportunidades en todos os eidos da vida: familiar,
laboral, social, económica e persoal.
A lexislación europea, estatal e autonómica recoñece ás traballadoras e traballadores o
dereito á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, de xeito que se fomente unha
asunción equilibrada das responsabilidades familiares, evitando toda discriminación no
seu exercicio.
A pesar do recoñecemento formal do reparto das tarefas de conciliación, na práctica
segue a ser asumida de xeito maioritario polas mulleres. A conciliación é un tema de
mulleres e homes, posto que afecta a toda a sociedade. Esta abrangue o coidado das fillas
e fillos e tamén ao coidado das persoas en situación de dependencia.
O desigual reparto das cargas familiares e de coidados ou as dificultades de conciliar a
vida familiar, laboral e persoal son unha das principais causas de que as mulleres do eido
rural teñan que elixir entre a familia e o traballo ou un posto de responsabilidade na toma
de decisións.
Nas zonas rurais as mulleres contan con menos medios e recursos para o coidado das
fillas e fillos e as persoas en situación de dependencia, polo que o seu papel de
coidadoras impídelles dedicarse a outras tarefas profesionais ou públicas. Pola súa banda,
os homes seguen a ofrecer resistencia a afrontar tarefas no seo do fogar.
Cómpre potenciar a implicación e participación dos homes na asunción de tarefas e
responsabilidades familiares, así coma a implantación de medidas que favorezan a
conciliación e a corresponsabilidade, promovendo e apoiando proxectos destinados á
creación de servizos que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nos
concellos rurais. Débense reforzar e potenciar os servizos complementarios de comedor,
transporte escolar e aulas matinais de centros educativos do rural, optimizando os
recursos e servizos, para facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal, así
como impulsar actuacións de información, formación e sensibilización sobre novas
fórmulas de organización do traballo rural e os usos do tempo.
Un dos piares fundamentais é a formación, pois ten efectos a longo prazo. É preciso
recuperar accións formativas dirixidas a poboación rural en xeral sobre os servizos e
recursos de atención e coidado a persoas en situación de dependencia para equilibrar o
seu uso entre mulleres e homes.
42 Informe Muller Rural. CGM 2016
A coeducación e o fomento da corresponsabilidade entre o alumnado dos centros
educativos resulta fundamental para conformar unha sociedade solidaria e sostible libre
de estereotipos e roles de xénero.
O fomento do coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das
comunicacións, é un instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e
de futuro. As TIC brindan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural.
A fenda dixital de xénero é un indicador de exclusión e inclusión, sendo a alfabetización
tecnolóxica un elemento fundamental no desenvolvemento rural. O fomento do
coñecemento e o uso avanzado das tecnoloxías da información e das comunicacións, é un
instrumento clave na vida cotiá e de participación na sociedade actual e de futuro. As TIC
brindan grandes oportunidades para o desenvolvemento do rural e facilitan a
participación das mulleres nas accións formativas (busca de emprego, orientación laboral,
emprendemento, etc), poden crear novas formas de traballo ou simplificar as xestións
administrativas. En definitiva, eliminan os obstáculos cos que se enfrontan as mulleres
que viven no rural, fundamentalmente a falla de tempo e escaseza de recursos.
As TIC tamén facilitan a actividade das empresas xa instaladas e proporcionan acicates
para novos emprendementos, que precisan de internet para o seu desenvolvemento. Ao
mesmo tempo, potencian as actividades económicas locais, reducen o despoboamento e
melloran o acceso aos potenciais servizos.
Por iso, débese facilitar o acceso a recursos electrónicos por parte das mulleres rurais
sobre temáticas do seu interese, tales como o emprendemento, a innovación, a
conciliación, etc, así coma potenciar as xornadas formativas dirixidas tanto ao fomento en
xeral do uso e coñecemento das novas tecnoloxías, como para accións concretas ligadas a
relación coas administracións públicas e servizos públicos, á xestión de explotacións
económicas, ligadas ao sector primario ou a outros, á busca de oportunidades de emprego
ou de negocio, ao comercio electrónico, etc. Facendo un especial fincapé na divulgación
dos servizos e recursos que existen na loita contra a violencia de xénero.
A construción de capacidades neste eido permitirá potenciar a autonomía persoal e
empresarial, así como moitas das suxestións e liñas de traballo expostas neste informe.
A mellora da mobilidade incide de xeito positivo na xeración de riqueza dun territorio, ao
tempo que facilita un acceso máis fluído aos servizos, e a participación en actividades
profesionais, sociais ou culturais das mulleres do eido rural.
A muller é a principal usuaria do transporte público en Galicia, o que reflicte a necesidade
de adaptación da oferta ás necesidades diferenciadas das mulleres, tendo en conta os
43 Informe Muller Rural. CGM 2016
desprazamentos que estas realizan vinculados a tarefas diarias, polo que é fundamental
que no novo deseño do mapa de servizos se teña en conta as necesidades actuais da
muller rural galega.
A singularidade das mulleres rurais require dunha atención específica que teña en
consideración as súas diferentes necesidades e expectativas. Tanto a administración,
coma o sector empresarial e demais axentes sociais, públicos e privados, deben
encamiñarse cara actuacións coordinadas que afronten as ditas particularidades.
Acadar o recoñecemento social, económico e institucional que merecen as mulleres do
rural é unha prioridade na nosa Comunidade Autónoma, reducindo a fenda de xénero
existente no emprego e no emprendemento, promovendo a conciliación e a promoción da
incorporación de mulleres nos órganos e postos de decisión e participación rurais. Só así
será posible mellorar a calidade de vida das mulleres rurais e potenciar un
desenvolvemento sostible e equitativo do noso rural, que non pode ser explicado sen o
importante papel que as mulleres galegas levaron a cabo ao longo de séculos de historia.
44 Informe Muller Rural. CGM 2016
ANEXO 1. GRAO DE URBANIZACIÓN DOS CONCELLOS
CONCELLOS SEGUNDO O GRAO DE URBANIZACIÓN
A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Total
ZDP 3 1 1 2 7
ZIP 18 3 3 20 44
ZPP 72 63 88 40 263
TOTAL 93 67 92 62 314
PROVINCIA DA CORUÑA
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
A CORUÑA Oza-Cesuras ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Coruña, A ZDP ZDP
A CORUÑA Ferrol ZDP ZDP
A CORUÑA Santiago de Compostela ZDP ZDP
A CORUÑA Betanzos ZIP ZIP alta
A CORUÑA Boiro ZIP ZIP alta
A CORUÑA Cambre ZIP ZIP alta
A CORUÑA Culleredo ZIP ZIP alta
A CORUÑA Fene ZIP ZIP alta
A CORUÑA Narón ZIP ZIP alta
A CORUÑA Oleiros ZIP ZIP alta
A CORUÑA Ribeira ZIP ZIP alta
A CORUÑA Sada ZIP ZIP alta
A CORUÑA Ares ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Bergondo ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Cee ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Corcubión ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Mugardos ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Neda ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Noia ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Pobra do Caramiñal, A ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Pontes de García
Rodríguez, As
ZIP ZIP baixa
A CORUÑA Abegondo ZPP ZPP alta
A CORUÑA Ames ZPP ZPP alta
45 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
A CORUÑA Arteixo ZPP ZPP alta
A CORUÑA Brión ZPP ZPP alta
A CORUÑA Cabanas ZPP ZPP alta
A CORUÑA Carballo ZPP ZPP alta
A CORUÑA Carral ZPP ZPP alta
A CORUÑA Laracha, A ZPP ZPP alta
A CORUÑA Miño ZPP ZPP alta
A CORUÑA Muros ZPP ZPP alta
A CORUÑA Outes ZPP ZPP alta
A CORUÑA Padrón ZPP ZPP alta
A CORUÑA Pontedeume ZPP ZPP alta
A CORUÑA Rianxo ZPP ZPP alta
A CORUÑA Teo ZPP ZPP alta
A CORUÑA Valdoviño ZPP ZPP alta
A CORUÑA Vedra ZPP ZPP alta
A CORUÑA Aranga ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Arzúa ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Baña, A ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Boimorto ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Boqueixón ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Cabana de Bergantiños ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Capela, A ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Carnota ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Cerceda ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Cerdido ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Coirós ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Coristanco ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Curtis ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Dodro ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Dumbría ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Frades ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Irixoa ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Laxe ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Lousame ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Mañón ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Mazaricos ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Mesía ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Moeche ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Monfero ZPP ZPP baixa
46 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
A CORUÑA Muxía ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Ortigueira ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Paderne ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Pino, O ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Ponteceso ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Rois ZPP ZPP baixa
A CORUÑA San Sadurniño ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Santa Comba ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Santiso ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Sobrado ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Somozas, As ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Toques ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Tordoia ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Touro ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Trazo ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Val do Dubra ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Vilarmaior ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Vilasantar ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Vimianzo ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Zas ZPP ZPP baixa
A CORUÑA Camariñas ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Cariño ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Cedeira ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Fisterra ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Malpica ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Melide ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Negreira ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Ordes ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Oroso ZPP ZPP intermedia
A CORUÑA Porto do Son ZPP ZPP intermedia
47 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA DE LUGO
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
LUGO LUGO ZDP ZDP
LUGO Burela ZIP ZIP baixa
LUGO Monforte de Lemos ZIP ZIP baixa
LUGO Viveiro ZIP ZIP baixa
LUGO Cervo ZPP ZPP alta
LUGO Chantada ZPP ZPP intermedia
LUGO Foz ZPP ZPP intermedia
LUGO Monterroso ZPP ZPP intermedia
LUGO Quiroga ZPP ZPP intermedia
LUGO Rábade ZPP ZPP intermedia
LUGO Ribadeo ZPP ZPP intermedia
LUGO Sarria ZPP ZPP intermedia
LUGO Abadín ZPP ZPP baixa
LUGO Alfoz ZPP ZPP baixa
LUGO Antas de Ulla ZPP ZPP baixa
LUGO Baleira ZPP ZPP baixa
LUGO Baralla ZPP ZPP baixa
LUGO Barreiros ZPP ZPP baixa
LUGO Becerreá ZPP ZPP baixa
LUGO Begonte ZPP ZPP baixa
LUGO Bóveda ZPP ZPP baixa
LUGO Carballedo ZPP ZPP baixa
LUGO Castro de Rei ZPP ZPP baixa
LUGO Castroverde ZPP ZPP baixa
LUGO Cervantes ZPP ZPP baixa
LUGO Corgo, O ZPP ZPP baixa
LUGO Cospeito ZPP ZPP baixa
LUGO Folgoso do Courel ZPP ZPP baixa
LUGO Fonsagrada, A ZPP ZPP baixa
LUGO Friol ZPP ZPP baixa
LUGO Guitiriz ZPP ZPP baixa
LUGO Guntín ZPP ZPP baixa
LUGO Incio, O ZPP ZPP baixa
LUGO Láncara ZPP ZPP baixa
LUGO Lourenzá ZPP ZPP baixa
LUGO Meira ZPP ZPP baixa
LUGO Mondoñedo ZPP ZPP baixa
LUGO Muras ZPP ZPP baixa
LUGO Navia de Suarna ZPP ZPP baixa
48 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
LUGO Negueira de Muñiz ZPP ZPP baixa
LUGO Nogais, As ZPP ZPP baixa
LUGO Ourol ZPP ZPP baixa
LUGO Outeiro de Rei ZPP ZPP baixa
LUGO Palas de Rei ZPP ZPP baixa
LUGO Pantón ZPP ZPP baixa
LUGO Paradela ZPP ZPP baixa
LUGO Páramo, O ZPP ZPP baixa
LUGO Pastoriza, A ZPP ZPP baixa
LUGO Pedrafita do Cebreiro ZPP ZPP baixa
LUGO Pobra do Brollón, A ZPP ZPP baixa
LUGO Pol ZPP ZPP baixa
LUGO Pontenova, A ZPP ZPP baixa
LUGO Portomarín ZPP ZPP baixa
LUGO Ribas de Sil ZPP ZPP baixa
LUGO Ribeira de Piquín ZPP ZPP baixa
LUGO Riotorto ZPP ZPP baixa
LUGO Samos ZPP ZPP baixa
LUGO Saviñao, O ZPP ZPP baixa
LUGO Sober ZPP ZPP baixa
LUGO Taboada ZPP ZPP baixa
LUGO Trabada ZPP ZPP baixa
LUGO Triacastela ZPP ZPP baixa
LUGO Valadouro, O ZPP ZPP baixa
LUGO Vicedo, O ZPP ZPP baixa
LUGO Vilalba ZPP ZPP baixa
LUGO Xermade ZPP ZPP baixa
LUGO Xove ZPP ZPP baixa
49 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA DE OURENSE
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
OURENSE Ourense ZDP ZDP
OURENSE Barco de Valdeorras, O ZIP ZIP baixa
OURENSE Carballiño, O ZIP ZIP baixa
OURENSE Verín ZIP ZIP baixa
OURENSE Barbadás ZPP ZPP alta
OURENSE Maside ZPP ZPP alta
OURENSE San Cibrao das Viñas ZPP ZPP alta
OURENSE Vilamartín de Valdeorras ZPP ZPP alta
OURENSE Allariz ZPP ZPP intermedia
OURENSE Celanova ZPP ZPP intermedia
OURENSE Petín ZPP ZPP intermedia
OURENSE Ribadavia ZPP ZPP intermedia
OURENSE Rúa, A ZPP ZPP intermedia
OURENSE Xinzo de Limia ZPP ZPP intermedia
OURENSE Amoeiro ZPP ZPP baixa
OURENSE Arnoia, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Avión ZPP ZPP baixa
OURENSE Baltar ZPP ZPP baixa
OURENSE Bande ZPP ZPP baixa
OURENSE Baños de Molgas ZPP ZPP baixa
OURENSE Beade ZPP ZPP baixa
OURENSE Beariz ZPP ZPP baixa
OURENSE Blancos, Os ZPP ZPP baixa
OURENSE Boborás ZPP ZPP baixa
OURENSE Bola, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Bolo, O ZPP ZPP baixa
OURENSE Calvos de Randín ZPP ZPP baixa
OURENSE Carballeda de Avia ZPP ZPP baixa
OURENSE Carballeda de
Valdeorras
ZPP ZPP baixa
OURENSE Cartelle ZPP ZPP baixa
OURENSE Castrelo de Miño ZPP ZPP baixa
OURENSE Castrelo do Val ZPP ZPP baixa
OURENSE Castro Caldelas ZPP ZPP baixa
OURENSE Cenlle ZPP ZPP baixa
OURENSE Chandrexa de Queixa ZPP ZPP baixa
OURENSE Coles ZPP ZPP baixa
OURENSE Cortegada ZPP ZPP baixa
OURENSE Cualedro ZPP ZPP baixa
50 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
OURENSE Entrimo ZPP ZPP baixa
OURENSE Esgos ZPP ZPP baixa
OURENSE Gomesende ZPP ZPP baixa
OURENSE Gudiña, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Irixo, O ZPP ZPP baixa
OURENSE Larouco ZPP ZPP baixa
OURENSE Laza ZPP ZPP baixa
OURENSE Leiro ZPP ZPP baixa
OURENSE Lobeira ZPP ZPP baixa
OURENSE Lobios ZPP ZPP baixa
OURENSE Maceda ZPP ZPP baixa
OURENSE Manzaneda ZPP ZPP baixa
OURENSE Melón ZPP ZPP baixa
OURENSE Merca, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Mezquita, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Montederramo ZPP ZPP baixa
OURENSE Monterrei ZPP ZPP baixa
OURENSE Muíños ZPP ZPP baixa
OURENSE Nogueira de Ramuín ZPP ZPP baixa
OURENSE Oímbra ZPP ZPP baixa
OURENSE Paderne de Allariz ZPP ZPP baixa
OURENSE Padrenda ZPP ZPP baixa
OURENSE Parada de Sil ZPP ZPP baixa
OURENSE Pereiro de Aguiar ZPP ZPP baixa
OURENSE Peroxa, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Piñor ZPP ZPP baixa
OURENSE Pobra de Trives, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Pontedeva ZPP ZPP baixa
OURENSE Porqueira ZPP ZPP baixa
OURENSE Punxín ZPP ZPP baixa
OURENSE Quintela de Leirado ZPP ZPP baixa
OURENSE Rairiz de Veiga ZPP ZPP baixa
OURENSE Ramirás ZPP ZPP baixa
OURENSE Riós ZPP ZPP baixa
OURENSE Rubiá ZPP ZPP baixa
OURENSE San Amaro ZPP ZPP baixa
OURENSE San Cristovo de Cea ZPP ZPP baixa
OURENSE San Xoán de Río ZPP ZPP baixa
OURENSE Sandiás ZPP ZPP baixa
OURENSE Sarreaus ZPP ZPP baixa
OURENSE Taboadela ZPP ZPP baixa
OURENSE Teixeira, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Toén ZPP ZPP baixa
51 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
OURENSE Trasmiras ZPP ZPP baixa
OURENSE Veiga, A ZPP ZPP baixa
OURENSE Verea ZPP ZPP baixa
OURENSE Viana do Bolo ZPP ZPP baixa
OURENSE Vilamarín ZPP ZPP baixa
OURENSE Vilar de Barrio ZPP ZPP baixa
OURENSE Vilar de Santos ZPP ZPP baixa
OURENSE Vilardevós ZPP ZPP baixa
OURENSE Vilariño de Conso ZPP ZPP baixa
OURENSE Xunqueira de Ambía ZPP ZPP baixa
OURENSE Xunqueira de
Espadanedo
ZPP ZPP baixa
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
PONTEVEDRA Pontevedra ZDP ZDP
PONTEVEDRA Vigo ZDP ZDP
PONTEVEDRA Bueu ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Cambados ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Cangas ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Grove, O ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Marín ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Moaña ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Mos ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Nigrán ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Porriño, O ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Redondela ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Vilagarcía de Arousa ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Vilanova de Arousa ZIP ZIP alta
PONTEVEDRA Baiona ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Guarda, A ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Meaño ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Poio ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Pontecesures ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Salceda de Caselas ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Soutomaior ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Tui ZIP ZIP baixa
PONTEVEDRA Barro ZPP ZPP alta
52 Informe Muller Rural. CGM 2016
PROVINCIA CONCELLO GRAO
URBANIZACIÓN
Subgrao urbanización
PONTEVEDRA Caldas de Reis ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Catoira ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Estrada, A ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Gondomar ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Illa de Arousa, A ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Lalín ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Meis ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Moraña ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Ponteareas ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Portas ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Ribadumia ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Rosal, O ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Salvaterra de Miño ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Sanxenxo ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Tomiño ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Valga ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Vilaboa ZPP ZPP alta
PONTEVEDRA Arbo ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Crecente ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Cuntis ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Mondariz ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Mondariz-Balneario ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Neves, As ZPP ZPP intermedia
PONTEVEDRA Agolada ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Campo Lameiro ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Cañiza, A ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Cerdedo ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Cotobade ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Covelo ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Dozón ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Forcarei ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Fornelos de Montes ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Lama, A ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Oia ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Pazos de Borbén ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Ponte Caldelas ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Rodeiro ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Silleda ZPP ZPP baixa
PONTEVEDRA Vila de Cruces ZPP ZPP baixa
53 Informe Muller Rural. CGM 2016
ANEXO 2. MAPA DE SERVIZOS
MAPA DE SERVIZOS DA XUNTA DE GALICIA
1. Arquivos de Galicia
2. Aulas da Rede CeMIT
3. Bibliotecas de Galicia
4. Casas dos concellos
5. Centros de Información ás Mulleres
6. Centros de ensino
Colexio de Educación Infantil e Primaria
Centro de Educación Especial
Colexio de Educación Primaria
Centro Público Integrado
Centro Privado
Colexio Rural Agrupado
54 Informe Muller Rural. CGM 2016
Escola de Educación Infantil (3-6 anos)
Formación agraria
Formación artística
Formación deportiva
Formación en idiomas
Formación especializada
IES - Instituto de Educación Secundaria
Outros
7. Centros de saúde
8. Edificios xudiciais
Xulgados e fiscalías
Rexistros civís
Oficinas médico forenses
Outros órganos (avogacías do Estado, oficinas de atención a cidadanía e ás
vítimas, servizos comúns e xerencias territoriais do Ministerio de Justicia)
9. Estacións de Inspección Técnica de Vehículos
10. Farmacias
11. Hospitais e centros de especialidades
12. Museos e coleccións visitables do Sistema Galego de Museos
13. Oficinas Agrarias Comarcais
14. Oficinas de Rexistro e Información da Xunta de Galicia
15. Oficinas de emprego
16. Oficinas de turismo
17. Oficinas do Instituto Galego de Consumo
18. Puntos limpos
19. Servizos sociais
Centros sociais para a comunidade
Centros para persoas con discapacidade
Centros para a infancia
Centros para persoas maiores
Centros para a inclusión social
20. Teatros e auditorios
1 Informe Muller Rural. CGM 2016