37
IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 6

Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

Embed Size (px)

DESCRIPTION

1º bloque do libro de 4º da ESO

Citation preview

Page 1: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 6

Page 2: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 7

BLOQUE 1 A IDADE MODERNA

Page 3: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 8

Page 4: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 9

TEMA 1. SOCIEDADE E ECONOMÍA NO ANTIGO RÉXIME (XV-

XVIII)

Page 5: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 10

Page 6: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 11

“Gran mercado de peixe” de Brueghel o novo

I INTRODUCCIÓN

Na historiografía clásica o período que transcorre entre 1453-1789, desde finais do s. XV ata a Revolución Francesa, recibe o nome de Idade Moderna ou tamén período do Antigo Réxime.

Trátase dun período de transición, no que se pasa do feudalismo ó capitalismo,

e que ven definido polos seguintes trazos:

Predominio dunha economía de base agraria (crea a maioría dos excedentes, ocupa ás tres cuartas partes da poboación, dela viven os traballadores e as elites dirixentes)

Desenvolvemento comercial e industrial (traballo a domicilio e manufactura) rexida por ordenanzas restritivas

Sociedade dividida en grupos estamentais con funcións sociais e condición xurídica diferentes

Configuración de poderes supralocais encarnados nos monarcas que conforman estados centralizados e asumen poder absoluto

Ruptura da unidade cristiá occidental á raíz da Reforma Coñecemento e ocupación de novos espazos xeográficos Extensión dun pensamento científico e racional fronte á ideoloxía

imposta pola igrexa no medievo. Novos fundamentos da Arte

Page 7: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 12

II.- A SOCIEDADE

No Antigo Réxime a sociedade era estamental, é dicir estaba dividida en grupos denominados estamentos, diferenciados máis polos privilexios que pola riqueza.

Vexamos o seguinte esquema:

Existen tres estamentos: Nobreza, Clero e Terceiro Estado, englobando cada un diferentes colectivos

Nesta sociedade as persoas pertencían a un grupo social ou a outro dende o seu nacemento.

Os dereitos e deberes eran iguais para os membros de cada estamento e diferentes ós dos demais.

As diferenzas están fixadas en función dos privilexios: ter privilexios ou carecer deles.

A mobilidade social era limitada: pódese acceder por ingreso no estamento eclesiástico, ou co paso do tempo por concesión real, mercando un título nobiliario, ou por matrimonio. Sen embargo un nobre nunca perdería a súa posición privilexiada.

II.1- Os estamentos privilexiados: Nobreza e Clero

Teñen en común a posesión de privilexios: exención de impostos, reserva dos cargos públicos e militares (como axudantes dos reis), lexislación xudicial propia con tribunais exclusivos, e dereitos feudais sobre os campesiños que traballaban as terras da súa propiedade.

Pero entre estes dous estamentos tamén existen diferenzas: A nobreza Aínda sendo privilexiados, había distincións entre Alta e Baixa nobreza debido á posesión ou non dun título (se non o posuían eran simples fidalgos), e a súa riqueza. Adoitaban ser moi inmobilistas e apegados ás tradicións e non aceptaban as xentes alleas ó seu grupo. A pesar diso, cando se empobrecían podían pensar en casar coa filla dalgún rico burgués, era unha forma de obter cartos a cambio de ennobrecer a familia burguesa, rica pero sen título. O traballo manual estáballes prohibido e por iso se dedicaban a vivir das rendas, ben fora das rendas, das terras ou doutras posesións (foros, censos,...) e así se garantían e aseguraban uns ingresos fixos. A meirande parte deles eran propietarios de amplas

ESTAMENTOS Nobreza Clero Terceiro estado

Privilexiados

Non privilexiados

Page 8: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 13

“Monxes da regla de San Bieito”

Doazón: Acto libre polo que unha persoa diminúe o seu patrimonio en beneficio de outra persoa ou dunha institución. É a principal forma de enriquecerse dos mosteiros e parroquias e soían ser frecuentes en testamentos.

Foro: Contrato polo que unha persoa cede uha terra a cambio do pago dunha renda.Tiña unha longa duración (por vida de tres ou catro reis) e as rendas cobrábanse en especie ata o século XVIII. Censo: Obrigación (acción) que emite o Estado sobre os seus bens. A persoa que compra o censo recibe uns intereses anuais Xurisdicción: Poder legal de aplica-las leis nun lugar sobre as persoas que nel habitan

extensións de terras (denominados señoríos) traballadas por campesiños, sobre os que exercían a xurisdición: cobrábanlles rendas e facían xustiza no seu territorio. Gastaban o seu diñeiro en luxos e non en traballos produtivos. En Galicia destaca o grande auxe da fidalguía; ocúpanse da administración dos bens dos eclesiásticos e nobres, tamén acaparan o cobro dos foros e os cargos militares. Viven nos pazos, das rendas que lles pagan os campesiños, e máis tarde vanse establecer nas vilas e nas cidades. O pazo é a casa soarega dos nobres e fidalgos galegos no campo. A tradución ó castelán debería ser “casona” ou “caserio” antes que “palacio”, xa que eran vivendas grandes pero non tanto como o que lle chamaríamos palacio. Esta vivenda é o substituto natural dos castelos e torres medievais. O pazo non é só unha vivenda, trátase dun conxunto maior, que coñecemos como unidade pacega, que constituía ó mesmo tempo lugar de residencia e explotación agrícola. Normalmente estaban compostas por unha zona nobre, a vivenda e a capela privada, e unha zona para o servizo: as vivendas de caseiros e servidume; a isto engádense outras edificacións: hórreos, adegas, tear, talleres, cortes,... O Clero Trátase dun estamento aberto a tódalas clases sociais, aínda que se poden establecer diferenzas pola súa procedencia:

Alto clero, de extracción nobiliaria e cunha grande influencia política (abades,bispos ,cóengos catedralicios).

Baixo clero, de extracción popular (monxes, sacerdotes) e que levan unha vida semellante á dos campesiños.

Tamén é posible distinguir entre clero secular: sacerdotes (responsables dunha parroquia) e regular: frades e monxes, (viven en comunidades, masculinas ou femininas, sometidos a unha regra). As institucións eclesiásticas posúen terras traballadas polos campesiños sobre os que exercen o seu señorío. Así, por exemplo Bispados coma os de Mondoñedo ou Santiago, Mosteiros como os de Sobrado dos Monxes ou Oseira, eran donos de enormes propiedades, traballadas por campesiños. As súas terras proceden de doazóns feitas por individuos de calquera extracción social que buscaban a salvación da súa alma.

Page 9: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 14

II.2- O estamento non privilexiado: Terceiro Estado

Tamén se lles chamou pecheiros e teñen en común o non posuír privilexios de ningún tipo, sendo polo demais un grupo social heteroxéneo incluíndose, dentro del: a) Campesiñado. Normalmente non posuía terras e vivía abafado polo sistema señorial. Os impostos que pesaban sobre eles eran unha carga moi dura : tiñan que pagar o dezmo á Igrexa, os impostos reais, os impostos ó seu señor e as rendas da terra. Algúns eran xornaleiros, ou sexa, eran contratados para traballar as terras a cambio dun xornal.

En Galicia a maior parte dos campesiños eran foreiros, ou sexa, traballaban terras alleas cun contrato de foro. Houbo moitos enfrontamentos entre campesiños e señores (especialmente cos mosteiros) por mor da subida das rendas e os dereitos señoriais. Non obstante, os foros beneficiaban ós campesiños, porque, durante a duración do contrato, o propietario non podía subir as rendas ou botar os foreiros, e estes sentíanse case como se eles foran os verdadeiros propietarios e tentaban mellorar a produción nas “súas” terras. b) Burguesía vivía nas cidades e pódese distinguir entre: Alta burguesía, formada por grandes comerciantes, banqueiros, ricos artesáns,

propietarios de industrias; a súa máxima aspiración era ennobrecerse, a fin de gañar prestixio e poder vivir das rendas.

A Baixa burguesía compóñana os pequenos comerciantes, artesáns, profesións liberais, rendistas, empregados públicos, pequenos propietarios de terras...

En Europa este sector foi clave, como veremos, no desenvolvemento económico e nas transformacións políticas (sistema liberal oposto as monarquías absolutas). En España a burguesía non estaba tan desenvolvida e, ademais, a súa mentalidade era moi conservadora, pois desexaba o diñeiro sen riscos e o ennobrecemento. Nas cidades máis importantes de Galicia instaláronse os comerciantes, especialmente nos portos de Coruña, Vigo, Carril, Ribadeo e Viveiro. c) Clases populares urbanas, incluíndo asalariados de todo tipo como oficiais, aprendices, criados... d) Marxinados: mendigos, ladróns, prostitutas

Actividade 1: Gómez de Carballido Gómez de Carballido e a súa muller Sancha de Bóveda aforan da Mitra lucense, por vida de tres reis e máis 29 anos, o lugar de Santalla de Bóveda. Pagarán 20 fanegas de pantrigo e un tercio do froito do millo e do orxo, do liño e dos nabos; o quinto dunha viña. Entregarán así mesmo un porco aberto,tres capóns, dous cabritos e un carneiro . Arquivo do Bispado lucense

a) Investiga ¿que é a Mitra lucense? b) Recorda as características do foro e exemplifícaas con este contrato c) ¿Que che suxire o feito da coincidencia do apelido da muller e o nome do lugar onde se atopan as terras?

Page 10: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 15

Actividade 2: A nobreza comerciante. Non falo daquela nobreza brillante que vive nos pazos, senón daquela nobreza escura que ve cada día arruinarse as casas dos seus pais; non daquela nobreza que vive na Corte ocupada no servicio do Rei, senón daquela nobreza encadeada pola miseria. O comercio preséntaselle como unha táboa nun naufraxio. ¿Deixará de abraza-la fronte o perigo que a ameaza? Se o comercio se desexa tanto agora é porque comeza a ennobrecerse na estima pública. E a nosa razón fixo unha grande conquista cando nos asegurou que un nobre pode comerciar. O nobre pensa que só pode servir ó rei coas armas e quere que os seus fillos se ocupen das súas terras ou do servizo ó rei como militares ou cortesáns. Pero o rei non ten necesidade de tantos criados. Se un pai manifestara un pouco máis de entendemento diría: meus fillos,moitos medios hai para chegar á consideración: a guerra, a toga, a Igrexa ou as terras. Tamén hai outro: o comercio. El xunta riquezas inocentes que ninguén ousa censurar. ¿Non podería dedicarse ó comercio algún de vós e se-lo sostén dos seus irmáns?

Tratado del Abate Coyer, A nobreza comerciante, 1781

1. Segundo o texto, ¿cales son as ocupacións ás que se dedica a nobreza?, ¿isto favorece o seu enriquecemento?. Razoa a resposta 2. ¿Cal é a opinión que tiñan os nobres respecto ó traballo? 3. Para o Abate Coyer, ¿o comercio é unha actividade digna para os nobres ou indigna?, ¿a maioría dos nobres pensarían igual? 4. Un Abate como Coyer ¿a que estamento pertence?, ¿ten privilexios?

III NOVAS TÉCNICAS E ESTRUCTURAS AGRARIAS O crecemento da poboación e o enriquecemento de determinados grupos sociais, por exemplo os comerciantes, trae como consecuencia o incremento da demanda de produtos agrícolas e de todo tipo (roupa, vivenda). Se hai maior demanda será necesario aumenta-la produción e a produtividade. ¿Que se podía facer para conseguilo?. A) Mellorar as técnicas de traballo Durante toda a Idade Media as ferramentas e os métodos empregados polos campesiños para cultivar as terras non variaron. A produción dependía moito dos ciclos naturais e era moi vulnerable ás catástrofes meteorolóxicas. A calidade das sementes era baixa, os animais e o esterco escaso, os útiles de madeira,… Pero pouco a pouco van aparecendo novidades

a) Rotación continua de cultivos: os herbáceos alternan coas legumes, nabos e patacas, intercalando entre as sementes dos produtos básicos as plantas forraxeiras. Este sistema substitúe á rotación bienal ou trienal que alternaba cereais de inverno (trigo ou centeo), cereais de verán (avena ou cebada) e o barbeito, é dicir deixa-la terra sen cultivar, en descanso, para evitar o seu esgotamento. b) Explotación intensiva da terra ó desaparecer as terras de barbeito. c) Perfeccionamento do arado: de ferro y de forma triangular. d) Sementado en surcos (método Jethro Tull). e) Sistemas de irrigación e drenaxe f) Introdución de novas especies: cravo, pataca, millo, liño, remolacha,.. suplantando a primacía absoluta do trigo (base da alimentación europea nun 80%).

Page 11: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 16

g) Ampliación dos terreos cultivables: os terreos ermos grazas ós abonos os terreos húmidos e pantanosos grazas ós drenaxes os terreos áridos grazas á irrigación h) A explotación das novas terras descubertas (café, cacao, azucre, ) i) Aumento da gandería que proporciona sobre todo esterco e forza de traballo.

B) Modifica-las estruturas agrarias a) Liberación do pago ós novos cultivos como o millo ou as patacas b) Abolición da servidume, de modo que o campesiño se converte en dono do seu traballo. c) Acoutado das terras (enclosures): as terras comunais e terras libres poden ser cercadas polos seus propietarios. Tal medida vai favorecer os grandes propietarios e prexudicar os pequenos propietarios que han de ceder os seus dereitos e buscar traballo nas novas aglomeracións urbanas. d) Busca de beneficio económico a través da venda no mercado dos produtos do campo.

Todas estas modificacións, especialmente importantes a partir do século XVIII, supuxeron o paso dunha agricultura de subsistencia a unha agricultura de mercado. Holanda inicia o proceso renovador no século XVII e a continuación en Inglaterra.

Actividade 3: A pataca. Tralo descubrimento de América os europeos coñeceron unha planta que destinaron a desempeña-lo papel de primeira orde na historia do Vello Mundo: a pataca. Esta planta era orixinaria dalgúns países sudamericanos: Perú, Bolivia e Colombia. Este tubérculo crecía entre as altas mesetas e os indios facíano obxecto de cultivo. A primeira alusión que se fai á pataca figura no informe de Juan de Castellanos sobre da expedición de Gonzalo Giménez de Quesada o interior de Colombia (1536). É oito máis tarde cando os botánicos europeos prestan atención á pataca. A noticia máis remota ata agora sobre o consumo de pataca en Europa atópase nas contas dun Hospital de Sevilla, onde en 1673 se comían patacas que se cultivaban nas inmediacións da cidade. Slicher van Bath, Historia agraria de Europa, 1978

“Cea de campesiños” de L. Le Nain (s. XVIII)

1. Sabendo que a pataca se introduce na zona de Mondoñedo nas fames de 1768-69, ¿por que sería Sevilla o primeiro sitio de España no que se consume? ¿Por que habería esa diferenza con Galicia? 2. ¿Por que é importante a pataca?¿Segue a ter hoxe a mesma importancia? 3. Describe o que ves no cadro e saca conclusións do modo de vida dos campesiños neste século.

Page 12: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 17

Xunto ás terras de labranza existían terras de pastos para alimentar o gando, aínda que tamén se aproveitaban para este fin as terras de cultivo que, unha vez recollido o gran, se puñan á disposición dos animais (restrebeiras). Pero os novos cultivos agrícolas serviron para alimentar o gando durante o inverno, isto fixo posible o aumento do número de cabezas. Tamén coa selección e cruce se melloraron especies. O gando era indispensable por varios motivos: aporta materias primas (la, pel) os seus excrementos, mesturados con estrume, servían de esterco constituía un complemento alimenticio podía empregarse como fonte de enerxía para as labores agrícolas Vemos que se establece así unha estreita asociación entre gandería e agricultura, se ben continuou a ser a agricultura o medio produtivo principal. IV. DA PRODUCCIÓN ARTESANAL Á PROTOINDUSTRIA A produción de mercancías, para un mercado local ou comarcal reducido, viña determinada pola demografía e pola capacidade adquisitiva da poboación. Dado que a base económica seguía a se-la agricultura, a medra das cidades e do sector manufactureiro dependía do ritmo agrícola. Tendo en conta que a poboación campesiña era moi pobre e en gran parte se autoabastecía dos produtos básicos, a produción para comercializar limitábase a satisfacer as demandas dos estratos sociais máis acomodados da cidade. Deste xeito encontramos que no século XVI aínda son os gremios os que controlan ferreamente a economía, pero tralas descubertas e a conseguinte ampliación dos mercados internacionais, o sistema gremial, polas propias limitacións internas da súa organización, non puido satisfacer o incremento da demanda. Algúns comerciantes organizaron novos sistemas de produción: o primeiro vaise realizar no rural (sistema a domicilio), para non someterse ó control gremial e aproveitando o paro estacional dos campesiños, e o segundo no urbano (manufactura): Actividade 4: As novas formas de producción:

Sistema a domicilio Manufactura O empresario adquire a materia prima en grandes cantidades

O empresario aluga ou compra un edificio para instala-la maquinaria e os operarios

Distribúea entre os campesiños para que elaboren o produto.

Instalase onde haxa materia primas, fontes de enerxía e man de obra Contrata a traballadores asalariados O empresario recolle o produto rematado e

organiza a venta Iniciase unha certa especialización no traballo 1. ¿Onde será necesaria maior inversión de capital por parte do empresario? ¿Por

que? 2. ¿Onde é maior o control de calidade sobre o producto elaborado? ¿Por que? 3. ¿Onde será maior o control sobre o traballo dos operarios? ¿Por que?

Page 13: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 18

Esquema do funcionamento dun mazo, o elemento máis característico dunha ferrería. A súa misión era bate-lo ferro ó roxo vivo para eliminar as impurezas que o facían máis feble e quebradizo. As súas partes principais son: 2. Roda accionada pola auga; 3. Arbol 8. Mazo 9. Ingre

2

8

9 3

4. ¿Onde se poderán introducir melloras como unha nova fonte de enerxía ou unha maquinaria máis moderna pero costosa?

5. ¿Onde se pode producir polo tanto un incremento da producción e da productividade? ¿Por que?

Fora das cidades tamén existían importantes industrias, como a minería e as relacionadas coa transformación de produtos agrícolas. Algunhas empregaban máquinas complexas, que aproveitaban a forza da auga e do vento:

Os muíños para moe-los cereais e facer fariña

Os martinetes nas ferrerías Os batáns para os tecidos

En España a abundancia da lá permitiu o florecemento sobre todo no século XVI da industria dos panos en centros como Toledo, Segovia ou Barcelona. Tamén foi importante a industria da seda en Granada e Valencia, cunha produción que competía coas mellores dos países europeos. Galicia pola contra especializouse nos tecidos de liño. Actividade 5: Analiza as imaxes indicando razoadamente o sistema de produción ó que pertence cada unha e diferenzas entre elas

“As fiandeiras” de Velázquez

“Teares na manufactura de La Savonnerie”

Page 14: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 19

Mercado de Amberes, anónimo flamenco do s. XVI

1. Describe as dúas imaxes. 2. ¿Que sistema de produción reflicte cada unha delas? 3. ¿Cal parece máis artesanal? 4. ¿Que fases do traballo téxtil se ven en cada imaxe?

V.O COMERCIO Aínda que a actividade mercantil é un sector moi lucrativo, seguía a ser un sector minoritario por que recordemos a sociedade era eminentemente rural. Serán as descubertas as que provoquen un salto cualitativo e cuantitativo nas relacións comerciais. Vexamos ese cambio: a) O Comercio antes das descubertas: comercio local, nacional e internacional.. O comercio local e nacional ten como obxectivo o intercambio de produtos entre o campo e as cidades e a penas cambia con respecto ás épocas anteriores. A agricultura segue a producir escasos excedentes en moitos países; a consecuencia deste feito é que os campesiños teñen poucos produtos para vender e poucos cartos para mercar. Este comercio lévase a cabo nos: - mercados semanais. Neles intercámbianse produtos básicos e, as veces, co sistema de troco. - feiras locais. O Comercio nacional tiña lugar nas grandes feiras que reunían os comerciantes de todo o país; nelas intercambiábanse tamén produtos estranxeiros.

Page 15: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 20

O porto comercial de Sevilla no século XVI visto polo pintor Sánchez Coello.

O comercio internacional europeo. O comercio entre os distintos países europeos xa non se baseaba nos artigos suntuarios como na Idade Media, senón en produtos correntes como os cereais, a madeira, o peixe, o viño, o sal, os metais, e os téxtiles. As viaxes terrestres ( que se podían afastar cara a Asia) atopábanse con moitas dificultades e, por esta causa, preferíase o comercio marítimo ou fluvial. As cidades máis importantes eran Bruxas, Amberes, Amsterdam, Londres e París e dentro de España Sevilla, Valencia e Barcelona. A Galicia chegaban barcos do estranxeiro ( procedentes dos EE.UU., do Báltico e Alemaña) ós portos de Coruña, Ribadeo e Viveiro; traían grans, principalmente. Os ingleses viñan a Coruña, Baiona e Vigo, cargados de telas, liño e cáñamo, ferro, viño e augardente. Dende Galicia exportábanse grans, telas e viño. b) O comercio despois das descubertas: o comercio mundial. Grazas ós novos descubrimentos xeográficos do século XV os buques europeos comerciarán directamente con África, Asia e América.

Os españois comerciaban directamente coas súas posesións americanas (ós outros países estáballes prohibido comerciar nelas), exportando tecidos , ferramentas, trigo, viño e aceite, e importando de América ouro, prata, cacao, azucre, tabaco... . Este comercio realizouse a través de Sevilla e logo de Cádiz, os únicos portos que podían comerciar con América. A parte de Portugal e España, os outros países europeos tamén participaron deste novo comercio mundial, principalmente Holanda, Gran Bretaña e Francia. Deste xeito foise organizando un comercio triangular entre Europa, África e América (do norte e Brasil). De Europa partían os barcos cheos de tecidos e fusís para ser cambiados en África por

Nesta imaxe podemos observar o coñecemento do mundo polos europeos en torno ó ano 1400. As zonas máis oscuras serán as mellores coñecidas e as máis claras as menos coñecidas. Daquela o comercio europeo limitábase ó tráfico de ouro dende África e a ruta da seda procedente de Asia (China).

Page 16: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 21

escravos. Os barcos cargados cos escravos dirixíanse cara América e alí vendíanse ós propietarios das plantacións. Co diñeiro obtido pola venda dos escravos, os comerciantes mercaban algodón, azucre e tabaco que vendían en Europa. Co algodón facíanse os tecidos que logo se ían levar a África, e o proceso reiniciábase. O tráfico de escravos converteuse nun gran negocio para os europeos que non só se aseguraban man de obra barata nas súas plantacións en América (cana de azucre, cacao, café, algodón,...) senón que ademais obtiñan grandes beneficios coa súa compravenda.

As técnicas comerciais. A necesidade de capitais para o comercio a longa distancia, fixo que os comerciantes se agruparan en compañías comerciais, aportando capital e repartíndose con posterioridade os beneficios obtidos (e, no seu caso, as perdas): os comerciantes convértense en accionistas. O obxectivo destas compañías era fretar barcos para o comercio e gozaban de monopolios e privilexios concedidos polos reis. Os monopolios podíanse referir a un produto ( por exemplo, a reserva do mercado do azucre) ou a unha área xeográfica. Os reis beneficiábanse polos impostos que lles cobraban logo ás compañías. Moitas compañías se transforman en grandes empresas: comercian, invisten en Banca ou crean os seus propios bancos, controlan algunhas industrias... Por outra banda a circulación monetaria incrementouse e foi preciso regulala dalgún xeito. Aparecen entón as letras de cambio, as accións, os créditos etc...

Actividade 6: O comercio holandés “As principais mercadorías que a Compañía holandesa trae das Indias (Asia) a Europa son: especias, sedas, teas de algodón, metais preciosos e comúns, porcelanas. Entre as especias, a de máis valor é a canela, que soamente se pode atopar na illa de Ceilán. Os holandeses, que son os “donos” desta illa, impiden que as árbores da canela se multipliquen para que non perda o seu valor. Esta compañía vai crecendo día a día en capital e navíos, e din que os beneficios son tan grandes que un home que puxera 2000 ducados nesta compañía hai tres anos, se vendese agora eses 2000 ducados daríanlle 4000.”

“Memoria sobre o comercio dos holandeses 1640”

1. ¿Que tipo de comercio era o dos holandeses? 2. Explica o funcionamento da compañía baseándote na última parte do texto 3. ¿Que poderían facer co diñeiro gañado nestas actividades comerciais?

Page 17: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 22

Actividade 7: Contrato de asento para o comercio de negros “Na vila de Madrid a 25 días do mes de decembro de 1674, S.M. resolveu por decreto que o dito asento sexa para Antonio García por cinco anos,dando en cada un en renda 459000 reás de a oito, pola facultade de poder introducir nos reinos das Indias 4000 pezas de escravos negros, coas condicións seguintes: Que por cada unha das ditas 4000 pezas de negros pagará de dereitos a S.M. 112 pesos de a oito reás de prata Que ningunha persoa, sen orde súa, poderá introducir nin vender negros nas Indias durante os cinco anos que dure este asento”

1- ¿Cales son as características deste contrato? 2- ¿É vantaxoso para o rei e mais para Antonio García? ¿Por que? 3- Consecuencias, para a Idade Moderna e Contemporánea, deste tipo de comercio

Page 18: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 23

2. A EVOLUCIÓN POLÍTICA

Page 19: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 24

Page 20: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 25

“Colexio de notarios e secretarios do rei” s. XVI

Oficina da Banca Fugger en Augsburgo

I A MONARQUÍA ABSOLUTA

Unha vez que os monarcas limitaron o poder dos señores feudais e unificaron os seus territorios (a fins do século XV), van emprender unha centralización do poder do Estado baixo o seu control servíndose dos seguintes instrumentos: un incremento das competencias do Estado: control sobre a vida da nación en tódolos seus aspectos ( educación, relacións laborais, regulación da economía,...) a creación dun corpo de funcionarios (burocracia) para desenvolver tódalas tarefas administrativas que nestes novos Estados se multiplican. Estes funcionarios normalmente proviñan das universidades, sobre todo de estudios de dereito, aínda que pronto se fixo como máis corrente a fórmula de merca-los cargos públicos. A medida que avanza a Idade Moderna o incremento da complexidade do goberno da nación fará que aparezan as figuras dos ministros e dos validos nos que os monarcas delegarán a maior parte das súas funcións.

aparición da Facenda pública para ter un maior control dos recursos do país, tanto financeiros como económicos .A principal fonte de ingresos do Estado eran os impostos que pagaban os habitantes das cidades. O monarca non podía incrementar os impostos sen que houbera enfrontamentos con este grupo (revoltas, levantamentos urbanos, protestas,...). Era preciso negociar, é dicir aproba-las subas co apoio das Cortes. . Senón so lle quedaba para conseguir aumentar os ingresos a venda de cargos públicos ou de privilexios ou recorrer a créditos dos banqueiros da época. Por exemplo os Fugger eran unha das bancas máis importantes de Europa. A elección imperial de Carlos V custoulle a este rei a cifra de un millón de floríns de ouro, préstamo que foi concedido por esta Banca. A cambio do préstamo Carlos V debeulles garantir a esta familia entre outros, privilexios na cidade de Amberes

Page 21: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 26

Cortes: Órganos de representación dos tres estamentos sociais. A súa importancia difire segundo o país que se trate. En España ou Francia só eran consultivas mentras que en Inglaterra tiñan tanto poder coma o monarca.

“Os Embaixadores” de Holbein

a aparición dun exército permanente de carácter nacional con tropas regulares, eficaces e profesionais. Os soldados deste exército recrutábanse do seguinte xeito: a) En primeiro lugar estaban os que se alistaban por diñeiro, afán de aventuras, por fuxir da xustiza,... b) En caso de necesidade de máis tropas facíanse levas de vagos e maleantes ou se condenaba a delincuentes ó servicio militar. c) Unha medida que adoptaron os estados europeos (no século XVIII) para garantir o abastecemento continuo de tropas foi o establecemento das quintas por sorteo entre a poboación civil, afectando a un de cada cinco mozos. d) Tamén era posible recorrer á contratación de mercenarios. O traballo da Diplomacia, un corpo de funcionarios criado para o mantemento das relacións internacionais. Ademais disto os monarcas xustificarán o seu poder converténdoo en incuestionable. Os teóricos fundamentan ese poder nunha decisión de orixe divina, o que salvagardará sempre a posición do rei. Os errores do seu goberno serán en todo caso dos que gobernan co rei nunca deste.

II OUTRAS FORMAS DE GOBERNO

Nalgún país, os intereses da póxante burguesía, que se opón a un sistema social que lles despreza e a unhas políticas absolutistas que lles impiden participar no poder, propician a aparición de novos sistemas de goberno. A política antiprotestante de Felipe II nos Países Baixos, provocou o descontento, especialmente no norte, na futura Holanda, culminando nunha sublevación contra o dominio español en 1566. Holanda independizouse instaurando un réxime republicano con importante participación da burguesía comercial a través dun Parlamento ou Estados Xerais En Inglaterra o absolutismo chocaba co Parlamento. Tras un breve período republicano dirixido por Cronwell, restablecese a monarquía. Pero unha nova revolta (Revolución Gloriosa de 1688) dará fin ó absolutismo en Inglaterra establecendo unha monarquía constitucional, de acordo ós principios burgueses de reparto de poderes, lei superior ó rei, regulación de dereitos fundamentais. III CONFLICTOS ENTRE ESTADOS No século XVI, prodúcese a ruptura relixiosa en Europa, entre católicos e protestantes. Isto foi utilizade polos gobernantes dos distintos paises europeos para

Page 22: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 27

Entrada dos Reis Católicos en Granada

xustificar as súas pretensións hexemónicas, desatando guerras e enfrontamentos entre os Estados. As máis destacadas foron: A “Guerra dos Trinta anos” entre o ano 1618 e o 1648. Empezou coma un enfrontamento entre católicos e protestantes pero logo implicou a outros paises europeos e rematou coma unha loita política pola supremacía no continente (Francia, Países Baixos, Dinamarca, Suecia, España,...). A principal consecuencia desta guerra será que Francia se converterá no país máis influinte de Europa substituíndo a España. “Guerra de Sucesión Española”. Despois da morte sen herdeiros de Carlos II, o trono español é reclamado por dous posibles sucesores: Felipe de Anjou, o candidato francés que é apoiado por este país e a maior parte de España agás Cataluña, e o arquiduque Carlos de Habsburgo, apoiado polo emperador austríaco, Cataluña, Inglaterra, Holanda e Portugal. Neste conflito sae vitorioso Felipe de Anjou que pasa a gobernar como Felipe V, inaugurando a dinastía Borbón que aínda hoxe se mantén no trono español. “Enfrontamentos pola competencia colonial”. A riqueza provinte das colonias americanas e asiáticas tamén provocou loitas polo seu control. Nun bo número de casos os enfrontamentos eran en forma de piratería apoiada polos propios gobernos europeos. Os casos máis significativos foron os conflitos polo comercio Atlántico e no Índico. Os paises implicados foron as potencias coloniais, España, Portugal, Inglaterra, Holanda e Francia. IV O IMPERIO ESPAÑOL

IV.1 O nacemento de España. Na Península Ibérica, a mediados do século XV non existe ningún tipo de unidade política. O reino máis extenso é Castela, cuns cinco millóns de habitantes, seguido da Coroa de Aragón cuns oitocentos mil habitantes, incluídas as illas Baleares. Ó Norte hai un pequeno estado, Navarra, e ó Sur o reino nazarí de Granada. No Oeste atópase o Reino de Portugal, que se separou de Castela e León a finais do s. XI. En 1469 o matrimonio de Isabel e Fernando pon a primeira pedra da converxencia dos reinos hispanos peninsulares ou o que é o mesmo, o nacemento de España.

Page 23: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 28

Escudo de España

Castela

Aragón

Leónn

Navarra

Granada

España durante o reinado do Reis Católicos

Mapa de Europa na época de Carlos V, marcando as súas posesións agás Hispanoamérica.

Despois dos Reis Católicos e da súa filla Juana, o trono pasa a estar nas mans de Carlos, fillo desta última que levará na súa testa tanto a coroa de España como a do Imperio Alemán. Fórmase deste xeito un Imperio dunhas dimensións extraordinarias para o que era a época: España, sur de Italia, Alemaña, Países Baixos e Flandes e sobre todo o Novo Continente, América, que estaba sendo conquistado polos soldados españois. Baixo o seu goberno como Carlos I, e o do seu fillo Felipe II, España alcanzará o maior prestixio da súa historia, tanto a nivel político (Imperio) como económico (chegada de ouro e prata de América) ou cultural (o chamado Século de Ouro).

Page 24: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 29

As carabelas foron os barcos empregados nos grandes descubrimentos xeográficos do s. XVI. Na ilustración vemos unha reconstrucción das usadas por Colón na súa viaxe a América.

Despois de presenta-las causas das descubertas de territorios que se producen no século XVI, veremos un pouco polo miúdo o proceso de creación do Imperio Español en América, fixándonos brevemente no descubrimento e na colonización e conquista deste continente polos españois. IV.2 As descubertas xeográficas.

No século XVI multiplicouse o territorio coñecido polos europeos. Este proceso non foi debido á casualidade, senón que houbo unhas razóns obxectivas que explican este feito:

A necesidade de contar con novas rutas cara ó interior de Asia, pois as rutas terrestres estaban nas mans dos turcos, os cales esixían fortes impostos ós comerciantes por atravesar as súas terras. Os avances científicos na confección de mapas e na navegación. A búsqueda de ouro, imprescindible para a fabricación das moedas. espírito de aventura de moitos homes que non tiñan oportunidades para mellorar a súa posición económica. Os homes da guerra contra os musulmáns atoparon no novo continente un lugar onde gastar as súas forzas e ter a posibilidade de enriquecerse. Os primeiros navegantes que se lanzaron a descubrir novas rutas foron os portugueses, moi interesados no comercio asiático. Alentados polos monarcas, os navegantes tentaron chegar a Asia circunnavegando o continente africano: en 1487 dóbrase o cabo sur de África e a ruta marítima cara a Asia atópase aberta. En España os RRCC escoitan as propostas de Colón, quen lles suxire a posibilidade de alcanzar terras asiáticas (as Indias) navegando cara ó oeste ; ós reis interésalles o proxecto, pois a ruta africana quedara reservada ós portugueses. Colón chega en 1492 ata as illas americanas. Entón estalou o conflito con Portugal: se ambos países chegaran as novas terras asiáticas...¿quen tería o dominio sobre esas terras? O Tratado de Tordesillas arranxou o conflito por medio dunha liña imaxinaria situada nas illas de Cabo Verde (1494). As terras que quedaran ó oeste serían para España e as que quedaran ó leste para Portugal. Despois de españois e portugueses outros países europeos tamén se lanzaron na procura de novos territorios dos que poder obter beneficios económicos e políticos: os ingleses e franceses colonizaron o norte do continente americano e os holandeses dirixíronse cara Asia e Oceanía.

Page 25: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 30

Representación da época, na que se intenta refreixar a transmisión e contaxio da viruela que tantas mortes provocou entre os indíxenas

IV.3 O Imperio español en América. Colón chega a América no ano 1492 buscando un camiño que leve dende Europa a Asia seguindo unha dirección Este-Oeste. Para esta viaxe conseguira a financiamento da raíña de Castela Isabel a Católica. É importante destacar que non foi España, senón Castela a que financiou a viaxe e así cando se produza o comercio a gran escala con América serán os portos casteláns (primeiro Sevilla e logo Cádiz ) e nos os aragoneses os que teñan a posibilidade de beneficiarse desta situación. Colón pensa nun principio que chegou á India, de aí a insistencia en chamarlle a rexión con ese nome e ós seus habitantes como indios. Foi máis tarde Américo Vespucio o que se decate de que este é outro territorio distinto ás Indias, tratándose dun novo continente. Ó descubrimento séguelle o contacto e logo a conquista deste novo territorio e os seus habitantes: a) O contacto. En América os españois atópanse tanto con grandes civilizacións (incas, maias, aztecas,...) como con pobos dispersos sen ningunha autoridade forte. É moi curioso o feito de que os españois foran capaces de vencer a inimigos que os multiplicaban en número. Cortés con 400 homes conquistou todo o Imperio Azteca; Pizarro só con 180 soldados derrotou a miles de indios. ¿Cómo? 1. A tecnoloxía europea era superior pero non debeu ter demasiada transcendencia xa que as armas de fogo non eran moi numerosas. 2. Factores psicolóxicos:Esas armas así como os cabalos e cans que os acompañaban fixeron crer en moitos casos ós indíxenas que se atopaban diante de deuses, non de homes. 3. Os imperios inca e azteca eran gobernados de xeito absolutista e que contiñan no seu interior bastantes elementos de discordia dos que se serviron os conquistadores: “divide e vencerás”. Foi máis doada a conquista dos territorios das grandes civilizacións que o das simples tribos. Isto foi debido a maior accesibilidade do territorio, ó interese na conquista (ouro, prata,...) ou ó feito de que sexa máis doado conquistar un imperio, xa que ó vencer na guerra todo o territorio se rende. b) A aculturación: Imos ver que cambios se produciron nas culturas indíxenas tralo contacto cos europeos. 1. Descenso da poboación indíxena.

Nas Antillas e no Caribe o exterminio da poboación indíxena foi total; no México Central pasouse dunha cifra de 25 millóns de indios en 1519 a só 1 millón en 1605; e no resto de América as cifras foron semellantes. As razóns deste descenso está tanto no trato que lle deron os españois ós indíxenas

Page 26: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 31

(traballos forzados, maltrato, execucións,...) como ás enfermidades que lles levaron, como a viruela. Por outro lado para substituír ós indíxenas no traballo se introduciron escravos procedentes de África. Lembrade o que era o chamado comercio triangular. 2. Tamén se produciu un cambio da forma de vida debido ó contacto. Os españois introduciron novas técnicas tanto no traballo agrario como no artesanal que pronto foron imitadas polos indíxenas. Os españois obrigaron en tódolos caos a as veces de forma enfermiza e cruel a adoptar a relixión católica, e ó abandono das relixións tradicionais. Parece que, pola contra, os españois toleraron as linguas autóctonas que mesmo foron obxecto de estudio polos misioneiros. c) A organización da América española. América foi dende o principio unha prolongación da Castela europea, e intentouse que estivera libre dende o principio dos defectos desta. Así foi unha preocupación dos reis que non houbera unha casta feudal que puidera facer perigar a autoridade . Organizouse América en reinos a cargo dun Vicerrei, o representante do rei no territorio, case que sempre de alto berce. Houbo nun principio dous vicerreinados, o de Nueva España (México) e o de Perú, ós que no século XVIII se lles engadiron o de Nueva Granada (Colombia) e o de La Plata (Arxentina). Tiñan competencia en practicamente tódolos asuntos que se tratasen en América, aínda que tamén tiñan que responder de tódalas súas decisións diante do rei. As Audiencias eran os órganos de xustiza e chegaron a alcanzar moito prestixio. Os territorios correspondentes a cada audiencia logo se traducirían nas novas repúblicas americanas no século XIX. As gobernacións eran o equivalente ás nosas provincias e tiñan a súa orixe nos territorios que se lles outorgaban ós conquistadores. Por último estaban as institucións locais, os chamados cabildos e concejos. Foi nestes órganos locais onde os españois nacidos en América, os criollos, alcanzaron nesta época certo poder xa que o resto de cargos estaban copados polos nacidos na Península. Debemos mencionar tamén o que era a “Encomienda”. Esta era a forma efectiva de control do territorio por parte dos españois. Era o territorio que se lle daba a un español ( o encomendeiro) a cambio de que coidase e cristianizase ós indíxenas. Estes á súa vez tiñan que traballar para el e pagarlle os impostos correspondentes. Este, como podemos supor, era o fin que buscaban os españois e non o da cristianización dos indios.

Actividade 1: O Cardeal Richelieu “O Bispo Richelieu comezou a súa carreira política como asesor da rexente María de Médicis cando o seu fillo Luís tiña minoría de idade. Da rexente conseguiu o nomeamento de Cardeal xa que se convertera no seu brazo dereito. Pero cando se achegaba a maioría de idade do futuro rei, Richelieu conseguiu ganarse tamén o aprecio do futuro monarca. Cando este foi rei, Richelieu conseguiu ser o seu ministro. A táctica do Cardeal consistía en que parecera que as decisións as tomara o monarca. Adoitaba dicirlle: “A Vosa Maxestade debe dignarse ordenar que...” .E o rei ordenaba e asinaba, tan feliz, e o Cardeal trazaba no seu despacho a política de Francia.” 1. ¿Que quere dicir rexente?

Page 27: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 32

2. ¿Cales podían ser as funcións de Richelieu coma ministro? 3. ¿Con estas funcións Richelieu pode controlar ó Rei? ¿Por que? 4. ¿Quen terá o poder absoluto en Francia? ¿Por que?

Actividade 2: A monarquía absoluta. "A condición do home é unha condición de guerra de todos contra todos, na que cada un está gobernado pola súa propia razón. De non existir unha autoridade superior que equilibre as relacións entre todos os homes, cada home faría o que considerase mellor para si non freándose ante o mal que puidera ocasionar. Disto despréndese a absoluta necesidade da existencia dun monarca poderoso a quenes todos respectasen e obedeceran”

“Deus establece ós reis como ministros e reina por medio deles sobre os seus pobos. A persoa dos reis é sagrada e cometer atentados contra eles é sacrilexio. Que Deus retire a súa man e o mundo voltará á nada; que a autoridade do Príncipe deixe de facerse sentir no reino, e todo se abismará na maior confusión.”

(HOBBES, T. O Leviatan, 1558-1679)

(BOSSUET: Política sacada da Sagrada Escritura,1679.)

1. Resume nunha frase o contido de cada un destes textos. 2. Busca argumentos en cada un deles para xustificar o poder absoluto. 3. Neste sistema ¿quen participa na actividade política? 4. Define monarquía. España é hoxe unha monarquía. ¿Cales son as principais diferenzas coa monarquía absoluta? Actividade 3: A monarquía parlamentaria. “O poder supremo e absoluto, no Reino de Inglaterra, reside no Parlamento.” Os Lores e os comúns, reunidos en parlamento, recórdanlle ó noso soberano señor El Rei (…) que o estatuto feito non lle permite establecer impostos no seu reino sen o consentimento dos arcebispos, bispos, condes baróns, cabaleiros, burgueses e outros homes libres dos comúns deste reino, que pola autoridade do Parlamento (…) queda establecido que ninguén poida ser obrigado contra vontade a prestar diñeiro a El Rei, porque a obriga é contraria á razón e ás liberdades do país. (…) Ningún home libre pode ser encarcerado nin desposuído dos seus bens, das súas liberdades (…) se non é por unha sentencia legal dos seus pares ou leis do país.

Petición de dereitos, 1628

1. ¿Quen ten máis poder en Inglaterra, o monarca ou o parlamento? Xustifica a túa resposta. 2. ¿Hoxe en día quen decide que impostos hai que pagar? Actividade 4: Evolución da poboación indíxena no México Central. Antes da chegada dos españois 25.000.000 1532 16.800.000 1548 6.300.000 1568 2.650.000 1580 1.900.000 1595 1.375.000 1605 1.075.000 1. Fai unha gráfica cos datos do cadro anterior 2. ¿Cales poden ser as causas deste descenso da poboación? 3. Quen traballará a partir destas datas para os españois?

Page 28: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 33

TEMA 3

RENACEMENTO E BARROCO

Page 29: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 34

Page 30: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 35

I UNHA MENTALIDADE MODERNA: O HUMANISMO

Nos séculos XIV, XV e XVI desenvólvese en Europa un movemento intelectual e filosófico que recibe o nome de Humanismo, caracterízase por unha nova concepción do home e da relación deste co mundo. Esta nova mentalidade modificará por completo as teorías medievais en aspectos relacionados coa educación, o saber, a arte ou a relixión. Os seus puntos básicos serían os seguintes:

1- O mundo clásico era símbolo de perfección. Consideraban a Idade Media como un período escuro e bárbaro, no que se perderan os verdadeiros saberes. En realidade estes nunca se perderan, xa que a obra clásica fora pacientemente copiada ó longo dos séculos nos códices dos mosteiros medievais 2- Antropocentrismo. Agora, fronte á cultura medieval na que Deus era considerado o centro do Universo, os humanistas rescatan a concepción do home como medida de tódalas cousas, e pretenden poñer como base do saber e da educación a razón humana. 3- Empirismo e espírito crítico, xa que pretenden converter o seu saber nunha cultura alternativa á eclesiástica. De aí que unha das súas preocupacións sexa renovar a educación, destacando os valores da razón e o coñecemento empírico, é dicir, baseándoa no observación e na experiencia, e non nas doutrinas das “autoridades” ou doutores .Nace así un espírito crítico que se aplica a tódolos aspectos da vida e do saber. Por unha banda, abriuse o camiño á ciencia moderna, sustentada na análise dos fenómenos da natureza ( destacan os nomes de Copérnico, Vesalio, Servet...). O Humanismo deu tamén lugar a aparición dunha actitude crítica respecto á Igrexa, reivindicando unha relixión máis persoal e directa e opoñéndose ós aspectos máis negativos das institucións eclesiásticas, porque se afastan do cristianismo primitivo. Estas ideas serán a base do movemento da Reforma . 4- Mecenado. Príncipes, nobres e burgueses, para amosar o seu poder e riquezas, rivalizaron para protexer os máis destacados intelectuais e artistas. Ó amparo destes mecenas impulsáronse manifestacións culturais que soamente alcanzaron a grupos sociais minoritarios, á marxe da maior parte da poboación, inculta e allea a este movemento. Entre os principais humanistas destacan aqueles que quixeron renovar a vida eclesiástica e criticar a sociedade da súa época, como Erasmo de Rotterdam, Tomás Moro e Luis Vives, ou filólogos como Antonio de Nebrija.

Actividade 1: Reflexións dun humanista. “ Agora é a posesión da razón a que fai ó home. Se as árbores medran, os homes,crédeme, moldéanse. Os que antigamente vivían en bosques , guiados por meras necesidades e desexos naturais, non dirixidos por leis nin organizados en comunidades naturais, eran máis bestas salvaxes que homes. Porque a razón, característica da humanidade, sobra alí onde todo o domina o instinto. É indiscutible que un home non instruído pola razón en filosofía e cultura, é unha criatura inferior ó animal. De aquí que poida concluír que o que non permite que o seu fillo sexa instruído de forma conveniente, non é home nin fillo de home. A natureza ó darvos un fillo preséntavos unha criatura ruda, informe, á que pola vosa parte debedes moldear para que se converta nun home de verdade. Se este moldeado se descoida, seguiredes tendo un animal; se, pola contra, se realiza sabiamente, teredes, case diría, o que pode resultar un ser semellante a Deus”

ERASMO DE ROTTERDAM “ De pueris satatim ac liberalitern instituendis” 1529

Page 31: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 36

Exemplo de “tipos” dunha imprenta

1. ¿ Como pensa Erasmo que era a vida do home primitivo? ¿ Cres ti que a vida era tal como el a describe? 2. ¿ Cal é o papel que lle asigna á educación?

Estas ideas humanistas tiveron difusión entre as clases máis cultas grazas a un invento coetáneo: a imprenta. A invención da imprenta (arredor do 1448) partiu da xilografía , pero desenvólvese cando foron ideadas as letras móbiles de metal, que permitían compor unha páxina, entintala e sacar copias mediante unha prensa. O seu inventor foi o Alemán Gutenberg. Este invento estendeuse rapidamente por toda Europa debido a súa innegable vantaxe: agora podían imprimirse en pouco tempo moitas copias dun libro, mentres que na Idade Media copiar un

libro levaba anos na vida dun monxe. Houbo impresores que se converteron en editores, como Aldo Manuccio ou Nebrija. Os editores pronto comezaron a seleccionar os gustos dos seus clientes e a diferenciar as súas posibilidades económicas e culturais. Chegaron a crear sistemas de vendas ambulantes nas feiras e mercados e desenvolveron a publicidades dos libros máis solicitados. As Universidades son os centros de cultura e usarán manuais impresos redactados en latín para difundir as novas ideas. O espírito crítico dos humanistas, permítelles aceptar aportacións de distintas fontes, superando os estudios tradicionais (Teoloxía e Filosofía) e abríndose a campos como Física, Matemáticas, Medicina, ... Actividade 2: Facendo libros.

Observa nestas imaxes dous procesos distintos de elaboración dun libro: 1. ¿Cal dos dous procesos é anterior? ¿Por que? 2. ¿Cales son as principais diferenzas entre ambos xeitos de escribir: soporte, materiais, técnicas, duración, ...? 3. ¿Cales serán as consecuencias deste cambio?

II A DIFUSIÓN DA CULTURA: IMPRENTA E UNIVERSIDADE

Page 32: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 37

Martin Lutero (á esquerda) da imaxe,e outros protestantes con Federico I, rei de Dinamarca e de

Noruega que apoiou ós protestantes.

III A REFORMA E A CONTRARREFORMA A Igrexa da fin da Idade Media estaba en plena crise: o clero rural estaba en xeral mal formado e o alto clero era un simple modo de vida para os segundóns das familias poderosas , que carecían de motivación. A Igrexa caera nos vicios do resto da sociedade: apego ás riquezas e escasa moralidade. En xeral había moi pouca preocupación pola evanxelización e pola salvación das almas. A orixe da Reforma protestante atópase no humanismo e no seu principal expoñente,. Erasmo de Rotterdam Foi Martín Lutero quen pretendeu resolver esta situación, denunciando publicamente os problemas da Igrexa. Elaborou as chamadas 95 teses nas que abordaba os principais problemas da Relixión. O Papado non acolleu de boa gana as ideas de Lutero e rematou por excomungar ó frade alemán. Pero en Alemaña as súas ideas tiveron boa acollida e así un bo número de príncipes alemáns decidiron protestar diante do Emperador Carlos V e do Papa por esta excomuñón. Naceu deste xeito o “protestantismo”. As súas principais ideas son: 1. Salvación pola Fe. 2. Libre interpretación das Sagradas Escrituras. 3. Só dous Sacramentos: Bautismo e Eucaristía 4. Sacerdocio Universal: non é obrigatorio o celibato do clero. 5. Relación directa entre o crente e Deus. A Igrexa aínda que excomungando a Lutero, asumiu a necesidade dunha reforma en profundidade da institución. Esta reforma, chamada a Contrarreforma abordouse no Concilio de Trento (1545-1563) , introducindo unhas melloras no funcionamento da Igrexa Católica.

O que non conseguiu O Concilio de Trento foi reunificar á Igrexa cristiá nunha soa. As diferenzas entre católicos e protestantes eran xa demasiado grandes. Actividade 3: ¿Quen é quen? (Precursores da ciencia moderna) O seguinte cadro pretende ser unha homenaxe de Rafael á Ciencia dende as súas bases no Mundo Antigo (Grecia e Roma) ata a súa época. Nel aparecen representados moitas das personalidades máis sobranceiras da filosofía, matemáticas, física, xeografía, arte,... Buscade información e facede unha pequena biografía de todos e cada un destes personaxes (4-5 liñas), indicando cales foron as súas principais aportacións.

Page 33: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 38

IV ESTILOS ARTÍSTICOS DA IDADE MODERNA

Aínda que en conxunto Europa na Idade Moderna segue a ser un mundo máis de labregos que de cidadáns, a nivel artístico é a cidade o seu centro, o mesmo que xa pasaba no gótico. As cidades son centros moi dinámicos: nela aséntanse as clases dirixentes, nelas fixan os monarcas as súas Cortes e nelas viven os burgueses que controlan o comercio interoceánico e a banca. A prosperidade urbana permite que unha parte das riquezas se adique ás actividades suntuarias: grandes obras arquitectónicas (igrexas, palacios) ricamente engalanadas con esculturas e pinturas. Os estilos artísticos que se suceden na Idade Moderna son

Renacemento - s. XV e XVI- Barroco - s. XVII e XVIII-

IV.1 Renacemento A miúdo dise que o Renacemento constitúe unha verdadeira revolución cultural e artística que rompe bruscamente coa tradición medieval. Non é así exactamente: hai unha etapa de transición na que pervive unha linguaxe plástica medieval ó tempo que

“A escola de Atenas” de Rafael

Platón

Aristóteles

Ptolomeo

Dióxenes Sócrates

Miguel Anxo Bramante

Pitágoras Rafael

Arquímedes

Page 34: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 39

van introducíndose interesantes innovacións. Esta etapa de transición que se desenvolve en Italia e Flandes, culmina nun pleno Renacemento no s. XV. 1) ¿Que trazos caracterizan as obras renacentistas? o naturalismo, derivado do antropocentrismo. Recúperase o sentido da beleza fundamentado na proporción, harmonía, equilibrio e na ordenación clara das partes a investigación, cun especial interese pola perspectiva para representa-la terceira dimensión. Os elementos representados organízanse en liñas que converxen nun punto, punto de fuga. a temática mitolóxica e o retrato, ademais da tradicional relixiosa ou señorial. a utilización de elementos arquitectónicos greco-romanos

Actividade 4: Características da arte renacentista. 1. Relaciona estas obras cos trazos que caracterizan as obras renacentistas 4. Busca nun libro de Arte unha obra de tema mitolóxico, explicando o que se conta nela. ¿Por que agora aparece esta temática? 5. Recordamos ou aprendemos algúns termos artísticos: - perspectiva; canon; dintel; vulto redondo; composición; cúpula; contraposto 2) Os grandes mestres renacentistas Debemos diferenciar dúas etapas: Quattrocento: s. XV Cinquecento: s. XVI No cadro seguinte aparecen os principais artistas do Renacemento:

Quattrocento Cinquecento Arquitectura BRUNELLESCHI MIGUEL ANXO Pintura BOTICELLI MIGUEL ANXO Escultura DONATELLO LEONARDO DA VINCI; RAFAEL; MIGUEL

ANXO; TIZIANO

“David” de Michelangelo

“Villa Rotonda” de Palladio

Page 35: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 40

IV.2 BARROCO O Barroco supón a ruptura do equilibrio clásico: prefírese o dinamismo, a tensión, a distorsión, os contrastes. 1) ¿Onde se inicia o Barroco? Se ben o cambio se inicia en Italia, sendo Roma o centro principal e os Papas os seus mecenas, a arte barroca expandiuse con forza e de xeito distinto a outras zonas: Francia: arte ó servizo da monarquía. A arquitectura atende a palacios e xardíns, a escultura a retratos que inmortalicen ós poderosos. Holanda: arte burguesa e laica que recolla o cotián España: arte de inspiración mística, ausencia de sensualidade,con gran presencia do tenebrismo. Pero tamén temas mitolóxicos e sobre todo retratos de Corte. 2) Que trazos caracterizan as obras barrocas

- deseños baseados na liña curva: elipses, parábolas, sinuosidades,... - realismo, recollendo e mostrando a realidade tal como é, pode incluso chegar ó macabro para conmover o sentimento do espectador (Cristo de G. Fernández) - movemento vehemente nos edificios, nas esculturas ou na pintura - xogos de luces e sombras (tenebrismo) - rexeitamento da medida, o equilibrio e a razón, gustando en cambio do excesivo, o fantástico e o irracional. A sensación substitúe a razón.

3) Os grandes mestres do Barroco

ITALIA FRANCIA PAISES BAIXOS ESPAÑA

Arquitectura BERNINI Versalles MANSARD

A Praza Maior

Escultura BERNINI G.HERNÁNDEZ

Pintura CARAVAGGIO Barroco decorativo

Flandes: RUBENS Holanda: REMBRANT HALS VERMEER

RIBERA ZURBARÁN VELÁZQUEZ MURILLO

Actividade 5: A Arte Barroca. 1. Describe e analiza as imaxes “A vocación de San Mateo” de Caravaggio, e “As Meninas” de Velázquez: personaxes, lugar físico, espacio, acción, luz, cor, punto de vista, ... Actividade 6: A arte evoluciona. Estamos diante de catro imaxes que representan a mesma escena (iconografía). 1. ¿Qué escena é? 2. Se tiveras que escoller, ¿cal sería a que máis te gustaría. 3. Ordénaas de máis antigo a máis moderno. 4. ¿Mellorou a forma de representar a mesma escena ou simplemente cambiou?

Page 36: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 41

a) b)

c) d)

5. Describe as características máis salientables dende os seguintes parámetros: forma de representa-la escena; modelado das figuras; sensación de profundidade; perspectiva; luz, ambiente; liña/cor tonal; …

Page 37: Libro de CCSS 4º ESO Bloque 1

IES MARÍA SARMIENTO. 4º ESO. 42