127
LICENCIATURA DE ECONOMÍA 2º CURSO Contido Código : 191201 Nome:Estatística Económica I Ano Academico : 2009/2010 Créditos teóricos: 5.00 Créditos prácticos: 4.00 Total: 9.0 Carácter: Troncal Convocatoria: Anual Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009 Profesorado do Contido Nome Categoria Función Gonzalez Murias,Pilar TIT-UN Profesor/a Lois Mosquera,Marina TIT-EU Profesor/a Obxectivos da materia Que o alumno consiga o coñecemento en profundidade das técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva dos datos económicos e dalgunhas das principais estatísticas das que dispoñemos no ámbito socio-económico no que nos relacionamos. Tamén o repaso dos distintos elementos do cálculo das probabilidades que permitan o dominio da inferencia estatística. O alumno poderá utilizar a súa aprendizaxe desta parte da estatística no ámbito das outras materias que ten que cursar, ademais de adquirir os fundamentos para o estudo da inferencia estatística. Contidos TEMA 1.- INTRODUCIÓN 1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido 1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica 1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE 2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases 2.2.- Estatísticas derivadas. Distribucións de frecuencias 2.3.- Representacións gráficas 2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable 2.4.1.- Medidas de posición 2.4.2.- Medidas de dispersión 2.4.3.- Medidas de forma 2.5.- Medidas de concentración 2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais 2.7.- Aplicacións económicas TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES 3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características 3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas 3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais 3.4.- Dependencia e independencia estatística 3.5.- Xeneralización ás características n-dimensionais 3.6.- Aplicacións económicas TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN 4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación 4.2.- Regresión linear simple 4.3.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple 4.4.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións 4.5.- Regresión e correlación múltiple. 4.6.- Axustes non lineares. Elasticidade 4.7.- Aplicacións económicas TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES 5.1.- Definición e clasificación dos números índices 5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor 5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión 5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base

LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

  • Upload
    vanliem

  • View
    236

  • Download
    4

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

LICENCIATURA DE ECONOMÍA

2º CURSO

Contido

Código : 191201 Nome:Estatística Económica I Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 5.00 Créditos prácticos: 4.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Gonzalez Murias,Pilar TIT-UN Profesor/a

Lois Mosquera,Marina TIT-EU Profesor/a

Obxectivos da materia

Que o alumno consiga o coñecemento en profundidade das técnicas estatísticas necesarias para a análise descritiva dos datos económicos e dalgunhas das principais estatísticas das que dispoñemos no ámbito socio-económico no que nos relacionamos. Tamén o repaso dos distintos elementos do cálculo das probabilidades que permitan o dominio da inferencia estatística. O alumno poderá utilizar a súa aprendizaxe desta parte da estatística no ámbito das outras materias que ten que cursar, ademais de adquirir os fundamentos para o estudo da inferencia estatística.

Contidos

TEMA 1.- INTRODUCIÓN 1.1.- A Ciencia Estatística. Definición e contido 1.2.- Conceptos básicos na Estatística Económica 1.3.- Fontes de datos: especial referencia á mostraxe en poboacións finitas TEMA 2.- ANÁLISE ESTATÍSTICA DUNHA VARIABLE 2.1.- Os datos estatísticos e as súas clases 2.2.- Estatísticas derivadas. Distribucións de frecuencias 2.3.- Representacións gráficas 2.4.- Medidas que caracterizan a distribución dunha variable 2.4.1.- Medidas de posición 2.4.2.- Medidas de dispersión 2.4.3.- Medidas de forma 2.5.- Medidas de concentración 2.6.- Momentos en distribucións unidimensionais 2.7.- Aplicacións económicas TEMA 3.- ANÁLISE CONXUNTA DE DÚAS VARIABLES 3.1.- Distribucións bidimensionais de frecuencias. Estudo das súas características 3.2.- Distribucións marxinais e condicionadas 3.3.- Momentos en distribucións bidimensionais 3.4.- Dependencia e independencia estatística 3.5.- Xeneralización ás características n-dimensionais 3.6.- Aplicacións económicas TEMA 4.- AS TÉCNICAS DE REGRESIÓN E CORRELACIÓN 4.1.- Introdución ás teorías da regresión e correlación 4.2.- Regresión linear simple 4.3.- Correlación entre variables. O coeficiente de correlación linear simple 4.4.- Bondade do axuste dunha regresión. Predicións 4.5.- Regresión e correlación múltiple. 4.6.- Axustes non lineares. Elasticidade 4.7.- Aplicacións económicas TEMA 5.- NÚMEROS ÍNDICES 5.1.- Definición e clasificación dos números índices 5.2.- Índices de prezos, cantidades e valor 5.3.- Propiedades dos números índices. Participación e repercusión 5.4.- Problemas na elaboración de índices complexos. Cambio de base

Page 2: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

5.5.- Deflactación de series económicas 5.6.- Aplicacións económicas. TEMA 6.- ANÁLISE CLÁSICA DAS SERIES TEMPORAIS 6.1.- Compoñentes dunha serie. Esquemas de relación 6.2.- Análise das compoñentes. Desestacionalización 6.3.- Aplicacións económicas TEMA 7.- ESTATÍSTICAS SOCIO-ECONÓMICAS 7.1.- Índices de Prezos ao Consumo 7.2.- Índice de Prezos Industriais 7.3.- Índice de Produción Industrial 7.4.- Enquisa de Poboación Activa 7.5.- Enquisa de Presupostos Familiares 7.6.- Outros indicadores económicos TEMA 8.- TEORÍAS DA PROBABILIDADE EN ESTATÍSTICA 8.1.- Introdución. 8.2.- As teorías clásica e frecuentista 8.3.- Conceptos subxectivos da probabilidade 8.4.- Axiomática da probabilidade 8.4.1.- Conceptos previos 8.4.2.- Axiomas de Kolmogorov 8.4.3.- Algúns teoremas derivados 8.5.- Probabilidade condicional. Teorema de Bayes 8.6.- Independencia de acontecementos TEMA 9.- VARIABLES ALEATORIAS E DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE 9.1.- Concepto de variable aleatoria. Función de distribución 9.2.- Distribucións de probabilidade de variables aleatorias discretas 9.3.- Distribucións de probabilidade de variables aleatorias continuas 9.4.- Valor esperado dunha variable aleatoria 9.5.- Momentos dunha distribución. Desigualdade de Chebychev 9.6.- Outras características dunha distribución 9.7.- Funcións xeradoras de momentos 9.8.- Funcións de variables aleatorias TEMA 10.- XENERALIZACIÓN A DISTRIBUCIÓNS MULTIDIMENSIONAIS. INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA 10.1.- Distribucións de probabilidade bivariantes. Distribucións marxinais de probabilidade 10.2.- Valores esperados e momentos. Coeficiente de correlación 10.3.- Distribucións de probabilidade condicional. Independencia de variables aleatorias 10.4.- Valores esperados e momentos nas distribucións condicionais 10.5.- Xeneralización a distribucións de probabilidade multivariante 10.6.- Funcións de vectores aleatorios 10.7.- Modelos discretos. Modelos continuos 10.8.- Introdución á inferencia estatística

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA Estatística Descritiva. Libros de teoría: CASAS SÁNCHEZ, J. M., SANTOS PEÑA, J. (1995) Introducción a la Estadística para Economía y Administración de Empresas, vol 1. Centro de Estudios Ramón Areces, S.A., Madrid. ESCUDER VALLÉS, R. (1997). Métodos estadísticos aplicados a la Economía. Ariel, Barcelona. ESTEBAN GARCÍA, J. y otros (2005). Estadística descriptiva y nociones de probabilidad. Thomson, Madrid GARCÍA BARBANCHO, A. (1991). Estadística elemental moderna. Ariel Economía, Barcelona. MARTÍN-GUZMÁN, P., MARTÍN PLIEGO, F.J. (1987). Curso básico de Estadística Económica. AC, Madrid. MARTÍN PLIEGO, F.J. (2004). Introducción a la Estadística Económica y Empresarial.Teoría y práctica. Thomson, Madrid. MONTIEL, A.M., RIUS, F., BARÓN, F.J. (1997). Elementos básicos de Estadística Económica y Empresarial. Prentice-Hall, Madrid. PÉREZ SUÁREZ, R. e outros (1993). Análisis de datos económicos 1. Métodos Descriptivos. Pirámide, Madrid. PULIDO SAN ROMÁN, A. (1976). Estadística y Técnicas de Investigación Social. Pirámide, Madrid. RIOBÓO, J.M.; DEL ORO, C.P. (2000). Representaciones gráficas de datos estadísticos. AC, Madrid. URIEL, E., MUÑÍZ, M. (1988). Estadística Económica y Empresarial. Teoría y ejercicios. AC, Madrid. Libros de exercicios e problemas ARNALDOS GARCÍA, F. e otras. (2003). Estadística Descriptiva para Economía y Administración de Empresas. Thomson. BARÓ LLINÁS, J. (1985). Estadística descriptiva. Aplicaciones económico-empresariales. Parramón, Barcelona. CASA ARUTA, E. (1965). 200 problemas de estadística descriptiva. Vicens-Vives, Barcelona. GARCÍA BARBANCHO, A. (1973). Ejercicios de Estadística Descriptiva para economistas. Ariel, Barcelona MARTÍN PLIEGO, F. J. (1987). Curso práctico de estadística económica. AC, Madrid. RODRÍGUEZ, J. e ARENALES, C. (1990). Problemas de estadísticas económicas. Pirámide, Madrid. SANZ, J. A., BEDATE, A., RIVAS, A., GONZÁLEZ, J. (1996). Problemas de estadística descriptiva empresarial. Ariel, Barcelona. Cálculo de probabilidades e modelos. Libros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. (1978): Introducción a la Estadística Teórica. Lex Nova. BARBANCHO (1992): Estadística teórica básica. Ariel. CANAVOS (1989): Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. McGraw-Hill. CASAS SÁNCHEZ, J.M.; SANTOS PEÑAS, J. (1995): Introducción a la Estadística para la Economía y la Administración y Dirección de Empresas. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces. DURÁ-LOPEZ (1989): Fundamentos de estadística. Ariel. FERNÁNDEZ-ABASCAL, H. y otros (1994). Cálculo de probabilidades y estadística. Ariel. FERREIRA MURTEIRA (1980): Probabilidades e Estatística (2 volúmenes). McGraw-Hill de Portugal. MARTÍN PLIEGO, F. y RUIZ-MAYA, L. (2006): Fundamentos de probabilidad. Thomson. PEÑA (1986): Estadística. Modelos y Métodos. (2 volúmenes). Alianza Editorial. ROHATGI (1976): A introduction to probability theory and mathematical statistics. John Wiley and Sons. Libros de exercicios e problemas BARÓ LLINÁS, J. (1985): Cálculo de probabilidades. Parramón. CASAS SÁNCHEZ, J.M. y otros (1998): Problemas de estadística. Pirámide. Madrid.

Page 3: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

FERNÁNDEZ-ABASCAL, H. y otros (1995): Ejercicios de cálculo de probabilidades. Ariel. Barcelona. MARTÍN PLIEGO, F. y otros (2006): Problemas de Probabilidad. Thomsom. MURGUI, S. y otros (1992): Estadística para economía y administración de empresas. Aplicaciones y ejercicios. G. Puchades. RUIZ-MAYA, L. (1989): Problemas de Estadística. AC. Libros de informática: PÉREZ LÓPEZ, C. (2002) Estadística Aplicada a través de Excel. Prentice Hall. Madrid.

Competencias

- Facer unha correcta presentación dos datos estatísticos: táboas, gráficos. - Resumir as principais características dos datos que se manexan. - Realizar análises sinxelas de regresión e correlación - Obter conclusións socio-económicas segundo a natureza dos datos a partir dos valores estatísticos. - Resolver cuestións relativas ao cálculo de probabilidades. - Poder analizar os modelos teóricos de distribucións de probabilidade: determinar compoñentes, características e probabilidades concretas. - Obter as principais características dunha estatística mediante a utilización dun software informático.

Metodoloxía da ensinanza

A ensinanza da materia organízase nas 3 horas de clase semanais nas que se explican os contidos fundamentais e nas que se realizan prácticas para clarexar os conceptos, así como para que o alumno acaden as habilidades fixadas. Requírese a participación do alumno tanto no desenvolvemento da clase como na realización de cuestións e exercicios. As horas de prácticas con ordenadores repártense entre o primeiro e o segundo cuadrimestre. A elas acudirán os grupos axeitados á capacidade das aulas de ordenadores: 15-20 equipos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A materia pode superarse mediante as dúas opcións seguintes: A.- Aprobando o exame final oficial na data publicada a tal efecto polo Decanato da Facultade no período habilitado polo Reitorado da Universidade para a realización de exames. Os alumnos que se presenten ao exame deberán ir provistos do seu DNI, pasaporte ou tarxeta universitaria para a súa identificación. B.- Por curso, seguindo o traballo desenvolvido polo alumno. Neste método inclúese a realización de exercicios e cuestións por parte do alumno, así como exames parciais que serán dous al menoss, ademais da participación activa na clase. Para seguir este sistema de avaliación é imprescindible a asistencia regular ás clases en porcentaxe non inferior ao 85% segundo o control que se levará das asistencias. Todo o referido a este sistema será exposto no 1º día de clase e, de optar por él, terán que comunicalo entregando unha ficha debidamente cuberta antes do 20 de outubro. A/O alumna/o que non supere a materia por curso tendra opción de aprobala no exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: 3 semanais, que se reparten entre teoría e práctica segundo conveña á aprendizaxe. Horas non presenciais: para fixar conceptos, resolver cuestións, realizar exercicios antes das clases, estudar para os exames parcial, final ou controis de clase: 4,5 horas semanais. Total volume de traballo: 7,5 horas/semana.

Recomendacións para o estudo da materia

- Traballar na materia a diario para poder aproveitar as clases, tanto para seguir a materia como para expoñer as dúbidas na clase (é moi bo para o conxunto) ou en titorías. - Poñer en conexión continuamente as ferramentas da estatística descritiva coas necesidades que xurden nas outras materias. - Non deixar de facer todo o que se vai propoñendo para traballar. - Non aparcar a materia aínda que as avaliacións parciais non sexan positivas, sempre que se estea disposto a seguir traballando.

Observacións

Todo o referido ao alumnado que sigua o curso con opción a exames parciais estará sometido ao detalle que se poiderá expoñer nas clases.

Page 4: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191202 Nome:Estrutura Económica de España Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 5.00 Créditos prácticos: 2.50 Total: 7.5

Carácter: Troncal Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Verdugo Mates,Rosa Maria PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Introducir o alumno nos aspectos básicos da economía española, para o que se lle proporcionará un coñecemento detallado das súas características e trazos definitorios. Para cumprir os anteriores obxectivos, pártese dos coñecementos xa adquiridos polos alumnos, fundamentalmente nas materias de análise económica e historia económica de España, e adóptase un enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto de elementos e interdependencias que operan a nivel da economía española e que permiten entender as mudanzas que, de forma acelerada, veñen caracterizando a súa evolución recente.

Contidos

- A economía española na Europa do último medio século (1959-2005). Unha análise de conxunto - As fontes do crecemento económico español - Os elementos estruturais básicos - Análise sectorial da estrutura económica española - Análise espacial da estrutura económica española

Bibliografía básica e complementaria

(a) Bibliografía básica: - García Delgado, José L. (director), Lecciones de economía española, 6ª edición, Civitas, 2003. - García Delgado, José L. (director), Ejercicios y prácticas de economía española, 4ª edición, Civitas, 1999. (b) Bibliografía complementaria: - García Delgado, José Luis (director). España, economía ante el siglo XXI. Espasa-Calpe, 1999. - Martín, Carmela, España en la nueva Europa, Alianza Universidad, 1998. - Martínez Chacón, Elvira (directora), Economía española, Ariel, 2002. - Rallo Romero, A. (coordinador), Curso de estructura económica española, Pirámide, 2001. - Tamames, Ramón, Estructura económica de España, Alianza editorial, 2003. - Vallés Ferrer, J. (coordinador), Economía española, McGraw-Hill, 1997.

Competencias

- Coñecer as características estruturais da economía española na súa fase actual, con respecto ás súas configuracións anteriores e en relación co resto da Unión Europea. - Coñecer e saber empregar as principais fontes estatísticas económicas de ámbito español e, tamén, as técnicas básicas de análise que permitan profundar e actualizar o coñecemento da estrutura económica española.

Metodoloxía da ensinanza

A exposición dos temas propostos correrá a cargo do profesor. As exposicións irán acompañadas por lecturas, por parte dos alumnos, de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán estas explicacións. A partir destas exposicións, incentivarase a participación activa dos alumnos na aula. Así mesmo, proporase a realización de seminarios-titoría, en grupos reducidos, para abordar aspectos específicos do programa ou das técnicas analíticas utilizadas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Dado o carácter cuadrimestral desta materia, a avaliación levarase a cabo mediante a realización dun exame final que terá lugar despois de finalizar as clases do segundo cuadrimestre. O exame consistirá nunha serie de preguntas, preferentemente obxectivas, sobre o temario desenvolvido ao longo do curso académico. Os estudantes que acaden, polo menos, a metade da puntuación máxima posible terán aprobada a materia. De todas formas, a cualificación do exame non constitúe a única nota do alumno. Procúrase, tamén, cualificar as presentacións, intervencións en debates, traballos realizados, etc.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais das horas lectivas (75), recoméndase, con carácter indicativo, que o alumno dedique unhas 110 horas de traballo non presencial ao estudo da materia, que deberían estar uniformemente repartidas ao longo do curso académico e non

Page 5: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

concentradas nos días finais.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores en cada caso. Aconséllase, así mesmo, a consulta frecuente das principais fontes estatísticas empregadas e dalgún dos principais xornais económicos (5 Días, Expansión, etc), como mecanismos que axuden a fixar o coñecemento impartido nas clases teóricas. Por último, aconséllase utilizar o servizo de titorías para a resolución de calquera dúbida ou problema que se presente ao longo do curso académico.

Page 6: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191203 Nome:Introdución ao Dereito Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 12.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido Nome Categoria Función Martin Gomez,Manuel ASOU Profesor/a Millán Calenti,Rafael ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionarlles aos alumnos o coñecemento dos conceptos e institucións xurídicos básicos para a actividade económica. Preténdese que, partindo dunhas nocións elementais sobre o ordenamento xurídico español e o Dereito Civil Patrimonial, poidan adquirir unha visión panorámica do Dereito Mercantil. A materia concéntrase esencialmente en contidos de carácter xurídico-privado e de Dereito español: para o coñecemento doutros sectores do noso ordenamento xurídico-público con incidencia na actividade económica ou do Dereito Comunitario, o alumno deberá cursar outras materias optativas ou de Libre Configuración.

Contidos

I. -INTRODUCIÓN XERAL Lección 1: Dereito. Economía. Sociedade Lección 2: Dereito. Xustiza. Norma Lección 3: Dereito. Propiedade. Empresa II. - INTRODUCIÓN AO DEREITO DE OBRIGAS Lección 4: Dereitos. Deberes. Obrigas Lección 5: Personalidade. Capacidade. Responsabilidade Lección 6: Feitos. Actos. Contratos PRIMEIRA PARTE: DEREITO DA EMPRESA MERCANTIL I. - PROBLEMÁTICA XURÍDICA DA EMPRESA MERCANTIL Lección 7: Empresa e actividade económica produtiva Lección 8: Mercado e competencia económica Lección 9: Organización produtiva e empresa Lección 10: Xestión e responsabilidade II. - FORMAS DE ORGANIZACIÓN DA EMPRESA MERCANTIL Lección 11: Empresario individual Lección 12: Sociedades mercantís Lección 13: Fundación-Empresa e outras formas de empresa Lección 14: Unións de empresas III. - TIPOS DE SOCIEDADES MERCANTÍS Lección 15: Sociedade Regular Colectiva Lección 16: Sociedade Comanditaria Simple Lección 17: Sociedade Anónima: concepto, caracteres, constitución Lección 18: Sociedade Anónima: as accións Lección 19: Sociedade Anónima: órganos Lección 20: Sociedade Anónima: contas, modificacións estatutarias, disolución e liquidación Lección 21: Sociedade de Responsabilidade Limitada (1) Lección 22: Sociedade de Responsabilidade Limitada (2) Lección 23: Sociedade Comanditaria por accións Lección 24: Sociedades Cooperativas IV. CRISE DA EMPRESA Lección 25: Procedementos preconcursais Lección 26: Concurso de acredores SEGUNDA PARTE: DEREITO DO MERCADO I. DEREITO DA DISTRIBUCIÓN EMPRESARIAL Lección 27: Introdución xeral Lección 28: Contrato de compravenda (1) Lección 29: Contrato de compravenda (2) Lección 30: Contrato de transporte Lección 31: Contrato de depósito Lección 32: Contratos de comisión, axencia e concesión mercantil Lección 33: Contrato de seguro II. DEREITO DO FINANCIAMENTO EMPRESARIAL Lección 34: Instrumentos de financiamento empresarial

Page 7: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Lección 35: Teoría xeral dos títulos de crédito Lección 36: A letra de cambio (1) Lección 37: A letra de cambio (2) Lección 38: Cheque, obriga de pagamento, carta orde de crédito e tarxeta de crédito Lección 39: Contratos de crédito Lección 40: Medios de garantía

Bibliografía básica e complementaria

(Últimas edicións de cada manual) Leccións 1 a 14: SUAREZ-LLANOS GOMEZ, L.: Introducción al Derecho Mercantil, Civitas Resto das leccións: URIA, R.: Derecho Mercantil, Marcial Pons JIMÉNEZ SÁNCHEZ, G. Coord.: -NOCIONES DE DERECHO MERCANTIL, Marcial Pons. -LECCIONES DE DERECHO MERCANTIL, Ariel SANCHEZ CALERO, F., Principios de Derecho mercantil, McGraw-Hill

Competencias

Xunto coa adquisición dun coñecemento xeral das institucións no ámbito xurídico mercantil, a docencia da materia, na medida da dispoñibilidade dos medios materiais necesarios, estará dirixida a proporcionarlles aos alumnos: - O dominio da linguaxe técnico-xurídica básica correspondente - A capacidade de busca (en soporte papel ou electrónico), lectura e comprensión de disposicións legais - Os coñecementos elementais para a interpretar, elaborar ou cumprir letras de cambio e outros títulos-valores, cláusulas contractuais, estatutos sociais, etc.

Metodoloxía da ensinanza

Exposición teórica da materia acompañada da realización de casos e outras actividades prácticas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Para os alumnos de nova matrícula haberá un sistema de avaliación continua. Para os demáis, a avaliación realizarase mediante exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Tendo en conta que a materia é de 12 créditos, pódese estimar o tempo de estudo e de traballo persoal necesario en 180 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

Co obxecto de que o alumno sexa consciente da relevancia da materia para a súa formación académica e profesional e para estimular o seu interese neste ámbito, así como a súa motivación para o estudo, recoméndase a lectura habitual de prensa, especialmente a económica, concentrando a súa atención nos aspectos xurídicos das informacións.

Page 8: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191204 Nome:Matemáticas para Economistas II Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

As técnicas de optimización matemática son imprescindibles para a toma de decisións no campo da economía e a empresa. Por este motivo, nesta disciplina desenvólvense os conceptos e as técnicas básicas de optimización matemática co obxectivo de achegarlle ao alumno o instrumental matemático axeitado para poder abordar un dos problemas máis frecuentes na economía: a asignación eficiente de recursos escasos entre usos alternativos. O temario empeza cuns temas dedicados ao estudo das funcións diferenciables, pois o seu manexo é necesario para formular e resolver os problemas de optimización. De seguido, introdúcense os elementos básicos dun problema de optimización e procédese ao seu estudo. A continuación, estúdase a integración, ferramenta matemática que o alumno precisa manexar con soltura. Nos dous últimos temas estúdanse modelos dinámicos en tempo discreto (ecuacións en diferenzas) e en tempo continuo (ecuacións diferenciais).

Contidos

Tema 1.- Diferenciación de funcións de varias variables reais 1.1.- Definición de función diferenciable 1.2.- Condición necesaria e suficiente para a diferenciabilidade 1.3.- Relación entre continuidade e diferenciabilidade 1.4.- Conceptos de derivada direccional e parcial 1.5.- Vector gradiente 1.6.- Función continuamente diferenciable Tema 2.- Diferenciación dunha aplicación de Rn en Rm 2.1.- Definición de aplicación diferenciable 2.2.- Relación entre a diferenciabilidade dunha función e as súas funcións compoñentes 2.3.- Concepto de matriz xacobiana 2.4.- Aplicación continuamente diferenciable Tema 3.- Teoremas relativos á diferenciación 3.1.- Regra da cadea 3.2.- Función homoxénea de grao m. Teorema de Euler 3.3.- Derivadas parciais sucesivas. Exemplos 3.4.- Teorema de Schwarz 3.5.- Polinomio de Taylor Tema 4.- Convexidade 4.1.- Formas Cuadráticas. Concepto e clasificación 4.2.- Conxuntos e funcións convexas 4.3.- Convexidade e diferenciabilidade Tema 5.- Programación estática 5.1.- Presentación formal do problema 5.2.- Tipos de solucións. Solucións óptimas 5.3.- Teorema de Weierstrass 5.4.- Clasificación dos problemas de optimización estática Tema 6.- Optimización sen restricións 6.1.- Condición necesaria para a existencia de extremo local 6.2.- Matriz hessiana 6.3.- Condición suficiente de óptimo local e global Tema 7.- Optimización con restricións 7.1.- Método dos multiplicadores de Lagrange 7.2.- Condicións necesarias e suficientes para a existencia de óptimo Tema 8.- Integral de Riemann de funcións dunha variable real 8.1.- Particións dun intervalo 8.2.- Integral dunha función nun intervalo cerrado 8.3.- Propiedades da integral de Riemann 8.4.- Teorema do valor medio do cálculo integral 8.5.- Regra de Barrow Tema 9.- Cálculo de primitivas

Page 9: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

9.1.- Definición de primitiva dunha función 9.2.- Concepto de integral indefinida 9.3.- Cálculo de primitivas Tema 10.- Integral de Riemann para funcións de varias variables 10.1.- Función integrable nun rectángulo 10.2.- Funcións integrables nun conxunto medible 10.3.- Integración reiterada Tema 11.- Ecuacións en diferenzas 11.1.- Ecuacións en diferenzas de primeira orde 11.2.- Ecuacións lineais cun coeficiente variable 11.3.- Análise cualitativa e estabilidade 11.4.- Aplicacións económicas Tema 12.- Ecuacións diferenciais 12.1.- Ecuacións diferenciais de primeira orde 12.2.- Ecuacións diferenciais separables I 12.3.- Ecuacións diferenciais lineares de primeira orde 12.4.- Teoría cualitativa e estabilidade

Bibliografía básica e complementaria

1.- BALBAS-GIL-GUTIÉRREZ. “Análisis Matemático para la Economía II”. Editorial A.C. 1988. 2.- BORRELL, J. “Métodos matemáticos para la economía”. Pirámide. 1990 3.- CABALLERO, R.E. e outros. “Métodos matemáticos para la Economía”. McGraw-Hill. 1993. 4.- CHIANG, A.C. “Métodos fundamentales de Economía matemática”. McGraw-Hill. 1987. 5.- CODDINGTON, E. A. “Ordinary differential equations”. Prentice-Hall. 1961. 6.- COSTA REPARAZ, E. “Matemáticas para economistas”. Pirámide. 1984. 7.- GANDOLFO, G. “Métodos y modelos matemáticos de la dinámica económica”. Tecnos. 1976. 8.- GARCÍA, X. A. “Ecuacións en diferencias e ecuacións diferenciais”. Imprenta Universitaria. 1987 9.- GRAFFE ARIAS, J. “Matemáticas Universitarias para estudiantes de Ciencias Económicas y Empresariales”. Mc Graw Hill. 1985. 10.- GUERRERO CASAS, F.M. “Curso de optimización: Programación matemática”. Ariel. 1994. 11.- GUZMÁN, M. “Ecuaciones diferenciales ordinarias”. Alhambra Universidad. 1987 12.- HIRSCH, M. “Ecuaciones diferenciales”. Alianza editorial. 1974. 13.- INTRILLIGATOR, M. “Optimización matemática y teoría económica”. Prentice Hall. 1973. 14.- LÓPEZ CACHERO, M. “Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas I”. Pirámide. 1994. 15.- LÓPEZ CACHERO, M. “Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas II. Ejercicios”. Pirámide. 1994. 16.- LUENBERGER, D. G. “Dinamic systems”. John Wiley. 1979. 17.- QUIÑOÁ, X.L. “Análise matemática I”. 1989. 18.- SIMONS, F. “Ecuaciones diferenciales”. McGraw-Hill. 1977. 19.- SYDSAETER, K. e HAMMOND, P. “Matemáticas para el análisis económico”. Prentice Hall. 1996.

Competencias

- Estudar para funcións de varias variables os conceptos xa coñecidos para funcións dunha variable real. - Resolver problemas de optimización, tanto sen restricións como con restricións. - Coñecer a teoría da integración para funcións de unha e varias variables. - Familiarizarse cos procesos dinámicos en tempo discreto e en tempo continuo. - Coñecementos de informática e manexo do programa de cálculo MAPLE.

Metodoloxía da ensinanza

As clases teóricas combinaranse con clases prácticas nas que se resolverán diversos exercicios e tamén con clases na aula de informática, na que os alumnos aprenderán a manexar os programas de calculo que permiten resolver co computador os problemas vistos na clase.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Avaliación continua: é voluntario e require asistencia a clase obrigatoria, realizar os traballos periódicos que se indiquen e varias probas escritas ao longo do curso. A cualificación obtida no conxunto de probas e traballos permite aprobar a materia sen realizar o exame final. Os alumnos que non opten por este sistema serán cualificados coa nota obtida no exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais da asistencia á clase, 4 horas semanais para asimilar os contidos vistos na clase e para facer exercicios deben ser suficientes para superar esta materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Como en todas as disciplinas de Matemáticas, é moi importante que o alumno leve ao día a materia. As fotocopias do material, que poderán obter na fotocopiadora, poden servir para que o alumno lea por anticipado os contidos que o profesor vai explicar na clase co fin de ir familiarizándose con eles.

Page 10: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161205 Nome:Matemáticas para Empresariais II Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Miguel Dominguez,Jose Carlos De CAT-UN Profesor/a

Ramos Calvo,Agustin TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

As técnicas de optimización matemática son imprescindibles para a toma de decisións no campo da economía e a empresa. Por este motivo, nesta disciplina desenvólvense os conceptos e as técnicas básicas de optimización matemática co obxectivo de achegar o alumno ao instrumental matemático axeitado para poder abordar un dos problemas máis frecuentes na economía: a asignación eficiente de recursos escasos entre usos alternativos. O temario empeza cuns temas dedicados ao estudo das funcións diferenciables, pois o seu manexo é necesario para formular e resolver os problemas de optimización. De seguido, introdúcense os elementos básicos dun problema de optimización e procédese ao seu estudo. A continuación estúdase a integración, ferramenta matemática que o alumno precisa manexar con soltura. Nos dous últimos temas estúdanse modelos dinámicos en tempo discreto (ecuacións en diferenzas) e en tempo continuo (ecuacións diferenciais).

Contidos

Tema 1.- Diferenciación de funcións de varias variables reais 1.1.- Definición de función diferenciable 1.2.- Condición necesaria e suficiente para a diferenciabilidade 1.3.- Relación entre continuidade e diferenciabilidade 1.4.- Conceptos de derivada direccional e parcial 1.5.- Vector gradiente 1.6.- Función continuamente diferenciable Tema 2.- Diferenciación dunha aplicación de Rn en Rm 2.1.- Definición de aplicación diferenciable 2.2.- Relación entre a diferenciabilidade dunha función e as súas funcións compoñentes 2.3.- Concepto de matriz Xacobiana 2.4.- Aplicación continuamente diferenciable Tema 3.- Teoremas relativos á diferenciación 3.1.- Regra da cadea 3.2.- Función homoxénea de grao m. Teorema de Euler 3.3.- Derivadas parciais sucesivas. Exemplos 3.4.- Teorema de Schwarz 3.5.- Polinomio de Taylor Tema 4.- Convexidade 4.1.- Formas cuadráticas. Concepto e clasificación 4.2.- Conxuntos e funcións convexas 4.3.- Convexidade e diferenciabilidade Tema 5.- Programación estática 5.1.- Presentación formal do problema 5.2.- Tipos de solucións. Solucións óptimas 5.3.- Teorema de Weierstrass 5.4.- Clasificación dos problemas de optimización estática Tema 6.- Optimización sen restricións 6.1.- Condición necesaria para a existencia de extremo local 6.2.- Matriz Hessiana 6.3.- Condición suficiente de óptimo local e global Tema 7.- Optimización con restricións 7.1.- Método dos multiplicadores de Lagrange 7.2.- Condicións necesarias e suficientes para a existencia de óptimo Tema 8.- Integral de Riemann de funcións dunha variable real 8.1.- Particións dun intervalo 8.2.- Integral dunha función nun intervalo cerrado 8.3.- Propiedades da integral de Riemann 8.4.- Teorema do valor medio do cálculo integral 8.5.- Regra de Barrow

Page 11: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Tema 9.- Cálculo de primitivas 9.1.- Definición de primitiva dunha función 9.2.- Concepto de integral indefinida 9.3.- Cálculo de primitivas Tema 10.- Integral de Riemann para funcións de varias variables 10.1.- Función integrable nun rectángulo 10.2.- Funcións integrables nun conxunto medible 10.3.- Integración reiterada Tema 11.- Ecuacións en diferenzas 11.1.- Ecuacións en diferenzas de primeiro orde 11.2.- Ecuacións lineares cun coeficiente variable 11.3.- Ecuacións de segunda orde 11.4.- Ecuacións de segunda orde con coeficientes constantes Tema 12.- Ecuacións diferenciais 12.1.- Ecuacións diferenciais de primeira orde 12.2.- Ecuacións diferenciais separables I 12.3.- Ecuacións diferenciais lineares de primeira orde 12.4.- Teoría cualitativa e estabilidade 12.5.- Ecuacións diferenciais de segunda orde 12.6.- Ecuacións diferenciais de segunda orde con coeficientes constantes

Bibliografía básica e complementaria

1.- BALBAS-GIL-GUTIÉRREZ. “Análisis Matemático para la Economía II”. Editorial A.C. 1988. 2.- BORRELL, J. “Métodos matemáticos para la economía”. Pirámide. 1990 3.- CABALLERO, R.E. e outros. “Métodos matemáticos para la Economía”. McGraw-Hill. 1993. 4.- CHIANG, A.C. “Métodos fundamentales de Economía matemática”. McGraw-Hill. 1987. 5.- CODDINGTON, E. A. “Ordinary differential equations”. Prentice-Hall. 1961. 6.- COSTA REPARAZ, E. “Matemáticas para economistas”. Pirámide. 1984. 7.- GANDOLFO, G. “Métodos y modelos matemáticos de la dinámica económica”. Tecnos. 1976. 8.- GARCÍA, X. A. “Ecuacións en diferencias e ecuacións diferenciais”. Imprenta Universitaria. 1987 9.- GRAFFE ARIAS, J. “Matemáticas Universitarias para estudiantes de Ciencias Económicas y Empresariales”. Mc Graw Hill. 1985. 10.- GUERRERO CASAS, F.M. “Curso de optimización: Programación matemática”. Ariel. 1994. 11.- GUZMÁN, M. “Ecuaciones diferenciales ordinarias”. Alhambra Universidad. 1987 12.- HIRSCH, M. “Ecuaciones diferenciales”. Alianza editorial. 1974. 13.- INTRILLIGATOR, M. “Optimización matemática y teoría económica”. Prentice Hall. 1973. 14.- LÓPEZ CACHERO, M. “Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas I”. Pirámide. 1994. 15.- LÓPEZ CACHERO, M. “Curso básico de matemáticas para la economía y dirección de empresas II. Ejercicios”. Pirámide. 1994. 16.- LUENBERGER, D. G. “Dinamic systems”. John Wiley. 1979. 17.- QUIÑOÁ, X.L. “Análise matemática I”. 1989. 18.- SIMONS, F. “Ecuaciones diferenciales”. McGraw-Hill. 1977. 19.- SYDSAETER, K. e HAMMOND, P. “Matemáticas para el análisis económico”. Prentice Hall. 1996.

Competencias

- Estudar para funcións de varias variables os conceptos xa coñecidos para funcións dunha variable real. - Resolver problemas de optimización, tanto sen restricións como con restricións. - Coñecer a teoría da integración para funcións de unha e varias variables. - Familiarizarse cos procesos dinámicos en tempo discreto e en tempo continuo.

Metodoloxía da ensinanza

Utilizaranse transparencias para impartir as clases teóricas (que estarán á disposición dos alumnos na fotocopiadora). As clases teóricas combinaranse con clases de encerado, nas que se farán diversos exercicios, e tamén con clases de informática, nas que os alumnos aprenderán a manexar programas que permiten resolver co ordenador os problemas vistos na clase.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación farase mediante probas escritas que terán lugar ao longo do curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais da asistencia á clase, 3 horas semanais para asimilar os contidos vistos na clase e para facer exercicios deben ser suficientes para superar esta materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Como en todas as materias de Matemáticas, é moi importante que o alumno leve ao día a materia. As fotocopias das transparencias, que poderán obter na fotocopiadora, poden servir para que o alumno lea por anticipado os contidos que o profesor vai explicar na clase co fin de ir familiarizándose con eles.

Page 12: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161206 Nome:Microeconomía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Fernandez Castro,Maria Belen PC-DOU Profesor/a

Riveiro Garcia,Maria Dolores PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

No curso de Microeconomía preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como sistema de asignación de recursos, así como proporcionarlle ao alumno unha explicación dos procesos de elección dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados. Isto supón, en primeiro lugar, analizar a conduta das unidades económicas individuais, é dicir, cómo e por qué estas unidades toman decisións económicas. A continuación, trátase de explicar cómo se resolve o problema asignativo, mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. Neste contexto, as nocións de racionalidade e de equilibrio constitúen os principios organizadores da análise. Un segundo obxectivo da materia é fornecer os alumnos dun coñecemento profundo do método e da análise da microeconomía, dos seus modelos básicos a das principais aplicacións. A partir da comprensión do funcionamento básico da actividade económica, a microeconomía proxéctase como un valioso instrumento para abordar de xeito rigoroso diferentes problemas, entre outros, a toma de decisións empresariais, aspectos de política microeconómica e da intervención pública, e máis en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna. Un terceiro obxectivo, neste caso transversal, é familiarizar o alumno co uso dos modelos e as técnicas da microeconomía na análise dos problemas vinculados ás interaccións entre axentes económicos, a elección privada e pública e o benestar.

Contidos

I. INTRODUCCIÓN 1. O OBXECTO DE ESTUDIO DA MICROECONOMÍA E OS CONCEPTOS MICROECONÓMICOS BÁSICOS II. ANÁLISES DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR 2. UTILIDADE E PREFERENCIAS 3. A RESTRICCIÓN PRESUPOSTARÍA E A ELECCIÓN DO CONSUMIDOR 4. A TEORÍA DA DEMANDA III. APLICACIÓNS DA TEORÍA DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR 5 A OFERTA DE TRABALLO DO CONSUMIDOR 6. AS DECISIÓNS NO MERCADO DE CAPITAIS 7. INCERTEZA E INFORMACIÓN: ELECCIÓN EN CONDICIÓNS DE RISCO IV. A TEORÍA DA PRODUCCIÓN 8. A EMPRESA E A PRODUCCIÓN 9. A TEORÍA DOS CUSTOS DE PRODUCCIÓN DA EMPRESA V. AS ESTRUCTURAS DE MERCADO 10. MERCADOS COMPETITIVOS 11. MONOPOLIO 12. COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA 13. INTRODUCCIÓN A TEORÍA DE XOGOS 14. OLIGOPOLIO SEN COLUSIÓN 15. O OLIGOPOLIO CON COLUSIÓN VI. EQUILIBRIO XERAL 16. ANÁLISE DO EQUILIBRIO XERAL

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía Básica Estrin, S. y Laidler, D. (1995): Microeconomía. 4ª Ed. . Prentice Hall, Madrid. Perloff, J.M. (2004): Microeconomía. Ed. Prentice-Hall, Madrid. Pyndick, R. S. e D. L. Rubinfield (2003): Microeconomía. 5ª edición, Prentice Hall. Bibliografía complementaria Bergstrom, T. e H. Varian (1999): Ejercicios de Microeconomía Intermedia. 5ª edición, Antoni Bosch. Carrasco, A., C. De La Iglesia, E. Gracia, E. Huergo, L. Moreno (2003): Microeconomía Intermedia. Problemas y cuestiones Congregado, E., A. A. Golpe e T. Leal, (2002): Microeconomía. Cuestiones y problemas resueltos. Prentice Hall.

Page 13: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Fernández de Castro, J. y Tugores, J. (1997): Microeconomía. McGraw-Hill, Madrid. Frank, R. H. (2001): Microeconomía y conducta. 4ª edición, McGraw—Hill. Gracia, E. e R. Pérez (2004): Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall Hirshleifer, J. e A. Glazer (1994): Microeconomía, Teoría y Aplicaciones. 5ª Edición. Prentice Hall Hispanoamericana. Katz, M. y Rosen, H. (1995): Microeconomía. McGraw-Hill, Madrid. Leroy Miller, R y Meiners, R. (1998): Microeconomía, 3ª Ed. . McGraw-Hill, Bogotá. Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición, Thomson/Paraninfo eds. Pashigian, B. (1996): Teoría de los precios y aplicaciones. McGraw-Hill, Madrid. Segura, J. (1986): Análisis Microeconómico. Alianza Universidad, Madrid. Varian, H. (2003): Microeconomía intermedia. Un enfoque actual. 5ª edición, Antoni Bosch

Competencias

O propósito do curso é que o alumno comprenda, a través dunha análise formal e rigorosa, o papel e as limitacións do mecanismo de mercado na asignación de recursos, e que sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na análise de problemas de asignación de recursos. De acordo con este propósito, esixiráselles aos estudantes unha comprensión dos modelos teóricos de comportamento e organización de mercados introducidos nas aulas de teoría como unha guía para asentar e ampliar os diferentes temas. Ademais, o desenvolvemento do curso utiliza con profusión o razoamento lóxico e o cálculo diferencial e, puntualmente, integral. En consecuencia, as técnicas básicas para o estudo da materia son: 1) Un manexo fluído e continuado do razoamento lóxico e abstracto; 2) Ser capaz de utilizar con comodidade e solvencia o cálculo diferencial en R2 e integral en R; 3) Recorrer con frecuencia á bibliografía e ser capaz de extraer desta ideas aclaratorias e ampliadas do aprendido nas aulas. Todo o anterior resume as calidades requiridas neste curso para unha boa aprendizaxe. Pero ademais, o estudante debe ser capaz, non só de aprender, senón de transmitir o aprendido, é dicir, manexarse con fluidez, tanto no uso da palabra escrita como na expresión oral en público.

Metodoloxía da ensinanza

A materia desenvolverase a través de clases maxistrais e de clases prácticas. a) Clases maxistrais: En torno aos 2/3 das horas anuais dedicaranse á presentación na aula, buscando a interacción dos estudiantes, dos distintos modelos usados na microeconomía para a compresión do funcionamento do mercado. Nestas clases tratarase de incentivar a participación activa por medio de preguntas. b) Clases prácticas: O resto do tempo dedicarase á aplicación práctica das teorías introducidas, resolvendo exercicios numéricos, onde, de novo, a participación activa por parte dos estudiantes (por exemplo, resolvendo os problemas no encerado) contribúe ao proceso de aprendizaxe. Ademais, realizaranse e pediranse comentarios aos estudiantes sobre trazos económicos dos mercados/industrias do contorno, que poden ser comprendidos ou parcialmente explicados coas teorías vistas e analizadas nas aulas teóricas. Tamén, se o número de estudiantes o permite e existen os medios necesarios, tratarase de facer prácticas no ordenador, tanto de simulación do funcionamento das diferentes teorías vistas na aula, como de análise de datos económicos reais que ilustren estes modelos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación, nas distintas convocatorias, levarase a cabo a través de probas escritas. Convocatoria de xuño: - Realizarase un exame parcial eliminatorio nas datas fixadas para a primeira convocatoria ordinaria de exames (febreiro). Este exame comprenderá a materia impartida hasta o momento (normalmente as seccións I, II e III do programa) - Realizarase un exame final no que os alumnos que superaron o parcial son examinados do resto da materia e os demais alumnos da materia completa. Convocatoria de setembro: Realizarase un único exame que comprenderá toda a materia. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame ou exames correspondentes. para a convocatoria de xuño, ademais da nota obtida nos exames, o alumno poderá incrementar a súa nota final hasta un 15% coas notas das actividades propostas durante o curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Se o traballo é continuado e a asistencia á aula tamén, unha media de tres horas e media semanais de estudo deben ser suficientes para un axeitado dominio da materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Como en moitos outros casos, esta non é unha materia fácil de superar se o estudiante deixa o traballo para uns días antes do exame. O dominio da materia esixe un traballo continuado, con asistencia á aula e utilización das titorías para aclaracións e consulta de dúbidas. O estudiante debe intentar familiarizarse cos modelos teóricos mediante a realización de exercicios, tratando de repetir e entender os que foron resoltos na aula e resolvendo outros que facilitará o profesor ou que aparecen na bibliografía. Na realización dos exercicios, o obxectivo non é unicamente que estes estean matematicamente ben resoltos, senón desenvolver a intuición que permita saber dar unha interpretación económica os resultados obtidos. Isto é o que se pretende nesta materia, e debería ser tido en conta polo alumno a hora de preguntarse qué enfoque darlle ao seu traballo para preparar a materia.

Page 14: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191211 Nome:Historia Económica da España Contemporánea Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 1.50 Total: 4.5

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lopez Taboada,Jose Antonio TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

1) Aproximar o alumno ás características e tendencias máis destacadas da historia económica española desde finais do século XVIII ata a actualidade, constatando as particularidades económicas que aproximan e separan a España da tendencia xeral dos países máis desenvolvidos de Europa. 2) Tendo en conta que as formacións socioeconómicas son históricas, insistirase en que os alumnos comprendan que o crecemento económico ten sempre lugar dentro de formacións sociais. Polo tanto, para entender a complexidade do mundo socioeconómico, é necesaria unha análise de tipo histórico, que supere as aproximacións fisicistas que pretenden ofrecernos leis universais. 3) Relacionado co obxectivo anterior, ensinaráselles aos alumnos a analizar series históricas e a interpretalas coa axuda da teoría económica e co recurso aos métodos cuantitativos. 4) Buscarase que os alumnos comprendan que cada momento do pasado e do presente non albergan un único futuro predeterminado e inevitable, senón unha diversidade de futuros posibles, dos que o que termine impoñéndose pode non ser sempre o mellor. Na formación dos futuros economistas, será importante proporcionarlles mecanismos de alerta que lles brinden ferramentas de análise para elixir o mellor dos camiños posibles.

Contidos

1.INTRODUCIÓN. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XVIII 1.1. Crecemento da poboación e réximes demográficos. 1.2. Agricultura e reformismo agrario ilustrado. 1.3. Artesanado, manufacturas e mercados. 1.4. Gastos militares, reformas da facenda, endebedamento e creación do Banco Nacional de San Carlos 2. O CRECEMENTO ECONÓMICO DE ESPAÑA NOS SÉCULOS XIX e XX: AS PRINCIPAIS MACROMAGNITUDES. 2.1. O aumento da poboación. 2.2. A evolución do Produto Nacional e da Renda per cápita. 2.3. Diñeiro e prezos. 2.4. As diferenzas rexionais LECTURA: PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003): El progreso económico de España (1850-2000). Bilbao, Fundación BBVA. (Capítulo 5: "Las fases del crecimiento económico", pp. 143-182) 3. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E A REVOLUCIÓN LIBERAL (1789-1840) 3.1. As contradicións do legado histórico e os factores conxunturais. 3.2. Os cambios institucionais de carácter liberal. 3.3. A parálise manufactureira e os cambios no comercio. 3.4. A situación monetaria e bancaria. 3.5. Un balance do período LECTURA: LLOPIS AGELÁN, E.(2004), "España, la «revolución modernista» y el legado del Antiguo Régimen", en LLOPIS, E. (ed.), El legado económico del Antigo régimen en España. Barcelona, Crítica. Capítulo 1, pp. 11-76) 4. A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA (1840-1880). FREOS E IMPULSOS 4.1. España ante os cambios no comercio e a industrialización europea. 4.2. Estado, infraestruturas e capitais. 4.3. Creación e crise da banca moderna. 4.4. A expansión agraria e os seus límites. 4.5. O desenvolvemento mineiro. 4.6. A industria: téxtil, siderometalurxia e sectores non líderes LECTURA: NADAL, J. e SUDRIÀ, C. (1993), "La controversia en torno al atraso económico español en la segunda mitad del siglo XIX (1860-1913)", Revista de Historia Industrial, nº 3, pp. 199-227 5. DA CRISE FINISECULAR Á PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL 5.1. Da Gran Depresión á modernización económica. 5.2. As políticas comercial, monetaria e fiscal. 5.3. O transporte, as comunicacións e as relacións exteriores. 5.4. O auxe intersecular, a nova banca mixta e o arranque da segunda revolución industrial LECTURA: MALUQUER DE MOTES, J. (1987), "De la crisis colonial a la guerra europea: veinte años de economía española", en NADAL, J., CARRERAS, A. e SUDRIÀ, C. (eds.), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica. Barcelona, Ariel. Capítulo 3, pp. 62-104 6. A ECONOMÍA ESPAÑOLA ENTRE A PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL E A GUERRA CIVIL.

Page 15: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

6.1. O impacto da Primeira Guerra Mundial sobre a economía española. 6.2. A crise de posguerra, a prosperidade dos anos vinte e a distribución do ingreso. 6.3. Crecemento e cambios estruturais durante a ditadura. 6.4. As políticas económicas da Ditadura de Primo de Rivera e da Segunda República. 6.5. A inversión estranxeira e o crecemento industrial. 6.6. A depresión dos anos trinta e o fracaso do reformismo social e político LECTURA: PALAFOX, J. (1997), "Las luces y las sombras del crecimiento económico, 1900-1930", Ayer, nº 28, pp. 61-90 7. A ESPAÑA DO PRIMEIRO FRANQUISMO (1939-1959) 7.1. A economía española durante a Guerra Civil. 7.2. Autarquía, intervencionismo e contrarreforma social. 7.3. O fracaso da autarquía e as reformas dos anos cincuenta. 7.4. A industrialización substitutiva de importacións LECTURA: CATALÁN, J. (1995), "Sector exterior y crecimiento industrial. España y Europa (1939-1959)" Revista de Historia Industrial, nº 8, pp. 99-145 8. A ETAPA DOURADA DO CRECEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL. DO PLAN DE ESTABILIZACIÓN Á CRISE DO PETRÓLEO 8.1. O Plan de Estabilización e a apertura externa. 8.2. A modernización agraria. 8.3. Un acelerado crecemento industrial. 8.4. A política económica e as debilidades do proceso de modernización LECTURA: FUENTES QUINTANA, E. (1993), "Tres decenios de la economía española en perspectiva", en GARCÍA DELGADO, J. L.(dir.), España Economía, Madrid, Espasa Calpe. Capítulo de Introducción, pp. 1-140 (Nota: inda que se recomenda a lectura completa, de xeito obrigatorio para este capítulo pídense só as páxinas 1-30, que son as que se corresponden co período que cobre este tema do programa) 9. A ECONOMÍA ESPAÑOLA NO PERÍODO DEMOCRÁTICO (1976-2004) 9.1. “Shock” enerxético, crise económica e transición política en España. 9.2. Reconversión industrial, saneamento bancario e políticas estruturais. 9.3. A economía española desde a entrada na CEE ata a creación da Unión Monetaria Europea. 9.4. A economía española na Unión Económica e Monetaria LECTURA: ROJO, L. A. (1987), "La crisis de la economía española, 1973-1984", en NADAL, J., CARRERAS, A. e SUDRIÀ, C. (eds.), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica. Barcelona, Ariel. Capítulo 7, pp. 190-200 10. UN BALANCE DE DOUS SÉCULOS DE HISTORIA ECONÓMICA DE ESPAÑA 10.1. Crecemento e cambio estrutural. 10.2. Impulsos e freos ao crecemento. 10.3. ¿Converxencia ou diverxencia de España con Europa? 10.4. ¿Converxencia ou diverxencia entre as rexións españolas? PRÁCTICA: CARRERAS, A., TAFUNELL, x. (coord.) (2005), Estadísticas históricas de España, siglos XIX y XX. Madrid, Banco Exterior de España. Os alumnos elexirán unha serie referente a algún sector productivo e farán un exercicio práctico sobre a mesma.

Bibliografía básica e complementaria

MANUAIS BÁSICOS: COMÍN, F.; HERNÁNDEZ, M. e LLOPIS, E. (eds) (2002), Historia Económica de España (siglos X - XX). Barcelona, Crítica. CARRERAS, A. e TAFUNELL, X. (2003), Historia económica de la España contemporánea. Barcelona, Crítica. TORTELLA CASARES, G. (1994), El desarrollo económico de la España Contemporánea. Historia económica de los siglos XIX y XX. Madrid, Alianza. REFERENCIAS COMPLEMENTARIAS: BRODER, A. (2000), Historia económica de la España Contemporánea. Madrid, Alianza. CARMONA, J. e SIMPSON, J. (2003), El laberinto de la agricultura española. Zaragoza, PUZ. CARRERAS, A., TAFUNELL, x. (coord.) (2005), Estadísticas históricas de España, siglos XIX y XX. Madrid, Banco Exterior de España. CATALÁN, J. (1995), La economía española y la Segunda Guerra Mundial. Barcelona, Ariel. COMÍN, F. (1996), Historia de la Hacienda Pública II. España (1808-1995). Barcelona, Crítica. ETXEZARRETA, M. (coord.) (1991), La reestructuración del capitalismo en España, 1970-1990. Barcelona, Icaria. FERNANDEZ DE PINEDO, E. e HERNANDEZ MARCO, J.L. (eds.) (1988), La industrialización del norte de España. Barcelona, Univ. País Vasco/Crítica. FONTANA, J. (ed.) (1986), España bajo el franquismo. Barcelona, Crítica. GARCÍA DELGADO, J. L. (dir.) (1993), España. Economía. Madrid, Espasa Calpe. GARCÍA SANZ, A.; GARRABOU, R.; JIMÉNEZ BLANCO, J. I. e BARCIELA, C. (eds.) (1985), Historia agraria de la España Contemporánea. 3 Vols. Barcelona, Crítica. GARRABOU, R. (ed.) (1988), Las crisis agrarias de fines del siglo XIX. Barcelona, Crítica. GERMÁN, L.; LLOPIS, E.; MALUQUER, J. e ZAPATA, S. (eds.) (2001), Historia económica regional de España, siglos XIX y XX. Barcelona, Crítica. GÓMEZ MENDOZA, A. (1989), Ferrocarril, industria y mercado en la modernización de España. Madrid, Espasa Calpe. GRUPO DE ESTUDIOS DE HISTORIA RURAL (1981), Estadísticas históricas de la producción agraria española, 1859-1935. Madrid, Ministerio de Agricultura. HERNÁNDEZ ANDREU, J. e GARCÍA RUÍZ, J. L. (coords.) (1996), Historia monetaria y financiera de España. Madrid, Síntesis. LLOPIS, E. (ed.) (2004), El legado económico del Antigo régimen en España. Barcelona, Crítica. NADAL, J. (1975), El fracaso de la Revolución Industrial en España, 1814-1913. Barcelona, Ariel. NADAL, J. (1984), La población española (siglos XVI a XX). Barcelona, Ariel. NADAL, J.; CARRERAS, A. e SUDRIÀ, C. (eds.) (1987), La economía española en el siglo XX. Una perspectiva histórica. Barcelona, Ariel. NAREDO, J. M. (1996), La evolución de la agricultura en España (1940-1990). Granada, Univ. de Granada. NÚÑEZ, C. E. (1992), La fuente de la riqueza. Educación y desarrollo económico en la España contemporánea. Madrid, Alianza. PÉREZ MOREDA, V. e REHER, D.S. (eds.), (1988), Demografía histórica en España. Madrid, El Arquero. PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (1988), De Imperio a nación. Crecimiento y atraso económico en España (1780-1930), Madrid, Alianza. PRADOS DE LA ESCOSURA, L. (2003): El progreso económico de España (1850-2000). Bilbao, Fundación BBVA. PUYOL, R. (ed.) (1997), Dinámica de la población en España. Cambios demográficos en el último cuarto del siglo XX. Madrid, Síntesis. SÁNCHEZ ALBORNOZ, N. (1988), Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930, Madrid, Alianza. SÁNCHEZ ALONSO, B. (1995), Las causas de la emigración española, 1880-1930, Madrid, Alianza. TORTELLA, G. (1973), Los orígenes del capitalismo

Competencias

DESTREZAS XERAIS: - Aprender a manexar fontes para a análise histórico-económica e a apreciar os problemas e fortalezas de cada fonte. - Aprender a interpretar as series históricas. - Acostumarse a utilizar os coñecementos históricos adquiridos como unha base fundamental para afrontar a resolución de problemas

Page 16: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

actuais que se vaian atopando e para evitar repetir erros do pasado. - Adquirir o hábito de introducir na análise económica diferentes tipos de variables (económicas, sociais, políticas, etc.) como forma de explicar mellor realidades complexas. Os numerosos exemplos que sobre isto nos brinda a historia económica resultan moi útiles para tal fin. COMPETENCIAS MÁIS CONCRETAS RELACIONADAS CO PROGRAMA DA MATERIA: - Coñecemento dos principais trazos da economía preindustrial española e dos elementos que levaron á crise do Antigo Réxime. - Comprensión do proceso de transformación polo que atravesaron os sectores produtivos españois ao longo do século XIX, incluíndo atrancos e avances e tendo en conta o papel xogado polas políticas económicas implementadas - Entender os cambios económicos, sociais e políticos que se produciron na España do século XX, diferenciando claramente as principais etapas dun século marcado por dúas guerras mundiais, a Guerra Civil española e a formación da Comunidade Europea, na que España se integra tardiamente. - Os futuros economistas, despois de cursar esta materia, deberían ter unha perspectiva xeral da evolución económica de España desde o século XVIII ata a actualidade, ser capaces de inserir o caso español dentro da evolución da economía europea e de comprender as diferenzas rexionais existentes dentro de España.

Metodoloxía da ensinanza

Esta materia consta de 4,5 créditos e impártese no primeiro cuadrimestre con tres horas semanais: dúas teóricas e unha práctica. A asistencia e a participación na clase serán obrigatorias. Nas horas teóricas, os profesores expoñerán os contidos fundamentais de cada capítulo, prestando atención ao estado actual do debate historiográfico en cada un dos puntos analizados. Algunhas sesións impartiranse nas aulas de informática, apoiando as explicacións co manexo de series de estatísticas históricas. Unha vez impartida a teoría de cada tema, os alumnos terán que preparar a lectura recomendada en cada un dos capítulos. As clases prácticas consistirán na realización, por parte dos alumnos, de exercicios sobre as lecturas indicadas e na posterior corrección dos mesmos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A cualificación que obterá o alumno cando finalice o curso englobará os resultados obtidos en cada unha das partes que se indican a continuación: - A parte práctica da materia representará o 35% da nota final. Ese 35% descomponse en dous bloques: a) O 25% da nota final corresponderase coas prácticas realizadas durante o curso sobre as lecturas indicadas en cada capítulo. b) O 10% restante obterase a partir da cualificación das cuestións correspondentes á parte práctica que se incluirán no exame final. - A parte teórica avaliarase cun exame final sobre o programa impartido da materia e supoñerá o 65% da nota final. Combínanse, pois, nesta materia, os sistemas de avaliación continua e avaliación final dos coñecementos adquiridos.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: - teóricas: 25 - prácticas na aula: 15 - prácticas de ordenador:5 Horas non presenciais: 70 Á semana: 5 horas de traballo que se poden dividir da seguinte maneira: - Horas de teoría: 2 - Horas de preparación de problemas/prácticas: 2 - Preparación do exame final: 1 Horas de avaliación. As probas de avaliación das prácticas realizaranas os alumnos dentro do horario presencial, serán corrixidas polo profesor e posteriormente revisadas na clase a fin de que os estudantes coñezan o resultado obtido, revisen os erros cometidos e poidan aclarar as dúbidas que teñan. O exame final determínao a facultade fóra do horario de docencia. A súa duración estará entre dúas e tres horas. Total volume de traballo do alumno: 115 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

É moi recomendable que os alumnos lean os capítulos dos manuais básicos antes da explicación dos correspondentes temas na clase. Desta maneira seguirán mellor as explicacións da clase e poderán expoñer as dúbidas que lles xurdan. Así mesmo, ao ritmo que se vai explicando o temario, os estudantes terán que ir preparando as lecturas obrigatorias correspondentes ás clases prácticas; xa que deberán avaliarse das mesmas segundo se vaian finalizando os capítulos. Os alumnos deberán acudir ás titorías para todas as cuestións que se lles vaian presentando ao longo do curso e para calquera apoio que desexen obter sobre a materia.

Page 17: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191212 Nome:Teoría do Estado Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 1.50 Total: 4.5

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:11/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

García Añón,María TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Introducir os alumnos no estudo dos conceptos básicos e na realización de prácticas relacionadas coa Teoría do Estado e os sistemas políticos contemporáneos.

Contidos

I. O Estado: definición, elementos e tipos II. A concentración do poder III. A separación de poderes e o liberalismo IV. O nacemento do réxime constitucional V. Democracia e Estado constitucional VI. O sistema democrático e o procedemento lexislativo VII. O pluralismo como elemento da democracia VIII. A Constitución española de 1978 IX. Natureza, vantaxes e límites do Estado das Autonomías español con feitos diferenciais X. O non tan “modélico” modelo de federalismo cooperativo alemán XI. O federalismo asimétrico e a súa non incompatibilidade cos principios de igualdade e solidariedade federais XII. O Estado federal con elementos confederais e a Confederación de tipo moderno ou modelo “confederal-federal” XIII. Continuidade histórica e conceptual entre a Confederación de Estados e o Estado Federal XIV. A Unión Europea como exemplo factible dun modelo “confederal-federal” XV. Crise do Estado como forma de organización política

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA PARA A PREPARACIÓN DOS TEMAS I AO VIII: - BLAS GUERRERO A. DE e PASTOR VERDÚ J. (coords.), Fundamentos de Ciencia Política, UNED, Madrid, 1997. - CHÂTELET F., DUHAMEL O. e PISIER-KOUCHNER E., Historia del Pensamiento Político, Madrid, Tecnos, 1987. - CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA DE 1978. - TORRES DEL MORAL A., Estado de derecho y democracia de partidos, Servicio de Publicaciones, Universidad Complutense de Madrid, Madrid, 1991. - UNIÓN EUROPEA, Tratados y Proyecto de Constitución para Europa. - VALLÉS J. M. e BOSCH M., Sistemas electorales y gobierno representativo, Barcelona, Ariel, 1997. - VALLÉS J. M., Ciencia Política: una introducción, Barcelona, Ariel, 2000. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA PARA A PREPARACIÓN DOS TEMAS IX AO XV: - AJA E., El Estado autonómico, federalismo y hechos diferenciales, Alianza, Madrid, 1999. - APARICIO M. A. (dir.), La descentralización y el federalismo. Nuevos modelos de autonomía política (España, Bélgica, Canadá, Italia y Reino Unido), CEDECS, Barcelona, 1999. - BARATA M. S., O antifederalismo americano como linguagem político-constitucional alternativa, Coimbra Editora, 2002. - FOSSAS E. e REQUEJO F. (eds.), Asimetria federal y Estado plurinacional. El debate sobre la acomodación de la diversidad en Canadá, Bélgica y España, Editorial Trotta, Madrid, 1999. - LA PERGOLA A., Los nuevos senderos del federalismo, CEC, Madrid, 1994. - SAFRAN W. e MÁIZ R. (coords.), Identidad y autogobierno en sociedades multiculturales, Ariel, Madrid, 2002. - VILHAR TRILHO X., A remodelação "federal-confederal" do Reino da Espanha, Edicións Laiovento, Santiago, 2001. - SCHMITTER Ph. C., "La Comunidad Europea como forma emergente de dominación política", en J. Benedicto e F. Reinares (eds.), Las transformaciones de lo político, Alianza, Madrid, 1992.

Competencias

Capacidade analítica e crítica.

Metodoloxía da ensinanza

Aulas teóricas e prácticas.

Page 18: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Sistema de avaliación da aprendizaxe

- Para a parte xeral: exame final. Existe a opción, para os alumnos asistentes, de obter o aprobado do curso, para o que, na parte práctica, deberán realizar –en grupos– un traballo común para as aulas sobre temas actuais. - Para a parte especial: exame final, onde os alumnos terán que desenvolver con sentido crítico un dos temas do programa. Avaliarase tamén positivamente a asistencia ás aulas e a participación activa nos debates que se desenvolvan nelas.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Estímase que, ademais do tempo da asistencia ás aulas, o alumno debe dedicar un mínimo de catro horas para a preparación dos temas e un mínimo semanal de 30 horas na redacción do material do traballo.

Recomendacións para o estudo da materia

A lectura da bibliografía recomendada e o seguimento dos debates e as noticias aparecidas nos xornais sobre asuntos relacionados cos temas do programa.

Observacións

Para ser cualificados, os alumnos deberán entregar unha ficha cos seus datos persoais.

Page 19: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

3º Curso

Contido

Código : 191301 Nome:Contabilidade Analítica Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 1.50 Total: 4.5

Carácter: Troncal Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Aibar Guzman,Beatriz TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

No desenvolvemento da idea de contabilidade como sistema de información para usuarios internos, a finalidade da materia de contabilidade de custos é lograr unha introdución do alumno no coñecemento das necesidades informativas derivadas da xestión empresarial, así como dos elementos necesarios para elaborar unha contabilidade que permita, nun primeiro momento, o cálculo e, máis adiante, a análise de custos e prezos.

Contidos

Tema 1. O SISTEMA DE INFORMACIÓN CONTABLE. Introdución: o porqué da contabilidade de custos. Configuración actual da contabilidade. Insuficiencia da contabilidade xeral. A procura da complementariedade: a contabilidade de custos. Delimitación entre a contabilidade de custos e a xeral. Aspectos normativos da contabilidade de custos e xestión. Tema 2.FUNDAMENTOS TEÓRICOS DA CONTABILIDADE DE CUSTOS E PROCESO XERAL DE DETERMINACIÓN DE CUSTOS E RESULTADOS. A producción e os custos dende o razoamento contable. Cálculo e análise de gastos, custos e ingresos. Clasificación, localización e imputación dos custos. Sistemas de acumulación de custos. A análise do resultado. Tema 3. O COMPORTAMENTO DOS CUSTOS EN RELACIÓN COA ACTIVIDADE. Diferenciación dos custos segundo a súa variabilidade. Custos fixos. Custos variables. Diversos métodos de separación de custos en fixos e variables Tema 4. A RELACIÓN DOS CUSTOS CO PRODUCTO. Introducción. Clases de custos indirectos. Tratamento dos custos indirectos. A asignación dos custos indirectos a través do método das seccións. Produción e custos conxuntos TEMA 5. A RELACIÓN DOS CUSTOS CO PRODUCTO(II): A IMPUTACIÓN RACONAL DOS CUSTOS DE ESTRUCTURA. Características básicas. Coeficiente de actividade. Ventaxas e invonvintes do método. Tema 6. SISTEMAS DE CUSTOS COMPLETOS: SISTEMAS DE ORDES DE FABRICACIÓN E SISTEMAS DE PROCESOS OU DEPARTAMENTOS. Elección dun sistema de custos. Características da contabilidade por ordes de fabricación. Pasos que hai que seguir. A produción multifásica. Problemática da contabilidade por procesos Tema 7. PRESUPOSTOS E ESTÁNDARES. Definición e características. Análise e cálculo das desviacións

Bibliografía básica e complementaria

- BLANCO DOPICO, Mª I., Contabilidad de costes. Análisis y control, Pirámide, Madrid, 1994. - HORGREN, C. T. e FOSTER, G., Contabilidad de costos, Prentice Hall, Madrid, 1996. - LÓPEZ DÍAZ, A. e MENÉNDEZ MENÉNDEZ, M., Curso de contabilidad interna, AC, Madrid, 1989. - MALLO RODRÍGUEZ, C. e JIMÉNEZ MONTAÑÉS, Mª A., Contabilidad de costes, Pirámide, Madrid, 2000. - REQUENA RODRÍGUEZ, J. M.; MIR ESTRUCH, F. e VERA RÍOS, S., Contabilidad de costes y de gestión. Cálculo, análisis y control de costes para la toma de decisiones, Ariel Economía, Barcelona, 2002. - SHENEIDER, E., Contabilidad industrial, Aguilar, Madrid, 1972. - BLANCO DOPICO, Mª I.; AIBAR GUZMAN, B. e RÍOS BLANCO, S. L., Contabilidad de costes. Cuestiones, supuestos prácticos resueltos y propuestos, Prentice Hall, Madrid, 2001. - BLANCO IBARRA, F., Contabilidad analítica. Casos prácticos, Ed. Deusto, Bilbao, 1990. - MONTESINOS JULVE, V. e BROTO RUBIO, J., Ejercicios y soluciones de contabilidad de costes, 2ª edición corrixida, Ariel, Barcelona, 1991. - DRURY, C., Management and cost accounting, Chapman & Hall, Londres, 1994. - HORNGREN, C. T.; SUNDEM, G. L. e SELTO, F. H., Introduction to management accounting, Prentice Hall, Londres, 1993. - WILLIAMSON, D., Cost & management accounting, Prentice Hall, Londres, 1996.

Competencias

- Coñecer as diferenzas entre a contabilidade financeira e a contabilidade de custos. - Pautas que haberá que seguir para determinar o custo a partir do gasto. - Coñecer as principais clasificacións de custos. - Determinar o resultado interno. - Coñecer métodos de separación de custos fixos e custos variables.

Page 20: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

- Aplicar o método das seccións para a asignación de custos indirectos. - Cando e como aplicar o sistema de ordes de fabricación. - Cando e como aplicar o sistema de procesos ou departamentos. - Analizar as diferenzas que xorden entre os custos reais e custos estándares.

Metodoloxía da ensinanza

- A medida que se imparten as clases teóricas, estas iranse combinando e complementando coa formulación de cuestións e exercicios prácticos que, nun primeiro momento, individualmente ou en grupos, os alumnos tratarán de resolver e despois serán corrixidos. - Así mesmo, indicaránselles aos alumnos cuestións e exercicios resoltos que deberán analizar fóra da clase. As dúbidas que poidan xurdir comentaranse na clase. - Por último, poderanse propoñer lecturas complementarias que haberá que comentar na clase.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

- A avaliación é independente do grupo ao que o alumno optara. Serán tanto as probas como a corrección únicas para todos os alumnos. En canto ao modo de avaliación, realizarase a través dun exame final da materia nas datas establecidas no calendario oficial do centro. O seu contido será a totalidade do establecido neste programa. - Pódense propoñer traballos complementarios (lecturas, etc.), que complementarán a avaliación final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

- Horas presenciais: teóricas: 30; prácticas: 15. - Horas non presenciais: lectura da bibliografía básica: 10; análise de supostos resoltos: 14; horas estudo durante o curso: 30; horas de titorías: 6; horas preparación do exame final: 15. - Horas de avaliación: 2,5 - Total: 122,5 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

- Repaso dos conceptos e o método básico seguido pola contabilidade financeira. - Realización dos supostos resoltos. - Lecturas complementarias. - Asistencia e participación na clase. - Estudo continuado da materia.

Page 21: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191302 Nome:Introdución á Econometría Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Exposito Diaz,Pilar INTS-T3 Profesor/a

Rodriguez Gonzalez,Xose Anton TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

O programa desta materia pretende iniciar o alumno no manexo de conceptos e instrumentos básicos para a realización de análises empíricas de tipo cuantitativo no ámbito da Economía, dende o punto de vista da Econometría, así como presentar o papel que pode xogar no contexto da Ciencia Económica. De aí que se ofreza unha panorámica xeral desta disciplina e unha revisión das técnicas máis elementais de planificación e estimación de modelos econométricos, que serán revisados en cursos posteriores. Para acadar estes obxectivos realízanse exercicios prácticos no encerado e iníciase o alumno no manexo e comprensión de aplicacións informáticas que facilitan os cálculos necesarios para a resolución dos exercicios.

Contidos

TEMARIO TEMA 1. INTRODUCIÓN : ECONOMETRÍA E MODELOS ECONOMÉTRICOS 1.1.- A econometría: concepto e evolución 1.2.- Modelos econométricos: elementos e clasificación 1.3.- Metodoloxía da investigación econométrica TEMA 2. MODELO DE REGRESIÓN LINEAR CLÁSICO 2.1.- Introdución 2.2.- Hipóteses do modelo 2.3.- Estimación por Mínimos Cadrados Ordinarios (MCO) 2.4.- Propiedades dos estimadores MCO 2.5.- Análise da bondade do axuste 2.6.- Casos particulares: cambios de orixe, cambios de escala e modelo simple TEMA 3. ANÁLISE DA SIGNIFICATIVIDADE DOS REGRESORES 3.1.- Introdución 3.2.- Intervalos de confianza 3.3.- Contrastes de hipóteses para os parámetros 3.4.- Estimación máximo-verosímil TEMA 4. PREDICIÓN E AVALIACIÓN DE MODELOS ECONOMÉTRICOS 4.1.- Introdución 4.2.- Predición e estabilidade posmostral 4.3.- Avaliación do modelo TEMA 5. USO DOS MODELOS MEDIANTE APLICACIÓNS INFORMÁTICAS

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: GUISÁN. M.C. Econometría. Ed. McGraw-Hill, 1997. JOHNSTON, J. Métodos de Econometría. Ed. Vicens-Vives, 1989. KMENTA, J. Elementos de Econometría. Ed. Vicens-Vives, 1978. PULIDO, A. Modelos econométricos. Ed. Pirámide, 1983. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: ALCAIDE, A. Curso elemental de Econometría. Ed. M. Huerta, 1982.

Page 22: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ALEGRE,J. et al. Ejercicios y problemas de Econometría. Editorial AC, 1995 DAGUM, C. e DAGUM, E. Introducción a la Econometría. Ed. S. XXI, 1971 DUTTA, M. Métodos Econométricos. Ed. South-Western, 1982 GARCÍA BARBANCHO, A. Fundamentos y posibilidades de la Econometría. Ed. Ariel, 1969. GUJARATI, D. Econometría básica. Ed McGraw-Hill Latinoamericana, 2ª Edición, 1990. MADDALA, G.S. Econometría. Ed. McGraw-Hill, 1985. MARTÍN, G.; LABEAGA, J. M.; MOCHÓN, F. Introducción a la Econometría. Ed. Prentice Hall Iberia, 1997. PENA TRAPERO, B. e outros Cien ejercicios de Econometría. Ed. Pirámide, 1999. SALVATORE, D. Econometría. Ed. McGraw-Hill Latinoamericana, Serie Schaum, 1983. WALLIS, K.F. Introducción a la Econometría. Alianza Ed., 1976

Competencias

Co traballo nesta materia, o alumno desenvolve capacidades para saber avaliar e interpretar a realidade económica máis básica, que ampliará en cursos posteriores.

Metodoloxía da ensinanza

Teórico-práctica, que combinará de forma equilibrada os conceptos principais coas súas aplicacións na realidade. Polo tanto, realizaranse prácticas específicas no encerado e no ordenador para cada un dos temas do programa, que consistirán na resolución de exercicios concretos referidos a diversos problemas económicos. Todos estos aspectos complementaranse cun curso virtual da materia.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

CRITERIOS E SISTEMA DE AVALIACIÓN A avaliación realizarase mediante un exame final (que suporá o 80% da nota) que constará de dúas partes diferenciadas: unha parte teórica e unha parte que se referirá aos aspectos aplicados da materia. A valoración de cada unha destas partes é a seguinte: • A avaliación da parte teórica suporá o 60% da nota final; • A avaliación da parte aplicada suporá o 20% da nota final, e para a súa realización permitirase a utilización dalgún manual orixinal de Econometría (non fotocopias) que estea incluído na bibliografía básica da materia. O restante 20% da nota corresponderá co traballo que o alumno realice nas clases prácticas de ordenador e no curso virtual da materia.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Unha hora adicional por cada hora de clase. Polo tanto, no segundo cuadrimestre, catro horas adicionais á semana dedicadas a esta materia, ademais das catro de clase.

Recomendacións para o estudo da materia

Facer un seguimento continuado das clases, dado que o coñecemento do contido que se vai impartindo depende da materia xa traballada.

Page 23: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161303 Nome:Macroeconomía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 12.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Bande Ramudo,Roberto PC-DOU Profesor/a

Barcia Dominguez,M Jose ASOU Profesor/a

Rio Iglesias,Fernando Del TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Faremos un estudio detallado dos principais modelos de análise macroeconómica, tanto en economías pechadas como en economías abertas, analizando os seus puntos de acordo e explicando as súas discordancias, buscando con isto que os estudiantes entren en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteñan unha visión ampla e integrada da macroeconomía. Os principais problemas económicos, o desemprego e a inflación; os instrumentos de política económica e o enfoque do longo prazo no estudio do crecemento non poden tampouco quedar fóra do noso estudio do comportamento das economías modernas.

Contidos

O curto prazo 1. Introducción 1.1. A medición da actividade económica: a contabilidade nacional 1.2. A medición do desemprego: a enquisa de poboación activa 1.3. A medición da inflación: os índices de prezos 2. O mercado de bens 2.1. A composición do PIB 2.2. A demanda de bens: consumo, inversión e gasto público 2.3. Determinación da producción de equilibrio 2.4. Un enfoque alternativo: igualdade investimento-aforro 3. Os mercados financeiros e a taxa de xuro 3.1. A demanda de diñeiro 3.2. A determinación da taxa de xuro nunha economía sen bancos 3.3. A determinación da taxa de xuro nunha economía con sistema bancario 4. Os mercados de bens e financeiros: o modelo IS-LM 4.1. O mercado de bens en equilibrio: a curva IS 4.2. Os mercados financeiros en equilibrio: a curva LM 4.3. O modelo IS-LM: estática comparativa 4.4. Política económica no modelo IS-LM 4.5. A demanda agregada Os ciclos económicos e os primeiros modelos de análise 5. Evidencia empírica sobre os ciclos económicos 5.1. Definición de ciclo 5.2. Datos empíricos sobre ciclos económicos: a producción, o gasto, o emprego, os salarios e a productividade, o diñeiro e a inflación, as taxas de xuro 5.3. Os ciclos da economía española 6. O modelo keynesiano 6.1. O mercado de traballo no modelo keynesiano 6.2. O modelo keynesiano completo 6.3. As políticas de demanda no modelo keynesiano 6.4. As políticas de oferta no modelo keynesiano 7. O modelo clásico 7.1. O mercado de traballo no modelo clásico 7.2. O modelo clásico completo 7.3. As políticas de demanda no modelo clásico 7.4. As políticas de oferta no modelo clásico A nova macroeconomía keynesiana e a análise dos ciclos económicos 8. O mercado de traballo 8.1. Descrición do mercado de traballo

Page 24: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

8.2. Variacións no desemprego 8.3. Determinación dos salarios 8.4. Determinación dos prezos 8.5. A taxa natural de desemprego 9. Análise conxunta de tódolos mercados: o modelo OA-DA 9.1. A oferta agregada 9.2. Producción de equilibrio a curto e longo prazo 9.3. Efectos da política monetaria 9.4. Efectos da política fiscal 9.5. Efectos dos shocks de oferta 10. A curva de Phillips 10.1. Inflación, inflación esperada e desemprego 10.2. A curva de Phillips 10.3. Curva de Phillips e taxa natural: o papel das institucións 10.4. A taxa natural de paro que varía no tempo 11. Inflación, actividade e crecemento da cantidade de diñeiro 11.1. Producción, desemprego e inflación 11.2. O medio prazo 11.3. A desinflación: primeira aproximación 11.4. Expectativas, credibilidade e contratos nominais 11.5. Crecemento da cantidade de diñeiro, inflación e taxas de xuro reais e nominais Os fundamentos microeconómicos da conducta 12. O consumo e o investimento 12.1. A función de consumo keynesiana 12.2. A teoría da renda permanente 12.3. A teoría do ciclo vital 12.4. Os determinantes do investimento en equipo. O Q de Tobin 12.5. O investimento residencial e en existencias Patoloxías 13. As crises e as depresións continuadas 13.1. A desinflación e a deflación 13.2. A Gran Depresión 13.3. A crise xaponesa 14. A inflación elevada 14.1. Os déficits públicos e a creación de diñeiro 14.2. A inflación e os saldos reais 14.3. Os déficits, a señoriaxe e a inflación 14.4. As hiperinflacións 15. A política económica 15.1. A política monetaria 15.2. A restricción orzamentaria do sector público 15.3. A equivalencia ricardiana 15.4. O déficit público e a débeda pública A economía aberta 17. A apertura dos mercados de bens e financeiros 17.1. A apertura dos mercados de bens 17.2. Taxas de cambio nominais e reais 17.3. A apertura dos mercados financeiros 17.4. A balanza de pagamentos 18. O mercado de bens nunha economía aberta 18.1. A relación IS nunha economía aberta 18.2. O nivel de producción de equilibrio e a balanza comercial 18.3. Un amento da demanda, nacional ou estranxeira 18.4. Depreciación, balanza comercial e producción 18.5. Análise dinámica: a curva J 18.6. O aforro, a inversión e os déficits comerciais 19. A producción, a taxa de xuro e a taxa de cambio 19.1. O equilibrio no mercado de bens 19.2. O equilibrio nos mercados financeiros 19.3. A análise conxunta dos mercados de bens e dos mercados financeiros 19.4. Os efectos da política económica nunha economía aberta 19.5. As taxas de cambio fixas 20. A taxa de cambio: axustes, crises e sistemas 20.1. As taxas de cambio fixas e o axuste da taxa de cambio real 20.2. A crises das taxas de cambio 20.3. A elección entre os sistemas de taxas de cambio O longo prazo 21. Os feitos do crecemento económico 21.1. O crecemento dos países ricos dende 1950 21.2. Visión xeral do crecemento económico 21.3. O crecemento económico: consideracións iniciais 22. O aforro, a acumulación de capital e a producción 22.1. Relacións entre producción e capital 22.2. Implicacións de distintas taxas de aforro 22.3. Capital físico fronte a capital humano 23. O progreso tecnolóxico e o crecemento 23.1. O progreso tecnolóxico e a taxa de crecemento 23.2. Os determinantes do progreso tecnolóxico 23.3. Reconsideración dos feitos do crecemento económico

Page 25: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

24. O progreso tecnolóxico, os salarios e o desemprego 24.1. Productividade, producción e desemprego no curto prazo 24.2. Productividade e taxa natural de desemprego 24.3. Progreso tecnolóxico e efectos distributivos

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica • Abel, A. e B. Bernanke, Macroeconomía (Ed. Prentice-Hall, 4ª Ed., 2004) • Bajo, O. e M. A. Monés, Curso de Macroeconomía (Ed. Antoni Bosch, 2ª ed., 2000). • Blanchard, O., Macroeconomía (Ed. Prentice Hall, 4ª ed., 2006). • Mankiw, N. G., Macroeconomía (Ed. Antoni Bosch, 6ª ed., 2007). Textos complementarios: • Belzunegui et al., Macroeconomía. Cuestiones y ejercicios resueltos (Ed. Pearson Educación 2002). • Delong, J. B. e M. Olney, Macroeconomía (Ed. McGraw-Hill, 2ª Ed. 2006). • Díaz-Jiménez, J. Macroeconomía: Primeros conceptos (Ed. Antoni Bosch, 1999) • Froyen, R.T., Macroeconomía: Teorías y política. (Ed. prentice Hall, 5ª ed. 1997). • Dornbush, R., S. Fisher e R. Startz, Macroeconomía (Ed. McGraw-Hill, 4ª ed. 2004).

Competencias

Baseándose no estudio teórico dos distintos modelos macroeconómicos, asi como nos fallos e nas limitacións que estes presentan, ao remate do curso os alumnos deberán ter a capacidade precisa para entender o funcionamento, a nivel agregado, das economías reais, os problemas macroeconómicos fundamentais aos que se enfrontan, e tamén cales deberían ser as políticas óptimas a aplicar en cada situación así como os previsibles efectos destas.

Metodoloxía da ensinanza

Estará baseada fundamentalmente nas clases maxistrais por parte dos profesores, na presentación nas aulas por parte destes dos distintos modelos de funcionamento da economía, e dos problemas económicos que tratan de explicar. Tendo en conta o número de alumnos que asistan ás clases, tratarase de lograr unha participación activa dos estudiantes, sobre todo naqueles temas menos abstractos e de máis actualidade económica. Haberá tamén unha parte do curso máis práctica que poderá incluír, en función do tempo dispoñible, o comentario de noticias relevantes da actualidade económica, lecturas de artigos publicados sobre algún tema incluído nos programas, manexo de dados estatísticos, solución de exercicios prácticos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os alumnos poderán superar a materia por dúas vías: 1.- Superando o exame final que se realizará na data do calendario oficial de exames da facultade. O exame será escrito, tipo test. 2.- Realizando dous exames parciais. As datas destes exames serán: • 1º Parcial, na última semana lectiva do primeiro cuadrimestre. • 2º Parcial, na última semana lectiva do segundo cuadrimestre. A celebración dos exames parciais está condicionada a que podamos recuperar con antelación as catro horas de clase correspondentes á ultima semana do primeiro e do segundo cuadrimestre. Estes exames serán tamén escritos e tipo test, pero para poder presentarse a eles é preciso cumprir os seguintes requisitos: -Inscribirse nunha lista que estará aberta durante o mes de xaneiro, ata 3 días antes da data fixada para o parcial. - Obter unha nota mínima no primeiro parcial para poder presentarse ao segundo. O profesor proporá boletíns de exercicios e traballos pero a súa entrega será de carácter voluntario, e terán sidos en conta á hora da cualificación do parcial para aqueles alumnos que nos exames test non acaden a puntuación precisa para aprobar, pero obteñan alomenos unha nota de catro no exame. Os parciais non serán compensables, de xeito que para poder aprobar a materia por parciais, haberá que sacar unha nota igual ou superior a cinco en cada un dos dous parciais.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Esta disciplina é unha materia anual de 12 créditos, con catro horas semanais de clases presenciais ao longo de todo o curso. Contando con unha asistencia regular ás clases, outras catro horas semanais de dedicación á materia, incluíndo aquí o tempo necesario para a realización dos traballos e boletíns de exercicios, máis o tempo extraordinario de preparación dos exames (en función do traballo xa realizado ao longo do ano, e das características de cada alumno, pero que non tería que superar as 10-15 horas por exame) serán dabondo para superar a materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Considerando que a asistencia regular á clase é moi útil para que os alumnos poidan ter unha idea de conxunto do temario da materia, e das cuestións máis relevantes a partir das explicacións dos temas feitas polos profesores, é moi importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases. A elaboración dos traballos, manexando para iso textos ou simplemente noticias de actualidade extraídos da prensa son de grande axuda para entender mellor o funcionamento das economías e asimilar de forma clara os conceptos teóricos.

Page 26: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161202 Nome:Estatística Empresarial II Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 1.50 Total: 4.5

Carácter: Troncal Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Rivera Fernandez,Miguel A ASOU Profesor/a

Troitiño Cobas,Angela TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionarlle ao alumno o coñecemento das técnicas de inferencia estatística, para o cal é imprescindible abordar o estudo das distribucións e modelos de probabilidade. A inferencia estatística é de grande importancia no ámbito económico-empresarial, xa que trata do procedemento xeral para obter conclusións válidas acerca dunha poboación, para o que se partirá da observación dunha mostra representativa.

Contidos

TEMA 1. INTRODUCIÓN: PROBABILIDADE 1.1. Teorías da probabilidade en estatística: clásica, frecuentista, subxectiva e axiomática. Axiomas de Kolmogorov 1.2. Probabilidade condicionada, conxunta e total. Teoremas 1.3. Teorema de Bayes 1.4. Independencia de acontecementos TEMA 2. DISTRIBUCIÓNS DE PROBABILIDADE 2.1. Variables aleatorias: discretas e continuas 2.2. Distribución de probabilidade dunha variable aleatoria 2.3. Características asociadas ás variables aleatorias. Esperanza, momentos 2.4. Xeralización ó caso bidimensional e multidimensional TEMA 3. MODELOS DE PROBABILIDADE DISCRETOS E CONTINUOS 3.1. Distribución binomial 3.2. Distribución de Poisson 3.3. Distribución normal e normal bivariante 3.4. Distribucións derivadas da normal: khi-cadrado, t-Student, F de Fisher-Snedecor TEMA 4. INTRODUCIÓN Á INFERENCIA ESTATÍSTICA 4.1. Inferencia estatística. Poboacións e mostras aleatorias 4.2. Estatísticos e estimadores. 4.3. Teorema Central do Límite. Aplicacións. 4.4. Distribución da media, varianza e proporción mostrais TEMA 5. ESTIMACIÓN 5.1. Estimación. Propiedades dos estimadores puntuais. 5.2. Métodos de estimación puntual: método dos momentos e de máxima verosimilitude 5.3. Estimación por intervalo: métodos de construción de intervalos de confianza. Intervalos de confianza en poboacións normais TEMA 6. CONTRASTE DE HIPÓTESES 6.1. Conceptos básicos: tipos de hipóteses, rexión crítica e rexión de aceptación, tipos de erros, potencia do contraste 6.2. Metodoloxía do contraste de hipóteses 6.3. Algúns contrastes paramétricos

Bibliografía básica e complementaria

BÁSICA Canavos, G.C. (1997). Probabilidad y Estadística. Aplicaciones y Métodos. Ed. McGraw Hill. Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo, J.A. Sanz. (1994): Cálculo de Probabilidades y Estadística. Ed. Ariel. Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1995): Estadística II: Inferencia. Ed. AC. COMPLEMENTARIA Anderson, D. R.; Sweeney, D.J., Williams, T.A. (2001): Estadística para Administración y Economía. Vol.I. Thomson ed. Berenson, M.L., Levine, D.M. (1996): Estadística Básica en Administración. Conceptos y Aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall. Casas Sánchez, J.M. (1996): Inferencia Estadística para Economía y Administración de Empresas. Ed. Centro de Estudios Ramón Areces. Durá Peiró, J.M., López Cuñat, J.M. (1989): Fundamentos de Estadística. Estadística descriptiva y Modelos Probabilísticos

Page 27: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

para la Inferencia. Ed. Ariel. Freund, J.E., Miller, I., Miller, M. (2000): Estadística matemática con aplicaciones. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall. García Barbancho, A. (1992): Estadística Teórica Básica. Probabilidad y modelos probabilísticos. Ed. Ariel. Kazmier, L.J. (2006): Estadística aplicada a administración y economía. Ed. MnGraw Hil. Martín Pliego, F.J., L. Ruiz-Maya. (1998): Fundamentos de Probabilidad. Ed. AC. (2ª edición, 2006) Levin, R.I., Rubin, D.S. (1996): Estadística para administradores. Ed. Pearson Educación / Prentice Hall. Newbold, P. (1998): Estadística para los negocios y la economía. Ed. Prentice Hall. Newbold, P. ; Carlson, W.L.; Thorne, B. (2007): Estadística para administración y economía. Ed. Prentice Hall. Novales Cinca, A. (1998): Estadística y Econometría. Ed. McGraw Hill. Ruiz-Maya, L., F.J. Martín Pliego. (1999): Fundamentos de Inferencia Estadística. Ed. AC. (2ª ed. 2000; 3ª ed.2005). Sarabia Alegria, J.M. (2000): Curso práctico de estadística. Ed. Civitas. Triola, M.F. (2004): Estadística. Ed. Pearson Educación. Websterm A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y a la economía. Ed. Irwin. LIBROS DE EXERCICIOS Baró Llinás, J. (1987): Cálculo de probabilidades. Ed. Parramón. Baró Llinás, J. (1989): Inferencia estadística. Ed. Parramón. Fernández- Abascal, H., M. Guijarro, J.L. Rojo e J.A. Sanz. (1995): Ejercicios de Cálculo de Probabilidades. Ed. Ariel. Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (1998): Problemas de probabilidad. Ed. AC. Martín Pliego, F.J., Montero Lorenzo, J.M. e Ruiz-Maya L. (2000): Problemas de inferencia estadística. Ed. AC.

Competencias

- Familiarizarse coa teoría do cálculo de probabilidades e a súa aplicación empírica - Aprender o significado empírico e a utilidade instrumental que nos achega o concepto de variable aleatoria e a súa distribución para a análise dos fenómenos empíricos - Coñecer a existencia e a utilidade instrumental de determinados modelos teóricos de distribución de probabilidade - Poder abordar un estudo empírico de inferencia, isto é, ser capaz de identificar e aplicar as ferramentas estatísticas que, a partir dunha m.a.s., permiten estimar e contrastar características poboacionais de interese - En especial, a habilidade para empregar a Inferencia Estatística como unha ferramenta de grande utilidade para a análise de fenómenos empíricos do mundo económico-empresarial

Metodoloxía da ensinanza

As clases serán teórico-prácticas. Nelas trataranse de complementar os contidos teóricos coa presentación e a resolución de exercicios prácticos para a consecución das destrezas e habilidades fixadas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A cualificación global determinarase a partir da puntuación obtida no exame final e, no seu caso, da avaliación do labor continuo desenvolvido polo alumno ao longo do curso (participación activa nas clases, entrega de exercicios, etc).

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Esta materia consta dun total de 4,5 créditos, dos que 3 se dedican á parte teórica e 1,5, á práctica. Impártense 3 horas de clase presenciais á semana e, para que o alumno acade un dominio aceptable dos contidos, consideramos que, asemade, precisaría dedicar aproximadamente outras 4 horas semanais de traballo persoal para a asimilación, maduración e aplicación dos contidos presentados nas clases presenciais.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase que o alumno desenvolva un traballo continuo dende o primeiro día, non só participando nas clases senón dedicándolle semanalmente o tempo necesario para a comprensión e asimilación da materia. O traballo día a día permitiralle ir adquirindo o dominio adecuado dos contidos xa impartidos e constituirá a base para a comprensión do aínda non visto (especialmente importante nas materias nas que, como é este o caso, a comprensión de cada tema precisa dunha axeitada asimilación dos temas previos). En definitiva, o traballo continuo (participación activa nas clases, realización de exercicios, formulación e discusión de cuestións en titorías, etc) constitúe a mellor garantía dun bo resultado para a aprendizaxe e a superación da materia.

Observacións

O alumno debe ter coñecementos sobre as técnicas matemáticas de derivación e integración

Page 28: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191312 Nome:Estrutura Económica de Galicia Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

- Proporcionar un coñecemento detallado das características e o funcionamento da economía galega actual, considerada no contexto español e da Unión Europea. - Proporcionar un marco interpretativo xeral para entender os procesos de cambio e transformación acelerada que vén experimentando a nosa economía nas últimas décadas. - Familiarizar o alumno coas principais estatísticas e fontes doutro tipo dispoñibles para o estudo da economía galega.

Contidos

PARTE I: O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO DA GALICIA CONTEMPORÁNEA Tema 1. Marco conceptual para a análise da economía galega: As achegas desde as teorías do desenvolvemento e desde a teoría da regulación Tema 2. A xénese da estrutura económica galega (I): Etapas históricas do proceso de desenvolvemento/subdesenvolvemento, tipo de inserción na economía española e mundial, evolución comparada en termos de PIB, poboación e ocupación Tema 3. A xénese da estrutura económica galega (II): O modelo de acumulación da economía galega no período 1936-60. Dinámicas sectoriais e factores de bloqueo Tema 4. A xénese da estrutura económica galega (III): O modelo de acumulación da economía galega no período 1960-73. Crecemento económico, dinámicas sectoriais e factores de transformación Tema 5. A estrutura económica galega actual: A crise estrutural dos setenta, os cambios institucionais e o modelo de acumulación da economía galega no período 1975-2005. Mutación da estrutura sectorial e factores de transformación e declive Tema 6. Dinámica comparativa de Galicia no contexto español e europeo: ¿converxencia ou diverxencia?. As diferentes variables, os diversos indicadores e as diferentes propostas explicativas dese proceso PARTE II: FORZAS PRODUTIVAS Tema 7. Poboación, emprego e fluxos migratorios. Os problemas estruturais do mercado de traballo Tema 8. O empresariado e o capital: privado, multinacional, cooperativo e público. Estrutura empresarial e os principais grupos empresariais. As relacións banca-industria Tema 9. Capacidade tecnolóxica e Sistema Galego de Innovación PARTE III: ACTIVIDADES PRODUTIVAS Tema 10. A estrutura produtiva, especializacións sectoriais e relacións intersectoriais (Táboas Input-Output). Tema 11. Sector agrario e política agraria. A agroindustria Tema 12. Sector pesqueiro e política pesqueira. A marindustria Tema 13. Sector industrial e política industrial Tema 14. Sector servizos e terciarización PARTE IV: FORMAS INSTITUCIONAIS E DISTRIBUCIÓN DA RENDA Tema 15. O Sector Público: articulación competencial. O orzamento e o financiamento autonómico e comunitario. A política económica de Galiza e o Plan Estratéxico -PEDEGA- 2000-2006 Tema 16. Sistema financeiro e política crediticia Tema 17. A relación salarial, evolución dos salarios e da estrutura salarial. Distribución funcional da renda Tema 18. A distribución persoal da renda. Desigualdades, polarización e Pobreza. Pensións e Estado de Benestar Tema 19. Estrutura espacial interna da economía galega: desigualdades comarcais de niveis de renda e de desenvolvemento. O proceso de urbanización e as comarcas emerxentes

Page 29: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

PARTE V: RELACIÓNS ECONÓMICAS EXTERNAS E INTEGRACIÓN Tema 20. Comercio exterior (interrexional e internacional) e especialización comercial. Xeografía do comercio externo galego. Aproximación á Balanza de pagamentos; O capital estranxeiro Tema 21. A economía galega no cadro da UE. As relacións con Portugal e a Eurorrexión

Bibliografía básica e complementaria

- BEIRAS TORRADO, Xosé Manuel, O atraso económico de Galiza, Laiovento, Santiago de Compostela, 1995. - VENCE, X., “Desde a Guerra Civil ao século XXI: Transformacións e declive dunha economía periférica” en G. Bergueiro (ed), Tempos de sermos. Galicia nos séculos contemporáneos, Servizo de Publicación da U. Vigo, 2002. - Varios autores, “A economía galega ante o século XXI”, Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico. - FERNÁNDEZ LEICEAGA, X e LÓPEZ IGLESIAS, E., Estrutura económica de Galiza, Laiovento, Santiago de Compostela, 2000. -VENCE, X. (2005): O Fracaso neoliberal na Galiza, Ed. A Nosa Terra. - IDEGA (varios anos), A economía galega. Informe ..., Fundación Caixa Galicia, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986) - Papeles de Economía Española. Economía de las Comunidades Autónomas, Madrid, 16, 1996. - VENCE, X. (dir.), Industria e Innovación, Edicións Xerais, Vigo, 1998. - YÁÑEZ, R., As relacións banca-industria en Galicia, Laiovento, Santiago, 2000. - BEIRAS TORRADO, Xosé Manuel, Por unha Galicia liberada, Xerais, Vigo, 1984. Ademais, oportunamente, indicarase outra bibliografía complementaria para cada un dos diferentes temas.

Competencias

- Capacidade de análise e de síntese. - Capacidade crítica. - Habilidade para analizar e buscar información. O alumno contará cunha base de coñecementos sobre a realidade económica á que pertence, que lle será de utilidade noutras moitas materias da licenciatura e un referente indispensable para a análise da economía en xeral.

Metodoloxía da ensinanza

Consonte os obxectivos expostos, o ensino da materia levarase a cabo a través das seguintes actividades: clases teóricas e clases prácticas, sempre que fora posible complementadas coa formación de grupos de traballo tutelados. AS CLASES TEÓRICAS As clases teóricas constitúen necesariamente o eixe central para o desenvolvemento do programa, pero nelas deberían tratar de combinarse as explicacións do profesor coa participación activa dos estudantes mediante o debate e as discusións. O fomento da participación dos alumnos constitúe un elemento chave de todas aquelas propostas que propugnan a quebra co modelo tradicional das leccións maxistrais. As vantaxes resultan evidentes: a democratización do proceso de traballo inmediato da docencia favorece a aprendizaxe, sobre todo se a pretensión é a de xerar un saudable espírito crítico e de rigor científico. Por outro lado, iso facilita a comprensión e asimilación dos conceptos, fronte á simple acumulación memorística de contidos. En todo caso, as explicacións teóricas son necesarias para axudar os alumnos a que asimilen os conceptos fundamentais, especialmente aqueles de maior complexidade, e permiten presentar a materia de forma xeral, ordenada e sistemática. Ademais, ofrece a posibilidade de establecer un vínculo directo entre profesor e alumno, de modo que proporcionan un escenario idóneo para que o docente poida captar as cuestións nas que os alumnos atopan maiores dificultades e efectuar un relativo seguimento persoal dos progresos. Consideramos que os inconvenientes que presenta a exposición na clase derívanse da dificultade para establecer unha correcta interacción entre o profesor e o alumno. Resulta, así, imprescindible a aplicación correcta deste método e a incorporación de métodos complementarios que impliquen en maior medida aos alumnos. CLASES PRÁCTICAS A exposición dos contidos temáticos da materia débese acompañar dun programa de clases prácticas que permitan afondar nos conceptos e técnicas de análise empregados nas diversas leccións. Servirían, por exemplo, para familiarizar os estudantes co manexo das fontes estatísticas máis importantes que existan para cada materia ou para o debate sobre certos temas (preferentemente cuestións candentes). Partiríase, aquí, dun texto-base, distribuído previamente, e da designación dun ou varios alumnos que actúen como “relatores”. GRUPOS DE TRABALLO Finalmente, cabería a posibilidade de constituír grupos de traballo tutelados para elaboraren estudos sobre determinados temas ou para que se ocupen, ao longo do curso, de elaborar información sobre eles para a súa discusión na clase, orientados polo profesor a través de reunións periódicas en forma de seminarios. Este tipo de actividades ten un triplo obxectivo: - fomentar que os alumnos sexan partícipes da construción do coñecemento; - fomentar o uso de libros, revistas, estatísticas, bases de datos e, en xeral, do material dispoñible en bibliotecas ou hemerotecas ou accesible noutros lugares; - conseguir que adquiran unha certa experiencia para acometer a preparación e redacción de informes, así como a súa presentación e defensa ante os demais Este procedemento resulta máis laborioso para o docente en termos de tempo, polo que o número de alumnos e, consecuentemente, de grupos condiciona este procedemento. Ten, porén, dúas vantaxes: unha, permite unha certa individualización do ensino e, sobre todo, convida á lectura e reflexión, coa estimulación a un tempo da capacidade de síntese e comunicación oral e escrita dos discentes. Na realización deste tipo de traballos debe terse en conta os seguintes aspectos: 1. O nivel de dificultade debe estar suxeito á formación previa dos alumnos. 2. A dedicación dos alumnos a este tipo de traballos debe ser forzosamente moderada. Hai que ter en conta que a considerable carga lectiva nos diferentes cursos non lles deixa moito tempo aos alumnos para desenvolver actividades fóra da aula, polo que a entidade dos traballos debe manterse en límites prudenciais xa que, en caso contrario, podería xerar un efecto desincentivador. 3. A realización dos traballos polos alumnos é unha tarefa que esixe dispor do material bibliográfico e da figura do profesor como referencia, coa orientación e coordinación da súa realización. A ausencia desta coordinación conduciría probablemente non a un traballo de grupo, mais si a un simple agregado inconexo de partes individuais que forcexan por aparentar coherencia ou ben á concentración da carga de traballo e responsabilidade nun ou dous membros do grupo. A experiencia previa móstranos a idoneidade deste método ao respecto dos obxectivos propostos. A apatía, o desconcerto ou a desconfianza inicial nas propias capacidades acaba converténdose, cando se participa activamente na busca e construción do coñecemento, en capacidade de discernimento entre o esencial e o accidental, distanciamento crítico respecto da documentación manexada, aptitude e confianza para emprender retos. Ademais, tamén hai que dicilo, dáse un certo sentido de propiedade privativa do grupo verbo dos resultados do traballo realizado que, nunha lectura amable, se pode entender

Page 30: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

como a satisfacción ante un logro. SEMINARIOS E CONFERENCIAS Entre as actividades complementarias, destacamos a realización de seminarios, fundamentalmente no segundo ciclo da licenciatura e no ensino para posgraduados. O seminario é unha actividade docente encamiñada a complementar as clases para tratar aqueles temas que, pola súa especificidade ou novidade ou por gardar unha relación colateral coa materia, non estean contidos no programa xeral, pero poidan ser de interese para un certo número de alumnos. Os seminarios constitúen un excelente instrumento para a formación crítica e científica dos alumnos e son o complemento ideal para as clases teóricas. Mediante a análise dunha serie de artigos de investigación e/ou revisións sobre un determinado tema e a súa posterior exposición e discusión na clase, o estudante pon en marcha un instrumento didáctico e autoeducativo de primeira orde moi valioso para asimilar e debater información científica. Polo tanto, os seminarios perseguen un duplo obxectivo: abordar temas interesantes no contexto da materia, mais que deben de excluírse do programa debido á escaseza de tempo, e promover a exposición dos temas polos alumnos, o que os obriga á preparación minuciosa do tema e permítelles adquirir soltura para estruturar e sintetizar grande cantidade de información. Outra modalidade moi recomendable para a formación do alumno é a asistencia a conferencias impartidas por profesionais do mundo económico e social. Consideramos que, xunto ao interese puramente docente e pedagóxico, esta actividade fornece ao futuro licenciado dun panorama real e de primeira man do exercicio actual da Economía, xa que un especialista pode ofrecer unha panorámica interesante sobre as materias propias da súa especialidade. TITORÍAS Dentro do ensino universitario, as titorías son un dos medios máis importantes cos que conta o docente no seu esforzo de achegamento aos alumnos. Trátase dun sistema pedagóxico complementario destinado a facilitar o intercambio de opinións entre o profesor e o alumno. O seu obxectivo esencial é constituírse nunha continuación das clases, permitir resolver as dúbidas que non quedasen suficientemente clarificadas na clase e, sobre todo, guiar o alumno nos proxectos de traballo que estea levando a cabo ou propor extensións e ampliacións dos temas vistos na clase. Ademais, a titoría é unha boa fonte de información xeral sobre como se está desenvolvendo o curso. As cuestións que se presenten repetidamente nas titorías son indicativas do interese do alumno por eses temas ou das deficiencias na súa comprensión. Non obstante, na práctica, os alumnos utilizan as titorías para consultar dúbidas os días anteriores ao exame. Para evitar esta situación no posible, é necesario incentivar nos alumnos a utilización dos horarios de titorías, fundamentalmente tras a exposición de temas que por experiencia se saiba que ofrecen maior dificultade.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O sistema básico de avaliación consiste na realización dunha proba final escrita na que se combinan: preguntas tipo test (dirixidas a comprobar o dominio do alumno sobre os conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia) e outras nas que deben responder de forma máis extensa certas cuestións (o obxectivo é aquí contrastar a capacidade do alumno para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir na materia). De forma complementaria, contémplanse outros mecanismos de avaliación: realización de traballos de curso (voluntarios, de acordo coas normas que se estabelezan ao efecto, e dos que se informará no seu momento) e exposición na clase de certos temas preparados previamente polos alumnos.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais da asistencia á clase, un total de 60 horas durante o cuadrimestre, recoméndase que cada alumno dedique o que lle resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, deba facer.

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso.

Page 31: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191313 Nome:Facenda Pública Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 1.50 Total: 4.5

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

O obxectivo principal da materia é o de proporcionarlles aos alumnos nocións básicas de carácter teórico e práctico da actividade financeira do sector público, a xustificación da intervención pública e a teoría da elección pública así como o orzamento do sector público, o gasto público e a Facenda Pública multijurisdiccional.

Contidos

1 - Sector público e actividade financeira 2 - Fundamentación da intervención do sector público 3 - A elección pública e o comportamento do sector público 4 - A evolución do gasto público 5 - Gasto público, equidade e eficiencia 6 - Polícica fiscal e gasto público 7 - O orzamento do sector público 8 - A Facenda Pública multijurisdiccional 9 - Facenda Pública internacional

Bibliografía básica e complementaria

Albi, E.; González-Páramo, J.M.; Zubiri, I.: Economía Pública. Ariel, Barcelona, 2009. Musgrave, R. A.; Musgrave, P.B.: Hacienda Pública. Teórica e Aplicada. McGraw-Hill, Madrid, 1999. Rosen, H.: Hacienda Pública. Mc Graw-Hill, Madrid, 2007. Stiglitz, J.E.: A economía do Sector Público. Ed. Antonio Bosch, Barcelona. Fuentes Quintana, E.: Hacienda Pública: introducción y presupuesto. Ed. Rufino, Madrid, 1990.

Metodoloxía da ensinanza

Nas clases proporcionarase ó alumno os coñecementos básicos sobre a Facenda Pública, estimulando ó alumno no estudio e análisis crítico do seu contido.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A evaluación realizarase principalmente polos exames, así como a asistencia e a participación nas clases e a realización de traballos voluntarios.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

A evaluación realizarase principalmente polos exames, así como a asistencia e a participación nas clases e a realización de traballos voluntarios.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase a asistencia ás clases presenciais, o estudio da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que o profesor aconsellará para cada tema.

Page 32: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191314 Nome:Política Económica: Introdución Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lamelas Castellanos,Nelida Cecilia PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

O obxectivo principal de estudo consiste na iniciación á Política Económica a través de diversos aspectos teóricos básicos e aplicados. O programa ten como obxectivo específico a análise da posición da Política Económica como coñecemento científico (cuestións de epistemoloxía e metodoloxía) e a súa traxectoria histórica como disciplina autónoma en ciencias sociais ata a actualidade, correspondendo o obxecto ao estudo das tendencias contemporáneas e principais restricións na proposta/práctica da política económica actual. Como obxectivos xerais, o curso pretende: a) complementar os aspectos teóricos básicos analizados, con aplicacións de política económica en diversos contextos; e b) desenvolver individual e colectivamente habilidades de investigación, comunicación e debate, estimulando unha actitude crítica construtiva, a través do fomento de hábitos de reflexión e razoamento lóxico.

Contidos

1. A “caixa de ferramentas" (epistemolóxicas e metodolóxicas) para o estudo da Política Económica 2. Delimitación conceptual da Política Económica: criterios, enfoques e modelos 3. Da etapa mercantilista á Fisicocracia: a xénese da Política Económica como coñecemento científico 4. A eclosión da Economía Política clásica e principais debates do s. XIX 5. A revolución do paradigma keynesiano na Teoría da Política Económica 6. A contraofensiva neoliberal: monetarismo, economía de oferta, expectativas racionais. Tendencias actuais 7. A interdependencia entre política e economía 8. Elaboración e execución da política económica. Principais restricións na súa coordinación

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA ARGEMI, L:: Las raíces de la ciencia económica, Barcanova, Madrid, 1987 ARIAS, X.C.: La formación de la política económica, Civitas, Madrid, 1996 CUADRADO, J.R. (Coord.): Introducción a la Política Económica, McGraw Hill, Madrid, 1995 CUADRADO, J.R. (Dir.): Política Económica: objetivos e instrumentos, McGraw Hill, Madrid, 2001 FERNANDEZ DIAZ, A. (Dir.): Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999 FERNANDEZ DIAZ, A.; PAREJO GAMIR, J.A.; RODRIGUEZ SAIZ, L.: Política Económica, McGraw Hill, Madrid, 2002 FREY, B.S.: Para una política económica democrática, Alianza, Madrid, 1987 BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA FRIEDMAN, M.: Libertad de elegir, Grijalbo, Barcelona, 1980 GARCIA MENENDEZ, J.R.: Política Económica Internacional, Ed. Unidixital-USC, Santiago, 2002 KEYNES, J.M.: Ensayos persuasivos, Crítica, Barcelona, 1989 SEVILLA JIMENEZ, M. (Coord.): Política Económica. Políticas instrumentales y sectoriales, Universidad de Alicante, Alicante, 1998 STIGLITZ, J.: El malestar en la globalización, Santillana, Madrid, 2002 WEBER, M.: Sobre la teoría de las ciencias sociales, Península, Barcelona, 1977

Competencias

O nivel mínimo de formación e dominio das ferramentas imprescindibles para o desenvolvemento da materia se presupoñen nun universitario medio ao longo da Licenciatura. Entre outros, a formación introdutoria de teoría, historia e estrutura económica; e un áxil uso das fontes documentais e de biblioteca, hemeroteca e da rede. Requírese capacidade de comprensión de terminoloxía de iniciación nas ciencias sociais; capacidade de razoamento lóxico no discurso político-económico nun nivel básico; destreza na busca de fontes para estudo de casos, complementariedade bibliográfica e de documentos da rede; habilidade para plasmar as anteriores capacidades e destrezas non só no traballo presencial na aula, senón tamén nas actividades non presenciais propostas ao longo do curso. Dada a metodoloxía didáctica proposta, requírese unha participación activa en clase e unha visión crítica pero aberta para o contraste de ideas sobre os contidos do curso.

Metodoloxía da ensinanza

Page 33: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Para o desenvolvemento do programa da materia combinamos as clases teóricas e as clases prácticas. Nas primeiras, o profesor utilizará o método expositivo dos contidos temáticos expostos e entregaranse textos seleccionados, bibliografía complementaria, artigos de divulgación científica ou de actualidade, etc., que permitan a participación activa e plural na aula. Durante as clases prácticas, o enfoque da docencia tratará de combinar aspectos teóricos e de tipo práctico e desenvolverase a partir de debates de contidos seleccionados, xa sexan preguntas/tópicos, estudo de casos ou seguimento mediante artigos de prensa ou proxeccións de documentais e películas de temas de interese. Poderán solicitarse traballos escritos cos obxectivos pedagóxicos de fomentar a iniciación á investigación e á redacción de traballos científicos, exercitar a sistematización escrita de comentarios de texto e/ou de hipóteses de traballo sobre temas de introdución teórica ou de actualidade política-económica.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O sistema de avaliación da aprendizaxe constará de dúas fases: 1. Avaliación continua ao longo do curso da asistencia e participación en clases. Nesta primeira fase valorarase tanto a capacidade/destreza/habilidades, así como a constancia no esforzo. Criterios: - Asistencia a clases presenciais. Participación activa en clases prácticas: respostas a preguntas escritas, intervencións en debates, cumprimento na entrega e nivel científico dos traballos solicitados. PESO: 20 % 2. Exame final. Na segunda fase realizarase unha proba escrita sobre os contidos programáticos da materia. Esta proba ten como finalidade coñecer o grao de comprensión do programa, tanto a nivel de especialización terminolóxica como de interrelación das categorías analíticas utilizadas. En consecuencia, a proba escrita non ten por obxecto calibrar a capacidade memorística do alumno senón o dominio comprensivo de conceptos, teorías e aplicacións. Criterios: - Respostas satisfactorias a preguntas. Dominio do tema. PESO: 80%

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Por tratarse dunha materia obrigatoria de primeiro ciclo da Licenciatura en Economía, con 9 créditos de carga docente, a estruturación dos tempos de estudo (presencial e non presencial), está en función da combinación de capacidade, destreza e habilidades do discente. Non obstante, presentamos unha axenda de traballo aproximada para un adecuado cumprimento dos obxectivos científicos e pedagóxicos da materia. Horas presenciales no aula/biblioteca/seminario: 90 horas/curso (teoría: 60 horas; práctica: 30 horas) Traballo persoal: 60 horas/curso (30 horas/curso ou 1 hora/semana: revisar notas da clase, complementar bibliografía, seleccionar textos en hemeroteca ou en rede, etc.) (30 horas/curso ou 1 hora/semana: preparación de traballos de curso, intervencións específicas en aula, etc.) Titorías: disposición das horas regulamentarias de titoría persoal para esclarecemento de dúbidas, achegues de bibliografía adicional, seguimento dos traballos de cursos e preparación doutras actividades propostas.

Recomendacións para o estudo da materia

1. Asistencia regular ás clases presenciais xa que pola metodoloxía docente proposta, na aula deben quedar establecidas as pautas teóricas da materia, comprendidas polo alumnado e que non requiren dunha simple memorización, senón dunha interrelación de categorías analíticas previamente asimiladas. 2. Posta ao día de notas da clase, comentarios de textos, traballos monográficos, aplicación a casos concretos, realizádevos en e fóra da aula. A constancia na asistencia e a regularidade na preparación de contidos asegura o logro dos principais obxectivos marcádevos polo discente (aprender "a aprender", aprender "a ensinar" e a superar a avaliación global da materia). 3. Participación activa (individual e/ou en equipo) en preparación de exposicións en clase, intervencións en debates e en ampliación bibliográfica e documental sobre témalos do programa e/ou sobre temas de actualidade político-económica propostos ao longo do curso.

Page 34: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191315 Nome:Sistema Fiscal Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

O obxectivo principal da materia é o de proporcionarlles aos alumnos nocións básicas dos ingresos públicos especialmente do importo e os seus efectos económicos, os requisitos dun sistema tributario e o análisis das principais figuras que integran un sistema impositivo.

Contidos

1 - Os ingresos públicos do sector público 2 - Requisitos dun sistema fiscal 3 - Imposición e equidade 4 - Imposición e eficiencia: o exceso de gravamen 5 - A imposición óptima 6 - A incidencia do imposto 7 - Efectos dos impostos sobre o crecemento e desenvolvemento económico 8 - O sistema impositivo. Análisis das figuras impositivas 9 - Os prezos públicos 10 - Outros ingresos públicos 11 - Coordinación impositiva internacional

Bibliografía básica e complementaria

Albi, E.; González-Páramo, J.M.; Zubiri, I.: Economía Pública. Ariel, Barcelona, 2009. Musgrave, R. A.; Musgrave, P.B.: Hacienda Pública. Teórica e Aplicada. McGraw-Hill, Madrid, 1999. Rosen, H.: Hacienda Pública. Mc Graw-Hill, Madrid, 2007. Stiglitz, J.E.: A economía do Sector Público. Ed. Antonio Bosch, Barcelona. Fuentes Quintana, E.: Hacienda Pública: introducción y presupuesto. Ed. Rufino, Madrid, 1990.

Metodoloxía da ensinanza

Nas clases proporcionarase ó alumno os coñecementos básicos sobre ó Sistema Fiscal, estimulando ó alumno no estudio e análisis crítico do seu contido.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A evaluación realizarase principalmente polos exames, así como a asistencia e a participación nas clases e a realización de traballos voluntarios.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

A evaluación realizarase principalmente polos exames, así como a asistencia e a participación nas clases e a realización de traballos voluntarios.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase a asistencia ás clases presenciais, o estudio da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que o profesor aconsellará para cada tema.

Page 35: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191322 Nome:Contabilidade para as Administracións Públicas Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.50 Créditos prácticos: 1.50 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Aibar Guzman,Cristina TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

O obxectivo xeral desta materia é proporcionarlle ao alumno unha visión teórico-práctica do Sistema de Contabilidade Pública. Preténdese promover o coñecemento das características e particularidades do sector público, coñecer o réxime orzamentario español, a normativa e os principios que o rexen, estudar o Plan Xeral de Contabilidade Pública, a necesidade da contabilidade de xestión nas entidades públicas e os tipos de control ao que están sometidos os entes públicos.

Contidos

A Contabilidade no Sector Público. (1) Introdución á Contabilidade nas Administracións Públicas. (2) O Plan Xeral de Contabilidade Pública. (3) O Réxime Orzamentario en España Problemática contable nas Administracións Públicas. (4) A contabilidade do orzamento de gastos. (5) A contabilidade do orzamento de ingresos. (6) A contabilidade do inmobilizado non financeiro. (7) Gastos con financiamento afectado. (8) As contas anuais. Información para a xestión das Administracións Públicas. (9) A xestión nas Administracións Públicas. O control e a rendición de contas nas Administracións Públicas. (10) Control e Auditoría no sector público.

Bibliografía básica e complementaria

ASOCIACIÓN ESPAÑOLA CONTABILIDAD Y ADMINISTRACIÓN DE EMPRESAS (AECA) (2001): Marco conceptual para la información financiera de las administraciones públicas, Documento nº 1, Comisión de Contabilidad Pública, septiembre. BENITO LÓPEZ, B. (1995): Manual de contabilidad pública. Madrid. Pirámide CARRASCO DÍAZ, D.(coordinador) (1994): La nueva contabilidad pública. Ariel, Barcelona. CASADO ROBLEDO, S. (2001): “La Contabilidad de las Administraciones Públicas”, Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas (ICAC), Madrid. INTERVENCIÓN GENERAL DE LA ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO (1994): “Principios y normas de contabilidad pública”, Documentos, nº 1-8. Madrid. IGAE.INTERVENCIÓN GENERAL DE LA ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO (1994): Proyecto CANOA (Contabilidad Analítica Normalizada para Organismos Autónomos). Madrid. Ministerio de Economía y Hacienda. IGAE. INTERVENCIÓN GENERAL DE LA ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO (1995): Manual de contabilidad pública. Madrid. IGAE. INTERVENCIÓN GENERAL DE LA ADMINISTRACIÓN DEL ESTADO (1995): Manual de contabilidad pública. Supuestos. Madrid. IGAE. LEY 47/2003, de 26 de noviembre, General Presupuestaria .MINISTERIO DE ECONOMÍA Y HACIENDA (1994): Orden de 6 de mayo de 1994, por la que se aprueba el Plan General de Contabilidad Pública. MONTESINOS JULVE, V. y ORÓN MORATAL, G. (1994): “Normas de Contabilidad Pública”, Tecnos Madrid.PINA MARTÍNEZ, V. (1994): “Introducción a la Contabilidad Pública para auditores”, Instituto de Auditores Censores Jurados de Cuentas de España, Madrid. PINA MARTÍNEZ, V. y TORRES PRADAS, L. (2002): “La consolidación de los estados financieros de las entidades del sector público estatal sometidas al régimen de contabilidad pública”; Institutos de Estudios Fiscales, Madrid. REAL DECRETO LEGISLATIVO 1091/1988, de 23 de septiembre, Texto Refundido de la Ley General Presupuestaria. TORRES PRADAS, L. y PINA MARTÍNEZ, V. (1996): Manual de contabilidad pública. Madrid. Centro de Estudios Financieros. VELA PASTOR, M.; MONTESINOS JULVE, V. y SERRA SALVADOR, V. (1996): “Manual de Contabilidad”, Ariel, Barcelona

Competencias

- Coñecer os conceptos fundamentais relacionados coa contabilidade pública. - Coñecer e manexar o Plan Xeral de Contabilidade Pública e a Lei Xeral Orzamentaria. - Coñecer as diversas problemáticas contables derivadas da actividade desenvolvida polas entidades públicas. - Coñecer as características e condicionantes do proceso de xestión levado a cabo no sector público. - Coñecer as posibilidades de implantación de indicadores de xestión nas entidades públicas. - Analizar o papel dos indicadores de xestión na mellora da eficiencia e a eficacia da actuación das entidades públicas. - Distinguir os distintos tipos de control no caso das entidades públicas. - Coñecer os medios máis utilizados polas entidades públicas para levar a cabo a desmostración dos resultados da súa xestión. - Coñecer as particularidades e características diferenciadoras da contabilidad das Comunidades Autónomas, Entidades Locais e Seguridade Social.

Metodoloxía da ensinanza

Page 36: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

4 horas de aulas semanais, combinando teoría e práctica (resolución de exercicios e problemas) na medida que o tema o requira. Nas clases de teoría, a partir do material entregado previamente aos alumnos e da bibliografía básica, formularanse algunhas cuestións para a súa discusión cos alumnos; mentres que nas clases prácticas resolveranse exercicios tipo e presentaranse exercicios para que os alumnos os resolvan.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Avaliación continua. Ao finalizar cada tema entregaránselles aos alumnos algunhas cuestións teóricas para comprobar a asimilación dos conceptos e, cando o tema o permita, exercicios prácticos para que os resolvan e os entreguen a semana seguinte. Tanto as cuestións teóricas como os exercicios serán corrixidos e puntuados do 0 ao 10. Ao exame oficial asistirán todos os alumnos. Aqueles alumnos que non alcancen o mínimo esixido ao longo do curso terán que facer unha parte complementaria no exame.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: 60 horas teóricas: 40 horas prácticas (de problemas): 10 horas seminarios: 10 horas Horas non presenciais: 75 horas (incluídas as dedicadas á preparación do exame final) Horas de avaliación: 15 (incluídos os exames oficiais e os posibles controis ao final de cada bloque) Total volume de traballo: 150 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Ao comezo do estudo de cada tema, recoméndase que o alumno faga a lectura do material correspondente e, tamén, dalgunhas lecturas recomendadas específicamente pola profesora por considerarse particularmente ilustrativas dos aspectos que serán obxeto da análise co fin de dinamizar a enseñanza e favorecer a asimilación dos conceptos por parte dos alumnos. Recoméndase que o alumno resolva as cuestións teóricas e os exercicios prácticos propostos pola profesora co obxectivo de comprobar o grao no que comprendeu e asimilou os conceptos, detectar as posibles dúbidas e resolver os problemas que lles xurdan antes de seguir avanzando na asignatura. Recoméndaselle ao alumno participar nas discusións, debates e, en xeral, no desenvolvemento das aulas. Aproveitar desde o comenzo do curso as titorías.

Page 37: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191324 Nome:Historia e Institucións Económicas Europeas Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.50 Créditos prácticos: 1.50 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Barreiro Gil,Manuel Jaime TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Afondamento nas claves da evolución recente das sociedades europeas e das relacións entre a súa evolución económica e os cambios demográficos, políticos e sociais. - Estudio do proceso de conformación das institucións europeas comunitarias, que culmina na institucionalización da Unión Europea como entidade supranacional. - Análise dos principais retos da política económica e das institucións económicas europeas no contexto global.

Contidos

- Primeira Parte. O desenvolvemento económico europeo no século XX Tema 1. Crecemento económico e modernización. As claves do desenvolvemento capitalista da Europa Occidental. A evolución dos factores progreso técnico, capital humano, acumulación de capital físico e o crecemento do volume de comercio Tema 2. As consecuencias económicas, sociais e políticas da Segunda Guerra Mundial Tema 3. A expansión económica nas décadas de 1950-60. Procesos de integración e cambios demográficos, sociais e culturais Tema 4.Crecemento e flutuacións nas economías europeas. Posibilidades e límites do progreso tecnolóxico tras a crise de 1973 Segunda parte: Xestación e desenvolvemento das institucións europeas Tema 5. A idea de Europa ata o século XX. Os proxectos concibidos no século XX: a Unión Paneuropea e o Congreso de Europa. A experiencia do BENELUX. A CECA e a creación de Comunidade Económica Europea Tema 6. O proceso histórico da integración. As ampliacións da Comunidade Europa. A Acta Única e a Unión Europa Tema 7. O sistema institucional da Unión Europea: institucións, órganos e orzamentos. O desenvolvemento histórico da integración monetaria. As institucións da Unión Económica e Monetaria Tema 8. As políticas comúns e a súa evolución: Política Agraria Común, Política Común da Pesca, Política Rexional, e Política Social e de Emprego Tema 9. As relacións exteriores da Unión. A ampliación da Unión Europea e a construción dun novo espazo económico e social. A política xeral de axuda para o desenvolvemento. A sociedade europea no contexto do proceso de globalización

Bibliografía básica e complementaria

V. Abellán y B. Vilà (dirs.), Lecciones de derecho comunitario europeo, Barcelona, Ariel, 1998. D. H. Aldcroft, Historia de la economía europea, 1914-1980, Barcelona, Crítica, 1989. Comisión das Comunidades Europeas, Galicia na Unión Europea, Madrid, Comisión das Comunidades Europeas, Representación en España. J. Foreman-Peck, Historia económica mundial. Relaciones económicas internacionales desde 1950, Madrid, Prentice Hall, 1995. B. Gavin, The European Union and Globalisation. Towards Global Democratic Governance, Abingdon, Edward Elgar, 2002. J.M. Jordán Galduf (dir.), Economía de la Unión Europea, (4ª edición) Madrid, Civitas, 2002. A. Maddison, La economía mundial. Análisis y estadísticas, París, OCDE, 1997. A. Mangas e D. J. Liñán, Instituciones y derecho de la Unión Europea, Madrid- McGraw-Hill, 1996. G. Mammarella, Historia de Europa Contemporánea (1945-1990), Barcelona, Ariel, 1990. R. Myro (dir.), Economía europea. Crecimiento, integración y transformaciones sectoriales, Madrid, Civitas, 2000 Parlamento Europeo, Fichas técnicas sobre la Unión Europea, Parlamento Europeo, Dirección General de Estudios, 1999. R. Tamames, La Unión Europea, Madrid, Alianza, 2002.

Page 38: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

V. Zamagni, Historia Económica de la Europa contemporánea, Barcelona, Crítica, 2001.

Competencias

– Coñecer o proceso histórico de xestación das institucións económicas europeas, con especial atención ás que xorden ao amparo de experiencias de cooperación e integración económicas coñecidas tras a Segunda Guerra Mundial. – Estudo das relacións entre a evolución económica recente das sociedades europeas e os cambios demográficos, políticos e sociais. – Análise dos principais retos da política económica e das institucións económicas europeas no contexto de globalización.

Metodoloxía da ensinanza

- O programa desenvolverase en forma de clases teóricas e prácticas e sesións de seminario, onde o alumno analizará cuestións relacionadas co programa. - Entre as clases prácticas terá relevancia a preparación dun Traballo Personal de Curso, no que se entenden incluidas a redacción dun informe ou texto e máis a súa expoisición pública. - Nas sesións de seminario someterase a debate un tema, sobre o que se señalarán previamente materiais de información e consulta.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A) Sistema de avaliación continua. - A asistencia ás clases é obrigatoria e será considerada como parte da avaliación do alumno, podendo representar 1,00 punto na súa nota final, anque só cando conste a súa presenza en alomenos catro dos seus contolles de asistencia que se realizarán ó longo do curso. A non presencia en máis de tres destes controles impedirá a participación do alumno no sistema de avaliación contínua. - O profesor fará público a comenzos de curso un calendario de Probas Obligatorias de Avaliación, que serán 4, valorables cadaunsúa con até 2,00 puntos. - O Traballo Personal de Curso poderá ser valorado con até 2,00 puntos, a partes iguais para a redacción e a exposición, sendo preciso realizar estas dúas partes do mismo para consolidar a nota correspondiente. B) Sistema de Avaliación Unica. - Todo alumno matriculado na materia ten dereito a participar nos exámenes finais oficiais, preconvocados polas autoridades académicas, con convocatorias de xuño e setembro. Estes exámenes consistirán na formulación de 5 preguntas, valorables cadaunsúa con até 2,00 puntos. - Non é posible acumular nun sistema de avaliación puntuación lograda noutro. PARA APROBAR A ASIGNATURA, EN CALQUERA DOS DOUS SISTEMAS DE AVALIACIÓN, SERÁ PRECISO LOGRAR ALOMENOS 5,00 PUNTOS. No Sistema de Avaliación Contínua alomenos 3,oo deben ter sido logrados nas Probas Obligatorias de Avaliación.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais:................................... 60 Horas non presenciais: ............................ 60 Preparación do exámenes e probas:.......... 20 Horas de avaliación: ................................ 10 Total volume de traballo: ....................... 150 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase o seguimento continuo da materia durante todo o cuadrimestre. Para iso, é conveniente asistir regularmente ás clases, incorporarse ao sistema de avaliación continua, facer uso das titorías e asumir o hábito de lectura.

Page 39: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161326 Nome:Instrumentos Estatísticos de Investigación Empresarial Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 1.00 Créditos prácticos: 5.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Chas Amil,Maria Luisa TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionarlle ao/á estudante o coñecemento e a procura de fontes estatísticas de información económica e empresarial, así como o manexo de paquetes estatísticos en ordenador, para a realización e a interpretación de análises estatísticas descritivas e de inferencia. Asemade, farase especial fincapé na elaboración de informes económico-empresariais para promover tanto a comunicación oral como a escrita.

Contidos

UNIDADE I. COMO ELABORAR INFORMES E TRABALLOS DE CALIDADE. BUSCA DE INFORMACIÓN, ANÁLISE, REDACCIÓN E PRESENTACIÓN 1. FONTES DE INFORMACIÓN DOCUMENTAL E ESTATÍSTICA 2. SELECCIÓN E APLICACIÓN DE ANÁLISES ESTATÍSTICAS 3. ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN DE INFORMES DE CALIDADE CONCEPTO CARACTERÍSTICAS ESTRUTURA CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA E FORMAL PRESENTACIÓN ORAL UNIDADE II. ANÁLISE ESTATÍSTICA DA REALIDADE ECONÓMICA, SOCIAL E EMPRESARIAL A TRAVÉS DO USO DE PROGRAMAS ESTATÍSTICOS 1. O MANEXO DE DATOS A TRAVÉS DO SPSS MENÚ PRINCIPAL E AXUDA TIPOS E ESTRUTURA DOS FICHEIROS LECTURA DE DATOS EN DIFERENTES FORMATOS TRANSFORMACIÓN DE DATOS, OPERADORES E FUNCIÓNS ORDENACIÓN, PONDERACIÓN E SELECCIÓN DE CASOS CÁLCULO E RECODIFICACIÓN DE VARIABLES TRANSPOSICIÓN, FUSIÓN, AGREGACIÓN E SEGMENTACIÓN 2. O SPSS COMO POTENTE FERRAMENTA PARA A ANÁLISE ESTATÍSTICA: SELECCIÓN DE TÉCNICAS ESTATÍSTICAS; APLICACIÓN E INTERPRETACIÓN DE RESULTADOS REPRESENTACIÓNS GRÁFICAS ANÁLISES DESCRITIVAS FRECUENCIAS E DESCRITIVOS TÁBOAS DE CONTINXENCIA EXPLORACIÓN DE DATOS, INFORMES ASOCIACIÓN, CORRELACIÓN E REGRESIÓN NÚMEROS ÍNDICES E TAXAS DE VARIACIÓN SERIES TEMPORAIS, ETC. ANÁLISES DE INFERENCIA ESTATÍSTICA INTERVALOS DE CONFIANZA CONTRASTES DE HIPÓTESES CONTRASTES NON PARAMÉTRICOS, ETC.

Bibliografía básica e complementaria

BÁSICA: Clanchy, J. e Ballard, B. (2000): Cómo se hace un trabajo académico. Guía práctica para estudiantes universitarios. Prensas Universitarias. Zaragoza. Garcia-Clairac, S. (1999): Presentaciones en público. Ed. Díaz de Santos. Madrid. Garland, J.C. (1991): “Advice to beginning physics speakers”. Physics Today. 45(7) Golanó, C. e Flores-Guerrero, R. (2002): Aprender a redactar documentos empresariales. Ed. Paidós Ibérica S.A. Barcelona. Pardo Merino, A. e Ruiz Díaz, M.A. (2002): SPSS11. Guía para el análisis de datos. Mc Graw Hill. Madrid. Webster, A.L. (1996): Estadística aplicada a la empresa y la economía. Ed. Irwin. Madrid COMPLEMENTARIA: Álvarez Sáiz, M. (2000): Análisis estadístico con SPSS: procedimientos básicos. Universidad de Deusto. Bilbao. Ferrán Aranaz, M. (2001): SPSS para Windows. Análisis Estadístico. Mc Graw Hill. Madrid. Ferrán, M. e Vaquero, A. (1999): SPSS para Windows: Programación y Análisis Estadístico. Mc Graw Hill. Madrid. Houp, K.W., T.E. Pearsall e T. Tebeaux (1998): Reporting technical information. Allyn and Bacon.

Page 40: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Pérez López, C. (2001): Técnicas Estadísticas con SPSS. Prentice Hall. Madrid. Pérez López, C. (2002): Estadística aplicada con Excel. Prentice Hall. Madrid. Visauta Vinacua, B. (2002): Análisis estadístico con SPSS 11.0 para windows. Mc Graw Hill. Madrid.

Competencias

- Habilidade para a busca de información documental e/ou numérica sobre temas do campo económico-empresarial. - Habilidade na busca e manexo de fontes de información estatística, no coñecemento das súas potencialidades e problemas, así como familiarización cos organismos encargados da súa elaboración (INE, IGE, EUROSTAT, OCDE,...). - Habilidade para i) recuperar bases de datos de diferentes formatos dende programas informáticos (SPSS, Excel,…) e, en especial, ii) a realización de análises de estatística descritiva e inferencial empregando os ditos programas. -Ser capaz de i) seleccionar o tipo de análise estatística que interesa en cada caso segundo a problemática a estudar, ii) realizar a dita análise, e iii) interpretar correctamente os resultados da mesma. -Capacidade para a elaboración de informes e traballos de calidade axeitadamente estruturados e argumentados, baseándose na análise estatística da información empírica existente. Habilidade para a presentación-defensa oral do traballo realizado.

Metodoloxía da ensinanza

As clases impártense na súa totalidade na aula de informática e como ferramenta emprégase o ordenador. Pódese dicir que case na súa totalidade as clases son prácticas e nelas manexaranse paquetes estatísticos como o SPSS ou o Excel. O papel do alumno será especialmente activo como “cabeza pensante” que debe seleccionar e aplicar as técnicas estatísticas e os programas informáticos axeitados para a análise de problemas económico-empresariais. Unha parte importante do traballo do alumno consistirá na elaboración dun informe, que deberá realizar ao longo do cuadrimestre e presentar ao final del. Para a súa planificación temporal, sinálanse como datas límites as seguintes: 4ª semana de clases, entrega do título e esquema de contidos (1-2 páxinas); 12ª semana, entrega do borrador; 13ª semana, titorías individualizadas sobre a marcha do traballo; Derradeira semana de clases, entrega da versión final (15-25 páxinas) e exposición-defensa do mesmo, en horario de clase.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación será CONTINUA. A asistencia activa ás clases, as prácticas que o alumno terá que realizar fóra do horario de clases e a calidade do informe que deberá elaborar ao longo do cuadrimestre constitúen os instrumentos fundamentais de avaliación, polo que se lles asigna un gran peso na cualificación final. En concreto, a cualificación global determinarase tendo en conta os seguintes criterios: a) Asistencia activa ás clases (20% da nota final: cada falta descontará 0,15 puntos ata un máximo de 2 puntos) b) Prácticas para entregar (7 prácticas, 35% da nota final: cada unha das prácticas entregadas valerá ata un máximo de 0,5 puntos) c) Calidade do proxecto elaborado e da súa exposición (45% da nota final). Por suposto, a materia tamén poderá avaliarse a través do exame final na convocatoria oficial nas datas fixadas pola Facultade, pero tan só poderá representar o 50% da nota final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Esta materia conta con 4 horas de clase á semana e, para que o alumno acade un dominio aceptable dos contidos e realice as tarefas programadas nela, consideramos que, asemade, precisaría dedicar aproximadamente outras 5 horas semanais de traballo persoal.

Recomendacións para o estudo da materia

- Asistencia continua á clase e participación nela. - É imprescindible realizar un traballo persoal continuo dende o primeiro día (só neste caso a materia resultará doada e frutífera).

Observacións

Recoméndase ter superado a “Estatística Empresarial I” e a “Estatística Empresarial II”, materias nas que se imparten os conceptos e técnicas estatísticas que empregaremos e que supoñemos que o alumno coñece.

Page 41: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191327 Nome:Políticas Lingüísticas e Economía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.50 Créditos prácticos: 1.50 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:11/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Villar Trillo,Jose Javier TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Introducir os alumnos na análise económica das políticas lingüísticas (é dicir, facendo uso dos criterios analíticos da teoría económica para o estudo da elaboración, posta en marcha e avaliación das políticas lingüísticas).

Contidos

TEMA 1. A análise económica das políticas lingüísticas TEMA 2. As teorías da escolla racional, da acción colectiva e de xogos na elaboración das políticas lingüísticas TEMA 3. A lingua como medio de produción da comunicación TEMA 4. A lingua como valor de cambio e como valor de uso TEMA 5. A lingua como mercado e como salario TEMA 6. As linguas como bens colectivos ou comunitarios TEMA 7. Os factores económicos na elaboración das políticas lingüísticas TEMA 8. Os factores económicos na planificación da normativización lingüística (codificación do corpus das linguas) e na planificación da normalización lingüística (codificación do status das linguas) TEMA 9. O uso das linguas e os mecanismos de mercado TEMA 10. O uso das linguas nas relacións comerciais e laborais TEMA 11. As linguas na publicidade TEMA 12. A “utilidade económica” de conservar a lingua propia como lingua de instalación e aprender outras linguas como linguas de relación

Bibliografía básica e complementaria

- BARRY, B., Los sociólogos, los economistas y la democracia, Amorrortu, Buenos Aires, 1973. - BASTARDAS E BOADAS, A., "Política i planificació lingüístiques: perspectives i preguntes per un camp interdisiciplinari" en Revista de Llengua i Dret, nº 24, decembro de 1995. - Ecologia de les llengües, Edicións Proa, Barcelona, 1996. - BRANCHADELL I GALLO, A., Liberalisme i normalització lingüística, Editorial Ampúries, Barcelona, 1997. - CALVET, L.-J., A guerra das línguas e as políticas lingüísticas, Edicións Laiovento, Santiago, 1995. - COLOMER, J., La utilitat del bilingüisme, Edicions 62, Barcelona, 1996. - DOWNS, A., Teoría económica de la democracia, Aguilar, Madrid, 1973. - GRIN, F., "The Economics of Language: Match or Mismacth?" en International Political Science Review, nº 15, 1994. - LAITIN, D. e SOLÉ, C., "Aplicación de la teoría de juegos a las actitudes y política lingüística. El caso de los inmigrantes y autóctonos en Cataluña" en Papers, nº 27, 1985. - MEZO, J., "Políticas de recuperación lingüística: unha tipoloxía baseada na teoría de xogos" en Grial, nº 136, 1997. - PRAT C., "La llengua de Catalunya en el context del mercat interior: una revisió del concept de mesura d'efect equivalent" en Revista de Llengua i Dret, nº 32, Decembro de 1999. - RAUSELL KÖSTER P., "Economia de la llengua", en Mollà, T. (ed.), Llengües globals, llengües locals, Edicions Bromera, Alzira, 2002 - ROYO J., Unha lingua é un mercado, Edicións Xerais, Vigo, 1997. - VILLANCOURT F. (ed.), Economie et langue, Editeur Officiel de Québec, Quebec, 1985. - VILA X. e SELLARÈS J., "El marcat únic, les llengües no majoritàries i la proposta flamenca de l'Europa de les cultures" en Revista de Llengua i Dret, nº 21, xullo de 1994.

Competencias

Capacidade analítica e crítica.

Metodoloxía da ensinanza

Aulas teóricas (pois, como dicía Kurt Lewin, “nada hai tan práctico como ter unha boa teoría”) interactivas e sesións nas que os alumnos terán que expor e defender oralmente nun debate público os seus traballos escritos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os traballos escritos, para obter a cualificación na disciplina, deberán ter unha extensión mínima dunhas corenta páxinas mecanografadas a dobre espazo e cun tamaño de letra de 12 pt. Os traballos levarán un índice que indique o número da páxina inicial dos diferentes capítulos (imprimido na páxina inmediatamente posterior á da portada do traballo) e con citas,

Page 42: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ao final do texto escrito, da bibliografía e fontes de internet utilizadas na súa elaboración. A estrutura do traballo axustarase á formulación dunha hipótese de partida e a un desenvolvemento razoado (baseado en argumentos racionais quer de elaboración persoal quer achados nas lecturas de libros, artigos de revista, documentos, informes, enquisas ou fontes informáticas), que desemboque nunha conclusión final, que confirme ou desminta a hipótese de partida. Para além da apresentação dos trabalhos escritos no fim do curso, é preciso a assitência a um 60% das aulas para que os alunos possam ser qualificados na discplina. Os alunos que aspirem a uma qualificação de sobressalente têm necessariamente de expor defender oralmente os seus trabalhos escritos.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Considérase que, ademais da asistencia ás aulas, o alumno debe dedicar un mínimo semanal de catro horas á lectura e á análise dos materiais bibliográficos e un mínimo de 30 horas na redacción material do traballo.

Recomendacións para o estudo da materia

Lectura da bibliografía complementaria, recomendada na edición completa do programa da disciplina imprimido en paple, de acordo co obxecto de estudo escollido por cada alumno para a redacción do seu traballo. Así mesmo, recomenda-se a consulta da Revista de Llengua i Dret (a máis completa e prestixiosa publicación existente no Reino de España sobre políticas lingüísticas) é de fácil acceso por se encontrar unha colección completa na biblioteca da Escola de Administración Pública da Xunta da Galicia, situada no polígono das Fontiñas da cidade de Santiago de Compostela.

Observacións

Para ser cualificados, os alumnos deberán entregar unha ficha cos seus datos persoais.

Page 43: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN PARA 1º CICLO DE ADE

Contido

Código : 191801 Nome:Historia Económica Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: .00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación

Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lopez Taboada,Jose Antonio TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Complementar a formación do alumnado no coñecemento dos aspectos centrais da evolución económica, prestando especial atención a España e á época contemporánea.

Contidos

PRIMEIRA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA MUNDIAL NOS SÉCULOS XVIII AO XX 1. INTRODUCIÓN. A HISTORIA ECONÓMICA. O CRECEMENTO DA ECONOMÍA EUROPEA NO SÉCULO XVIII. A Historia Económica. A evolución demográfica. A expansión agraria. A extensión da protoindustrialización. A articulación dun mercado mundial e a hexemonía inglesa no comercio internacional. 2. A INDUSTRIALIZACIÓN. A revolución industrial inglesa: precondicións, contido e evolución. A evolución da economía británica durante o século XIX. A fin da primacía británica. A difusión da industrialización: “first comers”, “late comers” e excluídos 3. A ECONOMÍA INTERNACIONAL ENTRE 1870 E 1914. Mundialización da economía. Os movementos internacionais de mercancías, traballo e capital. A evolución das políticas comerciais. A consolidación dun sistema monetario internacional baseado no patrón-ouro. A fin do capitalismo liberal e a era do imperialismo 4. A ECONOMÍA ENTRE A PRIMEIRA E A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. O contexto económico do conflito. A reconstrución europea e a cuestión das reparacións. Factores dinámicos e factores de debilidade do crecemento económico na década dos vinte. Os intentos de restablecer o patrón-ouro. A crise de 1929. Extensión e profundidade da crise na década dos trinta. As políticas anticrise. A recuperación 5. UNHA NOVA ORDE ECONÓMICA INTERNACIONAL, 1945-1973. As consecuencias da guerra. Bretton Woods e os novos organismos económicos internacionais. A “idade de ouro” das economías capitalistas. 6. A ECONOMÍA MUNDIAL DESPOIS DE 1973. A crise enerxética. O derrubamento do sistema monetario internacional. Reconversión industrial e innovación tecnolóxica. A Unión Europea. O fracaso das economías de planificación central SEGUNDA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XIX 7. INTRODUCIÓN. A España do Antigo Réxime. A perda das colonias continentais americanas. A crise do Antigo Réxime e a Revolución Liberal 8. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA NO SÉCULO XIX. As características do crecemento demográfico. A evolución das variables vitais 9. A AGRICULTURA. A reforma agraria liberal. Modificacións no réxime de propiedade. Crecemento da produción e da superficie cultivada. A crise agraria finisecular 10. A EXPLOTACIÓN DA RIQUEZA MINEIRA. As bases da evolución da produción mineira. A minería metálica. A minería do carbón. Custes e beneficios da inversión estranxeira 11. A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA. A industria de bens de consumo. A siderurxia. Outros sectores industriais 12. TRANSPORTES E COMERCIO. O ferrocarril e a integración do mercado nacional. O comercio exterior e a política comercial 13. A FACENDA PÚBLICA. A facenda española á caída do Antigo Réxime. A reforma fiscal liberal. O endebedamento e as súas consecuencias. A reforma de Fernández Villaverde 14. O SISTEMA FINANCEIRO. A formación dun banco central. O sistema bancario de 1856 e a súa crise. A banca durante a Restauración. Os mercados de capitais no século XIX TERCEIRA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XX. 15. A MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA SOCIEDADE ESPAÑOLA. A evolución do tamaño da poboación e a súa distribución espacial. As variables vitais. O envellecemento da poboación. Poboación activa e mercado de traballo. O proceso de

Page 44: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

urbanización. 16. A TRANSFORMACIÓN DA AGRICULTURA. A agricultura no contexto da “vía nacionalista do capitalismo español”. Os problemas da produtividade agraria e a tensión social no campo. As dificultades da reforma agraria. Os efectos da Guerra Civil sobre a agricultura. As transformacións estruturais no sector agrario na década dos cincuenta. A modernización da agricultura 17. O DESPEGUE INDUSTRIAL. A industria española en 1900. Diversificación da industria. Industrialización e desenvolvemento económico despois da Guerra Civil. O Plan de Estabilización Económica de 1959. Os cambios na estrutura industrial. O problema enerxético 18. O SISTEMA FINANCIEIRO. Organización e funcións dos intermediarios financeiros. A banca privada e as caixas de aforro. O Banco de España. Tipoloxía dos mercados financeiros 19. O PAPEL DO ESTADO. A intervención do Estado na economía española: unha perspectiva histórica. O sector público. As reformas tributarias. A política fiscal. O papel do Estado no crecemento económico

Bibliografía básica e complementaria

ARACIL,R. , SEGURA, A. (1995). Historia Económica mundial y de España, Madrid (Teide). CAMERON, R. (1990):Historia económica mundial, desde el paleolítico hasta el presente, Madrid (Alianza). CARRERAS, A., TAFUNELL, X. (2004): Historia económica de la España contemporánea, Barcelona (Crítica). CIPOLLA, C.M. (1991): Entre la historia y la economía. Introducción a la Historia Económica, Barcelona (Crítica). MADDISON, A. (2002): La economía mundial. Una perspectiva milenaria. Madrid (O.C.D.E.-Mundiprensa). TORTELLA, G. (1994): El desarrollo económico de la España contemporánea. Historia Económica de los siglos XIX y XX, Madrid (Alianza)

Competencias

1. Comprender os conceptos básicos da economía e a súa aplicación en diferentes momentos da historia. 2. Manexar fontes documentais, bibliográficas e estatísticas para analizar a evolución histórica da economía. 3. Elaboración e exposición de traballos de curso sobre temas do programa.

Metodoloxía da ensinanza

- Exposición polo profesor dos aspectos fundamentais de cada apartado do programa. - Seminarios sobre determinados temas, aos que o alumno debe acudir despois de realizar algunhas das lecturas sinaladas polo profesor, para intervir nos debates. - Traballos de curso que o alumno haberá de elaborar, expoñer e defender nun debate cos seus compañeiros.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Sistema de avaliación continua consistente na participación en probas periódicas, realización de traballos de curso (cunha exposición e debate público) e intervención nos debates que se organizan ao longo do curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: Leccións a cargo do profesor: 60 horas Seminarios: 10 horas Exposicións dos alumnos: 20 horas Horas non presenciais: Traballo persoal do alumno: 90 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia regular ás clases e participación, despois da lectura dos textos sinalados en cada apartado do programa, nas exposicións de traballos e nos debates das exposicións e dos seminarios.

Page 45: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN DIPLOMADOS EN CC. EMPRESARIAIS

Contido

Código : 191801 Nome:Historia Económica Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: .00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lopez Taboada,Jose Antonio TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Complementar a formación do alumnado no coñecemento dos aspectos centrais da evolución económica, prestando especial atención a España e á época contemporánea.

Contidos

PRIMEIRA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA MUNDIAL NOS SÉCULOS XVIII AO XX 1. INTRODUCIÓN. A HISTORIA ECONÓMICA. O CRECEMENTO DA ECONOMÍA EUROPEA NO SÉCULO XVIII. A Historia Económica. A evolución demográfica. A expansión agraria. A extensión da protoindustrialización. A articulación dun mercado mundial e a hexemonía inglesa no comercio internacional. 2. A INDUSTRIALIZACIÓN. A revolución industrial inglesa: precondicións, contido e evolución. A evolución da economía británica durante o século XIX. A fin da primacía británica. A difusión da industrialización: “first comers”, “late comers” e excluídos 3. A ECONOMÍA INTERNACIONAL ENTRE 1870 E 1914. Mundialización da economía. Os movementos internacionais de mercancías, traballo e capital. A evolución das políticas comerciais. A consolidación dun sistema monetario internacional baseado no patrón-ouro. A fin do capitalismo liberal e a era do imperialismo 4. A ECONOMÍA ENTRE A PRIMEIRA E A SEGUNDA GUERRA MUNDIAL. O contexto económico do conflito. A reconstrución europea e a cuestión das reparacións. Factores dinámicos e factores de debilidade do crecemento económico na década dos vinte. Os intentos de restablecer o patrón-ouro. A crise de 1929. Extensión e profundidade da crise na década dos trinta. As políticas anticrise. A recuperación 5. UNHA NOVA ORDE ECONÓMICA INTERNACIONAL, 1945-1973. As consecuencias da guerra. Bretton Woods e os novos organismos económicos internacionais. A “idade de ouro” das economías capitalistas. 6. A ECONOMÍA MUNDIAL DESPOIS DE 1973. A crise enerxética. O derrubamento do sistema monetario internacional. Reconversión industrial e innovación tecnolóxica. A Unión Europea. O fracaso das economías de planificación central SEGUNDA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XIX 7. INTRODUCIÓN. A España do Antigo Réxime. A perda das colonias continentais americanas. A crise do Antigo Réxime e a Revolución Liberal 8. A EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN ESPAÑOLA NO SÉCULO XIX. As características do crecemento demográfico. A evolución das variables vitais 9. A AGRICULTURA. A reforma agraria liberal. Modificacións no réxime de propiedade. Crecemento da produción e da superficie cultivada. A crise agraria finisecular 10. A EXPLOTACIÓN DA RIQUEZA MINEIRA. As bases da evolución da produción mineira. A minería metálica. A minería do carbón. Custes e beneficios da inversión estranxeira 11. A INDUSTRIALIZACIÓN ESPAÑOLA. A industria de bens de consumo. A siderurxia. Outros sectores industriais 12. TRANSPORTES E COMERCIO. O ferrocarril e a integración do mercado nacional. O comercio exterior e a política comercial 13. A FACENDA PÚBLICA. A facenda española á caída do Antigo Réxime. A reforma fiscal liberal. O endebedamento e as súas consecuencias. A reforma de Fernández Villaverde 14. O SISTEMA FINANCEIRO. A formación dun banco central. O sistema bancario de 1856 e a súa crise. A banca durante a Restauración. Os mercados de capitais no século XIX TERCEIRA PARTE: A HISTORIA ECONÓMICA DE ESPAÑA NO SÉCULO XX. 15. A MODERNIZACIÓN DEMOGRÁFICA DA SOCIEDADE ESPAÑOLA. A evolución do tamaño da poboación e a súa distribución espacial. As variables vitais. O envellecemento da poboación. Poboación activa e mercado de traballo. O proceso de urbanización. 16. A TRANSFORMACIÓN DA AGRICULTURA. A agricultura no contexto da “vía nacionalista do capitalismo español”. Os problemas da produtividade agraria e a tensión social no campo. As dificultades da reforma agraria. Os efectos da Guerra Civil sobre a agricultura. As transformacións estruturais no sector agrario na década dos cincuenta. A modernización da agricultura

Page 46: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

17. O DESPEGUE INDUSTRIAL. A industria española en 1900. Diversificación da industria. Industrialización e desenvolvemento económico despois da Guerra Civil. O Plan de Estabilización Económica de 1959. Os cambios na estrutura industrial. O problema enerxético 18. O SISTEMA FINANCIEIRO. Organización e funcións dos intermediarios financeiros. A banca privada e as caixas de aforro. O Banco de España. Tipoloxía dos mercados financeiros 19. O PAPEL DO ESTADO. A intervención do Estado na economía española: unha perspectiva histórica. O sector público. As reformas tributarias. A política fiscal. O papel do Estado no crecemento económico

Bibliografía básica e complementaria

ARACIL,R. , SEGURA, A. (1995). Historia Económica mundial y de España, Madrid (Teide). CAMERON, R. (1990):Historia económica mundial, desde el paleolítico hasta el presente, Madrid (Alianza). CARRERAS, A., TAFUNELL, X. (2004): Historia económica de la España contemporánea, Barcelona (Crítica). CIPOLLA, C.M. (1991): Entre la historia y la economía. Introducción a la Historia Económica, Barcelona (Crítica). MADDISON, A. (2002): La economía mundial. Una perspectiva milenaria. Madrid (O.C.D.E.-Mundiprensa). TORTELLA, G. (1994): El desarrollo económico de la España contemporánea. Historia Económica de los siglos XIX y XX, Madrid (Alianza)

Competencias

1. Comprender os conceptos básicos da economía e a súa aplicación en diferentes momentos da historia. 2. Manexar fontes documentais, bibliográficas e estatísticas para analizar a evolución histórica da economía. 3. Elaboración e exposición de traballos de curso sobre temas do programa.

Metodoloxía da ensinanza

- Exposición polo profesor dos aspectos fundamentais de cada apartado do programa. - Seminarios sobre determinados temas, aos que o alumno debe acudir despois de realizar algunhas das lecturas sinaladas polo profesor, para intervir nos debates. - Traballos de curso que o alumno haberá de elaborar, expoñer e defender nun debate cos seus compañeiros.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Sistema de avaliación continua consistente na participación en probas periódicas, realización de traballos de curso (cunha exposición e debate público) e intervención nos debates que se organizan ao longo do curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: Leccións a cargo do profesor: 60 horas Seminarios: 10 horas Exposicións dos alumnos: 20 horas Horas non presenciais: Traballo persoal do alumno: 90 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia regular ás clases e participación, despois da lectura dos textos sinalados en cada apartado do programa, nas exposicións de traballos e nos debates das exposicións e dos seminarios.

Page 47: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161303 Nome:Macroeconomía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 12.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Bande Ramudo,Roberto PC-DOU Profesor/a

Barcia Dominguez,M Jose ASOU Profesor/a

Rio Iglesias,Fernando Del TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Faremos un estudio detallado dos principais modelos de análise macroeconómica, tanto en economías pechadas como en economías abertas, analizando os seus puntos de acordo e explicando as súas discordancias, buscando con isto que os estudiantes entren en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteñan unha visión ampla e integrada da macroeconomía. Os principais problemas económicos, o desemprego e a inflación; os instrumentos de política económica e o enfoque do longo prazo no estudio do crecemento non poden tampouco quedar fóra do noso estudio do comportamento das economías modernas.

Contidos

O curto prazo 1. Introducción 1.1. A medición da actividade económica: a contabilidade nacional 1.2. A medición do desemprego: a enquisa de poboación activa 1.3. A medición da inflación: os índices de prezos 2. O mercado de bens 2.1. A composición do PIB 2.2. A demanda de bens: consumo, inversión e gasto público 2.3. Determinación da producción de equilibrio 2.4. Un enfoque alternativo: igualdade investimento-aforro 3. Os mercados financeiros e a taxa de xuro 3.1. A demanda de diñeiro 3.2. A determinación da taxa de xuro nunha economía sen bancos 3.3. A determinación da taxa de xuro nunha economía con sistema bancario 4. Os mercados de bens e financeiros: o modelo IS-LM 4.1. O mercado de bens en equilibrio: a curva IS 4.2. Os mercados financeiros en equilibrio: a curva LM 4.3. O modelo IS-LM: estática comparativa 4.4. Política económica no modelo IS-LM 4.5. A demanda agregada Os ciclos económicos e os primeiros modelos de análise 5. Evidencia empírica sobre os ciclos económicos 5.1. Definición de ciclo 5.2. Datos empíricos sobre ciclos económicos: a producción, o gasto, o emprego, os salarios e a productividade, o diñeiro e a inflación, as taxas de xuro 5.3. Os ciclos da economía española 6. O modelo keynesiano 6.1. O mercado de traballo no modelo keynesiano 6.2. O modelo keynesiano completo 6.3. As políticas de demanda no modelo keynesiano 6.4. As políticas de oferta no modelo keynesiano 7. O modelo clásico 7.1. O mercado de traballo no modelo clásico 7.2. O modelo clásico completo 7.3. As políticas de demanda no modelo clásico 7.4. As políticas de oferta no modelo clásico A nova macroeconomía keynesiana e a análise dos ciclos económicos 8. O mercado de traballo 8.1. Descrición do mercado de traballo

Page 48: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

8.2. Variacións no desemprego 8.3. Determinación dos salarios 8.4. Determinación dos prezos 8.5. A taxa natural de desemprego 9. Análise conxunta de tódolos mercados: o modelo OA-DA 9.1. A oferta agregada 9.2. Producción de equilibrio a curto e longo prazo 9.3. Efectos da política monetaria 9.4. Efectos da política fiscal 9.5. Efectos dos shocks de oferta 10. A curva de Phillips 10.1. Inflación, inflación esperada e desemprego 10.2. A curva de Phillips 10.3. Curva de Phillips e taxa natural: o papel das institucións 10.4. A taxa natural de paro que varía no tempo 11. Inflación, actividade e crecemento da cantidade de diñeiro 11.1. Producción, desemprego e inflación 11.2. O medio prazo 11.3. A desinflación: primeira aproximación 11.4. Expectativas, credibilidade e contratos nominais 11.5. Crecemento da cantidade de diñeiro, inflación e taxas de xuro reais e nominais Os fundamentos microeconómicos da conducta 12. O consumo e o investimento 12.1. A función de consumo keynesiana 12.2. A teoría da renda permanente 12.3. A teoría do ciclo vital 12.4. Os determinantes do investimento en equipo. O Q de Tobin 12.5. O investimento residencial e en existencias Patoloxías 13. As crises e as depresións continuadas 13.1. A desinflación e a deflación 13.2. A Gran Depresión 13.3. A crise xaponesa 14. A inflación elevada 14.1. Os déficits públicos e a creación de diñeiro 14.2. A inflación e os saldos reais 14.3. Os déficits, a señoriaxe e a inflación 14.4. As hiperinflacións 15. A política económica 15.1. A política monetaria 15.2. A restricción orzamentaria do sector público 15.3. A equivalencia ricardiana 15.4. O déficit público e a débeda pública A economía aberta 17. A apertura dos mercados de bens e financeiros 17.1. A apertura dos mercados de bens 17.2. Taxas de cambio nominais e reais 17.3. A apertura dos mercados financeiros 17.4. A balanza de pagamentos 18. O mercado de bens nunha economía aberta 18.1. A relación IS nunha economía aberta 18.2. O nivel de producción de equilibrio e a balanza comercial 18.3. Un amento da demanda, nacional ou estranxeira 18.4. Depreciación, balanza comercial e producción 18.5. Análise dinámica: a curva J 18.6. O aforro, a inversión e os déficits comerciais 19. A producción, a taxa de xuro e a taxa de cambio 19.1. O equilibrio no mercado de bens 19.2. O equilibrio nos mercados financeiros 19.3. A análise conxunta dos mercados de bens e dos mercados financeiros 19.4. Os efectos da política económica nunha economía aberta 19.5. As taxas de cambio fixas 20. A taxa de cambio: axustes, crises e sistemas 20.1. As taxas de cambio fixas e o axuste da taxa de cambio real 20.2. A crises das taxas de cambio 20.3. A elección entre os sistemas de taxas de cambio O longo prazo 21. Os feitos do crecemento económico 21.1. O crecemento dos países ricos dende 1950 21.2. Visión xeral do crecemento económico 21.3. O crecemento económico: consideracións iniciais 22. O aforro, a acumulación de capital e a producción 22.1. Relacións entre producción e capital 22.2. Implicacións de distintas taxas de aforro 22.3. Capital físico fronte a capital humano 23. O progreso tecnolóxico e o crecemento 23.1. O progreso tecnolóxico e a taxa de crecemento 23.2. Os determinantes do progreso tecnolóxico 23.3. Reconsideración dos feitos do crecemento económico

Page 49: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

24. O progreso tecnolóxico, os salarios e o desemprego 24.1. Productividade, producción e desemprego no curto prazo 24.2. Productividade e taxa natural de desemprego 24.3. Progreso tecnolóxico e efectos distributivos

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica • Abel, A. e B. Bernanke, Macroeconomía (Ed. Prentice-Hall, 4ª Ed., 2004) • Bajo, O. e M. A. Monés, Curso de Macroeconomía (Ed. Antoni Bosch, 2ª ed., 2000). • Blanchard, O., Macroeconomía (Ed. Prentice Hall, 4ª ed., 2006). • Mankiw, N. G., Macroeconomía (Ed. Antoni Bosch, 6ª ed., 2007). Textos complementarios: • Belzunegui et al., Macroeconomía. Cuestiones y ejercicios resueltos (Ed. Pearson Educación 2002). • Delong, J. B. e M. Olney, Macroeconomía (Ed. McGraw-Hill, 2ª Ed. 2006). • Díaz-Jiménez, J. Macroeconomía: Primeros conceptos (Ed. Antoni Bosch, 1999) • Froyen, R.T., Macroeconomía: Teorías y política. (Ed. prentice Hall, 5ª ed. 1997). • Dornbush, R., S. Fisher e R. Startz, Macroeconomía (Ed. McGraw-Hill, 4ª ed. 2004).

Competencias

Baseándose no estudio teórico dos distintos modelos macroeconómicos, asi como nos fallos e nas limitacións que estes presentan, ao remate do curso os alumnos deberán ter a capacidade precisa para entender o funcionamento, a nivel agregado, das economías reais, os problemas macroeconómicos fundamentais aos que se enfrontan, e tamén cales deberían ser as políticas óptimas a aplicar en cada situación así como os previsibles efectos destas.

Metodoloxía da ensinanza

Estará baseada fundamentalmente nas clases maxistrais por parte dos profesores, na presentación nas aulas por parte destes dos distintos modelos de funcionamento da economía, e dos problemas económicos que tratan de explicar. Tendo en conta o número de alumnos que asistan ás clases, tratarase de lograr unha participación activa dos estudiantes, sobre todo naqueles temas menos abstractos e de máis actualidade económica. Haberá tamén unha parte do curso máis práctica que poderá incluír, en función do tempo dispoñible, o comentario de noticias relevantes da actualidade económica, lecturas de artigos publicados sobre algún tema incluído nos programas, manexo de dados estatísticos, solución de exercicios prácticos...

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os alumnos poderán superar a materia por dúas vías: 1.- Superando o exame final que se realizará na data do calendario oficial de exames da facultade. O exame será escrito, tipo test. 2.- Realizando dous exames parciais. As datas destes exames serán: • 1º Parcial, na última semana lectiva do primeiro cuadrimestre. • 2º Parcial, na última semana lectiva do segundo cuadrimestre. A celebración dos exames parciais está condicionada a que podamos recuperar con antelación as catro horas de clase correspondentes á ultima semana do primeiro e do segundo cuadrimestre. Estes exames serán tamén escritos e tipo test, pero para poder presentarse a eles é preciso cumprir os seguintes requisitos: -Inscribirse nunha lista que estará aberta durante o mes de xaneiro, ata 3 días antes da data fixada para o parcial. - Obter unha nota mínima no primeiro parcial para poder presentarse ao segundo. O profesor proporá boletíns de exercicios e traballos pero a súa entrega será de carácter voluntario, e terán sidos en conta á hora da cualificación do parcial para aqueles alumnos que nos exames test non acaden a puntuación precisa para aprobar, pero obteñan alomenos unha nota de catro no exame. Os parciais non serán compensables, de xeito que para poder aprobar a materia por parciais, haberá que sacar unha nota igual ou superior a cinco en cada un dos dous parciais.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Esta disciplina é unha materia anual de 12 créditos, con catro horas semanais de clases presenciais ao longo de todo o curso. Contando con unha asistencia regular ás clases, outras catro horas semanais de dedicación á materia, incluíndo aquí o tempo necesario para a realización dos traballos e boletíns de exercicios, máis o tempo extraordinario de preparación dos exames (en función do traballo xa realizado ao longo do ano, e das características de cada alumno, pero que non tería que superar as 10-15 horas por exame) serán dabondo para superar a materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Considerando que a asistencia regular á clase é moi útil para que os alumnos poidan ter unha idea de conxunto do temario da materia, e das cuestións máis relevantes a partir das explicacións dos temas feitas polos profesores, é moi importante o manexo dos textos recomendados para ir ás fontes das distintas teorías, e para non basear o estudio na simple memorización dos apuntamentos das clases. A elaboración dos traballos, manexando para iso textos ou simplemente noticias de actualidade extraídos da prensa son de grande axuda para entender mellor o funcionamento das economías e asimilar de forma clara os conceptos teóricos.

Page 50: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 161206 Nome:Microeconomía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Fernandez Castro,Maria Belen PC-DOU Profesor/a

Riveiro Garcia,Maria Dolores PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

No curso de Microeconomía preténdese ofrecer unha visión completa, pero accesible, da economía de mercado como sistema de asignación de recursos, así como proporcionarlle ao alumno unha explicación dos procesos de elección dos axentes económicos e do funcionamento dos mercados. Isto supón, en primeiro lugar, analizar a conduta das unidades económicas individuais, é dicir, cómo e por qué estas unidades toman decisións económicas. A continuación, trátase de explicar cómo se resolve o problema asignativo, mediante a interacción no mercado de axentes económicos individuais que actúan racionalmente. Neste contexto, as nocións de racionalidade e de equilibrio constitúen os principios organizadores da análise. Un segundo obxectivo da materia é fornecer os alumnos dun coñecemento profundo do método e da análise da microeconomía, dos seus modelos básicos a das principais aplicacións. A partir da comprensión do funcionamento básico da actividade económica, a microeconomía proxéctase como un valioso instrumento para abordar de xeito rigoroso diferentes problemas, entre outros, a toma de decisións empresariais, aspectos de política microeconómica e da intervención pública, e máis en xeral, os distintos elementos e institucións que conforman o funcionamento dunha economía moderna. Un terceiro obxectivo, neste caso transversal, é familiarizar o alumno co uso dos modelos e as técnicas da microeconomía na análise dos problemas vinculados ás interaccións entre axentes económicos, a elección privada e pública e o benestar.

Contidos

I. INTRODUCCIÓN 1. O OBXECTO DE ESTUDIO DA MICROECONOMÍA E OS CONCEPTOS MICROECONÓMICOS BÁSICOS II. ANÁLISES DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR 2. UTILIDADE E PREFERENCIAS 3. A RESTRICCIÓN PRESUPOSTARÍA E A ELECCIÓN DO CONSUMIDOR 4. A TEORÍA DA DEMANDA III. APLICACIÓNS DA TEORÍA DO COMPORTAMENTO DO CONSUMIDOR 5 A OFERTA DE TRABALLO DO CONSUMIDOR 6. AS DECISIÓNS NO MERCADO DE CAPITAIS 7. INCERTEZA E INFORMACIÓN: ELECCIÓN EN CONDICIÓNS DE RISCO IV. A TEORÍA DA PRODUCCIÓN 8. A EMPRESA E A PRODUCCIÓN 9. A TEORÍA DOS CUSTOS DE PRODUCCIÓN DA EMPRESA V. AS ESTRUCTURAS DE MERCADO 10. MERCADOS COMPETITIVOS 11. MONOPOLIO 12. COMPETENCIA MONOPOLÍSTICA 13. INTRODUCCIÓN A TEORÍA DE XOGOS 14. OLIGOPOLIO SEN COLUSIÓN 15. O OLIGOPOLIO CON COLUSIÓN VI. EQUILIBRIO XERAL 16. ANÁLISE DO EQUILIBRIO XERAL

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía Básica Estrin, S. y Laidler, D. (1995): Microeconomía. 4ª Ed. . Prentice Hall, Madrid. Perloff, J.M. (2004): Microeconomía. Ed. Prentice-Hall, Madrid. Pyndick, R. S. e D. L. Rubinfield (2003): Microeconomía. 5ª edición, Prentice Hall. Bibliografía complementaria Bergstrom, T. e H. Varian (1999): Ejercicios de Microeconomía Intermedia. 5ª edición, Antoni Bosch. Carrasco, A., C. De La Iglesia, E. Gracia, E. Huergo, L. Moreno (2003): Microeconomía Intermedia. Problemas y cuestiones Congregado, E., A. A. Golpe e T. Leal, (2002): Microeconomía. Cuestiones y problemas resueltos. Prentice Hall.

Page 51: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Fernández de Castro, J. y Tugores, J. (1997): Microeconomía. McGraw-Hill, Madrid. Frank, R. H. (2001): Microeconomía y conducta. 4ª edición, McGraw—Hill. Gracia, E. e R. Pérez (2004): Cuestiones Tipo Test de Microeconomía Intermedia. Prentice Hall Hirshleifer, J. e A. Glazer (1994): Microeconomía, Teoría y Aplicaciones. 5ª Edición. Prentice Hall Hispanoamericana. Katz, M. y Rosen, H. (1995): Microeconomía. McGraw-Hill, Madrid. Leroy Miller, R y Meiners, R. (1998): Microeconomía, 3ª Ed. . McGraw-Hill, Bogotá. Nicholson, W. (2004): Teoría microeconómica. Principios básicos y aplicaciones. 8ª edición, Thomson/Paraninfo eds. Pashigian, B. (1996): Teoría de los precios y aplicaciones. McGraw-Hill, Madrid. Segura, J. (1986): Análisis Microeconómico. Alianza Universidad, Madrid. Varian, H. (2003): Microeconomía intermedia. Un enfoque actual. 5ª edición, Antoni Bosch

Competencias

O propósito do curso é que o alumno comprenda, a través dunha análise formal e rigorosa, o papel e as limitacións do mecanismo de mercado na asignación de recursos, e que sexa capaz de aplicar os coñecementos adquiridos na análise de problemas de asignación de recursos. De acordo con este propósito, esixiráselles aos estudantes unha comprensión dos modelos teóricos de comportamento e organización de mercados introducidos nas aulas de teoría como unha guía para asentar e ampliar os diferentes temas. Ademais, o desenvolvemento do curso utiliza con profusión o razoamento lóxico e o cálculo diferencial e, puntualmente, integral. En consecuencia, as técnicas básicas para o estudo da materia son: 1) Un manexo fluído e continuado do razoamento lóxico e abstracto; 2) Ser capaz de utilizar con comodidade e solvencia o cálculo diferencial en R2 e integral en R; 3) Recorrer con frecuencia á bibliografía e ser capaz de extraer desta ideas aclaratorias e ampliadas do aprendido nas aulas. Todo o anterior resume as calidades requiridas neste curso para unha boa aprendizaxe. Pero ademais, o estudante debe ser capaz, non só de aprender, senón de transmitir o aprendido, é dicir, manexarse con fluidez, tanto no uso da palabra escrita como na expresión oral en público.

Metodoloxía da ensinanza

A materia desenvolverase a través de clases maxistrais e de clases prácticas. a) Clases maxistrais: En torno aos 2/3 das horas anuais dedicaranse á presentación na aula, buscando a interacción dos estudiantes, dos distintos modelos usados na microeconomía para a compresión do funcionamento do mercado. Nestas clases tratarase de incentivar a participación activa por medio de preguntas. b) Clases prácticas: O resto do tempo dedicarase á aplicación práctica das teorías introducidas, resolvendo exercicios numéricos, onde, de novo, a participación activa por parte dos estudiantes (por exemplo, resolvendo os problemas no encerado) contribúe ao proceso de aprendizaxe. Ademais, realizaranse e pediranse comentarios aos estudiantes sobre trazos económicos dos mercados/industrias do contorno, que poden ser comprendidos ou parcialmente explicados coas teorías vistas e analizadas nas aulas teóricas. Tamén, se o número de estudiantes o permite e existen os medios necesarios, tratarase de facer prácticas no ordenador, tanto de simulación do funcionamento das diferentes teorías vistas na aula, como de análise de datos económicos reais que ilustren estes modelos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación, nas distintas convocatorias, levarase a cabo a través de probas escritas. Convocatoria de xuño: - Realizarase un exame parcial eliminatorio nas datas fixadas para a primeira convocatoria ordinaria de exames (febreiro). Este exame comprenderá a materia impartida hasta o momento (normalmente as seccións I, II e III do programa) - Realizarase un exame final no que os alumnos que superaron o parcial son examinados do resto da materia e os demais alumnos da materia completa. Convocatoria de setembro: Realizarase un único exame que comprenderá toda a materia. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 no exame ou exames correspondentes. para a convocatoria de xuño, ademais da nota obtida nos exames, o alumno poderá incrementar a súa nota final hasta un 15% coas notas das actividades propostas durante o curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Se o traballo é continuado e a asistencia á aula tamén, unha media de tres horas e media semanais de estudo deben ser suficientes para un axeitado dominio da materia.

Recomendacións para o estudo da materia

Como en moitos outros casos, esta non é unha materia fácil de superar se o estudiante deixa o traballo para uns días antes do exame. O dominio da materia esixe un traballo continuado, con asistencia á aula e utilización das titorías para aclaracións e consulta de dúbidas. O estudiante debe intentar familiarizarse cos modelos teóricos mediante a realización de exercicios, tratando de repetir e entender os que foron resoltos na aula e resolvendo outros que facilitará o profesor ou que aparecen na bibliografía. Na realización dos exercicios, o obxectivo non é unicamente que estes estean matematicamente ben resoltos, senón desenvolver a intuición que permita saber dar unha interpretación económica os resultados obtidos. Isto é o que se pretende nesta materia, e debería ser tido en conta polo alumno a hora de preguntarse qué enfoque darlle ao seu traballo para preparar a materia.

Page 52: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

4º CURSO

Contido

Código : 161404 Nome:Econometría Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Estevez Nuñez,Juan Carlos ASOU Profesor/a

Exposito Diaz,Pilar INTS-T3 Profesor/a

Iglesias Casal,Ana TIT-UN Profesor/a

Lopez Andion,Maria Del Carmen TIT-UN Profesor/a

Vazquez Rozas,Maria Emilia TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

A partir dos coñecementos básicos que o alumno recibiu ao cursar a materia de Introdución á Econometría de terceiro curso, neste curso afóndase nos métodos econométricos fundamentais, para o que, en primeiro lugar enlázase cos coñecementos adquiridos no curso anterior a través dos problemas que xorden a raíz do incumprimento dalgunha das hipóteses de partida. A partir desta visión global, afóndase nalgunhas das problemáticas particulares, o que permite ao alumno adquirir unha visión máis ampla da materia e así poder empezar a interpretar traballos econométricos de dificultade media e introducir o alumno nos temas econométricos de cursos máis especializados. Unha ferramenta fundamental utilizada para acadar estes obxectivos é o uso de paquetes informáticos econométricos.

Contidos

TEMA 1: XENERALIDADES ACERCA DO INCUMPRIMENTO DE HIPÓTESES 1.1.- Introdución 1.2.- Esperanza matemática non nula 1.3.- Matriz de varianzas - covarianzas non escalar 1.4.- Non normalidade 1.5.- Regresores estocásticos 1.6.- Multicolinealidade perfecta 1.7.- Non linealidade TEMA 2: O MODELO DE REGRESIÓN LINEAL XENERALIZADO 2.1.- Hipóteses do modelo 2.2.- Estimación Mínimo-Cuadrática Xeneralizada. Propiedades dos estimadores 2.3.- O método da matriz de transformación 2.4.- Estimación por intervalo, contrastes de hipóteses e predición óptima no M.X. TEMA 3: AUTOCORRELACION 3.1.- Exposición do problema. Causas e consecuencias sobre a estimación minimocuadrática ordinaria 3.2.- Autocorrelación de primeira orde 3.3.- Métodos para detectar a autocorrelación 3.4.- Estimación dun modelo con autocorrelación de primeira orde 3.5.- Predición no caso de autocorrelación TEMA 4: HETEROCEDASTICIDADE 4.1.- Exposición do problema. Causas e consecuencias sobre a estimación minimocuadrática ordinaria 4.2.- Métodos para detectar a heterocedasticidade 4.3.- Estimación dun modelo con heterocedasticidade 4.4.- Predición no caso de heterocedasticidade TEMA 5: MULTICOLINEALIDADE E SELECCIÓN DE REGRESORES 5.1.- Natureza da multicolinealidade 5.2.- Causas e consecuencias da multicolinealidade 5.3.- Métodos para detectar a multicolinealidade 5.4.- Solucións á multicolinealidade 5.5.- Consecuencias da omisión dunha variable explicativa relevante e da inclusión dunha variable explicativa irrelevante 5.6.- Métodos de selección de regresores TEMA 6: VARIABLES FICTICIAS E CONTRASTES DE ESTABILIDADE 6.1. O método de variables ficticias e as súas aplicacións 6.2. Aplicación á combinación de series temporais e atemporais 6.3. Contrastes de homoxeneidade de parámetros TEMA 7: MODELOS DINÁMICOS E MODELOS ARIMA 7.1. Clases de modelos con retardos nas variables 7.2. Modelos con retardos nas variables esóxenas

Page 53: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

7.3. Modelos autorregresivos 7.4. Modelos ARIMA: definición e conceptos 7.5. Modelos ARIMA: fases de elaboración TEMA 8: OUTROS MODELOS E CRITERIOS DE SELECCIÓN 8.1. Modelos multiecuacionais: introdución 8.2. Modelos lineais e non lineais 8.3. Contrastes de especificación 8.4. Análise de causalidade e cointegración TEMA 9: TEMAS DE ECONOMETRÍA APLICADA: INTRODUCIÓN

Bibliografía básica e complementaria

BÁSICA: - Greene, W. (1999): Análisis Econométrico. Madrid: Prentice-Hall Ibérica. - Guisán, M.C. (1997): Econometría. Madrid: McGraw-Hill. - Johnston, J. (1989): Métodos de Econometría. Ed.Vicens-Vives. - Maddala, G.S. (1985): Econometría. Ed. McGraw-Hill. - Pulido, A. (1993): Modelos econométricos. Madrid: Pirámide. COMPLEMENTARIA: - Brooks, C. (2002): Introductory econometrics for finance. Cambridge: Cambridge University PressGujarati, D. (1997): Econometría. Bogotá: McGraw-Hill. - Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill - Otero, J. M. (1993): Econometría. Series temporales y predicción. Madrid: AC. - Uriel, E. (1985): Análisis de series temporales. Modelos ARIMA. Madrid: Paraninfo. - Uriel, E. e Peiró, A. (2000): Introducción al análisis de series temporales. Madrid: AC. - Verbeek, M (2004):A Guide to Modern Econometrics. 2ª edición. John Wiley & Sons.England. - Wooldridge, J. M. (2001): Introducción a la Econometría: Un enfoque moderno. Madrid: Paraninfo Thomson Learning. BIBLIOGRAFÍA PARA EXERCICIOS E PROBLEMAS: - Alegre, J.; Arcarons, J.; Bolance, C.; Díaz, L. (1995): Ejercicios y problemas de Econometría. Barcelona: AC. - Aznar, A. e García , A. (1980): Problemas de Econometría. Madrid: Pirámide. - Aznar, A.; García, A. ; Martín, A. (1994): Ejercicios de Econometría I y II. Madrid: Pirámide. - Carrascal, U ; González, Y ; Rodríguez, B. (2001): Análisis Econométrico con Eviews. Madrid: Ra-Ma. - Fernández, A.; González, P.; Regúlez, M.; Moral, M.; Esteban, M. (1995): Ejercicios de Econometría. Madrid: McGraw-Hill. - Pena, B.; Estavillo, J.; Galindo, M.E.; Leceta, M.J.; Zamora, M.M. (1999): Cien ejercicios de econometría. Madrid: Pirámide. - Pérez, T.; Amorós, P.; Relloso, S. (1993): Ejercicios de Econometría empresarial. Madrid: McGraw-Hill. - Pulido, A.; López, A. (1999): Predicción y simulación aplicada a la economía y gestión de empresas. Madrid: Pirámide. - Raymond, J. L.; Uriel, E. (1987): Investigación econométrica aplicada: un caso en estudio. Madrid: AC.

Competencias

Co traballo nesta materia, o alumno desenvolve capacidades para saber avaliar e interpretar a realidade económica a través de traballos econométricos de dificultade media.

Metodoloxía da ensinanza

Para cada un dos temas do programa, o alumno vai recibir prácticas específicas de encerado e ordenador, que consisten na resolución de exercicios concretos referidos a distintos problemas económicos e do ámbito da empresa. Tempo previsto para cada tema. Tema 1: 6 h. Tema 2: 6 h. Tema 3: 12 h. Tema 4: 12 h. Tema 5: 9 h. Tema 6: 9 h. Tema 7: 24 h. Tema 8: 6 h. Tema 9: 6 h.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Se no Centro hai dispoñibilidade de aulas, e se o profesor o decide, poderá realizarase un exame parcial coa materia impartida no primeiro cuadrimestre. Realizarase un exame final nas datas aprobadas pola Facultade, que constará de dúas partes: unha que corresponde á parte do primeiro parcial, e outra cos temas que se impartiron ao longo do 2º cuadrimestre. Será necesario superar os dous parciais para aprobar a materia. Na avaliación final terase en conta a participación nas clases teóricas e prácticas, así como a realización de exercicios e traballos, todo o cal non suporá máis do 20% da nota final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Unha hora adicional por cada hora de clase.

Recomendacións para o estudo da materia

Facer un seguimento continuado das clases, dado que o coñecemento do contido que se vai impartindo depende da materia xa traballada.

Page 54: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191402 Nome:Economía Aplicada Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Diaz Vazquez,Maria Del Rosario PQ Profesor/a

Obxectivos da materia

- Estudo dos principais obxectivos de política económica dos gobernos. - Estudo dos instrumentos básicos de política macroeconómica.

Contidos

Introducción. A política de estabilización e a política de desenvolvemento económico. Tendencias actuais na política económica. Obxectivos básicos de política económica. O emprego. A estabilidade de prezos. O crecemento económico. A redistribución da renda. A calidade de vida e a conservación do medio ambiente: o desenvolvemento sostible. Instrumentos de política económica. Política monetaria. Política fiscal e mixta. Política económica nunha economía aberta. Política de rendas.

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica (orde alfabética): - CUADRADO ROURA, J. R. (dir.) (2006): Política económica. Elaboración, objetivos e instrumentos, McGraw Hill, Madrid, 3ª edición. - ERIAS REY, A. e SÁNCHEZ SANTOS, J. M. (1998):Política monetaria y política fiscal, Ed. Pirámide, Madrid. - FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; PAREJO GÁMIR, J. A. e RODRÍGUEZ SÁIZ, L.(2006): Política económica, McGraw Hill, Madrid, 4ª edición. - FERNÁNDEZ DÍAZ, A.; RODRÍGUEZ SÁIZ, L.; PAREJO GÁMIR, J. A.; CALVO BERNARDINO, A. e GALINDO MARTÍN, M. A. (2003):Política Monetaria (I). Fundamentos y Estrategias, Thomson-AC, Madrid. Facilitarase a bibliografía complementaria ao longo do curso.

Competencias

- Competencias relativas a coñecementos e destrezas propios dos contidos da materia: O obxectivo é dotar ao alumno das ferramentas necesarias para a análise dunha realidade complexa como é o proceso de toma de decisións da política económica, o que lle permitirá interpretar as posibles causas e consecuencias das actuacións políticas no eido económico, estimulando a súa capacidade crítica e de avaliación. - Competencias instrumentais: Especialmente nas clases prácticas/seminarios, se procurará a potenciación da habilidade do alumno para elaborar unha argumentación coherente que lle permita defender con solidez unha determinada postura aplicando conceptos previamente aprendidos. Tamén se incidirá no desenvolvemento de habilidades para a comunicación oral.

Metodoloxía da ensinanza

A materia consta de seis créditos teóricos e tres prácticos. TEORÍA: Nas horas teóricas desenvolverase o contido do programa. PRÁCTICAS/SEMINARIO: Ao longo do curso, cada alumno deberá elaborar catro ensaios que versarán sobre cuestións previamente formuladas pola profesora. Para preparalos, proporcionarase aos alumnos uns textos básicos, que serán obxecto de análise e debate nas clases prácticas. Algúns textos tratarán sobre cuestións de actualidade relacionados coas actuacións de política económica dos gobernos, co obxecto de achegar o alumno ao contexto real de aplicación das políticas. Noutros casos, optarase por textos de carácter máis técnico. TRABALLO VOLUNTARIO: Ábrese a posibilidade de que o alumno, voluntariamente, faga unha exposición sobre algunha cuestión relativa á materia. A docencia presencial se completará cos materiais e a información que se transmitirán a través da aula virtual.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O 80% da cualificación corresponderá á avaliación dos coñecementos teóricos. Para esta avaliación farase un examen final. Poderá realizarse un examen parcial se non interfire na actividade normal do centro.

Page 55: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

O 20% restante da cualificación corresponderá á avaliación dos catro comentarios realizados nas prácticas. Para elo, serán necesarias tanto a entrega dos comentarios escritos como a súa defensa nas aulas de debate que se determinen para cada un deles. As datas das aulas de debate estableceranse ao comezo do curso. A asistencia as aulas de debate é, por tanto, un requisito indispensable para obter a cualificación das prácticas. Tamén se terá en conta a exposición voluntaria dun traballo. Nos primeiros días de curso explicarase todo o relativo á elaboración, presentación e avaliación de este traballo.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

- Horas presenciais: 3 horas semanais - Horas de traballo persoal: 3 horas semanais - Total: 6 horas semanais

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase a asistencia ás clases. É conveniente completar e mellorar os apuntamentos de clase acudindo á bibliografía recomendada.

Observacións

Page 56: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido Código : 191403 Nome:Economía do Sector Público Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 9.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 12.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Duro Vieiro,Jose Antonio PQ Profesor/a

Paredes Perez,Emilio CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Consideramos dúas partes no desenvolvemento desta materia. Na primeira, o obxectivo principal é proporcionarlles aos alumnos nocións básicas de carácter teórico da facenda pública en temas de política fiscal, estabilización e crecemento. Na segunda, preténdese introducir o alumno no coñecemento da realidade do sistema fiscal e do sector público e, dada a limitación do tempo, basear o programa na explicación do financiamento público de carácter impositivo, coa análise dos elementos básicos do sistema fiscal español e a imposición persoal.

Contidos

PARTE I. POLÍTICA FISCAL, ESTABILIZACIÓN E CRECEMENTO 1.- Introdución A facenda pública. - O fundamento da intervención do sector público 2.- Os efectos fiscais sobre a demanda agregada Modelos de multiplicador con investimento fixo. - Modelos de multiplicador con investimento variable. - Eficacia das políticas fiscal e monetaria 3.- Periodización dos efectos fiscais e o papel da flexibilidade automática Desenvolvemento temporal dos efectos de multiplicador. - Flexibilidade automática. - Os efectos da expansión fiscal sobre o déficit ou superávit orzamentario 4.- Produción, emprego e inflación O nivel de equilibrio da produción e os prezos. - A dinámica do proceso de inflación e a política fiscal 5.- Os efectos fiscais sobre a produción de plena capacidade Efectos sobre a oferta de traballo. - Efectos sobre o aforro. - Efectos sobre o investimento. - Imposición e asunción do risco 6.- Os efectos fiscais sobre o desenvolvemento económico Factores do desenvolvemento económico. - Política fiscal e desenvolvemento económico PARTE II: ELEMENTOS BÁSICOS DO SISTEMA FISCAL ESPAÑOL. PRINCIPIOS E TÉCNICAS DOS TRIBUTOS 1.- Os principios do ordenamento tributario español 2.- O poder tributario 3.- As fontes do dereito tributario 4.- A aplicación e a interpretación das normas tributarias. - Ámbito temporal e ámbito espacial 5.- Os tributos Concepto. - Taxas, contribucións especiais e impostos 6.- Clasificación dos impostos 7.- Principais conceptos impositivos Feito impoñible: concepto; suposto de non suxeición; a exención tributaria.- Os suxeitos do tributo. - A base impoñible. - Métodos de determinación da base. - A base liquidable. - O tipo de gravame. - Cota e débeda tributaria 8.- O procedemento de xestión tributaria A xestión tributaria. - A declaración. - O procedemento de liquidación. - A comprobación de valores. - A consulta tributaria. - O número de identificación fiscal. - A declaración censual 9.- A recadación dos tributos Normas xerais. - Extinción da obriga tributaria. - Recadación en período voluntario. - Recadación por vía executiva 10.- A inspección dos tributos Funcións. - Órganos. - Facultades. - O procedemento de inspección tributaria. - A documentación das actuacións inspectoras 11.- Infraccións e sancións tributarias Infraccións tributarias: concepto e clases. - Sancións tributarias: concepto e clases; criterios de gradación das sancións. - O

Page 57: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

delito fiscal: concepto 12.- A revisión dos actos en materia tributaria A revisión dos actos en vía administrativa. - Procedementos especiais de revisión. - Recurso de reposición. - As reclamacións económico-administrativas PARTE III: O SISTEMA FISCAL ESPAÑOL 1.- O sector público español. Delimitación. Dimensión 2.- Evolución histórica do sistema tributario A ideoloxía fiscal moderada: a reforma de Mon-Santillán. - O progresismo do 68. - A ideoloxía fiscal conservadora: a reforma de Villaverde. - Crise dos principios liberais da imposición. - A ideoloxía fiscal reformadora: Flores de Lemus. - As reformas de 1957 a 1964. - Disfuncións da imposición española 3.- A facenda pública na democracia A reforma fiscal (1977-2005: do estilo tributario latino ao europeo; inicio e desenvolvemento da reforma fiscal PARTE IV 1.- Imposto sobre patrimonio Normativa aplicable. - Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. - Feito impoñible. - Exencións. - Suxeito pasivo. - Base impoñible e base liquidable: concepto; normas de valoración. - Remuneración, tarifa e xestión do imposto 2.- Imposto sobre a renda das persoas físicas Normativa aplicable. - Natureza, obxecto e ámbito de aplicación. - Aspectos materiais da suxeición ao IRPF: feito impoñible e rendas exentas. - Aspectos persoais do IRPF: contribuíntes. - Aspectos temporais da suxeición ao IRPF: período impositivo, remuneración do imposto e imputación temporal. - Determinación da capacidade económica sometida a gravame: a) determinación da base impoñible e liquidable; b) determinación da renda gravable: normas xerais, rendementos do traballo persoal, rendementos do capital (concepto, rendementos do capital inmobiliario, rendementos do capital mobiliario), rendementos de actividades económicas, ganancias e perdas patrimoniais, réximes especiais; c) integración e compensación de rendas; d) mínimo persoal e familiar; e) regras especiais de valoración: estimación de rendas, operacións vinculadas, rendas en especie; f) base liquidable xeral e especial. - Cálculo do imposto: a) determinación da cota íntegra, líquida e diferencial: a) deducións; b) tributación familiar. - Outras cuestións. Xestión do imposto. Obrigas formais 3.- Facenda local Introdución. Niveis de goberno e facenda pública. - Fontes de financiamento. - A xestión da facenda local. - Impostos municipais. - Contabilidade e orzamentos

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA DA PARTE I - ALBI, E.; GONZÁLEZ-PÁRAMO, J. M. e ZUBIRI, I., Economía Pública I, Ariel, Barcelona. - MUSGRAVE, R. A. e MUSGRAVE, P. P., Hacienda pública teórica y aplicada, McGraw Hill, Madrid. - ROSEN, H. S., Hacienda pública, McGraw Hill, Madrid. BIBLIOGRAFÍA DAS PARTES II, III e IV - ALBI IBÁÑEZ, E. e GARCÍA ARIZNAVARRETA, J. L., Sistema fiscal español, Barcelona, Ariel Economía, última edición. - CARAMÉS VIÉITEZ, L., Introducción a la hacienda local y autonómica, Civitas, Madrid, 1994. - COMÍN COMÍN, F., Historia de la hacienda pública, II, Crítica, Barcelona, 1996. - FERREIRO LAPATZA, J. J., Curso de derecho financiero español, Marcial Pons, Madrid, última edición. - Memento práctico Edersa, Francis Lefèvre, Madrid, última edición. - ORTIZ CALZADILLA, R., Esquemas del sistema fiscal español, , Actualidad, Madrid, última edición. - PÉREZ ROYO, F., Derecho financiero y tributario (parte general), Civitas, Madrid, última edición. - VV.AA., Haciendas locales y corresponsabilidad fiscal, Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público, Santiago, 1993. Ao longo do curso facilitarase bibliografía complementaria. Códigos É imprescindible que o alumno dispoña dun texto que recolla a regulación actualizada dos impostos que van ser obxecto de estudo durante o curso.

Competencias

O estudo dos elementos esenciais do sistema fiscal español, a súa evolución histórica, o deseño de cada un dos tributos, especialmente no ámbito da imposición persoal, e os procedementos para a aplicación dos tributos proporcionaralle ao estudante os instrumentos necesarios para analizar o sector público e a política orzamentaria no relativo ao sistema de ingresos públicos.

Metodoloxía da ensinanza

A materia ten carácter anual e é de 12 créditos (de acordo coa normativa legal 9 deles corresponden a créditos teóricos e 3, a créditos prácticos). Non obstante, pola natureza do seu contido, isto non pode traducirse nunha división semanal das 4 horas de clase, senón que os créditos prácticos agrúpanse nos momentos docentes oportunos. As clases buscarán proporcionar o coñecemento e a comprensión do contido dos conceptos. Sempre que sexa posible, tanto por medios dispoñibles (aulas de informática), tanto por tempo, tratarase de facilitarlles aos alumnos a aplicación práctica dos impostos a través de medios informáticos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Exames parciais e final. Traballos voluntarios durante o curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para

Page 58: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

superala

Ademais da asistencia á clase, o que implica un total de 120 horas anuais, recoméndase, con carácter indicativo, que o alumno dedique unhas 180 horas de traballo non presencial ao estudo da materia, que deberían estar uniformemente repartidas ao longo do ano e non concentradas nos días anteriores ao exame. É fundamental, na parte aplicada dos tributos, a realización continuada de supostos prácticos e a utilización da lexislación.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais e, tamén da bibliografía básica e complementaria sinalada polos profesores a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera conveniente o seguimento continuado dos casos prácticos. Recoméndase, así mesmo, a consulta do material complementario que indiquen os profesores a medida que desenvolven o programa da materia. Xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.

Page 59: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191404 Nome:Macroeconomía II Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Arjona Bejar,Luis Enrique TIT-UN Profesor/a

Diaz Vazquez,M Del Pilar TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

O propósito deste segundo curso de macroeconomía é analizar as principais manifestacións da dinámica macroeconómica -as flutuacións cíclicas, a evolución do desemprego e a inflación, e o crecemento económico- así como os fundamentos microeconómicos que explican ditos fenómenos e as consecuencias de política económica. Ao finalizar o curso o alumno será capaz de aplicar a análise formal ao estudo dos problemas económicos e do impacto das políticas económicas en economias abertas e interrelacionadas. O tema introdutorio revisa os principais feitos económicos que van explicados no resto do curso. Os temas 1 e 2 pretenden que o alumno comprenda as principais explicacións do fenómeno do crecemento económico que existen na actualidade. Ditos temas realizan unha revisión das regularidades empíricas do crecemento, unha presentación do modelo neoclásico do crecemento e dos modelos da nova teoría do crecemento. Os temas 3, 4, 5 e 6 presentan o modelo macroeconómico no que nos imos basear para comprender o fenómeno do ciclo económico e o comportamento do desemprego e a inflación. Con este modelo podemos explicar a relevancia da política económica, tanto da política monetaria e a súa relación coa inflación, como da política fiscal e o problema do déficit público. A continuación, o tema 7 analiza de forma detallada o consumo agregado e o investimento. No curso de Macroeconomía I e nos temas anteriores xa puxose de relevancia a importancia que para o funcionamento da economia teñen ditos agregados macroeconómicos, o que fai necesaria unha análise dos fundamentos microeconómicos que explican o seu comportamento. Os seguintes temas (temas 8, 9, 10 e 11) amplían a análise da renda, o desemprego e a inflación a unha economia aberta, analizan o efeito da política e as consecuencias da interdependencia entre os paises. En particular, o tema 11 realiza unha análise da macroeconomía dunha unión monetaria. Os temas 12 e 13 presentan os modelos que tentan explicar o fenómeno do ciclo económico e os seus microfundamentos, estudando polo miudo as modernas teorías keynesianas. O obxectivo fundamental é que o alumno poda ter elementos de xuízo para comprender o fenómeno das flutuacións económicas, e que sen se ver restrinxido a unha única perspectiva, coñeza a visión dominante con suficiente profundidade. Mais concretamente, o tema 12 presenta o modelo neoclásico e o modelo do ciclo económico real, e os compara co equilibrio na nova macroeconomía keynesiana, mentres que o tema 13 se centra na nova macroeconomía keynesiana, cun tratamento detallado dos fundamentos microeconómicos que explican a existencia de flutuacións na economía e os equilibrios múltiples. Finalmente no tema 14 estúdase a teoría económica que explica o comportamento dos gobernos (relación entre o sistema político e a política económica) e do banco central.

Contidos

0. Introdución: Fluctuacións Económicas e Crecemento Económico PARTE I: O Crecemento 1. O Crecemento Económico I Regularidades empíricas Teorías alternativas do crecemento A teoría neoclásica do crecemento 2. O Crecemento Económico II A converxéncia económica Modelos de crecemento endóxeno Modelos de crecemento schumpeterianos PARTE II: O Modelo Macroeconómico do Ciclo Económico, o Desemprego e a Inflación 3. O Modelo Macroeconómico I Demanda agregada Oferta agregada Flutuacións económicas 4. O Modelo Macroeconómico II Desemprego, inflación e regras monetarias Mercados de traballo e políticas de oferta 5. A Inflación e a Política Monetaria O diñeiro. A inflación e a política monetaria

Page 60: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

As regras monetarias Credibilidade e reputación 6. A Política Fiscal e o Déficit Público A política fiscal Déficit e débeda Conflitos entre a política fiscal e a monetaria PARTE III: Consumo e Investimento 7. O Consumo e o Investimento O consumo O investimento PARTE IV: A Economía Aberta 8. A Economía Aberta no curto prazo O réxime de tipo de cambio A determinación do tipo de cambio nominal 9. Inflación e Desemprego na Economía Aberta O lado da oferta e o lado da demanda Equilibrio de longo prazo 10. Shocks e Políticas na Economía Aberta A política económica na economía aberta Os shocks económicos 11. Economias Interdependentes A interdependencia no curto e meio prazo A macroeconomía dunha unión monetaria PARTE V: Fundamentos Microeconómicos dos Modelos do Ciclo Económico e Economía Política 12. Modelos de Equilibrio Modelo neoclásico de referencia e teoría dos ciclos económicos reais O equilibrio no modelo da nova macroeconomía keynesiana 13. Desequilibrio e Equilibrios Múltiples na Nova Macroeconomía Keynesiana Shocks económicos: amplificación e amortiguación Microfundamentos da Curva de Phillips Equilibrios múltiples e histéresis 14. Economía Política Políticas monetaria e fiscal Xogos entre economías interdependentes

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica: Argandoña, A., Gámez, C. y Mochón, F. (1996 y 1997), Macroeconomía Avanzada, Vols I y II, McGraw-Hill. Bajo,O. y Monés, A. (2000), Curso de Macroeconomía, 2ª edición, Antoni Bosch editor. Blanchard, O. J. (2006), Macroeconomía, 4ª edición, Prentice Hall. Carlin, W. y Soskice, D. (2006), Macroeconomics: Imperfections, Institutions and Policies, Oxford University Press. Jones, C. I. (2000), Introducción al Crecimiento Económico, Prentice Hall. Krugman, P. y M. Obstfeld (2006), Economía Internacional. Teoría y Política, Addison-Wesley. Mankiw, N.G. (2001), Macroeconomía, 4ª edición, A. Bosch. Novales, A. y Sebastián, C. (2001 y 1999), Análisis Macroeconómico, Vols I y II, Marcial Pons. Romer, D. (2006), Macroeconomía Avanzada, 3ª edición, McGraw-Hill. Weil, D. (2006), Crecimiento Económico, Pearson. Bibliografía complementaria: Abel, A. y Bernanke, B. (2004) Macroeconomía, 4ª ed., Prentice-Hall Barro, R.J. y V. Grilli (1997), Macroeconomía. Teoría y Política, McGraw-Hill. Gámez, C. y Mochón, F. (1995), Macroeconomía, McGraw-Hill. García de Paso, J.I. (1999), Macroeconomía Superior, Pirámide.

Competencias

Este curso pretende desenvolver a capacidade de razoamento lóxico do alumno, así como exercitar a súa habilidade para aplicar as ferramentas de análise á solución de problemas. Ao finalizar o curso o alumno deberá ter unha comprensión ampla dos problemas macroeconómicos a partir da análise crítica dos principais modelos que se utilizan na actualidade.

Metodoloxía da ensinanza

O ensino da parte teórica basearase fundamentalmente en clases maxistrais nas que se exporán e explicarán os fundamentos dos principais modelos macroeconómicos. Estas clases teóricas complementaranse con prácticas sobre os modelos explicados, que consistirán fundamentalmente na aplicación dos modelos á análise de casos concretos, e na realización de exercicios e de lecturas complementarias. Cada tema do programa describirase con detalle na Guía Docente, onde aparecerán os obxectivos do tema, os epígrafes e subepígrafes, os materiais que se empregan (bibliografía básica), as principais dificultades, a maneira en que evaluaranse os coñecementos sobre o tema e a bibliografía complementaria. A Guía Docente, así como os materiais que se empreguen na clase para cada tema, estarán a disposición dos alumnos na Aula Virtual da USC.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación dos coñecementos adquiridos será mediante probas escritas. O mecanismo principal de avaliación é o exame final que se realizará na data oficial que indique a Facultade. Alternativamente os profesores convocarán exames parciais da asignatura. As datas e o contido faranse públicos na Guía Docente. Asimismo, os profesores incluirán na sua avaliación a participación do alumno no curso (que poderá basearse na

Page 61: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

realización de exercicios escritos ou controles periódicos). Os detalles de cómo esta participación se incorporará na nota final verán descritos na Guía Docente.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Adicionalmente á asistencia ás clases teóricas e prácticas (90 horas), os alumnos necesitarán un promedio de estudo de 1,5 horas por cada hora presencial, o que significaría aproximadamente 135 horas de traballo autónomo.

Recomendacións para o estudo da materia

Para o adecuado seguimento da asignatura recoméndase a asistencia regular ás clases teóricas, a utilización da Guía Docente e dos recursos a disposición dos alumnos na Aula Virtual, así como a realización das prácticas que indique o profesor.

Page 62: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191405 Nome:Microeconomía II Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Perez-Nievas Montiel,Miguel PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Unha vez que os alumnos teñen cursado dous cursos de Microeconomía (un deles introdutorio e o outro de carácter intermedio), os obxectivos da materia Microeconomía II son os seguintes. En primeiro lugar, que o alumno entenda, dende unha perspectiva rigorosa e formal, a asignación dos recursos económicos mediante o mecanismo dos prezos tanto nun contexto de análise de equilibrio parcial (no cal só importa o funcionamento dun mercado tomado illadamente) como nun contexto de análise de equilibrio xeral (no que se intenta albiscar todas as interaccións que se producen entre axentes e mercados existentes na economía cando todos son tidos en conta simultaneamente). O segundo obxectivo é que o alumno comprenda as intuicións económicas que están detrás dos resultados obtidos nos diversos modelos propostos. O terceiro obxectivo é que o alumno sexa capaz de modelar por el mesmo e de resolver problemas sinxelos de carácter microeconómico.

Contidos

1. Teoría microeconómica do consumo 2. Microeconomía da produción 3. Teoría da medición do benestar en condicións de equilibrio parcial 4. Extensións do modelo básico da elección individual 5. Teoría da elección individual en condicións de incerteza 6. Teoría da preferencia revelada 7. Teoría do equilibrio xeral con troco 8. Teoría do equilibrio xeral con troco e produción 9. Problemas nas asignacións de mercado (rendementos crecentes, externalidades e bens públicos) 10. Mercados incompletos e información asimétrica

Bibliografía básica e complementaria

Referencias básicas: Antelo, M. (2000). Tópicos en Microeconomía Teórica, Tórculo Ed., Santiago de Compostela Antelo, M. (2003). Ejercicios de Microeconomía Avanzada, Netbiblo, A Coruña Varian, H (1990): Análisis Microeconómico, Ed. A.Bosch, Barcelona Kreps, D.M (1995): Curso de Teoría Microeconómica, Mcgraw Hill, Madrid Referencias complementarias: Mas-Colell, A., M.D. Whinston e J. Green (1995). Microeconomic Theory, Oxford University Press, Oxford. Recomendarase, ademais, a lectura de textos de divulgación sobre temas seleccionados, coma por exemplo os textos accesibles na páxina web www.eumed.net.

Competencias

Requírese que o alumno teña coñecementos de matemáticas e estatística a nivel introdutorio, así como coñecementos de teoría económica a nivel intermedio.

Metodoloxía da ensinanza

Clases maxistrais. Exposición por parte dos alumnos e discusión nas aulas sobre temas seleccionados.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

1. Asistencia participativa nas clases. 2. Resolución completa e comprensiva das cuestións e exercicios que, ao longo do curso, van xurdindo de forma paralela ao desenvolvemento das explicacións na clase: algúns como mera aplicación práctica da teoría explicada nun determinado momento e outros como extensión de aspectos da teoría cuxa explicación exhaustiva se deixa como tarefa para o alumno. 3. Dous exames parciais (un en febreiro e outro ao rematar o curso). Un exame final na convocatoria ordinaria de xuño e outro exame final na convocatoria extraordinaria de setembro. 4. Ademais, e complementario ao anterior, poderá pedirse (ao principio do curso) a elaboración de traballos (comentarios de textos ou ensaios sobre algúns dos temas que compoñen a materia), os cales serán entregados polo alumno nas datas

Page 63: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

establecidas. Estes traballos contribuirán, xunto co exame, á nota final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Para superar a materia, cremos que é necesaria unha dedicación por parte dos alumnos de 106 horas de traballo persoal e estudo comprensivo durante o curso. Este tempo supón dedicar 8 horas á semana aproximadamente.

Recomendacións para o estudo da materia

Para acadar un estudo comprensivo e frutífero da materia por parte do alumno e que as explicacións das clases lle sexan produtivas, propoñemos que o alumno faga un estudo con antelación ás explicacións do profesor encargado da materia –cando menos unha lectura en forma dunha primeira aproximación aos contidos da materia que se vaia desenvolver de seguido. Este modus operandi leva, sen dúbida, a que o aproveitamento das clases por parte dos alumnos sexa o máximo. Se o anterior se volve imposible (por falta de compromiso do alumno), a preparación da materia de Microeconomía II debe levarse a cabo, cando menos, de forma paralela ao desenvolvemento das clases, é dicir, a continuación das explicacións recibidas nas clases, por ser entón o momento máis axeitado para identificar os aspectos de máis difícil comprensión. O que non recomendamos baixo ningún concepto é o estudo da materia de modo intensivo e memorístico durante un determinado período de tempo previo á realización das probas de exame, o cal implica que a preparación da maioría dos temas teña lugar moito despois de ter sido explicados e nun tempo tan curto que non dá pé á súa comprensión.

Page 64: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

5º CURSO

Contido

Código : 191501 Nome:Economía da Empresa Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Troncal Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:12/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Vega Bujan,Xesus ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionar unha visión sintética sobre a problemática empresarial enumerando os problemas máis relevantes que se abordan nas análises desta área disciplinar. Conscientes dos límites marcados pola presencia episódica desta temática na Licenciatura de Economía, buscamos prioritariamente a consecución dunha capacitación mínima respecto dos criterios básicos presentes no labor de coñecemento e administración do universo empresarial.

Contidos

1) FUNDAMENTOS E CONCEITOS BASICOS: - Empresa e empresario. - Empresa e sistema económico. - Tipoloxías empresariais. - Contorno empresarial e responsabilidade social da empresa. 2) A EMPRESA COMO SISTEMA - Concepto e propiedades dos sistemas - Tipos de Sistemas - Os subsistemas que compoñen a empresa 3) AREA DE MARKETING - Introducción: obxectivos. - O estudio de mercado. - A definición da estratexia comercial do proxecto. - Análise DAFO. - Caso práctico. 4) ÁREA DE PRODUCIÓN: - Funcións e obxetivos. - Área de aprovisionamento. - Área de produción. - Deseño do subsistema de producción. - Caso práctico. 5) ÁREA DE INVESTIMENTOS: - O concepto e a decisión de investir. Tipoloxía das inversións. - Criterios de avaliación e selección de inversións. os métodos aproximados. - Criterios de avaliación e selección de inversións. os métodos dinámicos (Van e Tir). - Introducción a análise de risco na avaliación. - Emprego de follas de cálculo para valorar investimentos. - Caso práctico. 6) ÁREA DE FINANCIAMENTO: - Análise da estrutura financeira da empresa. - Fontes de financiamento interno e externo. - O coste de capital medio ponderado. - Emprego de follas de calculo para coñecer os costes da empresas. - Caso práctico. 7) ÁREA DE PLANIFICACIÓN: - Funcións e obxetivos. - Administración estratéxica. - Ferramentas de planificación. - Caso práctico. 8) ÁREA DE ORGANIZACIÓN: - Funcións e obxetivos. - O enfoque de continxencias no deseño organizacional. - Aplicacións do deseño organizacional. - Caso práctico.

Page 65: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

9) ÁREA DE XESTIÓN DE RECURSOS HUMANOS: - Funcións e obxetivos. - Reclutamento. - Selección. - Orientación. - Capacitación. - Remuneración. - Caso práctico. 10) ÁREA DE DIRECCIÓN: - Funcións e obxetivos. - Capacidades personais dos directivos. - Xestión de grupos de traballo. - Caso práctico. 11) ÁREA DE CONTROL: - Funcións e obxetivos. - Proceso de control. - Tipos de control. - Caso práctico.

Bibliografía básica e complementaria

Manuais básicos Cuervo García, A. (director). Introducción a la Administración de Empresas, Madrid: Civitas, 2001 (4ª ed.). Díez de Castro, E.; García del Junco, J.; Martín Jiménez, F.; Períañez Cristóbal, R. Administración y Dirección, Madrid: Mcgraw-Hill, 2001. Gomez-Mejía, L.R.; Balkin, D.B. Administración, Madrid: McGraw Hill, 2003. Robbins, S.P.; Decenzo, D.A. Fundamentos de Administración, Madrid: Prentice-Hall, 2002 (3ª ed). Obras complementarias: Bueno Campos, E. Curso básico de economía de la empresa, Madrid: Pirámide, 1993. Claver Cortés, Llopis Taverner, Lloret Llinares, Molina Manchon. Manual de Administración de Empresas, Madrid: Civitas, 1996. Aguirre Sádaba, A. Fundamentos de Economía y Administración de Empresas, Madrid: Pirámide, 1992. Cruz Roche, L. Fundamentos de marketing, Barcelona: Ariel, 1991. Díez de Castro, J.A. Fundamentos de administración, Santiago de Compostela: ACK, 1994. García del Junco, J.; Casanueva Rocha, C. (coordinadores). Fundamentos de Gestión Empresarial, Madrid: Pirámide, 2000. Rachman, D.J.; Mescon, M.H.; Thill, J.V. Introducción a los negocios, Bogotá: McGraw Hill, 1991. Robbins, S.P. Administración. Teoría y práctica, México: Prentice-Hall Hispanoamericana, 1986. Serra Ramoneda, A. Sistema económico y empresa, Barcelona: Ariel Economía, 1987. Suárez Suárez, A.S. Curso de introducción a la economía de la empresa, Madrid: Pirámide, 1992. Zubizarreta, C. Fundamentos de financiación de la empresa, Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, 1992.

Competencias

Ter un coñecemento mínimo do catálogo de cuestións que resultan relevantes no funcionamento do universo empresarial. Posuír un dominio básico da arquitectura conceptual utilizada na literatura dos estudos empresariais. Estar en disposición de aproveitar un eventual proceso de afondamento na especialización formativa no ámbito académico ou na propria actividade xestora empresarial. Para acadar esto, como obxetivos concretos establecemos os seguintes; -Coñecer todolos conceitos de caracter básico relacionado co ámbito empresarial. -Comprender o funcionamento da empresa como sistema global, así como os diferentes subsistemas que a compoñen; comercial, productivo, económico e directivo. - Comprender os diferentes ámbitos que compoñen o subsistema de dirección; planificación, organización, recursos humanos, dirección e control. Por último, en todolos aqueles temas que fose posíbel empregaremos a aula de informática, precisando os e as alumnas dunhas nocións básicas.

Metodoloxía da ensinanza

Os contidos mínimos antes relatados desenvólvense nun programa dividido en 11 grandes áreas ou temas. A pesar do carácter eminentemente teórico deste programa existe unha presenza destacada de aplicacións prácticas nalgunhas partes, singularmente as referidas ao Investimento, Financiamento e Produción. Estes temas contarán cunha serie de practicas levadas a cabo na aula de informática, ainda que na medida do posible serán introducidos en todalas áreas exemplos e exercizos que ilustren os contidos de carácter teórico. Durante o primeiro cuatrimestre está previsto o tratamento, no horario lectivo correspondente, das catro primeiras áreas do programa e no segundo cuatrimestre as tres restantes. Prestando especial atención a área de dirección, xa que é neste subsistema da empresa onde se toman a maior parte das decisións relevantes para o funcionamento da empresa.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Realizaranse un exame parcial no primeiro cuatrimestre e unha proba final. O primeiro exame parcial terá lugar no mes de marzo, a parte correspondente ao segundo parcial sera recollida no exame final. Os exames (que inclúen contido de caracter práctico e teórico) supoñen o 90% da nota dos e das alumnas. O restante 10% corresponderá a realización dun traballo a escoller dun listado proposto polo profesor. Ademais, valorarase a participación activa no desenrolo das clases e a realización de outros traballos voluntarios.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: Teóricas: 70 Prácticas (en aula de informática): 20 Se desexa estar presente no desenvolvemento que se faga do programa deberá asistir as clases previstas no calendario lectivo: 3 horas semanais (teóricas e practicas).

Page 66: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Horas non presenciais: Estudo de documentación específica aportada: 30 horas Estudo dos contidos impartidos: 40 horas Procura de información: 3 horas. Elaboración de traballos: 15 horas Corrección de melloras propostas: 2 Horas de avaliación: 2 Total volume de traballo: 182 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Ademais das consideracións contidas no apartado anterior considero recomendábel, para calquera alumna ou alumno que curse esta materia, practicar un mínimo seguimento dos acontecimentos referidos ao mundo empresarial que aparecen nas páxinas de economía dos principais xornais que se publican no Estado español. Tamén é recomendabel ter coñecementos básicos no uso de folla de calculo (excel).

Page 67: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ORIENTACIÓN DE ANÁLISE ECONÓMICA OPTATIVAS VINCULADAS

Contido

Código : 191431 Nome:Modelos Matemáticos para a Economía Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Pereira Lopez,Jesus TIT-EU Profesor/a

Quiñoa Lopez,Jose Luis CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Ampliar a formación do alumno, para o que se lle proporcionarán os coñecementos matemáticos necesarios para o estudo e a comprensión de certos modelos económicos. Nalgúns casos, trátase de profundar en temas xa tratados noutras materias obrigatorias da licenciatura.

Contidos

1º cuadrimestre: 1.- Complementos de topoloxía (xeral e métrica) 2.- Distancia nun conxunto de axentes: comarcalización e homoxeneización 3.- Matrices positivas e teorema de Perron-Frobenius 4.- Modelos de Leontief 5.- Complementos de teoría de xogos 6.- Coalicións e conflitos entre grupos sociais: topoloxía sobre un conxunto de axentes que forman alianzas. Poder dun individuo nunha coalición 2º cuadrimestre: 1.- Análise convexa 2.- Revisión dos conceptos básicos de optimización. Optimización sen restricións 3.- Optimización con restricións de igualdade 4.- Optimización con restricións de desigualdade 5.- Programación non linear non diferenciable 6.- Programación linear. Dualidade en programación linear 7.- Análise multicriterio

Bibliografía básica e complementaria

1. Barbolla, R., Cerdá, E., Sanz, P., Optimización matemática: teoría, ejemplos y contraejemplos. Espasa Calpe. 1991 2. Binmore K., Teoría de Juegos. McGraw-Hill. 1993 3. Borrell, J., Métodos matemáticos para la economía. Pirámide 2. Gardner R., Juegos para empresarios y economistas. Antoni Bosch. 1996 4. González Pareja, A.; Calderón y otros, Mathematica. Programación Matemática en la Economía y la Empresa. Editorial Ra-Ma. 1999 5. Guerrero Casas, F.. Curso de optimización. Programación Matemática. Ariel Economía. 1994 6. Mckinsey J.C.C., Introducción a la teoría matemática de los juegos. Aguilar. 1960 7. Pulido, A; Fontela, E., Análisis input-output. Modelos, datos y aplicaciones. Pirámide. 1993 8. Vega Redondo, F., Economía y juegos. Antoni Bosch. 2000

Competencias

1º cuadrimestre: As habituais requiridas no coñecemento matemático. 2º cuadrimestre: Nesta parte do programa os alumnos deben adquirir os conceptos básicos para elaborar e resolver distintos problemas de optimización. Darase especial importancia á análise e resolución de modelos económicos de optimización e, en xeral, de toma de decisións óptimas.

Metodoloxía da ensinanza

1º cuadrimestre:

Page 68: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Teórico-práctica, con discusión de aplicacións aos fenómenos económico-sociais. 2º cuadrimestre: Cada unha das leccións estudarase seguindo a seguinte metodoloxía: O alumno disporá dun esquema no que se inclúe a materia que se vai impartir, un resumo dela en formato PDF, exercicios para resolver na clase e unha bibliografía básica. Polo tanto, debe ter lido o contido dunha determinada clase antes de que o profesor a desenvolva na aula. O profesor non vai desenvolver a “clase tradicional” senón que, tras unha breve exposición dos contidos fundamentais da lección, vai aclarar cantas dúbidas se expoñan, colectivas ou persoais. Unha vez acabada a teoría realizaranse exercicios prácticos. O alumno disporá de coleccións de exercicios de autoavaliación de cada lección que deberá realizar. Utilizarase un curso virtual como soporte para toda a información e como complemento á docencia presencial.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

No 1º cuadrimestre: a) Continua en clase e titorías para aqueles alumnos que o desexen. b) Exame para os alumnos que non se acollan ao anterior. No 2º cuadrimestre os alumnos poderán escoller entre avaliación continua ou final. No último caso realizarase un exame cuxa cualificación será a nota obtida nesta parte da materia. Os que escollan avaliación continua terán que asistir á clase con regularidade e han de obter, polo menos, 50 puntos. Estes conseguiranse: * Mediante probas de clase, tres ao longo do curso que se cualifican cun total de 15 + 25 + 30 = 70 puntos * Mediante a obtención dun máximo de 30 puntos como “notas de clase” e exercicios realizados. Condicións adicionais. Para superar esta parte da materia os alumnos han de realizar as tres probas e obter, polo menos, 10 puntos como nota de clase. Ademais, se un alumno escolle a avaliación continua e non consegue superar esta parte da materia, poderá presentarse ao exame final. En calquera caso, a cualificación global da materia será a media das notas obtidas nos dous cuadrimestres.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

1º cuadrimestre: aproximadamente 5 horas semanais para un alumno medio. Horas presenciais: Horas teóricas: 2 horas semanais Horas prácticas: 1 hora á semana Horas non presenciais no 2º cuadrimestre: 3 horas semanais para preparar as clases e realizar problemas e traballos e 15 horas de preparación de exames Total volume de traballo no 2º cuadrimestre: 105 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Seguir as indicacións do profesor e traballar con regularidade.

Page 69: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191531 Nome:Métodos Estatísticos Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Rioboo Almanzor,Jose Maria CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionarlle ao alumnado o coñecemento en profundidade de técnicas estatísticas específicas, que lle permitan unha visión global e completa da importancia da estatística no campo da economía.

Contidos

1.- Revisión de conceptos previos 2.- A teoría da decisión estatística Introdución Elementos dun problema de decisión Diferentes situacións de decisión: decisión baixo certeza, risco, incerteza e conflito Criterios de decisión baixo incerteza Criterios minimax e maximax Criterio de Hurwicz Criterio de Savaxe Criterio de Laplace Criterios de decisión baixo risco Criterio do valor monetario esperado Criterio de perda de oportunidade esperada Valor esperado da información perfecta Valor monetario esperado e dispersión Decisión con experimentación Formulación do problema Valor esperado da información da mostra Ganancia neta esperada da mostraxe Árbores de decisión Definición Fases Elementos Vantaxes e inconvenientes Análise de sensibilidade Introdución á análise bayesiana de decisións Formulación básica Unha aplicación con distribucións normais Contrastación de hipótese e decisións Decisións secuenciais Exemplos económicos 3.- Introdución á análise da varianza Introdución Análise da varianza para unha clasificación simple O modelo nun deseño completamente aleatorizado Os modelos de efectos fixos e de efectos aleatorios Comprobación das hipóteses iniciais do modelo Método de comparacións múltiples Análise da varianza para unha clasificación dobre Xeneralizacións Exemplos económicos 4.- Series temporais e procesos estocásticos Fenómenos económicos e variables aleatorias Función aleatoria, proceso estocástico e realización dun proceso Introdución Formalización dos conceptos Análise de conceptos alternativos Exemplo numérico Clases de procesos estocásticos Caracterización dun proceso As características dos procesos e as súas propiedades. Exemplo numérico Estudo especial dos procesos estacionarios

Page 70: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Series temporais e procesos estocásticos. A condición de ergodicidade Estudo especial dos principais procesos lineares Conceptos básicos da análise espectral en economía. A análise detallada en procesos estocásticos estacionarios de segunda orde 5.- Outros métodos estatísticos de interese en economía Métodos non paramétricos Métodos secuenciais Métodos de simulación Métodos bayesianos Outros métodos

Bibliografía básica e complementaria

KARLIN, S. (1995): A First Course in Stochastic Processes. Academic Press LINDGREN, B. W. (1971): Elements of Decision Theory. New York: MacMillan. NETER, J.; WASSERMAN, N. y KUTNER, M.H. (1990): Applied Linear Statistical Models: Regression, Analysis of Variance and Experimental Designs. Illinois: Irwin Cop. PAPOULIS, A. (1999): Probability, Random Variables and Stochastic Processes. New York: McGraw Hill. PARZEN, E. (1999): Stochastic Processes. Society for Industrial & Applied Mathematics SEARLE, S. R. (1971): Linear Models. New York: John Wiley & Sons. URIEL, E. (1995): Análisis de datos. Madrid: AC

Competencias

Aplicación de distintas técnicas estatísticas á investigación económica.

Metodoloxía da ensinanza

O seguimento do programa oficial fai conveniente a disposición por parte do alumnado dos coñecementos relativos a: • Matemáticas: álxebra matricial, ecuacións diferenciais e en diferenza e operadores lineares, fundamentalmente. • Estatística económica: programas de estatística e econometría de cursos precedentes da licenciatura en Economía da Universidade de Santiago. • Informática: editor de texto, folla de cálculo e paquetes estatístico-econométricos. • Idiomas: inglés a nivel de tradución. Ao longo do curso o programa oficial da materia desenvolverase mediante as seguintes actividades: clases teóricas, clases prácticas (exercicios e problemas), sesións de informática e traballos de grupo. CLASES TEÓRICAS. Nelas desenvolveranse os principais apartados do programa e iráselle entregando ao alumno un material bibliográfico complementario ás clases, para que elabore por escrito o seu propio tema, que lle será entregado ao profesor para a súa avaliación. CLASES PRÁCTICAS (exercicios e problemas). Como complemento aos exercicios e aos problemas que se desenvolvan na clase por parte fundamentalmente do profesor, iránselle proporcionando ao alumnado sucesivamente outros enunciados que deberán ser entregados resoltos no prazo que en cada caso se determine. Adicionalmente, cada alumno aplicará os coñecementos que se vaian adquirindo nas clases teóricas a unha serie de datos suficientemente ampla elixida por el. O produto final deste traballo continuado ao longo de todo o curso constituirá o “estudo fin de curso” que o profesor avaliará na determinación da cualificación final do alumno. SESIÓNS DE INFORMÁTICA. En función da asignación de horas que a Facultade realice para a utilización das aulas de informática, estableceranse os grupos axeitados para levar a cabo as prácticas que requiran ese tratamento. TRABALLOS DE GRUPO. De acordo co programa oficial da materia, estableceranse uns grupos de traballo que, baixo a dirección do profesor, elaborarán os temas que, tendo en conta a súas preferencias, se lles asignen, e que no seu día serán expostos oralmente nas sesións de traballo que a ese efecto se establezan.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

1) Superando o exame final oficial fixado pola Facultade. Aconséllase poñerse en contacto co profesor por anticipado. 2) Por curso: ao final do curso, o profesor realizará unha avaliación global da participación de cada alumno, onde tamén se incluirán as asistencias á clase, a realización de traballos e nivel de aprendizaxe reflectido nas sucesivas sondaxes que a ese efecto se realicen ao longo do curso, incluídos parciais e exame final, no seu caso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

De 90 a 180 horas.

Page 71: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191532 Nome:Teoría Económica Avanzada Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Antelo Suarez,Manel TIT-UN Profesor/a

Perez-Nievas Montiel,Miguel PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Esta materia ten como obxectivo fundamental afondar no tratamento de cuestións da Teoría Económica, isto é, de Microeconomía e Macroeconomía, que, pola súa importancia, merecen unha análise e un tratamento individualizados, ademais de supor unha continuación na formación dos estudantes de cara a completar a súa formación en cuestións que non foron tratadas ou que o foron con menor profundidade, en cursos anteriores da micro e macroeconomía da licenciatura. Cando os alumnos cursan esta materia xa teñen cursados tres cursos de Microeconomía (un deles introdutorio, outro intermedio e outro de carácter avanzado) e outros tantos de Macroeconomía. Con estes presupostos de partida, a finalidade da materia Teoría Económica Avanzada é tripla. En primeiro lugar, conseguir que o alumno entenda, dende unha perspectiva rigorosa e formal, os mecanismos económicos subxacentes na asignación de recursos en condicións particulares. En segundo lugar, que o alumno comprenda as intuicións económicas que están detrás dos resultados obtidos nos diversos modelos propostos. En terceiro lugar, que o alumno chegue a poder modelar e resolver problemas sinxelos tanto de carácter microeconómico como macroeconómico.

Contidos

1. Economía da información: preliminares 2. O problema da selección adversa 3. O problema do risco moral 5. Modelos de horizonte temporal infinito e de xeracións solapadas 6. Ciclos económicos 7. Política monetaria e fiscal 8. Desigualdade e macroeconomía

Bibliografía básica e complementaria

Referencias básicas: Macho-Stadler, I. e D. Pérez-Castrillo (2005). Introducción a la Economía de la Información, 2ª edición. Ariel, Barcelona. Salanié, B. (!997). The Theory of Contracts: A primer. MIT Press. Romer, D. (2002), Macroeconomia Avanzada, McGraw Hill, 2º edizón. Referencias complementarias: Gibbons, R. (1992). Un primer curso de teoría de juegos, A. Bosch, Barcelona.

Competencias

Requírese que o alumno teña coñecementos de matemáticas e estatística a nivel intermedio, así como coñecementos de teoría económica a nivel intermedio.

Metodoloxía da ensinanza

O desenvolvemento da materia estará baseado fundamentalmente na exposición teórica que se fará ao longo das clases e no seguimento do traballo que os estudantes terán que realizar. A exposición do profesor terá como obxectivo sinalar o ritmo e o esquema do desenvolvemento do programa e subliñar aqueles aspectos de máis difícil comprensión. Xunto ao anterior, o material de prácticas –consistente na resolución de listas de exercicios e análise de datos empíricos das economías reais–, constitúe un apoio fundamental para acadar a comprensión fluída da materia, ao tempo que pode proporcionar resultados teóricos adicionais. En consecuencia, a súa realización forma parte ineludible do desenvolvemento do curso.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación dos coñecementos do estudante baséase nos seguintes aspectos:

Page 72: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

1. A asistencia participativa ás clases. 2. A resolución completa e comprensiva das cuestións e exercicios de carácter numérico que, ao longo do curso, van xurdindo de forma paralela ao desenvolvemento das explicacións na clase: algúns deles como mera aplicación práctica da teoría explicada nun determinado momento e outros como extensión de aspectos da teoría cuxa explicación exhaustiva se deixa como tarefa para o alumno. 3. A realización dun traballo escrito sobre un tema proposto polo profesor 4. Un exame final na convocatoria ordinaria de xuño e outro exame final na convocatoria extraordinaria de setembro. En función do traballo realizado nos puntos 1 a 3, os estudantes poden quedar excluídos da obrigatoriedade de realizar o exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Para superar a materia, cremos que é necesaria unha dedicación por parte dos alumnos de 106 horas de traballo persoal e estudo comprensivo durante o curso. Este tempo supón unha dedicación media de 3-4 horas á semana ao longo de todo o curso.

Recomendacións para o estudo da materia

Para acadar un estudo comprensivo e frutífero da materia por parte do alumno, propoñemos que o estudo se faga –cando menos en forma dunha primeira aproximación– con antelación ás explicacións do profesor encargado da materia. Este “modus operandi” leva, sen dúbida, a que o aproveitamento das clases por parte dos alumnos sexa o máximo. Se o anterior se tornase imposible, a preparación da materia de Teoría Económica Avanzada debe levarse a cabo, cando menos, de forma paralela ao desenvolvemento das clases, é dicir, a continuación das explicacións recibidas nas aulas, por ser entón o momento máis axeitado para identificar os aspectos de máis difícil comprensión. O que non recomendamos baixo ningún concepto é o estudo da materia de modo intensivo e memorístico durante un determinado período de tempo previo á realización das probas de exame.

Page 73: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE

Contido

Código : G3061451 Nome:Historia do Pensamento Económico Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: .00 Créditos prácticos: .00 Total: .0

Carácter: Optativo Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Barreiro Gil,Manuel Jaime TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Adquisición dun conocemento integrado e en perspectiva histórica da xeneración e acumulación do pensamento económico.

Contidos

INTRODUCCION: Historia, pensamento científico e pensamento económico. LECCION 1: As ideas económicas antes do nacemento da economía política. LECCION 2: Os precursores. LECCION 3: Adam Smith: a formulación científica da economía política. LECCION 4: A "escola clásica". LECCION 5: Contra o clasicismo. LECCION 6: Un "novo clasicismo". LECCION 7: Keynes: a alternativa macroeconómica. LECCION 8: A macroeconomía contemporánea. LECCION 9: Os retos actuais do pensamento económico. Apéndice 1: A formación e evolución do pensamento económico en España. Apéndice 2: A creación e os creadores de pensamento económico en Galicia.

Bibliografía básica e complementaria

ARGEMI, L.: Las raíces de la ciencia económica. Una introducción histórica, Barcelona, Barcanova, 1987. BACKHOUSE, R.: Historia del análisis económico moderno, Madrid, Alianza, 1988. BARBE, L.: El curso de la economía, Barcelona, Ariel, 1996.BARCELO, A.: Filosofía de la economía. Leyes, teorías y modelos, Barcelona, Icaria, 1992. BELTRAN, L.: Historia de las doctrinas económicas, Barcelona, Teide, 1988. BLAUG, M . : Teoría Económica en retrospección, Madrid, F.C.E., 1985. DE LA IGLESIA, J. (coord.): Ensayos sobre pensamiento económico, Madrid, McGraw-Hill, 1993.DOBB, M. : Teoría del valor y de la distribución desde Adam Smith. Ideología y teoría económica, Buenos Aires, Siglo XXI, 1975 DOPICO, F., A Ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados, Vigo, Galaxia, 1978. EKELUND, Jr., R.B., e HÉBERT, R.F.: Historia de la teoría económica y de su método, Madrid, McGraw-Hill/Interamericana de España, 1992. FUENTES QUINTANA, E. (dir.): Economía y economistas españoles, 8 volumes, Barcelona, Galaxia Gutenberg e Círculo de Lectores, 1999-2002. GRICE-HUTCHINSON, M.: El pensamiento económico en España,1177-1740, Barcelona, Crítica, 1882. LLUCH, E.: Las Españas vencidas del siglo XVIII, Barcelona, Crítica, 1999. MARTIN RODRIGUEZ. M., Pensamiento económico español sobre la población, Madrid, Pirámide, 1984. MARTÍNEZ ALIER, D. e SCHLÜPMAN, K.: La ecología y la economía, México, Fondo de Cultura Económica, 1992. NAPOLEONI, C.: Fisiocracia, Smith, Ricardo, Marx, Barcelona, Oikos, 1974. NAREDO, J. M.: La economía en evolución, Madrid, Siglo XXI, 2003. PERDICES DE BLAS, L. de (ed.): Historia del Pensamiento Económico, Madrid, Síntesis, 2003. RODRIGUEZ BRAUM, C.: Grandes Economistas, Madrid, Pirámide, 1997. RONCAGLIA, A., La riqueza de las ideas. Una historia del pensamiento económico, Zaragoza, Prensas Universitarias, 2006. SANTOS REDONDO, M.: Los economista y la empresa. Empresa y empresarios en la historia del pensamiento económico, Madrid, Alianza Editorial, 1997. SCREPANTI, E. e ZAMAGNI, S.: Panorama de historia del pensamiento económico, Barcelona, Ariel, 1997. SCHUMPETER, J.A.: Historia del análisis económico, Barcelona, Ariel, 1982.

Page 74: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

SPENGLER, J.J., y ALLEN, W.R.: El pensamiento económico de Aristóteles a Marshall, Madrid, Tecnos, 1971. SPIEGEL, H.W.: El desarrollo del pensamiento económico, Barcelona, Omega, 1984. STARK, W.: Historia de la economía en su relación con el desarrollo social, México, F.C.E., 1974.

Competencias

- Interpretar coceptual e integradamente as lecturas sobre as teorías económicas e, instrumentalmente, tamén a información xenerada sobre a actualidade económica.

Metodoloxía da ensinanza

A ensinanza terá como peares básicos as exposicións en clase e a guía biblográfica regularmente realizadas polo profesor. Pero a medida que avance o curso irna facéndose máis importantes as actividades realizadas polos propios alumnos: lecturas e informes personais.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O labor dos alumnos consistirá na asistencia regular ás clases e a participación en tódalas actividades que se desenvolven nelas, entre as cais, como avaliables, figurarán principalmente as seguintes: - Probas Periódicas Prevoncocadas (PPP) - Exercicios Periódicos Non Preconvocados (EPNP) - Seminarios e Debates (2 veces no curso) - Traballo Persdonal de Curso (TPC). Redacción e expoisición.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Expositivas (profesor en clase) ................................................... 24 hh. Interactivas (profesor e alumnos en clase) .................................. 24 hh. Titorías .................................................................................... 3 hh. Non presencial (traballo personal dos alumnos) ............................ 99 hh.

Recomendacións para o estudo da materia

- Asistencia regular ás clases - Motivación intelectual - Práctica sistemática da lectura

Page 75: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191536 Nome:Modelos da Dinámica Económica Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Garcia Suarez,Jose Alberto ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Pretende-se achegar ao futuro economista á perspectiva dinámica do estudo cualitativo das ecuacións en diferencias finitas e mais das ecuacións diferenciais, que é a que nas últimas décadas ven demostrando umha maior ideoneidade para modelizar a realidade económica que a obtida mediante a utilización do aparelho matemático formal vencelhado á conceizon mecanicista da Física clásica, que é o que forma parte dos programas dos cursos xerais de Matemáticas. Fai-se asemade umha introdución á dinámica non linear e aos problemas relativos ao caos, convertidos, en virtude da imensa poténcia de cálculo das computadoras, nos modernos paradigmas para a interpretación dos mais diversos fenómenos tanto nas ciéncias naturais como sociais.

Contidos

- Recurrencias e ecuacions en diferencias finitas. Conceitos xerais da dinámica discreta - Ecuacións diferenciais ordinarias e sistemas de ecuacións diferenciais lineares. Sistemas dinámicos en tempo continuo. Análise de estabilidade e equilibrio para sistemas lineares e non lineares - Calculo de variacións e ecuación de Euler - Control óptimo e principio do máximo de Pontryagin - Introdución á dinámica caotica. Sistemas dinámicos asociados á curva loxística. Mestura e caos.

Bibliografía básica e complementaria

BASICA: CHIANG, A. (1987) : Métodos fundamentales de economía matemática. McGraw-Hill. CHIANG, A. C. (1992) : Dinamic optimizatión. McGraw-Hill. ELSGOLTZ, L. (1983) : Ecuaciones diferenciales y cálculo variacional. Mir. FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ,F(2001) : Métodos matemáticos en economía dinámica. Textos Universitarios GANDOLFO, G. (1976) : Métodos y modelos matemáticos de la dinámica económica. Tecnos. GARCÍA SUAREZ, X. A. (1987) : Ecuacións en diferencias e ecuacións diferenciais. Imprenta Universitaria. GRIFFITHS-OLDKNOW (1993) : Mathematiss of models. Continuous and discrete dynamical systems. Ellis Horwood. GUZMÁN, M. (1987) : Ecuaciones diferenciais ordinarias. Alhambra Universidad. INTRILIGATOR, M. D. (1973) : Optimización matemática y teoría económica. Prentice Hall LÉONARD and VAN LONG (1992): Optimal Control Theory.... Cambridge University Press. MARTIN, M. A. et AL. (1995) :Iniciación al caos. Editorial Síntesis S. A. RONALD SHONE (1997):Economic Dynamics. Cambridge University Press. TU, PIERRE (1994): Dynamical Systems. Springer-Verlag. COMPLEMENTARIA: CONRAD and CLARK (1987): Natural resource economics. Cambridge University Press. LUENBERGER, D. G. (1979) : Dinamic systems. John Wiley. SEIERSTAD and SYDSAETER (1987): Optimal Control Theory...North-Holl SENGUPTA,J.K. (1997): Control Theory Methods in Economics. K.A:P. TAKAYAMA, A. (1985) : Mathematical economics. Cambridge University Press.

Competencias

- Facer a análise da estabilidade dos sistemas de ecuacións en diferéncias e diferenciais lineares sen resolvelos. - Empregar algún software para resolver ecuacións e sistemas diferenciais. - Formular e resolver problemas de optimización dinámica. - Comprender o significado e interese práctico de termos moi usados e "postos de moda" na actualidade en artigos de divulgación científica de diversa índole ("caos", "catástrofe", "fractal"), mediante o estudo da evolución de modelos de populación ou económicos.

Metodoloxía da ensinanza

- Ao principio do curso fornecera-se-lhe ao alumno material teórico e práctico fotocopiado de diversos libros da bibliografía, correspondente aos diferentes temas do programa. - Os créditos prácticos da materia intercalaran-se, a criterio do profesor, no desenvolvemento teórico dos diferentes temas que componhen o programa, para ilustrar os conceitos e aplicacións en exemplos económicos. - Programaran-se, ao principio do curso, exposicións dos alumnos na aula en función do seu número.

Page 76: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

-Haberá sesións na aula de informática, onde se utilizará software aplicado aos sistemas dinámicos lineares, e a analise das traxectórias, e xeración de conxuntos fractais e atractores extranos na dinámica caotica.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

- Exposicións - Exercicios - Controis periódicos - Exame final para quen non superase o curso nas avaliacións parciais.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Aínda que depende en gran parte da facilidade e gusto persoal pola materia, considero que para que calquera aluno medio a supere é suficiente o interese e a comprensión na aula da materia explicada e a realización dos exercicios propostos e exposicións.

Recomendacións para o estudo da materia

- Esforzar-se na participación na aula para optimizar as súas posibilidades e tratar sempre de resolver as dúbidas que poidan xurdir. - Realizar os exercicios propostos e preparar as exposicións correspondentes.

Observacións

Fara-se un diagnóstico dos conhecimentos matemáticos prévios necesários para o desenvolvimento de cada capítulo do programa, que permita situar o ponto de partida real para a sua cabal comprensión polo alunado.

Page 77: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : G3061450 Nome:Técnicas de Enquisas e Análise de Datos Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: .00 Créditos prácticos: .00 Total: .0

Carácter: Optativo Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Pis Sanchez,Eduardo ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Proporcionalle ao alumnado o coñecemento e a utilización dos métodos de mostraxe de poboacións finitas que lle permitan deseñar métodos de recollida de información mediante enquisa y o seu tratamento posterior. Asimesmo, proporcionarlle o manexo das técnicas de exploración de datos que permitan un mellor coñecemento e interpretación da información cuatitativa dispoñible.

Contidos

TECNICAS DE ENQUISAS Tema 1 Conceptos básicos do mostraxe 1.1 Poboación e mostra. 1.2 Mostraxe probabilístico. Caracteres e características da poboación. Poboación e marco. Unidades de mostraxe e unidades elementais 1.3 Errores de mostraxe e errores alleos o mstraxe. Tema 2 Mostraxe de unidades elementais con probabilidades iguais. 2.1 Variables cuantitativas 2.2 Atributos. Tema 3 Utilización de información extramuestral 3.1 Mostraxe con probabilidades desiguais 3.2 Mostraxe estratificado. 3.3 Estimadores mellorados Tema 4 Mostraxe de conglomerados 4.1 Mostraxe de conglomerados monoetápico 4.3 Mostraxe bietápico. Tema 6. Mostraxe sistemático con arranque aeatorio. Tema 7 Errores alleos o mostraxe 7.1 Mostraxe a partires de marcos imperfectos 7.2 Otro errores alleos ao mostraxe. Tema 8 A práctica da realización de enquisas. ANALISE DE DATOS Tema 9 Análise multivariante. Conceptos básicos. 9.1 Individuos e variables. A matriz de datos. Ideas xeométricas 9.2 revisión estatistica. Distribuciones multivariantes. Tema 10 Modelos factoriais 10.1 Análise de componentes principais 10.2 Análise factorial de correlacións 10.3 Analise factorial de correspondencias. Tema 11 Análise de agrupacións (“Cluster”) Tema 12 Análise discriminante 12.1 Análise factorial disciminante. 12.2 Funcións de clasificación. Tema 13 Análise das correlacións canónicas

Page 78: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica.- AZORÍN POCH, F.; SÁNCHEZ CRESPO, L. (1986): Métodos y aplicaciones del muestreo. Madrid: Alianza. CID, A.; DELGADO, C. A. y LEGUEY,S. (1999). Introducción al muestreo en poblaciones finitas. Madrid: ENE HAIR, ANDERSON, TATHAM y BLACK (2000) Análisis multivariante. Madrid. Prentice Hall. LËVY MANGIN, Jean-Pierre y VARELA MALLOU, Jesús(Dir.) (2003) Análisis multivariable para las ciencias sociales. Madrid: Pearson-Prentice Hall. MIRÁS, J. (1985): Elementos de muestreo para poblaciones finitas. Madrid: INE. SANTOS PEÑAS, Julián y otros. (2003) Diseño de encuestas para estudios de mercado. Centro de estudios Ramón Areces. Madrid Bibliografía complementaria.- APARICIO, F. (1991): Tratamiento informático de encuestas. Madrid: RA-MA. COCHRAN, W.G. (1971): Técnicas de muestreo. México: C.E.C.S.A. KISH, L. (1972): Muestreo de encuestas. México: Trillas. KISH, L.(1995) : Diseño estadístico para la investigación. Madrid: CIS PARDO MERINO, y RUIZ DÏAZ (2002) SPSS 11. Guía para el análisis de datos. Madrid: McGraw Hill RUEDA, M. Del Mar y ARCOS, A. (1998): Problemas de muestreo en poblaciones finitas. Grupo Editorial Universitario

Competencias

Coñecer e comprender os métodos de obtención de información estatística por mostraxe. Coñecer os métodos de deseño de enquisas. Coñecer e comprender as técnicas de a´nálise de conxuntos numerosos de datos, aprendendo a seleccionar as máis adecuadas en cada caso. Manexar programas de ordeador adecuados para a utilización desas técnicas. Desenrolar as capacidades de entendemento, razoamento e crítica e expresión oral e escrita, mediante a utilización dun léxico estatístico-económico adecuado.

Metodoloxía da ensinanza

Clases de pizarra en grupo grande: 75 estudantes. Utilizaráse para as actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran a participación activa dos/as estudantes, e nas que, polo tanto, o número de estudantes pur grupo non é un factor crítico para o seu desenrrolo: clases expositivas, presentación de materiais audiovisuais, conferencias... Clases en grupo reducido: 25 estudantes. Nel orgaizaranse actividades presenciais que buscan o requiren unha participación activa dos e das estudantes: seminarios, discusión de casos prácticos, resolución de problemas, traballo con textos o datos, prácticas co ordeador, exposición de traballos, etc. Titorías en grupo muy reducido: 10 estudantes. Destiñado o desenrolo de actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos e das estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, busquéda e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, revisión de prácticas e problemas...

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A aviación da materis faráse da seguinte forma: Un examen final que representará, como máximo, un 60% da nota máxima posible. Aqueles alumnos/as que haxan asistido, a lo menos, a un 80% das actividades programadas poderán comprementar a nota do examen con os resultados de sondaxes e/o traballos realizados o encargados persoalmete e cuia valoración poderá supoñer hasta o 40% restante da nota máxima posible.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Actividade Estudo autónomo individual o en grupo: 60 horas. Escritura de exercicios. conclusións o outros traballos: 15 horas. Programación/experimentación u outros traballlos en ordeador/laboratorio: 15 horas Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similares: 10 horas. Total horas de traballo persoal do alumno: 100 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

O debate na aula sobre os contenidos é unha ferramenta útil para a comprensión da materia.

Page 79: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido Código : 191538 Nome:Socioeconomía do Desenvolvemento e dos Movementos Sociais Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:11/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Cancio Alvarez,Miguel ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Como se establece no folleto “Programa-Guía dos traballos, obxectivos, desenvolvemento e normativa/metodoloxía xeral do curso” desta materia (que teñen os estudantes á súa disposición antes do comezo do curso e na biblioteca universitaria do centro), búscase que o estudante de quinto curso, en vésperas de licenciarse, de ser un profesional da ensinanza superior en economía, etc., manexe con maior soltura as ferramentas universitarias, faga achegas científicas e profesionais máis elaboradas (ao ir en quinto curso e ao ter superado a materia de 1º ou 2º de socioloxía e outras, nas que se iniciou no manexo das ferramentas universitarias, no labor científico e profesional de crítica, elaboración e verificación de hipóteses, no labor de iniciación á aplicación teórico, conceptual, metodolóxica, bibliográfica e práctica, de iniciación aos traballos de campo, de iniciación á presentación e defensa por escrito e en exposición de proxectos, críticas, informes, memorias-guións, bibliografías, datos, estatísticas, etc.) no campo desta materia: Socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais. Isto tratámolo de conseguir por medio da realización por parte dos estudantes desta materia de traballos dirixidos e do seu control continuo, coa aplicación de teorías, conceptos, hipóteses, métodos, técnicas e bibliografía desta materia. Neste caso, ao tratarse de estudantes de quinto curso, e unha vez que están alfabetizados cientificamente no manexo do aparato teórico-conceptual-metodolóxico-práctico, deben ter mellorado na utilización das ferramentas científicas, do discurso científico falado e escrito, da presentación, exposición e defensa dos diferentes traballos, debidamente construídos e utilizados, no campo desta materia –Socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais–. Insístese nisto no “Programa-Guía” da materia, pois, é moi importante para os estudantes de quinto curso telo en conta (facer ben en forma, fondo e contidos os traballos científicos-profesionais desta materia e doutras) á hora de facer prácticas, tratar de ampliar estudos (másters, doutorado, etc.) en centros de excelencia, á hora de solicitar traballo (facer entrevistas de traballo e presentar e defender os currículos), de mantelo e promocionarse como economista, á hora de traballar por conta allea e propia como profesional superior da economía, etc. Buscamos, partindo do estudante, dos traballos que debe realizar ao longo do curso e do seu control continuo, que este, ao ir en quinto curso, ao ser un licenciado de economía inminente, mellorara a súa aplicación teórico-práctica da socioeconomía aplicada ao desenvolvemento e en relación cos movementos sociais; e que sexa consciente que, se o fai con honradez, rigor e regularidade (B. Franklin: “O principal investimento é a honradez”; “Investir en coñecementos produce sempre os mellores beneficios”), pode: - Non só formarse con maior competencia e calidade senón xerar valor engadido, contribuír honrada, científica e profesionalmente á procura e difusión da verdade e á resolución de problemas sociais que son algo máis que problemas verbais (Popper). - Facer socioanálise e autosocioanálise (Bourdieu) sobre calquera asunto micro, meso, macro e ciber social. - Facer traballos científicos da máxima calidade e útiles socialmente como demostramos coa publicación de libros, de traballos referenciais, feitos por estudantes das materias que imparte o profesor desta materia e das que impartiu e imparte neste centro en primeiro e segundo curso, e como os seguintes: María Luísa Barrera Peña e Ana López Peña, Sociología de la mujer en la universidad: análisis histórico-comparativo Galicia-España, 1900-1981, Ed. Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela, col. Monografías Nº 92, 1983 (este libro expúxose no Quinto Centenario da Universidade de Santiago de Compostela); José Miguel González Míguez, A Banca galega no marco do sistema bancario español, Ed. Coordenadas/Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, 1992 (este libro é un dos primeiros que se publicou en Galicia e en galego sobre a banca galega); Xosé A. Brey, Concha Lado, María X. Mariño, Xosé J. Pose, colaboradores da investigación do libro Enquisa sobre do movemento estudantil galego e internacional, Ed. Coordenadas/Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia 1991 (este libro recolle unha das primeiras enquisas feitas aos estudantes da Universidade de Santiago de Compostela sobre o movemento estudantil); Silvia da Iglesia Requejo, Facendo as Américas polo mundo. Un estudio socioeconómico e antropológico de la emigración gallega y de una familia de tres generaciones de emigrantes, Biblioteca Universitaria da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela 2001. Poderíamos engadir máis. - Verse seleccionado para ampliar estudos (doutorado, máster, etc.) en centros do maior prestixio internacional (Instituto de Empresa, Universidade de Berkeley, etc.), e como sucedeu con varios estudantes de segundo curso –e agora primeiro de Socioloxía– da licenciatura de economía e desta materia de quinto curso, que sacaron as mellores cualificacións da materia. Estudantes que foron presentados polo profesor das devanditas materias nos informes requiridos polos devanditos centros para poder acceder a eles. - Formar parte como colaborador de proxectos de investigación realizados por profesores, etc.; estar en mellores condicións de realizar prácticas en empresas, institucións públicas e privadas e de traballar profesionalmente nesas prácticas da mellor maneira (o que é moi importante para conseguir un bo traballo, pois, bastantes empresas, institucións están solicitando traballos científico-profesionais para seleccionar os mellores bolseiros, estudantes en prácticas); poder presentarse voluntario en institucións públicas e privadas para facer prácticas; pór en marcha iniciativas emprendedoras no campo universitario e noutros campos. Varios empregadores, que foron alumnos das materias deste profesor, dirixíronse a el para solicitarlle que lles enviase algún alumno dos que sacaron as mellores notas, con maior capacidade de traballo e de iniciativa. Así, empregáronse varios e como profesionais superiores.

Page 80: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

O obxectivo é que o estudante, individualmente e en equipo, sempre que se esforce honrada, regular e rigorosamente, que de o mellor da súa parte, poida liberar as súas mellores enerxías creativas, se sinta motivado e en condicións de facelo, sinta que estamos aí (profesores, universidade, etc.): para facer todo o posible para axudarlle a conseguilo; para tratar de liberar as mellores enerxías creativas dos estudantes, dos investigadores, para espertar e potenciar as intelixencias múltiples que posúen; para fomentar a aventura intelectual, a paixón polo saber e o coñecemento, o compromiso honrado e rigoroso coa procura da verdade e a súa difusión (responder unhas preguntas, hipóteses e desafíos para dar paso a outras/os) co obxectivo de tratar de resolver problemas sociais próximos e afastados (Chejov: “Ao estudar e traballar honrada e profesionalmente pola miña aldea, fágoo polo mundo; e ao estudar e traballar da mesma maneira pola mellora do mundo e a vida, fágoo pola miña aldea”); para promover activamente o gusto por emprender, por xerar valor engadido. Todo isto pode contribuír ao enriquecemento individual e social, ao desenvolvemento individual e social, local, nacional e global, socioeconómico, cultural e humano.

Contidos

- Orixes dos movementos sociais, autores e teorías fundamentais. Funcións sociais dos movementos sociais. Os movementos sociais vellos-novos e a súa teoría-práctica en relación coa economía, a empresa e outras ciencias, saberes e experiencias - Teoría e práctica dos indicadores sociais en relación coa socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais. Vellos e novos paradigmas da socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais: paradigma do xogo limpo e do capital ético, de principios, no marco da teoría do xogo de capitais a escala micro e macro social - Movementos sociais e desenvolvemento material e inmaterial. Tipoloxía dos movementos sociais en países atrasados, en vías de desenvolvemento, emerxentes, desenvolvidos, nos máis avanzados. Os movementos sociais antes e despois do Surrealismo (1924), da “Xeración perdida”, “Beat generation”, os “hippies”, Maio 68, da Caída do Muro de Berlín (1989). Os movementos sociais na sociedade do espectáculo (movemento situacionista), a imaxe, os infomedios e as novas tecnoloxías. As ONG, voluntariado e novos movementos sociais. Vellos-novos movementos sociais no marco das vellas-novas formas de globalización/antiglobalización, proteccionismo e apertura do mercado - Papeis, funcións, responsabilidades do axente e grupos sociais nos movementos sociais e en relación coa calidade de vida, progreso, atraso, desenvolvemento individual/social, local/global, material/inmaterial - Socioloxía, socioeconomía do poder (material, inmaterial, micro, meso, macro, endóxeno, esóxeno, etc.) en relación cos movementos sociais e o desenvolvemento. Os movementos sociais como alternativa ao poder e como forma de poder individual, grupal e social - Instancias, campos, aparatos, dispositivos de poder, de socialización, representación e identificación, educación e cultura, traballo e ocio, modos de vida, produción, xestión e distribución, de control, normalización, suxeición, dominación, contaminación, acción, liberación, emancipación, etc., en relación cos movementos sociais e o desenvolvemento - Os movementos sociais de onte e de hoxe en Galicia e España: tipoloxía, análise de casos - ¿Para que serve a socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais? Aplicación das teorías, hipóteses, métodos, técnicas, bibliografías no campo da socieconomía do desenvolvemento e os movementos sociais. Desenvolvemento das fases do proceso de investigación aplicado á socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais: análise de casos concretos. Formulación de hipóteses: elaboración, tipos, etc. Exemplo de traballos universitarios, científicos, profesionais, algún deles relacionados co desenvolvemento e os movementos sociais, consistentes na verificación de hipóteses e que foron premiados con bolsas, coas mellores cualificacións, que mereceron ser publicados, etc. Fontes bibliográficas e de datos, o uso das bibliotecas, de Internet, a procura de diversos materiais para facer e defender os traballos científicos desta materia. A investigación por cuestionario, entrevistas, observación participante, triangulación, análise de casos de movementos sociais (galegos, españois, etc.) e outras técnicas sociolóxicas, socioeconómicas relacionadas co desenvolvemento e os movementos sociais. Normas da Universidade de Oxford para facer comentarios de textos-críticas científicas, adaptadas e completadas para esta materia.

Bibliografía básica e complementaria

- A. Giddens, Sociología, Ed. Alianza Universidad, 1989-1991, 2003 - D. Light, S. Keller, Cr. Calhoum, Sociología, Ed. McGraw-Hill 1991 (5ª edición) - J. J. Macionis, K. Plummer, Sociología, Ed. Prentice Hall 1999 Estes manuais, que teñen aplicacións ao caso español e bibliografía en español, son de grande utilidade para o estudante desta materia (tratan en diversos apartados sobre os movementos sociais, a socioeconomía e o desenvolvemento) e doutras materias, deste centro e doutros. Os estudantes enténdenos facilmente (o que agradecen moito) e lles son de grande axuda tanto para a súa formación científica, universitaria, intelectual e cultural, como para a súa formación práctica, para dispoñer de boas ferramentas universitarias e poder realizar traballos científicos e profesionais concretos, traballos de campo con diversos métodos e técnicas, traballo bibliográficos, con datos, etc. Son útiles, tamén, para facer socioanálise e autosocioanálise. - F. Alberoni, Movimiento e institución: teoría general, Ed. EN 1984 - R. J. Dalton, M. Kuechler (comps.), Los Nuevos Moviientos Sociales, Eds Alfons O Magnàmin, 1992 - J. Mª Mardóns (dr.), 10 Palabras Claves sobre Movimientos Sociales: Nuevos movimientos sociales y sociedad moderna; Pacifismo; Antimilitarismo; Ecologismo; Verdes; Feminismo; Solidaridad internacional; Antirracismo; Gays y lesbianas; Derechos humanos, Ed. EVD 1996 - N. Smelser, Theory of collective behavior, Ed. Free Press 1962 - T. Skocpol, States and social revolutions: A comparative analyse of France, Russia and China, Ed. Cambridge University Press 1979 - A. Touraine dr, Movimientos sociales de hoy: actores e analistas, Ed. Facer 1990; do mesmo autor, A voix et le regard, Ed. Seuil 1978 (teoría e metodoloxía para analizar os movementos sociais: a intervención sociolóxica); do mesmo autor, A recherche de soi. Dialogue sur le sujet, Ed. Fayard 2000 Traballos do profesor da materia sobre ela e entre outros: - M. Cancio, Enquisa sobre do movemento estudantil galego e internacional, Ed. Coordenadas/Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, 1991 (inclúe unha das primeiras enquisas representativas que se fixo aos estudantes da Universidade de Santiago sobre o movemento estudantil e que foi realizada por Xosé Brey, Concha Lado, María Mariño e Xosé Pose, no marco dos traballos de curso da materia de Socioloxía de 2ª curso de Economía da Facultade de Económicas de Santiago, e que mereceron a máxima cualificación). - M. Cancio, Materiales para el trabajo científico en sociología, economía y ciencias sociales, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, 1979, 1994, 1999 (este traballo trata de facilitarlle ao estudante, da forma máis accesible posible, diferentes ferramentas universitarias, todo o que necesita, nas diferentes fases do proceso de investigación, para facer con honradez e rigor, en forma, fondo e contido, os diversos traballos universitarios, científicos aos que debe enfrontarse nesta e outras materias, pero tamén na realidade social e pensando na mellor formación universitaria, científica e profesional que debe adquirir, e á que deben contribuír a universidade, os profesores, etc.) - M. Cancio, Economistas, empresarios, intelectuales, periodistas, políticos, prelados y sus mercados macro y micro sociais. La polémica liberal-intervencionista, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago.

Competencias

- Saber para que serve a socioeconomía do desenvolvemento en relación cos movementos sociais. Dado que en 5º curso o estudante está a piques de ser un licenciado, serve para facerlle ver que se traballa cientificamente con honradez e rigor nesta materia (e outras), e sabe dar conta diso, estará en moi boas condicións para empregarse como economista, etc. Esta

Page 81: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

materia serve tamén: para tratar de pensar e desenvolverse libre e responsablemente por un mesmo e con criterio propio; para facer socioanálise e autosocioanálise; para saber as funcións sociais dos movementos sociais en relación co desenvolvemento e outros campos e instancias sociais. - Saber utilizar adecuadamente, e como licenciado inminente, as ferramentas universitarias. Aplicar coa experiencia de estudante de 5º curso (e, no seu caso, unha vez que xa se iniciou en 1º, 2º de socioloxía con este profesor na realización de traballos científicos), teorías, conceptos, métodos, técnicas, bibliografías, datos etc., no proceso de investigación da socioeconomía do desenvolvemento e os movementos sociais. - Presentar e defender (con vellas e novas técnicas infomediáticas) por escrito e verbalmente, en prazo, forma, fondo e contido, como licenciado inminente, nas clases, ante o profesor, etc., os diferentes traballos que se lle encomendaran ao estudante, os comentarios críticos de textos con preguntas, os comentarios críticos fundados dos relatorios e con palabras claves, os guións-memoria do traballo de investigación que elixe o estudante, as teorías, hipóteses, preguntas, métodos, bibliografías, datos, estados da cuestión, etc. levados a cabo polo estudante individualmente (e en equipo pois hai un traballo que se pode realizar en equipo). Ponse o acento, en función do que contan empregadores, antigos alumnos que hoxe son bos investigadores e profesionais, que fixeron másters e ampliaron estudos en centros de excelencia, na necesidade, non só de presentar correctamente por escrito os traballos universitarios, senón de adestrarse ben na competente defensa pública dos traballos, relatorios, etc. científico-profesionais realizados polos estudantes para esta (e outras materias). Na necesidade de adestrarse correctamente na procura de bibliografías, datos, dos materiais necesarios para saber facer fronte aos traballos que propón o profesor. O que é moi importante para a boa formación científica-universitaria e vai ser moi necesario (incluso decisivo) no traballo como profesional superior da economía, etc. - Saber levar a cabo, como licenciado inminente, traballos de campo por medio da realización de entrevistas, enquisas, observación participante, triangulación, casos de vida, procura e tratamento de datos/estatísticas e outras técnicas da socioloxía/socioeconomía. - Desenvolver contactos con institucións, responsables públicos e privados, etc. para buscar materiais que poidan servir para os seus traballos de curso. Adestrarse para que estes contactos sexan frutíferos non só para os traballos de curso senón tamén para a formación e o emprego universitarios. - Participar en debates cientifico-profesionais (na preparación destes debates e no comentario critico fundado por escrito do exposto, debatido) con expertos, responsables públicos, privados, de movementos sociais, etc., de Galicia, España e outros países que son invitados ás clases a expoñer e debater as súas hipóteses, etc.

Metodoloxía da ensinanza

Catro horas semanais (Socioeconomia do desenvolvemento e os movementos sociais de 5º curso da Licenciatura de Economía) de clases teórico-prácticas dentro do método de ensinanza baseado na realización polos estudantes de traballos dirixidos e controlados continuamente polo profesor. Previamente os alumnos dispoñen na fotocopiadora e a Biblioteca: do “Programa-Guía dos traballos, obxectivos, desenvolvemento e normativa/metodoloxía xeral do curso”; e de materiais elaborados polo profesor para que o alumno, de forma completamente accesible para el, pero sempre que se esforce e traballe con honradez, regularidade e rigor, poida facer e defender os traballos propostos. O profesor na 1ª clase, e en función do calendario de curso, facilita un folio onde, partindo do programa, dá conta dos traballos propostos e de recomendacións para que estes sexan o máis frutíferos. O profesor, as dúas primeiras semanas, explícalles aos estudantes como poden aplicar e traballar, en prazo, forma, fondo e contido, coas teorías, conceptos, metodoloxías, bibliografías e fontes de datos, etc. da materia. A partir da terceira semana, na que os estudantes deben entregar o primeiro traballo, o profesor explica o proceso de investigación, a forma de estudo e aplicación das teorías, conceptos, métodos, técnicas, bibliografías, datos, etc., partindo dos traballos dos estudantes e dun dialogo, interacción constante con estes a partir deles. A partir de aí, o profesor vai traballando (nas clases e fóra das clases), vai corrixindo en forma e fondo mediante o sistema de proba-ensaio erro (Popper), os traballos que deben entregar e defender (por escrito e verbalmente) os estudantes nas datas establecidas e de acordo coas normas científicas previamente establecidas e constantemente reiteradas. O obxectivo é que o estudante aprenda a traballar cientificamente no campo da socioeconomía traballando coas ferramentas universitarias, é dicir, que vaia encarnando os hábitos científicos, universitarios e profesionais, que se vaia socializando e mentalizando na necesidade ineludible de facerse con eles para ser un bo-excelente profesional. Ademais, organízanse conferencias-coloquios, presentación de investigacións e relatorios, etc., para que os estudantes poidan non só debater as súas hipóteses, métodos, etc., senón para que traten de ver como poden aplicar científica e profesionalmente o que están estudando, aquilo no que están traballando, ás hipóteses, propostas, casos que presentan os invitados, os expertos. Os estudantes teñen que facer, despois de cada conferencia, un comentario critico dun folio onde, seguindo os protocolos que se esixen para facer un artigo científico (como por exemplo na Revista Galega de Economía deste centro. Os estudantes son animados a facer ben os seus traballos para que poidan ser publicados nela e noutras. O que xa sucedeu), deben levar a cabo, en función do establecido nas clases, un breve resumo critico da intervención, sinalar cales son as súas palabras clave e facer un comentario critico científico e fundado das hipóteses explícitas ou implícitas presentadas. O profesor insístelle aos estudantes que, ademais das titorías, está á súa disposición todo o curso no seu despacho, no centro, desde as 8,30-9 hs. ás 13,30-14 hs. e das 16 hs. ás 21-22 hs., para resolver todo tipo de dúbidas, problemas, preguntas, etc. que lle presenten os estudantes en relación coa materia, a súa formación e ao emprego universitario. Pero insiste en que estas entrevistas (e outras) deben prepararse honrada, responsable e rigorosamente para que sexan o máis frutíferas posibles.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Como se establece no “Programa-Guía” e as clases, os estudantes que acoden ás clases, cumpren co establecido no Programa e outros documentos entregados aos estudantes (e, incluso, fixados no taboleiro oficial do curso), e co desenvolvido-explicado nas clases, poden (co profesor sempre axudándolles pero a partir do seu traballo honrado, regular e responsable), están nas mellores condicións de facer e defender os traballos propostos para superar a materia. Como os traballos se van entregando e defendendo ao longo do curso, o profesor nas clases (e no despacho), informa e explícalles aos estudantes sobre o estado/avaliación dos seus traballos, do que fixeron/non fixeron e cómo, a efectos do que deben facer de novo e cómo para superar a materia. Explícaselles, tamén, sobre o que deben facer, mellorar o xa entregado, para conseguir as mellores notas. O estudante, se asiste ás clases como é a súa obrigación (esíxeo a súa profesión, a súa condición de estudante); se lee, estuda e traballa honrada e responsablemente co folleto “Programa-Guía” e resto dos materiais facilitados en tempo e forma; se realiza, entrega e defende, en prazo, forma, fondo e contidos establecidos, os traballos que fixa o profesor para a súa realización ao longo do curso (e que está –o profesor- á súa disposición nas clases e despacho para axudarlle en todo o que necesite. Os traballos demandados son perfectamente accesibles e asumibles polo estudante sempre que asista á clase, cumpra co establecido e traballe regularmente), se responde as preguntas, apartados e tarefas propostas neles, non terá ningún problema para superar a materia. Cando o estudante se presenta voluntario, leva a cabo iniciativas emprendedoras que teñan que ver cos traballos que debe facer, coa materia e sexan positivas para esta e para a súa formación; cando intervén nas clases (e fóra das clases xunto ao profesor e outros profesores, expertos) intentando que sexa co máximo rigor e para tratar de facer o mellor os seus traballos; cando o estudante trata nos traballos, de acordo co establecido, de xerar valor engadido, de formular e presentar ben as hipóteses, de facer boas preguntas, de facer traballos de campo segundo os métodos científicos establecidos, de utilizar e buscar materiais inéditos, de xerar e presentar bos datos primarios; cando presenta unha bibliografía actual, ben citada, comentada e traballada (superando o numero de referencias establecidas), etc., neste caso consigue as mellores notas. Se, polo contrario, non asiste ás clases, non entrega os traballos, en prazo, forma, fondo e contidos, de acordo co establecido, explicado e reiterado constantemente na clases; se responde parcial e incompletamente as preguntas, ao demandado nos traballos, de calquera maneira en forma e fondo, cunha bibliografía incompleta e mal/moi mal citada; se o estudante entrega, presenta e defende mal/moi mal os traballos, de forma incompleta e con graves carencias, é dicir, sen os mínimos requirimentos científicos e formais que se estableceron, neste caso non supera a materia. En función do feito e non

Page 82: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

feito, e conforme o establecido no Programa e explicado nas clases, terá que superar a materia para a próxima convocatoria: ben, por medio dun exame conforme á bibliografía e ao sinalado por escrito polo profesor; ou, ben, terá que facer os traballos sinalados polo profesor e presentalos e defendelos nas formas establecidas. No caso (como se establece no “Programa-Guía e nas clases) de que o estudante xogue sucio, cometa algún fraude, engano, copia-maquillaxe, cambio, etc., de forma absolutamente premeditada, no que caso de que se comporte de forma ilegal, de forma completamente improcedente, irrespectuosa e irresponsable ante a clase, os invitados e o profesor, esta cometendo unha falta grave ou moi grave, polo que, ademais de suspender, o profesor poida dar conta deste proceder ás autoridades pertinentes.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais da asistencia obrigatoria ás clases e conferencias-coloquio, calculamos e estimamos de forma obxectiva que o estudante, para superar a materia debe estudar e traballar cada semana ao longo do tempo escolar que dura esta materia, desde o primeiro día de clases ata o ultimo e a data fixada para a entrega dos últimos traballos, entre catro (4) e seis (6) horas semanais. O prestixioso sociólogo, Pierre Bourdieu, co que estudou varios anos, en París-Francia (na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociais/Maison des Sciences de L’Homme: Rue de Varenne e Boulevard Raspail) o profesor desta materia (e a cuxa obra lle dedicou o libro: La enseñanza reproductora y/o transformadora. Sociología de la educación y de la cultura de Pierde Bourdieu, Ed. Coordenadas 1988), ao comezo de cada curso e rodeado do seu equipo, dicía (Bourdieu) que el entendía a ensinanza metendo os estudantes, os investigadores que admitira no seu curso, na cociña para que, a partir dos traballos concretos que estes tiñan que realizar xunto ao mestre cociñeiro e ao seu equipo, manchasen as mans e aprendesen a traballar traballando cientificamente de forma regular a partir dos seus datos e materiais (dos achegados, buscados e traballados polos estudantes), e do estudo, traballo e discusión regular a partir dos traballos de investigación xa realizados ou en vías de realización polo investigador principal (Bourdieu) e o seu equipo, e que estes presentaban no curso, e a partir dos traballos de investigación, estudos de casos que viñan a presentar ao curso os invitados de Bourdieu. O gran epistemólogo e científico social Karl Popper no seu excelente libro Búsqueda sin término: una biografía intelectual, Ed. Alianza 2002, dixo que non debemos malgastar o tempo con problemas verbais e múltiples elucubracións, senón que debemos ocuparnos na solución de problemas reais. Conta Popper que el estudaba e investigaba por medio do traballo regular, seguindo o sistema de proba e erro, escribindo e reescribindo constantemente para clarificarse, para reflexionar sobre o escrito por medio da autocrítica. A miña forma de proceder baséase na defensa permanente do pensamento crítico fronte ao dogmático; na defensa do método crítico que se basea en propoñer, en traballar regularmente con algunha hipótese (pregunta, obxectivo científico) e sometela a feroces críticas, constantes refutacións en orde a detectar onde estamos equivocados. Críticas e autocríticas das teorías, hipóteses, métodos, etc. que se prolongaban, que continuaban e tiñan lugar constantemente nas clases, seminarios, coloquios, conferencias, cos amigos, compañeiros, etc.

Recomendacións para o estudo da materia

Establecida a normativa sobre marcha da materia, a forma de estudar e preparar os traballos, de superar a materia en 1ª, 2ª convocatoria, de conseguir nota, etc., queremos facer as seguintes recomendacións. Os traballos propostos son completamente asumibles e realizables polo alumno se asiste á clase e va traballando (“work in progres”) de forma regular ao longo do curso. Para o que sempre ten á súa disposición o profesor, pero sempre e cando o estudante se esforce, traballe científica e previamente pola súa conta e así se consigan os obxectivos establecidos de avanzar na súa formación, na encarnación dos mellores hábitos universitarios, científicos e profesionais. É dicir, partindo do que fai e non limitándose a facer pasivamente o que lle dita o profesor. Neste sentido, o estudante non pode limitarse a que o profesor, ou quen sexa (o ordenador, etc.): lle solucionen máxica, mecánica e automaticamente todos os problemas; lle diten as hipóteses, as preguntas e, tamén, as respostas, etc., mentres el se limita a copialo pasiva e mecanicamente (ou a pedir, fotocopiar os apuntamentos, traballos, etc.); lle busquen, lle diten a bibliografía, os datos, etc. que ten que empregar, etc. O estudante debe saber que, ao igual que o profesor, o investigador e por moi alto que sexa o nivel de este, debe facer fronte, á hora de iniciarse, de traballar científica, universitaria e profesionalmente, a cosas que non entende, a dúbidas, incertezas, contradicións, pasos adiante e pasos atrás, a problemas varios, a situacións de estrés (ou estrés positivo que sempre se dá ao tratar de facer as cosas ben, neste caso as responsabilidades, as tarefas universitarias), etc.. Pero debe saber tamén que o profesor, os profesores, a universidade, etc., sempre que (o estudante) traballe honrada, regular e adecuadamente, están, deben estar aí para contribuír da mellor forma posible, a que resolva todos os problemas que se lle presentan, a que consiga unha boa, unha excelente formación. No caso, como sinalamos, de que o estudante non supere a materia e deba facelo na próxima convocatoria polas formas previamente establecidas; o estudante debe saber que poderá facelo se para o exame establecido (racional e completamente asumible polo estudante que minimamente lo preparara) leu e traballou a bibliografía proposta para demostrar nas preguntas que se lle propoñan que sabe utilizar as teorías, conceptos, métodos, autores, bibliografía, datos, etc. de forma científica e tal como se lle pide (para o que nalgún caso se lle permite a utilización de materiais científicos). Farase o mesmo no caso dos traballos propostos: verificarase se os presentou ben en forma, fondo e contido, e se sabe defender correctamente o que se lle demandou. Como se di no “Programa-Guia”, nesta materia tratamos de poñer todos os medios dispoñibles para que o estudante que se esforce, traballe honrada e adecuadamente, poida conseguir unha excelente formación universitaria-intelectual (pensar e traballar con rigor e por un mesmo), científica, profesional superior, emprendedora, técnica, integral, humana e, a partir de aí, un bo emprego. Keynes: “Os economistas (e os que estudan para selo) deberían ser como os dentistas honrados, uns profesionais que se preocupan por facer ben as cosas, con eficacia e humildade”. Edison: “A xenialidade é un 2% de inspiración e un 98% de transpiración”. O estudante ten que ser moi consciente que debe saír adiante e avanzar na súa formación por medio do seu propio esforzo e traballo honrado, regular e rigoroso, e coa sempre necesaria axuda do profesor, os profesores, etc.. Pero debe ter moi claro, e canto antes mellor, que todo o que verdadeiramente vale a pena, como a formación superior, se consegue con esforzo, con traballo honrado, continuo e digno, co firme empeño de resolver problemas reais, de facer ben as cosas, de tratar de melloralas individual e profesionalmente, social e humanamente, local, nacional e globalmente, sen preocuparse das medallas.

Page 83: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ORIENTACIÓN DE ECONOMÍA INTERNACIONAL OPTATIVAS VINCULADAS

Contido

Código : 191441 Nome:Historia das Relacións Económicas Internacionais Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Espido Bello,Maria Del Carmen TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Aproximar o alumno ás características e tendencias máis destacadas das relacións económicas internacionais ao longo dos séculos XIX e XX. - Poñer de manifesto o carácter interdependente das economías nacionais e o proceso, cada vez máis rápido, de transmisión dos cambios e das perturbacións entre unhas economías e outras. Os alumnos deberán comprender que o desenvolvemento económico e as políticas económicas dun país non poden entenderse á marxe do resto do mundo. - Facilitar a comprensión da historia das relacións económicas internacionais a través de conceptos económicos e teóricos relevantes, de xeito que os alumnos aprendan a interpretar e analizar a información dispoñible e poidan valorar adecuadamente a transcendencia dos cambios históricos que se foron producindo a nivel mundial e as súas repercusión para cada país. - Para conseguir os obxectivos citados, nesta materia estudaranse con detemento temas como o comercio internacional, as políticas comerciais, os sistemas monetarios internacionais, os movementos de capital e de forza de traballo, a especialización internacional, a distribución de recursos e as conexións entre relacións internacionais e crecemento e desenvolvemento económico. En todos estes temas combinarase a perspectiva histórica de longo prazo co desenvolvemento teórico, presentando o estado dos debates máis recentes en cada un dos temas tratados.

Contidos

1. INTRODUCIÓN 1.1. As relacións económicas internacionais ata o S. XIX. 1.2. Os cambios no liderado económico. 1.3. Forzas dinámicas no proceso de internacionalización da economía 2. CRECEMENTO ECONÓMICO E CIRCULACIÓN INTERNACIONAL DE BENS E FACTORES PRODUTIVOS: 1800-1914 A) O período 1800-1870: crecemento das relacións económicas internacionais 2.1. As melloras no transporte e nas comunicacións. 2.2. Os circuítos básicos do comercio exterior. 2.3. A mobilidade internacional de factores: capital e traballo B) O período 1870-1914: dominio europeo e equilibrios cambiantes 2.4. Difusión da industrialización e cambios no comercio internacional. 2.5. O papel do ultramar. 2.6. O mercado mundial de capitais. 2.7. A época de emigración masiva C) Políticas comerciais ao longo do século XIX 2.8. Os principais instrumentos de política comercial. 2.9. A política comercial en Europa e fóra de Europa 3. O SISTEMA MONETARIO INTERNACIONAL ATA 1914 A) O período anterior a 1870 3.1. Sistemas monometálicos e bimetálicos. 3.2. As presións sobre o bimetalismo. 3.3. As Unións monetarias. 3.4. A difusión internacional do aumento de prezos B) O período 1870/75-1914 3. 5. O patrón ouro e o seu funcionamento. 3.6. Tipos de patrón ouro. 3.7. O papel da libra esterlina e a política monetaria baixo o patrón ouro. 3.9. Tipos de cambio e flutuacións internacionais da actividade económica. 3.10. As economías de patrón prata 4. A DESINTEGRACIÓN DA ECONOMÍA MUNDIAL NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS A) A década de 1920 4.1. Os efectos da 1ª GM sobre as relacións económicas internacionais. 4.2. O problema das débedas e das reparacións. 4.3. O comercio e as políticas comerciais nos anos vinte. 4.4. Cambios na concesión de préstamos internacionais. 4.5. A desintegración europea, o declive británico e a consolidación de Estados Unidos como primeira potencia

Page 84: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

B) A década de 1930 4.6. As orixes da gran depresión e a súa transmisión. 4.7. O impacto da crise nas diversas economías. 4.8. A contracción do comercio exterior. 4.9. As políticas comerciais: crecemento das restricións 5. A INESTABILIDADE MONETARIA NO PERÍODO DE ENTREGUERRAS 5.1. Suspensión e restauración do patrón ouro. 5.2. A reestruturación dos fluxos financeiros. 5.4. A debilidade do patrón ouro restaurado. 5.5. Gran depresión, crise financeira, e colapso do SMI. 5.6. A articulación de zonas monetarias 6. REORIENTACIÓN DA ECONOMÍA INTERNACIONAL A PARTIR DE 1945 A) A época dourada de crecemento capitalista (1945-1973) 6.1. As condicións da paz. 6.2. Os acordos de Bretton Woods e as súas implicacións. 6.3. A mobilidade internacional do traballo. 6.4. Os fluxos de capital: inversión privada e fondos oficiais. 6.5. O cambio tecnolóxico e a evolución do comercio mundial. 6.6. O GATT e as políticas comerciais 6.7. Os bloques comerciais e os acordos internacionais de produtos B) O período 1973-2004: crise, transformacións e recuperación económica 6.8. O derrubamento do sistema de Bretton Woods. 6.9. Os choques petrolíferos e os seus efectos sobre a economía internacional. 6.10. Os intercambios de bens e factores entre 1973 e 2004. 6.11. Os problemas da débeda internacional. 6.12. O avance na integración económica 7. O SISTEMA MONETARIO INTERNACIONAL DESDE 1945 A) O sistema de Bretton Woods (1945-1971): nacemento, transformacións e crise 7.1. O patrón “ouro-dólar”. 7.2. A crise da libra e o realiñamento das moedas europeas. 7.3. O FMI: obxectivos e funcións. 7.4. Os acordos rexionais de pagos. 7.5. Crise do dólar, desvalorización e fin do tipo de cambio fixo B) 1971-2005: dos tipos flexibles á unificación monetaria 7.6. Os tipos flutuantes dos anos setenta e oitenta. 7.7. Da “Serpe” ao Sistema monetario europeo. 7.8. A UEM, tipos fixos e políticas económicas coordinadas. 7.9. Estabilidade dos tipos de cambio con elevada mobilidade internacional do capital 8. AS RELACIÓNS ECONÓMICAS INTERNACIONAIS DE ESPAÑA A) O século XIX 8.1. A perda das colonias e a reorientación do comercio. 8.2. O novo comercio: produtos, mercados e saldo comercial. 8.3. A política comercial española ao longo do XIX. 8.4. Emigración e remesas. 8.5. As inversións exteriores en España. B) O século XX 8.6. O comercio exterior español e a política comercial no S. XX: principais etapas. 8.7. O papel do turismo. 8.8. Os fluxos de capital e a economía española durante o S. XX. 8.9. España: da emigración a inmigración 9. UN BALANCE: AS RELACIÓNS INTERNACIONAIS E O DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO 9.1. Os países desenvolvidos. Traxectoria e perspectivas. 9.2. Os países atrasados: problemas e desequilibrios, as diferentes visións sobre o papel da axuda externa. 9.3. As institucións supranacionais e o desenvolvemento económico. 9.4. A empresa multinacional: teoría e realidade

Bibliografía básica e complementaria

MANUAIS BÁSICOS: EICHENGREEN, B. (2000), La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona, Antoni Bosch. FOREMAN-PECK, J. (1995), Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850. Madrid, Prentice Hall. KENWOOD, A. G. e LOUGHEED, A. L. (1999), The growth of the international economy, 1820-2000. London, Routledge. MADDISON, A. (2002), La economía mundial.Una perspectiva milenaria. Madrid, OCDE/Mundi Prensa. OBRAS COMPLEMENTARIAS: AGHION, P. e WILLIAMSON, J. F. (1998), Growth, Inequality and Globalization. Theory, History and Policy. Cambridge, CUP. ALDCROFT, D. H. (1985), De Versalles a Wall Street, 1919-1929. Barcelona, Crítica. BAIROCH, P. (1993), Economics and World History. Myths and Paradoxes. New York, Harvester Wheatsheaf. BIFANI, P. (2002), La globalización: ¿Otra caja de Pandora?. Granada, Univ. de Granada. BORDO, M.; EICHENGREEN, B. e IRWIN, D. (1999), “Is Globalization Today Really Different than Globalization a Hundred Years Ago?”. NBER, WP. 7195. CHENERY, H. e SRINIVASAN, T. N. (1995), Handbook of development Economics. 3 vols. Amsterdam, Elsevier. DE LA IGLESIA, J. (coord.) (1994), El orden económico mundial. Fondo Monetario Internacional, Banco Mundial y GATT. Madrid, Síntesis. DÍAZ ALEJANDRO, C. (1988), Trade, development and the world economy. Oxford, Basil Blackwell. EICHENGREEN, B. (ed.) (1996), The Reconstruction of the International Economy, 1945-1960. Cheltenham, Edward Elgard. ENGERMAN, S. L. (Ed.) (1996), Trade and the Industrial Revolution, 1700-1850 Cheltenham, Edward Elgar. FOREMAN-PECK, J. (Ed.) (1998), Historical Foundations of Globalization. Cheltenham, Edward Elgar. FRIEDEN, J.A. (2006), Capitalismo global. El trasfondo económico de la España del siglo XX. Barcelona, Crítica. HARLEY, C. K. (ed.) (1996), The Integration of the World Economy, 1850-1914. Cheltenham, Edward Elgar. 2 vols. HATTON, T. J. e WILLIAMSON, J. G. (eds.) (1994), Migration and the International Labor Market, 1850-1939. London, Routledge. HERTNER, P. e JONES, G. (ed.) (1986), Multinationals: Theory and History. Vermont, G.Aldershot. KINDLEBERGER, C. P. (1985), La crisis económica 1929-1939. Barcelona, Crítica. KRUGMAN, P. (comp.) (1991), Una política comercial estratégica par la nueva economía internacional. México, FCE. LANDES, D. S. (1999), La riqueza y la pobreza de las naciones. Barcelona, Crítica. MADDISON, A.(1991), Historia del desarrollo capitalista. Sus fuerzas dinámicas. Barcelona, Ariel. MADDISON, A.; PRASADA RAO, D. S. E SHEPHERD, W. F. (2002), The Asian Economies in the Twentieth Century. Cheltenham, Edward Elgar. MANCHA NAVARRO, T. e SOTELSEK SALEM, D. (dirs.) (2001), Convergencia económica e integración. La experiencia en Europa y América Latina. Madrid, Pirámide. MILWARD, A. S. (1986), La Segunda Guerra Mundial, 1939-1945. Barcelona, Crítica. MITCHELL, B. R. (1992-1999), International Historical Statistics. 1750-1993. Basingstoke, MacMillan. (Varios vols.). PALAZUELOS, E. e VARA, M. J. (coords.) (2002), Grandes áreas de la economía mundial. Barcelona, Ariel. REYNOLDS, LL. G. (1989), El crecimiento económico en el Tercer Mundo, 1850-1980. Madrid, Alianza, 1989. STIGLITZ, J. E. (2002), El malestar en la globalización. Madrid, Taurus. TEICHOVA, A.; LÉVY-LEBOYER, M. e NUSSBAUM, H. (comps.) (1990), Empresas multinacionales, finanzas, mercados y gobiernos en el siglo XX. Madrid, Min. de Trabajo.

Page 85: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

THOMAS, M. (ed.) (1996), The Desintegration of the World Economy between the World Wars. Cheltenham, Edward Elgar, 2 vols. TODARO, M. P. (1988), El desarrollo económico del Tercer Mundo. Madrid, Alianza. VAN DER WEE, H. (1986), Prosperidad y crisis. Reconstrucción, crecimiento y cambio 1945-1980. Barcelona, Crítica.

Competencias

Esta materia pretende contribuír a que os alumnos que a cursen: - Aprendan a interpretar a evolución económica de cada país e as súas relacións co exterior, como parte integrante dun sistema internacional máis amplo. - Comprendan o significado económico dos intercambios internacionais de bens, servizos e factores produtivos e saiban valorar a importancia que tiveron en cada momento histórico as forzas que impulsan tales intercambios. - Melloren a súa capacidade para obter información relevante sobre as relacións económicas internacionais e para interpretar e analizar tal información. - Se habitúen a utilizar os coñecementos históricos adquiridos como unha base fundamental para afrontar a resolución de problemas actuais e para previr problemas futuros. DESTREZAS MÁIS CONCRETAS RELACIONADAS CO PROGRAMA DE CONTIDOS MÍNIMOS Os alumnos que escollan esta materia deben acabar o curso sendo capaces de: - Distinguir as grandes etapas de internacionalización económica, os trazos que definen a cada unha delas, a importancia das institucións nacionais e internacionais vixentes en cada momento e os factores que impulsan e/ou retardan o proceso de internacionalización. - Vincular o proceso de internacionalización co desenvolvemento e/ou atraso económico. - Explicar a evolución do comercio internacional de bens e servizos, a súa distribución xeográfica e a súa composición sectorial. - Coñecer a evolución dos fluxos migratorios (as súas causas, factores de atracción e expulsión, orixes e destinos, consecuencias,...) e dos movementos de capital (principais etapas, prestamistas e prestatarios, efectos, complementariedades entre comercio e inversión, etc.). - Comprender os trazos básicos da estrutura, da forma de articulación e do funcionamento do sistema monetario internacional e dos sistemas de pagos en cada unha das etapas establecidas no programa, e valorar o seu funcionamento, tendo en conta as circunstancias histórico-sociais nas que en cada momento tiveron que operar.

Metodoloxía da ensinanza

Esta materia consta de 9 créditos e impártese ao longo de todo o ano con tres horas semanais: dúas teóricas e unha práctica. A asistencia e a participación na clase serán obrigatorias. Nas horas teóricas, a profesora expón os contidos fundamentais de cada capítulo, prestando atención ao estado actual do debate historiográfico en cada un dos puntos analizados. Algunhas sesións impartiranse nas aulas de informática, apoiando as explicacións co manexo de series de estatísticas históricas. Unha vez impartida a teoría de cada tema, os alumnos terán que preparar unha lectura recomendada para cada un dos capítulos. As clases prácticas consistirán na realización, por parte dos alumnos, de exercicios sobre as lecturas e na posterior corrección dos mesmos. As lecturas necesarias para a realización das prácticas correspondentes a cada capítulo entregaránselles aos alumnos ao longo do curso, segundo se vaia acabando a explicación da parte teórica de cada tema, e os alumnos disporán dun tempo mínimo de unha semana para preparar cada lectura. Con esta entrega ao longo do curso, preténdese dispor de flexibilidade para elixir entre aquelas lecturas que resulten de maior interese para os alumnos de cada curso académico. Así pois, a lectura de cada tema seleccionarase atendendo a dous criterios: a) que se axuste aos contidos do capítulo correspondente, b) que se aproxime a aqueles aspectos de cada capítulo polos que a maioría de alumnos de cada curso amose maior interese.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

CASO A: PARA OS ALUMNOS QUE ASISTAN REGULARMENTE Á CLASE (Para acollerse a este sistema de avaliación, será necesario asistir, como mínimo, ao 80% das clases do curso). A cualificación final do curso englobará os resultados obtidos en cada unha das partes que se indican a continuación: - As prácticas correspondentes ás lecturas realizadas ao longo do curso representarán o 30% da nota final. - Dous ensaios/traballos de curso que, sobre materiais que proporcionará a profesora, os alumnos prepararán en grupos (mínimo 3 persoas e máximo 5 por grupo) ao longo do curso. Un dos ensaios realizarase entre outubro e decembro e o outro, entre febreiro e mediados de maio. Para levar adiante estes ensaios, será imprescindible asistir ás sesións de seguimento que realizará a profesora con cada grupo cada 15 días. Estes traballos terán unha valoración do 20% da nota final. - Un exame final sobre o programa completo impartido da materia, que supoñerá o 50% da nota final. (Poderase realizar un exame parcial en febreiro se así o acordan os alumnos e a profesora. Os estudantes que o superen irán ao final só coa segunda parte da materia e os que o suspendan irán ao exame final con toda a materia). Combínanse, pois, nesta disciplina, os sistemas de avaliación continua e avaliación final dos coñecementos adquiridos. CASO B: ALUMNOS QUE NON ASISTAN REGULARMENTE Á CLASE: A aqueles alumnos que por razóns de traballo, incompatibilidade de horario con outras disciplinas, etcétera, non poidan seguir normalmente o curso, ofréceselles a posibilidade de facer un exame final (na data establecida oficialmente polo

Page 86: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

decanato). Ese exame final constará de 10 preguntas sobre os contidos dos manuais básicos establecidos na bibliografía. A duración do exame será de 3 horas e, neste caso, o 100% da súa nota final será a obtida no exame. En calquera caso, os alumnos que queiran acollerse a esta modalidade deben avisar á profesora como mínimo unha semana antes do exame final. A esta modalidade de avaliación terán que acollerse tamén aqueles alumnos que falten a máis do 20% das clases do curso.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: - teóricas: 60 - prácticas e seminarios: 30 Horas non presenciais: 135 - Á semana: 5 horas de traballo que se poden dividir da seguinte maneira: - Horas de teoría: 1,5 - Horas de preparación de prácticas e traballos: 2,5 - Preparación do exame final: 1 Horas de avaliación. As probas de avaliación das prácticas realizaranas os alumnos dentro do horario presencial, serán corrixidas polo profesor e, posteriormente, revisadas na clase a fin de que os estudantes coñezan o resultado obtido, revisen os erros cometidos e poidan aclarar as dúbidas que teñan. O exame final determínao a facultade fóra do horario de docencia. A duración do mesmo estará entre dúas e tres horas. Total do volume de traballo do alumno: 225 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

É moi recomendable que os alumnos lean os capítulos dos manuais básicos antes da explicación dos correspondentes temas na clase. Desta maneira seguirán mellor as explicacións da clase e poderán expor as dúbidas que lles xurdan. Así mesmo, ao ritmo que se vai explicando o temario, os estudantes terán que ir preparando as lecturas obrigatorias correspondentes ás clases prácticas; xa que deberán avaliarse das mesmas segundo se vaian finalizando os capítulos. Os alumnos deberán acudir ás titorías para todas as cuestións que se lles vaian presentando ao longo do curso e para calquera apoio que desexen obter sobre a materia.

Page 87: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191541 Nome:Política Económica Internacional Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Barros Naveira,M Pilar ASOU Profesor/a

Garcia Menendez,Jose Ramon TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

O principal obxectivo da presente materia consiste en consolidar un encontro de iniciación á investigación, un foro de reflexión e debate colectivo en torno aos principais procesos e fenómenos da economía mundial que supoñan un significativo correlato para a proposta, aplicación e análise de resultados da política económica internacional. Como materia de especialización e no último año da Licenciatura en Economía, os obxectivos da materia corresponden á necesaria visión crítica e omnicomprensiva de institucións, actores e procesos que caracterizan os aliñamentos actuais de política económica internacional. As finalidades da proposta docente, por tanto, superpón o nivel formativo, de iniciación de investigación e de divulgación de resultados da aprendizaxe e da procura de contraste a diversas hipóteses de traballo que se consideren relevantes para comprender a materia do curso.

Contidos

A materia, tanto pola súa especialización como polo obxecto científico do seu contido, presenta unha programación que, ademais das súas perspectivas teóricas –básica e aplicada– se centra na evolución, presente e perspectivas de institucións e estudo de casos. Os contidos distribúense en catro bloques analíticos: I. INTERDEPENDENCIA, INTEGRACIÓN, CONVERXENCIA E COOPERACIÓN Problemas de método, conceptualización, modalidades e diferenzas entre fenómenos descritos II. COORDINACIÓN DA POLÍTICA ECONÓMICA INTERNACIONAL Analítica da coordinación da política económica internacional nun contorno de globalización e crecente interrelación produtiva, financeira, comercial, tecnolóxica... no mercado mundial III. TRANSMISIÓN INTERNACIONAL DA POLÍTICA ECONÓMICA Estudo teórico sobre canalización de efectos político-económicos a escala mundial con especial referencia a implicacións instrumentais e sectoriais das política económicas a devandita escala IV. POLÍTICA ECONÓMICA INTERNACIONAL: PROBLEMAS E TENDENCIAS Estudo de casos relevantes

Bibliografía básica e complementaria

FERNÁNDEZ DÍAZ, A. (Dir.): Fundamentos y papel actual de la política económica, Pirámide, Madrid, 1999 GARCÍA MENÉNDEZ, J. R.: Política Económica Internacional, Unidixital, Stgo. Compostela, 2002 STIGLITZ, J.: El malestar en la globalización, Santillana, Madrid, 2002 Ao longo do curso, para cada tema teórico e estudo de caso distribuiranse listados de biliografía complementaria de forma máis específica. Igualmente, proporcionaranse listados bibliográficos de partida para traballos de iniciación á investigación que deberán ser actualizados no curso.

Competencias

Para un rendemento positivo requírese un nivel mínimo de formación e dominio das ferramentas teóricas básicas acumuladas ao longo da Licenciatura. Como coñecemento inter- e transdisciplinar, a Política Económica Internacional supón unha formación consolidada en historia e institucións da economía internacional, estrutura e dinámica das forzas económicas a escala mundial e nas diversas ferramentas de análise teórica macroeconómica na mencionada escala. Pola proposta didáctica, requírense habilidades, destrezas e capacidade dun alumno medio a punto de licenciarse, con información habitual en medios de comunicación social, cultura económica de nivel universitario, predisposición ao traballo en equipo e ás intervencións activas en seminarios e aula, e un dominio medio de ferramentas informáticas e de novas tecnoloxías da información no ámbito educativo superior.

Page 88: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Igualmente, por razóns de metodoloxía da aprendizaxe, é imprescindible un talante de corresponsabilidade e de autoesixencia nos niveis de calidade e presentación dos documentos elaborados.

Metodoloxía da ensinanza

A proposta didáctica na presente materia require unha participación activa do alumnado nas diversas actividades do curso e, ademais, unha disposición interactiva, tanto para utilizar novas ferramentas de captación de información e análise como de traballo en equipo. O peso docente principal articúlase a través de desenvolvemento de seminarios con temas monográficos presentados a inicios de curso e a realización dun traballo tutelado persoalmente de iniciación á investigación que permita consolidar tanto os coñecementos teóricos interdisciplinares acumulados ao longo da licenciatura como de abordaxe de hipótese de traballo e contrastes documentados e realizados na aula e sesións especiais de titoría con supervisión do profesorado encargado da materia. A segunda parte da actividade docente céntrase na elaboración formal, exposición e defensa de “documentos de traballo” que estimulen a reflexión colectiva, a análise crítica de contidos e fontes, induzan unha necesaria actualización de información e debate e, finalmente, a presentación e, no seu caso, divulgación das monografías realizadas. O obxectivo pedagóxico e científico configúrase na aceptación colectiva de transformación da aula convencional, primeiro, nun “iniciático” servizo de estudos de política económica internacional; segundo, nun “singular” consello editorial de documentos de traballo realizados en primeira fase e, terceiro, en seminario de debate “permanente ao longo do curso” sobre evolución de procesos e casos en estudo.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación consta de tres fases. 1. Avaliación continua en aula/seminario, valorando asistencia regular e participación activa. 2. Avaliación dos traballos realizados, nivel de elaboración, coidado na presentación, claridade expositiva e nivel de resposta a dúbidas sobre eles. 3. Avaliación dun exame escrito, non memorístico senón de interrelación de categorías analíticas presentadas a partir do temario.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Materia anual, 9 créditos, de especialización. Tempo de traballo presencial (teoría): 60 horas Tempo de traballo presencial (práctica): 30 horas Tempo de traballo persoal adicional (preparación de seminarios): 60 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia con regularidade ás sesións de traballo presencial convocadas. Atención e participación activa na aula e nos seminarios. Dedicación no contido e coidado formal nas realización/presentación de traballos de curso. Respecto ao calendario de actividades, puntualidade na realización de intervencións programadas, realización dos compromisos contraídos na aula (actualización bibliográfica, comentarios de textos...)

Page 89: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191542 Nome:Teoría do Comercio Internacional. Macroeconomía das Economías Abertas Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación

Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Fernandez Grela,Manuel TIT-UN Profesor/a

Riveiro Garcia,Maria Dolores PC-DOU Profesor/a

Obxectivos da materia

A materia está dividida en catro partes. Nas duas primeiras estúdanse as razóns económicas que explican que os países leven a cabo comercio internacional e por que, xeralmente, os países como un todo obteñen beneficios dese comercio; ademais, analízanse as distintas políticas que os países aplican para interferir no libre comercio e os efectos destas medidas. A terceira e a cuarta parte encádranse dentro da macroeconomía internacional. Por unha parte expóñense os modelos básicos que se utilizan hoxe en macroeconomía para explicar a determinación do saldo da balanza por conta corrente e dos tipos de cambio. Por outra parte analízase o contexto no que ten lugar a política macroeconómica internacional tomando como punto de partida os modelos expostos con anterioridade.

Contidos

Parte I. Teoría do Comercio Internacional TEMA 1.TEORÍA DA VANTAXE COMPARATIVA. O MODELO RICARDIANO 1.1. A teoría do comercio internacional anterior a Ricardo 1.2. A teoría clásica da vantaxe comparativa. O modelo ricardiano 1.3. Reformulación neoclásica da vantaxe comparativa 1.4. Extensións do modelo. O modelo ricardiano con moitos bens TEMA 2. O MODELO HECKSCHER-OHLIN-SAMUELSON 2.1. Equilibrio de autarquía no modelo estándar 2x2 2.2. Os efectos do comercio internacional. Equilibrio no modelo 2x2x2 2.3. As ganancias do comercio 2.4. Evidencia empírica TEMA 3. NOVAS TEORÍAS DO COMERCIO INTERNACIONAL (I) 3.1. Economías de escala e estrutura de mercado 3.2. Un modelo de comercio con economías de escala externas 3.3. Economías de escala dinámicas 3.4. As teorías neotecnolóxicas do comercio internacional TEMA 4. NOVAS TEORÍAS DO COMERCIO INTERNACIONAL (II): COMPETENCIA IMPERFECTA, RENDEMENTOS CRECENTES E DIFERENCIACIÓN DE PRODUTOS 4.1. O comercio intraindustrial 4.2. Diferenciación de produtos e comercio intraindustrial. Índices de CII 4.3. Diferenciación horizontal. Modelos de competencia monopolística 4.4. Modelos con diferenciación vertical Parte II. A Política comercial TEMA 5. OS INSTRUMENTOS DE POLÍTICA COMERCIAL 5.1. Análise en equilibrio parcial 5.2. Análise do arancel en equilibrio xeral 5.3. Efectos do arancel nun país grande 5.4. Aranceis e cotas de importación en mercados de competencia imperfecta TEMA 6. A ECONOMÍA POLÍTICA DA POLÍTICA COMERCIAL 6.1. Debate proteccionismo-librecambismo 6.2. Acordos internacionais e libre comercio. Do sistema GATT a OMC 6.3. A política comercial nos países en vías de desenvolvemento. O argumento da “industria nacente” 6.4. A política comercial nos países avanzados. A política comercial estratéxica Parte III. Balanza por Conta Corrente e Tipos de Cambio

Page 90: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

TEMA 7 . A BALANZA POR CONTA CORRENTE 7.1. Conceptos e identidades de contabilidade nacional nunha economía aberta. 7.2. A dinámica da balanza por conta corrente. 7.3. O modelo da "renta permanente". 7.4. Contraste empírico do modelo. TEMA 8. OS TIPOS DE CAMBIO REAIS 8.1. A teoría da "paridade de poder adquisitivo". 8.2. Bens comerciabeis e bens non comerciabeis. 8.3. Diferencias de produtividade e tipos de cambio reais. TEMA 9. TIPOS DE CAMBIO NOMINAIS CON FLEXIBILIDADE DE PREZOS 9.1. O modelo de Cagan das hiperinflacións. 9.2. Un modelo monetario sinxelo dos tipos de cambio. 9.3. Réximes de tipos de cambio fixos. 9.4. Ataques especulativos contra os réximes de tipos de cambio fixos. TEMA 10. TIPOS DE CAMBIO NOMINAIS CON PREZOS RÍXIDOS 10.1. O modelo Mundell-Fleming-Dornbusch. 10.2. O "desbordamento" dos tipos de cambio. 10.3. A relación entre tipos de cambio e tipos de interés. Parte IV: A Política Macroeconómica Internacional TEMA 11. O SISTEMA MONETARIO INTERNACIONAL 11.1. O patrón ouro. 11.2. O sistema de Bretton Woods. TEMA 12. ELECCIÓN DA RÉXIME DE TIPOS DE CAMBIO 12.1. Tipos de cambio fixos fronte a tipos de cambio flexibeis. 12.2. A teoría das áreas monetarias óptimas. 12.3. A Unión Monetaria Europea. TEMA 13. A CREDIBILIDADE DA POLÍTICA MONETARIA 13.1. O problema de credibilidade da política monetaria. 13.2. Tipos de cambio fixos e credibilidade. 13.3. A coordinación internacional das políticas monetarias.

Bibliografía básica e complementaria

PARTES I E II. TEORÍA DO COMERCIO INTERNACIONAL Básica Borkakoti, J. (1998): International Trade. Causes and Consequences. Macmillan. Dixit, A.K. y Norman, V. (1980): Theory of International Trade; Cambridge University Press. Helpman,E. y Krugman,P. (1985): Market Structure and Foreign Trade; The MIT Press. Krugman, P. y Obstfeld, M. (2006): Economía Internacional. Teoría y Política. (7ª edición), Pearson Education. Complementaria Bhagwati,J.,(1991): Proteccionismo, Alianza Editorial. Brander,J.A. (1995): “Strategic Trade Policy” en Grossman and Rogoff (eds.), Handbook of International Economics, Vol. III. North-Holland. Chacholiades, M. (1990): Economía Internacional, McGraw-Hill. Corden,W.M. (1971): The Theory of Protection, Oxford: Clarendon Press. Deardorff, A. (1984): “Testing Trade Theories and Predicting Trade Flows”, en Jones y Kenen (eds.), Handbook of International Economics. Vol. 1, North-Holland. Dornbusch,R., Fischer,S. y Samuelson,P. (1977): “Comparative Advantage, Trade, and Payments in a Ricardian Model with a Continuum of Goods”; American Economic Review, 66. Greenaway, D. y Winters, A. (eds.) (1995): Surveys in International Trade. Blackwell Grossman, G. y Helpman, E. (1995): “Technology and Trade”, in Grossman and Rogoff (eds.), Handbook of International Economics, Vol. III. North-Holland Jones, R.W. y Neary, J. (1984): “The Positive Theory of International Trade” en Jones y Kenen (Eds.), Handbook of International Economics. Vol. 1, Amsterdam: North- Holland. Krugman,P. (1979): “Rendimientos crecientes, competencia monopolística y comercio internacional”, Cuadernos Económicos de ICE, 27 (1984). .................. (1980): “Economías de escala, diferenciación de productos y patrón de comercio”, Cuadernos Económicos de ICE, 27 (1984). .................. (1995): “Increasing Returns, Imperfect Competition and the Positive Theory of International Trade” en Grossman y Rogoff (eds.), Handbook of International Economics, Vol. III, North-Holland. Mikic, M. (1998): International Trade. Macmillan. Porter, M. (1990): La Ventaja Competitiva de las Naciones. Ricardo, D. (1817): Principios de Economía Política y Tributación. Fondo de Cultura Económica. Samuelson, P. (1948): “International Trade and the Equalisation of Factor Prices”, Economic Journal 58. PARTES III E IV. MACROECONOMÍA DAS ECONOMÍAS ABERTAS Bibliografía Básica Krugman, P. e Obstfeld, M. (2006): Economía Internacional. Teoría y Política. (7ª edición), Pearson Education. Obstfeld, M. e Rogoff, K. (1996): Foundations of International Macroeconomics. MIT Press. Sachs, J.D. e Larrain, F. (1994): Macroeconomia en la Economia Global. Prentice-Hall. Bibliografía Complementaria Aguado, S. e Ahijado, M. (eds.): Lecturas de Economia Monetaria Internacional. Piramide. Ahijado, M. e Navascues, M. (eds.): Lecturas sobre Unión Económica y Monetaria Europea. Pirámide. Eichengreen, B. (1996): La Globalización del Capital. Antoni Bosch. Frenkel, J.A. (1976): "Un enfoque monetario del tipo de cambio: Aspectos doctrinales y evidencia empírica". Cuadernos Económicos de ICE, 17 (1981). Krugman, P. (1979): "A model of balance-of-payments crises". Journal of Money, Credit, and Banking 11. Novales, A. e Sebastián, C. (2001 y 1999): Análisis Macroeconómico, Vols I y II, Marcial Pons. Sachs, J.D. (1982): "The current account in the macroeconomic adjustment process". Scandinavian Journal of Economics 84.

Page 91: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Competencias

O alumno coñecerá os principais modelos de comercio e de economías abertas, comprenderá o seu papel e as súas limitacións e será capaz de aplicalos como instrumento que facilite a comprensión de distintos contornos económicos internacionais.

Metodoloxía da ensinanza

O curso estrutúrase a través de diversas actividades: - Clases maxistrais nas que se presentan os principais contidos de cada tema do programa. - Elaboración de traballos e comentarios/discusións de noticias sobre temas do programa baixo a supervisión dos profesores. - Exposición e debates dalgúns dos traballos realizados. - Estudo de casos

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Realizarase un exame final escrito.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Se a asistencia á clase é regular, cunha media de tres horas de estudo semanal os alumnos poden conseguir un adecuado dominio da materia.

Recomendacións para o estudo da materia

O dominio da materia esixe un traballo continuado, con asistencia á aula e utilización das titorías para aclaracións e consulta de dúbidas. Ademais, é fundamental que o estudante se familiarice coa bibliografía recomendada, realice as lecturas propostas e participe activamente nas distintas actividades do curso.

Page 92: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE

Contido

Código : 191543 Nome:Dereito Comunitario Mercantil Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Rodriguez Planes,Marina Candid PQ Profesor/a

Obxectivos da materia

En primeiro lugar, introducir os alumnos nos coñecementos básicos sobre a orixe, estrutura, sistema institucional e competencias da Unión Europea, así como sobre o ordenamento xurídico comunitario. A continuación, proporcionarlles unha visión de conxunto do alcance e da eficacia do Dereito comunitario nos ámbitos do Dereito de sociedades, de protección do consumidor, de propiedade sobre bens inmateriais e de defensa da libre competencia.

Contidos

INTRODUCIÓN TEMA I A Unión Europea TEMA II O ordenamento xurídico comunitario TEMA III Dereito Mercantil e marco xurídico do mercado interior DEREITO DE SOCIEDADES TEMA IV Directivas. Regulamentos do AEIE, Sociedade Europea e Cooperativa Europea. Modernización do Dereito de sociedades DEREITO DE PROTECCIÓN DO CONSUMIDOR TEMA V Directivas en materia de protección dos consumidores. Plan de acción 2000-2003. Comunicación sobre Estratexia na política de consumidores 2002-2006 DEREITO DE PROPIEDADE SOBRE BENS INMATERIAIS TEMA VI A propiedade sobre bens inmateriais no Dereito da Unión Europea TEMA VII Creacións industriais TEMA VIII Signos distintivos TEMA IX Propiedade intelectual DEREITO DE DEFENSA DA COMPETENCIA TEMA X INTRODUCIÓN TEMA XI Acordos colusorios incompatibles co mercado común TEMA XII Exención de acordos incompatibles co mercado común TEMA XIII Explotación abusiva de posición dominante TEMA XIV Aplicación dos artigos 81 e 82 do Tratado TEMA XV Concentracións de empresas TEMA XVI Normas aplicables a empresas públicas e a axudas públicas TEMA XVII Dimensións intraestatal e extracomunitaria das normas de defensa da competencia na UE

Bibliografía básica e complementaria

CALVO CARAVACA, A.F./CARRASCOSA, J., Mercado único y libre competencia en la Unión Europea, COLEX, Madrid, 2003. CAMARA LAFUENTE, S. (Coord.), Derecho Privado Europeo, COLEX, Madrid, 2003.

Page 93: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

DIEZ MORENO, F., Manual de Derecho de la Unión Europea, 2ª ed., Civitas, Madrid, 2001. ESTEBAN DE LA ROSA, F., La protección de los consumidores en el mercado interior europeo, Comares, Granada, 2003. ILLESCAS, R./MOREIRO, C. J. (Dirs.), Derecho comunitario económico. Vol. I: Las libertades fundamentales, COLEX, Madrid, 2001. MANGAS, A./LIÑAN D.J., Instituciones y Derecho de la Unión Europea, Tecnos, Madrid, 2002. MOLINA DEL POZO, C.F., Manual de Derecho de la Comunidad Europea, Calamo Producciones Editoriales, Madrid, 2004. WAELBROECK, M./FRIGNANI, A., Derecho Europeo de la Competencia, Versión española por Igancio Saenz y Marta Morales, 2 t., Bosch, Barcelona, 1998.

Competencias

O estudo desta materia proporciónalles aos alumnos os coñecementos básicos necesarios para a comprensión do funcionamento das institucións da UE e da terminoloxía propia do Dereito comunitario, capacidade de localización de recursos en papel e internet, de discernimento sobre os diferentes modos de eficacia das normas comunitarias e da súa aplicación polas institucións da UE ou polas autoridades ou xuíces dos Estados membros.

Metodoloxía da ensinanza

Exposición teórica da materia acompañada da realización de actividades prácticas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación realizarase sobre os resultados dun final en xuño. Os alumnos que o desexen terán, ademais, a posibilidade de seguir un sistema de avaliación continua.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Tendo en conta que a materia é de 6 créditos, pódese estimar o tempo de estudo e de traballo persoal necesario en 90 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase o seguimento das noticias sobre a Unión Europea e, en especial, as relacionadas co tráfico económico.

Page 94: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191544 Nome:Desenvolvemento Económico Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lopez-Suevos Fernandez,Ramon CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Comprender os mecanismos básicos do desenvolvemento económico, tales como as relacións entre o nivel de renda, as inversións e a actividade do sector público. - Comprender as distintas etapas do desenvolvemento económico, en especial dos países menos desenvolvidos.

Contidos

1. A crise da idea de desenvolvemento Crecemento, desenvolvemento económico, benestar social. - O outro desenvolvemento 2. As raíces do problema Limitación e deficiencias do sistema de mercado como mecanismo auto-regulador da vida económica: eficiencia, equidade, estabilidade. - O principio de “soberanía do consumidor” na práctica. - A existencia de límites ambientais ao crecemento económico indefinido: esgotamento de recursos, polución, deterioro da calidade de vida 3. As respostas á crise da idea de desenvolvemento A fixación de límites absolutos ao crecemento económico: “crecemento cero”, consideración do factor técnico, modelos de interdependencia. - A revisión do modelo convencional de mercado: orientacións reformistas e análises marxistas. - A busca dun novo modelo de desenvolvemento 4. O “outro desenvolvemento” no cadro da teoría dos modos de produción Capitalismo versus socialismo. - As relacións sistema, estrutura, estilo

Bibliografía básica e complementaria

- B. HORVAT, Definiçons de Producto Social do ponto de vista do bem-estar. - A. MARSHALL, A água como elemento integrante da riqueza nacional. - T. SCITOVSKY, Factores determinantes do bem-estar social. - D. SEERS, Os indicadores de desenvolvimento: o que estamos a tentar medir? - TH. VEBLEN, Consumo ostensível. - F. HIRSCH, Limites sociais ao crescimiento. - P. A. BARAN e P. M. SWEEZY, Teses sobre a publicidade. - E. D. DOMAR, Os cegos e o elefante: ensaio sobre ismos. - J. K. GALBRAITH, A teoria do equilibrio social. - A. C. PIGOU, As divergências entre o produto líquido marginal social e o producto líquido marginal privado. - R. H. COASE, O problema do custo social. - H. E. DALY, A economia em estado estacionário. - E. F. SCHUMACHER, O pequeno é formoso. - J. L. SAMPEDRO, Da tecno-economia á economia estrutural. - A. PINTO, Estilos de desenvolvimento: conceitos,opçons, viabilidade.

Competencias

- Comprender a relación entre desenvolvemento económico e as variables básicas da economía. - Manexo das estatísticas máis importantes.

Metodoloxía da ensinanza

Explicacións teóricas e aplicacións prácticas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os alumnos que o desexen, e se o seu número o permite, exporán nas aulas os temas precedentes. Para os restantes alumnos, a proba final incluirá a materia abarcada polo presente temario.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Clases asistenciais: 60 h

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia á clase e lecturas recomendadas.

Page 95: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191548 Nome:Socioloxía Política das Nacionalidades Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:11/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

Introducir os alumnos na análise da problemática da transformación do Estado das Autonomías español nun modelo “confederal-federal” de distribución territorial do poder, que se inspira no modelo do Tratado Constitucional para a Unión Europea.

Contidos

TEMA 1. Crise do Estado das Autonomías e unánime reivindicación da reforma do Senado TEMA 2. Proliferación de propostas pretendidamente federais ou a federación sen autodeterminación TEMA 3. O non tan “modélico” modelo de federalismo cooperativo da República Federal de Alemaña TEMA 4. O delineamento “confederal-federal” da Declaración de Barcelona TEMA 5. Construción e composición “politicamente correctas” do Estado federal TEMA 6. O problema de qué e cáles son as nacións, as nacionalidades e as rexións TEMA 7. A en todo caso incontornable presenza das catro grandes comunidades lingüísticas do Reino de España na configuración “confederal-federal” TEMA 8. O intelectualmente concibible modelo “confederal-federal” ou tamén modelo de federalismo de múltiples niveis, asimétrico-solidario, con trazos confederais e aberto á consecución progresiva dunha “confederación-federación” mundial TEMA 9. O modelo da Unión Europea como exemplo factible do modelo “confederal-federal” TEMA 10. Virtudes do modelo “confederal-federal” comparadas coas fórmulas de soberanía compartida e co soberanismo pleno TEMA 11. Práctica inviabilidade dunha reforma substantiva da actual Constitución Española e necesidade dun novo proceso constituínte Tema 12. A vía da secesión negociada para o Quebec do ditame do Tribunal Supremo do Canadá, de 20 de Agosto de 1989, como última solución diante da posibilidade de que o modelo “confederal-federal” proposto non sexa aceptado ou resulte insatisfactorio

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: - VILHAR TRILHO, X., A remodelação "federal-confederal" do Reino da Espanha, Edicións Laiovento, Santiago de Compostela, 2001. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA - AJA, E., El Estado autonómico, Alianza, Madrid, 1999. - APARICIO, M. A. (director), La descentralización y el federalismo. Nuevos modelos de autonomía política (España, Bélgica, Canadá, Italia y Reino Unido), CEDECS, Barcelona, 1999. - BARATA, M. S., O antifederalismo americano como linguagem político-constitucional alternativa, Coimbra Editora, 2002. - BASTIDA, X., Miseria de la autonomía. Una filosofía del Estado autonómico, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Oviedo, 1999. - BERAMENDI, P. e MÁIZ, R. (comps.), Federalismo y neoinstitucionalismo, monográfico da revista Zona Abiert, núms. 104/105, 2003. - CAMINAL, M., El federalismo pluralista. Del federalismo nacional al federalismo plurinacional, Paidós, Barcelona, 2002. - FOSSAS, E. e REQUEJO, F. (eds.), Asimetría federal y Estado plurinacional. El debate sobra la acomodación de la diversidad en Canadá, Bélgica y España, Editorial Trotta, Madrid, 1999. - KYMLICKA, W., La política vernácula: nacionalismo, multiculuralismo y ciudadanía, Paidós, Barcelona, 2003. - LA PERGOLA, A., Los nuevos senderos del federalismo, CEC, Madrid, 1994. - LETAMENDIA, F. (coord.), Nacionalidades y regiones en la Unión Europea, Editorial Fundamentos, Madrid, 1999. - REQUEJO, F. (coord.), Democracia y pluralismo nacional, Ariel, Barcelona, 2002. - SCHMITTER, Ph. C., "La Comunidad Europea como forma emergente de dominaciçon política" en Benedicto, J. e Reinares, F. (eds.), Las transformaciones de lo político, Alianza, Madrid, 1992. - SAFRAN, W. e MÁIZ, R. (coords.), Identidad y autogobierno en sociedades multicultarales, Ariel, Barcelona, 2002.

Competencias

Capacidade analítica e crítica.

Metodoloxía da ensinanza

Aulas nas que se fará especial fincapé na análise teórica (pois, como dicía Kurt Lewin, un dos fundadores da escola

Page 96: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

psicolóxica da Gestaltheorie, "nada hai tan práctico como ter unha boa teoría"). As aulas tamén serán interactivas, xa que nelas os alumnos terán que expor oralmente e defender nun debate público os seus traballos escritos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os traballos escritos necesarios para obter a cualificación na disciplina deberán ter unha extensión mínima dunhas corenta páxinas, mecanografadas a dobre espazo e cunha fonte (tipo de letra) de 12 pt. de tamaño. Os traballos redactaranse cun índice paxinado, imprimido na páxina inmediatamente posterior á portada, que indique o número das páxinas onde comezan os diferentes capítulos, e con citación, ao final do texto escrito, da bibliografía e fontes de internet utilizadas. A estrutura dos traballos axustarase á formulación dunha hipótese de partida e a un subseguinte desenvolvemento razoado (é dicir, baseado en argumentos racionais, ben de elaboración propia do alumno ben achados por el nas lecturas de libros, artigos de revista, documentos, informes ou fontes informáticas), que desemboque nunhas conclusións confirmadoras ou desmentidoras das hipóteses de partida. Avaliarase tamén positivamente a asistencia ás aulas e a participación activa nos debates que se celebren nelas.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Considérase que, ademais do tempo de asistencia ás aulas, o alumno debe dedicar un mínimo semanal de catro horas á lectura e á análise dos materiais bibliográficos e un mínimo de 30 horas na redacción material do traballo.

Recomendacións para o estudo da materia

A lectura de bibliografía complementaria recomendada e a consulta da bibliografía citada na edición completa do programa da disciplina. Así mesmo, aconséllase o seguimento dos debates parlamentarios e das noticias de prensa sobre temas relacionados coa problemática do Estado das Autonomías.

Observacións

Para ser cualificados, os alumnos deberán entregar unha ficha cos seus datos persoais.

Page 97: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191549 Nome:Técnicas de Comercio Exterior Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:12/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Otero Simon,Miguel Angel PQ Profesor/a

Pan Regueiro,Alejandro Manuel ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Esta materia constitúe a primeira aproximación do alumno á problemática de xestión dunha empresa que desexa actuar no mercado cun enfoque internacional, polo que co programa proposto preténdese que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre o proceso de internacionalización da empresa, e as técnicas básicas que debe coñecer para a xestión das operacións de comercio internacional.

Contidos

Tema 1. Dirección do proceso de internacionalización A internacionalización e o impacto na planificación estratéxica.- O contorno e a competitividade internacional.- Modelos para a internacionalización da empresa.- Estratexias básicas de internacionalización Tema 2. Sistemas de información para a internacionalización Os sistemas de información en márketing internacional.- Fontes de información.- A investigación de mercados internacional Tema 3. Tecnoloxías da información A sociedade da información e a empresa exportadora.- Sistemas de busca de información.- Internet como ferramenta de promoción comercial internacional.- O comercio electrónico como canle de exportación Tema 4. O acceso aos mercados internacionais Modelos de selección.- Estratexias de exportación directa.- Estratexias de exportación indirecta.- Estratexias de exportación en conxunto Tema 5. O plan operativo de mercado Definición e determinación do mercado.- Estimación do volume do mercado.- As políticas de márketing exterior Tema 6. Xestión operativa e documental Os documentos básicos do comercio exterior.- Os documentos básicos para a xestión fiscal.- Os documentos básicos do transporte.- Os documentos básicos da tramitación en aduanas.- Os certificados Tema 7. A loxística internacional Os incoterms.- Tipos de transporte e mercadorías.- A embalaxe Tema 8. Medios de pagamento internacionais O cheque.- A orde de pagamento.- A remesa.- O crédito documentario.- Outras formas de cobramento e de pagamento

Bibliografía básica e complementaria

Bibliografía básica Técnicas de Comercio Exterior (Vol. I y II) Díaz Mier y Hernando Moreno . Pirámide. Curso superior de estrategia y gestión del comercio exterior. Curso básico sobre operativa y práctica de Comercio Exterior. ICEX. Bibliografía complementaria Cuadernos básicos de exportación. ICEX. Medios de pago internacionales. Pedro Serantes Sánchez. ICEX. Marketing Internacional. Casos y Ejercicios Prácticos. Ana Nieto Churruca Olegario LLamazares García y Julio Cerviño Fernández. . Pirámide.

Competencias

Para alcanzar un adecuado aproveitamento da materia é necesario desenvolver e mellorar as seguintes capacidades: 1. Análise de situacións complexas 2. Síntese

Page 98: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

3. Estruturación de problemas 4. Argumentación oral e escrita 6. Establecer relacións entre distintos conceptos de xestión empresarial que se abordan ao longo do curso 7. De liderado e traballo en equipo 8. De presentación e exposición

Metodoloxía da ensinanza

O desenvolvemento teórico do programa divídese en 8 temas, estimando 4 horas por tema. Esta parte complementarase con lecturas, coa discusión de casos e coa realización e posterior exposición de traballos. En total, a práctica ocupará 30 horas distribuídas homoxeneamente ao longo do curso. Esquema sesión tipo: 1.- Revisión contidos sesión precedente 2.- Indicación contido da sesión 3.- Exposición: a. Ideas clave. Apoiadas por argumentación fundamental b. Exemplos experienciais 4.- Grupo de discusión 4.- Cando corresponda, problema para resolver na aula 4.- Cando corresponda, caso para resolver 5. Resumo ideas principais 6. Indicación, no seu caso, das tarefas que hai que realizar

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A superación da materia no mes de febreiro poderase atinxir de dúas formas: A. Exame final no mes de febreiro. É necesario, nesta modalidade, atinxir un 75% de respostas acertadas no exame test, que constará de preguntas dicotómicas, de opción múltiple, de única opción e de resposta aberta. O exame constará dun test onde se incluirán preguntas sobre os conceptos teóricos explicados, e preguntas sobre aplicacións prácticas dos contidos contemplados ao longo do curso. B. Asistencia á clase xunto cos controis que o profesor efectúe e que consistirán en exercicios, realización de casos e exposición de traballos, xa sexa a título individual ou en grupo. Ao final de curso proporanse un conxunto de exercicios e casos para resolver na aula de forma individual. O traballo do ano cualificarase en función dos seguintes criterios: 1. Asistencia á clase: 20% 2. Aplicación e exposición dos coñecementos nos casos e problemas propostos: 35% 3. Capacidade de argumentación e expresión na aula: 15% 4. Capacidade de argumentación e expresión escrita: 15% 5. Capacidade de síntese e estruturación dos casos: 15 % Dado que o número de matriculados pode condicionar o sistema B de avaliación, para a súa correcta execución, ao principio de curso, o profesor determinará e comunicaralles aos alumnos cal dos sistemas de avaliación propostos se executará ese ano. En setembro realizarase un exame baixo a modalidade A.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

En termos xerais, en función das características de cada alumno, estímase que o traballo persoal, ademais da asistencia ás sesións, pódese distribuír como segue: 1. Preparación das sesións: 4 h semanais 2. Asistencia ás sesións: 4 h semanais 3.Traballo nos casos propostos na aula: 3 h semanais 4. Lecturas complementarias: 2 h semanais

Recomendacións para o estudo da materia

Para un axeitado aproveitamento da materia é necesario: 0. Asistir ás sesións presenciais 1. Realizar lecturas complementarias sobre aspectos de xestión empresarial e de planificación de márketing 2. Realizar lecturas de afondamento sobre os contidos propostos na aula 3. Realizar os traballos indicados na aula

Page 99: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ORIENTACIÓN DE ECONOMÍA PÚBLICA E POLÍTICA ECONÓMICA OPTATIVAS VINCULADAS

Contido

Código : 191451 Nome:Política Económica Española Contemporánea Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Barros Naveira,M Pilar ASOU Profesor/a

Garcia Menendez,Jose Ramon TIT-UN Profesor/a

Page 100: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191551 Nome:Estado, Desenvolvemento e Benestar Social Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Murías Fernández,María del Pilar INTV-T3 Profesor/a

Obxectivos da materia

- Explicación do papel do Estado na economía, necesidade de intervención e fórmulas para esta intervención. - Análise das contribucións do Estado ao desenvolvemento e ao benestar da sociedade. - Buscarase a participación dos estudantes de forma directa e activa a través de traballos sobre aspectos concretos da materia.

Contidos

- O papel do Estado nas economías mixtas - A transformación das funcións do Estado - A economía dos mercados - A economía dos gobernos - O sector público empresarial - A empresa pública - A regulación económica - As privatizacións - A defensa da competencia - Os servizos públicos económicos - As externalidades e o problema do ambiente - A política de defensa do consumidor - O estado e a política da redistribución - O estado e o desenvolvemento económico - O estado e o benestar social

Bibliografía básica e complementaria

- Allepuz i Capdevila, R., Globalización y dependencia: efectos de la mundialización sobre el desarrollo de los pueblos, Ediciones de la Universitat de Lleida, 2001. - Arancibia, S., El Sector público empresarial, Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales, Madrid, 1999. - Bel i Queralt, G., Privatización, desregulación y ¿competencia?, Civitas, Madrid, 1996. - Capps, Gavin, ed. lit., World development : an introduction, Pluto Presss, Londres, 2001. - Gámir, L., Las Privatizaciones en España, Pirámide, Madrid, 1999. - López López, Mª e López, J., Desigualdad y crisis económica: el reparto de la tarta, Sistema, Madrid, 2000. - Martín Aceña, M. e Comín, F., Empresa pública e industrialización en España, Alianza, D.L., Madrid, 1990. - Martín Mateo, R., El marco público de la economía de Mercado, Ed. Trivium, S.A., Madrid, 1999. - Martínez Alvarez, J. A., Economía del sector público, Ariel, Barcelona, 2000. - Muñoz Machado, S.; GARCIA DELGADO, J. L. e GONZALEZ SEARA, L. (directores), Las estructuras del bienestar en Europa, Escuela Libre Editorial, Madrid, 2000. - Torres Muñoz de Bustillo, R., El Estado de Bienestar en el cambio de siglo, Alianza ensayo, Madrid, 2000. - Navarro, V., Globalización económica, poder político y Estado del bienestar, Ariel, Barcelona, 2000. - Navarro, V., Bienestar insuficiente, democracia incompleta, Anagrama, Barcelona, 2002. - Ricart, J., Incentivos y control en la empresa pública, Ariel, Barcelona, 1991. - Rodríguez Cabrero, G., Estado, privatización y bienestar: un debate de la Europa actual, Icaria, Barcelona, 1991. - Roland Drago (dir.), Quel avenir pour las entreprises publiques?, Presses Universitaires de France, París, 2001. - Solo, R. A., Economic organizations and social systems, The University of Michigan Press, 2000. - Stiglitz, J. E., Economía del Sector Público, Antonio Bosch Editores, Barcelona, 1995. - Stiglitz, J. E., El Papel económico del Estado, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1993. - Troncoso Reigada, A., Privatización, empresa pública y Constitución, Marcial Pons, Madrid, Ureña, 1997. - Utrilla de la Hoz, A., Introducción al sector público español, Civitas, Madrid, 1998. - Vergara, J., Construir riqueza, traducido de Thurow, Lester C., Barcelona, 2000. - Vidal, G., Privatizaciones, fusiones y adquisiciones: las grandes empresas en América Latina, Rubí (Barcelona), 2001.

Competencias

- Coñecer o papel do Estado nas principais economías occidentais. - Coñecer a evolución da empresa pública en España e estudar o proceso de privatizacións. - Estimar algúns indicadores que permitan comparar o benestar económico e social en diferentes economías. - Analizar casos concretos de privatizacións de empresas públicas, tanto en España como no resto do mundo. - Abordar aspectos concretos do programa da materia por parte do alumno, ben de forma individual ben a través de traballos de grupo.

Metodoloxía da ensinanza

Page 101: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

3 horas de teoría á semana. Ademais, nas clases iranse abordando aspectos e temas da materia susceptibles de ser analizados máis en profundidade a través de traballos individuais e en grupo. Formularanse e proporanse exemplos de metodoloxías empregadas para abordar cuestións concretas da materia que lle servirán de base aos alumnos para os seus traballos (índices de benestar, por exemplo). Os alumnos deberán expoñer na clase os seus respectivos traballos, que serán obxecto de debate e comentario.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A cualificación final do alumno estará composta dunha parte teórica e dunha parte práctica. Enténdese por parte teórica a cualificación obtida no exame final da materia e por parte práctica, a avaliación continua a partir dos traballos, comentarios de textos relacionados coa materia, exposicións na clase e controis programados sobre os contidos da materia. O exame final terá lugar unha vez rematadas as aulas da materia dentro da convocatoria oficial de exames e consistirá nunha serie de preguntas sobre o temario abordado na clase. As puntuacións das preguntas serán coñecida polos/polas alumnos/as a través da folla co enunciado das preguntas. Ademais, farase un exame parcial antes da data oficial fixada para o exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: - teóricas: 60 - de casos prácticos: 25 - de prácticas de ordenador: 5 Horas non presenciais: 135 Total volume de traballo: 225 horas

Recomendacións para o estudo da materia

Será importante que o alumno faga un seguimento continuo da materia e asista ás clases nas que se fagan exames de seguimento da materia e recensións sobre aspectos concretos. Isto seralle útil, sobre todo para ir tomando contacto co tipo de exame que se fará e coa materia que se estará impartindo en cada momento.

Page 102: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191552 Nome:Sistema Fiscal Español e Facenda Pública Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Santalices Romero,Francisco Javier ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

Os obxectivos da materia van encamiñados a introducir o alumno no coñecemento da realidade do sistema fiscal español dende o punto de vista empresarial.

Contidos

I.- IMPOSTO SOBRE SOCIEDADES TEMA 1.- O sistema fiscal español e o imposto sobre sociedades: evolución histórica. A reforma do imposto de sociedades: principios e principais aspectos da reforma. Normativa aplicable TEMA 2.- Concepto e natureza do imposto. Relación con outros tributos. Estrutura e esquema de liquidación TEMA 3.- Ámbito espacial. Ámbito de aplicación interno e internacional. Réximes especiais por razón do territorio. Tratados e convenios TEMA 4.- FEITO IMPOÑIBLE. Aspectos xerais: concepto de renda. Estimación de rendas. O réxime de atribución de rendas. Rendas exentas TEMA 5.- SUXEITO PASIVO (I). Concepto. Domicilio fiscal. Exencións. Referencia á tributación dos “non residentes” TEMA 6.- SUXEITO PASIVO (II). Réximes especiais por razón do suxeito. Entidades parcialmente exentas. Entidades sen fins lucrativos. Agrupacións de interese económico e unións temporais de empresas TEMA 7.- BASE IMPOÑIBLE (I). Concepto e réximes de determinación. Principios contables. Regras de valoración: regra xeral e regras especiais. Valoración da transmisión de elementos patrimoniais. Corrección monetaria. Operacións vinculadas TEMA 8.- BASE IMPOÑIBLE (II). Imputación temporal de ingresos e gastos. Remuneración e inscrición contable. Transmisións lucrativas. Subvencións TEMA 9.- BASE IMPOÑIBLE (III). Gastos fiscalmente deducibles: as amortizacións. Métodos de amortización. Liberdade de amortización. Arrendamento financeiro. A amortización do inmobilizado intanxible. TEMA 10.- BASE IMPOÑIBLE (IV). As perdas por deterioro. Outras provisións. Valoración de existencias. A carteira de valores. Partidas non deducibles. Réxime fiscal das doazóns e outras formas de mecenado TEMA 11.- Período impositivo e remuneración do imposto. Compensación de bases impoñibles negativas TEMA 12.- DÉBEDA TRIBUTARIA. Cota íntegra. Tipos de gravame. Deducións por dobre imposición. Bonificacións. Deducións para incentivar a realización de determinadas actividades. Reinvestimento de beneficios extraordinarios. Outros incentivos conxunturais TEMA 13.- XESTIÓN DO IMPOSTO. O índice de entidades. Número de identificación fiscal. Obrigacións contables. Obrigacións formais. A declaración-liquidación. Os pagos a conta. Retencións. Réxime sancionador TEMA 14.- RÉXIMES ESPECIAIS (I). Incentivos fiscais para as empresas de reducida dimensión. As cooperativas. Sociedades agrarias de transformación. Minaría e hidrocarburos TEMA 15.- RÉXIMES ESPECIAIS (II). Réxime de consolidación fiscal. Réxime fiscal das fusións, escisións, achegas de activos e troco de valores TEMA 16.- A actualización de balances en España II.- IMPOSTO SOBRE O VALOR ENGADIDO TEMA 17.- Evolución histórica. A influencia do mercado único. Natureza e ámbito de aplicación. Esquema de funcionamento TEMA 18.- FEITO IMPOÑIBLE (I). Entrega de bens e prestación de servizos. Adquisicións intracomunitarias. As importacións TEMA 19.- FEITO IMPOÑIBLE (II). Exencións. - Operacións interiores, exportacións e operacións asimiladas, adquisicións intracomunitarias e importacións. Lugar de realización do feito impoñible. A remuneración TEMA 20.- BASE IMPOÑIBLE. Regra xeral. Regras especiais. Modificación da base impoñible TEMA 21.- SUXEITO PASIVO. Definición. O investimento do suxeito pasivo. Responsables. Repercusión do imposto e rectificación TEMA 22.- TIPO IMPOSITIVO. Xeral, reducido e super-reducido TEMA 23.- DEDUCIÓNS. Cotas deducibles e requisitos. Limitacións e restricións do dereito a deducir. A regra da pro rata. Os bens de investimento. Actividades diferenciadas. Deducións anteriores ao inicio da actividade. Rectificación

Page 103: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

TEMA 24.- DEVOLUCIÓNS. Réxime xeral. Devolucións mensuais. Non establecidos. Réxime de viaxeiros TEMA 25.- RÉXIMES ESPECIAIS. Simplificado. Agricultura, gandaría e pesca. Bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección. Axencias de viaxes. Recargo de equivalencia. Operacións con ouro investimento. Servizos prestados por vía telemática TEMA 26.- XESTIÓN DO IMPOSTO. Obrigacións formais. Facturación e Libros rexistro de IVE. Liquidación e modelos de declaración. Declaración recapitulativa de operacións intracomunitarias. Infraccións e sancións III.- IMPOSTO SOBRE TRANSMISIÓNS PATRIMONIAIS E ACTOS XURÍDICOS DOCUMENTADOS TEMA 27.- Transmisións patrimoniais onerosas: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria TEMA 28.- Operacións de sociedades: feito impoñible, suxeito pasivo, base impoñible e débeda tributaria. Actos xurídicos documentados: tributación. Exacción do imposto

Bibliografía básica e complementaria

* Guía del Impuesto sobre Sociedades (última edición). Varios autores. Editorial CISS. * El cierre fiscal y contable. Ejercicio 200X (último). Ignacio Becerra Guibert. Editorial CISS. * La nueva contabilidad en el Impuesto sobre Socieddes. Rafael Cosín Ochaíta. Editorias CISS. * Contabilidad y Fiscalidad: Impuesto sobre Sociedades e IVA. Sixto Alvarez y R. García Olmedo. Edicciones CEF. * Impuesto sobre Sociedades (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. F. Borrás Amblar y J.V. Navarro Alcazar. Edicones CEF. * Impuesto sobre el Valor Añadido (1) y(2) Comentarios y casos prácticos. Antonio Longás Lafuente. Edicones CEF. * Manual Práctico Sociedades 200X (último). Agencia Tributaria. * Manual Práctico IVA 200X (último). Agencia Tributaria. * Memento práctico FISCAL 2.00X (último). Francis Lefebvre. TEXTOS NORMATIVOS (redacción actualizada) - Real Decreto Lexislativo 4/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre Sociedades (BOE de 11 de marzo). - Lei 43/1995, de 27 de decembro, do Imposto sobre Sociedades (BOE do 28). - Real Decreto 537/1997, de 14 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Sociedades (BOE do 24). - Lei 37/1992, de 28 de decembro, do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE do 29). - Real Decreto 1624/1992, de 29 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre o Valor Engadido. - Real Decreto Lexislativo 1/1993, de 24 de setembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (BOE de 20 de outubro). - Real Decreto 828/1995, de 29 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados (BOE de 22 de xuño).

Competencias

O estudo dos elementos esenciais do sistema fiscal español, o deseño de cada un dos tributos, especialmente no ámbito da imposición económica, e os procedementos para a aplicación dos tributos proporcionaralle ao estudante os instrumentos necesarios para analizar a fiscalidade empresarial.

Metodoloxía da ensinanza

A materia ten caracter anual e conta con 9 créditos (6 deles correspóndense con créditos teóricos e 3 deles, con créditos prácticos). Non obstante, a natureza do contido non permite delimitar este reparto de xeito semanal, senón que se irán agrupando segundo os momentos docentes oportunos. As clases teóricas orientaranse ao coñecemento e á comprensión do contido dos conceptos que logo, segundo os medios dispoñibles, tratarase de facilitar aos alumnos unha aplicación práctica deles, ben sexa en papel ben a través de medios informáticos.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A metodoloxía que se vai seguir na avaliación dos alumnos consiste na realización de exames parciais e finais ao longo do curso, así como, tamén, de traballos voluntarios.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Ademais da asistencia ás aulas, o que implica un total de 90 horas anuais, recoméndase, con carácter indicativo, que o alumno dedique unhas 100 horas de traballo non presencial ao estudo da materia, que deberán estar uniformemente repartidas ao longo do ano e non só concentradas nos días previos ao exame. É fundamental, na parte aplicada dos tributos, a realización continuada de supostos prácticos e a utilización de lexislación.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase un seguimento continuado das aulas presenciais e da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesor. Tamén se considera conveniente a realización dos casos prácticos e do material complementario que recomende o profesor ao longo do curso. Ademais, xunto co anterior, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problema que puidera xurdir ao longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.

Page 104: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE

Contido

Código : 191553 Nome:Análise e Cálculo Financeiro Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Dominguez Rego,Ramon ASOU Profesor/a

Obxectivos da materia

O obxectivo fundamental da materia é introducir e formar o alumno nos principios e conceptos básicos da Matemática Financeira, co fin de que posúa os coñecementos necesarios para analizar calquera tipo de operación financeira. Ao longo do curso, o alumno capacitarase para entender o significado do núcleo esencial da materia, que son as operacións financeiras, baseadas no tratamento de capitais. En torno a este concepto de valoración de capitais, realizado a través dos tipos de xuro equivalentes, familiarizarase tamén coa valoración de rendas, imprescindible para comprender os criterios de valoración de proxectos de investimento, tratados noutras materias, como a Economía da Empresa: Investimento e financiamento. O mesmo concepto de equivalencia de capitais en tempo, serviralle para a análise e estudo dos empréstitos.

Contidos

I PARTE: TEMA 1. FUNDAMENTOS DA MATEMÁTICA FINANCEIRA 1.1. Introdución: o valor do diñeiro no tempo 1.2. Capital financeiro: postulados 1.3. Operación financeira 1.4. Capitais equivalentes. Operacións de capitalización e de desconto 1.5. Leis financeiras de capitalización 1.5.1. Capitalización composta 1.5.2. Capitalización simple 1.6. Leis financeiras de desconto 1.6.1. Desconto composto 1.6.2. Desconto simple comercial 1.6.3. Desconto simple racional 1.7. Tantos equivalentes 1.7.1. Tanto de xuro anual efectivo 1.7.2. Tantos de xuro fraccionados efectivos 1.7.3. Tantos equivalentes 1.7.4. Tantos de xuro nominais 1.8. Unificación de capitais: suma financeira, vencemento común e vencemento medio 1.9. Aplicacións prácticas: operacións de desconto de efectos comerciais II PARTE: TEMA 2. VALORACIÓN FINANCEIRA DAS RENDAS 2.1. Introdución 2.2. Definición e elementos dunha renda. Clasificación das rendas 2.3. Valoración financeira das rendas. Valor actual e valor final 2.4. Valoración de rendas anuais constantes 2.5. Valoración de rendas fraccionadas constantes 2.6. Valoración de rendas anuais variables en progresión aritmética 2.7. Valoración de rendas anuais variables en progresión xeométrica III PARTE TEMA 3: OPERACIÓNS DE AMORTIZACIÓN DE EMPRÉSTITOS 3.1. Introdución 3.2. Desenvolvemento xeral do empréstito 3.2.1. Equivalencia na orixe 3.2.2. Termo amortizativo; cota de xuro e cota de amortización 3.2.3. O cadro de amortización dun empréstito 3.3. Modalidades de amortización de empréstitos 3.3.1. Sistema francés ou de termo amortizativo constante 3.3.2. Sistema de cotas de amortización constantes 3.4. Os empréstitos con carencia 3.4.1. Empréstitos con carencia total

Page 105: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

3.4.2. Empréstitos con carencia na cota de amortización 3.5. Custo efectivo das operacións de empréstito IV PARTE: TEMA 4. OPERACIÓNS DE CONSTITUCIÓN DE CAPITAIS 4.1. Introdución ás operacións de constitución 4.2. Elementos que interveñen nas operacións de constitución 4.3. Tipos de operacións 4.3.1. Operacións de constitución de capitais a través de achegas constantes 4.3.2. Operacións de constitución de capitais a través de achegas variables en progresión xeométrica 4.3.3. Operacións de constitución de capitais a través de achegas variables en progresión aritmética

Bibliografía básica e complementaria

XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, S., FERNÁNDEZ LÓPEZ, S., OTERO GONZÁLEZ, L., PIÑEIRO CHOUSA, J. E LALINDE ROURA, I. (2000): "Análisis y cálculo de las operaciones financieras." Tórculo Ediciones. NÓVOA ARECHAGA, I. (1999): "Operaciones financieras: teoría y práctica." Síntesis, D.L. ANTONIO TERCEÑO E OUTROS: "Matemática financiera". Ediciones Pirámide. GONZÁLEZ CATALÁ, V.T.: "Análisis de las operaciones financieras, bancarias y bursátiles". Madrid, Ciencias Sociales. GIL PELÁEZ, L.: "Matemáticas de las operaciones financieras". Editorial AC, Madrid. POZO CARRERO, E. E ZÚÑIGA RODRÍGUEZ, J.: "Análisis y formulación de las operaciones financieras". ESIC. Madrid. VICENTE MENEU, Mª PAZ JORDÁ, Mª TERESA BARREIRA: "Operaciones financieras en el mercado español". Ariel Economía.

Competencias

- Comprender o significado das operacións financeiras, baseándose nos conceptos de capitalización e actualización. - Capacitar para valorar capitais e, en especial, rendas. O dominio das rendas é básico para calquera análise de operacións e valoración dos fluxos económicos dos investimentos e financiamentos tan utilizados na valoración de proxectos de investimento. - Coñecer os métodos e modelos máis empregados para o tratamento e o estudo dos empréstitos.

Metodoloxía da ensinanza

A materia estrutúrase en 4 horas de clase semanais: 2 teóricas e 2 prácticas, para un total de 60 horas (30 teóricas e 30 prácticas). Nas clases teóricas, expóñense os conceptos fundamentais da materia, orientándoos á súa aplicabilidade na realidade. Nas clases prácticas, desenvólvense supostos, aplicando os coñecementos teóricos desenvolvidos na teoría. Estas clases prácticas lévanse a cabo, tanto de forma individual como por grupos, expoñendo os alumnos publicamente os supostos realizados baixo calquera das modalidades referidas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación do alumno basearase na combinación de: - Un exame teórico e práctico. Un único exame por convocatoria. - Realización daqueles traballos que poidan solicitarse ao longo do curso. - Valorarase tamén a participación activa do alumno na clase.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: Teóricas: 30 Prácticas: 30 Horas non presenciais: Lectura de bibliografía recomendada: 12 horas Estudo dos contidos impartidos: 20 horas Realización e estudo de exercicios prácticos: 25 horas Preparación de exame final: 30 horas Horas de avaliación: 3 horas Total volume de traballo: 150 horas

Recomendacións para o estudo da materia

- Recoméndase asistir regularmente ao desenvolvemento da materia na clase. - Resolver os supostos propostos e participar na súa exposición na clase. - Realizar os problemas formulados na bibliografía recomendada.

Page 106: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191554 Nome:Dereito Administrativo Económico Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: .00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Abel Vilela,Fernando Adolfo D TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Facerlles accesibles ao alumno os rudimentos e as técnicas básicas da intervención administrativa na economía, a través tanto da explicación dos postulados básicos da constitución económica como das concretas técnicas de intervención nos diversos sectores produtivos. Abordar, dende a perspectiva xurídica, o tránsito que estamos a vivir do intervencionismo económico dos poderes públicos cara á liberalización e as políticas de regulación.

Contidos

- O Estado social e democrático de Dereito como contexto da intervención pública na economía - Os principios básicos da Constitución económica: O dereito de propiedade (art. 33 CE) A liberdade de empresa (art. 38 CE) A concorrencia da actividade económica pública e privada (art. 128 CE) - O servizo público - O sector público: evolución e tendencias actuais. Especial referencia ás privatizacións - Fomento e planificación económica - A regulación sectorial: Telecomunicacións Sector enerxético Transporte Auga

Bibliografía básica e complementaria

Martín-Retortillo Baquer, Sebastián: Derecho Administrativo económico (2 vols.). Ultima ed. Editorial La Ley. Muñoz Machado, Santiago. Tratado de Derecho Administrativo y Derecho público general. Tomo I. Ed. Civitas. 2004. Ari?o Ortiz, Gaspar, y otros: Princpios de Derecho Público económico. Modelo de estado, gestión pública, regulación económica. Ed. Comares. 1999.

Competencias

A través da exposición sistemática dos puntos anteriormente enumerados perséguese achegar unha visión crítica da ordenación administrativa da economía, que lle permita ao alumno non só comprender o que acontece e este momento de transición cara a estados menos intervencionistas, senón, sobre todo, identificar as debilidades deste modelo, en especial no ámbito da protección social, que entronca directamente coa crise do Estado constitucional do benestar. Dende un punto de vista complementario, tamén se pretende familiarizar o alumno coa linguaxe xurídica que, en principio, lle é allea, que lle permitirá na súa actividade profesional abordar con maiores garantías o imprescindible manexo da información xurídica.

Metodoloxía da ensinanza

- Clase teórica con incorporación progresiva de elementos de traballo práctico. - Participación do alumno a través de traballos de investigación tutelados.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

- Exame final teórico. - Non se exclúe, en principio, a toma en consideración de elementos de avaliación derivados do traballo persoal de cada alumno.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para

Page 107: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

superala

- Media de 3 horas semanais de estudo. - Recoméndase a asistencia á clase e a participación activa nela.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase vivamente que o alumno non dubide á hora de expoñer dúbidas e inquietudes, ou de formular cuestións que poidan xurdir durante as explicacións.

Page 108: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191555 Nome:Modelos Ecométricos do Sector Público Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Datas de Aprobación

Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Obxectivos da materia

Nesta materia pretendemos, partindo dos coñecementos básicos que o alumno recibiu ao cursar as materias de Introdución á Econometría (3º curso) e de Econometría (4º curso), estudar modelos máis específicos aplicados ao sector público, tanto dende o punto de vista metodolóxico coma aplicado.

Contidos

1.- MODELOS MACROECONOMÉTRICOS (I) Introdución. Enfoques de Oferta e Demanda. Relacións multiecuacionais 2.- ESTIMACION DE MODELOS MULTIECUACIONAIS Forma estrutural e forma reducida. Modelos con e sen interdependencia. Identificación. Estimación por MC2E e outros métodos 3.- MODELOS MACROECONOMÉTRICOS (II) Modelos de Klein, Fair, grupo Link e outros modelos internacionais. Modelos da economía española. Predición da produción e o emprego. Relacións entre o PIB e as principais variables macroeconómicas: consumo, investimento, salarios, prezos, comercio exterior e outras. Ciclos e tendencias 4.- CAUSALIDADE, COINTEGRACIÓN, RELACIÓNS DINÁMICAS E CONTRASTES DE ESPECIFICACIÓN EN MODELOS MACROECONOMÉTRICOS 5.- MODELOS DE POLÍTICA SECTORIAL: AGRICULTURA, INDUSTRIA, CONSTRUCIÓN E SERVIZOS 6.- MODELOS DE CAPITAL HUMANO, CAPITAL SOCIAL E DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO

Bibliografía básica e complementaria

BÁSICA: -Guisán, M.C. y otros. (2004): Crecimiento económico en los países de la OCDE. Modelos macroeconométricos y factores de desarrollo en Europa, USA, Japón, México y otros países, 1960-2000. Estudios Económicos de la AHG nº 8. Mundi-Prensa. COMPLEMENTARIA: - Adams, F.G., Vial, J. (1995): Comparisons of macroeconometric models of developing economies. - Expósito, P., Rodríguez, X.A. (2001): “Análisis econométrico del sector agrario español”. Estudios de Economía Regional y Sectorial. Vol. 1, 2001. - Fair, R.C., Alexander, L.S. (1995): A comparison of the Michigan and Fair models. - Guisán, M.C. (2002): Causalidad y cointegración en modelos econométricos: Aplicaciones a los países de la OCDE y limitaciones de los test de cointegración. Documento de la serie Economic Development, nº 61. Disponible en la página http://www.usc.es/economet. - Guisán, M.C., Expósito, P., Aguayo, M. (2001): “Panorama internacional del empleo y el valor añadido de la agricultura en los países de la OCDE.” Estudios de Economía Regional y Sectorial. Vol. 1, 2001. - López Andión, M.C. (2002): Modelos econométricos del mercado de la vivienda en las regiones españolas. Documento de la serie Economic Development, nº 59. Disponible en la página http://www.usc.es/economet. -Molinas et al. (1990). Moisees. Un modelo de investigación y simulación de la economía española. Antoni Bosch. -Neira, I., Guisán, M.C. (2002): Modelos econométricos de capital humano y crecimiento económico. Documento de la serie Economic Development, nº 62. Disponible en la página http://www.usc.es/economet. - Outros documentos da páxina dispoñibles en liña, http://www.usc.es/economet

Competencias

Cos coñecementos que adquire o alumno nesta materia pode avaliar, interpretar e propor solucións aos problemas económicos máis importantes do seu contorno dende unha perspectiva cuantitativa e dende unha óptica do sector público. Este tipo de coñecementos, aplicado a realidades económicas desagregadas, constitúe un instrumento de moita importancia para o desenvolvemento do traballo profesional do alumno, tanto a nivel de empresa privada como pública.

Page 109: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Metodoloxía da ensinanza

Esta materia ten un enfoque eminentemente aplicado, polo tanto as prácticas a nivel de encerado, mais fundamentalmente mediante o uso do ordenador, son un instrumento básico para a súa docencia; de xeito que os alumnos utilizan o ordenador para estudar polo miúdo os diversos modelos econométricos do sector público que ao longo do curso se van presentando. É moi interesante tamén que o estudante realice algunha lectura seleccionada de aplicacións reais dos modelos estudados

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Para a cualificación final terase en conta o seguinte: - Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas - Realización de traballos-exposicións propostos na clase - Exame final

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Unha hora adicional por hora de docencia da materia. Polo tanto, no primeiro cuadrimestre, catro horas adicionais á semana dedicadas á materia, ademais das catro de clase.

Recomendacións para o estudo da materia

O seguimento continuado das clases para poder aproveitar axeitadamente todas as potencialidades da materia.

Page 110: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido Código : 191556 Nome:Elaboración das Decisións Públicas e Administración de Recursos Naturais Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:11/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

García Añón,María TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Preparación teórica e práctica para o acceso do alumno ao mundo laboral en materia de posta en práctica e avaliación de todo tipo de Políticas Públicas. Especial referencia ás Políticas de Medio Ambiente.

Contidos

I.- As políticas públicas. Marco conceptual. A axenda (institucional e sistémica). Actores e públicos II.- A decisión pública. As actividades decisorias. O proxecto na lóxica da planificación. A posta en práctica III.- Avaliación. Concepto e especificidade. Metodoloxía da avaliación. Fases da avaliación (ex-ante, durante, final, ex-post) e tipos de avaliación segundo a procedencia dos avaliadores. As pseudoavaliacións e as cuasi-avaliacións IV.- a) Principais métodos de avaliación económica: análise custo-beneficio. Análise custo-eficacia. A programación de proxectos a través do PERT-Custo. Método de valoración continxente. b) Principais métodos de avaliacións con grupos: Focus-group. Método DELPHI. Grupos experimentais. c) Principais métodos de avaliación medioambiental: avaliación de impacto ambiental. Análise riscos-beneficios aplicada a problemas ambientais. d) Outras técnicas de avaliación: monitoreo. Análise de regresión. Conclusións sobre os diversos métodos V.- Do crecemento económico ao desenvolvemento sostible. Política do medio ambiente. Políticas públicas en materia de bens ambientais e colectivos. Referencia á lexislación española e da Unión Europea en materia de medio ambiente. Política das Nacións Unidas en materia de medio ambiente; referencia ao Programa 21

Bibliografía básica e complementaria

- Aguilar, María José e Ander-Egg, Ezequiel, Evaluación de Servicios y Programas Sociales, Siglo XXI de España Editores S.A., Madrid, 1992. - Ballart, X., ¿Cómo Evaluar Programas y Servicios Públicos?, MAP, Madrid, 1992. - Cohen, E. e Franco, R., Evaluación de Proyectos Sociales, Siglo XXI de España Editores S.A., Madrid, 1993. - Chelimsky, Eleanor, "La Experiencia de los Estados Unidos en la Evaluación de Programas" en Control y Evaluación de la Gestión Pública. Los Desafíos de la Nueva Constitución, Departamento Nacional de Planeación, Santafé de Bogotá, 1992. Documentación Administrativa 224-225. Políticas Públicas y Organización Administrativa. Ministerio para las Administraciones Públicas, Instituto Nacional de Administración Pública, Octubre 1990-Marzo 1991, Madrid, 1991. España: RD. 1131/88 de 30 de setembro. Font, N. e Subirats, J., La Agenda 21 Local en España, Icaria, Barcelona, 2000. García Añón, María, Políticas Públicas do Medio Ambiente e Calidade de Vida, ed. Fundación Universitaria de Cultura, 'Coordenadas', Monografía número 19, Santiago, 1992. García Añón, María, "Toma de Decisión Política sobre Proxectos con Incidencia no Medio Ambiente. Avaliación de Programas Públicos: Referencia ó Municipio de Cerceda" en Revista Galega de Economía, vol. 2, núm. 2, Santiago, 1993. García Añón, María, "Decisións e Implementación de Políticas Públicas en Referencia a Proyectos con Incidencia no Medio Ambiente. Estudio de Caso: Concentración Parcelaria en Xinzo de Limia" en Revista Galega de Economía, vol. 3, núm. 1, Santiago, 1994. García Añón, María, "A Negociación como Nexo Democrático entre Actores Institucionais e Actores non Institucionais na Implementación de Políticas Públicas" en Revista Galega de Economía, vol. 4, Núm. 1 e 2, Santiago, 1995. García Añón, M., A Avaliación e os Instrumentos Económicos en Materia de Políticas Públicas do Medio Ambiente. Referencia ó Protocolo de Kioto en Revista Galega de Economía, Monográfico, 2002. García Herrero, G. e Ramírez Navarro, J. M., Diseño y Evaluación de Proyectos Sociales, Libros Certeza, Zaragoza, 1996. Gomá, Ricard e Subirats, Joan, Políticas Públicas en España, Ariel Ciencia Política, Barcelona, 1998. Lindblom, Charles E., El Proceso de Elaboración de Políticas Públicas, MAP, Madrid, 1991. Meny, Ives e Thoenig, Jean-Claude, Las Políticas Públicas, Ed. Ariel, Barcelona, 1992. Mishan, E.J.; Mohring, Hebert; Foster, Edward; Boyd, J.Hayden; Harberger, Arnold C.; Hirschleifer, J.; Currie, John Martin; Feldstein, Martin, S.; Murphy, John A.; Wildavsky, Aaron; Schmitz, Andrew; Downs, Anthony, Lecturas sobre Análisis Coste-Beneficio, Ministerio de Hacienda, Madrid, 1980. Pasqual, Joan, La Evaluación de Políticas y Proyectos, Icaria Editorial, S.A., Barcelona, 1999. Riera Micalo, P., Manual de Valoración Contingente, Instituto de Estudios Fiscales, Madrid, 1994. Stuffebeam, Daniel L. e Shinkfield, Anthony J., Evaluación Sistemática. Guía Teórica y Práctica, 1.ª Edición, 3.ª reimpresión, Temas de Educación, Paidós, Barcelona- Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1995.

Page 111: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Subirats Humet, Joan, Análisis de Políticas Públicas y Eficacia de la Administración, Ministerio para las Administraciones Públicas, Madrid, 1992. Vedung, Evert, Evaluación de Políticas Públicas y Programas, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Madrid, 1997.

Competencias

Aplicar correctamente os métodos cuantitativos, cualitativos e medioambientais de avaliación en todo tipo de Plans, Programas e Proxectos, en calquera das súas fases, ex-ante, durante, final e ex-post. Dada a súa elevada utilidade, serve de nexo entre a Universidade e os traballos que se realizarán no mundo laboral.

Metodoloxía da ensinanza

- Clases teóricas e prácticas. - Traballo individual e en equipo. - Exposición individual e en equipo. - Avaliacións prácticas de casos reais e traballos de campo. - Prácticas en Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

- Parte teórica.- Cada pregunta sobre a materia respondida e superada na clase supón un punto adicional para o alumno. Así mesmo, puntúa a exposición na clase e o tratamento da bibliografía consultada. - Parte práctica.- Puntúase o traballo de campo respecto do estudo de caso realizado polo alumno. - Nota final.- É a suma do exame final, os puntos de prácticas e os puntos de clase.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Por cuadrimestre: - Parte teórica (incluíndo a presencial): 77 horas. - Parte práctica: 77 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

- Asistencia á clase e participación nela. - Comezar o traballo práctico canto antes. - Considerar a materia como instrumento de coñecemento e experiencia de casos reais que lle será útil para enfrontarse á solicitude e desenvolvemento do seu primeiro traballo ao rematar a carreira.

Page 112: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido Código : 191557 Nome:Facenda Multinivel Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Profesorado do Contido Nome Categoria Función

Carames Vieitez,Luis Antonio CAT-UN Profesor/a

Paredes Perez,Emilio CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

A Facenda Pública Multinivel abarca un conxunto de materias do maior interese, que van dende os tópicos referentes á facenda local ata o federalismo fiscal. O obxectivo do curso é familiarizar o alumno cos problemas que se lle presentan ao sector público nun contexto de varios niveis de goberno.

Contidos

PROGRAMA: 1. Introdución 1.1. Obxectivos do curso 1.2. Argumentos a prol e en contra da descentralización 1.3. O federalismo nunha perspectiva histórica 2. O federalismo fiscal: aspectos funcionais 2.1. Asignación: o modelo de Oates e teoría de Tiebout 2.2. As políticas macroeconómicas 2.3. A función redistributiva 3. As transferencias intergobernamentais 3.1. Definición e tipoloxía 3.2. O efecto “fly paper” 4. Os sistemas de perecuación 4.1. Criterios de cálculo 4.2. A experiencia comparada 5. O endebedamento 5.1. A teoría 5.2. A xestión

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA : - Caramés, L., Economía Pública Local, ed. Cívitas, Madrid, 2004. - Monasterio, C. e Suárez, J., Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ed. Ariel, Barcelona, 2002. - Rodden, J. A.; Eskeland, G. e Litvackm, J. (eds.), Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press, 2003. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: - Quigley, J. M. e Rubinfeld, D. L., Federalism and reductions in the Federal Budget, pp. 289- 302, National Tax Journal, June, 1996 - Roberts, J., “A Comment of the Many Faces of Tiebout Bias”, pp. 45-51, Journal of Urban Economics, 32, 1992.

Competencias

Os alumnos deberán ter coñecementos de facenda pública xeral, de sistemas fiscais e de teoría económica.

Metodoloxía da ensinanza

Clase maxistral e discusión sobre lecturas propostas na clase.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Valorarase a participación nas discusións da clase (30%) e farase un exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

60 horas de asistencia á clase e outras tantas de estudo individual.

Recomendacións para o estudo da materia

Asistir á clase para unha mellor comprensión da materia.

Page 113: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191561 Nome:Tendencias Actuais da Fiscalidade e o Gasto Público Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido Nome Categoria Función

Paredes Perez,Emilio CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

O obxectivo é proporcionarlle ao alumno unha perspectiva das tendencias recentes na imposición directa e indirecta, así como do gasto público. Estúdanse as propostas modernas de reforma fiscal e temas de actualidade como, entre outros, a facenda pública e o ambiente, o exceso de gravame, a imposición óptima, a avaliación do gasto público e a eficiencia no gasto, o gasto público no estado do benestar, a facenda pública descentralizada e a coordinación fiscal internacional.

Contidos

1.- Tendencias recentes na imposición directa e indirecta. 2.- Propostas de reforma fiscal 3.- Imposición, gasto público e medio ambiente 4.- O exceso de gravame 5.- A imposición óptima 6.- Avaliación do gasto público 7.- Gasto público e eficiencia 8.- O gasto público no estado do benestar 9.- Bens públicos e elección pública 10.- Os prezos no sector público 11.- A facenda pública descentralizada 12.- Coordinación fiscal internacional

Bibliografía básica e complementaria

Albi, E.; González-Páramo, J. M. e Zubiri, I.: Economía Pública, Ariel, Barcelona, 2009. Musgrave, R. A. e Musgrave, P.B.: Hacienda Pública. Teoríca y Aplicada, McGraw-Hill, Madrid, 1999. Hacienda Pública Española, Instituto de Estudios Fiscales, Ministerio de Economía y Hacienda. Papeles de Economía Española, Fundación de las Cajas de Ahorros.

Competencias

Esta materia proporcionaralle ao estudante os elementos, argumentos e instrumentos necesarios para comprender e analizar as tendencias actuais da fiscalidade e do gasto público.

Metodoloxía da ensinanza

Nas clases, proporcionaránselle ao alumno os coñecementos básicos sobre as tendencias actuais da fiscalidade e o gasto público. Estimularase o alumno no estudo e análise crítica destes temas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A avaliación realizarase, principalmente, polos exames parciais e final. Tamén se terá en conta a asistencia e a participación nas clases e a realización de traballos voluntarios.

Recomendacións para o estudo da materia

Recoméndase a asistencia ás clases presenciais, o estudo da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que o profesor aconsellará para cada tema. Tempo de estudo e de traballo persoal: Ademais da asistencia á clase, o que implica un total de 60 horas durante o cuadrimestre, recoméndase, con carácter indicativo, que o alumno dedique unhas 90 horas de traballo non presencial ao estudo da materia, que deberían estar uniformemente repartidas ao longo do cuadrimestre e non concentradas nos días anteriores ao exame.

Page 114: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido Código : 191579 Nome:Facenda Autonómica e Local Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido Carames Vieitez,Luis Antonio CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

A materia ten como obxectivo principal ofrecerlles aos alumnos a posibilidade de coñecer en profundidade o sistema de financiamento autonómico e os ingresos locais. Ao tempo, estúdase a dinámica do gasto público autonómico e local.

Contidos

- Federalismo fiscal As facendas descentralizadas, unha perspectiva comparada Función de asignación Estabilización e distribución - Imposición e débeda Descentralización de tributos Endebedamento subcentral. Equidade e risco - As subvencións Teoría Tipos - O financiamento autonómico Modelo LOFCA Desenvolvemento temporal do proceso autonómico Sistema foral Sistema tributario Subvencións Endebedamento - O financiamento das corporacións locais Problemas de dimensión O sistema impositivo municipal (teórico e práctico) Outros recursos O financiamento das provincias

Bibliografía básica e complementaria

- Caramés, L., Economía Pública Local, ed. Cívitas, Madrid, 2004. - Caramés, L., Introducción a la Hacienda Local y Autonómica, Civitas, Madrid, 1994. - Caramés, L. e Vázquez, J., Los problemas de la financiación autonómica, Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela, 1997. - Monasterio, C. e Pandiello, J., Manual de Hacienda autonómica y local, ed. Ariel, Barcelona, 2002. - Rodden, J. A.; Eskeland, G. e Litvackm, J. (eds.), Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press, 2003.

Competencias

Os alumnos deberán ter coñecementos xerais de facenda pública, sistemas fiscais e de teoría económica.

Metodoloxía da ensinanza

O desenvolvemento das aulas farase a través dunha mestura entre a clase maxistral e a posta en común de opinións e discusións sobre as lecturas propostas polo profesor.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Valórase a participación e a implicación dos alumnos nas actividades que se desenvolven dentro da aula (30%), xunto cun exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

60 horas de asistencia á clase e outras tantas de estudo individual.

Recomendacións para o estudo da materia

Asistir á clase para a mellor comprensión de materia.

Page 115: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

ORIENTACIÓN DE ECONOMÍA REXIONAL E SECTORIAL OPTATIVAS VINCULADAS

Contido

Código : 191471 Nome:Economía Rexional Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Lopez-Suevos Fernandez,Ramon CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Comprender os elementos básicos do desenvolvemento dunha economía rexional. - Coñecer as dificultades e as posibilidades das economías rexionais no contexto do mercado nacional e internacional.

Contidos

1. As desigualdades espaciais As desigualdades espaciais na Unión Europea e en España. A súa evolución temporal. O proceso de integración europea e as desigualdades: introdución 2. Teorías do subdesenvolvemento e das desigualdades espaciais Os círculos viciosos. As teses do crecemento equilibrado. O crecemento polarizado. O desenvolvemento endóxeno. O marxismo e a teoría da dependencia. A situación actual do debate 3. O planeamento do desenvolvemento rexional Os instrumentos de política rexional. A política rexional comunitaria e española. Os efectos espaciais da Unión Económica e Monetaria 4. Técnicas de análise Fontes estatísticas, contabilidade rexional, input-ouput rexional, balanzas de pagamentos rexionais, fluxos de fondos, etc. 5. Sistema financeiro e desenvolvemento económico rexional O debate sobre a relación entre sistema financeiro e desenvolvemento económico rexional. As alternativas de política económica. O sistema financeiro galego

Bibliografía básica e complementaria

A bibliografía para o curso será facilitada durante o desenvolvemento de cada tema. Consistirá en referencias a capítulos concretos das obras clave para cada apartado do programa. As seguintes tres obras serán empregadas frecuentemente ao longo de todo o curso: - ARMSTRONG, H. e TAYLOR, J., Regional economics and policy, 2ª edición, Harvester Wheatsheaf, 1993. - BEIRAS TORRADO, X. M., O atraso económico de Galicia, 3ª edición, Galaxia, 1972. - MYRDAL, G., Teoría económica y regiones subdesarrolladas, FCE, 1957.

Competencias

- Manexo das estatísticas fundamentais das economías rexionais. - Comprensión dos impactos da axuda pública, por exemplo os fondos europeos nas economías rexionais.

Metodoloxía da ensinanza

Explicacións teóricas e aplicacións prácticas, así como referencias ás diversas economías rexionais europeas.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Os alumnos que o desexen, e se o seu número o permite, exporán nas aulas os temas precedentes. Para os restantes alumnos, a proba final incluirá a materia abarcada polo presente temario.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Clases asistenciais: 60 h, 2 h semanais.

Recomendacións para o estudo da materia

Asistencia ás clases e realización das lecturas que se recomenden.

Page 116: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191571 Nome:Economía Industrial Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación

Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Loureiro García,María Luz INTV-T3 Profesor/a

Obxectivos da materia

O propósito deste curso é presentar os métodos e problemas básicos da economía industrial. A parte teórica pretende introducir ó alumno nas cuestións básicas relacionadas ca análise da competencia nos mercados. En concreto, algunhas das cuestións que se tentan responder son: se as empresas posúen poder de mercado, no caso afirmativo cómo se consegue o poder de mercado e cómo é posible mantelo, cáles son as implicacións da existencia do poder de mercado e cal é o papel do sector público en relación co poder de mercado. A parte práctica da materia ilustra algúns dos conceptos introducidos nas leccións teóricas con exemplos concretos. Tratarase de que os alumnos aprendan a formular correctamente estes exemplos, a modelizalos e a resolvelos coa axuda de programas informáticos específicos. O instrumento básico que se vai utilizar neste respecto é un paquete de software especializado, orientado á simulación de modelos económicos, e a estimación dos mesmos. Tanto a parte teórica como práctica completaranse ca lectura e comentario de certos textos claves na teoría da economía industrial.

Contidos

PARTE I. INTRODUCCIÓN. TEMA 1. INTRODUCCIÓN. TEMA 2. CONCEPTOS BÁSICOS. 2.1. Microeconomía. 2.2. Problemas de axencia. 2.3. A natureza e os límites da empresa. 2.4. Tª de xogos (I): O equilibrio de Nash. 2.5. Tª de xogos (II): O equilibrio perfecto en subxogos. PARTE II. O PODER DE MONOPOLIO. TEMA 3. MONOPOLIO. 3.1. O monopolio. 3.2. A regulación do monopolio. TEMA 4. DIFERENCIACIÓN DE PRODUCTOS. 4.1. Tipoloxía da diferenciación de productos. 4.2. Problemas de calidade e información. 4.3. Sinalización e reputación. TEMA 5. DISCRIMINACIÓN DE PREZOS. 5.1. Tipoloxía da discriminación de prezos. 5.2. Tarifas non lineais. TEMA 6. CONTROL VERTICAL. PARTE III. COMPORTAMENTO ESTRATÉXICO. TEMA 7. COMPETENCIA OLIGOPOLÍSTICA. 7.1. O modelo de Bertrand. 7.2. O modelo de Cournot. 7.3. O grao de concentración no mercado. TEMA 8. COLUSIÓN. 8.1. Os acordos colusivos. 8.2. Factores que favorecen a colusión. TEMA 9. DIFERENCIACIÓN E PUBLICIDADE. 9.1. Modelos de competencia espacial e competencia monopolística. 9.2. A publicidade.

Page 117: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

TEMA 10: ENTRADA E SAÍDA DO MERCADO. 10.1. Mercados disputabeis. 10.2. Barreiras á entrada no mercado. 10.3. Prezos límite. 10.4. Fusións e adquisicións. TEMA 11: INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO. 11.1. O sistema de patentes. 11.2. A adopción estratéxica de innovacións. 11.3. Externalidades de rede e estandarización. TEMA 12: INFORMACION 12.1. Problemas de información 12.2. Información Asimétrica 12.3. Selección Adversa 12.4. Riesgo Moral 12.5. Diferentes solucións para evitar os problemas de información EMA 13: REGULACIÓN. 13.1 Regulación da competencia. 13.2. Efectos da regulación.

Bibliografía básica e complementaria

Os libros de texto máis adaptados ao programa son: • Cabral, L. (1997): Economía Industrial, McGraw-Hill, Madrid, 1997. • Callejón, M., et al. (2001): Economía Industrial, Civitas, Madrid, 2001. O alumno que desexe ampliar coñecementos, apreciar visions alternativas, tratamentos puntuais diversos pode consultar: • Carlton, D. W. y Perloff, J. M. (1999): Modern Industrial Organization (3th edition), Addison Wesley Longman, Inc. • Clarke, R. (1985): Economía Industrial, Colegio de Economistas-Celeste Ediciones, Madrid, 1993. • Fernández Ordóñez, M. A. (2000): La competencia (Alianza editorial). • Miguel A. Lasheras (1999): Regulación económica de los servicios públicos (Ed. Ariel). • Segura, J. (1993): Economía industrial (Ed. Civitas). • Shy, O. (1995): Industrial Organization. Theory and Applications, MIT Press, Cambridge (Mass), 1998. • Tirole, J. (1988): La teoría de la organización industrial, Ariel Economía, Barcelona, 1990.

Competencias

Principios microeconómicos básicos. Elaboración de análises da estrutura de mercados particulares. Programación en GAMS de problemas de optimización sinxelos.

Metodoloxía da ensinanza

A parte teórica desenvolverase a través de docencia presencial nos horarios e aulas determinados polo centro. A parte práctica desenvolverase en sesións intercaladas entre as teóricas, a razón de aproximadamente unha sesión dunha hora práctica por cada sesión de dúas horas teóricas. As sesións prácticas terán lugar nunha das aulas de informática do centro (que este determinará). As prácticas utilizarán listas de problemas nos que se desenvolverán exemplos numéricos que aplican a teoría vista na aula ou cuestións referidas á realidade económica.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O sistema de avaliación da materia estará baseado en tres tipos de requisitos diferentes: a) A proba final, consistente nun exame escrito no que deben darse resposta a catro cuestións referentes aos coñecementos incluídos no programa, que se celebrará na data establecida oficialmente polo centro; b) A realización dun traballo escrito, que además deberá expoñerse nunha das sesións prácticas da materia. Nunha das sesións correspondentes á primeira semán do mes de novembro será feita pública e distribuida unha lista dos temas a escoller para a realización do traballo, que incluirá ademais as instruccións específicas de realización do mesmo e as datas e condicións para a súa entrega e exposición. c) A realización das actividades que serán propostas gradualmente ao longo das sesións teóricas ou prácticas da materia, incluíndo a lectura de certos textos selecionados. A avaliación final terá en conta os tres requisitos antes mencionados, cunha valoración dun tercio da calificación total cada un deles. Os alumnos que non se presenten á proba final -requisito (a)- recibirán a cualificación de “Non presentado”. A avaliación dos requisitos (b) e (c) conservarase para a convocatoria de setembro, pero non para cursos académicos posteriores.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Aproximadamente 120 horas.

Recomendacións para o estudo da materia

A asistencia regular ás clases e mais a lectura detida da bibliografía constitúen os elementos indispensables para o bo aproveitamento da materia.

Page 118: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191572 Nome:Métodos Estatísticos da Análise Rexional Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 6.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 9.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Anual

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Tato Rodriguez,M Mercedes TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Proporcionarlle ao alumnado o coñecemento en profundidade de técnicas estatísticas específicas que lle permita unha visión global e completa da importancia da Estatística no campo da Economía.

Contidos

A ANÁLISE ESTATÍSTICA REXIONAL. METODOLOXÍA BÁSICA - Delimitación do concepto económico de rexión - Medidas de disparidade e asociación rexionais - Modelos de interacción espacial - A metodoloxía “shift-share” - Técnicas multivariantes aplicadas á análise rexional INDICADORES REXIONAIS E ANÁLISE DE CONXUNTURA - Concepto de indicador rexional e de conxuntura - Indicadores de conxuntura rexional (ICR) - Elaboración de informes - Conxuntura e series do tempo - Conxuntura e cadros macroeconómicos CONTABILIDADE SOCIAL. CONCEPTO - A contabilidade nacional - O sistema input-output - O sistema de fluxo de fondos - Matrices de contabilidade social MODELOS ECONÓMICOS REXIONAIS - Modelos de simulación - Modelos de optimización OUTROS MÉTODOS DE ANÁLISE REXIONAL - Modelos lineares xeneralizados - Estudos de prospectiva a nivel rexional - Análise multicriterio con datos mixtos cuantitativos-cualitativos - Un modelo de Markov

Bibliografía básica e complementaria

AGUAYO, E.; GUISAN, C. y RODRÍGUEZ, X (1997): Modelización regional: técnicas y tipos de modelos. Santiago de Compostela: Documentos de Econometría. BUENO LASTRA, J. (1990): Los Desequilibrios Regionales. Teoría y Realidad Española. Madrid: Pirámide. CONDE LÓPEZ, F.J. y GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, S. (1998): Indicadores Económicos. Madrid: Pirámide. EKONOMIAZ (1988): Análisis Económico Regional. Bilbao. FERNÁNDEZ, M. y POLO, C. (2000): Una nueva matriz de contabilidad social para España. La SAM-90. Santiago de Compostela: IDEGA, Servicio de Publicaciones. FIES (1988): Papeles de Economía Española, nº 34, 35. Madrid: Obra Social de la Confederación Española de Cajas de Ahorros. FURIÓ, E. (1996): Evolución y Cambio en la Economía Regional. Barcelona: Ariel. GARCÍA SANTACRUZ, A. (1986): Teoría y Práctica del Análisis de Coyuntura. Madrid: ICE. MARTÍN-GUZMÁN, P. y MARTÍN PLIEGO, F.J. (1987): Curso Básico de Estadística Económica. Madrid: AC. MARTÍN PLIEGO, F.J. (1994): Introducción a la Estadística Económica y Empresarial. Teoría y Práctica. Madrid: AC. MOCHÓN MORCILLO, F. Y ANCOCHEA, G. (1981): El Análisis de la Coyuntura. Una Metodología. Madrid: Pirámide. NIJKAMP, P. y VAN DELFT, A. (1977): Multi-criteria Analysis and Regional Decision-making. Leiden, Holanda: Martinus Nijhoff Social Sciences Division. NOURSE, H. O. (1969): Economía Regional. Barcelona: Oikos-Tau, S.A. PAELINCK, J.H. y NIJKAMP, P. (1975): Operational Theory and Method in Regional Economics. England: Saxon House Studies. PÉREZ LÓPEZ, C. (2002): Estadística Aplicada a través de Excel. Madrid: Prentice Hall. PÉREZ SUÁREZ, R. (1993): Análisis de Datos Económicos I. Métodos Descriptivos. Madrid: Pirámide. PLEETER, S. (1980): Economic Impact Analysis: Methodology and Applications. Boston: Martinus Nijhoff Publishing.

Page 119: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

PULIDO, A. y FONTELA, E. (1993): Análisis Input-Output. Modelos, Datos y Aplicaciones. Madrid: Pirámide. PULIDO, A. y CABRER, B. (1994): Datos, Técnicas y Resultados del Moderno Análisis Económico Regional. Madrid: Mundi-Prensa. RAMIREZ, J. (1993): El análisis cuantitativo de la economía regional: Los modelos econométricos regionales. Córdoba: ETEA. RICHARDSON, H.W. (1975): Elementos de Economía Regional. Madrid: Alianza Editorial

Competencias

- Distinguir as diferentes técnicas estatísticas na análise rexional - Coñecer os principais métodos de análise para valorar os efectos que as políticas rexionais teñen no ámbito económico rexional - Aplicar correctamente os métodos para a cuantificación destas medidas - Empregar algún software para a aplicación e cuantificación destas técnicas

Metodoloxía da ensinanza

3 horas semanais que se distribuirán en 2 horas de teoría e 1 hora de práctica (aproximadamente, dependendo do desenvolvemento do programa). Nas clases de prácticas os estudantes resolverán os problemas propostos. Tanto ao longo do primeiro cuadrimestre como do segundo, os alumnos terán prácticas de informática onde aprenderán a resolver e analizar os problemas propostos mediante o software de cálculo axeitado.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Realizarase unha avaliación global da participación de cada alumno, nas que se incluirán as asistencias á clase, a realización de traballos e o nivel de aprendizaxe reflectido nas sucesivas probas que se realicen ao longo do curso. Como complemento aos exercicios e problemas que se desenvolverán na clase por parte fundamentalmente do profesor, iránselles proporcionando ao alumnado sucesivamente outros enunciados que total ou parcialmente deberán ser entregados resoltos no prazo que en cada caso se determine. Tamén se establecerán grupos de traballo (como moito, dúas persoas) que, baixo a dirección do profesor, elaborarán os temas que, tendo en conta as súas preferencias, se lles asignen, e que no seu día serán expostos oralmente nas sesións de traballo que se establezan. Conxuntamente coa superación do exame oficial fixado pola Facultade.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Horas presenciais: - Teóricas: 60 - De problemas: 20 - De prácticas de ordenador: 10 Horas non presenciais: ... (3 ou 4 á semana, 2. h. de teoría e 2 h. de problemas/ prácticas + de 6 a 7 h. para a preparación do exame final) Horas de avaliación: Total volume de traballo: cunha xornada laboral de 35 horas semanais (5 ou 6 materias por curso) sae unha media de 7 h. á semana (con 3 h. de clase quedaríanlle de 3 a 4 h. non presenciais, é dicir, unha hora por hora presencial).

Recomendacións para o estudo da materia

O seguimento do programa oficial fai conveniente a disposición por parte do alumnado de coñecementos relativos a: - Matemáticas: álxebra matricial - Estatística Económica: programas de Estatística e Econometría de cursos precedentes da Licenciatura en Economía - Informática: editor de texto, folla de cálculo e paquetes estatístico-econométricos, ademais da busca e manexo de fontes de datos estatísticos. - Idiomas: inglés a nivel de tradución, que facilitará o labor de aprendizaxe na materia.

Page 120: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

OPTATIVAS DA ESPECIALIDADE

Contido

Código : 191574 Nome:Econometría Aplicada (Modelos Rexionais e Sectoriais) Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Primeiro Cuadrimestre

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Aguayo Lorenzo,Eva INTS-T3 Profesor/a

Guisan Seijas,Maria Carmen CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

Os modelos econométricos rexionais e sectoriais poden considerarse coma unha extensión dos modelos macroeconométricos nacionais, dado que neles adáptanse as metodoloxías desenvolvidas para estes últimos ás peculiaridades dos ámbitos de aplicación rexionais. Os procesos de integración económica coma a UE, a NAFTA, MERCOSUR e outros, farán a súa vez que exista un maior interese cara a estes modelos, pois nos espazos integrados as propias economías nacionais actúan, en certo grao, coma economías rexionais. Ademais do espazo rexional, podemos estudar cunha metodoloxía similar espazos de menor amplitude coma áreas metropolitanas ou comarcas. En definitiva, o que se trata é de aplicar os procedementos de análise econométrica para explicar a distribución espacial e sectorial das magnitudes do crecemento económico: ben sexa unha desagregación espacial (rexión fronte a nación ou espazo económico supranacional) ou unha desagregación produtiva (sector ou subsector fronte á produción global). Por tanto, nesta materia pretendemos, partindo dos coñecementos básicos que o alumno recibiu ao cursar as materias de Introdución á Econometría (3º curso) e Econometría (4º curso), estudar modelos máis específicos que precisan un tratamento particular, tanto dende o punto de vista metodolóxico como aplicado, pero sempre desde unha perspectiva empírica. A primeira parte, Modelos Sectoriais, comprende os temas 1 e 2; e a segunda parte, Modelos Rexionais, comprende dos temas 3 ao 5.

Contidos

TEMA 1.- ASPECTOS METODOLÓXICOS DA ANÁLISE SECTORIAL 1.1.- A importancia da análise económica sectorial 1.2.- Etapas que se deben seguir na realización de estudos económicos sectoriais 1.3.- O papel da econometría na análise económica sectorial 1.4.- Datos de panel TEMA 2.- APLICACIÓNS ECONOMÉTRICAS SECTORIAIS 2.1.- Modelos aplicados no sector primario 2.2.- Modelos aplicados no sector industrial 2.3.- Modelos aplicados no sector servizos TEMA 3: MODELOS ECONOMÉTRICOS E DESENVOLVEMENTO REXIONAL 3.1.- Panorama xeral do desenvolvemento rexional español, europeo e internacional 3.2.- Principais características dos modelos econométricos rexionais 3.3.- Métodos de estimación de modelos rexionais 3.4.- Análise de causalidade, contrastes de cointegración e selección de modelos TEMA 4: CLASES DE MODELOS REXIONAIS 4.1.- Enfoques “top-down”, “bottom-up” e mixto 4.2.- Modelos unirrexionais 4.3.- Modelos multirexionais: análise temporal, atemporal e mixto 4.4.- Variables seleccionadas e principais aplicacións TEMA 5: APLICACIÓNS DOS MODELOS REXIONAIS 5.1.- Modelos rexionais españois: enfoque Hispalink e outros 5.2.- Modelos rexionais europeos e internacionais 5.3.- Industria, competitividade e desenvolvemento rexional 5.4.- Desenvolvemento rexional, emprego e poboación

Bibliografía básica e complementaria

BIBLIOGRAFÍA BÁSICA: Para a primeira parte do programa (temas 1 e 2):

Page 121: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Expósito, P.; Iglesias, A.; Rodríguez, X.A. e Vázquez, E. (2002). “Econometría aplicada en sectores desagregados de actividad económica”. Mundi-Prensa. Madrid Para a segunda parte do programa (temas 3 a 5): Guisán, M.C.; Cancelo, M.T.; Aguayo, E. e Díaz, M.R. (2001). “Modelos econométricos interregionales de crecimiento de la industria y los servicios en las regiones europeas, 1985-1995”. Mundi-Prensa. Madrid. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA: Outras lecturas de interese, tanto nos aspectos aplicados como metodolóxicos da primeira e segunda partes do programa, relaciónanse a continuación como material de consulta complementarios: Aguayo, E. (1996): Inversión industrial y crecimiento económico. Modelo econométrico de las regiones españolas. Universidade de Santiago de Compostela. Tesis de licenciatura. Aguayo, E.; Guisán, M.C. y Rodríguez, X. A. (1997): ”Modelización regional: Técnicas y tipos de modelos”. Documento de la serie Economic Developmet. Disponible on line: http://www.usc.es/economet Aguayo, E.; Guisán, M.C. y Rodríguez, X. A. (1997): ”La industria y el turismo en el crecimiento regional. Actas XI Reunión Asepelt-España. Bilbao. Cabrer, B. (coordinador) (2001). “Análisis regional. El proyecto Hispalink”. Mundi-Prensa. Madrid. Courbis, R. (1979): The REGINA model: A regional-national model for french planning”. Regional Science and Unban Economics, vol. 9, pp. 117-139. Glickman, N. J. (1977): Econometric analysis of regional systems: explorations in model building and policy analysis. Studies in Urban Economics. New York: Academic Press. Greene, W. (1998): Análisis Econométrico. Madrid: Prentice-Hall. Terceira edicción. Guisán, M.C. (1997): Econometría. Madrid: McGraw-Hill. Guisán, M.C. (2002). “Causalidad y cointegración en modelos econométricos. Características, resultados y limitaciones”. Documentos de la serie Economic Developmet, nº 61. Disponible on line http://www.usc.es/economet Guisán, M.C. y Cancelo, M.C. (1997): ”Territorial public expenditure and revenue: economic impact in the european Regional growth”. Documentos de la serie Economic Developmet. Disponible on line http://www.usc.es/economet Guisán, M.C. y Frías, I. (1995): ”An interregional econometric model for market services employment in 120 EEC regions”. Documentos de la serie Economic Developmet. Disponible on line http://www.usc.es/economet Guisán, M.C. y Frías, I. (1997): ”Economic growth and social welfare in the European regions”. Documentos de la serie Economic Developmet. Disponible on line http://www.usc.es/economet Jhonston, J. y Dinardo, J. (2001). “Métodos de Econometría”. Editorial Vicens Vives. Barcelona. Klein, L. R. e Glickman, N. J. (1977): “Econometric model-building at regional level”. Regional Science and Urban Economics, vol. 7, pp. 3-23. López, M. C.; Rodríguez, X. A.; Vázquez, E. (1998): ”O sector comercial en España: análise da súa productividade por comunidades autónomas”. Revista Galega de Economía, vol. 7, núm. 1, pp. 257-278. Maddala, G.S. (1985): Econometría. México: McGraw-Hill. Novales, A. (1993): Econometría. Madrid: McGraw-Hill Lodeiro, M. J. y Arranz, M. (1998):Indicadores estadísticos del sector turístico. Estudios económicos Asociación Hispalink-Galicia. Santiago de Compostela. Outros documentos da páxina dispoñibles en liña: http://www.usc.es/economet

Competencias

Cos coñecementos que adquire o alumno nesta materia pode avaliar, interpretar e suxerir solucións aos problemas económicos máis importantes do seu contorno desde unha perspectiva cuantitativa e desde unha óptica sectorial e rexional. Este tipo de coñecementos, aplicado a realidades económicas desagregadas, constitúe un instrumento de moita importancia para o desenvolvemento do traballo profesional do alumno, tanto a nivel de empresa privada como pública.

Metodoloxía da ensinanza

Esta materia ten un enfoque eminentemente aplicado, polo tanto as prácticas a nivel de encerado, mais fundamentalmente mediante o uso do ordenador, son un instrumento básico para a súa docencia; de xeito que os alumnos utilizan o ordenador para estudar polo miúdo os diversos modelos rexionais e sectoriais que ao longo do curso se van suscitando. É moi interesante, tamén, que o estudante realice, tanto na parte obrigatoria coma na optativa, algunha lectura seleccionada de aplicacións reais dos modelos estudados. Neste sentido, o alumno pode centrarse na parte rexional ou na sectorial.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

• CRITERIOS E SISTEMA DE AVALIACIÓN A cualificación final é a media das cualificacións obtidas nas dúas partes do programa e considerarase de forma positiva, ademais do exame obrigatorio de cada parte, a asistencia e a participación nas clases teóricas e prácticas, a realización da parte optativa do exame e, no seu caso, a realización de exercicios propostos na clase.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Unha hora adicional por cada hora de docencia da materia. Por tanto, no primeiro cuadrimestre, catro horas adicionais á semana dedicadas á materia, ademais das catro de clase.

Recomendacións para o estudo da materia

O seguimento continuado das clases para poder aproveitar axeitadamente todas as potencialidades da materia.

Page 122: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : 191579 Nome:Facenda Autonómica e Local Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 4.00 Créditos prácticos: 2.00 Total: 6.0

Carácter: Optativo Convocatoria: Segundo Cuadrimestre

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Carames Vieitez,Luis Antonio CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

A materia ten como obxectivo principal ofrecerlles aos alumnos a posibilidade de coñecer en profundidade o sistema de financiamento autonómico e os ingresos locais. Ao tempo, estúdase a dinámica do gasto público autonómico e local.

Contidos

- Federalismo fiscal As facendas descentralizadas, unha perspectiva comparada Función de asignación Estabilización e distribución - Imposición e débeda Descentralización de tributos Endebedamento subcentral. Equidade e risco - As subvencións Teoría Tipos - O financiamento autonómico Modelo LOFCA Desenvolvemento temporal do proceso autonómico Sistema foral Sistema tributario Subvencións Endebedamento - O financiamento das corporacións locais Problemas de dimensión O sistema impositivo municipal (teórico e práctico) Outros recursos O financiamento das provincias

Bibliografía básica e complementaria

- Caramés, L., Economía Pública Local, ed. Cívitas, Madrid, 2004. - Caramés, L., Introducción a la Hacienda Local y Autonómica, Civitas, Madrid, 1994. - Caramés, L. e Vázquez, J., Los problemas de la financiación autonómica, Fundación Caixa Galicia, Santiago de Compostela, 1997. - Monasterio, C. e Pandiello, J., Manual de Hacienda autonómica y local, ed. Ariel, Barcelona, 2002. - Rodden, J. A.; Eskeland, G. e Litvackm, J. (eds.), Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press, 2003.

Competencias

Os alumnos deberán ter coñecementos xerais de facenda pública, sistemas fiscais e de teoría económica.

Metodoloxía da ensinanza

O desenvolvemento das aulas farase a través dunha mestura entre a clase maxistral e a posta en común de opinións e discusións sobre as lecturas propostas polo profesor.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

Valórase a participación e a implicación dos alumnos nas actividades que se desenvolven dentro da aula (30%), xunto cun exame final.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

60 horas de asistencia á clase e outras tantas de estudo individual.

Recomendacións para o estudo da materia

Asistir á clase para a mellor comprensión de materia.

Page 123: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Contido

Código : G3061329 Nome:Historia Económica de Galicia Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: .00 Créditos prácticos: .00 Total: .0

Carácter: Obrigatorio Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster

Datas de Aprobación Data de Aprobación do Departamento:15/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Carmona Badia,Juan CAT-UN Profesor/a

Rodriguez Galdo,M Josefina CAT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

- Interpretar a actual configuración da economía galega a través do coñecemento da súa dinámica histórica. - Achegar ao alumnado a metodoloxía da análise histórica e a súa validez para a comprensión da dinámica económica tanto no curto como no longo prazo. O número de créditos da materia obriga a realizar un esforzo de síntese na exposición da xénese e desenvolvemento daquelas características estruturais máis significativas na configuración da Galicia de hoxe en relación ao contexto español e no proceso xeral de mundialización. A experiencia docente aconsella tamén dedicar unha maior parte do programa á época contemporánea e, en especial, ao proceso de crecemento económico en Galicia, incidindo nos seus factores responsables e nos condicionantes que, segundo o caso, o obstaculizan.

Contidos

Tema 1. Introdución á historia económica de Galicia. A economía de Galicia na Antigüidade e na Idade Media. A Galicia do Antigo Réxime Tema 2. Evolución e estrutura da poboación no século XIX. Os comezos da transición demográfica en Galicia. Emigración e desarticulación da economía tradicional. Galicia "país de emigración". Tema 3. Caracterización do sistema agrario tradicional. O crecemento agrario no século XIX e os seus límites. A persistencia das crises agrarias. O papel da gandaría. As dificultades do proceso de mercantilización e os tímidos intentos de modernización do sector agrario. A explotación do mar. Salgadura e conserva. Tema 4. As actividades industriais no século XIX. Análise sectorial. Crise e transformación da base industrial. As industrias do Estado. Tema 5. Transporte, comercio e actividades financeiras no século XIX. A rede viaria. O ferrocarril. Comercio de cabotaxe. A integración de Galicia no mercado español. Librecambio e proteccionismo en Galicia. Crédito e banca Tema 6. A poboación no século XX. Fases da transición demográfica. A emigración. Desequilibrios territoriais na distribución da poboación. Ruralización, urbanización e crecemento económico. Tema 7. A agricultura na primeira metade do século XX. A súa evolución desde 1950. Desarticulación da agricultura tradicional e integración do sector agrario na economía capitalista española. O proceso de modernización agraria. A produción agroindustrial. Monte, recursos forestais e industria da madeira. A agricultura galega e a incorporación de España á Comunidade Europea. O medio rural. Tema 8. A pesca no século XX. Evolución nos procesos extractivos e nas industrias de transformación. As etapas da formación do complexo marítimo. Tema 9. A industria en Galicia no século XX. As características do tecido industrial. Industrias de consumo tradicionais e industria agroalimentaria. Inicios da electricidade e explosión hidroeléctrica.Explotación mineira e empresas relacionadas. A construción naval. O sector textil e o sector da automoción.A internacionalización da industria galega. Os procesos de innovación. Tema 10. O sistema financeiro en Galicia no século XX. Perspectiva actual. Tema 11. Economía galega actual. Caracterización comparativa da estrutura produtiva galega. Os desequilibrios espaciais interiores. As repercusións en Galicia da crise económica dos setenta e da posterior incorporación de España á CEE. A vía do desenvolvemento endóxeno: avaliación e posibilidades. A significación do sector turístico. Os distintos modelos explicativos da economía galega. Galicia no contexto da economía española e nos procesos de mundialización da economía. Galicia na "sociedade do coñecemento".

Bibliografía básica e complementaria

BARREIRO GIL, X. (1990), Prosperidade e atraso en Galicia durante o primeiro tercio do século XX, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia. CARMONA BADÍA, X. (1990), El atraso industrial de Galicia. Auge y liquidación de las manufacturas textiles. 1750-1900, Barcelona, Ariel. CARMONA BADÍA, X. e NADAL, J. (2005), El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, A Coruña, Fundación Pedro Barrié de la Maza. DOPICO, F.(1978), A Ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados, Vigo, Galaxia. DOPICO, F.; LOSADA, A. (1996), "Tendencias demográficas de un país de antiguos emigrantes", Papeles de Economía Española. Economía de las Comunidades Autónomas, nº 16. EIRAS ROEL, A. (1996), La población de Galicia 1700-1860, Santiago, Caixa Galicia. FERNÁNDEZ PRIETO, L. (2000), Terra e progreso: historia agraria da Galicia contemporánea, Ed. Xerais de Galicia, Vigo. GIRALDEZ RIVERO, J. (1996), Crecimiento y transformación del sector pesquero gallego (1880-1936), Madrid, Ministerio de

Page 124: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

Agricultura, Pesca y Alimentación. LÓPEZ TABOADA, J. A. (1990), La población de Galicia 1860-1991, A Coruña, Ediciós do Castro. RODRÍGUEZ GALDO, M. X. (1993), Galicia, país de emigración, Gijón, Archivo de Indianos. RODRÍGUEZ GALDO, M. X.; DOPICO, F. (1981), Crisis Agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX, A Coruña, Ediciós do Castro. RODRÍGUEZ GALDO, M. X.; LOSADA, A. (2002), O poboado mineiro de Fontao. O wolframio na historia empresarial e urbanística de Galicia, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela. SAAVEDRA, P. (1992) A vida cotiá en Galicia de 1550-1850, Vigo, Galaxia

Competencias

- Aptitude para interpretar a economía galega de hoxe a partir do coñecemento dos trazos básicos da súa evolución histórica. - Capacidade para a análise da sociedade galega desde unha ampla perspectiva económica, política, social e cultural.

Metodoloxía da ensinanza

O programa desenvolveráse a traveso de 11 clases expositivas e 12 interactivas. O número das primeiras correspóndese exactamente co número de temas a desenvolver, de xeito que a cada tema corresponde unha clase expositiva, na que se ofrecerán ao aluno as liñas xerais e o estado de coñecementos actuais sobre o tema. A cada expositiva asociase unha interactiva naque se desenvolverá o tema dun xeito mais práctico, manexando materias e documentos sobre o tema, co obxectivo de familiarizar ao aluno coa cuestión tratada e completar os aspectos desenvolvidos na correspondente clase expositiva.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

O sistema de avaliación tratará de primar a asistencia ás clases expositivas e a participación activa nas interactivas a traveso dos debates, pequenos traballos e intervencións orais dos alunos. Éstes poderán superar a materia sen necesidade de realizar un exame, que en todo caso se realizará para os alunos que non superasen o sistema de avaliación continua, por non ter demostrado ao longo do curso un aproveitamento abondo.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Docencia Expositiva..............24 horas Docencia Inteactiva..............24 horas Titorías.................................3 Total docencia presencial.......51 Horas de trabalo non presencial...99 Total traballo..........................150

Page 125: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

LIBRE ELECCIÓN ESPECÍFICA

Contido

Código : 118718 Nome:Dirección de Empresas Familiares Ano Academico : 2009/2010

Créditos teóricos: 3.00 Créditos prácticos: 3.00 Total: 6.0

Carácter: Libre Elección Convocatoria: Segundo Cuadrimestre Data de Aprobación do Departamento:12/06/2009

Profesorado do Contido

Nome Categoria Función

Barreiro Fernandez,M.. Begoña TIT-UN Profesor/a

Obxectivos da materia

A empresa familiar realiza unha contribución moi significativa á economía dun país ou rexión. As características da propiedade e a xestión na empresa familiar constitúen un elemento diferenciado con respecto ás empresas non familiares. Estas características propias da empresa familiar introducen unha maior complexidade na súa xestión, que require unha especial sensibilidade para identificar, propoñer e resolver adecuadamente as súas cuestións específicas. Xa que logo, o obxectivo principal da materia é transmitir ao alumnado os valores da empresa familiar, para o que se precisa: • coñecer e identificar as características específicas da empresa familiar; • comprender a evolución de la empresa familiar, nas etapas que van dende a xestión do emprendedor ata a dirección profesional da empresa familiar; • anticipar e xestionar os conflictos na empresa familiar; • enfrontar os retos da empresa familiar no século XXI, como a internacionalización e a profesionalización da xestión. A proposta da materia é multidisciplinar, se ben basease na Dirección e Organización de Empresas como campo de coñecemento teórico que ofrece un soporte sólido dabondo como punto de partida. A perspectiva da dirección de empresas ampliase con aspectos específicos dedicados a analizar cuestións importantes para a empresa familiar, como son a fiscalizade e o marco xurídico das relacións entre familia e empresa. O obxectivo principal da materia consiste en que o alumnado adquira competencias básicas para dirixir, xestionar e asesorar empresas familiares. Para elo, deben adquirir unha visión completa sobre a problemática específica dos negocios familiares e desenvolver capacidades para definir obxectivos, realizar diagnósticos externos e internos, deseñar estratexias, e implantar solucións para afrontar os aspectos socioculturais, xurídicos e económicos da empresa familiar. Tamén preténdese que os alumnos melloren as súas competencias de comunicación, traballo en grupo e toma de decisións. A programación da materia conta cun total de 6 créditos que, maioritariamente serán impartidos polo profesor encargado. Outros relatorios serán incluídos no desenvolvemento do programa, que estarán a cargo de empresarios familiares e por expertos profesionais na consultoría e avogacía. Por último, se programará a visita guiada ás instalacións de producción, cando menos, de tres empresas familiares.

Contidos

O programa da materia está composto por sete temas. Non se considera necesario facer unha diferenciación entre os mesmos por grado de importancia, xa que todos eles conforman un programa homoxéneo e integrado no cal todos os temas poden ser considerados como igualmente esenciais. O programa da materia Empresa Familiar responde ás directrices propostas pola Comisión de Formación do Instituto de la Empresa Familiar para coordinar os programas das 27 cátedras que conforman a Rede de Cátedras da Empresa Familiar de España. O profesor encargado, como director da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Santiago de Compostela, considera adecuado seguir as orientacións do Instituto, que é o órgano impulsor dos estudos de empresa familiar en España dende a súa creación en 1992. Epígrafes dos temas 1.- INTRODUCCIÓN Á EMPRESA FAMILIAR 1.1- Concepto y características. 1.2.- Tipoloxía de empresas familiares. 1.3.- Significado e evolución histórica da empresa familiar. 1.4.- O modelo dos tres círculos. 1.5.- Empresa e familia. 1.6.- A cultura da empresa familiar 2.- ÓRGANOS DE GOBERNO DA EMPRESA FAMILIAR 2.1.- O goberno da empresa familiar. 2.2.- Órganos relacionados coa propiedade. 2.3.- Órganos relacionados coa dirección. 2.4.- Órganos relacionados coa xestión. 2.5.- Outros órganos de goberno. 2.6.- A responsabilidade social corporativa. 2.7.- Códigos de conducta de bo goberno. 3.- A SUCESIÓN NA EMPRESA FAMILIAR 3.1.- Introducción: a natureza do problema. 3.2.- O proceso de sucesión na empresa familiar: principais problemas. 3.3.- Manexar a sucesión con éxito: elementos chave. 3.4.- De gobernar a reinar: nomeamento dun director externo. 3.5.- O testamento do empresario. 3.6.- A perspectiva dos sucesores. 4.- O PROTOCOLO FAMILIAR

Page 126: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

4.1.- Concepto e finalidade do protocolo familiar. 4.2.- Contido do protocolo familiar. 4.3.- Realización do protocolo familiar. 5.- FISCALIZADE DA EMPRESA FAMILIAR 5.1.- Introducción. 5.2.- Imposto sobre a renda das persoas físicas. 5.3.- O imposto sobre o patrimonio. 5.4.- O imposto sobre sucesións e doazóns. 6. TEMAS ORGANIZATIVOS DA EMPRESA FAMILIAR 6.1.- Estratexias e estructuras da empresa familiar. 6.2.- Estratexia financeira da empresa familiar. 6.3.- Liderado familiar e liderado empresarial 7. OS CONFLICTOS NA EMPRESA FAMILIAR 7.1.- Orixe dos conflictos na empresa familiar. 7.2.- Estratexias para a solución de conflictos nas empresas familiares. 7.3.- A mediación como ferramenta para a solución de conflictos. 7.4.- O papel do mentor nas empresas familiares.

Bibliografía básica e complementaria

Corona, J. (Ed.) (2005): Manual de la empresa familiar, Deusto-Pricewaterhouse Coopers. Loach, P.; Bogod, T. (2006): Claves de la empresa familiar; Instituto de Estudios Económicos. Madrid. Casillas, J.C.; Díaz, C. y Vázquez, A. (2005): La gestión de la empresa familiar. Conceptos, casos y soluciones, Thomson, Madrid Calvo Bérgez, Juan (2006): Régimen fiscal de la empresa familiar; Ed. Thomson-Aranzadi. Gallo, M. A. (1997): La empresa familiar; Ed. Praxis, S. A. Barcelona. Gallo, M. A. (1998): La sucesión en la empresa familiar; Servicio de Estudios La Caixa. Amat, Joan Mª (2001): La continuidad de la empresa familiar, Ed. Gestión 2000. Neubauer, F; Lank, A.G. (1999): La empresa familiar: ¿cómo dirigirla para que perdure?; Ed. Deusto. Dirección General de Política de la PYME (2003): Guía para la pequeña y mediana empresa familiar; Centro de Publicaciones del Ministerio de Economía. Banacloche Palao, Carmen (2002): Transmisión de la empresa familiar en el impuesto sobre sucesiones y donaciones; Ed. Aranzadi.

Competencias

Os alumnos que cursen a materia, ao concluír o cuadrimestre, haberán adquirido as seguintes destrezas e competencias xerais: • valorar a importancia da empresa familiar e a súa contribución á economía dun país ou rexión; • coñecer e comprender a natureza específica da empresa familiar; • identificar as características singulares da empresa familiar e as implicacións de esta especificidade para a súa xestión, en particular no que se refire a: os seus ciclos vitais e a súa continuidade ao longo do tempo a complexidade das relacións persoais na familia e a empresa, e o papel múltiple dos principais actores a fiscalizade da empresa familiar os aspectos legais e xurídicos da empresa familiar a dirección estratéxica da empresa familiar Competencias específicas O alumnado poderá mellorar a súa capacidade de interpretación e síntese da información, así como a súa capacidade de expresión oral e escrita, mediante la utilización de casos de empresas que se exporán e debaterán en clase. Con estes útiles didácticos mellorarase tamén a capacidade de desenvolvemento da capacidade de análise e de razoamento. A orientación práctica da materia materializarase na participación activa dos alumnos. O papel do alumno terá especial relevancia, tanto na súa participación en clase durante o desenvolvemento dos temas teóricos, como na realización de casos prácticos, que constitúen criterios principais na avaliación final. Outras competencias importantes a desenvolver son o traballo en equipo, que será necesario constituír para facer as enquisas nas empresas familiares e non familiares, que obrigará os seus compoñentes a interactuar, debater, acadar un consenso, e acordar un plan de traballo común. Conxuntamente, a capacidade de emprego das novas tecnoloxías, coa consulta continua aos materiais depositados na páxina web da materia, a realización de probas electrónicas, a entrega virtual de traballos periódicos, e a consulta ás bases de datos electrónicas.

Metodoloxía da ensinanza

A proposta eminentemente práctica da materia leva a propoñer unha metodoloxía de traballo baseada na participación do alumno a través da realización dunha serie de exercicios e casos prácticos. O alumnado deberá asistir aos seminarios previstos, así como ás actividades complementarias desenvolvidas pola Cátedra, ademais das clases da materia. As horas teóricas da materia correspóndense á exposición dos sete temas do programa. Estes contidos teóricos do programa complementaranse coa contribución de empresarios e profesionais, que serán invitados a compartir a súa visión da empresa familiar dende a perspectiva da súa experiencia. A parte práctica do programa inclúe seminarios, sobre fiscalizade da empresa familiar, desenvolvemento e consolidación dun negocio familiar, protocolo familiar e transmisión do poder xeracional, así como na realización dunha serie de casos de empresas. Una actividade complementaria é o seguimento de noticias en prensa relacionadas con la empresa familiar, que serán aportadas polos alumnos, e probas electrónicas nalgúns temas mediante a plataforma virtual da USC. O obxectivo deste sistema de traballo é fomentar a participación en clase, a través da discusión de casos prácticos. Para elo, durante a primeira semana do cuadrimestre se formarán grupos compostos por un máximo de catro alumnos. Cada grupo deberá preparar os casos prácticos propostos, que se debaterán en clase coa participación de tódolos grupos. Poñerase a disposición dos alumnos a documentación aportada por el profesor para facilitar esta labor. Os alumnos poderán empregar todos aqueles materiais complementarios que consideren oportunos, e que teñan unha relación directa co caso a discutir.

Sistema de avaliación da aprendizaxe

A valoración do rendemento dos alumnos realizarase segundo os seguintes criterios: Preparación e exposición dos casos, traballos e probas electrónicas: 50% Asistencia e participación en clase, seminarios e visitas a empresas: 50% Na exposición dos casos, se valorará a orixinalidade, fluidez e claridade na exposición, a capacidade de síntese, a utilización de medios audiovisuais e a documentación complementaria que se aporte. A valoración da participación en clase se refire á intervención na discusión de casos e exercicios, con comentarios relevantes sobre o tema de debate.

Page 127: LICENCIATURA DE ECONOMÍA - usc.es · PDF fileLibros de teoría: ARNAIZ VELLANDO, G. ... enfoque de tipo estrutural que tratará de reunir nun mesmo cadro explicativo global o conxunto

O profesor: Levará un control de asistencia do alumnado. Realizará unha avaliación do alumnado atendendo ao grado de asistencia a clase, á dedicación e interese mostrado e o nivel de coñecementos constatado. Será obxecto dunha avaliación anónima pola parte dos alumnos acordo cun cuestionario normalizado subministrado polo Instituto da Empresa Familiar. Esta avaliación é adicional á que poida establecer a USC como mecanismo de avaliación da docencia. Alumnado: Será mérito necesario para superar a materia, a asistencia regular ás clases presenciais e as actividades programadas. Se considera que o alumno asiste regularmente a clase cando estivera presente alomenos no 75% das horas lectivas y das horas imputadas polo resto das actividades obrigatorias. A partires dos datos de asistencia e da avaliación individualizada levada a cabo durante as sesións do curso, o profesor responsable da materia formulará a cualificación final de cada alumno.

Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala

Tendo en conta o conxunto de actividades que ten que desenvolver o alumno nesta materia ao longo do curso, a súa carga de traballo distribúese segundo se detalla de seguido. Distribución da carga de traballo do alumno Actividades /Horas presenciais/Factor/Horas traballo autónomo/Total Clases teóricas/30/0/0/30 Preparación das materias teóricas coa consulta de bibliografía e do espazo de apoio virtual á docencia/30/1/30/60 Realización traballo investigación de grupo sobre empresa familiar/0/4/20/80 Preparación de probas teóricas/0/1/10/10 Total 180